Revista NÓS TODOS do CEIP Melide nº 1

Page 1

Xornal escolar. Edici贸n fin de curso 2012/2013 do

C.E.I.P. MELIDE N潞1


Xornal Escolar 2012/2013 E.I. 3 anos

Edición Anual Fin de Curso

E.I. 4 anos

NÓS TODOS

E.I. 5 anos 1º E.P. 2ºA E.P. 2ºB E.P. 3ºA E.P.

C.E.I.P. Nº1 MELIDE Rúa Álvarez Carballido, 2

15800 Melide 981 505 238 981 506 405

3ºB E.P. ceip.numero1.melide@edu.xunta.es 4º E.P. 5º E.P. 6º E.P. Inglés Relixión Aula T.I.C. Audición e Linguaxe E.N.D.L. Benvida ao alumnado de 3 anos Despedida ao alumnado de 6º E.P.


Benqueridos/as alumnos/as, mestres/as e diferentes membros da Comunidade Educativa do C.E.I.P. Nº1 de Melide: Un ano máis, entra nos vosos fogares o xornal escolar “Nós Todos” para amosarvos unha pequena parte do que se fixo no colexio ao longo deste curso. Celebramos un Samaín divertido, onde as cabazas e os xogos coas castañas foron os protagonistas, engalanamos os corredores e escribimos as postais polo Nadal, elaboramos unha receita moi saborosa polo Día da Paz, festexamos un Entroido onde os mecos nos convidaron a disfrazarnos traendo ademais agasallos para os/as gañadores do certame de fotografía dixital. O carteiro chegou cargado de cartas amables. Visitounos a primavera, á que recibimos con floridos murais e degustando melindres e ricos. E montados no tren das Letras Galegas chegamos á estación de Roberto Vidal Bolaño e gozamos coa peza teatral “Libros no tempo”. O Corremelide deixounos sen folgo mais visitamos e estudamos as parroquias de Zas de Rei, Agrón, Vitiriz e Barreiro. Houbo saídas ao contorno, excursións, contacontos, obradoiros, conmemoracións,... e moitas vivenzas máis. Non vos esquezades de voltar en setembro, comezaremos unha nova viaxe xuntos, pero mentras tanto... Pasade un bo verán! Melide, xuño de 2013

Coordinación: Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística Colaboradores: Alumnado e profesorado do C.E.I.P. Nº1 Subvención: Proxecto de fomento e uso do galego


RECEITA DA PAZ Para celebrar o Día da Paz, entre todos/as os/as nenos/as do cole fixemos esta receita tan saborosa chea de: amor, amizade, bicos, ledicia,‌

3 Anos


Ademais de facer a Receita da Paz, os nenos e as nenas de 3 anos fixemos unhas pombas estampando as nosas mans.

E entre todo o ciclo de Educaci贸n Infantil, un mural da Bola do Mundo con persoas de diferentes culturas.


4 Anos



Ao igual que outros anos, participamos escribindo cartas aos nosos compis do cole. Este é un resumo en imaxes de como o vivímos na clase dos Astronautas.

Eu tamén!! Eu escribín dúas!!!! Foi emocionante escribir as cartas, e o que máis ilusión nos fixo foi levalas ao buzón do correo!! Quen me escribirá a mín? Logo esperamos impacientes a ver que cartas nos chegaban, ata que chegou o dia e abrimolas sen poder agardar un minuto máis. Que emoción!!!!

E agora toca contestar…. Bufff algúns temos moito traballo…

5 Anos


Todo comezou no primeiro trimestre,

cando

decidimos

poñer un nome a nosa clase. Non

foi

unha

tarefa

nada

sinxela pois había moitas e variadas propostas: Despois dalgunhas votacións a proposta gañadora foi “Os Astronautas”. Aínda que xa sabemos moitas cousas do espazo exterior, hai moitas outras cousas que decidimos investigar.

E así é como nace o noso proxecto: OS ASTRONAUTAS E O ESPAZO EXTERIOR.


