O GALEGO NA PRENSA DIXITAL

Page 1

O galego na prensa dixital


Vinte biografías de cando o xornalismo botou a falar galego >> O Consello da Cultura recolle a historia de 20 escritores que se expresaron nos xornais >> Coas súas sinaturas e palabras axudaron a construír un xornalismo galego e na lingua de Galicia NOELA REY MÉNDEZ O XORNAL 08/01/2011 .

“Vinte biografías de escritores e escritoras que chegaron ao xornalismo a través da creación literaria e configuran a crónica apaixonada e lúcida do que arestora somos”. Así se presenta o segundo volume de Xornalistas con Opinión, un libro publicado polo Consello da Cultura Galega en colaboración coa Editorial Galaxia que recolle a labor profesional destes literatos que axudaron a construír o xornalismo en Galicia. Trátase dunha obra na que se permite que o lector se aproxime ás obras destes persoeiros da cultura que nos albores do xornalismo non tiveron reparos en expresar as súas opinións a través de revistas e diarios, para acabar compoñendo unha particular mirada sobre a Galicia do seu tempo. Compromiso e loita. Liberdade e modernidade. Todo iso se puido ler das plumas e máquinas de escribir destes vinte escritores. E como a historia sempre se comeza polo seu inicio, Xornalistas con Opinión revela ao gran público o home que se considera o primeiro xornalista galego. Chamábase Diego Antonio Zernadas y Castro e era o cura de Fruíme (parroquia do concello coruñés de Lousame). O escritor e periodista Xosé Manuel Rivas Trotiño traza a súa biografía, na que se destaca a súa labor como precursor do galeguismo aló por mediados do século XVIII. Se Zernadas foi o precursor do galeguismo xornalístico, Manuel Murguía encargouse con todas as súas iniciativas editoriais de darlle no século seguinte a alternativa, xenerando unha inxente cantidade de textos e publicacións que o definiron como “un polemista destemido”, como sinala o historiador Xosé Ramón Barreiro Fernández. Case ao tempo que Murguía se erixía en director de numerosas publicacións, Valentín Lamas Carvajal fundaba El Heraldo Gallego e, posteriormente, a primeira publicación periódica de Galicia, o Tío Marcos da Portela. O relevo dos primeiros pasos do galeguismo recolleunos Castelao, que en páxinas como as de A Nosa Terra, reflectía os sentimentos rexionais a través da súa gráfica pluma, mentres Pedrayo comezaba a asinar en publicacións tan importantes na época como Galicia, fundada e dirixida por Valentín PazAndrade e Blanco Amor crea Terra, a revista que defende a ideoloxía das Irmandades da Fala e que se constituíu no primeiro xornal “cheo de modernidade que se confeccionou na Terra”, segundo sinalou Villar Ponte no seu tempo. Chegados ao século XX aparecen figuras como a de Augusto Assía, recoñecido como un dos xornalistas galegos con maior proxección internacional, ou Victoria Armesto, unha xornalista “que soubo abrirse paso nunha sociedade doutro tempo, onde non era precisamente fácil que unha muller triunfara en Galicia”, segundo sinala no capítulo dedicado á súa vida o director de Xornal de Galicia, José Luis Gómez. E canda todos eles, homes e mulleres como Neira de Mosquera, Rosalía de Castro, Lois Peña Novo, Mercedes Vieito Bouza, Rafael Dieste, Domingo Quiroga, Plácido R. Castro del Río, Manuel Meilán, Lois Tobío, Xosé María Castroviejo ou Lorenzo Varela, que coas súas palabras axudaron a construír un xornalismo galego e na lingua de Galicia.


Introdución O nosos traballo nace coa intención de comprobar de que maneira é transmitida a nosa lingua na prensa diaria feita en Galicia durante un período de tempo que abrangue un curso académico. Por outra banda, este período coincide cunha época na que se pon en práctica o decreto 79/2010 da Xunta de Galicia, coñecido coa denominación do decreto de plurilingüismo que ten unha ampla contestación desde os sectores da sociedade que se senten máis comprometidos coa lingua galega, e mesmo desde a Real Academia Galega. O comezo do nosos traballo vén marcado por unha cuestión exclusivamente administrativa, o inicio de curso escolar 2010-2011, no que nace a idea de levalo a cabo no seo do equipo de dinamización lingüística do IES San Clemente. Recollemos artigos de prensa publicados entre o mes de outubro de 2010 e o mes de maio de 2011. Os xornais de referencia para obter os artigos nos que se basea o presente estudo son GaliciaHoxe.com e Xornal.com. O noso primeiro paso foi establecer un criterio para a recollida dos artigos que se ían analizar. Están seleccionados artigos de opinión sobre a lingua e o seu uso nos distintos ámbitos sociais e culturais, sobre a lexislación e regulación do uso da lingua galega por parte da administración, non podemos esquecer que é un dos elementos principais para conseguir que se extenda e se consolide e seu uso. Destacan os artigos que teñen como tema o autor homenaxeado nas Letras galegas Lois Pereiro. Así mesmo para facilitar o acceso procuramos que todos estivesen en formato pdf. Aproveitamento didáctico: Dada a temática dalgúns artigos, que permiten introducir o debate como método didáctico, en casos mesmo ideolóxico, e que para comprendelos é necesario ter unha base cultural, é recomendable que o seu destinatario desde o punto de vista didáctico sexa o alumnado de bacharelato. A súa utilización permite traballar diversos aspectos do comentario de texto como son: a cohesión, coherencia e adecuación.


CULTURA

A Academia trasladarase a Monforte o 17 de maio para “glorificar” a Pereiro Ledo, Rivas, Santamarina e Darío Xohán Cabana falarán do escritor nun
plenario extraordinario XORNAL.COM 09/05/2011

“Este ano produciuse un movemento social importantísimo en torno á figura de Lois Pereiro, con actos e respostas populares de todo tipo. Mesmo respostas prácticas na rúa. Pintadas co rostro de Lois Pereiro e poemas seus nas paredes das cidades, anónimas”. Así destacou o presidente da Real Academia Galega (RAG), Xosé Luis Méndez Ferrín, a “explosión” xerada en ao redor da figura do poeta homenaxeado no Día das Letras 2011. Como cada ano, a Academia celebrará un plenario extraordinario na cidade natal do homenaxeado, neste caso en Monforte –12.15 no salón de actos da Casa da Cultura–, que contará coa intervención de varias “voces autorizadas”, como Margarita Ledo, Manuel Rivas, Darío Xohán Cabana, Antón Santamarina, Luz Pozo e o propio Ferrín. “Estamos a glorificar unha persoa do presente”. Nacido en Monforte de Lemos o 16 de febreiro de 1958 e falecido na Coruña o 24 de maio de 1996, Lois Pereiro forma parte dunha xeración “moi importante” que a mediados dos 70 “intentou romper coa monotonía da poesía de carácter realista que dominaba Galicia e España”. “Conseguiron abrir un camiño novo para a poesía galega”, recordou Ferrín, nunha entrevista a Europa Press. Esta nova tendencia significou “unha forma de ruptura, pero unha ruptura existencial”. “VIVAMENTE CONTEMPORÁNEO” A súa traxectoria motivou a proposta do monfortino como homenaxeado no Día das Letras Galegas do ano 2011. “Os criterios son moi variados. Hai quen acentúa máis a importancia da lingua nun autor, outros a importancia social. Neste caso o que primou foi o interese por un escritor que se estivese vivo aínda sería novo. O interese por un escritor vivamente contemporáneo e, por outro lado, un poeta importante. Tivo maioría”, sinalou. Deste modo, o presidente describiu o homenaxeado como un autor “de pequena produción”, un poeta “de culto” que “escribiu para amplas minorías” e a súa obra está a experimentar unha gran“popularización”. “Hai obra poética en torno ao suscitada por Pereiro, musical suscitada por Pereiro e, naturalmente, os críticos ocúpanse de Pereiro igual que os profesores, de maneira que a resposta á proposta da Academia foi masiva”, resalta. Respecto á súa obra, marcada por unha produción escasa en número pero “moi intensa” en contido e expresión, o presidente da RAG destacou que Galicia vive unha época de “explosión” sobre a figura de Pereiro pois, “por primeira vez, se editan todos os seus poemas xuntos”, os seus textos fragmentarios ou o seu manifesto. “Estamos nunha fase de explosión dunha pequena obra en dimensión que está a chegar a tódalas partes”, asegura. Así, a Academia vai distribuír un vocabulario “que fixo para televisión” pero que se repartirá “a todos os colexios”, no que o autor plasma “unha definición de Galicia da A á Z”. O precedente do monfortino e doutros grandes nomes da lírica contan xa cunha canteira de sucesores “numerosa” e dunha creatividade “espléndida”, segundo asegura Ferrín. “Poucas etapas da historia da poesía galega coñeceron tan boa poesía concentrada nunha xeración”, defendeu, ademais de destacar que, dende Rosalía “nunca houbo” unha presenza do sexo feminino “tan potente” na literatura en xeral. Son, en definitiva, xeracións “distintas” e “forxadas na súa época”, que “determinan os seus modos de escribir”. “Non é igual o mundo no que escriben os mozos de hoxe, sen a URSS, cun capitalismo voraz e universal, que o mundo no que comezou a escribir Lois no 75, cos disparos do exército franquista contra Moncho Reboiras ese mesmo ano”.


POLÍTICA

A CIG denuncia atrasos nos pagos aos equipos de normalización XORNAL.COM 15/03/2011

O sindicato CIG-Ensino denunciou onte os supostos atrasos que a Consellería de Educación está a cometer no pago aos centros educativos “do anticipo fixado na orde de convocatoria para o desenvolvemento dos proxectos de normalización aprobados para este ano nos centros educativos”. Segundo a central sindical, a convocatoria de axudas da Secretaría Xeral de Política Lingüística especifica que os centros poderán percibir un anticipo a conta dun 25% da axuda concedida “co obxecto de facilitar o desenvolvemento do programa”. “Os centros tiñan que presentar as facturas do último cuatrimestre de 2010, trámite seguido polos centros, que adiantan diñeiro correspondente a outras partidas orzamentarias”, aclara a CIG. “Estamos falando de entre 500 e 125 euros”, engade o sindicato, que cre que “non hai explicación” para que este pago “siga sen ser executado”. Para a central, este atraso “pon en perigo as actividades de normalización aprobadas” e demostra que “a Secretaría Xeral e a Consellería de Educación non están pola promoción do noso idioma, senón por poñer cada vez máis atrancos”. REDE DE DINAMIZACIÓN Por outra banda, a Rede de Dinamización Lingüística, impulsada pola Xunta de Galicia, conta nestes momentos cun total de 45 municipios adheridos, tras a incorporación dos concellos coruñeses de Lousame e da Pobra do Caramiñal. “Representa o compromiso de moitos outros concellos de toda Galicia que xa forman parte da primeira iniciativa de colaboración, coordinación e impulso ás accións de dinamización social do galego desde o ámbito local”, manifestou o secretario xeral de Política Lingüística,
Anxo Lorenzo.


POLÍTICA

A CIG di que a Xunta veta que os colexios merquen libros en galego A central nacionalista censura que Lorenzo poña “dificultades” aos docentes e ao idioma XORNAL.COM 14/11/2010

"Unha medida máis contra a galeguización dos centros”. É o que, para a CIG-Ensino, significan as instrucións enviadas polos Gabinetes Provinciais de Normalización Lingüística aos colexios de Galicia nas que, denuncian, se advirte de que “non se van aboar gastos de material inventariable” que poida ser adquirido polos Equipos de Normalización Lingüística, isto é, os docentes encargados de promocionar a lingua propia en cada centro. A través dun comunicado, a central nacionalista sinala que, a través destes gabinetes –cuxos responsables dimitiran en bloque tras a posta en marcha do denominado decreto do plurilingüismo, ao considerar que “xa non pintaban nada”–, a Secretaría Xeral de Política Lingüística fai “fincapé” en que o material mercado polos colexios “non pode producir os seus efectos en exercicios futuros” o que, para a CIG, deixa claro que “non poden mercar libros”, algo que, apuntan, queda demostrado en que “así llo están comunicando a algúns centros, aos que lles rexeitan as facturas presentadas”, din. Neste escenario, o sindicato considera especialmente relevante que estas instrucións sexan enviadas despois de que cada colexio elaborase o seu proxecto lingüístico, “debidamente presentado aprobado no seu día, e por tanto despois de ter realizado os gastos que agora indican que non se van ter en conta”. Ademais da propia dificultade económica, para a CIG o “fondo da cuestión” pasa por que o departamento que dirixe Anxo Lorenzo volve cargar contra o galego no ámbito do ensino, “despois de ter eliminado o requisito de que o 50% do material adquirido” para as bibliotecas escolares “debe estar en galego”, tal e como acontecía durante o mandato do Goberno bipartito e ata a chegada do PP á Xunta. Dende o punto de vista da CIG-Ensino, a intención última desta decisión pasa por “impedir unha vez máis o traballo dos coordinadores” dos Equipos de Normalización Lingüística , equipos recentemente cuestionados pola asociación Galicia Bilingüe que coida que se trata de instrumentos de “politización”. Neste escenario, os representantes dos docentes chegan á conclusión de que “a esta Administración non lle gusta que nos centros haxa libros na nosa lingua”, polo que “esixe” unha “rectificación” da Xunta para que “como en anos anteriores, sigan aboando os libros en galego” que merquen os colexios.


Domingo 16.01.2011

CONSELLEIRO DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Jesús Vázquez: "A consulta ós pais sobre o idioma é un compromiso que segue enriba da mesa" Logo dun ano e dez meses de chegar á Consellería, teima en criticar o que tacha de imposición do galego por parte do Bipartito e insiste en que non hai maior democracia que escoitar os pais. A lei de convivencia facilitará estas consultas que o Consello Consultivo rexeita NATALIA SEQUEIRO . SANTIAGO

O conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, no seu despacho FOTO: RAMÓN ESCUREDO

Jesús Vázquez asumiu hai un ano e dez meses unha das consellerías máis polémicas do Goberno Feijóo. Sobre el recaeu a encomenda de poñer en marcha o decreto de plurilingüismo que promove o ensino en galego e castelán a partes iguais e a introdución do inglés. O PPdeG prometeu tamén consultar os pais sobre o idioma no que desexan que estuden os seus fillos, pero ante as dúbidas sobre a súa legalidade manifestadas polo Consello Consultivo, a enquisa non foi realizada este curso. Educación acaba de presentar o borrador da Lei de convivencia e participación que podería servir para amparar a consulta. Vázquez é partidario de que os pais decidan que materias queren que se estuden en galego e cales en castelán. "Non hai maior democracia que escoitar as familias", subliña, malia que o Consello Consultivo


asegurou que a Constitución deixa claro que son os poderes públicos os que deben programar o ensino. ¿A Lei de convivencia e participación converterase na lei que prometera Feijóo para garantir a consulta aos pais sobre o idioma no ensino? A lei ampara que a administración educativa poida solicitar información, nalgún caso será información de carácter orientativo e noutros casos será un grao de vinculación maior. En ningún momento se referirá a aspectos de proxecto educativo. Varios sindicatos acusan a Xunta de artellar unha trampa legal despois de que o Consello Consultivo dubidase da constitucionalidade da consulta. Acaba de coñecerse que se lle rexeitou á CIG o recurso que presentara cando foi a primeira enquisa ós pais. Pídolle que reflexionen e escoiten a sociedade, que non ataquen con críticas estériles un Goberno que está tratando de buscar as mellores solucións para o ensino. Eles tiveron o seu momento de poder co anterior Goberno e provocaron o que se provocou. Nós rexeitamos as imposicións e non hai maior democracia que escoitar as familias. ¿Haberá consulta no próximo curso? Evidentemente. A semana pasada envióuselle o texto do anteproxecto de lei ó observatorio da convivencia e ós consellos escolares. Antes de que remate o mes vaise convocar para quen queira presentar as alegacións oportunas, de aí levarase ó consello de goberno e ó parlamento. Estará aberto a todo tipo de alegacións. Pero de toda a sociedade, o que non pode facer un sindicato é pretender gobernar toda a sociedade en contra da súa vontade. ¿Por que non se convocou antes este observatorio? A min critícaseme que traballe nas vacacións [o anteproxecto de lei de convivencia presentouse en Nadal]. Dise ademais que non se convocou o observatorio da convivencia, si que se convocou e díxoselles que se lles daría participación, e déuselles o borrador para que poidan facer todo tipo de alegacións e volverase reunir nos próximos días. A nova lei daralles rango de autoridade pública ós profesores ¿Hai tanta conflitividade nas aulas? Si é necesario, a consideración social do profesorado leva caído ó longo da década. Encóntranse con maior agresividade dentro das aulas, o 40% do tempo do profesorado dedícase a manter a orde. En Alemaña ou Suecia non entenden o que está a pasar en España co profesorado, alí goza dun alto nivel social, ten prestixio. Aí houbo gobernos intelixentes que souberon facer políticas preocupadas polo esforzo do alumnado, polo respecto do profesorado, pola autoridade, pola excelencia académica. Aquí non.


Refírese ás leis estatais? Aquí puxéronse en marcha leis como a LOE, un max-mix da LOXSE que tanto fracaso xerou, onde consolidas que un alumno poida pasar dun curso a outro con catro materias. En lugar de primar o esforzo estás instalando actitudes que están facendo fracasar a todas as xeracións. ¿Hai entón graves casos de conflito escolar en Galicia? Temos indicadores moito máis baixos que no resto de España. Con que só haxa un caso tes que tratar que non exista e para iso tes que elaborar medidas preventivas. Esta lei tamén contempla o acoso escolar, o ciberbu-llying, e establece en todos os centros a posibilidade de realizar un plan de medidas preventivas para evitar que o que podería ser a etapa máis bonita da vida se converta nun pesadelo. Si que hai un problema real. ¿Que fará a lei para rebaixalo? Prevé a figura do mediador e en situacións máis graves a figura do mediador profesional, ademais de plans de formación do profesorado. A norma abre a porta ó uniforme nos centros públicos. A lei o que di é que os centros poderán regular cuestións relacionadas coa vestimenta e será o consello escolar quen o decida. Ábrese a porta ó uniforme se o consello escolar o decide. Xa hai un caso, no Álvarez Limeses de Pontevedra. Neste ano e medio que levo na consellería encontreime con pais que o viñan solicitando. O que facemos é tratar de regular, para que o centro poida establecelo, non estamos falando de imposición. Buscamos que os pais decidan sobre moitos aspectos do que é a vida dos seus fillos, deben de ter ese dereito. ¿Por que se deixa en mans de cada centro e se permiten ou non o veo islámico? Este Goberno cre na liberdade, na autonomía dos centros, cre que os centros deben ter o seu propio proxecto educativo. Alí onde os centros poidan impoñer o seu propio modelo, non debe intervir a administración. Para mellorar a autonomía dos centros estase a falar dos contratos-programa ou de primar os centros nos que os seus alumnos acaden mellores resultados. É un proxecto que propuxo o ministerio e é aínda unha medida para desenvolver. A consecución de resultados supón para ese centro beneficios, que poden ser económicos ou doutra índole. Con medidas como a posibilidade de estudar máis inglés nuns determinados colexios ou de ter ordenadores nas aulas poderían aparecer centros de primeira e de segunda?


Non.Todos os partidos veñen demandando que os centros teñan a súa autonomía para desenvolver o seu proxecto educativo e poidan levar a cabo as súas prácticas de excelencia e calidade educativa. O que estamos falando é de que os centros teñen que competir en prol da excelencia. É bo que poidan competir e lograr mellores prácticas que poidan ser postas en común. A última avaliación de diagnóstico de Galicia amosa un gran grao de homoxenización, a maior parte dos alumnos móvese nun nivel medio. ¿Que tal vai a implantación do decreto do plurilingüismo? ¿Houbo algún insubmiso que se nega a impartir a materia en castelán? Ningún. A comunidade educativa comprendeu o que era a política en materia de linguas da consellería. Galicia é unha comunidade bilingüe. Poren recibiu numerosas críticas. ¿Cales ve máis duras, as da CIG ou as de Galicia Bilingüe? Podería falar en ambos os sentidos, pero o único que fai é redundar en máis críticas. Nós tiñamos un compromiso electoral que estamos a cumprir. Non foi bo para o galego a imposición que se levou a cabo na etapa do Bipartito, penso que se lle fixo un dano terrible, que provocou un rexeitamento moi grande. A sociedade non quere renunciar ó galego, pero tampouco ó castelán. O que persegue o decreto é que os rapaces teñan competencias iguais en galego ou en castelán e nunha terceira lingua, preferentemente inglés. Ata agora só aquelas persoas que tiñan recursos podían enviar un fillo estudar linguas fóra, agora ofrécelles esa oportunidade a todos os galegos. ¿Para o curso que vén cantos centros plurilingües pensan pór en marcha? Este ano hai en marcha 58 centros plurilingües, maioritariamente públicos. O ano que vén haberá unha nova convocatoria e imos avaliar como o fixo cada centro este curso. ¿Traballan xa os rapaces nas aulas cos ordenadores do pro-xecto Abalar? Rematou a fase de instalación e de formación dos coordinadores que formarán á súa vez o profesorado para poder traballar na aula cos portátiles. Son 700 aulas informatizadas tanto no rural como nas cidades, e o ano que vén haberá 30.000 rapaces.


Domingo 08.05.2011

IDIOMA

"A dignidade de Galicia" As Redes Escarlata premian a Fernández Paz e a Coordinadora de Equipos de Normalización pola súa actitude fronte ao Decreto do plurilingüismo MARÉ . SANTIAGO

A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística foi unha das máis activas na defensa do uso do galego na sociedade FOTO: AXENCIAS

O escritor Agustín Fernández Paz e a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización Lingüística foron galardoados onte co Premio Roberto Vidal Bolaño, que convocan anualmente as Redes Escarlata como recoñecemento ás persoas ou entidades que se caracterizaron pola defensa da identidade de Galicia ou da clase traballadora. Coa elección de Fernández Paz e da Coordinadora dos ENDL as redes salientan dúas posturas -unha individual e outra colectiva- que ao longo deste último ano puxeron en tea de xuízo a política lingüística desenvolvida polo Goberno de Alberto Núñez Feijóo na Xunta. O xurado -formado por Sara Cide Cabido, Mariam Ferreira Golpe, Pilar Beiro, Dionísio Pereira, Xabier P. Docampo, Antón Lopo, o presidente das Redes Xosé Antón Laxe Martiñán e con Xosé Luís Méndez Ferrín como secretario con voz e sen voto- reuniuse onte en Compostela para debater as propostas que, ao longo dos últimos meses,


fixeran os membros da asociación. Finalmente, deciuse outorgarlle o galardón á proposta na que confluían o escritor Agustín Fernández Paz e mais a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización Lingüística. O xurado, segundo as actas, valorou o feito de que Agustín Fernández Paz "representase a dignidade de Galicia coa súa renuncia ao Premio da Cultura Galega da Xunta, acto que supón unha censura a unha política inimiga da nosa lingua". O escritor converteuse en símbolo da resistencia ao denominado Decreto do plurilingüismo -ideado desde a Consellería de Eduación- cando decidiu renunciar ao galardón creado pola Xunta tras rexeitar o modelo de Premio Nacional instaurado polo Goberno do Bipartito. Os novos galardóns non só perderon a súa dotación económica, senón que tamén quedaron reducidos na súa modalidade. Porén, a renuncia do máis internacional dos autores de Literatura infantil e xuvenil en Galicia debeuse principalmente á política lingüística de Feijóo e, mesmo, antes de obter o recoñecemento oficial, redactara desde a asociación Prolingua un manifesto onde se lles solicitaba a todas as persoas que puidesen recibir o premio que renunciasen a el. A actitude de Fernández Paz, engádese na acta, "a do noso grande escritor, que coincide no seu sentido profundo coa actividade dos Equipos de Normalización Lingüística, que, de xeito pertinaz, honesto e lúcido, practican día a día a defensa do galego ameazado nas aulas". O DÍA A DÍA

Continuas denuncias Os equipos de normalización e dinamización lingüística -que perderon o término "normalización" oficialmente co Decreto do plurilingüismo- son un dos colectivos que se opuxo con maior contundencia á nova política lingüística. Varios dos seus membros, ademais, foron denunciados por distintas organizacións que rexeitan a normalización. Estes colectivos acúsanos de apoiar o terrorismo.


Mércores 30.03.2011

IDIOMA

Sinais dun tsunami Nun só ano, a edición en galego afúndese en máis do 21% mentres o castelán, en circunstancia de crise, logra medrar o catro por cento

A.R. LÓPEZ. SANTIAGO

Ata o mes de xuño, o sector galego non coñecerá os efectos económicos da vertixinosa baixada FOTO: AXENCIAS

A edición en galego baixou un 21,6% o pasado ano, unha caída dramática -a maior do Estado- que amosa xa os dentes do que pode ser o balanzo máis catastrófico da industria cultural do país. Mentres a edición en castelán medraba algo máis do catro por cento, o resto das linguas cooficiais rexistran retroceso, se ben non nunha vertixe semellante ao do galego: o éuscaro perdeu 15,3%, e o catalán o 5,8% . Os datos despréndese da recente Estatística de Produción Editorial, publicada onte polo Instituto Nacional de Estatística (INE), e neles tamén se amosa que, en xeral, a produción editorial de Galicia descende nun 12,6 por cento con respecto a 2009, exercicio no que se publicaron 3.180 títulos, o que supón 402 menos en 2010. Para o presidente da Asociación Galega de Editores (AGE), Manolo Bragado, estes datos son un mal agoiro para a evaluación comercial do sector, que non estará concluída até primeiros de xuño. En calquera caso, non lle sorprende: é a consecuencia da crise económica, do trásito do modelo dixital e da desorientación na maneira de entender a edición cultural. O que máis lle preocupa é o impacto nas


empresas: aínda que carece de cáculos fiables, non desbota unha rebaixa na facturación próxima ao oito por cento nos ingresos, o que supoñería non chegar aos vinte millóns de euros, unha cifra propia de hai vinte anos. Ao retroceso editorial galego, engade, non é alleo o efecto do Decreto do Plurilingüismo, que afectou de maneira especial á editorial galega, obrigada pola Xunta a perder un cincuenta por cento da cota do libro educativo en beneficio das editoriais que publican en castelán. "Levo advertindo desde hai un tempo", subliña, "que a pesar da miña confianza no sector, estamos vivindo momentos moi difíciles... Este é un tema complexo que estou seguro obedece a diversas razóns e ata que teña os datos do comercio interior, esa diminución do 21% non sabemos aínda como afecta aos distintos ámbitos: literario, ensino, infantil e xuvenil, ou edición de referencia". Con todo, Bragado matiza que os datos do INE contrastan cos que posúen do ISBN e que el manexou hai un mes: no ISBN "daban un aumento da produción editorial do 20 por cento e de títulos en galego do 10%, xa que neles se incorpora a edición electrónica, que o ano pasado en Galicia foi moi elevada". A XEOGRAFÍA

Signos positivos só en Madrid As comunidades autónomas con maior produción editorial durante o ano 2010 foron de Madrid (con 24.999 títulos editados, un 4,3% máis que o ano anterior) e Cataluña (con 20.533, un 1,6% menos). Estas dúas comunidades acapararon o 59,8% do total de títulos. Por detrás situáronse Andalucía (con 9.303 títulos), Comunitat Valenciana (4.509), Galicia (2.778), Castela-León (2.744) e País Vasco (2.499). En canto aos idiomas, o castelán representou o 78,8 por cento do total de títulos publicados (un 4,19% máis que en 2009) e o 79,9% dos exemplares editados no ano 2010. En todos os idiomas nacionais as maiores porcentaxes de títulos destináronse á Literatura: o 28,8% nos editados en castelán, o 34,2% en catalán, valenciano e balear, o 48,2% en galego e o 52,1% en euskera. As publicacións oficiais foron a 10,7% dos títulos en castelán, o 17,1% do catalán, valenciano e balear; o 19,2% do galego e o 7,2% do euskera. Nas publicacións para nenos presentáronse as maiores diferenzas entre idiomas, alcanzando o 3,7% do total nas publicacións en castelán, o 11,0% en catalán, valenciano e balear; o 15,2% en galego e o 24,9% en euskera. DATOS

Unha baixada histórica


A baixada do 21,6% de títulos publicados en galego podería supoñer un descenso nos ingresos do sector editorial próximo ao 12%, o que suporía a peor cifra da historia destas empresas, claves na industria cultural do país. 402 títulos menos que no 2009 A produción editorial na comunidade galega descendeu no ano 2010 nun 12,6 por cento con respecto ás cifras de 2009, exercicio no que se publicaron 3.180 títulos, o que supón que se publicaron 402 menos. Máis en inglés que en galego Dentro dos publicados en España nun só idioma estranxeiro destacaron as obras en inglés (co 48,7% do total), seguidas do portugués (o 16,1%). A cifra duplica ao conxunto de libros editados en galego.


POLÍTICA

A Fiscalía pide á Xunta medidas para “salvar” o galego do Eo-Navia Reclama incluso “a creación de organismos comúns” entre as dúas comunidades autónomas M.P. O XORNAL 16/01/2011

O fiscal superior de Galicia, Carlos Varela, pediu onte que Xunta de Galicia e o Principado de Asturias cheguen a acordos para “salvagardar o galego da rexión do Eo-Navia”, recomendando incluso “a creación de organismos comúns con tal finalidade”. Nun discurso pronunciado na inauguración das xornadas sobre a situación sociolingüística no territorio das comarcas do Eo-Navia, que se celebra na Fonsagrada, Carlos Varela solicitou que “sen ánimo territorial expansivo”, os gobernos galego e asturiano “permitan o establecemento de relacións culturais orientadas a fomentar a lingua galega”. “Este debe ser o camiño a seguir nas comarcas administrativamente non galegas mais onde o galego é tamén lingua propia, evitando o perigo de substitución e de desaparición desta variedade lingüística que aínda permanece viva no pobo”, asegurou Carlos Varela. No seu relatorio, o fiscal superior de Galicia repasou as disposicións legais que establecen a protección e fomento do galego falado en Asturias, tanto a nivel autonómico –na Xunta e no Principado– como a nivel europeo. Así, Carlos Varela recorda que a Carta Europa de Linguas Rexionais ou Minoritarias “encomenda aos Estados que as divisións administrativas internas non sexan un obstáculo para a defensa da lingua”. “Equivale a dicir que non deben existir trabas nin diferenzas xurídicas substanciais no trato aos falantes dun idioma, a estean a un lado ou ao outro da liña divisoria administrativa das demarcacións territoriais”, aclara o fiscal superior. Deste xeito, a Fiscalía galega propón incluso a creación de “organismos comúns” entre os gobernos autonómicos de Asturias e Galicia “para evitar a fragmentación lingüística e consolidar a área idiomática e a unidade dos falantes”. “Cómpre formalizar acordos”, di. Varela lembra, por último, que o Plan Xeral de Normalización de 2004 recolle expresamente a necesidade de que a Xunta negocie co Principado e coa Junta de Castela e León a promoción de galego nos seus territorios.


Domingo 10.10.2010

[

A lingua do día a día

Carme Hermida, mestra de Galego Oral na Facultade de Xornalismo, pensa que se non sobreviven as palabras coas que nomeamos o mundo, tampouco sobreviviremos nós LUPE GÓMEZ

Carme Hermida presidiu as Redes Escarlata, que supuxeron para ela unha “grande aprendizaxe”

Chega ao lugar da entrevista co seu pelo azul, coas súas grandes pulseiras de cores e con ganas de tomar café. Carme Hermida é unha muller moi espontánea, e tamén é unha mestra que está en contacto coa vida do día a día. Os seus alumnos, cando deixan a facultade, saen na televisión ou falan na radio. Ela sente un orgullo especial por tantas persoas que pasaron polas súas mans. Traballa coa lingua galega, ese tren de proximidades que ás veces vai a lugares que están moi lonxe. Gústalle ler novela policíaca. Ten un fillo que xoga ao futbol. É concelleira de Cultura en Teo. As súas palabras preferidas son "raón" e "cantariña", porque lle fan lembrar a súa infancia na aldea de Portela de Lamas, onde ela aprendeu a "tratar coa xente". Despois do primeiro café toma outro, e segue conversando porque é falangueira. De onde vén o teu nome e os teus apelidos? Chámome Carme porque se chamaba así miña avoa, a nai do meu pai, que morreu nova. É raro o nome de Carme no interior, cando é unha virxe relacionada co mar, pero ten que ver cos intereses da Igrexa. O apelido Hermida é da familia do meu pai


lugués, do concello de Carballeda. Guliás vén dun apelido específico de Beariz e de Forcarei. O meu avó era canteiro e ensinoume o verbo dos canteiros, porque eu tiña que facer un traballo para a facultade e púxose a explicarme palabras. A lingua dos canteiros estaba vedada para as mulleres. Elas sabían palabras pero non eran capaces de entendelas. O nome da miña nai é Dosinda, e a ela non lle gustaba nada. Teño unha irmá que se chama Dolores, por miña bisavoa. Que significado emotivo ten para ti a aldea de Portela de Lamas? É unha aldea pequena. Non ten un núcleo pechado. Ten dúas partes, a de arriba e a de abaixo. É unha zona moi fría, moi montañosa e non era rica para a agricultura e a gandería. Marchei de alí con 9 anos a Euskadi e esa aldea case che conforma a túa visión do mundo e da xente. Portela de Lamas aprendeume a relacionarme coa xente. A aldea é a infancia e a xente foi morrendo. Ao non estar as persoas parece como se a aldea xa non fose túa, como se fose doutra xente. Agora mesmo alí viven unhas doce persoas. Foi unha zona moi afectada pola emigración. Houbo sempre unha emigración moi forte, primeiro a Europa, despois a México e nos últimos tempos a Andorra. Eu tiña uns tíos en Venezuela e os meus pais estiveron en Suíza. Alí non hai vida para a xente nova. Ti participaches na redacción do dicionario Xerais da Lingua Galega. Como se fai un dicionario? O primeiro traballo é a selección de entradas. Tes que ver onde consegues información e para iso está o teu saber, e o saber doutros dicionarios. Cando xa tes as entradas tes que utilizar o que sabes dos significados e contrastar con outros dicionarios e redactar ti a definición. E así palabra tras palabra ata chegar ás 99.000 palabras. Ti imaxina o que poden ocupar todas esas palabras nunha lista en papel, e botas contas. Tes cultismos que teñen un só significado e vas rápido. Pero atopas palabras patrimoniais con moitos usos distintos, distintos significados. A palabra "herba" é a máis complicada do diccionario porque ten moita fraseoloxía e todo iso mételo no dicionario. A primeira vez eu tiña dez folios sobre a palabra "herba". E cando se trata de plantas resulta difícil buscar os nomes científicos. Como é o traballo dunha concelleira de Cultura do BNG? Nós chegamos a un concello que foi gobernado polo PP máis caciquil. Alí había alcalde e concelleiros pero non tiñan ningunha ocupación. Non había ningún concelleiro de Cultura. Non había infraestruturas culturais. Non había consumo nin oferta cultural. Foi un traballo complexo. Tivemos que crear infraestruturas, crear oferta que enganchase ao público e tentar fomentar a creación cultural. No meu caso é raro porque fixen de programadora cultural, creadora de infraestruturas, barrín, limpei... porque non había nada con anterioridade. Estaba todo sen facer. Non había ningunha bilblioteca con conexión a internet, contos para rapaces...


Que actividades ten a Asociación de Veciños Raviña Valdés de Cacheiras? Eu era a súa presidenta e agora son socia. Para min foi un traballo moi gratificante. Conxugamos o traballo de asociación veciñal co feito de mellorar a vida da veciñanza e sacar adiante iniciativas para valorar o pasado do lugar: recollida de fotos vellas, de coplas do entroido dos Xenerais de Cacheiras, montar un concurso literario, facer unha carreira pedestre... Foi produtivo combinar a acción política coa mellora do benestar dos veciños e ampliar a súa capacidade de visión. Creamos unha biblioteca veciñal. Tamén presidiches as Redes Escarlata. Está agora viva a forza emocionante que moveu a ese colectivo? Que significou para ti? Neste momento está un pouco parado. Para min as Redes Escarlata foron unha oportunidade de coñecer xente do mundo da cultura, da interpretación, das artes plásticas e da cultura política. Foi unha grande aprendizaxe. Estar ao lado de persoas como Chus Pato, Ferrín, que son ídolos para ti, persoas que admiras moito e acabas coñecéndoos persoalmente e divertíndote con eles. Admiro profundamente a Iván Prado. É humanamente unha das mellores persoas que eu coñecín. E tamén un magnífico pintor, un creador surrealista, Xoán Carlos de Dios, que facía pinturas para as manifestacións do Prestige e despois as queimaba. As Redes para min foron coma un agasallo, unha magnífica experiencia. Os alumnos de Xornalismo achéganse con respecto á lingua? O seu respecto pola lingua é total. Outra cousa é que admitan facilmente as críticas e as correccións. A Xornalismo chegan as persoas mellor preparadas de Galicia, cun nivel educativo moi alto. Pola propia idea que hai do xornalismo audiovisual chegan crendo que o saben todo. Cando lles dis que len mal non entran polo aro. Ensínaslles técnicas para falar mellor e hai xente que cre que non necesita ningunha técnica. Estou en Xornalismo desde que abriu a facultade en Santiago. Os meus compañeiros de Filoloxía especializáronse e eu non tiven ansia por profundar na investigación. Foi gratificante porque falas coa lingua do día a día. Saes do mundo pechado da túa especialidade. Acabas vendo en que se converte a xente que pasou polas túas mans, porque os xornalistas saen na televisión ou escóitalos na radio ou son actores, actrices. Para min é un orgullo. Imaxinas a Uxío Novoneyra como se fose "o gran lobo branco"? Escribín ese libro para nenos porque a idea xurdeu cando lle dedicaron a María Mariño o día das Letras Galegas. Relacionei a María Mariño coa lenda da "serea dos Mariño". Relacionei a Xosé María Álvarez Blázquez cunha lenda da Fundación de Tui. A Ramón Piñeiro relacioneino cunha lenda dun castro. E a Uxío relacioneino coa lenda da loba branca. A imaxe de Uxío préstase. Recórdoo co seu pelo branco, coma un home tranquilo, pousado, que percorría Compostela cun xornal ou cun libro debaixo do


brazo e con moita calma. Lémbroo recitando e a primeira vez foi terrorífico. Era tan impostado que me impresionou. Recitaba poesía de María Mariño. A súa forma de recitar estrañoume. A persoa que máis me impresionou recitando foi Dámaso Alonso, no Paraninfo da Universidade. Era un señor baixiño, pequeniño, velliño e recitou de pé, case sen megafonía. E gústame escoitar O valo de Manselle na voz de Anxo Angueira. Dirixes a colección de Literatura Infantil e Xuvenil de Sotelo Blanco. Cres que nese terreo Galicia goza dunha gran creatividade e dunha excelente calidade? Creo que se publican cousas de moita calidade pero necesitamos moita oferta e agora non é toda boa. Hai cousas mellores, peores e regulares. Hai moita creatividade pero ao mellor falta oficio de escribir. Hai moi boas ideas literarias pero falta formación, lectura. No mundo da literatura infantil en Galicia somos unha potencia. Na literatura xuvenil imos máis coxos porque creo que nos libros hai demasiada moralina. Cres que o galego poderá resistir ante os ataques, os menosprezos e a indiferenza coa que é tratado? Pilar Vázquez Cuesta dicía que ela se negaba a falar do futuro porque facer un futurible, cando é negativo é un incentivo para que se cumpla. Sendo optimista eu diría que o galego vai resistir, pero non coa mesma cantidade de falantes. Preparando clases para alumnos de Bioloxía e Matemáticas eu tiña que falarlles do plurilingüismo e busquei personaxes do mundo das Ciencias. Linneo facía a nomenclatura científica para as plantas e os animais. El dicía que con cada cousa que non sabemos nomear perdemos todo o que sabemos. Se a lingua non resite nós tampouco resistimos. Se non temos as palabras para nomear o noso tampouco existimos nós como colectividade.


Domingo 27.03.2011

Galicia

GALICIA XXI ACTORES DO CAMBIO

Ramón Villares: "A lingua non pode depender só das accións institucionais" “Galicia non é unha potencia económica, e se algo a define é poder presentar no mundo a súa identidade cultural. Nos cinco continentes temos galegos e galegas que non renuncian á súa condición de galegos e galegas ” LUIS POUSA

Ramón Villares di que bota en falta un maior pulso social no tema do galego, pois ao seu ver existe certa despreocupación e excesiva confianza da cuestión nas institucións FOTO: Antonio Hernández

Ramón Villares Paz (Xermade, 1951; catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago; ex reitor de USC) leva cinco anos como presidente do Consello da Cultura Galega. En que situación se atopa o idioma galego respecto de hai dous anos? Non mellor. Hai un decreto novo, anunciado polo PP na campaña electoral, que modificou o anterior. É un contexto institucional diferente. O problema non é só nin fundamentalmente político; é tamén un problema social, educativo. Confiamos en


exceso nas virtudes taumatúrxicas da política para resolver un problema tan complexo como é o idioma. Isto debería obrigarlles a repensar tanto aos que se empeñaron en facer un decreto como aos que se empeñaron en cambialo e paralo. Pero como se restitúe a posición pública do idioma galego? Mediante medidas de discriminación. E iso unicamente pode darse mediante unha gran mobilización da sociedade civil ou unha acción institucional decidida. A sociedade galega confiou en que os poderes autonómicos fixesen ese traballo, que se manifestou na colocación do galego no sistema educativo e na construción dun sistema cultural. E dunha industria cultural? Claro, claro. Hai trinta anos a industria cultural en galego era mínima. Non quero dicir que hoxe sexa boiante, pero hai teatro, cinema, produtoras de audiovisuais, actores e actrices, medios públicos de comunicación en galego. Todo isto forma parte do mellor da autonomía. Pero a lingua non pode depender só das accións institucionais, ha de depender tamén do pulso social. E é aí onde eu percibo unha certa despreocupación. Agora, hai unha minoría que cre que o galego é un problema e hai outra minoría que cre que o é por outra razón, e hai unha ampla franxa social que está instalada nunha especie de comodidade. O galego non ten un nivel de resistencia moi alto desde o punto de vista sintáctico e fonético -é unha lingua romance moi próxima ao castelán e ao portugués- e, ao propio tempo, no seu uso non ten un alto limiar de resistencia. Marca menos falar ou non falar galego que catalán en Cataluña ou éuscaro no País Vasco. Esa falta de empuxe da sociedade civil afecta tamén á industria cultural? É que o problema está no sistema cultural no seu conxunto. Galicia non é unha potencia económica, e se algo a define é poder presentar no mundo a súa identidade cultural. Nos cinco continentes temos galegos e galegas que non renuncian á súa condición de galegos e galegas. Son pingas no océano, pero pingas importantes que se definen como galegas estean onde estean. Esta é nosa gran potencia. Ás veces, non nos decatamos diso e encerellámonos en debates domésticos esterilizantes. A Cidade da Cultura está condenada a ser un proxecto inacabado? Canto máis se observa a Cidade da Cultura, máis se percibe que o proxecto do arquitecto está por encima de calquera outra pretensión. O debate debería ser se aceptamos o proxecto de Eisenman ou non. É unha icona, e somos presas do pragmatismo de para que serve. Podemos preguntárnolo, pero tamén debemos preguntarnos como utilizala a partir do esquema deseñado por Eisenman. Máis como obra de arte que como colector, Hai xente que pensa que alí podían estar oficinas e ser un local administrativo. Iso non pode ser. A Cidade da Cultura non é iso. É un proxecto que se corresponde co boom das grandes arquitecturas de autor.


É un proxecto de épocas expansivas. Por que é coñecido Manaos no mundo? Polo caucho e polo teatro de Fitzcarraldo, non porque sexa unha cidade de dous millóns de habitantes á beira do río Amazonas. É verdade que a Cidade da Cultura custa moito diñeiro, pero o diñeiro non se evaporou, está aí. Levará moitos anos consolidar o proxecto. Ten que ser aceptado pola sociedade galega; descompostelanizarse, aínda que tampouco os composteláns lle prestaron moita atención. De momento, é un lugar inaccesible desde a cidade. Ten que ser un proxecto galego e europeo, unha punta de lanza para presentar a realidade galega en Europa e Iberoamérica. Aínda quedan moitas cousas por facer que é posible facelas. Hai que mirar para o futuro. Repetirase a secuencia de que as crises chegan máis tarde a Galicia e Galicia sae máis tarde das crises? Desta vez, menos. Por primeira vez, Galicia vese moito máis afectada pola crise xeral que antes, porque a súa economía está moi internacionalizada, xa non é unha illa nin está no cu do mundo, e é moi exportadora. O que suceda en China, en Xapón ou en Brasil, pouco ou moito, aféctanos. En gran parte do século XX, Galicia aínda puido, en épocas de crises, buscar o apoio intelixente da leiriña. Iso agora, en virtude da súa modernización, non é posible. Estamos nunha crise que non é só de axustes; paréceme unha crise de modelo, que vén incubando desde os anos setenta. Isto dígoo como historiador. A grandes crises, grandes cambios. Tradicionalmente iso resolvíase con guerras. A nosa invectiva científica e técnica, para dominar o medio, entre elas a enerxía atómica, demóstranos que non podemos facer unha guerra, porque pode ser perigosa para a propia especie. Hai que facela a través de guerras incruentas, nas que están Europa, China e India por unha banda, e Estados Unidos por outra. Europa ten bastantes boletos para seguir co declive que empezou coa Primeira Guerra Mundial e confirmouse na Segunda: perder protagonismo no conxunto mundial. Ademais, hai unha novidade moi grande, aínda que nos parece que hai uns cantos ricos e moitos pobres, as distancias sociais son proporcionalmente menores que fai setenta ou cen anos. Temos unha sociedade de miles de millóns de persoas relativamente homoxénea cultural e economicamente. O mercado é global e todas as persoas son suceptibles de ser clientes. Isto cambia a situación. Galicia esgotou as posibilidades de aplicar políticas anticíclicas? Non é fácil gradualo. Desde o oitenta, Galicia transformouse cualitativa e cuantitativamente dunha forma extraordinaria, en parte debido á incorporación a un mercado e unha estrutura moito maior que é Europa. Hai quen son críticos, e enténdoo, coa incorpoación de Galicia á UE, pero non se fan a pregunta de que lle pasaría a Galicia de non estar na UE. Iríanos mellor? Eu penso que nos iría peor. Agora, foi correcta a asunción acrítica dunha alternativa de produción leiteira tan


masiva como se fixo? Non foi unha imposición, podíase haber ir por outras vías. Non podemos estar "ao prato e ás talladas". O factor demográfico condiciona moito o noso futuro? É evidente, igual que é evidente que este problema non se resolve cun decreto. En xeral os Gobernos e a sociedade galega non están a facer nada nesa dirección. O futuro que se nos aveciña é moi dramático, porque a taxa de reposicion en Galicia é especialmente baixa, unha das máis baixas de toda Europa. Cataluña, Madrid e Levante incorporaron nos últimos anos millóns de persoas procedente da inmigración, mentres que en Galicia non chega a cen mil. Os gobernos galegos deberían tomar medidas, de forma indirecta, de apoio á maternidade, facilitar a vida laboral, etc. O demográfico, a destrución do territorio e a despreocupación pola cultura son o tres grandes problemas da Galicia actual. O galego valora a conservación do medioambiente? Non de todo, pero temos exemplos nas antigas democracias socialistas dun estado lamentable do medio ambiente, moito peor do que está Galicia. Europa, un continente plural, de gran valor patrimonial e simbólico para toda a humanidade, non só debe protexer unha catedral ou unha cova prehistórica, senón que o seu patrimonio natural debe ser obxecto dunha protección privilexiada. O modelo produtivista, especialmente no medio rural, imposto por Bruxelas foi nefasto. A idea inicial da UE de que os campesiños tiñan que ser os soportes da democracia -no fondo está no tratado francoalemán e na idea de política agrícola común- habería que transformala en facer de todos os habitantes do mundo rural os soportes dun medio natural máis sustentable, máis humano. Deberiamos repensar se parte da subvención destinada a producir leite debería ir producir osíxeno e facilitar a fotosíntese. A AVE galego está en dúbida? Na época de Aznar tomáronse decisións que marcan moito. A solución que suxerían moitas asociacións civís da zona de Pontevedra, de facer unha ele, parecía moito máis razoable. Toda Galicia ten menos poboación que Barcelona capital e menos da metade que Madrid. En cambio, queda illada da zona de expansión natural, que é a do Porto. Trátase dun investimento extraordinario que segue máis ou menos o criterio que seguiron os ferrocarrís no século XIX: a decisión política de que chegase a todas as capitais de provincias. Desde unha concepción radial. Si. E seguimos nesa concepcion radial. Probablemente Galicia debería ir a unha concepción máis Ibérica, cun AVE atlántico, e non empeñarse en que todas as capitais teñan AVE, porque non tes viaxeiros. Quen vai viaxar no AVE? Haberá un servizo pola mañá e outro pola tarde ou catro ou cinco ao día? O AVE está construído con recursos dos contribuíntes. Na súa explotación non se computa o custo do trazado, e así


calquera fai as contas. É un investimento extraordinario a fondo perdido. Pero, dito en termos de dignidade colectiva, xa que chegamos até aquí, agora non se pode cancelar o AVE, e espero que teñamos o xuízo suficiente todos para que poida acabarse. Como avalía a postura que está a ter o Goberno Zapatero no AVE galego? É bastante entusiasta e merece o recoñecemento do ministro de Fomento. Imos cara a unha recentralización do Estado? Hai posturas explícitas. Textos feitos por académicos e thinks-tanks que sosteñen que unhas das culpables da situación actual de España son as autonomías. É un debate trucado, porque as Autonomías poden ser vistas como unha das bases fundamentais do benestar colectivo de España no últimos trinta anos. En xeral, as autonomías non teñen nada que envexar o seu funcionamento ao Goberno central ou ao chamado Goberno da nación. Non sei por que algúns se estrañan tanto de que haxa nacionalistas, cando iso falan do "Goberno da nación". Na miña opinión, sería un Goberno federal, un Goberno de todos. Pódese argüir que o gasto centralizado é menos custoso que o descentralizado? A xestión próxima ao cidadán é moito mellor a que a que está lonxe. Non me imaxino volver á época dos manguitos dos ministerios, onde para comprar unha cadeira, poñamos na Universidade de Santiago, haxa que depender do que diga Madrid. Construímos un sistema de autonomías para evitar un problema de debate nacional dentro de España. Por tanto, non volvamos ás andadas. O sistema autonómico foi un bálsamo, ao xeneralizar a toda España a situación do País Vasco, Cataluña e Galicia. O café para todos funcionou razoablamente ben. Vexo máis a recentralización como alimento ideolóxico que como viabilidade político-administrativa. As revoltas no norte de África e os efectos do terremoto e o tsunami sobre as centrais nucleares en Xapón poden provocar cambios a escala mundial? Entre o de África e o do Xapón un punto común é o problema das enerxías. Un dos debates do século XXI, aínda que vén de antes. O de Xapón pon en cuestión a enerxía atómica, pero paréceme que non se pode tomar unha determinación en contra das nucleares unicamente por razóns en defensa do medio ambiente ou ecoloxistas. Desde a perspectiva do fundamentalismo islámico, o que pasou no Magreb é unha boa noticia en conxunto, pois mostra unha cara diferente do que Europa tiña como satanizado. Hai unhas sociedades formadas por xente nova que está a pensar en termos de conseguir liberarse das autocracias ou das ditaduras que Occidente apoia ou facilita, e cando gañan os islamitas din que non valen os resultados. Occidente ten que reflexionar sobre a hipocrisía das súas posturas. GALICIA XXI ACTORES DO CAMBIO

"Hai que reformular o goberno local"


Sobran municipios? Non sei se sobran, pero sobran tal como están. A administración municipal española ten case 200 anos de vida. En Burgos hai tantos municipios como en Galicia. É un problema do modelo de réxime local en España, que se agrandou, a partir dos anos sesenta, e especialmente desde a democracia, polas extraordinarias atribucións que os municipios alcanzaron na designación dos valores do territorio -planeamento urbanístico, etc- . O resultado está á vista de todos: o descontrol urbanístico. Os municipios naceron para dar servizos aos cidadáns que nun dia puidesen ir da súa casa ao concello e volver ben. Ese modelo está obsoleto. Eu creo que o que habería que reformularse son as formas de goberno local. Non sei se fan falta 300, 200 ou 100, pois depende das competencias que se lles atribúan a cada un; Portugal ten 300 municipios, pero dispón dunhas xuntas de freguesía moi importantes. España ten case 9.000 municipios, e iso é moito. Iso tiña que ver cunha sociedade rural; na sociedade actual, que é a da información e comunicación, esa concepción territorial hai que repensala. En definitiva, o problema non é só de número, senón de repensar o modelo de goberno local.


A lingua propia da Coruña é o ‘Koruño’, chorbo! Unha fita mostra a orixe da fala dos coruñeses HÉCTOR J. PENA O XORNAL 07/10/2010 - 14:21 h. Koruño: legado de Hércules

Galicia, ano 2010. A poboación de todo o país exprésase habitualmente en galego ou castelán. Toda? Non. Moita da poboación dunha cidade situada no noroeste do territorio fala unha lingua da que os filólogos descoñecen as súas orixes. Probablemente ninguén en Vigo escoitará nunca a palabra chukel. Poucos rapaces en Compostela falarán do moito que queren a súa ja. E o máis seguro é que un lugués pense que o puril é unha especie de residuo orgánico. Porén, moitos coruñeses saben que se está a falar dun can, da moza e dun señor maior. Expresións como as anteriores son propias do koruño, unha lingua que só se fala na Coruña e que non responde a ningún tipo de estrutura gramatical e morfolóxica coñecida. Agora, unha curta saca á luz pública os segredos desa lingua, que resulta ignota para máis de dous millóns e medio de galegos. Koruño: O legado de Hércules é unha curtametraxe que naceu no marco do curso Social Cine, organizado polos servizos sociais do Concello da Coruña. Os profesores propuxeron aos alumnos votar que tipo de traballo de fin de curso querían facer e o gañador resultou ser o proxecto Koruño: O legado de Hércules. O que comezou como unha práctica de fin de curso converteuse nun boom nas redes sociais. Máis de 2.300 seguidores en Facebook en menos de dez días testemúñano. Foi entón cando Daniel López e Erica Esmorís tomaron conciencia da repercusión do que tiñan entre mans, e se decidiron a levar adiante un proxecto no que participaron “dous profesores, 30 alumnos, moitos colaboradores e cero euros”, apunta Erica Esmorís. Labañou, un barrio popular da cidade herculina, acolleu na noite de onte a presentación do froito do seu traballo, unha curtametraxe de 40 minutos. O centro cívico do barrio estaba a rebordar. Entre os asistentes, multitude de veciños, varios medios de comunicación, os directamente implicados na elaboración da película e a concelleira de Servizos Sociais da Coruña, Silvia Longueira. A gala, que como as grandes superproducións de Hollywood, contou con photocall e alfombra vermella, foi conducida por Antón Lezcano e Txury Ferrer. Nun exercicio de normalización lingüística sen precedentes, despois das intervencións de Lezcano ou dos diferentes convidados que foron pasando polo escenario –realizadas indistintamente en galego ou castelán– Ferrer encargábase da tradución simultánea ao koruño. Levada a cabo como gala de entrega de premios, polo escenario foron desfilando persoeiros como a concelleira Silvia Longueira –que se animou a pronunciar unhas palabras en koruño, agradecendo o seu traballo aos responsables “de toda esta movida”–, ou o humorista Pedro Brandariz, que protagonizou un dos momentos estelares da noite, ao por a todo o auditorio a corear expresións tan koruñas como “buah neno!” e “que movida!”. Agora, como se dixo na gala, só queda “converter o koruño en obxecto de especial protección, como a Torre”.


Domingo 16.01.2011

O DATO

A maioría das clases na comunidade danse en castelán REDACCIÓN A plataforma Queremos Galego está recollendo datos para un informe que fará público antes de fin de curso sobre a presenza do galego no ensino. Con todo, xa teñen algunhas cifras, cun resultado "arrepiante", apunta Carlos Callón, presidente da Mesa: o equilibrio ao 50% está hoxe máis lonxe que hai dous anos xa que o castelán ocupa o 75% das materias fronte ao galego, que ocupa o 25%. "Este 25% era do que estabamos falando nos anos 80, e hoxe non chegamos nin a ese obxectivo". Peor resulta o dato en Educación infantil, segundo unha enquisa dos sindicatos: as familias que reclamaron o ensino en galego foi do 40% e a realidade "é que só o reciben o 10% dos alumnos".


POLÍTICA

A Mesa non descarta recorrer a Lei de Convivencia >> O colectivo lamenta que Feijóo "aínda non levou a cabo a primeira medida en defensa do galego" >> Callón recomenda a Feijóo escoitar as palabras do presidente da RAE a favor dos topónimos galegos e da inmersión lingüística XORNAL.COM 10/01/2011

A Mesa pola Normalización Lingüística comeza o ano 2011 lamentando que “desde que Núñez Feijóo é presidente do Goberno galego, aínda non houbo a primeira medida en defensa do noso idioma”. “Pasou o Nadal e nin o Apalpador nin Papá Noel nin os Reis Magos nos trouxeron esa boa nova de que a actual Xunta rectificase e comezase a actuar en defensa do noso idioma propio”, ironizou Carlos Callón. “Xusto ao contrario, o conselleiro de Educación de Núñez Feijóo presentou novas medidas contra o galego no ensino; novamente en período vacacional, como é sempre a presentación de todas as iniciativas contra o noso idioma por parte deste executivo”, denunciou. O presidente da Mesa referiuse así á “mal chamada” Lei de convivencia e participación, que considerou que se presenta “co único obxectivo de fomentar un clima social contra o galego e dar a entender que o noso idioma propio é un idioma imposto”. Callón chamou ao Goberno galego a “deixar de provocar confrontación e crear novos problemas en troca de procurar consensos e solucionar problemas, que serían as súas obrigas”. O portavoz da Mesa considerou “pura propaganda enganosa” a idea de que “as familias vaian decidir a lingua do ensino”, como “menten” Núñez Feijóo ou o conselleiro Jesús Vázquez. “Á vista dos datos do actual curso en educación infantil, as súas propostas son que, na práctica, só teñas capacidade para escoller se escolles o castelán: o 40% das familias con nenos nesta etapa nas cidades pediron galego e só un exiguo 10% ten a educación neste idioma”, argumentou Callón. “Cal é a nova pregunta que agora queren amparar legalmente desde a Xunta? Que as familias se posicionen en primaria se queren que se prohiba o galego en ciencias ou en letras? Porque era iso o que, lembremos, era a pretensión inicial de Núñez Feijóo: preguntar en primaria cal bloque de disciplinas estaría vetado ao galego. Un auténtico disparate”. “Se queren de verdade escoitar, que escoiten as familias que, con independencia da súa lingua habitual, queren que haxa unha presenza normal do galego na escola; que escoiten a todos os sindicatos, a todas as organizacións estudantís e a todas as asociacións de nais e pais que –cunha única excepción– se opoñen de forma unánime ás medidas da Xunta contra o noso idioma”, sinalou o portavoz da Mesa. A preguntas dos xornalistas, Carlos Callón indicou tamén que desde A Mesa “non se descarta” iniciar medidas legais contra a Lei de Convivencia e Participación “unha vez que esta se aprobe”, mais que a súa pretensión é “facer todo o posíbel para que a Xunta rectifique, porque a súa actitude autoritaria e galegófoba non pode traer nada bo para ninguén”. Ademais, Callón observou que a Alberto Núñez Feijóo “lle faría moito ben” escoitar as palabras do novo director da Real Academia Española. José Manuel Blecua defendeu a potenciación da lingua propia no ensino e o uso oficial dos topónimos galegos coa súa forma xenuína, citando nomeadamente A Coruña. “Parece mentira que o director da Real Academia Española amose unha sensibilidade cara á nosa cultura da que carece o actual presidente da Xunta, mais é esta a situación coa que nos encontramos”, concluíu.


Martes 21.12.2010 |

IDIOMA

"A nosa lingua favorece a empatía" Lorenzo di que o galego é unha "responsabilidade empresarial" REDACCIÓN

Anxo Lorenzo, secretario xeral de Política Lingüística FOTO: AXENCIAS

Incorporar o galego é "parte esencial" das responsabilidades das empresas que traballan en, ou desde, Galicia. Díxoo onte o secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, na inauguración do acto de conmemoración do 85º aniversario do primeiro Congreso de Economía en Galicia, que se celebrou onte no Círculo das Artes de Lugo. Anxo Lorenzo incidiu durante a súa intervención na "influencia que exerce a estrutura económica dunha realidade social calquera na cidadanía e, nese sentido, destacou o factor económico como determinante, en boa medida, das actitudes e dos comportamentos lingüísticos. "Non é estraño, xa que logo -continuou o secretario xeral-, que ocupasen un lugar protagonista no congreso de 1925 varias persoas do mundo do galeguismo como Vicente Risco, Antón Losada Diéguez ou Antón Vilar Ponte, pois sabían ben que, no novo marco socioeconómico, a vitalidade e mantemento dos elementos que definían a cultura de noso dependían da posición que os galegos e galegas ocupaban no sistema económico".


Ao fío disto, o responsable de Política Lingüística recordou que, a diferenza da situación que se vivía en 1925, a realidade socioeconómica hoxe é ben distinta, o mesmo que a consideración da lingua galega, "que deixou de percibirse como un obstáculo para o avance social". "Cada vez son máis as empresas que entenden que o galego é rendible en termos económicos porque, como se vén demostrando, a proximidade lingüística cos consumidores xera empatía e favorece a cordialidade e o afianzamento nas relacións comerciais e de empresa", asegurou Anxo Lorenzo. Lorenzo considera que para acadar unha maior extensión do uso do galego, o ámbito socioeconómico é un piar fundamental. Por esa razón, subliñou a colaboración do seu departamento con entidades como a Confederación de Empresarios de Galicia, o Foro Enrique Peinador, a Federación de Autónomos de Galicia, a Asociación de Profesionais Compostela Monumental ou a Asociación Hostelería Compostela.

PROGRAMA BOCABERTA

"Galimatías" con El Correo Gallego" Bocaberta, o programa de dinamización do galego que a Secretaría Xeral de Política Lingüística dirixe aos mozos e mozas de 3 a 18 anos, segue coa súa actividade nos días previos ao Nadal. A banda deseñada e a música serán esta semana as apostas desta iniciativa para achegar a lingua galega aos máis novos. As propostas de Bocaberta visitarán esta semana cinco concellos, na súa xira por todos os municipios galegos ata o próximo mes de maio. Os colexios que recibirán a programación son os de Portas, Pazos de Borbén, Ames, Verín e Cambados. A revista Galimatías, un proxecto realizado en colaboración coa editorial El Patito, distribuirase gratuitamente co xornal El Correo Gallego o venres 24.


Martes 11.01.2011

A OLLADA CRÍTICA

Dolores Vilavedra: "A nosa literatura está viva" "A cultura galega está desvalorizada. Empezamos a estar orfos do apoio dos poderes públicos que o daban a cambio de certa lexitimidade simbólica" |

VANESA OLIVEIRA . SANTIAGO

Dolores Vilavedra é profesora de Literatura Galega na USC FOTO: AXENCIAS

A narrativa galega que abrollou na década dos 80 posibilitou a profesionalización do autor, a aparición dun novo lector ou a ampliación de estéticas e temáticas que derivaron na actual etapa de madurez do sistema literario galego. Así o apunta a escritora e profesora de Literatura Galega na USC, Dolores Vilavedra na obra que acaba de tirar do prelo Galaxia, A narrativa galega na fin de século. Unha ollada crítica dende 2010. Un volume que analiza esas mudanzas sen pasar por alto os debates ao redor do conflito lingüístico ou a busca do "gran texto" ou "grande autor" das nosas letras.

Fixa a nova etapa da narrativa galega a partir de 1981, que denomina "literatura postautonómica", en que se basea?


En contra de que se poida pensar ás veces que a morte de Franco marca un antes e un despois na literatura galega en xeral e na narrativa en concreto, eu defendo a idea de que é a aprobación do Estatuto de Autonomía a que marca un punto de inflexión. Iso ten unha serie de consencuencias na autopercepción indentitaria da sociedade galega que empeza a ver como unha serie de símbolos que codifican esa diferencia e singularidade dende a bandeira a ter uns medios de comunicación propios empeza a ser visible na sociedade. Por outra banda, póñense en marcha unha serie de iniciativas lexislativas, fundamentalmente o desenvolvemento da Lei de Normalización Lingüística ou a introdución do galego no ensino que potencian esta percepción da sociedade galega como unha sociedade específica. É aí realmente onde se inicia unha nova etapa histórica. Unha etapa que marca un cambio no canon literario, pasando da centralidade da poesía á narrativa. Si. En contra do que se adoita pensar que nos albores dos 80 é a grande eclosión da narrativa, eu defendo que esa consolidación da narrativa tarda un pouco máis en producirse. Hai unha conxunción de factores, sobre todo, de axentes sociais que apostan por potenciar a narrativa, pero é máis contra a segunda metade da década cando o xénero acada ese protagonismo. É un proceso que se desenvolve con certa lentitude. Os resultados vense na segunda metade da década e na segunda metade dos noventa. Por que di que o concepto de "literatura" nacional empeza a redefinirse nesas décadas pero "non empeza a ter sentido até agora"? É un concepto ao que se lle deu un contido estritamente ideolóxico e eu creo que debemos darlle máis ben un sentido funcional ou operativo que pasa por ver se todos os axentes que participan no sistema literario galego posúen unha certa autonomía e se esas funcións ou axencias que se requiren para que unha literatura funcione de seu nunha sociedade como a nosa. Creo que é o primeiro momento da historia que posuimos todos eses axentes, ao mellor, algúns con algunha precariedade pero creo que todas as pezas da maquinaria están en activo. Hai que ir cara a esquecer aquel uso ideolóxico: literatura nacional era aquela que desenvolvía conceptualmente o que se entendía por nación galega para ir cara a un concepto máis operativo, que é aquela literatura que se produce e se consome por parte dunha sociedade como a galega cunha marcada identidade singular e que está ao servizo desa sociedade, que reflicte a pluralidade e mesmo as contradicións desa sociedade. Pluralidade na que se centra nun capítulo no que fala dos autores galegos da posmodernidade. Eu creo que a literatura galega á súa maneira ten que ir dando resposta ou dialogando coas correntes de pensamento e xeitos novos de entender a sociedade. O debate da posmodernidade ecoa aquí tarde pero faino á súa maneira e ten repercusións na


literatura. Á marxe dos xuízos persoais, son unha proba de que a literatura galega está viva e que é unha literatura do seu tempo. A busca do "gran texto" ou do "grande autor" é, segundo asegura, síntoma da febleza do sistema literario galego naquelas décadas. ¿Que provocou este tipo de debates? Creo que eran debates pendentes. A literatura e a narrativa galega viviron moito tempo cun exceso de proteccionismo, é dicir, que non se podía falar de determinados libros ou autores. Así non había maneira de medrar. Chegou o momento en que se impuña abordar todos eses temas e discutilos como unha sociedade madura e libre. Era unha necesaria crise de crecemento, era algo que non se podía adiar máis. En certa maneira preocúpame que poida suceder o contrario, é dicir, que en momentos como o actual onde a cultura galega se ve ameazada por unha serie de factores externos evidentes, caiamos na mesma tentación de non discutir, non debater, pechar filas e adoptar unha actitude defensiva. Botar o lixo baixo a alfombra en lugar de debater as cuestións. Era a crise de medrío imprescindible para poder seguir adiante. A vontade militante de moitos proxectos editoriais xurdidos nesas décadas foi un obstáculo para a evolución da narrativa galega? Creo que iso foi algo que sucedeu con anterioridade. Eu estudo a época na que nos liberamos. Hai unha serie de axentes literarios que reivindican o seu dereito a ser cidadáns e a exercer como tales sen ningún tipo de adscrición política. Iso permitiu acadar esa madurez, que se producise esa pluralidade estética. Oxalá que non se produza unha involución. Fronte á editorial militante ou de perfil ideolóxico xorden outras. Esa diversidade é a clave porque reflicte a diversidade da sociedade galega. Conviven fórmulas nacionalistas xunto a outras nada nacionalistas nas que a cuestión identitaria non lles interesa. O libro galego pasou de ser considerado un obxecto de culto a un reclamo publicitario. Por que? Niso afectou sobre todo os premios. De súpeto, hai unha serie de institucións que descobren o valor simbólico dos premios e a cultura galega e apostan por eles. Hai momentos nos que incluso se produce unha certa inflacción de premios convocados. A contrapartida é o momento actual no que a cultura galega está relativamente desvalorizada e empezamos a encontrarnos orfos dese apoio dos poderes públicos que o daban a cambio desa lexitimidade simbólica que a literatura e a cultura lle outorgaban. Era unha especie de pacto: eu douche diñeiro, convoco un premio ou publico un libro e ti, a cambio, dótasme dunha certa lexitimidade galeguista e cultural. Ese pacto está en suspenso. Tamén abordas os debates xerados ao redor da lingua, como o que chamas o "Affaire Conde".


O debate interésame polo fondo e que se reproduce periodicamente. O debate que se xerara ao redor de Alfredo Conde é, no fondo, un debate de identidade. Volve ser o eterno debate de que entendemos por literatura galega, cales son os seus límites... É interesante como ese debate muda ao longo do tempo: prodúcese con Alfredo Conde pero case non pasa nada cando Bieito Iglesias decide presentarse a un premio en castelán. O peso da lingua no caso dos críticos foi moi determinante para a valoración da narrativa da época. Somos unha sociedade hiperfilolóxica na que se lle concede demasiado protagonismo á lingua e onde todo o mundo se considera con dereito a opinar sobre a lingua, que é un pouco sorprendente. Temos próximas outras sociedades nas que a cuestión do idioma está nas voces das persoas autorizadas. Aquí opínase de lingua como quen opina de Belén Esteban, cunha lixeireza sorprendente. Era unha cuestión que había que abordar que tiña que ver cos límites da propia literatura. É un debate resolto aínda que algúns quixeran reabrilo. A PROFESIONALIZACIÓN

"A narrativa era a gran tentación para chegar a unha maioría lectora" Nestas décadas, o narrador galego profesionalízase e aparece un novo lector. A que se debe? Si. É un proceso dual. Por unha parte, prodúcese a profesionalización do escritor galego. Pero tamén ten que ver cos cambios que teñen que ver no ámbito dos lectores: pasamos do lector do franquismo, moi identificable, a un lector anónimo, que podía garantir a supervivencia da literatura galega. É un reto para conseguir esa madureza. Vaise impondo un novo perfil de lector, que non é o lector militante, nin é o lector escolar senón un lector normal. A decisión dos autores de optar pola narrativa tiña máis que ver co prestixio e co protagonismo que adquiriu o xénero antes que por unha decisión artística? Aos autores interésalles chegar ao lector. O que lles vai permitir chegar a unha maioría lectora é a narrativa. Esa é a gran tentación para todos nese momento, lexitimamente, porque lles permite chegar a ese lector anónimo que vai ser o futuro da literatura galega. A tensión entre o gusto dos lectores e os beneficios económicos chega até hoxe. É a primeira vez que a literatura xera uns beneficios minimamente significativos. Iso distorsiona o funcionamento de todo o sistema. Podes caer na tentación de pensar que o que xera beneficios é o ideal pero aí sempre hai un equilibrio complicado entre xerar beneficios e o que acada un mínimo nivel estético.


Pasou co xénero policial? Si, naquel momento, o xénero policial representa a fascinación polo novo, independentemente da calidade que teña. O xénero negro logo entrou nunha fase de declive e agora volve acadar un certo protagonismo grazas a autores como Diego Ameixeiras ou Domingo Villar, acadando niveis de calidade máis que aceptables. No caso das narradoras, pasouse da súa ausencia a unha visibilidade polo cambio nos apoios do sistema literario galego? Eu creo na eficacia nos procesos de planificación cultural. No caso das narradoras, a clave estivo en que empezan a aparecer espazos nos que se fai visible o labor desas autoras: gañan premios, a crítica empeza a interesarse por elas... Iso fai visible un grupo de mulleres que estaban escribindo na sombra e que atopan unha serie de circunstancias que lles permiten facer visible todo o seu traballo.


Xoves 12.05.2011

HISTORIA

A orixe do escudo de Galicia xa non ten "segredos" Pardo de Guevara investigounos "A orixe do escudo de Galicia xa non encerra secretos", comentou Eduardo Pardo de Guevara, director do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento. Fíxoo onte, antes de pronunciar a conferencia O escudo de Galicia. Orixe, evolución e significados, que impartiu no Sporting Club Casino da Coruña, invitado pola Orde de Cabaleiros de María Pita. Pardo de Guevara explica que "nun manuscrito inglés, un pergameo duns 3 metros, datado cara a 1280 se atribúen unhas armas ó Reino de Galicia e a un suposto rei". A orixe do escudo galego "foi por pura fónetica: Galicia-calice, o que chega a España cara á segunda metade do século XV".


