Xornal Nº10 Información Obreira

Page 1



EDITORIAL#10 Este ano 2011 vai pasar á historia coma o ano das reformas, coma o ano do orgasmo capitalista do Estado español despois dos xogos preliminares que viñeron facendo dende principios do 2008. Daquela comezaban negando a realidade, e nesa negación que nun principio puidemos interpretar coma incapacidade de análise, ou confianza infantil e fantasiosa, agochábase unha estratexia de choque para manter en pé o estado natural do capitalismo: a explotación que garante a lei de acumulación.

Para nós é fundamental reflexionar con perspectiva e utilizar o pensamento para alumear a escuridade

Equivocámonos algúns ao pensar que o goberno imperialista español tiña por principal característica a ineptitude, non era así. A realidade é que son uns perfectos lacaios dos monopolios, da oligarquía capitalista, e cumpren con planificación ben estudada todos os ditados que reciben do FMI, da UE e canto organismo existe para disfrazar de necesarias e inevitábeis as reformas neoliberais. Despois de utilizar a mentira para tomar tempo viu a sentenza: a situación é moi grave, o neu-

tral mercado xogounos unha mala pasada, a nosa estrutura económica é débil, a Unión Europea demanda de nós medidas urxentes... a conclusión foi a exaculación progresiva das reformas contra a clase traballadora. Pouco a pouco, coma se pediran perdón improvisando o inevitábel, chegaron a reforma laboral –que aínda segue autorreformándose con decretos complementarios–, a reforma das pensións, a reforma da negociación colectiva, a reforma electoral e agora a reforma constitucional (iso si, sen consulta en referendo e pola porta de atrás) para limitar o déficit público, é dicir, para limitar o gasto social que xa era o máis baixo de Europa. Mentres, as grandes fortunas, que non son poucas, pagan impostos irrisorios. O resultado non é outro que un panorama escuro para todos e todas nós, pois estas reformas inciden en precarizar a man de obra, en manter a mocidade en condicións laborais de miseria, e por debaixos desta miseria ás mulleres menores

de 30 anos. As novas fórmulas contractuais, ás que se suma a Lei de Familia aprobada pola Xunta de Galicia, pretenden situar a idade contemporánea no século XIX, onde o papel da muller fica no traballo escravo e no papel reprodutivo, recuperando tamén os valores morais propios da sociedade vitoriana. A burguesía ten moito aprezo pola historia. Aínda así non debemos caer no pesimismo, sería contrarevolucionario. Para nós é fundamental reflexionar con perspectiva e utilizar o pensamento para alumear a escuridade. Debemos aplicar os nosos esforzos en buscar fórmulas que permitan reactivar a loita de clases combativa, se eles queren recuperar a súa historia nós recuperaremos a nosa; iremos tamén ao século XIX pero non para claudicar, senón para recordar que foi entón cando se artellou o sindicalismo de clase que fixo tremer o capitalismo. Eles van por diante, pero nós temos a forza do futuro e a resistencia. Pensemos e actuemos.


O XORNAL INFORMACIÓN OBREIRA

10

páx. 4 INFORMACIÓN SINDICAL

PROCSA: CRÓNICA DUNHA FOLGA por CUT

O pasado mes de febreiro houbo eleccións nesta empresa de Vigo, adicada ao sector da alimentación. Nestas eleccións a CUT mantivo os seis delegados e delegadas que tiña dende o ano 2007 dun comité de nove. Unha vez constituído este novo comité, no que hai caras novas como elemento indicativo da progresiva implicación dos traballadores e traballadoras, e no que a presidencia recaeu en Xemma Novelle, da Executiva

Comarcal da CUT, inciáronse os trámites para a negociación do convenio para o ano 2011. Non está de máis recordar que os convenios asinados na anterior lexislatura con maioría da CUT foron os de maior suba salarial do sector na provincia de Pontevedra. A primeira reunión celebrouse no mes de abril e despois de cinco reunións rompéronse as negociacións no mes de xullo. A

principal causa de quebra estivo na fórmula de suba que prentendía a empresa, e non tanto na cantidade esixida pola asemblea de traballadores e traballadoras. A patronal insistía en condicionar parte da suba á asistencia ao traballo para evitar unhas cifras de absentismos que considera desproporcionadas sen ter en conta a idade media do cadro de persoal e sen ter en conta que o traballo de moitos anos fai mella na saúde de cada quen. A negativa da fórmula foi rotunda despois de expoñelo na asemblea, coincidindo en pleno coa opinión do Comité. No intento de facer reflexionar á empresa, que estaba a provocar un conflito sen necesidade, acordouse realizar unha serie de concentracións diante da factoría antes do período vacacional, no mes de xullo, que foron secunda-


páx. 5 INFORMACIÓN SINDICAL

das por unha inmensa maoiría. A reacción da empresa foi o silencio, pero as concentracións tiveron efecto pois como medida de presión retiveron uns días a paga extraordinaria de verán. Nas asembleas que se facían ao rematar as concentracións xurdiu a idea de convocar unha folga para a volta de vacacións, a idea foi secundada polos traballadores e traballadoras tras votación. A folga quedaba convocada, en xornada completa, para xoves 18 de agosto, martes 23 de agosto e xoves 25 de agosto. Á volta das vacacións nada mudara e a empresa só fixo un intento para desconvocar a folga o día anterior á mesma: este intento consistiu en facer unha

asemblea onde intentou botar os traballadores e traballadoras enriba do Comité, acusándoo de mentir e manipular a decisión da maoiría. O resultado foi a intervención das traballadores e traballadoras de forma contundente para demostrar que pensan por si mesmas e argumentando brillantemente os motivos da convocatoria. A empresa perdeu a súa asemblea. O día 18 comezou a folga lográndose a paralización absoluta da produción; os esquirois foron tan poucos que ficaron en anécdota miserábel. O día pechouse cunha asemblea e cunha reunión do Comité para preparar a xuntanza coa empresa para o venres 19.

Foi nesa xuntanza onde se chegou ao preacordo que logo aprobou a asemblea con 47 votos a favor, 2 abstencións e 1 voto en contra. Este consistiu nun convenio a dous anos cunha suba do 3% para o ano 2011 e dun 2% máis un incentivo de 20 euros para o ano 2012. Unha vez máis quedou patente que cando o obxectivo é común os compañeiros e compañeiras de PROCSA-ALFRÍO son quen de camiñar na mesma dirección para chegar á vitoria. Deixamos tamén no aire a necesaria reflexión que deben facer os esquirois sobre se son merecedores da suba salarial. Sen compromiso non hai liberdade, sen liberdade nada somos.

ELECCIÓNS SINDICAIS NO GRUPO PESCANOVA por CUT

A patronal, intentando restar forza á clase traballadora, dividiu hai anos o Comité de Traballadores e Traballadoras de PESCANOVA ata o punto de crear comité en FRINOVA, FRIVIPESCA CHAPELA e Delegado de Persoal para os frigoríficos ubicados nestas factorías de Porriño e Chapela. En todos estes centros de traballo celebráronse eleccións onde a CUT mantivo ou mellorou os seus resultados, produto estes do bo facer dos nosos compañeiros e compañeiras, cuxo traballo esta cargado de dignidade e combatividade, a pesar das consecuencias que isto conleva.

O pasado 14 de febreiro celebráronse as elección en FRINOVA renovando a nosa representación no Comité en mans da compañeira Concha Ríos Santomé. Luis Bar Pérez renovou como delegado sindical no frigorífico de FRIVIPESCA CHAPELA con 11 votos por 7 de CCOO e 1 de UGT, ampliando a marxe con respecto ao 2007. Andrés Rivera Pérez fixo o propio no frigorífico de Porriño con 14 votos por 1 da CIG, os resultados falan por sí sós nestas eleccións do mes de maio. En canto á factoría de CHAPELA, eleccións que se fixeron o 15 de xuño, obtivemos

dúas delegadas, Josefina Verdura Ferro –nova presidenta do Comité– e Teresa Castiñeira Lourido. Nestas últimas eleccións recuperamos a maioría de votos con diferencia destacada, aínda que polas porcentaxes non obtivemos a terceira delegada. Non queda máis que felicitar o traballo dos nosos delegados e delegadas e animalas a que nestes catro anos continúen co seu bo facer diario. Traballo que comeza coa negociación dos novos convenios.


O XORNAL INFORMACIÓN OBREIRA

10

páx. 6 INFORMACIÓN SINDICAL


páx. 7 INFORMACIÓN SINDICAL

CRISE? por CUT

1. MÁIS REFORMAS PARA A PATRONAL, MÁIS PRECARIEDADE O goberno «socialista» non para de socializar a precariedade para os traballadores e traballadoras, asegurando así o cumprimento da principal lei do capitalismo: a acumulación de capital en mans da burguesía (recuperemos a linguaxe prostituída polo Kapital Killer). O venres déronlle unha nova volta á reforma laboral, serpe infinita, reforzando os contratos de formación. Estes contratos poden chegar a tres anos de existencia (sairemos enxeñeiros con tanta formación) e afectan a aqueles e aquelas que non teñan titulación, sendo a súa xornada a tempo completo e tendo que ocupar a teoría un mínimo do 15% deste tempo. Esto quere dicir que o 15% do tempo faranse fotocopias se serviranse cafés e o

85% restante farase o traballo dos que toman café e dos que despiden cun ERE. Outra das novidades é que estes contratos poden chegar ata os 30 anos. As empresas contarán ademais cunha redución das cotas empresariais do 100% se teñen menos de 250 traballadoras e traballadores e dun 75% se teñen máis. Ábrese pois a veda para cazar traballadoras e traballadores susceptíbeis de formación, que tendo en conta o paro entre a mocidade, e especialmente entre as mozas, promete ser exitosa. A precariedade está servida. Outra das «efectivas» medidas anticrise será a orxía de contratos temporais, que na linguaxe kafkiana da patronal e goberno servirán para crear emprego.

Esta medida levarase a cabo suspendendo durante dous anos o artigo 15.5 do Estatuto dos Traballadores (ou dos parados?) que limitaba o tempo para encadear contratos temporais. Agora poden encadearse contratos na mesma empresa sen chegar a ser nunca fixos. Por se non chega reducen as cotas das empresas á Seguridade Social. A medida ten carácter retroactivo pois afecta aos que xa leven dous anos nesta situación. Os representantes sindicais tiñan que vixiar isto na negociación colectiva, como ditaba o Estatuto, pero agora é fume de carozo. As últimas noticias é que Toxo e Méndez están moi enfadados e vanse negar a recibir máis subvencións. No paquetón inclúen tamén que sexa FOGASA quen pague 8 días dos despedimentos procedentes, é dicir que paguemos nós o noso propio despedimento que será sempre procedente atendendo á mala situación que están a pasar empresarios e bancos. Hai que solidarizarse. Nada, que seguiremos afogando ao FOGASA, agradecidos e agradecidas de cobrar unha subvención de 400 euros.


O XORNAL INFORMACIÓN OBREIRA

10

páx. 8 INFORMACIÓN SINDICAL

2. O GOBERNO ABSOLUTAMENTE SERVIL COS CAPITALISTAS A saída da crise está a ser tan descaradamente cargada no lombo da clase obreira que en Estados Unidos, Warren Buffet, o terceiro home máis rico do mundo “lamenta que os ‘súper ricos de Estados Unidos pagan poucos impostos mentres os cidadáns de a pé cargan sobre as súas costas o peso das arcas públicas norteamericanas”. Algo semellante aconteceu en Francia onde varias das maiores fortunas e dos principais empresarios de Francia, incluíndo a multimillonaria herdeira de L’Oreal, Liliane Bettencourt, e os conselleiros delegados de multinacionais como Veolia, Danone, Total ou Société Générale, asinaron unha proposta na que solicitan o Goberno que estableza unha «contribución excepcional» que grave ás rendas máis eleva-

Sabemos a que intereses serve o goberno actual e o que segundo parece gobernará despois do 20 de novembro. Estamos expectantes diante da actitude dos grandes sindicatos

das e colaborar así no «esforzo solidario» necesario para protexer o futuro económico do país galo sinalando no propio comunicado que “Somos conscientes de que nos beneficiamos plenamente do modelo”. Mentres que en Francia, cun goberno de dereitas, decidiu aplicarlles un imposto especial do 3% ás rendas superiores a 500.000€ (a todas luces insignificante), o goberno do estado español, absolutamente condicionado polos seus compromisos coa oligarquía, non se atreve a tomar nin a máis leve das medidas contra os que provocaron a crise capitalista e espremeron a denominada burbulla inmobiliaria até a súa explosión. O goberno “socialista” do estado, para facer máis tragadeiras as medidas antiobreiras, e cada vez que se dispón a lexislar unha destas medidas, ameaza con aplicar un imposto deste mesmo ou semellante tipo. Ao final nunca se lexisla en contra dunha caste que no estado español controla descaradamente á clase política. Isto ocorreu de novo; Salgado anunciara o mércores nunha entrevista na Cadea Ser que o Goberno pensaba aprobar un aumento da presión fiscal ás grandes fortunas. Concretamente, dixo que «Para un imposto novo sobre grandes fortunas non hai tempo. Para

aumentar a presión sobre as grandes fortunas, permítame que esperemos ao venres». Finalmente no Consello de Ministros desde venres, xunto coa consabida modificación constitucional, aprobáronse novas medidas que redundan nas políticas favorecedoras dunha maior precarización do mercado laboral: rematar co límite de encadear contratos temporais e un novo contrato de formación; do outro nada se falou non se falou para nada. Preguntado ao respecto, o ministro Portavoz, José Blanco, limitouse a dicir que «é evidente que este tema non se abordou no Consello de Ministros porque, si se abordara, eu informaría diso». Sabemos a que intereses serve o goberno actual e o que segundo parece gobernará despois do 20 de novembro. Estamos expectantes diante da actitude dos grandes sindicatos aos que vimos reclamando un maior compromiso de clase e a convocatoria doutra folga xeral que poña en valor á clase da que somos representativos. Nós continuaremos coas mobilizacións neste sentido. Non temos outra saída.

FAI FALTA XA OUTRA FOLGA XERAL!!


páx. 9 INFORMACIÓN SINDICAL

3. MODIFICACIÓN DA CONSTITUCIÓN: GOLPE DE ESTADO NEOLIBERAL Non imos ter unha modificación constitucional que reflicta os dereitos nacionais de Galicia. Non imos ter unha modificación constitucional que elimine dunha vez a monarquía. Imos ter unha modificación constitucional que estableza o que os mercados veñen reclamando desde fai tempo, o límite de gasto na administración pública. A limitación do gasto, acordada entre PSOE e PP, é un ataque directo ás políticas públicas que redundan no benestar dos cidadáns

montar o pouco que se tiña andado, e que parecía consolidado, nese camiño. O que realmente vai propiciar esta medida é a limitación no gasto das Administracións Públicas, garantes dos servizos que recibe a comunidade. En base á limitación que se impoña xustificaranse a diminución cando non a eliminación dos servizos públicos introducindo, polo camiño, o temido repago (volver a pagar por un servizo polo que xa estamos a cotizar).

Faltoulles tempo despois da reunión, a semana pasada, de Sarkozy e Merkel, onde se decidiu esta medida, para levala á práctica. Serán, polo tanto, non os Gobernos, senón os líderes europeos ao paso que marquen os propios mercados os que determinen, en definitiva, o que se destinará a sanidade, educación, dependencia…

Coa finalidade de corrixir o déficit optan os partidos que avalan esta modificación constitucional, tanto por activa, apoiándoa, como por pasiva, non opoñéndose a ela, pola política de aforro sen nin sequera pensar noutras vías de financiamento optando pola aplicación dunha política fiscal progresiva e progresista. Obrigando á banca a devolver os millóns de euros que se lle entregaron para favorecer o crédito e que empregaron en “amañar” as contas de resultados. Miran, unha vez máis, para outro lado no control da evasión fiscal e da eliminación dos privilexios das SICAV... aplicando as política máis prexudiciais para a cidadanía.

Non hai moito que se nos prometeu que iamos cara ao estado de benestar, agora estanse dando os pasos necesarios para des-

Os gobernos e os políticos, con medidas coma esta, admiten sen rubor que seguen as directrices dos foros do capitalismo interna-

Os dous grupos maioritarios do parlamento deron o visto e prace a unha modificación da Carta Magna, da Constitución, esta vez (é a segunda) destinada a impoñer un teito de gasto na propia Administración coa finalidade de limitar o déficit.

cional e non pasa nada. A política pregouse descaradamente aos intereses económicos, todo está deseñado para que a crise a paguemos os traballadores/as e as clases máis desfavorecidas. Neste sentido, o que se debería facer é o contrario, a Constitución ten que establecer que os servizos que recibe a sociedade (e os que nesa andaina cara a ese desexado estado de benestar se vaian implantando) teñen que ser garantidos. Tamén se, como principio, todas as normas que afecten á cidadanía deberían ser consultadas directamente á cidadanía, con máis razón un precepto que foi aprobado en referendo, cando se modifica, en todo ou en parte, corresponde a realización da consulta pertinente. Os que no seu día nos opuxemos activamente á aprobación da constitución vixente porque, entre outras cousas, non respectaba os dereitos nacionais de Galicia e porque impoñía unha forma de goberno, a monarquía, a todas luces antidemocrática, temos que dicir que esta reforma é, tamén, inaceptable, esta vez porque é un ataque directo ao Estado Social e de Dereito. A decisión tomada polos partidos maioritarios, referentes do bipartidismo gobernante, fai máis necesaria a organización e a mobilización arredor doutra articulación do estado e da modificación que se nos quere impoñer. Se deixamos que esta determinación se leve á práctica, sen a contestación necesaria, a posibilidade duna saída social da crise como vimos reclamando estará cada día máis lonxe.


O XORNAL INFORMACIÓN OBREIRA

10

páx. 10 INFORMACIÓN SINDICAL

nos, e provocou unha airada reacción do PSDEG, que a través do deputado José Manuel Lage emprazou ao presidente Núñez Feijoo a «porlle freo ao caos» que ao seu xuízo impera nas oposicións das Xunta.

que aclare os motivos que levaron á Administración autonómica «a ter incumprido de xeito grave a lexislación vixente en materia de función pública». O portavoz da área institucional dos socialistas apunta, así mesmo, que o incumprimento legal dos prazos é dobre. Pasouse o tope de tres anos para pechar a OPE (oferta pública de emprego), pero tamén se superou de forma flagrante o prazo de 9 meses para resolver un concurso-oposición desde a súa convocatoria, que neste caso foi o 30 de xullo do 2008.

O PSDEG rexistrou unha interpelación no Parlamento para pór en evidencia as «graves irregularidades» no proceso selectivo do corpo superior da Xunta publicado en maio do 2008, aínda co anterior Goberno bipartito, e a

O PSDEG emprazou a Feijoo a resolver xa este asunto, pois recordou que entre os aspirantes hai persoas «que están a piques de esgotar a prestación por desemprego e outras persoas subsisten con axuda da familia».

60 GALEGOS E GALEGAS ESPERAN A RESOLUCIÓN DUNHAS OPOSICIÓNS DENDE 2008 por CUT Un total de sesenta aspirantes ao corpo superior da Xunta, o subgrupo A1, levan esperando máis de tres anos para despexar o seu futuro laboral, debido a que a Administración galega superou os prazos máximos que marca a lei para resolver un proceso selectivo mediante o cal tiña previsto dotarse de 41 novos funcionarios para diferentes servizos O atraso no fallo inqueda aos opositores, entre os que hai varios desempregados e interi-

A CONTRATACIÓN PARCIAL CRECE UN 85% ENTRE AS GALEGAS COA REFORMA LABORAL por CUT Nin contratación nin estabilidade no emprego, os obxectivos que aduciron para lexislar non se cumpren. En Galicia, tanto a contratación indefinida como o número de asalariados caeu. A repercusión que tivo a norma é negativa e seguirao sendo no futuro porque só serve para facilitar o despedimento barato e rápido Galicia perdeu ata xuño 13.650 traballadores asalariados e o colectivo máis afectado foi o dos empregados indefinidos, cunha

perda de 7.700 traballadores, fronte á caída de 5.900 que se rexistrou entre os asalariados con contratos temporais. Rexistrouse unha contracción do 2,5% nos contratos de xornada laboral completa fronte ao aumento do 5,2% que rexistrou a parcial, en especial no caso das mulleres, colectivo no que creceu un 85%. Como vimos denunciando, a lexislación aprobada outorga maior discrecionalidade ao

empresario e deixa desprotexido ao traballador/a, o que realmente se pretendía era, en realidade, xeralizar este tipo de contratación que favorece grandemente a precarización laboral en detrimento da contratación indefinida que pasa, de representar un 9,3% do total de contratos no primeiro semestre de 2010, a situarse no 8,7% coa reforma laboral. Coas medidas aprobadas no último Consello de Ministros e baixo o criterio de que “vale máis ter un contratado eventual que un parado” (marabillosa filosofía do “menos malo”, sempre favorecendo os intereses empresariais, cando polo que se debería optar é pola contratación indefinida e de calidade), esta circunstancia empeorará aínda máis a relación emprego precario (eventual)emprego fixo (con dereitos).


páx. 11 INFORMACIÓN SINDICAL

Máis ala das análises que faga cada quen, máis ala da autocrítica necesaria que todas as organizacións debemos facer para analizar o contexto ao que chegamos, está ben claro que a situación é tremendamente crítica, de feito só hai dúas alternativas: ou conseguimos entre todos e todas unha combulsión social en apoio do sector, ou pechan as portas. Non é o momento de preguntarnos por que non se mobilizou ao sector cando miles de compañeiras e compañeiros perderon os seus postos de traballo nos últimos anos, non é o tempo de pasar facturas aos responsábeis desta desmobilización. Agora estamos no tempo de acumular forzas e salvar o sector, e non só para defender os postos de traballo que subsisten, senón para que o sector sexa quen de volver a dar traballo aos e as que están na casa. Debemos pelexar para salvar o futuro de todos e todas, non para salvar a miseria que queda. Debemos forzar aos políticos e á patronal a que cambien o modelo produtivo de xeito que se reparta o traballo e se remate coa precariedade e coas subcontratas escravistas.

O NAVAL: UNHA ENCRUCILLADA por CUT

O modelo produtivo elixido polo capital, os políticos (de todas as cores) e a patronal meteu ao sector naval nas pedras. Agora pretenden facernos crer que o problema é do finanzamento,

sacaron da chisteira o tax leasse coma menciña que pode arranxalo todo, falan del agora que lle quitan esas deducións fiscais; non o mencionaban cando negociaban os convenios.

Esta é a liña que defende a CUT. Dende a nosa central defendemos a unidade sindical en base a acordos xerais que deixen de lado as diferenzas lóxicas nas análises. Defendemos a recuperación das asembleas como ferramenta de debate e mobilización, defendemos a implicación de toda a sociedade porque o problema vai máis alá dos asteleiros, xogámonos o futuro dos nosos fillos, o futuro do país. Na CUT non queremos un futuro de emigración e miseria. Neste camiño de unidade sindical xa celebramos dúas xuntan-


O XORNAL INFORMACIÓN OBREIRA

10

páx. 12 INFORMACIÓN SINDICAL

zas con sindicatos maioritarios: o 18 de xullo xuntámonos coa CIG na súa sede, en concreto con Antolín Alcántara e con Manolo Simón; e o 26 do mesmo mes coa UGT, tamén na súa sede, con Atanes, Comesaña e Castelaín, despois de ter comunicado a estas centrais o noso desexo de manter xuntanzas para analizar a situación, comunicación que tamén foi dirixida a CCOO (fax, teléfono...) sen ter resposta pola súa parte. Nas devanditas xuntanzas trasladamos a nosa análise e a nosa vontade de traballar arreo e na mesma dirección, e seguimos mantendo esta postura tamén para CCOO. Na súa man está pular pola necesaria unidade en pé de igualdade, con xenerosidade e sen dobres xogos, aínda sabendo a representación de cada quen. Nesta batalla sumamos todos, grandes e pequenos. Sobre a mesa está a posibilidade de convocar unha folga xeral comarcal como primeiro paso

mobilizador. A CUT secundará esta convocatoria pero advertindo que só será válida se hai un traballo previo asembleario e conxunto, un traballo que lle dea credibilidade e contundencia. Que non conten con nós para desfiles que xustifiquen unha morte anunciada. Desde a nosa central sindical, modesta pero honesta, levamos analizando, especialmente os últimos catro anos, o decorrer do sector. As negociacións polo convenio, polo cumprimento deste, polo despedimento de compañeiros, marcaron as mobilizacións deses últimos anos. Pero ao mesmo tempo foron pedras de toque sobre como planificaban o futuro do sector tanto a patronal coma o goberno. Dixemos por activa e por pasiva (os nosos panfletos, o noso voceiro, a nosa web así o demostran) que o sector ía cara á ruína, coa complicidade explícita duns e tácita doutros. Algúns tacháronnos de alarmistas, outros de radicais pero o único certo é que o tempo

ASEMBLEAS COMARCAIS por CUT

O Secretariado Nacional celebrado no mes de xullo acordou a celebración de asembleas comarcais para valorar as Xornadas Antirepresivas celebradas en Vigo e o II Festival da Cultura Proletaria. Así mesmo inclúse na orde do día a información e debate da situación dos presos da CUT, Miguel Nicolás Aparicio

e Telmo Varela Fernández, e a xestión sindical desta situación. Sobre este último punto acordouse levar unha resolución do máximo organismo do sindicato para que fose votada pola afiliación asistente a ditas asembleas, dita resolución aparece íntegra nas páxinas adicadas á represión sindical.

deunos a razón (a historia absolverame, dicía Fidel). Estivemos en todas as folgas cun discurso de unidade de cara á mobilización de clase, de cara a sacar a situación do sector do seu gueto para inxerilo coma un conflito de toda a clase traballadora; as políticas burocráticas dos sindicatos maoiritarios decidiron afogar esta posibilidade e agora reclaman o apoio da “cidadanía”. Estivemos tamén anunciando que estabamos ante unha segunda reconversión industrial, desta volta encuberta, que pretendía pechar a iniciada nos anos 80, e todo isto na rúa convocando concentracións que non eran secundadas polos demais sindicatos, máis ben eran ridiculizadas. Como xa dixemos antes, non imos agora pasar factura por nada, cada quen ten a súa cabeza para reflexionar onde estivemos uns e outros, o que dixemos. Agora é tempo da unidade de acción que para nós non pode ser unha nova mascarada para limpar conciencias.

