Memoria 2017 Ourense

Page 1

MEMORIA 2017 OURENSE



Índice 1. A Institución. Misión e Visión . . . . . . . . . . . . . . 5 2. Resumo de actividade . . . . . . . . . . . . . . . . . . 6 3. Voluntariado e formación 3.1. Voluntariado . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 8 3.2. Formación . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 10 4. Proxectos e actividades 4.1. Extrema vulnerabilidade . . . . . . . . . . . . . . 12 4.2. Plan de emprego . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 16 4.3. Persoas maiores . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 20 4.4. Infancia e familia . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 24 4.5. Persoas con capacidades diferentes . . . . . . . . 26 4.6. Traballos en beneficio da comunidade . . . . . . . 28 4.7. Saúde e socorros . . . . . . . . . . . . . . . . . . 29 4.8. Cruz Vermella Xuventude . . . . . . . . . . . . . . 34 4.9. Medio ambiente . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 38 4.10. Cooperación internacional . . . . . . . . . . . . . 40 5. Xestión económica 5.1. Fontes de financiamento . . . . . . . . . . . . . . . 42 5.2. Destino dos fondos . . . . . . . . . . . . . . . . . . 45 5.3. Agradecementos . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 47 6. Comité Provincial . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 49 7. Principios Fundamentais . . . . . . . . . . . . . . . . 50


Misión Estar cada vez máis preto das persoas vulnerables nos ámbitos nacional e internacional, a través de accións integradas, realizadas por voluntariado e cunha ampla participación social e presenza territorial.

Visión Cruz Vermella Española, como organización humanitaria e voluntaria arraigada na sociedade, dará respostas integrais ás persoas vulnerables, dende unha perspectiva de desenvolvemento humano e comunitario, reforzando as súas capacidades individuais no seu contexto social.

4


1

A Institución

MEMORIA

2017

ourense

O 2017 foi un ano de intenso traballo para Cruz Vermella, marcado pola atención ás persoas en situación de vulnerabilidade, e moi especialmente polo esforzo para ampliar o número de prazas de acollida para persoas solicitantes de protección internacional ou asilo. Nestas páxinas, tentamos resumir o noso labor dende os distintos proxectos. Son tantas as vidas, as historias que coñecemos, as mans tendidas polo voluntariado a persoas que precisan apoio, que as cifras non poden máis que facernos reflexionar sobre a importancia da axuda dos nosos cómplices: os socios/as, as empresas e entidades colaboradoras, as administracións públicas, e a cidadanía ourensá, sempre solidaria, sempre disposta a dicir Si á Cruz Vermella. Por iso aproveito esta fiestra para dar de novo as grazas a todas as persoas que co seu Si, co seu compromiso, dan esperanza e novas oportunidades a quen as precisa.

Felipe Ferreiro Feijóo Presidente Provincial de Cruz Vermella en Ourense

5


2

Resumo de actividade

Calidade A implantación da calidade nos proxectos de Cruz Vermella susténtase na norma ISO 9001, contando coa certificación ONG Benchmarking.

Cada ano contamos con mecanismos de control que garanten o cumprimento do Código de Conduta e bo goberno da nosa organización.

6

Transparencia A Institución está suxeita á Lei de Subvencións e ao control das Administracións Públicas. Ademais cada ano realiza unha auditoría externa das contas; un exame a través do que a empresa Price Waterhouse & Coopers garante a eficacia e transparencia da xestión económica.


MEMORIA

2017

ourense

4.119

PERSOAS VOLUNTARIAS

9.577

4.737 SAÚDE E SOCORROS

SOCIOS /AS

16.050 INTERVENCIÓN SOCIAL

11.524 CRUZ VERMELLA XUVENTUDE

1.264

3.248

EMPREGO

FORMACIÓN

370 COOPERACIÓN INTERNACIONAL

Contamos con 37.213 participantes nos nosos programas. Moitas das persoas atendidas precisaron axuda dende distintos proxectos para cubrir as súas necesidades, recibindo unha atención integral, de forma individual ou en grupo.

TOTAL

37.213 PARTICIPANTES

7


3

Voluntariado e formación 3.1 Voluntariado

Foto de familia en Allariz do Encontro Provincial de Voluntariado, no que Cruz Vermella en Maceda foi a asemblea anfitrioa. 8

Contamos co compromiso de 4.119 persoas voluntarias: persoas que din Si á igualdade de oportunidades, persoas comprometidas que están alí onde alguén precisa apoio para continuar o camiño da vida. v o l u n ta r i a d o e f o r m a c i ó n

No 2017, sumáronse 232 persoas aos diferentes proxectos que a Institución desenvolve na provincia de Ourense.


MEMORIA

2017

ourense

As persoas voluntarias son solidarias e traballadoras, xente xenerosa que regala o seu tempo e valía, ben sexa en tarefas administrativas como acompañando a maiores que viven sós, ou debuxando un sorriso a nenos e nenas que necesitan que lles devolvan a ilusión” Natalia Fernández Díaz Directora Provincial de Voluntariado

Humanidade Imparcialidade Neutralidade Independencia Voluntariado Unidade Universalidade

9


3.2 Formación

Co Plan de Formación que desenvolvemos durante o 2017 capacitamos ao voluntariado e persoal laboral para a realización do seu labor. Tamén aprendemos a persoas vulnerables a afrontar con garantías de éxito a súa situación. Outros cursos diríxense ao conxunto da sociedade, especialmente os relativos aos primeiros auxilios e a educación infantil.

