Itinerario a Santa Mariña

Page 1

XUSTIFICACIÓN DO ITINERARIO

A proposta de itinerario que presento é un acercamento á paisaxe, a arte e a historia de Galicia a partires dun edificio concreto: Santa Mariña de Augas Santas.

O itinerario terá caracter multidisciplinar, xa que abordaremos os contidos a traballar dende distintas disciplinas do currículo: Xeografía, Historia e Historia da Arte e por suposto dende o plano lingüístico. Traballaremos, tamén, actitudes como o respecto ao patrimonio artístico, histórico e etnográfico da nosa comunidade. Como unha parte do percorrido faise camiñando estaremos traballando con aspectos relacionados ca Educación Física.

A proposta de itinerario didáctico está elaborada para alumnado de segundo curso do Bacharelato, para traballar na materia de Xeografía e Historia de Galicia.

OBXECTIVOS

- Fomentar no alumnado o interese polo patrimonio natural, cultural, histórico e artístico galego. - Sensibilizar o alumnado da necesidade de conservar e respectar o patrimonio artístico e cultural de Galicia. - Desenvolver no alumnado procedementos relacionados coas técnicas de investigación, conxugando o traballo da aula co traballo de campo. - Fomentar propostas didácticas de carácter multidisciplinar. - Potenciar o traballo individual e de grupo. - Traballar co alumnado as técnicas de análise espacial e a súa valoración por constituíren instrumentos de axuda para desenvolverse na vida cotiá. - Propiciar actitudes de respecto polo medio ambiente e actitudes solidarias na defensa do mesmo. - Transmitir o alumnado o concepto de “roteiro cultural” como forma de disfrutar do tempo de ocio e de lecer.


CONTIDOS

- As augas e o seu papel no territorio. - As diferentes variables que interaccionan no medio físico. - A vexetación: as formacións autóctonas. - O legado da Galicia prerromana e romana. - O esplendor da Idade Media. - O Renacemento e o Barroco.

METODOLOXÍA

A metodoloxía a empregar debe propiciar a formación integral do alumno. Utilizaremos dúas estratexias alternativas: a exposición de principios elaborados polo docente e a indagación por parte do alumno.

Partiremos dunha avaliación inicial, que faremos de forma breve e oral na aula. Esta avaliación vainos ser de gran utilidade xa que nos vai dar información sobre os coñecementos previos do alumno así como o seu interese polo tema a tratar e as súas expectativas ante a realización da actividade. A continuación, presentaremos o itinerario: percorrido, duración, obxectivos e contidos.

Nunha segunda fase o docente exporá os conceptos elaborados necesarios despois de ter analizada a avaliación inicial e pasaremos a realizar o material do itinerario, empregando mapas, textos, fotografías, etc.

Despois de feita a saída, os alumnos e alumnas elaborarán un informe a modo de síntese final. Este informe farase en grupos para logo facer unha posta en común e avaliar a actividade.


PRESENTACIÓN DO ITINERARIO

Itinerario - Inicio: na cidade de Santiago de Compostela. - Distancia: 125 Km. - Número de paradas: 2 - Duración: unha xornada. Descrición do itinerario - Paradas nº 1:Taboadela. Aquí iniciamos o percorrido a pé de 5 Km. ata chegar á Igrexa de Santa Mariña. Actividades :- Faremos unha táboa de estiramentos. - Recoller no caderno de campo: o nome das especies autóctonas e foráneas que vaiamos atopando, ríos, regatos, fontes, lavadeiros, etc. Tempo previsto: 2h. 30’ nº 2 : Igrexa de Santa Mariña de Augas Santas e o seu entorno, onde se atopan o castro de Armeá e a basílica da Ascensión. Actividades: Visita á igrexa, o castro e a basílica. Tempo previsto: o resto do día. Materiais para levar na saída ·

Mapas e planos

·

Material elaborado polos alumnos e alumnas na aula

·

Material de traballo: caderno de campo

·

Material opcional: - Roupa e calzado axeitado para camiñar. - Máquina de fotos.

TRABALLO PREVIO NA AULA

1. Busca información sobre a lenda de Santa Mariña. 2. Na fotografía podes ver a “pedra formosa” de Santa Mariña. Explica de que se trata.


3. As seguintes imaxes corresponden a un período histórico determinado. Poderías identificalo?. Explica que son estas imaxes.

4. Esta é a planta da igrexa de Santa Mariña. Analiza as súas características formais e indica a que estilo artístico pertence.


5. Identifica os elementos construtivos (soportes e cubertas) que aparecen nas seguintes imaxes.

6. Describe as fotografías do exterior do edificio.

7. Fai unha composición sobre a importancia dos mosteiros na Galicia medieval.

8. Xa vimos que en Santa Mariña atopamos restos de diferentes épocas históricas. Cres que é unha casualidade ou que hai unha explicación? Razoa a resposta.

9. A continuación tes o perfil topográfico de parte do traxecto que imos realizar. Indica a altitude á que se atopa o lugar ó que imos.


MATERIAL COMPLEMENTARIO

Mapa de curvas de nivel.


Exercicios para antes de iniciar o roteiro.

TRABALLO POSTERIOR Á SAÍDA

Elabora un informe resumo sobre a saída. Nel debedes recoller, tamén, valoracións persoais sobre a actividade.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.