Memoria festiclown 2016

Page 1


Índice: 1. Presentación do Festiclown Multisede Vilagarcía 2016 o Obxectivos o Programación artística e público asistente o Resumo fotográfico e Audiovisual o Actividades complementarias o Valoración e Conclusión

2. Memoria de prensa e rexistro o Introdución o Estratexia de comunicación o Notas de prensa o Difusión en medios o Valoración

3. Memoria Económica o Facturas o Xustificantes de pagamento o Declaración de axudas

4. Anexos (carteis e programa) Festiclown Vilagarcía 2016 2


1. PRESENTACIÓN DO FESTICLOWN MULTISEDE VILAGARCÍA 2016 A programación do FesticlownVilagarcía tivo lugar entre o 11 e o 17 de Agosto, enchendo de actuacións, risas e maxia as rúas arousás grazas ás 20 actuacións, cursos de formación, animacións, palestras, proxeccións e actividades solidarias nas que tomaron parte compañías de moi diversas orixes (nesta edición con procedencias dende Galicia, España, América Latina e mais Europa). Deste xeito, a programación adquiriu un perfil internacional e moi variado en canto disciplinas, técnicas artistas e oferta creativa. Tratouse así dun proxecto con vocación universal que nesta segunda edición en Vilagarcía medrou exponencialmente e converteuse nun proxecto fundamental e que se asenta na vila. A programación do Festival dividiuse, como é norma,

en varios apartados

diferenciados. O Desclowntrol nas rúas foi este ano protagonizado por unha produción propia de Festiclown: a compañía Trío Refugallo animou durante tres días as rúas da cidade cun espectáculo que gustou moito e dende a súa estrea en Festiclown xa pasou por importantes citas como o FIOT ou as Festas de A Coruña.

Festiclown Vilagarcía 2016 3


Dous apartados foron especialmente potenciados este ano logo dunha primeira edición onde Vilagarcía se destapou como un lugar perfecto para o festival: os Superroquiños, de nova creación e onde as compañías ofrecían unha versión infantil dos seus espectáculos e, por riba de todo, a Mostra Internacional onde este ano se potenciaba moito a oferta e o festival arriscaba comezando a cobrar entrada e empregado espazos tamén en interior . A acollida non puido ser mellor, dúas funcións en interior con Leo Bassi e Pepe Viyuela (os dous padriños de Festiclown dende o seu comezo e aos cales o festival non podía deixar de render homenaxe neste novo emprazamento) con aforo esgotado media hora antes do comezo e dúas funcións en exterior realizadas para máis de 1.000 persoas cada unha. A Mostra Internacional cumpriu as expectativas e deu ese pulo que dende a organización procurabamos neste segundo ano, enchendo teatros e rúas con espectáculos moi potentes e nomes mediáticos para o público e os medios.

Festiclown Vilagarcía 2016 4


O terceiro apartado a destacar é o máis importante a nivel de repercusión para os artistas e o máis antigo do festival: O Certame Intergaláctico. Este ano competían dúas compañías españolas, unha galega e unha compañía alemana. Nunha praza central do certame ateigada cada día por máis de 400 persoas que decidían o gañador co seu voto, o toledano-catalán Pablo Múñoz foi o gañador desta edición do certame de Festiclown logo de contar os 300 votos recibidos na praza cada xornada. O certame medrou moito este ano a nivel de comodidade e público este ano debido a dous factores fundamentais: un factor de produción que logrou que as actuacións tiveran maior visibilidade, un mellor son e o público estivese máis cómodo e unha mellora tamén na alta calidade das compañías participantes. O Certame Intergaláctico sempre foi un dos motores fundamentais do programa en canto a xente entende que ela é quen concede o seu favor e decide os gañadores e a xente de Vilagarcía nesta segunda edición xa era consciente desta importancia e seguiu o certame de forma masiva.

Festiclown Vilagarcía 2016 5


O cuarto apartado que obtivo un novo pulo en Vilagarcía é o apartado formativo do festival. Logo de anos de dificultades e complicacións, cambios de localización, imposibilidade de ofrecer un gran programa formativo, dificultades en todos os niveis de formación polas complicacións da crise, etc... O Formaclown volve erixirse este ano como unha oferta que complementa a parte de exhibición e compromiso do festival. Cinco cursos con máis de 60 participantes e con alumnado procedente de Portugal, Italia, Madrid, Murcia, Asturias, Cataluña ... E, principalmente, Galicia, volven a facer do Formaclown un núcleo de dinamización do sector teatral e do clown dentro do festival. Finalmente, aínda que posiblemente o máis importante e sen o que Festiclown perdería o seu sentido está o apartado social. Nesta edición arrancou o xoves 11 como previa do festival cunha fermosa visita aos nenos e nenas ingresados no Hospital do Salnés e que non poderían ver a programación do festival a pé de rúa.

Festiclown Vilagarcía 2016 6


Ademais deste disparo de saída das actividades de Festiclown neste apartado tiveron lugar palestras, proxecións, exposicións fotográficas, funcións interpretadas por persoas con diversidade psíquica e funcional e unha gran Gala Solidaria con destacados artistas. Ao final do festival a recadación solidaria a través de venta de entradas, merchandising, colaboracións e demais acadou un importe de case 3.000 euros que se destinaran ao traballo con colectivos en dificultades. Ademais, unha novidade fundamental é que este ano Festiclown conseguiu o apoio da Obra Social de La Caixa para este apartado a través do concello de Vilagarcía, reflectido no aumento do orzamento con respecto ao ano anterior, de maneira que conseguiu, o mesmo que para o resto do festival, potencialo e desenvolvelo en Vilagarcía. Finalmente, cómpre destacar o feito histórico de que Festiclown foi o encargado este ano de dar o pregón da Festa da Auga 2016, unha cita que cada verán congrega miles de persoas en Vialgarcía, chegadas de todos os lugares, cunha acción do coñecido bufón Leo Bassi. Neste pregón, que escoitaron unhas 10.000 ou 15.000 persoas, o clown, a esperanza e a risa que Festiclown difunde espalláronse coma a auga entre o público.

Festiclown Vilagarcía 2016 7


OBXECTIVOS Á hora de enfocar o FesticlownVilagarcía 2016, marcámonos catro obxectivos que, unha vez finalizado o festival, consideramos amplamente acadados. 

CONSOLIDAR FESTICLOWN COMO UNHA CITA DE REFERENCIA NA VILA

Grazas ao apoio do Concello e novamente ao apoio da Agadic, Festiclown contou este ano con máis recursos cos que dar un paso adiante e converter o festival na principal cita de referencia en canto a Artes Escénicas na vila arousá. O Festival, como xa sinalamos, no apartado anterior medrou enormemente a todos os niveis: público, programación, días, repercusión, orzamento, recadación, formación e percepción de importancia entre a cidadanía de Vilagarcía. Para isto fíxose un forte esforzo de imaxe e comunicación por riba do acostumado apoiado na prensa e na elaboración de elementos de comunicación exterior: pancartas, bandeiras, murais, lonas ... 