Curso sobre a Diplomacia Humanitaria como ferramenta para reducir a vulnerabilidade social.

10

v o l u n ta r i a d o e f o r m a c i ó n


MEMORIA

2017

ourense

FORMACIÓN PARA A INTERVENCIÓN

49 495

FORMACIÓN PARA A POBOACIÓN EN XERAL

96 873

CURSOS ALUMNADO

DESENVOLVEMENTO INSTITUCIONAL

43 345

TOTAL

188 1.713 11


4

Proxectos e actividades 4.1 Extrema vulnerabilidade

Traballo das emocións con persoas en situación vulnerable a través dos disfraces de emoticonos na celebración do Entroido interxeracional.

12

Como consecuencia dunha situación continuada de alta precariedade, moitas persoas precisan axuda para cubrir as súas necesidades básicas: vivenda, os recibos

p r ox e c to s e a c t i v i d a d e s

básicos, a alimentación, a medicación etc. O desemprego é un factor determinante, aínda que non o único.


MEMORIA

2017

ourense

O 65% das persoas atendidas nesta área foron mulleres de entre 35 e 49 anos. Traballamos para dar unha resposta “ integral ás necesidades das persoas e para aumentar a súa resiliencia. É fundamental aprender a adaptarnos a novas situacións con valentía e de forma positiva” Paula Casado Técnica do proxecto de Benestar persoal e activación social

2.755 persoas recibiron 6.183 prestacións económicas e de bens, apoio psicosocial de forma individual ou grupal e formación en obradoiros sobre aforro doméstico, consumo responsable ou autoconfianza. No 2017, acollemos a 71 persoas refuxiadas ou solicitantes de asilo na comarca de Valdeorras e na cidade de Ourense, no marco do proxecto de Protección Internacional que desenvolvemos en coordinación co Ministerio de Emprego e Seguridade Social.

Un proxecto específico deu apoio a mulleres vítimas de violencia ou en situación de especial dificultade, no que participaron 86 mulleres. Ademais, 37 mulleres formaron parte do programa de Atención y Protección a las vítimas de la violencia de xénero (ATENPRO).

Dende o proxecto Sen teito ou Atención a Persoas sen fogar atendéronse a 321 persoas sen fogar, transeúntes ou en situación de grave risco de exclusión social. A Unidade de Emerxencia Social fixo de xeito periódico 69 saídas diúrnas e nocturnas, nas que se realizaron 266 atencións a persoas que precisaban bebidas quentes, mantas, sacos de durmir, luvas, etc.

13


2017 SEGUNDA FASE

131.623,84 kg 78

Entidades

5.116

Persoas beneficiarias na provincia

2017 PRIMEIRA FASE

90.451,50 kg 2016 TERCEIRA FASE

78

Entidades

5.311

Persoas beneficiarias na provincia

132.734,40 kg 76

Entidades

4.999

Persoas beneficiarias na provincia

Comprobación técnica dos produtos do Programa de Axuda Alimentaria.

Cruz Vermella distribuíu os alimentos do Programa 2017 de Axuda Alimentaria (FEAD) entre 78 entidades colaboradoras e directamente a 414 beneficiarios/as dos programas da Institución.

14

ATENCIÓN URXENTE A NECESIDADES BÁSICAS

PRESTACIÓNS DO CHAMAMENTO

PROXECTO

ATENCIÓN INTEGRAL A PERSOAS SEN FOGAR (UES)

INTERVENCIÓNS

4.654

5.066

5.131

322

1.582

786

PERSOAS ATENDIDAS


MEMORIA

2017

ourense

Reunión coas entidades municipais para coordinar a atención a persoas refuxiadas no Centro Cívico Colón, en Ourense.

APOIO NA PREVENCIÓN DA EXCLUSIÓN ESCOLAR EN TEMPOS DE CRISE

PREVENCIÓN DA EXCLUSIÓN RESIDENCIAL

BENESTAR PERSOAL E ACTIVACIÓN SOCIAL

INTEGRACIÓN DE INMIGRANTES

ACOLLIDA E INTEGRACIÓN DE PERSOAS SOLICITANTES E BENEFICIARIOS DE PROTECCIÓN INTERNACIONAL

ACOLLIDA, ATENCIÓN E ASESORAMENTO A MULLERES EN SITUACIÓN DE PRECARIEDADE

ATENPRO

611

422

3.387

3.143

4.100

901

391

396

125

179

329

71

86

40 15


4.2 Plan de emprego

Acto de recoñecemento ás empresas colaboradoras de Cruz Vermella no marco do proxecto Reto Social Empresarial: Alianzas.

Dende os proxectos desta área centrámonos en axudar ás persoas con maiores dificultades e máis afastadas do mercado laboral, co obxectivo de aumentar a súas posibilidades de acceder a un emprego tras un proceso formativo, de orientación e mellora das súas habilidades persoais. Ademais ampliamos de xeito significativo o número de colaboracións do tecido empresarial ourensán en materia de responsabilidade social, especialmente a través da sensibilización para eliminar estereotipos e prácticas discriminatorias no ámbito laboral.

