Presentación Escola Internacional da Comicidade

Page 1

ESCOLA INTERNACIONAL DA COMICIDADE SEDE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

Presentación Presentación 1ª Escola internacional da comicidade | Agosto Tenerife - Outubro Galicia Este proxecto nace con vontade de permanencia no panorama internacional de escolas teatrais centradas no humor. Xorde da necesidade de Antón Valén e Iván Prado, que deciden achegar a súa experiencia no campo do clown e o humor para se sumaren ao impulso inaprazable de xerar unha nova pedagoxía teatral que coloque o clown no centro da formación cómica. A Escola Internacional da Comicidade pretende ser un laboratorio capaz de xerar presenza escénica, verdade na actuación, efectividade creativa e comicidade. Así mesmo, pretende formar actores e actrices para que estean preparados para convencer a calquera público en calquera espazo teatral, xa sexa rúa ou teatro. O obxectivo da Escola non é ensinar un camiño único da comicidade, senón xerar un espazo de formación e investigación que dá oportunidade para que o actor/actriz poida atopar cal é a súa propia ruta. Ademais, procura dignificar o traballo do comediante mediante unha formación baseada na experiencia e no estudo das diferentes expresións artísticas que conforman o universo do humor e o riso a través do teatro. A escola ten dúas sedes, unha insular -Tenerife- e, outra peninsular -Galicia-, e realízase en dúas estacións diferentes, verán -Tenerife- e outono -Galicia-, para facilitar a asistencia dos e das estudantes ao curso de formación.


Filosofía Hai moitos camiños para chegar á comicidade. Nós escollemos o da esencia do clown porque a través dela pódese atopar gran parte da verdade no exercicio da práctica interpretativa e, nesta procura, o individuo atopa grande información sobre si mesmo como actor. Os alicerces da escola son a pedagoxía do xogo e a espontaneidade, ambas as dúas como camiño para chegar ao coñecemento do individuo-actor, fomentando a espontaneidade e a creatividade do clown para afrontar con efectividade o diálogo co público. Para apoialo, introduciremos materias impartidas por profesionais amplamente recoñecidos nos circuítos teatrais que reforzarán o verdadeiro sinal de identidade da escola: a AUTO-CREACIÓN -espazo para a creación persoal e colectiva-. Para iso contaremos con materias e profesores como: a) IMPROVISACIÓN a cargo de Carles Castillo, b) O CORPO CÓMICO por Norman Taylor ademais da formación impartida por Antón Valén e Iván Prado. No módulo de Galicia contaremos ademais co traballo de Claudia Contin e Ferrucio en materia de expresión corporal cómica, e con Belén Gordillo como guía para atoparmos o noso ritmo interior en escena. Así mesmo, contaremos coa inestimable axuda do Mago Teto desvelando os segredos da nosa maxia cómica. Son xa amplamente coñecidas, en varios círculos teatrais, as ferramentas básicas do clown, tales como a súa vulnerabilidade, o fracaso, o ridículo... Técnicas que nós incorporaremos na Escola para axudar o actor/actriz a ir máis aló, isto é, a dar o paso creativo que lle permita, a partir do seu clown, construír unha historia e unha presenza escénica capaz de dialogar artisticamente co público -máis aló de técnicas aprendidas na formación.


Equipo

ANTÓN VALÉN Director Artístico

... En 1993 ingresa como profesor de interpretación xestual e clown na Escola Superior de Arte Dramática de Murcia ata 2002. Dirixiu a varias compañías teatrais de Comedia dell´Arte e Clown. Foi seleccionado por Slava Polunin para traballar como clown no espectáculo “Alegría” do Cirque du Soleil, co que realiza unha xira mundial durante cinco anos (2002-2007). Actualmente continúa traballando para a compañía en eventos especiais. Imparte cursos de clown, bufón e técnica actoral, tanto dentro como fóra de España. É o director artístico da Escola da Comicidade.


IVÁN PRADO Director

..... (Galicia). É portavoz de Pallas@s en Rebeldía. Actuou como pallaso internacional (en países tales como México, Venezuela e Palestina). Director dos Festivais Internacionais de clown Festiclown (Galicia), Magiclown (Eivissa), Firaclown (Barcelona). Director artístico da primeira compañía estable de clown de galicia Os 7 magníficos + 1, e exerceu de showman e mestre de cerimonias en varios festivais. Recibiu ensinos dalgúns dos máis grandes mestres do clown: Leo Bassi, Carlo Colombaioni, Jhonny Melville, Phillip Gaulier... Actuou e impartiu cursos en varios paises e por toda a xeografía peninsular, o que lle permitiu ir desenvolvendo a súa propia metodoloxía.


CARLES CASTILLO

.... (Valencia). Tras moitos anos de experiencia actoral especializouse no mimo e na improvisación. Traballou como actor de cinema, teatro, televisión e radio. Creou e produciu case unha vintena de espectáculos que pasean por todo o mundo, destacando “Buenos días América”, “Mimosterios y Magiliculas”, “Los cómicos sin lengua” e o espectáculo “Imprebis”, do que realizou máis dun milleiro de representacións ante máis de medio millón de espectadores. Actualmente imparte cursos de mimo e improvisación tanto dentro como fóra de España, especialmente en Italia, organizados pola Liga

Internacional

de

Improvisación

Italiana.