Ao longo deste curso fomos investigando moitas cousas, aprendendo e divertíndonos. Quixemos facer un mural resumo, tivemos que lembrar todo o que aprendemos e pouco a pouco despois de varios días e de traballo colaborativo este foi o resultado:

Unha das cousas que máis nos gustou facer foi confeccionar a nosa nave espacial e o noso astronauta. Aquí vedes a biblioteca espacial que se creou grazas á colaboración das familias.


OBRADOIRO PERMANENTE DE ARTE RECICLADO: Os nenos e nenas de primeiro estamos embarcados nunha actividade cunha máxima en común : o respecto polo medio ambiente. Estamos convencidos de que os pequenos xestos poden desembocar en grandes cambios. Decidimos elaborar un obradoiro de arte utilizando soamente materiais reutilizados. Esta actividade promove o desenvolvemento da imaxinación e da creatividade verbo dos principios de Redución, Reutilización e Reciclaxe. A Área de Plástica, pola natureza dos seus contidos, é o marco axeitado para a realización deste obradoiro. Esta actividade implica tamén un cambio de mentalidade en relación aos materiais a empregar: a calidade final do traballo vén definida pola orixinalidade e a selección axeitada do material reutilizable, e non tanto polo seu prezo. Imos explicar, de paseniño, o proceso creador das nosas flores recicladas. 1. Materiais a empregar: Cartón de ovos Tesoiras Pinceis Pintura de dedos (cores primarios) Paus de pinchos “morunos” Papeis e lazos ou cordóns reutilizados

2. Proceso: Primeiramente, démoslle forma de flor ao cartón de ovos e pintamos as flores de diferentes cores. Para facer as cores traballamos só coas primarias (azul, vermello e amarelo). Así, descubrimos a cantidade de cores que podemos facer con eles.

1º E.P.


A continuación, pintamos os paus de cor verde e montamos as flores poñendo un pouquiño de plastilina vella en puntos estratéxicos .

Para rematar, utilizamos papeis vellos e cordóns ou lazos que trouxemos das nosas casas para facermos un ramo ben bonito e xeitoso. Esta é a nosa receita para elaborar un ramo reciclado, aínda que falta o ingrediente máis importante: a ilusión e alegría con que o fixemos xa que compartimos tarefas e enredos e gozamos moito sabendo que ademais estabamos axudando cun pequeno xesto a coidar o noso planeta. Quixemos xogar coa nosa imaxinación e ser creativos, para reducir os materiais que empregabamos na creación de obxectos e traballos. Decatámonos de que isto non é doado. Sempre é máis sinxelo mercar algo que precisamos que facelo nós mesmos. Pero traballando pouco a pouco, fomos quen de frear ese primeiro impulso e darlle xogo á imaxinación .

“A utopía debuxa o camiño do imposible”


2ยบA E.P.




Os/as pícaros/as de 2º de primaria este curso viaxamos sen parar. A nosa imaxinación era cativiña cando comezamos coa Educación Primaria. Mais agora, que pasaron dous anos, xa está ben mantidiña. Queres que che desvelemos como acadar unha imaxinación forte e sá? Queres saber como podes viaxar a mundos máxicos cheos de sabedoría e todo de balde? Pois é moi doado… Os nenos/as de 2º pertencemos a un club: o “Club dos contiños contados”. Ao longo deste curso, visitamos a Biblioteca ”Xosé Vázquez Pintor” en luns alternos, é dicir, cada dúas semanas.

Alí atópanse uns libros máxicos que axudan a ter moita imaxinación, ser máis intelixentes e algo moi moi importante... ensinan a pensar. Lemos e contámonos contos, adiviñas, chistes, fábulas, comics, etc. Recitamos poesía e escenificamos peciñas de teatro. Canto nos rimos! Tamén, ás veces, sentímonos moi apenados, que boa medicina para a nosa mente. Non dubides, ti que estás a ler esta revista, se desexas ser membro deste club tan estrelado, non tes máis que dicilo e acollerémoste. Só tes que cumplir un requisito: ler no corazón dos demais e dar apertas moi fortes. Tí podes ser un dos nosos. Segue a nosa estrela!

2ºB E.P.