16

p r ox e c to s e a c t i v i d a d e s

As mulleres en risco de exclusión social aglutinan barreiras específicas que as distancian máis do emprego que aos homes, co engadido de que en moitas ocasións son elas quen sosteñen as economías familiares a través dos seus ingresos” María Iglesias Técnica do Plan de Emprego


MEMORIA

2017

z 40 + 60 z 37 + 63

ourense

60,4 %

63 %

NACIONALIDADE ESPAÑOLA

MULLERES

39,6 %

37 %

NACIONALIDADE ESTRANXEIRA

HOMES TOTAL PARTICIPANTES

1.264 Moito máis que un traballo

Achegamos oportunidades laborais a 1.264 persoas

Melloramos a calidade de vida a través da inserción laboral de 235 persoas

Traballamos con 312 empresas en materia de responsabilidade social e igualdade de oportunidades

17


Prácticas non laborais de alumnado do curso de actividades de comercio.

ITINERARIOS INTEGRAIS PARA PERSOAS DE DIFÍCIL INSERCIÓN

ITINERARIOS INTEGRAIS INTENSIFICADOS PARA PERSOAS DE MOI BAIXA EMPREGABILIDADE

ITINERARIOS INTEGRAIS DE ACCESO AO EMPREGO: PRIMEIRAS OPORTUNIDADES LABORAIS CON XÓVENES

ITINERARIOS LABORAIS A TRAVESO DA R.S.C. INCORPORA

MEDIDAS ESPECÍFICAS DE ACCESO AO EMPREGO: APRENDER TRABALLANDO PARA XÓVENES DE GARANTÍA XUVENIL

MEDIDAS ESPECÍFICAS DE ACCESO AO EMPREGO: ACTIVACIÓN, ORIENTACIÓN E ACOMPAÑAMENTO SOCIOLABORAL XÓVENES DE GARANTÍA XUVENIL. PULSA EMPREGO

16.073

8.111

9.793

7.811

4.089

4.920

203

75

75

93

21

45

18


MEMORIA

2017

ourense

Campaña de sensibilización “As etiquetas só para os produtos” en hostelería e na XXI Feira de Artesanía de Ourense.

MEDIDAS ESPECÍFICAS DE ACCESO AO EMPREGO: FORMACIÓN PARA O EMPREGO CON XÓVENES DE GARANTÍA XUVENIL

PROXECTO DE MOTIVACIÓN PARA O EMPREGO DE MULLERES INMIGRANTES: SARA

MEDIDAS ESPECÍFICAS PARA O ACCESO AO EMPREGO: EMPREGA REDES

INFORMACIÓN LABORAL

ESPAZOS DE BUSCA ACTIVA DE EMPREGO

MERCADOS INCLUSIVOS PARA A INSERCIÓN LABORAL: RETO SOCIAL EMPRESARIAL EN MATERIA DE INSERCIÓN: ALIANZAS

4.089

2.688

2.384

28.811

12.139

1.380

21

32

38

567

236

325 19


4.3 Persoas maiores

Saída lúdico-cultural coas persoas maiores.

Os proxectos do programa de persoas maiores deron resposta ás múltiples necesidades dos usuarios/as. Cada vez presentan maior idade media, polo que aumentan as súas demandas de acompañamentos en domicilio e ao médico, sen diminuír as actividades de promoción da saúde ou tempo de lecer. Durante o 2017 chegamos a 4.293 persoas maiores entre os distintos proxectos, ampliando a cobertura dos nosos servizos ás zonas rurais máis despoboadas.

20

p r ox e c to s e a c t i v i d a d e s

Con actividades complementarias como xerontoximnasia, informática, pintura ou bailes de salón, fomentamos un envellecemento activo que permita evitar illamentos innecesarios, mellorando así as súas relacións sociais e calidade de vida. Ademais, mediante a metodoloxía de Proximidade Local, as nosas chamadas achegáronlle ás persoas maiores información de interese de carácter preventivo e socio-sanitario, como as campañas “Vaga de Frío/Calor”, ou a campaña de vacinación da gripe.


MEMORIA

2017

ourense

Paseo saudable na celebración do 8 de maio, Día Mundial da Cruz Vermella.

F 21 + 79 +65 ANOS

79 %

TOTAL PARTICIPANTES

4.293

MULLERES

21


Saída lúdico-cultural ao Balneario de Laias.

PROXECTO

INTERVENCIÓNS

PERSOAS ATENDIDAS

22

APOIO TEMPORAL A FAMILIAS CON PERSOAS MAIORES AO SEU CARGO

CENTRO DE DÍA

AXUDA A DOMICILIO COMPLEMENTARIA

PROMOCIÓN DO ENVELLECEMENTO SAUDABLE: SAÚDE CONSTANTE

2.261

39.474

5.075

10.071

155

43

609

604


MEMORIA 2016 ourense

Charla en Xinzo de Limia de prevención de timos e roubos no marco do Plan Maior Seguridade.

REDE SOCIAL PARA PERSOAS MAIORES: ENRÉDATE

ATENCIÓN A PERSOAS CON FUNCIÓNS COGNITIVAS DETERIORADAS

TELEASISTENCIA DOMICILIARIA

12.802

10.147

23.609

896

461

1.414

Xogos tradicionais nunha actividade interxeracional, en colaboración co CIFP Portovello.