AUMENTAR O NÚMERO DE ESPECTADORES

Logo dunha primeira edición na que xa destacamos unha gran acollida e afluencia de público, a aposta este ano era por aumentar claramente esta cifra e os esforzos víronse claramente recompensados. Mantendo sempre aparte a presenza de 10.000 a 15.000 persoas no pregón da Festa da Auga, xa que é un momento moi particular e especial; o público coñece moito mellor o festival, os seus ritmos, tipos de espectáculo, particularidades e demais e chegamos a moita máis xente. A xente xa non percibe Festiclown como unha proposta para público infantil, senón que entende que os espectáculos son para todas as idades, e iso foi un punto fundamental de avance neste segundo ano en Vilagarcía. De aí a idea de traer a artistas do perfil de Bassi, Viyuela e facer algún espectáculo en horario nocturno.

Festiclown Vilagarcía 2016 8


A idea funcionou realmente ben e, como veremos máis abaixo, pensamos que acadamos un mínimo dun 25% máis de público nesta edición. Cómpre destacar neste apartado que unha parte moi importante do público do festival este ano foi o público estacional, o público que pasa só o verán en Vilagarcía e ao que este ano conseguimos chegar e que apoiou fortemente o festival. 

COMEZAR CON FUNCIÓNS EN INTERIOR E CON ENTRADA DE PAGAMENTO

Unha das apostas máis importantes desta edición foi a de programar espectáculos con entrada de pagamento en interior no verán vilagarcián. A pesar das dúbidas iniciais do concello pola posibilidade de éxito deste obxectivo, podemos considerar finalmente que este foi acadado, dada a resposta do público: tanto Pepe Viyuela como Leo Bassi encheron o teatro. Finalmente, co traballo de difusión en medios de comunicación e no local as expectativas superaron o noso mellor escenario. As dúas funcións en interior enchéronse media hora antes do comezo e con Viyuela quedaron incluso unhas cen persoas fora, o aforo era de 270 espectadores e viuse escaso en relación á demanda xerada. 

APUNTALAR A PARTE SOCIAL E FORMATIVA

Este era o obxectivo final e paralelo para unha edición na que Festiclown necesitaba amosar a súa nova etapa, non só de cara ao público vilagarcián, senón tamén de cara ao sector escénico e de acción social que o leva tantos anos seguindo e apoiando. A suba foi espectacular en ambos aspectos, a repercusión acada pola parte social foi moitísimo máis importante que no ano anterior (ver dossier de prensa) e no apartado formativo tivemos catro veces máis alumnado que na edición anterior.

Festiclown Vilagarcía 2016 9


PROGRAMACIÓN ARTÍSTICA E PÚBLICO ASISTENTE A continuación facemos unha estimación de público por actividade do festival.

DATA

ACTIVIDADE

APARTADO

LUGAR

ESTIMACIÓN PÚBLICO

Carril O Sixto Rubiáns Bamio Trabanca

350 150 300 50 50

Hospital do Salnés

50

01, 07 e 08 de Agosto

Festiclown nas Parroquias

Difusión Previa

11 Agosto

Pallasos en Rebeldía

Social

11 Agosto

Trío Refugallo

Desclowntrol

Rúa Castelao

250

11 Agosto

Trío Refugallo

Desclowntrol

Rúa Baldosa

400

12 Agosto

Curso JoanEstrader

Formaclown

Auditorio

10

12 a 17 Agosto

Exposición Fotográfica

Social

Auditorio

150

12 Agosto

Actuación PabloMúñoz

Superroquiños

Praza Ravella

200

12 Agosto

Trío Refugallo

Desclowntrol

Praza de Galicia

350

12 Agosto

Actuación PabloMúñoz

Certame

Praza Certame

400

12 Agosto

RojoTelón

Mostra Internacional

Praza de Galicia

1.100

13 Agosto

Curso Laura Mandarina

Formaclown

Auditorio

8

13 Agosto

Asociación Andaina

Social

Salón García

70

13 Agosto

Actuación Djugleddy

Superroquiños

Vista Alegre

250

13 Agosto

Trío Refugallo

Desclowntrol

Rúa da Baldosa

350

13 Agosto

Actuación Djugleddy

Certame

Praza Certame

450

13 Agosto

Gala Solidaria

Social

Salón García

120

14 Agosto

Palestra de clown e xénero

Social

Auditorio

12

14 Agosto

Ghazafellos

Superroquiños

Praza do Castro

150

Festiclown Vilagarcía 2016 10


14 Agosto

Ghazafellos

Certame

Praza Certame

450

14 Agosto

Pepe Viyuela

Mostra Internacional

Salón García

270

15 Agosto

Curso VanessaRivas

Formaclown

Praza da peixería

7

15 Agosto

Musicoloco

Superroquiños

Rúa Castelao

300

15 Agosto

Musicoloco

Certame

Praza Certame

450

16 Agosto

Pregón Festa da Auga

Desclowntrol

San Roque

16 Agosto

Leo Bassi

Mostra Internacional

Salón García

270

17 Agosto

Curso Leo Bassi

Formaclown

Auditorio

22

17 Agosto

Proxección e palestra

Social

Auditorio

28

17 Agosto

JaviJavichy

Superroquiños

Praza da Peixería *por choiva

150

17 Agosto

JaviJavichy

Certame

Praza Certame

500

17 Agosto

Kanbahiota

Mostra Internacional

Praza de Galicia

1.200

15.000 *Non sumado

TOTAL ESTIMADO

8.867

TOTAL GLOBAL CON PREGÓN

22.967

Festiclown Vilagarcía 2016 11


RESUMO GRÁFICO E AUDIOVISUAL Deixamos, á fin de simplificar e alixeirar este documento, este apartado sinalado a través de ligazóns aos vídeos e galerías fotográficas: Pódese ver un resumo fotográfico nesta ligazón: https://www.flickr.com/photos/enrebeldia/albums/72157672247975346 E tamén os vídeo-resumos que fomos pendurando das nosas redes sociais a cotío: - 1º día: https://www.facebook.com/1683525588531914/videos/1779725732245232/ - 2º día: https://www.facebook.com/Festiclown-1683525588531914/videos/ - Gala solidaria: https://www.facebook.com/Festiclown-1683525588531914/videos/ - 3º día: https://www.facebook.com/Festiclown-1683525588531914/videos/ - 4º día: https://www.facebook.com/Festiclown-1683525588531914/videos/ - Pregón: https://www.facebook.com/Festiclown-1683525588531914/videos/ - 6º e último día: https://www.facebook.com/Festiclown-1683525588531914/videos/

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS O Festival Internacional Festiclown, dende as súas orixes, caracterízase por combinar as actuacións artísticas cunha serie de actividades de índole social, remarcando así o seu compromiso con causas de xustiza social e internacional. Vilagarcía neste 2016 non foi unha excepción, xa que na programación incluíronse unha serie de actividades complementarias que afondaban en temas culturais e sociais. Este histórico de actividades e a orixinalidade e forza da proposta desta edición conseguiron que sigamos apostando un ano máis por esta sección. A continuación detallamos brevemente as actividades realizadas:  Visita ao Hospital do Salnés. Dous pallasos colaboradores habituais nas viaxes, caravanas e galas de Pallasos en Rebeldía trasladaron o seu traballo ao hospital do Salnés nunha actividade que levou o riso e un anaquiño de festival a todos os nenos e nenas hospitalizados durante o Festiclown.