Os cativos/as de 2º de primaria este Entroido, no colexio, pasámolo coma nunca. Traballamos unha cantiga de entroido na aula, titulada “Canción de Carnaval”. Cantámola letra con e sen música e inventámoslle unha coreografía sinxela e orixinal; ensaiamos ata quedar satisfeitos co traballo ben feito. Non eramos os únicos que estaban a troular co entroido no centro. Os alumnos de 3º e 4º andaban tamén ás voltas coas súas cantigas. Os de 3º, veña que veña, con “Unha vella sentada nun burro”. Máis os de 4º, non sabemos se coa envexa de ver aos veciños mergullados no seu entroido ou por ser maiores, non quixeron ser menos e polos corredores andaban a cantar “Eoa, chega o carnaval”. O troco estaba servido. Aos raparigos/as de 3º e 4º convidamos e as tres cantigas gozamos. Cada quen ofreceu o que traía: boa voz, mellor música e o baile asegurado. Como o pasamos!


CANCIÓN DE CARNAVAL De princesa ou de doncela hoxe voume disfrazar. Pois de mago ou de vaqueiro hoxe voume disfrazar. Ja ja ja ja ja ja é o carnaval, ja ja ja ja ja ja é o carnaval. De azafata ou de modelo hoxe voume disfrazar. De mariñeiro ou ciclista hoxe voume disfrazar. Ja ja ja ja ja ja é o carnaval, ja ja ja ja ja ja é o carnaval. De enfermeira ou bailarina hoxe voume disfrazar. Con traxe de cosmonauta hoxe voume disfrazar. UNHA VELLA SENTADA NUN BURRO Ja ja ja ja ja ja é o carnaval, ja ja ja ja ja ja é o carnaval. Unha vella sentada nun burro trémalle o cú como un fijo maduro. Trémballe, trémballe, trémballe tren Trémballe, trémballe, trémballe tren Unha vella sentada nun burro viu aos de 4º e tremoulle o zapato. Trémballe, trémballe, trémballe tren Trémballe, trémballe, trémballe tren Tremboulle o zapato, tremoulle o cú Unha vella sentada nun burro viu aos de 2º e tremoulle todo xunto. Trémballe, trémballe, trémballe tren Trémballe, trémballe, trémballe tren Tremboulle o zapato, tremboulle o cú tremoulle todo xunto a lu lu lu. Filloas, orellas, rosquillas comeu pois a barriguiña xa lle medrou.

EOA, XA CHEGA O CARNAVAL Eoa ,xa chega o Carnaval hoxe é día de troula ímonos disfrazar Eoa, todos a cociñar rosquillas e filloas ata reventar Eoa, preparado xa está o Entroido xa chega para disfrutar Eoa, vén con nós a bailar os cativos de 4º a rir e xogar


3ยบA E.P.



3ยบB E.P.



ENTREVISTA A NILO COSTOYA VÁZQUEZ, GANDEIRO

Nilo Costoya Vázquez, naceu en Maceda (Melide). Ten 57 anos, está casado e ten un fillo. Despois de ir á mili, marchou traballar a Alemaña. Estivo dous anos de emigrante, e cando fixo uns poucos cartos, volveu a Galicia xunto aos seus pais. Con eses cartos que fixo, comprou o seu primeiro tractor que é aínda co que traballa hoxe. Despois casou cunha veciña e quedaron na casa a aumentar vacas pouco a pouco, seguindo así a tradición de seus pais. Hoxe é un empresario con dous empregados. Teñen máis de duascentas cabezas de gando (105 delas, son vacas de muxido). -¿Por que te dedicas á produción de leite? Porque nacín nunha casa que había vacas, e teño vocación de gandeiro. -¿Que se fai con todas as crías que nacen? De pequenos os machos véndense, e as femias críanse que son as futuras nais. -¿Entre todas as vacas de muxido, cantos litros de leite dan? 3.300 litros ao día. - Nilo, ¿E cántas vacas ten vostede? 125 vacas adultas, e becerras 95. - Señor Costoya, vostede que se dedica ao gando, poderíanos dicir ¿como se chaman as vacas que por exemplo acaban de parir e botan leite seguido polos tetos? Vacas brandas. -¿Todas as vacas teñen a mesma cantidade de leite? Non. As vacas desta granxa as que menos leite dan, dan 20 litros, e as que máis leite dan, dan 60 litros. -¿De que raza son as vacas? O 70% son roxa danesa. O 30% frisona: pinta e negra. -¿Que tipo de alimentos toman as vacas? Toman silo que pode ser de millo ou de herba. Toman palla, alfalfa, bagazo de cervexa e penso. -¿Ata canto tempo está criando os machos? Ata un mes. -Nos xa sabemos que está moi mal o prezo do leite, de feito moitas explotacións tiveron que cerrar. Sabería vostede cal sería a solución para arranxalo un pouco? Garantir un prezo mínimo sobre 35 e 36 céntimos. Ter un mínimo de rendibilidade. -Señor Costoya, ¿se tivese vostede 20 anos, montaría unha explotación gandeira, ou dedicaríase a outra cousa? A explotación gandeira. -Vostede foi entrevistado dúas veces pola tele, polo menos. ¿Cal foi a primeira vez e a última? A primeira vez foi no ano 1997. E a última foi no 2012. Paula e Nerea

