PREVENCIÓN DE ACCIDENTES NA CLASE DE EDUCACIÓN FÍSICA

Page 1

2012

PREVENCIÓN DE ACCIDENTES NAS SESIÓNS DE EDUCACIÓN FÍSICA CEIP SILLEDA fran 10/01/2012

Accións encamiñadas a minimizar os riscos de accidente nas actividades motrices


PREVENCIÓN DE ACCIDENTES NA CLASE DE EDUCACIÓN FÍSICA

1-Os alumnos/as esperarán sentados na aula á chegada do mestre de educación física.

2-Unha vez chegue o mestre os alumnos formarán en ringleira de forma ordenada evitando carreiras e empuxóns, procedéndose a identificación dos nenos ausentes e comprobando que os presentes teñan o material preciso para a práctica físico-deportiva (calzado e atuendo axeitado)

3-Procuraremos a comunicación diaria co titor/a para sinalar calquera incidencia que teña que ver coa saude dos nenos/as

4-A baixada ao ximnasio será en silencio (respetando aos compañeiros que están a traballar nas súas aulas) e despacio, aproximados ao pasamáns, sen asomarse a súa beira e evitando levar obxetos que poidan caer (botellas de auga, calzado deportivo…etc.), nese lado.


5-O derradeiro de cada grupo quedará encargado de pechar ao xeito a porta de entrada do edificio escolar evitando a fuga de calor.

6-A entrada no ximnasio será de forma tranquila e ordenada, evitando carreiras e empurróns, limpando o calzado na alfombra habilitada a tal fin, aqueles que o precisen poderán ir ao baño e os que traían calzado para cambiar faranno nos vestiarios, deixando dito espacio libre de obstáculos no chan (abrigos, zapatos e mochilas enriba dos bancos). En ambolos dous espacios (baños e vestiarios) non proceden xogos ou actividades que non sexan as anteriormente mencionadas.

7-A xuntanza inicial para comenzar a sesión será na raia blanca no centro do ximnasio, onde esperaremos a incorporación dos alumnos procedentes de baños e vestiarios. Esta espera será no caso do 1º ciclo , cos alumnos sentados tranquilamente e os do 2º e 3º ciclos facendo os exercicios de quencemento explicados no seu momento.


8-Os alumnos escoitarán con atención e en silencio as explicacións do mestre sobre as actividades e xogos a realizar en cada sesión. En cada un deles daremos instruccións sobre as conductas inapropiadas que poidan ocasionar danos ou percances a eles mesmos ou aos compañeiros.

9-En cada actividade ou xogo que propoña o mestre especificaremos o material que utilizaremos, e será o mestre quen o reparta no 1º ciclo e se habilitarán alumnos/as encargados no 2º e 3º ciclos.

10- O uso do material se realizará para a finalidade prefixada polo mestre e nunca co obxectivo de danar, golpear ou perxudicar físicamente aos compañeiros ou a un mesmo.

11-En todas as actividades nos bancos suecos, espalieiras ou material susceptible de desprazamentos en altura se tomarán medidas específicas que irán encamiñadas a amortiguar posibles caídas.


12-Nas actividades comentadas anteriormente o mestre permanecerá no espazo próximo onde se executa dita actividade para prestar as axudas precisas en cada momento.

13- En consecuencia do comentado nos apartados 10, 11 e 12, dende comenzo de curso os alumnos/as serán advertidos dos riscos que conlevan o uso inadecuado de certos espazos e materiais.

14- Nos xogos e tarefas motrices propostas quedan excluidas aqueles comportamentos agresivos ou violentos tanto física como verbalmente.

15-En calquera momento das sesións de educación física os nenos/as que teñan algún tipo de molestia, lesión ou malestar físico deberá comunícalo ao mestre, quen actuará en consecuencia según a valoración da gravidade do incidente reseñado.


16-Ao final da sesión voltarán á aula adoitando os mesmos comportamentos que os sinalados no comenzo da sesión.

17- O incumprimento de calquera dos puntos reseñados anteriormente acarreará a exclusión temporal da actividade ou sesión da que se trate.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.