Resumo Proxectos Culturactiva

Page 1

Culturactiva / Proxectos 2016


Culturactiva / Proxectos 2016

Somos Culturactiva SCG representa, tras unha consolidada traxectoria, un claro referente en Galicia no sector da xestión cultural. Consolidado xa como un dos grandes proxectos do país, o seu ámbito profesional abrangue os campos da venda teatral e musical, a organización de eventos, a xestión integral de programacións e a dinamización cultural, tanto no ámbito creativo como formativo. Dende a súa fundación no ano 2000 -ano no que o director teatral, clown e activista Internacional, Iván Prado, xunto a outros compañeiros do ámbito escénico iniciaron este proxecto anovador no sector cultural-, a cooperativa Culturactiva SCG guiou a súa actividade profesional atendendo a un modelo de xestión que interpreta a cultura como unha ferramenta de desenvolvemento humano, social e económico. Baixo esta premisa, Culturactiva buscou sempre crear novas iniciativas dentro da nosa contorna, fomentando así a cultura como unha ferramenta de transformación, mais tamén como unha canle para traballar dende un compromiso social claro, como amosa o seu traballo coa ONGD Pallasos en Rebeldía.

máis traballo estable aporta ao sector: artistas, produtores, xestores culturais, administrativos, formadores, directores e xornalistas son algúns dos perfís que se moven dentro da cooperativa. Porén, Culturactiva é tamén unha das empresas que máis traballo xera dentro do sector con moitas máis de 1.000 contratacións e altas na Seguridade Social ao longo do ano.

Deste xeito, Culturactiva converteuse en Galicia nun motor para os sectores teatral e musical, tanto a través de grandes festivais e plataformas como son o Festiclown, Galeuzca, Olladas do Planeta ou a Feira Ecolóxica, como do seu fundamental traballo na distribución e produción escénica.

Culturactiva, do mesmo xeito que ao longo da súa traxectoria, continúa agora xerando ideas e achegando novas iniciativas que sigan a dinamizar o ámbito cultural. Esa é a súa razón de ser. Ese, e non outro, é o seu espírito.

Baixo unha ideoloxía de traballo e forma empresarial de cooperativa e cun equipo estable que sempre se encontra en torno ás dez persoas, Culturactiva é unha das entidades que

Co paso do tempo e avalada pola súa experiencia, Culturactiva ampliou o seu ámbito de actuación máis aló das nosas fronteiras, estendendo o seu labor ao resto do estado e a nivel global. Proba deste espallamento atópase na organización de eventos de carácter internacional como o xa citado Festiclown, que xa pasou por tres continentes logo de ter edicións en lugares como Galicia, Brasil, Madrid, Palestina, Colombia... Tamén proxectos como o Magiclown en Ibiza, a Fira Máxica en Santa Susana ou Festival Circe en Santa Coloma amosan esta inquedanza por desenvolver traballo máis aló das nosas fronteiras.


Culturactiva / Proxectos 2016

Distribución musical e escénica Este apartado vén sendo un dos principais alicerces da actividade do proxecto como ben reflicten os datos contidos na páxina anterior. No eido da distribución, Culturactiva colabora estreitamente con artistas de prestixio internacional como as compañías Pez en Raya e Yllana, ou os reputados clowns Jango Edwards, Elliot, Pepe Viyuela, Johnny Melville ou Leo Bassi, que confían a súa distribución en Galicia a Culturactiva. No eido musical, bandas da talla dos cataláns La Troba Kung-Fú, os lusos Deolinda ou os chilenos Chico Trujillo traballan con Culturactiva de forma habitual. Todos estes nomes son só unha mostra dun amplo catálogo que fixa a súa maior atención nas escenas musical e teatral galegas. Cantantes e formacións como Guadi Galego, O Sonoro Maxín, Espido, Talabarte ou Vaamonde, Lamas & Romero, artistas como Isabel Risco, Pedro Brandariz, Sergio Pazos, o Mago Teto e compañías como Os Sete Magníficos Máis Un, Peter Punk e Boneca Lareta forman parte do variado corpus de propostas galegas que distribúe Culturactiva. A área de acción de Culturactiva neste eido abrangue dende o circo e clown, no que comezamos hai máis de quince anos, ata a música pasando polo teatro, contacontos, narración oral, música de rúa, animacións, formación e produción. Culturactiva, como fixo ao longo da súa traxectoria, continúa agora xerando ideas e achegando novas iniciativas que sigan a dinamizar o ámbito cultural. Esa é a súa razón de ser. Esa e non outro é o seu espírito.