23


4.4 Infancia e familia

Sesión formativa do programa “Avós e avoas educadores/as” nun Centro Sociocomunitario da Xunta de Galicia.

24

A infancia en situación de vulnerabilidade ou pobreza é unha prioridade para nós: dende distintos proxectos ofrecemos alternativas e fórmulas de convivencia que propician un clima de maior estabilidade. Dende o programa de Familias Acolledoras da Xunta de Galicia, que xestiona Cruz Vermella, atopouse un fogar temporal para 45 menores que por diferentes motivos non podían vivir coa súa familia biolóxica.

p r ox e c to s e a c t i v i d a d e s

No Centro de Día de Menores de Verín, 13 nenos e nenas de entre 3 e 17 anos recibiron todas as atencións e coidados diarios que necesitaban: manutención, vestiario, material escolar, traslados ao centro educativo, actividades lúdicas, apoio escolar e familiar. Ata o mes de xuño, xestionamos o proxecto Familias Monoparentais do Concello de Ourense, no que 14 menores recibiron atención no seu domicilio e/ou na ludoteca, para facilitar a vida laboral e familiar das súas nais.


MEMORIA

2017

ourense

Actividade de sensibilización sobre Acollemento Familiar no Centro Comercial Ponte Vella.

PROXECTO

INTERVENCIÓNS

PERSOAS ATENDIDAS

ATENCIÓN FAMILIAS MONOPARENTAIS CON FILLOS/ AS MENORES A CARGO (ATA XUÑO)

ACOLLEMENTO FAMILIAR

AVÓS E AVOAS EDUCADORES

CENTRO DE DIA DE MENORES DE VERÍN

363

1.794

305

517

14

207

37

13 25


65+35F

4.5 Persoas con capacidades diferentes

PARTICIPANTES NOS PROXECTOS

Xornada de Xogos Populares en Ribadavia.

Dende Cruz Vermella axudamos a promover, manter ou restablecer a autonomía e independencia de persoas con limitacións funcionais. Durante o 2017, realizouse o transporte adaptado, dun xeito diario na meirande parte dos casos, de 54 persoas con mobilidade reducida a centros de rehabilitación, de estudo, de ocio ou simplemente para a realización de pequenas xestións que non poderían facer por si mesmas. Ademais, 66 persoas recibiron en préstamo andadores, muletas, cadeiras de rodas, grúas, camas articuladas, etc.

26

p r ox e c to s e a c t i v i d a d e s

63+37F

63 %

65 % MULLERES PARTICIPANTES NOS PROXECTOS

+65 ANOS

No Ribeiro, 16 persoas con capacidades diferentes participaron no obradoiro de ocio e tempo de lecer que busca a súa óptima integración social. Quincenalmente realizáronse accións formativas, actividades educativas e lúdicas, que se complementaron con excursións e saídas culturais a Mondoñedo ou á praia das Catedrais, entre outras. No primeiro trimestre do ano, continuamos traballando no Carballiño con 20 persoas con capacidades diferentes na mellora da súa autonomía e autoestima. Un proxecto que contou co apoio do Fondo Social Europeo, da Xunta de Galicia, da Asociación Aspadisi e os Servizos Sociais do Concello do Carballiño.


MEMORIA

2017

ourense

Excursión á praia das Catedrais (Lugo), de persoas con capacidades diferentes, voluntariado e persoas maiores da asemblea do Ribeiro.

PROXECTO

INTERVENCIÓNS

PERSOAS ATENDIDAS

PRÉSTAMO DE PRODUTOS DE APOIO

TRANSPORTE EN VEHÍCULOS ADAPTADOS

TELEASISTENCIA DOMICILIARIA

OCIO E TEMPO DE LECER NO RIBEIRO

APOIANDO A PERSOAS CON CAPACIDADES DIFERENTES NO CARBALLIÑO

127

11.838

280

316

-

66

54

31

16

20 27


4.6 Traballos en beneficio da comunidade

En colaboración con Servizos Sociais Penitenciarios, facilitamos a realización de traballos en beneficio da comunidade a persoas que cumpren condena, preto do seu domicilio e mantendo o seu emprego. En total, 114 persoas beneficiáronse desta medida durante o 2017 nas asembleas de Ourense, Monterrei, O Carballiño, Valdeorras, O Ribeiro e Maceda. Colaboraron en distintas áreas: acompañando a persoas maiores, facilitando tarefas administrativas ou axudando na organización de actividades. Tralo período establecido, en moitos casos os participantes manifestaron a súa satisfacción por ter realizado unha tarefa útil e de axuda a persoas que a necesitan. Ademais, una vez coñecido o labor do voluntariado, e sentíndose acollidos na organización, catro persoas sumáronse como voluntarias á Cruz Vermella. No Programa de intervención, sensibilización e reeducación en competencias sociais (PROBECO) participaron 9 homes. O proxecto é unha aposta pola reinserción, a través de sesións grupais semanais dirixidas por unha psicóloga. No proxecto Conta contigo fixemos un traballo de sensibilización sobre drogodependencias con 10 persoas, no marco dos programas penitenciarios en beneficio da comunidad 28

