Guía uso redes sociales galicia

Page 1

GuĂ­a de comportamento en medios sociais en internet.-

GuĂ­a de comportamento en Medios Sociais en Internet Para persoal e voluntariado de Cruz Vermella EspaĂąola en Galicia



Guía de comportamento en medios sociais en internet.- 3

Introdución As comunidades teñen o poder de facer do mundo un lugar mellor. O sabemos porque Cruz Vermella Española, como todas as Sociedades Nacionais do mundo, dedícanse a iso dende a súa fundación, da que no noso caso xa van 150 anos. Mais hoxe en día as comunidades non existen só no mundo físico, se non tamén no virtual. A comunicación “on line” ten aspectos tanto positivos como negativos. Por iso, Cruz Vermella pide a todos os seus membros e voluntarios facer un uso de estes novos medios dun xeito responsable para comunicar sobre as cousas nas que somos expertos sin esquecer nin interferir o cumplimento do noso deber principal de axuda. Aínda que a comunicación de Cruz Vermella é en primeiro lugar un deber dos departamentos de Comunicación, é necesario recoñecer que todas as persoas que formamos Cruz Vermella, sinaladamente os directivos e responsables, pero tamén os traballadores e voluntariado, temos un papel e podemos contribuir aos fins da Institución co uso responsable dos medios sociais en internet. Estas pautas están feitas para axudar e tamén para protexer aos membros de Cruz Vermella e á Institución no seu uso das redes sociais. Son unha adaptación do texto “Social Media guidelines for IFRC staff”, publicada pola Federación Internacional da Cruz Vermella e a Media Lúa Vermella, traducida ao galego pola Oficina Autonómica de Cruz Vermella Española en Galicia.

Para quen son estas orientacións Se estás a empregar redes sociais como Facebook, Twitter, Flickr ou YouTube, tes o teu propio blog ou pós comentarios noutros blogs ou páxinas, esta guía é para ti. Se queres saber máis dos social media en xeral, que diferenzas existen e como podes axudar a Cruz Vemella na rede, podes pedir máis información a galicia@cruzroja.es.

“Persoal” e “privado” non é o mesmo Aínda que comunicar a través das redes sociais é un asunto persoal, é evidente que non é un asunto privado. As publicacións visibles son doadamente atopadas por enxeños de busca coma Google. E aínda que só os teus contactos poidan ver o que escribes, é posible que algún o reenvíe e o faga chegar a unha audiencia máis ampla. Por iso, unha conversa nos social media é mais un asunto público que privado.


Guía de comportamento en medios sociais en internet.- 4

Boas prácticas 1) Se un bo embaixador de Cruz Vermella É unha decisión persoal o empregar ou non as redes sociais, pero en todo momento debes ter presente que os teus coñecementos e opinión reflicten os da Institución. 2) Informa e pide axuda Se queres que o teu labor nas redes sociais axude ao noso traballo como organización humanitaria, ponte en contacto con nós (galicia@cruzroja.es) ou co teu departamento provincial de Comunicación para que te asesoren sobre como facelo. 3) Pon paixón no que contas A paixón é contaxiosa. Comparte a paixón e o afecto que tes polo noso traballo e pola xente que temos: en Galicia, en España ou no mundo, todos somos a mesma familia. 4) Emprega un aviso na túa páxina Se tes un blog ou páxina e pos nela as túas opinións, debes engadir un aviso ou “disclaimer” que deixe claro que son opinións persoais e non institucionais. En calquera caso, como membro de Cruz Vermella estás na obriga de respectar os nosos Principios Fundamentais e o noso Código de Conduta. Se na parte “sobre min” da tua páxina figuras con uniforme ou diante de símbolos ou emblemas de Cruz Vermella, debes contar coa autorización da túa Asemblea, porque dalgún xeito iso convirte o teu espazo en reflexo da Institución. Exemplo: “Os mensaxes e artigos deste sitio web son da meña autoría e non representan necesariamente as posicións, estratexias ou opinións da miña organización”