Culturactiva / Proxectos 2016

FESTICLOWN Nalgún recuncho da cidade de Compostela aínda resoan os risos de milleiros de persoas que, movidas e xuntas grazas ao clown, riron a esgalla cos centenares de actuacións que lles ofreceu o Festiclown. O mesmo aconteceu no paso do festival por Pontevedra, lugar que o viu nacer; e en Vigo, cidade onde medrou e dende a que se expandiu e abriu ao mundo a través do mar. Dende aquela, Rivas Vaciamadrid, Palestina, Brasil, San Fernando de Henares, Lugo, Vilagarcía ou Colombia coñeceron a maxia que Festiclown transporta en cada unha das súas accións. Nas rúas e prazas, público e artistas enténdense ás primeiras de cambio, sen necesidade de presentacións. Moitas persoas volveron revivir a inocencia e a ilusión da maxia e do clown deixando a un lado clichés ou construcións sociais para poñer á vista as ganas de rir e deixar que as e os artistas as traballen. O resultado? Gargalladas e momentos incribles. Uns espectáculos baseados no humor intelixente, nas discilplinas básicas do clown e tamén nas máis innovadoras, uns trucos de maxia que cautivan e unha selección minuciosa das compañías participantes fan gozar por igual ao público, sen distinción de idades. Tanto o público galego coma o de fóra identifica Festiclown rapidamente e as reaccións van sempre acompañadas dun sorriso e un “Ah, Festiclown!”, unha admiración en resposta aos bos momentos que, tanto o festival en si coma as propostas individuais proporcionan ao respectable e que se traduce en boas lembranzas unha vez pasado o tempo.

Edicións realizadas ## 2001 Pontevedra ## 2002 Pontevedra ## 2003 Pontevedra ## 2005 Compostela ## 2006 Compostela ## 2007 Compostela ## 2008 Vigo ## 2009 Vigo ## 2010 Vigo ## 2011 Vigo e Palestina ## 2012 Rivas Vaciamadrid e Lugo ## 2013 Rivas Vaciamadrid e Lugo ## 2014 San Fernando de Henares, Lugo, Rivas Vaciamadrid, Palestina e Río de Janeiro (Brasil) ## 2015 Vilagarcía de Arousa, Palestina e Bogotá (Colombia)

Web www.festiclown.org

Links de vídeo »»Resumo Festiclown 2009: https://vimeo.com/16311853 »»Resumo Festiclown 2010: https://vimeo.com/50997802 »»Gala Festiclown Palestina 2011: https://www.youtube.com/watch?v=H2u0gIE1YH4 »»Festiclown Palestina 2014. Risa, circo e utopía: https://vimeo.com/107754287 »»Festiclown Palestina 2015. Taller de percusión: https://www.youtube.com/watch?v=H2u0gIE1YH4


