Xornal Nº11 Informacion Obreira

Page 1



11 EDITORIAL O PP entrou coma un tsunami apoiado pola ficción das quendas bipartidistas, pola desesperación máis absurda que fai pensar aos e ás votantes que mudándolle a pel ao raposo vai deixar tranquila a capoeira. Pois non, demostrouse que o deseño está perfectamente cadrado, para o PSOE unhas reformas e para o PP o resto; nada mudou no reino do capital. A nova Reforma Laboral (xa perdemos a conta da cantas van, xa perdemos a capacidade de preguntármonos para que se fan e por que as hai que negociar) ten máis importancia nas súas intencións agochadas que nas explícitas.

Non hai máis camiño que recuperar Grecia, é dicir, a praza, a rúa e o seu exemplo de loita

Sen quitarlle importancia ao abaratamento do despedimento, á mobilidade funcional, á mobilidade xeográfica, ás novas fórmulas de contratación... non cabe dúbida de que a intención primeira da reforma é acabar coa negociación colectiva, camiñar cara a negociación individual das condicións de traballo nun combate desigual que levará ao escravismo.

Ábrese un novo deseño de Europa, o desexado polo neoliberalismo, no que si vai haber dúas velocidades: a dos produtores de man de obra barata e escrava e a dos produtores das mercadorías para os escravos e escravas. Se queremos reverter esta situación non hai máis camiño que recuperar Grecia, é dicir, a praza, a rúa e o seu exemplo de loita ata conseguirmos derrubar os muros do sistema. Esta Europa non serve, o euro non serve, o sistema non serve. O vindeiro 29 de marzo a CUT, xunto coa CIG, CNT e CGT convoca unha folga xeral en Galicia para dar un paso cara adiante neste camiño da dignidade, no camiño do optimismo e da confianza que gañaremos na loita polo común. Que a folga sexa un éxito depende de que todos e todas nós queiramos gañala, e para conseguilo debemos transmitir unha mensaxe que fale da súa necesidade, que fale da súa validez coma ferramenta de contestación e contención das medidas do capital.


O XORNAL INFORMACIÓN OBREIRA

11

páx. 4 INFORMACIÓN SINDICAL

LIMPEZA DA USC TUMBA O ERE por CUT

As traballadoras e traballadores do servizo de limpeza da Universidade compostelá veñen de celebrar unha das primeiras vitorias sobre o entente patronal-Xerencia da Universidade, que se concreta na retirada do Expediente de Regulación de Emprego de redución de xornada que pemanecía sobre a mesa. Unha vitoria acadada na mobilización. A presión colectiva, conducida nunha estratexia de ocupación permanente das rúas para plantarlle cara á Universidade e á empresa CLECE SA, conseguiu que

os mecanismos represivos desenvoltos por estes dous axentes que sistematicamente chamaron á actuación policial fronte ás protestas (vulnerando reiteradamente o principio de autonomía universitaria) non fosen suficientes nin para frear, nin para invisibilizar un programa de loita contundente e unitario contra os recortes de persoal que promovía a Universidade. Neste programa de mobilizacións cabe resaltar a ocupación, o pasado 10 de febreiro, das instalacións da xerencia da USC por parte de 60 traballadores e

traballadoras, entre consignas contra a rebaixa dun millón de euros na contrata da limpeza. Demandas que non se limitaron ao campus de Compostela e foron tamén levadas á celebración de Santo Tomé de Aquino en Lugo, con presenza de duascentas persoas empregadas na USC nos dous campus. Unha Universidade neoliberal e clasista. A CUT manifestou reiteradamente, durante o desenvolvemento deste conflito, que a tallada económica sobre a contrata da limpeza non só reviste o carácter neoliberal dun desarme «común» dos servizos públicos, senón tamén parte dunha actitude consciente do Reitorado dirixida a demostrar que as institucións universitarias galegas seguen a manter unha división interna estruturada en clases, onde as de abaixo, limpadoras e mulleres, son as invisibles, e polo tanto, as prescindibles.


páx. 5 INFORMACIÓN SINDICAL

Así, mentres o Capítulo orzamentario do persoal propio da Universidade se mantén conxelado, e invisten máis de 800.000 euros en nomear novas Cátedras, practícase un recorte de máis dun millón de euros anuais na Contrata da Limpeza, que tanto a USC como CLECE SA, empresa concesionaria, pretenden que saia das costas das traballadoras e traballadores.

A CUT manifesta dúbidas. Malia que a CUT comparte a alegría desta nova conquista colectiva non deixou de manifestar as súas dúbidas sobre o alcance das condicións de paz social que empresa e USC interpoñen para a retirada do ERE, que si foron asumidas pola maioría do Comité de Empresa. Con todo, a CUT comprometeuse diante da asemblea xeral de traballadoras e

CIG E CCOO ASINAN ERE EN SANTOS por CUT

A dirección de Santos non tivo que esgotar os prazos do período de consultas do Expediente de Regulación de Emprego para ver estampadas no documento final as sinaturas dos delegados e delegadas da CIG e CCOO, a primeira delas con representación maioritaria na empresa. A Sección Sindical da CUT opúxose dende o principio a esta medida, aínda máis gravosa no contexto desta empresa que contablemente

vén obtendo beneficios reiterados, mesmo no último exercicio (2011), o que a sitúa por riba da media dos relatorios contables oficiais do sector. Con todo, o que máis sorprende foi o compromiso da CIG por negociar un ERE de redución de xornada procurando minimizar os efectos para venderlle ao cadro de persoal unha suposta redución de «impacto cero», e facilitar así os axustes que a patronal propón

traballadores a manter unha posición estrita de unidade sindical para mitigar os efectos desta tallada mentres dure a negociación. Non dubidaremos en acender de novo as máquinas da mobilización colectiva e pór todo o noso esforzo na dirección de reiniciar as mobilizacións contra a USC e conseguir anular o recorte económico unha vez concretadas as medidas temporais de redución.

para o inmediato, cunha vontade implícita de os ver consolidados. A vitoria da maioría sindical (co apoio de CCOO) propicia ao ERE na Asemblea Xeral de Traballadoras e Traballadores foi manifesta, con só 28 votos en contra sobre un cadro de persoal de máis de 150 compañeiras e compañeiros. A CUT seguirá sensibilizando aos traballadores e traballadoras sobre os efectos nocivos dos Expedientes de Regulación como quintaesencia da reforma neoliberal do mercado de traballo, e seguirá situándose en contra de entregar de balde o conxunto de dereitos colectivos, ao tempo que parabeniza á nosa sección sindical de SANTOS SL, que puxo a súa voz crítica contra esta medida, nunha empresa condenada xa por vulneración da liberdade sindical dun dos nosos delegados, onde a disidencia non resulta doada.

A LIMPEZA HOSPITALARIA DO CLÍNICO SÚMASE Á FOLGA XERAL por CUT

O Comite de Empresa do servizo de limpeza hospitalario dos centros Clínico e Xil Casares da cidade de Compostela, vén de se adherir de xeito unánime na súa xuntanza extraordinaria á convocatoria de Folga Xeral que o

sindicalismo nacionalista lanza para o vindeiro 29 de marzo do 2012. A proposta, que parte da Central Unitaria de Traballadores/as e a CIG, será trasladada a máis centros

de traballo, co obxectivo de acadar os compromisos dos diferentes Comités de Empresa na mobilización das traballadoras e traballadores contra as medidas antiobreiras da alianza PatronalPartido Popular.



páx. 7 INFORMACIÓN SINDICAL

A REFORMA LABORAL POLO MIÚDO por CUT

O pasado 10 de Febreiro o Goberno do PP aprobou por decreto unha reforma laboral “extremadamente agresiva” como o propio ministro de Economía recoñecera previamente, ademais de “revolucionaria” e “histórica” como os titulares da prensa da dereita se encargaban de cualificar. O Decreto 3/2012 vén continuar a rota iniciada polo goberno de Rodríguez Zapatero de ataque contra os dereitos de todas as traballadoras e traballadores que nin sequera presenta garantía ningunha de conducir aos obxectivos que se marca (nomeadamente, a redución do desemprego). As medidas aprobadas suporán unha transformación substancial na distribución de poder de decisión entre empresa e traballador. Podemos agrupalas segundo o ámbito de actuación: intermediación laboral, contratación, despedimento, desprotección interna e negociación colectiva.

intermediación laboral Autorízase ás Empresas de Traballo Temporal (ETT) para actuar como axencias privadas de colocación.

contratación Os contratos de formación e aprendizaxe poderán facerse con traballadores/as de até 30 anos (sen límite de idade para persoas con discapacidade), durante o tempo no que o Estado teña unha taxa de paro superior ao 15%. A duración dos mesmos poderá ser de 3 anos. O tempo de traballo efectivo mantense no

75% da xornada, pero só para o primeiro ano, no segundo e terceiro pode chegar ao 85%. Créase o contrato indefinido precario. Nas empresas con menos de 50 persoas empregadas créase un novo tipo de contrato cun período de proba de 1 ano, durante o cal a persoa traballadora pode ser despedida sen ningún tipo de indemnización. Para as persoas paradas, a empresa poderá deducir fiscalmente o 50% da prestación por desemprego que tivese por cobrar. A

desempregada poderá cobrar o 25% da prestación que lle quedaba, compatibilizándoa co salario. Deste xeito, prexudícase aos desempregados sen prestación e incentívase a consumición do 50% das prestacións de desemprego polo empresariado. O contrato a tempo parcial refórmase para permitir a realización de horas extraordinarias (co límite legal en proporción á xornada pactada). Permítese que as persoas


O XORNAL INFORMACIÓN OBREIRA

11

páx. 8 INFORMACIÓN SINDICAL

desempregadas que cobran prestación poidan facer traballos sociais sen percibir compensación económica. Esta medida pode suplir necesidades de contratación na Administración pública.

despedimento As causas económicas que permiten á empresa xustificar despidos procedentes concrétanse na diminución persistente de ingresos ou vendas durante 3 trimestres. A indemnización baixará a 20 días por ano, cun tope de 12 mensualidades do salario. As mesmas causas económicas, técnicas, organizativas e da produción que pode xustificar o empresario para iniciar un despedimento procedente (individual ou colectivo) serán aplicables na Administración Pública ao persoal laboral contratado (non funcionariado). Para as causas económicas se entenderá a insuficiencia presupostaria persistente durante 3 trimestres consecutivos. Os ERE xa non terán que ser autorizados pola Autoridade

Dísenos que a defensa da empresa é tamén o das persoas empregadas. Porén, é difícil buscar algún precedente histórico, no cal acentuar o desequilibrio nas relacións laborais conduza á prosperidade e ao progreso, xa sexa da clase traballadora, como da sociedade no seu conxunto

Laboral. A decisión empresarial prevalecerá tras o período de consultas e non quedará outra saída que os tribunais. A indemnización por despido improcedente pasa a xeralizarse a 33 días por ano traballado cun máximo de 24 mensualidades. As persoas traballadoras cun contrato indefinido previo ao 11 de febreiro de 2012 (data de publicación do Decreto de Reforma laboral) calcularán a súa indemnización aplicándolle ao tempo anterior ao 11/02/2012 a indemnización de 45 días por ano e, ao posterior, a indemnización de 33 días por ano. O tope para ambos cómputos será de 42 mensualidades. Desaparece o dereito ao cobro do salario de tramitación nos despedimentos improcedentes (só será percibido en caso de existir readmisión na empresa). As faltas, aínda xustificadas, superiores ao 20 por cento durante dous meses consecutivos ou ao 25 por cento en catro meses discontinuosnun período de 12 meses, poden ser motivo de despido procedente (indemnización de 20 días por ano traballador)

desprotección interna Na distribución irregular da xornada ao longo do ano, dáse dereito á empresa a distribuír unilateralmente o 5% da mesma. A mobilidade funcional non estará restrinxida a categorías profesionais equivalentes. O cambio de funcións no posto de traballo só quedará limitado polas titulacións académicas ou profesionais esixidas dentro do mesmo grupo profesional. Para mobilidade a outro grupo terán que demostarse causas técnicas ou organizativas. Amplíanse as causas (económicas, técnicas,

organizativas ou da produción) polas que a empresa pode aplicar modificacións substanciais das condicións laborais (salario, xornada, horario e distribución de tempos, réxime de quendas, mobilidade funcional alén do grupo profesional). Redúcese a 15 días o período de antelación mínimo entre a notificación por parte da empresa e a data na que as novas condicións se fan efectivas. En materia de suspensión do contrato de traballo e redución da xornada por causas económicas, técnicas, organizativas ou produtivas, suprímese o requisito da autorización administrativa. Negociación colectiva Facilítase o descolgue do convenio colectivo en concorrencia de causas económicas, técnicas, organizativas ou da produción. Só con que exista diminución dos ingresos ou vendas durante dous trimestres, xa se admitirá a existencia de causas económicas que xustifiquen o incumprimento dos acordos colectivos. Priorízase o convenio colectivo de empresa. A regulación das condicións establecidas nun convenio de empresa terán prioridade aplicativa respecto do convenio sectorial estatal, autonómico ou de ámbito inferior nos acordos máis relevantes: salarios, compensación das horas extraordinarias, retribución específica do traballo a quendas, horario e distribución dos tempos de traballo, sistema de clasificación profesional e medidas de conciliación coa vida persoal e familiar. Límite de dous anos (desde a súa denuncia) á ultractividade dos convenios. Trascurridos os dous anos, aplicarase, se existe, un convenio de ámbito superior.


páx. 9 INFORMACIÓN SINDICAL

VALORACIÓN GLOBAL

noutras xeografías, no cal acentuar o desequilibrio nas relacións laborais conduza á prosperidade e ao progreso, xa sexa da clase traballadora, como da sociedade no seu conxunto.