Festiclown Vilagarcía 2016 12


Exposición Fotográfica: Pallasos en Rebeldía en Idomeni

Lugar: Sala de Exposicións do Auditorio Municipal Do 11 ao 17 de Agosto Mostra fotográfica sobre a caravana de Pallasos en Rebeldía a Idomeni para traballar nos campos de refuxiados sirios.

Gala Solidaria Refuxiad@s

Lugar: Salón García Sábado 13 de Agosto Asistencia: 120 persoas Unha gran gala coa participación de destacadas compañías como Juancallate, Os Sete Magníficos, Pepe Viyuela, Peter Punk, Mandarina, Isabel Risco, etc., tivo lugar o sábado á noitiña coa finalidade de recadar cartos para mellorar a situación nos campos de Refuxiad@s.

Palestra Ten Xénero @ clown?

Lugar: Auditorio Municipal Domingo 14 de Agosto Asistencia: 12 persoas A coñecida clown galega Natalia Outeiro “Pajarito” puxo en marcha unha interesante dinamización sobre o papel da muller do mundo do clown e as barreiras que tamén neste sector aínda debemos superar.

Proxección documental

Lugar: Auditorio Municipal Mércores 17 de Agosto Asistencia: 28 persoas Unha proxección de diferentes traballos audiovisuais sobre a caravana de Pallasos en Rebeldía a Idomeni e Calais en 2016.

Festiclown Vilagarcía 2016 13


VALORACIÓN E CONCLUSIÓN A conclusión deste Festiclown 2016 é a inmensa alegría e un enorme agradecemento a todas as partes implicadas no éxito e crecemento do festival: Concello de Vilagarcía, Agadic, Obra Social de La Caixa, Pallasos en Rebeldía, artistas, asociacións locais, hostelería local, pero sobre todo ... ao público de Vilagarcia. Ao público residente e ao público estacional que se está a implicar incriblemente no festival.

O público é quen, unha vez máis, co seu apoio, risas, participación e colaboración fan realmente posible que o Festiclown siga na súa teimuda procura da risa e dunha forma diferente de facer cultura. Cultura que non se esquece do compromiso, do social, das persoas, da esperanza e de achegar valores a toda a cidadanía.

Logo de ter a posibilidade de artellar, despois duns anos complicados, unha edición coa suficiente calma, antelación, tempo para comunicar, programar e traballar; e de ter unha seguridade orzamentaria, Festiclown volve ser un festival de referencia dentro de Galicia e a nivel internacional dentro do sector específico do clown e o circo.

Ademais de volver acadar unhas magníficas cifras de afluencia, alumnado, entradas vendidas, participantes, dinamización económica, repercusión en prensa e medios... O máis importante é que a vila xa ten acollido o festival nos seus ritmos internos, o festival é moi valorado e a continuidade está asegurada de cara aos vindeiros anos.

Festiclown volverá en 2017 con moitas novidades, un milleiro de gargalladas e unha edición aínda máis atractiva e completa.

Festiclown Vilagarcía 2016 14


2. MEMORIA DE PRENSA E REXISTRO GRÁFICO INTRODUCIÓN O Festiclown, Festival Internacional de Clown de Galicia, consolidouse nestes anos como unha cita referencial do verán galego, un evento cultural de primeiro nivel, e, na fin de semana das mil festas, un xeito de pásalo ben toda a familia, apta e asequible para todos os públicos, de todas as idades, local e visitante… A linguaxe universal do clown chégalle a todo o mundo, mesmo aqueles nenos e nenas que no Hospital do Salnés puideron gozar deste evento, malia estaren ingresados. O seu carácter social tamén toca de preto a actualidade, a través da súa repercusión económica, destinada ás persoas refuxiadas, ou de actividades coma a exposición fotográfica de Pallasos en Rebeldía. Por todas estas características, Festiclown é un fornecedor de contidos interesantes e actualidade cultural e social vital para os medios de comunicación. Unha ocasión que cumpría aproveitar, sen descoidar a oportunidade que brindan as redes sociais para chegar directamente aos públicos (diversos) do Festiclown, e as moitas posibilidades da participación.

ESTRATEXIA DE COMUNICACIÓN Para desenvolver a estratexia de comunicación do Festiclown tivéronse en conta a diversidade de públicos receptores: -

Por unha banda, o alumnado do Formaclown. Para estes destinatarios/as tan específicos (xente de ámbito galego, aínda que tamén houbo persoas interesadas desde fóra de Galicia, de 25 a 45 anos, con intereses na formación

Festiclown Vilagarcía 2016 15


artística e escénica, ou simplemente interesada no humor) artelláronse dúas estratexias fundamentalmente:

Unha campaña de publicidade en redes sociais: difundiuse un evento de Facebook e un flyer con toda a información dos cursos desde principios de xuño, aproximadamente, para que á xente lle fose chamando a atención. Intensificouse cunha campaña directa de anuncios en Facebook, e colocando a información estratexicamente en grupos ou páxinas relacionadas co mundo do clown, a mediados de xullo. Asemade, repartíronse flyers en lugares estratéxicos de Vilagarcía e Santiago de Compostela.

A repercusión en medios, tanto de tirada nacional (ArtezBlai) como autonómica e local foi destacada desde o comezo, e iso contribuíu a darlle maior pulo á difusión do Formaclown.

-

Por outra banda, o propio público vilagarcián e visitante que, durante as datas do Festiclown, acudiu a ver os espectáculos. Era moi importante garantir a asistencia deste público, particularmente tendo en conta que había función nas que se cobraba entrada (incidiuse especialmente no carácter solidario deste pagamento), e promocionar unha boa imaxe do Festiclown. Empregáronse estratexias de difusión a través de redes sociais e a través dos medios convencionais, para o que tivo lugar unha orixinal rolda de prensa o 15 de xullo do 2016 e un traballo coordinado de páxina web / redes sociais, previamente e tamén durante o propio Festiclown, cos vídeos – resumo, e difusión de notas de prensa e traballo cos medios. Ter nomes tan destacados coma Leo Bassi ou Pepe Viyuela na programación facilitou que, mesmo na fin de semana en que máis festas e actividade cultural había en Galicia, programas de televisión, suplementos de prensa ou mesmo programas de emisoras a nivel estatal, coma a SER, se interesasen polo Festiclown.