Culturactiva / Proxectos 2016

ESCUELA INTERNACIONAL DE LA COMICIDAD A Escola da Comicidade é un proxecto formativo ligado ao humor, ao teatro, ao clown e ao respecto á importancia da risa. É un proxecto creado e desenvolvido por Iván Prado, director do festival Festiclown, da organización Pallasos en Rebeldía e de espectáculos de compañías de teatro de todo o mundo como Os Sete Magníficos Máis Un (Galicia), Good Idea Company (Cataluña), Kanbahiota (Madrid), Traço (Brasil), Lili Castro (Brasil), Chiminigagua (Colombia) ... A Escola Internacional da Comicidade pretende ser un laboratorio capaz de xerar presenza escénica, verdade na actuación, efectividade, creatividade e comicidade. Así mesmo, pretende formar a actores e actrices para que estean preparados para convencer a calquera público en calquera espazo teatral, xa sexa rúa ou teatro. O obxectivo da Escola non é ensinar un camiño único da comicidade, senón xerar un espazo de formación e investigación que dea a oportunidade para que o actor/actriz poida atopar cal é a súa propia ruta. Ademais, busca dignificar o traballo do comediante mediante unha formación baseada na experiencia e o estudo das diferentes expresións artísticas que conforman o universo do humor e a risa a través do teatro. Todo isto conséguese traballando cos mellores formadores en humor do mundo: Leo Bassi, Pepe Viyuela, Philipp Gaulier, Ferruccio Merisi, Claudia Contin, Johny Melville ou Antón Valén son un claro exemplo do que temos entre mans.

Unha escolma de profesores de altísimo nivel, que, combinados cun gran proxecto didáctico e magníficos espazos de traballo, son os tres puntos fundamentais que a escola ofrece aos participantes e fan dela un proxecto único en canto á formación cómica.

Edicións ## 2013 Compostela. ## 2014 Rivas Vaciamadrid

Web www.escueladelacomicidad.org

Links de Vídeo »»A Escola Internacional da Comicidade na TVG: www.crtvg.es/informativos/nace-en-galicia-a-escolainternacional-da-comicidade-432676 »»Reportaxe sobre actividades da Escola Internacional da Comicidade na TVG: www.youtube.com/watch?v=ftw7PXx2Plg


Culturactiva / Proxectos 2016

MAGICLOWN MAGICLOWN, un nome que define perfectamente o que se encadra dentro deste proxecto: maxia e clown a esgalla. Magiclown nace en 2007 como unha Trobada Internacional de Màgia i Clown en Sant Josep (Ibiza) e alí estivo celebrándose con éxito ata 2013 con catro puntos de ancoraxes fundamentais: »»A Mostra Internacional, pola que discorreron os magos e clowns máis destacados do panorama internacional: Leo Bassi, Mag Lari, Magic Andreu, Elliot, Pez en Raya, Jorge Blass e un longo etcétera. »»O Formaclown, talleres de clown e maxia para profesionais e iniciados. »»O Carpaclown, a parte da programación adicada aos máis cativos. »»O Maraton de Clown e Maxia, unha aloucada e orixinal programación nocturna onde os alumnos, compañías que comezaban e espontáneos se lanzaban á pista e amosaban os seus mellores números. Magiclown é un proxecto que foi acollido e creado en común co Concello de Sant Josep de Sá Talaia e apoiado polo Consell Balear de Cultura. Está aparcado dende 2013 logo de cambios políticos na Illa e con ganas de volver a mesturar o clown e maxia dun xeito tan inesquecible.

Edicións ## 2007 a 2013 en Sant Josep de Sá Talaia (Eivissa)

Links de vídeo »»2007: https://www.youtube.com/watch?v=zYksh0XohOc&inde x=8&list=PLLYmj1aaZu9o2-aiMDwC3qtX9_0WjH4bh »»2008: https://www.youtube.com/watch?v=ki42lZkPjKA&list=P LLYmj1aaZu9o2-aiMDwC3qtX9_0WjH4bh&index=9 »»2009: https://www.youtube.com/watch?v=tSU8A03UhvA&list =PLLYmj1aaZu9o2-aiMDwC3qtX9_0WjH4bh&index=7 »»2010: https://www.youtube.com/watch?v=JFYAMGxbVNQ&in dex=6&list=PLLYmj1aaZu9o2-aiMDwC3qtX9_0WjH4bh »»2011: https://www.youtube.com/watch?v=jGChTiRymJQ&list= PLLYmj1aaZu9o2-aiMDwC3qtX9_0WjH4bh&index=5