Ademais de todas as medidas antes citadas, o decreto da reforma laboral aproba múltiples subvencións e bonificacións para o empresariado, deixando ás claras o posicionamento clasista que o motiva. E é que esta reforma é unha modificación profunda dos dereitos das traballadoras e traballadores na dirección única da protección dos intereses da patronal.

O verdadeiro obxecto desta reforma non é a creación de emprego, como a estratexia comunicativa nos vende. Trátase da protección do empresariado nun contexto de crise sistémica, agravado coa certeza de atopármonos nun punto de non retorno, isto é, a constatación de que a recuperación está lonxe de producirse.

Dísenos que a defensa da empresa é tamén o das persoas empregadas. Porén, é difícil buscar algún precedente histórico, nesta ou

Se os intereses do Goberno fosen a creación de emprego non habería xustificación algunha para o resto de políticas que se veñen

aprobando. Por exemplo, sería difícil encadrar unha reforma do sector financeiro que busca concentrar a actividade en dous ou tres grandes bancos, cuxa actividade preferente son os grandes mercados, cortando fontes de financiación e, polo tanto, de creación de postos de traballo. A reforma laboral non é outra cousa que o seguinte paso na imposición dun novo modelo económico e social (que ben poderiamos chamar «saída da crise»), no que queren que traballemos máis por menos salario, que non teñamos ningún poder de negociación e que esteamos desprotexidos cando o empresario queira cambiarnos tarefas e funcións, lugar de traballo ou horario.



páx. 11 INFORMACIÓN SINDICAL

GRUPO PESCANOVA: BENVIDOS E BENVIDAS AO ESCRAVISMO por CUT

A empresa que pretende ser modelo de concordia e bo facer de cara ao público en realidade ten un comportamento ben distinto de cara aos seus traballadores e traballadoras.

Non hai trimestre no que o GRUPO PESCANOVA deixe de anunciar un novo aumento dos seus beneficios ao tempo que marca unha política laboral que camiña cara ao escravismo: despide traballadores e traballadoras incómodas, paga as horas extra (non seremos nós quen as defenda) por debaixo do convenio, divide o colectivo creando novas empresas para restar forza á representación dos traballadores e traballadoras... e por suposto pretende ser tamén a primeira en aplicar a nova reforma laboral. Esta política empresarial só tivo a oposición clara e contundente dos delegados e delegadas da CUT nas

diferentes empresas ao non asinar a suba salarial ligada á produtividade e rexeitar de plano as manipulacións e presións da empresa. O resto dos sindicatos, coa excepción da CIG, fixéronlle o xogo á patronal aceptando a produtividade como referencia salarial, abrindo así o camiño cara ao escravismo. Pero houbo unha excepción no GRUPO PESCANOVA e non foi outra que a de FRIVIPESCA CHAPELA E FRIVIPESCA PORRIÑO, os frigoríficos onde a CUT ten a representación sindical e onde David venceu a Goliat. Os nosos compañeiros, co apoio maioritario

dos traballadores e traballadoras, plántaronlle cara á empresa e convocaron folga indefinida ao rexeitar de plano a produtividade. O día anterior ao comezo da folga chegouse a un acordo na mesa de negociación onde a empresa retirou a produtividade como referencia salarial, accedento a unha suba do 2,5%. Demostrouse unha vez máis que cando o colectivo fai forza conxunta nunha mesma dirección, con determinación e insistencia, acaba gañando a batalla por moi poderoso que pareza o inimigo. Sirva pois de exemplo para o futuro porque a nosa dignidade non ten prezo.



páx. 13 INFORMACIÓN SINDICAL

verdadeira natureza feroz, caníbal e antidemocrática dun Capital que hai moito tempo decidiu ser o máis rico do cemiterio cara ao que nos conducen a todos.

O CAMIÑO CARA A GRECIA por ALBERTO LEMA

Despois da II Guerra Mundial, as elites financeiras e industriais alemás e francesas levaron por fin a bo termo as recomendacións de Kautsky medio século antes: un pacto entre as respectivas grandes burguesías nacionais que evitase a tentación dunha nova solución bélica aos conflitos xerados pola competencia económica entre as dúas potencias. Coutada, xa naquela altura, a vía da expansión imperialista sobre terceiros países despois dos procesos de descolonización dos cincuenta e sesenta en África e Asia, e baixo unha nova orde mundial onde imperaban, por primeira vez, dúas potencias extraeuropeas, a URSS e os USA, a única saída posible para estes países era a colaboración nas tarefas de reconstrución e o reparto amigable do mercado interior europeo. Esta sería a análise que daría lugar, so o mecenado dos USA (plan Marshall) primeiro á CECA, despois ao Tratado de Roma e finalmente á Comunidade Económica Europea. A este centro duro da primeira CEE foron incorporando logo países da periferia europea, Irlanda, Grecia, España e Portugal que, mediante o gancho dos fondos de compensación, renunciaban ás políticas proteccionistas do seu mercado interior e aos complexos industriais nacionais de titularidade pública (reconversión industrial dos anos 80, peche de estaleiros, metalurxias e minas). Desta maneira, baixo a doutrina do neoliberalismo que daquela empezaba a dominar a elite intelectual occidental no que se deu en chamar pensamento único, a ideoloxía que mellor conviña aos intereses da burguesía dos países dominantes foille imposta aos

países da súa periferia, que pasaron a malvender as súas empresas públicas, so a mentira da súa suposta incompetencia, para beneficio da banca nacional, que xa daquela empezaba a cartelizarse e, sobre todo, dos intereses da oligarquía capitalista foránea. En definitiva, despois de todo este proceso, España pasou de ser a duodécima potencia industrial a principio dos oitenta á vinteava a finais dos noventa. A única solución posible para estes países foi entón a terciarización forzosa da economía (turismo e sol), o medre do sector financeiro (nun proceso monopolístico a piques de culminar agora coa privatización do que quedaba da banca semipública: as caixas de aforros) e, por suposto, o engorde suicida do mercado inmobiliario. Eran os anos do famoso pelotazo durante os cales o daquela ministro de Economía, Carlos Solchaga, presumía de que España era o país da CEE onde máis rico podía chegar un a facerse en menos tempo e nos que Felipe González anunciaba triunfal o novo dogma: os tempos das nacionalizacións pasou, estamos no tempo das privatizacións. Non fai falla ser un economista experto para intuír que un modelo económico semellante era insostible a longo prazo, como estamos a comprobar hoxe. Porén, a cobiza sen límites dun sistema baseado no lucro a toda costa non fai cálculos a longo prazo, nin se preocupa por efectos colaterais: así, mentres condenan un país enteiro á miseria, como Grecia, e instauran no poder un presidente monicreque, os banqueiros alemáns seguen contando cada euro que lles deben sen se inmutar. Esta é

Con todo, neste dous mil e doce a catástrofe é inevitable pois nin vendendo a Acrópole poderán pagar os gregos a débeda contraída pola burguesía local cos bancos alemáns para comprar Audis. O seu default afectará en primeiro lugar aos bancos alemáns e franceses, que son os seus principais acredores, e desde aí contaxiarase rapidamente cara países periféricos como Italia e España, xa agora mesmo en perigo. Será entón chegada a hora da verdade para o movemento obreiro grego, que xa leva dous longos anos preparando ese momento. Entón, no mellor dos casos, tomarán o poder, cancelarán o pago da débeda, nacionalizarán a banca, impedirán a fuga de capitais e volverán ao dracma. No peor dos casos, se o movemento obreiro grego fracasa, o futuro de toda a clase obreira europea será equivalente ao dos habitantes dos barrios obreiros de Nova Orleans tras o paso do Katrina: volvermos todos ao século XIX pero cun móbil na man. O movemento obreiro galego tamén debe empezar a prepararse para a dura batalla que se vai librar nos vindeiros meses, será decisiva, neste sentido, artellar unha alianza de clase co Movemento 15-M para poder facer fronte así a un goberno do PP en maioría absolutísima e que non para de recrutar máis e máis policía (30 mil na última convocatoria). Son previsibles un salto cualitativo na represión policial (lembrar aquí aos nosos compañeiros Telmo e Miguel encarcerados co fin intimidar e disuadir a parte máis comprometida do noso movemento) e un aumento da contaminación informativa pola prensa do réxime (como hai pouco contra militantes independentistas). Pero, aínda así, a clase obreira galega non vai agardar catro anos máis para facer fronte á actual predación dos seus dereitos. O noso futuro conquístase na rúa, non nas urnas.



páx. 15 INFORMACIÓN SINDICAL

O INIMIGO INVISÍBEL por RAFA BALADO

Cando pensar é a primeira forma baixo a que comeza o movemento cara á igualdade, é máis aconsellable do que necesario, poñamos por caso, que non faga parte das nosas preocupacións analizar o lugar que ocupamos nas relacións de produción. Cui prodest?. En consecuencia, tampouco será unha das advertencias que atopemos decote nas páxinas dos xornais, bisbando ou a micro aberto nas tertulias radiofónicas, o feito de reflexionar ao redor do papel que o sistema desexa que desenvolvamos dentro da clase traballadora. Vivimos no mellor dos mundos posibles. Se cabe, en prime time dende a televisión non nos van recomendar que botemos a pacer a mente sobre a nosa adscripción á clase traballadora galega. Consumimos, logo existimos. Quizais estes sexan algúns dos síntomas da división do traballo, da alienación e da colonización da que as funcionarias non somos alleas. Don´t worry, be happy. Porén e neste sentido, cremos que é oportuno deitar, onde a comunicación non está supeditada a ser o altofalante da circulación mercantil e da abstracción monetaria, os seguintes apuntamentos sobre a función que nos endiñan os gobernos neoliberais, que baixo a polifonía de siglas alternan para executar o ditado do capital financeiro. Eppur se muove.

De seguirmos o silabario sistémico, tendo como punto de partida a súa lóxica, sería ben doado bocexar unha máis que enganosa xeografía na que os funcionarios ocupásemos un lugar preferencial dentro da clase traballadora: os privilexiados do mercado de traballo. Unha sorte de beautiful people. De feito, as condicións laborais das traballadoras públicas nalgúns aspectos, nunca na súa totalidade, non son mellores que as que podemos atopar noutras compañeiras. Este argumento é reversible, polo que falar desta fasquía exclusivamente ten vocación de mantra. Pero a cuestión non é esa. Non nos equivoquemos. O asunto non é outro que enfrontar e restar co gallo de desautomatizar a solidariedade, provocando fracturas onde non pode habelas. Endemal, ese espazo no que se nos confina, e no que por veces nos autorrecluímos , unha clase privilexiada dentro da clase traballadora, é resultado do deseño táctico que o liberalismo emprega nas súas diferentes formulacións históricas co obxectivo de esfarelar o proxecto do proletariado para constituírmos a emancipación, a liberación de todas e todos. Xa que, fundamentalmente, o capitalismo sabe que o inimigo dividido é un inimigo derrotado. E a división debilita, abofé que debilita.