Ata a saída deste número foron celebradas as asembleas do Morrazo e de Vigo. A primeira delas celebrouse na vila de Cangas, onde a resolución foi aprobada por unanimidade. Na asemblea de Vigo, despois da valoración en positivo, coas lóxica autocrítica necesaria, das xornadas e do festival, informouse da política da CUT con respecto aos compañeiros represaliados. Unha vez dado o debate produciuse a votación da resolución que tivo como resultado 21 votos a favor e catro en contra, polo que quedou aprobada.


páx. 13 INFORMACIÓN SINDICAL

RAQUEL LEMA: FALEMOS DA CRTVG No pasado mes de maio, a nosa central sindical obtiña unha vitoria moi relevante na CRTVG con 178 votos, dos que 155 se produciron na votación da TVG, case duplicando os resultados da seguinte candidatura. Raquel Lema, membro da Executiva comarcal de Compostela e cabeza de lista na TVG, responde as preguntas d’O Xornal. por CUT

No momento da realización desta entrevista, acabades de comezar mobilizacións denunciando represalias cuns compañeiros sancionados pola compañía. Podes explicarnos máis en detalle o que acontece? As relacións laborais están cheas de casos de abusos e presións por parte da patronal, e a CRTVG non é unha excepción. A dirección sancionou a dúas compañeiras e un compañeiro das delegacións de Vigo e Lugo por defender a outros traballadores e traballadoras despedidos. A situación produciuse o pasado 30 de

novembro cando a empresa decidiu pechar as delegacións da TVG e da RG en Ferrol, Pontevedra, Burela Bruxelas e Porto, unha medida que rexeitamos radicalmente desde a CUT porque representa unha agresión á función de servizo público que ten encomendada a Compañía na súa obriga de cobertura informativa local. Esas delegacións estaban en mans de produtoras privadas, nalgúns casos vinculadas a medios de comunicación, o que representaba un enorme custo económico para as arcas públicas –trátase

dun xeito de financiamento “legal” deses periódicos por parte dos sucesivos gobernos– e unha precarización do emprego para profesionais contratados en clara cesión ilegal de traballadores, xa que desenvolvían as súas función en exclusiva para a televisión ou a radio pero contratados a través de terceiras empresas. A sección sindical da CUT levaba moito tempo esixíndolle á dirección que asumise integramente as delegacións e ao seu persoal. Os traballadores e traballadoras desas delegacións, moitos deles afiliados ao noso sindicato, acudiron á xustiza para defenderen os seus intereses lexítimos, co que se producía unha situación anormal: os xuíces e xuízas recoñecían o vínculo laboral deles coa CRTVG pero a Compañía seguía pagando os servizos ás produtoras, nun claro caso de malversación de caudais públicos. Finalmente, consecuencia desa presión xudicial, a dirección decide asumir as delegacións, pero pechando as catro mencionadas e botando á rúa a todos os profesionais que non tiñan unha sentenza xudicial ou unha demanda de recoñecemento de dereitos interposta antes dos peches. O compañeiro e as compañeiras represaliadas, que por aquel entón asumían as funcións de responsables das delegacións, unicamente elaboraron a petición dos avogados unha listaxe do persoal que había neses centros de traballo para achegar como documentación nos xuízos. Nós entendemos que esa información debe ser pública, polo simple principio de transparencia na administración, pero a patronal considera que cometeron unha deslealdade coa empresa que tipifican como falta moi grave, que podía ser sancionada ata co despedimento. As presións


O XORNAL INFORMACIÓN OBREIRA

10

páx. 14 INFORMACIÓN SINDICAL

sindicais e dos mesmos compañeiros lograron que a sanción fose unha suspensión de emprego e soldo de corenta e cinco días pero, aínda así, segue a parecernos inadmisible e desproporcionada. É un réxime do terror para desmobilizar que non imos consentir. Agora o caso está en mans da xustiza pero, o certo é que a patronal deixou a compañeiros e compañeiras no paro, renunciou á cobertura informativa de calidade en amplas zonas do noso país e reléganos aos galegos e galegas a ver as televisións españolas para mirar se nos informan de cómo defenden os nosos intereses en Bruxelas. Tampouco non o imos consentir e seguiremos loitando. O lema co que encabezastes a campaña foi “Por un futuro público para a CRTVG”. En que medida a proposición de lei de reforma da CRTVG pactada polo PP e PSOE ameaza a titularidade pública da compañía? Que implicacións terá a conversión da Corporación CRTVG en Sociedade Anónima? A sociedade galega ten o dereito lexítimo de recibir información veraz na súa lingua, desde a perspectiva da súa propia idiosincrasia, e referida aos asuntos que lle interesan. Iso é incuestionable. A CUT defende uns medios públicos e en galego sen interferencia dos poderes políticos nin económicos. Trátase de satisfacer o dereito fundamental á información de todos os cidadáns. Para iso cómpre ter uns medios de comunicación de titularidade pública, igual que outros servizos universais. Esta posición defendeuna a CUT cando foi invitada polo Parlamento de Galicia como poñente no relatorio para a reforma da Lei dos Medios

Públicos de Galicia. O noso sindicato tamén manifestou esa postura en sucesivas xuntanzas con todos os grupos políticos con representación parlamentaria. Porén, logo do relatorio, o PPdeG e o PSdeG pactaron un texto para a reforma da CRTVG sen o consenso do Grupo Parlamentario do BNG. Pensamos que o ideal sería un consenso unánime sempre e cando non se afastase dos principios que defendemos. O que máis nos preocupa do texto pactado por populares e socialistas é que deixa aberta a externalización de determinados contidos. Malia que blinda parcialmente os servizos informativos, non establece uns mínimos de produción propia para os programas que garantan o emprego e cumpran co obxectivo de servizo público, é dicir, abren as portas á privatización da programación que non sexa informativa. Unha Corporación con calidade de Sociedade Anónima amparada por unha Lei que permite a participación do capital privado na súa “cadea produtiva” ten todas as papeletas para non cumprir coa incuestionable función de servizo público. Trátase doutra mostra máis da política actual de privatizar servizos esenciais. Xa fixemos as nosas achegas no Parlamento a través do Comité Interempresas da CRTVG para emendar o texto da Lei antes do seu debate parlamentario. É moi posible que teñamos que chamar á mobilización. A administración galega actual destacouse ao emprender un programa de analfabetización no idioma propio, como lle pode afectar esta dinámica á CRTVG? O alicerce fundamental da existencia da CRTVG é o idioma gale-

go. A sección sindical da CUT nos medios públicos non vai consentir ningunha agresión contra a nosa lingua. Desde o Comité de Empresa xa instamos á Compañía a que reactive o servizo de asesoramento lingüístico que, desde hai tempo, está precarizado, case desmantelado. Tamén estamos a promover que todas as comunicacións e as relacións no marco laboral sexan obrigatoramente en galego. Por descontado, as emisións deben ser integramente no noso idioma. Unha das achegas para a reforma da Lei dos Medios Públicos de Galicia que consensuamos cos outros sindicatos con representación no Comité refírese ao idioma, concretamente “a preservar o pluralismo nos medios de comunicación e a asegurar e promover o emprego da lingua galega”. A misión de servizo público dos medios de comunicación está determinada pola necesidade de garantir certos valores e principios constitucionais que son os que xustifican a propia existencia destes medios. A protección da lingua galega é un elemento fundamental da razón de ser da RTVG, sexa como Compañía ou como Corporación. O artigo 40 da A Lei 7/2010 Xeral da Comunicación Audiovisual, que é unha norma de carácter básico, establece no seu artigo 40 a garantía da protección lingüística como parte do servizo público. A nosa sección sindical está disposta a combater, mesmo nos tribunais, calquera norma ou orde que contradiga o principio esencial de promoción e defensa da lingua galega nos medios públicos. Unha das cuestións que esperta máis polémica na política que a nosa central defende na CRTVG é a consolidación dos postos de traballo. Explícanos


páx. 15 INFORMACIÓN SINDICAL

por que desde unha perspectiva de clase esta é a postura máis coherente. A CRTVG é unha empresa pública e, polo tanto, o acceso ao emprego debe respectar os principios de mérito, igualdade, capacidade e publicidade. Nunca o puxemos en dúbida. Porén, neste caso a Administración tornouse durante anos no máis vil exemplo de patronal explotadora. Despois de case vinte anos sen convocar oposicións (as últiman celebráronse en 1992) o panorama que deixaron as sucesivas direccións é unha interminable lista de delictos e agresións aos traballadores e traballadoras. Empregados con máis de mil contratos en dez ou quince anos, falsos autónomos, contratos por unha obra que non se cumpría, profesionais con contrato de artista, falsos contratos de inserción laboral... A metade do cadro de persoal pasou anos sen o amparo dun Convenio Colectivo, sen cobrar antigüidade

Trátase dunha pésima xestión. Hai xente con pouca carga de traballo e, porén, asínanse substanciosos contratos con diversas empresas privadas para facer o traballo que podían executar estes profesionais que xa están cobrando un salario

nin pagas extraordinarias, con baixas na Seguridade Social durante as fins de semana e “vacacións” no paro. Algo inadmisible que consentiron os sucesivos Comités de Empresa. Trátase dunha situación excepcional que esixe solucións excepcionais, xa que as irregularidades as cometeron os directivos, non os empregados que querían traballar e accederon ao seu posto maioritariamente logo das pertinentes probas selectivas. Nós pensamos que a empresa debe resarcir o dano causado a estes traballadores e traballadoras. A constitución da sección sindical da CUT na CRTVG serviu para animar a que o persoal acudise masivamente á tutela xudicial para defender os seus intereses lexítimos. Os xuíces están a considerar ao persoal indefinido, o que podería obrigar á empresa á creación das prazas vacantes. Defendemos un proceso de consolidación de emprego, no marco que establece a lexislación vixente, que evite a dupricidade de prazas que faría perigar a estabilidade orzamentaria da Compañía, xere emprego de calidade e permita contar cun cadro de persoal fornecido con capacidade para negarse a manipulacións e cumprir, dese xeito, a función de servizo público que ten encomendada. Ademais, non abrimos o camiño na defensa dunha consolidación de emprego: houbo procesos como o que pedimos para a CRTVG en RTVE e no resto das televisións autonómicas, ademais de na mesma Xunta de Galicia durante o bipartito. En 2010, 39’1 millóns de euros foron para as producións externas. En horas de programación, máis dun 46% cubriuse con externalizacións. Desde a CUT deféndese unha porcentaxe mínima do 80 de produción propia, existe entre as

traballadoras e traballadores da TVG un clima de conciencia que poida cristalizar na defensa desta ou doutras propostas que garantan o emprego público e de calidade? O conxunto do cadro de persoal está absolutamente concienciado coa necesidade de producir na propia empresa. É a empresa a que externaliza programas ou contidos deixando a moitos profesionais altamente cualificados sen que facer. Trátase dunha pésima xestión. Hai xente con pouca carga de traballo e, porén, asínanse substanciosos contratos con diversas empresas privadas para facer o traballo que podían executar estes profesionais que xa están cobrando un salario. A que obedece este xeito de xestión?. Outra cousa é contratar series ou produtos que dinamicen o sector audiovisual, apoiando ideas novidosas e sen amiguismos, ofrecéndolle á audiencia unha televisión e unha radio de calidade. Os propios traballadores e traballadoras recoñecen a valía dun produto externo de calidade. O que rexeitan é que se malgasten cartos públicos en programas que se podían elaborar en San Marcos seguramente a menor custe.

A Dirección actual da CRTVG quéixase da rixidez do Convenio Colectivo. É toda unha declaración de intencións no contexto actual de «flexibilización» do mercado laboral. Que grao de confrontación pode haber ao respecto nos vindeiros meses? En épocas de crise é habitual poñer no aire os dereitos adquiridos logo de moita loita e sacrificio. Igual o que había é que flexibilizar o “convenio” dos


O XORNAL INFORMACIÓN OBREIRA

10

páx. 16 INFORMACIÓN SINDICAL

directivos que non son quen de elaborar unha xestión óptima. Os responsables dos problemas da Compañía non son os traballadores e traballadoras nin o seu Convenio, son os xestores ineficaces e os que os escolleron. O Convenio Colectivo da CRTVG ten cousas positivas e moi negativas, como a imposibilidade de que os contratados cobren o complemento de antigüidade en contra do que establece o Estatuto dos Traballadores. A CUT vai pelexar por un Convenio único para todo o cadro de persoal, sen diferenzas polo tipo de contrato, por xénero ou ideoloxía. Outro dos cabalos de batalla sindical é a clasificación profesional. Cales son as súas principais eivas e que medidas defende a CUT verbo disto? A actual definición de categorías está obsoleta. Cómpre redefinir todas as profesións para adaptalas á actualidade do traballo nun medio de comunicación. O certo é que a TVG está pendente dun proceso de dixitalización que xa teñen acometidas todas as televisión desde hai anos e que vai obrigar a modificar as funcións de moitos e moitas profesionais. É un cambio tecnolóxico que leva moito retraso e que cómpre acometer. Valga un exemplo: os equipos están tan obsoletos que nos próximos meses poderían empezar a repararse unhas

Hai que rematar coa manipulación política da información, en calquera medio e teña a cor que teña

máquinas con pezas doutras por falta de repostos no mercado. A CUT entende que debe colaborar coa empresa en establecer as categorías que precisa para garantir un futuro, pero sempre sen prexuízo dos dereitos dos traballadores e traballadoras e sen danos para a súa carreira profesional. Hai que garantir o futuro e a viabilidade da Compañía pero non a costa de dereitos. Tanto a Radio como a Televisión de Galicia foron historicamente ferramentas de propaganda da Xunta, que medidas pensades que ten que recoller a nova lei no camiño duns medios públicos independentes e desgubernamentalizados? É suficiente o nomeamento do Director Xeral polo Parlamento? É un gran adianto que o Director Xeral sexa nomeado por dous terzos dos membros do Partamento. Iso obrigará a un consenso que lle outorgue independencia. Pero non é abondo. Hai que rematar coa manipulación política da información, en calquera medio e teña a cor que teña. Cómpre garantir o dereito constitucional á información polo ben de toda a sociedade, se fai falta, con outra revolución. Na CRTVG ou na Corporación que xurda da reforma da Lei establécense algúns mecanismos, como a creación dun Consello de Informativos que protexa os dereitos dos profesionais. A figura do Consello de Redacción xa está no actual Convenio Colectivo desde hai anos, pero nunca se fixo porque nunha houbo interese en poñela en práctica. A sección sindical da CUT vai loitar para que se constitúa un órgano que sirva para defender os intereses e a imparcialidade dos profesionais e das profesionais fronte ás agresións a xeito de propaganda. De feito, xa

dinamizamos, a través do Comité Interempresas, o estudo que efectuara unha comisión de traballo e que estaba esquecido. Defendemos un Consello de Informativos para os profesionais e a creación dun Valedor do Telespectador e Radioínte para canalizar as queixas e suxestións da audiencia. O certo é que os nosos afiliados e afiliadas pensan que un dos mellores xeitos de lograr profesionais independentes que rexeiten calquera tentativa de manipulación é a través da creación de emprego fixo estable. Traballadores e traballadoras con contratos precarios son presa feble susceptible de presións. No voso programa electoral diciades que a seccións sindical da CUT na CRTVG ábrelle a porta á “recuperación para a CRTVG dos principios do sindicalismo histórico”. En que se vai materializar isto no traballo diario? Nun traballo sindical de clase e cotiá. As portas do local sindical están sempre abertas. Os delegados e delegadas sindicais da CUT están sempre a disposición. Queremos recuperar o asamblearismo, recuperar a ilusión dos traballadores e traballadoras, a confianza en que, se todos participamos, podemos cambiar o rumbo da empresa e corrixir as súas deficiencias. A nosa proposta fundamental para reformar os estatutos de funcionamento interno dos Comités de Empresa da CRTVG consiste en someter á aprobación da Asemblea de Traballadores e Traballadoras todas aquelas decisións que afecten ao conxunto do cadro de persoal. Ímolo lograr. Imos conseguir que o poder de decisión volva á clase obreira.


páx. 17 INFORMACIÓN SINDICAL

ría, etc.) e prácticas encaradas a atemorizar ao persoal que se pon ao servizo doutra idea de entender o sindicalismo, con carácter combativo, como nos vén de pasar recentemente na candidatura que apresentamos no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago. A CUT quere combater todas esas actitudes tamén, por iso consideramos importante necesidade de transformar tamén dentro das organizacións sanitarios as relacións entre os diferentes sectores laborais, que só teñen un inimigo común de relevancia, o propio Capital.

O DEREITO Á SAÚDE NO PUNTO DE MIRA. UNHA OLLADA SINDICAL por XIANA LÓPEZ PENEDO [TRABALLADORA SOCIAL]

Para a CUT ten abonda importancia o diálogo nun espazo, como é o dos Servizos Públicos de Saúde, onde impera o coorporativismo sindical (a afiliación dentro de sindicatos de rama, xa sexa de médicas/os ou enfermeiras/os, coa súa defensa de posición anticlasistas), o amarelismo sindical con grandes

centrais sindicais entregadas á administración de turno e ás xerencias dos hospitais e de atención primaria, e sobre todo, un ámbito sometido ás prácticas da extorsión sindical, con desdén polos capas máis débiles de traballadoras e traballadores do servizo (cociña, limpeza, lencería, hostale-

Non queremos enganar a ninguén, a nosa central ten unha presenza sindical dentro do SERGAS moi pequena, reducida case aos corpos e categorías máis baixos, mais que non teñamos unha gran representación sindical neste eido non significa que non teñamos unha posición clara sobre a defensa do sistema público de saúde de Galiza, entendendo a este como propio da clase traballadora, da que nós formamos parte, e asumimos a súa defensa como un deber da nosa central. A realidade é clara en canto falamos de sanidade: o sistema público de saúde, en particular, e o Estado de Benestar en xeral, están a sofrer unha agesión sistemática por parte dos poderes públicos e entidades financeiras cun claro obxectivo, someter ás leis da oferta e da demanda aqueles servizos públicos que a clase obreira conseguiu elevar a públicos con carácter universal. Isto é, a nova grande ofensiva ideolóxica e económica do Capital, está a conseguir elevar os niveis de explotación económica sobre a clase obreira, degradando aqueles servizos que


O XORNAL INFORMACIÓN OBREIRA

10

páx. 18 INFORMACIÓN SINDICAL

sendo públicos, sostivo ao longo do tempo cos seus salarios e co seu traballo. Isto é moi importante para nós: nunca os servizos públicos se mantiveron sobre a entrega abnegada das oligarquías económicas, senón sobre o esforzo económico da grande masa de traballadoras e traballadores. É moi importante para as organizacións que asentan a súa actuación na defensa dos intereses concretos da maioría social, da clase obreira, o recoñecemento do significado das loitas históricas do proletariado que marcan o noso presente. Aínda que a historiografía e a ensaística do Capital tente minar o significado da queda da URSS na entrega dos servizos públicos a mans privadas, debemos reivindicar nas nosas análises a importancia de teren eles destruído o comunismo soviético, derrubando así unha das máis importantes experiencias da rebeldía das clases traballadoras, e polo tanto, derrubando a grande referencia que o proletariado europeo tiña na URSS para mobilizarse na conquista e na defensa do que é seu e universal: os servizos públicos. Así labrou o Capital a súa particular fin da historia, ou como ben dixo o grande inversor estadounidense, o multimillonario Warren Buffet: “Ben, si, a loita de clases existe, pero estámola a gañar nós”.

O único obxectivo e facernos crer que o camiño que levan andado os sistemas de saúde actuais non son viables

Atopámonos nun contexto de crise do sistema capitalista actual, cuxas únicas vítimas somos nós, as clases traballadoras e populares. Así, xa dende os anos ’70 coa chegada do neoliberalismo, aproveitándose dunha situación de presunto estancamento, vimos sufrindo recortes a todos os niveis nos dereitos fundamentais conquistados polas clases traballadoras, xa que non é só o dereito a saúde o que está a ser atacado, senón tamén o dereito ao ensino, o dereito aos servizos sociais, o dereito ao emprego, o dereito á seguridade social e o dereito a vivenda, entre outros. Estase a converter os nosos dereitos fundamentais en mercadorías, non obedecendo a ningún outro interese que non sexa a acumulación de capital. Valorándose a liberdade e os dereitos individuais por riba dos dereitos sociais, reducíndose o rol do Estado como garante destes dereitos sociais, debido ao traspaso dos seus poderes aos organismos que hoxe dirixen o mundo, o FMI, a Organización Mundial do Comercio, o BM, a UE… quen teñen como único obxectivo por en práctica todas as medidas precisas para privatizar aquilo que lles proporcione máis e máis lucro. Os partidos políticos “oficiais”, os que entran no xogo das prebendas, o xogo de se converter nunha clase de burócratas ben pagados e alimentados, só teñen a preocupación de lexislar para facer efectivos todos os plans destes voitres. No caso do estado español, durante o goberno de Aznar, foi cando se aprobou no parlamento español a lei 15/97, sobre habilitación de novas formas de xestión no sistema nacional de saúde, cos votos de PP, PSOE, CIU, PNV e coalición canaria. Esta lei o único obxecto que ten

(de feito só ten un artigo) é abrir a porta á privatización da sanidade pública, permitindo que institucións privadas con ánimo de lucro xestionen servizos públicos, como xa veu acontecendo noutras CC.AA do estado, e tamén vimos na Galiza, por exemplo coas fundacións da época Fraga, e agora coa entrada do capital 100% privado nos Hospitais de Vigo.

Máis que é o sistema público de saúde e porque se fai precisa a súa defensa? Así, por sistema neste eido entendemos o conxunto de recursos, medios organizados, actividades, servizos e prestacións cuxa finalidade é a promoción e protección da saúde, a prevención da enfermidade, a asistencia sanitaria, a rehabilitación e a reinserción social (definición extraída da Lei Galega de Saúde). Desta definición hai subliñar que a finalidade aquí especificada non é precisamente o lucro económico. O noso sistema está estruturado en dous niveis, atención primaria e atención especializada. Gustaríame lembrar aquí a definición que adoptou a OMS alo polo ano ’78 sobre atención primaria en Alma-Ata: “A Atención Primaria de Saúde é a asistencia sanitaria esencial baseada en métodos e tecnoloxías prácticos, cientificamente fundados e socialmente aceptables, posta ao alcance de TODOS os individuos e familias da comunidade mediante a súa plena participación e a un custe que a comunidade e o país poidan soportar, en todas e cada unha das etapas do seu desenvolvemento cun espírito de autorresponsabilidade e autodeterminación. A atención primaria forma parte


páx. 19 INFORMACIÓN SINDICAL

integrante tanto do Sistema Nacional de Saúde, do que constitúe a función central e o núcleo principal, como do desenvolvemento social e económico global da comunidade. Representa o primeiro contacto dos individuos, a familia e a comunidade no SNS, levando o máis cerca posible a atención de saúde ao lugar onde residen e traballan as persoas, e constitúe o primeiro elemento dun proceso permanente de asistencia sanitaria. Recalcamos a importancia deste nivel de atención xa que o bo funcionamento do mesmo garante a prestación sanitaria nun 85% dos actos médicos e establece o filtro da demanda cara o nivel especializado. Tanto dende a OMS como dende a teórica lexislación que rexe este eido, sinálase a vital importancia que ten a atención primaria para o bo funcionamento do sistema, polo que se o que se pretende é facer unha boa atención sanitaria faise imprescindíbel unha boa atención primaria. Para falar de público é interesante retomar o significado de res pública, expresión latina que significa literalmente “cousa pública”, e que etimoloxicamente é o orixe da palabra república. O uso desta expresión vincúlase cos conceptos de sector público e estado, e cos conceptos tradicionais de ben común e procomún. O que interesa pois sinalar é que estamos ante un sistema que é de todas e todos nós, e iso é algo que parece estar esquecido, é propiedade de todo o pobo, neste caso o galego, é nós formamos parte del, como cidadáns que somos, e polo tanto, temos o dereito e a obriga de defendelo. Para definir o concepto de saúde podemos achegar a definición que dela fixo a OMS en 1946, na

súa carta constitucional, como “o estado do completo benestar físico, mental e social, e non soamente a ausencia de afeccións e enfermidades”. Pártese da saúde como un enfoque bio-psico-social pois, é dicir, unha concepción holística da persoa, e se o estado (ou a administración competente) ten a obriga de defender o noso dereito a saúde, ten que ter en conta este enfoque.