Festiclown Vilagarcía 2016 16


NOTAS DE PRENSA A continuación, expomos unha relación das notas de prensa enviadas: Nota de prensa do Formaclown, a medios galegos

Festiclown Vilagarcía 2016 17


Festiclown VilagarcĂ­a 2016 18


Nota de prensa Formaclown en castelĂĄn para medios estatais

Festiclown VilagarcĂ­a 2016 19


Festiclown VilagarcĂ­a 2016 20


Presentación do Festiclown aos medios

Festiclown Vilagarcía 2016 21


Nota de prensa da primeira xornada de Festiclown

O Festiclown de Vilagarcía arrinca cunha visita de Pallasos en Rebeldía ao Hospital do Salnés Peter Punk e Pablo Muñoz despregarán a mellor medicina, o riso, para aqueles rapaces e rapazas que non poden gozar do Festiclown nas rúas, este xoves ás 11 no Salón de Actos do Hospital Estarán tamén presentes na visita a concelleira de Cultura de Vilagarcía, Sonia Outón, o xerente executivo do Hospital Comarcal O Salnés, Bibiano Fernández-Arruti, e o coordinador do Festiclown, Nacho Fungueiriño Santiago de Compostela, 9 de agosto. Do poder curativo do riso saben moito as persoas que colaboran con Pallasos en Rebeldía. Ao longo do último ano traballaron dando o mellor de si en lugares coma o campo de Idomeni, na fronteira helenomacedonia, onde fixeron rir a milleiros de persoas refuxiadas en marzo deste ano, ou en Calais e Dunkerque, e tamén está a desenvolverse no Brasil, en paralelo ao vilagarcián, o Festiclown Pela Terra, para apoiar ás comunidades indíxenas nas retomadas de terra. Ademais, prevén unha acción en Melilla proximamente. Por iso o Festiclown arrinca este ano, en Vilagarcía, levándolles maxia e riso a quen máis o necesitan: os rapaces e rapazas que teñen que permanecer hospitalizados e non poden gozar do Festiclown nas rúas. O pallaso máis gamberro do momento, Peter Punk, e o mago cómico Pablo Muñoz serán os encargados de encher de cor e diversión os asépticos cuartos de hospital. Acompañaranos na visita a concelleira de Cultura de Vilagarcía, Sonia Outón, o xerente executivo do Hospital Comarcal O Salnés, Bibiano Fernández-Arruti, e o coordinador do Festiclown, Nacho Fungueiriño. Festiclown 2016 O Festiclown Vilagarcía 2016 terá lugar entre o 12 e o 17 de agosto. O xa clásico festival de clown e teatro de rúa organizado por Culturactiva Sociedade Cooperativa Galega e o Concello de Vilagarcía co apoio de Obra Social La Caixa, ten o obxectivo, desde a súa primeira edición no ano 2000, de democratizar a cultura e achegarlla ao pobo.Tamén cómpre sinalar o seu carácter solidario: o Festiclown sempre mantivo unha política de apoio e colaboración permanente con colectivos marxinados ou desfavorecidos e con poboacións en conflito ou faltas de recursos: hospitais, asociacións de solidariedade, colectivos de persoas con discapacidades, grupos de inserción social, poboacións en campos de refuxiados, formaron parte dos nosos programas, recadacións e iniciativas.

Festiclown Vilagarcía 2016 22


Por iso, este ano ademais das habituais exposicións fotográficas, coma a que se fará sobre o traballo de Pallasos en Rebeldía en Idomeni, mesas redondas, charlas e demais iniciativas de sensibilización, a programación de Festiclown achegaouse a semana pasada a varias parroquias galegas nas que non é habitual ver actuacións deste tipo (Carril, O Sixto, Rubiáns, Bamio e Trabanca-Sardiñeira), e desprázase agora ao hospital do Salnés nunha visita de pallasos de hospital. Asimesmo, a recadación das entradas dos espectáculos de interior tamén será solidaria e destinarase a un fondo social de actividades, o Fondoclown Solidario, que será destinado a financiar un Proxecto Social que este ano irá relacionado co futuro Festiclown Palestina 2016 para celebrar en setembro ou para o traballo que recentemente realizou Pallasos en Rebeldía coas persoas refuxiadas nas diferentes fronteiras europeas: Idomeni, Calais, Dunkerque, etc. A Gala Solidaria, que terá lugar o sábado 13 no Salón García, reúne nomes coma Peter Punk, Pablo Muñoz, Mandarina, Isabel Risco e Pepe Viyuela, e estará conducida por Os Sete Magníficos Máis Un. Xa o domingo 14 será a quenda de Pepe Viyuela e a súa clásica Encerrona, á mesma hora no mesmo escenario, onde o pallaso loita co seu propio ridículo, unha cadeira, unha esqueira e unha guitarra. Por último, o Día de San Roque, Leo Bassi ofrece un espectáculo que reúne os seus mellores gags, tamén no Salón García ás 21.30. Todas as entradas custan 5 € e poden obterse anticipadas a través de ticketea.com. Nota de prensa segunda xornada de Festiclown

A primeira xornada do Festiclown Vilagarcía contará coa compañía Rojo Telón e o mago Pablo Muñoz Nos próximos días poderá verse no Salón García a Pepe Viyuela (domingo 14) ou Leo Bassi (martes 16), e o sábado 13 hai unha Gala Solidaria conducida polos Sete Magníficos Máis Un, onde participan o propio Viyuela, Peter Punk, Mundo Mandarina, Pablo Muñoz e Isabel Risco Só se cobran estes tres espectáculos, a 5 euros, que se destinarán ao labor de Pallasos en Rebeldía coas persoas refuxiadas, e que se poden obter anticipadas en ticketea.com Santiago de Compostela, 11 de agosto do 2016. O Festival Internacional de Clown de Galicia, Festiclown, arrincou na mañá des xoves en Vilagarcía de Arousa. Cunha visita de Pallasos en Rebeldía ao Hospital do Salnés e dous pasarrúas de Trío Refugallo quedou inaugurada a gran cita co humor do verán. Do 12 ao 17 de agosto, Vilagarcía converterase na capital do riso e da emoción con nomes coma os de Leo Bassi, Pepe Viyuela, as compañías Kanbahiota e Rojo Telón... E moito máis. Ademais do "Desclowntrol nas rúas", co pasarrúas de Trío Refugallo ás 12 e ás 20, nesta primeira xornada terá lugar a actuación do mago cómico Pablo Muñoz, ou Pablo Superstar, nome artístico desta superestrela da maxia, no Certame Intergaláctico. Estas funcións son ás 20 horas na esquina da rúa Alcalde Rei Daviña coa Baldosa, e nelas o público pode puntuar as actuacións e decidir co seu voto quen leva o premio do público. A mesma función terá lugar ás 13 horas, neste caso na Praza Ravella, na sección "Superroquiños". Festiclown Vilagarcía 2016 23