ENTREVISTA A XESÚS FERREIRO, PILOTO DE RALLIE Ferreiro, naceu en Melide no ano 1968 e é o actual campión de rallies de coches históricos de España. . Cando che xurdiu a idea de ser corredor de rallies? Cando tiña sobre nove anos, gustábame todo o que tivese rodas. . En que ano foi a túa primeira carreira de competición? No ano 1989. . Onde? No rallie de Narón (Ferrol). . Que competición de rallie foi a máis afastada á que fuches? O circuito de Rallie de San Remo (Italia). . De que marca é o coche co que compites? Porsche Carrera RS. . Cantos coches tes para correr? Agora dous: Ford Scort e Porsche. . Tiveches algún accidente grave correndo? Sí, tres. Como foi? Foron saídas de pistas, pero so foron feridas leves, pois imos moi protexidos. . Arreglas o teu propio coche? Algunhas pequenas reparacións sí, pero das máis difíciles ocúpanse os especialistas. . Tes medo de correr nos circuitos máis difíciles? Medo non, pero todas teñen o seu risco. . Cal é a velocidade máxima á que corriches? Foi a 270 Km/h. nun circuito cerrado cun coche histórico. . Que tipo de coches son os que che gustan máis para correr? Os históricos. . Cal é o corredor de coches que máis admiras? Carlos Sainz. . Entrenas moito? Non tanto como me gustaría. Onde? Nos sitios onde hai o rallie o mesmo día da competición. . Cantas veces fuches campión de España? Dúas, no ano 2.007 e no 2.012. E de Galicia? Tres: nos anos 1.994, 2.000 e 2.002. . Á túa familia, parécelle ben que corras? Máis ou menos, pero sempre quedan preocupadas cando corro. . Entrevistáronte algunha vez na tele? Sí. Puxécheste nervioso? A televisión sempre impón algo, e ademais non me gusta que me maquillen. Marta, Martín e José Ángel

4º E.P.


ENTREVISTA A Mª CARMEN RODRÍGUEZ VEIGA, DIRECTORA DO CEIP MELIDE Nº1 Mª Carmen Rodríguez Veiga naceu en Melide e leva 22 anos traballando como mestra, 17 deles no noso centro. É especialista en Música, Matemáticas e Educación Infantil. - Levas moitos anos traballando de directora? 3 anos.

ENTREVISTA A XOSÉ MANUEL BROZ REI, DIRECTOR DO MUSEO TERRA DE MELIDE Xosé Manuel Broz Rei, naceu en Melide (A Coruña) no ano 1945. Traballou como mestre no noso cole. Máis tarde foi profesor de ESO no IES de Melide, alí impartía as materias de Xeografía, Historia e Debuxo. Fundou, xunto con outras persoa, o Museo da Terra de Melide do que é o director. Fixo moitos traballos sobre o Románico, o Camiño de Santiago por Melide, Cruceiros, Ferreiros, Zapateiros, Heráldica, Igrexas de Melide e Etnografía. Publicou libros e fixo cadros.

