Ribeiro do Miño - Programa Integrado para o Emprego

Page 1


Concello de Castrelo de Miño Castrelo de Miño desde A Chaira, ó solpor

Concello de Cenlle Área termal de Cenlle

Concello de Toén Torre do Olivar Programa Integrado para o Emprego__ Ribeiro 2

Do Miño


Sumario 05 Xurxo Rodríguez Méndez. Alcalde de Castrelo 07 Gabriel Alén. Alcalde de Cenlle 09 Amancio Cid Pérez. Alcalde de Toén 10 Que é ? 11 A quen se dirixiu ? 12 Que ofreceu ? 13 Como se desenvolveu o proxecto ? FORMACIÓN DE CAPACITACIÓN LABORAL 16 Curso de peón forestal 18 Curso de Operario/a agrícola e vitivinícola 20 Curso de Auxiliar de Xardinaría e Horticultura 21 A horta ecolóxica FORMACIÓN COMPLEMENTARIA 22 Cursos básicos de Aplicador / Manipulador de Produtos Fitosanitarios 24 Curso de prevención de riscos laborais 25 Cursos de busca activa de emprego 26 Cursos de conducción e manexo de carretillas elevadoras 28 Cursos de Habilidades Sociais para o emprego en Cenlle e Toén 30 Cursos de Novas Tecnoloxías para a búsqueda de emprego en Castrelo e Cenlle 32 Cursos de preparación das probas de avaliación en competencias clave 33 Cursos de manipulador/a de alimentos para adegas 34 Xornada de Fomento do Autoemprego "O Rural Emprende" 35 Entrega de diplomas das accions formativas desenvolvidas no 2014 36 “Xornada de Emprego 2.0: búsqueda de traballo na internet e redes sociais” 38 Cursos de hixiene alimentaria 39 Xuntanza coas adegas vitivinícolas da comarca 40 Ofertas de emprego 42 Novas de prensa 44 O Ribeiro do Miño en cifras. Resultados acadados

Edita: Programa integrado de emprego Ribeiro do Miño Depósito legal: OU 186-2015 Ribeiro Do Miño __ Programa Integrado para o Emprego 3


Programa Integrado para o Emprego__ Ribeiro 4

Do Mi単o


Xurxo Rodríguez Méndez Alcalde de Castrelo de Miño

O Programa Integrado para o Emprego “Ribeiro do Miño”, foi unha aposta conxunta dos concellos limítrofes de Castrelo de Miño, Cenlle e Toén. Unha aposta pola formación e polo emprego para asentar poboación, para vivir no rural e para traballar na nosa terra. Foi un proxecto no que puxemos a un lado as nosas diferenzas, para compartir e pór en común as nosas potencialidades: tres concellos da denominación de orixe Ribeiro, regados polo río Miño e cunha formidable riqueza vitivinícola, forestal e horto-frutícola; e as nosas necesidades: complementar a formación de sesenta dos nosos veciños e veciñas para facilitar a súa incorporación ao mercado laboral nas empresas da zona. Un ano despois de ter comezado, é hora de facer balance e preguntármonos se mereceu a pena o esforzo. É esa tamén a intención desta publicación que editamos e na que recollemos unha parte do inmenso traballo realizado ao longo destes doce meses. A conclusión non pode ser máis que positiva. Foi un traballo serio, organizado e ben feito, que permitiu a incorporación ao mercado laboral de aproximadamente a metade dos participantes, trinta familias que hoxe contan con novos ingresos a fin de mes. E outros trinta participantes que ampliaron e melloraron a súa formación e que hoxe teñen novas oportunidades laborais por diante, e preto das súas casas. Sen esquecer tampouco ás empresas asentadas nos nosos concellos, que grazas a este programa contan tamén cunha bolsa de emprego de persoal cualificado e coa formación necesaria para poder contratar e realizar os traballos específicos necesarios. Ao remate deste programa integrado para o emprego, promovido por Castrelo de Miño, Cenlle e Toén e apoiado pola Xunta de Galicia, honestamente podemos dicir que aportamos o noso gran de area para mellorar os nosos concellos grazas á cooperación sincera entre as tres administracións locais e a administración autonómica. Dados os éxitos acadados non queda máis que agardar que estas colaboracións intelixentes se repitan en vindeiras ocasións. Polo ben das nosas veciñas e veciños. Ribeiro Do Miño __ Programa Integrado para o Emprego 5