Na Mostra Internacional terá lugar este venres ás 21.30 na Praza de Galicia a función Soy ellas, da compañía Rojo telón, que integran tres grandes profesionais do mundo do circo: Maider Yabar, Ana Clara Cuervas e Begoña Peñaranda, combinando humor, técnicas circenses coma o trapecio ou as teas, a inspiración dun texto de Edurne Rodríguez Muro, e unha coidada linguaxe poética e visual: a obra caracterízase por empregar a beleza das rutinas de circo e a linguaxe de signos. Os próximos días A Mostra Internacional deste ano conta con algún dos nomes máis destacados da escena nacional e internacional do clown: The Best of Leo Bassi recolle, en hora e media de espectáculo, algúns dos mellores scketches do bufón italiano. Poderá verse o Día de San Roque (16 de agosto) pola noite. O domingo 14 será a quenda da Encerrona de Pepe Viyuela, cómico recoñecido polas súas intervencións televisivas e o seu labor humanitario, con Payasos sin Fronteras ou Pallasos en Rebeldía, e gañador recentemente dun Premio Max pola obra Rinoceronte. Ademais destes dous espectáculos, a Gala Solidaria deste ano terá lugar o sábado 13 no Salón García ás 21.30, e, conducida por Os Sete Magníficos Máis Un, contará con Pepe Viyuela, Peter Punk, Isabel Risco, a maga cómica Mandarina, e Pablo Muñoz. As entradas para estes tres espectáculos, a cinco euros, poden obterse a través de ticketea.com. Xa o mércores 17, último día do Festiclown, será a compañía Kanbahiota (Abraham Pavón e Rossina Castelli) quen deleite ao público a partir das 21.30 na Praza de Galicia, co espectáculo de circo La Coquette. Ademais, nos apartados Certame Intergaláctico e Superroquiños participarán algúns dos mellores clowns, malabaristas, magos cómicos... Coma Fuman, “Musicoloco”, que arrasou co seu número de malabares e música nas redes sociais, Javi Javichi, Djuggledy, ou Ghazafelhos. Ademais, no Desclowntrol polas rúas, Trío Refugallo (composto por membros de Odaiko e A Magnifique Bande dos Homes sen Medo), combina conciencia medioambiental con ritmo e risa, nun pasarrúas con instrumentos de percusión feitos a base de materiais de refugallo. O Desclowntrol tomará as rúas tamén na mítica Festa da Auga, o Día de San Roque, cunha sorpresa que non se quere desvelar polo de agora. O carácter solidario do Festiclown queda tamén patente na parte do programa relacionada coa acción social: aí están unha proxección e un debate o mércores 17 ás 11, e unha exposición fotográfica do paso de Pallasos en Rebeldía polo campo de refuxiadas de Idomeni, que se inaugura o venres 12 ás 11; a función Romeo e Julieta, a cargo da Asociación Andaina, o sábado 13 ás 11 no Salón García; ou un espazo de conversa coa pallasa Natalia Outeiro “Pajarito”, co título “Ten xénero o clown?”, o domingo ás 11 no Auditorio Municipal, onde afondará no potencial empoderador desta disciplina escénica para derrubar prexuízos de xénero. O programa completo pódese consultar na web www.festiclown.org. Contacto: Lara Rozados, 981 582 836 /661 340 017 prensa@festiclown.org / www.festiclown.org

Festiclown Vilagarcía 2016 24


Nota de prensa terceira e cuarta xornadas de Festiclown

Pepe Viyuela presenta “Encerrona” no Festiclown Vilagarcía Este domingo ás 21.30 horas, o Salón García acolle unha das grandes función deste Festiclown: un clásico deste recoñecido cómico de teatro, cine e televisión O Día de San Roque poderá verse no mesmo escenario á mesma hora The Best of Leo Bassi,co gran bufón italiano, e as entradas de ambos os dous espectáculos poden obterse, a 5 euros, en ticketea.com Mentres tanto, o Certame Intergaláctico, Superroquiños, e Desclowntrol nas Rúas enchen as rúas vilagarciás de actividades gratuitas para toda a familia Santiago de Compostela, 13 de agosto do 2016. No ecuador do Festival Internacional de Clown de Galicia, Festiclown, actuará un dos máis recoñecidos cómicos da pequena e grande pantalla, e tamén sobre as táboas: Pepe Viyuela presenta o seu clásico, Encerrona. As entradas, a cinco euros, poden obterse a través de ticketea.com. Do 12 ao 17 de agosto, Vilagarcía é a capital do riso e da emoción con nomes coma os de Leo Bassi, Pepe Viyuela, as compañías Kanbahiota e Rojo Telón. Pepe Viyuela, a quen o público lembra do lendario programa Un, dos, tres, como o entrañable Chema da serie Aída ou na grande pantalla en Mortadelo e Filemón, de Javier Fesser, é tamén un recoñecido actor de teatro, merecedor dun Premio Max pola súa interpretación protagonista na obra Rinoceronte, de Ionesco, e destacado activista de Payasos sin Fronteras ou Pallasos en Rebeldía. Despois de participar na Gala Solidaria coas persoas refuxiadas no Festiclown, cuxos fondos ían destinados a esta última oenegué, este domingo á noite volve ao Salón García para ofrecer o que xa é un auténtico clásico do clown: Encerrona. O pallaso enfróntase a un escenario, un público, unha cadeira, unha esqueira e unha guitarra… E a súa propia torpeza. Facer do ridículo risa, emoción e a conexión co máis humano é o clown en estado puro que propón Viyuela. Outras actividades deste domingo serán oun espazo de conversa coa pallasa Natalia Outeiro “Pajarito”, co título “Ten xénero o clown?”, ás 11 no Auditorio Municipal, onde afondará no potencial empoderador desta disciplina escénica para derrubar prexuízos de xénero. Ademais, a compañía Ghazafelhos presenta As mil e unha noites, no Certame Intergaláctico (Esquina Rey Daviña / Baldosa ás 20 horas) e tamén na sección Superroquiños ás 13 horas na Praza do Castro. Xa neste día 15 terá lugar, dentro do Formaclown, o curso “Zancos, animación e movemento”, impartido por Vanessa Rivas, para as persoas inscritas previamente, e no Certame Intergaláctico e Superroquiños (que o luns será na Rúa Castelao) o clown Fuman presenta “Musicoloco”, un número onde combina percusión e malabares que xa arrasou na televisión e redes sociais. Festiclown Vilagarcía 2016 25


Os próximos días A outra grande actuación do Festiclown será o Día de San Roque, ás 21.30 no Salón García: The best of Leo Bassi reúne en hora e media de espectáculo o mellor do bufón italiano, que tamén ofrece un curso no Formaclown o mércores 17. Nesta última xornada, último día do Festiclown, será a compañía Kanbahiota (Abraham Pavón e Rossina Castelli) quen deleite ao público a partir das 21.30 na Praza de Galicia, co espectáculo de circo La Coquette. Xa este mércores 17 será Javi Javichi, con Veló como el rayo, o protagonista do Certame Intergaláctico e Superroquiños. O Festiclown tomará as rúas tamén na mítica Festa da Auga, o Día de San Roque, cunha sorpresa que non se quere desvelar polo de agora. O carácter solidario do Festiclown queda tamén patente na parte do programa relacionada coa acción social: aí están unha proxección e un debate o mércores ás 11, e unha exposición fotográfica do paso de Pallasos en Rebeldía polo campo de refuxiadas de Idomeni, que foi inaugurada onte. O programa completo pódese consultar na web www.festiclown.org. Contacto: Lara Rozados 981 582 836 /661 340 017 prensa@festiclown.org www.festiclown.org