Mais esta debilitación, que ten a súa cerna na sectorialización, na división e no confrontamento dos que vendemos a nosa forza de traballo, desprégase en dúas direccións e maniféstase baixo predicados xa coñecidos de vello. Por unha banda, arelan chantar no noso centro de gravidade o instinto de conservación e a desmobilización a través da desidentificación coa clase traballadora como único horizonte posible no marco das relacións laborais. Por outra banda, a través do fraccionamento, devecen por crear as condicións favorables no interior das que nada temos para fomentar unha estrutura que reproduza, do mesmo xeito que o faría un espello, o conxunto da sociedade. Os mapas fundaméntanse na reprodución a escala. Esta desviación da loita de clases, que é levada ao interior da clase traballadora, é a farsa baixo a que aparece a alienación da man dun tardocapitalismo que fica deste xeito san e salvo pola vía da invisibilidade e da normatividade. Non só non visamos os nosos actos substraídos dos nosos intereses, senón que o inimigo se coloca fóra de campo, trasladándonos a súa función ao seo de todas as desposuídas: a clase traballadora rebélase contra si mesma. Así as mulleres, ao se incorporaren ao traballo asalariado, son unha ameaza. As estranxeiras, calquera outro traballador, é un adversario hostil. Tendo en conta esta perspectiva, cómpre máis que nunca que as traballadoras públicas respondamos estas agresións, para o que temos que pór en valor as ferramentas útiles que temos ao noso alcance. Xa que logo, pensar, organizarse, decidir e actuar no seo das clases traballadoras deste país é o único camiño que podemos percorrer os funcionarios para inserírmonos e axudar no proxecto de emancipación nacional e de clase.


O XORNAL INFORMACIÓN OBREIRA

11

páx. 16 OS ANÓNIMOS DA FÁBRICA

perdendo parte das súas patas ata convertérense en cigarróns. Chegou un intre no que as arañas xa non vían aqueles bechos como da súa especie. Os cigarróns estaban todo o día a mandar, sen rañala e a lamberlle o cu ao rei león. Pero as arañas quedaran desorganizadas e desanimadas despois das últimas loitas.

AS ARAÑAS E O LEÓN

(FÁBULA SINDICAL)1 «As arañas, de uniren as súas arañeiras, poderían matar a un león» Proverbio etíope

O león é, segundo din, o rei da selva. Pero había lugares nos que as arañas vivían en paz, a pesares de que, de cando en cando, o león viaxaba polos seus territorios e intentaba destruír a súa convivencia. O león non entendía que as arañas puidesen vivir sen aterse ás súas ordes. Onde o león gobernaba, o resto dos animais só podían deixarse comer por el. Houbo un tempo no que as arañas estaban tan organizadas que o león tivo medo. Daquela, o rei da selva ofreceulles un acordo con parte das demandas polas que loitaban había tempo: “Dareivos traballo seguro, sanidade, educación, servizos sociais, para vós e para os vosos, deixarei que elixades aos vosos representantes e subvencionareinos para que

poidan dedicarse plenamente á súa función”. Houbo gran debate entre as arañas: unhas decididas a aceptar o ofrecido e outras opóndose, por consideralo insuficiente ou temendo as malas intencións do león. As arañas opostas ao pacto entablaron duras batallas, e moitas morreron. Cando o león creu acabar coas arañas rebeldes declarou a “paz animal”. Contan que, a partir de entón, na chamada “selva do benestar”, as arañas estiveron máis divididas que nunca. Unhas tiñan que traballar a cotío, mentras que outras privilexiadas, por seren elixidas representantes, vivían sen dar pau á auga. A tal punto chegou a división que co paso dos anos as arañas preguiceiras foron

Como o león comprobou a debilidade das arañas, decidiu darlles o golpe definitivo. Convocou aos cigarróns e deulles instrucións: “A cousa vai mal, decídelle ás de oito patas que hai que traballar máis. Todas teñen que achegar o ombreiro para poder pagar o que lles concedín. Ademais, como teño moita fame, voulle comer unha pata a cada unha”, e, acto seguido, ameazounos con deixar de pagarlles se non convencían as habitantes das arañeiras. E alá van os cigarróns a convencer as arañiñas. Algunhas protestaron e os cigarróns tentaron convencelas: “só vos han comer unha pata, peor sería que vos comeran enteiras, non?”, “Ollo! Que podemos perder o que temos”. As arañas, desconcertadas, aceptaron e asinaron o pacto para evitar males maiores. Pero o león era insaciable, despois dunha pata, comía a segunda, a terceira…As arañas andaban coxas. Só os cigarróns vivían acomodados facéndolle as beiras ao rei. As arañas desesperadas empezaron a falar: “O rei vai acabar con nós… Os cigarróns non son dos nosos… Cando quedemos sen patas o león comeranos enteiras…”. Este conto acaba coas arañas reunidas en asemblea para decidir. Na selva corre o rumor de que as arañas lle perderon o medo ao león despois de acabaren cos cigarróns.

1

Este panfleto, de autoría anónima, foi atopado na taquilla dunha fábrica desmantelada por un ERE despois de donar todos os beneficios a unha fundación monárquica.


páx. 17 MOVEMENTOS SOCIAIS

UNHA ALDEA DE IRREDUTIBLES NÓMADES por FADI MBÁREK

«Unha man soa non aplaude» Proverbio saharauí

Dende as súas orixes nos anos 60 até o día de hoxe, o movemento de liberación popular saharauí no seu conxunto demostrou dabondo que o status quo actual non é unha casualidade histórica. Fundaméntase principalmente na súa gran capacidade de adaptación ás circunstancias que xurdiron ao longo destes 37 anos, na xenial habilidade das mulleres do noso pobo para reinventarse e, contra todo prognóstico, construír unha resistencia no exilio; no sacrificio e a solidariedade colectivos, deixando atrás as históricas loitas tribais; na silenciosa espera, calada a paus nas Zonas Ocupadas; na asimilación, aínda á forza, de conceptos totalmente alleos á nosa

organización social como foron o estado e as fronteiras. Hoxe en día a situación xeopolítica é ben diferente a daquela. Un muro de máis de 2.000 quilómetros divide o Sáhara Occidental de norte a sur, o cal ten a macabra marca de ser o máis grande do mundo despois da muralla chinesa. A proporción entre colonos e autóctonos nas zonas ocupadas supera o 11 a 1. Os recursos naturais, abundantes en peixe e minerais, están a ser espoliados e vendidos a cambio de armas para masacrar a poboación. Mentres tanto, o xenocidio contra a poboación saharauí non supón ningunha novidade aos ollos da

opinión internacional, cegada pola máquina de propaganda marroquí. Porén, o factor chave é o tempo. Dende o cesamento do fogo de 1988, Marrocos soubo administrar maxistralmente os tempos ao seu antollo para refrear o proceso, pospoñendo o referendo de autodeterminación en varias ocasións até levar a pelota ao seu tellado ante os ollos das Nacións Unidas, claros cómplices da estratexia alauita. A ONU, e máis concretamente o seu Consello de Seguridade, formado permanentemente por Francia, USA, o Reino Unido, China e Rusia, non achega ningunha seguridade para as aspiración do pobo saharauí; e non soamente iso, senón que acaba de desacreditarse máis se cadra ao aceptar a Marrocos como membro provisional. Así, a esperanza do pobo saharauí reside na súa capacidade para revolucionar o conflito contando exclusivamente co seu patrimonio humano. A mostra de que isto non é unha utopía reflíctese en antecedentes como o campamento de Gdeim Izik, que en novembro de 2010 converteuse nunha digna xénese das chamadas primaveras árabes; así como reivindicar, aínda con clara inferioridade de forzas, publicamente e sen farois, o seu dereito a conquistar a independencia polos medios a que teña acceso.


O XORNAL INFORMACIÓN OBREIRA

11

páx. 18 INFORMACIÓN SINDICAL

29 DE MARZO FOLGA XERAL por CUT

1 A evolución e xestión da crise Na CUT analizamos esta crise dende os seus inicios, a finais do ano 2007, coma unha crise de carácter sistémico. O modelo produtivo capitalista do século XXI, baseado no capital especulativo, levou ao estoupido que hoxe estamos a padecer.

A xestión da crise quedou nas mans dos mesmos que crearon as condicións para que esta aparecera, é máis, as solucións aportadas polos politicos de turno foron fortalecer e lexitimar aos causantes da mesma crise, chámense organismos internacionais como FMI, Banco Mundial... ou a banca en xeral.

Estamos xa no ano 2012 e o que albiscamos no horizonte é unha recesión sen tregua, recesión que imos pagar os traballadores e traballadoras. A única saída para este laberinto é cambiar o modelo produtivo neoliberal e se alguén pode facelo somos nós, a maioría social.


páx. 19 INFORMACIÓN SINDICAL

2 As súas mentiras O xestores do capitalismo, é dicir, os políticos, utilizan un discurso demagóxico no que pretenden culpabilizar á clase traballadora da situación que estamos a vivir. A finalidade non é outra que asumamos a responsabilidade da crise e polo tanto o pago da mesma. Mentres, os verdadeiros culpábeis seguen acumulando ganancias (aumentou o consumo de produtos de luxo, aumentaron as fortunas dos millonarios, aumentarons as ganancias das grandes multinacionais, aumentan os beneficios da banca...)

3 Por que minten? Porque precisan manter o seu estatus, precisan seguir acumulando capital e para iso precisan convencernos de que as súas medidas contra nós son inevitábeis: recorte do gasto público, privatización da sanidade e da educación, reformas laborais, discriminación de xénero, man de obra escrava... Aproveitan o estado de shock no que nos atopamos (shock derivado da fin do soño capitalista para a clase traballadora e derivado do adormecemento interesado da ideoloxía coa complicidade da esquerda oficial) para impoñer un ritmo de reformas sen freo.

4 Que ocultan? Ocultan que o gasto social do Estado español é dos máis baixos da Unión Europea,

ocultan que a débeda é baixa, ocultan que a función pública ten moitos menos empregados que calquera outra en países das condicións do español, ocultan que as grandes fortunas son das que menos tributan da Unión Europea, ocultan que as entidades bancarias evaden cartos nos paraísos fiscais, ocultan que o salario perdeu un 20% de poder adquisitivo nos últimos 10 anos, ocultan que a nosa subsistencia e consumo absurdo estivo sostido no crédito porque non tiñamos cartos, ocultan que a temporalidade laboral vai en aumento dende os anos oitenta, ocultan que o 50% da mocidade está no paro e o resto en traballos precarios; ocultan que as sucesivas reformas laborais só empeoraron as condicións laborais dos traballadores e traballadoras, cargaron as contas públicas en beneficio dos descontos á patronal e destruíron emprego. Minten e ocultan.

5 Por que debemos ir á folga? Preguntas e respostas O discurso dos diferentes gobernos, da cor e da administración que sexan, é monotemático: non é o momento de facer folgas, non van servir para nada, toca arrimar o hombreiro. Aproveitan o noso medo e o estado de shock antes mencionado para desmobilizarnos. Aqueles e aquelas que teñen dúbidas deixánse arrastrar polos que aproveitan calquera escusa para agocharse, e os compañeiros e compañeiras máis decididas atópanse na frustración. Este é o contexto psicolóxico ao que nos enfrontamos, pero é un

contexto interesado que non responde á realidade. Debemos preguntarnos como se conseguiron os dereitos que agora estamos deixando escapar: foi facéndolle caso ao discurso dos gobernos, da patronal, dos esquirois... ou foi porque os nosos devanceiros pelexaron sen descanso ata conseguir os obxectivos? Debemos preguntarnos se estamos dispostos e dispostas a ser os responsábeis de que os nosos fillos, fillas, netos e netas sexan escravas co noso consentemento, senxan escravos porque nós non fixemos nada por evitalo. Debemos pregutarnos se a memoria dos que pelexaron por nós hai que tirala ao lixo. Debemos responder que hai que ir á FOLGA O DÍA 29 DE MARZO porque será o primeiro paso para cambiar o rumbo, o primeiro paso para que sexamos nós os que escribamos a historia. Se queremos ter educación e sanidade pública, se queremos ter condicións de traballo dignas, se queremos esquecer a emigración, se queremos construír o noso futuro PODEMOS FACELO PORQUE OS TRABALLADORES E TRABALLADORAS SOMOS A MAIORÍA, PORQUE NADA SE CONQUISTOU DENDE A CASA E NUNCA NADA NOS REGALARON.