- É difícil o teu traballo? Sí porque o quero facer ben.

-Cantos libros publicou? Publiquei tres libros e estou traballando noutro libro, no cal vou pola metade.

- Tes que traballar moitas horas? Sí porque este traballo require moitas horas de dedicación.

-Pensou tema.

- Estás contenta co teu traballo? Non moito, gústame máis o de mestra. - Cantas persoas forman o teu equipo directivo? Comigo somos 3 persoas: a Secretaria, a Xefa de estudos e a Directora.

algunha vez en escribir libros para nenos? Non, porque non é o meu

-Cal cre que foi o seu mellor libro? O que estou facendo, porque xa teño experiencia dos outros libros. -Está escribindo algún libro? Como se titula? De que fala? Sí. Titúlase: “Santiso”, é un estudio completo dun concello que é o que me falta para ter a comarca enteira de Melide. Levo 2 anos traballando nel e rematarei aproximadamente no verán. -Algunha vez escribiu poesía? Sí, moitas veces. Pero non está publicada porque é persoal.

- Prefires ser directora ou dar clase? Dar clase.

-En que ano comezou a escribir? Dende mozo, no ano 1982 publiquei o meu primeiro traballo.

- Tes moitos problemas coa xente? Afortunadamente non moitos.

-E a debuxar? Dende nen, aos sete ou oito anos.

- Es directora por obriga ou porque quixeches? Por obriga. - Repetirás para o ano que vén o posto de Directora? Se podo evitalo non. - Por que quixeches ser mestra? Porque me gusta moito esa profesión e porque creo que o podo facer ben. Carla e Adrián

-Onde aprendeu a debuxar? Fixen algún curso. Tamén aprendín vendo e aprendendo dos traballos doutra xente. -Ten algunha afección máis? Pintar, debuxar, escribir e logo o traballo propio do museo. -De todas as actividades que leva feitas cal é a que máis lle gusta? O meu mellor traballo foi restaurar a porta de arco do museo, houbo moita sorte na súa restauración indiscutible. -Por que ten tanto interese na arte dos monumentos relixiosos? Case é a miña profesión actual e máis a miña devoción. -Gústalle o seu traballo? Por que? Sí, aínda que dan moitas rabias, pero algunha satisfacción tamén cando se atopa o que se busca. -Alguén da súa familia é pintor ou escritor? Os meus fillos teñen moita sensibilidade e formación nestes temas. Lara e Carolina


ENTREVISTA A NATALIA NOGUEROL, XORNALISTA Natalia Noguerol é unha rapaza de 35 anos que naceu en Melide. Traballa dende hai 10 anos como xornalista en “La Voz de Galicia”. - Por que es xornalista? Porque me gusta moito falar e coñecer xente nova e a miña profesión permítemo. - Hai alguén na túa familia que se adicara tamén ao xornalismo? Non. - Se tiveras outro traballo, cal sería? Volvería estudar xornalismo, pero se non puidera traballar como xornalista faríao en calquera outra cousa. - Cal é a noticia que máis che gustaría escribir? Quen encontre un tratamento para o cancro. - E a que menos? De accidentes de tráfico. - Como te enteras das noticias? De moitas maneiras. Habitualmente traballamos co que se chaman “previsións”, que son actos organizados de forma previa por asociacións, concellos e outro tipo de organismos. - Gustaríache que che deran algún premio polo teu traballo? Sí, un premio da xente que coma vós, se acorda de min para facer un traballo de clase. Noa, Diego e Lorena