Nota de prensa da quinta xornada de Festiclown

O Festiclown Vilagarcía pecha esta edición con Kanbahiota, Javi Javichy e Pallasos en Rebeldía A oenegué ofrece un debate e proxectará varios dos vídeos das súas accións no Auditorio Municipal ás 11 horas, e Leo Bassi realiza o taller Bufón. En busca da túa identidade cómica, coas persoas que se inscribiron previamente A compañía Kanbahiota, que ten participado en varias destas accións con Pallasos en Rebeldía, pecha o festival con La Coquette ás 21.30 horas na Praza de Galicia Javi Javichy será o protagonista das últimas sesión do Certame Intergaláctico e Superroquiños, con Veló como el rayo Santiago de Compostela, 16 de agosto do 2016. O Festival Internacional de Clown de Galicia, Festiclown, chega á súa fin este mércores en Vilagarcía, coa compañía Kanbahiota, Javi Javichy e Pallasos en Rebeldía. Esta oenegué ofrece unha charla ás 11 no Auditorio Municipal, e proxectará vídeos das súas acción no campo de persoas refuxiadas de Idomeni, na frontera heleno-macedonia, en Calais, Francia, ou en Melilla, a onde teñen previsto volver en breve. Precisamente a compañía Kanbahiota, que ten participado en varias destas acción, Festiclown Vilagarcía 2016 26


actuará na Mostra Internacional, ás 21.30 horas, na Praza de Galicia, pechando o Festiclown co seu espectáculo La Coquette, onde, xogando cos personaxes da diva e o pallaso, combina a espectacularidade das acrobacias aéreas co humor e a tenrura do clown. Estará tamén Javi Javichy no Certame Intergaláctico. Estas funcións son ás 20 horas na esquina da rúa Alcalde Rei Daviña coa Baldosa, e nelas o público pode puntuar as actuacións e decidir co seu voto quen leva o premio do público. A mesma función terá lugar ás 13 horas, neste caso no Parque da Xunqueira, na sección "Superroquiños". Malabares, diábolos, mazas ou pelotas son o fío conductor da historia do primeiro día de traballo dun malabarista, que xoga coas reaccións do público e busca o risco sobre os cilindros. Un novo éxito A Mostra Internacional deste ano contou con algún dos nomes máis destacados da escena do clown: The Best of Leo Bassi, con algúns dos mellores scketches do bufón italiano, arrasou no Día de San Roque pola noite, e tamén a sorpresa que o cómico deu como pregoeiro da Festa da Auga. Este mércores, Bassi impartirá, no marco do Formaclown, o taller Bufón. En busca da túa identidade cómica, para o que hai máis de vinte persoas anotadas. Xa o domingo 14 a Encerrona de Pepe Viyuela enchera a rebordar o Salón García, e tamén tiveron grande éxito as actuacións na rúa, coma a de Rojo Telón, ou as sección Certame Intergaláctico e Superroquiños, que contaron con algúns dos mellores clowns, malabaristas, magos cómicos... Coma Fuman, “Musicoloco”, que arrasou co seu número de malabares e música nas redes sociais, Djuggledy, Pablo Muñoz, ou Ghazafelhos. E no Desclowntrol polas rúas, Trío Refugallo (composto por membros de Odaiko e A Magnifique Bande dos Homes sen Medo), arrincou gargalladas e contaxiou o seu ritmo a todo o público. Culturactiva S. Coop. G., xestora do Festiclown, agradece o apoio do Concello de Vilagarcía, AGADIC e La Caixa, entidades grazas ás que a edición foi un éxito, aos medios de comunicación o seu labor, e tamén ao público, desde logo, que é quen fai posible que o Festiclown continúe medrando e espallando risas. Contacto: Lara Rozados 981 582 836 /661 340 017 prensa@festiclown.org www.festiclown.org

Festiclown Vilagarcía 2016 27


Nota de prensa gañador do Certame Intergaláctico

Pablo Superstar gaña o Premio do Público no Festiclown O Festiclown, que encheu Vilagarcía de risos durante a semana do 12 ao 17 de agosto, tivo grande éxito de público e recadou preto de 3.000 euros para os proxectos de Pallasos en Rebeldía coas persoas refuxiadas No Certame Intergaláctico, onde o público votaba a mellor actuación, o mago cómico Pablo Muñoz gañou, por pouca diferenza, a Javi Javichy, Fuman “Musicoloco”, Ghazafelhos eDjuggledy Santiago de Compostela, 19 de agosto do 2016. O Festival Internacional de Clown de Galicia, Festiclown, converteu Vilagarcía, do 12 ao 17 de agosto, na capital do riso e da emoción con nomes coma os de Leo Bassi, Pepe Viyuela, as compañías Kanbahiota e Rojo Telón. Tanto as funcións de rúa, coma as de Kanbahiota e Rojo Telón na Praza de Galicia, coma as que encheron até arriba o Salón García (Pepe Viyuela e Leo Bassi, quen tamén deu o pregón da Festa da Auga), arrasaron e fixeron gozar a centos de persoas. Máis de mil gozaron dos espectáculos a pé de rúa, nas sección Superroquiños e o Certame Intergaláctico, onde o respectable decidiu, co seu voto, quen levaría o Premio do Público Festiclown 2016: neste caso foi para o mago cómico Pablo Muñoz, Pablo Superstar, quen acadou unha puntuación case perfecta (4,95 sobre 5), aínda que os outros participantes, Javi Javichy, Fuman “Musicoloco”, Djuggledy e a compañía Ghazafellos, obtiveron puntuacións de máis de 4,5 de media. Ademais deste éxito de asistencia, o apartado solidario do Festiclown conseguiu, grazas a este público, unha recadación de preto de 3.000 euros, entre entradas para Leo Bassi, Pepe Viyuela e a Gala Solidaria, e tamén camisetas e outro material, que lles servirán a Pallasos en Rebeldía para seguir a desenvolver os seus proxectos en lugares en conflito coas persoas refuxiadas ou migrantes, levando humanidade onde a xente está a vivir inxustizas. Así acontecerá cunha expedición, a semana próxima, ao CETI de Melilla, ou co Festiclown Pela Terra que se está a desenvolver nas comunidades indíxenas do Brasil, ademais do Festival Esperanzah!, e o traballo que o colectivo desenvolverá en Calais (Francia) e Palestina a partir do outono. En definitiva, o Festiclown conseguiu, unha vez máis, cumprir o seu obxectivo de espallar riso e esperanza, achegándolle á xente a cultura e democratizando o acceso a esta. Contacto: Lara Rozados 981 582 836 /661 340 017 prensa@festiclown.org www.festiclown.org