29 DE MARZO FOLGA XERAL. POR TI, POLOS TEUS, POR NÓS!!!


O XORNAL INFORMACIÓN OBREIRA

11

páx. 20 MOVEMENTOS SOCIAIS

CULTURA, ULA?

empresas de servizos técnicos e loxística espectacular. Está na beira do abismo o sector das industrias culturais de Galicia que segundo os informes da propia AGADIC constitúe o 2% do PIB, extraemos do comunicado da PLATAFORMA DAS ARTES ESCÉNICAS.

por MÓNICA CAAMAÑO

E que acontece con estructuras piares no desenvolvemento da cultura propia, conformadora da nación, coma o Centro Dramático Galego, o Centro Coreográfico Galego, a rede de Bibliotecas Públicas e o sector do Libro galego, a CRTVG, a consolidación do audiovisual galego...? Silencio e incerteza.

OU COMO HEI VIVIR MAÑÁ SEN A LUZ TÚA

A Cultura do noso país está a sufrir unha dobre crise. Á crise económica súmase a da política sen proxecto nin plans de futuro, de improvisación e desidia, de mala xestión e ineficacia administrativa dos responsabeis da AGADIC (Axencia Galega das Industrias Culturais), da Consellería de Cultura e da Xunta de Galicia. Tal era o encabezamento do comunicado que o sector das Artes Escénicas sacou á luz co gallo das mobilizacións que no outono pasado levaron até a Cidade da Cultura a varios centos de profesionais e estudantes, para se manifestaren ante o Presidente Feijóo e o daquela Conselleiro de Cultura Varela Fariña, aproveitando un encontro internacional promovido pola Fundación Gaiás e a extinta Consellería. A invernía xa estaba enriba, e profesionais e estudantes da Escola Superior de Arte Dramática, da que xa están a saír as primeiras fornadas con formación específica, consideraron a necesidade de se constituíren en PLATAFORMA DAS ARTES ESCÉNICAS, para deseñar accións conxuntas, análises reais da situación, que contrarestren os números interesados que dende o poder só falan de inversión, gasto, rendibilidade, esquecendo o servizo público. Como seguía informando o comunicado arriba sinalado, As Artes Escénicas precisan da axuda pública que devolve como un servizo ao público. O público galego ten o dereito a gozar dos espectáculos producidos no noso país. Lonxe de velar polo desenvolvemento, promoción e difusión das Artes Escénicas de Galicia, o goberno actual está disposto a desmantelar o tecido creado nas

últimas décadas. O uso e fomento da lingua galega está freado por decretos como o do plurilingüismo, a falta de apoio e de axudas á cultura de base e a priorización de proxectos alleos nun alarde de cosmopaletismo que coloca a nosa práctica escénica en condicións de marxinalidade. Abdicar dos principios básicos da nosa identidade é atacar os alicerces da nosa cultura. Semella que temos o inimigo na propia casa. E efectivamente, velaí a realidade: hoxe, nin Consellería de Cultura temos, claro indicador do concepto de cultura e de país que agachan as directrices da administración pública, que fachendean de industrias culturais e do exitoso percurso dos profesionais cara a galería, sen reparar nas nefastas consecuencias da ausencia de políticas activas e do estrangulamento da actividade cultural en xeral, se esta deixa de ser unha prioridade ao abeiro da nova superconsellería de Jesús Vázquez. Educación e Cultura esixían intercomunicación e desenvolvemento de proxectos transversais, consensuados e ben asentados na formación de base; pero en absoluto confiamos que a vaia ter agora baixo mínimos e co desprezo amosado cara a cultura galega. Está en risco unha profesión e o traballo de centos de traballadores e traballadoras (da interpretación, do circo, da maxia, titiriteiros e titiriteiras, bailarins e bailarinas, directores e directoras, dramaturxistas, profesionais da producción, deseño de escenografías e execución das mesmas, figurinistas, iluminadores, atrezistas, músicos...) Están en risco de desaparición as compañías de teatro, as

E polo medio, a falacia do saneamento das arcas públicas que polo Estado Español adiante abandeira o Presidente Feijóo: mentira tecida sobre o afogamento dos profesionais que resisten (até cando?) a falta de pagamentos das axudas comprometidas do 2011 e dos traballos xa realizados, alén de viviren na incerteza ante a falta de respostas sobre que vai acontecer, que plans de acción teñen, que lle garantizan ao público, á cidadanía en definitiva. O sentimento da profesión é a de asistiren a un desmantelamento silencioso, que pode levar por diante os cimentos do que quixo ser a consolidación dunha parte esencial da cultura do noso país. Ficará a memoria? Pero como pode vivir un país sen futuro? Aí está tamén a razón das Artes Escénicas: preguntas sen fin, sementar a inquietude e tamén a esperanza, avivar o espírito crítico, alicerce democrático, construir soños erguendo outros mundos posibeis nos escenarios. As xentes que habitamos o eido da cultura (terreo en man común da cidadanía no seu conxunto), negámonos a ser fornecedores de contidos para os andeis subterráneos na megalomanía da Cidade da Cultura. E como no outono, na primavera voltaremos á rúa e aos teatros trala pancarta CIDADE DA CULTURA? A CULTURA NAS CIDADES!


páx. 21 ENSINO

RECORTANDO A DEMOCRACIA por STEG [SINDICATO DE TRABALLADORES E TRABALLADORAS DE ENSINO DE GALIZA]

De todos os recortes que se están a realizar en educación en Galiza o máis alarmante é, sen dúbida, o realizado á democracia. Porque se recorta en democracia non soamente a través de partidas económicas cada vez máis reducidas naqueles aspecto que inciden directamente sobre a atención á diversidade nas aulas e, xa que logo, na igualdade de oportunidades reais entre o alumnado; a Consellaría de

Educación en Galiza consegue, ademais, recortar a democracia mesmo a través daqueles proxectos –proxectos estrela, cabe chamalos polo uso propagandístico que fai dos mesmos– nos que maior esforzo económico inviste. Sirvan de exemplo a xestión do Proxecto Abalar (integración das TICs na práctica educativa), os chamados contratos-programa (reforzo educativo, proxectos de lectura, convivencia, abandono escolar,

excelencia académica) ou a rede de centros plurilingües…En todos eles a Administración preséntase ante os docentes e os medios de comunicación como a xestora duns recursos escasos que se entregarán a aqueles centros que máis méritos logren nun baremo no que o que máis se puntúa é dispor de medios propios para levar adiante ditos proxectos. Así, aqueles centros mellor dotados por cuestións diversas, se converten nos destinatarios dos escasos recursos “ a maiores” que a Administración está disposta a achegar nestes tempos de “austeridade orzamentaria”. A ninguén se lle escapa que con este tipo de políticas se acrecenta a desigualdade entre centros – e entre o alumnado–, pero parece que á Consellería non só non lle xera ningunha contradición conculcar este principio básico da educación como dereito –a igualdade de oportunidades– senón que tampouco ten pudor ningún en articular un discurso público que evidencia a súa falta de compromiso co mesmo.


O XORNAL INFORMACIÓN OBREIRA

11

páx. 22 ENSINO

Amparada no dogma neoliberal da competitividade, a Xunta receita para os centros educativos as “regras” do mercado: competencia entre eles polos recursos económicos e materiais, premiando “aos mellores” e obviando que nesta loita que inevitablemente deixa á maioría dos centros como “perdedores”, levamos por diante dereitos de alumnas e alumnos. E non soamente isto…a propia Consellería fai declaracións nas que fala de centros “con profesorado máis comprometido”, alimentando unha imaxe de excepcionalidade naqueles que conseguen algún dos seus “proxectos estrela”, que repercute negativamente na imaxe do conxunto do profesorado. Non debe de nos sorprender esta situación, por dúas razóns: - En primeiro lugar porque a igualdade de oportunidades non foi nunca o principio democrático no que se asente esta dereita que agora nos goberna, senón máis ben todo o contrario: nunca recoñeceron que as desigualdades de partida son dificilmente superábeis nunha sociedade que, se ben recoñece formalmente o seu desexo de o conseguir, está moi lonxe aínda de o garantir. Ao contrario do que aquí afirmamos, a

O noso primeiro obxectivo é concienciar á sociedade galega de que os servizos públicos non os pode defender soamente o funcionariado; que esta crise que tanto sufrimento persoal e colectivo está a producir, non pode levarse por diante conquistas sociais que tanto custaron ás xeracións que nos precederon

dereita proclama que vivimos nunha sociedade na que, con esforzo persoal, calquera pode conseguir o que desexe.A cultura do esforzo permeou o sistema educativo responsabilizando de paso, individualmente, a cada menor das desigualdades das que son principalmente vítimas…

máis duros da “era Fraga”, que chegamos a considerar durante algún tempo superada, e na que, a unha poboación maioritariamente envellecida e cun déficit histórico de formación democrática, resulta difícil explicar a importancia da separación entre “goberno” e “partido no poder”.

- En segundo lugar, cabía esperar que a Consellería que inaugurou o seu mandato pervertendo a noción de liberdade da que se proclama defensora, arremetera contra o principio de igualdade con menos miramentos. Desde o STEG queremos lembrar aquí que, antes dos recortes en profesorado que mobilizaron a tantos docentes este curso, a educación en Galiza viviu un dos seus paros máis masivos e a manifestación máis multitudinaria en protesta contra o chamado “Decreto de Plurilingüismo”, ou, aínda que soe paradoxal, en defensa do galego. Durante meses a sociedade galega asistiu perplexa a un debate promovido por algúns medios e moi lonxe das demandas da sociedade sobre a necesidade de defender o castelán no noso sistema educativo e de garantir a liberdade das familias para escoller a lingua de escolarización na etapa infantil. Sirva de exemplo da perversión do sistema deseñado, e da liberdade que tanto proclamaron que, se no primeiro ano de aplicación deste decreto o 40% das familias demandaron unha escolarización en galego, soamente o 12% viu atendida a súa demanda…

Entre as consecuencias concretas desta propaganda cabe sinalar que, a visión maioritaria da sociedade galega sobre o conflito aberto en educación, é a de que se trata dun conflito laboral que pouco ou nada ten que ver coa calidade educativa. O profesorado galego protesta porque lle quitaron os privilexios que alcanzaran nos últimos anos – os do bipartito–, limitándose a administración a xestionar de modo eficiente os recursos dos que dispón, para beneficio do conxunto da sociedade, máxime en tempos de crise. Ocultos quedan os recortes en horas para proxectos de dinamización nos centros, o aumento de materias afins que leva a situacións como a de ter docentes de PT (pedagoxía terapéutica) e AL (audición e linguaxe) sen cualificar atendendo a alumnado con necesidades educativas específicas, a eliminación de desdobres nas aulas…

Non podemos deixar de mencionar, se de recortes democráticos estamos a falar, o uso propagandístico que a consellería fai de medios institucionais, dos ataques públicos aos sindicatos ou do control ao que someten aos precarizados medios de comunicación galegos… Se ben ante a magnitude dos outros recortes o da propaganda poida parecer un tema menor, non podemos banalizar o alcance que ten tanto na súa dimensión simbólica como nas súas consecuencias reais. No plano simbólico retrotráenos aos anos

O STEG, desde as primeiras mobilizacións a finais do curso pasado, fixo especial fincapé na repercusión dos recortes laborais sobre a calidade educativa, e nesta liña mantemos o noso discurso sindical ante o goteo constante de medidas que, día a día, evidencia que o propósito da Consellería non é outro que o de reducir custos, ao prezo que sexa (a última delas: a presentación do Anteproxecto de Lei de Medidas no Emprego Público). O noso primeiro obxectivo é concienciar á sociedade galega de que os servizos públicos non os pode defender soamente o funcionariado; que esta crise que tanto sufrimento persoal e colectivo está a producir, non pode levarse por diante conquistas sociais que tanto custaron ás xeracións que nos precederon. Temos a obriga moral de as preservar, e nesa loita estamos.