NORMAN TAYLOR

..... (Gran Bretaña). Despois de completar os estudos con Jacques Lecoq, converteuse en profesor na escola onde permaneceu durante dezaoito anos. Profundou o seu coñecemento e comprensión de movemento neses anos xunto a Jacques Lecoq. Dá conferencias participativas: "Non vemos o que vemos?" e "O sentido do humor". Actualmente ensina na École Internationale de Théatre Lassaad en Bruxelas e traballa en compañías teatrais, universidades e escolas de toda Europa e na Arxentina, EE.UU. e o Canadá.


CLAUDIA CONTÍN

........ (Italia). Claudia Contin é experta en mimo e dialéctica corpórea. Coñecida no mundo como a única “Arlecchino” muller, publicou varios libros sobre técnica teatral, entre os que destacan Viaggio di un attore nella Commedia dell'Arte e Gli Abitanti di Arlecchinia. É fundadora, con Ferruccio Merisi, da Scuola

Sperimentale

dell'Attore

(Italia).


FERRUCCIO MERISSI

.... Ferruccio Merisi estudou con Giorgio Strehler e con Eugenio Barba. fundou a unha das máis importantes compañías do "teatro de grupo" dos anos '70: O

Teatro

de

Ventura

(Sorte

e

Aventura),

a

Milán.

dirixiu nos anos '80 o Festival de Santarcangelo e, ata os anos' 90 ensinou á Escola do Teatro ao Avogaria de Venecia e foi responsable dos planeos de teatro de Procura e Formación do circuíto Arteven, sempre en Venecia. En 1985 fundou en Pordenone a súa compañía e a súa Escola Experimental do Actor xunto a Claudia Contin. Nesta Cidade dirixe o Festival "O Arlequín Errante." Experto de Comedia da arte, de Teatro Oriental e de Teatro Baila, ten como obxectivo ensinar e experimentar no campo do teatro cómico e o teatro

popular

contemporáneo.

dirixiu, en cuarantaycinco anos de carreira, cento vinte espectáculos, coa súa propia compañía e con outros artistas. Entre estes espectáculos, nove están aínda en programación na actualidade.


BELÉN GORDILLO

..... (Sevilla). Belén Gordillo é actriz, bailarina, cantante e pallasa. Licenciada en Interpretación xestual pola Resad de Madrid. Diplomada en danza española

e

flamenco

no

Conservatorio

de

Danza

de

Córdoba.

Formou parte durante dous anos da compañía israelí de percusión, danza e teatro Mayúmana, actuando por gran parte de Europa e Sudamérica. É especialista en Body music e recibiu formación con Keith Terry. Formouse en clown con Eric de Bont, Gabriel Chamé, Jesús Jara e Andrés del Bosque, entre outros, formando as súas propias cías: "Burleria de Grenouille" co canadense Pascal Collin e cía. Nenacaracol co seu espectáculo “Contratiempos”.


MAGO TETO

........ (Galicia). O Mago Teto (Héctor Guerra) leu o seu primeiro libro de maxia en 1990. Seis anos máis tarde, xa estrea o seu primeiro espectáculo, “A maxia dos soños”. E a partir de aí, catro shows diferentes con elementos como a maxia de proximidade, aspectos teatrais, moita presenza da tradición e unha contínua evolución e perfeccionamento fan de Teto un dos mellores magos a nivel estatal. Representacións en Galicia, Arxentina, Republica Checa, Alemaña, Palestina... levárono a que só un dos seus espectáculos “15 anos de Tolemaxias” tivese polo de agora máis de 500 actuacións. Ademais, este artista ourensán ten tamén ampla experiencia en televisión.


ESTRUTURA CURSO


CONCLUSIÓNS A Escola Internacional da Comicidade nace en 2012 como un proxecto a longo prazo coa idea de crear a primeira escola europea do humor que abranga un amplo abano de disciplinas. Lonxe de centrarse soamente no clown, no teatro xestual ou na comedia del arte, como ocorre coa maior parte da formación existente en Europa, a Escola Internacional da Comicidade pretende dar unha formación intensiva e completa sobre a risa, o teatro , o movemento, o humor, o clown... Contando con profesores de primeira liña mundial posuidores ou formadores de escolas líderes nas súas especialidades, a E.I.C. formase con dúas sedes iniciais en Tenerife e Santiago de Compostela onde dar acollida a alumnos de todo o mundo que queiran iniciarse no mundo das artes escénicas cun curso de alto nivel ou a profesionais do sector que queiran mellorar a súa formación. A E.I.C. constitúese co obxectivo de ser unha escola de referencia e co animo de establecerse como escola permanente a través da colaboración coas entidades públicas: fundamentais facilitadores desta iniciativa que fan posible a existencia dunha oferta formativa de calidade que fai das sedes un lugar de referencia para a formación nas artes e na comedia.

Unha escola necesaria para encher de risa o mundo e as persoas.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.