ENTREVISTA A AFONSO GARCÍA PENAS, DIRECTOR DE TEATRO Afonso García Penas naceu en Palas de Rei hai 41 anos. Adícase á docencia como profesor de Ensino Secundario de Lingua Castelá. No ano 1992 crea, xunto con outros compañeiros, o grupo de teatro afeccionado Metátese, co que representou como director e actor do mesmo, numerosas obras no mundo enteiro. - Gústalle ser director de teatro? Por que? Sí. Porque me permite medrar como persoa e navegar no mundo da cultura. - Que obra foi a que máis lle gustou dirixir? Intres. Supuxo un cambio radical na filosofía no grupo. - E interpretar? Coma un anano. Foi un monólogo estreado no Centro de Galiza de Bos Aires, dirixido por María Creo. - A que países estranxeiros viaxou co grupo de teatro? Por España enteira: Cataluña, Valencia, País Vasco, Castela e León, Madrid, Estremadura, Andalucía, etc. En Europa: a Portugal, Francia, Italia, Inglaterra, Alemaña, República Checa, Rusia, Hungría, Austria, Suecia, etc. tamén a Xapón, Exipto, China, Cuba, Ecuador, Brasil, Guatemala, Perú, Arxentina, Uruguai, Xordania, Senegal, Cabo Verde, etc. -Cantos membros dos que comezaron seguen no grupo? Actualmente seguimos dous: Xosé Manuel Pérez Paredes e eu. - Cal é a maior satisfacción que lle aportou o teatro? Traballar cos nenos das fabelas de Brasil e cos rapaciños da rúa en Guatemala, tamén no Orfanato Amantaní de Perú. - Ata cando pensa seguir con isto? Durante toda a vida. - Adícase a algunha actividade máis relacionada co teatro ademais da dirección e actuación en Metátese? Imparto clases en varias escolas de teatro. Asisto a cursos de formación e, como non, asisto a obras de teatro cando podo. - En que lugares ten escolas de teatro? En Laxe, Touro, A Estrada e Palas de Rei. - Que pretende conseguir con isto? Mudar a realidade social daqueles que non teñen voz, proporcionándolles estratexias e ferramentas que posúe o teatro. - Cantos nenos ten este ano en todos os grupos? 181 rapaces. - De que idades son os nenos? Entre tres e dezaoito anos. - Deixou algunha vez algún neno decepcionado? Supoño que sí, aínda que a miña intención sempre é a contraria. Iago e Néstor


Os/as alumnos/as de 5º de Primaria realizamos un pequeno mural sobre os ecosistemas no que todos/as colaboramos moito e este foi o resultado. A continuación presentámosvos algúns dos traballos que realizamos na nosa aula, e cos que tamén nos divertimos: Mural sobre o Día da Paz. Experimento sobre como facer un volcán. Os/as nenos/as de 5º curso fixemos un experimento na clase de Coñecemento do Medio, sobre os volcáns. Para elo, trouxemos vinagre, unha botella de plástico, pementa e un pouco de bicarbonato. O resultado foi sorprendente, aínda que tamén nos asustamos un pouco cando vimos como saía a lava. O experimento foi todo un éxito. Aínda que traballamos, tamén tivemos tempo para divertirnos xuntos e pasalo ben. HAI QUE REPETIR!!!

5º E.P.


Os/as alumnos/as de 6º de Educación Primaria fixemos un obradoiro de xabóns… Comezamos tomando precaucións para preparar os xabóns. Son precisas: luvas, unha máscara, roupa vella e uns lentes. O primeiro que fixemos foi mesturar a sosa (80gr) con auga destilada (192gr) e deixala arrefriar. Teñen que estar a sosa e o aceite (604gr) á mesma temperatura. Logo, mesturamos ambos os dous e revolvemos ata que espese. Despois, engadimos aceite esencial de xazmín (unas gotiñas), alcaravea (unha cullerada) e espirulina (1 comprimido) en po. Botamos a mestura nuns moldes de silicona e agardamos a que espese para desmoldar.

OBRADOIRO DE XABÓNS E FIGURAS CON FIELTRO Ademais, adicámonos a coser uns canciños preciosos. Primeiro, tiñamos que coller un anaco de fieltro e dobralo pola metade. Despois, co impreso do can recortabámolo. Máis tarde, cunha agulla e fío cosiámolo ata chegar un pouco antes do principio e metiámoslle algo parecido ao algodón e cosiámolo ata o final. Para rematar, poñiámoslle o ollo que pode ser un abaloiro, un botón, etc. Por último, puxémoslle o imperdible. Estes son algúns dos broches que fixemos a parte do can. E como podedes ver, tamén se fan con goma eva.

6º E.P.