8DÍA DE MARZO INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA COMPOSTELA


«Chegou o día despois de anos, meses, horas… O estalido da carraxe e do goce mesturounos coa desexada esperanza. No camiño mudei para sempre. As mans, as voces, os folgos, as apertas, as vivencias, as latricadas das compañeiras espertáronme ó feminismo. Agora sí que aprendín, que me indignei, que reín, que cantei, que me emocionei... Agora xa son loita no camiño da Revolución». Cris Blanco. Vigo


«O de hoxe foi un día que non hei de esquecer. Ver a tantas e tan diversas mulleres, loitadoiras, rebeldes, alegres, bravas, libres, lindas, loucas, xuntas, tomando a rúa para reivindicar os nosos dereitos. Sentir como tomaba corpo a cooperación, a confianza, a unidade na diversidade, o desexo de construír colectivamente, deixando a un lado os egos e as dinámicas de poder para fiar un xenuíno camiñar feminista... Podémolo facer, hoxe o demostramos. Agora toca seguir desenredando a madeixa e reinventando outros xeitos de vivir e de loitar polo que nos pertence, minhas queridas ‘obreiras da dignidade’. Gostaba de facervos saber do enorme pracer que foi pra min camiñar ao voso lado e do moito que aprendín nesta andaina. Moitísimo obrigada pola vosa forza, compromiso, disposición e enerxía. Foi unha mobilización fermosa, estou convencida que non tería sido igual sen o tempero que puxeches cada unha de vos, da vosa única e especial maneira». Mari Fidalgo. Compostela


«E, de súpeto, o mar: a furiosa e alegre rebeldía do Atlántico Norte enchía os meus oídos. Só moito máis tarde viría a entender que estar tamén é dar. Non queriamos ter a terrible limitación de quen vive só do que ten posibilidade de ter sentido nun mundo aínda moi contaminado polo patriarcado. Nós non: queriamos si unha verdade inventada, queriamos unha nova realidade... Entón, onte, saíndo da estación de tren e camiñando ata a Praza da Quintana, estaban mulleres de todas as cores, de diferentes idades, de moitos amores... Mulleres de guerra e de paz... Mulleres de todo tipo: atrevidas, acanhadas, vividas... Mulleres casadas, mulleres solteiras, mulleres felices... Ata doncelas, e ata meretrices... Vestidas de lila, con máscaras brancas e carteis en man, para denunciar, para en silencio falar berrando: loita! Loita porque os dereitos das mulleres non son un regalo da Historia, senón mais ben unha consecuencia directa da loita de moitas e moitas mulleres e durante moito e moito tempo. Os dereitos das mulleres son o logro desta loita. Seguimos». Fabiana Corrêia. Compostela




páx. 29 OPINIÓN

FRAGA IRIBARNE: UN FUNERAL POLA HISTORIA por XABIER CORDAL

O pacto entre o franquismo e a oportuna socialdemocracia tutelada polos EE.UU. tivo un verdadeiro problema para delimitar as diversas categorías de asasinato. Non lle conten detalles xurídicos ou cronolóxicos a un estranxeiro; visto desde fóra é fácil perderse. Matar a Carrero Blanco foi terrorismo; liquidar obreiros en Vitoria, un suceso de Orde Pública; executar a Xosé Humberto Baena, unha decisión xudicial. Anos despois a democracia española honrou postumamente a Melitón Manzanas, colaborador da Gestapo. A Restauración prohibira o que para a Europa de posguerra foi un deber moral. Aínda que varios responsables de xenocidio acabaron dirixindo empresas en Alemaña ou felizmente exiliados ao outro lado do mar (e a este tamén: Espasante), houbo Nüremberg e houbo sentenzas para os xerifaltes de Vichy. Aquí os xuíces, os policías, os responsables civís, continuaron exercendo. Reconciliarse era aceptar esa continuidade. Énos todo cousa sabida, coma a solución das preguntas retóricas que veñen a seguir: ¿por que as organizacións representativas á

esquerda do PSOE non berraron sen descanso –en Madrid, no Tribunal da Haia e na ONU– por un macroproceso contra o franquismo, simultáneo á anulación dos xuízos e das condenas perpetradas polos criminais? ¿Por que non se alentou unha rexeneración democrática no ámbito da dereita inhabilitando para exercer cargo público a quen se significase durante a ditadura? ¿Quen blindou a primeira maioría absoluta de Fraga contra a fraude na circunscrición de Ourense, con sacas de voto emigrante irregular e gravísimas incidencias en varias mesas? ¿Por que se protexeu a continuidade do Partido Popular cun liderado do PSdG que confesaba publicamente admiración por Fraga? ¿Por que a dereita económica coruñesa deu as costas durante varias lexislaturas, un tras outro, aos candidatos do seu propio partido? Non debe estrañar o pranto por don Manuel, modulado do norte ao sur do arco parlamentario. El cumpriu coa Restauración realizando unha inesperada síntese (aplaudiría Vicente Risco ata que lle rabearan as mans) entre as hordas que seguían a mostrar con

orgullo o cinto dourado da Falanxe, os caudillos comarcais convertidos en próspera xente de empresa e a tropa de asalariados e pequenos produtores educada no nacionalcatolicismo. Ninguén parece recoñecer a vitoria dunha parte dos nacionalismos de preguerra nesa viraxe. Ampla autonomía política e oficialidade de cada lingua nacional eran o programa de mínimos; derrubalo enteiro outra volta, despois de masacrar os seus líderes, encamiñaba a un modelo de confrontación e poñía en perigo a estabilidade pactada no bloque occidental para cando o ditador morrese. A cada excepcionalidade identitaria correspondeu un deseño de oposición que partillaba cotas de poder entre as forzas que renunciasen a calquera veleidade rupturista. Para Galicia acordouse a destrución das siglas nacionais e certo recoñecemento no eido da cultura. Por moito que a evolución dos días atrancase pedras na engrenaxe –o PCE ía escoando cara a posicións marxinais–, o programa seguiu o seu curso. Tras asignar o control preautonómico aos clans da


O XORNAL INFORMACIÓN OBREIRA

11

páx. 30 OPINIÓN

ditadura cumpriu virar sobre a marcha. Galicia sería nacionalidade; o idioma, oficial. Ofrecer menos ca iso (proscribir a lingua ou obrigar o noso país a compartir café coas autonomías rexionais) significaría entregar á esquerda nacionalista a lexitimidade para a ruptura, con consecuencias imprevisibles. Dito doutra maneira: se naquel tenso contexto político, sindical e cultural de 1989 Manuel Fraga escollese desembarcar cun Español como tú ou mesmo Gallego como tú, o fracaso parecía seguro. As sucesivas frustracións da candidatura á Moncloa debéranse xa a unha obviedade, que é como chamariamos ao consenso social se nunca tivésemos lido a Débord: a de que o franquismo era un espectro. Tal obviedade espectacular alegrouse de esquecer a vixencia das antigas familias empresariais, xudiciais, relixiosas e educativas; iso que agora recordan de súpeto os defensores de Baltasar Garzón. O party que celebraba a presunta desaparición do Réxime viña inducido polos medios, sobre

Pero a Historia sempre encontra oportunidade para repetirse. O máis inquietante do funeral de Perbes non foi que altos cargos deste Reino formalmente democrático dirixan un coro de beatificación, senón que as súas prácticas e obxectivos actuais superan xa pola dereita ao último Manuel Fraga Iribarne

todo El País e TVE (non excluamos Madrid me mata). No imaxinario español Fraga representou o espectro franquista. Unicamente renegando del, isto é, converténdose en arrepentido (se cadra lle abondase calmar o ton de voz e non deglutir as sílabas átonas), ingresaría o exministro no catálogo da modernidade. Pero case todos os camaradas do Movimiento eludiron a contrición, sabendo incluso que a perda do máis reseso electorado multiplicaría un voto novo, ávido de homologarse coas dereitas europeas. Escolleron pechar filas por encima mesmo do previsible éxito electoral. No entanto, cando seguiu por fin o consello do axente anticomunista Felipe Fernández Armesto e aspirou ao triunfo vitalicio emulando o bávaro Strauss, Fraga comprendeu que a investidura –sen renunciar ao orgullo de ter traballado para o Ditador– esixía tragar un sapo. O galeguismo gañara con sangue e intelixencia un notorio aprecio social. Non lle vos quedou remedio. Tragouno nun servizo público, lonxe dos escoltas. Escorreu o cuspe, arrubiáronlle os globos oculares, revoou a foto de Ánxel Casal coma estreliñas dentro da cabeza. Tirou da cisterna, encarouse co espello e saíu. Ao baixar de novo do coche oficial –e ante a incredulidade da galegofobia– xa estaba instalado nunha gramática e fonética bastante mellores ca as de González Laxe. Ao fin, Cunqueiro enviáralle un capón todos os anos. O verdadeiro Photoshop non foi logo o que lle tiraba as enrugas nas campañas, foi a conversión daquel individuo que dera clase con fusta e uniforme no epítome do galego feito a si mesmo. Sabía que o voto xenealoxicamente fascista lle sería fiel, así que só faltaba convencer un sector menos ideoloxizado, frecuente pasto do clientelismo, que adiaba os escrúpulos fronte á idea dun Presidente con proxección internacional. Trocando principios

por sufraxios na Galicia mariñeira e interior, Fraga Iribarne asegurou aos xeques de provincia –franquistas de Franco e logo de Euloxio Franqueira– ingresos estables e non inxerencia no negocio. A complicidade de Alfonso Guerra fixo o resto. O noso país despertou nun horrendo flashback que seguía reservando sorpresas: o discurso de Fraga enternecíase citando poetas e comezou a rodearse de colaboradores que pensaban en galego. Malia que os foi sepultando, conforme o vello costume, aprendeu que un verniz rosaliano apontoaba maiorías absolutas. Para amarrar ben o tándem entre control clientelar e posibilismo galeguista, versión conservadora do piñeirismo que rematara no PSOE, monopolizou a lealdade dos medios de comunicación. Tras consagrar a vida á servidume –á aniquilación do adversario roxo e separatista–, comezou a gozar o pracer clandestino da independencia (a súa). Instituíu medallas Castelao, tendeu pontes con Fidel Castro, abriu embaixadas, propuxo unha administración única (a súa) e acabou exasperando a sede de Génova. O vello admirador de Carl Schmitt vencérase a si mesmo definitivamente. Amaba Galicia. “Estes de Madrid non comprenden nada”, sorriu na soidade do seu despacho, tras a paparota do Monte do Faro. As reapropiacións desde e para o poder non só cementaban a procesión eterna de gaitas deconstruídas, senón que atacaban a cerna do galeguismo baleirando a súa mensaxe de liberación e mostrándonos cómo algunhas vontades se venden por un prato de lacón con grelos. O simulacro, a navalla de dobre gume, comezou por desfigurar símbolos do inimigo, Nós. Chegou ao clímax expropiando os orzamentos públicos para a cultura ata parodiala e enclaustrala no Gaiás baixo a forma dun mastodonte.


páx. 31 OPINIÓN

O idilio fraguiano coa Nai e Señora afundiuse abruptamente nas revoltas do Prestige. Tres lustros de lindos paseos marítimos, parques industriais desolados, empresas paralelas, desbaldimento de fondos, corrupción. O dedo aznariano sinalou a Xosé Cuíña ónde quedaba a porta de servizo. Cando a ira do pobo, desactivada máis tarde polas direccións do BNG e do PSOE, xubilaba anticipadamente o virrei, o Imperio aproveitou e fixo estoupar unha crise que viña coma anel ao dedo para os intereses de quen goberna. De quen en verdade goberna. Chegou o servizo de desinfección. Caras rasuradas e acentos exóticos promocionaron con rapidez. Comunicaron aos caciques provinciais, ás veces enviando notificación desde o xulgado, que debían despedirse ou conservar o

sorriso e aceptaren a Orde. O sicario neoliberal porta no sobaco un novo credo, libre por fin da imposición, da excepción galega, das debilidades do peronismo. Despezaron a máquina de poder marca Iribarne, capital de autoconsumo, e trouxeron unha do trinque, dixital, con mando a distancia. O estarrecedor das honras ao fundador do PP, logo, non é o silencio das vítimas, nin o cinismo do actual xefe do goberno falando de paixón pola liberdade, nin o panexírico de José Blanco. Tales actitudes e a súa moral de peaxe ilústrannos, sinxelamente, acerca dos motivos polos que cadaquén chega onde chega. Por certo que amnistiar a biografía do mandatario da Xunta culpando o pobo que o votou é unha acusación velenosa.