p r ox e c to s e a c t i v i d a d e s

55 % TRABALLOS EN BENEFICIO DA COMUNIDADE * Idade media

F 45 + 55 +14F

86

<40 ANOS

114

HOMES

86%

TRABALLOS EN BENEFICIO DA COMUNIDADE

TRABALLOS EN BENEFICIO DA COMUNIDADE

PROBECO

CONTA CONTIGO

2.869

32

21

95

9

10


MEMORIA

2017

ourense

4.7 Saúde e socorros

Saúde Para mellorar a saúde e a calidade de vida da poboación promovemos hábitos e estilos de vida saudables, así como condutas e actuacións de prevención de accidentes de tráfico, domésticos e de ocio. No 2017 contamos con 3.652 participantes en 141 charlas ou actividades de rúa, dirixidas á poboación xeral. As redes sociais convertéron-

se tamén nunha canle de información directa, e as publicacións relativas a diversos aspectos da saúde tiveron un alcance de 12.499 visitas. Nas distintas intervencións en relación coa atención e prevención da transmisión de VIH traballouse con 268 persoas, que de forma individual ou grupal recibiron atención socioeducativa, información ou apoio psicolóxico. 29


No Centro Penitenciario do Pereiro de Aguiar, 144 persoas reclusas participaron no proxecto de diminución de consumo de drogas a través de actividades educativas, deportivas e terapéuticas en grupo e de forma individual. O proxecto atendeu aos internos con perfil máis complexo debido á cronificación da súa problemática de consumo, combinada con frecuencia con patoloxías de tipo psiquiátrico. A necesidade de abordar ambas cuestións simultáneamente, para poder obter resultados positivos, fixo que a intervención requirira un maior tempo de evolución e unha maior profundidade das actuacións. Co apoio de Obra Social “la Caixa” desenvolvemos o proxecto Coidando d@s nos@s maiores na contorna rural en 40 concellos de menos de 10.000 habitantes: 76 charlas e actividades interxeracionais sobre hixiene do soño, alimentación saudable, actividade física e outras cuestións de interese.

Campaña de prevención do VIH na Universidade de Vigo.

PROXECTO

INTERVENCIÓNS

PERSOAS ATENDIDAS

30

DIMINUCIÓN DE CONSUMO DE DROGAS NO C. P. PEREIRO DE AGUIAR

PREVENCIÓN DE VIH CON POBOACIÓN INMIGRANTE

PROMOCIÓN DE SAÚDE

1.231

399

1.136

144

240

3.257


MEMORIA

2017

ourense

Apoio á Campaña de Vacinación Fronte á Gripe.

PREVENCIÓN DE ACCIDENTES E DE TRÁFICO

ENFERMIDADES TRANSMISIBLES (RESPIRATORIAS)

ATENCIÓN INTEGRAL A PERSOAS CON VIH EN SITUACIÓN DE VULNERABILIDADE

PREVENCIÓN DE ENFERMIDADES NON TRANSMISIBLES

-

300

299

9

26

324

28

294 31


Socorros Un dos obxectivos principais dos servizos preventivos terrestres é prestar unha atención de urxencia a unha persoa en situación de risco vital en menos de 4 minutos. Durante o 2017 Cruz Vermella realizou 113 servizos preventivos en distintos actos na provincia de Ourense, maioritariamente de carácter deportivo e lúdico, nos que participaron voluntarios/as. Voluntariado ourensá da ERIE Psicosocial participou no dispositivo posto en marcha en As Neves tralos incendios forestais rexistrados no mes de outubro nas provincias de Pontevedra, Ourense e Lugo. Ademais, ofreceuse apoio ás persoas e familias afectadas por estes incendios en Carballeda de Avia e Melón, en colaboración cos concellos da comarca.

Demostración de primeiros auxilios no Paseo pola Saúde de Ourense.

PROXECTO

SERVIZOS

PERSOAS ATENDIDAS

32

p r ox e c to s e a c t i v i d a d e s

SERVIZOS PREVENTIVOS TERRESTRES

113 305


MEMORIA

2017

ourense

Doazรณn dunha ambulancia de Soporte Vital Bรกsico e visita institucional de Manuel Baltar, presidente da Deputaciรณn de Ourense.

33


4.8 Cruz Vermella Xuventude

Campamento celebrado en Cangas co apoio de Obra Social “la Caixa”.

Dende o programa de intervención e inclusión social de Cruz Vermella Xuventude, traballamos con 440 nenos e nenas de 6 a 18 anos procedentes de familias con escasos recursos económicos, exclusión social ou que se atopan vivindo nun entorno marxinal, familias desestruturadas, monoparentais ou en proceso de ruptura familiar, así como familias afectadas pola continua crise socioeconómica. O proxecto de Promoción do Éxito Escolar desenvolveuse en todas as asembleas comarcais de Cruz Vermella na provincia de Ourense, e o de Inclusión Social (INN) en Praza 200 e Barrocás, grazas á colaboración das asociacións de veciños dos barrios.

34

p r ox e c to s e a c t i v i d a d e s

Grazas ao programa Xoguetes para educar 616 rapaces e rapazas da provincia recibiron xoguetes educativos, non bélicos e non sexistas. Nesta campaña foron especialmente importantes as achegas de empresas, particulares e Obra Social “la Caixa”. No CHUO, 1.353 nenos e nenas hospitalizados compartiron con voluntariado de Cruz Vermella xogos e obradoiros para facer máis agradable o seu ingreso, en colaboración con Obra Social “la Caixa” e o seu proxecto de Cibercaixas.