Programa Integrado para o Emprego__ Ribeiro 6

Do Mi単o


Gabriel Alén Alcalde de Cenlle

Para o Concello de Cenlle, o programa integrado de emprego " Ribeiro do Miño", supuxo un reto ilusionante entre tres concellos con lazos comúns importantes, ao estar vencellados ás augas do Miño e á importancia dos mesmos no mundo do viño, en particular dentro da denominación de orixe Ribeiro. Dende o primeiro momento, os concellos de Castrelo, Cenlle e Toén compartimos unha ilusión por remar xuntos impulsados pola iniciativa da Xunta de Galicia, para acadar a mellor formación teórico/práctica posible para a veciñanza á fin de integrarse no mercado laboral e acadar un xeito de vida, a poder ser aproveitando a riqueza da nosa terra do Ribeiro. Xa para rematar, quixera manifestar o meu desexo de que estas iniciativas sexan o inicio dunha nova era na cooperación entre as administracións, conseguindo que os concellos, conservando os seus sinais de identidade, rompan as fronteiras para evitar localismos e ser quen de multiplicar recursos compartindo servizos e proxectos de futuro, que beneficiarán en definitiva ao que realmente nos ten que preocupar aos alcaldes, ....o benestar dos nosos veciños e veciñas!. Ribeiro Do Miño __ Programa Integrado para o Emprego 7


Programa Integrado para o Emprego__ Ribeiro 88

Do Mi単o


Amancio A. Cid Pérez Alcalde de Toén

Fai agora un ano que xunto cos meus compañeiros, os Alcaldes dos concellos de Cenlle e de Castrelo de Miño, puxemos en marcha o Programa Integrado para o Emprego “Ribeiro do Miño”. A iniciativa partía uns meses antes do inicio, como unha aposta dos tres concellos por este proxecto dende o compromiso que temos todos os políticos de loitar contra o desemprego dos nosos veciños e veciñas. Agora remata, coa plena satisfacción do acadado, tanto pola dirección do mesmo como do resultado final. Sendo conscientes de que canto mais preparados estén os nosos veciños e veciñas, mais oportunidades terán de encontrar un posto de traballo, seguiremos, desde o concello de Toén apostando por esta liña de traballo, aproveitando este tipo de axudas de gran importancia para a poboación de maneira que intentemos, dende as administracións locais, axudar a mellorar o currículo e abrir as súas opcións á hora de atopar emprego.

Ribeiro Do Miño __ Programa Integrado para o Emprego 99


Que é ? Ribeiro Do Miño é un Programa integrado para o emprego subvencionado pola Xunta de Galicia e o Ministerio de Empleo y Seguridad Social. Están implicados os concellos de Castrelo de Miño, Cenlle e Toén que coordinadamente deseñaron unha estratexia conxunta, implementando un proxecto integral, que asentado nas potencialidades do territorio, posibilitou a mellora da empregabilidade dos seus veciños e veciñas, a

CONCELLO DE

CENLLE

través de accións para a mellora da ocupabilidade, de reciclaxe e de orientación profesional, entre as que podemos destacar cursos de capacitación profesional e actividades de adquisición de competencias adicionais para o desempeño do traballo.

CONCELLO DE

TOÉN

Programa Integrado para o Emprego__ Ribeiro 10

Do Miño


A quen se dirixiu ? Participaron no proxecto 60 persoas demandantes de emprego residentes nalgún dos tres concellos. Destinouse a explorar novas alternativas de inserción laboral con aqueles colectivos que se atopaban en situación de desemprego, cun carácter persoalizado e dinámico, que partía da situación e da realidade de cada participante e íase revisando e actualizando continuamente a medida das súas posibilidades laborais, motivando e axudándoos na ardua tarefa da busca activa de emprego.

Ribeiro Do Miño __ Programa Integrado para o Emprego 11


Que ofreceu ?