Festiclown Vilagarcía 2016 28


DIFUSIÓN EN MEDIOS A continuación expomos unha relación dos resultados: Formaclown Diario de Arousa, 9 de xuño do 2016 “El irreverente Leo Bassi impartirá un taller de clown en Vilagarcía en el marco del Festiclown”, F. Frieiro

http://www.diariodearousa.com/articulo/vilagarcia/irreverente-leo-bassi-impartira-taller-bufonvilagarcia-marco-festiclown/20160609003118147398.html

Festiclown Vilagarcía 2016 29


La Voz de Galicia, edición Arousa, 30 de xuño do 2016 “Clown,zancos y magia con la presencia de Leo Bassi”, de Marina Santaló

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/arousa/vilagarcia-de-arousa/2016/06/30/clownzancos-magia-presencia-leo-bassi/0003_201606A30C11994.html Festiclown Vilagarcía 2016 30


Artezblai, 28 de xuño do 2016 “Formaclown 2016 abre el plazo de inscripción”, sen asinar

http://www.artezblai.com/artezblai/formaclown-2016-abre-el-plazo-deinscripcion.html Festiclown Vilagarcía 2016 31


Radio Voz, programa “Con voz de sábado”, presentado por Eva Millán. Entrevista a Fran Rei sobre o Festiclown o 2 de xullo do 2016 ás 13.20 horas. Presentación en prensa Festiclown La Voz de Galicia, 16 de xullo do 2016 “Festiclown apuesta por actividades para toda la familia y la calle como escenario”, Ana Escudeiro (PDF 4) (PDF LVG1607 en papel)

Festiclown Vilagarcía 2016 32


Festiclown VilagarcĂ­a 2016 33


Faro de Vigo, 16 de xullo do 2016 “Los humoristas Leo Bassi y Pepe Viyuela encabezan un Festiclown muy solidario”, M. Angueira (PDF FdV1607 en papel)

Festiclown Vilagarcía 2016 34


Diario de Arousa, 16 de xullo do 2016 “El Festiclown 2016 llenará de humor y solidaridad al centro y a las parroquias”, Fátima Frieiro (PDF DdA1607 en papel)

Europa Press- Galicia Confidencial, 17 de xullo do 2016 “Leo Bassi, Pepe Viyuela e pasacalles protagonizarán o Festiclown de Vilagarcía do 12 ao 17 de agosto”, EP (Nota: hai indicios de que á nota lle foi pasado o tradutor automático ao castelán e a continuación ao galego de volta, práctica habitual en axencias) (PDF 5)

Festiclown Vilagarcía 2016 35


Festiclown VilagarcĂ­a 2016 36


Días previos: La Voz de Galicia, 11 de agosto do 2016 “Festiclown, pregón a cargo de Alonso de la Torre y concierto de Hombres G para ir abriendo boca” (PDF 6)

Festiclown Vilagarcía 2016 37


La Mariola, guía infantil de La Voz de Galicia (PDF 7)

Festiclown Vilagarcía 2016 38


La Voz de Galicia, 2 de agosto do 2016 “San Fidel conquista a nuevos fieles con la carrera de barcaños”, onde se dá conta da previa, Festiclown nas parroquias (Ana Escudeiro) (PDF 8)

Festiclown Vilagarcía 2016 39


Festiclown MEDIOS ELECTRÓNICOS Sermos Galiza, entrevista de Rocío Castro con Leo Bassi o 11 de agosto do 2016. "Os monologuistas aceptan a realidade, os pallasos loitan por algo mellor" (PDF 9)

http://www.sermosgaliza.gal/articulo/cultura/monologuistas-aceptan-realidadepallasos-loitan-algo-mellor/20160811204227050232.html Festiclown Vilagarcía 2016 40


PRENSA Fugas (suplemento de ocio e cultura semanal de La Voz de Galicia), entrevista de Carlos Crespo con Leo Bassi. “El enemigo es el poder, la iglesia y Pokemon” (PDF Fugas en papel)

Festiclown Vilagarcía 2016 41


VISADO (suplemento de ocio e cultura semanal do Faro de Vigo), sen asinar “Pepe Viyuela propón unha “Encerrona” no Festiclown” (PDF VISADO en papel)

Festiclown Vilagarcía 2016 42


Diario de Pontevedra, 12 de agosto do 2016 Portada da sección Dverano: “Vilagarcía se ríe con el Festiclown” (PDF DdP1208)

Festiclown Vilagarcía 2016 43


Diario de Arousa, 12 de agosto do 2016 “Pallasos en Rebeldía visita a los enfermos en el Hospital” (subnoticia, asínaa O.B.) (PDF DdA1208)

Festiclown Vilagarcía 2016 44


Diario de Arousa. Axenda (PDF DdA1208.2) e especial Festa da Auga (PDF DdA1208.3)

Festiclown VilagarcĂ­a 2016 45


La Voz de Galicia, especial Festas de San Roque, 12 de agosto do 2016 “El festival que se hace en la calle”, D.F. (PDF LVG1208), mención no cintillo da portada do especial (LVG1208.1), axenda (LVG1208.2), entrevista coa concelleira Sonia Outón (LVG1208.3)

Festiclown Vilagarcía 2016 46


Festiclown VilagarcĂ­a 2016 47


Festiclown VilagarcĂ­a 2016 48


Festiclown VilagarcĂ­a 2016 49


La Voz de Galicia edición Arousa, 12 de agosto do 2016 “Vilagarcía, a punto para el Festiclown tras una previa solidaria”, Ana Escudeiro Thomas (PDF LVG1208.B)

Festiclown Vilagarcía 2016 50


Faro de Vigo edición Arousa, 12 de agosto do 2016 “Risas para curar el cuerpo y el espíritu”, M. Angueira (PDF FdV1208)

Festiclown Vilagarcía 2016 51


Faro de Vigo especial Festas de San Roque, 12 de agosto do 2016 “Los payasos “invanden” la localidad en el Festiclown, Redacción (PDF FdV1208.B)

Festiclown Vilagarcía 2016 52


Diario de Pontevedra, Dverano, 13 de agosto do 2016 “Festiclown vuelve un año más a Vilagarcía”, breve (PDF DdP1308), fotos dentro da nova “La Pontevedra más musical” (DdP1308.B)

Festiclown Vilagarcía 2016 53


Faro de Vigo, edición Arousa, 13 de agosto do 2016 fotos na noticia “La solidaridad con niños que sufren TDAH se abre paso en las fiestas de Vilagarcía”, M. Angueira (PDF FdV1308)

Festiclown Vilagarcía 2016 54


Diario de Arousa, 13 de agosto do 2016 “La Gala Solidaria del Festiclown y el concurso de cocina de la Ameixa, platos fuertes del día”, redacción (PDF DdA1308), fotos na reportaxe “Tradición, solidaridad, risas y gangas en San Roque”, asina D.A., Fotos de Gonzalo Salgado (DdA1308.B)

Festiclown Vilagarcía 2016 55


Diario de Arousa, 14 de agosto do 2016 “El Festiclown toma el Salón García”, breve (PDF DdA1408)

Festiclown Vilagarcía 2016 56


Faro de Vigo, edición Arousa,14 de agosto do 2016 “La gala solidaria del Festiclown reúne a Pepe Viyuela, Peter Punk e Isabel Risco” (PDF FdV1408)

