A electricidade paso a paso.

Page 1

A ELECTRICIDADE PASO A PASO

O

norteamericano Benjamin Franklin estaba obsesionado con atrapar a enerxía natural que desprendían os raios. Un día de tormenta en 1752 Franklin demostrou que os raios eran unha manifestación da electricidade, para elo ocorreúselle atar unha chave de ferro a un papaventos, nunha noite de tormenta. Un raio alcanzou o papaventos e cargou a chave de electricidade; así, ao tempo que inventaba o pararraios, tamén podía demostrar que a enerxía eléctrica pódese atrapar.

A partir deste descubremento o científico Alessandro Volta conseguiu fabricar a primeira pila no ano 1800. Esa primeira pila consistía nunha base de madeira con tres barras de vidrio verticais, que deixaban un espazo entre si; alí dentro íanse colocando un disco de cobre, outro de cinc… e así ata formar unha torre de discos. Por primeira vez o ser humano conseguía producir electricidade. Anos máis tarde, no 1881, o estadounidense Thomas Edison inventou un dos obxectos que máis cambiaron a vida do ser humano, a lámpada eléctrica.


UN CIRCUÍTO ELÉCTRICO Un circuito eléctrico está formados por varios elementos conectados entre si,polos que circula a corrente eléctrica.

PARTES DUN CIRCUÍTO ELÉCTRICO: Xerador: é a parte do circuito que produce a corrente eléctrica. Cables: transmiten a corrente eléctrica desde un xerador a todas as partes do circuito eléctrico. Lámpadas ou motores eléctricos: transforman a corrente eléctrica que lles chega en luz,movemento,en calor,en son… Interruptores: permiten controlar cando circula a corrente eléctrica e cando non.


TIPOS DE XERADORES Pilas: son os xeradores máis simples. Baterías recargables: son tan sinxelas como as pilas só que se poden recargar. Células ou paneis fotovoltaicos: aproveitan a luz e transfórmana en corrente eléctrica. Alternadores e dínamos: producen a corrente eléctrica grazas ao xiro dun aparello.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.