As persoas participantes tiñan á súa disposición nos tres concellos un SERVIZO que lles proporcionou: • Información, orientación e asesoramento • Acompañamento na prospección laboral • Captación de ofertas • Intermediación laboral • Prácticas laborais en empresas do seu sector profesional • Apoio para o autoemprego

Programa Integrado para o Emprego__ Ribeiro 12

Do Miño


Como se desenvolveu o proxecto 1ª Fase: ACOLLIDA Logo da selección e contratación de novo persoal para desenvolver o proxecto, nunha primeira fase, procedeuse á selección de participantes nos tres concellos, cunha presentación do proxecto, previa realización dunha oferta xenérica ao Servizo Público de Emprego, na súa oficina de Ribadavia, que é a de referencia para este programa integrado, informando as persoas beneficiarias sobre o desenvolvemento do mesmo con tódalas actuacións que se prevían realizar e as características e duración prevista do plan.

Ribeiro Do Miño __ Programa Integrado para o Emprego 13


2ª Fase: ACTIVACIÓN A segunda fase, dirixiuse ao estudo e diagnose co establecemento do plan persoal de emprego, a través de entrevistas individualizadas entre a persoa participante e a responsable técnica do programa. Nelas estudouse detalladamente a historia vital laboral de cada participante, coa finalidade de elaborar o seu currículo vitae, para destacar no mesmo aqueles coñecementos e habilidades máis sobresaíntes, e acordando coa persoa beneficiaria as actuacións que conviña realizar para acometer o seu proceso de busca de emprego e recolocación. O plan personalizado de busca de emprego, adaptouse ás características de cada quen, en función de aspectos tales como os coñecementos previos, a experiencia laboral, a capacidade para formarse en novas tarefas e funcións e as posibilidades de mobilidade xeográfica, entre outros.

Foi tamén o momento de seleccionar as ACCIÓNS nas que participarían ó longo do proxecto.

• Tres

FORMATIVAS

Cursos de capacitación laboral

acordes coas

empresas sitas na zona (adegas, empresas forestais e de horticultura)

> Curso de Operario/a agrícola e vitivinícola (200 h.) > Curso de Peón Forestal (150 h.) > Curso de Auxiliar de xardinaría e horticultura (150 h.)

Programa Integrado para o Emprego__ Ribeiro 14

Do Miño


Obradoiros de formación

complementaria

• Curso de Aplicación e manipulación de produtos fitosanitarios

• Curso de Hixiene alimentaria.

• Curso de Prevención de riscos laborais

• Curso de Manipulador/a de alimentos en adegas

• Curso de Condución e manexo de carretillas elevadoras.

• Obradoiros de preparación das probas en competencias clave

• Curso de Busca activa de emprego

• Xornada de Fomento do Autoemprego " O rural emprende"

• Curso de Habilidades sociais para o emprego. • Curso de Novas tecnoloxías para o emprego.

• Xornada de novas tecnoloxías e emprego "Emprego 2.0"

3ª Fase: ACOMPAÑAMENTO Nesta terceira fase, puxéronse en marcha actuacións deseñadas no plan personalizado de busca de emprego, a través de sesións de desenvolvemento persoal (para incidir sobre aspectos persoais que poden estar a dificultar a posta en marcha do proxecto persoal de inserción laboral), información do mercado laboral, contacto con empresas e estudo dos posibles postos de traballo.

4ª Fase: PROSPECCIÓN Esta fase dirixiuse á integración no mercado laboral, tanto de traballadores por conta allea como por conta propia. No caso de optar pola inserción por conta propia, analizouse coa persoa participante a idea empresarial existente, realizando a posteriori a elaboración dun proxecto de empresa e acompañándoa en todo o proceso de posta en marcha: elección da forma xurídica máis convinte, trámites necesarios para a posta en marcha do negocio e asesoramento na tramitación de subvencións e axudas públicas.

CRONOGRAMA DO PROGRAMA:

AÑO 2014 AGOSTO

SEPTIEMBRE OUTUBRO

NOVEMBRO DECEMBRO

AÑO 2015 XANEIRO

FERBREIRO

MARZO

ABRIL

MAIO

XUÑO

XULLO

1ª FASE ACOLLIDA

2ª FASE ACTIVACIÓN

3ª FASE ACOMPAÑAMENTO

4ª FASE PROSPECCIÓN

Ribeiro Do Miño __ Programa Integrado para o Emprego 15


FORMACIÓN DE CAPACITACIÓN LABORAL

Curso de peón forestal Un colectivo de 14 persoas realizaron entre os días 20/10/2014 ata o 28/11/2014, na Antiga Casa do Concello de Toén, o curso de Peón Forestal durante 150 horas.