CULTURA

A primeira rede social galega de libros xa ten un millón de títulos Os usuarios poden valorar, compartir e recomendar lecturas, ademais de participar en concursos ou crear grupos de interese, a través de I.M. O XORNAL 12/11/2010 Unha segunda plataforma permitirá comprar en xaneiro

Poñer a pan pedir a última entrega de Xosé Carlos Caneiro ou lerchear sobre os parecidos nada casuais do Consello Nacional que novelou Diego Ameixeiras. Inzar de estrelas o último de Iolanda Zúñiga ou recomendar a unha amiga a bibliografía completa de Belén Gopegui. O que os lectores fixeron toda a vida pero a distancia e cun simple clic. Redelibros.com non é diferente de Goodreads ou calquera outra aplicación de Facebook para compartir lecturas, pero é a primeira en Galicia. Con 200 usuarios e un millón de títulos cargados na súa base de datos, a primeira rede social de libros do país bota hoxe a andar cun obxectivo nada pequeno: converterse no espazo de referencia. “É unha rede completamente aberta e gratuíta, calquera pode entrar e participar”, explica o vigués Fran Zabaleta, un dos tres impulsores de Redelibros.com. “Tense que construír entre todos. Os usuarios poden engadir novos títulos ou completar a información dos que xa están na base de datos. De feito, aínda que a páxina é aínda unha versión beta, xa hai algúns usuarios moi activos”. O galego é por defecto a lingua da web, pero o usuario pode escoller o castelán ou o inglés para navegar. A base de datos inclúe tanto títulos en castelán como títulos en galego. “Pode non parecelo, pero é unha vantaxe para o libro galego”, matiza Zabaleta, que comparte este proxecto con Xosé Rodríguez Lois e Gonzalo Pérez, veterano libreiro de Vigo á fronte de Cartabón. “A presenza do libro galego na rede é maior que nas librarías, e en Redelibros.com o lector habitual de castelán pode tropezarse co libro en galego”. O funcionamento é sinxelo. Como en calquera outra rede social, cada usuario ten un perfil co que interactuar cos demais, intercambiar mensaxes ou crear grupos de interese. Ademais de buscar, editar ou engadir títulos á base de datos, pode recomendar lecturas, escribir e publicar opinións, abrir un blog ou mesmo compartir as súas propias tentativas literarias. Tamén hai espazo para os anuncios e os concursos, e pronto se habilitará un sistema de puntos para premiar con libros, claro, os usuarios máis activos. De momento, a compatibilidade con Facebook está asegurada, explica Zabaleta, e pronto se poderá conectar tamén con Twitter e usar en dispositivos móbiles. Redelibros.com é unha iniciativa “vocacional e netamente privada”, e de momento manterase co impulso dos seus creadores e as achegas dos socios colaboradores, entre os que están varias librarías e editoriais galegas que terán na páxina un escaparate reservado. “O obxectivo da rede non é o negocio, senón os libros, así que por agora seguirá desta maneira, é abondo para un mantemento mínimo. Dentro de dous ou tres meses, en función de como evolucione a páxina, pensaremos en introducirlle publicidade non invasiva”. A rede está lista para empezar a funcionar. No mesmo sitio onde onte llela explicaron aos medios de comunicación, na cafetería Detrás do Marco –na rúa Londres, a carón do museo vigués–, será onde hoxe lla presenten ao público en xeral a partir das oito e media da tarde. Haberá música, haberá contacontos e haberá, sobre todo, libros. Os que queiran poderán particiar nun intercambio de exemplares ou no sorteo de varios vales de compra para consumir na libraría Cartabón.


Martes 16.11.2010 |

PLURILINGÜISMO

A RAG continuará co recurso contra o decreto por ser "gravemente lesivo" para o galego 16.29h. E.P. . LUGO O presidente da Real Academia Galega (RAG), Xosé Luís Méndez Ferrín, sinalou este martes en Lugo que a institución seguirá adiante o seu recurso interposto o 23 de xullo pasado ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia contra o chamado decreto do plurilingüismo no ensino non universitario, ao resultar "gravemente lesivo" para a lingua galega. "Por iso estamos comparecidos", sinalou Méndez Ferrín momentos antes de participar na sinatura dun convenio coa Deputación de Lugo, ao que acudía o vicepresidente provincial o

nacionalista

Antón

Bao.

Así e a pesar de destacar a "excelente" relación da institución académica coa Xunta de Galicia, Ferrín advertiu de comportamentos e actuacións que tratan de "minusvalorar este idioma",

a

situación

do cal

é

"de

precariedade".

Por outro lado, o presidente da RAG incidiu en que Galicia conta coa "mellor lingua literaria de toda a historia e os mellores escritores", ademais de avogar por políticas públicas a escala de Estado, da Xunta e dos municipios "que fortalezan a recuperación do galego".


Martes 12.10.2010

LINGUA

Nace en Marín a plataforma "A saia da Carolina en galego" Manifestaranse o día 21 deste mes E.P. Un grupo de veciños de Marín (Pontevedra) creou a "Plataforma cívica A saia da Carolina en galego" para reivindicar a aprendizaxe desta peza musical tradicional en galego fronte á versión en castelán que se ensina nun libro de texto utilizado no colexio A Laxe desta localidade. O colectivo convocou unha concentración o xoves 21 de outubro ás 20.00 horas na Alameda de Marín para cantar a canción "como debe ser" e como a queren transmitir os seus fillos. O voceiro desta plataforma, Xosé Antón Laxe Martiñán, critica que a substitución dunha lingua por outra constitúe unha "barbaridade de gravidade extrema" e cualifica de "ofensa para Galicia" que se estuden en castelán cancións que pertencen á tradición galega. "E unha falta de respecto á lingua e á nosa rica cultura musical", sostén Laxe Martiñán, que anima a todo o profesorado marinense e, por extensión, do resto de Galicia, a "sumar todo o apoio posible" a esta convocatoria. Na concentración lerase un manifesto que acusa a Xunta de provocar este conflito "como consecuencia da aplicación do mal chamado Decreto do Plurilingüismo", explica o voceiro da plataforma.


Luns 28.03.2011

IDIOMA

A verdadeira exclusión A Mesa denuncia que a maioría dos conservatorios e ciclos formativos de Galicia non pasan do 0% de manuais e libros en galego REDACCIÓN . SANTIAGO

Callón –en foto de arquivo– advertiu de que fronte á propaganda oficial, o 90% dos centros de infantil ignoran o galego FOTO: Antonio Hernández

A Mesa pola Normalización Lingüística denunciou que a política de "exclusión e discriminación do galego" levada a cabo polo goberno de Alberto Núñez Feijóo fai que "a maioría dos conservatorios e ciclos formativos do país non pasen do 0% de manuais e libros de texto neste idioma". "O pouco que se avanzou nestas etapas foi grazas ao esforzo voluntarista de algún profesorado, que dedicou moitas horas do seu tempo a traducir un material que non se ofrece na lingua do país, a pesar de que, en teoría, entre o 33% e o 50% das aulas deberían vehicularse neste idioma", engadiu. O presidente da Mesa, Carlos Callón, reclámalles ao presidente da Xunta, ao conselleiro de Educación e ao secretario xeral de Política Lingüística que digan a porcentaxe de conservatorios ou ciclos formativos do país que teñan "aínda que só sexa un libro en galego en calquera curso". Segundo A Mesa, só nalgunhas das ramas da formación profesional, como por exemplo o administrativo, se pode encontrar unha


porcentaxe superior ao 0%. "Esta exclusión é unha vergoña e unha irregularidade democrática de primeiro nivel", analiza Callón. A Mesa lembra ademais que, "fronte á propaganda oficial que fala de equilibrio, a verdade é que o 90% dos centros de educación infantil das sete cidades só declaran impartir as aulas en castelán". DATOS

A presenza minoritaria Carlos Callón apunta, por outra banda, que é elocuente sobre a situación actual "que a asociación contra o galego que alimentou o Partido Popular saíse estes días aos medios de comunicación para denunciar, histrionicamente, como unha discriminación para o castelán que un neno tivese un único libro de texto en galego; esta presenza tan minoritaria do idioma de Galiza nas aulas demostra que mesmo os mínimos para a lingua propia de que falaba o Partido Popular se están a incumprir".


Domingo 24.04.2011

LINUX

Ubuntu 11.04 xa está 100% en galego EN REDE O sistema operativo Ubuntu 11.04, que se estrea oficialmente o vindeiro xoves 28 de abril, xa está traducido por completo ó galego, de xeito que os usuarios desta distribución de Linux que xa usaban anteriores versións en galego poderán actualizalas na mesma lingua. A tarefa de tradución do sistema operativo débese a unha comunidade de usuarios na que se distribúe o traballo, pero tamén ó labor de varios equipos de tradución dos distintos proxectos que integran o conxunto deste sistema operativo: por exemplo o escritorio Gnome, o navegador Firefox ou a suite ofimática LibreOffice, todos eles agrupados baixo o proxecto Trasno. A Oficina de Software Libre da USC colabora activamente con estes equipos no mantemento e revisión da calidade das traducións. Sobre as características que achega Ubuntu 11.04 pode atoparse maior información na web oficial www.ubuntu.com ou na do centro Mancomún en www.mancomun.org.


Martes 12.10.2010

MIGUEL ANXO FERNÁN VELLO CADERNO ABERTO

Analfabetismos No ano 1978 había en España, segundo un informe elaborado polo Instituto Nacional de Estadística, 2.353.600 persoas analfabetas, e hoxe, trinta e dous anos despois, o número de analfabetos, segundo o mesmo organismo, pouco ou nada baixa -non todas as persoas recoñecen abertamente o seu analfabetismo- do millón de almas, o que equivale a algo máis do 2,4% da poboación. ¿E no noso país? En Galicia o número oficialmente recoñecido de cidadáns analfabetos anda próximo aos 50.000, e xulguen vostedes a indecorosa cifra. Porque falamos aquí, convén aclaralo, de analfabetismo pleno ou absoluto, que é aquel polo cal as persoas non son capaces de ler nin de escribir, constituíndo este fenómeno un problema verdadeiramente encoraxante para a sociedade, pois os analfabetos puros son persoas ás que se lles roubou a posibilidade de realizárense plenamente como seres humanos. E esta é a realidade recoñecida no ámbito en cuestión. Porque se nos referimos ao analfabetismo funcional, aquel que consiste nun dominio insuficiente da lectura e da escrita, producindo individuos incapaces de comprender e comunicarse normalmente através do seu uso, a cousa pinta entre nós de alarma vermella. E aínda habería que falar tamén -desculpen a miña teima ou insistencia- do que se entende por analfabetismo por regresión, que é aquel que caracteriza grupos ou segmentos da poboación que, tendo aprendido a ler e a escribir correctamente no seu día, retornan, por falta de uso desas habilidades, á condición de analfabetos funcionais iletrados. En definitiva, o analfabetismo funcional e o analfabetismo por regresión son unha realidade crecente entre nós. As habilidades de comprensión oral e lectora rexistraron nos últimos anos un importante descenso entre os estudantes españois en xeral, moi por debaixo da media dos países desenvolvidos, e todo indica que estamos ás portas


dun pavoroso empobrecemento intelectual nas nosas sociedades, vĂ­timas doadas asĂ­ do control polĂ­tico e social que exercen os Poderes de Agora e de Sempre.


Anatomía dunha mentira Galicia hoxe 7 xaneiro

O día 4 de xaneiro, Gloria Lago publicou unha columna de opinión no Xornal de Galicia na que, baixo a apariencia dunha carta ao Presidente da RAE na cal se permite darlle leccións de filoloxía a José Manuel Blecua, desliza todo o catálogo de argumentos da asociación Galicia Bilingüe. Argumentos que na inmensa maioría dos casos non resisten a menor análise, como pretendo sucintamente demonstrar nas liñas que seguen.

1.

Os

territorios

non

teñen

lingua.

Os territorios son lugares onde habitan os pobos, e estes si teñen lingua de seu. Por iso o galego é a lingua propia de Galiza, xa que é a que creou o pobo galego, en territorio galego, e que leva sendo falada de xeito ininterrompido durante uns 1.200 anos.


2.

Os

dereitos

témolos

as

persoas,

non

os

idiomas.

Nada teño a priori en contra deste argumento, pero o feito é que a Constitución Española de 1978 optou por territorializar os dereitos lingüísticos, xa que se fosen individuais, un cidadán residente –por poñer un exemplo– en Murcia podería esixir ser respondido en galego (ou en catalán, ou en éuscaro) polos poderes públicos e recibir o ensino

na

lingua

da

súa

elección.

Polo demais, hai que ter en conta que todos os idiomas posúen unha dimensión colectiva, xa que son vehículos de comunicación social e non simples ferramentas individuais de expresión. Tentar caracterizar as linguas en termos puramente individuais é un auténtico dislate, e entra en flagrante contradicción cos argumentos nº 5, 6, 7 e 8 tamén mantidos

pola

señora

Lago

e

o

grupo

que

lidera.

Por outra parte, mesmo no caso de que os dereitos lingüísticos fosen individuais, terían que ser de todos e cada un dos cidadáns, non só dunha eventual maioría. De feito, o recurso á vontade maioritaria é un argumento que invalida a dimensión individual dos dereitos. Que llo digan, se non, ao 46% de pais e nais da miña cidade, A Coruña, que escolleron o galego como lingua do ensino infantil para os seus fillos e fillas, e que por estaren en minoría non foron atendidos. 3.

Os nenos van ao colexio para formarse, non para salvar linguas. A educación Lapsus

bilingüe

freudiano

evidente,

debe xa

que

ser este

voluntaria.

enunciado

asume,

implicitamente, que a lingua galega está en perigo e que precisa ser salvada, a pesar de que a acción pública do grupúsculo Galicia Bilingüe consiste en denunciar o contrario: o suposto risco de extinción


do español en Galiza, como froito dunha presunta persecución e negación

de

dereitos.

Canto ao fondo da afirmación, non se sostén: parte da formación escolar dos nenos, nenas e adolescentes consiste en dominar as linguas que son instrumento de comunicación na sociedade á cal pertencen -como establece, por certo, a Lei de Normalización Lingüística-. Negarlles aos estudantes a aprendizaxe dunha das linguas faladas en Galiza é facer apoloxía da ignorancia, mentres que o deber da educación é diminuír a ignorancia, en vez de consagrala como modelo. 4.

Como

mellor

aprende

un

neno

é

na

lingua

materna.

Descoñezo o curriculum vitae da señora Lago como pedagoga, mais o certo é que o sistema de inmersión educativa vén mostrando desde hai décadas un éxito innegable. A proba máis recente disto son os resultados do último informe PISA, que mostraron sen lugar a dúbidas a competencia en lingua española dos alumnos cataláns (inmersión completa en catalán), bascos (modelos de inmersión e misto) e galegos (ensino cun mínimo do 50% en galego): en todos os casos, os resultados están por riba da media española, e non só en lingua española, senón tamén en matemáticas e en ciencias. Véxanse a este respecto

as

respostas

aos

argumentos

8

e

9.

Curiosamente, nada se di dos pais que envían seus fillos e fillas a colexios onde a lingua vehicular é o inglés: nese caso, a adopción dunha lingua escolar diferente da familiar é acollida con alborozo, ao contrario do que ocorre cando a lingua escolar é o galego.


5.

Os topónimos cambian por unha cuestión de utilidade, necesidade ou vontade colectiva. Eses topónimos son un tesouro máis das nosas linguas,

que

non

debería

sernos

furtado.

De acordo. De feito, nada nin ninguén lle impede a un falante galego de español que utilice formas como Arteijo, Caldas de Reyes, Orense, Puenteares, Piedrafita, La Puebla del Caramiñal, La Toja ou Desván de los Monjes: pode facelo oralmente ou por escrito, nas súas comunicacións privadas, comerciais ou cos poderes públicos... A lexislación unicamente establece as formas que deben usar as Administracións públicas, que non son outras que as históricas. E resulta que a historia deste país e dos seus topónimos está intimamente

ligada

á

lingua

galega.

Ademais, pretender que a lexislación lexitime todas as formas posibles dos topónimos é incorrer nun absurdo; imaxinemos o caso da Coruña: A Coruña, A Corunha, A Cruña, A Crunha, Coruña, Corunha, Cruña, Crunha, La Coruña, La Curuña. Alguén imaxinou que o Concello da Coruña tivese que usar todas esas formas nas súas comunicacións oficiais, para non furtarlle a ninguén a evolución da súa escolla? E o mesmo se podería dicir de Paiosaco, Paisaco, Peisaco, Payosaco e tantos e tantos outros casos. 6.

Debemos atribuírlles esa capacidade de amar a súa lingua ás persoas que teñen o español como a súa lingua propia en Galicia. Totalmente de acordo: as persoas que teñen o español como a súa lingua habitual deben ter os seus dereitos lingüísticos individuais escrupulosamente respectados e en ningún caso seren vistas como galegos de segunda. O problema é que isto xa é así na realidade


social galega, mentres que os falantes de galego como lingua habitual se ven privados dos seus dereitos lingüísticos na Xustiza, no comercio, na publicidade, no cinema, no lecer, na relixión, nos medios de

comunicación...

Só un matiz: o uso da construción lingua propia aplicado ao plano individual é equivocado e equívoco. A lingua propia dunha sociedade é definida colectivamente, e non como un sumatorio de casos individuais. 7.

Os pais esperamos que aos nosos fillos lles ensinen no colexio aquelas

palabras

que

non

usamos

na

nosa

vida

diaria.

Outro lapsus freudiano. Se os pais desexan que a escola ensine o que non se aprende na vida familiar, daquela o lóxico é que o sistema educativo ensine as dúas linguas oficiais en Galiza, tanto a que o estudante practica na familia como a que sexa eventualmente allea a ese ámbito. Este argumento contradi abertamente a opción por un ensino monolingüe, con segregación escolar decidida polos pais e nais, que defende o colectivo Galicia Bilingüe. 8.

Os pais temos dereitos á elección da lingua na que son educados os nosos

fillos.

Os dereitos non os define a señora Lago, senón os poderes lexislativo e xudicial, e resulta que tanto a Constitución Española como a xurisprudencia do Tribunal Constitucional español –organismo nada sospeitoso de ser vítima de adoutrinamento nacionalista– son contrarias á elección de lingua por parte dos pais. Lembremos o que di a STC

337/1994

no

seu

fundamento

xurídico

9º:

De otra parte, también desde la perspectiva del art. 27 C.E. ha de llegarse a


la conclusión de que ni del contenido del derecho constitucional a la educación reconocido en dicho precepto ni tampoco, en particular, de sus apartados 2, 5 y 7 se desprende el derecho a recibir la enseñanza en sólo una de las dos lenguas cooficiales en la Comunidad Autónoma, a elección de los interesados. El derecho de todos a la educación, no cabe olvidarlo, se ejerce en el marco de un sistema educativo en el que los poderes públicos -esto es, el Estado através de la legislación básica y las Comunidades Autónomas en el marco de sus competencias en esta materia- determinan los currículos de los distintos niveles, etapas, ciclos y grados de enseñanza, las enseñanzas mínimas y las concretas áreas o materias objeto de aprendizaje, organizando asimismo su desarrollo en los distintos centros docentes; por lo que la educación constituye, en términos generales, una actividad reglada. De este modo, el derecho a la educación que la Constitución garantiza no conlleva que la actividad prestacional de los poderes públicos en esta materia pueda estar condicionada por la libre opción de los interesados de la lengua docente. Y por ello los poderes públicos -el Estado y la Comunidad Autónoma- están facultados para determinar el empleo de las dos lenguas que son cooficiales en una Comunidad Autónoma como lenguas de comunicación en la enseñanza, de conformidad con el reparto competencial en materia de educación. Ou sexa: os pais e nais teñen o mesmo dereito a escoller a lingua do ensino que a decidir se en vez da evolución das especies se debe ensinar o creacionismo, xa que as crenzas e preferencias individuais son un dereito respectable, pero cuxo ámbito de aplicación non é o ensino, definido por criterios de necesidades colectivas.


9. O ensino produce un adoutrinamento nacionalista na escola: críticas á ditadura franquista e á “invasión” dos Reis Católicos, proposta de “galeguizar” o nome ou os apelidos que recibiron dos seus avós e de converterse

en

“neofalantes”.

Falar de adoutrinamento nacionalista nun sistema de ensino obrigatorio no cal nin sequera existe unha materia de Historia de Galiza é un disparate impropio dunha persoa que se dedica profesionalmente á docencia, como é o caso da señora Lago. Polo demais, pretender negar o impacto social e lingüístico da unificación dos reinos medievais promovida polos Reis Católicos ou da ditadura franquista é unha nova apoloxía da ignorancia. A señora Lago é consciente de que a dominación lingüística se inicia cos Reis Católicos e de que o proceso de substitución lingüística do galego polo español rexistra un avanzo dramático durante o franquismo, sen que a recuperación democrática fose capaz até agora de reparar os estragos feitos

pola

ditadura

fascista

encabezada

por

Franco.

Canto á galeguización dos nomes e apelidos, a señora Lago demonstra unha vez máis o inmenso atrevemento que nace da súa ignorancia: dicirlle a un estudante apelidado Seijo que o seu apelido é galego e debería ser grafado Seixo nada máis é que cumprir coa obrigación de explicar a historia da nosa lingua. A partir de aí, o estudante é perfectamente libre de restituír a forma xenuína do seu apelido, Seixo; de traducilo ao español, Guijarro; ou de manter a grafía deturpada

que

lle

legaron

seus

pais,

neste

caso

Seijo.

Por último, unha anotación sobre neofalantes e lingua materna. Se o concepto de lingua materna fose realmente eficiente, i.e. se non


houbese quebra da transmisión familiar, a lingua de todo o pobo galego seguiría a ser o galego. O problema é que a lingua non se transmite polo leite materno, senón nun ambiente social cheo de condicionamentos que favorecen unha lingua sobre outra(s). Por iso mesmo, non ten sentido que se deoste os neofalantes de galego, cando o certo é que a inmensa maioría dos falantes galegos de español tamén son –se non eles, os seus pais– neofalantes nesa lingua. Ou é que os neofalantes de español deben ser parabenizados e os de galego estigmatizados? 10.

A conservación das linguas diferentes do español está sendo

monopolizada por sectores con grandes intereses económicos, por grupos

de

poder

e

mesmo

por

algúns

fanáticos.

Por respecto á señora Lago e ás persoas que apoian as súas teses, reprimirei a gargallada que as súas palabras merecen: insinuar que os poderes fácticos galegos están detrás da defensa da lingua propia do país só pode ser unha broma, á vista da pírrica presenza do galego nos ámbitos máis prestixiados da vida social. 11.

Que os cidadáns, sobre todo os nenos, poidan desfrutar dos

dereitos que teñen as persoas que viven noutras democracias con máis dunha lingua oficial. Defensa dos dereitos civís fronte á defensa das

linguas.

A utilización dos nenos e nenas como coartada paréceme indigna. Dito isto, vamos a un dos puntos centrais da miña discrepancia coas teses da señora Lago: ela inspírase en sociedades onde existen comunidades lingüísticas ben diferenciadas que conviven dentro dunha mesma estrutura política. Porén, en Galiza non hai dúas


comunidades lingüísticas, senón só unha: o feito de que a inmensa maioría da poboación teña competencia tanto en galego como en español

é

a

mellor

proba

do

que

digo.

Ademais

diso, a

intercomprensibilidade entre o galego e o español fai que a existencia de dúas comunidades cun elevado grao de impermeabilidade sexa no mínimo

moi

improbable.

Cal é, daquela, o propósito da señora Lago e de Galicia Bilingüe? Moi simple: a lexitimación social, política e xurídica dunha suposta comunidade lingüística de cidadáns galegos que desexan ser monolingües en español, sen o menor contacto coa lingua galega. É dunha hipocrisía insufrible que ese proxecto se presente como bilingüe, cando o que realmente pretende é a segregación. O bilingüismo non consiste en que a metade da poboación só saiba falar galego e a outra metade só poida expresarse en español, senón en que todos os cidadáns galegos teñan acceso ás dúas linguas e poidan utilizalas con normalidade e naturalidade en calquera situación. Só o coñecemento garante a liberdade, pois quen ignora todas as linguas menos unha, está imposibilitado de escoller. En nome do coñecemento, da tolerancia e da convivencia, urxe a deslexitimación social e política dos argumentos da señora Lago e de Galicia Bilingüe, que pretenden conducirnos a un escenario de segregación social e de enfrontamento que estou seguro de que a inmensa maioría da sociedade galega rexeita.


Venres 07.01.2011

Anatomía dunha mentira Un dos membros de Prolingua desmonta as teses dos grupos que se enfrontan a Blecua pola súa defensa da inmersión lingüística FILIPE ANTÓNIO DIEZ

Rosa Díez, deputada de UPyD, na manifestación convocada por Galicia Bilingüe en febreiro do 2009 contra o uso vehicular do galego FOTO: lavandeira jr.

O día catro de xaneiro, a presidenta da asociación Galicia Bilingüe, Gloria Lago, remitiulles aos medios de comunicación a carta aberta que lle acaba de enviar ao novo presidente da Real Academia Española (RAE), José Manuel Blecua, reproducida nalgúns medios de forma íntegra. A carta de Gloria Lago -no seu día aliada do actual presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, contra a política lingüística desenvolvida polo bipartito- era unha resposta ás declaracións de Blecua, quen nunha entrevista se amosaba partidario da inmersión lingüística no ensino como único medio para preservar os idomas cooficiais do estado fronte á esmagante presión do castelán, ao tempo que tamén apoiaba a declaración dos topónimo vernáculos como os únicos oficiais, fosen en galego ou catalán. Onte mesmo, un dos membros máis activos da plataforma Prolingua, Felipe António Diez, penduraba do seu blog http://filipediez.blogaliza.org/archives/237- un texto no que desmonta os argumentos da promotora de Galicia Bilingüe, "na inmensa maioría dos casos" incapaces de "resistir a menor análise". Estas son as súas respostas -en brancas- aos argumentos de Gloria Lago -en negriña:


1. Os territorios non teñen lingua. Os territorios son lugares onde habitan os pobos, e estes si teñen lingua de seu. Por iso o galego é a lingua propia de Galiza, xa que é a que creou o pobo galego, en territorio galego, e que leva sendo falada de xeito ininterrompido durante uns 1.200 anos.

2. Os dereitos témolos as persoas, non os idiomas. Nada teño a priori en contra deste argumento, pero o feito é que a Constitución Española de 1978 optou por territorializar os dereitos lingüísticos, xa que se fosen individuais, un cidadán residente -por poñer un exemplo- en Murcia podería esixir ser respondido en galego (ou en catalán, ou en éuscaro) polos poderes públicos e recibir o ensino na lingua da súa elección. Polo demais, hai que ter en conta que todos os idiomas posúen unha dimensión colectiva, xa que son vehículos de comunicación social e non simples ferramentas individuais de expresión. Tentar caracterizar as linguas en termos puramente individuais é un auténtico dislate, e entra en flagrante contradición cos argumentos nº 5, 6, 7 e 8 tamén mantidos pola señora Lago e o grupo que lidera. Por outra parte, mesmo no caso de que os dereitos lingüísticos fosen individuais, terían que ser de todos e cada un dos cidadáns, non só dunha eventual maioría. De feito, o recurso á vontade maioritaria é un argumento que invalida a dimensión individual dos dereitos. Que llo digan, se non, ao 46% de pais e nais da miña cidade, A Coruña, que escolleron o galego como lingua do ensino infantil para os seus fillos e fillas, e que por estaren en minoría non foron atendidos.

3. Os nenos van ao colexio para formarse, non para salvar linguas. A educación bilingüe debe ser voluntaria. Lapsus freudiano evidente, xa que este enunciado asume, implicitamente, que a lingua galega está en perigo e que precisa ser salvada, a pesar de que a acción pública do grupúsculo Galicia Bilingüe consiste en denunciar o contrario: o suposto risco de extinción do español en Galiza, como froito dunha presunta persecución e negación de dereitos. Canto ao fondo da afirmación, non se sostén: parte da formación escolar dos nenos, nenas e adolescentes consiste en dominar as linguas que son instrumento de comunicación na sociedade á cal pertencen -como establece, por certo, a Lei de Normalización Lingüística-. Negarlles aos estudantes a aprendizaxe dunha das linguas faladas en Galiza é facer apoloxía da ignorancia, mentres que o deber da educación é diminuír a ignorancia, en vez de consagrala como modelo.


4. Como mellor aprende un neno é na lingua materna. Descoñezo o curriculum vitae da señora Lago como pedagoga, mais o certo é que o sistema de inmersión educativa vén mostrando desde hai décadas un éxito innegable. A proba máis recente disto son os resultados do último informe PISA, que mostraron sen lugar a dúbidas a competencia en lingua española dos alumnos cataláns (inmersión completa en catalán), vascos (modelos de inmersión e mixto) e galegos (ensino cun mínimo do 50% en galego): en todos os casos, os resultados están por riba da media española, e non só en lingua española, senón tamén en matemáticas e en ciencias. Véxanse a este respecto as respostas aos argumentos nº 8 e 9. Curiosamente, nada se di dos pais que envían seus fillos e fillas a colexios onde a lingua vehicular é o inglés: nese caso, a adopción dunha lingua escolar diferente da familiar é acollida con alborozo, ao contrario do que ocorre cando a lingua escolar é o galego.

5. Os topónimos cambian por unha cuestión de utilidade, necesidade ou vontade colectiva. Eses topónimos son un tesouro máis das nosas linguas, que non debería sernos furtado. De acordo. De feito, nada nin ninguén lle impede a un falante galego de español que utilice formas como Arteijo, Caldas de Reyes, Orense, Puenteares, Piedrafita, La Puebla del Caramiñal, La Toja ou Desván de los Monjes: pode facelo oralmente ou por escrito, nas súas comunicacións privadas, comerciais ou cos poderes públicos... A lexislación unicamente establece as formas que deben usar as Administracións públicas, que non son outras que as históricas. E resulta que a historia deste país e dos seus topónimos está intimamente ligada á lingua galega. Ademais, pretender que a lexislación lexitime todas as formas posibles dos topónimos é incorrer nun absurdo; imaxinemos o caso da Coruña: A Coruña, A Corunha, A Cruña, A Crunha, Coruña, Corunha, Cruña, Crunha, La Coruña, La Curuña. Alguén imaxinou que o Concello da Coruña tivese que usar todas esas formas nas súas comunicacións oficiais, para non furtarlle a ninguén a evolución da súa escolla? E o mesmo se podería dicir de Paiosaco, Paisaco, Peisaco, Payosaco e tantos e tantos outros casos.

6. Debemos atribuírlles esa capacidade de amar a súa lingua ás persoas que teñen o español como a súa lingua propia en Galicia. Totalmente de acordo: as persoas que teñen o español como a súa lingua habitual deben ter os seus dereitos lingüísticos individuais escrupulosamente respectados e en ningún caso seren vistas como galegos de segunda. O problema é que isto xa é así na realidade social galega, mentres que os falantes de galego como lingua habitual se ven privados dos seus dereitos lingüísticos na Xustiza, no comercio, na publicidade, no


cinema, no lecer, na relixión, nos medios de comunicación... Só un matiz: o uso da construción lingua propia aplicado ao plano individual é equivocado e equívoco. A lingua propia dunha sociedade é definida colectivamente, e non como un sumatorio de casos individuais.

7. Os pais esperamos que aos nosos fillos lles ensinen no colexio aquelas palabras que non usamos na nosa vida diaria. Outro lapsus freudiano. Se os pais desexan que a escola ensine o que non se aprende na vida familiar, daquela o lóxico é que o sistema educativo ensine as dúas linguas oficiais en Galiza, tanto a que o estudante practica na familia como a que sexa eventualmente allea a ese ámbito. Este argumento contradí abertamente a opción por un ensino monolingüe, con segregación escolar decidida polos pais e nais, que defende o colectivo Galicia Bilingüe.

8. Os pais temos dereitos á elección da lingua na que son educados os nosos fillos. Os dereitos non os define a señora Lago, senón os poderes lexislativo e xudicial, e resulta que tanto a Constitución Española como a xurisprudencia do Tribunal Constitucional español -organismo nada sospeitoso de ser vítima de adoutrinamento nacionalista- son contrarias á elección de lingua por parte dos pais. Lembremos o que di a STC 337/1994 no seu fundamento xurídico 9º: De otra parte, también desde la perspectiva del art. 27 C.E. ha de llegarse a la conclusión de que ni del contenido del derecho constitucional a la educación reconocido en dicho precepto ni tampoco, en particular, de sus apartados 2, 5 y 7 se desprende el derecho a recibir la enseñanza en sólo una de las dos lenguas cooficiales en la Comunidad Autónoma, a elección de los interesados. El derecho de todos a la educación, no cabe olvidarlo, se ejerce en el marco de un sistema educativo en el que los poderes públicos -esto es, el Estado através de la legislación básica y las Comunidades Autónomas en el marco de sus competencias en esta materiadeterminan los currículos de los distintos niveles, etapas, ciclos y grados de enseñanza, las enseñanzas mínimas y las concretas áreas o materias objeto de aprendizaje, organizando asimismo su desarrollo en los distintos centros docentes; por lo que la educación constituye, en términos generales, una actividad reglada. De este modo, el derecho a la educación que la Constitución garantiza no conlleva que la actividad prestacional de los poderes públicos en esta materia pueda estar condicionada por la libre opción de los interesados de la lengua docente. Y por ello los poderes públicos -el Estado y la Comunidad Autónoma- están facultados para


determinar el empleo de las dos lenguas que son cooficiales en una Comunidad Autónoma como lenguas de comunicación en la enseñanza, de conformidad con el reparto competencial en materia de educación. Ou sexa: os pais e nais teñen o mesmo dereito a escoller a lingua do ensino que a decidir se en vez da evolución das especies se debe ensinar o creacionismo, xa que as crenzas e preferencias individuais son un dereito respectable, pero cuxo ámbito de aplicación non é o ensino, definido por criterios de necesidades colectivas.

9. O ensino produce un adoutrinamento nacionalista na escola: críticas á ditadura franquista e á "invasión" dos Reis Católicos, proposta de "galeguizar" o nome ou os apelidos que recibiron dos seus avós e de converterse en "neofalantes". Falar de adoutrinamento nacionalista nun sistema de ensino obrigatorio no cal nin sequera existe unha materia de Historia de Galiza é un disparate impropio dunha persoa que se dedica profesionalmente á docencia, como é o caso da señora Lago. Polo demais, pretender negar o impacto social e lingüístico da unificación dos reinos medievais promovida polos Reis Católicos ou da ditadura franquista é unha nova apoloxía da ignorancia. A señora Lago é consciente de que a dominación lingüística se inicia cos Reis Católicos e de que o proceso de substitución lingüística do galego polo español rexistra un avanzo dramático durante o franquismo, sen que a recuperación democrática fose capaz até agora de reparar os estragos feitos pola ditadura fascista encabezada por Franco. Canto á galeguización dos nomes e apelidos, a señora Lago demostra unha vez máis o inmenso atrevemento que nace da súa ignorancia: dicirlle a un estudante apelidado Seijo que o seu apelido é galego e debería ser grafado Seixo nada máis é que cumprir coa obrigación de explicar a historia da nosa lingua. A partir de aí, o estudante é perfectamente libre de restituír a forma xenuína do seu apelido, Seixo; de traducilo ao español, Guijarro; ou de manter a grafía deturpada que lle legaron seus pais, neste caso Seijo. Por último, unha anotación sobre neofalantes e lingua materna. Se o concepto de lingua materna fose realmente eficiente, i.e. se non houbese quebra da transmisión familiar, a lingua de todo o pobo galego seguiría a ser o galego. O problema é que a lingua non se transmite polo leite materno, senón nun ambiente social cheo de condicionamentos que favorecen unha lingua sobre outra(s). Por iso mesmo, non ten sentido que se deoste os neofalantes de galego, cando o certo é que a inmensa maioría dos falantes galegos de español tamén son -se non eles, os seus pais- neofalantes nesa lingua. Ou é que os neofalantes de español deben ser parabenizados e os de galego estigmatizados?


10. A conservación das linguas diferentes do español está sendo monopolizada por sectores con grandes intereses económicos, por grupos de poder e mesmo por algúns fanáticos. Por respecto á señora Lago e ás persoas que apoian as súas teses, reprimirei a gargallada que as súas palabras merecen: insinuar que os poderes fácticos galegos están detrás da defensa da lingua propia do país só pode ser unha broma, á vista da pírrica presenza do galego nos ámbitos máis prestixiados da vida social.

11. Que os cidadáns, sobre todo os nenos, poidan desfrutar dos dereitos que teñen as persoas que viven noutras democracias con máis dunha lingua oficial. Defensa dos dereitos civís fronte á defensa das linguas. A utilización dos nenos e nenas como coartada paréceme indigna. Dito isto, vamos a un dos puntos centrais da miña discrepancia coas teses da señora Lago: ela inspírase en sociedades onde existen comunidades lingüísticas ben diferenciadas que conviven dentro dunha mesma estrutura política. Porén, en Galiza non hai dúas comunidades lingüísticas, senón só unha: o feito de que a inmensa maioría da poboación teña competencia tanto en galego como en español é a mellor proba do que digo. Ademais diso, a intercomprensibilidade entre o galego e o español fai que a existencia de dúas comunidades cun elevado grao de impermeabilidade sexa no mínimo moi improbable. Cal é, daquela, o propósito da señora Lago e de Galicia Bilingüe? Moi simple: a lexitimación social, política e xurídica dunha suposta comunidade lingüística de cidadáns galegos que de-sexan ser monolingües en español, sen o menor contacto coa lingua galega. É dunha hipocrisía insufrible que ese proxecto se presente como bilingüe, cando o que realmente pretende é a segregación. O bilingüismo non consiste en que a metade da poboación só saiba falar galego e a outra metade só poida expresarse en español, senón en que todos os cidadáns galegos teñan acceso ás dúas linguas e poidan utilizalas con normalidade e naturalidade en calquera situación. Só o coñecemento garante a liberdade, pois quen ignora todas as linguas menos unha, está imposibilitado de escoller. En nome do coñecemento, da tolerancia e da convivencia, urxe a deslexitimación social e política dos argumentos da señora Lago e de Galicia Bilingüe, que pretenden conducirnos a un escenario de segregación social e de enfrontamento que estou seguro de que a inmensa maioría da sociedade galega rexeita.


POLÍTICA

Anxo Lorenzo carga contra os defensores do galego en Bruxelas “Algúns grupos minoritarios empéñanse en dividir e transmitir a falsa idea de que non apoiamos a lingua”, dixo M. PARDO 28/10/2010 O XORNAL.

Semellaba unha xornada tranquila en Bruxelas, onde o secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, pechou a conferencia internacional da Rede Europea para a Diversidade Lingüística (NPLD) da que forma parte a Xunta. Non foi tal. Lorenzo aproveitou a súa intervención para criticar “algúns grupos minoritarios” que, na súa opinión, son os que “se empeñan en dividir e en transmitir esta falsa idea” de que a Xunta non apoia o idioma propio. “O Goberno si apoia a lingua galega”, insistiu o secretario xeral, que insistiu que “só algúns e algunhas” non o cren así. Ese “algúns e algunhas” iría dirixido aos eurodeputados da Alianza Libre Europea, o corso François Alfonsi e o catalán Oriol Junqueras, e mais á voceira do BNG en Bruxelas, Ana Miranda. Os dous primeiros sorprenderon o representante da Xunta coa súa intervención ao criticar a “represión lingüística” que na súa opinión sofre o pobo galego. O catalán chegou a afirmar, ante un amplo auditorio, que “en Galicia é a presión do poder político do Goberno a que quere converter a lingua galega en minoritaria”, ademais de amosar a solidariedade cos grupos a prol do galego e engadir que “a Xunta e a Generalitat valenciana son os dous exemplos de redución do idioma propio”. A nacionalista Ana Miranda, aproveitando a quenda de preguntas, instou os responsables da NPLD a comprobar se o apoio á diversidade lingüística que defendía Anxo Lorenzo era tal en Galicia e, suxeitando unha fotografía dunha das manifestacións de Queremos Galego, lembrou que a Xunta “lexisla contra os avances adquiridos no idioma e diminúe de xeito legal a presenza dunha lingua cooficial”. A voceira nacionalista referiuse tamén ao Goberno galego como exemplo das“malas prácticas” en materia lingüística en Europa. Máis tarde, Miranda criticou a alusión directa que o secretario xeral lle fixo ao referirse a “algúns e algunhas”. “Fitoume cando o dixo”, aclarou, ademais de destacar que “Anxo Lorenzo predicou en Bruxelas o que non defende na casa”. Ademais destes enfrontamentos, o secretario xeral de Política Lingüística ofreceu unha intervención claramente optimista sobre o futuro das linguas minoritarias chegando a propoñer que se “desboten os discursos lingüísticos catastrofistas con escasa base real sobre o futuro da diversidade de linguas”. Na nota que fixo pública a Xunta, e na que non se fai referencia á polémica con algúns dos ponentes, Lorenzo destaca que “desde o Goberno galego búscase asentar unha base na que o conxunto da cidadanía se sinta cómoda e implicada na promoción do uso da lingua”. Xa por último, insistiu na “necesidade de seguir traballando dentro da NPLD”, da que forman parte 28 gobernos e entidades sociais, e en que esta sirva como “mediadora entre as institucións europeas, os gobernos e a sociedade civil”.


Domingo 15.05.2011

IDIOMA

Anxo Lorenzo presentará o 19 novas tecnoloxías lingüísticas Ferramentas e recursos en galego REDACCIÓN Política Lingüística celebra a próxima semana a dobre festividade do 17 de maio, Día das Letras Galegas e Día de Internet, cunha xornada na que se presentarán diversos recursos en tecnoloxía lingüística. A xornada Letras Galegas e Internet, que terá lugar o xoves 19 deste mes no Centro Multimedia de Galicia, en Santiago de Compostela, inclúe un conxunto de presentacións dalgunhas das principais novidades en tecnoloxías da fala e mais da información e da comunicación en galego. Entre elas inclúense ferramentas de corrección de textos, recursos para asentar un estándar oral para o galego, programas informáticos, dicionarios en liña, materiais para a etapa infantil en internet, recursos audiovisuais na rede e os últimos títulos en libro electrónico. Algúns dos proxectos que se presentan na xornada proceden do ámbito das institucións gobernamentais e académicas, outras do sector privado e outras da vontade de diversos colectivos sociais. Boa parte deles son aplicacións nas que a secretaría xeral está a colaborar para contribuír á calidade da lingua e ao seu prestixio social, que lle ofrecerán á cidadanía novas oportunidades para traballar e comunicarse en galego. Con esta iniciativa, o departamento que dirixe Anxo Lorenzo busca favorecer o aumento das ferramentas tecnolóxicas en galego.


Xoves 21.10.2010

Ó rescate das linguas en perigo SUSANA IRLES Proxectos como Enduring Voices, da sociedade National Geographic, ou o instituto Living Tongues, rastrexan os recunchos do mundo máis remotos na busca dos últimos falantes de linguas en ocasións descoñecidas. David Harrison é o capitán de ambas as iniciativas, un lingüista formado na Universidade de Yale (EEUU) cuxa meta é atopar os tesouros lingüísticos máis agochados do planeta. Cando chega a unha aldea no corazón da Amazonía ou na fría estepa siberiana co seu equipo, transcribe as fonemas que escoita namentres unha gravadora e unha cámara captan as voces de pobos que nunca antes foran rexistradas. Os seus anos de investigación serviron para compor e actualizar un mapa mundial de puntos quentes, rexións onde pequenos grupos manteñen vivas linguas a piques de morrer. Ademais de traballos académicos, bases de datos e dicionarios, estes proxectos serven de plataforma para distribuír cancións, lendas ou historias nunca antes rexistradas e traducidas para o público en internet. Para Harrison, o obxectivo da misión vai máis aló da conservación lingüística. "A lingua é parte da identidade e da cultura, por iso cando unha lingua se extingue, a xente e todos nós perdemos a súa historia, a súa mitoloxía, a súa poesía, a expresión da creatividade humana", expresa Harrison. En Latinoamérica, tres rexións son as máis ameazadas por esta desaparición: unha situada no sur, con centro en Paraguai; outra en México e unha terceira, a máis sensible, que se espalla polos Andes e pola conca do Amazonas, sobre todo en países como Bolivia. O lingüista aplaude os esforzos de activistas, universidades e gobernos neses países para revitalizaren esas linguas, aínda que non oculta a morte anunciada de moitas delas. "Latinoamérica é unha das rexións máis ricas en diversidade lingüística, pero hai certas linguas cuxo estado de extinción está moi avanzado para seren salvadas. Case seguro van extinguirse", prognostica. Unha das áreas máis ameazadas e tamén máis ricas en diversidade -o triplo que a de Europa segundo o índice do proxecto- é unha rexión que ten no seu centro a Paraguai e que abarca unha porción do suroeste de Brasil e o norte Arxentina. Segundo a escala do proxecto, a situación das 48 linguas é "grave" e algunhas están a piques de desaparecer como o vilela, en Arxentina, que conta con pouco máis dun par de falantes, ou o ofayé, con apenas dúas decenas de nativos en Brasil. Pero non todas corren tanto risco de desaparecer, como sinala Harrison co exemplo do maka, falado por centenares de persoas nun enclave céntrico moi delimitado da


capital de Paraguai, Asunción. "É unha comunidade moi interesante. Ten a súa propia escola. Os homes falan un pouco de guaraní e español. Son poucos, pero teñen unha forte ideoloxía lingüística e un sentido de orgullo moi arraigado", explica. Ese "activismo lingüístico" é, segundo o experto, "decisivo" e un dos movementos en auxe no eido global, que intenta evitar a morte de case 7.000 linguas que hai no mundo. Segundo os datos de organismos internacionais, cada quince días, unha extínguese..


Mércores 30.03.2011

FESTIVAL DE MÁLAGA

Aposta polo galego Gustavo Balza converte o humor corrosivo de Roberto Vidal Bolaño en "Doentes" nunha película sobre a supervivencia e a paixón pola vida MARÉ . SANTIAGO

‘Pico’ (esquerda) con Farruco Castromán, ‘Morris’, Gustavo Balza e Reixa na presentación do filme en Málaga FOTO: efe

O cine galego desembarcou onte no Festival de Málaga con Doentes, unha película do director Gustavo Balza que parte da homónimo texto teatral de Roberto Vidal Bolaño se desenvolve nunha soa noite. Doentes narra a historia de Valeriano e Cañete, dous personaxes marcados que se complementan e retroalimentan nun escenario único, a Compostela dos anos 50. O desmantelamento do vello Hospital Real para transformalo nun hotel de luxo que enche as rúas da cidade de enfermos, peregrinos perpetuos e pobres. Deste xeito, unha noite de prácido vagabundeo convértese nunha carreira ebeirada pola supervivencia de dous estraños amigos polo feito de que, non podendo cambiar o mundo, loitan, polo menos, por chegar a velo outra vez mañá. O produtor Antón Reixa indicou que se trata dunha película "cento por cento" galega, o que, ao seu xuízo, "non é habitual no cine". Segundo o director do filme, a idea de levar a cabo esta cinta foi "a necesidade de facer cine", e engadiu, neste sentido, que aínda que é venezolano, vive en Galicia, e quería contar unha historia enraizada. Cando leu a obra de Vidal Bolaño, quedou fascinado. "Na adaptación á linguaxe cinematográfica", idnicou, "deixamos atrás algunhas cousas pero mantense a esencia


que son os personaxes". A historia, engadiu, ten "un punto de equilibrio difícil, porque parece que invita a rirse, pero a situación é tan difícil que só se sorrí cos dentes apertados". Os actores Antonio Durán Morris e Xosé Manuel Olveira Pico manifestaron que Doentes é unha historia "emotiva", entre outros factores porque coñeceran a Vidal Bolaño e traballaran con el. Antonio Durán sinalou, entre outras anécdotas da rodaxe, o feito de que o personaxe de Olveira leve o brazo escaiolado e apuntou que non se debe ao guión senón que foi un accidente do primeiro día de rodaxe. Eu, dixo, "son carne de secundario, e gozar dun personaxe desta lonxitude é un pracer" A película é a primeira rodada en España cunha cámara fotográfica (Canón 7D). Neste sentido, o director explicou que houbo que "adaptar o equipo técnico" e que en canto se lanzaba a toma ninguén vía o plano, só o director de fotografía, polo que lle deu máis axilidade ó proxecto". Balza afirmou que está namorado do idioma galego e defendeu a versión orixinal da cinta, sinalando que cando leu o guión en castelán "non me dicía nada e non era a película". Sobre o título, Reixa manifestou que significa "enfermo" pero que ademais, dependendo do contexto, pode significar "famento, ou que estas fodido" polo que deixalo en galego "mantén a intensidade" do que se quere transmitir. Os actores aseguraron que "é unha fascinación" e "un orgullo" poder contar a historia dos personaxes en galego, aínda que, o produtor engadiu que contala así é porque o pide o personaxe, xa que, algúns deles falan en español. A cinta ten previsto estrearse en maio en versión orixinal. O director asegurou que é "un soño" estar no Festival de Málaga-Cine Español, xa que como recordou "hai só 10 meses estabamos rodando". Ademais, resaltou a aposta e "risco" desta edición do certame por cintas en diferentes idiomas, o que fai "resaltar a riqueza cultural".

PROGRAMA

Mañá, quenda de "Crebinsky" A segunda remesa do cinema galego chega mañá ao Festival de Málaga con Crebinsky, un filme dirixido por Enrique Otero que a partir do venres se estrea en salas de cine das principais cidades de Galicia e de España. En Málaga, Crebinsky ten unha presenza moi destacada: o filme é unha das once longametraxes da sección oficial que compite por facerse co premio do festival; a Banda Crebinsky ofrecerá un concerto e Luís Tosar, presente no elenco da película, recibe o venres o premio Málaga Sur pola súa carreira. En Málaga estarán presentando o filme Enrique Otero, director, guionista e produtor; Miguel de Lira, actor protagonista, guionista e produtor; Farruco Castromán, actor e produtor; e Sergio Zearreta, tamén actor protagonista do filme.


Mércores 29.12.2010

Arrinca o ano de Lois Pereiro Próximo Día das Letras Galegas E.P. . LUGO

O poeta Lois Pereiro FOTO: Victor Echave

A cultura galega despide 2010, o ano de Uxío Novoneyra, e inicia o novo ano centrándose na difusión da figura do poeta monfortino Lois Pereiro, ó que se dedicará o próximo Día das Letras Galegas. Nun acto na Deputación de Lugo, o presidente da Real Academia Galega, Xosé Luís Méndez Ferrín, destacou que esta presentación é o "aperitivo" do ano de Lois Pereiro. "Ábrese o ano de Lois Pereiro e aínda non se pecha o doutro lucense, Uxío Novoneyra, porque aínda temos que falar de Uxío Novoneyra e aínda temos que convocar no mes de xaneiro un congreso sobre este autor", aseverou. Méndez Ferrín describiu o autor ó que se lle dedica este día o próximo ano como alguén "que non rompeu tanto formalmente como pode pensarse, senón que o fixo en radicalidade sentimental e conciencia do vivir". "Está moito máis próximo á actitude existencial ou existencialista que a xogos experimentais que se fixeron na literatura", bosquexou.


Previamente, o vicepresidente da Deputación de Lugo, Antón Bao, congratulábase de que "ano tras ano, sucesivamente, lucenses veñan protagonizando este Día das Letras Galegas porque algo significará en canto á importancia de Lugo no ámbito da cultura

e

literatura

galega".

ALUMAR A LITERATURA Bao resaltou o "efémero" da vida do poeta de Monforte, con raíces no concello lucense do Incio, aínda que adornou a súa afirmación cunha metáfora. "Da mesma forma que hai estrelas que viven pouco tempo pero que aluman moitísimo, tamén a obra e vida de Lois Pereiro ten que alumar moito no sistema literario galego polo que representa dunha obra rompedora", proclamou. Neste mesmo acto aproveitouse para proceder á presentación do boletín 370 da Real Academia Galega, que ten como protagonista a Ramón Piñeiro.


POLÍTICA

As asociacións galegas de Bos Aires honran a Castelao As entidades arxentinas celebraron o acto con motivo do 61 aniversario da morte do intelectual XORNAL.COM 09/01/2011 - 01:30 h.

A Federación de Asociacións Galegas homenaxeou onte ao que considera o “dirixente máis importante do galeguismo”, Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. Con motivo do 61 aniversario do pasamento do intelectual, a entidade celebrou un acto en Bos Aires na praza que leva o seu nome. Durante a cerimonia, na que estiveron presentes os dirixentes da colectividade galega local e o titular da federación, Francisco Lores Mascato, colocouse unha ofrenda floral no monumento que recorda ao ilustre galeguista. Os participantes no evento lembraron a actividade política, social e cultural de Castelao. A cantante Lorena Lores e a banda de gaitas Dúas Beiras puxeron a nota musical. O autor de Sempre en Galiza naceu no municipio coruñés de Rianxo en 1886 e viviu coa súa familia ata os seis anos na provincia arxentina de La Pampa, onde o seu pai abrira unha pulpería. Estudou medicina en Galicia, na Universidade de Santiago de Compostela, aínda que exerceu pouco tempo. Dedicouse dende moi novo ao debuxo e a elaborar viñetas satíricas e caricaturas. Foi un salientable escritor. Formou parte das Irmandades da Fala e axiña destacou como político, fundando o Partido Galeguista. Foi elixido deputado durante dous anos da Segunda República por esa formación política. Encabezou a proposta do Estatuto autonómico, que se votou en xuño de 1936, e encabezou as forzas galeguistas nas cortes republicanas. Alfonso Daniel Rodríguez Castelao viviu no exilio e faleceu en Bos Aires, onde descansaron os seus restos ata 1984, ano en que foron repatriados a Galicia. Desde aquela repousan no Panteón de Galegos Ilustres, en Santiago de Compostela. No ano 1964 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.


 

CULTURA O XORNAL

As traducións da obra de Pereiro afondan na súa “universalidade” O conselleiro de Cultura, Roberto Varela, e o irmán do escritor, Xosé Manuel, presentan os dous volumes no Gaiás ALBERTO RAMOS 12/05/2011 - 01:28 h. Gadisa e o 17 de maio

“É un privilexio contribuír a espallar o legado de Lois Pereiro, en Galicia e no resto do mundo, porque a súa obra, escrita integramente en galego, é unha obra de linguaxe e lucidez universal”. Con estas palabras, o conselleiro de Cultura, Roberto Varela, presentou onte na Cidade da Cultura as traducións ao castelán e o inglés da obra de Lois Pereiro. A editorial Libros del Silencio é a responsable de levar ao castelán a obra completa de Lois Pereiro, nunha edición bilingüe de máis de 700 páxinas realizada polo xornalista e poeta Daniel Salgado. “Este volume é o primeiro que facemos dunha serie de autores galegos cuxa influencia vai máis aló do ámbito galego e adquire dimensións universais”, explicou na presentación Gonzalo Canedo, director do selo catalán Libros del Silencio. Nesta edición inclúese toda a obra completa do escritor monfortino –tanto poesía como a prosa– traducida por Salgado e cunha introdución escrita por Xosé Manuel Pereiro, quen tamén participou no acto. Ademais, neste volume se recolle un prólogo asinado por Pere Gimferrer. O libro inclúe fotografías de Lois Pereiro realizadas polos fotógrafos Vari Caramés e Nacho Santás. A ilustración da cuberta é do pintor e colaborador de Xornal Antón Patiño. Por outra banda, na Cidade da Cultura tamén se presentou a tradución ao inglés realizada por Jonathan Dunne, tradutor habitual de Manuel Rivas. A editorial Small Stations coedita coa Xunta de Galicia o libro Lois Pereiro Collected Poems, no que se recollen en inglés os versos que conforman os libros Poemas 1981-1991, Poesía última de amor e enfermidade e Poemas para unha Loia. “Son 110 poemas que revelan ao lector de fala inglesa o mundo poético de Lois. El xa era universal, a edición inglesa só serve para confirmar este feito”, explicou a través dun comunicado Jonathan Dunne quen, como Daniel Salgado, non asistiu á presentación na Cidade da Cultura. Pola súa banda, Xosé Manuel Pereiro quixo destacar a “receptividade social e editorial” que houbo co Día das Letras Galegas dedicado a Lois Pereiro e reflexionou ao respecto de toda esa actividade ao redor do monfortino. “Era bastante consciente de que a posterioridade o ía tratar bastante mellor que o seu presente”, dixo Xosé Manuel Pereiro. Sobre as críticas que houbo sobre a brevidade da produción de Lois, o seu irmán volveu responder que “hai que ter un espírito moi curto para pensar que a literatura se valora polo seu peso”.


Xoves 07.10.2010

MATERIAIS

Axudas para editar recursos didácticos Política Lingüística publica no DOG a resolución destas subvencións REDACCIÓN A Secretaría Xeral de Política Lingüística publicou onte no Diario Oficial de Galicia a orde pola que se conceden subvencións para a edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares para niveis non universitarios. Ao abeiro do concurso público convocado na orde do 2 de xuño de 2010, Política Lingüística concédelles axudas para a elaboración e edición de material educativo en lingua galega ás seguintes editoriais: Rodeira-Grupo Edebé, Baía Edicións, Edicións Xerais de Galicia, Galinova Editorial, Editorial Teide, Xerme Edicións, Vicens Vives Primaria, Ediciones Vicens Vives, Editorial Casals, Servi-Aca, Santillana Educación (Edicións Obradoiro) e Ir Indo Edicións. Estas axudas están dirixidas á elaboración e edición de material didáctico curricular para niveis non universitarios, en soporte impreso ou dixital. Así mesmo, son obxecto desta convocatoria os materiais educativos que contribúan a afondar no coñecemento dos bloques temáticos recollidos nos currículos.


Martes 21.12.2010

EN LIÑA

Blecua: "Só a inmersión pode salvar da presión do castelán" O novo director da Academia Española defende a normalización lingüística e a oficialización dos topónimos nos usos vernáculos EFE

Blecua, novo presidente da RAE FOTO: efe

O novo director da Real Academia Española (RAE), José Manuel Blecua, leva 50 anos vivindo en Cataluña e nunca tivo "o máis mínimo problema" co bilingüismo, pero é consciente de que a situación do catalán "é moi débil, porque o castelán é unha lingua dunha potencia tremenda". "O catalán ten que sobrevivir. Non se trata de vivir, senón de sobrevivir e a inmersión lingüística é das poucas cousas que lle permite facelo", asegura Blecua para falar dos seus proxectos á fronte da Academia, pero tamén desa realidade lingüística de Cataluña, que el coñece á perfección. Blecua puido comprobar nestes anos que "o catalán e o español conviven sen dificultade en Cataluña". E dío quen foi "o representante da lingua española na universidade" de Barcelona desde 1968. Este experto en Fonética e Fonoloxía cre que o modelo de inmersión lingüística nas escolas que se aplica en Cataluña é necesario. Porque, ademais de "a potencia do castelán", Cataluña é unha sociedade onde,


debido á inmigración, "hai máis de vinte linguas distintas" nos colexios. E hai localidades onde "os inmigrantes superan a poboación catalá"· "O catalán ten que sobrevivir. Desgraciadamente, un pasea polas rúas e ve un xornal en catalán e decenas en castelán. Entra un en Internet e pasa o mesmo: hai máis de mil xornais en español", comenta Blecua. É dicir, "a presión é moi grande" e, xa que logo, "é necesario protexer o catalán, sobre todo na normalización lingüística". "O único xeito de integrarse en Cataluña é falar o catalán", asegura. A Blecua tamén lle parece ben que os lexisladores declaren oficiais os topónimos de cidades como Lleida, Xirona ou A Coruña. "Non hai problemas; son denominacións oficiais", sinala este filólogo, quen recorda que os termos "Girona e Gerona conviviron no catalán no XVI e ao final triunfou o primeiro" "É lóxico que os falantes de linguas distintas ó castelán sintan que están menosprezados os seus topónimos" e queiran que os protexan, afirma o director, para quen o vivir "nunha rexión bilingüe ou trilingüe" axuda a comprender estes fenómenos. Blecua subliña, ao mesmo tempo, que "a identidade do falante coa lingua é o máis propio que o une co mundo, e iso non llo podes quitar a ninguén". "Todos os hispanofalantes estamos namorados da nosa lingua, e temos que entender que un catalán, un galego ou un vasco tamén o estean da súa. Esas linguas permiten rezar, namorarse e escribir", indica.


BO E XENEROSO

"Músculo da nación" Os escritores galegos reivindican a figura de Francisco Fernández del Riego como "líder da reconstrución da cultura de Galicia" MAITE GIMENO . VIGO

Queixas, pola esquerda, Domínguez, Freixanes, Sánchez e a irmá de Fernández del Riego

Construtor da nación galega e líder da reconstrución da cultura de Galicia. Así foi reivindicada onte en Vigo a figura do intelectual Francisco Fernández del Riego no acto no que a Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) lle entregou á súa irmá Ana María Fernández del Riego a placa conmemorativa que recoñece ó intelectual de A Valenzá como Bo e Xeneroso. Na homenaxe celebrada na Fundación Penzol, que Fernández del Riego dirixiu durante 47 anos, o presidente da asociación Cesáreo Sánchez, asegurou que co premio "queremos dicirlle: "Don Paco, nomeámolo bo e xeneroso porque queremos que saiba que sempre o quixemos pola súa honestidade e polo seu amor a Galicia e que lle queremos dar un abrazo cheo de tenrura porque xeracionalmente somos os seus fillos e netos e queremos dicirlle que é o noso orgullo". Ademais, Cesáreo Sánchez recoñeceu a atención do intelectual galeguista cos novos escritores para dar "visibilidade a todos os que comezabamos sen pedirnos contas polo noso pensamento, porque todos eramos necesarios para el" e reclamou a súa figura como un dos "fundadores" da literatura galega. Encargado da laudatio, o escritor e director da editorial Galaxia, Víctor Freixanes, afirmou que Fernández del Riego, como "músculo da nación dos galegos", ademais dunha das grandes figuras das letras e da historia contemporánea, ocupa un lugar capital na historia de Galicia e érguese como referencia ineludible do que somos, dos que a súa xeración, a pesar das dificultades, conseguiron que fósemos o que somos.


Estamos ante unha vida dedicada á causa de Galicia", afirmou. Para Freixanes, Fernández del Riego tamén ocupa un lugar "fundamental" na historia da edición de Galicia, asegurando que sen el "non é posible entender o que somos agora". O director de Galaxia anunciou que en pouco tempo será publicado o libro inédito de Francisco Fernández del Riego sobre as súas viaxes a Francia e a París, que levará por título Crónica viaxeira, memoria de xornalista. O PECHE

Lectura de textos do intelectual A Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega pechou este acto de homenaxe que tivo lugar en Vigo coa lectura de textos de Francisco Fernández del Riego a cargo de Malores Villanueva e Francisco Castro.


Luns 09.05.2011

ALÉN MIÑO

Braga celebrou un encontro cos escritores galegos Dentro dos actos da súa feira do libro REDACCIÓN A Feira do Livro de Braga celebrou esta fin de semana o Día Galaico-Minhoto cunha serie de actividades entre as que figurou a presentación da obra Ayes de mi País, o primeiro e até agora inédito cancioneiro de música popular galega, unha compliación feita por Marcial de Valladares a mediados do século XIX. O volume foi editado e presentado por José Luis do Pico Orjais e Isabel Rei Sanmartin. Posteriormente, a feira acolleu unha mesa de escritoras e escritores da Galiza, como Carlos Quiroga, Séchu Sende, Lucía Novas, Andrea Nunes Brións, Raquel Miragaia, Román Raña, Marilar Aleixandre, Mario Regueira e Marta Dacosta, esta última como representante da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG). A xornada concluíu cunha cea encontro de escritores da Galiza e do Minho no que participaron tamén os profesores Elías Torres Feijóo pola Universidade de Santiago de Compostela e Carlos Cunha pola Universidade do Minho. A cea estivo amenizada, ademais, por un concerto que ofreceron a cantante Uxía e Sérgio Tannus.


Mércores 22.12.2010

IDIOMA

Callón pídelle a Feijóo que escoite a Blecua Por defender a inmersión lingüística REDACCIÓN A Mesa pola Normalización Lingüística considera que ao presidente da Xunta "lle faría moito ben" escoitar as palabras do novo director da Real Academia Española (RAE), José Manuel Blecua, que defendeu o modelo de inmersión lingüística no ensino como forma de potenciar a lingua propia e debilitada. Blecua apoiou, ademais, o uso oficial do topónimo A Coruña. Para o presidente da Mesa, Carlos Callón, "parece mentira que o director da RAE, unha institución que historicamente tivo un papel refractario cara á diversidade lingüística do Estado, amose unha sensibilidade cara á nosa cultura da que carece o actual presidente da Xunta". Callón considera que o sinalado por Blecua a respecto da toponimia "ten unha enorme importancia, por provir da institución da que provén e polos debates periódicos que o PP galego abre contra o uso oficial dos nosos nomes de lugar". "É digno de contraste ver como o director da RAE defende o uso de A Coruña, tamén escribindo en castelán, mentres dirixentes do PP galego queren que se oficialicen as deturpacións dos nosos topónimos", incidiu. Callón concluíu valorando que "xa que o presidente da Xunta non quere escoitar a voz alta e clara da Academia Galega cando lle recorda que non está a cumprir a súa obriga de defender o noso idioma, a ver se cando menos escoita o dito pola RAE".


Mércores 10.11.2010

XOSÉ RAMÓN LÓPEZ BOULLÓN RETALLOS DUNHA ÉPOCA

Cambios ortográficos XOSÉ RAMÓN LÓPEZ BOULLÓN A semana pasada falaba da letra que (q) na lingua galega e de que calquera alfabeto de calquera lingua sofre modificacións ao longo do tempo. Mencionaba os exemplos do ce cedilla (ç) desaparecida do galego e do castelán, conservada no francés e no portugués; do ceta (z), a derradeira letra do alfabeto, que nos vén do dseda, que os latinos toman do grego e que procede do zai fenicio, cuxo nome é ceta, ceda, zeta ou zeda. Comentaba a aparición do eñe, resultado da palatización do ene en diferentes grupos vocálicos e secuencias que representaban o son que hoxe ten esta letra, grazas ao costume dos amanuenses de economizar letras e de aforrar esforzo colocándolle unha virguliña enriba do ene (n) no canto de escribiren nn. O eñe (ñ) é un símbolo hoxe e motivou un fenómeno cultural e deportivo, a eñemanía. A Real Academia Española fai definitivos este ano algúns cambios ortográficos e no alfabeto dos que se está a falar en todos os medios.Un deles é o da letra ch (ce hache) e o ll (dobre ele) que desaparecen do alfabeto como che e como lle como letras porque non son letras senón dígrafos, signos ortográficos compostos de dúas letras. Así o recolle xa a Ortografía de la lengua española en 1999 malia que mantiña o ch e o ll como che e lle no abecedario. Na definición do dicionario tamén se di que son "dígrafos que representan un só son africado, palatal e xordo, no caso do ch e lateral e palatal do caso do ll", sinalando ademais que son "considerados como letras desde 1803. Polo tanto, o que se fai agora é darlle coherencia á lóxica ortográfica. Deixan de ser definitivamente letras para seren o que son, dígrafos. Outro dos axustes que se materializan corresponde ao y (cuxo nome xa era i grego ou ye) e que pasa a denominarse só como ye. O ye representa o fonema palatal sonoro,


ten un valor consonántico, un son consonántico en posición inicial ou interior de palabra (yema, mayo) e cando o dígrafo ll se pronuncia como y fálase de yeísmo (ye + ismo).O son do ll identifícase maioritariamente nos castelanfalantes como ye. Ex. lluvia pronúnciase [yuvia]. A homofonía é significativa. E tamén hai palabras como hierba ou hiedra, que se poden escribir con ye (y): yerba, yedra. O y ten valor vocálico equivalente ao i só en posición final con ditongos e tritongos (hay, buey) ou na conxunción y. A proposta ten repercusión polo hábito a chamala i grego; porque a súa orixe está no ípsilon grego. No ano 1726 a RAE separa os usos dos íes (antigos íes latinos) e os yes (antigos íes gregos) e decide que só o i se use como vogal. Nas fachadas dalgunhas igrexas, podemos ver aínda nas inscricións a palabra Yglesia ou en certos apelidos comoYbarra que conservaron esta grafía. Existen outras propostas nesta nova Ortografía da RAE que será debatida e aprobada polo plenario das academias o día 28 en Guadalaxara (México) e que se publicará antes de Nadal e que comentarei nestes retallos. Cambios, actualizacións que son lei de vida en todas as linguas e que só suscitan oposición naquelas persoas que descoñecen as linguas, o seu funcionamento e a misión da RAE para lle dar coherencia e adaptalas ás necesidades dos seus falantes..


Domingo 15.05.2011

"Cando me agarimas en galego es dos meus", a canción das Letras A Tuna de Santiago ou Tonhito de Poi participan nesta iniciativa versionando unha melodía que o día 17 se enviará por correo electrónico MARÉ

Tonhito de Poi participa no proxecto facendo a súa versión do tema FOTO: Antonio Hernández

"Agasallo sincronizado para o mundo" é unha iniciativa que pretende que o 17 de maio, Día das Letras Galegas, o idioma de Galicia se escoite en todo o mundo enviando a través do correo electrónico unha canción. Mais o proxecto non consiste só en enviar unha melodía. Coa axuda de GalegoLab (http://galegolab.org/proxecto-realizado/agasallo-sincronizado-para-o-mundo-1/) e as redes sociais, ata o día 17 preténdese que todos os que queiran collan a partitura orixinal e fagan a súa propia versión. A melodía está dispoñible en http://pdfcast.org/pdf/ti-es-dos-meus. Estas pódense escoitar na canle do evento en YouTube (http://www.youtube.com/user/Agasalloparaomundo#p/u/3/tC7mbuYABkk): polo momento lévanse feito xa nove, tanto a cargo de afeccionados como de artistas como a Tuna de Santiago (http://www.youtube.com/user/Agasalloparaomundo#p/u/3/tC7mbuYABkk), Alba Messa


(http://www.youtube.com/user/Agasalloparaomundo#p/u/8/V0CCUZhqIVI) ou Tonhito de Poi e Milo Romero (http://www.youtube.com/user/Agasalloparaomundo#p/u/4/Kt1b5DhotYw). O día 17, trátase de que cada quen escolla a súa versión preferida e a envíe ós seus contactos como forma de celebrar o Día das Letras Galegas e facer que a nosa lingua se escoite en todo o mundo. A proposta non é facer spam, senón ofrecerllo agarimosamente a quen o saiba apreciar. Quen reciba o correo e escoite a canción compartirá un xesto repetido milleiros de veces ó longo de moitos quilómetros.


Luns 09.05.2011

Maré |

CARA Ó 17 DE MAIO

Canteira nova Ferrín subliña que o futuro da Literatura galega está asegurado grazas á explosión de calidade que están a protagonizar os escritores REDACCIÓN . SANTIAGO

Xosé Luís Méndez Ferrín salienta o esforzo por crear un novo tipo de poesía na xeración de Pereiro FOTO: SONIA DAPONTE

O preidente da Real Academia Galega (RAG), Xosé Luís Méndez Ferrín, está convencido de que o futuro da Literatura do país "está asegurado" e que, de feito, "poucas etapas da historia da poesía galega coñeceron tan boa poesía concentrada nunha xeración". A esta eclosión engade Ferrón que desde Rosalía de Castro, "nunca houbo" unha presenza do sexo feminino "tan potente" neste xénero e na literatura en xeral. O presidente da RAG detallou onte para Europa Press o programa da institución para o Día das Letras en Monforte, cidade na que naceu Lois Pereiro en 1958 e que o día 17 acollerá a sesión extraordinaria da institución para conmemorar a obra deste poeta. Neste sentido, indicou que existe unha "canteira nova" despois de Lois Pereiro, unhas xeracións "distintas" e "forxadas na súa época", que "determina os seus modos de escribir". "Non é igual o mundo no que escriben os mozos de hoxe, sen a Unión Soviética, cun capitalismo voraz e universal, que o mundo no que comezou a escribir Lois Pereiro no 75, cos disparos do exército franquista contra Moncho Reboiras ese mesmo ano".


"Este ano", engadiu o presidente, "produciuse un movemento social importantísimo ao redor da figura de Lois Pereiro, con actos e respostas populares de todo tipo. Ata respostas prácticas a nivel de rúa. Pintadas co rostro de Lois Pereiro e poemas seus nas paredes das cidades, anónimas". Así destacou a "explosión" xerada arredor da figura dun poeta que forma parte dunha xeración "moi importante" que a mediados dos 70 "intentou romper coa monotonía da poesía de carácter realista que dominaba Galicia e España". "Conseguiron abrir un camiño novo para a poesía galega", recordou Ferrín, nunha tendencia significou "unha forma de ruptura, pero existencial". "O seu poema está ao servizo das vivencias profundas e subxectivas do individuo". Esta traxectoria motivou a proposta do monfortino como homenaxeado ó Día dás Letras Galegas do ano 2011. "Os criterios son moi variados. Hai quen acentúa máis a importancia da lingua nun autor, outros a importancia social... neste caso o que primou foi o interese por un escritor que se estivese vivo aínda sería novo. O interese por un escritor vivamente contemporáneo e, doutra banda, un poeta importante. Tivo maioría", sinalou. Deste xeito, o presidente da RAG describiu ó homenaxeado como un autor "de pequena produción", un poeta "de culto" que "escribiu para amplas minorías" e cuxa obra está experimentando a súa "popularización" nestes momentos. Respecto da súa obra, marcada por unha produción escasa en número pero "moi intensa" en contido e expresión, o presidente da RAG destacou que Galicia vive unha época de "explosión" sobre a figura de Pereiro pois, "por primeira vez, edítanse todos os seus poemas xuntos", os seus textos fragmentarios ou o seu manifesto. "Estamos nunha fase de explosión dunha pequena obra en dimensión que está chegando a todas as partes", asegura. Así, a Academia vai distribuír un vocabulario "que fixo para televisión" pero que se repartirá "a todos os colexios", no que o autor plasma "unha definición de Galicia da Á a Z". Xa a nivel particular e a pesar de valorar a produción de Lois Pereiro na súa totalidade, Ferrín manifesta a súa preferencia por "os seus primeiros poemas" de mocidade, onde "está presente" ese "frescor" compasado coa vangarda histórica e nos que se nota a pegada e o exemplo de Manuel Antonio". A CERNA

O acto central da Real Academia Galega en Monforte terá lugar -despois dunha recepción no Concello- ás 12.15 no salón de actos da Casa da Cultura. Nesta sesión plenaria intervirán varias "voces autorizadas e potentes", como Margarita Ledo, Manuel Rivas, Darío Xohán Cabana, Antón Santamarina, Luz Pozo Garza e o propio Méndez Ferrín. "Estamos glorificando unha persoa do presente", subliña Ferrín.