5) Pensa na prensa, na túa nai e no teu xefe Nunca digas na rede nada que non che gustaría ver no telexornal, algo sobre o que non queres que che pregunte a tua nai ou que teñas que xustificarlle ao teu xefe. 6) Engade valor En Cruz Vermella pensamos que compartir información e experiencias beneficia á toda a comunidade humanitaria e ás persoas ás que servimos. Síntete libre de compartir e comentar as túas experiencias nas nosas campañas e actividades; se os membros de Cruz Vermella somos percibidos como persoas con coñecementos e ganas de axudar, será bo para ti e para toda a nosa organización. Obviamente, usa o sentido común cando a información sexa interna ou confidencial. Se dubidas pregunta aos responsables da Institución sobre que información podes compartir.


Guía de comportamento en medios sociais en internet.- 5

Boas prácticas 7) Se hai que corrixir a algúen, atente ós feitos A Cruz Vermella é unha organización complexa que frecuentemente traballa nunha variedade de contextos tamén complexos, nacionais e internacionais. A xente ás veces non ten información axeitada , ou elixe dar informacións pouco claras. Se tes coñecemento dunha información errónea que nos afecta, sinte que te podes identificar como membro de Cruz Vermella e corrixir o erro, pero sempre cun absoluto respecto aos feitos. Normalmente á maioría da xente non lle importa ser correctamente corrixida, e incluso poden axudarnos a distribuir a información correcta. Nembargantes, se cres que alguén está a malinterpretar intencionadamente o que dis, ignórao. 8) Se o primeiro en admitir un erro Se cometes un erro, afrontao: admite e corrixe o erro. Se o fixeche nun blog, ou nova, corríxeo visiblemente: p.ex. tacha a información que non está ben e engade unha frase que explique a corrección despois, ou recolle no escrito a información errónea anterior. Exemplo: “Hoxe 4 de novembro temos 4.500 usuarios de teleasistencia, e non 45.000 como por erro escribimos inicialmente”

9) Usa o teu bo xuízo Se vas publicar algo que te fai sentir incómodo, deixao durmir un intre e pensa outra vez se iso é o que queres decir. Se a pesares diso non estás seguro e é relativo a Cruz Vermella, pide axuda ao teu departamento de Comunicación. 10) Protexe a túa privacidade Moitas webs permiten controlar quen pode ver o que publicas (Google +, Facebook…). Coñece como funcionan e asegúrate de quen queres que vexa o que pos. 11)A seguridade por riba de todo Hai que ser particularmente coidadoso cando estás contando on line se estás nun contexto operacional (unha intervención de emerxencia, p.ex). Tes que ter claro que estás a cumplir os requerimentos de seguridade establecidos pola Cruz Vermella: nunca proporciones datos relativos á operación (feridos, estado dos mesmos, riscos para a poboación...) nin consellos, porque só o deben facer as fontes autorizadas. Infórmate a través do teu referente. Non fagas nin compartas fotos ou vídeos nun contexto operacional: nin das intervencións nin dos intervintes. Nunca compartas nunha intervención fotos “turísticas”, sorrindo como si estiveses de vacacións. 12) Fálalle ao mundo e comparte cos teus colegas Non fales só de ti: comparte e felicita os éxitos dos teus colegas, compartindo as súas historias de éxito nas redes sociais. Ao final do documento poderás atopar unha llista de redes sociais de Cruz Vermella.