Culturactiva / Proxectos 2016

FORO INTERNACIONAL DE CIRCO SOCIAL O Foro Internacional de Circo Social é un espazo de debate e encontro ligado a Pallasos en Rebeldía e Culturactiva. O noso obxectivo é chegar a todas as persoas interesadas en profundar, difundir e investigar as diferentes liñas de actuación, familias e filosofías que poden desenvolverse baixo a carpa imaxinaria dun movemento internacional que une creatividade e esperanza. Para Pallasos en Rebeldía, o circo é o lugar onde as utopías se transforman en humanidade a través da arte, por iso entendemos que todas as expresións do universo circense deben e poden ter unha clara vocación social. Con este proxecto xeramos estratexias e coñecementos en rede que nos permiten crear novas pontes entre o mundo do circo e a defensa dos dereitos humanos e sociais. Desde os territorios en conflito bélico ata as realidades en conflito social, pasando polos colectivos marxinados, o circo e o clown teñen centos de pistas de area nas que izar bandeiras de esperanza e futuro. O proxecto materialízase a través de mesas redondas, relatorios, talleres, actuacións e galas de circo solidario que durante catro días converten nun polvorín de ideas e historias a súa sede. Nunha versión circense da ONU dos pobos. Nun fogar para a palabra solidariedade e o verbo esperanza. É o momento de converter os soños en realidade e a realidade nun lugar máis belo e máis xusto. Estamos convocados e convocadas a facer da nosa arte un ben para o mundo e do mundo, un lugar mellor. Guíanos unha certeza: o circo é o espazo no que o imposible faise posible e o posible belo, e o belo sempre é social.

“Por un circo no que caiban todos os mundos”. Iván Prado Portavoz de Pallasos en Rebeldía e director de Festiclown

Edicións ## 2013 – Rivas Vaciamadrid ## 2016 – Sao Paulo

Web www.forointernacionaldecircosocial.org

Links »»Saúdo de Patch Adams: https://vimeo.com/100135207 »»Vídeo convite Rivas Lehm-Vinicius: https://www.youtube.com/watch?v=t1uk1BX3pUs


Culturactiva / Proxectos 2016

MUNDOCLOWN O Mundoclown é un festival de clown comprimido en formato e grande en canto a risas e repercusión nos lugares de celebración. E dicimos celebración porque iso é Mundoclown, unha festa da gargallada, do humor, do circo e da participación do público na cultura da vila ou cidade. Mundoclown é unha programación eminentemente de rúa pensada en formatos sinxelos e que cheguen ao maior número de poboación posible a través da animación, do circo, da música, do teatro e da maxia; pero mantendo no clown e no humor o seu pé de apoio fundamental.

Edicións ## 1999 Pontevedra ## 2003 Santiago de Compostela ## 2007 Vigo


Culturactiva / Proxectos 2016

GALEUZCA Festival musical

Edicións:

A música, como ferramenta artística, é un dos mellores camiños para a transmisión cultural e a defensa da diversidade. Por iso, o festival de música Galeuzca aposta por unha programación comprometida coas tendencias musicais máis representativas de Galicia, Euzkadi e Catalunya, aquelas que conforman boa parte da diversidade cultural, artística e lingüística do estado español.

## 2001 Pontevedra ## 2002 e 2003 Narón ## 2004 ata 2008 Arzúa

Partindo da música como elemento aglutinador, con esta iniciativa pretendemos crear un espazo de encontro e relación entre os nosos pobos no que difundir as nosas propostas artísticas propias, proxectando a condición plurilingüe e pluricultural do estado. Ano a ano Galeuzca deberá consolidarse como o resultado dun proceso de colaboración entre Galicia, Euzkadi e Catalunya intercambiando inquedanzas e elaborando un proxecto que contribúa a consolidalo como un espazo sólido para o intercambio cultural e a promoción das tendencias musicais máis representativas das tres rexións. Proxectos como Galeuzca resultan ambiciosos á par que vitais para garantir a pervivencia dos nosos modelos culturais no actual panorama estatal e internacional, marcados por unha globalización que limita, cada vez máis, as posibilidades das culturas minoritarias a ter voz propia. Mergullarse na historia e darlle sentido no presente ás nosas culturas a través da música, que teñen na perspectiva globalizante a necesidade dun futuro en común.