Xoves 16.12.2010 | Actualizado 16.21

LINGUA

Carlos Callón négase a declarar por non dispor da documentación en galego 16.21h. Aduciu iso na súa defensa no proceso por recordarlle ó xuíz Fraga Mandián a obriga de usar o topónimo 'A Coruña' EUROPA PRESS. SANTIAGO Callón, ante os Xulgados FOTO: Lavandeira Jr.

O presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, aferrouse ó seu dereito "de non declarar" tras ser denunciado polo xuíz decano da Coruña, Fraga Mandián, por "afear" a súa defensa do topónimo 'La Coruña'. En concreto, Callón solicitara a documentación "en galego" e aínda non lla facilitou. En concreto, o presidente da Mesa rexeitara publicamente as declaracións do maxistrado durante un xuízo contra un veciño coruñés nas que supostamente aseguraba non ter "ningún rubor en usar a ilegalidade do topónimo La Coruña". Así, a asociación pronunciouse para recordarlle a "obriga dos servizos públicos de cumprir a lei por encima das súas opinións particulares", neste caso a Lei de Normalización Lingüística. Callón enmarcou este proceso nunha "campaña de difamación" contra A Mesa, como parte dunha "concatenación de inxustizas a quen defende a lingua galega". Deste xeito, recordou que "non é a primeira vez" que ten que declarar "por un problema" deste tipo desde 2008, xa que o ano pasado tivo que comparecer tras "unha denuncia por calumnias ou inxurias por parte deste maxistrado". Así, ve un "sensentido" o feito mesmo en que se produciron as críticas ás declaracións


do maxistrado, no marco dun xuízo desta mesma persoa contra un veciño da Coruña tras esixir que lle remita a documentación en galego e co topónimo oficial. "Non estamos falando do ano 73, estamos falando do ano 2008, é algo que non ten ningún sentido racional", sinalou Carlos Callón. Por iso, lamenta que a lexislación que defende os seus dereitos lingüísticos "parece papel mollado" tras non poder dispor da documentación solicitada en galego e despois de que "os programas informativos de Xustiza, pagados pola Xunta, non dean tan sequera a opción de escoller" o idioma. Finalmente, advertiu de que a súa organización "continuará adiante nesta batalla" en defensa do galego. "Non nos calarán", resolveu Callón.


Xoves 16.12.2010

Carlos Callón, obrigado a comparecer no xulgado Por unha denuncia do xuíz Fraga Mandián REDACCIÓN O presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, terá que comparecer hoxe ás 11 horas nos Xulgados de Fontiñas en Santiago, por unha denuncia contra el por parte do xuíz decano da Coruña, Fraga Mandián. Para o presidente da entidade en defensa da lingua, esta denuncia "encádrase nunha campaña moito máis ampla de criminalización dos movementos en defensa do idioma de Galiza, como xa puidemos ver tamén recentemente cos equipos de normalización lingüística dos centros de ensino". Hoxe ás 10.45 h, diante dos xulgados de Fontiñas, A Mesa convocou unha concentración simbólica de apoio a Carlos Callón.


Xoves 07.10.2010

Carlos Negreira volve defender 'La Coruña' Compara o uso do topónimo deturpado, contrario á lei, coa opción por "Galiza" REDACCIÓN/E.P. O candidato do PP á Alcaldía da Coruña e voceiro do grupo municipal popular no Concello coruñés, Carlos Negreira, volveu teimar coa defensa do uso do topónimo da cidade deturpado. A preguntas dos xornalistas, Negreira xustificou o uso do topónimo en castelán na campaña de comunicación que, de forma paralela, desenvolverán os candidatos do PP nas próximas eleccións municipais nas sete cidades galegas e que, na cidade herculina, terá como lema Ayer por Galicia, ahora por La Coruña. Engadiu que a postura do grupo popular é que "se un fala en castelán que utilice La Coruña e se un fala en galego diga A Coruña", mesturando así a cuestión da oficialidade co uso que calquera cidadán poida facer de xeito individual. A Lei de Toponimia de Galicia establece que o topónimo é A Coruña, así como a Lei de Normalización Lingüística, aprobada por unanimidade de todos os partidos, indica que a única fórmula válida é a galega. Unha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia instou tamén no 94 ó concello da Coruña a utilizar o topónimo oficial, sentenza que despois confirmaron o Tribunal Supremo e o Constitucional. "Outros utilizan Galiza con absoluta normalidade e aquí ninguén lles pregunta por que o utilizan, a pesar de non ser o nome oficial que lle corresponde á nosa comunidade autónoma, así que non entendo por que non podemos utilizar o topónimo da Coruña, en liberdade", argumentou o candidato popular. Sobre o topónimo Galicia -que utiliza o Estatuto- o que existe é unha recomendación da Real Academia Galega de que se use só unha forma para usos oficiais, aínda que considera "Galiza" correcta desde a óptica histórica e filolóxica.


A voceira do PSdeG, Mar Barcón, acusou a Negreira de tentar "crear polémica". "Teñen posibilidade de cambiar e non o fan",dixo, porque non poden "mirar aos ollos" os cidadáns en cuestións como "a creación de emprego".


POLÍTICA

Case a metade dos deputados ‘latarán’ ao curso de galego oral Só 40 dos 75 parlamentarios se apuntaron ás clases que organiza a Cámara MIGUEL PARDO O XORNAL 17/01/2011 A Mesa denuncia o mal uso do galego en exames da Xunta

Cando o profesor da Escola Galega de Administración (EGAP) que imparte o curso de galego oral pase lista os vindeiros días notará 35 ausencias, as dos deputados que decidiron non inscribirse nas clases ofrecidas polo Parlamento para mellorar a expresión oral e fluidez discursiva dos políticos na lingua propia. Porque serán pouco máis da metade (40) dos 75 parlamentarios galegos os que comecen nos próximos días este curso opcional de galego co que a Cámara pretende mellorar o uso do idioma e “corrixir así os erros máis frecuentes detectados nos discursos dos deputados”. Cos textos do Diario de Sesións como base, os profesores serán os encargados de impartir a formación necesaria “para mellorar a corrección lingüística, abordando aspectos como a prosodia ou desviacións do léxico estándar (castelanismos, arcaísmos, hiperenxebrismos, vulgarismos, lusismos...), entre outros”, tal e como aclaraba o Parlamento hai unha semana. Dos tres grupos con representación na Cámara, tan só un contará con todos os seus deputados no curso, o BNG, que confirmou a presenza dos seus 12 parlamentarios. Os 28 restantes que asistirán ao curso repártense entre o PP e o PSdeG, aínda que nin un nin outro partido confirman cantos parlamentarios acudirán ao curso nin moito menos cales deles acoden. “Iso é unha decisión particular de cada deputado e non facilitamos información sobre eses cursos”, aseguran no PP, un argumento case idéntico ao que dá o PSdeG. “O curso é opcional e cada parlamentario decide se vai ou non, non podemos dicir nada máis”, aclaran os socialistas. Así, e malia que o nivel do galego oral dos parlamentarios e, polo xeral, bastante mellorable, tan só o 53% deles acudirá a un curso que comezará nos vindeiros días e durará tres meses. Os deputados terán unha hora e media de clase á semana. A XUNTA PRESUME Por outra banda, a Xunta de Galicia emitiu onte un comunicado no que se gaba “do ambicioso plan de formación en galego promovido por Política Lingüística en 2010”. A secretaría xeral recorda que o pasado ano “organizou 301 cursos preparatorios para as probas Celga e de linguaxes específicas para o funcionariado das distintas 
administracións”. En total, e segundo a Xunta, foron 5.371 as persoas que se beneficiaron destes cursos. Política Lingüística destaca que non só en Galicia, senón tamén fóra dela, se organizaron estas clases ás que asistiron 500 persoas a través de 20 iniciativas celebradas en América e Europa. En Madrid, grazas ao Espazo Ibérico das Linguas do Instituto Cervantes, a secretaría xeral tamén impartiu cinco cursos formativos de lingua galega. Por último, no balance que fai o Goberno, destácase nas clases recibidas polo funcionariado do Estado en Galicia para mellorar a súa competencia lingüística.


Mércores 19.01.2011

MARÉ HOXE

Celebrando a Pintos A Real Academia Galega celebrará o sábado en Pontevedra unha sesión extraordinaria pública, un tipo de actos aos que os académicos non son demasiado afeccionados, agás no caso do Día das Letras. A excepción faise para conmemorar un dos precursores do rexurdimento, Xoán Manuel Pintos, un dos primeiros homes que se implicou na normativización do idioma. MARÉ

Xoán Manuel Pintos é o autor de ‘A gaita gallega’, obra que se considera a primeira escrita en galego moderno FOTO: AXENCIAS

A Real Academia Galega (RAG) celebrará o sábado no Teatro Principal de Pontevedra unha sesión extraordinaria pública para conmemorar o bicentenario do nacemento de Xoán Manuel Pintos, un dos precursores do Rexurdimento literario de Galicia. A gaita gallega (1853) é a primeira obra que se considera escrita en galego moderno. Con esta homenaxe, a RAG pretende salientar o traballo dun escritor que figura máis nas páxinas dos textos académicos que na lembranza popular. Porén, a súa importancia no que algúns especialistas consideran o primeiro rexurdimento foi clave. De feito, A gaita gallega naceu "co ánimo de excitar a afección dos meus paisanos ao estudo da lingua patria, a fin de que chegase a depurarse de todo o malsoante e áspero, a


uniformarse, e a ser, como debe, doce, melosa, abondosa, sonora, chea e enérxica", escribiu o propio autor nunha carta datada en 1956. Nacido en Pontevedra no 1811 e falecido en Vigo en 1876, Xoán Manuel Pintos Villar exerceu de avogado, primeiro na Coruña e logo en Pontevedra. Exerceu de xuíz en Cambados, profesión da que quedou alleado cando triunfou o goberno conservador en 1844. En 1841, casou con Serafina Amado -irmá do tamén escritor Xosé Benito Amado- coa que tivo catorce fillos. Ademais dos poemas incluídos en A gaita gallega -que ten páxinas en latín e castelán, Pintos escribiu outras composicións que non foron publicadas en vida, adedmais de numerosos artigos. Tamén escribiu un Breve diccionario galego, que conserva manuscrito a RAG, e que contén arredor de seis mil voces.


Sábado 26.03.2011

IDIOMA

Cemento, argamasa... Lorenzo defende, entre os apupos da oposición, que a situación do galego é "obxectivamente boa" e loa o equilibrio do Decreto do Plurilingüismo MARÉ . SANTIAGO

Anxo Lorenzo durante a súa intervención na Comisión 4 de Educación e Cultura, na que compareceu a petición propia FOTO: AXENCIAS

O secretario de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, acudiu por petición propia ao Parlamento para facer balanzo da xestión do Goberno nesta materia e, claro está, a oposición aproveitou para botarlle en cara que o 2010 fose o ano "dos ataques máis virulentos dun Goberno galego durante o século XXI contra a lingua galega", en palabras do deputado do BNG, Bieito Lobeira. O deputado foi máis alá e acusouno de ser "un auténtico sicario" contratado polo Partido Popular (PP), -que defendeu o labor da Xunta en política lingüística- co obxectivo de "liquidar a lingua galega". "Matón" e "verdugo" foron algúns dos outros términos que utilizou Lobeira para definir a Lorenzo.


Cun sorriso, o secretario xeral de Política Lingüística respondeu: "O ano pasado era un mercenario, este un sicario". No seu balanzo, Anxo Lorenzo subliñou que a Xunta se centra na "dinamización, a formación e visibilización" da lingua propia de Galicia. Salientou a creación da Rede de Dinamización Lingüística, "á que están adheridos a día de hoxe máis de 50 concellos de toda Galicia", recordou. Tamén puxo de relevo a organziación dos programas Os Axóuxeres e Bocaberta, dirixidos aos máis novos, pero, sobre todo, loou as virtudes do polémico decreto do plurilingüismo, co que a Xunta, dixo, estableceu "un sistema lingüístico baseado na distribución equilibrada, tanto cualitativa como cuantitativamente". Lorenzo rexeitou que este decreto "prohiba" o galego pois, ao seu parecer, iso significaría que "no decreto anterior prohibiron o castelán". Desde o seu punto de vista, "non hai desprotección do galego, xa que a pesar "dalgúns problemas" a situación do idioma "obxectivamente é boa". Lobeira non andou con conteplacións e pediulle a Lorenzo que non nomease o Plan xeral de normalización da lingua galega, debido "á conculcación" que, na súa opinión, padeceu este plan durante o ano pasado. O deputado do BNG pediulles "respecto" á Cámara e á sociedade galega, "porque unha cousa é o que di e outra é a que fai" en referencia á acción do Goberno para a visibilización da lingua galega, a quen acusou de "ter unha cara de cemento" por negar que o 2010 fose "o ano dos maiores recortes obxectivamente" na lingua galega. Lobeira cre que Lorenzo encarna "as teses máis retrógradas e cavernícolas coas que compadrea o Partido Popular", á vez que censurou que a aplicación xudicial Minerva imposibilita realizar calquera procedemento en lingua galega, que a Xunta faga campañas institucionais en español, ou que prohiba" o ensino de matemáticas en galego. Así mesmo, Lobeira referiuse á lei de Transparencia que establece que os altos cargos da Xunta empreguen o galego no desempeño da súa función, e preguntoulle a Lorenzo se ten previsto dirixirse ó conselleiro de Industria, Javier Guerra, "para que cumpra coa lei nas súas manifestacións públicas". Tras apuntar que no Parlamento galego "hai deputados que non saben falar galego", Lobeira referiuse ó artigo 15 da dita lei que marca que estes cargos "usarán oralmente ou por escrito o galego" e dixo que o labor do secretario xeral podería ser desempeñada "perfectamente" pola concursante galega de Gran Hermano que realizou unhas polémicas declaracións sobre o idioma. A isto, Lorenzo replicou que a lei di textualmente "usar normalmente", o que, ó seu parecer, non establece obrigatoriedade, e márcase así para "usar con man esquerda",


algo que Lobeira contestou desde o seu sitio dicindo que "a vosa dereita é así" mentres realizaba un saúdo fascista co brazo no alto En defensa do secretario xeral da Xunta, o deputadodo PP Agustín Baamonde cargou contra os "exabruptos e provocacións" de Bieito Lobeira, ao que engadiu que "o nacionalismo quere tanto a lingua que pode acabar matándoa" cunha política "ultramontana, rancia e anticuada". A BANCADA SOCIALISTA

Cerviño defende a RAG O voceiro de Lingua do PSdeG, Francisco Cerviño, destacou que o balance de 2010 "non por sospeitado é menos terrible para a lingua galega". Deste xeito citou Cerviño ó presidente da Real Academia Galega (RAG), Xosé Luís Méndez Ferrín, asegurando que o Partido Popular (PP) lles "importa un bo carallo o destino do idioma noso". Á vez que fixo fincapé nas "dificultades" que pasa esta entidade para "pagar a nómina deste mes" debido ás débedas, que segundo dixo, ten o Goberno galego coa RAG. Nesta liña, o deputado socialista cargou contra as "políticas lingüicidas" do PPdeG, que enlazou coa "extrema dereita madrileña", para pedir que "o galego necesita leite e vacinas, e non axóuxeres, en referencia ó programa desenvolto baixo ese nome para o fomento da lingua galega entre os nenos. Ademais, Cerviño acusou a Xunta de lanzar mensaxes como que "non se pode ensinar matemáticas en galego", algo que "contribúe a desprestixiar enormemente" o idioma.


Sábado 06.11.2010

MANUEL DOURADO DEIRA ARDENTÍA

Ciencia en galego MANUEL DOURADO DEIRA En Galicia, perduran complexos tan malos de arrincar que semella que se van facer eternos. Acabo de ler algo que me irrita de tal forma que me vexo obrigado a insistir outra vez na cuestión da idoneidade do idioma galego para todo o que ocorre no mundo, incluída, por suposto, a ciencia, calquera que sexa a súa rama. Agora trátase, de novo, da física e da química. Pero ¿non ten demostrado as nosas universidades, en especial, Vigo e Santiago, que somos punteiros nalgunhas parcelas consideradas antes sumamente difíciles e que hoxe se fan en galego? Canto mal está a facer algunhas mediocridades políticas deste país; esas mediocridades que semellan carecer do máis elemental coñecemento das cousas de Galicia e que se dedican á política sen saber nada da nosa Historia e da nosa Cultura. Probablemente , incluso, pasaron pola universidade, pero a universidade non pasou por eles. Así parece acreditalo a súa deficiencia mental para comprender en que país naceron e en que país están. E, cando chegan a algún cargo de certa importancia, arremeten contra as cousas máis transcendentais do noso país, sen se decatar de que se están a burlar de si mesmos. E ¡ai de nós se alcanzan o poder e o goberno! Como aínda non superaron aquel trauma de que o idioma galego é cousa de labregos e mariñeiros e, por consecuencia, algo rural non apto para a ciencia, entre outras cousas, consideradas por ese paifocos como elevadas. Non aprenderon aínda que iso xa está superado polas xentes medianamente conscientes de quen somos e do que somos capaces. Por iso, aínda ten que haber protestas e rebeldías como a deses centros que participaron nesa Xornada pola ciencia en galego . Máis de cen centros que reclamaron que a física e a química se dean en galego. Velaquí os datos: máis de 12.000 alumnos de máis de cen centros educativos de toda Galicia participaron nesa


xornada pola ciencia en galego. Convoca a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL). Contan co apoio de asociacións do profesorado de ciencias, matemáticas e tecnoloxía do país. ¡Cando xentes conscientes coma as que integran as asociacións citadas han de ser escoitadas e han de contribuír a que o noso país esperte da súa eterna inconsciencia, desa somnolencia adormecedora que parece non ter fin. Isto recórdame a Arcos Moldes, quen moitos anos atrás escribiu o Himno a Rianxo para que esta ilustre vila espertara do seu longo sono que entón padecía e que aínda parece persistir, inda que menos. Un dos seus versos dicía: "Esperta, Rianxo, do teu longo sono", para que loitara contra o caciquismo imperante entón. E outro verso que rimaba co anterior, completábao: "escravo non queiras ser dun só dono". Quen era este dono? Pois o cacique do lugar. Parece que, hoxe mesmo, retrocedemos a aqueles tempos. Pois abundan as nais que presumen de moderniñas e fálanlles decote aos seus neniños en castrapo. O correcto castelán nin o cheiran..


Opinión |

XOSÉ MANUEL BEIRAS DE CATRO A CATRO

Cinco anos nesta teima XOSÉ MANUEL BEIRAS Mesmamente por estas datas, veñen de cumplírense cinco anos desque eu encetara a que ía resultar ser unha longa xeira de colaboracións dominicais nesta terceira plana do GH. Compromiso que eu non cría daquela que fose durar alén dunha cativa presada de semanas: non me non consideraba capaz de someterme á disciplina de parir un texto publicábel cada sete días. Porén, veleiqui me tendes aínda nesta teima. Porque teima é, certamente, no que se tornou o meu compromiso nesta angueira, nesta a xeito de reanudación serodia das miñas xa vellas "prosas de combate e maldicer" -pois só esas duas cousas, e non calquera outra, coido que poida haber nelas dalgún valor: prosaicas "fleurs du mal" baudeleriáns ámbalas duas, froitos da carraxe e a dór de amores non correspondidos ao ser humán e á Terra, rebeldes froitos mirrados na desesperante espera do que decote "está por vir e non chega". Malia ter comezado esa xeira nas vésperas do solsticio de inverno, cando a duración cotián da luz xa non pode minguar máis. O ancestral saber labrego do meu povo exprésao na ben coñecida senténcia: por Santa Lucía, míngua a noite e medra o día. Cumplíuse só na peripecia astronómica do planeta: aconteceu pontualmente cinco veces consecutivas dende aquela. Non en troques, infortunadamente, na peripecia sociohistórica dos seus habitantes. Menos aínda na da minúscula tribo dos galegos de nación. Eiquí, onda nós, o que naquel intre disque prometía ser o comenzo dunha arelada singladura colectiva polos roteiros do sol, tornouse axiña na deriva errática dun buque fantasma sen patrón nen mariñeiros cara as augas glaciais do ártico na longa noite austral: a longa noite na que andamos errantes arestora -xélida noite de lazo, esta vez, que non de pedra. Relín estoutro día o meu artigo inaugural de hai cinco anos. Relino á lus do candil foleán na meianoite inverniza desta terra brava outravolta aferrollada -e un arreguizo andoume dende a caluga polo carrelo abaixo. Non pode ser. Non pode ser certo que, no canto de termos camiñado neste tempo todo dende o fito popular de "nunca máis" cara o luminoso horizonte manoelantonián de "máis alá", teñámonos deixado engulir


na vertixinosa corrente do estarrecedor Maelstrom de Poe. Non podo acreditar que consintiramos transbordar do "pailebote branco" ao buque fantasma, tornármonos de ousados mariñeiros vivos en estadea de tripulantes mortos. Non. Eu non acredito en semellante cousa, en semellante degradación. Eu rebélome: compre irarse. "Non lle cantes cantos brandos pra adurmiñar ao rapaz: cántalle cantos ousados que esforzado o peito fan" -escribírao Pondal e a min léranmo xa cando neno, non o esquencín nunca máis. Se gobernar volveuse mallar nos de abaixo, comprirá dármoslle a volta. Por iso volvo empezar. Co mesmo texto que vos ofrecera hai cinco anos. Veloeiqui está. ***** MANOEL-ANTONIO: DE NUNCA MÁIS A "MÁIS ALÁ" Enceto esta xeira de matinacións repousadas e repensadas de voz alta baixo a advocación de Manoel-Antonio, o rianxeiro, mestre de meu en tantas cousas, en tantos valores medulares da miña condición humán galega. En tempos de desnorte por furacán ou por encalmada neboenta- fanse precisas máis que nunca marcacións inequívocas. Como as que il chantou nas ribeiras da sua travesía vital e ideatoria. Travesía curta e abruptamente tronchada no calendário da sua breve existencia. Travesía imensamene largacía mar adentro na singladura da descuberta, a ideación e a sublimada identificación co país de nós transmutado en valores nunca máis renunciábeis. O home que eu son achara, cando adolescente, esas inequívocas marcacións na leitura da obra e o relato da vida do poeta mariñeiro, millor direi do mariñeiro poeta, que os seus maiores lle transmitiran. Mantéñense aínda vivas na retina da miña memoria adolescente as imaxes de un deles ao retornar, alborozado, da entrevista en Asados na que a nai de Manoel-Antonio, xa moi velliña, accedera a confiarlle o baúl que contiña o tesouro de tódolos manuscritos, orixinais inéditos, correspondencia, papeis e documentos do fillo, que ela gardara durante case tres decenios sen tan sequer tocar neles. Fora pouco despois de aquela cando eu vira por vez primeira o texto de Máis alá suscrito na compaña de Álvaro Cebreiro, o grande artista virtualmente descoñecido para os rapaces de hoxe. Vírao, léranmo, e fora para min unha lostregante revelación. Pasarían case trinta anos denantes que puidese lelo por min mesmo demoradamente, impreso por Galaxia no volume da correspondencia manoelantonián que editara nuns intres nos que eu non estaba en condicións de ler nada. Máis alá foi incluído por Xesús González Gómez na escolma de textos que recolle na sua espléndida obra Manifestos das vangardas europeas, editada por Laiovento nos anos noventa. É sabido que no marco da literatura galega tense rotulado a ManoelAntonio como poeta vangardista. González Gómez sinala, lucidamente, que na Galiza do século vinte non existiron vangardas, "nin poética nin pictórica", senón renovación. O que abrollou en Galiza foi a modernidade, mais a modernidade comezara xa con


Rosalía. E nese ciclo, o que vén ser Manoel-Antonio é o poeta que "inaugura o século XX" na poesía galega. Non hai vangarda: hai renovación para reformular a expresión da identidade -labor que encetaran os homes das Irmandades e da Xeración Nós, porque iso era o que precisaba o seu país: "Encher o discurso cultural e artístico de signos identificativos", di o Xesús. Para esa renovación identitária, criadores como Manoel-Antonio incorporan elementos vangardistas, mais non elaboran froitos vangardistas, senón novas expresións identitárias do noso ser común na poesía, na pintura -mais tamén no pensamento e na ideoloxía. Por iso non hai manifestos galegos de vangarda -agás mesmamente Máis alá. Pero Máis alá non é propriamente un manifesto, é un chamamento. Os dous autores dino explícitamente na cabeceira da sua declaración: "A rebeldía d"uns mozos galegos fai esta chamada á Mocedade intelectual d"a nosa Terra". Hoxe retorno a Manoel-Antonio e reivindico a vixencia, máis que dos contidos, da actitude que emergulla en Máis alá, para proxectala en tódalas diversas dimensións da vida consciente do noso pobo, a empezar pola consciencia da necesidade de proseguirmos a loita identitária emancipadora. A que estourou en "Nunca Máis" como unha vaga atlántica de rebelión fronte á adversidade provocada pola incúria política. A que ten agora a responsabilidade de rexenerar un proxecto emancipador do común que debe transcender e compre que transcenda os valados da actual peripecia institucional. Porque a singladura do noso pobo ten por diante o mar aberto das descubertas cívicas cara o futuro, e "en cada relanzo do camiño agárdanos unha voz que nos berra: máis alá!"..


Luns 11.10.2010 |

ENTREVISTA

Caamaño: "Cómpre xa un novo Estatuto galego" O ministro avoga por un documento 'á catalá', no que se recollan os elementos identitarios do país e o status xurídico da lingua |REDACCIÓN

. SANTIAGO

O ministro de Xustiza, o ceense Francisco Caamaño, fotografado durante unha entrevista FOTO: Bernardo Rodriguez/EFE

Un novo Estatuto de Autonomía que leve o autogoberno ao seu máximo nivel, que amplíe a carteira de competencias, que recolla as singularidades identitarias galegas e que lle dea á lingua o status que merece. Ao estilo catalán, pero sen copiar. Para o ministro de Xustiza, o ceense Francisco Caamaño, este é un obxectivo irrenunciable e mesmo urxente para Galicia. Ten claro que o actual texto ha reformarse "canto antes", aínda que evita mollarse co tema da ‘Nazón de Breogán’. Nunha entrevista concedida a Europa Press, malia defender seguir o exemplo do Estatut catalán, indicou que este "non establece o teito máximo para outra comunidade". Galicia, aseverou, "debe definir cales son as súas propias competencias" e o seu marco estatutario "ha ser o máximo reflexo do autogoberno querido polos galegos", sen ser "exactamente igual" ao Estatut.


Con todo, si botou man da experiencia catalá para trasladar ao documento galego o estatus xurídico ao que a lingua galega debe aspirar. "Non é menos o galego que calquera das outras linguas oficiais que hai en españa. Como non é menos nin literaria nin culturalmente nin nas persoas que a falamos e a sentimos, por que vai ser menos xuridicamente?", preguntouse. Respecto do contido do novo texto estatutario, o ministro instou o Goberno galego para loitar por ampliar competencias e, en concreto, a acadar un verdadeiro corpo de policía autonómico, aínda que deixou no aire a atribución das competencias de tráfico a estes axentes.

Unha competencia demasiado cara en temos de crise Con todo, considera que non é o mellor momento para a transferencia polo peso que lle suporía a Galicia desde o punto de vista do financiamento, xustificando desta forma o bloqueo desde Madrid. A esta circunstancia súmalle Caamaño a decisión de non transferir competencias pola vía do artigo 150.2 da Constitución. Así, aduce que "non ten sentido técnico" esta vía "unha vez que se fan novos estatutos e que pasaron os cinco anos que esixía a Constitución para que as comunidades da vía lenta puidesen ser como as que accederan ó maior nivel competencial" –Galicia, Cataluña e País Vasco–. Ó preguntarlle pola polémica fórmula de ‘Nazón de Breogán’ proposta polos socialistas galegos, o ministro de Xustiza esquivou o tema deixando nas mans do Parlamento de Galicia a misión de decidir a fórmula máis axeitada para Galicia. En todo caso, Caamaño si foi claro á hora de defender que o novo, e urxente, Estatuto galego recolla "os elementos identitarios" como "nacionalidade histórica" que é, igual que fai o Estatut catalán. "Creo que sería bo e conveniente que puidesemos ter un novo Estatuto ambicioso e que levase o autogoberno ao seu límite", aseverou o ministro ceense, a quen lle gustaría que o texto resultante da reforma do Estatuto vixente desde 1981 fose "consensuado por todas as forzas políticas de Galicia", aseverou. Finalmente, ó preguntarlle polo caso Prestige, pediu desculpas por non poder iniciar este ano o xuízo polo accidente do 2002, atraso que xustificou na "complexidade da causa", ao tempo que rexeitou que se deba a que foi instruída por un xulgado pequeno, o de Corcubión. Non endurecer as penas ao furtivismo


O ministro de Xustiza rexeitou a opción de endurecer as penas para afrontar problemas como os incendios forestais ou o furtivismo na pesca e avogou, pola contra, por políticas públicas "ben orientadas" e que afronten as causas. É barato aumentar as penas, pero con iso non se soluciona nada", proclamou Caamaño, para reprobar que "o PP cre que todo se arranxa" agravando os castigos, fronte ao que defendeu vixiar as costas. Sobre os incendios forestais provocados, recoñeceu que o principal problema para meter entre reixas os pirómanos é solicitar probas. "Feijóo aínda ten que acreditar que goberna" Francisco Caamaño instou o presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, para "que deixe de dicir que non ten cartos por culpa de Zapatero" porque "quen está no Goberno é para gobernar" e é preciso "responder ante Galicia adoptando medidas aínda que teñan que ser impopulares". "Xa non é hora de ‘botar fume do botafumeiro’. Non basta con xestos populistas porque non se arranxa isto vendendo dous Audi para comprar outros coches nin falando de cadeiras, senón con decisións de verdade. Nos orzamentos da Xunta veremos que prioridades hai e cales non hai", retou. Caamaño advertiu a Feijóo de que, transcorrido ano e medio desde que chegou á Xunta, aínda debe "acreditar que goberna" e, fronte á súa xestión, defendeu o labor dun Manuel ‘Pachi’ Vázquez que cre que "soubo xestionar o PSdeG moi ben". Respecto de se se ve na area política galega, limitouse a sinalar que a súa tarefa actual é "axudar a saír da crise mellorando o sistema de xustiza", pero reivindícase como "un galego que está no mundo". "Unha vez que culmine o meu ciclo como ministro non sei realmente o que vou facer", dixo.


Mércores 10.11.2010

Os membros da Coordinadora de Traballadores de Normalización da Lingua (CTNL) teñen medo de Telmo Martín, candidato do Partido Popular (PP) á Alcaldía de Pontevedra que a semana pasada anunciou unha medida para eles preocupante: suprimir o departamento de Normalización do Concello no caso de ser elixido. Esta coordinadora, que entrou en conflito coa Consellería de Eduación polo polémico Decreto do galego no ensino, tamén se converteu no obxectivo que cómpre derrubar por parte da asociación Galicia Bilingüe MARÉ

Telmo Martín, entre Mariano Rajoy e Núñez Feijóo, na presentación da súa candidatura á Alcaldía de Pontevedra o pasado dez de xullo FOTO: salvador sas

O candidato do PP á Alcaldía de Pontevedra, Telmo Martín, anunciou o xoves pasado que suprimiría o departamento de Normalización Lingüística se chegaba ao goberno da cidade e o seu anuncio preocupa na Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL), que teme unha onda expansiva dirixida a atacar a lingua galega. A coordinadora, que reclama unha rectificación pública do candidato conservador, emitiu onte un comunicado no que ve no anuncio de Martín un " desacato da lexislación lingüística e unha actitude impropia nunha persoa que aspira a ser alcalde dunha cidade galega".


A CTNL lémbralle a Martín que o Estatuto de autonomía de 1981 estabelece que os poderes públicos "potenciarán o emprego do galego en todos os planos da vida pública, cultural e informativa e disporán dos medios necesarios para o seu coñecemento", polo que consideran que "se a lingua galega non fose un asunto prioritario para o noso país, seguramente non figuraría nos primeiros capítulos da súa norma de máximo nivel legal". Ademais de mentar a Lei de normalización lingüística, apuntan tamén o compromiso de 1984 por parte de máis de cen concellos para crear "un servizo de normalización lingüística, encargado de asesorar e executar a política lingüística ad intra e ad extra da Corporación". Deste xeito, a coordinadora esíxelle ao candidato do PP "un fondo exercicio de responsabilidade que abrangue o coñecemento das leis e da situación da sociedade galega en todo o seu conxunto e sobre todos os aspectos. Non serve, pois, atender só as áreas que son preferencia persoal do candidato ou estratexia electoralista do seu partido, e desprezar o resto de áreas ás que debe atender calquera goberno local". O que máis preocupa á CTNL é a posibilidade de que o presidente do PPdeG, e presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, asumiu a supresión dos servizos para o conxunto do país, "cuestión que sería moi grave e irresponsábel e que racharía unilateralmente moitos acordos". Por último, subliñan que "a responsabilidade da normalización da nosa lingua, alén dos mandatos legais, depende do compromiso consciente e individual da cidadanía, mais tamén da sensibilidade, da sensatez e da formación das nosas e dos nosos dirixentes políticos".


CULTURA

Consulta a definición de calquera palabra en Xornal.com cun simple clic Xornal.com incorpora de maneira automática e gratuíta o dicionario de Ir Indo. Fai dobre clic sobre calquera palabra galega na web e unha xanela emerxente darache a súa definición completa Xornal.com 16/02/2010

En Xornal.com xa é abondo con facer dobre clic sobre calquera palabra galega para coñecer o seu significado. O portal web de Xornal de Galicia na rede incorpora dende hoxe, de forma completamente automática e gratuíta, un novo servizo: a consulta automática do dicionario de Ir Indo. Desta maneira, grazas á colaboración entre a editorial e este diario, o galego xa non ten dúbida na rede. Ao facer clic dúas veces sobre unha palabra, aparecerá unha xanela emerxente coa definición completa da palabra, exactamente igual que se o usuario a buscase na edición dixital deste dicionario, aloxada en www.digalego.com. Esta ferramenta ten como base de partida o Dicionario normativo editado por Ir Indo Edicións, e que foi elaborado seguindo as regras ortográficas e morfolóxicas acordadas pola Real Academia Galega e o Instituto da Lingua Galega en xuño de 2003, e tomando como base léxica o Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega (VOLGa). É unha das aplicacións lingüísticas máis valoradas da rede en galego e recibe milleiros de consultas mensuais. Conta con 65.000 entradas actualizadas, que inclúen a definición da palabra en todas as súas acepcións. Por estes motivos, www.digalego.com foi escollida en 2009 como mellor aplicación en liña pola Asociación de Empresas Galegas Adicadas a Internet e as Novas Tecnoloxías (Eganet). Agora, o acceso a esta potente ferramenta e máis doado que nunca para os lectores de Xornal.com.


18.10.2010

CONVERSAS CONTEMPORÁNEAS

Pepe Carreiro: “A dereita española prefire o marisco da ría; o galego comémolo entre nós” “Ten moito éxito a literatura infantil e xuvenil, consecuencia de vivirmos nunha sociedade infantilizada”

POR MANUEL VIDAL VILLAVERDE

Pepe Carreiro publicou series tan coñecidas como a dos

Bolechas

ou Os Pequenos

Barbanzóns FOTO: Abraham Carreiro

Pepe Carreiro (Vigo, 1954). Como humorista gráfico publicou e mais publica viñetas e tiras nos medios seguintes: A voz do Pobo („O fillo de Breogán‟); Teima („O galo Camilo‟); La Codorniz (viñeta); Mundo Obrero (viñeta); El Pueblo Gallego („O galo Camilo‟); Hoja del Lunes de Vigo (viñeta); Faro de Vigo („Maxistérico‟); Diario de Galicia (viñeta); A Nosa Terra (viñeta); La Voz de Galicia (viñeta); Faro del Lunes („Canal privado‟); TVG („O anano do tesouro‟); EL CORREO GALLEGO („O galo Camilo‟); A Peneira („Robinsón‟); El Mundo (viñeta); A Trabe de Ouro (viñeta); Tempos novos (viñeta); kkrak.net (viñeta); Novas de Galiza (viñeta); Retranca (banda deseñada) e Xornal de Galicia (viñeta).


Foi fundador da revista de humor Can sen Dono. Tamén foi fundador da revista satírica XO! “a voz que para a bestas”. Como debuxante e guionista de banda deseñada publicou: Varias páxinas en Faro de Vigo, A Nosa Terra, Enclave, BD, Can sen Dono, Xo!. Ten publicados tres álbumes da serie Os Barbanzóns, Baroña ou morte, No solpor da prehistoria e A noite de Samaín. E tamén ten publicado un álbum da serie Galicia nas guerras napoleónicas (A retirada de Sir John Moore). Como debuxante e ilustrador infantil, así como escritor ten publicado: A serie Os Bolechas (A Nosa Terra); A serie Os Formigón (A nosa Terra); varios contos da colección Contos do Miño (A Nosa Terra); varios contos para as coleccións Merlín (Edicións Xerais de Galicia), Árbore (Galaxia), A chalupa (Galaxia); a serie Os Pequenos Barbanzóns, en colaboración con Abraham Carreiro (Toxosoutos); tamén ten publicado en Sotelo Blanco, Ir Indo, Pearson Education, Macmillan, EDB, Rodeira, etc. Ten publicados dous libros de humor gráfico: Fraga na Galiza (Laiovento); Mellor que onte, pero mellor que mañán (Fervenza).Traballou de debuxante e director de arte en varias axencias de publicidade de Vigo. Fundou con outros socios unha axencia propia tamén en Vigo. Como de-señador gráfico, ademais de desenvolver este traballo nas axencias, ten un estudo propio dende os anos 90. Pepe, o teu compromiso coa nación galega é público e notorio, obras, feitíos, militancia activa. Divertiume moito o teu libro Fraga na Galiza, libro para min de sumo interese. Xeniais as túas viñetas, a túa nobre entrega e compromiso coa nación negada polo etnocetrismo castelán e mesmo este auto-odio que non sei se mingua ou medra, esta diglosia perversa á que contribúe a política do PP, diga o que diga tanto Núñez Feijóo como o señor Lorenzo, que non sei moi ben a que xoga, dígoo con sinceridade, non hai ningún pau „ad hominem‟. Cal é Pepe a reflexión que poida suscitarche esta miña introdución? En canto á nación, cando a busco quen atopo é Manolo, Maruxa, Feliciano, algunha Vanessa, algún Jonhatan, cada día máis Alí. Un mundo de xente. Por outra banda, falar cun ruso, por pór un caso, é para min como falar cun tipo de Fornelos de Montes, fóra a lingua. Unha tarde, viaxando a Sarria, oín na radio do coche unha balada havy metal que me fundiu coa paixase; coido que nin Pascula Veiga sería quen de me transubstanciar de tal maneira con aquela terra. Eu non son nada patriota, nin sequera se me inchou o peito cando presentei armas ao paso do desfile da Vitoria pola rúa de Alcalá, facendo eu o servizo militar. Tampouco vivo eu en función de Castela nin de España. En canto ao auto-odio, a diglosia, o PP, etc éntrame preguiza contestar a iso. Hai un libro que aínda non publicaches e pensas publicar? Si, dous libros. Un é O mito de Sísifo, de Albert Camus e o outro, A espera de Godot, de Samuel Beckett. Vounos publicar en breve. A política lingüística, retornando á primera pregunta, non che é algo máis que un disparate polo reaccionarismo sempre de dereitas?


Manolo, Maruxa, Feliciano, as Vanessas, os Jonhatans, os Alís, non teñen máis que pórse a falar galego dende hoxe mesmo e rematou o asunto. Está no horizonte do teu pensamento unha Galicia independente, e soberana de si, internacionalista e solidaria, por suposto socialista…? Non me parece esta mala letra para cantar nun lume de campamento. Podemos incluíla no repertorio dos Venceremos nós, O Miudiño, etc. A inmensa maioría dos galegos e galegas estarían a prol do dereito de autodeterminación… Esta madurado políticamente o pobo? Os galegos e galegas autodetermináronse hai pouco e elixiron a Feijóo. O pobo está totalmente maduro, ten en conta que os menores de idade non poden votar. Botas en menos os tempos de Compostela na facultade e na loita antifranquista…? Si, paso as noites laiando por aqueles tempos. De feito, o resto da miña vida perdeu o sentido. Contra quen vas loitar hoxe, despois de morrer Franco? A case todos e todas os que se achegan a estas conversas, sempre solicito deles/las un retrato con palabras verbo do tempo-idea, tempo enigma… Cal é, xa que logo, o teu Pepe? Do tempo xa Kant e Einstein dixeron todo o que hai que dicir. Que podo engadir eu? Ademais a min falar do tempo paréceme un recurso fácil, que usamos basicamente nas conversas de ascensor. Con que palabras podería expresarse a felicidade e a traxedia dos Seres humanos? Sobre a traxedia e a felicidade xa Shakespeare e Zapatero, respectivamente, dixeron todo o que hai que dicir. A literatura galega vive o momento máis brillante da súa historia, ou cales as luces e as sombras? Seica ten moito éxito a literatura infantil e xuvenil, seguramente consecuencia de vivirmos nunha sociedade infantilizada. Curiosamente non se sabe nada da Pintura infantil, a Escultura infantil, a Música infantil. Será que a estes artistas non se lles dá por traballar para nenos e mozos, ou é que a rapazada é quen de entender unha escultura para adultos, sen ter que facerlles un Mickey Mouse de bronce. O capitalismo é a orixe de todos os males, unha pandemia con moitas carautas agochada na miseria das democracias burguesas como a española? O capitalismo non usa máscaras. É incluso exhibicionista. Quen pode confundir Botín cunha limpadora do Santander? Desapareceu definitivamente o TOP ou está noutros tribunais tan aparentes como mendaces? Para a maioría dos lectores desta entrevista, top é unha prenda que levan as mulleres na parte superior do corpo, fóra a cabeza, esa que cando a quitan quedan en top-less. Eu non me preocuparía moito polos tribunais, sabendo que ha chegar o Día do Xuízo Final. Adiarase, sen dúbida, porque a xustiza é lenta, mais chegará. Matar o galego é a idea galegófoba e etnocida da dereita fascista española? A dereita española é máis amiga de comer marisco da ría. É, sobre todo, mariscófoga.


O galego comémolo entre nós, que para iso é noso, como a empanada ou o polbo á feira. Onde é que están agora Pepe, os campos de exterminio que oculta e suaviza o cinismo do benestar como status? Seino, mais non cho pode dicir publicamente, Manuel Vidal Villaverde. Non é hipocrisía infinita o vocábulo integración que proclama a burguesía de tipos tan deleznábeis como Berlusconi ou Sarkozy, que deportan “etnias de pobreza” e tenta enmascaralo con estupefacientes de peto patriótico e abxecto? Eu a Sarkozy, como a Berlusconi ou Rosa Díez, non lles vexo a hipocrisía por ninguna parte. En todo caso, a Bambi, Rubalcaba, Moratinos… Cal sería a coartada do poder se os “bárbaros” non chegan…? Haberá que ler os programas dos partidos que se presenten ás próximas eleccións. Coa poesía e co ensaio que tal te levas? Eu lévome ben con todo o mundo. Non quero problemas. A literatura á parte do propio lecer, ha ser comprometida coa denuncia da podremia da escravitude? Segundo Sartre, si. Segundo Ken Follet, non. Botas en menos algún tempo en particular? Posto que te empeñas en falar do tempo, confeso que o meu tempo ideal é o siciliano, aqueles aires do estreito de Mesina! Con quen se confunden con máis frecuencia da debida a lei coa xustiza? Eu non confundo Pilar Rojo con Alfonso Rueda, nin José Bono con Francisco Caamaño. A división de poderes funciona rigorosamente. A liberdade é un soño imposíbel, ten un prezo…? Eu son materialista, así que, para min, iso da liberdade é como o movemento do mar. Quen sabe se o mar se move porque el quere ou polo efecto dos astros e outras forzas físicas? Que todo isto ten un prezo é claro, demóstrano as praias privadas de Niza ou os promotores que andan enriba da ribeira galega.


Luns 11.10.2010 |

Ourense reivindícase como "grande espazo literario galego" "Auria será cidade cultural ou non será", afirma o escritor Xosé Carlos Caneiro no pregón da Semana da Literatura Histórica REDACCIÓN O escritor verinés Xosé Carlos Caneiro sinalou onte no seu pregón na Semana da Literatura Histórica o seu "orgullo" pola celebración deste evento, pois "Auria somos nós" e "Auria será cidade cultural ou non será". O autor tamén repasou algunhas das grandes figuras literarias que pasearon e crearon polas rúas ourensás e loou o valor da lectura e da boa literatura. Onte tivo lugar o acto de inauguración de Auria. O conselleiro de Cultura, Roberto Varela, opinou que os requisitos esenciais dos creadores históricos son "posuír un enorme talento literario e investigar minuciosamente o contexto e os suxeitos sobre os que se vai escribir". Segundo José Luis Baltar, presidente da Deputación, "Ourense é, por antonomasia, o grande espazo literario galego". Hoxe, Manolo Rivas será o protagonista do primeiro "Encontro con autor", a partir das 17.00 horas na Feira do Libro. Rivas estará asinando libros dende as 19.00 horas e, ás 20.30, participará na mesa Do libro ao cine e viceversa con Antón Reixa e a guionista Verónica Fernández. O petisco musical de Auria Cultural será a cargo de Ana Docampo e Cristina Rodríguez (voz e piano) a súa actuación será ás 20.30 horas no Centro Cultural da Deputación. Para rematar a xornada, o programa de cine Nomes da Historia contará coa proxección d´ O lapis do carpinteiro, no Centro Cultural de Deputación dende as 22.00 horas. INICIATIVA

Circuíto co Círculo Poético O Círculo Poético celebrou onte o circuíto poético Ourense de Pedra, que partiu da rúa Santo Domingo, baixo a placa en homenaxe á insigne poeta Filomena Dato Muruais. A pretensión deste circuíto é que os cidadáns coñezan a importancia no ámbito cultural


da cidade das Burgas, que "ten o orgullo de ser a segunda máis literaria do mundo despois do Dublín de Joyce". Foi Fernando Román Alonso o que dirixiu os participantes polas rúas do centro histórico ourensán para que comprobasen a concorrencia de escritores, pensadores, historiadores, arqueólogos e filólogos que residiron na cidade.


Martes 26.10.2010

Expertos debaten hoxe en Santiago sobre o futuro dos medios en galego REDACCIÓN O secretario xeral de Medios da Xunta, Alfonso Cabaleiro, será o encargado de clausurar a xornada de reflexión que terá lugar hoxe no Consello da Cultura Galega. O debate, titulado "Os medios impresos e electrónicos en rede en galego, Panorama do presente e desafíos", contará con relatorios de Víctor Freixanes, Xavier Cea, Valentín Alejandro e Francisco Campos, quen exporán a súa visión sobre a situación dos medios de comunicación en galego. Nunha mesa redonda tamén participarán Alfonso Eiré, Guillermo Rodríguez e Alfonso A. Riveiro, debate que estará moderado polo decano do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, Xosé Manuel Pereiro. A disertación de Cabaleiro terá como título Política da Xunta para os medios en galego, que cerrará a sesión.


Martes 08.02.2011

IDIOMA

"É un desprezo á diversidade" A Mesa denuncia que a web en galego do Defensor del Pueblo está inzada de erros lingüísticos REDACCIÓN . SANTIAGO

O presidente da Mesa, Carlos Callón, nunha imaxe de arquivo FOTO: antonio hernández

A páxina web do Defensor del Pueblo escoita "os teus preguntas", "as túas queicas" e atende "tódala correspondencia" (sempre e cando estea en castelán!). Así o denunciu onte, mediante un comunicado de prensa, a Mesa pola Normalización Lingüística. Este colectivo, que integra máis de 4.000 socios, enviou unha queixa á institución do Defensor del Pueblo para lle demandar que permita presentar escritos en galego e, ademais, para que corrixa o "uso moi desleixado" que fai da nosa lingua no seu espazo web. Na versión galega da páxina desta institución (https://www.defensordelpueblo.es/gl/) fálase de "queicas" en lugar de "queixas", de "vear" por "velar", de "ciudadáns" por "cidadáns" e aparecen outros "usos disparatados do idioma de Galiza" como "tódala correspondencia", "dous de cada tres recomendaciones sexan escoitadas", "os teus preguntas", etc. Ademais, segundo denuncia A Mesa, "a maiores, os erros de acentuación na versión galega son difíciles de contar". Para Carlos Callón, "é un síntoma do desprezo desta institución cara á diversidade lingüística e cultural do Estado".


Ademais, o presidente da maior asociación cultural de Galiza, cos seus 4.000 socios e socias, achácalle ao Defensor que "mal pode presumir de escoitar a voz da xente quen non permite nin tan sequera que se poidan presentar queixas no teu idioma propio". A web ten versións en inglés, francés, catalán, euscaro e valenciano, ademais de en galego e castelán. A páxina neste último idioma é a máis completa, ademais de non conter erros lingüísticos. Semella que a versión galega foi pasada por un mal tradutor automático ou vertida ó galego con total desleixo.


POLÍTICA

Educación gastará dous millóns na versión castelá de libros en galego PSdeG e BNG censuran que, mentres caen os fondos para o ensino, a Xunta “focalice” esforzos en “eliminar” o galego DAVID LOMBAO O XORNAL 04/11/2010 A campaña do decreto, punta dun polémico iceberg de gastos A oposición critica que a Xunta destine 2 millóns "a combater o galego"

No actual contexto de crise económica e de caída de fondos dispoñibles no conxunto das Administracións públicas –a Xunta contará con 1.177 millóns menos en 2011 e as súas contas retroceden a niveles de 2006–, da análise inicial dos Orzamentos da Consellería de Educación é posible tirar un dato sorprendente. Mentres que a tesoirada xeral leva por diante 161,4 millóns do departamento que dirixe Jesús Vázquez, un dos seus apartados, “axudas libros de texto e material escolar” medra significativamente, pasando dos 8,5 millóns de 2010 a un montante total de 10,8. O que podería ser un inusitado golpe de temón na política de bolsas da Consellería móstrase, tras unha observación un chisco máis detallada das partidas económicas, como un novo impacto económico da aplicación do denominado decreto do plurilingüismo nunha das súas vertentes máis controvertidas: o cambio de libros de texto en galego, aínda vixentes en virtude do programa de préstamo do bipartito, pola súa versión en castelán. Así, dos 2,3 millóns de euros de incremento desta partida de axudas, a práctica totalidade, 2 millóns, leva aparellada a engádega de “plurilingüismo”. Na memoria económica dos propios Orzamentos Xerais da Xunta para 2011, unha parca explicación dentro das contas da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos ofrece a clave. Entre os ámbitos atendidos por este departamento da Consellería inclúese a “gratuidade solidaria – sistema de subvencións parciais á compra de libros de texto que substitúe á gratuidade total do anterior Goberno– derivada da aplicación do Decreto 79/2010 (...) para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia, para as materias que cambian de idioma nos mesmos cursos de préstamo”. Tras a linguaxe administrativa, a intención desta reserva económica non é outra que continuar o labor xa iniciado ao longo do actual 2010, e que non é outro que desbotar libros escolares de matemáticas, ciencias ou tecnoloxía por estaren redactados na lingua propia de Galicia, ao contrario do sinalado no novo decreto. Así as cousas, esta nova partida virá engrosar o gasto de Educación no troco de idioma nos manuais dos estudantes, proceso do que, en todo caso, só é posible falar en clave de estimacións, dado que, ata o momento, a Consellería se ten resistido a ofrecer datos concretos do gasto, información que tampouco ofreceu ata o de agora o propio Jesús Vázquez, malia ser cuestionado por PSdeG e BNG no Parlamento en numerosas ocasións ao longo do presente exercicio económico. Segundo esas estimacións, realizadas por colectivos profesionais, sindicatos e partidos políticos, o custo inicial da substitución de libros sería de entre 3,8 millóns de euros –calculados pola Asociación Galega de Editores– e 8,2 millóns, proxección máxima elaborada pola CIG-Ensino, según un cálculo que tería como gasto mínimo 5,7 millóns, “dependendo das materias en que se cambie o libro”, explica. Tendo en conta os diferentes cálculos e a falta de datos oficiais, é posible concluír que as partidas do ensino público destinadas a cambiar o idioma dos libros de texto terá suposto, a finais de 2010, un gasto para as arcas públicas de entre 5,8 e 10,2 millóns de euros ou, o que é o mesmo, ata un 6,3% da caída dos orzamentos da Consellería de Educación para o vindeiro ano. Neste escenario e malia ás cifras, o titular de Educación ten defendido en numerosas ocasións a remuda de libros a causa do idioma. Segundo ten aseverado Jesús Vázquez no Parlamento, esta substitución tan só é a concreción dunhas medidas lingüísticas que “xorden da demanda dos galegos para trasladar ao ensino un bilingüismo cordial”. Unha visión ben distinta deste gasto é a dos grupos da oposición. Para o voceiro do PSdeG en materia educativa, Guillermo Meijón, esta é unha mostra máis da vontade de “derrubar o edificio da lingua galega, que construímos entre todos e que queren que desapareza”. Ao tempo, Meijón censura que este gasto se introduza nos Orzamentos como “plurilingüismo” mentres as partidas para o ensino de linguas estranxeiras cae “un 34%”, afirma. Nun sentido semellante, a voceira do BNG na materia, Carme Adán, coida que “esta partida mostra a vontade” da Xunta de “focalizar” esforzos “na eliminación do galego”, unha decisión que para a nacionalista resulta “incomprensible” e que non é máis ca un “despilfarro” para “atacar” a lingua propia de Galicia no ámbito do ensino.


Martes 11.01.2011

EN LIÑA

Rojo desexa que se fale mellor galego no Hórreo A presidenta do Parlamento organiza un curso para que os deputados resulten máis cribles aos cidadáns MARÉ

Pilar Rojo FOTO: AXENCIAS

É xa popular o feito de que a maioría dos parlamentarios galegos, incluídos algúns do Bloque Nacionalista Galego (BNG), falan de forma deficiente o idioma propio do país, sexa no ámbito da fonética, da sintaxe, do léxico ou da expresividade. Para tratar de paliar ese problema, o Parlamento de Galicia ofrecerá, no primeiro trimestre deste 2011, un curso de galego para "contribuír a perfeccionar a produción oral e incrementar a eficacia da expresión das deputadas e deputados, reforzando a comprensibilidade e a fluidez discursiva", segundo se subliñaba onte nun comunicado do Parlamento. O curso, opcional, comezará na segunda quincena de xaneiro e durará arredor de tres meses, con clases semanais de hora e media de duración. Esta actividade enmárcase, segundo os seus organziadores, na aposta da Cámara por "mellorar o uso do galego na súa condición de lingua oficial da comunidade e tamén como unha das principais sinais de identidade".


Con este curso,organziado polo parlamento coa colaboración da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), a titular da Cámara, Pilar Rojo, "busca reforzar a confianza dos cidadáns nas institucións democráticas, por entender que a mellora da fluidez a comprensibilidade do discurso parlamentario redunda en beneficio do conxunto da clase política". Para desenvolver a actividade formativa, tomaranse como base os textos publicados no Diario de Sesións do Parlamento de Galicia, evidenciando e corrixindo, deste xeito, os erros máis frecuentes detectados nos discursos dos deputados galegos. Os deputados que se inscriban neste curso recibirán formación específica para mellorar a corrección lingüística, abordando aspectos como a prosodia, ou desviacións do léxico stándar, como castelanismos, arcaísmos, hiperenxebrismos, vulgarismos ou lusismos.


 

POLÍTICA O XORNAL

Farjas pide impresos só en castelán para unha campaña dun millón O Sergas volve encargar os anuncios de prevención do alcolismo en mozos que anulara tras facerlle un „feo‟ ao Parlamento D. REINERO 16/03/2011

O Sergas vén de anunciar no Diario Oficial da Unión Europea que quere contratar unha campaña de publicidade para a prevención do alcolismo entre os menores de idade cun custo total dun millón de euros. Ata aquí todo entraría dentro da normalidade xa que, fronte a outras campañas propagandísticas da acción de goberno da Xunta, esta responde a unha das obrigas das Administracións públicas como é a de promover hábitos de vida saudables. Porén, o que fai rechamante esta licitación é que a Consellería de Sanidade que dirixe Pilar Farjas quere que as ofertas que realicen as axencias de publicidade interesadas se presenten só en castelán e non en galego. Ademais, esta mesma campaña xa fora encargada con anterioridade e anulada, tras desvelar Xornal de Galicia que con ela o Executivo tentaba obviar posibles decisións do lexislativo, ao encargar a campaña antes da aprobación da lei. O 3 de novembro do ano pasado, mentres o Parlamento debatía aínda a Lei de prevención do consumo de bebidas alcólicas en menores, o Sergas abriu un concurso para facer unha campaña de publicidade sobre a materia pola mesma cantidade que agora, un millón de euros. A licitación antes de que a Cámara aprobase a lei correspondente a mediados de decembro era perfectamente legal, pero supuña un desplante do poder executivo –a Xunta– ao lexislativo –o Parlamento–, que non validou a norma marco sobre a materia ata mediados de decembro. Tras desvelar Xornal este feito o Sergas anulou a mediados de xaneiro o proceso. SEN EXPLICACIÓNS Este diario tentou entón e ao longo de dez días que a Xunta aclarase o motivo da anulación e o destino do millón de euros que xa non se gastarían sen que o Goberno galego dese ningunha explicación. Agora o Sergas volve encargar a campaña publicitaria coas mesmas características: un millón de euros de gastos e dous meses para a emisión dos anuncios correspondentes a partir da adxudicación do proceso, para o que as empresas interesadas poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro 2 de maio. SÓ EN CASTELÁN Esas ofertas que se presenten antes do 2 de maio deberán estar redactadas en castelán. Así o indica a Xunta no apartado do Diario da Unión Europea no que se especifican as linguas “en que pode redactarse a oferta ou solicitude de participación” e no que únicamente se sinala a opción de “español”, sen abrir a porta ao galego, lingua propia de Galicia. E iso malia que esta semana, o Goberno galego licitou a través de Turgalicia, dependente da Consellería de Cultura, un procedemento similar publicando igualmente o correspondente anuncio no mesmo Diario Oficial da UE e detallando que nese caso si se podían presentar as ofertas en español e galego.


POLÍTICA

Feijóo alaba un libro sobre a vaca no que o galego xorde "con esplendor" A obra, de Xesús Ferro Ruibal e Pedro Benavente Jareño, reúne 12.000 entradas léxicas, 5.000 fraseológicas e 1.300 elementos da tradición oral XORNAL.COM 28/12/2010

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, eloxiou a obra O libro da vaca. Monografía e etnolingüística do gando vacún, da que dixo que "transcende" a etnolingüística para converterse en "un relato da historia substantiva" do pobo galego. Feijóo aseverou este martes que o libro, que reúne 12.000 entradas léxicas, 5.000 fraseológicas e 1.300 elementos da tradición oral pertencentes ao campo do gando vacún, constitúe un "tesouro lingüístico", no que a lingua galega "emerxe con todo o seu esplendor". O presidente engadiu ademais que esta monografía é "esclarecedora" da cultura e os modos de expresión galegos. O presidente destacou así mesmo a "perseveranza" dos autores da obra, Xesús Ferro Ruibal e Pedro Benavente Jareño, que tardaron 20 anos en finalizar a obra. Feijóo desexou que o "exemplo" de ambos os autores "prevaleza nestes días, repletos de crises que van desde as materiais até as identitarias". Por último, o presidente declarou que o mundo rural non é un vestixio do pasado, senón que é tamén "desenvolvemento, modernidade e cultura".


Martes 26.10.2010

ESTADO AUTONÓMICO

Feijóo defende a conxunción copulativa „e‟ de unión a España O mandatario galego asegura que a identidade, cultura e lingua propias non deben ser nunca “inimigas” das da “patria común” REDACCIÓN SANTIAGO O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, avogou onte polo Estado autonómico como unha forma de fortalecer o común, e resaltou que Galicia sempre utilizou a conxunción copulativa “e” con España, en identidade, cultura e lingua. Durante a conferencia que pronunciou, á noitiña en Madrid, na Real Academia de Ciencias Morales y Políticas, sobre o sistema autonómico no seu conxunto, Feijóo destacou que Galicia representa un estilo xenuíno de interpretar a autonomía, e non só pola comprensión das identidades como círculos concéntricos, senón tamén polo afán reiterado de participar na construción da patria común. “Defendo unhas autonomías que respecten as prioridades reais, afastándose de debates extravagantes ou minoritarios. Quero unhas autonomías que reflictan en si mesmas a diversidade que desexamos ver preservada en toda a nación. Non me agradan as autonomías que queren basear a súa forza en imaxinarios inimigos exteriores. Aspiro, en fin, a unhas autonomías que lle dean máis vigor á patria común”, aseverou. Na súa opinión, o sistema autonómico consagrado na Constitución é perfeccionable, pero non responsable dos numerosos de-saxustes territoriais. E engadiu que unha España cohesionada e forte é posible, sen necesidade de proceder a unha concentración de poderes. “Para iso bastaría –afirmou– con que todos os actores do escenario institucional cumpriran co papel que teñen asinado”. Para o presidente da Xunta resulta evidente que o sentimento de pertenza a España non diminuíu na grande maioría das comunidades, onde se combina sen problemas o patriotismo nacional e o autonómico. “Os que senten ese de-sasosego, tenden a confundir problema autonómico con problema vasco ou catalán, esquecendo que ao longo destes anos se desenvolveron modelos alternativos como o que representa


Galicia. Fronte a un autonomismo ensimesmado, os galegos practicamos un autonomismo extrovertido, preocupado ata a obsesión por superar illamentos de todo tipo�, dixo.


Feijóo, disposto a cambiar a lei para aceptar 'La Coruña' >> O presidente da Xunta di estar "convencido" de que hai "moitísimos máis coruñeses" que están a favor do topónimo ilegal con 'L' que "galegos a favor de Galiza" >> O xefe do Executivo defende a proposta de Negreira para cooficializar o topónimo deturpado da cidade XORNAL.COM 07/10/2010 Vota A Xunta rebaixa a lea co 'L', que ve só como "un lema dun partido" Losada acusa o PP de crear polémicas estériles

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, declarouse este xoves "absolutamente convencido" de que hai "moitísimos máis coruñeses" que están a favor do "topónimo bilingüe A Coruña/A Coruña" que galegos "a favor de chamarlle Galiza a Galicia". Así de contundente mostrouse na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, onde sinalou que os candidatos --en referencia a Carlos Negreira, aspirante do PP á Alcaldía da Coruña-- "teñen dereito" a presentar o seu programa electoral aos cidadáns e estes a decidir se o apoian ou non nas urnas, malia que onte fontes de Presidencia aseguraron a Xornal que "apoian" a actual Lei de Toponimia. Neste escenario, o máximo mandatario autonómico sinalou que se os coruñeses votan "maioritariamente" o "sinónimo bilingüe" da Coruña e o pleno o solicita "formal e maioritariamente", será ao Parlamento ao que lle corresponda "valorar" a posible de decisión de modificar a Lei de Normalización Lingüística en resposta a un posible amparo electoral ao "topónimo bilingüe". "Se a proposta chega ao Parlamento, analizarémola", sinalou, antes de subliñar que os "topónimos bilingües" son "comunmente aceptados" noutras comunidades con lingua propia. "E do que estou absolutamente convencido é que hai moitísimos máis coruñeses a favor do topónimo bilingüe A Coruña/A Coruña que galegos que consideran que Galiza sexa o nome oficial de Galicia", concluíu Feijóo.


Xoves 07.10.2010

Feijóo levará ao parlamento o uso de "La Coruña" se o pleno o solicita 19.42h. Os "topónimos bilingües" son "comunmente aceptados" noutras comunidades con lingua propia

Alberto Nuñez Feijóo comparece en rolda de prensa na sala de prensa de Consello FOTO: Xoán Crespo

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, declarouse este xoves "absolutamente convencido" de que hai "moitísimos máis coruñeses" que están a favor do "topónimo bilingüe A Coruña/La Coruña" que galegos "a favor de chamarlle Galiza a Galicia". Así de contundente mostrouse na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, onde sinalou que os candidatos -con referencia a Carlos Negreira, aspirante do PP á Alcaldía da Coruña- "teñen dereito" a presentarlles o seu programa electoral aos cidadáns e estes a decidir se o apoian ou non nas urnas. Neste escenario, o máximo mandatario autonómico sinalou que se os coruñeses votan "maioritariamente" o "sinónimo bilingüe" da Coruña e o pleno solicítao "formal e maioritariamente", será ao Parlamento ao que lle corresponda "valorar" a posible de decisión de modificar a normativa en resposta a un posible amparo electoral ao "topónimo bilingüe".


"Se a proposta chega ao Parlamento, analizarémola", sinalou, antes de subliñar que os "topónimos bilingües" son "comunmente aceptados" noutras comunidades con lingua

propia.

"E do que estou absolutamente convencido é que hai moitísimos máis coruñeses a favor do topónimo bilingüe A Coruña/La Coruña que galegos que consideran que Galiza sexa o nome oficial de Galicia", concluíu Feijóo.


Mércores 20.10.2010

Ferrín alerta de que resucitar o „l‟ illaría A Coruña O presidente da Real Academia Galega, Xosé Luís Méndez Ferrín, afirmou onte que a sociedade galega e coruñesa “non está disposta a admitir” que se cambie a lexislación para cooficializar o topónimo desta cidade en castelán. A institución inaugurou onte as obras de remodelación do soto e o tellado da súa sede na rúa Tabernas. Financiadas pola Xunta, o consellerio de Infraestruturas, Agustín Hernández destacou que esta colaboración coa RAG “só é unha etapa máis na senda da cooperación” REDACCIÓN

Manuel González, pola esquerda, Francisco Fernández Rei, Agustín Hernández e Xosé Luis Méndez Ferrín onte na inauguración das obras de remodelación da RAG na Coruña

Ferrín, advertiu onte que facer cooficial o topónimo de A Coruña en castelán sería "illar" a cidade do resto de Galicia, ao tempo que insistiu en que suporía un cambio "radical" na lexislación que a sociedade galega e coruñesa "non está disposta a admitir". Así o apuntou durante a sinatura dun convenio entre ao RAG e a Fundación Curros Enríquez, polo cal a institución que preside Méndez Ferrín cedeu a custodia dunha coroa, unha bandeira e unha serie de artigos que pertenceron ao poeta galego


á fundación que rexenta Antonio Mouriño. Méndez Ferrín tamén recordou que a Real Academia Española (RAE) ten "autoridade" no que fai referencia ao castelán, pero non en canto ao galego. "Os nomes en Galicia son en galego", aclarou Ferrín, quen explicou que é a RAG a que ten "autoridade" para nomear os topónimos, segundo a "lei e a autoridade científica". Ademais, xa pola tarde, Méndez Ferrín, acompañado polo conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, inaugurou as obras de remodelación do soto e do tellado da institución. Hernández destacou o traballo da Xunta por mellorar o patrimonio arquitectónico e cultural da Real Academia Galega (RAG), xa que o actual Goberno financiou con máis de 200.000 euros unhas reformas e melloras realizadas nesta institución da cultura galega. Destacou ques "as administracións públicas deben velar por Galicia e polos galegos, polo que debe coidar tanto da paisaxe como da cultura e da lingua das súas xentes". O conselleiro de Medio Ambiente resaltou a importancia desta inauguración xa que "marca o remate dunha obra, pero é só unha etapa máis na senda da cooperación". O proxecto final consistiu na adecuación do espazo do arquivo situado na planta soto da sede da Real Academia Galega, así como do tellado do edificio. Por outra banda loou o labor da RAG, xa que "poucas institucións poden presumir de cumprir o século en perfecto estado de saúde". As obras permitiron solucionar as deficiencias que a infraestrutura presentaba na anteriormente. Deste xeito, mellorouse a organización espacial e a instalación da iluminación Ademais, foi preciso realizar un acondicionamento do espazo destinado a arquivo, para mellorar a conservación e o almacenamento do fondo bibliográficas da RAG. Executouse a instalación eléctrica así como a colocación de materiais para tabiques e pavimentos. Tamén se incorporaron elementos de carpintaría, incluso portas de emerxencias e sistemas de detección de incendios.


Mércores 20.10.2010 | Actualizado 21.17

Hemeroteca web |

RSS

buscar...

buscar...

              

Portada Galicia Aulas Sociedade España Mundo Economía Deportes Maré Rede Comunicación A Contra Opinión Suplementos Blogs

[Noticia 6 de 26]

Maré |

RSS

FORMACIÓN

Abre un novo centro de estudos galegos en Alemaña Os estudantes da Universidade de Leipzig poderán coñecer a nosa cultura, e os alumnos de Tradución graduarse no noso idioma

urrently 5.00/5


1 2 3 4 5

5.0/5 [3 Voto/s]

| 0 comentarios Comparte en

|

REDACCIÓN

Ramón Lorenzo, á esquerda, e Anxo Lorenzo foron á apertura do Centro

O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, e mais o catedrático de Filoloxía Galega e membro da Real Academia Galega Ramón Lorenzo participaron na inauguraron do Centro de Estudos Galegos da Universidade alemá de Leipzig e do correspondente lectorado, que tivo lugar onte na Biblioteca Albertina da universidade. Anxo Lorenzo salientou que o galego é unha lingua que "segue sendo o medio de comunicación habitual da maioría da poboación de Galicia, xa que preto do 60% utiliza diariamente só o galego ou máis galego que castelán". A apertura do Centro de Estudos Galegos de Leipzig, xunto co seu correspondente lectorado de galego, "fará posible que, por vez primeira, se desenvolva nesta universidade un amplo e variado programa de actividades académicas a prol do coñecemento e a difusión da lingua e da cultura galegas entre o público universitario e, dun xeito máis amplo, tamén entre a cidadanía en xeral", salientou, por outra banda, Anxo Lorenzo. Ademais, o ensino do galego en Leipzig promoverase no marco académico dun grao de tradución. Co galego e mais co de catalán, dixo, será posible, por primeira vez en Alemaña, estudar todas as linguas ibero-románicas no cadro da carreira de Tradución e


Interpretación, así como "graduarse oficialmente en calquera dos catro idiomas", subliñou. Na actualidade existen máis de 40 centros de estudos galegos localizados en diversos países de Europa e de América. Mércores 20.10.2010 | Actualizado 21.17

Hemeroteca web |

RSS

buscar...

buscar...

              

Portada Galicia Aulas Sociedade España Mundo Economía Deportes Maré Rede Comunicación A Contra Opinión Suplementos Blogs

[Noticia 12 de 26]

Maré |

RSS

LIBRO

"En defensa do poleiro"


Máis de sesenta escritores galegos apoian a actual localización do instituto de Celanova no claustro do mosteiro que as autoridades públicas queren converter en hotel turístico

urrently 4.33/5 1 2 3 4 5

4.3/5 [6 Voto/s]

| 0 comentarios Comparte en

|

VANESA OLIVEIRA . SANTIAGO

Domínguez Alberte

Máis de sesenta escritores poñen a súa creatividade ao servizo da solidariedade no volume colectivo En defensa do poleiro, nome que recibe o claustro do mosteiro de Celanova onde está localizado o actual instituto da vila, que se quere converter nun parador de turismo. A Plataforma en defensa do uso público e educativo do mosteiro de Celanova, en colaboración coa Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), presentará mañá ás 20:00 horas o volume, que edita Toxosoutos, na Fundación Caixa Galicia no Cantón Grande da Coruña. No acto estará presente o seu coordinador, Xoán Carlos Domínguez Alberte, xunto cos autores do contorno coruñés que participan na iniciativa: Olga Patiño, Diana Varela, Xulio López Varcárcel, Lino Braxe, Paco Souto e Francisco X. Fernández Naval. Ademais, tamén se exporán e poranse á venda as ilustracións da pintora Mané Boán que inclúe o libro mais proxectarase o documental O IESplicable, elaborado pola Plataforma, sobre a importancia do instituto de Celanova.