MEMORIA

2017

ourense

Educación para a saúde Educación en dereitos Humanos e dereitos da Infancia

Prevención do VIH-SIDA e outras enfermidades transmisibles

Educación viaria

Sensibilización e Prevención

Información e sensibilización ambiental

Sensibilización e prevención de violencia de xénero

Prevención de accidentes e primeiros auxilios Prevención de condutas violentas

Coeducación e educación non sexista

35


Celebración do XX aniversario das actividades da Asociación de Veciños As Termas, onde se desenvolveron proxectos de inclusión social para nenos/as e adolescentes.

PROXECTO

INTERVENCIÓNS

PERSOAS ATENDIDAS

36

Visita ao Castro de San Cibrao de Las.

EDUCACIÓN E PREVENCIÓN DO VIH-SIDA E OUTRAS ENFERMIDADES TRANSMISIBLES

SENSIBILIZACIÓN E PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO

EDUCACIÓN PARA A SAÚDE

PREVENCIÓN DE CONDUTAS VIOLENTAS

COEDUCACIÓN E EDUCACIÓN NON SEXISTA

EDUCACIÓN VIAL, PREVENCIÓN DE ACCIDENTES E PRIMEIROS AUXILIOS

1

38

83

87

46

18

110

1.862

2.388

1.788

1.191

592


MEMORIA

2017

ourense

Actividades con motivo do 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres.

Nenos/as que participaron no Sorteo Especial de Lotería Nacional a favor de Cruz Vermella Española.

INCLUSIÓN SOCIAL PARA NENOS E NENAS EN RISCO DE EXCLUSIÓN SOCIAL

PINEO

CIBERCAIXAS

XOGUETES PARA EDUCAR

OCIO E TEMPO LIBRE

PROMOCIÓN DO ÉXITO ESCOLAR DE NENOS E NENAS EN DIFICULTADE SOCIAL

INFORMACIÓN E SENSIBILIZACIÓN AMBIENTAL

EDUCACIÓN EN DEREITOS HUMANOS E DEREITOS DA INFANCIA

1.673

29

248

548

3.874

27.230

7

9

44

5

1.353

616

160

391

259

24 37


4.9 Medio ambiente

As condicións ambientais inciden de maneira especial na saúde física e mental das persoas, polo que un medio ambiente san que procure unha vida saudable e produtiva ha de ser considerado como unha das condicións que facilitan a vida humana, e por tanto, como unha necesidade básica para o desenvolvemento persoal e colectivo. 38

p r ox e c to s e a c t i v i d a d e s

Dende Cruz Vermella Ourense fomentamos a defensa do medio ambiente mediante accións de sensibilización para lograr un mellor equilibrio entre o home/muller e a natureza a fin de mellorar a situación das persoas máis vulnerables, fomentando un desenvolvemento sustentable


MEMORIA

2017

ourense

Charla sobre os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, incluída no programa de actividades do Día Mundial da Cruz Vermella.

PROXECTO

INTERVENCIÓNS

PERSOAS ATENDIDAS

PROMOCIÓN DE CONDUTAS RESPECTUOSAS CO MEDIO AMBIENTE

8 279 39


4.10 Cooperación internacional

No marco dos “Cafés con cooperantes”, Manuela Cabero, Vicepresidenta de Cruz Vermella Española, explicou o seu labor como médica nun dos campos de refuxiados de Grecia.

No eido da cooperación internacional, Cruz Vermella dirixiu o seu labor a atender á poboación máis vulnerable en países empobrecidos, en guerra ou tras un desastre natural. En Ourense traballamos para achegar á cidadanía estas realidades e as nosas actuacións no exterior. Dende o proxecto de Educación para o Desenvolvemento buscamos crear unha conciencia social e unha cidadanía comprometida na construción dun mundo máis xusto e solidario. De aí que enfoquemos gran parte dos nosos esforzos na organización de charlas en centros escolares ou asociacións, centradas especialmente nos Obxectivos 40

p r ox e c to s e a c t i v i d a d e s

de Desenvolvemento Sostible e o Dereito Internacional Humanitario. Tamén as redes sociais supuxeron neste apartado unha canle fundamental para achegar distintas campañas a 49.816 persoas. Ademais destinamos o 1% do orzamento provincial ao Fondo de Cooperación, que dirixiu a maior parte dos fondos ao fortalecemento da resposta ante desastres de sociedades nacionais africanas, e ao fortalecemento da Delegación de Cruz Vermella Española en Colombia.


MEMORIA

2017

ourense

Traballo sobre o Dereito Internacional Humanitario con alumnado da ESO na asemblea de Ourense, con motivo do Día Escolar da non violencia e a Paz.

PROXECTO

INTERVENCIÓNS

PARTICIPANTES

EDUCACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO

13 370 41


5

Xestión económica 5.1 Fontes de financiamento

Sorteo de Lotería Nacional a favor de Cruz Vermella Española con Javier Senent, Presidente Nacional e Carmen Colmeiro, Presidenta Autonómica.

