PLAN ESPECÏFICO DE XORNADA CONTINUA

Page 1

CEIP SILLEDA Rúa da Estación Nº 2 36540 Silleda PONTEVEDRA

WEB: Htpp://www.edu.xunta.es/centros/ceipsilleda/ CORREO ELECTRÓNICO ceip.silleda@edu.xunta.es TlF: 986580096 FAX: 986580096


DATOS DO CENTRO: DENOMINACIÓN DO CENTRO SOLICITANTE: Ceip Silleda ENDEREZO R/ Estación Nº2 36540 Silleda – Pontevedra TELÉFONO/FAX: 986580096 CORREO ELECTRÓNICO ceip.silleda@edu.xunta.es WEB Htpp://www.edu.xunta.es/centros/ceipsilleda/ NIVEIS EDUCATIVOS: - Educación Infantil: 6 unidades (2 unidades por cada nivel) - Educación Primaria: 12 unidades (2 unidades por cada nivel) NÚMERO DE ALUMNOS/AS ESCOLARIZADOS (Curso 2011/2012) Educación Infantil 3 anos _____ 36 4 anos _____ 47 5 anos _____ 26

TOTAL: 109


Educación Primaria 1º_________ 47 2º_________ 43 3º_________ 37 4º_________ 36 5º_________ 28 6º_________ 36 TOTAL: 227 TOTAL DE ALUMNOS/AS: 336 NÚMERO DE ALUMNOS/AS TRANSPORTADOS Educación Infantil: 71 Educación Primaria: 178 TOTAL: 249 NÚMERO DE ALUMNOS/AS USUARIOS DO COMEDOR ESCOLAR: Prazas de comedor: 346 Alumnos/as comensais: 316 30 prazas están cubertas con persoal da comunidade educativa (cociñeiras, encargada do comedor, directora, coidadora, mestres e nais colaboradoras).

HORARIO QUE SE PROPÓN Xornada lectiva: de 9:00h. as 14:00h Comedor escolar: de 14:00h. a 15:00h. Saída do transporte: as 15:15h. Horario de actividades extraescolares: de 15:30h a 17:30h.


INTRODUCCIÓN Este proxecto xurde como resposta á crecente demanda de numerosas familias e do profesorado do centro, que solicita unha modificación no horario escolar, na procura dun mellor aproveitamento das horas de maior rendemento escolar,favorecendo a conciliación da vida familiar, procurando un horario que favoreza unha xestión educativa a longo prazo, unha estabilidade no profesorado do centro así como unha continuidade na labor docente, na xestión administrativa e na organización do servizo de comedor.

PROCESO DE IMPLANTACIÓN DA XORNADA ÚNICA: O procedemento para a autorización, nas escolas de educación infantil e primaria, dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, da implantación da xornada lectiva, en sesión única de mañá queda regulado na Orde do 29 de maio de 2008 (DOG do venres, 6 de Xuño de 2008). REQUISITOS:  Acordo favorable por maioría dos tres quintos do claustro.  Acordo favorable por maioría dos tres quintos do consello escolar.  Informe favorable do Servizo de Transportes da delegación provincial.  Acordo favorable do 58% do total do censo das nais, pais ou titores legais do alumnado (computarase, a efectos de censo, a nai ou o pai ou un dos titores legais).  Plan específico de actividades extraescolares.


XUSTIFICACIÓN DA PETICIÓN CONTINUADA EN HORARIO DE MAÑÁ

DE

XORNADA

A xustificación para a solicitude de xornada continuada baséase nos seguintes argumentos:  Consideramos que o rendemento dos alumnos/as en horario de mañá é notablemente superior ó que se consigue durante o horario de tarde. As horas da mañá aseguran un mellor rendemento académico, cun maior nivel de atención e motivación, con máis capacidade de concentración e rendemento intelectual.  O número de horas lectivas non varía e seguirá sendo de 25 horas semanais. O único cambio consiste en alongar a xornada de mañá.

 A formación integral dos alumnos/as verase favorecida ao incrementarse a oferta de actividades extraescolares ou participar noutras dacordo cos seus intereses cunha maior disponibilidade horaria.  O alumnado sentirase menos canso, xa que no horario da tarde as actividades serán sempre voluntarias e se realizarán nun ambiente distendido.  Os alumnos/as contarán con máis tempo para o estudio e a tarefa persoal, fundamental para mellorar o seu rendemento escolar.

 Por último, queremos sinalar que nos últimos anos esta xornada está sendo implantada en moitos centros escolares da nosa Comunidade de forma positiva. Neste centro contamos co apoio do Claustro do profesorado, do Consello Escolar, así como dunha porcentaxe ampla das familias do noso alumnado.