Inglés




Relixi贸n



Este curso escolar colocáronse, en moitas aulas, proxectores e ordenadores portátiles co que as novas tecnoloxías entraron de cheo no centro. Por outra banda, a web do centro atópase operativa. Podedes acceder á mesma a través do seguinte enderezo: http://www.edu.xunta.es/centros/ceipnumero1melide. Esta páxina sirve de entrada a webs e blogs elaborados por mestres/as do centro. Así mesmo, informa dunha maneira breve e clara da situación e localización do centro e doutras cousas interesantes ás que pouco a pouco As Novas engadiranse outras entradas e Tecnoloxías no información. Destacan, polo entradas que apartado Son as de: Ed. Infantil estranxeira Inglés.

C.E.I.P. Melide nº1

de agora, dúas figuran no “Departamentos”. e Lingua

No apartado de Ed. Infantil atopamos enlaces aos blogs de Infantil (Melindriños e El buzón animado -de Gloria e Ana Mel-) na que nos falan das actividades que fixeron e están a facer o alumnado de Infantil. No apartado de Lingua estranxeira (Inglés) temos acceso á Aula Virtual de Inglés e a outras webs elaboradas polo profesor de Inglés (Manuel), nas que podemos atopar exercicios diseñados especificamente para o alumnado e traballos dos/as alumnos/as. Tamén hai un enlace á web da editorial dos libros de inglés do alumnado.

Aula TIC


¿Que é un especialista en audición e linguaxe? É un mestre/a que ten como principal función participar na prevención, detección, avaliación, intervención e seguemento do alumnado con problemas relacionados coa linguaxe e a comunicación. Así mesmo, colabora na coordinación cos titores/as, o equipo docente e organismos externos ao centro no tratamento das necesidades do alumnado e informa e orienta ás familias.

¿Que obxectivos pretende acadar? -Previr e detectar posibles alteracións lingüísticas. -Estimular o desenvolvemento lingüístico dos/as nenos/as que presentan retraso en dito desenvolvemento. -Modificar a conduta lingüística alterada.

Pautas para estimular a linguaxe

:

-Empregar unha linguaxe clara e adulta, adaptada á idade do/a neno/a, sen abusar de diminutivos e palabras infantís (como “popó” en lugar de coche) e introducir palabras novas para enriquecer o seu vocabulario. -Non ser excesivamente correctores, non rir, regañar nen facer repetir a fala polos seus erros; o mellor é repetir o que dixo de forma correcta para que escoite o modelo adecuado. Por exemplo; se di “teño medo aos datos”, podemos dicir “non teñas medo aos ratos”. -Intentar que o/a neno/a non perciba que “pronuncia mal”, posto que, é un problema importante. Non debemos angustiarnos para que eles tampouco o fagan. Falar ben non é só pronunciar ben, senón, unha ferramenta que permite comunicarnos. -Facer preguntas de forma que non poida contestar “sí” ou “non”, senón cunha palabra ou frase. Por exemplo: se preguntamos ¿imos ao parque?, o/a neno/a só poderá contestar sí ou non. En cambio, se preguntamos ¿que queres facer hoxe pola tarde?, o/a neno/a teranos que contestar cunha palabra ou cunha frase. -Ensinar fórmulas de cortesía como “grazas”, “por favor”, “bos días”, “perdón”,... O seu uso habitual favorece as interaccións comunicativas. -Non interromper ao neno/a cando nos conte algo, nen anticipar a súa resposta, aínda que lle leve un tempo responder. -Escoitar aos vosos fillos/as e alumnos/as fará A.L. que eles/as aprendan a escoitar aos demais.


Malos hábitos que poden perxudicar ao desenvolvemento da linguaxe: -Uso do chupete e alimentación con biberón despois da idade recomendada, isto pode afectar ao correcto desenvolvemento da estructura da boca. Masticar alimentos sólidos fortalece os músculos da cara e da boca. -Berrar ao falar; ademais de ser molesto pode dañar as cordas vocais. -Mala hixiene bucal; debemos potenciar a autonomía dos/as nenos/as en canto a hábitos de hixiene persoal. Limparse o nariz, lavar os dentes,... evitará moitas infeccións que afectan á audición, á respiración, masticación e dentición; aspectos moi importantes no desenvolvemento lingüístico. -Abuso da televisión e xogos multimedia, moitas horas e sen control do uso destes medios limitan as interaccións comunicativas.