O presidente da AELG, Cesáreo Sánchez e a secretaria da Asociación, Mercedes Queixas asinan o prólogo do libro, que se xestou en só catro meses. Xoán Carlos Domínguez Alberte salienta que esta obra nace como "unha necesidade de facer fronte a un acto de barbarie por parte dos poderes públicos que pretenden expropiar un ben do patrimonio galego, a parte dedicada ó instituto, con fins especulativos". De feito, a semana pasada a Plataforma protestou diante do Parlamento e pouco despois, o parlamentario nacionalista Alfredo Suárez Canal pedía explicacións na Cámara galega sobre a intención de trasladar o instituto a un novo centro de ensino cuxas obras aínda non comezaron. "As razóns que lle deron dende Educación é que o instituto ten goteiras ou barreiras arquitectónicas. Iso é falso. O instituto é un dos mellor acondicionados de Galicia, en canto a instalacións, equipamentos ou novas tecnoloxías. E queremos que siga estando nun recinto, o do mosteiro, coñecido como poleiro, que estivo secularmente dedicado á cultura galega", explica. Marilar Aleixandre, Xesús Alonso Montero, Xosé María Álvarez Cáccamo, Anxo Angueira, Xurxo Borrazás, Lino Braxe, Francisco Castro, Xavier Cordal, Antón Cortizas, Lois Diéguez, Alfonso Eiré, Bieito Iglesias, Alberto Lema, Mario Regueira, Olga Novo ou Chus Pato achegan relatos e poemas "orixinais e inéditos" que fan relación a este conflito que mantén enfrontados os veciños co concello, que preside o popular Antonio Mouriño. "Para a construción dun novo centro de ensino dedicáronse partidas ridículas. Están a vender unha cortina de fume. O propio concello foi apropiarse duns terrenos que non lles pertencen", apunta Domínguez Alberte. Ademais, durante o acto proxectarase o documental O IESplicable, un documental de vinte minutos no que os seus profesores contan a razón de ser do instituto e a importancia que ten para Celanova a localización do centro neste mosteiro. "Animamos á xente a coñecer o intituto, xa que ten unha biblioteca impresionante, que alberga máis de 17.000 volumes. Dende o equipo educativo queríase que estivese aberto á cidadanía, pero non se permitiu. Iso, co agravamento de que a biblioteca pública está pechada", comenta Domínguez Alberte. A HISTORIA

Un inmoble dedicado ao ensino O Mosteiro de San Salvador de Celanova, fundado en 936, suma na actualidade máis de século e medio de uso público. Tras a de-samortización de Mendizábal, pasou a mans do concello. No século XIX albergou dúas escolas de primaria. Os Padres Escolapios fundaron tamén alí un colexio que chegou a ter 200 alumnos. En 1975, o concello cedeu parte do mosteiro ao Ministerio de Educación para crear o Instituto de Celanova. Aínda que o conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, anunciou a creación dun novo instituto, a súa construción aínda non comezou. O claustro de profesores e


os veciños opóñense ao traslado do centro e a que no mosteiro se constrúa un Parador Nacional de Turismo, como está en proxecto. Comparte en

Escribe o teu comentario

Alias Chave Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado. Mércores 20.10.2010 | Actualizado 21.17

Hemeroteca web |

RSS

buscar...

buscar...

              

Portada Galicia Aulas Sociedade España Mundo Economía Deportes Maré Rede Comunicación A Contra Opinión Suplementos Blogs


[Noticia 15 de 26]

Maré |

RSS

DEBATE

O IV Encontro de política lingüística local celébrase hoxe Foi organizado pola CTNL

urrently 5.00/5 1 2 3 4 5

5.0/5 [1 Voto/s]

| 0 comentarios Comparte en

|

REDACCIÓN O Encontro de política lingüística desde as administracións locais, unha xuntanza promovida pola Área de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña e organizada pola Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL), celebra hoxe a súa cuarta edición no Auditorio do Pazo da Cultura de Carballo. A partir das 10.30 horas os alcaldes de Ponteceso, Malpica de Bergantiños e Zas, o popular José Luís Fondo Aguiar, o socialista José Ramón Varela Rey e o nacionalista Manuel Muíño Espasandín, debaterán sobre a normalización lingüística no ámbito comarcal. Ás 12.30 horas técnicos e técnicas de normalización lingüística presentarán actividades que desenvolverán os concellos de Carballo, Cabana de Bergantiños, Malpica de Bergantiños, Ponteceso e Zas. Ás 13.15 horas celebrarase unha mesa de traballo sobre a procura da implicación no proceso de normalización lingüística de empresas e asociacións desde os concellos. Xa pola tarde, ás 16.30 horas, terá lugar un encontro sobre o papel das administracións locais no ámbito do ensino e as posibilidades de colaboración e intervención. A xornada rematará cun resumo e conclusións ben especiais e


retranqueiras, feitas a modo de disputa regueifeira humorística por Luís O"Caruncho e Bieito Lobariñas. Comparte en

Escribe o teu comentario

Alias Chave Para escribir coment

POLÍTICA

O fiscal superior quere incluír o galego na Lei de Patrimonio Cultural Carlos Varela propón facer unha declaración de principios referida "ao elemento máis importante integrante do patrimonio cultural" de Galicia, a lingua galega". XORNAL.COM 20/10/2010 - 17:15 h. Non entendes unha palabra? Faille dobre clic

0 Comentarios 9 voto/s Vota

O fiscal superior de Galicia, Carlos Varela, propuxo este mércores na Cámara autonómica que a futura Lei de Patrimonio Cultural de Galicia inclúa unha declaración sobre o galego como "parte esencial" do "legado inmaterial" da comunidade. Coñecedor de que se está a elaborar un anteproxecto de Lei de Patrimonio Cultural que substituirá á normativa do ano 95, animou os deputados da Comisión Institucional a ser "ambiciosos" co fin de articular un texto legal "de última xeración" no que se poidan incorporar os conceptos relativos ás distintas tipoloxías de bens culturais e os dotar de medidas de protección "específicas". O seu obxecto debe ser, ao seu xuízo, "impedir a súa deterioración, perda ou comercio ilegal". Á marxe diso, formulou que se aproveite o texto desta lei para "facer unha declaración de principios", tal e como se fai noutros ordenamentos xurídicos, referida "ao elemento máis importante integrante do patrimonio cultural" de Galicia, a lingua galega. "Como testemuño e fundamento de identidade colectiva, é un elemento esencial e vector integrante do noso patrimonio cultural inmaterial", defendeu Varela. Malia esta reivindicación do galego, o fiscal deixou claro que "o seu ensino, valoración e defensa, así como a súa difusión internacional e efectiva transmisión interxeracional" deben ser obxecto de lexislación e políticas propias. O GALEGO NA XUSTIZA No referido ao uso deste idioma na administración xudicial, preguntado pola deputada do BNG Tareixa Paz, admitiu que este é "un territorio difícil" pero destacou que "se están a vencer as reticencias". Para continuar esta senda, considerou "importante" que os novos programas estean en galego e que haxa documentos nas dúas linguas cooficiais. "É obvio que hai que materializar o dereito a obter o servizo en calquera das dúas linguas, hai que cumprir


coa lexislación vixente", sentenciou Carlos Varela, quen atribuíu a culpa de que non se estea a facer a "problemas de recursos".

POLÍTICA

Ferrín pensa que A Coruña quedaría “illada de Galicia” se aposta polo „L‟ “Non hai en todo o país un só topónimo que non sexa galego e só nós podemos tratar o asunto”, afirma logo dos ataques de académicos casteláns R. SUÁREZ / A. RAMOS 20/10/2010 - 17:59 h. Non entendes unha palabra? Faille dobre clic

6 Comentarios 18 voto/s Vota A Academia pide que os orzamentos palíen a súa “necesidade extrema”

En medio da enésima volta da polémica do La ou A Coruña encabezada pola dereita da cidade e un día despois de que tres académicos da Real Academia Española (RAE) cargaran con dureza contra a oficialidade dos topónimos propios do galego, catalán ou éuscaro, o presidente da Real Academia Galega (RAG), Xosé Luís Méndez Ferrín, defendeu os termos orixinais e declarados oficiais pola Xunta de Galicia na Lei de Normalización Lingüística, especialmente no caso coruñés, da cidade onde ten a sede a propia Academia. Durante a sinatura dun convenio entre a RAG e a Fundación Curros Enríquez, Ferrín saíu o paso da promesa feita polo candidato do PP á alcaldía da Coruña, Carlos Negreira, de tombar a Lei de Normalización para facer oficial o uso do topónimo castelán La Coruña, cuestión que con toda seguridade será central durante a campaña das eleccións locais de 2011. Ante iso, o presidente da centenaria institución afirmou que “hai que estar coa lexislación vixente, o contrario sería un cambio radical que a sociedade non está disposta a permitir”. Ademais, o escritor afirmou que en caso de regresar por iniciativa propia ao topónimo castelán, “A Coruña quedaría illada de Galicia, o que sería moi triste porque a cidade ten unha tradición moi clara, só hai que ver como tratou a Curros Enríquez e a historia da urbe”. Entre esa tradición galeguista á que fai referencia Ferrín atópanse feitos como o de que se trata da sede da RAG, do lugar onde se fundaron as Irmandades da Fala ou onde milleiros de persoas acompañaron ao poeta Curros Enríquez no seu enterro. Aínda máis claro foi Méndez Ferrín sobre as inxerencias da RAE en cuestións galegas. Os tres membros da Real Academia Española (RAE) Gregorio Salvador, Ignacio Bosque e Fernando García de Cortázar atacaron o pasado luns a oficialización dos topónimos en éuscaro, catalán e galego, algo que chegaron a cualificar de “atrocidade e estupidez” e froito de “imposicións nacionalistas e ensoñacións dos secesionistas”. García de Cortázar dixo que “está sendo mallado o idioma común”. “Levamos tempo tendo que aturar abusos cando aos topónimos galegos e cataláns só se lles adxudicaron oficialmente a versión autóctona e non se ofrece a castelá, moito máis espallada entre a poboación”, asegurou o historiador. Ante este tipo de consideracións, Méndez Ferrín indicou que “a Academia Española debe protexer a súa lingua, que é o castelán... Aínda que ás veces a chaman español. A Academia Galega ten a obriga de


coidar da súa lingua e en toda Galicia non hai un só topónimo que non sexa galego. Por elo, só nós podemos delimitar a súa ortografía e só podemos tratar nós o asunto”, aclarou o presidente da RAG. Nos últimos tempos, a Real Academia Galega ten amosado un forte compromiso co futuro da lingua galega sen importarlle entrar en conflitos que poidan ser considerados políticos. Por exemplo, recorreu ante a Xustiza o decreto do galego no ensino da Xunta do PP.

CULTURA

Un congreso analiza en Lugo a relación entre a Orde de Cluny e o Camiño O evento terá lugar en Samos e Sarria dende hoxe até o 22 de outubro XORNAL.COM 20/10/2010 - 18:02 h. Non entendes unha palabra? Faille dobre clic

0 Comentarios 0 voto/s Vota

O Mosteiro de Samos e a localidade lucense de Sarria acollerán os próximos días, dende hoxe até o 22 de outubro o I Congreso Internacional sobre a Orde de Cluny e o Camiño de Santiago, que analizará por primeira vez en termos espirituais, históricos e artísticos a relación entre ambas as dúas entidades. O congreso, amparado polo Xacobeo 2010, coincidirá co XI Centenario da Fundación de Cluny e permitirá "dar luz" ás novas investigacións sobre a "formación da cultura europea" e a conformación da ruta jacobea coa Orde de Cluny como pano de fondo, segundo explicou en rolda de prensa a directora, Carolina Casal. As sesións iniciaranse o día 20 de outubro na Real Abadía de Samos e contarán coa participación do abade presidente da Congregación Beneditina Sublacense, Bruno Marín, na inauguración e cunha vintena de expertos no seu desenvolvemento. Ao acto protocolario seguirán, na primeira xornada, conferencias sobre os aspectos socioeconómicos dos priorados hispanos, as manifestacións artísticas en Cluny e a relación entre San Pedro de Cluny e San Víctor de Marsella, a cargo de diferentes especialistas. Xa pola tarde, o congreso desprazarase á Casa dá Cultura de Sarria, onde continuarán as charlas e se iniciará a presentación de comunicacións. SEGUNDA XORNADA Pola súa banda, o xoves día 21, a Casa dá Cultura de Sarria acollerá as conferencias La introducción de Cluny en Galicia, El monacato de la Tebaida Berciana ante la irrupción del mundo clunacense en el Reino de León, Cluny y los monasterios benedictinos de Galicia y De Borgoña a Galicia: Cristo peregrino como llave hermenéutica de la figura de Santiago Peregrino. Pola tarde, a xornada desprazarase á Abadía de Samos, con conferencias sobre orquestración escultórica, o esplendor litúrxico do Oficio Divino en Cluny e a propia Abadía de Samos. Finalmente, a última xornada tratará sobre as peregrinacións no mundo, Cluny no Camiño de Santiago, o nacemento da iconografía dos Sete Pecados Capitais e as imaxes do románico en Sarria, para concluír cunha mesa redonda sobre De Cluny en el Camino, al Camino hoy.


Mércores 19.01.2011

FITO HISTÓRICO NA CÁMARA ALTA

"Non pasa en ningún país" Mariano Rajoy asegura que "non é normal" que as linguas cooficiais poidan falarse no Senado MARÉ . SANTIAGO

Mariano Rajoy durante a roda de prensa que deu onte no Senado para amosar o seu desgusto polo uso das linguas cooficiais FOTO: efe

Para o líder do Partido Popular (PP), Mariano Rajoy onte non foi un día alegre. ¿A razón? Moi sinxela: o recoñecemento da cooficialidade de galego, vasco e catalán no Senado. Para Rajoy, que durante a súa etapa de vicepresidente da Xunta se negou a utilizar o galego, o que ocorreu onte no Senado é "unha anormalidade", insólita "en calquera país do mundo". O uso dos idiomas cooficiais, dixo nunha roda de prensa no senado, non figura entre "os problemas reais" do estado e el, asegura, non viu "ningunha demanda en ningún sitio para que aquí teñamos que traballar utilizando tradución simultánea". O líder do PP lembrou que o seu partido se opuxo á reforma do Regulamento que permite usar calquera das linguas cooficiais durante o debate de mocións, regulamento que onte entrou en vigor,. "As linguas están para entenderse", indicou e por iso cre que os senadores deberían utilizar soamentes o castelán nos seus debates, porque é a lingua que todos coñecen.


Ademais, recordou que os mesmos senadores que durante o Pleno recorrerán ao uso do catalán, do galego ou eúscaro conversarán cos seus compañeiros nos corredores da Cámara en castelán, "non con tradución simultánea". "Gustaríame que iso que é o normal na rúa tamén o fose na Cámara", recoñeceu. E aínda que, ao seu xuízo, as linguas non deben servir para "crear problema", o certo é que o único problema creado é o do PP, que se opuxo en solitario á medida, considerada necesaria para facer máis evidente o carácter territorial da Cámara Alta. Máis satisfeito estaba o ministro de Xustiza, o galego Francisco Caamaño, que defendeu a presenza das linguas cooficiais como "un valor superior" ao custo que poden xerar os servizos de tradución e interpretación. Nun almorzo informativo organizado por Nova Economía Fórum, o ministro galego mostrouse "orgulloso" da iniciativa, algo que estendeu ao resto do Grupo Socialista. Explicou que, segundo a súa experiencia como secretario de Estado de Relacións coas Cortes, estes servizos lévanse a cabo en colaboración coas comunidades autónomas, que "á súa vez achegan os seus propios servizos de tradución". Ao seu xuízo, o recoñecemento da diversidade territorial que establece a Constitución é "un valor que nos fai máis fortes como sociedade" e que cómpre potenciar dentro do marco lexislativo.

O CONSELLO ESCOLAR DISCÚTEA O 28

A CIG pide a retirada da Lei Vázquez O sindicato CIG-Ensino pedirá a "retirada" do borrador do anteproxecto de Lei de convivencia e participación do sistema educativo no Consello Escolar de Galicia, onde presentarán unha emenda á totalidade e 37 parciais á norma que pretende "dar cobertura" á realización de consultas ás familias e "reforzar" a autoridade do profesorado galego. O Consello Escolar de Galicia, a opinión da cal non é vinculante na toma de decisións do Goberno galego, abordará a nova proposta da Consellería de Educación o 28 de xaneiro, aínda que este martes finalizaba o prazo de presentación de alegacións por parte dos membros do pleno, entre os que se atopan representantes sindicais de profesorado, de centros de ensino ou de ANPAs. O secretario nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao, confiou "en gañar a votación" no CE aínda que admiten "non ter moita esperanza" de que a Consellería asuma un rexeitamento. "Ata agora, ningunha das emendas á totalidade foron asumidas", recordou. En caso de producirse esta situación, presentará máis de 37 emendas parciais que "desfigurarán tanto a norma" que "será outra diferente á proposta pola Xunta. Ademais, celebrarán "máis de 1.200 asembleas en todos os centros" para informar o


profesorado, trasladarán "resolucións" nos diferentes consellos Escolares e "non se descarta levar a cabo mobilizacións" se a Lei sae adiante. Louzao denunciou que "a base primordial" da norma é "dar cobertura legal" á consulta ás familias e "dar potestade" aos pais para que "fixen o idioma vehicular das materias", xa que o groso do texto "tería cabida en regulamento" por decreto". Así, recorda que o consello Consultivo considerara "ilegal" este tipo de consultas ante a "falta de cobertura legal", pois "debe ser a Administración educativa" a que fixe a lingua das materias. "Quen fai a Lei fai a trampa", critica Louzao. Tamén ve "irónico" que se propoña unha Lei que pretende "valorar" e recoñecer o traballo do profesorado "sen escoitar" a comunidade escolar, pois o texto se trasladou ao Consello Consultivo e ao Observatorio da Convivencia "sen negociarse na Mesa Sectorial", sen debate previo e foi presentado en período estival. "Así o fixo no seu día coas bases do decreto", recorda Louzao. Con respecto de aspectos concretos da norma, a CIG-Ensino considera que está "fundamentada en criterios colectivos represivos, non formativos" e propios "dos sectores máis extremistas do PP", pretendendo "trasladarlle á sociedade" galega "un modelo totalmente reaccionario" e así "xudicializar o sistema educativo".


Mércores 30.03.2011

MARÉ HOXE

Freixanes, autor do ano Víctor F. Freixanes acaba de ser recoñecido co Premio Irmandade do Libro ao Mellor Autor do ano 2010 pola súa novela ‘Cabalo de ouros’, a primera obra de ficción que publicou en dezasete anos tras a anterior, ‘A cidade dos césares’, do 1993. Tamén foi escollido pola súa traxectoria e defensa da lingua e a literatura galegas REDACCIÓN

Víxtor Freixanes foi escollido polos libreiros poa súa obra ‘Cabalo de ouros’, ademais de por toda a súa traxectoria e defensa da lingua e da literatura galegas FOTO: patricia santos

Víctor F. Freixanes acaba de recibir o Premio Irmandade do Libro ao Mellor Autor do ano 2010, galardón que concede anualmente a Federación de Libreiros de Galicia e que se entregará o próximo sábado, 2 de abril, nunha cea literaria no concello de Narón (Ferrolterra). Segundo informou a devandita Federación, hoxe coñeceranse os premios nas outras modalidades: o libro do ano, unha iniciativa editorial, unha librería, unha institución e unha iniciativa a prol do fomento da lectura. Víctor Fernández Freixanes (Pontevedra, 1951) é doutor en Filoloxía Románica. Pasou da docencia escolar ao xornalismo, de aí ao mundo da edición -dirixe Galaxiae, finalmente, á universidade.


Actualmente é profesor de xornalismo en Santiago de Compostela, membro da Real Academia Galega e director de Editorial Galaxia. En 1980 gañou o Premio Modesto R. Figueiredo co relato A caza das cascudas. Posteriormente, coa súa primeira novela, O triángulo inscrito na circunferencia (1982) obtivo o Premio Blanco Amor. En 1989, publica O enxoval da noiva, novela que recrea a Roma dos Borgia, e en 1993 gaña o Premio Torrente Ballester con A cidade dos césares. A historia é, así, alicerce da súa obra. Antes dera ao prelo Unha ducia de galegos (1976), fito na recuperación da memoria do galeguismo a través do xénero da entrevista, e Memoria dun fuxido (1980), baseada na vida do guerrilleiro Manuel González Fresco. No ano 2010 publica en Galaxia a novela Cabalo de ouros.


CULTURA

Galaxia e Penzol homenaxean mañá en Vigo a Fernández del Riego O acto terá lugar ás 19.30 horas no Centro Social Novacaixagalicia XORNAL.COM 13/01/2011

O pasado día 7 cumpriría 98 anos. Francisco Fernández del Riego (Lourenzá, 1913-Vigo, 2010), unha das figuras máis sobranceiras da cultura galega do último século, será homenaxeado polas dúas institucións ás que dedicou grande parte da súa vida: a Fundación Penzol, que dirixiu ata poucos meses antes do seu falecemento, e a Editorial Galaxia, da que foi cofundador en 1950. No acto participan igualmente outras institucións vencelladas á súa persoa: a Real Academia Galega, da que foi presidente entre 1997 e 2001, período no que afrontou un importante proceso de renovación, e o Consello da Cultura Galega. A homenaxe celebrarase no Centro Social Novacaixagalicia en Vigo (Policarpo Sanz, 24-26), ás 19:30 horas de venres 14 e na mesma falarán Ramón Villares Paz (presidente do Consello da Cultura Galega), Xosé Luis Méndez Ferrín (presidente da RAG), Manuel Bragado (presidente da Asociación Galega de Editores), Xosé Luis Franco Grande (académico, en representación dos primeiros seareiros da biblioteca Penzol), Malores Villanueva (filóloga, en representación das novas promocións de investigadores), Marián Vidal (directora técnica da Biblioteca e Arquivo Penzol, que durante anos traballou con Del Riego), Xesús Alonso Montero (académico), Benxamín Casal (vicepresidente do Consello de Administración de Editorial Galaxia) e Alfonso Zulueta (vicepresidente da Fundación Penzol). Conducirá o acto o director xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes. No acto proxectarase un vídeo con fotografías e imaxes da vida de Fernández del Riego, realizado por Félix Vidal, e escoitarase un fragmento do derradeira intervención pública do homenaxeado, palabras que pronunciou co gallo da inauguración na Fundación Penzol do gabinete de Ramón Piñeiro. Tamén se ofrecerá unha copia do retrato a óleo que realizou para a Real Academia Galega o pintor Antón Pulido. Nas últimas semanas recibíronse numerosas adhesións das que se dará conta nunha pequena publicación adxunta, cun texto da escritora Rosa Aneiros (Alba de Gloria para Fernández del Riego) e un poema do seu compañeiro de proxectos e soños, Xaime Isla Couto, presidente de Editorial Galaxia.

Fernández del Riego xunto a Piñeiro e FIlgueira Valverde

As primeiras fotos turísticas do Gaiás


Venres 21.01.2011

XOSÉ M. RIVAS TROITIÑO

Galego no Senado Escoito a Fernando Ónega pola mañá nun faladoiro de radio: meus pais falaban galego, o que é normal na rúa debe selo na política, é unha ledicia que o Senado honre o galego. Escoito a Rajoy, tamén galego, neto dun galeguista histórico, ao que non recordo terlle oído unha palabra en galego, dicir o contrario, apelando tamén ao normal: que no Senado se fale só en castelán. Leo os xornais de Madrid. Un deles, dirixido por un galego, fala de malgasto autonómico na portada. Os máis comedidos recordan o episodio bíblico da torre de Babel ou comparan o Senado coa ONU. Dos outros, para que falar. Iso si, nótase unha indignación maior cando se fala do custo da tradución. É curioso. O filósofo Aranguren queixábase da ética dos españois cando se coñeceron datos dos GAL. Os cidadáns apoiaban dalgún xeito o terrorismo de Estado, pero sentíronse moi ofendidos cando se vinculou coa corrupción, en forma de sobresoldos dos altos cargos de Interior. Iso si era deplorable, o terrorismo de Estado non tanto. Agora que a economía prima e relega calquera consideración doutra índole, o custo do servizo de tradución parece tamén que agrava o feito. Ninguén parece ter en conta que non se pensa no uso de linguas cooficiais no Parlamento, aínda que estean os mesmos grupos. O Senado quixo simbolizar que é cámara territorial, que acolle senadores que representan expresamente o parlamento autonómico, e que en España fálanse varias linguas. Como símbolo, comparto esa pluralidade. Pero sexa única ou en todas as sesións, sempre haberá unha porcentaxe da opinión pública en contra, sexa en bonanza económica ou en vacas fracas. E que é o normal? Para unha xeración de españois, o normal vai unido a un memorable discurso de Adolfo Suárez cando soñabamos coa democracia (seica o escribiu Ónega). Quizais por iso sexa tan multívoco, como para que Fernando Ónega e Mariano Rajoy poidan aludir ao normal querendo dicir totalmente o oposto. Os


soci贸logos probablemente dar谩n outra opci贸n, pero sempre baseada en enquisas. E as enquisas xa sabemos que son variables.


Sábado 16.10.2010

VÁZQUEZ PADÍN, SECRETARIO XERAL DE CONVERXENCIA XXI

"Galicia Bilingüe é un grupo que defende privilexios do pasado, como o Ku Klux Klan" Galeguistas e de centro, aspiran a presidir a Xunta a longo prazo e a xogar un "efecto virtuoso e extraordinario" na comunidade, obrigando os extremos, para eles o BNG e os populares, a "moderarse". Nas municipais do 2011, Tui, Trazo e Ordes terán candidaturas deste novo partido ROSABEL CANDAL . SANTIAGO

Vázquez Padín, tomando un café, nas instalacións de GALICIA HOXE

Unha nova forza política se abre paso na escena galega. Chámase Converxencia XXI, defínese como galeguista e de centro, ten un proxecto a longo prazo para chegar a gobernar a Xunta e nestas próximas eleccións municipais presentarán as súas primeiras candidaturas en algún que outro concello. Despois de máis de ano e medio traballando, a comezos deste outubro celebraron en Compostela o seu I Congreso no que a militancia elixiu a Carlos Vázquez Padín -Tui. 1973. Licenciado en Ciencias Políticas pola USC e Máster en Dirección e Administración de Empresas- como secretario xeral.


Para que serviu este I Congreso de Converxencia XXI? Para formalizar e lexitimar unha dirección do partido escollida pola afiliación, porque ata o de agora estabamos cunha executiva interina. Sobre cantos afiliados son? É un dato reservado, pero pódoche dicir que en fans de Facebook somos o segundo partido de Galicia, detrás do PP, é que desde a fundación do partido -4 de maio do 2009- a afiliación multiplicouse por 25. Definense como galeguistas e europeistas, aspirando a diferenciarse dos tres grandes partidos. Non obstante, tanto PPdeG, como PSdeG como BNG tamén din ser galeguistas... Galeguista en folclore significa que che gusta moito a muiñeira; musical que che gusta moito a gaita; gastronómico que che gustan moito os mexilóns da ría de Vigo e o polbo á feira; pero galeguista en política significa ter como único norte a defensa dos intereses colectivos de Galicia e o PP e o PSOE non actúan así. Son organizacións de ámbito estatal, as decisións claves tómanse en Madrid e con imputs de toda España. Nese contexto, os intereses galegos son minoritarios porque España é un Estado eminentemente mediterráneo. Polo tanto, sempre que o poder de Galicia estea en mans de organizacións de ámbito estatal, será discriminada na decisión de políticas públicas, pero non por unha cruzada en contra dela, senón porque non ten suficiente peso e influencia por razóns estruturais dentro de España. Galeguistas si, pero non nacionalistas... O PP e o PSOE son nacionalistas de Estado e o BNG é nacionalista dun territorio, Galicia, que non ten Estado. Cremos que Galicia é nación se os galegos democraticamente din que é nación. Galicia será o que queira ser e ningún demócrata lle pode poñer límite á decisión que tome un pobo. Teñen pensado presentarse ás municipais do 2011... Temos a candidatura de Tui confirmada -eu a encabezarei-, e está moi perfilada a posibilidade en Ordes e Trazo. Pero imos primar a calidade sobre a cantidade. Preferimos ter 5 edís que saiban do tema e que nos permitan saltar nas seguintes eleccións a 50, que ter 20 e logo pasar a 5 porque un se vai ó PP, como lle pasou a Terra Galega. Non imos tolear para medrar máis rápido do que podemos. Miran logo a longo prazo... Eu dixen hai un ano que aspiramos a gobernar a Xunta en vinte anos, ou sexa que agora quedan 19. Máis dun riuse de min e alguén aconselloume que nunca falase de datas. Calquera proxecto debe ter planificación, xa que aínda que non signifique que se vaia conseguir seguro, podes coordinar as túas accións. Se non o único que fas é


improvisar e é todo unha trapallada. Nós aspiramos a gobernar en Galicia, pero implantar un partido desde cero leva moitos anos e o cualitativo é crucial para a credibilidade. En TeGa houbo xente que se pasou para outros partidos... É que o concelleiro de Láncara de TeGa nunca deixou de estar afiliado ó PP. Eu estiven visitando a xente do PNV en Bilbao e cando lles dixen que nós eramos o primeiro partido galeguista de centro desde a Transición que esixiamos cotas de afiliación e que tiñamos un rexistro de afiliados e lle entregabamos un carné, quedaron moi sorprendidos. O fracaso de todos os proxectos anteriores ten unha explicación moi sinxela e quen pretende vaticinar que nós imos fracasar non fai ningún tipo de análise. Pero si que é certo que se trata dun espectro político moi dividido en Galicia no que sempre pasaron cousas "curiosas"... Si, porque non se traballou con seriedade. Agora está dividido o PG, tamén TeGa, pero todos estes non teñen afiliados no sentido estricto da palabra. Nós, en número de afiliados somos xa de lonxe o máis grande deles. Estamos convencidos de que a medida que nos vaiamos consolidando, a xente darase conta de que nós somos o proxecto serio e de futuro. A idade media da nosa executiva é de 32 anos e a dos afiliados é de 30 anos. En Galicia precísase ocupar un espazo político baleiro... Si, e achegaría unha riqueza maior ás combinacións políticas. Obrigariamos o PP e o BNG, os extremos, a recentralos e moderalos. Xogariamos un efecto virtuoso e extraordinario na política galega, de modernización e de europeización. Se trasladamos o panorama de Galicia a Cataluña e imaxinamos que alí hai só dúas alternativas, ou o PP ou unha coalición entre ERC e o PSC, todos nos dariamos conta de que teñen un problema grave, xa que só terían dúas opcións de goberno moi alonxadas e iso impide un panorama de estabilidade e progreso. Vimos como o señor Feijóo cuestiona todas as decisións claves do Bipartito e este cuestionou as do Goberno de Fraga, aínda que lle tapou as vergoñas e os desmáns de dezaseis anos. Como ve o goberno de Feijóo? Como un goberno provincial e provinciano, que concibe a Xunta como un goberno puramente administrativo. Estariamos falando dunha especie de macrodeputación que usan en función dos seus intereses electorais e non dos de Galicia. Hai unha serie de decisións moi reveladoras do papel subordinado e rexional que o PP lle outorga a Galicia. Na eurorrexión, por exemplo, Castela e León desvirtúa esa eurorrexión e debilátaa, pero o PP prefire reforzar os seus intereses e non os de Galicia. Despois, Núñez Feijóo está constatemente viaxando por España para facer autopromoción persoal, de proxección dun líder rexional do PP que quere facer carreira para progresar en Madrid.


Como ve as relacións de Feijóo con Galicia Bilingüe? Eu compararía a Galicia Bilingüe co Ku klux klan. Ás veces dá a sensación de que GB é Luther King, alguén que está loitando pola liberdade, pero non, porque é un grupo que defende privilexios do pasado, de persoas que non queren ter ningún tipo de contacto coa lingua galega, e isto non ten nada que ver coa liberdade e fastídiame moito porque eu son liberal. Eu non lembro a ningún destes de GB protestando, hai vinte ou trinte anos, porque o galego non era lingua oficial. O nivel de hipocresía é brutal e o nivel de responsabilidade do PP na persecución do seu obxectivo político tamén. Buscan a homoxeneización lingüística de España, porque teñen unha idea de España moi pechada, moi simplificada e moi nacionalista español. O obxectivo do PP é castelanizar Galicia. Como sairemos da crise? É moi preocupante, hai problemas estruturais moi graves, unha produtividade moi baixa e temos unha administración moi pesada e ineficiente. Nós propoñemos a supresión das deputacións e xa temos tomada unha medida preventiva, xa que hai partidos, como é o BNG, que tamén o pedían e agora están moi cómodos no uso dos seus resortes caciquís. O día que Converxencia XXI teña deputados provinciais entregará un 40% do seu salario a un fondo que se gastará anualmente nun equipamento para un municipio. Iso demostrará que queremos cargarnos unha institución parasitaria que só serve para o control político e antidemocrático e que reparte o diñeiro de forma discrecional, para favorecer intereses políticos e non á cidadanía nin ó país. Por que se meteu en política? En Converxencia XXI puxo todo o seu empeño persoal... No 2002 estaba no PNG-PG, un partido escisión de Coalición Galega e que estivo integrado no BNG. Dinme de baixa porque era imposible facer política de centro desde o Bloque, pero daquela non estaba nas circunstancias persoais para embarcarme neste proxecto tan complicado e que esixe tanta dedicación. Un dos males deste país é que a xente fala e queixase moito pero cústalle máis actuar. Se non o fan os demais, se as elites do país, que fallaron, se sinten moi cómodas votando ó PP, outros teremos que poñer este tema en marcha e convencer á xente de que só con ferramentas de poder propio Galicia podería encarar o século XXI en boas condicións.


POLÍTICA

Galicia Bilingüe dá unha conferencia mañá na Coruña Gloria Lago pretende explicar "o que hai detrás da imposición lingüística" XORNAL.COM 16/03/2011

A presidenta de Galicia Bilingüe, Gloria Lago, ofrecerá este xoves, día 17, unha conferencia na sede de Novacaixagalicia na Coruña, no Cantón Grande, segundo informou esta organización. Na súa conferencia, Gloria Lago abordará, a través da súa intervención e co apoio de imaxes, "o que hai detrás da imposición lingüística", sinala Galicia Bilingüe. En concreto, a conferencia, que dará comezo sobre as 20.00 horas, levará por título 'Libertad de lengua, libertad de pensamiento'.


Luns 21.02.2011

“Galicia Bilingüe debería ser rebautizada como „Spanish only Galicia” Gabriel Rei-Doval Profesor e escritor // “Bilingüismo harmónico, cordial ou equilibrado favorecen a preservación dunha inxustiza historicamente imposta en galicia como comportamento social” POR MANUEL VIDAL VILLAVERDE

Gabriel Rei-Doval está a preparar unha monografía sobre a historia da sociolingüística galega

Gabriel Rei-Doval (O Baño-Mugardos, 1967), doutor en Filoloxía Galega, é profesor de sociolingüística no Departamento de Español e Portugués da Universidade de Wisconsin-Milwaukee (EEUU), onde desenvolve tamén cursos de cultura galega. Previamente ensinou lingua e cultura galegas no Queen‟s College da Universidade de Oxford e na Universidade de Birmingham. A súa investigación desenvólvese principalmente no eido da sociolingüística e da historiografía da lingüística. Na década de 1990 pertenceu ao Seminario de Sociolingüística da RAG. Entre outras publicacións, é coautor dos diversos volumes do Mapa Sociolingüístico de Galicia (1990-97) editados pola RAG, así como de Publicidade e Lingua Galega e Vender Galego (Consello da Cultura Galega). Así mesmo, coeditou o Manual de Ciencias da Linguaxe (Xerais) e é autor de A lingua galega na cidade no século XX. Unha aproximación sociolingüística (Xerais 2007). En 2009 editou A lingüística galega desde alén mar (Santiago de Compostela: Servizo de Publicacións da USC) e nestes


momentos traballa, entre outros proxectos, nunha monografía sobre a historia da sociolingüística galega (1967-1997).

Boa tarde, Gabriel, permíteme que de entrada faga unha introdución-pregunta „in extensum‟, se cadra, para que ti reflexiones sobre a miña reflexión, naturalmente a propósito da nosa lingua. Fannos vivir, este novo goberno da Xunta, non nun bilingüismo patético e ao meu ver sempre imposíbel,por varias e distintas razóns que, dadas as circunstancias non inventadas, por suposto, é de natural imposíbel. O natural é político, como certeiramente enfía a miña amiga a profesora Teresa Moure, a quen ti supoño que coñecerás; entón, Gabriel, en ningún caso transmite unha realidade equilibrada dese bilingüismo proposto, pois entre outras razóns, tal equilibrio poderíase dar en igualdade de competencias de ambas as dúas linguas pola sociedade galega, e ese, en ningún nivel é o noso caso, nin sequera nos círculos academizados, pois os dous idiomas transmítense con abundante penuria, o que dá lugar, en primeiro termo, a unha diglosia estarrecedora, en ambas as dúas direccións: galego>castelán (non me esquezo do dirsurso da nova académica da español) e castelán>galego. Do intento frustrado do Decreto de Normalización Lingüística, cinicamente combatido e incumprido, pasamos ao "decretazo" mal cociñado polo PP español e os seus asociados independentes. Bautizouse ao "napelo" con dous adxectivos inapelábeis: "harmónico" e "cordial", dúas andrómenas que non hai por onde collelas", que digan o que digan incorren un delito de lesa lingua galega… Recente o profesor e tamén amigo, "descobre" un "bilingüismo restitutivo", que eu entendo como máis do mesmo. Só a inmersión total e sen compoñendas, é a salvación do noso idioma. Ah, a elección dos pais na lingua na que se ha educar os seus fillos, é máis que discutible aquí e en Londres. No canto do trilingüismo, escollendo como terceira lingua o inglés paréceme "moi interesante" pero non menos „cursi‟ e disparatado, poñendo como exemplo, e con todo, meu, os meniños de Sarria, Piornedo, Campa da Braña, Celanova, ou outras moitas vilas e cidades da nosa nación. Agradézoche, pois, a túa reflexión despois desta introdución advertida, non é? A túa introdución sen dúbida dá para moitas reflexións. En realidade case pide un tratado, mais só me referirei a algúns aspectos. A verdade, o actual goberno galego non vai pasar á historia precisamente como o que máis e mellor promocionou a lingua propia… aínda que quizais si por todo o contrario. En todo caso, o bilingüismo, como comportamento individual e social, en absoluto é imposible. En realidade é a pauta habitual en moitos individuos e sociedades. Outra cousa son os discursos creados ó redor del e a súa utilización na dinámica social. Os termos bilingüismo harmónico, cordial ou equilibrado ("made in feito na casa") son profundamente desafortunados e favorecen a preservación dunha inxustiza historicamente imposta en Galicia como comportamento social, coa cínica escusa de buscaren un ben e un achegamento positivos que só oculta a ausencia de compromiso para muda-las cousas. Eses discursos suxiren a harmonía como escusa para seguir ocultando o desequilibrio, a


cordialidade como cortina de fume da submisión ós parámetros sociais historicamente impostos e o equilibrio para apartar dos ollos o profundo desequilibrio e falta de igualdade de oportunidades que tiveron –e en boa medida aínda teñen– os galegofalantes respecto a aqueles que teñen como idioma o castelán. Porén, paréceme que esa "bilingüifobia" que caracteriza unha parte dos activistas a prol do galego é un erro estratéxico impresionante. Ó rexeitaren todo aquilo que teña algún cheiro distinto do monolingüismo consciente e militante, os implicados co galego estamos deixando a aqueles que queren loitar contra o noso idioma un terreo que lexitimamente non lles corresponde. Paréceme unha ironía tremenda que no noso país exista unha asociación chamada "Galicia bilingüe" que en realidade está a apostar por unha acérrima procura do monolingüismo en castelán. Como explicaba eu hai pouco en EEUU, "Galicia bilingüe" debería ser rebautizada como "Spanish-only Galicia" (alí hai un grupo anti-minorías que non ten vergoña en chamarse "English only"). É evidente que tan exiguo e insignificante grupo social só puido acadar a notoriedade actual grazas ó apoio mediático e político da "dereita españolista" máis rancia e resesa, pero non é menos certo que a(s) estratexia(s) utilizadas por parte do nacionalismo galego non foron eficaces. Por explicalo en termos futbolísticos, o nacionalismo galego púxose a xogar con sete defensas e sen dianteiros, deixando que o contrario despregase toda a súa artillería de ataque e pechase o galeguismo no seu campo arredor da área pequena do monolingüismo, na que apenas fai outra cousa que botar balóns fóra. Aqueles contrarios ó galego, sen xogaren con once, gozan da maior parte do campo, pero o partido aínda está no primeiro tempo (porque non dura noventa minutos, senón mil primaveras). Nos EEUU, bilingüismo é sinónimo de oposición á lingua maioritaria e asoballante –o inglés– e en todo o mundo existen movementos, estratexias e investigacións que procuran como (re)introducir linguas minorizadas aló onde as maioritarias as teñen esganadas poñendo énfase nas posibilidades que presentan os falantes bilingües. Mesmo se teñen cuñado termos como "bilingüismo cíclico" para falar de como individuos que nun momento abandonan a lingua minorizada poden recuperala se as condicións lles son máis adiante favorables. Non todo tipo de bilingüismo pode ser considerado pecado carnal. "Bilingüismo restitutivo", termo proposto por Henrique Monteagudo, é unha aposta sen dúbida discutible, coma calquera outra. Pero non se pode nega-la súa audacia. Necesitamos renova-lo espírito crítico do nacionalismo e o galeguismo. E para iso cómpren novas ferramentas analíticas que nos permitan renova-lo discurso e mellorala posición e a presenza no escenario social. E para facelo debemos multiplica-la nosa audacia e non ficar paralizados polo medo ó incerto. Só retando os nosos límites seremos quen de renovarnos. As ideoloxías invariables son como a auga estancada que acaba enxendrando réptiles no seu interior.


En canto á inmersión lingüística, nada rexeitable hai nela: máis ben todo o contrario. É unha estratexia probada e confrontada con grande éxito en todo o mundo para promove-la aprendizaxe lingüística, tanto de linguas minorizadas como maioritarias. Sen dúbida, resulta paradoxal rexeitar tal estratexia para aprende-lo galego en Galicia mentres se ve con bos ollos para adquiri-lo inglés en Madrid. Tal contradición si que é ideoloxía pura (no mal sentido da expresión) e carente de calquera base real ou sustento empírico.

Como se sente un galego explicando o que ti explicas na Universidade de Wisconsin-Milwaukee… Cal foi e é a acollida? A acollida en Milwaukee foi moi boa, e sen dúbida a experiencia de vivir e entende-lo contexto bilingüe no noso país foi moi útil para entende-lo bilingüismo inglés-español nos EEUU, que porén tampouco é homoxéneo. Un decátase do importante que é a autoestima e o amor (non só querencia folclórica) polas raíces para preserva-la lingua propia. Por outra banda, nos EEUU hai unha gran valoración do que sabes e queres facer, antes que de quen vés sendo. Eu cando cheguei alí non coñecía ninguén no meu traballo nin me preguntaron con que partido, tendencia ou parroquia ideolóxica simpatizaba antes de contratarme. Esas cousas axudan a un a sentirse acollido. Percibes ou percibiches conciencia clara da cultura galega por parte da sociedade británica ou americana? Nos EEUU, nin da galega nin da española. Aínda que o país é moi grande e diverso. En xeral, a conciencia sobre Galicia adoita vir da existencia de galegos nesa zona, algo que en Wisconsin non acontece. A emigración (diáspora, galeguidade ou como lle chamemos) ten unha transcendencia infinitamente maior do que algúns pensan: sen ela Galicia probablemente non sería coñecida fóra da Península. Aínda que o Camiño de Santiago tivo tamén unha función importantísima en Europa e en certos grupos (sobre todo xente nova e clases medias) dos países desenvolvidos. A verdade, vivir durante unha década lonxe da Terra (no meu caso entre o Reino Unido e os Estados Unidos) é todo un exame á querencia por Galicia e a nosa lingua. Para min, simplemente non ten sentido, non é concibible estar no mundo, emocionalmente falando, se non é desde unha perspectiva galega.

Na actualdade, cal é a diagnose e "farmacoloxía" lingüística que ti aplicarías para saír desta patoloxía, que insisto, para min non ten outra cura que a inmersión sen máis? Eu máis que de farmacoloxía falaría de terapia (psico)sociolingüística. Os individuos son moito máis que química. E se tivese que acudir ós fármacos utilizaría máis a


homeopatía que a medicina convencional, á que só recorrería en caso de necesidade extrema. Ademais, debemos ter coidado ó falar de patoloxías, porque á xente non lle gusta ser tomada por enferma, sobre todo en cuestións sociolingüísticas. O que me parece importante é facer patentes as condicións que producen ou favorecen eses comportamentos "patolóxicos". E tamén reforza-las defensas do noso organismo –social e individual– galego, así como a súa capacidade de recuperación. Sería fantástico se soubésemos (re)utiliza-las condicións actuais en termos homeopáticos. A beladona –como o bilingüismo harmónico e equilibrado– é unha planta que en doses extremas mata, pero que en doses reducidas pode facer reacciona-lo corpo fronte á enfermidade e axudar a que este se inmunice.

A cultura literaria galega está a vivir a etapa talvez máis brillante da súa historia, malia os atrancos advertidos e denunciados? Eu de cultura literaria só podo falar como afeccionado, pero as persoas que saben destas cousas apuntan na mesma dirección que ti mencionas. Con frecuencia a creación –e a (re)acción– vese favorecida e alimentada por situacións de dificultade. Disque o desamor favorece a creatividade máis que o estado de namoramento… Intúo que o desamor dos actuais políticos galegos pola nosa lingua está a favorecer unha recuperación da nosa creatividade e activismo sociolingüístico moito maior do que o facía o afecto moderado e apático dos gobernos precedentes. Ademais, os políticos actuais deberían ter coidado co búmeran: pode chegar a ser un trebello moi perigoso, sobre todo no seu camiño de volta.

Constitúe unha indiscreción preguntarche cales son as túas preferencias políticas? Eu crieime de adolescente no eco-pacifismo, mais deime logo de conta da necesidade de defender alto e claro esta nación chamada Galicia. O tempo fóra non me fixo cambiar demasiado, pero ultimamente síntome de novo moi cómodo no eco-pacifismo. Encantaríame que xurdise en Galicia un político a medio camiño entre Mahatma Gandhi e Daniel Castelao.

E as relixiosas? Medrei (e sufrín) no cristianismo, e admiro profundamente o budismo. Pero antes que relixioso considérome profundamente espiritual. Para consegui-la liberación, auténtica e ecuánime, é necesario facelo lonxe de calquera dogma, for do signo que for.


Vipassana dirección.

é

unha

excelente

ferramenta

para

camiñar

nesa

O tempo é inevitábel e polo tanto imposíbel sen levar de conta o espazo? O tempo transcorre inexorablemente, non importa en que espazo te encontres e fágalo que fagas, pero hai lugares como Galicia que fan moito máis levadeiro o paso do tempo, sobre todo cando xa coñeciches e viviches en espazos tan diversos ó longo da túa vida.

Todo inevitabelmente ten unha data de caducidade? Non todo. O máis importante, o amor, non ten principio nin final, nin data de caducidade. Tampouco a solidariedade, a empatía, a ética ou a amizade – imprescindibles para seguir vivo– teñen data de caducidade.

Lévaste mellor co ensaio que con calquera outro xénero? Digamos que teño máis bagaxe e experiencia escribindo ensaio, pero leo de todo.

E a poesía, que é da poesía para un experto en sociolingüística, aínda que non todos coincidamos? A poesía para min é a conexión imprescindible co que non podemos explicar, que polo xeral é o máis importante na vida.

Tentoute narrativa?

algunha

vez

a

Claro, e sigo valorando se ten interese compartila cunha audiencia maior que os meus amigos. Tes libros aos que retornas cunha certa frecuencia? Aínda que libros como o 1984 de Orwell ou Brave New World de Aldous Huxley me impactaron na adolescencia, Carlos Castaneda é desde hai dúas décadas o meu autor


preferido. Os seus primeiros catro libros, e tamén A arte de soñar, parécenme imprescindibles.

E hai algún que non se che vai da cabeza? Sen dúbida: Viaxe a Ixtlan, de Carlos Castaneda. O capitalismo é unha besta que devora todo canto atopa no seu camiño? Con certeza, devora mesmo aqueles que se declaran anticapitalistas.

Euskal Herria, Catalunya e Galicia, tres nacións negadas polo Estado hexemónico español, polo "pensamento único";temos futuro? Teremos futuro se, primeiro como individuos e despois como sociedades, facemos por telo. Desde a liberdade, sen medo, con amor e sen excluír ninguén.

Monarquía e democracia, non semella un disparate? Como diría meu avó Ramón –fusilado en 1939 por non oculta-las súas ideas– é máis xusta e coherente a combinación de República e Democracia.

De todos os teus libros, cal nos recomendarías? Un que aínda non publiquei.

A utopía pode constituír unha avanzada do vindeiro? A utopía é imprescindible para a nosa saúde mental, individual e colectiva. Doutra maneira, o mundo tórnase demasiado aburrido e predicible.

E sen máis, polo de agora, cal é a túa opinión a propósito "reintegracionismo", praxe e discurso que me dan moito que pensar?

do

O reintegracionismo sería un proxecto fresco e suxestivo para seguir se non estivese tan contaminado pola dor das profundas feridas sociais, sobre todo pola falta de autoestima colectiva, que paraliza a poboación galega e unha parte das súas elites.


Resulta contraproducente e inútil pensar que só poidamos existir como galegofalantes se abrazámo-lo portugués. l


Domingo 15.05.2011 | Actualizado 00.00

COMITÉ

Galicia entra na Rede de Diversidade Lingüística O organismo analiza a situación dos idiomas de pequenos estados a nivel europeo REDACCIÓN A Rede europea para a Promoción da Diversidade Lingüística aprobou a adhesión da Xunta, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, ao seu grupo técnico de traballo. A función prioritaria deste grupo é que os seus integrantes analicen diferentes aspectos da política europea en materia de linguas, especialmente aquela que ten que ver coas chamadas linguas europeas constitucionais, rexionais e de pequenos estados. Deste xeito, o labor levado a cabo pretende converterse en punto de referencia europeo en termos de coñecemento e de difusión de experiencias sobre a diversidade lingüística de Europa. A adhesión do Goberno galego tivo lugar na reunión que o Comité de Dirección desta rede vén de celebrar en Tallinn (Estonia) e no que participou o departamento que dirixe Anxo Lorenzo. Galicia forma parte deste grupo de traballo xunto con Cataluña, Euskadi, Córcega, Finlandia, Frisia, Gales e Irlanda. Ademais da adhesión de Galicia, na reunión do Comité de Dirección estableceu as áreas de traballo deste grupo, entre as que se inclúen os proxectos Plurilingüismo, negocios e economía e Lexislación lingüística. No marco dos encontros celebrados esta semana en Tallinn tamén se fixo un seguimento dos proxectos que actualmente ten en marcha a Rede europea para a Promoción da Diversidade Lingüística, nos que tamén participa a secretaría xeral. Nos últimos anos, a rede vén realizando traballos arredor da toponimia, os usos lingüísticos entre os máis novos e a transmisión lingüística. Así mesmo, elixiuse a finesa Peggy Heikkinen como vicepresidenta da rede. A NPLD é unha rede paneuropea que integra un total de 28 entidades, entre as que se inclúen gobernos, organismos e asociacións que teñen como cometido a promoción da diversidade lingüística no contexto dunha Europa plurilingüe. A Secretaría Xeral de


Política Lingüística da Xunta de Galicia é membro fundador e de pleno dereito desta rede desde a súa constitución o 11 de xuño de 2008.


Martes 08.02.2011

ENSAIO

Pérez Rúa: "Hai que falar do que realmente existe" O sociólogo, gañador do Ramón Piñeiro 2009, presentou onte "Domingos de calcetíns brancos"

Máiz, esq., Freixanes, Pérez Rúa, Lorenzo e Díaz onte na presentación FOTO: AXENCIAS

A xeración nada nos anos 50 "foi a primeira en deixar a Igrexa" pero tamén a primeira que substituíu o galego polo castelán. Así o asegurou onte o sociólogo Manuel Pérez Rúa (Moaña, 1956) na presentación do seu ensaio Domingos de calcetíns brancos, a obra premiada co Ramón Piñeiro de 2009, que acaba de publicar Galaxia. A través dunha serie de 31 entrevistas realizadas a persoas nadas nesta década en Galicia, Pérez Rúa dá conta dun cambio social, evidenciado na transformación dunha cultura "autoritaria, austera e patriarcal" nos modelos actuais de comportamento liderados pola clase media. Un deses cambios foi que malia que os nacidos nos 50 e 60 se criaron nun ambiente predominantemente relixioso, "foron os primeiros en deixar a Igrexa". A obra inclúense declaracións de nove amigos de clase obreira que viviron a transformación da bisbarra do Morrazo (Pontevedra) co inicio da industria de conxelados, pero tamén con representantes do mundo da cultura, do periodismo, da política ou da economía como Víctor Freixanes -presente no acto-, Xosé M. Álvarez Cáccamo, Xosé L. Barreiro Rivas


ou Xerardo Estévez. Domingos de calcetíns brancos recibiu o premio Ramón Piñeiro 2009, un galardón concedido pola Editorial Galaxia e a Secretaría Xeral de Política Lingüística coa colaboración de Gas Natural Fenosa e o Centro Ramón Piñeiro. O director de Galaxia, Víctor Freixanes sinalou que o ensaio ten "unha significación especial" para a editorial e afirmou que a reflexión é o terceiro estadio de evolución da literatura dunha cultura, tras a lírica e a narrativa. Pola súa banda, o secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, afirmou que co premio Ramón Piñeiro o ensaio en lingua galega "ocupa o lugar que debe ter" na produción literaria de Galicia. Por último, Pérez Rúa considerou necesario que se escriba en Galicia "acerca do que realmente existe", en contraposición á "imaxinación e ó lírico". Segundo o sociólogo, no país existe "moita impostura intelectual: os columnistas dos medios galegos non saben que acontece coas caixas de aforro".

A presentación de orixinais ao premio remata o 31 de outubro Ao premio Ramón Piñeiro, dotado con 6.000 euros, poden optar as obra orixinais, cunha extensión que se sitúe entre os 200.000 e os 300.000 carácteres e que estea escrita en galego. Para a edición de 2011, o prazo de entrega das obras finalizará o 31 de outubro e a decisión do xurado darase a coñecer en decembro.


Luns 11.10.2010 |

Teresa Barro: “Levamos séculos de que se queira impor unha idea monolítica de España” Escritora // O magnífico da segunda república foi que se propuxo facer todo doutra maneira e mudar o sistema de educación e ensino POR MANUEL VIDAL VILLAVERDE

Teresa Barro é autora de ensaios como „Cartas a Rosalía‟ e „Introducción á astroloxía‟, e traballou como tradutora e profesora de tradución

Naceu na Coruña o 8 de marzo do 1936. Estudou Filosofía e Letras en Santiago e en Madrid. En 1962 casou con Fernando Pérez-Barreiro, en 1963 naceulles a primeira filla e Fernando, que era avogado sen ganas na Coruña, foi contratado pola Sección Española dos Servizos Exteriores da BBC en Londres, a onde chegaron, Teresa e a súa filla, o primeiro de xaneiro do 1964. Non traballou fóra da casa até moitos anos depois, pero empezou moi axiña a mandar artigos para a revista Grial. En 1970 Teresa, Fernando e tres galegos mais fundaron o Grupo de Traballo Galego de Londres e empezaron a mandar boletíns do grupo a Galicia, nesa primeira época principalmente sobre o ensino da lingua galega e nas etapas posteriores sobre asuntos políticos relacionados con Galicia. En 1971 publicouse en Galaxia o Plan Pedagóxico Galego do GTG. En 1981 Ediciós do Castro publicou o primeiro libro de ensaio de Teresa, Cartas a Rosalía, que


suscitou reaccións dalgunhas feministas galegas moi en contra por ter un enfoque distinto do que predominaba daquela en cuestións das mulleres. En 1983, Xerais publicou a Introducción á Astroloxía (Teresa estudou astroloxía en Londres na Faculty of Astrological Studies e considérase unha eterna estudosa desa ciencia e arte). O terceiro libro de ensaio foi Dentro e fóra, publicado por Nigra en 2002. Fixo algunhas traducións acompañadas de introducións e ás veces de notas: Contos de Andersen (O Castro 1983), Alicia no País das Maravillas, xunto con Fernando Pérez-Barreiro (Xerais 1984), que levou o Premio Nacional de Traducción de Libros Infantiles y Juveniles do Ministerio de Cultura de Madrid ( a primeira vez que levou ese premio unha tradución a outra lingua que non fose o castelán), Alicia do outro lado do espello (Xerais 1985) e Fábulas de Esopo (Laiovento 1997). Na última etapa do GTG de Londres, na que se publicaba o boletín do Grupo na internet (2002-2009), Teresa tamén publicou, xunto cós boletíns, algúns capítulos do seu libro Cartas a Emilia Pardo Bazán sobre Galicia e España que está sen publicar en papel. Deu clase de tradución ao castelán en cursos de posgrao de dúas universidades londinienses, traballou como tradutora para algúns organismos internacionais e segue traballando como tradutora para unha organización intergobernamental con sede en Londres. É correspondente da Real Academia Galega dende 2002. Chegados a estas alturas, a súa idea básica, o seu enfoque fundamental, é que o patriarcado é un sistema que afinca na sociedade o autoritarismo e a xerarquía baseada en superioridades “natas”, que todo, familia, relacións entre homes e mulleres, traballo, política e todo o demais funciona rexido por ese sistema, e que non poderá haber adianto de verdade até que desapareza. Boa tarde, Teresa. Supoño que tamén aí estará a chover como aquí, neste outono que dalgunha maneira poderá recordarche á túa Coruña de nacencia… Galicia, fondo val, unha grandísima metáfora da nación obra de Ánxeles Penas, señardade galega, non si Teresa? Aínda que vivín en Londres máis de corenta anos, hai dous que me mudei a unha cidade no noroeste das illas británicas que me recorda á Coruña, batida tamén polo vento e con olor a mar, e na que a miña alma de coruñesa se sente contenta. Que hai en ti desa poesía que te habita? Eu coido que a vida e o mundo só poden funcionar ben dende o nivel poético da existencia. Aínda que se nos predica que hai que ser “prácticos”, o que queren dicir é que hai que ser conformista e adaptarse ao que hai. Pero así nada funciona ben. As persoas e o mundo necesitan funcionar desde o nivel elevado da poesía, é dicir, do espírito, porque, se non, nin nos entendemos a nós mesmos nin podemos entender o mundo no que estamos.


Queda moito que estudar e dicir, xa que logo, de Rosalía de Castro, comentábame estes días o meu colega e amigo Anxo Angueira, concordas, Teresa? Concordo de todo. Rosalía é a gran poeta da Galiza e aínda queda moito que estudar e que dicir dela. Ás veces estes grandes creadores que xorden de cando en vez no mundo, como Rosalía, que teñen unha visión tan fonda da alma e do espírito do país no que naceron, son os máis difíciles de entender. Galicia, Euskadi e Catalunya son negadas sistematicamente polo “totalitarismo español”, tanto de dereitas como da patética esquerda, aliada do neoliberalismo económico como da barbarie capitalista, desa globalización absurda máis que desesperante. Cal é a túa opinión verbo desta miña breve reflexión? Levamos séculos de que se queira impor unha idea monolítica de España que fixo moito dano. O dogma da “España unida” é moi forte, pero a España de verdade non é esa senón a outra, a que quedou afogada e esmagada polos dogmas políticorelixiosos. Toda a historia de España precisa estudo e interpretación. A interpretación máis lóxica é a de que España funcionaría mellor cunha Galicia, Euskadi e Catalunya independentes. Nós-outros, Teresa, máis que soñar, aspiramos a unha República Socialista Galega, independente, internacionalista e solidaria… Cal é a a túa opinión, o teu posicionamento? É unha aspiración que comparto, pero paréceme esencial que non se pense que con proclamar a república abonda e que iso vai traer milagres. O magnífico da segunda república española foi que se propuxo facer todo doutra maneira e mudar radicalmente o sistema de educación e ensino. Por iso a esmagaron. Derrogado o anterior Decreto de Normalización Lingüística, consensuado e asinado por todos os partidos con representación parlamentar, agora o goberno do PP (español) bota abaixo ese Decreto ben de mínimos, e establece polo “ordeno e mando” un “Decretazo”, que non é máis que un auténtico disparate, que pretende coar por bos a estolidez e os seus acólitos… Que che parece a ti…? Paréceme que é un desatino. Pero a miña opinión nestes asuntos non concorda coa de case ninguén, porque coido por exemplo que se ensinan moi mal as linguas e que o habitual é que case todo o mundo saia do ensino español (chámolle así porque non hai un sistema galego de ensino) sen saber ningunha lingua a pesar de telas “estudado” moitos anos. Trilingüismo oficial, na situación do galego, no é outro disparate máis? Isto paréceme froito da ignorancia máis terríbel en cuestión de linguas. Dá moita vergoña.


O auto-odio, e galegófobos, ten unha presenza activa que procura a morte e por tanto a desaparición do noso principal signo identitario… Podes reflexionar sobre esta miña pregunta? Galiza quedou hai moitos séculos dentro do reino de Castela e por iso a súa historia lingüística é moi diferente da de Catalunya, que seguiu separada de Castela e falando na súa propia lingua. Por esas circunstancias históricas, e pola separación de Portugal, na Galiza a lingua dominante virou pouco a pouco ó castelán. A lingua galega foi quedando acantoada e en mans dos que non podían nin sabían defendela, e con iso colleu mala fama. Eu non creo que sexa auto-odio, senón unha cadea de circunstancias que habería que estudar e tentar entender. Nesas circunstancias, o que pasou en Galiza tería pasado en calquera outro país. O que non quere dicir que non se poida corrixir. A literatura galega –en termos xerais– non está a vivir (pese aos perversos atrancos fascistas) un dos momentos máis brillantes da súa historia? Bótasen en falta persoas capaces de exercer crítica aguda e de xulgar con agudeza e imparcialidade. Os estudos universitarios non poden suplir esa visión e discernimento que antes había, esa peneira á que hai que someter sempre a vida cultural dun país. Non parece haber intelectuais, persoas como Cunqueiro ou Carvalho Calero, que poidan axudar a separar o gran da palla. Que libro pensas publicar de aquí a pouco? Teño un escrito sobre Galiza e España en forma de cartas a Emilia Pardo Bazán, pero vai depender de que encontre quen o publique. De momento non houbo sorte. Con respecto aos credos relixiosos, cal é a túa actitude ou posicionamento? Coido que a maioría das igrexas, e xa non digamos a católico-romana, funcionan como empresas comerciais e matan o espírito. Falan en nome da relixión pero non parecen crer en nada porque, se non, non farían o que fan nin dirían o que din. Non pode ser bo, nin para as relixións nin para a gobernanza das nacións, que as igrexas teñan poder político e económico. Os fieis de cada relixión debían pagar polos servizos que queiran ter. Igrexa e política nunca debían ir xuntas. A definición do tempo pode ser un enigma de difícil solución entre o amor, a vida e a morte? O amor é mais eterno que a vida e a morte, que son deste mundo. Poderías imaxinar a fermosura e o fascinio do caos? O caos, polo menos no universo no que vivimos, é parte esencial da creación. A creación vén sendo en parte darlle forma ao caos e pode que a visión e o fascinio do caos sexa preciso para o creador.


Cal sería a posíbel diferenza entre o fracaso e a derrota? As dúas cousas parécenme moi relativas e parte esencial da vida. Cada un de nós ten que pasar por fracasos e derrotas para subir esa montaña que todos temos que subir para chegar a ver o que vale a pena ou non, para vivir a nivel “poético”, que é o que funciona. O camiños da liberdade son diversos, e posibelmente sexan de risos e acedume, solicito Teresa, a túa reflexión, podes? Os camiños da liberdade son difíceis e esixen iso que chamamos heroicidade para non ir polos camiños máis doados do conformismo, a dependencia e deixar que outros pensen por nós. Pero sen liberdade non pode haber contento. Algún día estourará o canto dos homes e mulleres libres e solidarios? Estou segura de que así será e de que talvez non estea lonxe, aínda que non o pareza. Para que iso suceda ten que haber un salto de “conscienciación”, de entender os erros do pasado e abrir un futuro que non sexa unha repetición deses erros. O mar calmo ou irado suxíreche a anguria da eternidade e da morte cal envés da beleza, tal como explicaba Mallarmé? O mar é sempre beleza, calmo ou irado, e dáme unha visión do mundo moito máis exacta, das forzas e dos perigos, da vida e da morte. A revolución pode ser definitivamente pacífica, ou transcende e transgrede a espida realidade? A revolución, para que o sexa de verdade e non quede en que todo siga igual aínda que manden outros, ten que ser moi fonda e moi interior, ten que vir da ansia de que muden as cousas e acabe o que está mal ou se fai mal. Non creo na paz a ultranza que encobre inxustizas. Sempre retornas a algún libro en concreto? Acudo de cando en vez a Rosalía e a Blake. Entre a mentira e a verdade, que fronteiras habitan…? Hai que aspirar a descubrir a verdade, pero non é doado e é unha tarefa que pide moita dedicación. Para min o máis importante é ser fieis á busca da verdade, non parar nesa busca nin aceptar como verdades o que talvez sexan enganos e mentiras.

Comparte en


Mércores 19.01.2011

Galicia

IDIOMA

Gloria Lago: "A Xunta trátanos a patadas" "Seguirei adiante caia quen caia", di REDACCIÓN A presidenta de Galicia Bilingüe, Gloria Lago, asegurou nunha entrevista a Es Radio, que a Xunta a tratou "literalmente a patadas". Na súa opinión, "se antes os fanáticos radicais" facían campañas de "acoso" contra ela, agora son os "oficiais", os que intentan "atacala". Lago criticou a política lingüística do goberno galego. "Non hai nada en castelán nin nos edificios oficiais nin nas comunicacións que reciben os cidadáns", denunciou. A presidenta de Galicia Bilingüe asegurou que a Xunta está a facer un "adoutrinamento" no ensino e acusou a Núñez Feijóo de "nin cumprir nin parecer querer cumprir" as súas demandas. "Agora son os "oficiais" os que intentan atacarme desde o punto de vista persoal, difamarme, ata pois facerlle dano á familia; e iso é triste dicilo pero teño que dicilo; e ademais teño que dicir que parte diso estao facendo xente do Partido Popular" Malia todo, Lago afirmou que vai seguir adiante cos propósitos da súa asociación "caia quen caia", aínda que "ó PP lle moleste non poder gobernar tranquilos".


Sábado 23.10.2010

MANUEL DOURADO DEIRA ARDENTÍA

Idioma, fala, situacións e actitudes MANUEL DOURADO DEIRA Creo recordar que, cando Pondal ía por La Cueva da Coruña para se reunirse cos seus contertulios de lecer, topaba con moita frecuencia con mociñas e mozas que sempre lle falaban en castelán ou castrapo. E dise que o Poeta de Bergantiños, cun pícaro sorriso, lle replicaba: "Falade galego, neniñas, falade galego ". Evócame isto o artigo do combativo Carlos Callón titulado Porque si, porque me gusta, parodiando o famoso poema de Celso Emilio "porque si, porque me peta". Nese artigo, Carlos formula regras e situacións sobre como debemos comportarnos en tales casos e sempre fuxindo das ideoloxías e das estériles disputas, sempre negativas. Nos tempos que vivimos e cos ventos que sopran son útiles para aqueles que queremos que o noso idioma sobreviva. Respecto disto, sempre distinguín entre idioma, como o código de signos que constitúen, debidamente sistematizados, o medio de expresión dunha comunidade ou dun país, e a fala, que vén ser a realización concreta, tanto nos colectivos (aldeas, comarcas, vilas, sectores sociais...), coma nos mesmos individuos. Non fala o mesmo un andaluz ca un manchego; un galego do interior ca un da costa. Pero o idioma, o castelán por exemplo, é o mesmo. Por iso se producen situacións interlocutivas, en que un dos dous ou varios, se se trata de grupos, se pasan automaticamente ao idioma predominante en prexuízo do idioma propio. Ocorre isto con tal frecuencia entre o castelán e o galego. E, polo que a un servidor respecta, houbo un tempo no que eu, que sempre falo e escribo en galego, tiña como principio o de que, se me falaban en castelán, automaticamente contestaba en castelán, inda que foran galegos e mesmo veciños moi próximos e moi ben coñecidos.


Pero alguén advertiume: pero, por que fas iso? ¿Non te decatas de que así lle fas o xogo sucio e renuncias ao teu dereito a falar en galego? Isto fíxome reflexionar. E cheguei á conclusión de que o meu interpelante tiña razón. A partir dese momento, rectifiquei e, xeralmente, continúo o diálogo ou o coloquio (se é un grupo) en galego, salvo que, entre os seus membros estea algún foráneo no que se nota que non comprende de nada, pese a que pon todo o seu interese e atención para comprender. Incluso, se me deron casos nos que os meu interlocutores eran casteláns (madrileños, cataláns, andaluces, etc.), que veñen pasar tempadas longas (vacacións, por exemplo) que comprenden o galego, entón non cambio de idioma. E moitos deles téñenme solicitado, ao final, que lles siga falando en galego porque desexan aprendelo ben. Claro que, moito depende da actitude que amoses nestes casos. Unha pose como de soberbio arruallo a xeito de afirmación imposta do teu idioma á trágala, entón é mellor que te subas a un monte ben alto e escabroso a ver se atopas unha cabra montesa que che poida servir de compañeira e de interlocutora. Prestarás un moi mal servicio ao idioma de Galicia..


Martes 11.01.2011

MIGUEL ANXO FERNÁN VELLO CADERNO ABERTO

Idioma, historia e territorio MIGUEL ANXO FERNÁN VELLO Aínda existindo un Estado, o español -transmutado en nación: España-, moi activo secularmente á hora de reducir a diversidade cultural e lingüística aplicando sobre nós un modelo claramente unificador, o idioma galego segue vivo e resistente como lingua propia no seu territorio propio. Como di a Declaración Universal dos Dereitos Lingüísticos, a denominación lingua propia dun territorio fai referencia ao idioma da comunidade historicamente establecida nese territorio, e resulta evidente no caso galego, idioma con 2 millóns de falantes aquí e agora, que para poder convivir natural e harmonicamente tal número de falantes foi e é imprescindíbel a existencia histórica e actual dun territorio particular e propio. E, fíxense vostedes, a caverna etnocida atrévese a dicir que "los territorios no tienen lengua". ¡Como se as linguas non se desenvolvesen ligadas a un territorio habitado por seres humanos! ¿Acaso non existe unha instancia social e antropolóxica (conciencia de pobo), unha instancia territorial (o espazo físico onde ten lugar a comunidade) e, finalmente, unha instancia histórica e de carácter lingüístico (a creación e a progresión dunha lingua popular nun determinado territorio)? Fixémonos, por exemplo, no catalán. A lingua catalá formouse entre os séculos VIII e X nos territorios do Imperio Carolinxio que formaban os condados da denominada Marca Hispánica. Posteriormente, durante os séculos XII e XIII, foise estendendo cara ao sul e cara ao este, debido ás conquistas territoriais da coroa catalanoaragonesa, ficando establecida a fronteira lingüística no final do reinado de Xaime I. ¿Alguén dubida hoxe sobre o feito real de que o idioma catalán se estende sobre 68.000 km², divididos en sete territorios distribuídos en catro Estados? ¿Que son senón territorios Andorra, Alguer (Italia), Cataluña, Baleares, Comunidade Valenciana, a Franxa de Ponent (zona oriental de Aragón) e a Cataluña Norte (Francia)? Idioma, historia e territorio son realidades que van xuntas e que resultan innegábeis.


Mércores 12.01.2011

COMPOSTELA

Culmina a achega de inéditos de Novoneyra Cochón e Girgado presentan hoxe o segundo volume de "Celebración" MARÉ Os investigadores Luís Cochón e Luís Alonso Girgado culminan a súa serie de publicacións sobre Uxío Novoneyra con Celebración de Uxío Novoneyra, II, novo tomo publicado polo Centro Ramón Piñeiro que se presenta hoxe, ás oito da tarde, na Biblioteca Ánxel Casal de Compostela. O volume, no que tamén participaron Élida Abal e Alexandra Cillero, recolle pregóns, artigos e presentacións do escritor, ademais dun conxunto de poemas inéditos (ou case) e achegas epistolares con Piñeiro, Otero Pedrayo, Manuel María, Ferrín ou Agustín García Calvo. Deste xeito, a nova entrega serve, especialmente, para afondar no universo de relacións que o poeta courelao tendeu ao longo da vida: desde Lugrís a Roberto Andrade pasando por Lupe Gómez, Cuña Novás, Manuel Lueiro ou Ánxel Fole. Novoneyra, escribe Ferrín, foi un home ao que lle medraba o corazón nos grandes ritos da reciprocidade".