OBXETIVOS: _ Mellorar o rendemento académico do alumnado, aproveitando o horario de mañá para desenvolver as materias do currículo. _ Favorecer a formación, ofertando actividades complementarias nas que participarán dacordo cos seus intereses e aptitudes. _ Optimizar a utilización das instalacións escolares. _ Complementar o traballo das aulas nun entorno diferente, máis distendido e flexible, onde o alumno/a teña a posibilidade de facer no centro aquelas actividades coas que máis disfruta. _ Posibilitar a relación de amizade e cooperación entre os alumnos/as, xa que comparten actividades polas que teñen afinidade e nas que van a colaborar. _ Ofertar actividades acordes cos intereses manifestados tanto polas familias como polos alumnos/as. _ Favorecer a colaboración entre pais/nais, alumno/a e profesorado. _ Propiciar a mellora xeral da calidade do ensino público mellorando aspectos curriculares, metodolóxicos e didácticos. _ Favorecer a formación permanente do profesorado en horario de tarde. _ Asegurar a continuidade na organización actual do servizo de comedor. _ Favorecer a estabilidade do profesorado no centro asegurando a continuidade de proxectos como Voz Natura, o Plan de Bibliotecas,… e


calquera outro proxecto desenvolvemento.

que

requira

continuidade

para

o

seu

ESPECÍFICOS: _ Posibilitar o estudo persoal do alumnado, segundo os criterios da psicoloxía evolutiva, facilitándolles o tempo necesario para a asimilación e interiorización do seu propio traballo. _ Facilitar a organización do tempo por parte das familias das alumnos e alumnas, e do profesorado, evitando as perdas deste derivadas dos desprazamentos sistemáticos ao Centro pola mañá e pola tarde, favorecendo o incremento da convivencia familiar. _ Posibilitar o descanso do alumnado máis pequeno despois de xantar. _ Aumentar o tempo dispoñible do alumnado para participar nas actividades de educación non formal ofertadas polo Concello e bisbarra (escola de música, escolas deportivas, actividades extraescolares, escolas de idiomas,….), permitindo adiantar o inicio destas e facilitando que o alumnado dispoña de tempo suficiente para realizar as súas tarefas escolares así coma tempo libre para o ocio. _ Facilitar o paso ao instituto habituando aos alumnos e alumnas á xornada única. _ Optimizar a tarefa do profesorado nos períodos non lectivos, ao dispor dun tempo máis axeitado para planificar o seu traballo, asistir a reunións, cursos de perfeccionamento, atender aos pais e nais,… repercutindo favorablemente na práctica docente e na elaboración de materiais. _ Aproveitar mellor todos os recursos e infraestructuras dos que dispón o Centro.


_ Dinamizar o uso da Biblioteca Escolar ao permanecer aberta fóra do horario lectivo, facilitando a lectura, estudo, xogos educativos… estando vixiadas por profesorado do Centro. _ Igualar o horario do centro con outros dentro da provincia e do entorno, favorecendo a igualdade de oportunidades para todos os escolares, sen que se sintan perxudicados. En calquera caso garantirase: 1. As 5 horas lectivas. 2. O funcionamento dos servizos ofertados na actualidade: Transporte Escolar e Comedor Escolar coa xestión actual e colaboración do profesorado. 3. O funcionamento do Centro coas xuntanzas de Equipos e Departamentos, así coma a atención a pais e nais. Ademais: o Distribúe máis equitativamente o tempo de docencia de todas as áreas. o A Biblioteca estará aberta de 15:30 a 17:30h. o O alumnado disporá tamén nese mesmo horario de biblioteca dun espazo de estudio asistido por profesorado do centro. o O Concello, a Anpa e o Centro promoverá actividades xa dende ás 15:30h., favorecendo a participación maioritaria de todo o alumnado.

XORNADA ESCOLAR E HORARIOS En Educación Infantil e Primaria as sesións de clase e recreos distribuiránse do seguinte xeito: _ 9:00 a 9:55: 1ª sesión _ 9:55 a 10:50: 2ª sesión _ 10:50 a 11:45: 3ª sesión _ 11:45 a 12:15: recreo


_ 12:15 a 13:10: 4ª sesión _ 13:10 a 14:00: 5ª sesión _ 14:00 a 15:30: comedor _ 15:30 a 17:30: tempo para as actividades extraescolares. Neste período de tempo sempre haberá profesorado do Centro.

HORARIO DO CENTRO XUÑO – SETEMBRO

Horario: de 9:00 a 14:00 horas Comedor: de 14:00 a 15:30 horas

OUTUBRO – MAIO

Horario: de 9:00 a 14:00 horas Comedor: de 14:00 a 15:30 horas Extraescolares: de 15:30 a 17:30 horas. A partires das 17:30 horas continuaranse ofertando actividades dentro do programa “Cascarón” que está a desenvolver o Concello ata as 21:00 horas.

INSTALACIÓNS DO CENTRO O Centro cederá parte das instalacións para poder desenvolver todas as actividades programadas, como xa ven realizando en cursos anteriores.

ACTIVIDADES DO PROFESORADO Ademais do seu horario lectivo (de 9:00 a 14:00 horas) todos os docentes do Centro completarán o seu horario con horas de adicación exclusiva.