Algunhas das bandas que pasaron polo GALEUZCA: Dusminguet, Kepa Junkera, Mercedes Peón, Brams, Marful, Milladoiro, Anari, Oskorri, Berrogüetto, O Sonoro Maxín, Gossos, Liorna, Javier Muguruza, 1º Encontro Internacional de Regueifa, etc.

Proposta Festival de 1 ou 2 días en torno ás culturas Galega, Catalana e Euskera, que comprendería: »»Escenario cuberto »»Equipos técnicos (Luz, son e persoal) »»Entre 3 e 6 grupos »»Organización de obradoiros musicais, charlas, proxeccións e xogos »»Deseño publicidade


Culturactiva / Proxectos 2016

VERBENA GALEGA A festa de sempre como nunca a viches A Verbena Galega é “A Festa de sempre, pero coma nunca a viches”. Ese é o espírito deste espectáculo que lle ofrece ao público máis de cinco horas de música e baile en galego. Unha explosión de música, humor e risa no campo da festa. Trátase, no fondo, dunha revisión do concepto actual de festa/verbena para crear unha proposta única centrada, por un lado, na música de baile tradicional e, polo outro lado, na música de baile máis moderna e mestiza: ritmos latinos, pachanga, cumbia, reggae, etc. E todo coa opción de seren complementadas con diversas actividades para público infantil/familiar (actividades durante todo o día: Pasarrúas, espectáculos para público infantil/familiar de maxia, clown, circo, contacontos, etc) que, de seguro, encherán de cor calquera festa en Galicia que queira innovar e diferenciarse das demais, sendo o centro, en todo caso, a Verbena nocturna. A sesión nocturna da Verbena Galega dura cinco horas de música e baile, co denominador común da lingua galega e coa fusión da festa tradicional e moderna a un tempo. As actuacións musicais divídense en 2 pases (un de cada grupo) precedidos por un presentador/a e cunha sesión de picadiscos como peche das actuacións, todo elo cun trailer-escenario e con equipos de son-luz e persoal á altura da mellor Verbena de Galicia.

Web www.verbenagalega.org

Links »»Vídeo promocional: vimeo.com/80252964 »»Álbum Verbena Galega 2015: https://www.flickr.com/photos/enrebeldia/ albums/72157655756454806 A Verbena Galega levou a súa festa a lugares como A Coruña (Paseo Marítimo, Festas de María Pita) Lugo (Pza Santa María), Mugardos (paseo marítimo), Xeve-Pontevedra, Riveira (3 edicións, na Feira Artemar), Festas de Santa Ana, Mera (Oleiros), Ordes, etc.


Culturactiva / Proxectos 2016

GRANDES MÚSICAS CATIVAS Petit Camaleons / Pequenos Xabaríns Que é? Pequenos Xabaríns é o primeiro festival de música pensado para vós, nenos e nenas de 0 a 12 anos, e evidentemente para os/as vosos pais/nais. Vós sodes as e os auténticos protagonistas e todo está pensado e deseñado para que poidades gozar da música como debe ser: Volumes adecuados, concertos curtos, variedade de estilos e artistas cunha predisposición moi especial. Os maiores sempre teñen a ocasión de ir ver aos grupos que máis lle gustan en directo; desta vez sodes vós quen pode decidir que grupos ir ver, na compañía dos vosos pais/nais. Con vós demostraremos que toda a música pode ser infantil presentada e interpretada do xeito axeitado ás vosas idades e características especiais. Información para os pais/nais »»Os volumes non superarán os decibelios óptimos, pensando sempre en protexer a saúde auditiva das nenas e nenos. »»O acceso está aberto a todos os menores de idade que veñan acompañados por un adulto. Por outra banda, os adultos non poderán entrar se non é acompañando a algún menor. Cada menor poderá ir acompañado por un máximo de dous adultos maiores de idade e unha persoa adulta poderá acompañar un número ilimitado de menores. »»Os horarios do festival están adaptados plenamente aos horarios infantís para non alterar costumes de baños, ceas nin horas de sono. Os espazos con servizo de comidas estarán a disposición do público durante toda a xornada.