Guía de comportamento en medios sociais en internet.- 6

Regras e Obrigas 1) Respecta a neutralidade Non polemices sobre cuestións políticas cando te identificas como membro ou fales en nome de Cruz Vermella: é a obriga de todos os membros respectar os principios de imparcialidade, neutralidade e independencia. 2) Non uses os emblemas nin o logotipo de Cruz Vermella Non empregues os emblemas de Cruz Vermella nin o logotipo en ningunha parte do teu blog ou perfil en medios sociais. Se queres que o teu perfil sexa parte do esquema de comunicación en redes sociais da tua oficina, debes solicitar permiso á túa Asamblea. Exemplo: “CarlosR. Son coordinador local de Cruz Vermella en...”

3) Implica aos teus referentes Se tés moito interese nas redes sociais, fala co teu referente na Institución para saber cómo podes axudar sin que interfira co teu traballo habitual para Cruz Vermella. 4) Observa a política de seguridade da Institución Se estás a empregar medios técnicos da organización, non baixes nin instales programas non autorizados. Se non tes un nivel avanzado de coñecementos, fala cos responsables de Sistemas de Información ou pregunta aos teus referentes. 5) Respecta a privacidade Respecta o dereito das persoas á privacidade e non tomes fotos nen vídeos sen permiso. NUNCA o fagas nun contexto traumático, porque a xente pode autorizar sin ser moi consciente do que fai. Aínda que fagas fotos ou vídeos para uso persoal, sempre hai que respectar a dignidade das persoas implicadas: se dubidas, non fagas a foto ou vídeo. O noso traballo é pensar nos demáis e protexer ás persoas, non usar a súa imaxe. Concéntrate nas imaxes positivas. Nunca saques imaxes de menores que fagan posible a súa identificación ou a do lugar onde viven, nin etiquetes as fotos nunha rede social. 6) Se coidadoso dando datos A Cruz Vermella non conta mortos, feridos ou afectados. Esta información sempre debe vir das autoridades competentes. Se estás a escribir sobre o número de vítimas ou afectados, pon sempre unha referencia clara á fonte: p.ex. A Dirección Xeral de Interior, o Ministerio de Sanidade, etc. Os números son moi atractivos para os medios de comunicación e se non fas as referencias correctas, podes atopar un titular que diga que “Cruz Vermella afirma que hai 3.000 afectados en….” .


Guía de comportamento en medios sociais en internet.- 7

As nosas redes Hai unha presenza numerosa de Cruz Vermella na rede, pero non todas as páxinas están autorizadas e son medio de expresión de Cruz Vermella Española.

CRUZ VERMELLA ESPAÑOLA A nosa páxina principal: www.cruzroja.es Rede social propia: www.mundocruzroja.org Páxina de Facebook: www.facebook.com/CruzRoja.es Twitter: @CruzRojaEsp YouTube: www.youtube.com/user/CruzRoja CRUZ VERMELLA ESPAÑOLA EN GALICIA A nosa páxina principal: www.cruzvermella.org Páxina de Facebook: www.facebook.com/cruzvermella.org Twitter: @cruzvermella A lista das nosas páxinas oficiais na rede están no seguinte enderezo: www.cruzvermella.org/redes E as das páxinas locais no directorio da web: www.cruzvermella.org/sedes

Só son páxinas oficiais de Cruz Vermella en Galicia as que figuran recollidas na nosa web www.cruzvermella.org. Non está permitido utilizar o nome, símbolos nin emblema de Cruz Vermella a un usuario non autorizado, aínda que se especifique que é “non oficial”. Se queres orientacións en concreto de empregar axeitadamente a imaxe de Cruz Vermella nas túas redes, ponte en contacto con nós en galicia@cruzroja.es.

Se queres colaborar con nós no voluntariado dixital, escríbenos a: galicia@cruzroja.es


© Cruz Vermella Española en Galicia. Información: galicia@cruzroja.es R/ Cruz Roja Española, 1, A Coruña (Spain) Teléf (034) 902 222 292 O presente documento está baseado en “Social media guidelines por IFRC staff”, publicado pola Federación Internacional de Sociedades da Cruz Vermella e a Media Lúa Vermella

Medidas para afectados por la crisis— Página 8


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.