Agresións Xa levamos tempo observando como nos medios de comunicación e no espazo público se difunde un discurso dominante que sostén que os nosos sistemas sanitarios non funcionan ben, que son insostíbeis, que gastamos demasiado, que acudimos moito ao médico, que facemos mal uso dos nosos recursos sanitarios, que consumimos moitos medicamentos, que os inmigrantes sen papeis saturan os nosos servizos, que o avellentamento da poboación fai que os custes se incrementen, etc. Todo isto non deixan de ser falacias cuxo único obxectivo e facernos crer que o camiño que levan andado os sistemas de saúde actuais non son viables, e que temos que buscar outras solucións, evidentemente, pagadas polas clases traballadoras (como o copago, ou re-pago, mellor denominado) ou a entrada da xestión privada na nosa sanidade para poder axudar aos nosos sistemas a saír da crise. Esta estratexia de intoxicación ven acompañada por unha estratexia de non inversión no sector público, para que así aumenten as listas de espera, se colapsen os centros de saúde, os servizos de urxencia, se reduzan as ratios de persoal… cuxa finalidade é facer pensar a xente que o sistema que temos non é bo, e que é preciso unha reformulación do mesmo en clave privatizadora (claro está).

En Galiza, a recesión e o cambio de goberno viñeron acompañados pola privatización. A historia é cíclica, e o que hoxe nos pasa a nós xa pasara noutros países unhas décadas antes. Así, após a crise do petróleo do ’73, iniciáronse as reformas neoliberais dos 70 e 80 impulsadas principalmente por Thatcher e Reagan. Thatcher introduciu no Reino Unido os sistema de financiamento por concesión administrativa nos hospitais, se ben o tempo deu a razón a quen dicían que este tipo de xestión era ineficaz, intentando agora a administración británica retomar a xestión pública neste eido. Mais aquí parece que só miran o que lles interesa, e a evidencia de que este tipo de xestión é máis custosa economicamente e ineficaz parece que non é un feito tido en consideración polos mandatarios galegos. Farjas, Conselleira de sanidade, iniciou dende o minuto 1 da súa lexislatura un plan ordenado de racionalización, agochándose detrás deste un auténtico negocio lucrativo. Xa no verán do 2009 (só levaba 4 meses no cargo), Farjas apostaba por elevar o rendemento do horario ordinario nos hospitais do Sergas e anunciaba a reorganización da actividades extraordinarias de tarde. A limitación impostas ás horas extras – o primeiro ano de aplicación pechou cun balance de 6.844 cirurxías menos, acompañábase por unha xestión das listas por prioridade clínica, que a comezos do ano pasado traduciuse nun aumento de 9 días nas listas de espera. Nos dous primeiros anos do seu reinado tamén apostou pola captación de capital privado como ferramenta para revitalizar o sec-


O XORNAL INFORMACIÓN OBREIRA

10

páx. 20 INFORMACIÓN SINDICAL

tor e non frear a construción de infraestruturas, e a redefinición dos proxectos do bipartito para os novos hospitais de Vigo e Pontevedra. Así a empresa liderada por Acciona e Puentes e Calzadas recibía a comezos de ano o proxecto do hospital de Vigo, o primeiro que en Galicia recorrerá á fórmula do pago aprazado (xa rodada en Madrid e Valencia). Así, as primeiras agresións foron o peche de quirófanos polas tardes, a non renovación de traballadores hospitalarios, a paralización do Plan de Mellora da Atención Primaria, a supresión de gardas, a cesión de servizos de diálise, a paralización dos plans directores de Ourense, Santiago ou A Coruña, co único obxecto de facer da sanidade pública un negocio lucrativo. Ademais, o gasto sanitario veuse reducido nos últimos dous anos nun 10%. Resumindo pois, consideramos que a privatización na xestión da sanidade pública, e así vímolo comprobado noutros estados e zonas do entorno, é máis caro (chega a cuadriplicar o custe), menos eficiente e conleva a diminución da calidade na atención.

Reivindicacións -As estruturas públicas para o desfrute universal con todas as garantías dos dereitos fundamentais non poden ser tratados como mercadorías, e polo tanto a súa xestión non pode equiparse á dunha empresa privada. A sanidade, a educación, os servizos sociais, os sistemas de pensións, en fin, os sistemas de protección social deben ser públicos e xestionados 100% polas administracións. Consideramos que é negativa a existencia dun sistema privado de sanidade, ao igual que a existencia de centros de ensino privados ou outro tipo de entida-

des prestadoras de servizos que deben ser cubertos e garantidos pola administración. Se avogamos pola xustiza social e a equidade, debe ser garantido en todo momento a igualdade de acceso aos sistemas públicos de servizos, e só a gratuidade destes servizos pode garantir isto, evitando discriminacións e/ou privilexios no desfrute dun servizo que sostén unha maioría social sempre maltratada no seu acceso a estes. - Fortalecemento da atención primaria (retomar o plan de mellora de atención primaria) xa que é dende a atención primaria onde se pode facer unha auténtica promoción e prevención da saúde (bo exemplo da importancia da atención primaria atopámolo en Cuba). Unha boa atención primaria faría aforrar cartos nos dispositivos de custes máis elevados, como son os especializados. (de aí o refrán de máis vale previr que curar). Cando se acusa aos cidadáns do mal uso do sistema, o que debería facer a administración é unha seria reflexión de porque se fai un mal uso. Se houbera unha boa atención primaria poderíase facer unha auténtica educación para a saúde, na que se incluiría evidentemente o ensino do uso do sistema. Mais para poder facer iso fan falla máis centros de saúde, levalos alí onde está a poboación (como ben di a declaración de Alma Ata, aumentar o nº de médicos de familia para que estes poidan dedicar más de 3 minutos por consulta. Mais tamén leva unha reflexión de cara aos profesionais, de desenvolver un verdadeiro traballo en equipo que poida facer unha atención integral en todos os aspectos, biolóxico, psicolóxico e social, e iso soamente é posible cunha boa coordinación entre os profesionais. Faise fundamental un traballo real cos pacientes

para empoderalos e facelos activos no coidado e atención a súa propia saúde e implicar á comunidade realmente na participación na atención e coidado da saúde. Ao tempo que factores como o afortalamento da formación en antropoloxía da saúde para as e os profesionais, que desenvolven maioritariamente a súa actividade de costas á realidade sociocultural galega, ha favorecer a conexión co ideario simbólico identitario galego, de cara ao necesario vencellamento da atención sanitaria á realidade sociocultural circundante. O que é o mesmo, á realidade sociocultural das clases populares galegas, a maioría social. -Esiximos tamén que haxa unha adecuación á realidade social actual, se ben é certo que o avellentamento demográfico é un feito incuestionábel que incide directamente no funcionamento dos sistemas públicos de saúde, xa que representan unha porcentaxe moi elevada dos/as pacientes, debería facerse unha correlación coa implantación de máis unidades de xerontoloxía, dada a súa probada eficiencia e eficacia na xestión dos procesos de saúde e enfermidade deste colectivo. -Reivindicamos o noso dereito a unha planificación familiar de calidade, acorde á realidade social, esixindo pois a revitalización dos COF e a xeneralización no acceso ás consultas de xinecoloxía. -O acceso á saúde sen discriminación para todas as persoas (algo que se vería seriamente limitado con medidas como as do copago). -Procura de fontes de financiamento alternativas (aumento da porcentaxe do PIB dedicada a sanidade) O Estado español é dos que menos gastas da UE. Como captar


páx. 21 INFORMACIÓN SINDICAL

fondos: non financiamento a igrexa católica, redución do gasto militar, eliminación da corrupción e exixencia dos corruptos a que devolvan o roubado, aumento dos impostos aos máis ricos, que os clubes de fútbol paguen a débeda que teñen co fisco (estimada en 694 millóns de euros). -Priorización do gasto público. Que nos digan que non temos recursos para o sistema de saúde mentres se dilapida o erario público en megaconstrucións das que o pobo non vai a obter ningunha utilidade, como a cidade da cultura ou a construción do Ave. Por culpa da falta de responsabilidade política, estéanse a esmorecer os piares básicos do Estado de Benestar social. -Como é posible que os laboratorios farmacéuticos privados reciban cartos da sanidade pública e en cambio aos investigadores/as das universidades e institucións públicas non se lles ofreza contratos dignos. Consideramos que mentres a investigación farmacéutica estea en mans de empresas con interese lucrativos o dereito a saúde da poboación mundial estará ameazado. -Actualización e dotación orzamentaria axeitada do novo Plan de drogodependencias, mantemento e mellora da rede asisten-

A privatización da sanidade pública é máis caro (chega a cuadriplicar o custe), menos eficiente e conleva peor calidade na atención

cial de atención ás drogodependencias. -Reactivación do Plan de Saúde Mental e dotación orzamentaria axeitada á realidade. -Efectividade do dereito a saúde en todas e cada unha das etapas da vida, coa implantación de programas e protocolos específicos axeitados.

bilidade conxunta de coñecer e facer respectar estes dereitos. Cando a lexislación, ou a implantanción dunha medida do goberno (tanto estatal como autonómico), ou calquera outra administración ou institución nega os dereitos básicos do pobo a unha protección á saúde dentro dun sistema público e de calidade, debemos tod@s, buscar os medios axeitados para aseguralos e reestablecelos.

Liñas de actuación - Consideramos que esta loita non pode partir das filas sindicais, senón que estas teñen un papel de apoio e de dotación de recursos para a mobilización. O xurdimento de diferentes asociación de defensa da sanidade (existen en torno a 16 plataformas en defensa da sanidade pública en Galiza), tanto de cidadáns e cidadás, e sobre todo, a implicación do persoal que traballa dentro da sanidade, deben ser o motor que guíe a defensa do dereito á saúde e a un sistema público galego, de calidade, baseado na evidencia científica, na demografía, na epidemoloxía e non nos intereses do capital…. Estas organizacións que foron xurdindo ao longo e largo do país agrúpanse na Plataforma SOS Sanidade Pública, da que a nosa central sindical tamén forma parte. -Debemos loitar polo noso sistema público de saúde porque é un ben común, facéndose extremadamente importante defendelo porque tivemos que loitar moito para conseguilo, e sabemos e temos que difundir as solucións públicas para melloralo, e non dar lugar a un mercado privado da saúde cuxa única finalidade é a lucrativa. -O persoal médico, o persoal de enfermería, de traballo social e o persoal non sanitario que traballa no servizo público ten a responsa-

Non podemos permitir que continúe o gran negocio que se acaba de abrir coa saúde. Co noso diñeiro (non esquezamos que o sistema é público, aínda que o xestione unha empresa privada) e sobre todo, coa nosa saúde, non se xoga. A protección á saúde é un dereito, e é o noso deber defender a súa universalidade, equidade e solidariedade. A CUT avoga por recuperar e identificar a defensa do sistema público de saúde, e tamén doutros servizos públicos, dentro do programa da clase traballadora galega de defensa radical dos seus intereses, na súa loita contra o Capital. Avogamos por recuperar a conciencia do significado que as loitas da maioría social tiveron na edificación do público, do carácter creador da protección social destas loitas, e por recuperar posicións na batalla ideolóxica e económica. Facemos un chamado á clase traballadora galega, e ao conxunto das clases populares de Galiza, para que reivindiquen que nos sexa “devolto o roubado”. E para lanzar dende abaixo, programas de reestruturación do público, afianzando na mellora dos servizos e na expropiación daqueles servizos fundamentais privatizados, a única saída á crise que pode ser positiva para nós. Isto é, unha saída de carácter transformador, radical, e como tal, revolucionaria.


O XORNAL INFORMACIÓN OBREIRA

10

páx. 22 INFORMACIÓN SINDICAL

Compostela A CUT OBTÉN UN NOVO DELEGADO EN HERMANOS SEOANE

carpintería compostelá, acadando o candidato da CUT, Francisco Javier Caneda Rendo, doce votos fronte aos sete obtidos pola candidatura da CIG.

Este luns celebráronse as eleccións sindicais nesta empresa de

Desde a CUT amosamos o noso agradecemento aos traballadores

A CUT MEDRA EN VOTOS E MANTÉN A REPRESENTACIÓN EN CLECE DA USC

rial entre mulleres e homes, a transparencia nas decisións do Comité e a fin do caciquismo e os tratos de favor coa empresa, a CUT logrou permanecer no Comité, no que estamos desde o noso nacemento, demandando un sindicalismo diferente e coherente nos seus principios. E a primeira proba das diferenzas que aporta a nosa forma de traballar á de outras chegou ben cedo. A Sección Sindical da CUT tivo que adoptar un compromiso sindical coherente coa realidade laboral dese centro, no que as mulleres son clara maioría. As compañei-

Nas eleccións sindicais celebradas en Xuño en Clece S.A. do servizo de limpeza da USC, a CUT logrou aumentar o seu número de votos mantendo a representación que ostentaba no Comité de Empresa. Cun programa electoral no que se demandaba a equidade sala-

e traballadoras deste centro de traballo polo apoio depositado na nosa central, ao tempo en que enviamos ao novo delegado de persoal os nosos parabéns polo resultado alcanzado.

ras de Clece bloquearon a elección da presidencia do Comité, tratando de obrigar á CIG, candidatura máis votada, a que presentase a unha muller, como paso necesario cara o cuestionamento do modelo sindical masculinizado que nega á muller a autonomía na toma de decisións. Aínda que finalmente, a CIG, recorrendo a pactos con outra candidatura, conseguiu impor o seu candidato, temos claro que a postura da nosa central abriu o debate e espertou a conciencia de moitas traballadoras. A loita só acaba de empezar.

ca, deixando na rúa a 47 compañeiros e compañeiras e ao redor de 30 traslados de persoal.

CONTRA AS REPRESALIAS NA CRTVG O pasado venres 29 de Xullo concentráronse diante da Consellería de Traballo medio centenar de traballadores e traballadoras para amosar a súa solidariedade coas

dúas compañeiras e co compañeiro sancionados pola CRTVG. Lembramos que o motivo destas sancións reside na entrega de documentación clave para o caso dos xuízos por despedimentos nulos e cesión ilegal de traballadores e traballadoras, desencadeados polo peche de diversas delegacións desta empresa públi-

En resposta ás accións represivas emprendidas pola dirección da CRTVG, a sección sindical da CUT convocou unha concentración de apoio ás represaliadas no mesmo día no que se celebrou a citación no SMAC das partes implicadas. Na conciliación a empresa mantivo a súa postura intolerante e prepotente respecto ás sancións, posición que non ten outro obxectivo que disciplinar e amedrentar o cadro de persoal e así frear as denuncias sobre os incumprimentos laborais verificados neste ente público.


páx. 23 INFORMACIÓN SINDICAL

das auxiliares!! VERGONZA SINDICAL !! (CCOO-UXT-CIG)

O NAVAL AFOGADO por ROI RODRÍGUEZ

Nos últimos meses vivimos nunha loucura informativa dos medios de comunicación pola nova reconversión naval, encuberta polos gobernos de turno e sindicatos españois, información que non foi transmitida aos traballadores/as dos distintos centros de traballo do pais, senón mediante a prensa que sempre nos criminalizou e afogou nas dignas e xustas loitas do metal e do naval. Parece que os sindicatos maioritarios remataron as suas vacacións e é agora cando fan un sainete para defender non se sabe que historia do “tax less” que só beneficia ás grandes fortunas, empresarios, paraisos fiscais, etc. Polo tanto a ver en que tipo de ensaio queren enredarnos aos traballadores do naval e do metal sen obxetivos claros que realmente defendan os postos de traballo, e non aos empresarios que sempre nos esclavizaron con salarios miserentos, xornadas de traballo interminables e falta de seguridade e hixiene laboral nos estaleiros; con accidentes laborais graves e MORTOS por neglixencias patronais. Por que cando empezamos os traballadores das auxilliares a encadenar ERE´s temporais e de extincion

con peches das empresas en cuestión de semanas, habendo beneficios millonarios, os “chamados sindicatos” non se acordaron dos traballadores da industria auxuliar para asi iniciar o camiño na denfensa do naval e dos postos de traballo? A única alternativa ofrecida polos sindiactos maioritaros a esta debacle foi a burocracia sindical e institucional con avogados, asesores e falsas asembleas onde se decidía a nosa morte anunciada despois de 10 anos de traballo, con indemnizacións de 20 dias por ano no FOGASA. Para iso fan falta estes seudo-sindicatos ou xestorías?. È agora cando os “señoritos” dos estaleiros venlle as orellas ao lobo, cando eran estes os que nos poñian a caldo...... polas nosas xustas reivindicacións durante anos (contra a man de obra barata, polo cumplimento do convenio, pola seguridade e hixiene) é agora cando chaman a mobilización cando sempre foron eles os que miraban para outro lado sabendo as irregularidades que facían tanto estaleiros coma auxiliarires (cómplices dos abusos) pero con condicions laborais moi superiores as dos traballadores

Agora as centrais sindicais maioritarias acordan un documento onde poñen enriba da mesa as supostas necesidades do sector cando a única necesidade e a saída do sector, dos traballadores do naval e da clase traballadora galega en xeral e unha combulsión social e obreira onde forcemos aos politicos de turno (xa que todo ven decidido dende Madrid onde tamén contan co silencio e complicidade dos que din defender a Galiza) e a patronal a conquerir carga de traballo e a que muden o modelo produtivo de xeito que se reparta o traballo de forma xusta e se remate coa precariedade e o escravismo imposto por empresas auxiliares e subcontratas. ”Auténticos piratas”. Esta combulsión social só pode levarse acabo de maneira que se implique a toda sociedade e polo tanto a todos os traballadores /as do pais, e para iso é unha obriga recuperar as asembleas de traballadores como ferramenta de análise, debate, decisión e mobilización e non meros teatros onde todas as decisións veñen precociñadas dos despachos dos “sindicalistas profesionais”, que fan e desfán como xa e ben coñecido por todos os traballadores do naval. A mobilización non pode estar fundamentada en ir do brazo dos que están sendo os nosos verdugos, tanto politicos como empresarios “emprendedores” que non son outra cousa que escravistas, que só buscan que lles saquen as castañas do lume e un lavado de imaxe de cara a sociedade coa complicidade destes mal chamados “sindicatos”. Onde están os cartos das suvencións e ganancias millonarias durante anos? O NAVAL SOMOS TODOS/AS


O XORNAL INFORMACIÓN OBREIRA

10

páx. 24 OPINIÓN

CHÁMANLLE DEMOCRACIA E NON O É por ALBERTO LEMA

Teñen razón os chamados indignados: unha sociedade que non ten capacidade de decisión sobre a economía é unha sociedade sen autonomía política. Á pregunta, quen nos goberna realmente? Xa cada vez máis xente sabe responder: os bancos, os mercados, o Gran Capital. “A loita de clases existe, e imos gañando nós”, así declaraba o marcador da Historia

naquel intre, o especulador financeiro norteamericano Warren Buffet, hai xa uns anos. Capital 12: Traballo 0. Quen llo ía dicir a Felipe González, tanto tempo pasado daquel Suresnes auroral cando apostataron do marxismo e da loita de clases, que había ser un magnate de Wall Street e non un vello comunista ancorado nos vellos dog-

mas o que lle lembrase a persistencia da loita dos que teñen contra os desposuídos? Ás veces pasan cousas así; confesións do crime a micrófono aberto. É intención dos funcionarios do Imperio que a clase, o xénero e as nacións sometidas ignoren que os amos libran unha guerra contra elas e, coa mesma, un dos labores da nosa loita é precisamente o de chamarlle ás cousas polo seu verdadeiro nome, como naquel chiste de Gila: alguien ha matado a alguien. Ora ben, somos moi conscientes de que o sistema non se deixará abater só con indirectas. Para os militantes da esquerda nacionalista galega o Movemento 15M supuxo unha pequena conmoción: este novo suxeito político nin viste mono azul nin fala galego. A súa primeira reacción


páx. 25 OPINIÓN

foi, por tanto, desacreditalo. Fillos de papa, burgueses, españolistas, etc. Ademais da procedencia social, a este desprezo e incomprensión contribuían outras características desconcertantes do Movemento: o seu pacifismo, apartidismo e moi estrita organización horizontal. Pero o caso é que son precisamente estas peculiaridades as que levan garantido a súa popularidade e resistencia ás habituais e ben coñecidas manobras de deslexitimación do Estado, a saber: a penetración do movemento por infiltrados que xogan o papel de axentes provocadores para levar ao movemento cara á dialéctica da violencia que, en primeiro lugar, rebaixe a simpatía da súa base social e, en segundo lugar, xustifique a represión policial coa que liquidar o asunto. O manual dos métodos contra á insurrección perfeccionada pola CIA na Escola das Américas; Operacións Gladio e Cóndor, e imitado, con desigual fortuna e menor intensidade desta volta, polo ministerio de interior español mentres se escriben estas liñas. Pensamos que á hora de comparar o Movemento 15M cun partido político de esquerdas tradicional resulta máis interesante identificar os parecidos que as diferenzas. Fixémonos, por exemplo, nas súas vindicacións: democracia participativa, submisión do Mercado á Polis, emprego digno… que partido de esquerdas non pode subscribilas? Ou, mellor dito, non foi desde a esquerda precisamente desde onde se pensaron por vez primeira estas categorías? Fixémonos tamén nas súas accións: quen está en desacordo co boicot ás ordes de desafiuzamento ou coa denuncia da farsa

da alternancia no poder de dous partidos idénticos? Gato negro, gato branco, o que importa é que cace ratos, aconsellaba Mao. Non é o momento para enroques no dogmatismo, Democracia Real Xa non supón a refutación do modelo de partido de esquerdas tradicional, DRX máis ben constata que o labor de combate ideolóxico feito desde a esquerda tiña máis audiencia da que supoñamos, e tamén que a conciencia crítica, por moi adormecida ou anulada que semelle, sobrevive ás condicións máis duras de acceso á información e monopolio da opinión. Lembremos as leis da dialéctica: unha cousa convértese no seu contrario: o Facebook, que parecía un soño húmido da policía feito realidade, converteuse nunha ferramenta para a revolta. A total unanimidade dos medios de información do sistema alimenta a total desconfianza da audiencia nos seus contidos. Semella que está a acontecer unha especie de marxismo sen Marx. Pero este Movemento tamén lle fai preguntas incómodas á esquerda tradicional: é sempre o enfrontamento directo a táctica máis axeitada aos nosos fins, ou máis ben supón, ás veces, situarnos nós mesmos precisamente no terreo de xogo no que o sistema prefire tratar connosco? Debe ser tratada a democracia coma un aspecto secundario do noso programa, situado sempre despois da loita pola igualdade e contra a propiedade privada dos medios de produción, ou máis ben coma un elemento primordial como quixo, por exemplo, Rosa Luxemburgo? Ben é certo que a esquerda post-89 leva tempo tratando de dar resposta a preguntas como estas, mais cómpre deixar de

identificar a imprescindible autocrítica co revisionismo liquidacionista, se non queremos ficar illados, como adoito, na nosa excelente torre de marfil vangardista. Moitos de nós estamos xa demasiado afeitos á militancia en partidos e sindicatos de esquerda para aprendermos a participar agora nos debates sen fin destas asembleas que moitas veces semellan máis unha inmensa terapia de grupo colectiva que unha discusión política. A inocencia das súas análises (que case nunca cuestionan o cerne do asunto: a propiedade privada), e a falta de definición dos seus obxectivos, dalgunha maneira, amólannos. Pero, ao mesmo tempo, sorpréndenos a súa eficaz autoorganización e poder de convocatoria. Descoñecemos cal será o percorrido deste movemento, nestes intres semella ou ben condenada a ser liquidada polos aparatos ideolóxicos e represivo do estado, a esmorecer baixo o silencio administrativo ou a se transformar nunha forma máis capilar e enraizada nos barrios e vilas. Temos claro que a orde xeopolítica mundial ten decretado que nos países da OTAN, OCDE e UE non debe haber revolucións, que nestas democracias de toda a vida, os procesos revolucionarios carecen de lexitimidade, de igual maneira que as revoltas populares en Libia son chamadas “resistencia” mentres que en Bahrein estes mesmos procesos reciben o nome de “desordes públicos inducidos por Irán”. Pero tamén sabemos que, a pesares das moitas diferenzas de fondo e forma, este Movemento 15M e as organizacións políticas e sindicais de esquerdas militamos, finalmente, no mesmo bando.