Programa Integrado para o Emprego__ Ribeiro 16

Do Miño


FORMACIÓN DE CAPACITACIÓN LABORAL

TOTAL HORAS ACCIÓN IMPARTIDA: 150 MODALIDADE: PRESENCIAL PROGRAMA IMPARTIDO: 1 Nichos de emprego no sector forestal 5 h. 2 Prevención de riscos e primeiros auxilios no monte 5 h. 3 Control de axentes causantes de pragas e enfermidades nas plantas forestais 15 h. 4 Operacións de rozas en masas forestais 30 h. 5 Operacións en tratamentos silvícolas 30 h. 6 Operacións en repoboacións, correccións hidrolóxicas e mantemento de infraestruturas forestais 35 h. 7 Prevención e extinción de incendios forestais 15 h. 8 Operacións en aproveitamentos forestais madeireiros e non madeireiros 15 h. Realizaron prácticas de desbrozadora, de motoserra e de poda de árbores e tamén varias visitas a empresas do sector e charlas con emprendedores: Charlas de: Luís Fontenla de “O sequeiro da Portela” sobre o cultivo e aproveitamento da castaña. Daniel Penas sobre técnicas de poda en altura. Visita ás: Traballos manuais de mellora silvícola nun Distrito Forestal. Instalacións de Orember en San Cibrao das Viñas. Explotación madeireira con traballos de roza mecanizada por faixas en Os Milagres (Ourense). Instalacións de Braña SCL e o seu viveiro forestal sito en Esgos (Ourense). Ribeiro Do Miño __ Programa Integrado para o Emprego 17


FORMACIÓN DE CAPACITACIÓN LABORAL

Curso de Operario/a agrícola e vitivinícola Entre o 9 de xaneiro e o 6 de marzo de 2015 desenvolveuse no Salón de Actos do concello de Castrelo de Miño o curso de Operario/a agrícola e vitivinícola. Tivo unha duración de 200 horas nas que se combinou a formación teórica e a práctica. Executar operacións auxiliares en cultivos agrícolas, seguindo instrucións de superiores ou o plan de traballo, cumprindo as medidas de prevención de riscos laborais, calidade e protección do medio ambiente foi o obxectivo principal deste curso; os contidos gardaron relación co mundo agrícola, en especial da viticultura e tamén con aqueles relacionados co viño e o seu proceso de elaboración e control en adega. No mesmo tamén se ralizaron saídas a adegas da comarca e outras para coñecer de primeira man a profesionais do sector e o traballo que desenvolven.

Programa Integrado para o Emprego__ Ribeiro 18

Do Miño


FORMACIÓN DE CAPACITACIÓN LABORAL

O curso combinou contidos teóricos con prácticos, tales como prácticas de poda coincidindo coa tempada propia desta tarefa nos viñedos e recibindo explicacións de diferentes técnicas. As persoas participantes desta acción formativa de capacitación laboral visitaron diferentes empresas e entidades da comarca relacionadas cos contidos formativos: • Adega de Antonio Montero. • Cooperativa Viña Costeira. • Instalacións da Estación de Viticultura de Galicia en Leiro. • Corchos Almeida. • Consello Regulador da Denominación de Orixe do Ribeiro onde recibiron unha explicación da historia da Denominación de Orixe e do propio Consello Regulador. • Adega Campante. • Asistencia en Previsel, Salón da Previsión e Seguridade Laboral, celebrado en Expourense, o día 10 de febreiro de 2015 ao curso de "Prevención de riscos laborais en viñedos"

