Félix Rodríguez de la Fuente

Page 1

FÉLIX RODRIGUEZ DE LA FUENTE (1928 – 1980)


BIOGRAFÍA Félix Samuel Rodríguez de la Fuente (Poza de la Sal, provincia de Burgos, 14 de marzode 1928 – Shaktoolik, Alaska, 14 de marzo de 1980), coñecido como Félix Rodríguez de la Fuente, foi un famoso naturalista e realizador de documentais para radio e televisión: “El Hombre y la Tierra” abrangueu eidos como a cetraría e a etoloxía, destacando no estudio e convivencia con lobos. A súa repercusión non foi só a nivel nacional se non tamén internacional e as súas series de televisión foron vistas por varios centos de millóns de persoas. Morreo en Alaska, Estados Unidos ao

accidentarse a aeronave que os transportaba

mentras realizaban unha filmación aérea para un dos seus documentais. O seu pai non era partidario dunha escolarización demasiado temperá e ocupouse el mesmo de educar aos seus fillos na casa. A aficción de Félix pola natureza lévao a convertirse nun grande coñecedor da zooloxía e nunha das súas excursións campestres, comeza o seu gusto pola cetraría. En 1946, comeza a estudiar medicina. O primeiro ano só aprobou as tres asignaturas máis fáciles. Foi tamén un grande afeccionado ao deporte. En 1957 gradúase en estomatoloxía en Madrid. Durante dous anos exerce como odontólogo, aínda que sempre a media xornada para poder seguir adicándose diariamente á cetraría. En 1964 publica o seu primeiro libro “El arte de la cetrería”.


SALTO Á FAMA En 1962 é encargado polo goberno español para capturar halcóns peregrinos e ofrecérllelos ao rei de Arabia Saudita. En outubro de 1964 organiza as “Xornadas Internacionais de Cetraría”. Comezou a colaborar no programa “Fin de Semana” onde, nun breve espazo de uns cinco minutos cada dúas semanas, fala de caza, pesca, excursionismo e temas relacionados cos animais en xeral. En 1966 iniciouse en TVE o espazo “Televisión Escolar” e Félix foi o encargado da clase de zooloxía. Consegue rodar o seu primeiro documental “Señores del espacio” adicado á cetraría. En 1967 comeza a escribir artigos na revista “Blanco e Negro”. Comeza a súa etapa de viaxes e expedicións. Estos éxitos permítenlle adicarse a outra das súas paixóns , o estudio dos lobos. Tras recoller en 1965 a dous lobetos que salvou de morrer polos golpes duns campesinos nunha aldea, en colaboración coa súa muller, criounos e consegueu convertirse no lobo alfa, o xefe da manda. Comeza así a divulgar o que consideraba “a verdade do lobo”, nunha época na que era un animal perseguido e acosado por considerárselle o enemigo das persoas. En 1966 dirixe e presenta a película “Alas y garras” da que tamén é guionista. En 1968 encárgaselle un plan inédito en España: empregar aves rapaces para o control das aves potencialmente perigosas nos aeroportos.

ASPECTOS POLÉMICOS Félix Rodriguez de la Fuente tivo críticas pola filmación da morte de animais para os seus documentais aínda que a súa intención fora concienciar a un país da importancia do equilibrio ecolóxico. Valeuse da morte de animais para salvar a especie e os seus ecosistemas. Tamén foi criticado pola súa forte personalidade, que lle levaba a esixir a ás persoas coas que traballaba que mantiveran o mesmo nivel de traballo ca el. Sin embargo, os defensores desta forma de traballo sosteñen que si non se tivera feito así serían imposibles de conseguir tales imaxes no planeta e que en calquera caso os animais troquelados non sofrían ningún tipo de dano.

Nenos e nenas de 5º, Coñecemento do Medio.



Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.