»»Os nenos e nenas non acostuman a centrar a súa atención nunha mesma cousa por un prazo de tempo demasiado longo, por iso os repertorios serán asequibles aos nenos/as e non superarán os 30 minutos de duración. Cada concerto incluirá entre 8 e 10 cancións como máximo. É preciso cambiar de espazo e de propostas constantemente e ofrecer diversas opcións para que a rapazada poida escoller a que máis lle apeteza. »»Ademais do cartel de artistas e do resto de actividades tamén haberá bandas de función pedagóxica para ensinarlles os estilos, instrumentos, xéneros e o mundo da música en xeral, co obxectivo de achegar pedagoxicamente a nenos e nenas ao mundo da música, desmarcado dos tópicos habituais da música infantil. Espazos »»2 ou 3 escenarios »»Zona de descanso »»Zona de comidas »»Zona de xogos

Links »»Promo - Blaumut: www.youtube.com/watch?v=iFVcD6HQiBo »»Promo - Ramon Mirabet: www.youtube.com/watch?v=pLsuRC9SloM »»Promo - Manel: www.youtube.com/watch?v=szdup4EPexo


Culturactiva / Proxectos 2016

FESTIVAL A MÚSICA Á RÚA A rúa é o espazo común de todos e todas, onde todo pode pasar, onde o lecer convida a deixarse levar por prazas e rúas en épocas onde o tempo acompaña e onde se presta un especial interese a aquelas propostas que acontecen nun espazo aberto no que calquera persoa, de calquera idade e condición, poida sentirse reflexada e convidada a desfrutar dun bo momento acompañado de música. Neste senso, atopamos unha chea de propostas musicais pensadas para a rúa, tanto galegas como de fóra de Galicia, así como moita facilidade á hora de adaptar propostas pensadas para escenarios e grandes producións, que sen dúbida poden formar parte, de xeito máis sinxelo e directo, dunha programación situada en prazas e rúas, que interpele á cidadanía a achegarse e participar dun evento horizontal e cheo de sorpresas. Recuperar as rúas como lugares onde a cultura flúe, onde a música transita e muda a cara das persoas ao seu paso, convidando á xente

Proposta 2-3 días de programación »»Alborada »»Sesións vermú »»Actuacións de tarde »»Regueifas »»Concertos de noite »»Equipos técnicos (Luz, son e persoal) »»Organización de obradoiros musicais. charlas, proxeccións e xogos »»Presenza de grupos locais.


Culturactiva / Proxectos 2016

TERRACTIVA Terractiva é un festival alternativo creado hai quince anos e que por desgraza segue a ser alternativo e vital. O Festival das Artes pola Biodiversidade “Terractiva” é un gran festival de carácter ecoloxista, medioambiental, multidisciplinar e interxeracional que responde a unha demanda social cada vez máis puxante e cubre un oco existente na extensa programación cultural galega. O Festival das Artes pola Biodiversidade “Terractiva” é un evento único, un festival artístico e medioambiental a un tempo exclusivo no Estado e en Galicia. Os obxectivos fundamentais deste Festival son tanto o desenvolvemento da cultura de participación para dinamizar novos espazos sociais e impulsar valores próximos ao ecoloxismo, como promover o desenvolvemento local ligado á cultura. Búscase motivar a participación da cidadanía, ademais de promover a súa concienciación no respecto ao entorno e contribuír á conservación, recuperación e mellora do medio ambiente, xa que desde o Terractiva entendemos que outra forma de estarmos no mundo é posible. A programación, ademais da súa principal actividade como feira expositiva e comercial de produtos ecolóxicos, terapias alternativas e artesanía, conta cunha fonda bagaxe de actividades: os cursos e obradoiros formativos do Formaterra, un “Altofalante” onde charlas, encontros e foros denuncian a “desfeita medioambiental” na que estamos inmersos e onde podemos atoparnos con comportamentos ecolóxicos e sostibles da man de expertos na materia e de persoas con vontade de adquirilos.