Venres 24.12.2010

MIGUEL ANXO FERNÁN VELLO CADERNO ABERTO

Inmersión lingüística MIGUEL ANXO FERNÁN VELLO Dixo o novo director da Real Academia Española, José Manuel Blecua, que o modelo de inmersión lingüística nas escolas catalás é absolutamente necesario para que o idioma catalán sobreviva: "Só a inmersión lingüística pode salvar da presión do castelán". Máis claro auga. E quen o di, con toda honestidade intelectual e coñecemento da realidade, é o "catedrático de Lingua Española máis antigo de Catalunya". Por iso, cando o Tribunal Supremo español lle dá a razón a tres familias catalás -xa poden vostedes imaxinar a ideoloxía política reinante nesas familias- que solicitaron poder escolarizar os seus fillos en castelán, obrigando a equiparar o castelán ao catalán como lingua vehicular do sistema educativo de Cataluña, o alto Tribunal terá, como ten, poder sentenciador de alto nivel -ninguén llo nega-, mais a razón pedagóxica, a razón humanística -¿como non permitir que sobreviva o idioma propio e histórico de Cataluña?- e o designio político democrático do pobo catalán están por riba de calquera resolución, continxente no plano político, dun tribunal formado por seres humanos falíbeis. Resulta que, segundo o último informe PISA, os estudantes en Cataluña -onde dende o ano 1983 se leva a cabo de xeito impecábel un modelo educativo de inmersión lingüística- teñen "un nivel superior de coñecemento e dominio das linguas (incluído o castelán, naturalmente) que os do resto do Estado español", existindo ademais en Cataluña -así o constata o informe PISA- un nivel de compresión lectora en castelán superior ao de moitas comunidades plurilingües. ¿Quen quere dinamitar o progreso democrático, educativo, cultural e humanístico que está a vivir Cataluña? ¿Acaso a Unesco non avala cientificamente o método pedagóxico de inmersión lingüística? Como ben acaba de lembrar Duran i Lleida, até o propio presidente da Comisión da Unión Europea recomendaba non hai moito o


sistema lingüístico vixente nas escolas catalás para outros estados membros da UE de características semellantes. Seguiremos reflexionando…


Martes 28.12.2010

MIGUEL ANXO FERNÁN VELLO

Lectores de poesía |MIGUEL

ANXO FERNÁN VELLO

Di Emma Pedreira nunha entrevista que lle realiza o xornalista e escritor Alberto Ramos que nos colexios "non se forman lectores de poesía". E ben que leva razón a poeta coruñesa. Como di a profesora e escritora arxentina Rita Gardellini, autora dun interesante libro titulado Alumnos lectores, alumnos escritores, "os alumnos -a medida que avanzan na escolaridade- diminúen o seu interese en todo o relacionado coa lingua. As súas producións presentan unha gradual desidia, coroando nos anos superiores nun evidente fastío e rexeitamento por todo o literario". E engade a autora as seguintes palabras dabondo clarificadoras: "No contexto de "encerro urbano" sufrido e padecido en maior medida polos nenos, tense implementado un sistema mediático, abusivo e masificado, que os somete a levar os seus momentos de lecer a actividades pouco estimulantes e creativas, as cales os condicionan a posteriores tensións e actitudes agresivas. Recuperar o espazo que a arte da palabra tiña na nenez debe ser o compromiso e a meta dunha escola que pretende desenvolver e estimular cidadáns que se adentren na cultura e no dominio positivo da civilización na que viven". En realidade, os nenos viven hoxe nun mundo de imaxes de televisión ou servidas en pantallas ad hoc e xa están a un paso mesmo do mundo do ciberespazo. E os profesores, con algunha, poucas excepcións, ou non están preparados para formar creativamente lectores de poesía nas aulas e traballar co xénero ou desprezan o que Gianni Rodari afirmaba encol da poesía como instrumento educativo: que é un dos máis poderosos excitantes da imaxinación. Se non se crean lectores de poesía no período escolar e académico -aí a etapa adolescente xoga un papel fulcral-, dificilmente poidan existir bos lectores de poesía no futuro. En tempos de crise como os que vivimos, deberían animarse máis os profesores a cultivar entre os seus alumnos a única arte posible (María Zambrano dixit) que permite abrir os ollos -léase aquí formar a intelixencia- a través da palabra..


Mércores 12.01.2011

LEI DE CONVIVENCIA

A CIG comina a Educación a retirar o anteproxecto A central maioritaria no ensino non universitario asegura que a maioría dos docentes rexeitan unha norma pensada obviándoos REDACCIÓN . SANTIAGO

Unha nena no seu pupitre nun colexio ferrolán FOTO: KIKO DELGADO

O Anteproxecto de lei de convivencia e participación da comunidade educativa presentado pola Xunta este nadal segue espertando o rexeitamento sindical. A Consellería de Educación emitía onte un comunicado no que o seu titular, Jesús Vázquez, salientaba a súa intención de "acadar o consenso máis amplo posible" e lembrou que os vindeiros días 24 e 28 de xaneiro, o Observatorio da Convivencia e o Consello Escolar de Galicia analizarán o borrador, para o cal xa están presentando alegacións. Pola súa parte, a CIG-Ensino enviáballe unha carta afeándolle ó conselleiro "prácticas nada democráticas nin participativas", como é agardar ás vacacións natalicias para presentar o proxecto "coa pretensión de que teñan a mínima resposta posíbel". Neste sentido, critica o paradoxo que que o conselleiro anuncie unha lei para pór en valor a función docente e a participación, pero "axilice a súa tramitación no Consello escolar e se furte a súa negociación na Mesa Sectorial". CIG-Ensino asegura que a maoría dos


destinatarios da lei rexéitana e teima en denunciar a verdadeira intención da Xunta, que, ó seu ver, lonxe de prentender o principio de autoridade do profesorado nin a redución da conflitividade, o que pretende é "dar cobertura legal á consulta ós pais para reducir a presenza do galego nas aulas". Xa que logo, a CIG comina o conselleiro a "rectificar" e retirar o anteproxecto, para reabrir un amplo debate, convocar a Mesa Sectorial e elavorar "unha verdadeira Lei do sistema educativo galego. Ó ver do sindicato, que nas últimas eleccións sindicais acadou unha representación de máis do 43% do profesorado, a resposta satisfactoria á necesidades da educación pasarían pola dotación de profesorado e a redución do alumnado por aula, así como incrementar os recursos para garantir a igualdade de oportunidades e a atención á diversidade. Sen esquecer "a restitución dos nosos salarios". Este é, salientan, o verdadeiro camiño para acadar a "autoridade que precisa e demanda o profesorado galego". Tamén FETE-UGT emitiu onte un comunicado no que recolle o sentir do profesorado, "tras facer unha consulta cos centros, circunstancia imposible antes da data do 10 de xaneiro, por estar os centros pechados, razón pola cal a Consellería non pode sacar ningún cambio normativo que afecta ás condicións laborais dos docentes". Alegacións ata o vindeiro 18 Os membros do Consello Escolar poderán presentar as súas alegacións ata o día 18, e dous días despois a comisión permanente elaborará un ditame provisorio. Sobre este texto aínda se poderán facer novas emendas ata o 25. O Observatorio da Convivencia aceptará suxestións ata o día 17. Logo, o texto, pasará a debate no Parlamento, co que se "enriquecerá" coas achegas de todos os estamentos políticos, sindicais e sociais de Galicia, di Educación. A CERNA

Autoridade, sancións rápidas e uniforme A lei de convivencia proxectada pola Xunta contempla a condición de "autoridade pública" para os profesores, de xeito que contarán con "protección xurídica" específica e con "presunción de veracidade". Entre as facultades que este texto lles concede ós docentes está tamén a de requisarlles ós alumnos calquera substancia ou obxecto que non estea permitido polas normas do centro -como o móbil- ou "perigoso". Entre os obxectivos da futura norma está xerar "un marco xurídico" que permita "unha resposta inmediata e reeducadora" fronte ós comportamentos "que perturban o clima na aula". Así, trátase de reducir á metade os prazos de aplicación das sancións. Neste eido, a norma inclúe unha clasificación das condutas en levas e graves, entre as que se inclúen agresións, discriminacións, baleiro social, difusión de imaxes ou información que atente contra o dereito á honra, á intimidade persoal e familiar e á


propia imaxe; e o acoso escolar e o ciberacoso. Para isto, a norma prevé protocolos de prevención, detección e tratamento ós plans de convivencia dos centros. Amais, os centros públicos poderán determinar normas sobre a vestimenta, como o uso dun uniforme, "contando coa aprobación do Consello Escolar". Cuestións como a prohibición do veo islámico quedan tamén en mans dos colexios.


Martes 16.11.2010

17 DE MAIO

Letras siamesas Sacan á luz uns diarios de Lois Pereiro que rompen os tópicos sobre a obra do escritor ao que lle dedicarán o Día das Letras do 2011 ANTÓN LOPO . SANTIAGO

Lois Pereiro e Piedade Cabo pasean polas rúas de Berlín en 1983, nunha foto feita por Fernando Saco FOTO: AXENCIAS

A idea máis estendida é que Lois Pereiro, escritor ao que se lle dedicará no 2011 o Día das Letras Galegas, deixou unha obra literaria tan intensa como reducida. A tese asentaba en que nos seus dous libros publicados en vida, Poemas 1981-1991 e Poesía última de amor e enfermidade (1995), non chegaban a cen as composicións e a súa novela Náufragos do paraíso -rescatada hai anos por Manuel Rivas para a revista Luzes de Galiza- era un texto inconcluso co aliciente, iso si, de descubrir as vertentes narrativas do poeta. Pero a realidade parece que é moi diferente: Positivas achegará aos lectores nos próximos meses Conversas ultramariñas, o emocionado diario que Pereiro escribiu durante tres meses en 1995. ¿Por que non saíra aínda á luz este texto, considerado por Paco Macías, o director de Positivas, como o mellor do escritor monfortino? As razóns son varias pero o segredo, como todo na poesía de Pereiro, está en Piedade Cabo, a muller que foi o seu "siamés", como a el lle gustaba chamala incluso despois de 1985, cando rompen a súa relación de parella e inician unha amizade alén do amor e da urxencia sentimental.


En 1995, Piedade Cabo pasou tres meses en San Francisco (California) facendo un curso inglés. Para poder soportar o gume diario da súa ausencia, a ansiedade da separación física, Lois Pereiro escribiu un diario que lle enviou por carta en dúas entregas, a última cando ela xa regresara a Galicia. Ata agora, Piedade Cabo gardou o texto nun caixón, en parte pola súa natureza íntima e en parte porque sente aversión polas obras póstumas. Porén, todo parece indicar que Pereiro era consciente da trascendencia dos diarios e de que o texto estaba listo para editar. Nunha anotación, a xeito de testamento, indícalle mesmo que poderá usalo se precisase os cartos. O que a decidiu a rescatar o orixinal non foron os cartos, senón a certeza de estar ante unha obra imprescindible para entender o mundo do autor, nacido en Monforte de Lemos en 1958 e morto na Coruña en 1996. Os diarios diríxense expresamente a Piedade Cabo, protagonista xa de boa parte dos seus abondosos poemas de amor coa denominación de P. ou, incluso, como Piedad noutros textos. Piedad faise especialmente presente en Poemas para unha loia (Espiral Maior 1997), onde se recollen os textos aparecidos na revista Loia, editada en Madrid a mediados dos setenta por Manuel Rivas e Xosé Manuel Pereiro, irmán do poeta. No volume aparece tamén Modesta proposición, o impactante alegato político que lle publicou Luzes de Galiza en 1996. Conversas ultramariñas acaba converténdose nunha prolongación dos trazos que xa se apuntan nesa Modesta proposición, pero desde unha clave interna: Trátase dunha crónica escrita na encrucillada onde Pereiro se debateu ao último da vida. Unha encrucillada que fai referencia ao amor e á súa transformación nun sentimento de direccións múltiples, case místico, pero unha encrucillada pola que tamén transita o seu radical cambio na forma de concibir o acto da escrita e na forma de entenderse a si mesmo como escritor. O texto, ao cabo, amosa a dirección cara a que se encamiñaba o máis enigmático, carismático e complexo poeta da chamada Xeración dos anos oitenta. O EDITOR

Paco Macías: "O libro desmitifica a Lois Pereiro e mellórao" O director de Edicións Positivas, Paco Macías, cualifica de "auténtica marabilla" Conversas ultramariñas, un título que entra no seu catálogo para convertelo, xa definitivamente, no editor por execelencia de Pereiro. En Positivas, apareceu en 1991 Poemas, libro inicial que daquela ninguén lle quería publicar e que Macías asumiu "como unha aposta pola poesía". Algo semellante, aínda que en 1995 xa había máis interese editorial pola figura do poeta da dor, ocorreu con Poesía última de amor e enfermidade, un poemario onde Pereiro renova a escrita para deixar o que moitos consideran -e el así o dicía- o seu testamento literario.


Para Paco Macías, que non se considera "un mitómano", publicar o único inédito que deixou o próximo homenaxeado co Día das Letras non supón "unha alegría especial", pero si lle satisfai que Conversas ultramariñas sirva "para desmitificar a imaxe de Lois Pereiro e para mellorala: son cartas de amor pero tamén terxtos que deixan traslucir un home combativo, un home que case se quere converter nun guerrilleiro".


Martes 11.01.2011

HOMENAXE

Liberdade e incerteza O Concello de Ferrol celebra o centenario do nacemento de Carvalho Calero cunha escolma de cartas e escritos persoais PATRICIA HERMIDA . FERROL

Ricardo Carvalho Calero (dereita) retratado xunto a dous dos seus grandes amigos: Fernández del Riego e Álvaro Cunqueiro FOTO: AXENCIAS

Durante os primeiros tempos da posguerra, os hospitais, campos de touros e conventos de España convertéronse en improvisados cárceres para os presos republicanos. No convento de Santa Úrsula (Xaén), permaneceu retido Ricardo Carvalho Calero: cumprindo unha condena de doce anos e un día por loitar no bando da República durante o fratricidio de 1936-1939. Outro profesor de orixe galega, o político Julián Besteiro, tamén sufría o presidio en Andalucía: limpando latrinas en Carmona (Sevilla), ata a súa morte en 1940. Naquela iniciada longa noite de pedra, Carvalho Calero rabuñou a filosofía do seu destino: a vida como liberdade e incerteza. Cun lixeiro atraso, a cidade natal do filólogo nado en 1910 celebra o centenario da súa chegada ao mundo. O Concello de Ferrol presenta unha publicación con imaxes, cartas e reflexións de Carvalho Calero sobre as pegadas da morte, a guerra e a represión. Carvalho Calero, de Ferrol para o mundo. Imaxe de cen anos recompila o seu intercambio epistolar con outros soldados da lingua galega: uns novísimos Álvaro Cunqueiro e Francisco Fernández del Riego. Os tres saen retratados entre garavatas de lazo e cigarrillos, nunha foto inmortal. Naqueles días de universitario en Santiago de Compostela, nacen as primeiras inquedanzas políticas. Pero as literarias xa


apareceran aos 14 anos, cos versos publicados en EL CORREO GALLEGO por un tal Ricardito Carballo dende Ferrol. Entón cantaba á "madre luna, luna bella". Nos primeiros días da República as reflexións xa incidían na defensa do idioma galego: "O peor que lle pode pasar ao galeguismo é convertirse nunha xuntanza de exaltados visionarios sen método nen mesura. Non vos concitedes odios. Sede enemigos cordiais". En 1932, Ricardo presentaba unha conferencia Castelao en Ferrol. Un ano despois, amosáballe a Fernández del Riego por carta o seu malestar: "Paréceme moi mal que falaras en castelán no mitin escolar, os estudantes de Santiago coñecen o galego". O estoupido da Guerra Civil sorprende a Carvalho Calero en Madrid, onde tentaba estabilizarse como profesor. Combateu no sur da capital, como membro do batallón republicano Félix Bárzana, e chegou a tenente. En 1961, lembraba o seu pasado coas armas "Non sei se matei// Estiven na trincheira // Non vin o meu nemigo // Disparei..." Trala vitoria do bando nacional e preso en Santa Úrsula, Ricardo escribíalle a Fernández del Riego a finais de 1940, en castelán e con amargura: "Estoy condenado a 12 años y un día de reclusión. Que este tiempo se haya de reducir o no, es cosa que ignoro. Comprenderás que no puedo contestar sobre si volveremos a vernos pronto". Cartas, certificados e pseudónimos na prensa escrita relatan as trabas sufridas por Calero para exercer a súa profesión na posguerra. Unha citación xudicial de 1944 amosa que tiña que presentarse todos os meses ante os xulgados como ex presidiario de guerra. "Regresei a Ferrol e adiqueime ao ensino privado de forma clandestina: non podía estar colexiado á consecuencia da condena que se me impuxera", admitirá en Conversas en Compostela. Coa súa Licenciatura en Dereito e a súa experiencia como profesor, empezou a dar clases particulares ou en colexios privados. En 1950 iniciaría a súa docencia en Lugo. E por fin en 1965, cumpriríase o seu soño: convertíase en profesor de galego na Universidade de Santiago. Xa en 1972, tomaría posesión da primeira Cátedra de Lingua e Literatura Galega. O prezo pagado por acadar a liberdade merecera a pena. INAUGÚRASE O DÍA 18

Anticipo dunha exposición O libro documental recolle, ademais, parte da documentación que se poderá ver na exposición que se inaugurará o 18 de xaneiro e na que colaboraron a Biblioteca do Parlamento galego, que cedeu manuscritos e libros do homenaxeado, e a TVG, que achegou material documental. A exposición estará integrada por libros, fotografías, escritos, documentos sobre diferentes etapas da vida do pensador ferrolán e obxectos persoais como plumas, o seu birrete, a súa medalla de membro da Real Academia Galega, o seu reloxo de pulseira ou ata o seu chisqueiro.


A continuación, procederase á dixitalización de todo o material que sexa posible coa intención de envorcalo posteriormente en paneis, que se manterán como patrimonio do Concello, a modo de exposición. O obxectivo último é poder ofrecerlles este material a centros educativos, entidades ou institucións que desexen profundar na vida e obra de Carvalho Calero.


Luns 17.01.2011

REFORMA

Lingua e territorio Ramón Aleu, do PSC, será mañá o primeiro senador que se dirixa nun dos idiomas cooficiais ao Senado nun plenario ordinario REDACCIÓN/EFE . SANTIAGO

Xornada de portas abertas celebrada no Senado, que a partir de mañá acolle ademais o uso normalizado dos idiomas cooficiais FOTO: efe

Un senador do PSC, Ramon Aleu, será mañá o primeiro membro da Cámara Alta que se dirixa ó hemiciclo nunha lingua cooficial, no seu caso o catalán, grazas á reforma regulamentaria que vai permitir empregar este idioma, xunto ó galego e o vasco, nas sesións plenarias do Senado. Non será a primeira vez que na Cámara Alta se escoiten discursos nestas linguas, posto que o seu uso permitíase nas sesións da Comisión Xeral de Comunidades Autónomas, pero si é novo que os senadores poidan empregalas para expresarse ante o hemiciclo, é dicir, en sesión plenaria. Iso si, para poder entenderse deberán axudarse dun servizo de tradución simultánea que, a xuízo do Partido Popular (PP) é excesivo ante o feito de que todos os senadores entenden o castelán. Calcúlase que o custo por cada sesión será de 12.000 euros. Deste xeito, cando Aleu suba á tribuna para defender unha moción da Entesa Catalá de Progrés sobre abandono e fracaso escolar, os senadores que non coñezan o catalán terán que facer uso dos auriculares adquiridos pola Cámara para poder escoitar a tradución ó castelán de canto diga este parlamentario.


Aínda que a reforma non conta co apoio do PP, grupo maioritario no Senado, os que si a defenden falan ata dun "feito histórico", como apunta o propio Aleu, voceiro da Entesa."Este paso adiante é un recoñecemento de España tal e como é, precisamente no Senado, que é a Cámara onde están representados os diversos territorios de España. Un recoñecemento de España polo que significa de respecto ós seus territorios", di. Para Aleu, o paso é transcendente porque o Senado é a Cámara territorial e o feito de que nela as linguas oficiais estean "representadas, impulsadas e respectadas", non só "fortalece" a institución, senón tamén o Estado das Autonomías. Desde o grupo de CIU, o seu voceiro, Jordi Vilajoana, ve como un "acto de normalidade" o emprego das linguas cooficiais, ademais dun mandato constitucional, xa que a Carta Magna di que estas linguas son unha riqueza de España que hai que conservar e protexer. Sobre o seu custo económico, criticado especialmente polo PP, Vilajoana declarou: "Conseguir que os espa- ñois vexan que o conxunto das linguas é unha riqueza a protexer e a usar con normalidade, non ten prezo", e insiste en que "a mellor forma de conservar unha lingua é usala" e, sobre todo, en sitios de prestixio, como o Senado. O voceiro de CIU considera "moi bo" que o conxunto do país vexa que o Senado é unha auténtica Cámara territorial onde se falan, con normalidade, as linguas do Estado, e avoga por ampliar esta posibilidade ó Congreso. Haberá sete intérpretes, tres para o catalán e o valenciano, dous para a lingua galega e dúas para o vasco, quen traducirán as intervencións sempre ó castelán. Os intérpretes seguirán a sesión a través do sinal institucional de televisión e as súas traducións escoitaranse nos 400 auriculares habilitados para que os senadores, xornalistas e servizos parlamentarios poidan comprender todo canto se di no hemiciclo. Nos seus orzamentos de 2011, o Senado destinou ó uso de linguas cooficiais 350.000 euros polo custo da tradución simultánea e tamén para a transcrición nestes idiomas no Diario de Sesións. RECLAMACIÓN DO FISCAL SUPERIOR DE GALICIA

Defensa do galego no Eo-Navia O fiscal superior de Galicia, Carlos Varela, volveu reivindicar unha estratexia que conserve o galego na zona asturiana do Navia-Eo, onde historicamente se falou sempre. Así, durante unha intervención onte nunhas xornadas celebradas en Santiago nas que se analizou a situación sociolingüística do Navia-Eo, o fiscal Varela instou a Xunta para que estableza acordos co Principado co fin de "fomentar o emprego do galego" na área, tal e como intentou facer o goberno do bipartido. Segundo o fiscal xeral, "existe unha total desigualdade xurídica" entre os "galegofalantes de Galicia e os que falan variedades dialectais desta lingua en Asturias, León e tamén Zamora". Varela cualificou de "limbo xurídico" a situación dos "falantes de galego no Navia-Eo" e incidiu en que desde a Xunta debería traballar mediante acordos cos gobernos


limítrofes para "fomentar e salvagardar o galego neste territorio", matizou. Tamén considera interesante aumentar a presenza da radio e a televisión galegas nestas comarcas e "recuperar a toponimia galega". Con todo, quixo deixar claro que estas medidas "non teñen ánimo territorial expansivo" e que van encamiñadas a "evitar a desaparición das variedades lingüísticas do galego faladas fóra da comunidade".


Luns 10.01.2011

MIGUEL ANXO FERNÁN VELLO

Lingua e territorio Anda sempre insatisfeita a extrema dereita en cuestións lingüísticas, que tanto lle preocupan e enchen todo o seu tempo -o seu odio á lingua propia de Galicia é un raio que non cesa-, e mesmo cando se expresa un sabio como don José Manuel Blecua, novo presidente da Real Academia Española (RAE), a caverna etnocida galega atrévese unha vez máis a utilizar a ignorancia, a terxiversación e a mentira como vía para defender as súas inconfesábeis crenzas e intereses: o idioma galego é un veleno aldeán do que hai que protexerse (os nenos, os primeiros) e convén facer todo o posíbel para que o galego non teña o máis mínimo futuro. Cando as voces cavernícolas etnocidas din, por exemplo, que os territorios "non teñen lingua", habería que lles lembrar a estes temerarios o que di o Artigo primeiro do Título preliminar da Declaración Universal dos Dereitos Lingüísticos. E di así: "Esta Declaración entende como comunidade lingüística toda sociedade humana que, asentada historicamente nun espazo territorial determinado, recoñecido ou non, se autoidentifica como pobo e ten desenvolvido unha lingua común como medio de comunicación natural e de cohesión cultural entre os seus membros. A denominación lingua propia dun territorio fai referencia ao idioma da comunidade historicamente establecida neste espazo". ¿Alguén, persoa intelixente, culta e de boa fe, pode negar que o idioma galego é a lingua propia do pobo galego, establecido historicamente, e até hoxe mesmo, no espazo territorial oficialmente denominado Galicia? Se os territorios non teñen lingua, ¿como é posíbel que exista unha lingua creada por falantes en convivencia ao longo dos séculos? Calquera sabe, mesmo por sentido común, que toda convivencia -máis de 10 séculos, no noso caso- precisa dun territorio, dun espazo territorial definido e concreto. Unha cousa é a xeografía lingüística ou cultural e outra a xeografía política, tantas veces imposta, artificial e continxente. Mais de todo isto seguiremos a falar, máis polo miúdo, en próximos artigos.


Mil primaveras máis. Lingua galega e cultura, blog do Galicia Hoxe Martes, 5 de Octubro de 2010

Camiño pola lingua O vindeiro domingo, 10 de outubro, a plataforma Queremos Galego celebrará a primeira etapa da iniciativa „Camiño pola Lingua‟ , que partirá de Ourense ás oito da mañá, pasará por Tamallancos e rematará en Cea. Ao rematar a etapa plantarase unha árbore e lerase un manifesto que se completará o 31 de outubro ao chegar a Compostela. Domingo, 3 de Outubro de 2010

Reino suevo de Galicia. 1600 anos do Reino de Galicia

Hoxe comeza en Pontevedra un congreso, organizado polo Concello de Pontevedra en colaboración coa Universidade de Santiago, en torno á historia de Galicia e, en concreto, arredor da creación do Reino suevo de Galicia. Historiadores, arqueólogos, investigadores… “esqueceron” 175 anos da historia galega (dende o 410 ata o 585). Este pode considerarse o inicio doutros moitos “esquecementos” e a orixe de que no século XXI aínda descoñezamos, en gran medida, a nosa propia historia ou que a coñezamos de forma “terxiversada” pero que favorecía outros intereses e visións. Lugar: Pazo da Cultura de Pontevedra. Datas: do 4 ó 8 de outubro. Horario: ás cinco da tarde.


Máis datos en: www.reinosuevodegalicia.org. Domingo, 3 de Outubro de 2010

O circo da lingua

A plataforma Queremos Galego organiza o día 16 de outubro, sábado, en Soutomaior unha festa en torno á lingua. Haberá música, xogos tradicionais, inchables, feira do libro e de artesanía, espectáculos de rúa, mesa de debate, concerto con Güintervan, Nao, Os tres trebóns e Som do Galpom… Para non perder! Máis información en: http://www.queremosgalego.org Martes, 28 de Setembro de 2010

O prestixio social do galego A Fundación Carlos Casares presentou hoxe no Consello da Cultura Galega o Foro Mugardos Lingua e Sociedade, que, baixo o título ’O prestixio social do galego’, se celebrará os días 8 e 9 de outubro no Pazo de Rilo (Mugardos). Coordinado por Valentín García Gómez, Fernando Ramallo e Gabriel Rei-Doval, esta actividade pretende abordar como se constrúe o prestixio das linguas socialmente minoritarias, que variables definen ese prestixio e como se pode actuar sobre elas. Búscase abrir un debate teórico, reflexionar sobre o estado actual da nosa lingua e analizar casos que gardan certa semellanza co galego. No foro participarán sociolingüistas de dentro e fóra de Galicia como Glyn Williams, profesor de Socioloxía da Universidade de Gales (Bangor), Joan A. Argenter, profesor do departamento de Filoloxía Catalana da Autónoma de Barcelona ou Xosé Luis Barreiro Rivas, profesor de Ciencias Políticas da USC. Para máis información, pódese consultar a web: www.fundacioncarloscasares.org



Lunes, 27 de Setembro de 2010

Simposio ILG 2010 e Curso de presentacións eficientes para a normalización lingüística Simposio ILG 2010. Contacto de linguas, hibridade, cambio: contextos, procesos e consecuencias. Este é o título da nova edición deste simposio anual que convoca o Instituto da Lingua Galega (ILG) da USC. Desta volta terá lugar os días 2, 3, 4, 8 e 9 de novembro de 2010. Máis información: http://ilg.usc.es/ilgas/simposio_2010/

Ademais, a CTNL convoca dous cursos de presentacións eficientes para a normalización lingüística que terán lugar en Santiago de Compostela. O primeiro deles terá lugar en outubro (5, 8, 9 e 15 de outubro) e o prazo para inscribirse comezou hoxe, 27 de setembro, ás 10:00 h. Máis datos en http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=702&desc=a_ctnl_convoca_dous_cursos_de_prese ntacions_eficientes_para_a_normalizacion_linguistica Sin comentarios

Viernes, 24 de Setembro de 2010

II Certame ‘Persoeiros da Terra’ en Luou-Teo



Teo celebra, este domingo ás seis da tarde, o II Certame „Persoeiros da Terra‟. Trátase dunha centenaria homenaxe ó Sexteto Enxebre Hermanos Lamas, que se pode realizar grazas á colaboración entre a Asociación Cultural „A Regionalista‟ e o Concello de Teo. A devandita formación Sexteto Enxebre Hermanos Lamas tivo a súa orixe no primeiro terzo do século pasado, superou a Guerra Civil e “soou” ata o ano 1992. Membros das diversas xeracións que formaron o Sexteto, familiares, veciños, amizades e autoridades da Corporación municipal teense formarán parte desta festa, onde se presentará un libro, haberá unha exposición con material orixinal, actuacións en directo e diversos agasallos.

Viernes, 24 de Setembro de 2010

‘Dicionario de pronuncia da lingua galega’ Unha novidade, pola que xa se levaba tempo agardando: o Dicionario de pronuncia da lingua galega. Pódese acceder a el en http://www.scribd.com/doc/30452105/Dicionario-dePronuncia-Xose-Luis-Regueira-Version-Definitiva Outra nova interesante é a presentación, mañá sábado ás 20.00 horas na sede da Fundación Caixa Galicia de Ferrol, da obra Xosé Chao Rego. Renacer galego. Actas do simposio de homenaxe a Chao Rego. Asistirán ó citado acto o académico Francisco Fernández Rei e mais o párroco de Mandía, Xaquín Campo. Unha boa ocasión para lembrar a este senlleiro poeta e crego.

Miércoles, 22 de Setembro de 2010

A Xunta crea ‚a súa‛ Rede de dinamización lingüística “A SXPL publica no DOG unha orde pola que se crea a Rede de Dinamización Lingüística que, segundo se indica, é unha asociación voluntaria que busca congregar as entidades con competencia na promoción do uso da lingua galega. Esa Rede non atende os criterios básicos defendidos pola CTNL”… Continuar a súa lectura en http://www.ctnl.org/ Conclusión: con vós pero sen vós. Chegamos a acordo pero despois… “ti di o que queiras que eu hei faser o que me dea a ghana”. Martes, 21 de Setembro de 2010


Digalego será de pago O dicionario en liña de Ir Indo Edicións, Digalego, será de pago a partir de outubro. Así o anuncian no sitio web, que até agora conta con máis de 400.000 usuarios. A subscrición anual custará 38,80 euros, aínda que hai unha oferta de lanzamento de 19,90 euros. Haberá que ver se deste xeito continúan tendo o mesmo ritmo de consultas que até agora. Martes, 21 de Septiembre de 2010

¿Queres traballar coa CTNL? Hoxe na páxina web da CTNL aparece colgada esta proposta de traballo. Trátase, en concreto, de colaboracións puntuais que serán remuneradas pola coordinadora. Máis datos e información: http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=696&desc=queres_traballar_coa_ctnl?_buscamos_p ersoas_para_colaborar_en_diversos_proxectos_puntuais Blog do Galicia Hoxe sobre lingua galega e cultura chorimadotoxo@gmail.com

Octubre 2010 L

M

X

J

V

S

D

1

2

3

« Sep

4

5

6

7

8

9

10

11

12

13

14

15

16

17

18

19

20

21

22

23

24

25

26

27

28

29

30

31

Palabras máis usadas Avaliadores axenda banda deseñada bicicleta carta aberta Celga concursos contacto de linguas cursos

marítima decreto deportes dicionario dinamización lingüística Dodro educación ENDL estado

cultura


Formación Linguaxe administrativa mar

galego empresa

historia ies félix muriel Kiko da Silva lingua lingua galega

medios en galego Narón presentacións para a normalización Profes co

galego Retranca rianxo SXPL vídeos Xavier Ron

Enlaces 

A Mesa pola Normalización Lingüística

Diario Oficial de Galicia (DOG)

Galicia Hoxe

Plataforma a prol da defensa e promoción da lingua galega

Arriba Grupo Correo Gallego Ante cualquier duda, problema o comentario en las páginas de El Correo Gallego envíe un e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad y política de privacidad © 2010 www.elcorreogallego.es ISSN: 1579-1572 Todos los derechos reservados. Prohibida la reproducción parcial o total del contenido sin la expresa autorización del propietario.

1579-1572


Luns 21.03.2011

Debaten o uso das linguas cooficiais no Congreso español Despois do seu emprego no Senado

EDACCIÓN Os grupos minoritarios do Congreso volverán intentar mañá que se tramite unha reforma regulamentaria para garantir "canto antes" o uso do catalán, o euskera e o galego na Cámara Baixa. A proposición de lei, promovida por Esquerra Republicana, leva tamén a sinatura dos nacionalistas de CiU, PNV e BNG, así como de IU-ICV e de Nafarroa-Bai. Coa súa proposta perséguese modificar o artigo 6 do Regulamento do Congreso para permitir lles aos deputados galegos, cataláns e vascos utilizar calquera das linguas oficiais na súa actividade parlamentaria. Na presentación de escritos e iniciativas parlamentarias, a publicación das cales se reproducirá nas versións en que fosen presentados achegándose a súa tradución ao castelán, e nas intervencións ante o Pleno, a Deputación Permanente e as comisións parlamentarias. Na lexislatura pasada, o presidente do Congreso, Manuel Marín, intentou que as súas señorías puidesen polo menos, facer uso das linguas cooficiais ante o Pleno, aínda que fose de forma limitada e facilitándolles a tradución aos servizos da Cámara. Así mesmo, o texto impulsado por Esquerra tamén avoga por que os cidadáns e as institucións poidan utilizar nos escritos que dirixan ao Congreso calquera das linguas que teñan carácter oficial nalgunhas das comunidades autónomas.


Mércores 12.01.2011

MIGUEL ANXO FERNÁN VELLO CADERNO ABERTO

Literaturas MIGUEL ANXO FERNÁN VELLO A literatura catalá inclúe máis de 1.200 autores vivos, escritores e escritoras en todos os xéneros literarios, o que demostra a gran riqueza creativa, en cantidade e en calidade -existen en Cataluña escritores, como resulta ben evidente, de altísimos méritos-, que emana do idioma catalán, unha lingua que falan de xeito habitual 4 millóns e medio de persoas e que entenden máis de 10, sendo lingua propia e idioma oficial de Andorra, e lingua propia de Cataluña, Illas Baleares e da meirande parte da Comunidade Valenciana, e sendo falado tamén na Franxa Oriental de Aragón, nos condados do Rosellón e a Cerdaña (Francia) e en Alguer (Italia). A literatura catalá -o mesmo cá galega- ten máis de 8 séculos de existencia, e velaí o Forum iudicum, da primeira metade do século XII, o texto catalán máis antigo coñecido. ¿Mais é coñecida e apreciada debidamente a literatura catalá en Madrid e en España? Respondan a isto vostedes mesmos. A literatura galega, por outra banda, funde tamén as súas raíces no século XII e o seu documento máis antigo, até onde eu sei, é a Noticia de Fiadores, datado no ano 1175. Na actualidade, a literatura galega -unha das xoias da humanidade na súa etapa medieval, en opinión do Nobel Octavio Paz- ten máis de 400 escritores vivos -con algún libro publicado, enténdase, como mínimo- e constitúe, sen dúbida, a máis grande achega creativa e artística que Galicia lle fai ao mundo e, como resulta obvio, a si mesma. Mais a literatura galega no seu conxunto, clásicos e contemporáneos, tampouco é debidamente apreciada e coñecida en Madrid e por España adiante. E o mesmo lle acontece á literatura vasca. ¿Pode un Estado responsábel no século XXI descoñecer ou ignorar a riqueza das literaturas (periféricas) que conviven enriquecedoramente no seu seo? Eu lembro, por exemplo, a un Baltasar Porcel afirmando que os seus libros se editaban máis fóra (traducidos a outras linguas) que en España. E isto acontece tamén con máis autores das tres literaturas estatais que España, abúlica, despreza..


Sábado 14.05.2011 | Actualizado 06.10

LETRAS

Lorenzo pide "responsabilidade lingüística" ás empresas galegas O secretario xeral de Política Lingüística presentou onte unha campaña de Vegalsa-Eroski para repartir carteis e postais sobre Lois Pereiro DACCIÓN

Anxo Lorenzo repartiu onte algún material sobre Lois Pereiro FOTO: AXENCIAS

A Secretaría Xeral de Política Lingüística e a empresa Vegalsa-Eroski conmemoran o Día das Letras Galegas cunha campaña na que se repartirán por centos de carteis e 200.000 postais sobre Lois Pereiro. O responsable de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, e o director xerente de VegalsaEroski presentaron onte no Eroski Center de Betanzos os materiais da campaña.Deste xeito, Vegalsa-Eroski comprométese a promover o uso da lingua galega tanto no desenvolvemento da súa actividade como nas relacións comerciais e empresariais que estableza dentro da comunidade autónoma galega. Durante o acto, o secretario xeral gabou "o compromiso de Vegalsa-Eroski coa lingua galega", ao tempo que incidiu "na importancia de que as empresas que operan en Galicia incorporen a responsabilidade lingüística ao ideario da súa responsabilidade social, que se pode concretar en compromisos de diversa natureza e alcance".


Por outra banda, Anxo Lorenzo explicou que as imaxes dos carteis e das postais sobre Lois Pereiro foron seleccionadas dos traballos premiados no Concurso-Exposición Letras Galegas que convoca a secretaría xeral e que nesta edición gañaron o CEIP de Laredo e a Escola de Arte Dramática de Galicia. A Secretaría Xeral de Política Lingüística ten dispoñibles desde onte no seu web os materiais das dúas exposicións galardoadas no concurso, aos que se pode acceder a través do enderezo electrónico www.xunta.es/linguagalega/lois_pereiro. Esta iniciativa enmárcase no protocolo de colaboración que veñen de asinar a secretaría xeral e Vegalsa-Eroski para a realización de actuacións de dinamización lingüística na actividade e funcionamento da empresa.


POLÍTICA

Lorenzo: "Hai total normalidade co decreto do plurilingüismo" XORNAL.COM 21/12/2010

O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, afirmou onte que o galego é un idioma “forte” e subliñou que o decreto do plurilingüismo que regula o seu uso no ensino aplícase “con total normalidade e con total tranquilidade”. Lorenzo realizou estas declaracións ás portas do Círculo das Artes, en Lugo, onde se celebrou o 85 aniversario do Congreso de Economía de Galicia, que tivo por escenario esta cidade en 1925. O secretario xeral dixo a “aqueles que anunciaban unha catástrofe no ámbito educativo” que esta non se produciu. Ao seu xuízo, o decreto “establece un marco moi interesante para o presente e o futuro da sociedade galega, un marco de plurilingüismo onde se aprenden as dúas linguas oficiais e unha ou dúas estranxeiras e onde o galego estase promovendo desde os ámbitos educativos”. Polo tanto, “eu creo que é unha situación ideal”, sentenciou. En canto ás críticas do BNG, Lorenzo dixo:“É algo, que a algúns aos que lles gusta a catástrofe e que lles gusta facer un discurso alarmista, é no que se basean”. Anxo Lorenzo mantivo que, “calquera” que viva en Galicia sabe “o que hai e que o galego é a lingua maioritaria de Galicia, con máis de dous millóns de persoas que falan diariamente”. Engadiu que “o galego é unha lingua que está practicamente presente en todos os sectores sociais e toda a xeografía de Galicia”. Recoñeceu que “iso non quere dicir que non haxa retos”, pero advertiu de que “desde logo non podemos facer unha lectura alarmista e catastrofista” da situación. “O galego é unha lingua no nivel europeo, é unha lingua forte, importante, con falantes, con ámbitos de uso e unha situación social moi interesante”, asegurou.


18.10.2010

Luz Pozo Garza De "Deter un día cunha flor"

Ofrécesme este cobre verde xade coa bolboreta branca "Catopsila": perdeu a vida nese amor radiante da alma vertixinosa que nos turba

Bolboreta feliz no nacemento que vai da vida á morte como un soño! Como un leve suspiro Como a imaxe do amor de cara ó luminoso

Como un emblema breve da existencia


Mércores 03.11.2010

REACCIÓN

Máis cartos “contra o galego” A oposición critica o gasto en traducir libros de texto ao castelán REDACCIÓN/AXENCIAS . SANTIAGO

O conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, nunha fotografía de arquivo, no Parlamento FOTO: xoan crespo

Os grupos da oposición -PSdeG e BNG- criticaron que a Consellería de Educación dedique dous millóns, dos 2,3 de incremento para subvencionar o material escolar, para cambiar os libros en galego a castelán en virtude do chamado decreto do plurilingüismo. A xuízo de socialistas e nacionalistas, trátase dunha medida para "combater" o galego. A preguntas dos xornalistas durante a roda de prensa posterior á Xunta de Voceiros, o socialista Xoaquín Fernández Leiceaga asegurou que ó seu grupo "non lle sorprende nada" esta decisión da consellería que denunciou na súa edición de onte o diario Xornal de Galicia. "A Xunta fai cousas de xeito desequilibrado, sempre na mesma dirección e todo o contrario á austeridade", reflexionou Leiceaga, quen culpou a Xunta de "xestionar mal os orzamentos" e, como proba diso, puxo o exemplo desta dotación para o cambio de libros, que achaca a un "designio ideolóxico" para non usar o galego en determinadas materias. Pola súa banda, o voceiro do Grupo Parlamentario do BNG, Carlos Aymerich, encadrou esta medida na redución "case á metade" dos fondos para normalización lingüística desde que chegou o PPdeG á Xunta.


"Hai dous millóns máis para loitar contra o galego", para "combatelo", denunciou o parlamentario nacionalista, quen sinalou que "non hai diñeiro para libros de texto gratuítos, pero si para substituír libros de texto" e pasalos ao castelán. Preguntado por este asunto, o representante do Grupo Popular, Manuel Ruiz Rivas, non se pronunciou e limitouse a dicir que os orzamentos deste ano son "moi difíciles" e obrigan a "recortar" o gasto. Segundo o denominado pola Xunta decreto do plurilingüismo, teñen que mudar de idioma os libros de ciencias. Porque en Educación Primaria Matemáticas debe impartirse en castelán, en Secunda Matemáticas, Tecnoloxías e Física e química. O mesmo decreto establece que os materiais e libros de texto das materias impartidas en galego e en castelán estarán redactados na lingua en que se imparta a materia. A Consellaría de Educación creou unhas axudas especiais para mudar os libros de texto destas materias, que a CiG-Ensino denunciou porque o cambio "suporá un gasto de entre cinco e oito millóns de euros, dependendo das materias en que se cambie o libro". A tradución dos libros en galego a castelán foi, precisamente, unha das principais demandas de Galicia Bilingüe. O presidente da Asociación de Editores, Alfonso García Sanmartín, anunciou que denunciaría os responsables dun blog que se ofrecía a traducir libros por vulnerar os dereitos de autor. DATOS

Axudas “específicas” anunciadas Nos orzamentos de Educación, as “axudas a libros de texto e a material escolar” medran de 8,5 millóns a 10,8. E no documento dos Orzamentos Xerais da Xunta para 2011, as contas da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos inclúen, coma un dos ámbitos de actuación, a “gratuidade solidaria derivada da aplicación do Decreto para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia, para as materias que cambian de idioma nos mesmos cursos de préstamo”. Educación anunciara que ía habilitar axudas “específicas” para isto e que os formularios poderían obterse a través do apartado de “gratuidade solidaria” de libros de texto- plurilingüismo. Desde a Consellaría indican que “non teñen nada que dicir” sobre o tema, e que non saben de onde saíron os datos que publica Xornal de Galicia.


Luns 17.01.2011

CARLOS CALLÓN POR NAVEGAR AO DESVÍO

Máis que ortografía CARLOS CALLÓN No ano 2003 realizouse un proceso para conseguir unha normativa ortográfica e morfolóxica oficial do idioma do país que supuxese un moito maior consenso que a vixente neses momentos. O diálogo produciuse grazas á iniciativa da Asociación Socio-Pedagóxica Galega e nel participaron tamén o Instituto da Lingua Galega da USC, os departamentos de Filoloxía Galega das tres universidades de Galiza e a Real Academia Galega, que, coas competencias que lle atribúe a Lei, ratificou o acordado. Dous anos antes, en 2001, tentárase chegar ao mesmo consenso, mais nese caso non fora posíbel debido ás fortes inxerencias da Xunta de Galiza, presidida por Manuel Fraga Iribarne, quen, mesmo con chamadas persoais a algúns académicos, logrou imposibilitar esa unión na última hora. (Será este outro mérito polo que se lle concedeu o ano pasado o premio Ramón Otero Pedrayo?!) Cando xa a Asociación SocioPedagóxica Galega, o Instituto da Lingua Galega e as tres universidades tiñan un texto acordado, a Real Academia Galega decidiu nunha das súas máis lamentábeis sesións rexeitar o pacto; algo que, por fortuna, esta institución soubo emendar dous anos máis tarde. O caso é que as normas de 2003 supuxeron un paso adiante, non só polos cambios concretos que introducían, senón sobre todo polo espírito de diálogo e procura dun acordo multilateral que nelas reinou. As mudanzas a respecto da anterior norma oficial, de 1995, a verdade é cuantitativamente foron escasas. As máis relevantes podémolas resumir nestes dez puntiños:

1)Preferencia de ao sobre ó: Ao mellor, fágoo.


2)Admítese plenamente a terminación -bel / -beis (amábel, amábeis). 3)Só é obrigatorio o uso da segunda forma do artigo coa preposición por (Vou polo camiño) e co adverbio interrogativo u (U-los óculos?). 4)Os signos de interrogación e admiración só son obrigatorios ao final do enunciado: Dimo! Por que non mo dis? 5)Preferencia do sufixo -aría sobre -ería: Consellaría, libraría. 6)Galiza é recoñecida tamén como nome da nación, xunto a Galicia. 7)Nos grupos consonánticos cc e ct, suprímese a consoante que segue as vogais i e u (produto, conflito). 8)Elimínanse esto, eso e aquelo e considéranse como únicas normativas isto, iso e aquilo. 9)Recoñécense como plenamente admisíbeis os adverbios aquén e alén, o relativo cuxo, as preposicións e locucións a respecto de, após, até e canto a, e as conxuncións e locucións adversativas no entanto e porén. 10)Terminan en -zo / -za as palabras diferenza, espazo, estanza ("estrofa"), graza, licenza, nacenza, novizo, perseveranza, presenza, sentenza, servizo e terzo. A pesar do tempo transcorrido, aínda hoxe hai moitísima xente que segue a falar de que "unhas estrañas" formas como "grazas" ou "estrutura" se incorporaron coa "nova" normativa do galego. Oito longos anos despois, a verdade é que xa non resulta tan nova... Ademais, a polémica estivo servida porque moitas persoas aducían e aducen como motivo para non usaren normalmente o idioma de Galiza argumentos como que "o galego sempre está a cambiar", polo que -supostamente- se carecería dun referente de corrección claro e estábel. O galego sería, así, un idioma de laboratorio, en directa comparación co español, tan limpo, tan fixo, tan esplendoroso. E, sobre todo, tan natural. O argumento, na realidade, é un prexuízo que responde ao resultado dunha realidade social inxusta, que bebe da exclusión secular do galego de moitos ámbitos de poder e cultura nos cales se fai necesaria a fixación dun estándar. A incomunicación de Galiza cos outros territorios do seu sistema lingüístico, especialmente o veciño e normalizado Portugal, é tamén chave para entendermos como chegamos até aquí. Mais non vaiamos moito para atrás no tempo e pensemos un pouquiño na máis estrita actualidade. Os medios de comunicación informáronnos abondosamente nas últimas semanas da última reforma da ortografía do español: mudanza de denominación de letras (de y griega a ye, é a máis rechamante), mudanzas na acentuación de moitas palabras


habituais (solo, guion, guie, truhan, esta, hui, riais...) e na grafía doutras cantas (Catar, cuórum, seudo, posdata...). Ademais, sen que tal duplicidade causar escándalo, o conxunto da poboación soubo tamén que había algunhas destas formas que agora se oficializan que a Real Academia Española xa as levaba utilizando nas súas publicacións desde 1960. No entanto, neste tempo todas as nenas e todos os nenos poderían ver reducida a súa puntuación nos exames escolares se escribían dese xeito. Mais hai alguén que diga que vai deixar de usar o castelán por ese motivo? Evidentemente: non..


 

CULTURA O XORNAL

Mato traza no seu libro “o retrato literario” do Pereiro transgresor Mercedes Queixas e o xornalista Iago Martínez presentaron as súas biografías sobre o escritor en Santiago e Gondomar A. M. 11/05/2011

O poeta Miguel Mato presentou onte na sede da Agrupación Alexandre Bóveda o seu libro sobre Lois Pereiro, titulado Transgresión e fraxilidade (Laiovento, 2010). “Este é un libro que conforma un retrato literario; nel fíxome en detalles estéticos da súa poesía e tamén da súa figura como poeta transgresor, como poeta maldito”, explica Miguel Mato, escritor que formou parte xunto a Pereiro do grupo poético De amor e desamor. Precisamente con ese colectivo arranca o libro de Miguel Mato quen, ademais, céntrase nos aspectos intelectuais e estéticos de Pereiro. “Comezo cos recitais do grupo e logo céntrome en Lois, no seu compromiso, entendendo este termo como o concepto de compromiso ético e estético que el tiña. A partir de aí entro no tema da transgresión, que lle dá título ao libro”, explica o escritor e poeta. O libro de Mato non pretende ser unha obra sobre a vida do escritor monfortino, senón que busca amosar unha visión persoal sobre a súa figura. “É un libro sen notas ao pé, sen intencionalidade biográfica, realmente é un ensaio de autor”, explica. Nese texto, o escritor realiza comparacións entre o monfortino e outros escritores malditos . “Quizais ese termo non me gusta, é da literatura francesa”, explica Mato, que engade que el prefire o termo “transgresor”. “El como Rosalía ou como Añón, era un transgresor. Rosalía e Pereiro eran deses autores que, como cantaba Lou Reed, se movían polo lado escuro da vida”, conclúe. Lois en vigo e Santiago A presentación do libro de Mato non foi a única que se celebrou onte ao redor de Pereiro. Na libraría Couceiro de Santiago, a escritora Mercedes Queixas presentou a súa biografía de Pereiro titulada A urxencia poética dun futuro alleo (Laiovento, 2011). Queixas realiza un percorrido pola vida de Lois Pereiro e contextualízao na súa contorna histórica e poética. Ademais, Mercedes Queixas inclúe unha escolma do escritor para exemplificar e delimitar a actitude literaria e estética do poeta. O Instituto de Estudos Miñoranos de Gondomar acolleu tamén outra presentación como aperitivo ao 17 de maio. O xefe de Cultura de Xornal, Iago Martínez, presentou a súa biografía sobre o autor de Poesía última de amor e enfermidade. Baixo o sinxelo título de Lois Pereiro. Vida e obra, Martínez elabora un retrato vital do monfortino a través de máis de trinta entrevistas. Martínez presentou, ademais, o seu documental Contra a morte, que codirixiu co cineasta Alexandre Cancelo. Os dous realizadores adiantaron na presentación que a Televisión de Galicia estrearía “con toda probabilidade” a fita sobre Pereiro o próximo 17 de maio. Ese mesmo día, o Ágora da Coruña proxectará a película e, dous días despois, será a Universidade da Coruña quen acolla un novo pase. Iago Martínez, ademais, volverá presentar o seu libro nos distintos centros de El Corte Inglés de Galicia. A primeira parada será no da Coruña este mesmo venres. As actividades ao redor de Lois Pereiro continúan hoxe. Na Coruña, o escritor Manuel Rivas ofrecerá unha charla sobre o escritor monfortino na Fundación Caixa Galicia. A iniciativa está organizada pola asociación cultural O Facho.


Mércores 27.10.2010 |

Receitas para Thermomix "Temos un mercado editorial moi limitado, sen apenas apoio institucional e cunha parte da cidadanía pasando de todo o que recenda a galego" FRANCISCO CASTRO Foi Theodor Adorno (1903-1969), un dos grandes pensadores da Escola de Francfort, e probablemente quen máis en serio se tomou o da reflexión sobre a Estética, un dos primeiros que se puxo a falar con fundamento arredor desa expresión xa tan familiar, aínda que non sempre teñamos moi claro que é o que significa, de industria cultural. E comezo falando de Adorno (e penso que hai apelidos proféticos: un tipo que se apelidaba Adorno á forza tiña que centrarse na reflexión filosófica arredor da Beleza) porque a pesar do xa afastadas no tempo que son as súas palabras, o certo é que se nos aparecen como absolutamente modernas. Concretamente estoume a referir a cando escribiu sobre a situación do artista na era da industria cultural, para sinalar que a día de hoxe (xa daquela) a ninguén lle interesa a perfección na arte, porque a época na que vivimos considera que a arte debe de ser pasatempo. Desta maneira, di Adorno, o artista mellor considerado pola masa será aquel que máis achegado lle resulte a esa masa, aquel que lles sexa máis doado de recoñecer e co que máis doadamente se identifiquen, aquel que lles baixe mellor e lles supoña menos esforzo. A reflexión, a nada que a analicemos con coidado, é demoledora e brutal. Hai unha industria cultural e, xa que logo, hai un mercado da cultura que debe de producir produtos (non é redundante, é a mantenta que o escriba así o de producir produtos) que sexan consumidos, canto máis en masa mellor. Daquela, produciríase o triunfo da mediocridade, a apoteose da medianía. Porque a masa, belenestebanizada, volveuse mediocre e mediana. O debate hai ben de tempo que está aberto en todas as frontes da industria cultural. E os termos da discusión serían máis ou menos estes: que clase de libros deben quitar as editoriais, que clase de grupos musicais debemos promocionar, que clase de programas de televisión facer, aqueles que sabemos seguro que se han ler-escoitarver, ou debemos apostar, sempre, pola, por exemplo, para centrarnos no noso, alta literatura aínda sabendo que probablemente tanta altura vai obter rendas comerciais propias da máis baixa baixura? Digo que os termos do debate serían eses, e dígoo en


cursiva e en condicional porque, en realidade, ese debate, agás en intres moi puntuais e, digamos, casuais, polo xeral é un debate que no noso país non existe. Oxalá que existise. Porque iso querería dicir que o noso é un país normal. Quero dicir: eu son quen de imaxinarme a un axente literario estadounidense, ou incluso español (aínda que a un nivel moi básico, que ninguén imaxine outra cousa), falándolle máis ou menos así a un dos seus autores representados: "mira, ti o que tes que facer é escribir unha historia de intriga na que un experto en calquera cousa antiga vai e descubre nun cadro de, eu que sei, por exemplo, de Tiziano, un enigma oculto, e te inventas que o Tiziano ese era masón, ou muller, ou unha monxa travestida, calquera cousa, e que o Vaticano está mortiño de medo porque algo así se rebele e tal e tumba. E tes un bestseller". E si, amigos e amigas, aí hai un bestseller, é dicir, o que poderiamos dicir baixa literatura (que ninguén se me confunda, hai bestsellers que son literatura da boa) pero que vende a esgalla. E esa fórmula, por eses mundos de Deus, funciona. Collede a publicidade dos grandes grupos editoriais españois, revisádea e veredes que hai moitos libros-fórmula dese estilo que se publican ao ano e que contentan, xa que logo, ás masas, por suposto, aos seus editores e, polo tanto, a fortalecer a industria editorial correspondente. Pero en Galicia estas angueiras non as temos. Nós temos unha industria cultural. Claro que si. Non vou frivolizar con iso, pero a nosa é unha industria cultural en galego. E aí é onde radica a diferenza fundamental. Aí é, paradoxalmente, onde temos o mellor e o peor do que é propiamente noso. O peor, porque temos que traballar nun mercado moi limitado, con case que nulo apoio institucional, cunha crise que se leva por diante case que todo e, fundamentalmente, cunha parte da cidadanía pasando, incluso con desprezo, de todo o que recenda a galego. Iso é un dato obxectivamente malo. Para a industria cultural, para o país, para ti e para min. Incluso é unha actitude mala para quen a mantén. Pero xa sabedes: a ignorancia é ousada. Mais esa realidade é a que temos e é a realidade coa que nos temos que manexar dende o optimismo e o convencemento de que o sol vai saír igual todos os días e que, de feito, que brilla para nós. Pero, como dicía, velaí temos tamén a nosa beizón. Porque a industria cultural galega sabe, dende sempre, que non está no negocio senón que está na cultura, que o que importa é, por suposto, chegar a fin de mes, pero, sobre todo, que o noso é un traballo posto ao servizo dun país, dunha causa, dunha idea de Galicia. Soa como pretensioso pero é que é así de pretensiosamente real. Os que escribimos en galego, como os que cantan en galego ou desenvolven calquera outra actividade dentro disto que chamamos a industria cultural, sabemos que estamos, primeiro de todo, por sermos galegos, preocupados polo galego (a lingua e o singularmente noso) e por todo o que teña que ver con este país. É o que


nos pasa aos escritores. Que ninguén dubide que, en cuestión de dereitos de autor viviriamos infinitamente mellor de escribir en castelán, lingua que, por obvios motivos, podería ser tamén a nosa lingua literaria. Pero non o é. Optamos polo galego antes que pola literatura. Optamos polo galego antes que por unha hipotética condición de escritores profesionais. Daquela, podemos sentirnos ceibos para escribir o que nos pete, concentrados na literatura e na beleza. Remato, falando da Thermomix. Xa sabedes o que é. Un trebello marabilloso para os que non sabemos cociñar nin temos talento para a cociña. Sen embargo, eu fágolles uns pratos impresionantes e unhas sobremesas dignas do mellor cociñeiro da Guía Michelín grazas ao Invento Fantástico. E fálolles da Thermomix porque hai pouco escoitelle á poeta Dores Tembrás unha acertada cita de George Sand que me fixo pensar moito sobre todas estas cousas de Adorno e as industrias culturais e Nós: "é máis difícil facer un biscoito que escribir unha novela". Eu, como xa deduciron, os biscoitos fágollos na Thermomix. Pero as novelas non. As novelas vanlles a lume manso, teño que amasar a man, e sobre todo, pasar moitísimo tempo preocupado por se levedan ou non a torta ou as madalenas. E pensarán vostedes por que lles conto isto. Pois porque a nosa produción cultural, a pesar do que diga Adorno, é excepcional (a palabra vai aquí xa non tanto no senso de fantástica, que tamén, senón de excepción). Para a nosa desgraza. Ou o que é o mesmo: que oxalá puideramos ter unha literatura, ou música ou teatro, de thermomix, e daquela, se nos fixese máis doado escribir as novelas que facer os biscoitos. O que no fondo quere dicir: oxalá os galegos e as galegas quixesen, amasen, consumisen tanto produto cultural galego que puideramos, os creadores, só concentrarnos en darlle ao público o que quere e escribirlles as novelas coa Thermomix.


 

SUPLEMENTOS Contexto

Mitos e realidades da lingua urbana Ferrol e Vigo son as cidades máis castelanizadas do país; compostela é a que máis emprega o galego O XORNAL M.P. 24/10/2010 - 20:00 h.

O galego resiste con atrancos nas cidades galegas. O proceso histórico de castelanización que sofren as urbes do país desde hai anos reduce á mínima expresión a lingua propia en numerosos barrios, especialmente canto máis nos achegamos ao centro. Ocorre en Vigo, en Ourense, en Ferrol... A diminución no uso do idioma é habitual, especialmente en todas as vilas que superan os 50.000 habitantes, pero nin todo é como se adoita dicir, nin como moitos políticos o contan. Cantas veces se ten escoitado aquilo de que “A Coruña é a cidade máis castelanizada de Galicia”. Un tópico que, como todos, non é máis que a constatación dunha maioría castelanfalante que, no entanto, non é a máis maioritaria de Galicia. As tendencias localistas e radicais de moitos dirixentes e poderes contra o idioma fixeron callar no imaxinario social unha realidade esaxerada. En definitiva, un problema lingüístico que é xeral nas sete cidades da comunidade, aínda que máis acusado nunhas ca noutras. Ferrol, malia ao que poida parecer, é a urbe máis castelanizada –ou a que menos usa a lingua propia– de Galicia, seguida de Vigo e A Coruña, por esta orde. Así o aseguran os últimos datos feitos públicos polo Instituto Galego de Estatística (IGE) hai uns meses. Unha táboa que deixa ben ás claras onde e por que é preciso reforzar o ensino en galego entre as xeracións máis novas. “Se non o aprenden na escola a idades temperás, se cadra non o volverán falar nunca”, reflexionan moitos dos mestres de Infantil que empregan o galego como idioma vehicular nas súas clases. “Igual non o escoitaron nunca antes de chegar aquí”, contan outros. Nin o oen, probablemente, se residen na rúa Príncipe ou en Juan Flórez, pero si se o seu ámbito é Valadares, Coruxo, Teis, Os Mallos, Monte Alto ou Os Castros. Non todo é o que parece. Aínda así, en Ferrol, por exemplo, unicamente o 19% da poboación fala sempre en galego ou máis en galego que en castelán, fronte ao case 25% de Vigo ou o 27% da Coruña, que segue a ser a cidade do país con maior número de galegofalantes en termos globais. Os datos, ben reveladores, indican que tan só en Santiago de Compostela (51%) é maior o número de falantes da lingua propia que os que empregan o español como idioma principal. En Lugo e en Ourense a proporción é semellante, pero a prol do español. En canto aos coñecementos do idioma, os datos do IGE –que fan referencia á poboación maior de cinco anos– destacan tamén que é Vigo a urbe onde maior número de persoas, ata unha de cada catro persoas, aseguran saber falar pouco ou nada o idioma propio, por diante de Ferrol, Pontevedra e A Coruña. Tamén na cidade máis grande do país, un 13% da poboación entende pouco ou nada a lingua de Galicia, un risco ao que, tal e como denuncian os sindicatos do ensino e numerosos expertos, se enfrontan agora eses rapaces educados co castelán como idioma vehicular, nun contorno castelán e nunha cidade con inmensa maioría de castelanfalantes. Por áreas xeográficas, o conto non cambia demasiado, aínda que hai dúas zonas onde o galego resiste moito mellor que no resto. O sur de Ourense, xunto coa área da Costa da Morte, son as que presentan as maiores porcentaxes de fogares nos que todos os seus membros de cinco ou máis anos falan habitualmente só en galego, cun 59% e un 52% respectivamente. Na banda contraria sitúase a área metropolitana de Vigo, cun escaso 6%, a da Coruña (9%), Pontevedra (10%), Vilagarcía de Arousa (11%) ou Ferrol (12%). A tendencia do galego, á baixa nos últimos anos nas cidades, ten o perigo de ser aínda peor para as vinderias xeracións. A súa redución no ensino ameaza a transmisión familiar da lingua propia, que xa foi cortada por prexuízos e mais pola preponderancia do castelán nos medios de comunicación e na sociedade. Queda tempo, pero cada vez menos. m.P.


Domingo 15.05.2011 | Actualizado 00.00

Monforte difunde a obra de Lois Pereiro entre os máis novos cunha lectura maratoniana dos seus versos Non faltaron demostracións de breakdance ou o rap de ‘García’, membro de Dios ke te Crew ÁNGEL ARNÁIZ . MONFORTE

O alcalde de Monforte, Severino Rodríguez, abriu o acto de lectura de poemas de Lois Pereiro con ‘Revisando os danos’ FOTO: Angar

A praza de España de Monforte foi, na xornada de onte, o escenario dunha particular festa da mocidade dedicada a homenaxear e a difundir entre os máis novos a obra do poeta local, Lois Pereiro, protagonista do Día das Letras Galegas que se celebrará o vindeiro día 17. Unha lectura maratoniana de textos do poeta ó longo de todo o día foi o acto central do programa. A música, o baile e un encontro con Marcos Calveiro, autor da biografía e antoloxía Náufrago do paraíso, sobre Lois Pereiro completaron este prólogo á celebración da


festa das Letras Galegas do próximo martes, cando a Real Academia Galega se desprazará á cidade natal de Monforte para realizar o acto central das celebracións. O disparo de saída, ó mediodía, deuno o músico Manu Clavijo, que armado coa súa guitarra interpretou varios temas do seu recente disco sobre poemas de Pereiro. O alcalde monfortino, Severino Rodríguez, a continuación, abriu o maratón de lectura, recitando o poema Revisando os danos, do libro Poesía última de amor e enfermidade. Seguíronlle alumnos de diferentes centros educativos de Monforte e Lugo e representantes das asociacións Ergueitos de Sarria e Teenses pola Igualdade, de Teo, entre outros moitos veciños que se animaron a participar nesta lectura aberta de textos de Lois Pereiro. Os rapaces da asociación Vella Escola de Noia, engancharon o persoal cos seus pinchacarneiros nu-nha demostración de breakdance. A coral e o grupo de gaitas do concello de Monforte puxéron a música pola tarde, xunto co rapeiro García, integrante do grupo musical Dios ke te Crew. A xornada festiva proseguiu a partir das 23.00 horas cunha sesión musical a cargo dos DJ Cro e Webo, do grupo Cinco Cero Catro, de Santiago. CELEBRACIÓN

Flores para a nai do poeta A nai de Lois Pereiro, Inés Pereiro, que recibiu un ramo de flores da concelleira de mocidade, Estela Formoso, non faltou a esta cita, na que Monforte recordou a este fillo predilecto da cidade.


Mércores 30.03.2011

17 DE MAIO

Monforte homenaxea a Pereiro cunha mostra A Sala Nasa de Compostela tamén lle rende tributo mañá cun concerto colectivo MARÉ

Cartel da Sala Nasa do concerto homenaxe a Pereiro FOTO: AXENCIAS

Lois Pereiro, o escritor elixido para o Día das Letras Galegas 2011, é o eixe de múltiples actividades que, este ano, aproveitando o singular perfil deste poeta do amor e da dor, ofrecen dimensións insólitas nas celebracións. Esta semana, por exemplo, mañá celébrase en Compostela -na Sala Nasa- un concerto de tributo e o venres, en Monforte, inaugúrase unha exposición que percorre a historia do autor de Poesía última. A Nasa propón unha noite pereirística, un tributo poético e rockeiro ao autor, que tamén foi veciño ocasional de Compostela. A sala convida a todas as persoas amantes das voces radicais como a de Pereiro a compartir con nós músicas, cancións, paisaxes ou nomes próximos á súa poesía e á súa vida. Para esta ocasión, formouse unha banda que tocará un repertorio con músicas que lle gustaban a Lois: Lou Reed, Parálisis Permanente, Radio Océano, The Doors... Son as


Ondas Martenot, furor colectivo manufacturado por Antón Papaqueixos (baixo), Amil (batería), Cristina Sonoro Maxín (teclado) e o Leo e Arremecághona (guitarra e voz). Con eles, actuarán Manu Clavijo e Das Kapital, o novo proxecto de Leo, Marcos Payno e Dani Salgado. Oficiará como mestre de cerimonias Manuel Cortés. E o venres inaugúrase en Monforte a exposición Camiño do futuro libremente, que recolle un cento de imaxes do seu álbum familiar, a gravación do último recital de Lois no café Moka e unha selección dos seus poemas musicados. A relación de Pereiro co seu Monforte natal é protagonista desta exposición interactiva que convida a todos os monfortinos a participar. Seis grandes paneis mostrarán imaxes colectivas, onde Lois aparece xunto a monfortinos anónimos que compartiron instantes da súa vida e quedaron inmortalizados en fotografías. Os visitantes terán á súa disposición post-its, onde poderán deixar por escrito o nome das persoas que identifiquen, mensaxes e comentarios, que serán pegados sobre as imaxes. Cada unha das achegas dos visitantes alimentará e transformará día a día esta exposición en constante construción.


POLÍTICA

Guillerme, sobre Rajoy: "Non pode pedir normalidade quen nunca se dignou falar galego" O voceiro nacional do BNG pide a Feijóo unha explicación pola negativa de dúas senadoras do PPdeG a empregar a lingua galega XORNAL.COM 19/01/2011 - 20:52 h. O BNG ve unha "aldraxe" no uso do castelán das senadoras do PP, CiU y PNV defienden que el gasto de traducción del Senado "no es excesivo" A Mesa lamenta que as senadoras do PPdeG "menosprecien a lingua propia"

O voceiro nacional do BNG, Guillerme Vázquez, criticou esta mañá duramente ao presidente do PP, Mariano Rajoy, por censurar o emprego das linguas cooficiais no Senado e apelar á “normalidade” do seu uso polos cidadáns na rúa. Vázquez dixo que non está capacitado para pedir esa normalidade “un señor que nunca na súa vida se dignou pronunciar unha palabra no noso idioma”. O voceiro do BNG valorou, con respecto do acontecido o martes no Senado, que “acabamos de asistir a unha posición do PP vergoñenta, que dúas senadoras se negasen a usar a lingua galega mentres outros si usaban o eukera e o catalán, xa non sei nin como cualificalo”. Para Vázquez, “o PP ten unha posición contraria tremenda contra o galego”, polo que esixiu ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que se pronuncie sobre a actuación das dúas senadoras do PpdeG. Vázquez fixo estas declaracións ao remate dunha xuntanza en Santiago cos candidatos da súa formación ás alcaldías das cidades, encontro no que anunciou que o BNG fará folga tamén a nivel municipal o vindeiro día 27, secundando así a convocatoria da CIG.


Luns 15.11.2010

LINGUA

"Nós" era a modernidade" Freixanes: "Aínda hoxe a proxección exterior da cultura galega pasa pola intermediación dos cenáculos madrileños, onde está o poder" XURXO FERNÁNDEZ . SANTIAGO

Víctor Freixanes é o director da editorial Galaxia

Os actos do 90 aniversario da revista Nós culminarán coa edición de 1.000 copias facsímiles do primeiro número do boletín, editadas por Galaxia co apoio do Concello de Ourense. O director xeral da editorial, Víctor Freixanes, fala da interdisciplinariedade e o internacionalismo da publicación.

¿Que significa a revista "Nós" no seu contexto temporal e o noso contexto contemporáneo? ¿Segue a haber unha influencia hoxe? Desde o meu punto de vista, a revista representa a modernidade: a aposta pola modernidade da lingua e da cultura galegas, abertas ao mundo, sen intermediarios. Esta é unha idea importante que os promotores da publicación declaran explicitamente: podemos (e debemos) ser galegos, vivir a nosa lingua e a nosa condición de tales sen ter que pasar por alfándega nin fielato ningún, naquel momento referíanse moi especialmente a Madrid. Aínda hoxe, a cultura galega, a nosa proxección exterior sobre todo, pasa case irremediablemente pola intermediación dos cenáculos ou plataformas madrileñas, que é onde están os mecanismos de poder,


tamén do poder cultural. Outra dimensión da revista que me parece importante é a súa interdisciplinariedade, a concepción da cultura non como compartimentos estancos, senón como espazos integradores, mesmo globalizadores: a economía, a arqueoloxía, a lingua, a literatura, as artes plásticas, a organización do territorio, as tradicións, os mitos... Tamén un espazo integrador de distintas xeracións. Nunca lamentaremos abondo o terrible golpe que significou a Guerra Civil para todo ese desenvolvemento que se anunciaba. "Nós" realizou por vez primeira o achegamento do galego ó portugués. Viqueira, de feito, falaba de reintegracionismo. Iso lévanos a unha batalla lingüística que aínda perdura. ¿Foi unha formulación intelixente? A lingua galega ten identidade de seu, moi fundamentalmente porque a lingua é a consciencia que os falantes teñen dela. A lingua é un espazo no mundo: espazo de identidade, no que nos recoñecemos. Mal asunto se nos despoxamos dos falantes, que a vivifican decote e son a razón da súa existencia. Mais tamén é certo que o galego forma parte dunha grande irmandade: galego-luso-brasileira, que mesmo inclúe as nacións ou territorios de África que falan este idioma, ou variantes destas falas. Hai que profundar nesa relación, entre outros argumentos porque nos resulta útil (tamén economicamente), porque amplía o noso espazo obxectivo de relación, mais tendo en conta a primeira parte desta resposta: a lingua ten que ser recoñecida como tal polo conxunto da sociedade galega, non por un grupiño de especialistas máis ou menos espilidos. A lingua non se produce nin se desenvolve nun tubo de ensaio, senón na dia- léctica do grupo social que a fala. AS IRMANDADES DA FALA

"A realidade actual é un produto do espírito daquela xeración" ¿Cabería a posibilidade dunha publicación semellante hoxe en día? A realidade galega actual é moi diferente. En grande medida eu diría que é un produto daquela xeración. O discurso cultural galego, nas súas grandes liñas, continúa o espírito da xeración Nós, que era o espírito das Irmandades da Fala e do Seminario de Estudos Galegos. ¿Con vicisitudes políticas polo medio que non sempre permitiron ou aínda non permiten desenvolver todas as súas posibilidades? Por suposto. Hai moitas cuestións que temos pendentes, sen resolver. Pero a sociedade galega actual, no seu conxunto, é moito máis rica, máis diversa, intelectualmente máis formada e dotada de recursos. Non se trata de ollar atrás, senón de construír cara ao futuro.


Mércores 12.01.2011

IDIOMA

O Bloque pídelle ó PP que use o galego no Parlamento Loan o impulso dos cursos de lingua E.P. O voceiro nacional do BNG, Guillerme Vázquez, aplaudiu a iniciativa de impulsar un curso de lingua galega para mellorar a expresión oral dos deputados da Cámara, pero reclama ós populares "vontade" para falar o idioma de Galicia nos debates. É habitual que nos debates no hemiciclo galego, tamén en comisións, algúns deputados do PP empreguen o castelán para dirixirse ás súas señorías, algo que, por outra banda, está recollido no Regulamento da Cámara. No entanto, as formacións políticas subscribiron un compromiso parlamentario para que os representantes institucionais usen e impulsen o use da lingua propia de Galicia. "Eu son o primeiro que necesitaría un curso, é bo en termos xerais", recoñeceu Vázquez, quen entende que este curso "pon en evidencia" que hai "serias dificultades". Pola súa banda, a parlamentaria do Bloque Ana Pontón rexeitou que se faga "polémica" con este asunto e recordou que no ámbito estatal existen cursos similares. "Quen polemice con isto, é porque ataque a normalización e o uso da lingua", advirte, e acusou os populares de "facer llemoito dano" ó idioma.