Ribeiro Do Miño __ Programa Integrado para o Emprego 19


FORMACIÓN DE CAPACITACIÓN LABORAL

Curso de Auxiliar de xardinaría e horticultura No local social da Mancomunidade de montes de Barbantes celebrouse desde o 10 de abril de 2015, o curso de Auxiliar de xardinaría e horticultura e no que participaron 19 persoas Rematou o pasado 22 de maio e neste tempo distribuíuse a formación cos seguintes contidos: • Instalacións e mantemento de xardíns e zonas verdes • Deseño e instalación dunha explotación hortícola • Xestión dunha explotación hortícola • Horticultura ecolóxica • Nichos de emprego no sector da xardinaría e horticultura • Creación e xestión dunha empresa hortícola ou de xardinaría • Prevención de riscos e primeiros auxilios no sector Ademais da formación teórica, tamén realizaron prácticas nos xardíns municipais e fíxose tamén unha saída didáctica para visitar o concurso de xardíns de Allariz e coñecer empresas do sector.

Programa Integrado para o Emprego__ Ribeiro 20

Do Miño


FORMACIÓN DE CAPACITACIÓN LABORAL

A horta ecolóxica

do curso de Auxiliar de Xardinería e Horticultura Un dos contidos previstos no curso de Auxiliar de Xardinaría e Horticultura era a plantacion dunha horta sostible de maneira ecolóxica. En terreos cedidos pola Cooperativa Hortoflor, o alumnado desta acción formativa arou e preparou o terreo para plantar cebolas, leitugas, tomates, pimentos, cabaciños, millo, entre outras. Tamén plantaron flores para coñecer de primeira man o desenvolvemento deste proceso.

Ribeiro Do Miño __ Programa Integrado para o Emprego 21


FORMACIÓN COMPLEMENTARIA

Cursos básicos de Aplicador e Manipulador de Produtos Fitosanitarios Durante os días 13/10/2014 ata o 17/10/2014; 9 participantes no Concello de Toén, na Antiga casa do Concello e outros 8 na Fundación Coren realizaron o curso básico de Aplicador e Manipulador de productos fitosanitarios durante 25 horas Xa no 2015, un total de 5 persoas mais realizaron con aproveitamento esta acción formativa en cursos desenvolvidos nos concellos de Castrelo de Miño e de Toén.

Programa Integrado para o Emprego__ Ribeiro 22

Do Miño


FORMACIÓN COMPLEMENTARIA

TOTAL HORAS ACCIÓN IMPARTIDA: 25 / MODALIDADE: PRESENCIAL PROGRAMA IMPARTIDO: 1 Pestes nos cultivos: clasificación e descripción.

9 Métodos de aplicación de produtos fitosanitarios.

2 Produtos fitosanitarios. 10 Equipos de aplicación: descrición e 3 Riscos derivados da utilización de produtos funcionamento. fitosanitarios para o medio ambiente. 11 Limpeza, mantemento e inspeccións 4 Peligrosidade dos produtos fitosanitarios periódicas dos equipos. para a saúde das persoas. 12 Prácticas de aplicación de tratamentos 5 Medidas para reducir os riscos sobre a saúde. fitosanitarios. 6 Prácticas de identificación e emprego de EPIs. 13 Relación traballo-saúde: normativa sobre 7 Secuencia correcta durante o transporte,

prevención de riscos laborais

almacenaxe e manipulación dos produtos 14 Métodos identificativos de produtos fitosanitarios. fitosanitarios ilegais e riscos asociados 8 Métodos de control de pestes.

o seu uso. Ribeiro Do Miño __ Programa Integrado para o Emprego 23


FORMACIÓN COMPLEMENTARIA

Curso de prevención de riscos laborais Durante os día 20/10/2014 ata o 31/10/2014, 13 persoas dos tres concellos participantes reuníronse no Salón de Actos do Concello de Castrelo de Miño para asistir o curso de prevención de riscos laborais, de 50 horas de duración.

TOTAL HORAS ACCIÓN IMPARTIDA: 50 MODALIDADE: PRESENCIAL PROGRAMA IMPARTIDO: 1 Conceptos básicos sobre seguridade e saúde no traballo. 2 Avaliación de riscos. 3 Orden e limpeza. 4 Máquinas e ferramentas. 5 Contaminantes físicos e químicos. 6 Equipos de protección individual. 7 Sinalización de seguridade nos centros e locais de traballo. 8 Manexo manual de cargas. 9 Riscos eléctricos. 10 Prevención e extinción de incendio. 11 Traballos en altura. 12 Actuación en caso de accidente. 13 Pantallas de visualización de datos. 14 Carga de traballo, fatiga e estrés.