Xogos de linguaxe: -Veo-veo: con nenos/as máis pequenos, pódese comezar xogando con familias de palabras (froitas, cores, animais,...) ou coa 1ª sílaba da palabra (que comece por “ma” ou “po”). Cos maiores iniciamos coa letra que queremos aprender (palabras que empecen por... r). -Da Habana ven un barco cargado de...: por exemplo: cousas que hay no cuarto de baño, comidas, ... ou cousas que empecen por ...”s”. -Palabras encadeadas: se un di a palabra “moto”, o seguinte ten que dicir unha palabra que empece por “to”.. E así sucesivamente. -O carro da compra: xógase dicindo “No mercado comprei froita”; o que siga dirá “No mercado comprei froita e tomates”, o seguinte dirá “No mercado comprei froita, tomates e cebolas”, e así sucesivamente. -As películas: facer mimo sobre unha película ou personaxe sen falar. -Cantar cancións: mellor se implican movementos do corpo. -Adiviñas e contos.


AS TRADICIÓNS DOS CANTARES DE REIS RECUPÉRANSE COMO UN XEITO DE CELEBRAR AS FESTAS CON MÚSICA

Grupos de mozos a cantar polas portas agardando recibir unha lambetada, comida ou algún outro agasallo. Actualmente esta escena lémbranos, máis do que a calquera outra cousa, á celebración do Halloween anglosaxón. Porén, era esta unha tradición habitual nas nosas festas de Nadal, Aninovo e Reis hai non moitos anos. A pesar do risco de extinción no que se encontra este costume, existen iniciativas para o seu mantemento e recuperación. En Nadal eran panxoliñas, en fin de ano xaneiras, manueis ou aninovos e en reis os cantares de reis ou aguinaldos. Aínda que o tipo de composición múdase para cada data, a tradición de reunírense os mozos e mozas da aldea para ir de casa en casa a cantar estas pezas tradicionais era a mesma por todo o país e o obxectivo tamén: conseguir algo de xantar e algunhas lambetadas para montar unha festa. De xeito maioritario, os temas das cancións estaban relacionadas co Nadal. No caso de que a persoa homenaxeada co cantar non colaborase, existían composicións feitas a propósito nas que se facía saber á veciñanza quen estaba menos disposto a compartir os seus alimentos. A pesar de que os novos costumes de Nadal e a falta de xente nova que se estende polo rural levan xa anos a facer que este costume esmoreza, existen zonas onde aínda permanecen, dunha forma ou doutra, estas tradicións. Un destes lugares é o concello de Boimorto e a comarca anexa.

E.N.D.L.


Mini, ex músico de Fuxan os Ventos e líder do grupo A Quenlla, impartiu un obradoiro de Cantos de Reis dirixido ao alumnado de 2º e 3º ciclo de Educación Primaria ao longo do mes de decembro. Este grande coñecedor da música tradicional galega, explicounos que os cantares interpretábanse e interprétanse aínda en cuadrillas, con variedade de compoñentes e de instrumentos, ou en xugadas. Estas formacións compóñense dun gaiteiro e de un ou varios cantores que van ao seu carón por cada unha das bandas e incorporan ocasionalmente percusión. As, pezas, sempre tiradas da tradición, "son cantares longos e difíciles de cantar", explicou Mini. Algunhas das pezas interpretadas polos rapaces e rapazas do C.E.I.P. Nº1 foron as seguintes: “A Rosa Rosiña”, “Porque aquí non é ben ruar”, “San José e máis María” ou “Marchemos alegres”; facendo que o obradoiro fose todo un éxito.


Chegou setembro e o C.E.I.P. Melide nÂş 1 recibiu caras novas ... Os pequerrechiĂąos/as de 3 anos!!! Dende aquĂ­ queremos darlles a benvida e desexarlles unha feliz andaina escolar .

Benvida E.I.


Despedida 6ยบ


BO VERÁN


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.