Martes 26.10.2010

LINGUA

O Concello de Touro utiliza na súa web o topónimo deturpado Igual que xa fixera o conselleiro de Cultura, a páxina oficial emprega "Toro" no apartado de Historia da versión en español, denuncia o BNG REDACCIÓN O Bloque Nacionalista Galego de Touro denunciou que na versión en español da páxina web oficial do Concello, www.concellodetouro.com, aparece, no apartado de Historia, en diversas ocasións o topónimo deturpado Toro. O despiste ou desleixo resulta especialmente desafortunado, ademais, xa que repite o que xa fixera o conselleiro de Cultura, Roberto Varela, co seu famoso "Toro" e "Desván de los monjes". Alén diso, hai só uns días que o PP coruñés volveu propor a oficialización do topónimo deturpado La Coruña. Os nacionalistas de Touro denunciaron a través dunha nota de prensa o "pouco respecto pola nosa lingua e pola nosa propia historia que amosan o alcalde e o seu grupo de goberno, todos do Partido Popular". Ademais, indican, "hai que salientar que ao entra na páxina web aparece por defecto a versión en castelán" -co nome Ayuntamiento de Touro-. Para a organización nacionalista de Touro este erro delata "unha falta de interese total e un menosprezo absoluto para coa nosa lingua", ademais do incumprimento da Lei de Normalización Lingüística de Galiza. No mesmo apartado da web aparecen tamén Castillo por Castelo, ou Villa de Cruces en lugar de Vila de Cruces. "Nin sequera revisaron que a toponimia estivese correctamente na versión en español da web", subliñou o BNG. Por outra banda, para a organización nacionalista deste concello tamén resulta "incríbel" que no programa cultural que a institución local vén de publicar e repartir aos veciños e veciñas unha das actividades culturais que se ofertan desde o Concello fora a celebración do día do Pilar organizada pola Garda Civil (que consta dunha misa e dun viño). "O BNG quere deixar clara a súa desconformidade e gustaríalle que o alcalde explicase que ten que ver un acto organizado pola Garda Civil coas actividades


culturais que un concello debe ofrecer aos seus veciños e veciñas", engade. No resto dos contidos da web aparece o topónimo correcto Touro. Por outra banda, a comisión Galiza co Galego celebrará o vindeiro sábado 30, baixo o lema Polo dereito a infancia a educación, ás sete da da tarde no Centro Municipal Social Fingoi de Lugo un acto no que o presidente, Francisco López, disertará sobre a historia e a motivación do proxecto aberto e popular de Galiza co Galego e o inicio da rede popular no ensino infantil, as Novas Galescolas.


POLÍTICA

O conselleiro regulará a consulta sobre a lingua aos pais e decidirá o seu valor O titular do departamento ordenará a posta en marcha do procedemento que se levaría a cabo no periodo de matrícula M. PARDO O XORNAL.COM 12/01/2011

O conselleiro de Educación será o encargado de convocar “os procedementos de consulta e participación directa” que permitirán á Xunta preguntar aos pais sobre a lingua na que prefiren que os seus fillos sexan escolarizados na escola. O borrador de anteproxecto da Lei de Convivencia de Participación da Comunidade Educativa especifica que será “o titular da consellería competente en materia de Educación” o que ordenará a posta en marcha das consultas, que intenta dar cobertura legal a unha enquisa lingüística ás familias que foi negada polo Tribunal Supremo e o Constitucional en varias sentenzas. Así, e segundo se explica no artigo 30 deste borrador, a orde de convocatoria destas posibles enquisas establecerá “o carácter meramente orientantivo ou grao de vinculación que para a Administración e os centros docentes terán os resultados do procedemento”. Esta norma ad hoc que a Xunta prometera para validar as polémicas consultas sobre a lingua establece tamén que o devandito procedemento levaríase a cabo durante o periodo de matrícula dos rapaces e que se anunciará no DOG polo menos con quince días de antelación ao inicio das enquisas. Estes “procedementos de consulta e participación directa das familias” pretenden, segundo insiste a Xunta, “solicitar as preferencias individuais ou colectivas das nais e pais ou titores dos alumnos”. O Goberno galego aclara xa na exposición de motivos desta lei que a participación das familias está garantida “por 
unha base constitucional sólida” e que “é xuridicamente incontestable”, a pesar de que sindicatos, Consello Consultivo, Real Academia Galega, Tribunal Supremo ou Tribunal Constitucional advertiron das dúbidas legais. Ademais, o Executivo que dirixe Núñez Feijóo explica que “a regulación da participación directa das familias no ensino desenvolve o mandato establecido no artigo 118 da Lei Orgánica de Educación”. Nesta regulación estatal, especifícase que as “administracións educativas adoptarán medidas que promovan e incentiven a colaboración efectiva entre a familia e a escola”. Malia as dúbidas, a Xunta segue adiante e, se nada cambia, a consulta sobre a lingua en Primaria e Secundaria celebraríase en setembro.


CULTURA

O Consello da Cultura recompila as cartas de Novoneyra a Piñeiro Corenta e cinco misivas escritas polo poeta entre 1953 e 1972 compoñen o volume Cartas de Poeta XORNAL.COM 23/12/2010 -

Unha nova obra, impulsada polo Consello da Cultura Galega (CCG), recompila en edición facsímile un total de 45 cartas remitidas polo poeta Uxío Novoneyra ao intelectual galeguista Ramón Piñeiro entre 1953 e 1972 e que permanecían arquivadas na Fundación Penzol. No marco da programación en homenaxe ao poeta do Courel con motivo do Día das Letras Galegas 2010, a entidade presidida por Ramón Villares publicou 500 exemplares numerados en edición coordinada por Luís Cochón, Luís Alonso Girgado e con prólogo do sociolingüísta Henrique Monteagudo. "Coñecendo a íntima e radical devoción de Piñeiro pola creación poética e tendo en conta a común ascendencia lucense e montañesa dos dous, non pode estrañar que entre o ensaísta lancarés, nos seus trinta e sete anos pero xa curtido na loita, e o mozo courelao, comece de inmediato unha estreita amizade", sinala o tamén secretario do CCG no texto que introduce a obra. En rolda de prensa, o presidente da institución cultural, Ramón Villares, enmarcou este publicación nunha serie de obras impulsadas desde a década dos 90 en formato de tapa dura e entre as que atopa Carta a Novoneyra, texto datado de Láncara en agosto de 1953 e redactado entón polo propio Piñeiro. Así, esta edición de Cartas de Poeta, presenta o epistolario do autor datado dos anos 50, cos manuscritos orixinais das cartas que Novoneyra redactou "e ilustrou", con referencias gráficas, xunto cunha transcrición das mesmas que inclúe tres poemas. Villares destacou que se trata "dunha peza única" pois ilustra "a relación amizade entre dúas figuras que naquela altura tiñan un trato moi intenso, moi directo". "Piñeiro foi moi importante para a edición d'Os Eidos", recorda o historiador e presidente do CCG, pois foi "prologado por el", e actualmente "constitúe unha peza fundamental da historia literaria" da segunda metade do século XX. "CARTAS DE POETA" Tamén presente no acto, un dos coordinadores desta edición, Luís Cochón, incidiu no carácter "inédito" deste epistolario, remitido por Novoneyra desde lugares diversos, como Madrid, ou Courel ou Lugo. "Esta areíña que traemos hoxe a consideración, son palabras de amizade, cartas desde 1953 ata o 72, 20 anos máis ou menos", aplaude. Novoneyra "escribe tres veces máis que o seu interlocutor", Ramón Piñeiro, a través de misivas "tan distintas en extensión e profundidade". "Cartas de poeta", destaca Cochón. Neste sentido, ve "moi importantes" as achegas que Novoneyra lle dá a coñecer" a Piñeiro, pois en "bastantes" deses textos inclúense "primeiras versións" das que aparecerán posteriormente n'Os Eidos, con "moita interioridade" e "moita emoción". Os Eidos, prosegue Cochón, atópanse a través da súa obra en "distinta formulación", como "lugares íntimos, os máis convividos" e dos que se teñen ampla "experiencia", ou aquel sitio "onde un pode estar dentro, porque che acolle". "Dos subxectivo ao obxectivo, da lírica á ética. 'Eidos' habería que chamar á poesía completa de Uxío Novoneyra, xa convertido en poeta nacional de Galicia", conclúe.


Mércores 03.11.2010

[

CORPUS

O Corga acada 26 millóns de formas Incorporou un millón máis desde a última actualización no ano 2009 REDACCIÓN/E.P.

Anxo Lorenzo nun momento do acto de presentación do Corpus FOTO: AXENCIAS

A nova versión do Corpus Actual da Lingua Galega (Corga), impulsado polo Centro Ramón Piñeiro para a investigación en Humanidades, aglutina 26 millóns de formas ortográficas, aproximadamente, tras a incorporación dun millón máis desde a última actualización en 2009. O Corga é unha ferramenta destinada á comunidade científica e a investigación que posibilita a obtención de datos para o estudo de aspectos morfolóxicos, sintácticos e léxicos da lingua galega, dispoñibles a través de Internet de forma gratuíta. En concreto, o sistema conta con opcións de procura "por formas ortográficas", ademais dun "Etiquetador/Lematizador" que permite realizar unha consulta a través da lema da palabra, incorporando xa 1150.000 formas gráficas. Así mesmo, o Centro atópase traballando en novo formato de procura para "usuarios non familiarizados coa etiquetaxe". No acto de presentación do Corpus celebrado na Facultade de Filoloxía da USC, o secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, incidiu en que os avances tecnolóxicos constitúen "unha premisa indispensable" para "superar os grandes retos"


da sociedade da información. Nesta liña, o titular de Política Lingüística referiuse á próxima presentación de diferentes produtos da empresa Microsoft "en galego", entre os que mencionou o sistema operativo Windows 7, o paquete ofimático Office 2010 e a plataforma Live. Co Goberno bipartito promovérase desde a Consellaría de Industria a tradución de varios programas informáticos de software libre a través do proxecto Mancomún, que foi desmantelado co cambio de goberno. O ex coordinador da iniciativa, Suso Baleato, denunciou a intención da Xunta de reducir o proxecto, que se encargaba de organizar eventos, da tradución de aplicacións ao galego e de poñer en contacto a todas as redes de programadores de Galicia, a un simple portal web.


Luns 15.11.2010

Portada

CARLOS CALLÓN POR NAVEGAR AO DESVÍO

O decretazo

Estévez

Pecho con este a serie de tres artigos-síntese cos que pretendín presentar unha panorámica xeral dos procesos de galeguización e desgaleguización do ensino desde


1995 até hoxe. Finalizo, como non podería ser doutro xeito, abordando o decretazo contra o galego, que xa varias veces foi motivo de análise nesta páxina, mais sobre o que cómpre voltar. Esta norma supón o perigo máis forte contra o que se enfronta o noso idioma, en especial porque acelera a súa perda nas zonas urbanas e porque estende a idea diglósica de que o idioma de Galiza non é válido para todos os coñecementos. Unha norma rexeitada O penúltimo día do ano 2009 a Xunta deu a coñecer o seu rascuño de decreto para derrogar a norma de 2007 pactada polas tres forzas con representación no Hórreo. Desde o principio até o final do proceso, a agresiva e unilateral proposta do PP contou co rexeitamento unánime de todas as comunidades educativas: todos os sindicatos do profesorado, todas as organizacions estudantís, todos os movementos de renovación pedagóxica e -excepto unha- todas as asociacións de nais e pais de Galiza. No primeiro semestre do ano en que nos encontramos, 2010, producíronse dúas manifestacións contra o chamado "decretazo contra o galego"; en ambos os casos, desbordáronse as rúas de Santiago de Compostela, na liña do que acontecera o 18 de outubro do ano anterior. No proceso, a Xunta tamén se encontrou co rexeitamento da mesa sectorial de Educación, do Consello Escolar de Galiza e do Consello Consultivo. Xorda e inflexíbel, seguiu adiante co seu proxecto de decreto, aínda que no camiño introducise algúns cativos matices. Os eixos desta norma pasarán a ser: 1. Prohíbense as experiencias educativas en galego na educación infantil que se puxeran en andamento de xeito voluntario durante o bipartito e que contaban cunha demanda crecente nas cidades. 2. Na educación infantil, as familias serán preguntadas sobre a "lingua materna" da nena ou do neno e, segundo cal for a resposta maioritaria, todo o ensino será nese idioma. No entanto, esa cuestión formúlase nun anexo á matrícula, xunto con outras preguntas e sen indicar cales son as consecuencias da resposta. Con esta forma de actuación, o que se pretende é varrer o galego nesta etapa nas cidades, xa que o decisivo pasa a ser cal é o idioma que se utiliza no día a día familiar, non o que se pode elixir no ensino. Dito doutro modo: unha familia (declarada) castelán falante non poderá solicitar educación en galego. O matiz é importante; véxase, se non, na práctica dos datos até o momento existentes neste curso escolar: un 40% das familias das sete cidades responderon "galego"; porén, polo xogo de maiorías e minorías, só un 10% das aulas nesta etapa nas sete cidades galegas son neste idioma. Este nivel de desamparo para


quen quere educación na lingua propia non se produce en ningunha outra comunidade autónoma do Estado. 3. Prohíbese a docencia en galego das materias científico-técnicas: matemáticas, tecnoloxía e física e química. Esta exclusión é explícita tanto para o proceso oral de ensino-aprendizaxe como para a recomendación de materiais. Nunca en 30 anos de democracia se produciu situación semellante en ningún lugar do Estado español. 4. O ensino en galego en primaria e secundaria pasa a ter un tope do 50% e, se un terzo do horario se impartir en inglés, o máximo pasaría a ser o 33%. Dito doutra maneira: a presenza teito é a que os decretos de 1995 ou 2007, de que falamos nos artigos anteriores, consideraban mínimo. Porén, fontes sindicais -non negadas pola Administración, que non ofrece datos- calculan que a porcentaxe de docencia en galego no ensino non universitario non chega ao 25%. 5. O novo decreto denomínase do "plurilingüismo", aínda que tal nome foi fortemente criticado por falaz, xa que a limitación ou mesmo prohibición da lingua propia en determinadas áreas nega a diversidade idiomática que se di promover. Este nome ten unha finalidade propagandística: dar a entender que o obxectivo deste decreto é mellorar o ensino de inglés (a ecuación subxacente é perversa: saberemos máis inglés canto menos galego soubermos). Mais a realidade é que as aulas deste idioma na primaria e na secundaria continúan masificadas. O único que se fixo foi crear unha liña de axudas para que os centros de ensino poidan pasar a ministrar unha parte das súas materias en inglés. A maioría dos 52 centros que se acolleron a este programa son privados. Parte deles, reservan o galego nos seus proxectos educativos ás materias de educación física ou relixión. A verdade é que o plurilingüismo se configura só como unha camuflaxe para reducir a presenza educativa do idioma galego. Menos dereitos que en Francia Ao final dalgúns dos puntos antes sinalados indicaba que hai restricións que padece o galego con este decreto que non teñen parangón en ningunha outra comunidade autónoma do Estado español en 30 anos de democracia. Goberne quen gobernar estas comunidades, habería que acrecentar, pensando por exemplo nos modelos de Nafarroa ou València. Mais hai un punto que me gustaría subliñar con especial énfase: que esta norma coloca o galego moi por debaixo das posibilidades educativas que teñen por exemplo as linguas que no Estado francés nin tan sequera contan con recoñecemento oficial, como o vasco, o catalán ou o bretón. Non é hipérbole: na xacobina Francia non se prohibe, como aquí, que unha familia teña a opción de escolarizar a súa crianza no seu idioma propio. E iso que, como é ben sabido, o Estado francés está considerado,


con exactitude e xustiza, como un dos que menos recoñece e protexe a súa diversidade lingüística e cultural. E agora que? Galiza encóntrase nestes momentos cun modelo lingüístico no ensino que pon en serio perigo o presente e o futuro do idioma propio do país. A aprendizaxe do inglés, que é un obxectivo que todo o mundo comparte, está a ser utilizada como escusa para reducir a presenza da lingua de Galiza. A comunidade galega é o primeiro territorio do Estado onde, pola vía dos feitos, se está a ensaiar o desmantelamento da oficialidade dunha lingua recoñecida xuridicamente a partir da restauración democrática. Porén, todo parece apuntar a que existe un proxecto estatal para estender esta involución a outros lugares. Así, o PP nas Illes Balears comezou a mudar o seu discurso sobre a lingua no ensino e, igual que fixo este partido en Galiza, pasa a considerar que o decreto do 50% (que esta formación promulgou cando gobernaba ese arquipélago) é unha "imposición" e atenta contra a "libertad lingüística". Se se consumará ou non a ofensiva é algo que aínda está por ver, porque ambos os territorios contan cunha resposta social moi importante.


Luns 18.10.2010

O PPdeG defende o decreto do idioma, que se "cumpre" salvo nalgún "caso illado" O voceiro parlamentario do PPdeG, Manuel Ruiz Rivas, defendeu o decreto do plurilingüismo no ensino, asegurando que se "está cumprindo" coa excepción dalgún "caso illado. En Galicia hai dúas linguas propias, o que fai o decreto é darlles un trato igual e creo que ese é o mellor camiño para que poidan convivir e subsistir co cariño dos galegos", defendeu. Nunha rolda de prensa celebrada no Parlamento, Ruiz Rivas destacou que o inicio do actual curso foi "tranquilo e sosegado" a pesar de que "algúns chegaron a chamar á rebelión" -con referencia ao BNG- contra esta norma aprobada polo Executivo que preside Alberto Núñez Feijóo en maio de 2010. Por outra banda, eludiu afondar nas críticas vertidas este luns polo presidente da plataforma Queremos Galego, Carlos Callón, quen presentou no rexistro do Parlamento máis de 30.000 sinaturas que servirán de aval para unha proposición de lei para defender os dereitos lingüísticos dos galegofalantes, alegando o seu descoñecemento.


Luns 21.03.2011

CARLOS CALLÓN POR NAVEGAR AO DESVÍO

O galego e a infancia de hoxe CARLOS CALLÓN Esta semana linlle un artigo a Séchu Sende onde reflexionaba sobre a situación do noso idioma entre os máis pequerrechos e as máis pequerrechas. O coñecido autor, debuxante e activista dicía verdades como puños, que cómpre socializarmos: Quando umha persoa maior nom lhe fala galego a um neno está a excluí-lo da cultura que nos une. Quando um adulto nom lhe fala galego a umha nena está a expulsa-la da própria comunidade. Quando tu nom lhe falas galego a umha nena estás a impedir-lhe um desenvolvemento comunicativo livre. Quando nom lhe falas galego a um neno estás a privá-lo da liberdade de poder expresar-se na língua dos galegos e das galegas. Quando umha nena ou um neno medra sem contacto com a nossa língua converte-se num inadaptado. Mas quando lhe falamos galego a um neno enriquecemo-lo. Fazemos-lhe entender que a pesar das diferéncias a língua nos une. Quando tu lhe falas galego a umha nena dás-lhe umha chave para comprender o mundo que a rodea. Quando lhe falas galego estás a dar-lhe a posibilidade de que melhore as suas habilidades comunicativas. Quando lhe falas galego estás a abrir-lhe umha porta de desenvolvemento, progreso e felicidade. As linguas vivas son as que se falan e as que se transmiten. Por iso unha das principais mostras de compromiso co idioma de Galiza é transmitírllelo ás nenas e aos nenos. Do mesmo xeito, tan importante como a lingua en que falamos cos pequenos e as pequenas é a actitude que trasladamos sobre ela co noso exemplo: se ven que abandonamos o galego en determinadas situacións, se o coidamos pouco, etc.


Nisto, como en toda a educación das crianzas, importa moito máis o que facemos que o que dicimos. Non é verdade que, mesmo agora de maiores, incide moito máis no noso comportamento o que observamos que o que nos explican? Transmitamos, pois, lingua galega e tamén compromiso e lealdade coa mesma. A súa carencia non a compensaría ningunha declaración de intencións, por moi apaixonada que for. O abandono do seu Hai familias que nas cidades ou vilas galegas tentan transmitirlles a súa lingua aos seus fillos e ás súas fillas, mais que se encontran con que as crianzas só se manteñen neste idioma nos seus primeiros anos. A forza do castelán na escola, nos medios de comunicación e na vida social en xeral fai que estes pequenos e estas pequenas abandonen a lingua que lles transmiten na casa. O máis doloroso é que mesmo en moitos casos este abandono se produce no ámbito doméstico. Digo doloroso sen afectación ningunha, porque manca de verdade que unha nai ou un pai preocupados pola súa cultura vexan que o seu neno ou a súa nena deixe de dirixirse a eles en galego. Noutras ocasións, a crianza pode manter esta lingua só no fogar, mais ocultala de vez para as súas outras interaccións sociais. É doado que interiorice ben axiña ideas como que o galego é "a lingua dos maiores" e o castelán "a lingua da xente nova", ou outros esquemas semellantes, do tipo "lingua da casa" / "lingua do resto do mundo", etc. Contra tal situación, o primeiro é tentar proporcionar á filla ou ao fillo posibilidades de contacto co galego como idioma normal para diferentes ámbitos, situacións e xeracións: a través de xogos, filmes, libros, etc. en galego e tamén en estándar portugués, de excursións a lugares onde se manteña mellor o idioma, etc. Isto é importante, mais éo aínda moito máis que na casa vexa un exemplo de fidelidade ao galego. O que non fai sentido en ningún caso é reprocharlle á nena ou ao neno que abandone a lingua familiar. É un bo tema para a conversa e para a información, nunca para o enfado. Se a nena ou o neno quere, a pesar da presión social, regresará ao seu uso tarde ou cedo. Deste proceso esperanzado e dificultado pola censura social, que protagonizan tantas e tantos adolescentes, fala tamén o propio Séchu Sende. No seu Best method to learn Galician!, incluído en Made in Galiza, propón unha serie de etapas para mudar desde o castelán para o galego, na cales chama á reflexión a partir do humor: E xa estamos no terceiro paso, que ten que ver co método Bulinsky de interpretación teatral, que consiste en asumir o papel dun personaxe que está aprendendo unha lingua con todas as consecuencias dramáticas que iso comporta.


Así, por exemplo, pode disfrazarse cun sombreiro de copa e bigotes falsos e perruca e dicir no supermercado, por poñer un caso, as súas primeiras palabras en galego en boca do seu personaxe: Por favor, onde están os cepillos de dentes? A finalidade do disfrace -recomendado para xente máis tímida- é pasar desapercibidos diante das persoas coñecidas que nesta etapa de aprendizaxe, nalgúns casos, poden facer fracasar a misión con frases pouco animosas tipo: - ¿Y luego ahora hablas gallego? Pues te veo rara (con ton burlón). - Uy, qué gracioso estás (cínico). - ¿Y qué dicen tus padres de todo esto? (incrédulo). - ¿Y cómo te dio por ahí? (asustada). - Ostia colega, ¿y tú de qué vas? (molesto). - ¡Aun si lo hablaras bien! (indignada). - Nótase que non o mamaches (purista). A maioría da xente que di esas parvadas non ten mala intención, mais ás veces escápansenos estas cousas que teñen botado para atrás, aínda que pareza mentira, a algunhas persoas que, cando algún día intentaron falar galego, non o conseguiron debido á presión do que dirán. Lembremos que na historia recente temos numerosos exemplos de pequenas e pequenos falantes de castelán que na puberdade ou adolescencia acabaron optando polo galego. Os casos que podemos citar esténdense desde Castelao -un neofalante máis!- até centos de mozas e mozos que, malia as dificultades, decidiron e deciden dar o paso..


POLÍTICA

O galego estréase no Senado entre duras críticas do PP Os populares censuran o gasto na tradución, que supón só un 0,6% do orzamento da Cámara Alta, que este ano descendeu nun 6,7% MIGUEL PARDO O XORNAL.COM 18/01/2011

O Senado vivirá hoxe un día histórico. Por primeira vez, nun pleno da Cámara Alta escoitaranse intervencións en galego, catalán e éuscaro. Será a estrea da reforma do seu regulamento aprobada xa no verán co consenso de todos os grupos agás do PP e de UPN. O uso das linguas cooficiais no Senado chega en plena crise económica, algo que o PP aproveitou para cargar con dureza contra o “excesivo gasto” que suporá a tradución dos respectivos idiomas ao castelán. “Equivocado”, “ridículo”, “sarcástico” ou “innecesario” son algúns dos adxectivos que os conservadores dedicaron a unha medida que, en palabras dos que a apoian, “intenta tamén reforzar o carácter de representación territorial e da pluralidade que ten que ter o Senado”. Malia as duras críticas populares, o feito é que o gasto en intérpretes e tradución ascenderá neste ano a 350.000 euros, o que supón un 0,63% dos 55,1 millóns de euros cos que conta o Senado no seu orzamento de 2011. Ademais, o uso das linguas cooficiais tampouco suporá custo extra ningún, tal e como prometera o PSOE, xa que o presuposto da Cámara Alta para este exercicio descendeu un 6,7%. Aínda así, o uso de galego, vasco e catalán non será completo no Senado. Co obxectivo de acadar o consenso, os 34 senadores nacionalistas que promoveron a reforma acabaron aceptando que tan só se permitise no debate entre os propios senadores e na defensa das mocións, pero non, por exemplo, nas sesións de control ao Goberno. Para algúns, o obxectivo era evitar a morbosa imaxe do presidente ou dos ministros con auriculares. Iso dará lugar a circunstancias cando menos curiosas. Hoxe, ás catro da tarde, unha hora antes de que o catalán se estree no Senado, o nacionalista Pérez Bouza preguntará ao ministro José Blanco, de Palas de Rei. Terá que facelo en castelán. JOSÉ MANUEL BARREIRO (PP) O senador galego do PP, Xosé Manuel Barreiro, cre que o uso das linguas cooficiais no Senado “é unha medida totalmente equivocada”. “E dígoo eu, que son galegofalante e que defendo a promoción da lingua propia”, aclara. Aínda así, cre que “gastar cartos nisto en plena crise é inútil e innecesario”. “É algo sarcástico e pouco serio porque agora a preocupación non debería ser esta”, insiste Barreiro, que di que “se cadra” el tamén opta por empregar o galego. “Que estea en desacordo coa medida non quere dicir que non o vaia usar, tereino que c onsultar cos meus compañeiros de partido”, engade o ex conselleiro, que non cre que o importante “sexa se se gasta máis ou menos”. “Que lle pregunten a un parado o que faría con eses cartos”, remata o senador popular, que cre tamén que “o PSOE di que si á medida coa boca pequena”. “Non permiten usalo na sesión de control para non ver a Zapatero con auriculares”, acaba. PÉREZ BOUZA (BNG) “É algo positivo e estamos satisfeitos”, di o nacionalista Pérez Bouza, un dos impulsores da reforma do regulamento no Senado. Para o político do BNG, o uso do galego na Cámara Alta “é un feito simbólico pero moi importante, sobre todo agora que en Galiza a lingua está sufrindo os ataques do PP”. “Abrímoslle unha pequena fiestra ao noso idioma”, destaca Pérez Bouza, que considera as críticas dos populares “unha mostra máis da súa visión da pluralidade, que é un problema para eles”. “Critican o gasto e claro que o hai como sempre que se pon algo en marcha; de todas formas, é asumible porque o orzamento do Senado baixou”, di o senador, que lembra tamén que os grupos nacionalistas intentaron “por todos os medios” poder empregar as linguas cooficiais tamén na sesión de control. “Para conseguir o consenso co PSOE houbo que aceptar esa condición”, recoñece o membro do BNG. M. FIDALGO (PSOE) “O debate do gasto é demagóxico, porque é evidente que calquera medida supón un gasto”, di Miguel Fidalgo, senador socialista por Ourense, que recorda que o PP sempre se opón a calquera avance social, “aínda que acaba sendo o primeiro en aproveitalo”. “Ocorreu co divorcio, co matrimonio entre homosexuais ou co aborto... Con isto pasará o mesmo”, asegura. Ademais, Fidalgo cre que a medida é “o mellor para reforzar a representación territorial do Senado” e que supón tamén “respectar un dereito fundamental dos senadores”. “A postura da PP é unha campaña máis contra a diversidade de España


porque eles queren un Estado unitario e único, pero non é así”, di o senador, que asegura que a intención socialista é que os idiomas cooficiais “se poidan usar en calquera ámbito do Senado”. “Espero que o PPdeG, onde moitos usan o galego, free a deriva centralista do PP”, remata.


Galego na Policía e na Garda Civil As forzas de seguridade apostan pola lingua fronte á renuncia dalgún cargos públicos O Xornal MIGUEL PARDO 15/10/2010 Caamaño amima os galegos a defender a lingua porque “non o van facer outros”

Son os paradoxos do galego. Manuel Ferreiro, xeneral xefe de Zona da Garda Civil de Galicia, expresouse onte na lingua propia durante os actos de celebración da Benemérita. Fíxoo con normalidade ante unha morea de cargos públicos, nunha actitude habitual tamén en Luís García Mañá, xefe superior de Policía Nacional, na comunidade e defensor dunha maior introdución da lingua galega nas forzas de seguridade. O xeneral xefe de Zona da Garda Civil fixo o seu discurso en galego na Coruña, precisamente unha cidade onde o emprego da lingua propia é case nulo por parte do seu alcalde, Javier Losada, ou polo líder da oposición, o popular Carlos Negreira, quen ademais agora teima por modificar a Lei de Normalización para oficializar o topónimo deturpado La Coruña. Non é caso único o da Coruña –a cidade do país con maior número de galegofalantes en termos globais–, nin moito menos. Ocorre tamén co alcalde de Ferrol, Vicente Irisarri, ou co de Vigo, Abel Caballero, pouco afeitos ambos os dous a empregar a lingua propia. Todos eles contrastan coa actitude amosada en canto á lingua polo delegado do Goberno en Galicia, Antón Louro, socialista como os alcaldes citados, e que ten o galego como idioma principal malia representar o Estado na comunidade autónoma. Algo semellante ocorre co ministro de Xustiza, Francisco Caamaño, defensor da lingua e galegofalante cada vez que celebra un acto na súa terra. Agora, son tamén as forzas de seguridade do Estado, dependentes dun Goberno central coa mesma cor política, as que apostan claramente polo idioma galego nas súas intervencións públicas, un cambio que racha con anos de ostracismo da outra lingua cooficial na comunidade autónoma nas súas comunicacións. Tampouco son moitos os conselleiros da Xunta adoitan empregar a lingua propia, malia o acordo parlamentario ao que chegaron os partidos políticos para facer uso dela. O propio Xesús Palmou, ex conselleiro e ex secretario xeral do PPdeG, louvaba neste diario a actitude de García Mañá e da Policía Nacional ante o galego, destacando “a identificación desta forza de seguridade coa cultura e as tradicións galegas no desempeño do seu fundamental labor de defender a legalidade”. Non pode dicir o mesmo de moitos cargos públicos que, exercendo tan só en Galicia, esquecen o seu labor.


Luns 28.03.2011

CARLOS CALLÓN POR NAVEGAR AO DESVÍO

O galego no traballo CARLOS CALLÓN Esta semana saíu en varios medios de comunicación unha dirixente de Galicia Bilingüe (actuou como tal, por exemplo, en programas de Correo TV de xaneiro do ano pasado) que se queixaba de que o seu fillo tiña que utilizar na escola un libro de texto en galego. A portavoz desta asociación contra o galego que alimentou o Partido Popular demostraba, coa súa denuncia, a situación calamitosa que padece o noso idioma no ensino. Fronte aos cánticos da Xunta sobre unha situación de "equilibrio", casos como o exposto demóstrannos que a lingua propia do país está case varrida nunha parte considerábel dos centros. A denuncia, observemos, non é porque haxa inmersión lingüística ou un 50% das aulas. A denuncia é porque o seu neno utiliza un único libro de texto en galego, que polos vistos ha de empregar a mesma tinta que a do bibliotecario Jorge de Burgos n"O nome da Rosa. Mentres o histrionismo galegófobo continúa a campar, a realidade é que as persoas que queremos utilizar a lingua de Galiza nos continuamos a encontrar cunha sucesión de vulneracións graves dos nosos dereitos lingüísticos. Un dos ámbitos sobre o que nos seguen a chegar moitas queixas desacougadas á Mesa pola Normalización Lingüística é no laboral. Sorprenderíavos se soubésedes cantas empresas prohiben ou dificultan a utilización do noso idioma ás súas traballadoras e traballadores. Perante esta situación, é importante que coñezamos os nosos dereitos e que saibamos que é o que podemos facer. Non á discriminación A lexislación sobre dereitos laborais indica claramente que existe o dereito á non discriminación por causa de lingua, de xeito que as condicións laborais das traballadoras ou dos traballadores non se poidan ver prexudicadas por falaren un ou outro idioma.


O Estatuto dos Traballadores, no seu artigo 4.2.c sinala que as traballadoras e os traballadores teñen dereito "a non ser discriminados para o emprego, ou unha vez empregados", entre outros motivos, "por razón de lingua". É importante o feito de que os dereitos lingüísticos son formalmente amparados tanto no momento do acceso ao traballo como no posterior desenvolvemento da actividade laboral. Perante a existencia de axencias de colocación tanto públicas como privadas, o Estatuto dos Traballadores tamén sinala no seu artigo 16 que ditas axencias non poden establecer tampouco discriminación, entre outros motivos, por "lingua dentro do Estado". Os xuristas Xavier Ferreira, Alba Nogueira, Anxo Tato e Luís Villares consideran que este artigo do Estatuto dos Traballadores fai que mesmo un inquérito sobre lingua habitual empregada "podería chegar a constituír, segundo o caso, a vulneración deste precepto, o que iría acompañado da correspondente sanción administrativa á axencia que o efectuase". Así mesmo, no marco das relacións laborais indícase que se "entenderán nulos e sen efecto" aquelas normas que discriminen por razón de lingua. Nesta liña, no artigo 96.12 do Estatuto dos Traballadores dáselle a consideración de "moi grave" ás discriminacións por causa de lingua dentro do Estado español. A Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias, de obrigada aplicación no Estado, tamén sinala no artigo 13, parágrafo 1, que se debe eliminar toda cláusula que prohiba, limite ou desaconselle o uso do galego neste ámbito. E se nos prohiben usar o galego? Os dereitos lingüísticos no traballo teñen un amparo legal, mais os problemas chegan á hora de poder concretar tales dereitos. Nas discriminacións lingüísticas no traballo, igual que nos casos de acoso laboral ou doutras discriminacións (razón de sexo, raza, opción sexual, etc.), a persoa áchase nunha particular situación de indefensión para probar o sucedido, polo que é fundamental contar con algunha proba (escrito, gravación, etc.) que o mostre. En Galiza xa se deron sentenzas xudiciais en favor de traballadores discriminados por falar en galego, unha vez que estes puideron demostrar de forma clara tal discriminación. Que facermos polo galego desde o noso traballo? O primeiro e máis importante, con certeza, é exercermos os dereitos que temos recoñecidos por lei, usando a nosa lingua con normalidade. Se temos unha empresa ou capacidade de decisión no lugar onde traballemos, asegurémonos de que se redixan en galego os contratos, as nóminas, as facturas, os albarás, as notas internas, etc. Se non temos tal capacidade de decisión, sempre


poderemos solicitalo (aínda que a lexislación non garante este dereito para as empresas privadas). Cando menos, podemos probar a pedir que a nosa documentación máis persoal, como contrato e nóminas, sexan no noso idioma. Ademais, podemos propor, a través dos representantes sindicais, que o convenio colectivo se redixa en galego e que recolla unha cláusula de dereitos lingüísticos. A práctica de incluír este artigo nos convenios está tamén avalada polo Parlamento galego, que a amparou en dúas ocasións por unanimidade (no 2004 e no 2007). Velaquí unha posíbel redacción: Artigo X.- Dereitos lingüísticos Todas as traballadoras e todos os traballadores teñen dereito a desenvolver a súa actividade laboral e profesional en lingua galega. A empresa favorecerá a formación en idioma galego para mellorar o servizo ao público nos postos de traballo, de acordo cos seus recursos e necesidades. A dirección da empresa e os representantes dos traballadores e traballadoras potenciarán o uso da lingua galega nas actividades internas, nas relacións laborais, na formación profesional e nas súas relacións cos consumidores e consumidoras, coas administracións públicas e entidades privadas radicadas en Galiza, de xeito que se normalice a utilización da lingua galega como un instrumento de comunicación da empresa cos seus interlocutores internos e externos. Farase especial fincapé nas comunicacións cos traballadores e traballadoras e na utilización do galego como lingua da súa publicidade..


O gran “poeta nacional” Manuel Antonio xa ten a súa casa museo O presidente da Academia, Xosé Luís Méndez Ferrín e o delegado do Goberno, Antón Louro, acudiron á inauguración oficial O XORNAL 27/03/2011 IAGO MARTÍNEZ Abre a casa de Manuel Antonio en Rianxo

Manuel Antonio (1900-1930) xa ten o seu propio museo en Rianxo. Abriuse onte no número 24 da Rúa de Abaixo, onde estivera a súa casa. O “insigne poeta nacional”, o “poeta radical que morreu novo, como os escolleitos dos deuses”, como o cualificou no acto de inauguración o presidente da Real Academia Galega (RAG), o escritor Xosé Luís Méndez Ferrín, adiantóuselles finalmente a Rafael Dieste e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. As casas destes dous ilustres conveciños, que ían integrar xunto á do autor de De catro a catro o que Xesús Alonso Montero e Isaac Díaz Pardo chamaban a Academia Literaria de Rianxo, seguen aínda na lista de espera. A apertura da Casa Museo Manuel Antonio é, e así o dixo Xosé Luís Axeitos, académico e experto na vida e a obra do poeta, o final “dun longo camiño de anceio, esperanza e procura”. Unha iniciativa que puxo a andar hai case oito anos Pedro Piñeiro, alcalde da vila e presente tamén no acto, e que se converteu en realidade grazas á colaboración da Academia, a Fundación Barrié de la Maza e o Ministerio de Cultura, representados onte en Rianxo por Méndez Ferrín, Axeitos, o bibliotecario da fundación e o delegado do Goberno en Galicia, o socialista Antón Louro, respectivamente. Unha estrela de cinco puntas –”o único obxecto capaz de reunir todas as ansias de liberación de Manuel Antonio”, dixo o académico Xosé Luís Axeitos– dá entrada ao visitante no museo, que ocupa tres dos catro andares da casa. Algúns mobles orixinais da época, como un par de camas ou unha mesa do comedor, comparten agora o espazo cos obxectos que testemuñan o paso do poeta pola vida: primeiras edicións, fotografías do poeta e a súa familia, libros e revistas da súa biblioteca persoal, cartas e apuntamentos da escola, manuscritos, libros de navegación, paneis explicativos e mesmo unha reprodución a escala do Constantino Candeira, o pailebote no que escribiu entre 1926 e 1927 De catro a catro. O legado do poeta Manuel Antonio, que fora secuestrado durante anos polo doutor Domingo García Sabell e vendido máis tarde á Fundación Pedro Barrié de la Maza, empeza agora a facerse público. Axiña aparecerán os primeiros volumes da súa obra completa, coeditados pola Real Academia Galega e a fundación baixo a supervisión do propio Xosé Luís Axeitos, e tamén se ultima unha páxina web cos manuscritos orixinais. A xulgar polos discursos de onte en Rianxo, a ferida estiñou decontado. Só houbo agradecementos para a fundación e o que fora delegado do Goberno en Galicia e presidente da Real Academia Galega ao mesmo tempo. Abríase, logo de varios anos de traballo, un “museo especial”, como lle chamou Xosé Luis Axeitos: “O recuncho onde van aniñar durante moito tempo ideas e obxectos que estaban desperdigados”, dixo o académico en referencia a ese longo silencio en torno a un dos escasos homes libres, tal vez o fundador dunha estirpe, na historia da literatura galega. “E que non nolo quiten, que non nolo domestiquen. Viva Manuel Antonio!”. Así pechou o acto de inauguración, previo ás primeiras visitas á casa, o presidente da Real Academia Galega.


Sábado 06.11.2010

MARÉ HOXE

O home que berrou "Máis alá!" Manuel Antonio, o poeta por excelencia da vangarda en Galicia, contará por fin a partir do 2011 cunha edición que fixa os seus textos literarios e que inclúe a súa correspondencia. MARÉ

Manuel Antonio morreu aos 29 anos en 1930 dunha tuberculose FOTO: AXENCIAS

Abonda oír o nome de Manuel Antonio e debuxarse no horizonte a imaxe do poeta vangardista por execelencia da Literatura galega, un home que morreu novo -29 anos, que participou no mítico manifesto Máis alá! e deixou un único libro, De catro a catro, probablemente o título máis influente da Historia da Literatura galega se exceptuamos a obra de Rosalía de Castro. Porén, a pesar de ser o poeta máis citado polas novas xeracións, o poeta que habitualmente se invoca para simbolizar a audacia creadora era o modelo de Lois Pereiro, por exemplo, ao que se lle dedicará no 2011 o Día das Letras-, Manuel Antonio aínda carece dunha edición que fixe a súa poesía, que detalle a súa biografía e, sobre todo, que recolla o material contextualizador da súa correspondencia. Para cubrir este baleiro, o próximo ano comezará a publicación da súa Obra Completa como apertura da colección Clásicos da Academia, unha iniciativa da Real Academia Galega (RAG) patrocinada pola Fundación Barrié de la Maza. A primeiros do próximo ano será cando se edite o volume dedicado á Prosa, á lle que seguirán Poesía,


Correspondencia e Biografía. A colección é froito dun convenio da RAG coa fundación que permitirá potenciar tamén a edición dos próximos dicionarios da institución que preside Xosé Luís Méndez Ferrín. O propio Ferrín e o presidente da Barrié, José María Arias Mosquera, ratificaron onte na Coruña o convenio."Sería moi difícil para unha institución como a Real Academia Galega dar cumprimento ao seu compromiso ético e intelectual coa nosa cultura sen a xenerosa colaboración de entidades como a Fundación Pedro Barrié de la Maza. Seguiremos nesta liña, conscientes da nosa responsabilidade co país. O noso proxecto editorial quere conxugar rigor e novidade, sen interferir nunca nas canles comerciais que dita o mercado xa establecido", subliñou Méndez Ferrín. A colección Clásicos da Academia nace cunha especial vocación de incidencia no sistema literario galego e coa pretensión de fortalecelo, elevar a súa consideración social e enriquecelo, segundo subliñaron onte fontes da fundación. Tanto a RAG como a Barrié "comparten o convencemento de que tanto as literaturas como as linguas teñen necesidade dun marco referencial no que se poida desenvolver a creación artística. A colección publicará un título novo cada ano, dando preferencia a obras inéditas, obras faltas de edicións críticas ou títulos que non gozan da condición de clásicos polo descoñecemento. A colección caracterizarase polo rigor científico, seleccionando os máis importantes especialistas en cada ámbito e acompañando o texto dun aparato crítico que recolla todas as variantes dun texto e inclúa as anotacións pertinentes para facelo accesible á sociedade.


Luns 28.03.2011

O pesadelo MIGUEL ANXO FERNÁN VELLO Di dona Odiadora Profesional do Galego (de aquí en diante Odiproga) que un neno ten pesadelos por ter que estudar Coñecemento do Medio nun libro en galego. A situación é tal (informan as crónicas) que o pequeno chegou a dicirlle á súa proxenitora frases como esta: "Mamá, esta noite soñei que a miña profe me quitaba o libro das mans". E a feridísima proxenitora denunciou, facendo gala de hiperbólica visión infantilista: "Sinto que mando o meu fillo ao campo de batalla". Marzo do ano 2011. Fica ben claro que tanto dona Odiproga como a proxenitora requintada viven noutra realidade, noutro país físico e "mental", e alguén con competencia en materia de conduta humana (ou elas mesmas, na intimidade, como Aznar) debera analizar as súas actitudes tanto no plano afectado polo pedagóxico como no que ten que ver co do sentido común. Resulta que a materia Coñecemento do Medio debe ser impartida en galego, pois así o establece a normativa aprobada pola Xunta, mais a proxenitora en cuestión pretende, porque si, que o seu fillo de seis anos utilice, contra os criterios pedagóxicos e o sentido común (e neste caso tamén legal), o libro de dita materia en castelán, cando todos os demais alumnos o utilizan con normalidade e naturalidade en galego. ¿Será consciente esta señora do dano que lle está a causar ao seu fillo, só por tratar de impor a súa ideoloxía política extremista en contra da lingua galega? "Sinto que mando o meu fillo ao campo de batalla". Pobre soldadiño infante, vítima el da fobia organizada contra o idioma propio de Galicia. E a nai, aínda por riba, di a todos os ventos que "es gallega de pura cepa". ¿Que clase de galega será esta señora que despreza, como todos os "odiproga" (odiadores profesionais do galego), a máxima creación colectiva do pobo do que todos formamos parte? O verdadeiro pesadelo consiste en asistirmos á morte lenta do noso idioma e ao mesmo tempo vermos como os etnocidas (máscaras de odio), "gallegos de pura cepa", perseguen con malsá teimosía antes de tempo o seu cadáver..


Luns 10.01.2011

Galicia

ESCRITOR

Xurxo Sierra Veloso: “O pobo galego decidiu suicidarse e empezou por prescindir da lingua” “o galego nas súas variantes leonesas e zamoranas, tamén está a desaparecer. a xeración seguinte non lle interesa” POR MANUEL VIDAL VILLAVERDE

Xurxo Sierra publicou obras como „Os ollos do rei de copas‟ ou „Os nomes do traidor‟

Xurxo Sierra Veloso, fillo de emigrantes de Ramirás (Ourense), naceu en Caracas en 1969, aínda que moi pronto (1974) a familia mudou a súa residencia a Vigo. Nesta cidade, entre tardes de derrota en Balaídos e longos cafés no De Catro a Catro, pasou da infancia á idade adulta, sen deixar por iso de ser un eterno adolescente. Garda moi agarimosa lembranza das aulas do Instituto de Bacharelato S. Tomé do Freixeiro, en especial de profesores como Gonzalo Navaza, María José Mouriño ou Manuel Rodríguez, talvez responsables da súa posterior vocación literaria. É licenciado en Filoloxía Hispánica, subsección de Galego-Portugués, pola Universidade de Santiago de Compostela. Dos seus anos universitarios, recorda con absoluta admiración as clases do catedrático Xesús Alonso Montero, do que segue a ser un firme devoto. De 1989 a 1993, foi codirector e copresentador do programa Os mundos de Horacio Oliveira, en Radio Ecca, un espazo de contidos literarios e musicais que lle permitiu entrar en contacto co sempre esvaradío terreo da crítica. En


1994 publica a súa primeira novela, Os ollos do rei de copas, en Ediciós do Cumio. Dende entón, non deixa nunca de expresar a súa eterna gratitude a Carlos Blanco Yáñez (falecido en 1998), director da devandita editorial e persoa que apoiou decisivamente a moitos autores mozos da época. En 1999, despois de aprobar unhas oposicións na Universidade de Salamanca, marcha a Zamora, onde traballa, ata o día de hoxe, como administrativo da Escola Universitaria de Maxisterio. Nos anos posteriores, publica novas novelas: Licor de abelá con xeo (2006, finalista do Premio Lueiro Rey), Os mércores de Fra (2006, Premio Risco) e Os nomes do traidor (2008). Ata o momento, a súa última entrega narrativa é Os fíos (2010, Premio Repsol).

Amigo Xurxo, senón toda, unha parte de Zamora, onde ti moras, está fondamente enraizada con Galicia (ou Galiza), supoño que diso es consciente ti e moitos zamoranos por obriga que non por devota cultura. Tanto é así que, en boa parte da actual provincia nome e división "administrativa" da que non gusto especialmente, a fala e a antropoloxía cultural son nitidamente galegas, formas dialectais do galego, étimos "locais", como calquera outra variante do noso idioma, tanto fonética/fonolóxica mesmo dentro dos actuais lindeiros da Galicia "oficial" hoxe. Claro que para min defunta escola filolóxica española, xamais foi proclive –por factores extralingüísticos-, de aceptar as diferentes morfoloxías ou grafías, así como outras formulacións fonéticas propias da cultura galega, e en función disto defenderon primeiro, "disparates dialectais do castelán (español) imposíbeis de soster filoloxicamente falando. Recoñécese un perdido leonés, así como a lingua das Terras de Sayago actuais, lingua que se dá por desaparecida. Un entende o saiaghes ou saiagués, como galego-portugués da rexión do río Douro, en Portugal o idioma actual e en Zamora o castelán ou español imposto tamén durante séculos. As consecuencias inmediatas, foron e son:A) Chamarlle dialecto español a todo que non fose de orixe; observése o flagrante caso do bable, dentro da galegofonía, instrumentalizado por Castela, ergo España; B) de aí e para contribuír á morte do galego xa non dentro das súas propias fronteiras actuais, senón no alén antigo de si: Bierzo ( nalgúns documentos Berzo) con máis éxito do primeiro nome. Mudados os tempos, despois do "café para todos" chegou o que só os "rudos e ignorantes" negan; estólidos ou estultos de todo tipo, con ou sen titulación académica, pero isto xa é fariña doutro muíño. Desculpa a miña introdución á conversa, de maneira que solicito agora a túa reflexión a este propósito, serve, Xurxo? Máis alá da conversa filolóxica, que pode axudar a pasar estas frías tardes de inverno, hai outra realidade, que se cadra non nos gusta tanto, pero que é innegable. O galego, nas súas variantes leonesas e zamoranas, tamén está a desaparecer. Nestes once anos e pico que levo vivindo á beira do Douro, coñecín xente nova, algúns de terras bercianas, outros de localidades tan fermosas como Lubián ou Chanos, moi pretiño do Padornelo, que escoitaron falar en galego a seus avós ou mesmo a seus pais. Pero eles, os da seguinte xeración, esa que agora sae da universidade e ingresa na vida


laboral, xa non teñen nin dominio nin interese ningún pola lingua herdada. Algúns, nos momentos de certo acougo sentimental, atrévense cunha cántiga aprendida nas xuntanzas familiares. E máis nada. Non nos debe sorprender: é o mesmo proceso ao que asistimos en Galicia dende hai décadas.

Unha pregunta máis breve; para salvar o catalán, éuscaro e galego é necesaria unha inmersión lingüística ad hoc, como propón o nada sospeitoso profesor Blecua, hoxe presidente da RAE? Voume limitar ao galego, porque creo que as semellanzas cos casos éuscaro e catalán son ben poucas. Para salvar o idioma galego debería haber un pobo galego que quixese sobrevivir. Desafortunadamente, creo que non se dá esta premisa imprescindible. O pobo galego, se é que existiu algún día, decidiu suicidarse como tal, e para iso empezou por prescindir do seu maior sinal de identidade, a lingua. Nestas condicións, calquera política sociolingüística está condenada ao fracaso, veña de quen veña.

Dicir que detrás da proposta inmersión lingüística existen "escuros intereses económicos" é un disparate antolóxico, pero asegurar "que o galego está monopolizado por grandes intereses económicos", transcende a capacidade imaxinativa de calquera clase de delirio; non é? Se existen eses intereses económicos, que alguén me dea contas do diñeiro que deixei de ingresar nos últimos vinte anos. As persoas que falan así non só amosan unha evidente mala fe, senón que poñen de manifesto unha profunda ignorancia. O galego, por moitos anos de autonomía e outras lerias que levemos, segue a ser, cada vez máis, un territorio tristemente reservado á militancia, ao compromiso lingüístico, sempre desinteresado e ruinoso. Quen o queira mesturar con liortas ideolóxicas vai moi enganado. E quen pense que se lle pode tirar beneficio á cuestión sociolingüística está moi preto de ser un parvo, por moito que queira adornar os seus argumentos con citas de John Stuart Mill.

Acabas de publicar „Os fíos‟, a túa terceira o cuarta novela, coa cal obtiveches o Premio Narrativa breve Repsol 2010. Vas á procura dunha obra de maior calado? Xa é a quinta novela, o cal debería entusiasmarme e ao mesmo tempo angustiarme. Supoño que aínda non atopei as respostas que levo procurando máis de vinte anos; por iso me vexo na obriga de seguir escribindo. Non sei se algunha vez construirei unha "obra maior", pero, se non che parece mal, vasme permitir que utilice a ironía e acuda ás ensinanzas dun santo polo que sinto ben pouca devoción. Refírome a


Escrivá de Balaguer, quen gababa moito o que el chamaba a "clase de tropa", é dicir, aqueles que non están chamados para comandar exércitos e realizar grandes heroicidades, pero tamén teñen o seu pequeno oco na batalla cotiá. Eu, mentres siga escribindo, sentireime membro deste cativo gran batallón de resistentes que aínda cremos na grandeza da lingua galega, e que por iso a empregamos no noso labor literario.

Cos demais xéneros literarios que tal te levas en xeral? De cando en vez escribo poesía, pero nunca quedei especialmente satisfeito co resultado. Os meus versos sóanme falsos e afastados, como se estivesen escritos para ser declamados nunha cea de nadal ou un banquete de voda. Algunha vez tentei someter os meus personaxes aos rigores do teatro, pero confeso que non fun quen de pasar da primeira escena. Para ben ou para mal, o eido no que me sinto máis cómodo é a novela.

Os nomes do „traidor‟ cecais sexa a túa mellor novela polo de agora, sen prexuízo de títulos como estoutro que vimos de citar? Prefiro non opinar. Non teño distancia abonda sobre os meus libros para saber cales son mellores ou peores. Os ollos do rei de copas, por ser a primeira, é a miña novela máis inxenua, pero tamén se callar a máis sincera (recoñecendo que a sinceridade non é ningunha virtude literaria). Moita xente gabou Licor de abelá con xeo, para min un xogo, e hai poucos aos que lles guste Os mércores de Fra, que foi o texto ao que dediquei máis tempo e obsesións. Con Os nomes do traidor está a ocorrer algo curioso: canto máis tempo pasa, máis me gusta. Descubrinlle unha posible interpretación paradoxal que non prevera. Canto a Os fíos, quixen construír unha novela sutil, de azares e presentimentos, a medio camiño entre os contos de Carver e un serial televisivo de baixa audiencia. Estou bastante satisfeito do resultado, pero terán que ser os lectores os que emitan sentenza.

Unha Galicia independente, socialista, internacionalista e solidaria é un dos teus soños? Conformaríame cunha Galicia que se coñecese a si mesma e se aceptase sen complexos nin pailanismos. Claro, de cando en vez érgome do leito, leo a prensa e sinto desexos de militar na revolución. Pero o problema vén decontado: por onde principiar? Quen me asegura que o meu espírito revolucionario vai chegar a algures? Realmente estou disposto a sacrificar as miñas comodidades e o meu consumismo?


Son tantas preguntas que o que adoita suceder é que chega a noite, volvo ao leito e, máis unha vez, a revolución quedou adiada, seguramente para sempre.

O capitalismo é unha barbarie sen posíbel solución que asolaga ao mundo? Sen dúbida, pero tampouco estou tan seguro de que as posibles opcións alternativas non sexan, tamén, unha forma de barbarie.

Cóllote traballando nunha próxima obra? Sempre hai unha próxima obra, ou polo menos a intención de construír por fin esa novela que xustifique dunha vez todos os paseos erráticos, todas as viaxes imaxinarias, todos os golpes no teclado da vida. Agora mesmo vivo en permanente conversa cuns cantos personaxes que aínda non existen. Eles, coitados, nin sequera imaxinan que calquera día destes, por culpa do meu capricho creador, sairán do seu apracible mundo de ficción e comezarán a sufrir. Os narradores omniscientes sómosche así: crueis, inxenuos e, por sorte, inconstantes. Monarquía, democracia, república… Podes explicar a convivencia da primeira coa segunda? A supervivencia normal e mesmo aplaudida da monarquía é unha proba máis de que vivimos nunha sociedade narcotizada e pouco amiga da reflexión. Calquera que lle dedique dez minutos seguidos a pensar o asunto seriamente, decatarase de que vivirmos baixo un rei é unha extravagancia chocalleira, unha absoluta falta de dignidade social. O sistema presuntamente democrático no que vivimos ten moitas eivas. Sen dúbida esta é unha delas. Pero (perdoa que insista no meu habitual pesimismo), non vexo que ninguén dea un paso para trocar a situación. Por certo, eu tampouco.

Cuestións credos, relixiosidade… Cal é a túa actitude, a túa postura? Difícil cuestión. A min resúltame doado crer en Deus e case imposible crer nos seus supostos representantes na terra. Deus, de feito, é un tipo co que me levo razoablemente ben. Temos rifas impresionantes, de cando en vez berrámonos un ao outro ata rebentar as gorxas, pero aínda así case se pode dicir que nos queremos ben, que podemos seguir compartindo cafés sen demasiados problemas. Agora, por favor, que non se nos meta por medio ningún deses ridículos bispos que ateigan as prazas e visten con tan abraiantes indumentarias. Haberá de todo, supoño, pero non me parece xente de fiar. De entrada, o seu medio de vida parte dunha terrible blasfemia, a de


outorgarse a si mesmos a condición de intermediarios e intérpretes da vontade de Deus. Tremendo, non é?

Fomos e somos educados máis para a escravitude que para a liberdade? A xente verdadeiramente libre acaba sufrindo a condena da barra do bar ou do folio en branco, a miúdo os dous, é dicir, actividades inofensivas que estragan o fígado e a vista do usuario, pero non acaban coa escravitude social. Dito o cal, botarémoslle outro grolo.

Cal é a definición e o prezo desta liberdade? O illamento social, a lápida en vida, a cita a pé de páxina nun manual que ninguén vai ler. Os tipos que chegan, por exemplo, a presidentes do goberno, pagaron polo camiño tantas peaxes que xa non lles quedan folgos nin recursos para levar a cabo os seus posibles bos propósitos de reforma social. Vouno dicir cun exemplo práctico e bo de asimilar: quen manda máis en Galicia, o presidente da Xunta ou aquel rexio señor, dono dun importante xornal, que de cando en vez pontifica dende as páxinas do seu subvencionadísimo medio? Eu, sinceramente, non sei a resposta. O río é a verdade ou o reverso da vida? Non sei se entendo ben a pregunta. Eu paseo moitas tardes á beira do Douro, un río que aparentemente está quedo pero que agocha terribles traxedias trás a súa calma. Aínda non hai moito que morreu o barqueiro de Olivares, un homiño extraordinario que atopou máis de corenta afogados ao longo da súa vida, e sen necesidade de mollar nin a punta do pé, só polo simplísimo sistema de apalpar o fondo co longo remo. Fermosa metáfora do final que nos agarda a todos, supoño.

Cal é para ti o significado do mar, do amor, do tempo? Son tres cousas temibles e á vez imprescindibles. No mar procuro bañarme con prudencia, facendo pé e non perdendo de vista a praia. O amor sempre me tratou ben, cunha dozura que seguramente non merezo. E o tempo estame a atacar elegantemente, sen trampas nin enganos. Non lle podo pedir máis.

Pensaches algunha vez na escrita dun poemario?


Como xa dixen antes, escribín poemarios, pero polo de agora non creo que merezan máis luz cá mínima raiola que poida entrar no máis escuro dos meus caixóns, ese que só abrirei o día que perda un calcetín e me decida a buscalo con desesperación por toda a casa.

As emocións son sempre primarias, inocentes…? Son, mesmo algunhas producen vergoña cando as lembramos. Como é posible que aquel gol de Gudelj ao Liverpool ocupase máis o meu peito cá fame ou a inxustiza? O día que atope un confesor benevolente e preferentemente xordo contareillo, sen moitas esperanzas de absolución.

Marx é naturalmente vixente? Por suposto, dá moito xogo nas ceas familiares. O outro día, de bares pola gloriosa Salamanca, un dos meus contertulios citou a Trotsky con paixón. Pareceume un momento emocionantemente anacrónico.

O nacionalismo hexémonico español afoga as arelas de liberdade das demais nacións integradas daquela maneira no Estado que nos rexe? Pero realmente existen esas arelas de liberdade? l


Mércores 27.10.2010

DEBATE

"O poder non cre en nós" Os medios en galego alzan a súa voz contra o "abandono da Xunta" e reclaman apoios para a prensa: "Somos un sector preferente, que poñemos en valor a identidade e mantemos viva a lingua" ROSA RODRÍGUEZ . SANTIAGO

Alfonso A. Riveiro, Xosé Manuel Pereiro, Xavier Cea e Guillermo Rodríguez, dende a esquerda, onte na sede do Consello da Cultura Galega FOTO: ana curras

Os medios escritos integramente en galego decidiron alzar a súa voz contra a retirada do apoio económico por parte da administración, o que, unido á situación de crise e de "fin de era" ou cambio tecnolóxico, están a desvalorizar as industrias culturais do país. Guillermo Rodríguez, director do xornal comarcal A Peneira, que leva 26 anos nos quioscos, recoñeceu que están pasando momentos críticos e que incluso tiveron que "repregar velas". Rodríguez considera que existen varios culpables: "Os medios en galego están morrendo pola falta de apoio económico, porque non cremos en nós, no noso idioma nin na nosa cultura". Relatou que para lograr unhas 500 subscricións teñen que vivir unha auténtica "odisea" e sinalou que a "economía de guerra" chega nun momento no que xa non funciona. A solución pasa por "facer país" e por cubrir ese "espazo baleiro da prensa local" porque "agora temos un goberno que tampouco cre en nós".


Pola súa banda Xavier Cea, presidente da AME (Asociación de Medios Escritos en Galego) e subdirector de GALICIA HOXE, fixo fincapé no "tremendo desequilibrio" entre a oferta de xornais nas dúas linguas oficiais: "En Galicia hai máis de dez diarios editados en castelán ós que hai que engadirlles os de ámbito nacional, e isto dá unhas cifras estimadas de 1,5 millóns de lectores que teñen acceso a 1.300 novas". Fronte a estas cifras contrapuxo a oferta en galego, que se reduce a unha cabeceira diaria, unha de cinco días á semana e varias quincenais ou mensuais. Neste contexto, o subdirector de GH considera que os medios escritos en galego son produto "da audacia empresarial e do sacrifio". Na súa opinión, "un pequeno milagre" que ten que competir ante "poderosas inercias" a prol do castelán. Cea acusa a Xunta de abandonar os medios en galego: "As partidas nos orzamentos, que xa antes eran reducidas, caeron drasticamente e son absolutamente insuficientes. A isto hai que unirlle a publicidade institucional, que está case que ausente". Baixo este panorama, o presidente de AME subliñou "a vocación informativa en galego de GALICIA HOXE" e o seu "enorme esforzo" por facer unha "redacción competitiva". O contrario sería "darse por morto", concluíu. Nestas xornadas de debate sobre o futuro dos medios en galego, organizadas onte polo Consello da Cultura galega da man do profesor Xosé López, tamén participou Alfonso A. Riveiro, director do xornal gratuíto en galego De Luns a Venres. "A crise puxo en evidencia que vivimos por riba das nosas posibilidades e cunha burbulla xornalística. Tiñamos moita dependencia das axudas, que levaron a sobredimensionar as redaccións e o número de xornais", observou o xornalista do Grupo El Progreso. Porén, mantén que as axudas públicas son precisas porque "somos un sector que require atención preferente, xa que pomos en valor a nosa identidade, contribuímos a manter viva a nosa lingua e somos necesarios, incluso me atrevería a dicir, que importantes", finalizou. Cabaleiro: "Haberá axudas pero dependerán da xestión" Os medios en galego son necesarios e precisan das axudas públicas, pero as empresas deben perfeccionar a xestión e ter en conta os indicadores e os comportamentos do mercado. É a principal conclusión da xornada de reflexión e debate celebrada onte no Consello da Cultura Galega coa participación de representantes do sector e investigadores da comunicación. A sesión foi clausurada polo presidente do CCG. Ramón Villares, logo da intervención do secretario xeral de Medios, Alfonso Cabaleiro que falou da necesidade dun novo esquema de comunicación, no que se está a traballar e para o que pediu a colaboración do Consello da Cultura Galega. Asegurou a continuación das axudas diferenciadas para os medios en galego nun novo marco orientador e regulador que non poderá estar operativo ata finais de 2012. Recalcou que seguirán existindo axudas ós medios en galego "pero dependerán tamén da eficacia na xestión". O secretario xeral de Medios apuntou que, "segundo datos manexados polo propio Consello da Cultura, non se pode dicir que a Xunta dedique poucos fondos ás súas políticas de comunicación", e


insistiu na vocación do seu departamento de levar adiante "o seu compromiso reformista" nesa área. Ademais, prometeu unha serie de medidas para reforzar a eficiencia e que os medios poidan resistir ata remontar o actual ciclo negativo. Por exemplo, axudar a paliar o impacto da crise con incentivos de formación apoiados nas institucións académicas, e mesmo cursos para profesionais da comunicación afectados por un ERE. Pola súa banda, Francisco Campos, profesor da Universidade de Santiago, asegurou que mellorar a xestión e facer máis rendibles as axudas institucionais. Mentres Valentín Alejandro, profesor da Universidade da Coruña, aludiu á necesidade de novos modelos empresariais que presten especial atención á elaboración dos contidos. A xornada foi aberta e clausurada polo presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, que agradeceu a colaboración do secretario xeral de Medios e anunciou a continuación desta liña de debates, coordinados polo Arquivo da Comunicación, que dirixe Xosé López García, profesor da Universidade de Santiago de Compostela. Pereiro: "Isto só se remedia co voto" O decano do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, Xosé Manuel Pereiro, que moderou o debate, non se resistiu a dar a súa opinión. "Son bastante ruíns na súa maldade e isto só se pode remediar coa crítica diaria e votando cada catro anos". Mentres, Víctor Freixanes, editor e profesor da USC, asegurou que "a lingua non é neutral, ten marca" e lembrou un estudo no que se indica que o galego se relaciona coa aldea ou co Bloque. Esta batalla non a gañamos, advirte, e "non o fixemos porque a alguén lle interesa que isto sexa así". Para Freixanes, os medios son como un partido político no que a súa soberanía lla dá a sociedade. No debate participaron os oíntes, entre os que se atopaba o comentarista Manuel M. Barreiro, quen reincidiu na idea do "uso político da crise" para desvalorizar as industrias culturais e retirar os recursos e que se midan cos seus consumidores. "As institucións teñen que pór en valor estas culturas e miran para outro lado", denunciou.


Xoves 12.05.2011

"TODO O QUE VEXO ESTÁ SENTENCIADO A SOBREVIVIRME" · · XUNTA

O poeta xa fala en castelán e en inglés Roberto Varela, que impulsou a tradución, amosa a súa paixón por "Poesía última" MARÉ

Roberto Varela (dta.) con Gonzalo Caneda e Francisco López FOTO: AXENCIAS

A Consellería de Cultura e Libros do Silencio coeditan a obra completa bilingüe en castelán e galego de Lois Pereiro, homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas, para conmemorar a figura deste "clásico contemporáneo" da literatura universal que foi o "bardo dunha xeración que contribuíu como poucos á lírica" autóctona, en palabras do titular de Cultura, Roberto Varela. A biblioteca da Cidade da Cultura foi o escenario de presentación da edición, un volume de 750 páxinas, con prólogo de Pere Gimferrer, introdución de Xosé Manuel Pereiro (irmán do homenaxeado) e traducido por Daniel Salgado. Así mesmo, Cultura impulsou xunto á editorial Small Station a compilación Lois Pereiro Collected Poems en inglés, con tradución de Jonathan Dunne. A terceira das publicacións é a novela gráfica Breve encontro, de Fernández Montañés, coeditada con Xerais e centrada na vida e obra do poeta monfortino. O director xeral do Libro, Francisco López, enmarcou esta acción nun intento de "tratar de difundir a obra" de Pereiro aos diferentes públicos, tanto galego, como español e inglés. Gonzalo Canedo, editor de Libros do Silencio, agradeceu a "chamada" do


Goberno galego para impulsar estas edicións, para trasladar a súa predisposición a que sexa "a primeira dunha serie dedicada a autores galegos". "Unha vez que se len os seus versos, resultan imposibles de esquecer", engadiu Varela, quen manifestou a súa preferencia por Poesía última de amor e enfermidade, un "exemplo de honradez" ás veces "esgazada" e de como "extraer arte da permanente ameaza da morte". Nesta liña Xosé Manuel Pereiro, o irmán do poeta, agradeceu o "esforzo" por celebrar un día das letras "raro e sorprendente", ante unhas circunstancias económicas "que non son para facturas". Así mesmo, reivindicou a figura do seu irmán como "alguén bastante consciente de que a posterioridade o ía tratar mellor que o presente", e destacou a conmemoración das Letras Galegas como unha festividade "que non ten similitude en ningunha cultura".


XORNAL.COM 14/10/2010 -

O Senado aproba respectar a toponimia galega na Administración Apoio unánime ao respecto dos nomes oficiais das localidades galegas O senador socialista por Ourense, Miguel Fidalgo, valorou o acordo alcanzado por todos os grupos parlamentarios na Comisión de Cultura para sacar adiante unha emenda elaborada polo PSOE a unha moción do Grupo de Senadores Nacionalistas referida á toponimia oficial de Galicia. A través da citada proposta transaccional, que foi apoiada por todas as forzas parlamentarias, solicítase ao Goberno a adopción de determinadas medidas no ámbito da Administración para respectar a toponimia oficial da Comunidade Autónoma de Galicia en todas as súas publicacións. Miguel Fidalgo destacou a xestión do Goberno de José Luís Rodríguez Zapatero no sentido de impulsar a normalización lingüística en Galicia e afirmou que o maior respecto cara a esta terra demóstrase no uso dos nomes correctos. "Trátase", proseguiu, "de respectar aos pobos, as nacionalidades, as linguas e neste sentido, o PP de Nuñez Feijoo rompeu un pacto forxado en 1983 polos socialistas e as forzas conservadoras coa Lei de Normalización Lingüística"


Seleccione Autor

O xulgado no que foi citado Callón, sen documentación en galego O presidente da Mesa emprega o seu dereito a "non declarar" tras non serlle facilitados en galego os documentos da denuncia que interpuxo contra el o xuíz decano da Coruña. XORNAL.COM 16/12/2010 - 23:25 h.

O presidente d’A Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, aferrouse ao seu dereito "de non declarar" tras ser denunciado polo xuíz decano da Coruña, Fraga Mandián, por "afear" o seu defensa do topónimo 'La Coruña'. En concreto, Callón solicitara a documentación "en galego" e que aínda non lla facilitou. En concreto, o presidente d’A Mesa rexeitara publicamente as declaracións do maxistrado durante un xuízo contra un veciño coruñés nas que supostamente aseguraba non ter "ningún rubor en usar a ilegalidade do topónimo La Coruña". Así, a asociación pronunciouse para lembrar "obrígaa dos servizos públicos de cumprir a lei por encima das súas opinións particulares", neste caso a Lei de Normalización Lingüística. En declaracións a Europa Press, Callón enmarcou este proceso en "unha campaña de difamación" contra A Mesa, como parte dunha "concatenación de inxustizas a quen defenden a lingua galega". Deste xeito, lembrou que "non é a primeira vez" que ten que declarar "por un problema" deste tipo desde 2008, xa que o ano pasado tivo que comparecer tras "unha denuncia por calumnias ou inxurias por parte deste maxistrado". Así, ve un "sen sentido" o feito mesmo en que se produciron as críticas ás declaracións do maxistrado, no marco dun xuízo desta mesma persoa contra un veciño da Coruña tras esixir que llo remita a documentación en galego e co topónimo oficial. "Non estamos a falar do ano 73, estamos a falar do ano 2008, é algo que non ten ningún sentido racional", sinalou Carlos Callón. Por iso, lamenta que a lexislación que defende os seus dereitos lingüísticos "parece papel mollado" tras non poder dispor da documentación solicitada en galego e despois de que "os programas informativos de Xustiza, pagados pola o Xunta, non dean tan sequera a opción de escoller" o idioma. Finalmente, advertiu de que a súa organización "continuará adiante nesta batalla" en defensa do galego. "Non nos calarán", resolveu Callón.


