Revista curso 2013 14

Page 1

C.E.I.P MELIDE Nยบ1 CURSO 2013-2014


NOS TODOS

e

i

índice

..

EDitorial nós todos

educación infantil

-3 anos..........................................................4 a11 -4 anos........................................................12 a 15 -5 anos........................................................17 a 20

educación primaria

-1º .............................................................22 a -2º .............................................................26 a -3º .............................................................28 a -4º A ..........................................................38 a -4º B .........................................................40 a -5º .............................................................46 a -6º .............................................................50 a -aula de inglés ...........................................52 a

COORDINACIÓN: EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA COLABORACIÓN: OS MESTRES E ALUMNOS DO C.E.I.P Nº1 DESEÑO E MAQUETACIÓN: DU-AS DESEÑO GRÁFICO

2

2013/2014

25 27 33 39 45 49 51 53

Prezada comunidade educativa do CEIP Melide Nº1: Os alumnos e Mestres damos fin a esta fermosa viaxe polo curso 2013-2014. Queredes que vos contemos que lugares visitamos e que foi o que máis nos gustou? Pois veredes, collemos o avión o 11 de setembro e levounos cara ao Magosto, que festexamos, coma todos os anos, cos xogos típicos organizados polo profe José. Dende alí, un autobús cargado de actividades deixounos moi preto, no Samaín, onde celebramos a chegada do Aninovo Celta cunha exposición no vestíbulo de manualidades con motivos típicos destas datas. O mesmo bus levounos cara ao Nadal co seu concurso de postais e cun concerto de panxoliñas e improvisacións teatrais no que participamos todos. Xa entrados no 2014, subímonos ao tren da Paz e, repartindo apertas de balde para todo o que se puxera por diante, apeámonos no Entroido. Os mecos Sonia Bolechas e Wertus animáronnos a deixar a vergonza na casa e a transformar por completo o noso aspecto. Foi moi divertido! E rematamos a festa cun animadísimo karaoke! A última parte da nosa viaxe fixémola a pé para ir entrenando para o Corremelide. Paramos de camiño nas Letras Galegas e, coa axuda do poeta Díaz Castro, xogamos e soñamos co orgullo do noso entorno lingüístico, cultural e paisaxístico. Xa estamos no Corremelide! Canto nos gusta este festexo! Competimos cos outros colexios da comarca e non nos foi nada mal, pois obtivemos oitos premios. Dende aquí aproveitamos para coñecer un pouco mellor o noso concello a través da tradicional visita ás parroquias; pasamos por Zas de Rei, Agrón, Vitiriz e Barreiro. Rematamos finalmente a nosa viaxe coa Festa da Convivencia, tan esperada polos alumnos, poñendo fin a esta excursión pedagóxica pola vida. Haberá que ir aforrando para a viaxe do curso que vén! A onde nos levará?? Saberémolo en setembro. Agora, pasade un fantástico verán. Melide, xuño de 2014

3


NOS TODOS

3

EDUCACIร N INFANTIL 3 ANOS

4

2013/2014

Dende o C.E.I.P Melide nยบ 1 desexรกmosvos unha feliz etapa escolar

5


NOS TODOS

2013/2014

Coma cada ano en setembro chegaron nenos e nenas novos ao C.E.I.P. MELIDE Nº1. Nas súas caras vemos as expresións das emocións propias do primeiro día de cole.

3

EDUCACIÓN INFANTIL 3 ANOS

Os nenos e nenas de 3 anos celebramos o 23 de abril o “Día Internacional do Libro”. Na clase escoitamos a aventura dos muíños de vento de “Don Quixote” e despois dramatizámola. Foi divertido porque uns fixemos de Don Quixote, outros de Sancho Panza e outros de muíños. Estes son algúns dos debuxos que realizamos.

“A AVENTURA DOS MUÍÑOS DE VENTO”

6

7


NOS TODOS

2013/2014

3

Aqueles que alí ves, cos brazos longos.

Ves alí, amigo Sancho Panza, onde se descubren 30 ou mais xigantes.

Aqueles non son xigantes, son muíños de vento.

Qué xigantes?

8

9


NOS TODOS

3

2013/2014

Non fuxades, cobardes!!! Se tes medo, quítate de aí!!! Señor, son muíños de vento.

10

11


NOS TODOS

2013/2014

4

EDUCACIÓN INFANTIL 4 ANOS

A propósito da Festa do Melindre celebrada en Melide, @s nen@s de E.Infantil de catro anos, investigan sobreoutras festas da comunidade galega.

12

13


NOS TODOS

2013/2014

4

EDUCACIÓN INFANTIL 4 ANOS

14

15


NOS TODOS

2013/2014

5

EDUCACIÓN INFANTIL 5 ANOS

16

17


5

NOS TODOS

2013/2014

EDUCACIÓN INFANTIL 5 ANOS

18

19


2013/2014

Rematamos a etapa de educación infantil para dar comezo a primaria.