Todas as tardes haberá presenza de profesorado do Centro das 15:30 ás 17:30 horas. A tarde dos Martes, reuniráse todo o Claustro, en horario de 15:30 a 17:30 horas ca seguinte distribución horaria: * de 15:30 a 16:30 horas: reunións do Equipo de Orientación, Comisión Pedagóxica, Equipo de Normalización Lingüística, Equipo de Actividades Extraescolares e Complementarias, Claustro e o Consello Escolar e reunións de ciclo. * de 16:30 a 17:30 horas: horario semanal de titoría para a atención a consultas individuais por parte dos pais sobre temas relacionados cos seus fillos.. As outras catro tardes da semana organizaránse as quendas para que sempre haxa profesorado no Centro, que ostentará a representación oficial do Centro, supervisará as actividades extraescolares e manterá en funcionamento a Biblioteca Escolar para préstamo de libros e uso da mesma, así como da aula de Informática para o uso do alumnado.

ACTIVIDADES VINCULADAS CO PROFESORADO Para poder levar a cabo as actividades extraescolares que se oferten precisaremos a axuda do Concello e da Anpa. O desenvolvemento destas actividades no impedirá a realización de actividades propias do profesorado (reunións, atención a pais, claustros, etc.) nin a participación en cursos ou seminarios de formación permanente. Todo o profesorado está implicado no desenvolvemento das actividades, de xeito que todos os días da semana se oferten actividades en horario de 15:30 a 17:30 horas.


ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES QUE SE PROPOÑEN Segundo a proposta de horario, as tardes empregaranse para realizar actividades extraescolares. Posibilitarase ao alumnado a libre elección das mesma, ao fin de fomentar a súa autonomía, liberdade e participación, factores primordiais para acadar resultados satisfactorios. Estas actividades terán carácter formativo, non sendo indispensables para lograr obxetivos curriculares. Relacionaránse con ámbitos culturais. Estarán abertas para todo o alumnado do Centro, algunhas realizaránse por cursos ou niveis, para adaptarse aos intereses dos alumnos. Poderán ser impartidas por monitores dependentes de outras institucións. A elección de asistencia a estas actividades será libre e voluntaria, pero unha vez elexidas, debe existir un compromiso por parte das familias no que atinxe á asistencia dos seus/súas fillos/as. As actividades extraescolares que inicialmente se programan poden sufrir modificacións, tanto no seu horario como na súa oferta, dependendo da colaboración das diferentes institucións, así como da demanda, xa que cada actividade funcionará a partir dun número mínimo de alumnos/as.


ACTIVIDADES CENTRO

LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

VENRES

ORGANIZADAS

POLOS

ACTIVIDADE Biblioteca Ludoteca Actividades de estudo Aula de informática Biblioteca Ludoteca Actividades de estudo Aula de informática Biblioteca Ludoteca Actividades de estudo Aula de informática Biblioteca Ludoteca Actividades de estudo Aula de informática Biblioteca Ludoteca Actividades de estudo Aula de informática

MESTRES

PREZO Gratuíta

Gratuíta

Gratuíta

Gratuíta

Gratuíta

DO


ACTIVIDADES ORGANIZADAS POLA ANPA A Anpa do colexio tamén ofertará unha serie de actividades encamiñadas o desenrolo integral do noso alumnado e que se especifican a continuación: ACTIVIDADE Inglés Pandeireta Fútbol sá Psicomotricidade Teatro Manualidades

PREZO

18€ + iva

A distribución no horario semanal destas actividades, así como o seu desenvolvemento estará supeditado a propia matrícula do alumnado e os grupos que se establezan.


ACTIVIDADES ORGANIZADAS POLO CONCELLO O Concello, coma en anos anteriores, seguirá a ofertar actividades para todo o alumnado.

LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

VENRES

ACTIVIDADE Natación Patinaxe Canguraxe Fútbol Kung-fu Baile Moderno Baloncesto Canguraxe Canguraxe Equitación Tenis Kung-fu Baile Moderno Ballet Canguraxe Fútbol Patinaxe Natación Canguraxe Fútbol Equitación

PREZO 15€ 15€ Max. 60€* 20 € 20€ 15€ 15€ Max. 60€* Max. 60€* 15€ 20€ 20€ 15€ 20€ Max. 60€* 20€ 15€ 15€ Max. 60€* 20€ 15€

*O servizo de Canguraxe terá un prezo máximo de 60€ e que irá en decrecemento segundo a renda da unidade familiar.


Escola de Música Municipal de Silleda, 1 Irmán Linguaxe Musical + instrumento............. 360 € ( 40 €/mes ).Só Linguaxe Musical……………………. 180 € ( 20 €/mes ).Só instrumento........................................... 270 € ( 30 €/mes ).Só música e movemento……………….... 225 € ( 25 €/mes ).-

2 ou máis irmáns Linguaxe Musical + instrumento............. 297 € ( 33 €/mes ).Só Linguaxe Musical……………………. 135 € ( 15 €/mes ).Só instrumento........................................... 216 € ( 24 €/mes ).Só música e movemento…………………. 198 € ( 22 €/mes ).-

Familia numerosa = 20,00 €. Instrumento a maiores = 11,00 €/mes Gaita = conxunto (15€/mes).- individual (20€/mes).Guitarra = conxunto (15€/mes).-


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.