POLÉMICA

Oficializar a "ignorancia" O BNG presenta no Parlamento unha proposición non de lei para que o PP aclare a súa postura respecto da toponimia e da lei que a regula MARÉ . SANTIAGO

Bieito Lobeira e Carme Adán nunha rolda de prensa, en fotografía de arquivo

O BNG rexistrou unha proposición non de lei para que os grupos parlamentarios teñan que aclarar a súa postura sobre o "ataque e provocación" do candidato popular á alcaldía da cidade herculina, Carlos Negreira, que "pretende oficializar a imposición" do topónimo "deturpado" de "La Coruña". Neste sentido, o deputado Bieito Lobeira remarcou que "só a ignorancia máis desacomplexada" pode xustificar a actitude "ruín e indigna" de Negreira, e "polo tanto" do presidente da Xunta. Lobeira e a voceira de Educación do BNG Carme Adán cualificaron de "extrema gravidade e comportamento indigno" que o presidente da Xunta afirme a súa intención de abrir a porta para revisar a Lei de Normalización Lingüística, ao fin de oficializar o topónimo La Coruña e outros que no seu día foron " anulados e deturpados" por réximes políticos que "é preferible non lembrar", segundo recolle o BNG nunha nota na súa páxina web. Para os deputados nacionalistas, Núñez Feijoo está ao servizo de "intereses inconfesábeis contra a cultura e a lingua galega" o que nos leva -dixeron- "a presentar no pleno do Parlamento galego unha iniciativa para forzar que o Partido popular se defina no cumprimento da legalidade e con respecto á toponimia orixinal e oficial da cidade da Coruña". Lobeira lembrou que a Lei de Normalización Lingüística do ano 83, a lei de oficialización da provincia da Coruña a nivel de Estado do ano 1998 así como


reiteradas sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, Supremo e Constitucional, avalan a legalidade da "única toponimia " e "oficial" do Concello da Coruña, que é, "sen dúbidas de ningún tipo legal A Coruña". Pola súa parte, Adán referiuse ás declaracións do Conselleiro de Educación, que tamén defendeu a postura do Presidente da Xunta e o candidato do Partido popular á alcaldía, Carlos Negreira, como " unha mostra máis do odio do máximo responsábel de educación á lingua galega". DATOS

O que establece a legalidade A Lei de Normalización Lingüística de Galicia, aprobada no 83 por unanimidade de todas as forzas parlamentarias, establece no seu artigo 10 que os topónimos de Galicia terán como única forma oficial a galega. A topinimia oficial da Coruña está recollida no Decreto 189/2003. A Mesa pola Normalización Lingüística presentou, no 1993, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia un recurso contenciosoadministrativo contra o Concello da Coruña por non respectar o topónimo. A sentenza 606/1994 do TSXG instando o Concello para utilizar como nome oficial o de A Coruña en lugar de La Coruña. A sentenza do 25 de setembro do 2000 do Tribunal Supremo constata a existencia dun mandato ó Concello para que utilice o galego, podendo a maiores empregar o castelán, salvo no topónimo, no que rexerá a denominación regulada pola administración competente para iso (Xunta de Galicia). Varios autos do Tribunal Constitucional ratificaron as sentenzas do TSXG e do TS ao rexeitar que vulnerasen dereitos fundamentais como argumentaba o Concello da Coruña.


Mércores 30.03.2011

XOSÉ RAMÓN LÓPEZ BOULLÓN RETALLOS DUNHA ÉPOCA

Onomástica (I) XOSÉ RAMÓN LÓPEZ BOULLÓN A primeiros deste mes houbo un debate de toma en consideración dunha Proposición de lei, do Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego, de normalización da onomástica de Galicia, no Parlamento de Galicia, que foi rexeitada. Na Exposición de Motivos sinalábase en primeiro lugar que o artigo 10 da Lei de normalización lingüística dispón que "os topónimos de Galicia terán como única forma oficial a galega", recoñecendo que a toponimia forma parte esencial do noso patrimonio, ao tempo que fai patente a orixe e as vicisitudes do decorrer histórico dos seus asentamentos humanos. Animábase a facer un esforzo político de recuperación, fixación e conservación da toponimia e da antroponimia galega para dar cumprimento ao disposto na devandita lei xa que lle corresponde á Xunta de Galicia a determinación dos nomes oficiais, dos municipios, territorios, núcleos de poboación, vías de comunicación interurbana e dos topónimos de Galicia. Tras 27 anos de vixencia, esta lei vulnérase, sen que se traten de emendar certas situacións anómalas que afectan á nosa onomástica.Advírtese un desinterese político cara a este patrimonio que permite que pervivan as alteracións e as deturpacións (tanto nos nomes de lugar como nos apelidos). O cal supón á súa desaparición. Á Xunta de Galicia encomendoulle a fixación dos topónimos galegos á Comisión de Toponimia e de conformidade cos requisitos marcados no Decreto 132/1984, do 6 de setembro polo que se estableceu o procedemento para a fixación e a recuperación da toponimia, esta comisión emitiu o seu ditame sobre a toponimia de cada un dos concellos e, en 2003 publicouse o Nomenclátor de Galicia. Polo tanto, na actualidade existen uns criterios de estandarización da toponimia maior, que está oficializada e en continua revisión. A pesar diso, consellerías, concellos,


entidades e organismos públicos e privados seguen incumprindo a lei utilizando os topónimos deturpados de moitos dos nosos lugares, parroquias e concellos. Este deinterese polo noso patrimonio vese tamén na paralización do Proxecto Toponimia de Galicia que pretendía recoller toda a microtoponimia de Galicia, cun plan de actuación orientado á recolleita, introdución nunha base de datos, normativización e dixitalización de toda a microtoponimia galega. Desde que comezou este traballo, no ano 2000, de forma temporal e en función dos cartos destinados ao proxecto, contábase con técnicos de gabinete e traballadores de campo que recolleron perto de medio millón de topónimos, estimándose que, sumando as entidades de poboación, xeográficas, hidronimia, odonimia e nomes de terras e -co cálculo de que en Galicia hai entre 36 e 40 topónimos por km2- se conseguirían ao redor dun millón e medio de nomes. Agora, despedidos os técnicos en decembro e cunha Galicia na que hai 1.407 aldeas deshabitadas e outras 827 cun só habitante, na que quedan despoboadas 80 aldeas nun ano, perderanse de forma irreparable milleiros de nomes do noso patrimonio toponímico..


Martes 28.12.2010

Rede

FORMACIÓN

"Orgullosos do voso traballo" Anxo Lorenzo gaba o labor dos lectores e lectoras de galego na "proxección" da nosa lingua e literatura MARÉ . SANTIAGO

Anxo Lorenzo onte na inauguración das xornadas na EGAP FOTO: AXENCIAS

A Xunta reduciu, nos orzamentos do 2011, dos 210.000 do 2010 a 166.000 euros a partida para as bolsas nos lectorados das universidades e centros de estudos de fóra de Galicia. Malia este máis que significativo atranco, nun momento no que o Goberno asegura ter na proxección exterior da lingua e a cultura galegas un dos seus principais obxectivos, algunha actividade neste sentido mantense, polo momento. O responsable de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, inau- gurou onte na Escola Galega de Administración Pública as xornadas de formación para os lectores e lectoras de lingua e literatura galegas que organiza anualmente a secretaría xeral. "Recoñecemos e estamos orgullosos do traballo que levades a cabo en universidades de España, Europa e América, porque estades cumprindo un dos obxectivos centrais do Plan xeral de normalización da lingua galega en acción lingüística exterior: impulsar a proxección da lingua e da literatura galegas fóra de Galicia como manifestación dunha cultura diferenciada e como expresión social do pobo galego", asegurou o secretario xeral durante a súa intervención. Lorenzo tamén lles transmitiu a necesidade de facer "o máximo esforzo para que os estudos galegos estean inseridos en programas académicos sólidos". O secretario


xeral incidiu na necesidade de establecer un programa de difusión cultural que complemente a formación académica e a investigación realizadas nas universidades que dispoñen de centros de estudos galegos. DATOS

As novas tecnoloxías As xornadas que organiza Política Lingüística están orientadas a mellorar a formación dos lectores e das lectoras de galego en tecnoloxías aplicadas á educación, formación e comunicación. As ferramentas da Web 2.0 teñen unha especial relevancia na configuración dos seminarios.


POLÍTICA

Os actos xurídicos en galego reducíronse á metade no ano 2010 XORNAL.COM 16/01/2011

Os actos xurídicos en galego reducíronse á metade entre 2009 e 2010 tras pasar de 57.011 a 30.334, respectivamente, segundo denuncia a asociación A Mesa pola Normalización Lingüística. Ademais, atribúe a caída rexistrada á “discriminación” e trato “deficiente e irregular” que sofren os galegofalantes dende a administración de Xustiza. A entidade presidida por Carlos Callón sinala, ao respecto, que o novo programa informático proporcionado pola Xunta, denominado Minerva, “impide” dende o 4 de maio de 2010 o uso de lingua galega en calquera procedemento neste ámbito. Entre as “consecuencias nefastas” desta nova aplicación utilizada pola administración xudicial, atópase a inexistencia de xuízos rápidos en galego dende a súa implantación en 2010, a pesar de rexistrar 70 procesos durante o ano precedente. “Co Goberno de Alberto Núñez Feijóo, non só non se removeron as dificultades que padecía o noso idioma nese ámbito, senón que se colocaron novos obstáculos”, critica Callón, quen recordou que sufriu “en primeira persoa” a negativa da Xustiza a recibir as notificacións e a documentación en galego. A Xunta admitiu, en resposta á denuncia da Mesa pola Normalización Lingüística, que aplicación informática Minerva Nox, facilitada polo Ministerio de Xustiza para o seu uso nos xulgados da comunidade autónoma, “non permite” a tradución de documentos xudiciais ao galego. Pero o Goberno galego puntualiza que xa solicitou ao central, o pasado mes de setembro, que facilite as ferramentas necesarias para dispor desa aplicación na lingua propia de Galicia. A XUNTA BUSCA UNHA SOLUCIÓN O Executivo autonómico tamén aclara que todas as aplicacións xudiciais utilizadas, tanto o Libra como o Minerva e o programa actual, Minerva Nox, foron facilitadas polo Goberno central “en castelán”. A Administración autonómica argumenta que, ata o momento, os equipos lingüísticos da Xunta puideron traducir ao galego os documentos das anteriores aplicacións, pero a actual versión “non permite esa posibilidade”. “Así se lle trasladou ao Ministerio de Xustiza o pasado mes de setembro por escrito”, afirman. Deste xeito, a Secretaría Xeral de Modernización agarda “poder consensuar” co departamento estatal “unha solución para que a Xunta poida traducir os documentos da nova aplicación”, segundo manifesta a Xunta a través dunha nota de prensa.


POLÍTICA

“Os cartos destinados á lingua son 
un insulto” Os normalizadores denuncian o “drástico recorte” dos presupostos para Política Lingüística XORNAL.COM 24/10/2010

Os orzamentos que a Xunta reserva para a política lingüística en 2011 “sofren máis que un drástico recorte”, denuncia a Coordinadora de Traballadores de Normalización da Lingua (CTNL), que cifra a caída en máis dun 40% con respecto a 2010. Por iso, pide unha rectificación por parte do Goberno galego no trámite parlamentario. Neste sentido, considera a baixada “un auténtico insulto” ao proceso de normalización e ás persoas e sectores implicados, xa que “as contas públicas reflicten as prioridades políticas de quen as elabora”. “A Xunta demostra, unha vez máis, que só está disposta a dar pasos atrás”, sentenza nun comunicado. Respecto diso, acusa o Goberno galego de “incumprir” os acordos aos que se chegou no Parlamento por unanimidade, en alusión á Lei de Normalización Lingüística e ao Plan Xeral de Normalización da Lingua galega. Así mesmo, evidencia que o proxecto de Orzamentos da Xunta para o ano que vén dedicará ao fomento do idioma “preto de 11 millóns de euros menos que, por exemplo, nos últimos aprobados en 2005 por Fraga”, que investiu máis do dobre na normalización da lingua do que agora achega o Executivo de Núñez Feijóo. Ademais, ve “confirmado” que a Rede de Dinamización Lingüística, cuxa orde publicou a Secretaría Xeral o pasado mes de setembro, “nace morta”. Polo tanto, cualifica esta iniciativa de “auténtica chapuza” e pregunta “como pretende creala a Xunta sen dedicarlle un só euro”. Por último, a 
CTNL alude ao responsable autonómico nesta materia, Anxo Lorenzo, ao que recomenda a constitución dun consorcio para a planificación lingüística, algo que, aseguran, é “cada vez máis necesario”.


 

SUPLEMENTOS Contexto

Os centros onde resiste o galego Lista de colexios onde a Educación Infantil emprega o galego como lingua vehicular XORNAL.COM 26/10/2010 - 13:59 h.

A lista de centros onde os rapaces de Educación Infantil aprenden coa lingua galega como vehicular ou teñen algunha aula en galego son, segundo datos do sindicato STEG, os seguintes: >> A CORUÑA: María Barbeito >> COMPOSTELA: Casas Novoa, López Ferreiro. Lamas de Abade, Mestre Rodríguez, Monte dos Postes e .Raíña Fabiola. >> FERROL: Manuel Masdías, Cruceiro de Canide >> LUGO: Sagrado Corazón e Benigno Quiroga >> OURENSE: Vista Hermosa >> PONTEVEDRA: Fina Casalderrei e Ponte Sampaio >> VIGO: Sárdoma-Modelo, Monte do Alba, Josea Alonso de Alonso e García Barbón


POLÍTICA

Os Equipos de Normalización cren "irracionais" os novos requisitos que lles impón a Xunta A Coordinadora que aglutina os docentes responsables da normalización lingüística censura que Educación lles esixa xustificar en sete días o uso das axudas para os seus programas de fomento do galego. XORNAL.COM 05/11/2010 - 19:04 h.

A Coordinadora Galega de equipos de normalización e dinamización lingüística denunciou que o prazo "irracional" de sete días lectivos dado aos centros, para justificar parte dos proxectos do programa de axudas para o fomento do galego, "dificulta enormemente a súa xustificación orzamentaria". "A maioría de centros escolares non desenvolveron as actividades proxectadas polo temor a non dispor dos recursos necesarios para levalas a cabo", asegura a entidade nun comunicado. En concreto, explican que esta situación afecta "ao 25 por cento da contía concedida" aos centros que participan nesta convocatoria, que se deberá justificar "antes do día 15 de novembro". Este feito, prosegue a Coordinadora, "agrávase" ao ter en conta que o prazo para que os centros reclamen a resolución provisional "termina tan só dous días antes do vencimiento do prazo para a presentación de facturas". Por iso, a plataforma ve "irracionais" as datas propostas, que suma á "redución drástica" nun 20 por cento en 2010 e un 25 por cento en 2011 das contías destinadas.


CULTURA

Os Premios da Cultura Galega “naceron mortos” para Ferrín Feijóo explicou tras o consello da Xunta que “respectaba” a decisión do escritor galardoado A. R. 19/11/2010

“Como escritor, penso que se produciu unha devaluación dos galardóns. Non só porque non teñan dotación económica, senón tamén porque se reduciron categorías. Estes premios naceron mortos”. Con esta rotundidade, Xosé Luis Méndez Ferrín, presidente da Real Academia Galega (RAG), quixo valorar a título persoal a decisión de Agustín Fernández Paz de rexeitar o galardón. Como cabeza visible da RAG, Ferrín quixo deixar claro que a institución non tivo nada que ver cos galardóns. “A Real Academia está totalmente á marxe do proceso destes premios e creo que algunha universidade tampouco quixo formar parte”, explicou o escritor que ademais deixou claro que recibiu con “moita simpatía” a decisión de Fernández Paz. Ferrín explicou a Xornal de Galicia a súa opinión sobre os galardóns dende a sede da Real Academia Galega. Unhas horas antes, o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, tamén entrou a valorar, tras o Consello, a decisión de Fernández Paz. “Recoñecemos e defendemos a liberdade creativa, a liberdade artística, a liberdade lingüística, a liberdade de expresión e a liberdade de voto dos xurados, e recoñecemos igualmente a liberdade de quen decide recoller ou non os premios”, sinalou Feijóo, que quixo concluír afirmando que “o premio non se dá con criterios políticos”. A concelleira de Cultura da Coruña tamén quixo onte amosar o seu apoio a Agustín Fernández Paz. “Parabéns a Agustín, é difícil ver xente tan coherente coma el; moitísimas grazas a Agustín, alguén que ten premios tanto dentro como fóra de Galicia”, explicou María Xosé Bravo, concelleira de Cultura da Coruña. A intelectual e colaboradora de Xornal Pilar García Negro tamén amosou o seu apoio ao escritor dende A Coruña. “É digno de aplauso; débese valorar como unha chamada de atención a aqueles que dende o cinismo premian a cultura que están a afogar”, explicou Pilar García Negro. MÁIS DE 57.000 ENTRADAS Méndez Ferrín expresou a súa opinión como escritor trala presentación do Dicionario da Pronuncia da Lingua Galega, unha obra de Xosé Luis Regueira que conta con máis de 57.000 entradas e que se converte nunha peza fundamental na normalización da fala. “É un dicionario útil e necesario apoiado pola RAG e polo ILG. Non é unha normativa, pero será a gran base para que a RAG publique a súa proposta”, explicou o académico Manuel González. O Dicionario que vén de publicar Regueira chega despois dun longo proceso que aínda non rematou . “Traballei nesta obra preto de dez anos, con interrupcións de cando en vez e coa colaboración de moita xente. Pero o traballo non remata aquí. No primeiro semestre do ano que vén as entradas estarán gravadas para que a consulta sexa máis sinxela”, adiantou oautor. Os destinatarios deste proxecto son, principalmente, todos aqueles que fan uso público da lingua: periodistas, actores, dobradores, políticos e profesores. “Con este traballo énchese un baleiro ortofonético e búscase influír naqueles que fan uso público da lingua”, salientou Manuel González. O presidente da Real Academia Galega gabou o traballo de Regueira e lembrou a súa importancia de cara ao futuro. “Axudaralle aos traballadores da palabra oral, ademais de ser un pulo cara a normalización que dálle un paso preparatorio para a futura norma que fará a Real Academia Galega”, dixo Ferrín.


Luns 11.10.2010 |

Ourense reivindícase como "grande espazo literario galego" "Auria será cidade cultural ou non será", afirma o escritor Xosé Carlos Caneiro no pregón da Semana da Literatura Histórica REDACCIÓN O escritor verinés Xosé Carlos Caneiro sinalou onte no seu pregón na Semana da Literatura Histórica o seu "orgullo" pola celebración deste evento, pois "Auria somos nós" e "Auria será cidade cultural ou non será". O autor tamén repasou algunhas das grandes figuras literarias que pasearon e crearon polas rúas ourensás e loou o valor da lectura e da boa literatura. Onte tivo lugar o acto de inauguración de Auria. O conselleiro de Cultura, Roberto Varela, opinou que os requisitos esenciais dos creadores históricos son "posuír un enorme talento literario e investigar minuciosamente o contexto e os suxeitos sobre os que se vai escribir". Segundo José Luis Baltar, presidente da Deputación, "Ourense é, por antonomasia, o grande espazo literario galego". Hoxe, Manolo Rivas será o protagonista do primeiro "Encontro con autor", a partir das 17.00 horas na Feira do Libro. Rivas estará asinando libros dende as 19.00 horas e, ás 20.30, participará na mesa Do libro ao cine e viceversa con Antón Reixa e a guionista Verónica Fernández. O petisco musical de Auria Cultural será a cargo de Ana Docampo e Cristina Rodríguez (voz e piano) a súa actuación será ás 20.30 horas no Centro Cultural da Deputación. Para rematar a xornada, o programa de cine Nomes da Historia contará coa proxección d´ O lapis do carpinteiro, no Centro Cultural de Deputación dende as 22.00 horas. INICIATIVA

Circuíto co Círculo Poético O Círculo Poético celebrou onte o circuíto poético Ourense de Pedra, que partiu da rúa Santo Domingo, baixo a placa en homenaxe á insigne poeta Filomena Dato Muruais. A pretensión deste circuíto é que os cidadáns coñezan a importancia no ámbito cultural


da cidade das Burgas, que "ten o orgullo de ser a segunda máis literaria do mundo despois do Dublín de Joyce". Foi Fernando Román Alonso o que dirixiu os participantes polas rúas do centro histórico ourensán para que comprobasen a concorrencia de escritores, pensadores, historiadores, arqueólogos e filólogos que residiron na cidade.


Martes 28.12.2010

XOSÉ MANUEL LOBATO

Palabra soterrada, a comitiva inocente Os mortos galegos non dan creto, despois de convivir con tempos convulsos, onde as liortas eran habituais no lago glorioso, disque os chamados a traspasar a liña van ser obxecto dunha póstuma homenaxe na súa lingua, o galego. Mellor dito, terán a posibilidade de ser honrados en galego. Lembrar que o grande obxectivo do Plan xeral de normalización é facer visible a lingua ocultada. No entanto, a realidade ata o presente era que podía ser falada en vida pero na morte terminaba sendo vilipendiada, son testemuñas fiables as lápidas dos camposantos de Galicia. Paradoxal intervención, tempo axustado de cerrar a boca de todos aqueles que reclaman a galeguización da morte, pois os galego-falantes que o desexen e contra todo dogma histórico van finar na fortuna de gozar dunha oportunidade impensable. Continuar dándolle vida á tarabela da súa agarimosa fala, sobre unhas xélidas lápidas, que seguro amosaran toda a riqueza lingüística dos galegos e galegas. Mandas testamentarias, lápidas, necrolóxicas e unha campaña de fala perseguida no seu deambular polas corredoiras, acougaran como bolboretas da esperanza lingüística sobre os milleiros de cemiterios da caprichosa orografía galega. Ansiosos os vivos e tamén con certas doses de escepticismo, agardamos resultados desta actuación. O desexo da maioría é que a feliz idea acade os obxectivos dos seus impulsores, colabore no luminoso futuro dunha lingua agarimosa e non se transforme no derradeiro acougo dun idioma que ata o momento non foi a fala dos que moran no Alén. Varios son os concellos que se comprometeron a tentar que o galego non morra cos seus falantes. Para iso, unha das afortunadas ideas do Programa será colocar unha placa nas súas necrópoles, con ladaíña orixinal e de fondo calado, que certifique e informe aos desmemoriados e despistados do evidente.


Na memoria de todos os que aquí xacen, porque grazas a eles Galicia segue a ter lingua e cultura de seu. Sublimes e fermosas palabras impresas nas placas de entrada no mundo do silencio, semella non ter comparanza en orixinalidade e información, mentres pretende ser o anxo salvador e custodio do noso idioma. Nada que ver coa placa que loce desde o 01-11-2007 a campa de Santo Adrián de Cobres no concello de Vilaboa, que prega: Gloria eterna a cantos aquí xacen e que nos deron a vida, a terra e a lingua. Os resultados da campaña neste camposanto de Vilaboa poden etiquetarse de extraordinarios, pois as gaivotas xa descansan sobre os panteóns depositando as súas bágoas brancas, que dende o 2007 é o único indicio fiable de elocuente éxito da campaña sobre a lapidaria realidade..


Martes 28.12.2010

Para ler no Nadal Revisitar clásicos como "Memorias dun neno labrego", "Mar adiante" ou "Das cousas de Ramón Lamote" pode ser unha boa opción para os días de vacacións ELOS . SANTIAGO

Neira Vilas FOTO: AXENCIAS

Esta semana recomendamos a relectura das distintas obras de autores galegos e universais que forman parte do canon literario dos seus respectivos sistemas literarios, e que desde esta páxina seleccionamos ao longo de varias entregas por se reeditaren en 2010, por considerarmos que se deben revisitar e porque desexariamos poder contar con elas en lingua galega. Seguindo a orde cronolóxica da publicación orixinal, animamos a reler as páxinas das obras galegas Memorias dun neno labrego (1961), de Xosé Neira Vilas, que a piques de se cumprir medio século da aparición, foi reeditada en castelán por Kalandraka e que tamén inaugurará a Biblioteca de autor dedicada a Neira Vilas pola Editorial Galaxia; A galiña azul (1968), de Carlos Casares, que viu a luz grazas a merecer o I Concurso Nacional de Contos Infantís O Facho de 1968; As laranxas máis laranxas de todas as laranxas (1973), do mesmo escritor ourensán, recoñecida no I Concurso de Teatro infantil galego convocado pola Asociación Cultural O Facho en 1973; Mar adiante (1973), de María Victoria Moreno Márquez; e Das cousas de Ramón Lamote


(do ano 1985), de Paco Martín, o primeiro Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil do Estado español outorgado a un escritor galego. No caso das obras traducidas, salientamos as engaiolantes historias que se poden atopar nas páxinas escritas por Jules Verne en Viaxe ó centro da terra (co título orixinal de Voyage au centre de la terre, publicada no ano 1864, e editada por Xerais de Galicia no ano 1985), Da Terra á Lúa (De la terre à la lune, 1865; Edicións do Cumio, 1988), Vinte mil leguas baixo dos mares (Vingt mille lieues sous les mers, 1870; Ir Indo, 2003) e A volta ó mundo en oitenta días (Le tour du monde en quatrevingts jours, 1873; Xerais de Galicia, 1983); e outros títulos imprescindibles como Alicia no país das marabillas (Alice"s Adventures in Wonderland, 1865; Xerais de Galicia, 1984), de Lewis Carroll; As aventuras de Sherlock Holmes (The Adventures of Sherlock Holmes, 1891-1892; Galaxia, 1995) e O mundo perdido (The Lost World, 1912; Edicións Positivas, 1997), ambas da autoría de Sir Arthur Conan Doyle; O home invisible (The Invisible Man, publicada no ano 1897; Xerais de Galicia, 1991) e A máquina do tempo (The Time Machine: An Invention, 1895; Toxosoutos, 2002), A illa do doutor Moreau (The Island of Doutor Moreau, 1896; Positivas, Narrativas, 2005) e A guerra dos mundos (The War of de Worlds, 1898; Xerais de Galicia, 1998), todas elas asinadas por Herbert George Wells; Peter Pan nos xardíns de Kensington (Peter Pan in Kensington Gardens, publicada no ano 1906; Galaxia, 1989), de James Matthew Barrie; O vento nos salgueiros (The Wind in the Willows, 1908; Xerais de Galicia, 1993), de Kenneth Grahame; e Pequeno azul e pequeno amarelo (Little Blue and Little Yellow, 1959; Kalandraka, 2006), de Leo Lionni. DATOS

As revistas que tamén forman parte da historia do xénero Na historia da Literatura Infantil e Xuvenil galega tamén hai que lembrar revistas como AILIJ (Anuario de Investigación en Literatura Infantil y Juvenil), que publica ANILIJ, revista científica en castelán e inglés que difunde a investigación realizada no eido da LIX; Malasartes, publicación semestral de Porto Editora da que se encargan desde 2007 os ámbitos galego e portugués da Rede Temática de Investigación "Las Literaturas Infantiles y Juveniles del Marco Ibérico e Iberoam ricano" (LIJMI) e que acolle LIX galega e portuguesa, non só con traballos de investigación e crítica académica, senón tamén con experiencias, perfís de autores e ilustradores e recensións. Outra publicación que se pode destacar é OCNOS. Revista de Estudios sobre Lectura, publicada polo Centro de Estudios de Promoción de la Lectura y Literatura Infantil y Juvenil (CEPLI), unha das poucas revistas universitarias que se ocupa da lectura e da LIX.


Todas achegan traballos multidisciplinares que nos permiten saber mĂĄis e cobren baleiros existentes neste sistema literario ao tempo que o visibilizan, promoven e recoĂąecen.


POLÍTICA

Paulino Estévez: “Pedimos que non se considere anormal impartir ciencia en galego” Uns 100 centros reivindican hoxe ensinar materias científicas en lingua galega MIGUEL PARDO O XORNAL 04/11/2010

Paulino Estévez preside Enciga (Asociación de Ensinantes de Ciencias de Galicia), un dos colectivos que colabora hoxe na Xornada pola Ciencia en Galego, na que cen colexios e máis de 12.000 alumnos reivindicarán o dereito a impartir matemáticas, fisica ou química na lingua propia e malia o veto do decreto. Por que esta Xornada pola Ciencia? Xuntámonos para manifestar o noso malestar polas imposicións do decreto que impiden impartir a ciencia en galego e para deixar constancia de que queremos facer ciencia na nosa lingua. Todo o que se pode facer en castelán e inglés pódese facer en galego, aínda que reivindicalo sexa dicir algo obvio. Por que cre que a Xunta optou por vetar as materias de ciencia no decreto? É difícil estar dentro da cabeza dun político ou saber como lle funciona cando din as cousas que din. Creo que moitos desexarían non terse metido nun conflito que crearon artificialmente. Temos problemas moitos máis graves como reducir o fracaso escolar ou aumentar o nivel de coñecemento dos cativos. Eu daba clases de matemáticas en galego cando vivía Franco en colexios relixiosos de elite e nunca tiven problema. Hai agora un conflito co idioma? O idioma é para comunicarse e non para crear conflitos. Ninguén debe apropiarse da lingua, porque é de todos. Impoñéndose este decreto creouse un conflito en moitos docentes que saben que, se seguen impartindo en galego, poden estar delinquindo. Está vixilando a Xunta que se cumpra o decreto en materia de lingua? Ata o de agora, os inspectores de educación non se meteron en nada. Supoño que pensarán que se está a cumprir a lei, aínda que a maioría dos profesores seguen facendo o que facían hai un ano. Antes tamén había que dar moitas materias en galego que non se daban e non se fixo nada. Se agora se fai, habería que facer unha denuncia por agravio comparativo cos anteriores. Chegouse a espallar a idea esa de que os nenos aprendían “dous ao caldeiro” en lugar de “dous ao cubo”... Iso non existe e non o dixo ninguén. Se se dixo, ou non se ten nin idea de galego ou se fixo para que non se entendese nada. A maioría de cousas que hai nos libros de ciencias son fórmulas e estas son iguais en calquera idioma. Que lle parece que a Xunta destine dous millóns de euros a substituír libros en galego por materiais en castelán? Iso é unha tristura, unha forma de malgastar os cartos e de seguir creando prexuízos contra a lingua galega. O mínimo que pedimos é que non se considere anormal expresarnos en galego cando impartimos ciencias. Ao idioma témoslle que achegar coñecemento en todos os ámbitos.


Domingo 03.10.2010 | Actualizado 22.12

RUTA

Peregrinaxe en defensa do idioma Queremos Galego levará as súas reivindicacións ao Camiño de Santiago REDACCIÓN/E.P. . SANTIAGO

Carlos Callón, nunha imaxe de arquivo FOTO: Sara Balado

A plataforma Queremos Galego impulsará unha peregrinación "lúdica e reivindicativa" a través do Camiño de Santiago, que se realizará por etapas durante este mes, co fin de visualizar a súa mensaxe "en defensa do idioma propio" de Galicia. En rolda de prensa, o voceiro da entidade, Carlos Callón, sinalou que o pleno da plataforma e os 700 grupos de traballo comarcais que se integran na mesma acordaron unha serie de actividades de denuncia para realizar os próximos meses. Entre elas, destacou a celebración dunha peregrinación que partirá de Ourense o 10 de outubro para percorrer diferentes tramos non continuados e que terminará en Santiago de Compostela, cun acto final de reivindicación do galego. Durante o transcurso da marcha, repartiranse lemas e información sobre a situación do idioma e


a política lingüística da Xunta. En concreto, o percorrido será entre Ourense e Cea (10 de outubro); Cea, Castro Dozón, Botos (17 de outubro); Lalín, Silleda, Bandeira, Ponte Ulla (24 de outubro); e Ponte Ullo, Lestedo, Santiago, o 31 deste mes. Así mesmo, celebrarán o Circo da Lingua en Soutomaior (Pontevedra), que Callón considera "unha importante actividade" na que haberá concertos, conferencias ou feiras do libro, entre outras iniciativas.

Ultiman un informe para o Consello de Europa Doutra banda, a plataforma Queremos Galego tamén está a preparar "novos pasos" de denuncia contra a política lingüística do goberno de Núñez Feijóo a distintos niveis. Un deles será un informe que están a ultimar para o Consello de Europa sobre "o que está facendo a Xunta" en relación co galego, "sobre todo no ensino", ó "vulnerar tratados internacionais de dereitos lingüísticos". Este mes, ademais, presentarán no Parlamento as firmas de apoio á Iniciativa Lexislativa Popular "en defensa dos dereitos lingüísticos" a modo "simbólico", pois foi rexeitada na Mesa da Cámara galega. Nesta liña, o voceiro da plataforma, Carlos Callón aplaudiu que tanto PSdeG como BNG se mostrasen "a favor" de impulsar as medidas que propón o documento, ademais de instar o Partido Popular "para corrixir a súa falta de transparencia". "Por unha banda, apoian a prohibición do galego nalgunhas materias, pero doutra banda vemos que, respecto de todo o incumprimento xeneralizado da normativa, a Xunta non fai nada. É de vergoña allea", reprochoulle Callón ao goberno galego.

NAS AULAS

O Decreto "incúmprese en infantil" Callón acusou a Xunta de ser "a primeira incumpridora" do Decreto do Plurilingüismo no ensino non universitario, sobre todo, "en infantil", tras subliñar que o 90 por cento de aulas nas cidades se imparten en castelán a pesar de que o 40 por cento dos pais pide a educación en galego. "Unha situación que non se produce en ningunha outra comunidade autónoma con lingua propia", asegura. Por iso, recordou que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia "continúa co seu traballo" respecto do recurso presentado contra a norma lingüística tras reiterar que "non é certo que haxa unha sentenza", senón un rexeitamento a aplicar a suspensión cautelar do decreto.



Pereiro releva a Novoneyra A celebración do poeta do Courel cede paso este ano á redescuberta do monfortino, un escritor de obra escasa que chega ao seu Día das Letras Galegas semioculto polo mito do autor maldito O XORNAL.COM A.M. 09/01/2011 - 20:00 h.

Naceu en Monforte de Lemos en 1958 e morreu na Coruña en 1996, e morrer con 38 anos sempre é morrer antes de tempo. Aí empeza o mito de Lois Pereiro. Envelenado polo aceite de colza nos seus anos de estudante en Madrid (1981), o poeta regresou á súa vila natal enfermo e prematuramente avellentado. Tiña vinte e tres anos e apenas podía amalloar os zapatos. Nunca sandou, nin da colza nin da poesía, e foise para sempre o mesmo día en que se publicaba unha sentenza sobre o caso. Sobreviviu, como deixou escrito, nos soños dos que o seguiron querendo. Os cronistas do mito nunca permitiron que a sida –que se lle diagnosticou en 1994– e a súa delongada adicción á heroína lle fixesen sombra á súa redonda historia da fatalidade. Este ano é o ano de Lois Pereiro. Cando a Real Academia Galega decidiu que fose o de Monforte quen relevase no panteón a Uxío Novoneyra a iniciativa de Manuel Rivas, decidiu en realidade darlle unha oportunidade ao poeta atrás do mito. A reedición dos dous únicos títulos que publicou en vida, Poemas 1981-1991 e Poesía última de amor e enfermidade, ambos publicados en Positivas, xa é un feito. Tamén se han recuperar outros textos fundamentais para entender a súa poética e o seu estar no mundo: Poemas para unha loia (Espiral Maior), título póstumo no que se recollía a súa obra de mocidade, publicada orixinalmente na revista Loia en Madrid; Náufragos do paradiso, tentativa de novela que ficou inacabada; e a súa imprescindíbel Modesta proposición para renunciar a facer xirar a roda hidráulica dunha cíclica historia universal da infamia. Esa si debería ser unha lectura obrigada nos colexios. Un pouco, uns parágrafos, cada mañá. Hai máis publicacións obrigadas, como a recuperación dos seus textos dispersos en revistas como La Naval ou Trilateral, a fixación definitiva da súa poesía completa ou a tradución da súa obra ao castelán, que verá a luz na primavera en Barcelona, pero hai sobre todo unha conta pendente con Luís Ángel Sánchez Pereiro, nome civil de quen naceu en Monforte nunha familia procedente do Incio. Un ronsel de biografías, unhas dirixidas ao público adulto e outras pensadas para o lectorado mozo, como a que vén de entregar Marcos Calveiro en Xerais, deitarán luz sobre a peripecia do cidadán: as súas viaxes, as súas teimas, o seu papel en experiencias colectivas como o grupo poético De amor e desamor, a revista Loia ou o desembarco da movida galega en Santander a mediados dos oitenta... E sobre todo, o seu romance coa morte. Esa sombra, como lle confesaba unha vez a Lupez Gómez nunha entrevista, que o perseguira dende cativo. Como cando se adiantou aos esexetas escribir o seu xa popular epitafio –“Cuspídeme enriba cando pasedes / por diante do lugar onde eu repouse,/ enviándome unha húmida mensaxe/ de vida e de furia necesaria”–, Lois Pereiro tamén vai participar na súa propia redescuberta. Será, sobre todo, a través dun libro titulado Conversa ultramarina e que está a piques de publicar Positivas. Son as cartas que lle escribía á que fora a súa compañeira durante media vida poucos meses antes de morrer. Un testamento literario que obriga a repensar a Lois Pereiro.


POLÍTICA

Polémica pola lingua galega en 'Gran Hermano' Unha concursante galega denigra a lingua no programa de Tele 5 XORNAL.COM 16/02/2011

Polémica coa lingua galega en Gran Hermano. A concursante galega Marta aseguraba a unha compañeiro nun vídeo emitido na canle 24 horas do programa -que subsitutíu a CNN+- que “lo primero que te produce oír una persona joven hablar gallego es negativo”. “No es muy habitual que la gente joven hable gallego, bueno, en Lugo sí, pero es un gallego bruto y feo (...), el gallego que está todavía más metido en gente ignorante”. Algunhas destas ofensivas verbas están causando unha grande indignación na rede grazas a un vídeo que foi visitado no youtube máis de 20.000 veces. Esta rapaza,durante unha conversa cunha compañeira, chegou a asegurar que todos os seus libros de texto na escola “eran en gallego” (sic) pero que ela facía “trampa” e comprábaos en castelán. Ademais, asegurou que “muy poquita gente habla gallego; lo hablan los nacionalistas, más los exaltados, los que lo hablan por cojones”. A moza, que chegou a dicir que deixou de ligar cun rapaz porque falaba galego (“¡Qué bajón!”, relataba), recoñeceu que era “una pena” que os propios galegos renegasen do seu idioma. “Nosotros nos avergonzamos”, asegurou, ante a sorpresa dunha compañeira que si aprezaba a lingua galega. Iso si, Marta empregou expresións como "se tiene dado", unha tradución mal feita ao castelán da lingua que rexeita unha e outra vez no polémico vídeo. A indignación polas palabras desta concursante é tal que no Facebook xa se creou un grupo (Todos os galeg@s contra Marta de GH. Por rirse da nosa lingua!!!) e que conta con preto de 15.000 membros.


Martes 11.01.2011

IDIOMA

"Políticas contra a lingua" A Mesa levará a Xunta aos tribunais pola Lei de convivencia

REDACCIÓN . SANTIAGO

Carlos Callón durante a rolda de prensa que deu onte na Libraría Couceiro de Compostela FOTO: AXENCIAS

A Mesa pola Normalización Lingüística ameza con "acudir aos tribunais" se se aproba a Lei de convivencia e participación da comunidade escolar, que a xuízo da organización evidencia o obxectivo da Consellería de Educación: "crear problemas" e "controversia" nos centros de ensino só para atacar o galego. Nunha rolda de prensa, o presidente da organziación, Carlos Callón, criticou que o borrador lexislativo pretende dar "cobertura legal" á participación dos pais no proceso educativo a través de mecanismos de consulta, polo que poderían ser preguntados pola lingua das materias tras as "dúbidas de legalidade" que o Consello Consultivo detectou neste aspecto o mes de maio pasado no decreto que regula o uso do idioma no ensino. A asociación ve "ridículo" preguntarlles aos pais se desexan as materias de ciencias ou de letras "en galego ou castelán" coma se se tratase dunha "quiniela", polo que aprema unha "rectificación" ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, sobre as súas "políticas contra o idioma" e ante este novo intento de "enlean a opinión pública".


Así mesmo e ante a intención do titular de Educación, Jesús Vázquez, de aplicar a norma dende o consenso, A Mesa animou o Executivo para "dar exemplo" e "escoitar" ao corenta por cento de pais das cidades que solicitan que os seus fillos reciban as clases en galego en Educación Infantil, dos que "só o 10 por cento ten garantido ese dereito". "Un desfase de 30 puntos nas cidades entre as familias que declaran que os seus nenos utilizan o galego e a posibilidade que teñen, realmente, de recibir a educación en galego", lamentou Callón. Por esta razón, considera que o consenso representa "unha arma propagandística baleira" para a Xunta, sobre todo, tras aprobar o decreto do plurilingüismo coa oposición "en contra" e xunto ó rexeitamento de case tota a comunidade educativa (sindicatos, asociacións de pais, movementos de renovación pedagóxica). DATOS

Anuncio "en período vacacional" Callón referiuse ao contexto do anuncio desta Lei de convivencia, "en período vacacional" é a "marca da casa" de Jesús Vázquez. Así mesmo, desconfiou desta chamada ao consenso por parte de Vázquez tras as "protestas" por parte dos sindicatos educativos, nas que aseguraban "coñecer" o contido do borrador unicamente "a través dos medios de comunicación". No seu lugar, instou a Feijóo para regresar ao "consenso" marcado pola Lei de normalización lingüística e o Plan Xeral de Normalización Lingüística se é que pretende ser "un Gobernante serio" e "responsable", tras constatar que este anteproxecto só busca acordo "coa parte máis extremista do Partido Popular". Á espera de dicidir se a Mesa irá aos tribunais, Callón destacou que "varios xuristas" se posicionaron publicamente para criticar o texto presentado, que riscan de "insolvente xuridicamente".


Martes 26.10.2010

Manuel Rivas e Marica Campo presentan os seus últimos libros O vindeiro venres, 29 de outubro, ás 19,30 horas, Manuel Rivas fará unha lectura de Todo é silencio na FNAC da Coruña. O escritor estará acompañado do músico César Morán. Ao remate ,o autor asinará exemplares da súa obra. Por outra banda, A Asociación Alexandre Bóveda presentará hoxe ás 20:30 horas no seu local Onde houbo lume, (Mandaio), de Marica Campo, nun acto no que tamén intervirán Pilar García Negro e o editor, Tucho Calvo.


Luns 18.10.2010

Bocaberta inclúe 700 propostas culturais 16.10.2010 Editoras como Galaxia, Kalandraka ou OQ0 volven colaborar na iniciativa REDACCIÓN/EUROPA PRESS

Anxo Lorenzo, onte na presentación do ‘Bocaberta A nova edición do programa Bocaberta, -posto en marcha durante o goberno bipartito, sendo responsable de Política Lingüística Marisol López-, inclúe máis de 700 propostas musicais, teatrais e literarias co fin de promover o uso do galego entre os máis novos, nun contexto de rebaixa da presenza deste idioma no ensino a causa do novo decreto que regula o uso das linguas nas aulas. En concreto, a iniciativa inclúe accións de todo tipo tanto para nenos como adolescentes -de 3 a 18 anos- impulsadas pola Secretaría Xeral de Política Lingística e outras 14 entidades colaboradoras, entre as que se atopan editoriais como Galaxia e OQO editora, compañías discográficas e artistas. O público adolescente poderá gozar de accións que xiran arredor da música pop, cos concertos do grupo Azou, precedidos de talleres de hip hop. Así mesmo, a proposta Detrás da canción impulsada por "Eme2" ensinaralles ós mozos a crear e gravar a súa propia música en galego mediante os recursos das tecnoloxías da comunicación, ademais de contar coas actuacións da banda The Homens. Por outra banda, haberá iniciativas para os máis pequenos, como os concertos de Mamá Cabra -organizados por Galaxia- e En clave de conto, de OQO Editora, que sacarán adiante un musical "de gran calidade" polas diferentes localidades galegas, xunto con talleres para nenos e as súas familias.


A estas actividades sumaranse as actuacións de Paco Díaz en Canta música! ou as propostas de creación de cómic Ti creas a historia, impartido por Anxo Fariña, e a revista Galimatías, con web asociada e talleres impartidos por Fran Bueno. A maxia estará presente en Atrapados na torre, de Everest; Contos de maxia, de Xerais, e Abrapalabra, de Galaxia. Así mesmo, co fin de promover a expresión en galego, a editorial Kalandraka celebrará diversos talleres de oralidade, escrita gráfica e creativa, ademais de emisións radiofónicas sobre o traballo realizado.


XORNAL.COM

Prolingua pídelles aos creadores que rexeiten os Premios Cultura Galega 09/10/2010 - 12:04 h.

A plataforma Prolingua fai un chamamento a todos os intelectuais galegos para que non acepten os Premios Cultura Galega convocados pola Consellería de Cultura e Turismo, galardóns que substituén os anteriores Premios Nacionais de Cultura creados polo goberno bipartito. Baixo o título Rosalía nunca aceptaría ese “Premio”, Prolingua denuncia na súa web que “nin a actual Xunta nin o seu presidente, responsables ante a Historia de lexislaren contra a nosa lingua, poden atribuírse agora o papel de benfeitores da cultura galega”. Prolingua continúa no chamamento subliñando o seu “convencemento de que nin as brillantes sensibilidades nin as mellores intelixencias aceptarán ser utilizadas para sancionar políticas que causan división arredor dun dos símbolos maiores da nosa convivencia”. Con esa certeza, o colectivo xulga “lexítimo non aceptar ningún premio que veña hipotecado polas agresións contra a mesma cultura que se finxe exaltar”. O colectivo comprometido coa defensa do galego sinala que non é “a desaparición do termo nacional o que abraia, é a novidade que encerran estes premios: non terán ningún tipo de compensación económica”. A ollos da plataforma, estes galardóns crean “unha pobre imaxe, propia de filántropos de patacón” e compáraos con “calquera entrega de premios nas festas de fin de curso dos colexios”. Despois do exposto, Prolingua define os Premios Cultura Galega como o “enésimo despropósito deste equipo de goberno” e como “un intento de quedar ben sen gastar un peso”. O texto íntegro do manifesto pódese consultar na web da plataforma: www.prolinguagalega.org.


Martes 11.01.2011

APOIOS

Bocaberta chega a catorce concellos Ao longo desta semana estará en Pontevedra, Laxe, Quiroga ou Palas, entre outros REDACCIÓN Catorce concellos galegos acollerán nesta semana as actividades de Bocaberta, o programa co que a Secretaría Xeral de Política Lingüística busca promover o uso do galego entre os rapaces e as rapazas de 3 a 18 anos. A banda deseñada terá esta semana moita relevancia en Bocaberta. Ti creas a historia, o obradoiro no que o debuxante Anxo Fariña -autor da saga Os Megatoxos- mostra o proceso de creación dun cómic, ten seis paradas programadas. Carral e Abegondo recibirán mañá esta actividade, que tamén estará o mércores en Tordoia e Zas e o xoves en Ponteceso e Laxe. O pop en galego soará con forza a través de Detrás da canción en Pontevedra (o venres), Lalín (o sábado) e Fisterra (o domingo). Esta actividade, dirixida a mozos e mozas dos 12 aos 18 anos, conta cun obradoiro para aprender a facer música por ordenador na casa, impartido por Carlos Valcárcel, de Projecto Mourente; e cun concerto acústico do grupo The Homens. A cita do sábado en Pontevedra é Canta música!, o obradoiro de sons tradicionais que levan a cabo Olga Kirk e Pablo Díaz. Os de Muros poderán participar, ese mesmo día, no concerto-espectáculo En clave de conto, unha iniciativa que pon en marchar OQO editora. Outra das propostas estrela desta semana é Palabras no ar, unha iniciativa en colaboración con Kalandraka que combina obradoiros de expresión escrita e de deseño coa gravación de programas de radio que, posteriormente, se emiten na Rede de Emisoras Municipais. Palabras no ar estará hoxe o mércores en Quiroga, para desprazarse o xoves e o venres a Palas de Rei. Finalmente, a maxia de Atrapado na Torre estará o sábado, en Ribadeo e en Pontedeume.


Mércores 22.12.2010

FILOLOXÍA

Publican dous libros de termos trobadorescos As obras foron presentadas onte no Centro Ramón Piñeiro polos seus autores REDACCIÓN Dúas novas publicacións impulsadas enmarcadas no proxecto lírica profana galegoportuguesa do Centro Ramón Piñeiro buscan aproximar ó alumnado non especialista nesta materia á terminoloxía e léxico medieval. En concreto, a obra Aproximacións ao estudo do vocabulario trobadoresco, recolle os relatorios dun congreso sobre vocabulario en lírica trovadoresca celebrado no ano 2008. Segundo explica o coordinador da publicación en rolda de prensa, Santiago López Martínez, o texto aborda tanto "problemas específicos" como aspectos "puntuais e máis xerais" sobre o uso da terminoloxía cortés. O libro, engadiu o decano da Facultade de Filoloxía, Ernesto González Seoane, presenta 16 contribucións en de un amplo elenco de autores que analizan a temática desde "diferentes puntos de vista". Doutra banda, a coordinadora da obra Guía para ou estudo da lírica profana galegoportuguesa, Esther Corral Díaz, enmarcou o seu impulso no proxecto de líricamedieval supervisado por Mercedes Brea, no Centro Ramón Piñeiro. Neste sentido, representa "un manual" que recolle todas as nocións formais sobre a lírica galegoportuguesa e ofrecendo "o seu espazo" para diferentes temas e variantes, dun modo "claro, sinxelo" pero "rigoroso". O obxectivo, engade Curral Díaz, é que o alumnado e o lector non especializado "pódese achegar" a este ámbito da lírica. Outro dos docentes presentes no acto, o profesor de Literatura Galega Medieval José Luis Couceiro, comparou a obra presentada co corpus terminolóxico que ofrece o centro para o persoal investigación, co engadido de permitir "consultar comodamente" o seu contido na aula e en formato físico. "Serve a todo o mundo, aforra viaxes e é enormemente útil e práctico", aplaudiu o docente da facultade compostelá.


O subdirector xeral de Política Lingística, Xoan Rivas, aplaudiu o traballo do centro a través dos seus estudos e publicacións, que "sitúa a Galicia na vangarda da investigación en humanidades".


LINGUA

"Que cada un fale no que queira" Anxo Lorenzo: "A impresión negativa do galego vén moi de atrás" MARÉ . SANTIAGO

Anxo Lorenzo tamén opinou sobre a polémica de ‘Gran Hermano’ FOTO: AXENCIAS

A polémica xurdida por unha conversa dunha concursante galega no programa Gran Hermano -que confesou que o galego "lle dá baixón" ou que só o falan os nacionalistas-conseguiu que mesmo opine o secretario xeral de Política Lingüística. Segundo recolle a web Galicia4.com, Anxo Lorenzo opina que esta moza "reproduce dalgunha maneira unha serie de tópicos presentes en maior ou menor medida na sociedade galega, especialmente nunha parte da mocidade urbana, sobre todo, de Coruña e Vigo". Para o secretario xeral de Política Lingüística, "esta impresión negativa sobre o galego vén moi de atrás, non é dos últimos anos. Dende o século XVIII asóciase o galego ao rural e ás clases menos acomodadas". Neste sentido, Lorenzo insiste en que é importante que "cada un fale no idioma que queira" pero que o que hai que facer é "intentar cambiar esa valoración social". Porén, a Consellería de Educación aprobou un Decreto que reduce a presenza do galego nas aulas.

Informe Pisa: a competencia en castelán está garantida Nos últimos días, fíxose pública unha valoración da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística sobre os resultados do Informe Pisa 2009, segundo as cales, o uso da lingua galega en máis materias non prexudicou a competencia lectora nin científica dos alumnos.


Durante o bipartito, o PP criticou especialmente o emprego igualitario de galego e castelán nas aulas. Porén, nesa etapa os resultados non cambiaron, só na comprensión lectora que se incrementou en 7 puntos e en ciencias mesmo aumentou un punto. Para a Coordinadora este feito indica que a introdución da lingua galega como lingua vehicular no ensino en diferentes materias impulsada polo anterior decreto non impediu "a adquisición de competencia lectora nin científica do alumnado". Disciplinas como Coñecemento do Medio de Educación Primaria ou Bioloxía e Xeoloxía en Educación Secundaria impartíronse en galego durante moitos anos e iso non significou unha redución nos resultados académicos dos alumnos galegos. No novo decreto, a maioría destas materias vencelladas ás ciencias pasan a impartirse en castelán, o que supón un retroceso nos avances que conseguira a lingua galega nos últimos anos, tanto en comprensión como en ampliación de vocabulario. Para a Coordinadora, "o aumento da presenza do galego como lingua vehicular do ensino axudou a mellorar a comprensión lectora en español e non repercutiu negativamente sobre os resultados en matemáticas, materia que daquela era impartida en galego". De tal xeito que o fomento da nosa lingua, ao ver da Coordinadora, non empeora a competencia en castelán nin o desenvolvemento científico dos alumnos. YAGO HERMIDA

Outro mozo do programa si fala Fronte ás afirmacións de Marta López, a concursante galega de Gran Hermano que aseguraba non poder falar galego porque non lle saía, outro concursante galego, Yago Hermida, fíxoo logo de que llo pedise insistentemente unha concursante mallorquina. "O plato de comida que más che ha ghustado", acerta a dicirlle o vigués á súa compañeira. Nos últimos días, as redes sociais ferveron en críticas á outra concursante galega. Agunhas persoas chegaron mesmo a pedir a súa expulsión do país. Mentres, o pai de Marta descúlpase nos medios e asegura que a súa filla non ten prexuízos cara ó idioma.


POLÍTICA

Queremos Galego organiza un grande acto pola lingua o 30 de abril >> A plataforma cívica convoca no Palacio de Congresos de Compostela un acto no que intervirán figuras de diferentes ámbitos sociais e culturais de Galicia XORNAL.COM 16/03/2011

A plataforma cívica Queremos Galego "porá voz" á defensa do idioma propio de Galicia o próximo 30 de abril no marco de "un grande acto nacional", que se celebrará previsiblemente no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela. En concreto, será un acto que contará con intervencións de figuras pertencentes aos diferentes ámbitos da sociedade e cultura galega e no que se pretende impulsar un manifesto "de reivindicación" e en defensa do galego, sobre todo, tras "dous anos nefastos" en materia lingüística co goberno do PPdeG na Xunta. Este evento verase acompañado, o próximo 17 de maio e con motivo do Día das Letras Galegas, de diferentes concentracións de protesta cidadá ás 12.00 horas para dar lectura ao documento que sairá adiante nesa reunión en Compostela e sobre os que, polo momento, falta concretar a súa "extensión". En rolda de prensa e ao coincidir "días antes das eleccións municipais", o portavoz da plataforma, Carlos Callón, pediu aos votantes do Partido Popular desconformes coa súa actuación respecto ao idioma "que saian do armario", pois "non poden apoiar" a esta formación "se de verdade defenden" a cultura galega. Callón lamentou, en pleno ecuador da lexislatura presidida por Alberto Núñez Feijóo, "é moito máis difícil vivir en galego que hai dous anos", ante a "falta de compromiso" no ámbito educativo, o peche de medios de comunicación no idioma propia e o "escándalo" da imposibilidade de acceder ao galego nas aplicacións informáticas da administración de Xustiza. "Non ten comparación con outras Comunidades Autónomas con lingua propia", constatou o tamén presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, tras lembrar que a lexislación insta á Xunta a ser a "principal defensora" do galego. "CAMUFLAXE" PLURILINGÜE Doutra banda, a plataforma Queremos Galego enmarcou o Plan de Potenciación de Linguas Estranxeiras, impulsado pola Consellería de Educación, nunha campaña "de pura propaganda" e "camuflaxe" para asestar unha "navallada" á cultura galega. Respecto diso, Callón sinalou que, mentres as competencias en inglés "non mellora en absoluto" nin "en materiais" dispoñibles, un 20 por cento do alumnado "non ten competencias comunicativas con fluidez" en galego e sen adoptarse "ningunha medida para corrixilo". Nesta liña, o secretario nacional da CIG-Ensino e portavoz da plataforma, Anxo Louzao, considerou que este Plan se sustenta en tres alicerces encamiñados a que o galego "teña a menor presenza posible como lingua vehicular". Louzao apuntou, en concreto, á ausencia de recursos en galego na implantación do Plan Abalar e que supuxo que se impartan "en castelán" materias que deberían darse en galego, a Lei de Convivencia que posibilitará a consulta aos pais sobre a lingua das materias --eliminada no seu día do decreto do plurilingüismo por falta de cobertura legal advertida polo Consello Consultivo-- e, en definitiva, toda premisa que "vira ao redor do plurilingüismo" impulsada polo Executivo galego. "Non hai ningunha medida que se poida considerar positiva", criticou o sindicalista da CIG, quen avoga por dotar de "profesorado" e "medios" aos centros para traballar na mellora da competencia lingüística do alumnado.


Sábado 14.05.2011

VOLUME

Receitas de palabra Máis de vinte autores galegos, con cadanseu prato, participan no volume "Cociñando ao pé da letra", que coordina Yolanda Castaño NUNO BESTEIRO . SANTIAGO Helena Villar Janeiro coas súas patacas para a ‘Sopa Elvira’ FOTO: andrea costas

"Vinte e unha escritoras e escritores galegos, coa máxima diversidade en canto a sexo e xeración, xénero literario e ata zona xeográfica. Homes e mozas, rapaces, señoras, da aldea, na cidade, na costa, do interior. Son algunhas das máis representativas e puxantes voces das nosas letras actuais. Autoras de ensaio e de literatura dramática, narradores, poetas, cultivadores de literatura infantil e xuvenil. Unha variada riqueza a través de ollos multiplicados, a través de perspectivas o suficientemente plurais". Son palabras da poeta Yolanda Castaño, coordinadora dun singular volume, Cociñando ao pé da letra, que por primeira vez repara no vencello que hai entre dous procesos tan complexos e ricaces como son o da escrita e o da cociña. A propia Castaño o di no limiar deste volume, coeditado por Galaxia e Gadis para a súa distribución nos supermercados galegos o día 16 co gallo do Día das Letras Galegas: "Fálase cada vez máis de receita propia do autor ou autora, de doses, de condimentos, de cociña literaria". E é así, textos, prosa ou verso, que se traballan co mesmo agarimo co que se prepara unha empanada; prebes que saian ou fan rabear unha prosa ou un guiso; e todo fica neste volume, redactadas as receitas por man propia dos seus autores e autoras. Algúns converteron os sabores en poemas, outros en conversa teatral. O espírito de cada prato e a personalidade dos autores Pero todas e todas participaron ademais nas sesións fotográficas nas que Andrea Costas logrou cifrar non só o espírito da elaboración de cada prato senón a personalidade de cada un dos participantes, ben nun baño de patacas como Helena Villar ou rodeada das verduras para unha crema de cenoiras como Anxos Sumai. "Durante catro meses -sinala Yolanda Castaño- polo verán de 2009, ela e mais eu


tivemos a fortuna de sermos recibidas nos fogares destes 21 escritores e escritoras galegos. Abríronnos de par en par os seus espazos propios, convidáronnos xenerosos a sentármonos ás súas mesas". Un percorrido por todo o país coa guía desta obra literaria/receitario de cociña que leva os lectores até a cociña onde se cocen os bos xantares e a boa literatura galega.


Mércores 22.12.2010 | Actualizado 12.25

Retrato xeracional Ouvirmos únese á maré editorial sobre Lois Pereiro e edita a súa fotobiografía con máis de cen imaxes inéditas do seu álbum familiar |

MARÉ . SANTIAGO

Con Piedade Cabo en Berlín no 1983 FOTO: AXENCIAS

Nunca como no caso de Lois Pereiro madrugou tanto a industria editorial para ofrecer os seus produtos de cara ao Día das Letras. Mesmo antes de empezar o ano dedicado ao escritor monfortino, os lectores xa teñen nas librerías unha boa andaina, empezando pola reedición por parte de Positivas dos seus dous poemarios -Poemas 1981/1991 1981/1991 e Poesía última de amor e enfermidade- e acabando no exhaustivo ensaio que publicou Antón Patiño baixo o título Radiografía do abismo en Espiral Maior. Estes días, Ouvirmos súmase ás novidades coa aparición da Fotobiografía Sonora de Lois Pereiro, con máis de cen fotografías inéditas do seu álbum familiar e dous CD"s que inclúen a súa propia voz e unha selección dos seus poemas musicados. A Fotobiografía -que conta cun prólogo de Manuel Rivas e cun texto de Lino Braxe- é un percorrido pola curta existencia deste poeta monfortino, falecido en 1996 tras unha sucesión de gravosas enfermidades, pero, sobre todo, son o retrato dunha época que se estende desde primeiros dos anos sesenta ata mediados dos noventa. O propio


irmán do poeta, o xornalista Xosé Manuel Pereiro, é o encargado de servir de narrador aos catro capítulos nos que se divide a obra. O percorrido comeza co relato da historia familiar no Incio, de onde son orixinarios os pais do poeta. Continúa en Monforte, onde naceu Lois o 16 de febreiro de 1958 e onde transcorreu a súa infancia entre os Escolapios, os xogos no faiado, nas rúas e os veráns na aldea, como testemuñan as fotografías da época. Monforte é tamen o marco da adolescencia do poeta, unha cidade onde tentará satisfacer as súas inquedanzas, mergullándose na literatura, a música e o cine. En Monforte coñece a Piedade Cabo, muller á que estará unido o resto da súa vida, e onde comezará a escribir os seus primeiros poemas en galego. De Monforte vai para Madrid como alumno da Escola de Idiomas a mediados dos anos setenta. Nesa etapa, enceta a estreita amizade que o unirá a Manuel Rivas -un dos homes que máis crerá na súa poesía- e relaciónase con Reimundo Patiño ou Antón Patiño, que participa canda os dous irmáns Pereiro e mais Rivas na creación da revista Loia. A experiencia madrileña rematou en 1981 cando queda afectado polo aceite de colza tóxico. Despois dunha longa travesía por médicos e hospitais, establécese na Coruña, onde xa vive o seu irmán. Pouco despois establécese nesa cidade a súa irmá Inés, coa que comparte as cotiás e múltiples viaxes ata a súa morte. Como o poeta, dáse a coñecer en 1992 co Premio de Poesía do Facho e a súa participación no colectivo De amor e desamor, do que tamén forma parte Rivas. Con eles editará dúas antoloxías conxuntas. O libro inclúe ademais dous CD"s. Un deles reproduce unha entrevista radiofónica concedida a Ana Romaní poucos meses antes da súa morte. O segundo CD inclúe unha selección dos seus poemas musicados por Manu Clavijo, Alexandro González, Fanny+Alexander, Nación Reixa e Radio Océano. Xurxo Souto asina o comentario de cada unha das cancións así como o artigo A calma tensa, no que analiza a relación de Lois coa música.


Mércores 30.03.2011

CONGRESO

RTVE só aprobou dous filmes en galego no 2010 O BNG demandoulle ó ente "un maior equilibrio porque en España existen distintas cinematografías non só a que se expresa en castelán" REDACCIÓN E AXENCIAS . SANTIAGO

O presidente da corporación RTVE, Alberto Oliart, onte no Congreso FOTO: javier lizón

O Presidente da Corporación de RTVE, Alberto Oliart, recoñeceulle ao deputado do BNG no Congreso, Francisco Jorquera, que no ano 2010 a área de cinema de TVE só aprobou dúas películas en galego: O Apóstolo e Little Galiza. "O que me parece pouco e ogallá puidéramos facer algo máis", dixo o responsábel de RTVE. Jorquera dirixiuse ao responsábel da corporación para pedirlle explicacións sobre a escasa implicación de TVE na promoción de cinematografía producida en lingua galega, catalá e vasca. O deputado do BNG avaliou o esforzo feito por TVE de participar en proxectos cinematográficos producidos no Estado español porque "unha función primordial da Televisión pública debe ser a de contribuír á difusión do noso cinema". Pero censurou que esta política a acaparen películas rodadas en castelán.


TVE debe aplicar un criterio máis equitativo, pediu. Así puxo dados enriba da mesa: No ano 2008, TVE participou en 45 proxectos. "Un era de produtora galega e outros dous tivo unha participación maioritaria de produtoras galegas". No ano 2009, TVE participou en 41 proxectos, "só tres tiveron unha participación minoritaria de produtoras galegas". E no ano 2010, a participación de Televisión Española reduciuse a 16 proxectos, "un deles realizado en exclusiva por unha produtora galega. Houbo unha participación minoritaria de produtora galega noutro proxecto". En conclusión, subliñou Jorquera, dun total de 102 proxectos participados por TVE, só oito tiveron participación de produtoras galegas, e "só en catro a produción foi a cargo de produtoras de Galiza". Asemade, nestes últimos tres anos, rexeitouse a participación de TVE en once proxectos galegos. E sobre todo, recalcou, "en todos os proxectos participados existiu un denominador común: ningunha película foi rodada orixinalmente en lingua galega". Neste punto, e como Jorquera rebateu os dados achegados por Oliart, o responsábel da Corporación comprometeuse a contrastar a información. O deputado do BNG manifestou que no Estado español existen distintas literaturas, e tamén "distintas cinematografías non só a que se expresa en castelán". Por esa razón, demandou "un maior equilibrio". O Presidente da corporación de Radio Televisión Española, Alberto Oliart manifestou "aceitar o emprazamento". Oliart tamén dixo que se pode facer en subtitulado pero, lamenta que iso "é custoso".

"O aforro é unha obsesión para min" Oliart, recoñeceu que a cadea pública aforraría 40 millóns de euros se vendese a retransmisión do Mundial de Moto GP a primeira vez que o propuxo no Consello de Administración e que, por iso, insistiu en desprenderse dos seus dereitos, porque "o aforro é unha obsesión" para el. Así, reiterou que os técnicos de TVE opinaban que era "o menor mal" vender as motos, ata despois de que a cadea xa anunciase a súa emisión e o prezo que obtiña pola súa venda a cadea pasase de corenta a vinte e cinco millóns de euros.


POLÍTICA

Sáinz apelaba ao “orgullo pola pluralidade lingüística” en 1997 XORNAL.COM 20/01/2011 - 00:20 h.

A actitude da senadora do PP coruñés María Jesús Sáinz o pasado martes a respecto do uso das lingaus cooficiais no Senado dista moito da posición que a política conservadora mantivo noutras épocas, cando o seu escano estaba no Congreso dos Deputados e o xogo de maiorías nas Cortes Xerais era sensiblemente distinto. A resistencia de Sáinz a falar galego na primeira sesión do Senado na que foi posible, malia ser a primeira senadora galega en ter a oportunidade de facelo –“voy a utilizar el castellano porque hablaré de un tema que afecta a todos los españoles”, argumentou–contrasta co discurso que ela mesma mantiña en 1997, cando foi a encargada de defender a postura do PP no debate da proposición de lei para restituír os nomes das provincias da Coruña e Ourense, daquela aínda denominadas La Coruña e Orense. No segundo ano de José María Aznar como presidente do Goberno grazas ao apoio de Convergència i Unió e PNV, Sáinz subiu á tribuna da Cámara Baixa cun vehemente discurso a prol da toponimia e do idioma galego. Recuperar a lingua, afirmaba, é tamén “recuperar a identidade dun pobo, porque o primeiro sinal de identidade é a súa lingua”, enfatizaba. Neste escenario, a popular mesmo botaba man dunha “marabillosa frase de Castelao” nas Cortes da II República para elevar a lingua propia de Galicia a “fonte de arte, vehículo da alma orixinal dun pobo que ninguén debe destruír”, dicía. Así as cousas, concluía Sáinz, pór fin á toponimia deturpada supuña un chanzo máis no “acertado proceso de normalización lingüística”, que traería consigo “respecto ao recoñecemento dun feito diferencial” e, sobre todo, “o orgullo que, como españois, debemos ter da pluralidade lingüística”. D.LOMBAO


Luns 11.10.2010 |

CARLOS CALLÓN POR NAVEGAR AO DESVÍO

Sementeira CARLOS CALLÓN Dínnolo os estudos e dínolo a realidade: o galego padece un acelerado proceso de perda de falantes, que é o maior perigo para que deixe de ser unha lingua viva. A iso temos que sumarlle unha desprotección xurídica e institucional que non sofren nin catalán nin vasco nin aranés. Porén, hai un enorme aspecto positivo que cómpre termos presente: Nunca antes existiu -do punto de vista cuantitativo e penso que tampouco no cualitativo- unha comunidade lingüística galega con tal grao de consciencia dos seus dereitos e tan dinámica. Non hai dúbida de que é unha minoría social, aínda que unha minoría social moitísimo maior que a que constitúen as persoas que defenden os discursos galegófobos, por máis que estas últimas conten cunha multiplicación mediática enxordecedora. As posicións maioritarias da sociedade basculan entre a defensa teórica dun equilibrio (inexistente) entre galego e castelán, o apoio afectivo á identidade galega (que non ten por que ter consecuencias prácticas) e a enunciación dunha serie de prexuízos sobre a situación. Como todos os prexuízos, son contraditorios. Confírmanse a si mesmos nun círculo pechado que só serve para xustificar a práctica que se exerza e son máis indestrutíbeis canto máis subxectivos e innomeados. Darlle palabras aos prexuízos lingüísticos é o primeiro paso para demostrar a súa irracionalidade e superalos. A existencia desta comunidade lingüística galega consciente e dinámica é a nosa maior esperanza para superarmos a difícil situación actual e podermos aspirar á


normalización do noso idioma nos diferentes ámbitos e espazos. Isto centra o compromiso individual como protagonista para conquistarmos o futuro. Haberá momentos difíciles e novas batallas que imos perder. No entanto, eu teño a confianza plena de que esta guerra a imos gañar, porque temos a razón, dicimos a verdade e só defendemos os nosos dereitos, non que llos retiren a ninguén. Ante a situación en que nos encontramos, paga a pena lembrar estas vibrantes palabras de Florentino Cuevillas: "Non desesperedes, os que de verdade sintades a emoción galega; seguide sempre con fe, e se se vos ocorre pensar acaso se sementades ou esparexedes, desbotade ese pensamento e tede por certo que calquera traballo, grande ou pequeno, duro ou livián, que emprendades en nome de Galiza, é sempre sementeira". Sementemos, pois! Algunhas propostas A semana pasada terminaba esta páxina da segunda feira en Galicia Hoxe falando do libro Sortir de l"armari lingüístc. Una guia per a viure en català, de Ferran Suay e Gemma Sanginés. Salientaba que o feito de teren os autores deste libro decote unha óptica desde Valencia facía moitas das súas páxinas aproveitábeis para a nosa situación, máis que se adoptaren unha visión desde Cataluña. Como é sabido, no Principado contan cun proceso de normalización moito máis avanzado e a problemática principal á que aló se enfrontan (as bolsas de inmigración alleas á cultura propia) non constitúen o noso momento actual. Sexa como for, debo amosar a miña débeda con esta obra, que me axudou a configurar algunhas das propostas que vou indicar a continuación e, tamén, no artigo da semana próxima. Outros dos consellos que formulo son produto da experiencia propia como falante de galego, así como do traballo como activista na súa defensa, que implica ter que procurarlles solucións a moitos máis exemplos de problematización do uso da nosa lingua. Estas propostas son para casos concretos cos que nos podemos encontrar en situacións desagradábeis ou conflitivas só polo feito de falarmos en galego. Algunhas propostas xerais O que se pretende con estes consellos é reducir os custos persoais, as molestias e o malestar sen renunciarmos a falar a nosa lingua. Iso é moi importante: Sen renunciarmos a falar a nosa lingua. Discutir en castelán o dereito a falar en galego significa perder a partida antes de comezala. Aliás, xera máis problemas dos que resolve, pois estaremos claudicando e, xa que temos sensibilidade pola nosa cultura, sentirémonos mal por facelo, pois estaremos a facer o contrario de como cremos que se debe actuar. Nin tan sequera aforraremos en malestar! O mellor que podemos facer cando nos encontramos cunha situación desagradábel por usarmos o noso idioma é velo como un xogo no cal podemos conseguir pequenos


éxitos. Iso crea unha certa distancia emocional moi saudábel, que afortalará a nosa posición. Non o tomemos todo a peito nin vaiamos a tumba aberta. Poñamos en acción un posibilismo fértil, sen entreguismos nin derrotismos. Relativizar as cousas non significa que vaiamos deixar de defender os nosos dereitos. Como sabemos todas e todos os falantes de galego, estamos a referirnos a problemas que podemos ter a diario: no servizo de saúde, na autoescola, na fábrica, no supermercado... Se nos queimarmos no medio dunha bronca, na seguinte ocasión teremos máis dúbidas sobre se volver facelo ou non. O recordo negativo do conflito pexaranos á hora de volver dar a batalla en defensa do noso idioma e... somos tan necesarios! Temos que continuar coas forzas intactas nesta loita cotiá! A irritación, pois, nunca compensa. Nin no nivel persoal, xa que nos provocará insatisfacción, mal humor, etc; nin no nivel da causa que defendemos, pois un momento desagradábel cohibiranos para outros casos nos cales será probábel que renunciemos a defender os nosos dereitos lingüísticos. Queimarse significa perder e irse desganando. Velo como un xogo permitiranos repetilo nun futuro. É básico ademais que, aínda que recibamos provocacións, nunca adoptemos un ton ofensivo. A xente sempre tende a posicionarse en contra de quen perde os papeis, por moita razón que puider ter ou por moi xusta que puider ser a causa que defender. Recoméndase tamén que a linguaxe corporal vaia acompasada co que digamos. Se usarmos palabras amábeis na súa literalidade, mais que co ton ou a nosa expresión facial soan cargadas de ira ou resentimento, deixarán de servir para o efecto que queriamos conseguir. Que non nos enfademos non quere dicir, claro, que vaiamos permitir que nos traten con menosprezo ou desconsideración. A seriedade e a firmeza non deben estar rifadas coa cordialidade. Na semana vindeira abordaremos algúns casos concretos con que nos encontramos no noso día a día os falantes de galego e como podemos darlles unha saída satisfactoria..


Luns 15.11.2010

"Sen preguiza nin medo" “O traballo rigoroso, serio e constante da Coordinadora de ENDL a prol da lingua é molesto para aqueles que só buscan a súa eliminación da sociedade”. É unha das conclusións da segunda asemblea dos equipos de normalización, que rematou coa consolidación desta rede colaborativa, así como coa posta en común de experiencias e novas campañas de sensibilización da lingua galega para o vindeiro curso MARÉ

Unha das votacións realizadas durante a II Asemblea Xeral da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización Lingüística

A Coordinadora Galega de ENDL celebrou no IES As Fontiñas de Santiago de Compostela o sábado pasado a súa II Asemblea Xeral, na que estiveron presentes representantes de equipos de dinamización da lingua galega de centros de ensino públicos e concertados de toda Galicia. No encontro, aprobouse o Informe Anual presentado polo Consello Directivo, así como o Plan de traballo para o curso 20102011. Entre outras conclusións, a Coordinadora acordou "impulsar a conciencia creativa a prol do galego desde a comunidade educativa a través de campañas de sensibilización e dinamización da lingua galega", como O galego é o noso medio natural, xa presentada en colaboración coa Área de Normalización da Universidade de Vigo.