42

Para realizar o noso labor, contamos co apoio de administracións públicas, fundacións, obras sociais, socios/as, colaboradores/as, voluntarios/as e a sensibilidade da cidadanía ourensá, que amosou a súa solidariedade en distintos eventos como as Andainas Solidarias do Sorteo de Ouro ou concertos de iniciativa privada. xestión económica

Ademais contamos coa colaboración de persoas de distintos campos das artes e medios de comunicación, de empresas e particulares que aportaron o seu saber á organización de eventos a beneficio da nosa Institución.


MEMORIA

2017

ourense

45.127,84 €

1,30 %

COTAS SOCIOS/AS

890.198,59 €

25,60 %

SORTEO DE OURO

238.637,50 €

6,86 %

FONDO SOCIAL EUROPEO

249.585,78 €

7,18 %

SUBVENCIÓNS ESTADO

899.555,31 €

25,87 %

DOAZÓNS

217.144,46 €

6,24 %

SUBVENCIÓNS DEPUTACIÓN

40.548,43 €

1,17 %

SUBVENCIÓNS CONCELLOS

44.399,25 €

1,28 %

SUBVENCIÓNS PRIVADAS

173.793,34 €

5,00 %

PRESTACIÓNS SERVIZOS

525.642,67 €

15,12 %

OUTROS INGRESOS

152.521,98 €

4,39 %

3.477.155,15 €

100,00%

SUBVENCIÓNS XUNTA

Presentación do Sorteo de Lotería Nacional a favor de Cruz Vermella Española.

Colaboración do humorista Luis Piedrahita co Sorteo de Ouro.

43


Colaboración do dúo Canela Cafuné.

Colaboración do músico Iván Ferreiro.

Colaboración da Fundación Real Madrid.

44

xestión económica


MEMORIA

5.2 Destino dos fondos

LOITA CONTRA A PROBREZA E A EXCLUSIÓN SOCIAL

COOPERACIÓN INTERNACIONAL

1,17 %

2017

ourense

COOPERACIÓN NACIONAL

1,87 %

7,52 % VOLUNTARIADO

PERSOAS MAIORES

4,09%

31,26 %

FORMACIÓN

3,51 % MULLER, INMIGRANTES, REFUXIADOS E OUTROS COLECTIVOS DESFAVORECIDOS

CAPACIDADES DIFERENTES

4,07 %

8,11 % SAÚDE E SOCORROS

EMPREGO

18,30 %

1,98 % INFANCIA

10,60 %

CRUZ VERMELLA XUVENTUDE

TOXICOMANÍA E VIH

2,10 %

5,42 % 45


46

xestiรณn econรณmica


MEMORIA

2017

ourense

5.3 Agradecementos

Queremos dar as grazas ás administracións públicas, fundacións, obras sociais, a todos os seus socios/as, colaboradores/as, voluntarios/as e entidades de diversa índole que fixeron posible o noso labor social durante o ano 2017: Goberno de España, Xunta de Galicia, Deputación de Ourense, Fondo Social Europeo, Concello de Ourense, Concello A Gudiña, Concello de Viana, Concello de Riós, Concello de A Mezquita, Concello Vilariño de Conso, Concello do Carballiño, Concello de Celanova, Mancomunida de Celanova, Concello de Maceda, Concello de Allariz , Concello de O Barco de Valdeorras, Concello de A Rúa, Concello de Ribadavia, Concello de Cenlle, Concello de Verín, Concello de Cualedro, Concello de Monterrei, Concello de Xinzo de Limia, Vicerreitoría de Ourense – Universidade de Vigo , Centro Cultural Marcos Valcárcel, Teatro Principal, Espazo Lusquiños, Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense, CHUO, Centro Médico El Carmen, Obra Social La Caixa, CEO , Asociación de Empresarios do Polígono de San Cibrao, Cámara de Comercio de Ourense, Centro Comercial Aberto Ourense Centro, Centro Comercial Aberto Couto Centro, Centro Comercial Pontevella, Grupo Coren, Grupo Cuevas, Urbanos de Ourense, La Región, La Voz de Galicia – edición Ourense, Faro de Vigo – edición Ourense, Telemiño, CRTVG,

RTVE, SER Ourense, Onda Cero Ourense, Cadena Cope Ourense, Radio Líder Ourense, Radio Exterior, Ourense por Barrios, Juguettos, Croco Toys, Televisión Local do Carballiño, Imgrafor, Helbagraf, Prosoda, Asociación de Comerciantes do Carballiño, Asociación de Comerciantes do Ribeiro, Be One, Balneario de Laias Caldaria, Grupo de Teatro El Cercano, Tanito, Centro de Danza Miriam, Estilo Libre, Naviera Mar de Ons , Parque Nacional Marítimo Terrestre de las Illas Atlánticas de Galicia, Frutas Mavaz, Panadería Roberto Rivela, Ilustre Colexio Oficial de Médicos de Ourense, Ilustre Colexio de Avogados de Ourense, Asociación Cultural e Deportiva Vía XVIII, Xavier Vaz e IES Blanco Amor, Estrella Galicia, Bodegas Gallegas, Sousas, Cabreiroá , Correos, Carrefour, Froiz, Gadis, Vegalsa, A Ponte Club de Fútbol, Clínica Dental Floreano Vázquez Taín, Clínica Dental Mª del Mar Casares Gándara, Opticalia, Óptica Diagonal, Anpián, Gestoría Marcelino Díaz, Don Franque, Fisiourense, Arreglos Amorín, SEUR, Aceites Abril, Hotel Princess, Centros educativos da provincia, farmacias da provincia… e moitos máis. 47