La Voz de Galicia, edición Arousa, 14 de agosto do 2016 “ El humorista Pepe Viyuela y el DJ Carlos Jean ponen el broche de oro a la jornada festiva” (PDF LVG1408)

Festiclown Vilagarcía 2016 57


Diario de Pontevedra, sección Dverano, 15 de agosto do 2016 Entrevista de Valentina Gayoso, con fotos de Fernando Salgado, a Nacho Fungueiriño: “O Festiclown quere levar unha risa comprometida e de esperanza ás persoas” (PDF DdP1508)

Festiclown Vilagarcía 2016 58


Faro de Vigo edición Arousa, 15 de agosto do 2016 “El actor Pepe Viyuela conquista al público con Encerrona”, columna dentro da reportaxe “Vilagarcía celebra San Roque”, M. González (FdV1508)

Diario de Pontevedra, sección Sanxenxo O Salnés, 16 de agosto do 2016 “Festiclown”, ladiño dentro da noticia “Litros y litros de agua para conmemorar a San Roque en el día grande de Vilagarcía”, de Valentina Gayoso (DdP1608), Leo Bassi en axenda (DdP1608.1) Festiclown Vilagarcía 2016 59


Diario de Pontevedra, Dverano, 17 de agosto do 2016 “El chaparrón más celebrado del año volvió a Vilagarcía”, reportaxe de Valentina Gayoso, con información e fotos do pregón de Leo Bassi (DdP1708), cintillo na sección A Peregrina (DdP1708.1)

Faro de Vigo edición Arousa, 17 de agosto do 2016 “¡Como San Roque no hay ninguno!”, noticia sobre o pregón de Leo Bassi de M. Angueira, con foto do pato (FdV1708) e axenda (FdV1708.1)

Festiclown Vilagarcía 2016 60


Festiclown VilagarcĂ­a 2016 61


La Voz de Galicia, especial Al Sol Festa da Auga, 17 de agosto do 2016 “La húmeda apoteosis del buenrollismo”, reportaxe de Antonio Garrido (LVG1708), en local, “Humor y acrobacias para este miércoles de Festiclown” e “Leo Bassi desea “larga vida a las cosas inútiles” como pregonero”, de Marina Santaló (LVG1708.1), e na edición Arousa, reportaxe “Vilagarcía le gana la batalla al sueño”, de Marina Santaló (LVG1708.2)

Festiclown Vilagarcía 2016 62


Festiclown VilagarcĂ­a 2016 63


Diario de Arousa, 17 de agosto do 2016 “Baño de diversión a golpe de manguera”, reportaxe de Fátima Frieiro (DdA1708 e DdA1708.b), e noticia “El Festiclown se despide hoy con Kanbahiota, Javi Javichy y con los Pallasos en Rebeldía” ( DdA1708.1)

Festiclown Vilagarcía 2016 64


Faro de Vigo, edición Arousa, 18 de agosto do 2016 “Humor con Leo Bassi y los boleros de Arosa Bay para cerrar el día grande”, fotonoticia con fotos de Noé Parga (FdV1808)

Portada do Diario de Arousa do 18 de agosto do 2016 “Vilagarcía despide su Festiclown tras un gran éxito de participación” (DdA1808) e reportaxe dentro de Fátima Frieiro “Vilagarcía clausura o seu Festiclown ( DdA1808.1)

Festiclown Vilagarcía 2016 65


Festiclown VilagarcĂ­a 2016 66


MEDIOS AUDIOVISUAIS: Radio No Diario Cultural, da Radio Galega, programa que se emite de luns a venres para toda Galicia de 15.15 a 16.00, Xiana Arias entrevista a Leo Bassi o día antes do Festiclown, 10-8-2016: http://www.crtvg.es/rg/destacados/diario-cultural-diario-cultural-do-dia-10-08-20162279106 No comentario semanal de artes escénicas no programa Diario Cultural, o crítico Camio Franco fala sobre o Festiclown, o día 11-8-2016: http://www.crtvg.es/rg/destacados/diario-cultural-diario-cultural-do-dia-11-08-20162278927 A nivel estatal: Programa “Noches de verano” de Radio Nacional de España, madrugada do 16 para o 17 de agosto (00:30 horas), entrevista con Fran Rei (minuto 12'20''-20'33'') http://mvod.lvlt.rtve.es/resources/TE_SNVERAN/mp3/3/3/1471393977633.mp3 Televisión CRTVG: A Revista, Televisión de Galicia, programa de emisión autonómica. Desconexión en directo en Vilagarcía, 12 de agosto, 12.49 (reporteira, Iria Soengas): http://www.crtvg.es/informativos/leo-bassi-e-pepe-viyuela-as-estrelas-do-festivalinternacional-de-clown-de-galicia-deste-ano-2281016

Festiclown Vilagarcía 2016 67


Entrevista a Nacho Fungueiriño, coordinador do Festiclown en Vilagarcía, e toman imaxes de Trío Refugallo: http://www.crtvg.es/informativos/visitamos-o-festival-internacional-de-clown-degalicia

Arousa TV. Retransmisión do Pregón do Día de San Roque (16-8-16). Festa da Auga de Vilagarcía, a cargo de Leo Bassi. http://www.arousatv.com/2016/08/pregon-festa-da-auga-2016-leo-bassi.html

Festiclown Vilagarcía 2016 68


VALORACIÓN: Os resultados a nivel mediático deste Festiclown poden considerarse moi satisfactorios, e os seus efectos comprobáronse na grande afluencia de público. Particularmente na prensa local e comarcal, o Festiclown foi o protagonista indiscutible, e a súa participación nun evento multitudinario coma a Festa da Auga foi un gran momento para o impacto social e mediático. Asimesmo, nomes de primeiro nivel, como Leo Bassi ou Pepe Viyuela, a interesante proposta da compañía Rojo Telón, ou o impacto dalgúns dos participantes no Certame Intergaláctico, como Fuman, que conseguiu que o vídeo do seu “Musicoloco” fose viral en redes sociais, facilitaron o interese de medios autonómicos: o programa A Revista da TVG dedicou unha desconexión no primeiro día (se cadra era o que menos movemento había, pero estivo ben como punto de partida), o Diario Cultural da Radio Galega, o suplemento Fugas de La Voz de Galicia ou Sermos Galiza quixeron entrevistar a Leo Bassi, o VISADO do Faro de Vigo quixo destacar a presenza de Pepe Viyuela… En definitiva, o Festiclown conságrase como unha cita cultural, festiva e solidaria do verán galego, e a súa repercusión nos medios, tanto tradicionais coma os máis novos, así o demostra. Queda por perfeccionar alguna iniciativa que se tentou en redes sociais, como sortear entradas entre as persoas que enviasen un “selfie” ou autorretrato desde o “photclown” habilitado en Vilagarcía.

Festiclown Vilagarcía 2016 69


Festiclown VilagarcĂ­a 2016 74


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.