O XORNAL INFORMACIÓN OBREIRA

10

páx. 26 MOVEMENTOS SOCIAIS

15M: COMUNISMO DE MOVEMENTO? Editorial do nº 12 da publicación “Embate”, voceiro da orgaización da mocidade ADIANTE

“Vemos a todos falando con veciños descoñecidos. Lemos miles de pancartas onde a vida de cada un se mistura sen fendas coa grande historia de todos. O conxunto destas situacións, destes descubrimentos, constitúe o comunismo de movemento.” alain badiou. “A faísca que incendia a chaira” (Le Monde, Marzo 2011)

O termo foi producido nun contexto afastado, os levantamentos populares en Tunisia e Exipto a finais de 2010, mais ninguén ignora que o 15M e as revoltas árabes gardan relación e que as segundas abriron vieiros que o primeiro transitou ou, polo menos, tivo de referente. Sexa como for, “comunis-

mo de movemento” é unha denominación extremadamente suxerente. Comunismo é aquí, como nos dirá Badiou, “creación común do destino colectivo”. Unha idea simple e chea de potencial revolucionario. Perseguida, por exemplo, polo sindicalismo de base: que os problemas da que traballa ao noso carón sexan do común. Presente na memoria do noso pobo a través das asembleas populares agochadas nas misas de Moncho Valcarce, só por ilustrarmos co exemplo máis recoñecible. A heteroxeneidade ideolóxica dos chamados “Indignados” impide a identificación dese “destino colectivo”. O cal non se debe confundir coa asunción da


páx. 27 MOVEMENTOS SOCIAIS

súa existencia nin co traballo consciente na súa procura. É dicir, a mocidade, como impulsora das mobilizacións, recoñece eivas no sistema e capacidade en si mesma para liderar mudanzas. As organizacións políticas anticapitalistas, de mocidade ou non, deben valorar este punto de partida como elemento cohesivo principal. É un erro moi grave analizar o 15M como algo pechado ao que tivesemos que decidir a nosa adhesión. O manifesto reformista dos 8 puntos, un dos poucos textos concretos que manexa o movemento, é discutido abertamente por grande parte dos membros máis activos nas acampadas, sendo desestimado como ferramenta de traballo en múltiples comisións e asembleas. O punto de unión da “indignación” é un descontentamento básico que non é refractario per se a análises marxistas ou antisistema. Con todo, non nos debemos levar a enganos, alén desta definición de comunismo como recoñecemento dun destino común, a grande maioría de panfletos, postulados e comunicados saídos de acampadas, manifestacións ou grupos de traballo obvian a loita de clases. É moi frecuente que a contradición proletariadoburguesía apareza diluída nunha inconcreta confrontación entre cidadanía e intereses da banca e a caste política. Promóvense a cotío formulacións non materialistas que apuntan a eivas democráticas invisibilizando as propias lóxicas do sistema no que se insiren e rexeitando ferramentas organizativas básicas para as clases traballadoras. No seu extremo, a hostilidade xeral contra partidos (botando man de termos como “partitocracia”) serve a intereses máximos do

neoliberalismo doméstico: recentralización do Estado e desvencellamento ideolóxico total dos partidos, convertidos agora en “organizacións de cidadáns”, escravas por necesidade de diferentes lobbys económicos. Pola súa banda, Movemento é, tamén segundo Badiou, “a acción colectiva que rompe coa repetición”. É dicir, aquilo que non está previsto nin é controlable nas leis da orde dominante. Coidamos que está directamente relacionado con outro termo habitual no filósofo francés: acontecemento (intre, singularidade universal que fai que todo mude na hexemonía dun sistema). Difícil para nós é determinar se o 15 de Maio de 2011 se produciu o acontecemento que orixinou as bases do movemento que está destinado a destruír o capitalismo. Máis probable é que o propio sistema sexa quen de canalizar a enerxía c⁄itica cara posicionamentos reformistas (por exemplo, a reforma da Lei electoral). Porén, a activación multitudinaria de discursos como os que cuestionan radicalmente o papel da banca e o neoliberalismo si semella marcar un punto de inflexión que o sistema en crise terminal terá difícil dixerir. A magnitude do movemento dependerá en boa medida da correlación de forzas no seu interior e da resposta que o capitalismo artelle. O que, en calquera caso, debemos ver claro é que o 15M abriu un espazo político necesario para traballar na construción do socialismo. E, neste sentido, si foi un feito imprevisible, non controlable que rompeu coa repetición. A reapropiación de prazas públicas para debates abertos xera un lugar de expresión onde as res-

postas individuais aos diferentes problemas tenden a enfraquecer ante o poder que representa o colectivo. A fase de traslado das asembleas aos barrios e o contacto con foros veciñais alimenta a dinámica anterior, ademais de fortalecer o movemento coa experiencia interxeracional. Nos vindeiros meses sería moi desexable a conexión co movemento obreiro, en especial co máis combativo, dando pasos cara unha folga xeral que poida inserir unha grande masa social subalterna nun contexto de confrontación de clase. A nosa mocidade soberanista e de esquerdas debe abandonar tanto a desconfianza inicial como certo paternalismo ridículo e mergullarse con intelixencia neste espazo de traballo. Xa que non contamos cos grandes medios de comunicación para difundirmos a nosa mensaxe, se as e os comunistas desprezamos a rúa cando esta se abre ao debate político estaremos a ser presos dun improdutivo purismo inxenuo (nós tamén). Se realmente posuísemos a forza, formación e pedagoxía necesarias para facermos política real nada teriamos a perder misturándonos en espazos de debate abertos e horizontais. As acampadas e grupos de traballo irán esmorecendo. Difícil é que prendan as raíces nos barrios. O baleiro político que a democracia representativa non enche atraerá novas formas de loita que baterán, confusas e alienadas cos límites que manteñen en pé as estruturas da economía capitalista. No entanto, se cadra, o máis relevante que non debemos obviar é precisamente a súa natureza de formas novas que, nas marxes, aínda poden nacer todos os días.


O XORNAL INFORMACIÓN OBREIRA

10

páx. 28 MOVEMENTOS SOCIAIS

O ACTIVISMO LGBT EN GALICIA: REGRESIÓN E RESPOSTA por GONZALO HERMO

Desde que en 1864 Karl Heinrich Ulrichs publicara os seus Estudos sobre o enigma do amor entre homes, o movemento polos dereitos de gais, lesbianas, bisexuais e transexuais (a orde, neste caso, é preceptiva) ten percorrido un camiño longo ao que non é indiferente a intermitencia pautada polo devir dos acontecementos

históricos. A tradición secular de illamento internacional, así como a escaseza de experiencias políticas democráticas, impediu que Galicia se incorporase ao activismo organizado antes dos anos da transición. Isto implica que os primeiros colectivos galegos van agromar ao abeiro do chamado “movemento de liberación LBGT”,

unha corrente xurdida nos Estados Unidos de América que dera en desprazar a tímida tendencia homófila que hexemonizaba o movemento desde a fin da Segunda Guerra Mundial. Os disturbios de Stonewall (28 de xuño de 1969) dan pé a unha nova concepción da intervención social baseada na vindicación da igualdade de dereitos e oportunidades, a chamada á visibilidade pública a través da “saída do armario” e a percepción da heterosexualidade obrigatoria como institución ao servizo da orde socioeconómica dominante. A partir destas premisas deriváronse procesos de reafirmación identitaria, con exemplo paradigmático na celebración do Orgullo LGBT, que os primeirísimos colectivos galegos recollen de USA e Europa. No ano 1977 constitúese a COFLHEE (Coordinadora de


páx. 29 MOVEMENTOS SOCIAIS

Organizaciones y Frentes de Liberación Homosexual del Estado Español), á que se une o grupo FLH Galicia. Por entón os esforzos dos colectivos concentrábanse na eliminación da Lei de Perigosidade e Rehabilitación Social, que penalizaba as relacións sexoafectivas entre homes e entre mulleres. Son tempos duros. Pensemos que, xa en época formalmente democrática, a policía reprime con dureza a manifestación do Orgullo celebrada en Barcelona no 77, nun momento en que homosexuais e transexuais detidos polo réxime fascista continuaban na cadea. O obxectivo atínxese en 1978. Así mesmo, a presión do movemento obriga ao goberno de Felipe González a modificar a lei de escándalo público en 1983 para eliminar a referencia á homosexualidade. A primeira tentativa de federación a nivel galego prodúcese en 1980, coa creación da Coordinadora de Colectivos Gais de Galicia, que axiña esmorece. Con todo, o seu espírito retómase en 2004 na fundación de Aturuxo, que integra as distintas agrupacións LGBT que traballaban daquela no país: Raras somos todas (Vigo), Milhomes (A Coruña), Colectivo Gai de Compostela (Santiago), Asociación

A primeira tentativa de federación a nivel galego prodúcese en 1980, coa creación da Coordinadora de Colectivos Gais de Galicia, que axiña esmorece

por la Libertad Afectiva y Sexual (Lugo) e BOGA-Lesbianas de Galiza. A estas organizacións hai que sumar outras con presenza na actualidade, como Maribolheras precárias (A Coruña), 7 Colores (ligada ao grupo municipal do PSdG-PSOE da Coruña) ou o departamento galego de COLEGA, vinculada ao Partido Popular. No plano teórico, os colectivos galegos amosan diferenzas substanciais na estratexia discursiva a seguir. Algúns deles, como COLEGA-Galicia, apostan pola normalización social e tenden a desvincular a defensa dos intereses LGBT de posicionamentos políticos concretos. Outros, caso de Maribolheras precárias, asumen o ideario queer: rexeitan a mercantilización da comunidade LGBT, celebran a alteridade e decídense pola denuncia radical e festiva da homofobia e a transfobia. Ambas as perspectivas conviven, non sen tensións, dentro do activismo galego, no marco dun debate máis amplo que se vén producindo no conxunto do movemento desde, cando menos, a década dos 90. Tamén podemos cotexar diverxencias de tipo organizativo. Mentres certos grupos defenden a participación unida das culturas baseadas na sexualidade e a identidade de xénero no seo dunha mesma organización de carácter plural, outros optan por establecer frontes diferentes para mulleres e homes. Esta segunda posibilidade rexístrase especialmente nalgúns sectores do colectivo lésbico. A percepción de que o militancia unitaria tende a ser monopolizada polos varóns homosexuais e que, consecuentemente, se desvirtúa a tradicional alianza co movemento feminista latexa por detrás da decisión dal-

gunhas lesbianas de organizárense en grupos separados. En xeral, nos últimos tempos semella que a activismo en Galicia vén recuando. Non deixa de ser sintomático, neste sentido, que o Día do Orgullo deste mesmo ano se celebrase soamente na vila de Ribeira. Compostela, cidade tradicionalmente sensible á conmemoración do 28 de xuño, foi enmudecendo dun tempo a esta parte. As actividades culturais, artísticas e de intervención social son a cada paso máis escasas, cun foco de resistencia na cidade da Coruña vencellado ás Maribolheras. As razóns de semellante desánimo poden atribuírse a factores de diversa orde, mais parece pesar especialmente o cansazo dalgúns activistas de longa traxectoria cuxo papel animador e organizativo non se renova. A isto debemos sumar a sensación por parte dos sectores máis conservadores da comunidade de que, unha vez recoñecido o dereito ao matrimonio e á adopción, a militancia LGBT deixa de ter sentido ou mesmo o poder de Madrid, recente centro neurálxico do movemento no Estado que tende a centralizar esforzos e traballo. No entanto, a vixencia da homofobia e o heterocentrismo é razón de máis para, desde Galicia e para Galicia, continuar coa loita. Hai batallas inmediatas, como a extensión da sanidade pública ás operacións de reasignación de sexo, mais o obxectivo último é de calado. As perspectivas de futuro non son, con todo, boas. Contra o conformismo e o desalento, o máis que probable recorte de dereitos para a vindeira lexislatura concreta a necesidade de articular a resposta e manter, en fin, a rotunda actualidade da trincheira.


O XORNAL INFORMACIÓN OBREIRA

9

páx. 30 SECRETARÍA DAS MULLERES

INCIDENCIA DA CRISE NA SITUACIÓN LABORAL DAS MULLERES por XEMMA NOVELLE E ANA OLVEIRA

As mulleres sufrimos dun xeito máis intenso as consecuencias da crise sistémica, xa que a raíz da nosa identificación histórica co traballo doméstico e de coidado das nosas criaturas e maiores, a nosa situación de partida no mercado laboral era máis vulnerable que a dos homes. Se ben nun principio daba a impresión de que o paro afecta-

ba máis aos traballadores (burbulla inmobiliaria, crise da industria da automoción, do sector naval), a partir da primavera do 2009, a contracción de demanda de man de obra alcanzou tamén o sector servizos, onde se empregan máis do 80% das mulleres. Cómpre destacar neste sentido que a nosa situación é peor, xa que recibimos subsidios máis baixos e durante menos tempo

como consecuencia das nosas peores condicións no mercado laboral. Nestes momentos, aínda que somos máis da metade da poboación, as mulleres constituímos menos da metade da poboación activa, e practicamente a metade da poboación en desemprego. A isto hai que engadirlle que nós sumamos moito menos da metade das persoas que traballan a tempo completo e das persoas que se benefician dalgún tipo de prestación contributiva, e cando as recibimos, facémolo por menos tempo e en menor cantidade que os homes (subsidios de desemprego un 18% inferiores e pensións 26% inferiores ás dos traballadores). Todo isto é consecuencia da nosa discontinuidade no mundo laboral, do noso constante ir e vir entre o traballo reprodutivo e de coidados e o traballo produtivo. Sen esquecer


páx. 31 SECRETARÍA DAS MULLERES

que o noso salario é un 23% inferior ao dos homes e que temos unha maior presenza na economía somerxida, coa ausencia de dereitos laborais e sociais que isto conleva. Non se trata dunha mera competición de opresións, a realidade é que a participación feminina no mercado laboral non se realiza en igualdade de condicións con respecto a eles. Non ter en conta este feito significaría facer unha análise da realidade parcial ao tempo que non seriamos quen de expor solucións reais que axuden a mudala. O ocultar a realidade non vai facer que esta cambie ou se modifique. Por outra banda, o goberno do estado español, que se fai chamar socialista, en consonancia coas directrices marcadas desde Washington, Bruxelas e o FMI, vén anunciando un plan de austeridade que segundo estimacións propias suporía un recorte de 50.000 millóns de euros de gasto público entre este ano e o 2012. Todo isto vai ter graves consecuencias sobre as traballadoras e os traballadores, sobre as nais e os pais, sobre @s pensionistas e sobre a mocidade, especialmente afectada coa nova

Non esquezamos que seremos nós as que substituiremos o recorte no gasto público mediante o noso traballo invisible e non remunerado no fogar

reforma dos contratos en prácticas e temporais. Todos estes recortes no gasto público van ter especial incidencia en nosoutras, as mulleres, xa que seremos as que máis o acusaremos ao ter unha sobrerrepresentación no sector público, en particular no ensino, a sanidade e os servizos sociais, sen esquecer que seremos nós as que substituiremos dito recorte mediante o noso traballo invisible e non remunerado no fogar. Os recortes na lei de dependencia, garderías, comedores escolares, significaran de facto que as mulleres volveran a encargarse “gratuitamente” dos coidados que lle corresponde prestar ao Estado como garante do benestar das persoas. É evidente que este é un problema da clase traballadora e das clases populares pois a burguesía botará man, de xeito legal ou ilegal, doutras mulleres que se ocupen dos coidados. É este un círculo vicioso ao que nos condena o capitalismo patriarcal e as elites políticas que o xestionan, onde a nosa entrada a medias no mercado laboral é xustificada pola nosa saída tamén só a medias do fogar onde seguimos a realizar a maioría do traballo doméstico e de coidados. Mostra deste círculo son cada unha das medidas que se veñen tomando para “paliar” as consecuencias dun sistema enfermo que só sobrevive da explotación do home e da muller polo home. As sucesivas reformas laborais e incluso a posta en marcha do chamado plan E, só significan perpetuar a dobre explotación que sufrimos as mulleres. O aumento da idade de xubilación e endurecer os requisitos para o aceso á mesma vai signifi-

car que as mulleres reduzamos, aínda máis, as pensión ridículas que percibimos; sen esquecer que nesta mesma lei se firma a sentencia de morte das pensións de viuvez e compensatorias percibidas maioritariamente por mulleres. O subvencionar os contratos de formación ata os 30 anos, fomentar os contratos parciais e temporais, sen que este últimos teñan límite, significa, ademais de converter a precariedade en norma, reducir a indemnización por despido a 8 días por ano traballado e as correspondentes prestacións e subsidios por desemprego. Segundo establece Sandra Ezquerra, se no canto de aplicar os fondos destinados ao plan E para “humanizar” as nosas rúas con contratos precarios ademais de fomentar un sector como é o da construción, por todas sabida da súa insostenibilidade económica, social e ecolóxica; se inverteran en desenvolver a lei de dependencia o en xeneralizar a atención á infancia xeraríanse postos de traballo sostibles e indefinidos ao tempo que mellorariamos o benestar tanto de mulleres como homes de xeito directo. Por outra banda, no noso país, o goberno da Xunta, expresión máis radical do fascismo católico, vén de aprobar a Lei de Apoio á Familia e á Convivencia de Galicia, que supón un grande retroceso nos dereitos e liberdades das mulleres galegas, situándonos de novo en labores de nais e coidadoras e establecendo a maternidade como rol vital. Ademais disto, desmantela organismos como o Servizo Galego de Igualdade que o substitúe por unha mera declaración de propósitos, e si destinará medios económicos para a creación do Consello


O XORNAL INFORMACIÓN OBREIRA

10

páx. 32 SECRETARÍA DAS MULLERES

Galego de Familia e o Observatorio Galego de Familia destinados a protexer e dirixir ás mulleres, xa que estes organismos non son de aplicación a todas a “familias”, só a aquelas que baixo os máis rancios esquemas eclesiásticos se adaptan a uns estereotipos propios de tempos que xa pensabamos esquecidos. A lei de Familia recoñece o dereito á vida do fillo ou filla concibidos e “non natos”, polo que vulnera a nosa facultade a decidir se queremos ser ou non nais e poder recorrer a métodos para evitar ou interromper a concepción. Co pretexto dun problema

demográfico, envíasenos ao ámbito doméstico, retirándonos do mundo laboral e mellorando con iso a taxa de desemprego, aforrando ademais en servizos sociais como garderías, comedores, centros de día para maiores... Esta é a situación á que nos aboca o capitalismo e o seu inherente patriarcado, o panorama para as mulleres semella sombrío mais é hora de que todas nós espertemos a forza que temos e levamos demostrado ao longo da historia para dar cobertura e apoio aos intereses de quen nos oprimía. É hora de mudar o rumbo a historia, é a nosa hora.

Fontes: Sandra Ezquerra (activista feminista e investigadora postdoctoral no Institut de Govern i Polítiques Públiques de la Universitat Autònoma de Barcelona) Plataforma organizacións feministas

SABÍAS QUE… As mulleres cobramos de media case un 30% menos que os homes por facer o mesmo traballo. As mulleres sufrimos taxas máis altas de desemprego que no caso das mozas case duplican á dos mozos. As mulleres somos maioría nas universidades e temos os mellores expedientes mais isto non se reflicte no mundo laboral. As mulleres representamos máis dun 60% das docentes pero escasamente o 20% son directoras. Sectores feminizados, como os servizos, son os que soportan maior precariedade e uns salarios máis baixos. As mulleres sufrimos violencia, baixo múltiplas formas e ás veces moi sutil, polo simple feito de selo. Existen empresas e actividades onde nos queren de floreiros. As mulleres seguimos a ser despedidas e discriminadas cando decidimos ser nais. As mulleres seguimos a soportar unha dupla xornada: a que realizamos no centro de traballo (retribuída) e a que ten que ver con tarefas imprescindíbeis para a o mantemento da sociedade, como son o traballo doméstico, coidados e afectos. O traballo reprodutivo segue a ser invisible: non conta con recoñecemento social e realizase no interior dos fogares de forma gratuíta ou baixo situacións de extrema precariedade, sen representar costo algún para as empresas e os estados, que acumulan beneficios a custa do traballo das mulleres. Nas organizacións sindicais reprodúcense as relacións de desigualdade: o número de mulleres afiliadas segue sendo inferior ao dos homes, ocupamos menos os cargos de responsabilidade e representación e as nosas reivindicacións a cotío fican fóra das negociacións.

Está claro que esta partida non está igualada, precisamos dunha ferramenta que nos axude a mudar a realidade. A Secretaría das Mulleres da CUT pode ser esta ferramenta, construámola entre todas!!! a loita obreira ou é feminista ou non o é !!


páx. 33 SECRETARÍA DAS MULLERES

A INTEGRACIÓN DAS TRABALLADORAS DO FOGAR NO RÉXIME XERAL DA SEGURIDADE SOCIAL: UNHA VISIÓN CRÍTICA Con efectos do 1 de Xaneiro de 2012, o Réxime Especial da Seguridade Social das Empregadas do Fogar quedará

integrado no Réxime Xeral, mediante o establecemento dun sistema especial para as traballadoras domésticas segundo o acordado polos sindicatos e o Goberno na reforma do sistema de pensións (lei 27/2011). Ademais, neste acordo inclúese a reforma do réxime xurídico de regulación da reforma laboral (que virá substituír o Real Decreto 1424/1985), do que o Goberno xa facilitou un borrador. No contexto temporal do plano

de axuste laboral violentamente regresivo para a clase traballadora, a resposta ás demandas históricas das empregadas domésticas pode semellar un respiro lexitimador do chamado “pacto social”. Porén, ao noso ver, a modificación dun vergoñento Réxime Especial, após máis dun cuarto de século de espera, ten demasiados puntos escuros e vén desaproveitar unha oportunidade histórica para un avance significativo na equiparación real.

modificacións no réxime da seguridade social (a partir de 2012)

1) A persoa empregadora terá obriga de dar de alta a traballadora na Seguridade Social desde a primeira hora. As bases de cotización por continxencias comúns e profesionais determinaranse segundo a seguinte escala, en función da retribución percibida pola traballadora: Tramo

Retribución mensual

Base de cotización

Até 74,83 €/mes

90,20 €/mes

Desde 74,84 €/mes até 122,93 €/mes

98,89 €/mes

Desde 122,94 €/mes até 171,02 €/mes

146,98 €/mes

Desde 171,03 €/mes até 219,11 €/mes

195,07 €/mes

Desde 219,12 €/mes até 267,20 €/mes

243,16 €/mes

Desde 267,21 €/mes até 315,30 €/mes

291,26 €/mes

Desde 315,31 €/mes até 363,40 €/mes

339,36 €/mes

Desde 363,41 €/mes até 411,50 €/mes

387,46 €/mes

Desde 411,51 €/mes até 459,60 €/mes

435,56 €/mes

10º

Desde 459,61 €/mes até 507,70 €/mes

483,66 €/mes

11º

Desde 507,71 €/mes até 555,80 €/mes

531,76 €/mes

12º

Desde 555,81 €/mes até 603,90 €/mes

576,86 €/mes

13º

Desde 603,91 €/mes até 652,00 €/mes

627,96 €/mes

14º

Desde 652,01 €/mes até 700,10 €/mes

676,06 €/mes

15º

Desde 700,11 €/mes 90,20 €/mes

748,20 €/mes

Até o de agora, a obriga de cotización da empregadora só se aplicaba a traballadoras que prestaban servizos máis de 80 horas ao mes e só existía unha base de cotización (desde 2006 631,20 €/mes). 2) O subsidio por incapacidade temporal, en caso de enfermidade común ou accidente non laboral, abonarase a partir do noveno día da baixa, estando a cargo da persoa empregadora o abono da prestación á traballadora desde os días cuarto ao oitavo da citada baixa.

modificacións na relación laboral especial do servizo do fogar (borrador de real decreto)

1) Dereito da traballadora a obter a formalización do contrato por escrito e, cando a duración da relación laboral supere as catro semanas, terá dereito tamén a recibir “información sobre os elementos esenciais do contrato e as principais condicións de execución sobre a prestación laboral”. 2) Redúcese a máxima prestación en especie do 45% ao 30% da retribución salarial total fixada por contrato. 3) Prevese o aumento da indemnización por despido (non declarado improcedente) de 7 días por ano traballado a 20 días por ano.