Nunca deu habido Estado de Dereito porque o franquismo non respondeu perante el. De existir actuaría conforme aos Dereitos Humanos: a recua de executores, de cómplices, de apoloxetas do terror, morrería anciá na casa cun enterramento digno; ninguén condenaría as familias a vagar durante dúas xeracións para localizar a fosa e identificar cada corpo. Pero a Historia sempre encontra oportunidade para repetirse. O máis inquietante do funeral de Perbes non foi que altos cargos deste Reino formalmente democrático dirixan un coro de beatificación, senón que as súas prácticas e obxectivos actuais superan xa pola dereita ao último Manuel Fraga Iribarne. A comitiva fúnebre escenificou tamén a clausura dunha época na que a patronal aínda precisaba articular consensos.



páx. 33 OPINIÓN

PROBLEMAS DA CULTURA por DANIEL SALGADO

I A cultura é un campo de batalla, non un camposanto. Se a cultura non orixina incertezas, non resulta problemática, non instaura divisións entre os seus actores, non pelexa pola verdade, non intercede a prol de mudanzas nos imaxinarios hexemónicos, vira en funcional ao estado de cousas. E o estado de cousas lexitima a explotación do ser humano polo ser humano. II O sentido común dominante ampara e xustifica tres reformas lexislativas contra os dereitos do mundo do traballo ou a existencia de campos de concentración para traballadores inmigrantes. O sentido común dominante tende ao fascismo. Como se posiciona a cultura no combate por abrogar o sentido común dominante? III A ideoloxía –os ideoloxemas– da industria cultural reina no pensamento nacionalista sobre a cultura. Amais de esquecer a base material da mesma e a loita de clases, a creación de plusvalía –o cerne da explotación, segundo os clásicos– ou as consecuencias estéticas que implica, sitúase, sen matices, no campo do capital. IV É posíbel construír unha cultura que se opoña ao modo de produción dominante? Existe, pero, mentres o capitalismo sexa a

lóxica hexemónica na organización social, unicamente de maneira precaria e contraditoria, insuficiente e ao tempo ousada. V A cultura debe pensar en maneiras de escapar da lóxica mercantil. Debe pensar en repolitizar conceptos desprezados pola esquerda do capital como voluntarismo, resistencia, marxes, anormalidade, excepción. Debe marcar o seu terreo e impedir que o partido da orde impoña os límites do mundo. VI O galeguismo político e cultural hexemónico fixo por neutralizar discursos potencialmente críticos e reducilos a lecturas homologadoras. A súa querenza por unha cultura defensiva produce unha anulación da contradición, un rexeitamento do conflito, que inmobiliza as prácticas culturais, que as conduce á taxonomización dos repertorios. O galeguismo político e cultural hexemónico, construído en boa medida á marxe do exilio e das procuras decoloniais e marxistas, supedita a acción a un fin transcendente. É, daquela, teleoloxicamente retardatario. VII A razón instrumental é propia da etapa actual do capitalismo: a razón como instrumento para a obtención do lucro. Unha outra cultura oponse a esa estratexia, pero non

debe esquecer o inferno da produción, ese que está por baixo da superficie buliciosa do mercado. VIII O curso dos tempos esixe unha cultura contraria ao cinismo e que faga da cuestión da moralidade –a súa e a nosa– tese principal. Os combates son en todos os frentes e, daquela, a especialización e a impugnación da vontade totalizadora só serve aos intereses do partido da orde. IX A constitución dunha cultura da sospeita, que en ningún momento dea nada por sentado, que investigue máis alá dos discursos da instancia de poder, que se enfronte ás castes sacerdotais, que prepare as liñas de fuga e as ferramentas de subversión da paisaxe, que non ceda e que respire en contra dunha vida fascista, é obxectivo prioritario. X Louis Althusser –Sobre Brecht e Marx, 1968: (...) o que contan son os feitos novos, as prácticas novas, dá igual se os feitos e as prácticas revolucionarias non son o obxecto de discursos teóricos explícitos e impecábeis. É na práctica filosófica de Marx e de Lenin, é na práctica teatral de Brecht onde nós podemos descubrir o seu coñecemento, máis ou menos explicitado, da natureza e dos mecanismos do seu obxecto, a filosofía e o teatro (...)


O XORNAL INFORMACIÓN OBREIRA

11

páx. 34 OPINIÓN

A INCINERADORA DO IRIXO. PRONÓSTICO DE FUTURO PARA O PAÍS por PEDRO ALONSO

Galiza como espazo de consumo, Ourense como colonia interior Provincia de Ourense e mensaxes como “marco incomparable”, “paraíso perdido” ou “natureza e paisaxe” van da man en numerosas revistas e webs

especializadas de turismo rural. Mais boa parte do que se denomina Ourense provincia é un berro cativo, unha ollada ao baleiro. A maioría dos concellos desta “provincia” camiñan inexorabelmente cara un ermo profundo e silencioso. Basta con

ollar as estatísticas de poboación e de emprego, de actividades económicas, de solicitudes de licenzas de construción ou de nacementos e defuncións para nos decatarmos que a fenda é a cada ano moito maior, xa case insalvábel. Nese contexto, Ourense fica como colonia interior da faixa urbana atlántica galega e, máis concretamente, do conurbanato de Vigo-Pontevedra máis a cidade auriense. Nese rol reservado de colonia interior, o proxecto de incineradora é unha pedriña máis no rosario de aberracións reservadas para ese deserto. Lembremos o proxecto do bipartito, concretamente de Pachi Vázquez, de converter unha parte do Ribeiro en almacén de lodos de depuradora. Incineración e taxas de reciclaxe. A urdime do engano No caso que nos ocupa, a Xunta do PP pretende levar para O Irixo unha nova incineradora para aliviar a situación pola que atravesa a de Cerceda, impulsada polo mesmo partido a fins do século pasado. Cómpre escoitar


páx. 35 OPINIÓN

outras opinións. Como a de Joan Marc Simon, experto na materia, que escribe na revista Residuos: “A solución a unha bañeira que se baleira non consiste en engadir auga constantemente senón en tapar o buraco. Todo apunta a que en España se quere solucionar o problema da xeración de residuos cun substancial incremento da capacidade incineradora en lugar de inverter en políticas de prevención, recollida selectiva, reutilización, reciclaxe e compostaxe”. Esta perspectiva mesmo é referendada pola UE a través da directiva marco de residuos 2008/98/CE, aprobada hai xa 4 anos. Nesa directiva preténdese que os países membros desenvolvan unha política seria de tratamento de residuos, contemplando a incineración como valorización enerxética, sempre que cumpra uns criterios determinados de consumo e produción de enerxía. Isto non significa que a directiva non persiga incrementar notabelmente as porcentaxes de redución, reciclaxe e reutilización, o cal recoñece como urxente. Na actualidade, cada persoa en Europa produce 513 quilos de lixo ao ano e só se recicla o 24% (informe de Eurostat, 2007), mentres que no Estado Español esa cifra é do 15%, indo á lixeira o 52%, fronte ao 38% da media europea. En Galiza, a porcentaxe de residuos que se reciclan non chega ao 10% (SOGAMA recicla o 6,8% dos residuos que recolle). O estudo de Eurostat revela grandes diferenzas entre os 27 estados membros, de maneira que mentres Alemaña recicla o 48% dos 587 quilos de lixo por persoa e ano, Chipre produce 778 quilos por persoa e ano, enviando o 86% desa cantidade á lixeira. Neste punto, é interesante deterse un momento para coñecer o que acontece en Alemaña. Ao respecto, escribe o citado experto J.M. Simon: «En Alemaña decidiuse prohibir a opción das lixeiras (1%) e apostar

pola prevención, a reciclaxe e a compostaxe (64%), e potenciar a incineración (35%) como única opción finalista de tratamento. O resultado foi unha satisfactoria taxa de reciclaxe e compostaxe, pero unha competencia feroz polos residuos coa incineración: as políticas de reciclaxe foron tan exitosas que acabaron competindo coa incineración. O Director Xeral do Ministerio de Medio Ambiente alemán, Dr Helge Wendenburg expresou a súa preocupación: «a industria papeleira ten razón cando menciona a importancia de que a enerxía de reciclar papel non se perda por culpa da sede de materiais das plantas incineradoras.» Actualmente varias plantas incineradoras non teñen suficientes residuos para traballar ao 100% e Alemaña é un importador neto de residuos (2 millóns de toneladas)”. Engadiríamos nós aquí: curioso mundo o que considera que hai residuos de primeira, dignos de importación, e residuos de segunda, perigosos, de obrigada exportación, por exemplo, a Somalia. É evidente que a incineración move capitais e pode ser un negocio. De tal maneira que, en España e en Galiza, o interese na parte que reclasifica a incineración en recuperación –valorización enerxética– reside, exclusivamente, nas oportunidades de negocio que implican, e no desleixo en impulsar un modelo alternativo conforme aos obxectivos da directiva mencionada. O problema é que a propia directiva permite o impulso de incineradoras ao establecer criterios de baremación da eficiencia enerxética destas instalacións de forma interesada. Dese xeito, as incineradoras actuais chegan a obter taxas de eficiencia dun 0,60 cando na realidade, se se aplicasen os baremos e fórmulas adecuadas, esa eficiencia non alcanzaría o 0,50, é dicir, o 50% da enerxía consumida na incineración. A pregunta é: logo se gastan moita máis enerxía da que producen, de

onde sacan os cartos? A resposta cadra co que está acontecer con esta longa “crise”: son os concellos, é dicir, nós, quen pagamos o negocio de SOGAMA a través das facturas do lixo. E neste artigo o espazo non dá para meternos co que realmente fan co lixo. Galiza cara unha nova e definitiva etapa de dilución nacional Pois, chegado este punto, volvamos á paisaxe inicial. Unha Galiza interior chea de aldeas baleiras, sen voz. Unha Galiza litoral que concentra máis de dous millóns e medio de habitantes nunha faixa urbana ou metropolitana sen apenas discontinuidade entre Tui e Ferrol. Na primeira, o silencio. Na segunda, unha aculturación crecente da masa “inmigratoria” procedente do interior, unha porcentaxe claramente maioritaria da poboación expresándose na lingua allea e, se non se remedia, unha clase política que se encargaría de evidencialo. E un espazo inmenso ao leste do Miño para explotar intensivamente e para servir de caldeiro do lixo do conurbanato atlántico. Todo ao servizo dun proxecto económico foráneo. Todo no marco da subalternidade máis absoluta. Só resta resistir na horta, como nunha reserva india de galegos. Sendo indulxentes e razoando que non se trata de algo planificado, o certo é que a realidade práctica leva á inercia de considerar eses espazos baleiros como a alfombra onde agachar as vergoñas. Queréndoo ou non as elites da dereita española, ese é o proxecto ideal para empobrecer o país e para enriquecer as súas faldriqueiras. Detrás do proxecto da incineradora está o modelo depredador que ignora a realidade das nosas comarcas deprimidas, que perpetúa o seu abandono e que aposta decididamente por darlle a “puntilla” á única vertebración territorial posíbel da nosa terra, a que permite a súa pervivencia como entidade nacional. Isto é o que está en xogo nestes momentos.


O XORNAL INFORMACIร N OBREIRA

11

pรกx. 36 OS MEDIOS DO PODER



O XORNAL INFORMACIÓN OBREIRA

11

páx. 38 OPINIÓN

PORQUE TEMOS QUE SER INDEPENDENTISTAS? por RAMÓN LAREU

Esta é unha cuestión que queremos abordar con seriedade e rigor. Temos que ter claro que non podemos ser independentistas por unha mera cuestión sentimental, subxectiva ou romántica. Desde a CUT, como central sindical marxista e de clase que emprega o materialismo dialéctico e o materialismo histórico para realizar análises científicas e non subxectivas da realidade, temos que explicar en base a nosa realidade social as causas dunha aposta completamente independentista para o


páx. 39 OPINIÓN

proletariado galego que somos e para a nosa nación. Para comezar, temos que aclarar que o independentismo non é unha ideoloxía en si (xa que se podería ser socialdemócrata e independentista, conservador e independentista, fascista e independentista...), senón unha opción estratéxica ideoloxicamente transversal e politicamente autodeterminista, como poderían ser o autonomismo, a federación, o cantonalismo, ou a confederación. Temos que partir da evidencia obxectiva de que Galiza é unha nación colonizada, unha colonia do Estado Imperialista Español. Un estado inventado e artificial que non representa a ningunha realidade nacional concreta e cuxo proxecto “nacional” fracasou estrepitosamente ao longo dos séculos dexenerando por impotencia en guerras, xenocidios e ditaduras. Galiza é, porén, unha colonia na que unha elite xestiona o territorio conquistado cunha finalidade fundamentalmente económica. Malia que a dominación estranxeira de Galiza vén de atrás, xa desde os séculos XVI e XVII houbo unha crecente patrimonialización foránea do aparello administrativo e institucional galego por parte do poder exterior do Estado Imperialista Español coa chegada a lugares estratéxicos da nosa nación dalgunhas elites da administración españolista, tecnócratas e oficiais do Exército. Algúns fillos de Galiza puideron acceder tamén a postos de poder e a postos técnicos pasando primeiro polo propio autodesprezo da súa condición de galegos xa que o poder centralista evitou desde sempre o recoñecemento das culturas periféricas, clasificándoas coma subdesenvolvidas e inservíbeis para o proxecto imperialista uniformizador.