5

EDUCACIÓN INFANTIL 5 ANOS

5 ANOS

NOS TODOS

20

21


NOS TODOS

2013/2014

1ยบ

EDUCACIร N primaria

22

23


NOS TODOS

1ยบ

2013/2014

EDUCACIร N primaria

24

25


NOS TODOS

2013/2014

2ยบ

EDUCACIร N primaria

26

27


NOS TODOS

A CASA DO PATRÓN -Os meus compañeiros de curso e eu fomos a unha excursión na que o pasei xenial. Dende un lugar chamado Vilanova (no concello de Lalín) fixemos unha ruta de sendeirismo na que poidemos ver fermosas paisaxes de distintos tipos, pero sobor de todo naturais.

3ºa

2013/2014

EDUCACIÓN primaria

Pasamos por unha ponte de pedra e vimos varios muíños que funcionan coa forza da auga, algún deles xa destruído, pero moi bonitos. (Marta)

Tres quilometros teras que andar leva un queixino para merendar

28

29


NOS TODOS

2013/2014

3ºa

-Atopámonos tamén cos cabalos que pacían nas extensas pradeiras, quedamos maravillados mirándoos.

EDUCACIÓN primaria

(Juan, Adrián, Hugo)

-Observamos a vexetación máis abundante de matogueiras (toxos, xestas e codesos) e árbores (castiñeiros, carballos, ameneiros, salgueiros e bidueiros). Tamén collemos algunhas flores con pétalos, estames e pistilos de diversas formas e variadas cores e… descubrimos algunhas plantas medicinais e aromáticas!

(Lidia,Daniel,Icía)

30

31


NOS TODOS

2013/2014

3ºa

EDUCACIÓN primaria

-Saltamos e corremos por pistas, corredoiras, carreiros e… ollamos un outeiro que foi o sitio no que en tempos pasados houbo un Castro.

(Rubén., Antón, Carlos)

-Para min ,esta ruta de sendeirismo foi xenial, pero tamén me gustou o museo no que aprendemos cousas da antigüidade como que antes os xergóns das camas (colchóns) eran de follas do millo. (Iago)

-Todo rematou cunha experiencia, fixemos cada un de nós un queixo seguindo as indicacións da Sra. Lola: 1º Muxir a vaca e poñer o leite nunha pota. 2º Botarlle o callo e o sal. 3º Esperar un anaco a que calle. 4º Ir separando o leite callado do soro coa axuda dun coador. 5º Ir apretando e dándolle a volta para que solte toda a auga sobrante (soro) 6º Metelo na neveira 2 ou 3 horas e … XA TEMOS UN BO QUEIXO FRESCO! 7º Se se quere xa se pode comer, ou senón deixalo curar uns meses para despois degustar un SABOROSÍSIMO QUEIXO CURADO! (Borja)

-Eu, que tamén fun á excursión, disfrutei moito nese museo (MUSEO DA CASA DO PATRÓN). Pareceume moi interesante saber, por exemplo, como se fabricaban as prendas de vestir a partires dunha planta chamada liño.

(David)

32

33


NOS TODOS

3ยบB

2013/2014

EDUCACIร N primaria

4 1 0 2 s a g e l a g s

letra

34

35


NOS TODOS

3ºB

EDUCACIÓN primaria

2013/2014

Un paso adiante e outro atrás, Galiza

Deixando unha chorima en cada preda

coma un río cheo de pena nos nosos soños Galicia vivirá.

O día das Letras Galegas, chegará chea de ledicia.

Alejandra e Diego

A esperanza dos teus ollos se esperquiza Na mente miña, Galiza. Esperta, que che veñen roubar o galego Esperta, non sexas tímida e pelexa. Alexandru, Raúl e Xoel

E unha bágoa de deus en cada herba E unha pinga de loita en cada presa E deixar todo o que pasou atrá Sempre con esperanza

Martín e Christian 36

37


NOS TODOS

2013/2014

4ยบA

EDUCACIร N primaria

38

39


NOS TODOS

4ºB

2013/2014

EDUCACIÓN primaria

RECEITA ORELLAS Ingredientes: - 3 ovos - 100 gramos de tulipán - Anís ao gusto - Fariña

Preparación: Botar a fariña e facer un volcán con ela. Engadir os outros ingredientes e amasalos. Ir collendo a fariña segundo se necesita e xa queda unha masa. Déixase levedar de 15 a 20 minutos. Estirámola e para a tixola. Ainhoa

40

cuarto B

CANCIÓN Unha vella sentada nun burro Trémballe o cu coma un figho maduro Trémballe, trémballe, trémballe, tren Trémballe, trémballe, trémballe, tren. Unha vella sentada nun burro viu os de 4º e tremboulle o zapato Trémballe, trémballe, trémballe, tren Trémballe, trémballe, trémballe, tren Unha vella sentada nun burro Veu á nosa clase e púxose de traxe Trémballe, trémballe, trémballe, tren Trémballe, trémballe, trémballe, tren

