Louredo Cortegada

Page 1


San Xoán de Louredo é unha parroquia do concello de Cortegada, situada na provincia de Ourense, na comarca do Ribeiro, a 345 metros sobor o nivel do mar. No ano 2007 tiña 123 habitantes, dos cales 60 eran homes e 63 eran mulleres, cunha maioría deles con idades superiores a 50 anos.


Orixes  Esta aldea de Louredo procede dun Castro Celta,

localizado no Monte Chanduzal, máis tarde romanizado.  O topónimo de Louredo ven de Loureiro. Esta parroquia tivo varios nomes: primeiro Villa Laurarios, no 817 chamouse Laureda, en 951 Lauretum.


Patrimonio  En Louredo hai unha inscultura de máis de

70.000 anos de antiguedade, coñecida como o coto da Ferradura.


Patrimonio II  Tamén Louredo tivo un Castelo pertencente ó

Rey Alfonso IX do cal non quedan restos, dícese que cas pedras do castelo fixéronse as casas alí existentes.


Patrimonio  Existe un Pazo, o cal foi construido por don

Pedro Álvarez de Puga, patrono e Sr. de Louredo, Poulo e Meréns.


Festas  Celebra as súas festas patronais na honra a

San Xoán o día 24 de xuño.


Historia Existen indicios da existencia dunha vía romana non oficial (tal vez a vía XV que ía cara Castromao, Celanova) , que comunicaría o val do Arnoia con Zaparín (en ambas localidades atopáronse aras romanas, en Arnoia unha a Xúpiter e o Sol e en Zaparín unha a Ceceaigis).


Mosteiro de Celanova

 Suponse que o lugar foi habitado na alta idade

Media por colonos do mosteiro de Celanova que ó chegar ó lugar o atoparon a monte cheo de loureiros, polo que o chamaron "Louredo", logo o lugar sería subforado ó liñaxe dos Puga, xunto con Meréns e Poulo, aínda que se apunta a que un dos membros desa familia aristocrática arrapañou con eses territorios aló polo século XV e logo ficaría para sempre en mans deles ata ben entrado o século XX


Historia II  O pazo de Louredo, pertencente ós Puga é do século XVI, e

pertenceu ós Puga como casa de Meréns-Louredo (non confundir coa casa da Torre de Louredo, que é en Toén) que logo os labregos irianlle mercando (do cal se conserva o topónimo tabolado = dividir en pequenas partes) no NE da aldea, tamén se conserva unha capela no lugar de Louredo, así como un cruceiro do XVIII no lugar da Torre, outro de mellor factura artesanal no lugar do Pireiro e un peto de ánimas en Louredo, cerca de onde se atopan os restos da escola Pía doada por un Indiano a finais do XIX.


Historia  Durante a guerra de Independencia

(1808-1814) o seu límite co río Arnoia na corga dos Confurcos formou parte da zona por onde pasou o xeneral Loison tentando varrer a oposición dos guerrilleiros no seu camiño cara Allariz, así como lugar de paso de varias partidas carlistas cara finais do século XIX, como a de Mateo Guillade (morto en Escudeiros, Ramirás).


Igrexa parroquial  De 1906 construída por Daniel Vázquez

Gulías. No seu interior atópase unha talla de Xesuscristo con brazos móbiles e unha talla románica da Virxe en pedra


O campo  Aínda se traballa a terra


O campo

 Críanse os animas

 E algúns aparecen sen máis:


A xente  Traballa no campo, aínda que son vellos

Os meus avós


A xente  Traballa, pero tamÊn se divirte e vive feliz


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.