Máis adiante, nos séculos XIX e XX, atraídos pola inmellorábel posición xeográfica estratéxica de Galiza, produciuse a chegada de burgueses fundamentalmente cataláns (industria conserveira) e vascos (construción naval) que capitanearon a tardía prerrevolución industrial capitalista en Galiza. Pero hoxe en día, as características polas que evidenciamos que Galiza foi, e segue a ser, unha colonia de España e dos organismos supraestatais dos que esta fai parte (Unión Europea, OTAN, Banco Mundial, FMI) son moitas e variadas, pero as principais son:

1 A meirande parte das grandes empresas presentes en Galiza teñen as súas centrais de decisión lonxe da nosa terra, pero os monopolios estatais españois operan en Galiza extraendo plusvalías á clase traballadora galega e aforro bancario, reinvestíndoo fóra da nosa terra. Porén, non existe unha burguesía nacional galega (como en Euskal Herria ou nos Països Cataláns) que poida ter intereses concretos en alianzas coas clases populares de Galiza para contrarrestar estes monopolios foráneos. Existe, iso si, unha fracción galega (sucursalista) da burguesía española e mundial. Unha burguesía intermediaria colonial que se lucra a través de prebendas administrativas e de intereses comerciais coa metrópole (Estado Imperialista Español, Unión Europea). Polo tanto Galiza é unha colonia porque na nosa sociedade non existe unha clase burguesa propia, senón unha burguesía autóctona que é subalterna da burguesía oligarca española.

2 Galiza ten desempregado o papel de fornecedor de materias primas e de alimento a prol do afortalemento do Estado Imperialista Español. Un papel subsidiario na distribución internacional do traballo polo que, en consecuencia, sufre un subdesenvolvemento for-

zado da economía. A economía galega non está industrializada, senón terciarizada, e isto é facilmente demostrábel en base á estrutura ocupacional e ao peso minoritario que segue a ter o proletariado industrial entre as clases traballadoras. A isto cómpre sumar a ruína dos sectores produtivos, a reconversión e veto aos estaleiros que significou a entrada do Estado Imperialista Español no Mercado Común Europeo (agora UE) e os coñecidos casos de multinacionais coma Citröen, na procura constante de salarios baixos e de condicións de regalías fiscais que sempre rematan por obter. Polo tanto Galiza é unha colonia porque é unha terra da que basicamente se extraen materias primas e ademais está deficientemente industrializada.

3 Valéndose do ensino obrigatorio, da Igrexa católica, da integración de moitos mozos e mozas sen saídas laborais nos aparellos represivos, do negocio do deporteespectáculo (Real Madrid, Barça, Alonso, La Roja) e dos medios de comunicación e propaganda (TV, radio, xornais), existe unha constante presión cultural e identitaria e unha imposición dunha identidade allea mediante a alienación e a desculturalización forzada do noso pobo. Esta imposición dunha soa lingua “común”, a españolización da Igrexa e do ensino, e a creación dun só mercado como alicerce fundamental do artificioso EstadoNación español, xa desde o cumio histórico do desenvolvemento capitalista, é outro trazo do carácter colonial de Galiza.

4 A apropiación de recursos naturais clave (enerxía hidroeléctrica, eólica e térmica, extraccións minerais) cun valor na exportación que engrosa as arcas estatais españolas sen apenas repercutir positivamente na economía galega e o feito de estar atada a unhas dinámicas políticas alleas nas que priman os intereses das oligarquías foráneas, fan que Galiza sufra coma nación gran-


O XORNAL INFORMACIÓN OBREIRA

11

páx. 40 OPINIÓN

des limitacións para o seu propio desenvolvemento.

5 Existen numerosas industrias de enclave, que son aquelas que existen na xeografía pero non na economía e, para alén, o déficit das exportacións perante as importacións é abismal porque os galegos e as galegas continuamos a ser comercializadores de produtos que se fabrican noutros lugares con materias primas procedentes de terceiros. Polo tanto, a exportación de materia prima con escasa ou nula transformación e a instalación de industrias de enclave cuxo proceso produtivo non se remata en Galiza, e que ademais son contaminantes e producen poucos empregos, coma por exemplo ENCE en Pontevedra, son outro dos trazos que fan de Galiza unha nación plenamente colonizada.

6 A exportación de man de obra barata e a emigración, tanto cualificada coma non-cualificada, segue a ser tamén outro mal endémico que subliña máis aínda o carácter colonial de Galiza. A contradición

Unha colonia está definida pola apropiación foránea dos excedentes nacionais e das plusvalías da súa clase traballadora, e Galiza ocupou sempre un papel económico de características subsidiarias, sendo a nosa economía intencionadamente desartellada para atender ás necesidades das clases dominantes foráneas

cidade-rural, tan incómoda para o revisionismo trotskista e socialdemócrata, aínda ten bastante importancia na sociedade galega, polo que a terríbel saída da emigración están a sufrila tanto mozas e mozos das comarcas do interior (cada vez máis despoboadas) coma da costa (cada vez mais envellecidas).

7 Boa parte do aparello represivo do Estado Imperialista Español implantado en Galiza está formado por non-galegos, sobre todo no caso dos oficias. Sendo ademais sipaios, na terminoxía anticolonialista hindú, os galegos e as galegas que fan parte do mesmo. Paralelamente os galegos e galegas que se integran no aparello represivo español (policía, exército, garda civil) son decote enviadas a outras partes do Estado cunha finalidade de estrañamento colonial.

8 Paralelamente á división en catro cuadrículas perfectas (chamadas provincias) que serviu para aplicar ao noso territorio nacional o modelo administrativo foráneo castelán, a arbitrariedade territorial do poder estatal consagrou no século XIX, a golpe de escuadra e cartabón, a separación administrativa das comarcas galegas NaviaEo, As Ibias, O Berzo, A Cabreira e A Seabra aproveitando unha segregación anterior, de herdanza feudal e de base meramente relixiosa. Como se pode ver, unha colonia está definida pola apropiación allea e foránea dos excedentes nacionais e das plusvalías da súa clase traballadora, e Galiza ocupa e ocupou sempre un papel económico de características subsidiarias, sendo a nosa economía intencionadamente desartellada para atender ás necesidades das clases dominantes foráneas, clases estas nas que se foron integrando as capas máis favorecidas da sociedade galega, polo que, ao equipararmos a dependencia colonial coa opresión nacional e de clase, podemos afirmar categoricamente que

Galiza é unha colonia do Estado Imperialista Español. Pois ben. Se temos claro que Galiza é unha colonia sen soberanía e sen dereito a decidir por si mesma, se temos claro que en calquera sociedade existen un grande número de múltiplas e diferentes contradicións e que todas fan parte do mesmo organismo social pero que unhas son antagónicas e outras non, se temos claro que a loita de clases (contradición burguesía vs. proletariado) determina e delimita todas as demais contradicións nun grao cualitativamente superior ás demais contradicións presentes na sociedade, e se temos claro que nunha nación sen soberanía a loita de clases adopta a forma de loita de liberación nacional, o proletariado galego temos que ser radical e firmemente independentistas. É evidente, desde posicións marxistas e avanzadas como as que adoptamos desde a CUT, que en condicións de independencia total de Galiza existirían maiores posibilidades de defender unha orientación económica soberana e favorábel ás capas traballadoras galegas. De nada nos serviría, por outro lado, unha República Galega independente gobernada e xerada polos mesmos explotadores oligarcas burgueses que o fan actualmente no deficiente réxime autonómico submiso ao Estado Imperialista Español e á Unión Europea. En conclusión. Na sociedade obxectivamente existente, o enfrontamento é entre, por un lado, o pobo traballador galego coas súas propias organizacións e, polo outro, a oligarquía imperialista española co seu Estado, polo que a nosa aposta, a loita do proletariado galego, debe ser polo tanto a de avanzar cara unha República Galega socialista das traballadoras e dos traballadores. Unha República igualitaria, solidaria, internacionalista e sen clases. A nosa República.


páx. 41 OPINIÓN

A SAUDADE DA CLASE MEDIA por M.L.BESTEIRO

Lembrades que Marx morrera? Que a loita de clases era un concepto desfasado? Que as divisións esquerda-dereita eran decimonónicas? Falar de proletariado non era acorde co tempo presente. Non hai moito disto. Os modernos sabían o que facer. O Manifesto Comunista, duns autores dados por mortos, afirmou que o capitalismo establecía unha división da sociedade en clases, non pola posición en estruturas de poder, prestixio ou riqueza, senón pola súa función estrutural canto

ás relacións de produción. A posesión ou non dos medios de produción separa a burguesía do proletariado. Os obreiros só posúen a súa forza de traballo. Como o comunismo percorría o mundo, había que matalo de morte morrida. O sistema capitalista, amosando a súa eficacia coa aplicación de novas técnicas de produción e, como non, de técnicas de obsolescencia programada, necesitaba consumidores para satisfacer a súa cobiza conxénita. Había que

aumentar o consumo, mesmo –e sobre todo– dos que producían os bens. Os traballadores convertéronse en consumidores, ao tempo que se seguían a asoballar pobos, asolar terras, invadir nacións… Mesmo se identificou consumo con estado do benestar na parte do orbe chamada mundo libre. As conquistas sociais, esas si, non o esquezamos, froito da loita e do sangue do movimento obreiro, chegaron a venderse como o ramallo da vitoria do sistema. Nese contexto, a marca clase media xeralizouse como bandeira do trunfo do capitalismo: o colchón intermedio amortiguaba a loita das dúas clases antagónicas. Fraga, gran demócrata español, sentenciaría hai moito, coma outros, que a estratificación social se dilúe ao aumentar a clase media. Os inventores desta nova clase social, a pesares da eficacia do termo, sempre tiveron dificultades na súa taxonomía. Non importaba. Superarían o concepto de pequena burguesía feita polo morrido Marx, descrita como aquela sen a suficiente propiedade como para


O XORNAL INFORMACIÓN OBREIRA

11

páx. 42 OPINIÓN

explotar a outros e, polo tanto, cunha produción non alienada. Quen formaría parte para eles da clase media? Os profesionais, os burócratas, os empregados administrativos, a chamada aristocracia obreira, os obreiros ricos e/ou propietarios, os obreiros con accións, os autónomos, os intelectuais, os modernos emprendedores… Todo un remexido para encher un continente sen contido. Sen atender a definicións, a etérea fórmula de clase media hipertrofiouse.

cidadán…etc. non caben os traballadores. Parece a volta á utopía da cidade perfecta platónica, na que os asalariados eran aqueles cuxa cooperación non era estimable pola súa intelixencia, pero que tiñan suficiente forza física para desempeñar os traballos penosos. E quen quere verse neste chanzo? Todo o mundo se sinte, se sentiu, clase media. Renegados da súa clase xurdiron en todos os sectores: na medicina, no profesorado, no funcionariado…

Todo é clase media: dende os comerciantes até os endebedados traballadores (canto falamos do endebedamento da clase obreira!), mesmo os empregados nas novas profesións, das novas tecnoloxías, aqueles que servían de argumento para que ollásemos como cambiaran as cousas despois do remate das ideoloxías, unha vez baleiradas as fábricas, nun mundo idílico de traballo a distancia e a medida dende o fogar.

O home novo do capitalismo, abraiado da imaxe do estilo de vida americano, fuxiu como as ratas do público a acubillarse, sempre que puido, no colo do privado. Traicionando a súa clase agachouse no individual despreciando o colectivo. A todo correr había que escalar dende o ambulatorio á consulta privada, dende a escola pública ao colexio privado, aínda que fora concertado, dende a rúa ao salón con TV de gran pantalla… O individualismo quedou instaurado e o colectivo pasou a ser unha pexa da sociedade, un agasallo de beneficiencia para fracasados. O colectivo foi equiparado a caro e a ineficaz na mente alienada do home medio. Os dereitos e servizos sociais xa non eran lembrados como conquistas obreiras senón como unha inxusta carga impositiva para a súa feliz carteira. Ideoloxía media para o cidadán de clase media.