O XORNAL INFORMACIÓN OBREIRA

10

páx. 34 SECRETARÍA DAS MULLERES

valoración da integración no réxime da ss Respecto ás modificacións no Réxime da Seguridade Social, en primeiro lugar temos que sinalar que non nos parece aceptable calquera reforma que non recoñeza o dereito á prestación de desemprego. Interpretamos que esta exclusión é a demostración de que tras as reformas non se agocha unha vontade decidida de equiparación nos dereitos, senón unha estratexia de lavado de imaxe das organizacións sindicais e dun goberno de careta progresista. Por outra banda, xunto a integración no Réxime Xeral, a lei que precariza as pensións modifica o réxime xurídico dos complementos a mínimos das pensións contributivas, de maneira que, en ningún caso, o importe de tales complementos pode ser superior á contía das pensións de xubilación e invalidez nas súas modalidades non contributivas vixentes en cada momento. Isto virá a reducir a pensión de xubilación das traballadoras no fogar, xa que unha parte significativa delas reciben a pensión mínima. Ademais, a lei pasa a esixir a residencia no Estado español para percibir estes complementos. Dado que unha porcentaxe moi alta das empregadas domésticas son inmigrantes, estamos ante unha medida profundamente antisocial, ao vir dificultar o regreso da traballadora ao país de orixe tras a xubilación. É positiva a incorporación da obriga para a persoa empregadora da alta á traballadora na Seguridade Social desde a primeira hora. Porén, nun eido laboral onde a economía somerxida é socializada na normalidade, a alta pola propia traballadora era unha solución moi habitual ante a negativa da empregadora. Cómpren medidas adicionais para evitar que, de xeito paradóxico, a reforma implique un aumento da fraude á Seguridade Social. Concretamente, defendemos a execución de campañas informativas prácticas que faciliten o proceso así como o reforzamento do papel da Inspección de Traballo no sector. Asimesmo, para evitar que a integración no Réxime Xeral prexudique ás traballadoras inmigrantes en situación irregular debe procederse á reforma da Lei de Estranxeiría para que recoñeza o dereito á alta na Seguridade Social aínda que a traballadora non teña regularizada a súa situación.

valoración do borrador do real decreto que regulará a relación laboral no fogar En termos xerais, o borrador parece esquecer o papel relevante que xoga a economía somerxida, así como as condicións de explotación laboral nas que o sector se sitúa. Valorarmos unha reforma da relación laboral no fogar baixo número fríos (aumento de 7 a 20 días de indemnización por despido) é manifestamente torpe: ignora a realidade viva do sector. Neste sentido, non é sorprendente que o decreto se redactase de cos-

tas á participación de asociacións de traballadoras do fogar, colectivos de persoas migrantes ou grupos feministas. Dificilmente, CCOO e UGT poden ser considerados unha voz autorizada dunha realidade que nunca representaron. Máis polo miúdo e respecto á modificación do dereito á información contractual, atendendo ás características especiais da relación laboral, coidamos que o decreto debería obrigar á persoa empregadora a facilitar tanto o contrato por escrito como a información dos elementos esenciais da relación, alén de información específica de vital importancia como a limitación clara das tarefas a realizar ou a concrección do pagamento en especie (se for o caso). Respecto á este, é positivo que se limite máis (do 45% a 30%) mais debería garantirse prioritariamente que o salario en especie conte co acordo da traballadora, descartando as pernoctacións e aloxamento cando veñen derivados dunha obriga laboral, é dicir, sexan esixencia da persoa empregadora. É vergonzoso que se pretendan manter os “tempos de presenza” (período que non contabiliza para a xornada laboral máxima) que supoñen, en definitiva, tempo de traballo real, sen que poida existir distinción xusta e significativa entre horas de presenza e horas da xornada laboral. Directamente relacionado con isto, consideramos como carencia importante do proxecto a ausencia dunha normativa de seguridade específica no traballo doméstico, na que se regulen medidas que garantan a privacidade das traballadoras, nomeadamente, para as que residen no enderezo familiar. O mantemento da exclusión do Fondo de Garantía Salarial é unha discriminación inxusta, xa que as traballadoras domésticas sofren prexuízo igualmente por insolvencia ou falecemento da persoa empregadora. Finalmente, o texto non ofrece protección fronte á mafia que supoñen as axencias de colocación e demais intermediarias, auténticas sambesugas dos segmentos máis febles da clase traballadora. Fronte a explotación da intermediación no fogar, defendemos a implantación de liñas específicas da Inspección laboral, así como a aprobación de políticas que vaian tecendo unha rede de cobertura pública que poida encher o groso da demanda. A CUT seguirá reivindicando a asunción dos coidados como un asunto público e unha responsabilidade colectiva, a desvelar o papel que xoga a división sexual do traballo no capitalismo e a visibilizar o traballo reprodutivo que realizan as mulleres. Traballo que segue a realizarse de forma gratuíta ou en extremas condicións de precariedade no eido doméstico, xerando altos beneficios económicos e sociais e perpetuando a lóxica da acumulación por riba das necesidades de sustentabilidade da vida.





A SAÚDE PRIVA TIZA DA


páx. 39 A FONDO

O CRIME DO COPAGO por ÁNGELES MAESTRO [RED ROJA]

Cada vez máis sectores da clase obreira son conscientes de que, ante esta crise xeral do capitalismo e co obxectivo imposible de intentar detela, a burguesía e os políticos que a representan están dispostos a liquidar calquera vestixio de dereitos laborais e do sistema de protección social. En sanidade empezaron coma as térmites, privatizando pouco a pouco todo o rendible (cociñas, lavandarías, laboratorios, alta tecnología..,etc) a costa de reducir persoal, condicións de traballo e deteriorando a calidade. Agora pisan o acelerador e, como en Cataluña, entran como un elefante nunha cacharraría, arrasando. Como neste artigo quero centrarme no copagamento non entro a detallar a privatización do sistema sanitario1 <https://mail.google.com/ mail/html/compose/static_files/bla nk_quirks.html#_ftn1>que adáptase como unha luva á deterioración da sanidade pública, pero si a caracterizar brevemente os seus procedementos.

En realidade é un «repagamento» porque a sanidade pública a financiamos @s traballador@s a través dos nosos impostos

O capital privado que foxe en desbandada doutros sectores produtivos que deixaron de producir beneficios vaise refuxiando progresivamente no sector público. Nun primeiro momento o obxectivo foron os monopolios públicos de sectores estratéxicos que se venderon a prezo de saldo: Telefónica, Repsol, Enagás, Iberdrola, Argentaria, etc. O negocio é redondo: prodúcense mercadorías de primeira necesidade a unha «clientela», por iso mesmo, cativa. A continuación, e a media que a crise se agrava, vaise a pola galiña de os ovos de ouro. Os servizos públicos en mans privadas aseguran non só a clientela, senón tamén o financiamento. Falando en propiedade, non se «dispara coa pólvora do rei» senón co diñeiro do pobo. O negocio faise, obviamente, reducindo gastos, por dous procedementos fundamentais. Un deles é reducir custos (restrinxir equipos, precarizar o traballo, incentivar economicamente os profesionais para que aforren2 <https://mail.google.com/mail/ html/compose/static_files/blank_ quirks.html#_ftn2 >,etc). Ao outro, chámano «seleccionar riscos», véxase, quedarse cos pacientes «rendibles» (mozos, cunha soa patoloxía sinxela, a poder ser cirúrxica..) e quitarse de enriba persoas maiores, enfermos crónicos e casos complexos. En definitiva, capitalismo en estado puro,

aplicando á sanidade a súa lei sagrada: obtención de beneficios polo medio que sexa. Que é o copago? É a esixencia de aboar unha determinada cantidade para acceder a un servizo sanitario. En realidade é un «repagamento» porque a sanidade pública a financiamos @s traballador@s a través dos nosos impostos. Aquí xa existe o «repagamento» en: receitas médicas para os non pensionistas, dentista, oculista e o uso da sanidade privada como consecuencia de inadmisibles listas de espera. Os exemplos de copagamento son múltiples. O máis recente é o de Italia: páganse 10 euros por consulta xeral, 25 euros por visita a urxencias sen ingreso, 25 euros por consulta a especialista e un % por analíticas e radioloxía. Tamén valoran aumentar o 40% que pagan os activos por receita e que os pensionistas paguen o 10%. Os estudos realizados3 <https://mail.google. com/mail/html/compose/static_file s/blank_quirks.html#_ftn3> sobre as súas consecuencias en países nos que se introduciu son demoledores. Aínda Que a cantidade a pagar para a consulta da Atención Primaria sexa «pequena» (2 euros) prodúcese unha redución das consultas do 18% no sector de poboación con menos ingresos e independentemente da gravidade do padecemento. A consulta posponse e chega ao médico cando a enfermidade se agravou, incrementándose o custo da asistencia, a sobrecarga das urxencias e, sobre todo, o risco para a persoa. Por exemplo, en Portugal, onde se introduciu recentemente un copagamento tamén de 10 euros en Atención Primaria, estanse a ver en primeira consulta, casos de cancro cunha extensión e unha


O XORNAL INFORMACIÓN OBREIRA

10

páx. 40 A FONDO

gravidade descoñecidas ata agora. A detección precoz desaparece para os máis pobres. Como xustifican a introdución dunhas medidas tan brutais? Como estamos a ver coa Reforma da Constitución4 <https://mail.google.com/mail/html/compose/static_ files/blank_quirks.html#_ftn4 > a crise é unha xigantesca arma ideolóxica para aniquilar dereitos laborais e sociais. Deixar o déficit público nun 0,4% supoñerá reducir o gasto social público, anualmente, en 70.000 millóns de euros. En caso do copagamento os seus grandes argumentos –armas de manipulación masiva– son: o abuso dos servizos sanitarios e a «insostenibilidad económica» do sistema sanitario. No primeiro caso, Vicente Navarro ten demostrado5 <https://mail.google.com/ mail/html/compose/static_files/blan k_quirks.html#_ftn5> claramente que se se descontan as consultas por causas administrativas e as que poderían realizarse por outros profesionais, a frecuentación de consultas médicas está claramente por debaixo da media da UE. Tamén é inferior o uso das urxencias e a taxa de hospitalización. A «sostibilidade» é unha opción política en función dos intereses de clase que se defendan*. Dende o punto de vista dos ingresos, a política fiscal de todos os gobernos dende a Transición foi reducir os impostos ao capital e aumentar os que paga a clase obreira. Ademais do brutal incremento do IVE que pagamos todos por igual e que introduce unha enorme regresividade fiscal os datos son os seguintes: Dende 1988 véñense aprobando sucesivas reformas do Imposto sobre a Renda cada vez máis regresivas: pagan máis o que menos teñen. Dende 2007 as rendas do capital e as do traballo tributan a tipos diferentes, moito máis altos

para as do traballo. Dende 1991 vaise reducindo o Imposto de Sociedades (sobre beneficios empresariais); a última redución fíxose en 2008: do 35 ao 30%. O escándalo máis grande é o das SICAV, utilizadas polas grandes fortunas, que tributan ao 1%. O Imposto sobre o Patrimonio eliminouse totalmente en 2008. O Imposto sobre Sucesións (sobre a herdanza), incomprensiblemente transferido ás CC.AA, vai diminuíndo progresivamente e foi eliminado totalmente en Cataluña, Madrid, País Valenciano e Canarias. A este marco legal absolutamente inxusto hai que engadir unha fraude fiscal xigantesca: unha cuarta parte da riqueza xerada (PIB) anualmente non paga os impostos que lle corresponden, deixando de ingresar 90.000 millóns de euros. Esta cantidade é moi superior ao que separa o noso gasto social público da media da UE (un 6% do PIB menos). Dende o punto de vista do gasto hai que sumar a cantidade de 180.000 millóns de euros postos en 2010 polo Goberno a disposición da gran banca e que equivale a tres veces o gasto sanitario total. E o inútil e criminal gasto militar, cunha débeda de 30.000 millóns de euros por compra de armamento, destinada a asolar países como Afganistán ou recentemente Libia. E os 25 millóns de euros que saen das arcas públicas para gastos da monarquía e os seis mil millóns de euros para o financiamento da Igrexa Católica e de todas as súas estruturas sociais e educativas, que non recibiron recorte ningún. E a dilapidación e a corrupción na construción de infraestructuras...e o longo etcétera dunhas clases dominantes e uns políticos que devoran os recursos públicos mentres se propoñen recortar as prestacións sociais. Neste contexto, definido ademais por unhas necesidades crecentes derivadas do desemprego masivo

e de todo o seu correlato de incremento da enfermidade, de incapacidade de acceso á vivenda para millóns de persoas e de desestruturación social, a redución do gasto público, a privatización da sanidade e a introdución de medidas como o copagamento é un crime. Un crime que non obstante ten unha explicación sinxela: o capital non necesita o 30% da man de obra e considera un obstáculo para a realización de beneficios a satisfacción das súas necesidades sociais. Ás traballadoras e aos traballadores tócanos decidir se aceptamos que o capitalismo afunda o noso futuro e o das xeracións posteriores ou buscamos unha alternativa. Só a nosa conciencia organizada, a nosa dignidade de traballadoras e de pobos, e a nosa capacidade insubornable de loita (en tempos de tanto suborno) poderá deter a súa maquinaria de barbarie e construír o único futuro posible: poñer os recursos ao servizo das necesidades e devolver o poder ao pobo.

1

<https://mail.google.com/mail/html/compose/static_files/blank_quirks.html#_ftnref1> Para unha análise da privatización en Madrid, cuxos elementos reprodúcense nas CC.AA. Pode consultarse http://www.kaosenlared.net/noticia/privatizacion-sanidad-publica 2

<https://mail.google.com/mail/html/compose/static_files/blank_quirks.html#_ftnref2> A análise do soborno aos médicos en función do cumprimento de obxectivos de aforro pode consultarse en http://www.casmadrid.org/docStatic/nnhh.pdf 3

<https://mail.google.com/mail/html/compose/static_files/blank_quirks.html#_ftnref3> Poden consultarse en: “Inequalities in access to medical care by income in developed countries”. Hedí van Doorslaer, Cristina Masseria, Xander Colman for de OECD Health Equito Research Group. Can. Med. Assoc. J. 2006 174 (29. pags 177 – 183. 4

<https://mail.google.com/mail/html/compose/static_files/blank_quirks.html#_ftnref4> A Reforma da Constitución analízase con máis detalle en http://www.redroja.net/node/18 5

<https://mail.google.com/mail/html/compose/static_files/blank_quirks.html#_ftnref5> http://es.groups.yahoo.com/group/trabajosanidad/message/242


páx. 41 ENSINO

menos”, para recoñecer de entrada a eliminación de 67 aulas e das 14 unitarias, deixando para máis adiante (demasiado traballo!) o finiquito da secundaria. Nunha cousa foron sinceros: lévanse pechando unitarias dende hai unha década.

E.R.E. AO ENSINO PÚBLICO por M.L.BESTEIRO

Todos os veráns a Consellería de Educación traballa, non así os ensinantes que non teñen que facer con tantas vacacións. “Traballamos para vostede” era un vello lema, que no remate do curso concretouse no aumento, para o próximo ano, de catro horas lectivas para os mestres, adubiando a medida coa demagoxia dos reforzos, apoios e da atención ao alumnado á chegada do transporte (a ver cando nos integran definitivamente nesa

Consellería, sendo en realidade a que manda no sector). Tamén este verán escomenzou coa tradicional danza de números coas supresións para o vindeiro ano. Nun principio os sindicatos da Mesa Sectorial falaban de 106 unidades menos, da supresión de 200 mestres de 95 centros e do peche de 14 unitarias. Como a Consellería seguía a traballar respostou que “as supresións pode ser que sexan

E é que, cos tempos que corren, parece que ao E.R.E. continuado e paseniño dos últimos anos sobre o Ensino Público, queren darlle un bo pulo. Será o definitivo? En efecto, ata agora, tratábase dun proceso sen présas, pero sen pausas: se no curso 2009-10 había en Galicia 271.686 alumnos (datos do MEC para infantil, primaria, ESO, bacharelato e FP) e 30.004 profesores, no curso que vén de rematar, 2010-11, tiñamos 275.140 alumnos para 29.651 profesores, é dicir,un 1,3% máis de alumnado, e 1,2% menos de profesorado. Agardando a foto final deste principio de curso


O XORNAL INFORMACIÓN OBREIRA

10

páx. 42 ENSINO

2011-12, xa sabemos que seguen ERE que ERE. En concreto, no Ensino Infantil, o rimbombante programa Educa3, para os anos 2008-12, falaba da creación de prazas públicas, en función das necesidades, dunhas 17.000. En Galicia hoxe, 2011, só se crearon un 16% das mesmas. Sabemos que aquí tamén hai unha gran tallada para a privada. E a privada concertada? Ben, grazas! Medran as subvencións a costa do público, segundo a Consellería só polo aumento de unidades na mesma. A mentira está no vello xogo de suprimir oferta na pública, para a aterraxe da privada. Tamén é mentira porque nos últimos cursos o alumnado da concertada descendeu, a pesares da eficiencia que se lle atribúe. Falando dos tempos que corren, xa sabemos que a gran obsesión é o gasto público. Mesmo os palanganeiros do capital, neste caso PSOE-PP, son quen de argallar unha reforma-express da súa sacrosanta, e intocable para outros asuntos, Constitución co obxecto de frear o gasto (déficit?) público. Frear o gasto público tradúdece en frear o gasto social: significa ERE ao Ensino público, á Sanidade pública, ás pensións…

Estamos diante dun ERE, en senso amplo, de liquidación da rede de Ensino Público; un chanzo máis da demolición do público a favor do privado

Chamábanlle Estado de benestar e non o era, chamarémoslle Estado de beneficiencia?

produciu pola ameaza de redución de liberacións sindicais. Había ser outra traizón.

A falacia do elevado gasto público fai mella na opinión da xente, pero nin sequera era o español un Estado de benestar, respecto a outros así autodenominados, léase UE. Cun PIB do 94% de promedio, o gasto social representa no E.E. o 74% de promedio desa UE. O Estado español segue a ter o gasto social público máis baixo da Europa dos 15, e unha das menores porcentaxes de empregados públicos por habitante (aquí outra das falacias a combater).

O sector está convocado en setembro a unha manifestación o 9, e a dúas xornadas de folga, o 21 e 27. A CUT debe apoiar estas mobilizacións, aínda pensando que a situación esixiría unha loita máis continua e continuada dende principio de curso. Pero o tema excede o sectorial-sindical.

Voltando á situación no sector, lembremos: Redución do salario. Aumento de xornada. MestresCoidadores do Transporte escolar. Máis alumnado, menos profesorado. Supresión de servizos. As ratios non existen (lembremos que os alumnos repetidores seguen a ser invisibles a este efecto). Fin do conto dos Programas de Reforzo, Apoios, Titorías... Ausencia de Garderías. Eliminación de Ciclos Formativos na Rede pública. Desprestixio interesado da labor docente e do Ensino público por parte da Consellería (decorado coa pailocada da figura do ensinante como “autoridade”). Recortes nos orzamentos dos centros…Sen tratar hoxe aquí as reducións de prazas nas Universidades Públicas (Bolonia mediante). Hai que mobilizarse? As mobilizacións do pasado curso non son suficientes. Sindicalmente é obrigada a unidade sindical, mesmo cos que tan afeitos nos teñen, en especial no noso sector, a asinar ás agachadas nos despachos. Neste senso non quixeramos sospeitar que esa foto de unidade, nas pasadas convocatorias e nas retiradas das Mesas Sectoriais, se

A Administración sempre xogou moi ben á táctica de sectorializar e fragmentar. É a nosa obriga tentar de rachar esta dinámica, e isto é aplicable a toda a necesaria defensa do Sector Público, a defensa dos dereitos conquistados pola Clase Traballadora, sexa o Ensino, a Sanidade, as Pensións… Esta defensa non é patrimonio, nin moito menos, dos traballadores do sector. Ao igual que a mobilización en defensa da Sanidade Pública debe superar a loita local contra o peche de determinado Centro de Saúde ou contra a redución de camas nun determinado hospital, tamén no Ensino debemos globalizar a loita e a mobilización. Non estamos só diante do problema duns pais dunha unitaria pechada, ou duns alumnos que quedan sen un Ciclo, ou duns profesores suprimidos (ou interinos despedidos). Estamos diante dun ERE, en senso amplo, de liquidación da rede de Ensino Público; un chanzo máis da demolición do público a favor do privado, por mandato do Capital. Debemos superar as partillas. Non pode ser tal Dirección, tal ANPA, tal Claustro, tal representación sindical a que se manifeste puntualmente… é un deber colectivo, organizármonos, mobilizármonos e loitar. Porque a loita e a mobilización seguen a ser o único camiño.


páx. 43 OPINIÓN

PAÍS VASCO. REPÚBLICA DE IRLANDA. NACIÓN SEN ESTADO. ESTADO SEN NACIÓN por ISAAC XUBÍN

Este artigo de opinión non pretende ser unha relación pormenorizada e moito menos unha análise científica, quixera eu eliminar do meu relato datos, cifras e valoracións oficiais das respectivas administracións públicas ou doutras institucións privadas que se movan por e para o mundo da cultura das dúas nacións, así que tentarei cinguirme á narración das vivencias e das sensacións que tiven ao vivir no País Vasco e na República de Irlanda nos últimos oito anos. Malia que todo acabará

sendo un conglomerado de ideas moi persoais expostas dun xeito un pouco caótico espero que a colaxe cumpra co obxectivo.

Euskal Herria como exemplo Ou cando non imitamos o que deberíamos Calquera campionato de bertsolariak remata co gañador botando o último bertso: agurra, a despe-

dida. É difícil termar das bágoas nos ollos escoitando a Maialen Lujanbio botando a súa despedida no campionato de Euskal Herria de 2009, cando se converteu na primeira muller da historia en vestir a txapela de campioa nunha expresión cultural dominada tradicionalmente por homes. Este seu derradeiro bertso, diante dun ateigadísimo Bilbao Exhibition Center, pode resumir o proxecto de país, de reconstrución nacional, polo que camiña a sociedade vasca dende


O XORNAL INFORMACIÓN OBREIRA

10

páx. 44 OPINIÓN

hai moitos anos. O seu bertso remata de xeito contundente:...e coa forza que xuntamos neste lugar, coa paixón, cos latexos de ledicia, sigamos construíndo este país en éuscaro e dende o éuscaro. http://www.youtube.com/watch?v =6B-yXKy5HDk Se ben é certo que non debemos tomar por igual os sete territorios históricos que conforman a nación (Álava, Biscaia, Gipúscoa, Navarra, Baixa Navarra, Lapurdi e Zuberoa) non é preciso acudir a manuais nin a rexistros estatísticos para sentir o avance, a recuperación dunha sociedade que está, en xeral, comprometida co país. En moitas ocasións os que nos achegamos a este mundo dende a realidade galega tiramos do recurrente concepto do autoodio: É que os vascos non teñen isto do autoodio. Si e non. Podemos comprobar nos textos e nas declaracións de vellos persoeiros da cultura e da política vasca a confesión de que os seus avós e pais sentían vergonza ao falar en éus-

É difícil manipular a unha sociedade que está implicada en todo o que a rodea porque esta implicación orixina respecto, amor, esforzo, espírito de comunidade e moita gana de defendela até as últimas consecuencias

caro. O que acontece é que actualmente se atopan nun estado dese devandito proxecto de país en que o autoodio foi superado e a capacidade de comunicarse en éuscaro sitúase no outro lado da moeda, é unha amosega de normalidade e mesmo un motivo de orgullo. E cando falo de compromiso co país dígoo a todos os niveis. A chave pode ser, se cadra, que a sociedade vasca está fortemente artellada, entre os administradores e o individuo atopamos unha trama mesta de asociacións, sociedades e agrupacions que se moven en todos os eidos e que conseguen o seu obxectivo que é relacionar, dinamizar e construír dende abaixo: quen non está na sociedade gastronómica, está no grupo ecoloxista; quen non está no equipo de rugby, levanta pedras; quen non sube ás montañas, traballa no sindicato... É difícil manipular a unha sociedade que está implicada en todo o que a rodea porque esta implicación orixina respecto, amor, esforzo, espírito de comunidade e moita gana de defendela até as últimas consecuencias. Por iso, para alguén que é licenciado en Filoloxía Galega e que estivo estudando éuscaro durante cinco anos, integrado no mundo da recuperación da lingua e da cultura do país, é curioso comprobar a pouca repercusión que tivo e que ten a experiencia euscaldún na teoría e na praxe galega. E chega a ser desesperante a teima en imitar modelos, campañas e inercias importadas dende Catalunya, un país onde é, cando menos, discutible se a lingua do país deixou de ser durante un tempo prolongado de tempo a lingua A da sociedade. O bertso de Maialen

Lujanbio non pode ser máis aclarador, no caso da lingua, do éuscaro, a súa recuperación forma parte do proxecto en que se insire e que, por suposto, carece de sentido sen ela. E vou máis aló enfiando co que dixen no anterior parágrafo, o feito de que o respecto polos dereitos dos traballadores, que o feito do deporte sexa tan heteroxéneo no país, a forte conciencia ecolóxica, a relevancia da gastronomía... son expresións que están directamente relacionadas coa realidade e posta en valor da lingua vasca.