48

comitĂŠ provincial


6

Comité Provincial

MEMORIA

2017

ourense

Presidente D. Felipe Ferreiro Feijóo Vicepresidentes/as D. Francisco González Soto Dna. Margarita Cobián Llamas Dna. Nora Sola Fernández Presidentes/as comarcais D. Modesto Ojea Feijóo Cruz Vermella no Carballiño D. José Antonio Vázquez Vázquez * Cruz Vermella en Terra de Celanova D. Antonio Fernández Fernández Cruz Vermella en Maceda D. Gonzalo Hervera Mené * Cruz Vermella en Monterrei D. Clodomiro Montero Centrón ** Cruz Vermella no Ribeiro D. Maximino Alonso Alejandre Cruz Vermella en Valdeorras Dna. Pilar Vega Sánchez Cruz Vermella en Viana, Conso-Frieiras Secretaria Provincial Dna. Sofía García-Iturri Tosar Coordinadora Provincial Dna. Marisa Visitación López Casero

Vogais electos D. David González Gándara D. Jacinto González Gándara Dna. Patricia Susana Marcos Nicora Dna. Blanca Romero García Dna. Mari Carmen Janeiro Vences D. Pablo Mosquera Otero D. José María Rosell García D. Manuel Campos Taboada D. Amancio Isidro Lameiras Movilla Dna. Mercedes Milagrosa García D. Daniel Freiría Rodriguez D. Miguel Ángel Estévez Valle Dna. Mª Esther Cruz Rodríguez Vogais designados D. Héctor González Menor Cruz Vermella Xuventude Dna. Marisol Díaz Mouteira Xunta de Galicia D. Rosendo Luis Fernández Fernández Deputación de Ourense D. Manuel Arias Carral Subdelegación do Goberno de España Dna. Sofía Godoy Gómez-Franqueira Concello de Ourense

* En funcións ** Delegado especial 49


7

Principios Fundamentais

Imparcialidade Neutralidade

Humanidade O Movemento Internacional da Cruz Vermella e da Media Lúa Vermella, ao que deu nacemento a preocupación de prestar auxilio, sen discriminación, a todos os feridos nos campos de batalla, esfórzase, baixo o seu aspecto internacional e nacional, en previr e aliviar o sufrimento dos homes en todas as circunstancias. Tende a protexer a vida e a saúde, así como a facer respectar á persoa humana. Favorece a comprensión mutua, a amizade, a cooperación e unha paz duradeira entre todos os pobos.

Non fai ningunha distinción de raza, relixión, Co fin de conservar a confianza de todos, condición social nin credo político. Adícase o Movemento abstense de tomar parte nas unicamente a socorrer ás persoas na proporhostilidades e, en todo tempo, nas controción cos sufrimentos, remediando as súas versias de orde política, racial, relixiosa necesidades e dando prioridade ás máis ou ideolóxica. urxentes.

Neutralidade Co fin de conservar a confianza de todos, o Movemento abstense de tomar parte nas hostilidades e, en todo tempo, nas controversias de orde política, racial, relixiosa ou ideolóxica.

50

p r i n c i p i o s f u n d a m e n ta i s


MEMORIA

2017

ourense

Independencia O Movemento é independente. Auxiliar dos poderes públicos nas súas actividades humanitarias e sometidas ás leis que rexen os países respectivos, as Sociedades Nacionais deben, non obstante, conservar unha autonomía que lles permita sempre actuar de acordo cos Principios do Movemento.

Carácter voluntario É unha institución de socorro voluntario e de carácter desinteresado.

Unidade En cada país só pode existir unha Sociedade Nacional da Cruz Vermella ou da Media Lúa Vermella, que debe ser accesible a todos e estender a súa acción humanitaria á totalidade do territorio.

Universalidade O Movemento Internacional da Cruz Vermella e da Media Lúa Vermella, no cal todas as Sociedades Nacionais teñen os mesmos dereitos e o deber de axudarse mutuamente, é universal.

51


Directorio: OURENSE 988 22 24 84 Rúa Díaz de la Banda, 40 32004 ourense@cruzroja.es

MACEDA 988 46 31 16 Vicente del Bosque, 14 32700 maceda@cruzroja.es

O CARBALLIÑO 988 27 30 42 Rúa Rosalía de Castro, 1. 1º D 32500 carballino@cruzroja.es

O RIBEIRO 988 47 71 86 Casa da Cultura - Avda. Redondela s/n 32400 ribadavia@cruzroja.es

TERRA DE CELANOVA 988 45 14 38 Estrada de Mourillós, 8 32800 celanova@cruzroja.es

MONTERREI 988 41 09 78 Praza da Merced, 16 32600 verin@cruzroja.es

VIANA, CONSO-FRIEIRAS 988 22 21 00 Ed. Multiusos - Rúa Beato Sebastián Aparicio 32540 A Gudiña - gudina@cruzroja.es

VALDEORRAS 988 32 71 95 Casa Río Cigüeño - A Veiguiña, 5 32300 O Barco valdeorras@cruzroja.es XINZO DE LIMIA 988 46 25 41 Ed. Servizos Sociais - Avda. Ourense, 19 32630 xinzo@cruzroja.es

Coa colaboración de:


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.