O sistema, afeito moitas veces a producir bens sen utilidade pero vendibles, atopoulle, sen embargo, gran uso como cortalumes ao produto clase media. Isto sen necesidade de probar a súa existencia real, no máis puro estilo teolóxico. Así nas folgas a loita visualízase entre obreiros versus cidadáns-usuarios-consumidores ou esquirois que queren ver respectados os seus dereitos democráticos-constitucionais ao traballo, ao consumo, ao ocio... O carácter difuso do termo clase media, abarcando o non-obreiro, é acaído. Na néboa de consumidor-

Este é o finiquito da marabillosa liberdade capitalista arelada pola clase media

O correlato político desta almofada da estrutura social estivo e está nas opcións socialdemócratas, o reformismo en todas as súas variantes cromáticas: amarelos, verdes… alonxándose do vermello. En Galicia tamén sabemos diso e resoan, por exemplo no nacionalismo, dende hai décadas, as chamadas saudosas aos sectores da pequena burguesía, con gran morriña doutras realidades de nacións sen estado. Fóra dirección obreira! Fóra lingua proletaria! Bruaban e seguen a bruar aqueles que no son ná, ni chicha ni limoná.

Traxedia para a clase obreira galega que non imos tratar aquí. Agora que acabou o conto, tal como na crise do 29, na que algúns se guindaron dende os rañaceos, xa andan outros a arrincarse os cabelos. Nestes días escoitamos a un empresario compostelán dicir que non hai consumo porque a clase media está paralizada, un coñecido político nacionalista laiase da situación da clase media e mesmo un sindicalista español afirma, asumindo tamén a linguaxe do poder, que as medidas do goberno son un ataque á clase media. A clase media é a que sostén a economía, afirman moitos. O feito de que o consumo de artigos de luxo non só non diminuiu, senón que aumentou (outro empresario compostelán vén de ser premiado polo incremento en vendas de coches de alta gama) parece resucitar ao morto Marx, ao afirmar que a pequena burguesía tendería a desaparecer, ou absorbida pola alta burguesía, ou pola proletarización da maioría. Os adictos a razóns de fe chamaríanlle profecía, cando a razón nos fala de acumulación de capital. As grandes áreas xa arruinan ao pequeno comercio; a sanidade, o ensino e os servizos sociais públicos xa están a ser esfarelados; as empresas públicas xa foron vendidas; os medios de transporte xa non son un servizo (visualicemos a foto dos trens arxentinos esnaquizados polo eficaz mantenimento da empresa privada); os medios de comunicación, nen públicos, nen de comunicación… Este é o finiquito da marabillosa liberdade capitalista arelada pola clase media. A pantasma da clase media (e as pantasmas non existen) esváese na situación actual e algúns teñen morriña, teñen saudade dela. Pero a historia da humanidade, que é a historia da loita de clases, continúa, dito tamén polo morto que goza de boa saúde. Deberemos, como sabedes, cando o dedo sinale a lúa, non quedar a mirar o dedo, coma os imbéciles, senón ollar para o futuro.


páx. 43 FORMACIÓN

ESQUEMA BÁSICO SOBRE OS EXPEDIENTES DE REGULACIÓN DE EMPREGO (ERES) EN BASE AO RDL 10/2010 E A L/ 35/2010 por CUT

Expedientes temporais de regulación de emprego: suspensión do contrato e redución da xornada (ET art. 47 modificado pola L 35/2010 art.7). No novo texto establécese a distinción entre a suspensión do contrato de traballo e a redución temporal da xornada. 1.- Suspensión do contrato por causas económicas, técnicas, organizativas ou de produción. A suspensión está recollida cando as causas presentan un carácter conxuntural e afectan, alomenos inicialmente, de modo temporal e transitorio á empresa. A suspensión é aplicábel a calquera empresa, independentemente do número de traballadores ou traballadoras que teña e independentemente do número de afectados/as. O período de consultas cos representantes dos traballadores queda establecido en 15 días naturais nas empresas de máis de 50 traballadoras e en 7 días nas de menos de 50. A documentación aportada pola empresa debe garantir que se trata dunha situación conxuntural. Onde non haxa representación dos traballadores e traballadoras, estas poden elixir democraticamente tres membros entre eles mesmos ou crear unha comisión do mesmo número designados polos sindicatos máis representativos do sector ao que pertenza a empresa e que estiveran

lexitimados para formar parte da comisión negociadora do convenio colectivo aplicábel. Se o período de consultas finaliza con acordo sobre a suspensión da xornada este convalídase pola autoridade laboral nun prazo de 7 días, agás que se aprecie fraude, dolo, coacción... tendo entón, a autoridade laboral, que remitilo á autoridade xudicial para a súa posíbel declaración de nulidade. Se non hai acordo a autoridade laboral decidirá en 15 días. A autorización da suspensión dos contratos non xera dereito a indemnización ningunha. A suspensión non ten duración determinada por lei, nin mínima nin máxima. Hai algunhas previsión legais que poden actuar como límites máximos indirectos; por unha parte a protección ao desemprego á que acceden os traballadores e traballadoras afectadas, e pola outra o período de 240 días durante o que se bonifica nun 50% ou nun 80% a cotización empresarial á Seguridade Social. Durante a suspensión do contrato deben promoverse accións formativas, neste caso o desconto das cotas que a empresa paga á Seguridade Social redúcense nun 80%.

2.- Redución da xornada por causas económicas, técnicas, organizativas ou de produción. Enténdese temporal, afectando entre un 10% e un 70% da xornada de traballo computada sobre a base dunha xornada


O XORNAL INFORMACIÓN OBREIRA

11

páx. 44 FORMACIÓN

diaria, semanal, mensual ou anual. Poden afectar a traballadores con contrato a tempo parcial. A diferenza coa suspensión está nos límites, posto que esta non os ten mentres que a redución si. Os trámites son os mesmos que para a suspensión. Se os trámites finalizan con acordo á autoridade laboral ten 7 días para validar tal acordo. De non producirse este acordo ten que resolver nun prazo de 15 días. Os prazos para a tramitación son os mesmos que na suspensión. Durante a redución da xornada non poden realizarse horas extra agás forza maior.

Desemprego en caso de suspensión de contrato ou redución temporal da xornada. 1.- Dereito ás prestacións de desemprego. Ambos os dous casos permiten ao traballador/a o acceso á prestación por desemprego. No caso da redución da xornada laboral a redución do salario ten que ser correlativa ao que se reduza a xornada (entre o 10 e o 70%). Sen esta redución non pode accederse á prestación por desemprego, tan só se reduciría a xornada sen cobrar o desemprego. A cantidade a cobrar no desemprego sería calculada segundo a redución porcentual do salario. O consumo das prestacións prodúcese por horas e non por días, pois a redución da xornada é parcial e a outra parte da xornada trabállase. A porcentaxe consumida da prestación será equivalente ao da xornada reducida. 2.- Reposición do dereito á prestación por desemprego. No caso de extinción dos contratos unha vez finalizada a suspensión ou a redución as xornadas consumidas de desemprego son repostas, incluso se despois non se extingue o contrato e xeran unha nova redución ou suspensión. a. Tras un período de suspensión ou de redución da xornada, extínguese o contrato de traballo. Nestes casos o traballador ou traballadora

teñen dereito á reposición da duración da prestación por desemprego polo mesmo número de días que tivera consumido. Esta reposición ten un tope máximo de 180 días, é dicir, seis meses de paro. Por exemplo, se cando se iniciou o expediente tiñamos un paro acumulado para dous anos e consumimos eses dous anos nos devanditos expedientes temporais, ao producirse a extinción do contrato teriamos 6 meses de paro. Condicións. Para recuperar esta prestación o traballador/a debe cumprir as seguintes condicións: Que as resolucións administrativas ou xudiciais que conceden as suspensións ou reducións se produciran entre o 1-10-2008 e o 31-12-2011. Que o despedimento ou a resolución administrativa ou xudicial que autorice a extinción se produza entre o 18-06-2010 e o 31-12-2012 Supostos de reposición. O dereito de reposición da prestación de desemprego recoñécese ao extinguirse o contrato por algunha das seguintes causas: Cando o traballador/a reanuda a prestación que comezou a percibir durante a suspensión do contrato ou redución da xornada. Neste suposto o traballador non esgotara o seu paro acumulado. Súmase a reposición (máximo de 180 días) ao que lle quedaba por cobrar. Cando xera un novo dereito entre a suspensión ou redución e a extinción reábrese a prestación inicial perdendo as novas prestacións xeradas. Cando esgotou a prestación durante a suspensión ou redución terá só dereito ao máximo dos 180 días, seis meses de paro. b. Tras un período de suspensión ou redución da xornada, vólvese a reducir ou suspender a xornada. Os traballadores/as teñen dereito a recuperar ata un máximo de 90 días da primeira redución ou suspensión cumprindo as seguintes condicións: Que esgotara a súa prestación durante a redución ou suspensión da xornada. Quen non tivera devengado unha nova prestación. Que se cumpran as datas sinaladas nas anteriores condicións.


páx. 45 INTERNACIONAL

CGPT-IN

XVII CONGRESO LISBOA por CUT

A nosa central sindical asistiu como convidada ó XII Congreso da CGTP-IN celebrado en Lisboa durante os días, 26, 27 e 28 de xaneiro. No evento estiveron presentes máis de corenta sindicatos do Mundo, e representaron á CUT o noso Secretario Xeral Ricardo Castro e Manolo Camaño, Secretario de Relacións Internacionais. No marco da celebración deste congreso da CGTP-IN, tivo lugar unha Conferencia Internacional onde participamos e na cal se

abordou a Conxuntura Internacional da Crise Capitalista, e as súas consecuencias para a clase traballadora nos distintos pobos e rexións do Mundo. Neste congreso, a CGTP-IN renovou os seus órganos de dirección para os vindeiros catro anos, sendo substituído o até agora Secreario Xeral, Manuel Carvalho da Silva, polo compañeiro Armenio Carlos, quen no seu discurso de remate do congreso veu a anunciar a posición de mobilización deste

sindicato, para enfrontar a dramática situación que vive a clase traballadora portuguesa. Durante a presenza da CUT en Lisboa, aproveitamos para manter distintos contactos bilaterais con organizacións sindicais amigas como o PIT-CNT de Uruguay, a CTA de Arxentina, LAB de Euskal Herria ou UNETE de Venezuela. No mesmo senso acordamos coa CGTP-IN afortalar os contactos e relacións bilaterais, concretando actuacións en aspectos que afectan tanto a Galicia como a Portugal.


O XORNAL INFORMACIÓN OBREIRA

11

páx. 46 OS NOSOS POETAS

GONZALO HERMO Naceu en 1987, en Taragoña, concello de Rianxo, e morou en diferentes puntos da costa de Galicia. Licenciado en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela en 2010, actualmente traballa como investigador no Instituto da Lingua Galega. Os seus primeiros textos viron a luz en publicacións tales coma Revista das Letras, Andar21 ou Dorna. En 2010 gaña o 1º premio na modalidade de poesía do certame Xuventude Crea, convocado pola Xunta de Galicia, co poemario Crac, que en 2011 edita Barbantesa. No ámbito da crítica literaria, ten colaborado coas revistas Dorna e Protexta. É membro das Redes Escarlata.

Refírome ao Magreb, á Alxeria que non é Francia pero que é francesa. Ás minas de cinc. De cando traballabas por dez francos man a man cos negros e o país era unha liña de escombros un campo de balas un xihad todo aquilo que recordas dos días en que aquí viaxaches coas túas catro mulleres. Refírome ao centro, á súa entelequia. Iso que explica o teu gusto pola nación que é límite do mundo, revés das cousas, morte pausada e peste a Peste fóra dos canais da cidade-illa no deserto. A revolta ocorre despois. Daquilo só acaban quedando as cruces e os mestizos e a vitoria celébrase brindando con champgne, co ollo posto na próxima hecatombe. Co ollo posto na palabra da xente do arrabalde, no seu xeito de obrar naquilo que dis cando te mexes na cama coas negras e te chamas a ti mesmo lumpen-proletario Pétain Vichy feixista. Dócil e traidor. A clase desclasada colabora




Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.