Matías, Uxía Peón e Nerea

41


NOS TODOS

4ºB

EDUCACIÓN primaria REFRÁNS Día de Entroido e día de Pascua, cada larpeiro na súa casa

Alba En tempos de Carnaval ningunha cousa está mal

Brais O Entroido alárgalle o coiro Entroido á raxeira Pascuas na lareira

Erick

Martes de Entroido Ai has de vir Cuncas e pratos Han de ruxir Ainhoa

2013/2014

Cacaracá Ponte na pa. Faime un bolo Non o comas todo Deixa una miga Para o día de Entroido Andrea Anque lle vimos aquí Non é por facerlle mal, Vimos por lle anunciar Que estamos no Carnaval Adrián Vinde nenas! Vinde nenos! Non quero cara de penas e de choros moitos menos. Uxía S. Adeus martes de Entroido, Unto vello e longaniza, Escondeivos compañeiros Que hoxe é noite de cinza. Silvia Aí vén o Entroido É festa rachada, Os nenos na escola Faremos foliada. Sergio Chegou o Carnaval E é día de ilusión Pois pódome disfrazar Con moita imaxinación Santi

42

43


NOS TODOS

2013/2014

4ºB

EDUCACIÓN primaria

CANCIÓN E víndeo ver! E víndeo ver! O vello Entroido Que está teso e doído. Ó pe do carballo Sentado nun tallo Sen ter que facer Víndeo ver! Que xa está a morrer.

David, Matías e Santi

44

45


NOS TODOS

2013/2014

EDUCACIÓN primaria Ola!! Alumnos do CEIP Melide nº 1, imos contar a nosa experiencia en Manzaneda. Dende o día que entrou a mestra na clase e nolo dixo emocionámonos moitísimo, estivemos esperando ata o día en que o autobús arrancou. Aquel impresionante 14 de febreiro de 2014 saímos ás oito da mañá cara o noso destino (Manzaneda). Chegando á Ribeira Sacra tivemos que pasar unhas altas montañas con pronunciadas curvas, e por fín chegamos ao alto e nevado da montaña, estabamos en Manzaneda e iamos empezar a esquiar!!. O primeiriño que fixemos foi almorzar para repoñer forzas e coller as botas e os esquís. Montamos no telesilla para poder chegar ó cume da montaña. Alí agardaban os monitores, dividíronnos en grupos e ensináronnos como colocar os esquís, acelerar, frenar , xirar…etc. Aprendidas estas cousas, puxémonos a esquiar, subimos na percha ata o telesilla e logo baixamos a comer. Ao rematar deixáronnos xogar coa neve; fixemos unha guerra de bolas, e tamén fixemos castelos. Logo veu un rapaz moi simpático e levounos a baixar en trineo polas costas. Despois disto voltamos para Melide, pero na metade do camino tíñannos unha sorpresa, iamos parar a mercar unha bica en Trives!. Tamén nos ensinaron como se elaboran e puidemos mercar roscas e amendoados. Chegamos todos moi ledos, e o máis importante foi que ningúen resultou ferido. A mellor excursión das nosas vidas!!

Clase de 5º 46

47


NOS TODOS

5ยบ

2013/2014

EDUCACIร N primaria

48

49


NOS TODOS

2013/2014

ESCRIBIMOS CONTOS:

EDUCACIÓN primaria TRABALLOS VARIOS.6ºP.

Intentamos darlle voltas ás nosas cabezas e escribir os nosos propios relatos. O importante é intentalo e esforzarnos para conseguilo.

TRABALLO SOBRE OS ANIMAIS: Tivemos que buscar información a través de Internet ou enciclopedias sobre os animais que máis nos gustan. Este foi o resultado.

50

LIBRO DE LECTURA:

ARTIGOS DE OPINIÓN:

Escritora lucense nacida en Cospeito e autora deste libro que reflexa valores como a tolerancia e a solidariedade.

Por que non escribir tamén sobre algún tema que realmente nos interese e ademáis dar a nosa opinión?. Iso foi o que fixemos e non quedou nada mal.

51


NOS TODOS

2013/2014

EDUCACIÓN primaria Chegou a Pascua e os alumnos e alumnas de 1º, 3º B, 4º A e 4º B decoraron a porta da aula de inglés. Os nenos/as de 1º e 3º B colorearon os ovos de Pascua co coelliño no centro felicitándonos en inglés (Happy Easter), mentres que cuarto curso decorou as bolboretas e a cesta cos ovos máis pequenos que podemos apreciar mellor na segunda foto.

52

53


NOS TODOS

2013/2014

EDUCACIÓN primaria

54

55


NOS TODOS

56


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.