6 non é igual a 32 Ou cando confundimos Irlanda do Norte coa República de Irlanda O neurólogo e escritor Oliver Sacks describe no seu marabilloso libro The man who mistook his wife for a hat, o caso dunha estraña doenza mental: a pérdida de conciencia dunha extremidade. Os doentes caen ao chan porque tentan tirar, sacar da súa cama en que xacen “unha perna doutra persoa que alguén puxo alí”, é dicir, os enfermos non recoñecen como súa unha determinada extremidade do seu corpo. Pois a min paréceme que isto é algo que acontece en xeral coa sociedade da República en relación a Irlanda do Norte, unha actitude que probablemente foi acelerada durante o proceso de puxanza económica vivido recentemente polo chamado Tigre Celta. Durante unha das miñas clases de lingua galega na universidade pregunteilles aos alumnos cal era a segunda cidade máis grande de Irlanda. A resposta automática dun alumno foi “Cork”. Cando eu o correxín facéndolle reparar en que a segunda cidade


páx. 45 OPINIÓN

máis grande de Irlanda é Belfast, retrucoume que “eses están aí arriba” e adobiaba as súas palabras cun aceno de desleixo coa cara e a coa man facilmente traducible como “eses non son dos nosos”. Por suposto ese xénero musical das Rebel Songs, cancións que rememoran feitos bélicos, persoaxes ou circunstancias relativas ao movemento independentista, está visto de xeito moi negativo por unha parte ampla e hipócrita da sociedade como algo propio de persoas incultas, vellas ou desfasadas. Entón é cando torna ben real unha das primeiras advertencias que me fixeran ao chegar a Cork, un leixaprén que percorre a illa e, en especial, na boca dos nacidos nalgún dos seis condados do Ulster súbditos da coroa británica: Para ser irlandés cómpre ser británico. Non é unha adiviña arrevesada nin un paradoxo lóxico, é unha conclusión dura e firme facilmente comprobable para quen compartiu experien-

Temos que empezar a tomar decisións profundas e valentes ante a realidade que supón que non vai ser o goberno galego, sexa do signo que sexa, quen garanta o ensino real en galego e os nosos dereitos como falantes

cias con habitantes dos dous lados da fronteira: os únicos habitantes da illa esmeralda que se preocupan por ser irlandeses, son os que viven en territorio británico. Chegados a este punto quixera entón comentar algo que é habitual escoitar en Galicia con respecto á lingua e á identidade. Adoita ser algo así como: A proba de que a lingua non é un trazo de identidade é o caso de Irlanda. A xente que afirma isto escolle para facer este siloxismo dous trazos de realidades diferentes. Por unha banda o sentimento de loita de Irlanda do Norte e por outro lado o abandono e desleixo da sociedade da República en relación á súa lingua propia. E aquí está o erro, misturar dous elementos diferentes que ademais, analizados con atención, son precisamente proba do contrario da devandita afirmación. Irlanda, a illa, é a proba de que a lingua é un trazo de identidade: a República de Irlanda sofre un grave problema de identidade derivado tamén, por suposto, da difícil historia do país ao gañar a indendencia e que, ademais doutros, esta reflexado no abandono e menosprezo da lingua irlandesa. Pola súa banda, en Irlanda do Norte existe dende hai tempo un movemento salientable de recuperación e estudo do gaélico e pode darse a situación máis que probable, de continuar o estado da lingua irlandesa como está na actualidade, de que esta sobreviva con vigor en Irlanda do Norte e chegue mesmo a desaparecer deses “protectorados” lingüisticos que son os Gaeltacht da República onde os seus habitantes contan con certos beneficios por manter viva a lingua. Pero

para calquera que visite estes lugares e se achegue a un pub para pedir unha pinta de cervexa comprobará cal é a lingua habitual dos seareiros: o inglés.

A xeito de despedida Verbo da situación lingüística do noso país temos que empezar a tomar decisións profundas e valentes ante a realidade que supón que non vai ser o goberno galego, sexa do signo que sexa, quen garanta o ensino real en galego e os nosos dereitos como falantes. A proba da situación en que estamos é o tempo e as forzas que se gastan en elaborar “argumentarios” e en dicirnos a nós mesmos que temos que cambiar os modos e as formas para tentar convencer a xente que, sexamos sinceros, non quere ser convencida. O importante é crear espazos e levar á rúa a trasversalidade da lingua da que se fala no currículo académico. O que cómpre son iniciativas, esforzos e vontade por construír o noso propio ambiente. As ikastolas viviron durante moito tempo de xeito paralelo á sociedade vasca até que a forza da vontade chegou a integralas no sistema público. E para isto temos que empezar a perderlle medo ao significante “privado”. As sociedades non se entraman soas e moito menos dende arriba, dende a xestión do estado ou de calquera outro tipo de administración, é o pobo coa súa implicación en todas e cada unha das facetas que moven o país quen decide, quen conforma as características coas que desexa erguer o seu modo de vida, a súa identidade.


O XORNAL INFORMACIÓN OBREIRA

10

páx. 46 OPINIÓN

DA DITADURA INTELIXENTE por RICARDO CASTRO

Sucédense os acontecementos mentres os traballadores e traballadoras transitamos polo soño do capital. Os nosos corpos produtivos, en paro crónico ou potencial, son atravesados por estes acontecementos sen a máis mínima reacción, para satisfacción e osíxeno da serpe capitalista. Pero que o monstro non se fíe, as toupas e as termites de clase permanecemos asexantes.

manipulan a nosa capacidade de percepción, a nosa memoria e por extensión a nosa reacción. As medidas que introducen, sempre tendo presente a loita de clases da que son máis conscientes que nós, son espaciadas e sutís, ou son metáfora de tsunami que nos atorda, segundo eles planifican esa nosa reacción. É esta a intelixencia da ditadura capitalista, do capitalismo parlamentario.

Os organismos ao servizo do capital dominan a alquimia da velocidade e do tempo, por iso

Fagamos crónica: a crise que estala a finais do 2007 marca a dinámica dun novo ciclo no

capitalismo, na nova fase do imperialismo, é dicir, na globalización. Os eixos executores das medidas económicas –FMI, BM, OMC, UE...– elaboran a súa táctica de defensa e ataque do sistema. Este plan non é orixinal na súa fin, manter a lei de acumulación nas mans da burguesía mediante a socialización das perdas e a privatización dos beneficios; a súa orixinalidade radica nos medios para acadar os resultados. Utilizan dúas vías en laboratorios que son estados. En primeiro lugar ensaian o tsunami en Grecia, aplicando as medidas de golpe para estudar a reacción onde o sindicalismo é maoiritariamente de clase e onde o comunismo aínda late con forza no pobo, sabendo que é preferíbel esta fórmula para concentrar a defensa onde son conscientes de que haberá contestación contundente. En segundo lugar mudan a velocidade, aplicando reformas coma farangullas que fan camiño


páx. 47 OPINIÓN

aos poucos, alí onde a contestación social e a conciencia de clase están máis desartelladas, pois se utilizan a “fórmula grega” corren o risco dunha recuperación da memoria colectiva de loita; son sabedores de que as medidas paulatinas e sutís retrasarán a resposta baixo o argumento de que aquí as cousas non están tan mal e só “corrixen” determinados desaxustes. Pensan que cando nos deamos de conta a resposta xa estará baleira de contido: Por que protestar agora por unha negociación colectiva –poñamos por caso– cando antes xa se reformaron as pensións, as condicións laborais, a familia...? Nesta segunda vía atópase o Estado español e por ser colonia dese ignominoso Estado tamén Galicia. A II Restauración Borbónica estableceu os piares que sustentan as reformas actuais. Naqueles anos 70 do século XX está a Xénese da nova era e a súa escritura sagrada, a Constitución. Esta constitución tan laureada polas ferramentas de dominio burgués (parlamento, partidos do sistema, organizacións capitalis-

Denominan democracia á ditadura que padecemos e da que son cómplices eses partidos que falan de democracia, eses sindicatos corruptos polos cartos, eses medios de comunicación que cotizan en bolsa

tas, medios de comunicación...) establecía os principios básicos: España unha (grande ou non grande), España libre (para isto a Real Academia da Lingua Española tivo que ignorar o verdadeiro significado da palabra), España monárquica (inclúe manipular de novo a historia e facer “do pobo” á familia (i)real), España aconfesional (é dicir, que non confesamos que é ultracatólica, que non confesamos as subvencios á gracia de Dios, que non confesamos que os días de lecer dos traballadores e traballadoras son por conta dos santos, ou pode significar que aquí, entre a burguesía, non paga nin Dios. Nota: poñemos Dios e non Deus porque é un, grande e libre, como España), España democrática (quere dicir que libremente, cada catro anos, podemos votar as listas pechadas que eles legalicen para que durante o goberno de A ou B, en bipartidismo rotativo, lexislen para os monopolios a portas pechadas e no medio do silencio, e creen leis sobre asuntos de gran trascendencia mediática coma podería ser o caso da cor que deben ter as paredes do Gaiás), España privada (os traballadores e as traballadoras non poden expropiar os medios de produción, esto sería atentar contra a liberdade de explotación capitalista), España de dereitos (adquiridos por sangue aristocrática, o resto son lexítimos sempre e cando non alteren a orde de cousas establecidas por dereito natural e histórico). Grazas a esta base indisolúbel, ao igual que España, poden hoxe seguir denominando democracia á ditadura que padecemos e da que son cómplices eses partidos que falan de democracia, eses sindicatos corruptos polos cartos, eses medios de comunicación que cotizan en bolsa, etc. As reformas-farangulla xa as coñece-

mos: a sexta reforma laboral que precariza aínda máis a man de obra, a reforma da negociación colectiva, a Lei de familia en Galicia, a reforma das pensións, a privatización dos servizos públicos, a reforma electoral, a reforma da Constitución cando hai ben pouco era sacrilexio. Estas reformas deixan diante de nós un deserto sen oasis. Deteñámonos nalgúns puntos concretos e por partes: 1. A reforma laboral elimina de cargas á patronal subvencionando a súas cotas nos contratos e ao mesmo tempo facilita os contratos temporais e os despedimentos. Entra neste paquete a discriminación de xénero, pois este tipo de contratos afectan en tantos por cento moito máis elevados, ao igual que o paro, ás mulleres. Elimina tamén as trabas, suspendendo artigos do Estatuto de Traballadores e Traballadoras indefinidamente, para concatenar contratos temporais sen a necesidade de convertelos en indefinidos (obsérvese de novo a perversión da linguaxe utilizada porque algo indefinido non se sabe o que é). Amplía os contratos de formación para os e as non tituladas ata os tres anos de duración e os trinta anos de idade, co cal a nosa mocidade só vai traballar en precario; iso sí, adquirirán unha grande formación en facer cafés durante o 15% que deben adicar da súa xornada completa á formación, e serán os encargados e encargadas de facer tamén o traballo dos que a empresa despida cun ERE. 2. A reforma da negociación colectiva: encamiñada, coma di nas disposicións xerais, a adecuar os salarios e os convenios á estrutura económica española, e


O XORNAL INFORMACIÓN OBREIRA

10

páx. 48 OPINIÓN

sendo esta o que é sabemos que isto significa man de obra de saldo; máis aínda tendo coñecemento de que os grandes defensores da clase traballadora (UGT, CCOO) xa están a negociar a moderación salarial con goberno e patronal ata o 2014. A segunda parte desta reforma é quitar do medio o sindicalismo, sen adxectivos porque o sindicalismo só pode ser dunha maneira, o resto é de novo prostituír a linguaxe. 3. Lei de familia co obxectivo de recuperar a educación do espírito nacional onde o papel da muller é vital para artellar a sociedade, sobre todo na casa. En realidade a Lei o que fai é eliminar do mercado laboral ás mulleres porque o papel escravo do fogar era complementario do remunerado (por debaixo do do home). O trasfondo da Lei é laboral pois pretende “feminizar” os coidados de familiares doentes, feminizar “sus labores” gratuitamente, aforrando así orzamentos en salarios para traballos de carácter social, eses que daban contido ao Estado de Benestar. 4. Reforma das pensións para garantir que traballemos máis tempo e cobremos pensións máis baixas. Esta reforma abre a porta a futuras reformas que rematarán co carácter público destas e coa contratación obrigatoria dun plan privado. Tempo ao tempo. 5. A reforma electoral pasou de esguello na prensa, non podía ser doutro modo. Cada vez poñen máis obstáculos para que poidamos construír alternativas políticas dentro do seu putrefacto sistema de carácter contestatario. O caso de Bildu prendeu as alarmas no sentido de que unha posíbel acumulación de forzas baixo uns principios mínimos (recuperando as frontes populares do primeiro terzo do século XX) pode callar socialmente ata qui-

tarlles o control das parcelas de poder. Só a bicefalia política de PSOE-PP pode ter acceso aos secretos do goberno, do contrario correríase o risco de que alguén decidira renegar dos contratos establecidos co capital, correríase o risco de que alguén quixera introducir o pensamento na política actual, e porque non dicilo, a filosofía. Eles teñen ben claro que a política só pode ser de maquillaxe, a economía queda fóra do seu ámbito de actuación. 6. A reforma da Constitución e as privatizacións do público van ligadas, demóstrao a reescritura do texto sacro. Ata agora calquera intención de modificar o dogma de 1978 era críticada ferozmente co argumento de que se rompía o consenso, incluso rompíase España. A realidade é que só se modificará a Constitución cando faga falta para manter o seu sistema, nunca admitirán outro tipo de reformas e polo tanto está máis claro que nunca que o marco constitucional e o marco estatutario non serven para a clase traballadora e non serve para Galicia. PP e PSOE, tan inimigos eles, tan en desacordo no teatro parlamentario, acordaron a reforma no tempo que dura un partido de fútbol (que algún día será un dereito fundamental da Constitución), consistindo esta en limitar o endebedamento público. Cal é a razón? A débeda pública é a ferramenta principal para conseguir cartos cos que investir en sanidade, educación, en definitiva no público, ao tempo que un dos recursos para que as chamadas comunidades autónomas xestionen o seu territorio. Esto significa que todos os bens públicos que aínda se salvaran da queima van ir esmorecendo por inanición orzamentaria ata que sexan inservíbeis e non nos quede outra que acudir ao privado. Nos argumentos que esgri-

men para esta reforma utilizan de novo a demagoxia e eliminan do debate a cuestión de fondo e que indica por onde se moven estes crápulas: o Estado español é dos que menos déficit público ten porque é dos que menos inviste en servizos públicos, e o Estado español é onde as grandes fortunas menos impostos pagan. Esta política vén ditada pola UE e o FMI fundamentalmente. O invento non é novo, data da imposición do neoliberalismo nos anos 70 do século pasado e foi aplicado sistematicamente: se queres participar no xogo tes que reducir a débeda e para reducila só queda limitar a mínimos o gasto público e investir no capitalismo financeiro por riba do produtivo. A fórmula sabemos onde desemboca: miseria para o pobo. Sobran exemplos dende aqueles anos (Chile, Gran Bretaña, Arxentina e agora Grecia, Portugal, España... por falar dalgúns). Aínda así insisten na fórmula. Non podemos deixar este punto sen reflexionar sobre o calado democrático destes ditadores posmodernos, que utilizan todos os resquicios legais para evitar un exercicio democrático que contempla a súa Constitución para ser reformada, o referendo de consulta ao pobo. Claro que si o fan corren o risco de que alguén destape a mascarada e perdan a votación. Sempre lles quedaría a fraude electoral. Así, aos poucos como diciamos, foron implantando a ditadura intelixente do capital. Pero tamén diciamos ao principio que as toupas e as termites de clase resisten, existen, e nalgún momento virá o “noso acontecemento”, ese que nos permitirá queimar a súa historia e construír a nosa. Algo debaixo da terra estase a mover, algo indica que os tempos son chegados. Saquemos o nariz da terra e alcemos o puño. A rillar no sistema!!


páx. 49 OPINIÓN

integración do antigo apartheid no tecido industrial, no cal podemos incluír tanto o agropecuario como o naval e os seus lóxicos derivados (pesca e transportes varios). Non se esqueza que as formas artesanais primarias que deron orixe á burguesía, foron engolidas ou están en proceso de absorción pola conduta agresiva e do “Gran Irmán” que medra e aséntase no espolio, latrocinio e, sinal necesario, na estrema de calquera xeito de violencia, a sangue e fogo se para o opresor for opotuno, como xa advertiu Marx en O Capital, onde o principal resumo fica

DO PROLETARIADO Á BURGUESÍA. EPÍTOME SÍNDICAL por MANUEL VIDAL VILLAVERDE

Na metade do século XIX (1847/48), o 21 de febreiro de 1848 edítase en Londres o Manifesto do Partido Comunista. Se temos en conta a trabe mestra e as diferentes proxeccións dende a mesma, os movementos sindicais que con anterioridade á publicación do Manifesto calquera proposta anterior debe de se adscribir tanto na exposición como na praxe evolutiva dentro das liñas que subxacen e de certo se evocan no texto de Karl Marx e Friedrich Engels, pois tamén aquí está o xermolo do sindicalismo que dende a xeografía xa diferenciada do proletariado, que sociobioloxicamente ten a necesidade vital de se enfrontar á burguesía sempre absorbente e depredadora que dá lugar ao capital, ao capitalismo que históricamente esgaza ora o universo campesiño, ben o proletariado stricto sensu. Na actualidade, a case

claro: “o alicerce do capital concorre na explotación da forza de traballo como mercadoría, convertendo a plusvalía en rendabilidade (ruín) do capitalismo e as súas distintas sucursais, cuxa ánima emana e polo tanto procede do “Gran Irmán” que antes mencionabamos, ou si se quer, en formulación literaria-poética, o ollo cibernético do gran cíclope que veu substituír aquel outro ollo do amo que engordaba ao cabalo. Quere dicir o exposto que o labor ou presenza do sindicato é inútil por incesesario e todo tipo de praxe debe de se proxectar e accionar dende o Partido? Canto menos semella evidente que si, pois a historiografía dos movementos sindicais nas etapas protoindustriais da historia, así o evidencian dende a acepción de sindicato ou gremio, ou a trade union do inglés e acontece-

res premarxistas entre os que –sen esquecer outras loitas ou levatamentos de non menor importancia no mundo, necesariamente debemos salientar París, Irlanda, Lyon e Inglaterra onde a escravitude foi abolida nas loitas producidas entre 1836 a 1848. No tránsito de 1940 Bakunin e Proudhon sementan o soporte iniciático e pouco menos que definitivo da moral anarquista, onde o asemblearismo abanéase entre o testemuñal e o confuso. Así, despois desta elemental sinopse, e sen entrar en outras consideracións da historia política de todos e todas coñecida, o sindicalismo, en calquera caso ten un papel principal na proposta do Manifesto, que nel subxace como evocativo, por así dicilo, de oración subordinada. O partido, aínda contrario e enfrontado ao status burgués-capitalista, intégrase estratexicamente no sistema, sen ser moi consciente do risco de se integrar nel, ou o que é o mesmo: aburguesarse, para que o capital poida definitivamente absorbelo nisa parodia que un día e outro representa a democracia burguesa, en cuxo proxecto está a integración de calquera movemento sindical, insistimos, como unha parte máis da astuta e hipócrita vertebración do estado de (benestar). E en parte foi conquerida, logo acadado o aquí denunciado, no canto dos sindicatos estatais inmersos no xogo ou lilaila, cal é o caso dos grandes sindicatos do estado español: UGT e CC.OO, e en grande medida a CIG, a se mover tamén nesa engrenaxe. Hai pois agora, necesidade máis que estratéxica de manter un sindicalismo de clase que se enfronte á ruindade do sistema. O caso non é outro, e a deboura está aberta, como praxe necesaria.


O XORNAL INFORMACIÓN OBREIRA

10

páx. 50 OPINIÓN

DESMANTELAMENTO CULTURAL? por ZÉ PAREDES

Desde hai décadas as institucións internacionais promoven a idea da democracia cultural, definida como universalización do acceso aos bens culturais pero tamén como asignación dun papel activo aos públicos para que os cidadáns e cidadás sexan actores participantes da cultura e non simples receptores. A democracia cultural inclúe estas dúas dimensións que outorgan novo protagonismo á cidadanía cultural, situando as persoas na cerna da política e da cultura.

A democracia cultural é máis que democratización e superación das posicións elitistas ou endogámicas noutrora prevalentes no sector cultural, significa ademais promover unha apropiación igualitaria da cultura. A democracia cultural obedece así a unha concepción inclusiva que fai da cultura un ben común e accesible a toda a cidadanía e considera o público como protagonista da actividade cultural: os axentes da cultura son os creadores e profesionais da cultura, pero todos os cidadáns e cidadás, en

diferentes formas, desempeñan (ou deben desempeñar) un papel activo. Un dos obxectivos estratéxicos das políticas culturais de Galicia ha ser logo á implicación activa da cidadanía na vida cultural. Ademais de situar os cidadáns e cidadás como beneficiarios das accións públicas que deben ser tidos en conta nas definicións das políticas, hai que contar cos diferentes actores sociais como colaboradores necesarios nas estratexias de acceso á oferta cultural pública (actividades e servizos) e tamén propiciar a súa participación na definición e desenvolvemento da oferta cultural. Reflexión estratéxica sobre a cultura galega Consello da Cultura Galega

Toda cultura viva é a un tempo unha herdanza e unha proxección cara ao futuro, en permanente tensión con cada momento histórico. Cando unha cultura se singulariza, cando unha colectivi-


páx. 51 OPINIÓN

dade se converte nunha comunidade cultural, necesariamente se produce a confluencia dunha memória compartida e dun proxecto común. Comprendemos a cultura como algo que recibimos, que somos, mais tamén como algo que facemos e que queremos ser. Neste sentido, non entendemos a identidade cultural como simple preservación de características distintivas que nos foron transmitidas polos nosos devanceiros, senón máis ben como unha estratexia para actuarmos como comunidade de cultura e comunicación no contexto global. Nunha sociedade democrática debemos facernos conscientes de que esta comunidade se define e se conforma, en boa medida, no debate público, onde os responsábeis institucionais e os axentes culturais teñen un papel relevante. A xeración da comunidade cultural nunca está exenta de conflito e de pugna entre definicións encontradas da realidade. Esta pulsión saudable do pluralismo democrático debería ser compatible cunha visión estratéxica da identidade e da cultura galegas, que se asente nas nosas normas fundamentais e na vontade moi maioritaria da cidadanía galega, que se comprende a si mesma coma unha comunidade cultural diferenciada. Ha xa moito tempo que os veciños das vilas e cidades do noso país se acostumaron a disfrutar dunha oferta teatral variada e en língua galega, grazas ao esforzo dos profesionais dese sector. A proba diso é o aumento xeneralizado de público neste tipo de espectáculos. Tamén o proba o consecuente aumento da profesionalización do sector atestado pola asinatura dun convenio profesional, hai xa tres anos e pola creacción dunha Escola Superior

de Arte Dramática –en Vigo– que xa lanzou dúas promocións para o mercado de traballo. Moitos anos de interlocución entre a admnistración e os axentes teatrais levaron a unha mediana estabilidade das empresas e dos profesionais a través de mecanismos de distribución articulados entre a admnistración autonómica e local, como exemplo a Rede Galega de Teatros e Auditorios e Rede Galega de Salas Moitas conquistas foron feitas pero actualmente vemos que por parte das nosas institucións públicas os esforzos levados a cabo polos axentes culturais non son debidamente secundados, máis ben parece haber unha estratexia de demantelamento de todo aquilo que foi conseguido. O que observamos coa extinción da Dirección Xeral de Cultura, a redución orzamental dos apoios á acción cultural ou mesmo o desaparecemento das principais plataformas de distribución, parece ser, dunha forma subrepticia, o asasinato da cultura galega e da comunidade cultural de Galicia, claramente diferenciada e apoiada no piar fundamental da nosa lingua. Recentes comentarios como o da actual concelleira de cultura do concello de Coruña, afirmando que se viña programando cousas demasiado galegas, ou do propio Conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia, afirmando que a nosa cultura estaba ensimesmada e acomplexada, e que nos limita moito, indícanos a que nivel se considera a nosa cultura por parte das institucións deste país. Está claro que o diferenciamento desta comunidade cultural, parece ser un estorbo, ou un gasto inútil para uns cantos ociosos improductivos.

