Cluster Alimentario de Galicia

Page 1


Que e por que o Clúster Alimentario En Galicia temos un gran potencial con algúns dos mellores alimentos e bebidas do mundo, asociados a valores como a calidade, a variedade, a exquisitez ou a tradición. O Clúster Alimentario de Galicia é unha asociación liderada e dinamizada polas empresas produtoras e transformadoras de alimentos e bebidas, traballando xunto con centros tecnolóxicos, universidades e outros axentes relacionados co sector, coa finalidade de aproveitar todo o noso potencial para acadar o máximo impacto. Porque cremos que cunha adecuada organización, repensando as nosas relacións e estruturas, e executando accións conxuntas seremos máis competitivos nos mercados nacionais e internacionais. Ao desenvolver unha visión e aplicala, podemos acadar un crecemento real nos próximos anos, facéndonos máis rendíbeis e sustentábeis. Mais temos ambicións maiores, construír o valor intanxible dunha marca, asociada a Galicia, que sexa recoñecida e valorada internacionalmente como de excelencia en alimentos e bebidas.

Galicia


innovación Como imos facer iso?

O Clúster Alimentario de Galicia vai proporcionar liderado, pensamento estratéxico e aproximarase á xente. O noso traballo será observar o panorama xeral, analizar os mercados, anticipar tendencias e establecer prioridades e estratexias de posicionamento no mercado. Imos impulsar a cooperación, con acordos, redes e alianzas comerciais entre as empresas e proxectos conxuntos con outros axentes. Ademais fomentaremos a internacionalización do sector.


Que hai para vostede? No Clúster Alimentario de Galicia ímoslle proporcionar información sobre o mercado, presentalo aos socios potenciais da cadea de valor e a novos clientes a nivel nacional e internacional. Impulsaremos tamén o desenvolvemento tecnolóxico, a innovación e a formación. Ademais presentarémoslle a súa empresa á administración e aos medios de comunicación.

marketing

E os nosos clientes? O Clúster Alimentario de Galicia quere construír boas relacións cos nosos clientes, que reciban mensaxes consistentes que poidan transmitir aos consumidores, sobre a calidade dos nosos produtos. Precisamos entendernos mellor para obter maior proveito da cadea de subministración e das súas oportunidades.


tradición Onde están as oportunidades? Os nosos puntos fortes son a calidade das nosas materias primas e produtos. Sabemos tamén que os consumidores están cada vez máis interesados en produtos de maior calidade, con orixe auténtica e que contribúan a súa saúde e benestar. Hai oportunidades para explorar eses puntos fortes no mercado e novas oportunidades nos mercados internacionais.


O noso liderado O liderado do Clúster Alimentario de Galicia basearase en transformar visións e plans en accións, atopando os medios, enerxía e talento, para desenvolver novas ideas e crear solucións prácticas aproveitando as oportunidades. Para iso agruparemos todos os recursos e competencias dos principais axentes públicos e privados, póndoos a traballar nun obxectivo común, de xeito máis efectivo. Ademais, de xeito colectivo, poderemos converternos nun verdadeiro lobby, exercendo máis influencia.

calidade


internacionalización Como imos traballar? O traballo Clúster Alimentario de Galicia será executado segundo un plan estratéxico común a todo o sector, por unha xunta reitora composta por un grupo de directivos da industria e representantes das principais organizacións que teñan un papel importante no sector alimentario. Tamén por un número de comisións empresariais que acheguen ampla experiencia e saber facer no sector, e grupos de traballo que executen accións cooperativas.


Impreso en papel reciclado - Deseña: ekinocio comunicación - Imprime: Imprime Copynino

Para máis información contacte co Clúster Alimentario de Galicia vía a nosa web: http://clusteralimentariodegalicia.org ou no enderezo electrónico: info@clusaga.org


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.