Aínda que no inicio da programación desta acción formativa amosaban certa reticencia en canto a visibilización da necesidade para a súa formación, ó remate do mesmo a valoración mudou, comprendendo a importancia da prevención de riscos para o seu desenvolvemento profesional. Programa Integrado para o Emprego__ Ribeiro 24

Do Miño


FORMACIÓN COMPLEMENTARIA

Cursos de busca activa de emprego Durante os días 24, 25 e 26 de novembro na Casa dos Comuneiros de Barbantes (Cenlle) e na Antiga casa do Concello de Toén, cun total de 15 participantes, levouse a cabo o curso de Busca Activa de Emprego. TOTAL HORAS ACCIÓN IMPARTIDA: 15 MODALIDADE: PRESENCIAL PROGRAMA IMPARTIDO: 1 Análise e situación do mercado laboral 2 Definición do obxectivo profesional 3 Factores que inflúen na consecución dun emprego 4 Actitude fronte á procura de emprego 5 Métodos de procura de emprego 6 Intermediarios do mercado de traballo 7 Ferramentas de procura de emprego 8 As probas de selección 9 A entrevista de selección Con esta formación, o alumnado participante tivo a oportunidade de coñecer a situación actual do mercado laboral, comprender os mecanismos que inflúen nos procesos de procura de emprego así como os recursos necesarios para acadar un posto de traballo no contexto actual.

Ribeiro Do Miño __ Programa Integrado para o Emprego 25


FORMACIÓN COMPLEMENTARIA

Cursos de conducción e manexo de carretillas elevadoras En catro edicións de 8 horas de duración, os días 18 e 25 de outubro de 2014, o día 22 de novembro de 2014 e o 7 de febreiro de 2015, nas instalacións de SAFE no polígono industrial de San Cibrán das Viñas, un total de 46 participantes recibiron formación en conducción e manexo de carretillas elevadoras.

Programa Integrado para o Emprego__ Ribeiro 26

Do Miño


FORMACIÓN COMPLEMENTARIA

TOTAL HORAS ACCIÓN IMPARTIDA: 8 MODALIDADE: PRESENCIAL CONTIDOS: 1 Tipos e partes de carretillas. coñecementos básicos sobre unha carretilla. 2 Características principais. 3 Dispositivos de seguridade 4 Regras de utilización das carretillas 5 Seguridade na súa conducción como vehículo 6 A carga e a seguridade 7 A zona de traballo, o entorno 8 O conductor da carretilla e a seguridade 9 Equipo de protección persoal 10 Riscos e prevención 11 Mantemento básico 12 Inspeccións periódicas obrigatorias 13 Normativa aplicable 14 Introducción a L.P.R.L.

Ribeiro Do Miño __ Programa Integrado para o Emprego 27


FORMACIÓN COMPLEMENTARIA

TOTAL HORAS ACCIÓN IMPARTIDA: 15 MODALIDADE: PRESENCIAL

Cursos de Habilidades Sociais para o emprego

PROGRAMA IMPARTIDO: 1 Quen son: As miñas necesidades e as miñas crenzas. As miñas fortalezas e recursos. Autoestima e asertividade. 2 Que quero: Cales son os meus obxectivos, diferenzas entre querer, desexar e necesitar.

Un total de 17 participantes aisitiron ó curso de Habilidades Sociais para o emprego os días 3, 4 e 5 de novembro, na Casa dos Comuneiros de Barbantes (Cenlle) e os días 5, 6 e 7 de novembro, na Antiga Casa do Concello de Toén.

3 Como o consigo: A miña actitude, desenvolvemento da motivación, o opti mismo, a perseveranza e a disciplina. 4 Os meus recursos: Que facer co que teño. As miñas limitacións, que necesito e como o consigo, quen pode axudarme. 5 Os meus prazos: Para cando o quero e como vou dividir as miñas etapas. Aprender a priorizar e xestionar dos tempos.