A realidade é que en Galicia se creou durante anos a estruturación dunha profesión grazas ao esforzo continuado de moitos homes e mulleres do teatro, anos de dedicación e educación de públicos, pero que a pesar de todo non conseguiu acadar aínda a autosuficiencia empresarial desta actividade. A maior parte destas empresas dependen dos apoios institucionais, da mesma maneira que outras actividades económicas do noso país como a automoción ou o naval. O dificil é convencer a opinión pública, tan manipulábel polos medios ao servizo do poder, da necesidade social da arte escénica, da produción audiovisual autóctona, da traducción literaria e de outras actividades de acción e educación cultural. Actualmente sabemos que a totalidade das aportacións, da agora chamada indústria cultural ao PIB galego é dun 2%, o mesmo que o sector pesqueiro, pero desafortunadamente isto non chega para convencer as nosas institucións. Pero que saídas nos quedan, en tempos de contención económica que todo xustifica, cando a res pública só responde con recortes orzamentarios, suspensión de servizos, aprazamentos sine die... Que máis poderá vir? Resta esperar que a nosa cidadanía se decate deste atentado máis á dignidade nacional. Esta crise do sistema capitalista non pode reducir á condición de floreiro unha cultura alimentadora da nosa idiosincrasia. Os artistas, creadores e demais axentes culturais galegos, os/as traballadores/as da cultura, non somos pezas de museo para encher de contidos unha Cidade da Cultura que todo engole. Estamos vivos e seguiremos loitando malia que os lodos do Gaiás nos queiran afogar.


O XORNAL INFORMACIÓN OBREIRA

10

páx. 52 OPINIÓN

Vivimos un tempo de crise, e malia o que pensan moitos a súa importancia non se mide en euros. Vai moito máis alá. Enfrontámonos a unha crise social e de valores terribelmente grave que trae consigo a crise da educación, da cultura, da política, e por suposto, da xustiza e do Dereito. Acontece que estes ámbitos citados funcionan para a sociedade como guías a seguir, como referentes. Infelizmente na situación actual están desactivados. Sirva de exemplo a lei galega de familia. Lin as sesenta e oito páxinas da lei tentando facer unha análise obxectiva, e o ditame do Consello Económico e Social sobre o anteproxecto e as críticas, cun prexuízo que non podo evitar dende hai tempo: observar con decepción e abraio o mínimo traballo parlamentar dos deputados da Cámara galega. Se dela deberían saír moitas das normas que regulen a nosa sociedade, a realidade e que o seu traballo é practicamente inexistente. Esta característica é común a todos os partidos que forman parte do Parlamento, máis alá das ideoloxías e daquela compróbase por exemplo que unha lei tan importante como a Lei de dereito civil de Galicia, tivo un trato parlamentar moi feble e aprobáronse institucións e modificacións no dereito galego tan fundamentais como a mudanza da lexítima hereditaria de dous terzos para un cuarto, sen apenas debate e sen reflexionar sobre as consecuencias. Lembremos tamén como na proposta de modificación do Estatuto de Autonomía o aspecto máis salientábel era o seu deficiente sustento xuridico-constitucional, tamén con consecuencias tan tristes como a súa pouca soli-

dez e o descrédito da construción política de Galiza. E por suposto, a lei de familia non é unha excepción, atopámonos que sendo aprobada en xuño, é tristemente a terceira lei. Amais, o Anteproxecto desta Lei fora severamente criticado polo Consello Económico e Social, observando na súa redacción final moitas das recomendacións que aquel salientaba: dende o propio título da disposición, ata unha terminoloxía moito máis correcta nos campos que abrangue, pasando pola aceptación das correccións de técnica lexislativa, e a diferenciación dalgúns aspectos en artigos separados, ou reflexións sobre mudanza en títulos e os capítulos... O resultado final, dende logo, é moito mellor e o certo é que a lei fala de conciliación da vida persoal, laboral e familiar, e tamén de que a familia está en permanente evolución, que se debe apoiar á familia e aos núcleos de convivencia que responden a unha sociedade máis complexa, que a sociedade galega está apegada á súa identidade, que a poboación está envellecendo, que é fundamental a familia como motor da sociedade… En fin, unha serie de cuestións coas que podemos concordar todos, e ademais unha novidade que debe ser resaltada que se teñen en conta por primeira vez como obxecto de protección e regulación aos maiores. Nembargantes, coido que existen críticas que se poden manter para o anteproxecto e para a propia lei nunha estrita análise xurídica e que dende logo non poden ser obviadas. A máis importante é a considera-

A LEI GALEGA DE FAMILIA OU A REALIDADE COMO SÍNTOMA por XOSÉ MANUEL PACHO

ción da muller e dos seus dereitos nun plano non igualitario aos dereitos inherentes á familia, esquecendo que é a propia muller, o propio home, a pedra angular sobre a que se asenta o núcleo de convivencia. Certamente, diluíuse na lei que finalmente se aprobou, porén, permanece ao longo de todo o texto legal latente. E consecuentemente, neste aspecto é regresiva, e antidiluviana, como por outra parte moitas das normas que no campo do Dereito Civil Estatal ou Autonómico aínda se conservan e que ninguén se molestou en revisar. Neste mesmo senso, e dado o antecedente do anteproxecto, fican unha serie de aspectos que na miña opinión son os máis graves: os relacionados cos métodos de interrupción do embarazo, que non son mencionados, e con algúns propios de algunhas correntes do dereito civil ligadas a organizacións relixiosas radicais como as do artigo 10, sobre o fillo concibido, equiparando os seus dereitos aos do fillo nacido, co que na práctica otorgaríanselle dereitos a un óvulo fecundado dun mes por exemplo, unha barbaridade en termos xurídicos se se opón á liberdade da muller para interromper o embarazo. Así mesmo, o artigo 26 fala da protección da muller xestante, curiosamente isto é bo, en tanto non se aplique de xeito regresivo e contra os seus propios dereitos. Como conclusión, dito o anterior, ficará á aplicación por parte dos poderes públicos desta lei nun sentido ou noutro, para así contar cunha normativa máis ou menos aberta en canto aos dereitos. Acontece que esta norma, como outras que afectan aos dereitos fundamentais do individuo ou da colectividade debería ser tratadas polos representantes políticos e pola sociedade co debido respecto e responsabilidade. Infelizmente, como a recente modificación da Constitución Española amosou, para os deputados é so unha simple cuestión de aritmética parlamentar, sen pensar que as normas son as guías nas que se asenta o futuro da sociedade.


páx. 53 OPINIÓN

I A música tamén é un campo de batalla. Hai unha vella toupeira que esfuraca a terra e emerxe. Ás veces como traxedia, ás veces como farsa. II Rod Stewart procedía dunha familia disfuncional. Pola súa boca, até 1973, expresábase un romanticismo etílico, inmanentemente rebelde, cultura de clase obreira inglesa. Nada do que Rod Stewart expuña a través da súa gorxa carecía de importancia. As condicións de produción das músicas de Rod Stewart fan parte integral do modo de produción capitalista. A voz de Rod Stewart entre 1969 e 1973, non. III A mudanza de paradigma histórico maniféstase na superficie brillante das cousas. A música debe narrar o desconcerto: derrubar edificios novos, contestar ao consenso pop, indicar que o tempo se esgota e só se pode ser parte do problema ou parte da solución. IV O desacordo é o estado en que se debe mover a música na época da contrarrevolución permanente. Non pacta. O saxofonista Archie Shepp explicábao en 1969 á revista Jazz Magazine: “[Na New Thing] non hai nada francamente novo senón apenas unha mensaxe que non puido ser formulada até agora (...) E esta mensaxe é a verdade. Relata o sufrimento dunha masa de xente. Fala da emancipación, da destrución dos guetos e do fascismo”. V Existen músicas que operan pola estetización da política e reducen un problema político, o intercambio desigual, a unha cuestión rítmica: El Guincho, Vampire Weekend. Contra esa maneira de tratar as contradicións do real, aparecen músicas que politizan a estética e amplían un problema rítmico para faceren emerxer unha cuestión política: The Ex gra-

van co saxofonista etíope Getatchew Mekuria. VI A posmodernidade é, antes de máis, unha renuncia. Unha renuncia intelectual e, polo tanto, política. Significa afastar do pensamento colectivo e dos combates pola hexemonía unha serie de conceptos: verdade, revolución, emancipación, loita de clases. Isto e non un repertorio de procedementos formais significa posmodernidade. A música dos tempos sombrizos reacciona a este contexto e neste contexto. VI Non serve o sentido común dominante na época da fábrica. A música revóltase contra a ocultación do conflito e emprega perspectivas de guerra civil: as condicións de posibilidade non permiten a estratexia da pacificación. Simon Reynolds cualifica Fear of a black planet ou There’s a riot goin’ on como elepés en que reina a sensación de “todos contra a parede”. Na época da fábrica reina a sensación de “todos contra a parede”. O partido da orde sabe que o precipicio está preto. VII Definir o tempo en que a música actúa importa á hora de procurar a indisciplina e a desorde. Segundo Ulrike Meinhoff, “dicir revolución esixe dicilo en serio” e así perden funcionalidade as proclamas de The Beatles e gáñana as de Lennon: Sometimes in New York City. Non vivimos nunha democracia burguesa, expuxo Castoriadis, vivimos nunha oligarquía liberal. En fase de deterioro. VIII “O Estado burgués é unha xendarmería dos ricos contra os pobres”. Aguste Blanqui, 1867 IX A música debe alterar as conciencias. Nos últimos meses, Slavoj Zizek define o comunismo por vir como unha intimidade colectiva e invoca as músicas de Satie como

MÚSICA E DESCONCERTO. NOTAS por DANIEL SALGADO

prefiguración do abrogamento da sociedade de clases. Despois está o ruído e o encadeamento de catástrofes: a música ábrese paso contra a treboada de ruínas. Senón, a música da rúa ocupada. X O sindicalista italiano Bruno Trentin alertaba, pouco antes de morrer, da “subalternidade cultural da esquerda”. Ese é o escenario en que se produce a música, en que esta toma posición, en que esta estala. Reconstrúe pegadas, acontece, escolle, ármase. Decídese entre o privilexio e a igualdade. Non está cega. Non cede.


O XORNAL INFORMACIร N OBREIRA

10

pรกx. 54 OS MEDIOS DO PODER



O XORNAL INFORMACIÓN OBREIRA

10

páx. 56 INFORMACIÓN SINDICAL

REPRESIÓN SINDICAL por CUT

Dende estas páxinas vimos denuniando a situación límite á que están somento á clase traballadora, que no caso de Galicia é dobre polo sometemento capitalista e colonial. As medidas para rexenerar o sistema capitalista recaen nun único pagador: o proletariado. Todas as “solucións” que adoptadas dende as tobas de xestión dos monopolios, é dicir, as medidas lexitimadas polos gobernos “democráticos” inciden na solicialización das perdas e no control minucioso dos posíbeis focos de reacción. Alí onde existen xermolos de conciencia obreira, alí onde a clase traballadora asoma o fouciño da resistencia, é onde aparecen medidas de represión, ben sexan de confrontación onde a resistencia é contundente, ben sexan de prevención onde atisban a posibilidade de reacción. Esta política de control ben sendo padecida pola CUT, que

claramente está no segundo dos grupos de resistencia, tendo por claro exemplo a prisión preventiva á que están sometendo a Miguel Nicolás Aparicio dende o mes de decembro de 2010 e Telmo Varela Fernández dende marzo de 2011. Dende entón, a situación de ambos os dous nada mudou senón é para peor. Están sometidos ao réxime FIES, coas comunicacións intervidas e restrinxidas, están sufrindo aillamento, foron dispersados (Miguel a Asturias e Telmo a Palencia) coa clara intención de minar a súa resistencia e causar danos a súa familia e amigos. Despois da súa dentención, os medios de comunicación esqueceron que existen, eso sí, unha vez desenvolvida unha campaña previa de contaminación e acusacións falsas por orde da policía, tentando convertelos en terroristas (concepto este sobre o que cabería un amplo debate en canto a significado e en canto a quen ten a patente para nomear os que son e os que non son terroristas) independentistas; conceptos ambos que nada teñen que ver con eles. Tamén subxacía, nesta campaña, o claro interés de deslixitimar a loita obreira facéndoos culpábeis caseque da caída das

Torres Xemelgas, e a criminalzación da loita sindical da CUT; loita que obedece aos parámetros no que se moveu o sindicalismo histórico: asemblearismo, combatividade, loita de clases e no noso caso nacional. Agora pois o silencio, o mal está feito. Habería que recordar, porque na memoria histórica atopamos argumentos, que a loita sindical ten a súa orixe na propia orixe do capitalismo, cando o proletariado toma conciencia de seren unha clase social explotada. Unha vez producido este despertar, entenden os traballadores e traballadoras que a confrontación co inimigo capitalista é inevitábel e en determindas circunstancias leva a enfrontamentos directos e contundentes. O que ata ben pouco era considerado polo propio capital como parte do xogo, é dicir, esa confrontación, pasou no contexto actual a ser considerado como ilegal primeiro e agora coma terrorismo (chega con facer unha lectura da prensa nos meses previos á detención de Miguel e Telmo e atender ás medidas que tomaban dende os centros de poder). A esta nova lectura contribuíron claramente os sindicatos asimilados polo sistema, pois dende hai máis de trinta anos


páx. 57 INFORMACIÓN SINDICAL

teñen por costume deslixitimar o sindicalismo de clase en favor da burocracia e os despachos dos ministerios ou consellerías. A rúa dalles calafríos. Dende a CUT defendemos e defendermos a loita sindical nos contextos sindicais, quere isto dicir que non imos condenar a ningún traballador que neste contexto determinado e claramente definido exerza a súa lexítima defensa, e quere dicir tamén que non imos renegar dos principios que levaron ao nacemento do sindicalismo; principios que gozarán de vixencia mentres exista o capitalismo. Do mesmo xeito que somos contundentes nesta afirmación o somos tamén cando dicimos que tampouco imos permitir a utilización das nosas siglas para lexitimar accións que nada teñen que ver co sindicalismo, ou para dar protección a outros proxectos de loita que por moi lexítimos que sexan non son do noso ámbito de loita. Queda pois claro que a CUT defenderá aos seus e as súas sindicalistas, dende o primeiro ata a última, e a todos os

traballadoras e traballadoras vítimas da represión capitalista. Dende que comezou este proceso represivo contra os compañeiros Telmo e Miguel a actividade do sindicato estivo condicionada por este feito, obrigando a un esforzo no traballo que en moitas das veces limitou o noso traballo de acción sindical, ademais nun ano de sobrecarga como o que estamos a vivir, produto da crise galopante e de ser un ano de eleccións sindicais onde tiñamos por fin achegar aos centros de traballo o proxecto CUT. Os nosos recursos económicos e humanos puxéronse ao servizo dos compañeiros: servizo xurídico, conta solidaria, campaña internacional que rematou coas Xornadas Antirepresivas, concentracións... traballo que foi moitas das veces minado polos intereses doutros que nada teñen que ver co traballo sindical. As intromisións destes sectores, e a contaminación poñendo en dúbida as decisións do máximo organismo do sindicato, o Secretariado Nacional, enlamou os resultados e favoreceu os malos entendidos. Esta

situación non é responsabilidade da CUT, que sí pode asumir e asume críticas, como sempre fixo e fará, na súa xestión. En Secretariado Nacional celebrado o mes de xullo ditaminouse o novo plan de traballo con respecto á represión, este plan obedece a que os compañeiros encadeados optaron por unha defensa xurídica privada descartando a da CUT. Por iso, dende o Secretariado, enténdese que a noso papel muda, debendo centrar os nosos esforzos na solidariedade e apoio aos compañeiros socializando cos nosos medios a súa situación e reforzando o aporte económico á conta solidaria. Deixamos de lado, por vontade dos compañeiros, todas as cuestións que teñan que ver co apartado xurídico. Así mesmo, nese Secretariado Nacional do mes de xullo, acordouse unha resolución que sería levada ás asembleas comarcais para a súa votación, sendo ata o de agora aprobada por maioría aplastante nas asembleas celebradas: O Morrazo e Vigo. A resolución é a que segue:

RESOLUCIÓN DO SECRETARIADO NACIONAL DA CUT Reunido o Secretariado Nacional da CUT, en Compostela a 27 de xuño de 2011. En base ós aspectos que contradicen os acordos e principios da CUT, no procedemento que manten na cadea ós compañeiros Telmo Varela e Miguel Nicolás, decidiu trasladar ás Asembleas Comarcais, para ó seu coñecemento e a súa votación, a seguinte Resolución sobre a represión sindical: 1. A organización da solidariedade cos compañeiros presos, así como a xestión de calquera outra cuestíon que xurda arredor da súa situación, recae na dirección do sindicato, en concreto no organismo que reúne a lexitimidade estatuaria entre congresos, o Secretariado Nacional. 2. Reiterar que o sindicato ten como única labor e campo de traballo a defensa dos intereses e dereitos da clase traballadora galega baixo os parámetros do sindicalismo asembleario, combativo, democrático, galego e de clase. 3. Na Central Unitaria de Traballadores/as como organización sindical socio-política non ten cabida a utilización das siglas do sindicato para intereses alleos a esta central, ou como paraguas de accións ou proxectos alleos aos acordos e á acción sindical da CUT, por moi lexítimos que foran.


O XORNAL INFORMACIÓN OBREIRA

10

páx. 58 INFORMACIÓN SINDICAL

4. Na CUT non teñen nin terán cabida actos e accións non aprobadas por este sindicato e lexitimadas pola súa afiliación, sendo a deslealdade e as actuacións por conta allea motivo de expulsión. 6. A CUT enmarca a súa acción sindical no traballo diario dos seus delegados e delegadas e da afiliación no seu conxunto. O Secretariado Nacional deixa ben claro que tanto uns coma os outros afilianse á CUT por entender o sindicalismo dentro das premisas que deron pé a súa orixe; non admite nin admitirá a falta de respecto a delegados/as e afiliados/as poñendo en dúbida a súa capacidade combativa por parte de ninguén, pois a soa afiliación a esta central é un xesto claridade meridiana sobre a súa condición de homes e mulleres enchidas de dignidade obreira. 7. Aínda como se ten dito, sendo a CUT un sindicato de clase e socio político, as loitas de carácter político partidario, grupal ou sectarias quedan fóra do ámbito de actuación da CUT, e sendo este campo alleo aos obxectivos do sindicato. En consecuencia lóxica, aqueles que teñan a intención de converter a esta central en paraugas político deben retificar a súa actitude o desmarcarse da CUT. Comunicada a Resolución, solicitamos da asemblea a súa aprobación. En nome do Secretariado Nacional da CUT, asina: Ricardo Castro Buerger Secretario Xeral

En Compostela, a 27 de xuño de 2011

Coma antes dixemos, continúa aberta a campaña de recadación de fondos para os compañeiros presos a través da conta 2080 0079 9000 4001 2053 de NOVACAIXAGALICIA, e quen o estime oportuno pode subir a súa cota de afiliación para destinar esa suba á devandita conta. É importante tamén para os compañeiros notar o calor e a solidariedade dos traballadores e traballadoras recibindo cartas ou postais nos seguintes enderezos:

MIGUEL NICOLÁS APARICIO C.P. VILLABONA MÓDULO Nº 8 LLANERA 33480, ASTURIAS TELMO VARELA FERNÁNDEZ C.P. LA MORALEJA MÓDULO Nº8 CRTA. LOCAL. P. 120 34210 DUEÑAS (PALENCIA)


páx. 59 INFORMACIÓN SINDICAL

En liña co antes exposto celebráronse en Vigo unha xornadas antirepresivas para escoitar da boca de diferentes sindicatos do Estado español a represión que sufren e as posíbeis medidas a tomar. A estas xornadas acudiron compañeiros e compañeiras de LAB DE EUSKALHERRÍA, INTERSINDICAL CANARIA, FSOC CANARIO, INTERSINDICAL VALENCIANA, CSI DE ASTURIAS E CGTP DE PORTUGAL. Destas Xornadas elaboraremos unha valoración conxunta que será repartida entre a afiliación nos locais do sindicato. Despois da exposición dos temas e o debate oportuno as xornadas remataron cunha resolución conxunta. Velaí vai:

RESOLUCIÓN DA XORNADA DE REPRESIÓN SINDICAL O contexto histórico actual do capitalismo impón medidas económicas, políticas e represivas de carácter global, a única diferenza apreciábel está na graduación desas medidas; que varía en función do marco xeográfico onde se aplican. As nacións sen estado quedan pois sometidas a unha dobre represión: a de clase e a do imperialismo. O caso do Estado español é un claro exemplo desta dobre represión, para cuxa aplicación non dubida á hora de crear un marco supostamente lexítimo e democrático, marco que reforzan os organismo internacionais ao servizo do capital, co que dar cobertura ás medidas máis antidemocráticas e contrarias á clase traballadora que poidamos imaxinar.

Froito desta condicións, unidas á crise sitémica á que nos enfrontamos, son pois as medidas represivas adoptadas que levaron a prisión a moitos compañeiros e compañeiras. En consecuencia, e prevendo unha maior represión sobre os compañeiros e compañerias que optan pola defensa lexítima dos seus intereses de clase, os sindicatos asistentes a estas xornadas (LAB DE EUSKALHERRÍA, INTERSINDICAL E FSOC DE CANARIAS, CSI de ASTURIAS, INTERSINDICAL VALENCIANA e CGPT de PORTUGAL) reclamamos o noso dereito á defensa dos intereses da clase traballadora coa lexitimidade que nos outorga pertencer aos explotados e non aos explotadores. Así mesmo esiximos: 1.- A inmediata absolución do compañeiro Rafa Díez, ExSecretario Xeral de LAB, e de todos os compañeiros e compa-

ñeiras encausados inxustamente neste proceso e noutros que están abertos en EuskalHerría. 2.- A inmediata posta en liberdade dos compañeiros da CUT, Miguel Nicolás e Telmo Varela, traballadores do naval presos nas cadeas españolas polo seu traballo sindical. 3.- O cese da persecución sindical de todos os traballadares e traballadoras que optan pola defensa dos seus intereses de clase en calquera punto do Estado español. 4.- O recoñecemento do dereito de autodeterminación para todos os pobos. E condeamos unanimemente ao sistema capitalista como causante directo da inxustiza, a desigualdade e a represión progresivamente aceleredas que estamos a sufrir os traballadores e traballadoras. En Vigo, 24 de xuño de 2011


O XORNAL INFORMACIÓN OBREIRA

10

páx. 60 FORMACIÓN

A REFORMA DA NEGOCIACIÓN COLECTIVA por CUT

O goberno aprobou no Real Decreto-Lei 7/2011 a reforma da negociación colectiva despois de manter as preceptivas xuntanzas coa patronal e os sindicatos asimilados polo sistema. Este decreto nace sen o cosentemento explícito das organizacións empresariais e sindicais, aínda que isto obedece a unha clara táctica mediática: a unhas cousas dicimos si e a outras non para que quede ben claro que non estamos no mesmo barco, ao tempo que nada fan para atacar estas medidas, é máis, xa anunciaron os xerifaltes dos grandes sindicatos que están dispostos a negociar a moderación salarial para o ano 2013. Neste apartado de formación imos facer fincapé nos puntos que consideramos máis destacados desta reforma para ter argumentos cos que defendernos e saber por onde nos movemos cando negociemos convenios e, sobre todo, para analizar as intencións últimas desta reforma. O esquema que eliximos é o de citar textualmente eses puntos para despois facer a nosa valoración. Imos logo. 1. Análise das Disposicións Xerais “Debe recoñecerse que (...) as organizacións empresariais e os sindicatos, contribuíron decisivamente á consolidación e desenvolvemento do Estado social e democrático de Dereito no noso país” En primeiro lugar deberiamos dicir que debe ser o “país dos ananos”, ou cando menos o país ou paraíso do capitalismo. As organizacións empresariais e sindicais contribúen dende a os anos 70 do século XX, á progresiva perda de dereitos, á flexi-

bilidade (sabemos o que isto significa), á precariedade, á discriminación de xénero tamén no laboral –aínda que aproben leis de maquillaxe coma a da igualdade mentres que consinten que en Galiza saia adiante unha lei franquista coma é a Lei de Familia, que retrotrae ás mulleres á idade das cavernas nun intento de explotalas coma man de obra escrava para servizo doméstico e coidados de enfermos–, mocidade no paro, exclusión social, subcontratación infinita... Boa contribución a destes empresarios, que no seu caso é lóxico por xenética de explotación, e a destes sindicatos, que no seu caso obedece a bandullos quentes; vaia democracia e vaia estado social este. “O noso modelo de convenios colectivos ten dificultades para axustar con prontitude as condicións de traballo presentes na empresa ás circunstancias económicas e produtivas polas que atravesa aquela nos diferentes momentos do ciclo ou conxuntura económica (...). Isto conduce a que (...) os axustes non se produzan incidindo sobre os salarios ou sobre as xornadas de traballo, senón a través da adopción de medidas (...) como os despedimentos” É dicir, seica a rebaixa de salarios arranxaría o mercado de traballo español que destrúe o sistema produtivo dende que en 1986 ingresou na Unión Europea. Daquela acordouse facer do mercado español unha bolsa de man de obra barata e adaptada a calquera circunstancia, a proba é a xenuflexión constante dos gobernos españois ás peticións dos que mandan na UE. Non se propón a reforma da negociación máis que en termos de interese empresarial.