Pero, ademais, desde a CGENDL, anuncian que nos vindeiros meses promoverán novas campañas que terán como fin "impulsar o uso do galego no ensino e na sociedade en xeral, buscando que avance e non que retroceda, e implementando medidas para profundizar na Lei de nornalización lingüística, agora cuestionada pola política lingüística do goberno galego". Nesta II Asemblea a Coordinadora reafirmou a súa "vontade de non ter preguiza nin medo á hora de traballar pola normalización da lingua galega, tal como anunciara na I Asemblea de hai un ano, se cabe neste curso con máis ilusión e esforzo debido ás inxurias feitas por aqueles que queren acabar co galego", aseguran nun comunicado. Deste xeito, consideraron "de forma unánime" que "estes ataques impropios dunha democracia se deben ao traballo rigoroso, serio e constante realizado durante o curso pasado pola CGENDL". Así mesmo, a Asemblea acolleu "con entusiasmo" o Premio Altofalante 2010 que a Asociación Cultural Altofalante de Ribeira lle vén de conceder á CGENDL. Os asistentes considerárono "unha mostra de apoio e recoñecemento a este traballo feito pola normalización da lingua galega nos centros de ensino e na sociedade desde o voluntarismo, a pluralidade e o sentido común".


Luns 15.11.2010

ESCRITOR

Ramón Caride: “Só morre o idioma que se deixa matar. A guerra non a temos perdida” “hoxe achéganse a min mozos que me din que ler unha novela miña en galego abriulles os ollos a novos camiños” POR MANUEL VIDAL VILLAVERDE

Ramón Caride comezou a escribir poesía pero tamén publicou obras de infantil e xuvenil

Ramón Caride Ogando (Cea, Ourense, 1957) é autor dunha extensa obra literaria, con máis de corenta libros individuais e múltiples colaboracións. A súa narrativa, recoñecida pola crítica e os lectores, conta con novelas tan destacadas como a triloxía De sombras e de lume, integrada por Soños eléctricos (Premio Blanco Amor, 1992), Sarou (Premio Café Dublín, 1997) e O Sangue dos camiños (Premio Risco de Literatura Fantástica, 2003); ou a histórica O frío azul (Premio Lueiro Rei, 2007). Como autor de relatos publicou, entre outros, os volumes: Dedre (2004), Boca da noite (2004), Escáner (2002), A incerteza dos paraísos (2000) ou Lumefrío (1994) . Na súa produción infantil e xuvenil, aparecen títulos como Xan Farrapeiro (2009), Bertiño Rompetodo (2008), O bastón dos desexos (2008), O tareco de Sara e Do A ao Z con Ramón Cabanillas (2010), O cabo da serpe (2004) ou a peza teatral Historia dunha sobreira (2001); destacando a serie As aventuras de Said e Sheila, ilustrada por


Miguelanxo Prado, iniciada con Perigo vexetal (Premio Merlín, 1995), e culminada con A negrura do mar (Premio Frei Martín Sarmiento 2006). Varias destas obras foron traducidas e publicadas en castelán, portugués, francés, éuscaro e outros idiomas. Perigo vexetal totaliza ata agora vinte edicións en tres idiomas. Unha escolla da súa actividade xornalística, recóllese na escolma O gume dos espellos (2010), de recente publicación. A andaina literaria de Ramón Caride principiou como poeta, sendo o seu primeiro libro publicado Paisaxe de verde chuvia (1986); este e outros poemarios publicados na década dos oitenta son considerados polo autor obras de aprendizaxe, non retomando a poesía ata mediados dos noventa. Os seus últimos poemarios son Flor no deserto (Premio Cidade de Ourense 1994), Xeografías do sal (accésit González Garcés 1998) e o volume recompilatorio As máscaras de Cronos (Poemas 1994-2005). Criptografías (2009), o seu último poemario publicado mostra a pegada das viaxes e a viaxe mesma. Unha viaxe poliédrica, entre a partida e o retorno, entre as paisaxes internas e as alleas.

Ramón Caride e a poesía… Ultimamente, Ramón, parece que a tes abandonada, ou cecais fuches abandonado por ela; pero talvez exerces o teu labor poético nun silencio moderato, tal que un exercicio reflexivo, espiritual, pero espero que non haberá tardanza en ler as túas novas poéticas. Fálame do anterior e do novo, que creo que axiña leremos. Non, Ramón? Eu comecei como poeta xa hai moito tempo, falamos do 1986, cun libro autoeditado, a este seguiron outros dous de difícil publicación e edición escasa, que eu, á volta dos anos, considero obras máis ca nada de aprendizaxe, non estou moi certo delas. Por iso estes tres primeiros poemarios non as incluín en „As máscaras de Cronos – Poemas 1994-2005-‟, que se publicou hai catro anos. Este é un volume de máis de dúas centas cincuenta páxinas de poesía, o cal para min xa é case excesivo, pois eu son máis de obras intensas que de libros extensos; así que quedei moi satisfeito desa obra poética, e sen intención de facer máis poesía. Pero como un non é dono da poesía, como ti ben dixeches, a poesía non ten dono, pois tres anos máis tarde publiquei „Criptografías‟ en Libros da Frouma, que se presentou neste ano aquí en Compostela, e axiña tirarei do prelo „A Chuvia Humana‟ en Toxosoutos, un novo poemario. A verdade é que me dá un chisco de vertixe publicar dous poemarios tan consecutivos, e non acabo de entendelo eu mesmo, pero non quero parar a pensalo moito. Como digo neste último libro, que é en grande parte de micropoemas:"A poesía non se explica / revélase / ou non é tal". Seguramente, a esencia da poesía é o misterio. E ríome dos canonizadores, catalogadores e clasificadores: " O taxonomista / nunca bolboreta".

pode

ollar

/

o

voo

da


Poderías definir in extemsum, a túa viaxe narrativa? Uff! Isto vaiche ser como contar a miña vida en trescentos caracteres. Fixen cienciaficción en 1992 e en galego, gañei un Blanco-Amor, e seguramente gañar ese premio cunha primeira novela fíxome moi feliz por uns anos. Pero daquela as barreiras entre o que chamaban "subxénero" e A Outra Literatura, a presuntamente seria, aínda eran máis definidas do que son hoxe. Así que foi un arma de dobre gume, rachei polo novidoso e paguei polo mesmo. O tempo deume a razón, malia todo, hoxe achéganse a min moitos mozos e mozas, que me din que ler cousas coma esa novela miña en galego abriulles os ollos a novos camiños. Así que non me queixo, non se pode perder o tempo chorando cando hai tanto por facer. Logo, seguindo esta liña, mais para os lectores mozos, fixen a serie de aventuras de Sheila e Said („Perigo Vexetal‟, „Ameaza na Antártica‟, „O futuro roubado‟, „A negrura do mar‟) que foi o que me deu máis recoñecemento e máis alegrías, máis quilómetros percorridos e máis miles de lectores, e moitísimos actos en colexios e institutos, do país e de fóra. Creo que tiven moita sorte, e moito traballo tamén, cousa que moitos compañeiros escritores aínda non tiveron; pero eu tiven a fortuna inmensa de experimentar o éxito con varios libros, e ademais con lectores novos, lectores sen prexuízos, lectores que non se preocupan do teu lugar no sistema literario, nin das listas de vendas, nin se paran a analizar o estilo… lectores gozosos, lectores lúdicos, lectores agradecidos. Escribir para rapaces é un privilexio. E para adultos? Para adultos tamén, pero é outra cousa. De novelas para adultos, aínda que sorprendentemente se len tamén nos centros de ensino, fixen outras tres. „Sarou‟, que é un episodio bestial e sanguento do narcotráfico na beiramar; é unha novela realista, extrema, aínda que cunha pinga de lirismo. „O sangue dos camiños‟, que nas traducións portuguesa e española se chama „Tempos de fuga‟, é unha novela máis complexa e traballada, penso que aínda ten camiño por diante tamén. A última novela, „O frío azul‟ é unha novela histórica, cousa que nunca antes fixera, agás nalgún conto, e coido que tamén quedou ben, vai saír axiña en español… O que máis fixen, máis ca novelas, son libros de contos. Sen contar recompilacións, teño publicados seis, e vai saír pronto o sétimo, „Exogamia 0.3‟, en Xerais. O conto, o relato breve, para min é unha forma esencial da narrativa, que ten moitas dificultades de edición e comercialización, pero que lle permite todo ao autor e ao lector: o clasicismo, a experimentación, a transgresión dos xéneros,… as posibilidades son case infinitas. Logo fixen moita narrativa para primeiros lectores e literatura infantil, e tamén poesía para estas idades…


Mudamos o tema, Ramón. Nacionalismo e independentismo galego, con cal dos dous termos te identificas máis e mellor? Resúltame complicado definirme cunha soa palabra, por outra banda, creo que moitas veces as grandes palabras agachan realidades ben cativas. Creo que un defínese polos seus feitos, mais que polas súas palabras, e exemplos abondan de persoeiros que din unha cousa, e na súa práctica cotiá fan a contraria. Agora mesmo, na situación actual, ben problemática, pero en canto exista o problema galego, ou o problema do galego, é que hai esperanza. Só a vida ten problemas. Pois nesta situación, digo, había que loitar xuntos, toda a xente que o sentimos importante, pola persistencia da cultura galega, da lingua galega, da nosa identidade, e non pararnos en tanta etiqueta, en tanto minifundio –xa saíu a palabra–. Certos dilemas, nesta altura, case me dan risa, se non fora para chorar: cando racharon as tellas e está chovendo a cachón en todos os cuartos da casa, pararnos a discutir de que cor imos pintar as portas cando escampe… non sería mellor tapar as pingueiras antes de nada?

Non é tamén, para ti, un disparate a política lingüística do PP –sempre español e galego de feiras festas e romarías-, non é asinar cinica e ignorantemente unha perversa lenteza a morte do noso principal sinal identitario? Certamente, pero só morre o idioma que se deixa matar. Con ser grave o que dis, e hai que denuncialo en Europa, onde sexa, o que temos que ter claro é que un idioma só morre de verdade cando deixa de falarse. Se nós non asumimos a nosa derrota anticipada, aínda haberá que velo. A guerra aínda non a temos perdida de todo. Quen nos vai impedir falar ou escribir o que nos pete? O noso peor inimigo somos nós mesmos se nos damos por vencidos. Cando o escritor brasileiro Rubem Fonseca estivo hai uns anos, en Santiago, dixo no seu discurso: "Vostedes os galegos están sempre a chorar, cando debían estar orgullosos: mantiveron varios séculos un idioma sen escola, sen leis que o defendesen, sen escrita, fronte á imposición asoballante do castelán", cito de memoria. Nós mesmos nunca o vemos así, pero tamén é así. Tampouco esta vez van poder co galego, non. O pesimismo é un luxo que non nos podemos permitir.

Unha República Socialista galega, internacionalista e solidaria. En que grao e medida compartillas ou descompartillas? Postos a falar de utopías, quedo co ideal libertario: "non se trata de mudar de amos, senón de non ter ningún". Pero tamén volvo ao de antes: menos perdernos en etiquetas e máis traballo real. Os escritores, pola parte que me toca, creo que moitas veces escribimos pensando en que nos lean catro amigos ou nos citen en tal revista


ou anuario, e non pensamos en ter moitos lectores novos, e así nos vai, claro. Autocrítica, que algo queda.

Os galegos e galegas en xeral, somos vítimas de distintas síndromes como o autoodio, auto-colonización, etc.? Seguramente si, pero eu teño estado noutros sitios como Murcia ou Extremadura; e a oposición neocultura-modernidade versus folclore-ruralismo (enténdase por folclore a cultura tradicional, o saber do pobo que é a palabra en alemán) dáse en todas as partes. Alí onde este conflito non se expresa en dous idiomas, exprésase en dous acentos, en dúas variantes dialectais do español, ou do idioma que sexa, e eses fenómenos que sinalabas e que parecen tan nosos, repítense mutans mutandis; ou sexa, que tampouco nós somos tan particulares como pensamos.

Estado español, Constitución española, AN, TS, do mesmo pau da baralla; monarquía e democracia, e así meu amigo, poderíamos ampliar o abano, as nomenclaturas. Fai unha lectura ata onde poidas e saibas de todo este disparate, cal é o caso das gravísimas contradicións do texto constitucional; do antagonismo ou antítese democracia-monarquía, do descarado etnocentrismo español, dese "nacionalismo fascista" que foi o franquismo e os seus herdeiros vernizados de "demócratas", mulleres e homes, inoculados e mesmo fascinados por ese máis que residual veleno. Cal a túa resposta diante desta miña reflexión ou se queres longa pregunta? Que tes toda a razón, Manolo, pero con estes bois temos que arar. Agora, ti es un escritor tamén, e sabes que á hora da verdade, cando te sentas a escribir o que che pide o corpo, es un espírito libre, ou non es nada, nin escritor sequera. Dicía Galileo Galilei: "Na ciencia, a palabra dun observador desperto vale tanto como a do mesmo Aristóteles". Así é tamén na escrita, esa é a nosa grandeza. Os escritores somos espíritos libres, observadores despertos, que non nos domestiquen. Non nos deixemos domesticar, nin cando nos subsidian, nin cando nos silencian. Os políticos pasan, pero as obras do espírito humano, coma os bos libros, quedan.

Calquera persoa que se proclame cidadán do mundo, como fan "os progres" e cínicos apolíticos, non é un acto de ignorancia e mesmo de innecesaria tautoloxía?, ou é que acaso algún necio ou necia pensa que Cea, Cambados, Compostela, Vigo, O Carballiño, etcétera, non son tamén o mundo ou unha parte dese mundo que eles/elas enuncian cal flagrante e disparatada obviedade? Agora que o dis, no caso dos primeiros sitios que citas, eu ás veces tamén teño as miñas dúbidas de que estean no mundo… Bromas á parte, quen di hoxe en día


semellante parvada, non merece moito a pena perder o tempo en contestarlle, habería que dicirlle aquilo de: "Tanto non sabes, cando a calar non aprendiches". Os que chegan en kayuko son cidadáns do mundo, e o Papa tamén, pero entre eles hai diferenzas, e na acollida que reciben xa non digamos. O galego é un idioma do mundo, e Galicia é unha cultura do mundo, aínda máis: "Galicia, unha cultura de Occidente", así era o título dun libro de Otero Pedrayo, publicado en pleno franquismo. Todos somos cidadáns do mundo, porque todos os humanos formamos unha especie única, e falo como biólogo. Pero iso non resolve o problema das identidades particulares. Un tratante do gando de Garabás na feira do Carballiño e un marine en Afganistán son cidadáns do mundo os dous, cada un coa súa particular cosmovisión. O problema é: cal das dúas nos interesa conservar a nós?

Novela, ensaio, poesía, cal é o teu labor agora mesmo? Xa que o preguntas, sabes que este vernes 19, dentro de catro días presento na libraría Couceiro, aquí en Compostela, o meu último libro, „O gume dos espellos‟, ao que convido a todos. Este libro recompila trinta textos de moi variada extensión, dende columnas de prensa, pequenos ensaios históricos ou literarios, varias conferencias, algún manifesto, algún microrrelato… Trátase de textos que estaban espallados ao longo de vinte anos por xornais e revistas, ou que nalgún caso foran lidos e nunca impresos, e que a min mesmo me custou recuperar. Creo que hai cousas moi interesantes, e nalgún caso esclarecedoras. Foi un libro que tardei dúas décadas en facer, e co que sufrín e gocei, a partes iguais, como pasa cos grandes amores. Teño que agradecer aos fotógrafos –é un libro con imaxes escollidas– e sobre todo á editorial Toxosoutos, que fixo unha edición preciosa. Tentei por riba de todo, como noutros libros meus, non caer nun pecado capital: o de aburrir o lector. Eu, como lector, é unha cousa que non perdoo. Así que neste caso, deixei fóra máis do que metín, como digo na presentación da contra-capa: "tentei deixar o grao, e tirar a palla", non sei se o conseguín, espero que si.

A propósito do amor, cal é a túa visión, cal, se existe, a data dolorosa desa caducidade cal produto dun mercado inicuo, sen cotización aínda en Wall Street… Ou si? Eu creo que o amor, nun sentido amplo, é o motor do mundo. Nin a paternidade, nin a parella, nin a creación literaria ou plástica se poden entender sen amor. Se non hai amor á propia obra ben feita, de que vale escribir?, por exemplo. A data de caducidade do amor? A mesma que a de caducidade de cada home ou muller, non outra. Amar, como saber, amar o saber ou saber o amor, se me apuras, é o que nos fai humanos, é a nosa esencia. E creo que este tipo de valores nunca cotizaran en bolsa, nin falta que lles fai, por sorte. Non hai diñeiro abondo no mundo para pagar as cousas que de veras importan. l



Domingo 10.10.2010

LINGUA

O BNG forzará no Parlamento unha votación sobre a vixencia da Lei de Normalización respecto dos topónimos oficiais galegos 15.40h. Os grupos do Hórreo deberán aclarar a súa postura sobre "o ataque e provocación" de Carlos Negreira, que "pretende oficializar a imposición" do topónimo "deturpado" de 'A Coruña' EUROPA PRESS. SANTIAGO O Grupo Parlamentario do BNG, a través do seu deputado Bieito Lobeira, forzará no Parlamento galego unha votación sobre a defensa da vixencia da Lei de Normalización Lingística respecto da toponimia galega, e, en especial, no tocante á oficialización da única forma

legal

e

"xenuína"

da

Coruña.

Con esta intención, o BNG rexistrou unha proposición non de lei para que os grupos parlamentarios teñan que aclarar a súa postura para avalar ou non "o ataque e provocación" do candidato popular á alcaldía da cidade herculina, Carlos Negreira, que "pretende

oficializar

a

imposición"

do

topónimo

"deturpado"

de

'La

Coruña'.

Neste sentido, Lobeira remarcou que "só a ignorancia máis desacomplexada" pode xustificar a actitude "ruin e indigna" de Negreira, e "polo tanto" do presidente da Xunta, Alberto

Núñez

Feijóo.

Deste xeito, apuntou que non só a Lei de Normalización, senón a Lei 3/1998 aprobada pola Cortes e diferentes sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Tribunal Supremo e Tribunal Constitucional danlle cobertura ó nome galego da Coruña. Respecto diso, o deputado nacionalista censurou como "bochornoso e patético" que se


utilice o argumento da liberdade para "fundamentar un ataque", segundo dixo, e "a destruci贸n dunha lingua".


Blogs

LINGÜISTA E PROFESOR

Xosé Ramón López Boullón: “Ten que desaparecer a trama que sementou o enfrontamento lingüístico” POR MANUEL VIDAL VILLAVERDE

López Boullón é profesor de secundaria en Compostela

Xosé Ramón López Boullón naceu o 18 de xullo de 1963 en Santiago de Compostela. É o quinto de cinco irmáns, (o Tapaportelo, como lle chamaba a súa avoa). Licenciado en Filoloxía na sección de Hispánicas e na subsección ou especialidade de GalegoPortugués, na actualidade é profesor de secundaria en Compostela. Nos anos noventa, foi lingüista no ámbito da normalización lingüística: no sector empresarial, na TVG e no Parlamento de Galicia. Tamén foi técnico de toponimia no Proxecto Toponimia de Galicia, lingüista no xornal GALICIA HOXE e exerceu a docencia en diferentes cursos de lingua, linguaxe administrativa e xurídica galegas en diferentes entaidades.

Esoutro día montouse unha lea arredor dunha –para min– desatinada formulación que viña substituír aquel primo desatino de "bilingüísmo harmónico" (o que logo foi demencialmente trilingüismo, coa cutre incorporación do inglés no caos lingüístico de Galicia… un toque de pseudomodernidade marula, imposíbel para min de imaxinar nos profundos sociolóxicos e sociolingüísticos. Sinto moito que da man do meu amigo Quique e as argalladas do Antón Reixa saíse un informe que non sei ben se chamangalego natural ou restitutivo. De tal informe podo argüír, dende posturas e actitudes lingüísticas ou sociolingüísticas, filolóxicas,fonéticas


ou fonolóxicas, ou mesmo semióticas ou semiolóxicas, que a proposta mentada continúa a ser un despropósito que nos confunde e nos afonda aínda máis na perversidade diglósica, negación do propio e, polo tanto, aumento do autoodio que, en definitiva, poden ferir mortalmente o noso principal sinal identitario, cal é o idioma. Hai que levar de conta a situación histórico-lingüística de Galicia, a súa situación e dispersión, etc. A propósito do catalán, Blecua, o novo presidente da RAE déixao claro: "Só a inmersión lingüística pode salvar dunha morte estes tres idiomas minorizados ou minoritarios que son éuscaro, catalán e galego. Podes reflexionar, Xosé Ramón a propósito desta miña proposta? Sei do que me falas. Coñezo o informe do Instituto Galego de Estudos Europeos e Autonómicos (IGEA). Este informe analiza a ruptura do consenso lingüístico acadado co Plan xeral de normalización da lingua galega, coa política lingüística do goberno do Partido Popular e ofrece unha nova estratexia na normalización lingüística. Esta proposta tenta que o galego non desapareza e que a acción política do goberno e dos poderes públicos non sexa neutral, fomentando, só en aparencia, un equilibrio entre o galego e o castelán na administración, no ensino, etc. que é o que se está a levar a cabo, politicamente, con ese aparente equilibrio, que denominaron bilingüismo integrador ou anteriormente como bilingüismo harmónico.

Eu sosteño, Xosé Ramón, que o bilingüismo é un camiño imposíbel, que dada a situación e invasión xeralizada, a proposta bilingüe é como un pouco torticeira, para non lle chamar estulta ou idiota, paréceche? Cando se fala de bilingüismo hai que ter presentes varias cuestións: o nivel de competencia bilingüe; a función e o uso que un individuo bilingüe lles dá a ambos os idiomas que comparten un espazo común ou un mesmo territorio, a alternancia e a interferencia entre deles e até que punto os individuos bilingües conseguen separar eses idiomas. Con carácter xeral, podemos falar de bilingüismo individual pero nunca de bilingüismo social, porque son os individuos os que escollen que lingua usar e cando usala e non en todas as circunstancias por igual. E aínda que a maioría dos falantes fosen plenamente bilingües cunha competencia e un dominio semellante non van facer un uso tan selectivo de cada unha das linguas, senón que sempre será utilizada unha máis ca outra e a relación entre ambas as linguas seguirá sendo desigual, pero polo menos usarana. Hoxe adoita falarse de bilingüismo contextualmente cando dúas linguas conviven en situación de plena igualdade: teñen os mesmos dereitos, o mesmo recoñecemento e as mesmas garantías de uso e cando os usuarios de ambasas linguas son


competentes e usan na súa interacción social ambas as linguas. E isto non é o que sucede en Galicia co galego, lingua minorizada e o castelán lingua dominante. O problema engadido é que o concepto de bilingüismo quedou luxado polos que se amparan nel, nun pseudobilingüismo máis ben co que tratan de ocultar o seu desprezo ao galego ou a súa reivindicación de vivir exclusivamente en castelán argumentando que sofren imposición lingüística, que se lles impón o galego, cando saben que a única forma de garantir o bilingüismo é que se garanta a igualdade entrambos os idiomas e que se "normalice" a situación do galego. Outro concepto que afastaron da sociedade, do que foxen, por certo, é do concepto de normalización lingüística, sabedores de que a única saída para conseguir un bilingüismo real é incrementar a presenza e o uso do galego na sociedade e non reducila. Só así, os castelanfalantes poderán ser bilingües, se tamén usan o galego .

Así, á parte da boa vontade e convivencia calquera pode preguntarse como enfrontarse coa situación en situación de alarmante inferioridade que só os cegos de conveniencia poden negar, cegos, cínicos, e ignorantes… Concordas? Esa é a clave. Ademais de boa vontade cómpre enfrontarse a esa situación de inferioridade, Ao fío do que dixen antes, hai unha manipulación e unha confusión interesada detrás dos conceptos de bilingüismo e de innmersión; porque o que ocorre en Galicia é unha situación de substitución lingüística e de diglosia, é dicir, de desigualdade, de desprotección e de minorización da lingua galega. O galego tense que consolidar garantindo o seu desenvolvemento e o seu futuro e o pleno dereito e igualdade dos seus falantes. O goberno é quen debe de restituír, de reparar o dano irreparable que lle fixo ao idioma e ao pobo galego. Esa convivencia só sera posible con políticas eficaces de normalización lingüística, de promoción e de dinamización do galego en todos os ámbitos sociais e máis aínda nos máis desgaleguizados.

Mentres as nosas nacións sometidas a Estado español non sexan independentes e donas de si, temos algo que facer…? Temos moito que facer, a partir daquel compromiso colectivo testemuñado no Plan Xeral de Normalización. Temos moito que facer por Galicia e polo idioma todos os galegos, por toda a sociedade, que debe de participar activamente dese proxecto común, desa arela común, dentro da diversidade e da pluralidade. E o primeiro de todo é conseguir que desapareza esa corrente de opinión, esa trama que foi sementando o enfrontamento lingüístico e facendo que moita xente se arredase do galego e dese compromiso colectivo que non cerna a liberdade individual de ninguén.


Unha Galicia republicana, socialista, internacionalista e solidaria. Figura nos teus soños,no teu horizonte…? Galicia é a república dos meus soños, e esa Galicia ten que facerse realidade e deixar de ser a terra de proseguir e non dar nada (son versos de Ferrín). A luz virá (como expresou Pondal). Nesta terra cultivo raíces e esperanzas.

O tempo é un enigma aínda sen posibilidade de resolución… Cal é a visión ou as perpectivas que López Boullón ten dese enunciado primeiro? O tempo é un enigma, un misterio que transcorre a gran velocidade. O tempo é en si mesmo a velocidade da nosa (im)perfecta obra, da nosa biodegradable vida. Algún poeta deixou escrito que todo o muda o tempo, que todo cede ao rigor da súa gadaña. Eu agardo que o tempo na vida, na distancia que existe entre unha beira e a outra da vida me permita deixar algunha tímida pegada nos que me rodean, nas miñas alumnas e alumnos para que usen a lingua e non condenen ao esquecemento a memoria do noso país.

Retornamos á nosa lingua. Xa se ten falado, pero convén non deixalo de man… Unha discriminación positiva en favor do galego e con respecto ao castelán, non sería máis lóxico para tentar de manter un mínimo equilibrio bilingüe que, insisto, eu teño por imposíbel? Xa o comentei antes pero efectivamente esa discriminación positiva pasa por que todos e todas os cidadáns e cidadás sexan competentes en galego e castelán. Ese é o único bilingüismo real, posible, non, como dixen xa nalgún artigo meu neste xornal, que o veciño do 4.º A, fale galego e o do 4.º B, fale castelán; senón que os dous veciños sexan competentes en ambas as linguas: Para entendermos isto insisto nisto, - perdoa a aliteración-. Os castelanfalantes para ser bilingües teñen que utilizar o galego na súa interacción social. Teñen que entender esta discriminación positiva en favor do galego. E, ao tempo debe axudar a eliminar os prexuízos nos que se moven: de que o galego non serve para nada, que non o fala ninguén, etc…). Argumentos que xa está a utilizar parte do alumnado dos centros urbanos. O cal é unha loita que temos que resolver acotío. Por iso hai que traballar máis a oralidade, dinamizar e multiplicar as accións de uso da lingua galega dentro e fóra da aula e dos centros, sobre todo coas rapazas e os rapaces de infantil, primaria e secundaria. E con respecto aos adultos, instalados no castelán hai que manter actitudes positivas, o que supón a nosa implicación efectiva e buscar de forma natural e non forzada –falo do ensino- que os castelánfalantes compartan o compromiso de uso adquirido por toda a comunidade educativa. Por extensión, isto hai que trasladalo ao resto da sociedade potenciando


esas actitudes favorables para que revertan no uso desta lingua de noso. E creo que esa é tamén a finalidade do tal informe e da proposta que me mencionabas ao principio.

Hai algún libro que pensas publicar nos próximos días do ano que vén? Non descarto nada neste sentido. Agora mesmo estou entregado á docencia e ando enfrascado na toponimia e na publicación dalgún traballo relacionado con ela a través da Asociación Galega de Onomástica sobre a toponimia dos concellos galegos, e os primeiros volumes sairán do prelo o ano que vén.En colaboración con Etnoga Patrimonio Cultural S.L participei na elaboración dun xogo didáctico sobre a toponimia de Santiago, que pretende achegar ao alumnado de secundaria, dun xeito lúdico, a familiarización cos nomes de lugar do concello e o interese pola toponimia. A Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Santiago promove este xogo e se non hai máis atrasos dos debidos debería estar impreso á volta das vacacións de Nadal.

Coa poesía que tal te levas? Lévome ben. Son un poeta de andar pola casa. O que escribe e di algo con certo sentimento e aparencia nas reunións familiares, cos amigos e son poeta porque me enganchei á poesía desde moi novo. A ela recorro para perderme nos seus enigmas, expresar os meus sentimentos e o que se remexe no meu mundo interior e para rebelarme contra o mundo ou para evadirme del; pero de aí non pasa a miña ousadía poética. Teimo na aula con poetizar as/os miñas/meus alumnas/alumnos para que a entendan e para que gocen dela como eu gozo dela. E claro para iso non son nada orixinal e parto, utilizo e trato de multiplicar a idea en forma de libro dun gran poeta como Fran Alonso. E… quen sabe se algún día me animo a publicar algunha desas ousadías.

E coa narrativa, o ensaio, o teatro e outros posíbeis xéneros,cal é a túa disposición? Son profesor de lingua e literatura; escollín letras no bacharelato e unha carreira como filoloxía que envolveu a miña vida ao redor da lingua e da literatura e lévome ben con todos os xéneros e con todos os períodos literarios e con todas as literaturas. O narrativo, o dramático, o lírico. Para min a literatura é linguaxe, poesía, arte, disciplina, todo aquilo que significa saber, que se expresa a través das letras. De todas as obras literarias, de todos os xéneros se aprende algo, queda un pouso. A novela conta o mundo exterior. O teatro representa o mundo exterior, ten a forza que supón ver a realidade que se representa e do diálogo. A lírica é evocadora. Estou dándolle voltas a


escribir un relato sobre a patria da miña infancia, a rúa na que nacín e na que medrei, e situalo, no Santiago da transición democrática. Entrementres, sigo cos meus artigos xornalísticos, cos meus Retallos dunha época tratando de comunicarme por medio desa ventá con quen queira lerme.

Seguen as relixións o opio do pobo? A metáfora, a identificación de relixión co opio pode ser positiva ou negativa. Para algunhas persoas pode ser que ese opio lles cure todos os seus males. A outras confúndeas e o peor é que esas relixións crean que posúen a verdade absoluta e que a través delas se confunda a xente. As relixións, desde o meu punto de vista, non poden condicionar a vida e o desenvolvemento dunha sociedade. A laicidade é necesaria nas sociedades actuais, onde ninguén discute este principio de igualdade que separa a sociedade civil das relixións, nas que ningún Estado debe ter ningún poder relixioso nin as relixións ningún poder político. Para garantir a liberdade de todos e de cada un a laicidade distingue e separa o dominio público, onde se exerce a cidadanía, e o dominio privado, onde se exercen as liberdades individuais.

A propósito credos?

das

relixión,

cal

é

a

túa

actitude

diante

dos

Creo nas persoas, no ser humano e na súa liberdade. O principio básico do home é ser libre. Nunha sociedade democrática e plural debemos educar para formar persoas libres. Tiven unha formación humana e cristiá que non me deixa ser indiferente nin ante as relixións nin ante os sentimentos relixiosos, nin ante a vida. Son unha persoa crítica e respecto todas as crenzas. As persoas buscan darlle sentido á súa vida. Leonardo Boff dicía que o home é o ser capaz de ler a mensaxe do mundo e que vivir é ler e interpretar. Que no efémero pode ler o permanente; no temporal, o eterno e no mundo, a Deus.

A mundialización no é un acto máis da barbarie capitalista? Entendo que utilices o termo francés mundialización no canto de globalización; porque até niso estamos globalizados, metidos nese globo de interdependencia; porque a globalización pode levarnos ao monolingüismo global. As distancias acúrtanse e mellora a intercomunicación con calquera parte do mundo, podería tirarse proveito desta maior interrelación para conseguir que o mundo fose máis xusto e solidario e no canto diso o capitalismo estende o seu brazo especulador e como fichas de dominó aínda que se produza un desastre financiero a moitos quilómetros de distancia, van caendo un detrás do outro todos os países. Nn me gusta a unificación dos mercados,


das sociedades nin das culturas, creo iso é como considerar que todas as persoas somos iguais cando todos somos diferentes. O mundo ten que apostar pola diversidade. O capitalismo ten que aprender do que pasou. A especulación e o endebedamento fai que a crise a paguen xustos por pecadores.

O socialismo-real aínda é posíbel, ou haberá que estudar e aplicar novas propostas? Non o sei, Manuel.Ás veces creo que estamos nunha sociedade dacabalo entre unha sociedade aburguesada, decimonónica e unha sociedade feudal medieval cuxo señor feudal é o capitalismo. A sociedade témola que transformar entre todos. Ás veces hai que ser máis libertarios; pero sempre hai que ter vontade para transformala, para construír unha nova sociedade que supere a contradición na que se vive hoxe.

A violencia pode ser nalgún caso lícita e polo tanto moral? Nunca xamais. Todos os días ollamos todas cantas manifestacións hai no mundo de violencia, económica, social, cultural: abuso de poder, violencia machista, explotación infantil, sexual, escravitude, pena de morte… calquera situación que provoca inxustizas, medos, danos físicos e psíquicos e que provocan máis violencia. Fai falta máis diálogo e máis tolerancia. A educación xoga un papel determinante para frear a escalada de violencia na sociedade.

Que libro ou libros non se che van da cabeza? Non sei. Son moitos os libros que por unha razón o outra me deixaron un pouso especial. „A esmorga‟, „Fragmentos de Apocalipsis‟, (todos os de Torrente Ballester) „Crime e Castigo‟. „No ventre do silencio‟, „Tirano Banderas‟, as novelas picarescas. „Na procura do tempo perdido‟ de Proust, „A poesía‟ de Miguel Hernández…„El Hereje‟ de Delibes…Tería que facer un esforzo para facer unha selección porque sería moi extenso e o importante é que de todas as que lin e leo todas me achegan algo. Agora estou lendo „Obediencia‟ de Antón Lopo.

Un home/un voto é unha falacia da social-democracia? Somos insignificantes votantes. Non somos nada, só unha porcentaxe que provoca grandes desequilibrios entre os votos conseguidos e os escanos asignados a cada partido.


Sen apenas referentes socialistas ficamos orfos nesta barbarie inmunda do capitalismo e as súas distintas facianas? Non sei como unha sociedade como a actual pode vivir tal e como vive cando menos preocupada para que nela exista unha perfecta harmonía e non haxa tantas desigualdades.

O cinismo, a hipocrisía e a mediocridade caracterizan a este que nos tocou de vivir? Totalmente, Manuel a xente defende unha cousa e fai a contraria.Mente, defende e practica accións censurables, véndese, finxe, aparenta moito. Ese é o verdadeiro mal da sociedade, causa das guerras e das desigualdades sociais.

Cal é capacidade de decidir e de elixir que nos deixa esta sociedade ultracapitalista? Vouche responder volvendo citar a Fran Alonso falando sobre Castelao, como creador e como persoa dunha gran humanidade, cando di que Castelao foi vítima da emigración, do exilio e que o seu destino foi parello ao do seu pobo, e que por iso, Castelao encarna hoxe os ideais colectivos porque estaba convencido de que a liberdade é a única reserva coa que contan os pobos para crearen o seu futuro. Convirás comigo e con Sartre que a liberdade é o supremo do ser humano. l


Xoves 14.10.2010

CANCIÓN

"Tentan roubarnos a alegría" Laxe Martiñán: "Traducir ao castelán "A saia da Carolina" é unha aberración e a súa única intencionalidade é desprestixiar a nosa lingua" VANESA OLIVEIRA . SANTIAGO A política lingüística da actual Xunta provocou en apenas un ano a creación de numerosas plataformas en protesta pola desprotección do galego tales como ProLingua, Queremos Galego ou Galego, patrimonio da humanidade. Unha das últimas acaba de nacer en Marín, logo de coñecer que os alumnos de 6º de Primaria do colexio marinense de Laxe aprenderán no seu libro de música a letra de A saia da Carolina en castelán. A plataforma cívica que reivindica a versión en galego da popular canción celebrará o vindeiro día 21 unha concentración na que farán públicas as súas reivindicacións, que se poden ler no enlace asaiadacarolinaengalego.wordpress.com. O voceiro do colectivo, o músico e escritor Xosé Antón Laxe Martiñán considera que traducir esta canción ao castelán "é aberrante e a súa intencionalidade é desprestixiar a nosa lingua". Ao seu ver, "non é de recibo que unha canción galega, que se canta en galego en Asturias ou Zamora se ensine agora aos nosos nenos en castelán, é totalmente reprobable". Laxe Martiñán considera a tradución ao castelán do tema popularizado por Fuxan os Ventos "un ataque á nosa lingua" por parte da actual Xunta. "É unha deriva da aplicación da Política Lingüística do PP, non é nada gratuíto, senón que busca o desprestixio social da nosa lingua", apunta o músico. O voceiro da plataforma mostra a súa preocupación polo efecto deste tipo de decisións na educación dos nenos galegos. "Parece que se lles quere inculcar iso de que todo vale co noso idioma. O que está claro é que se dende pequeno che van marcando un vieiro desgaleguizador, crearase un futuro como o que vivimos agora, no que a lingua non avance e as novas xeracións non a utilicen", asegura.

"É unha vítima da política lingüística da Xunta"


Por iso, o vindeiro xoves, día 21, convocan en Marín ás 20:00 horas unha concentración para cantar A saia da Carolina en galego. "É un himno que todos coñecemos, algo noso que nos dá felicidade. Pretenden roubarnos un pouco da nosa alegría. A canción que popularizaron Fuxan os Ventos é unha vítima da política lingüística da Xunta", afirma Laxe Martiñán. Ese día repartirán a letra da canción entre todos os que acudan á convocatoria. "O acto será breve e sinxelo. Estamos facendo xestións para que algún músico nos acompañe e comece a cantar o tema. Animamos a que as nosas voces se tornen nunha espiral de apoio ao galego que non deixe de medrar", afirma. Hai uns días, Laxe Martiñán compartía con Mini e Mero as sensacións do mundo da música galega que "se mostrou contrariado" coa tradución da canción. "Gustaríanos que os artistas do país nos mostrasen o seu apoio a través da nosa páxina (http://asaiadacarolinaengalego.wordpress.com/), porque buscamos o apoio de canta máis xente mellor", indica. Ao seu ver, esta plataforma darase por satisfeita no momento no que "o PP renuncie á aplicación do Decreto do Plurilingüismo, volva ó consenso da Lei de Normalización e se deixe de prexudicar o idioma". Para o músico, "cando o PP rompa a súa deriva destrutiva co idioma, estaremos moderadamente satisfeitos, o cal non quere dicir que desprecemos o castelán ou calquera outra lingua. Queremos convencer, non impoñer", afirma. OS OBXECTIVOS

"Perseguimos a normalización plena do noso idioma" O grupo Fuxan os Ventos foi o que máis popularizou A saia da Carolina, dende os seus primeiros discos, unha canción da que anos despois xurdiron algunhas versións en castelán sempre fóra de Galicia. Na rede mesmo se poden atopar algunhas curiosidades como o tema El mandil de Carolina que se pode descargar na páxina web do concello zamorano de Puebla de Sanabria, unha versión do popular tema interpretado en galego e castelán. Porén, para os impulsores da plataforma que defende a versión en galego da canción, estas expresións están lonxe do que precisa a cultura galega hoxe en día. "Vivimos un tempo no que nada se pode pasar por algo -remarca Laxe Martiñán-. Se o galego fose un idioma que estivese normalizado, poderíase entender que publicasen a canción en castelán, pero as circunstancias son ben distintas, e o que se está intentando é liquidar o idioma". "Queremos deixar claro cal é a nosa intención: nós non apuntamos ao centro de Laxe nin ós profesores que elixiron o libro de texto nin tampouco á editorial, senón


directamente á política lingüística da actual Xunta, verdadeira responsable deste desprestixio á nosa lingua", di. Para iso xustifica a creación da plataforma como "unha resposta a un ataque contra o galego, e perseguimos o mesmo que Queremos Galego: a normalización plena da lingua. Por iso, a nosa plataforma ten unha data de caducidade e circunscríbese a Marín", apunta Laxe Martiñán para quen o bilingüismo harmónico "só serve para roubarlle ao idioma galego espazos reconquistados con anos de loita".


Martes 08.02.2011

Tres días para Galicia en Kerry A cultura e a lingua galegas foron recibidas no condado irlandés co agarimo, interese e respecto que merecen, na edición anual do Eigse na Brídeoige, dedicado este ano á nosa comunidade JOSÉ MIGUEL GIRÁLDEZ

Isaac Xubin, profesor en Cork FOTO: AXENCIAS

Había uns tres anos que o poeta irlandés Paddy Bushe quería irmandar as costas do Oeste de Irlanda coas de Galicia. A tradición fala dun pasado en común, ben coñecido. Amergin, o poeta e druída, chegou ás costas de Waterville, no condado de Kerry, un dos puntos máis occidentais de Europa, e, tras superar a tormenta e a furia do Atlántico, logrou desembarcar. Foi a orixe da estirpe dos irlandeses: o desembarco dos milesios, ou os fillos de Míl. Non importa se a fermosa historia de Amergin é realidade ou lenda, porque a nova etapa de relacións culturais que Paddy Bushe quere inaugurar entre Galicia e estas terras do oeste de Irlanda si é totalmente real. E xa está en marcha. Ninguén diría que na pequena vila de Waterville, a poboación da auga, hai enerxía para facer tantas cousas. As costas ás que supostamente chegou Amergin desde Galicia son hoxe tan bravas e neboentas como entón. Unha gran praia dálle a benvida ao visitante, cunha ondada máis que notable.


Nalgún lugar do horizonte non moi afastado, se a néboa da mañá permitise velas, adivíñanse as illas Skelling, todo un símbolo para esta comarca. Paddy Bushe, que naceu en Dublín, decidiu instalarse aquí un día, coa súa muller, Fiona de Buis. Quería illarse da gran cidade, pero, sobre todo, quería atopar o mar e as esencias de Irlanda. E en Waterville construíu unha casa tan próxima ao mar que, mentres nós sentamos ao redor dunha confortable cheminea, un teme que as ondas vaian entrar nela. O ruído do Atlántico serve para durmir nesta casa. É a mensaxe da historia, a voz de Amergin que chega, talvez, desde o pasado remoto, cunha nitidez que nin sospeitabamos. Paddy Bushe soubo escoitar esa voz. Irónico, posuidor dunha retranca moi galega (a xente de Kerry é moi parecida a nós, din eles mesmos), contribuíu a levantar Tech Amergin, unha institución cultural que leva o nome do bardo, e que tanto se dedica á educación de adultos, aos talleres de madeira, pintura ou cerámica, como a organizar marabillosos concertos de música irlandesa ou dos países de raíz celta. Todo un mundo pasa por Tech Amergin, nunha vila que non supera en tamaño a moitos dos nosos enclaves da Costa da Morte, que posúe dous ou tres hoteis (como o Bay View, con todo o Atlántico en fronte), unha farmacia e un par de pequenas tendas de ultramarinos. E o restaurante O"Corcón, onde se serve o mellor "fish and chips" da zona, e mariscos de extraordinaria reputación que envexarían mesmo na glamourosa Kinsale. A un par de quilómetros de distancia, está situado, con todo, un dos mellores campos de golf de Irlanda. E a vila, ademais de estar rodeada polo mar aberto, ten ás súas costas un lago inmenso. Sen dúbida, Waterville fai honra ao seu nome. Un lago, que se comunica co mar, onde aínda se poden achar monumentos megalíticos e a mesma pesca que entusiasmaba a Chaplin, o visitante máis famoso do lugar, despois de Amergin, evidentemente. De Chaplin só queda a memoria e unha estatua, erixida precisamente diante do hotel Bay View. Esta fin de semana, con todo, os visitantes máis famosos eran outra vez os que chegaban desde Galicia. Como nun segundo desembarco, moitos séculos despois, profesores da Universidade da Coruña, encabezados por Antonio Raúl de Toro, o director do Instituto Amergin de Estudos Irlandeses da institución coruñesa, arribaron a Waterville para participar na edición anual do Eigse na Brídeoige, este ano dedicado a Galicia, a súa cultura e as relacións co oeste de Kerry. Por fin, o proxecto facíase realidade. Aínda que, como se encargou de subliñar Paddy Bushe, sempre tan entusiasta, isto só era o comezo dunha grande amizade. Os tres días dedicados ao festival serviron para mostrar Galicia a moitos dos habitantes desta rexión, que coñecen o camiño de Santiago, e non moitas máis cousas. O interese espertado pola chegada dos enviados galegos foi notable. Baixo o título significativo de "Repossession", o programa iniciábase cunha narración de Antonio de Toro da viaxe que no seu día realizou o intelectual Plácido Castro del Río ás illas Blaskets, acompañado de Robin Flower. Miguel A. Giráldez, colaborador de Galicia


Hoxe e tamén investigador do Instituto Amergin de Estudos Irlandeses, presentou a literatura galega, cun rápido percorrido desde Airas Nunes até hoxe, e cunha incidencia especial en Rosalía e nos poetas contemporáneos, incluíndo a Lois Pereiro. As semellanzas con Irlanda, no apartado literario, son máis que notables. Houbo tamén unha presentación da paisaxe de Kerry e a súa relación coas lendas e a creación artística. A paisaxe como grande elemento identitario foi abordada en varias ocasións durante a celebración deste festival. Non faltou o debate sobre a lingua e sobre a posición das culturas minoritarias na chamada aldea global. Unha mesa redonda na que interviñeron, entre outros, académicos e profesores como Rubén Jarazo, Adrian Healy (nacido en Cork, aínda que vive desde hai dez anos en Compostela) ou a ferrolá Lucía Atencia, profesora de Irlandés na área de Dingle, presentou as características lingüísticas e educativas de Galicia, e analizou a presenza da lingua galega en comparación coa irlandesa, nunha zona como Kerry, pertencente á Gaeltacht, onde aínda o gaélico moderno está moi vivo. Máis de cen persoas asistiron a este evento durante toda a fin de semana pasada en Waterville, e non faltaron as preguntas sobre practicamente todos os ángulos da cultura en Galicia. Un vídeo e unha conferencia ao redor da recuperación da peregrinación medieval en barco a Santiago completou os actos. A peregrinación, desde Dingle, que se realizou recentemente, supuxo todo un fito para a comarca. O vídeo ilustra magnificamente a travesía, a chegada da expedición ao porto da Coruña e a peregrinación dos irlandeses, encabezados polo seu octoxenario párroco, desde Miño até a praza do Obradoiro. Un concerto de música de raíz puxo punto e final a esta edición de Eigse na Brídeoige. Desde Galicia, os gaiteiros Marco Vélez, investigador do Instituto Amergin, e Isaac Xubin, profesor de lingua galega no University College de Cork, achegaron aos habitantes de Kerry un longo repertorio de pezas imprescindibles (muiñeiras, alalás ou alboradas), que foron recibidas con moito entusiasmo. De Toro e Lucía Atencia interpretaron pezas como Negra Sombra ou Hai unha pomba dourada. Houbo cantantes profesionais que trouxeron o mellor da música irlandesa, sempre tan impresionante por tantos motivos. O director do Centro de Estudos Galegos da Universidade de Cork, o poeta noiés Martín Veiga, encargado de inaugurar o festival, mostrou ao final unha enorme satisfacción e a súa decidida aposta por fortalecer os vínculos culturais. Do mesmo xeito que Paddy Bushe, Fiona de Buis ou Antonio de Toro, que prometen seguir incrementando a colaboración entre ambas as beiras. Quizais sería esaxerado dicir que desde Amergin nunca Galicia estivera tan presente en Kerry. Pero si é xusto afirmar que foron tres días perfectos e intensos, nos que a cultura e a lingua de Galicia foron recibidas aquí co agarimo, o interese e o respecto que merecen. Foi este un segundo desembarco nas costas de Amergin, nunha fin de semana de mar groso e ceos bretemosos, pero decididamente brillantes desde o punto de vista dos intereses culturais. Tech Amergin, en Waterville, e o Instituto Amergin de Estudos Irlandeses parecen así máis irmandados ca nunca. E xa hai unha chea de proxectos en marcha.


O espírito das relacións entre Galicia e Irlanda, tan presente, por exemplo, nos anos do grupo Nós, parece retornar con toda a súa forza nos comezos do século XXI. Pero agora trátase de traer o enorme capital humano e intelectual de Galicia a Irlanda, xa que Irlanda é suficientemente coñecida en Galicia. Esta fin de semana foi, sen dúbida, un bo comezo.


Xoves 07.10.2010

ARAÑEIRA

Twitteando pola lingua A palabra "galega" situouse onte entre as máis usadas polos usuarios desta rede social en España nunha iniciativa de Radiofusión e GalegoLab á que se sumaron preto de 300 internautas V. O. . SANTIAGO A palabra "#galega" ocupou onte os primeiros postos entre os chamados trending topics (temas do momento) máis utilizados polos usuarios de Twitter en España. Preto de 300 internautas apoiaron deste xeito a iniciativa de Radiofusión -a web das Emisoras Municipais Galegas- e o colectivo GalegoLab que pretendían difundir as potencialidades da nosa lingua utilizando a palabra "#galega" entre as 16:00 e as 17:00 horas de onte, conmemorando os 103 anos dende que Manuel Lugrís Freire deu por primeira vez un mitin político en galego celebrado en Betanzos. Segundo indicaba onte Radiofusión, nesta acción participaron 258 internatutas que enviaron 1.148 "galegas" a esta rede social que conta con 145 millóns de usuarios. O colectivo GalegoLab, pola súa parte, engrosaba a participación a 300 usuarios que enviaron máis de 1.300 mensaxes coa palabra galega. En todo caso, durante a hora que durou, "galega" converteuse no quinto tema máis utilizado do día nas redes de Twitter en España. Entre as mensaxes enviadas convivían as máis reivindicativas -"Eu amo a lingua galega" ou "O ourensán Ben-Cho-Shey foi outro gran promotor da lingua. Deu conferencias en Madrid falando sempre en galego"- así como as críticas coa política lingüística de Feijóo - "Nos quieren imponer la galega"- e a última polémica reaberta por Carlos Negreira sobre o topónimo da Coruña - "En Galiza a ultradereita persevera na "verborroka" coma o "L" de A Coruña, eu persevero en que o galego é a nosa única lingua propia"-.

"Romaría galega no twitter, que alguén avise a Luis Rial"


Pero tamén eran moitos os internautas que empregaban o humor e a retranca en mensaxes como "Que boa esa serie nova que botan na galega!! A de Miro Pereira!!", "Romaría galega no twitter, que alguén avise a Luis Rial" ou "Disque para conectar coa sociedade galega, o Papa vai repartir cartos en man, coma Piñeiro no Supermartes". Nos comentarios dos usuarios tamén xurdiron propostas como a de utilizar a etiqueta "galega" como símbolo de identidade permanente da comunidade de internautas de Galica. E, segundo informa Redifusión, recibiron suxestións para volver organizar a iniciativa o vindeiro ano. A PARTICIPACIÓN

Continuaban tres horas despois As mensaxes continuaban chegando até tres horas despois de rematada a iniciativa. De feito, algúns internautas doíanse de non ter chegado a tempo, entre as catro e as cinco, para engrosar a lista das mensaxes. "Puntualidade "galega", de 4 a 5, e chegamos todos pasadas as cinco", aseguraba un dos usuarios que partipou. O DISCURSO DE LUGRÍS

"Da súa fala nin renegan as feras" Manuel Lugrís Freire foi membro fundador e presidente da Real Academia Galega (RAG). En 2006 dedicóuselle o Día das Letras Galegas grazas a un mérito que o singulariza: a el débeselle o primeiro discurso político en galego, na vila de Betanzos onde as súas palabras comprometidas e libres se escoitaron un día como o de onte de 1907. "Quero hoxe falarvos na nosa fala, porque é unha fala honrada, na que aínda non se furtou, na que non se escribiron os recibos dos consumos, nin as notificacións de embargo das vosas facendas, nin a declaración de soldados que arrinca dos vosos lares os fillos cando vos fan máis falta para o duro traballo da terra". Así falaba Freire nun acto do sindicato Solidaridad Gallega, do que tamén foi fundador, ante unhas 6.000 persoas, a maioría labregos mariñáns. Cando Freire pronunciou aquel primeiro discurso político, xa se escribiran os primeiros libros en galego, e tamén se publicaran xornais na lingua do país, pero ninguén até daquela fixera unha defensa da fala, sobre a que -como xa aseguraba daquela o fundador da RAG- "deixaron caer a súa bulra os estúpidos que renegan do que nin siquera renegan as feras". Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.


Xoves 04.11.2010

LINGUA

Un idioma para a física e a química Máis de cen centros participan hoxe na Xornada pola Ciencia en Galego MARÉ . SANTIAGO

Cartaz das xornadas de Ciencia en Galego elaborado pola Coordinadora de Equipos de Normalización FOTO: AXENCIAS

Máis de 12.000 alumnos de máis de cen centros educativos de toda Galicia participarán hoxe na Xornada pola Ciencia en Galego, convocada pola Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL) e que conta co apoio das asociacións de profesorado de ciencias, matemáticas e tecnoloxía (Enciga, Agapema, Apetega) do país. Con esta iniciativa, segundo informan dende a Coordinadora, colexios e institutos de toda Galicia "reivindicarán o dereito a gozar da ciencia en galego con centos de actividades de divulgación científica". Entre elas, o Departamento de Física de Partículas da USC e a Coordinadora Galega de ENDL organizan unha videoconferencia vía web con científicos galegos da universidade e o CERN de Xenebra. Na iniciativa participará alumnado e profesorado que quere expresar que "a lingua galega, relegada polo Decreto para o Plurilingüismo de materias como matemáticas, física e química e tecnoloxía, é idonea para a transmisión do coñecemento e o ensino nas áreas científico-tecnolóxicas", indican dende a Coordinadora. Así mesmo, a


xornada pretende transmitirlle á sociedade galega "o orgullo de expresar a ciencia e a tecnoloxía en galego". Ademais, haberá propostas comúns a toda Galicia como a elaboración dun glosario de termos tecnolóxicos de uso común a través da páxina tecnoloxia.org, ou unha videoconferencia vía web que, baixo o título Do CERN a Compostela coa Física de Partículas, organizan o Departamento de Física de Partículas da USC e a Coordinadora Galega de ENDL. Nela, investigadores galegos da universidade compostelá e do CERN (Laboratorio Europeo de Física de Partículas) explicarán dende Santiago e Xenebra os proxectos científicos que desenvolven na actualidade. Ademais de seguir a videoconferencia, que terá lugar entre as 10.30 h e as 11.30 h, os centros escolares poderán interaccionar con eles mediante o chat. Dende a Coordinadora de Equipos de Dinamización Lingüistica dos Centros de Secundaria do Salnés, o seu responsable, Xabier Camba, explica que as actividades se centrarán en tres localidades: Cambados, Vilanova e Vilagarcía de Arousa. Nesta última cidade, 150 rapaces dos institutos participarán na divulgación de diferentes contidos arredor do mundo das ciencias, sobre todo, proxectos realizados nos centros educativos e que utilizan a lingua galega para o seu desenvolvemento. Por exemplo, celebrarán un xogo de números que consistirá en ir superando diferentes probas matemáticas ou a explicación práctica de diferentes proxectos tecnolóxicos realizados polo alumnado como un aeroxerador, martelos mecánicos ou unha bolboreta voadora. En Vilanova de Arousa, o IES Faro das Lúas organizará un "paseo matemático" polas rúas da vila "para mostrar a importancia das matemáticas na vida diaria". Os alumnos do IES A Basella desprazaranse ao xardín da vila onde exporán un mural cos elementos químicos da táboa periódica e farán un xogo de identificación de especies e procesos ecolóxicos. Ademais, en Cambados, máis de cen alumnos do IES Asorey, levarán á praza do concello actividades como a elaboración do Sistema Solar sobre o chan da praza, colocando os planetas representados por obxectos esféricos, e demostrarán un experimento de Eratóstenes que describe a esfericidade terrestre. PROGRAMA

O IES Pintor Colmeiro de Silleda visitará o observatorio de Forcarei Exposicións, obradoiros de ciencia divertida, teatro divulgativo, experimentos, instalacións electrónicas, concursos de fotografía científica e matemática, construción de planisferios e papaventos ou conferencias a cargo de profesores universitarios encherán as aulas e os patios de centros escolares públicos, concertados e privados de toda Galicia. Para iso, os centros participantes intercambiarán materiais e propostas e desenvolverán de maneira autónoma actividades e experiencias de divulgación científica pensadas e desenvolvidas en galego.


Así, no instituto de ensino secundario de Barro, a partir das 11.30 horas, a praza do concello acollerá actividades como facer figuras xeométricas no chan ou atopar outras na arquitectura da praza; facer medicións de caudal na fonte; distinguir as diferentes árbores da praza; calcular relacións matemáticas entre cordas en vibración e intervalos musicais. Ademais, os alumnos de terceiro do IES Pintor Colmeiro de Silleda visitarán o observatorio astronómico de Forcarei. Está previsto que se simule un ceo nocturno na aula do centro para amosar aos estudantes a identificar as constelacións e proxectarase un vídeo sobre o astrónomo lalinés Aller Ulloa.


CULTURA

Un novo dicionario incorpora a fonética de 47.000 palabras O investigador Xosé Luís Regueira elaborou o volume, impulsado pola Real Academia e o Instituto da Lingua Galega XORNAL.COM 22/10/2010 - 18:24 h.

Un novo dicionario impulsado polo Instituto da Lingua Galega (ILG) e a Real Academia Galega (RAG) incorpora as transcricións fonéticas de 47.000 palabras xunto cos seus respectivos modelos de pronuncia. Segundo informa a Universidade de Santiago de Compostela, esta obra supón "unha ferramenta relevante para a normalización do galego" ao permitir establecer un modelo de pronuncia "estándar" para aplicar á aprendizaxe do idioma, os medios orais de comunicación e outros ámbitos de difusión do galego. O Dicionario de pronuncia da lingua galega, elaborado polo investigador Xosé Luís Regueira, diríxese tanto a aprendices galegos e foráneos, a todos os profesionais que requiran dunha pronuncia estándar xornalistas, dobradores, actores-, entre outros. Doutra banda, a Facultade de Filoloxía de Santiago de Compostela acolleu este venres a presentación dunha obra na que se propón a equivalencia en latín do léxico galego clásico e incorporando a terminoloxía máis actual. O Dicionario galego-latino clásico e moderno, impulsado polo Centro Ramón Piñeiro e elaborado polo catedrático Xosé López Díaz, recolle termos "totalmente descoñecidos no mundo antigo", como correo electrónico, persiana, televisión, anorexia, ou futbolín, así como expresións do tipo "vaiche boa". López Díaz partiu da creación neolóxica en latín e de propostas formuladas xa con anterioridade por outros autores de obras semellantes, que teñen outros idiomas como lingua de partida, co fin de facilitar a expresión en latín de calquera situación da vida actual. O acto contou coa presenza do secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, quen aplaudiu "o lúcido e inmenso labor levado a cabo nesta obra" xunto con outro dos seus recentes traballos, como é a tradución completa ao galego do Códice Calixtino.


CULTURA

Un novo dicionario recolle 651 termos teatrais para estudantes A obra preséntase nas librarías con carácter instrutivo e conta cun prólogo de Xosé Manuel Fernández Castro A. RAMOS 22/11/2010 - 11:28 h.

A editorial Toxosoutos vén de publicar un manual sobre teatro para o emprego dos estudantes, pero tamén para os profesionais do sector. Escrito por Xohán Xabier Baldomir, o Breve dicionario de termos teatrais convértese nunha obra de consulta no que se recollen un total de 651 palabras e a súa definición. O obxectivo deste libro é a transmisión de conceptos no mundo do teatro e no ámbito dos estudos ao redor da escena. “Son un total de 651 entradas e a obra foi concibida como unha ferramenta para os profesores e estudantes. De entrada, escasean libros con este tipo de referencias específicas e por iso decidín que debía facer unha obra que cubrise estas necesidades”, explica o autor Baldomir Cabanas. O volume, que conta cun prólogo elaborado por Xosé Manuel Fernández Castro, crea un espazo de consulta que reúne termos que van dende sotie a reparto, pasando por director, pano ou didascalia. Deste xeito, a obra presenta como un dos seus maiores reclamos a sinxeleza para facilitar a consulta por calquera que teña interese no mundo teatral, incluíndo os profesionais, os estudantes, profesores de interpretación e incluso curiosos. “Principalmente os termos que se recollen son conceptos comúns. Con este breve dicionario atopámonos cun manual”, explica Baldomir. O seu traballo únese a obras semellantes que xa saíron publicados. Un dos autores que iniciou esta senda foi Francisco Pillado que, en colaboración con autores como Manuel Lourenzo ou Fernán-Vello, realizara títulos como o Dicionario do Teatro Galego 1671-1985 ou Antoloxía do Teatro Galego. O traballo de Baldomir entronca con esta tradición e non se descarta que haxa unha ampliación no futuro. “Todo dependerá do editor. Sería, principalmente, para un ámbito educativo. O resultado é a oferta dun manual”, sentencia o escritor sen pechar a posibilidade a unha ampliación deste Breve Dicionario de Termos Teatrais. A PRONUNCIA A publicación deste manual para o ámbito educativo sobre o teatro coincide coa chegada dunha obra de interese fundamental para os profesionais do sector. A RAG vén de presentar o Dicionario de Pronuncia da Lingua Galega, unha obra do investigador Xosé Luis Regueira que, pese a non ser unha norma oficial, está avalada pola RAG e o ILG e creas bases para a futura normativa ortofonética que crearán os académicos. Esta obra está destinada especificamente a todos aqueles que fan uso público da lingua, como son os xornalistas ou os políticos, pero tamén os actores “Para que unha compañía represente unhas determinadas personaxes nunha obra poderán recorrer a esta obra para consultar cal é a pronuncia máis axeitada. Até agora non había esa posibilidade”, destacou o académico Manuel González na presentación. O sector teatral dispón así de dúas novas ferramenta. Por unha banda, conta cun dicionario de terminoloxía de rápida consulta e, pola outra, atópase cun manual da pronuncia para achegarse a un estándar e continuar así cun dos seus deberes e obxectivos: a normalización da lingua.


Luns 11.10.2010 |

Un terzo de clases en inglés a 3.000 nenos 09.10.2010 Comezan o ensino plurilingüe 58 centros públicos REDACCIÓN . SANTIAGO

O conselleiro Jesús Vázquez visitou onte o CPI O Cruce de Cerdeda, que inicia a súa actividade como plurilingüe

Máis de 3.000 alumnos estudarán este curso varias materias en inglés e francés nos 58 centros plurilingües que a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria impulsará durante este curso 2010-2011. A cifra total de alumnos beneficiados polo Plan galego de potenciación das linguas estranxeiras supera os 29.000 alumnos, ao engadir os que estudarán nas 1.519 seccións bilingües que funcionarán este curso en 293 centros galegos, que representan "o dobre" que durante a Xunta do bipartito, resaltou onte o conselleiro Jesús Vázquez, durante unha visita ao CPI O Cruce, da localidade coruñesa de Cerceda. Tras a inscrición de 86 centros galegos, dos que algúns foron excluídos por non reunir os requisitos, finalmente serán 33 públicos e 25 concertados os primeiros en conformar a rede de centros plurilingües, "dezaoito máis de previstos para este curso" e "grazas ao esforzo de 87 docentes e o apoio de 58 auxiliares de conversación", salientou Vázquez.


Por provincias, uns 31 sitúanse na Coruña, 15 en Pontevedra, 7 en Ourense e 5 en Lugo. Así mesmo, uns 41 son de primaria, nove de secundaria e oito que integran as dúas etapas. O ensino noutros idiomas comeza a implantarse este ano nos centros plurilingües en 1º de primaria e de secundaria, aínda que se estenderá ao resto das etapas educativas dun modo progresivo. Este curso contará con 262 axudantes nativos en inglés, francés, alemán e chinés que apoiarán o traballo do profesorado de idiomas. Os centros plurilingües diferéncianse das seccións bilingües en que nestes se pode impartir un terzo do horario lectivo de xeito íntegro en inglés; mentres que nas materias cursadas nas seccións bilingües a interacción co profesor e os compañeiros se realiza tanto no idioma estranxeiro como en castelán e galego. O Consorcio aspira a crear 1.300 prazas de infantil no ano 2011 O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Roberto Rodríguez, avanzou a posibilidade de "poder chegar" ata as 1.300 prazas de ensino infantil entre os cero e os tres anos en centros públicos no ano 2011. En resposta a unha pregunta do deputado nacionalista Carlos Aymerich na Comisión de Sanidade, Política Social e Emprego, sobre a cobertura da demanda de prazas públicas de ensino infantil, Rodríguez remarcou que ata xaneiro de 2011 se crearán 500 prazas máis, mentres que en 2011 haberá 1.037 novas prazas coa posibilidade de chegar ata as 1.300. Todo iso, segundo dixo, despois da creación de 1.496 prazas nos últimos 16 meses. Aymerich criticou que "5.000 familias" quedaran sen praza, e criticou como "un brinde ao sol" as 4.500 prazas que o Goberno galego prevé crear ata 2013.


POLÍTICA

Unha política vasca estrea o galego no Senado tras negarse o PPdeG As galegas Sainz e Pan néganse a usar o galego no debut dos idiomas cooficiais MIGUEL PARDO O XORNAL 19/01/2011 Unha vasca tenta evitar unha aldraxe O BNG ve unha "aldraxe" no uso do castelán das senadoras do PP

Estaban tan expectantes algúns senadores que ata algún membro do Goberno apurou a súa intervención. “Voy a ser breve porque entiendo la inquietud ante el momento tan importante que vivimos”, asegurou a ministra de Ciencia, Cristina Garmendia, no Senado, que hoxe estreaba o uso das linguas cooficiais no pleno. Foi o senador de Entesa, Ramón Aleu, o que deu inicio a esta posibilidade ao defender unha moción sobre a educación en catalán, polo que deu as “grazas” ao Senado. “É unha satisfacción poder usar linguas diferentes ao castelán”, asegurou. A resposta tocáballe á senadora galega do PP, María Jesús Sáinz, que empregou o español e dixo: “Desde luego amo a Galicia y a mi lengua gallega, de la que me siento muy orgullosa; por ello fue para mí un honor dar las primeras clases de gallego sin remuneración, pero voy a utilizar el castellano porque hablaré de un tema que afecta a todos los españoles”. Entre os aplausos dos escanos do PP e o ruxe-ruxe do resto, os senadores seguiron intervindo. Os mallorquíns e cataláns empregaron o catalán e o galego por fin se escoitou, pero non da man de ningún senador galego –non intervira aínda ningún socialista nin nacionalista do país– senón da man de Miren Leanizbarrutia, do PNV, que falou en éuscaro pero aproveitou para criticar a actitude da representante popular. “É unha pena que vostede sexa galega e non faga uso da lingua na que Rosalía escribiu tan fermosos versos”, dixo así, en galego, no medio do seu discurso en vasco. Así, a primeira intervención en galego da historia no pleno do Senado cooficial chegou da man dunha representante guipuscoana de Aretxabaleta. A senadora Sáinz, que tivo a oportunidade, rexeitou a posibilidade que lle ofrecía o novo regulamento da Cámara Alta. Só un pouco despois, tocoulle a María Dolores Pan, outra representante galega do PP, que empregou os mesmos argumentos para usar o castelán: “Soy gallega y amo a Galicia, a mi tierra y a mis costumbres, pero voy a hablar en la lengua en la que he hablado estos últimos tres años”. Só un día antes, o senador lucense do PP, Xosé Manuel Barreiro, recoñecía a Xornal que “se cadra” empregaba o galego porque “estar contra a lei” non significaba que non fose usar a súa “lingua materna”. “Tereino que consultar cos meus compañeiros”, aclaraba o exconselleiro. Posiblemente o consultou, xa que Rajoy, horas antes, amosou a súa negativa ao uso das linguas cooficiais “porque os idiomas son para entenderse e non para crear problemas”. Cando lle tocou a Pérez Bouza, senador do BNG, usou o galego “nun día importante para Galiza e para a súa lingua”. “Igual que as senadoras Sainz e Pan son galego. Existo en galego e exerzo de galego, pero hai outros que teñen unha estraña maneira de exercer como representantes dos galegos. É 
unha falta de respecto que non o usen, polo menos o primeiro día que poden, facendo normal o que debería ser normal... E non se rompeu nada”. Só rachou un pouco máis a lingua.


Xoves 12.05.2011

"TODO O QUE VEXO ESTÁ SENTENCIADO A SOBREVIVIRME" · · CARA AO 17 DE MAIO

Versos para casa Dous millóns de bolsas de Gadis levarán o retrato de Lois Pereiro e o seu poema "Transmigración" para celebrar o Día das Letras Galegas MARÉ . SANTIAGO

Xosé Manuel Pereiro (eqda.) cos responsables de Gadis e as autoras do proxecto de receitas FOTO: Fernando Blanco

Un poema de Lois Pereiro e un libro con receitas de cociña promovido pola poeta Yolanda Castaño e a fotógrafa Andrea Costas. Estas son as dúas iniciativas que poñen en marcha Galega de Distribuidores de Alimentación, S.A. (Gadisa) de cara ao Día das Letras. En total, Gadisa distribuirá dous millóns de bolsas de Supermercados Gadis coa imaxe do autor monfortino e co poema Transmigración, datado en agosto de 1995, que a empresa calcula chegará a máis de 700.000 clientes da cadea de establecementos. As dúas iniciativas foron presentadas onte no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), en Compostela, polo director de Comunicación de Gadisa, José Luis Fernández Astray, e o director de Mercadotecnia da empresa, Antonio Cortés Lobato, ademais de Xosé Manuel Pereiro -irmán do poeta monfortino- e das responsables do libro de receitas.


O poema Transmigración ofrece "dúas fermosas estrofas" incluídas no poemario Poesía última de amor e enfermidade, unha iniciativa que a empresa xa veu desenvolvendo nos últimos anos e, segundo subliñaron os responsables, "con magnífica acollida dos cidadáns". Forma parte do programa de Responsabilidade Social Corporativa de Gadisa, que aglutina máis de 800 actuacións das que o 47 por cento abranguen o ámbito cultural. Xosé Manuel Pereiro destacou a dimensión da "iniciativa popular" xerada en torno ao Día das Letras e, este ano, sobre a figura do seu irmán, que supón "unha catarata social e empresarial" en impulso á creación literaria. "É o que fai bonito o Día das Letras". A outra aposta de Gadisa é o repartimento o próximo 16 de maio de 25.000 exemplares do libro Cociñando ao pé da letra, que o título que Yolanda Castaño e Andrea Costas lle deron ao seu proxecto sobre as relacións da arte de escribir coas artes culinarias. Son máis de 150 páxinas nas que se presenta 21 autores galegos "da máxima diversidade" de xénero, sexo e ámbito, subliñou Castaño. Cada un deles explica "como escritor" unha receita que consideren especial. "Trátase dun libro orixinal, fresco, distinto e ameno", asegurou a poeta. O seu obxectivo, neste sentido, é o de "entrar na literatura galega a través dun ámbito tan próximo, doméstico e íntimo" como é o culinario. As autoras "confrontan a escrita e a cociña" como "elementos de creación", internándose nos laboratorios de escritores dentro dun mapa xeográfico que vai da Mariña luguesa, a Tui, pasando por Santiago de Compostela, Lalín, O Corgo ou Monforte coa misión de "cambiar a imaxe tradicional" do autor. Entre os escritores que aparecen neste volume, figuran Chus Pato, Helena Villar, Xabier P. Docampo, Anxos Sumai, Lupe Gómez ou Xosé María Álvarez Cáccamo. De todos eles, ofrécese un retrato específico realizado por Andrea Costa e outras instantáneas adicionais que van recreando o proceso de creación dos pratos elixidos. Como novidade na conmemoración da festividade das Letras, os establecementos de Gadis na Coruña, Santiago e Vigo serán o escenario da lectura do poema Entre amigos o próximo 14 de maio para recordar a figura de Pereiro. SOLTA DE LIBROS EN COMPOSTELA

El Patito aposta polo cómic El Patito Editorial prepara para o Día das Letras Galegas a segunda acción da súa campaña a favor do cómic e da súa visibilidade nas librerías. Nesta ocasión, tras a primeira acción que tivo lugar o Día do Libro, escolleu o slogan O cómic tamén é literatura, e preparou 700 carteis que distribuirá por toda Galicia. Con estas campañas, a editorial compostelá trata de facer visible o cómic para o público en xeral como un


xénero máis da literatura. Tamén El Patito fará o 17 de maio, en colaboración coa Concellería de Normalización de Santiago, unha solta de cen libros polos recunchos do Parque da Alameda. Serán libros de debuxantes galegos como Das Pastoras, Víctor Rivas, Fran Bueno, Mariano Casas ou Jacobo Fernández.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.