Ademais, inclúe unha parte fundamental de exhibición de artes ao vivo: música co festival Galeuzka, teatro, circo, animacións... Terractiva é un proxecto integral dunha potencia e presenza sen par no país.

Edicións ## 2000 a 2002 Narón. ## 2002 en diante Arzua.

Web www.terractiva.org

Links »»A Revista TVG 2012: http://www.crtvg.es/informativos/ arzua-celebra-a-feira-ecoloxica-terractiva-466967


Culturactiva / Proxectos 2016

PROGRAMACIÓNS VARIADAS Noites Bárbaras Programación que mestura a música e o humor creada para o Concello de Barbadás. As Noites Bárbaras conseguiron crear un novo público xuvenil, mozo e adulto que ata a súa creación non tiña cabida na programación cultural do Concello. A acollida foi incrible e as funcións contan cunha media dun 75% de ocupación de espectadores.

Imos ao Circo

Rixallas

Unha grande e ambiciosa proposta celebrada no Concello de A Coruña que chegou a máis de 10.000 espectadores en 2014. Cunha carpa de circo como centro neurálxico María Pitina contaba con obradoiros de circo, instalacións de maxia e xogos creativos, espectáculos de acrobacias aéreas e continua animación.

O proxecto que conseguiu xerar o interese do público de Santa Comba pola programación cultural e achegalos ao teatro a través do humor.

Unha proposta que marcou un novo fito na cidade. Fotoclown María Pitiña: www.flickr.com/photos/mariapitina

Rixallas parte do humor de pequeno formato para no seu camiño acadar o obxectivo de que o público xalleiro sexa un asistente estable das actividades culturais do Concello. Logo dunha grande primeira edición con cifras históricas a segunda xa está en camiño.


Culturactiva / Proxectos 2016 Vilagarcía da Risa

Menú do Humor

Vive o Castelo

A dinamización cultural a través dos cativos, das familias e do humor foi o xeito máis axeitado de comezar unha programación estable nunha vila que carecía duna oferta firme e organizada de programación. O xerme de Vilagarcía da Risa xa deu lugar á acollida do Festiclown polo Concello e a próxima estrea dun novo ciclo: O Salón Familiar.

A modo de carta gastronómica dun bo restaurante, esta innovadora proposta permítelle ao público escoller entre unha variada oferta de vertentes e xéneros teatrais que empregan o humor como ingrediente básico, nunha fin de semana que mestura calidade, diversión e provocación a partes iguais.

Unha exclusiva, variada e potente programación creada en colaboración coa Xunta de Galicia e co Xacobeo que conseguiu dinamizar un marco cunha forza incrible, o Castelo de Monterrei.

Desde o clown ata o cabaré, pasando polo novo circo ou a stand up comedy, esta programación pretende converter a cidade ou vila en cuestión nun referente a nivel galego do teatro de humor e a boa gastronomía cultural. A programación está pensada para realizarse de modo intensivo nun prazo entre 3 e 5 días de xeito que ocupemos os teatros, rúas, parques, prazas, casas de cultura e, sobre todo, o corazón e a gargallada dos asistentes.

Unha programación que superou con creces os obxectivos de público establecidos e que partía do turismo cultural e formativo con pases de visitas teatralizadas para acabar achegando o público aos máis destacados artistas do panorama galego como Uxía, Guadi Galego, Emilio Rúa, o Mago Teto, Talabarte, Paco Nogueiras ... Unha programación que conseguiu chegar dende os máis pequenos a través do circo, a música infantil e os contos, ata aos maiores a través da Uxía pasando pola mocidade de Guadi Galego, Guezos ou a elegancia de Talabarte.

Vive o Castelo

Visitas guiadas e teatr alizadas

Tr adición, música, contacontos, circo

Os xoves 23 e 30 de xullo 6, 13 e 20 de agosto desde as 20.00 h

Castelo de Monterrei

Entrada libre e capacidade limitada *Máis información e reserva de convites (para visitas guiadas e concerto de Talabarte) no enderezo electrónico: noitesnocastelo@gmail.com

Colabora:


Contrataci贸n:

981 582 836 info@culturactiva.org

www.culturactiva.org


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.