Para que serviu a reforma laboral? Baixou o paro? Aumentaron os indefinidos? Por que pensar agora que os mesmos argumentos teñen credibilidade? O mercado produtivo do estado español baséase nos servizos dende que desmantelaron o agro, a gandería, a pesca, o naval do que os galegos, como non podía ser doutra maneira nunha colonia, sabemos moito. Estas reformas só pretenden medidas para eliminar trabas contratuais a este sector, entendendo por trabas os dereitos mínimos que teñen os traballadores e traballadoras. A idea motriz deste parágrafo é que se baixamos os salarios non nos van despedir, se aceptamos calquera condición traballaremos. Entón, do seu argumento, só cabe deducir que hai traballo e o paro utilízase para que por medo a caer nel traguemos co que sexa. Non, o problema non son os salarios, o problema é que o Estado español vendeuse ao capital e aos cantos de serea da UE, FMI, BM... a cambio de destruír os nosos sectores produtivos. Ou cambiamos de modelo ou seremos escravas, escravos. “(...) os máis recentes datos coñecidos sobre a situación da economía e do emprego poñen de manifesto a necesidade de proseguir as reformas estruturais na nosa economía e no noso mercado de traballo para consolidar o crecemento económico...” A que crecemento se refiren, ao dos bancos? Para quen son as reformas? O paro e a precariedade xa non existen? É obvio que os datos que eles manexan non son referidos ao pobo traballador, os seus índices só falan das cotas de mercado empresarial e do seu mercado de valores, mercado para o que nós somos excedente. “(...) a aprobación dunha reforma da negociación colectiva foi un dos compromisos adquiridos polo goberno no Consello Europeo...” Esta é a única verdade, a UE ordea e manda cal é a nosa política económica: capitalista e sometida aos


páx. 61 FORMACIÓN

monopolios dende a entrada neste circo en 1986. 2. Análise de artigos concretos Artigo 1.2. Ditamínase neste artigo que o convenio de empresa terá prioridade aplicativa respecto ao convenio sectorial estatal, autonómico ou inferior no tocante a varias materias, entre as que destacan o salario base, os complementos salariais (incluídos os vinculados á situación e resultados da empresa), o abono das horas extra, o horario e vacacións, a clasificación profesional e a conciliación da vida familiar e laboral. Na práctica isto implica precarizar o traballo, pois os convenios sectoriais que non conveñan serán substituídos polos de empresa co argumento das vacas flacas. Sempre é máis doado condicionar un convenio de empresa á baixa pois a relación directa do empresario co traballador ou traballadora leva á ameaza do primeiro. Cando a forza corresponde a un sector a forza da clase traballadora para negociar é moito maior. A “coletilla” dos resultados económicos será o pan de cada día para que as empresas presionen aos seu cadro de persoal coa necesidade de apretar o cinto. O exemplo do naval vigués pode ser ben ilustrativo neste caso. As auxiliares desmarcaranse do convenio provincial e proporán convenio de empresa con contidos inferiores ao sectorial, acabando coa forza do colectivo. Ao mesmo tempo, os asteleiros motriz derivarán o traballo a estas auxiliares onde a man de obra será máis barata. A conclusión non é outra que a precariedade. Artigo 2.3. Marca os prazos máximos de negociación de convenio, establecendo oito meses nos inferiores a dous anos e catorce meses nos restantes. Esta limitación na negociación pode levar a tácticas que impidan

avanzar na negociación ata cheguemos a unha solución mediante arbitraxe, onde temos que someternos á vontade de outros. Neste punto tamén se fala de introducir medidas para contribuír á flexibilidade interna na empresa, que favorezan a súa posición competitiva no mercado ou unha mellor resposta ás esixencias da demanda e a estabilidade do emprego. Para isto introduce unha porcentaxe dun 5%, agás pacto en contrario, da xornada de traballo para distribuír en función desas circunstancias do mercado. Tamén deben incluír os convenios procedementos para a mobilidade funcional na empresa. Na práctica isto vai significar que nas negociacións de convenios a empresa sempre poñerá encol da mesa a dramática situación que está a vivir e o irremediable que resulta aplicar a flexibilidade. Citamos agora textualmente deste mesmo artigo: “Deberanse establecer procedementos de aplicación xeral e directa para solventar de maneira efectiva as discrepancias existentes tras o transcurso dos prazos máximos de negociación sen alcanzarse acordo, incluíndo o compromiso previo de someter as discrepancias a unha arbitraxe, en cuxo caso o laudo arbitral terá a mesma eficacia xurídica que os convenios colectivos. Ditos acordos (...) deberán especificar (...) o carácter obrigatorio ou voluntario do sometemento ao procedemento arbitral polas partes; en defecto de pacto específico (...) entenderase que a arbitraxe ten carácter obrigatorio” Debemos estar atentas e atentos a fixar a voluntariedade, porque do contrario a empresa pode demorar a negociación onde o forza combativa da clase traballadora ten ventaxa para ir a un laudo arbitral que na maioría dos casos, e máis no contexto actual, vai favorecer á patronal. Artigo 6.5. “ (...) poderase proceder, previo desen-

volvemento dun período de consultas (...) a inaplicar o réxime salarial previsto nos convenios colectivos de ámbito superior á empresa, cando esta teña unha diminución persistente do seu nivel de ingresos ou a súa situación e perspectivas económicas puideran verse afectadas negativamente como consecuencia de tal aplicación, afectando ás posibilidades de mantemento do emprego na mesma” Esta é outra arma máis para a empresa, pois deixa na ambigüidade da “disminución persistente” a posibilidade de descolgarse da suba salarial pactada para os ámbitos superiores ao da empresa. Se as empresas que forman parte dun sector consideran que os traballadores e traballadoras cobran moito acudirán a esta fórmula para abaratar a man de obra. Novamente pode servirnos o exemplo do naval. Artigo 7. Nel falan do Consello de Relacións Laborais e de Negociación Colectiva, onde teñen representación a Administración Xeral do Estado, organizacións empresariais e sindicatos máis representativos. Entre outras funcións teñen a capacidade de asesoramento e consulta nas cuestións referentes á determinacións dos ámbitos funcionais dos convenios colectivos. A elaboración dun informe anual sobre negociación colectiva, salarios e competitividade. Significa isto que queda nas mans do Estado español, da patronal e dos sindicatos subvencionados e vendidos a valoración da situación laboral e as pautas a seguir nas negociacións. Un paso atrás para comprender e afrontar a realidade nacional de Galicia e outra ventá aberta ás vendettas do amarelismo sindical. É hora de recuperarmos unha loita que outros parecen ter esquecida, a loita por un marco galego de relacións laborais. Este é o único camiño para que sexamos nós as que ditaminemos o noso futuro.


O XORNAL INFORMACIÓN OBREIRA

10

páx. 62 INTERNACIONAL

CHILE:

BREVE HISTORIA DO MOVEMENTO ESTUDIANTIL por ÁLVARO RAMIS

Chile ten longa historia pero corta memoria. E sen memoria é difícil saber cara a onde avanzar. Para o movemento estudantil manter o recordo é difícil pola súa constante renovación de cadros e dirixentes. Esta característica, que lle achega unha clara vitalidade democrática, pode ser tamén un problema se se deixa de ter en conta que as transformacións que se promoven hoxe xa foron pensa-

das e discutidas baixo outros contextos polas xeracións anteriores. Recuperar e dar continuidade a esta memoria permite destacar a un movemento que foi central na nosa historia recente. Non é equivocado afirmar que o movemento estudantil chileno foi o máis importante de América Latina nos últimos cincuenta anos. E non porque os estudantes do noso país sexan máis conscientes ou activos que os do resto do continente.

Simplemente é porque en ningún país se viviu con tanto dramatismo a descomposición e mercantilización dun sistema educativo que chegou a ser un dos mellores da rexión. Se repasamos estes cincuenta anos deberiamos identificar as seguintes etapas: 1961-1973: A reforma universitaria foi un proceso que esixiu o fortalecemento das federacións universitarias e consolidar alianzas con partidos, académicos e outros sectores sociais por medio do movemento «Universidade para todos». O proceso acelerouse a partir de 1967 e desembocou nun novo modelo baseado nos criterios de ampla cobertura, gratuidade e unha profunda democratización da xestión educativa. O sistema educativo chileno alcanzou o maior nivel de calidade da súa historia, de acordo a todos os parámetros e estándares da época.


páx. 63 INTERNACIONAL

1973-1982: A represión golpista custa a vida de centos de estudantes, profesores e académicos. Pérdense case todas as conquistas do período anterior, especialmente dende 1981 cando entra en vigor a Constitución de 1980. As aprendizaxes acumuladas permiten loitas parciais pero a resistencia exprésase prioritariamente mediante a acción cultural en movementos como a ACU, da Universidade de Chile, e no ámbito da defensa dos dereitos humanos. 1983-1989: Reconstrución e democratización das federacións de estudantes, tanto no ámbito universitario coma no dos secundarios, que se expresan por medio da Feses. A axenda concéntrase case exclusivamente na democratización do país, e en intentar deter as políticas privatizadoras, lográndose algúns éxitos como a destitución do reitor designado José Luis Federici e o seu «plan de racionalización universitaria». O movemento é reprimido fortemente, pero logra dar canle ás expectativas democratizadoras da cidadanía, especialmente dos sectores medios e intelectuais. Non obstante, a centralidade que adquire a loita política nacional impide unha reflexión específica sobre as políticas educacionais que se empezan a despregar. Unha carencia que se evidenciará na seguinte etapa. 1990-1995: A transición pactada produce desconcerto no movemento. Por un lado a forte identificación dos dirixentes estudantís cos partidos da Concertación lévaos a moderar excesivamente as súas demandas. O vínculo partidario entrampa a acción política e coopta os temas de debate, que se rematan trivializando. Prodúcense escándalos de corrupción que mellan a representativi-

dade e a participación estudantil, o que leva en moitos casos á reformulación de moitas das federacións de estudantes e a un desprestixio das xuventudes dos partidos políticos. 1996-2005: A reconstrución do movemento estudantil, en resistencia ás políticas da Concertación, comeza coa refundación da Fech en 1996, que dá pé a un ciclo de fortes e masivas mobilizacións entre 1997 e 1999. Lógrase quebrar o ciclo de dependencia e cooptación do período anterior e o movemento adquire autonomía e capacidade propositiva. Confróntanse activamente as políticas privatizadoras con resultados ambiguos: dende o ano 2000 lógranse maiores recursos para as universidades públicas, garántese un marco básico de autonomía institucional e instancias de participación acoutadas, pero o modelo en termos xerais non se altera. Os universitarios buscamos construír unha axenda única a nivel nacional, pero non se logrou articular as sensibilidades políticas. Dende o punto de vista actual apelábase a un programa que hoxe considerariamos mínimo: arancel diferenciado, manter o crédito fiscal para evitar o crédito bancario, recoñecemento da participación institucional dos estudantes e académicos nas universidades e unha axenda excesivamente centrada na defensa das universidades do Consello de Reitores, máis especificamente, das universidades públicas. Respecto ás privadas non había propostas nin coordinación. Tampouco existían vínculos significativos con outros sectores sociais, como os estudantes secundarios e os profesores, porque non existía unha reflexión sobre o sistema educativo no seu conxunto. En síntese, o movemento estudantil recuperou

a súa autonomía e comezou unha fase activa de resistencia no seu campo específico, pero chegou a un límite na medida que os seus obxectivos políticos lle esixían alianzas máis amplas. Necesitaba o que György Lukács chamaba «perspectiva de totalidade». 2006-2011: A revolución dos secundarios en 2006 logrou incorporar esta perspectiva de totalidade, ao masificar unha loita máis alá do campo universitario. Dende ese momento empezouse a falar da Loce, da Constitución do 80, das desigualdades, da gratuidade. Non porque antes se tivese debatido nas universidades, senón porque dende ese ano a discusión saíu á rúa, logrouse entender nas familias, logrouse facer o vínculo entre o malestar privado e o malestar público pola falta de resposta do sistema político ante unha educación cara e de baixa calidade. E así chegamos ao presente, no que hai que agradecer personaxes como Piñera, Hinzpeter e Lavín ter contribuído a eliminar todas as cortinas de fume que a Concertación lograra instalar para fragmentar e sectorizar as demandas estudantís. Se ben é imposible predicir o futuro, creo que á luz de tantas aprendizaxes acumuladas, de tanta loita e de tanto sacrificio non cabe máis que unha aposta. Será mañá ou será en dez anos, pero a este movemento só lle espera unha cousa: a vitoria.

Alvaro Ramis: Ex presidente da Federación de Estudantes da Pontificia Universidade Católica de Chile, Santiago (1998) Publicado en «Punto Final», edición n.º 740, 19 de agosto, 2011


O XORNAL INFORMACIÓN OBREIRA

10

páx. 64 INTERNACIONAL

A REVOLUCIÓN EN CURSO DE ISLANDIA por CUT

Un programa radial italiano falando sobre a revolución en curso de Islandia é un exemplo impresionante do pouco que os nosos medios de comunicación nos di sobre o resto do mundo. Os estadounidenses poden recordar que ao inicio da crise financeira de 2008, Islandia, literalmente, se declarou en creba. As razóns menciónanse só de pasada, e dende entón este membro pouco coñecido da Unión Europea volveu caer no esquecemento. Como

os países europeos caen un tras outro, poñendo en perigo o euro, con repercusións para todo o mundo, a última cousa que os poderes desexan é que o caso de Islandia se converta nun exemplo. Velaquí por que: Cinco anos dun réxime puramente neoliberal fixera de Islandia, (poboación de 320.000 persoas, sen exército), un dos países máis ricos do mundo. No ano 2003 todos os bancos do país privatizá-

ronse e nun esforzo por atraer investidores estranxeiros ofreceron préstamos en liña, cuxos custos mínimos lles permitiu ofrecer taxas relativamente altas de rendemento. As contas, chamadas «Icesave», atraeron moitos pequenos investidores ingleses e holandeses. Pero a medida que os investimentos creceron tamén fíxoo a débeda dos bancos estranxeiros. En 2003 a débeda de Islandia era igual a 200 veces o seu PIB, pero en 2007 foi do 900 por cento. A crise mundial financeira de 2008 foi o golpe de graza. Os tres principais bancos islandeses, Landbanki, Kapthing e Glitnir, quebraron e foron nacionalizados, mentres que a coroa perdeu o 85% do seu valor con respecto ao Euro. Ao final do ano Islandia declarouse en bancarrota. Contrariamente ao que se podería esperar, a crise deu lugar á


páx. 65 INTERNACIONAL

recuperación dos dereitos soberanos dos islandeses, a través dun proceso de democracia directa participativa que finalmente conduciu a unha nova Constitución. Pero só despois de moita dor. Geir Haarde, o Primeiro Ministro dun goberno de coalición socialdemócrata, negociou 2.100.000 dólares de préstamo, ao que os países nórdicos agregaron outros 2.500.000. Non obstante, a comunidade financeira estranxeira premía a Islandia para impoñer medidas drásticas. O FMI e a Unión Europea querían facerse cargo da súa débeda, alegando que era o único camiño para que o país pague a débeda a Holanda e Gran Bretaña, que prometeran reembolsala aos seus cidadáns. As protestas e os disturbios continuaron e, finalmente, obrigaron ao goberno a renunciar. As eleccións adiantáronse a abril de 2009, resultando unha coalición de esquerda que condenaba o sistema económico neoliberal, pero de inmediato cedeu ás súas demandas de que Islandia debía pagar un total de 3.500.000 euros. Isto require que cada cidadán islandés aboe 100 euros ao mes (ou ao redor de 130 dólares) durante 15 anos, o 5,5% de interese, para pagar unha débeda contraída polo sector privado vis a vis. Foi a gota que encheu o vaso. O que sucedeu despois foi extraordinario. A crenza de que os cidadáns tiñan que pagar polos erros dun monopolio financeiro, que a toda unha nación se lle debe impoñer pagar as débedas privadas fíxose anacos, transformouse a relación entre os cidadáns e as súas institucións políticas e, finalmente, conduciu os líderes de Islandia ao lado dos seus electores. O

Xefe do Estado, Olafur Ragnar Grimsson, negouse a ratificar a lei que fai aos cidadáns de Islandia responsables das súas débedas bancarias e aceptou as chamadas a un referendo.

escribírase en en momento en que Islandia se independendizou de Dinamarca, en 1918, a única diferenza coa Constitución danesa é que a palabra «presidente» foi substituída pola de «rei».)

Por suposto a comunidade internacional só aumentou a presión sobre Islandia. Gran Bretaña e Holanda ameazaron con represalias terribles de illar o país. Como os islandeses foron votar, os banqueiros estranxeiros ameazaron con bloquear calquera axuda do FMI. O goberno británico ameazou con conxelar os aforros islandeses e contas correntes. Como dixo Grimsson: Dixéronnos que se nos negabamos ás condicións da comunidade internacional, nos converterían na Cuba do Norte. Pero se tivésemos aceptado, convertiríannos no Haití do Norte. « (Cantas veces escribín que cando os cubanos ven o estado lamentable do seu veciño, Haití, poden considerarse afortunados?)

Para escribir a nova constitución, o pobo de Islandia elixiu vinte e cinco cidadáns de entre 522 adultos que non pertencen a ningún partido político, pero recomendados polo menos por trinta cidadáns. Este documento non foi obra dun puñado de políticos, pero foi escrito en Internet. As reunións dos Constituínte transmitíronse on-line, e os cidadáns podían enviar os seus comentarios e suxestións, asistindo ao documento, que collía forma. A Constitución, que eventualmente xorde deste proceso democrático participativo, sería presentada ao Parlamento para a súa aprobación despois das próximas eleccións.

No referendo de marzo 2010, o 93% votou en contra da devolución da débeda. O FMI inmediatamente conxelou os seus préstamos. Pero a revolución (aínda que non se televisou nos Estados Unidos), non se deixará intimidar. Co apoio dunha cidadanía furiosa, o goberno iniciou investigacións civís e penais dos responsables da crise financeira. Interpol emitiu unha orde de detención internacional do ex presidente de Kaupthing, Sigurdur Einarsson, así como doutros banqueiros implicados que fuxiron do país. Pero os islandeses non se detuverin alí: decidiuse redactar unha nova constitución que libera ao país do poder esaxerado das finanzas internacionais e o diñeiro virtual. (A que estaba en vigor

Algúns lectores recordarán o colapso agrario de Islandia do século IX que apareceu no libro de Jared Diamond, co mesmo nome. Hoxe en día, este país estase a recuperar do seu colapso financeiro en formas que son de todo contrarias das que xeralmente se consideraban inevitables, como confirmou onte a nova xefe do FMI, Christine Lagarde, a Fareed Zakaria. Ao pobo de Grecia dixéronlle que a privatización do seu sector público é a única solución. E os de Italia, España e Portugal enfróntanse a mesma ameaza. Débese mirar a Islandia. Negarse a someterse aos intereses estranxeiros, ese pequeno país indicou claramente que o pobo é soberano. É por iso que non está nas noticias.


O XORNAL INFORMACIÓN OBREIRA

10

páx. 66 OS NOSOS POETAS.

LOIS PEREIRO

Luis Ángel Sánchez Pereiro, coñecido para as letras galegas como Lois Pereiro, naceu en Monforte de Lemos en 1958 e decidiu moi pronto na súa vida que o galego sería a única lingua na que había escribir. Viviu en Madrid e na Coruña e foi afectado por dúas das peores pandemias do seu tempo: a do aceite de colza e a da SIDA. Finou prematuramente en 1996, e publicou só dous libros en vida,neles somos testemuñas dunha escrita marcada pola conciencia da morte, a procura de novas formas para a poesía e un firme compromiso persoal con Galicia.

Que é Galicia?

a.

b. c.

d.

e.

f.

g.

h.

i. j. k. l. m. n. ñ. o.

Auga, Ar A Amnesia do paciente, a Atracción do Abismo, a Arbre ó pé da Arbre, e a ledicia do espacio circundante. o Atlántico é a Alma e o Acantilado o corpo da súa chamada Atroz. Barroco: a Beleza cotiá feita materia en pedra á Beira do Bosque omnipresente Calma. Castelao, Curros, Cunqueiro, Cultura, Celebración e Culpa: unha conciencia Céltica do Cosmos. Difícil é definir esa Dor, Dobrega-lo Destino, e facer que o Desexo siga sendo útil. (Diluvia) Espiral no Espacio Esférico. Emigración: o Estímulo do noso Exilio interior que nos leva polo Leste cara a Europa, polo mar cara ó Éxito e a Enfermidade, e sempre ó eterno Estrañamento do espírito. Fogar. Fantasía. Fábricas. Fevre, e as Formas do Futuro, Figuras do pasado. O Fenómeno atmosférico da Felicidade, e tódalas festas do mañá... Gráficas do Granito, auga e silenzo onde transborda a alma da Gulfstream. o xemido das Gaitas, e no carácter esa amable presencia da Graxa. Historia: Herbicida o olvido. A Humanidade, o “Horror vacui”, e a Humildade impídennos converti-la Historia en Heroísmo. A nosa Herdanza adestrada na fuxida, coa sabedoría das vellas feridas, vencidos somentes por nós mesmos. Ironía: a arte de converti-lo Inferno nun conto de Inverno. Son oriental. Rotundidade sureña. kilowatios por terra sulagada. Loito: manchas na paisaxe, bolas negras sobre o tapete verde. o Misterio da Música doa mortos, pero o Miño vai levando ese Misterio ó Mar. Norte. Noite. Néboa. Negro: materia poética nacional. nh/gn/ñ Oeste “Galicia atende e obedece á chamada do Oeste” (R. Otero Pedrayo) Tantos séculos de Ofensas e Olvido

p.

q. r.

s.

t.

u. v.

w.

x. y. z.

Crean anticorpos no Organismo dun Pobo, e esa continua Ofensa da historia Vai xenerar o Orgullo deste pobo apacible o destrutivo Osíxeno do Odio, a Obsesión do fracaso e da culpa. Poesía. Patria. Paixón. Perigo de extinción, perdidos na nosa Propia Pureza, da necesidade de ser un Pobo. A nosa indiferencia alimentará o Proceso de autoxenocidio, enfiadas entre os Perfiles do Pasado, coa Presencia dunha vexetal sensación de eternidade. Paixón e Poses punk, refrexos Postmodernos e altas horas nos Peiraos Urbáns da noite. Química da dor Quintaesencia do medo. Quen ri aí ó meu carón? Río: o Rumor da vida, a Relixión das augas. Os Risos xorden sempre onde Reina a Calma, no fondo acougo de quen coñece o Risco e o domina. Rural: corre o sangue rural por estas veas; E se algunha vez a Razón opón Resistencia, o galego Recoñécese na Terra, na lenta vitalidade da arbre, na Invencible resignación da herba. O son da Soedade e o Silenzo. O Salvaxe Sarcasmo dos Soños do presente, e a silente atracción polo Suicidio: o Sil. O Miño é o noso Sangue, e o Sil a súa Sombra. Sereos e Sombríos, finalmente trascende o Sorriso astuto. Terra. E o Tempo, o Trastorno e as súas Tebras. A Tradición dunha Triste Tenrura. A Terra é o principio, e todo existe nela e para ela. Utopía: compaxina-lo desexo e a necesidade nos nosos soños. Vacas en Vales mollados, e a férrea Vontade dos Vellos encadeados á terra Co Vicio do seu fatalismo escéptico. Verde. Verde, e máis Verde sobre outros Verdes, e por tras: Verde. Whiski: noite urbana. Galicia é Wagneriana, ou é máis ben Un Wolfgang Amadeus enfermo de Paisaxe soñando con Sibelius? 25 de Xullo. y Fin.




Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.