Programa Integrado para o Emprego__ Ribeiro 28

Do Miño


FORMACIÓN COMPLEMENTARIA

Deseñouse esta acción formativa cos obxectivos de lograr que o alumnado coñeza as habilidades e capacidades que posúe a través do autoanálise, axudar ao desenvolvemento dunha autoestima positiva, fomentar a valoración e a aceptación dun mesmo/a e identificar as habilidades sociais que se requiren para o desempeño de tarefas tanto persoais como profesionais. Nas valoracións finais realizadas nestas 2 edicións do curso de Habilidades Sociais para o Emprego, os e as participantes expresaron un nivel de satisfacción xeral moi alto con respecto á valoración xeral do curso, documentación, persoal docente e utilidade para a súa busca de emprego.

Ribeiro Do Miño __ Programa Integrado para o Emprego 29


FORMACIÓN COMPLEMENTARIA

Cursos de Novas Tecnoloxías para a búsqueda de emprego en Castrelo de Miño e Cenlle 18 participantes en total aisitiron ó curso de novas tecnoloxías os días 12, 13 e 14 de novembro, na Casa dos Comuneiros de Barbantes (Cenlle) e os días 19, 20 e 21 de novembro, na Aula Castrelo.INFO de Castrelo de Miño

MODALIDADE: PRESENCIAL PROGRAMA IMPARTIDO: 1 Iniciación ao funcionamento dos ordenadores. 2 Iniciación a internet e Correo electrónico. 3 Organismos oficiais e xestións online. 4 Busca de emprego na rede. 5 Principais páxinas de emprego.

Programa Integrado para o Emprego__ Ribeiro 30

Do Miño


FORMACIÓN COMPLEMENTARIA

As novas tecnoloxías para a busca de emprego son, hoxe en día, unha das ferramentas fundamentais.

Por iso, organizouse esta acción formativa coa intención de facilitar o uso das novas tecnoloxías e promover a utilización das mesmas como ferramenta facilitadora da busca de emprego, así como fomentar o seu uso e dar a coñecer a rede como medio importante e facilitador na busca de emprego.

Durante as 15 horas deste curso, o alumnado introduciuse en internet nas plataformas de emprego e nas redes sociais onde se comparten cousas relacionadas con oportunidades laborais.

Ribeiro Do Miño __ Programa Integrado para o Emprego 31


FORMACIÓN COMPLEMENTARIA

Dende o xoves día 26 de marzo de 2015, as per-

Cursos de preparación das probas de avaliación en competencias clave

soas participantes que así o solicitaron asistiron a formación para superar as probas de competencias clave que a Xunta de Galicia convocou e que tiveron como data de exame o 23 de maio deste ano. As materias que prepararon son Comunicación en lingua galega, Comunicación en lingua cas-

As competencias clave son os requisitos formativos que aseguran que o alumnado posúe os coñecementos necesarios para cursar con aproveitamento os cursos correspondentes ós novos certificados de profesionalidade (Cursos AFD) impartidos polo Servizo Público de Emprego.

telá, Competencia en matemáticas e Comunicación en lingua extranxeira-inglés dos niveis 2 e 3. Un total de 20 persoas participaron nos grupos creados, un deles desenvolveuse no concello de Toén e o outro, no concello de Castrelo de Miño. En canto aos resultados obtidos polo alumnado tras esta formación preparatoria nos exames oficiais, decir que foron moi satisfactorios, especialmente nos correspondentes ao Nivel 2, xa que o 100% dos mesmos acadaron aprobado nas tres asignaturas base (lingua galega, lingua castelá e matemáticas).

Programa Integrado para o Emprego__ Ribeiro 32

Do Miño


FORMACIÓN COMPLEMENTARIA

Entre o xoves 12 e venres 13 de marzo de 2015, impartiuse no Salón de Actos do Concello de Castrelo de Miño esta acción formativa de adquisición de competencias adicionais para o desempeño do traballo nunha adega.

Cursos de manipulador/a de alimentos para adegas

Este curso no que participaron 21 persoas do

• Limpeza e desinfección (características dos

Programa Integrado Ribeiro do Miño, tiña como

deterxentes, desinfectantes e sistemas de

obxectivos adquirir coñecementos relacionados

limpeza). Control de residuos. Control de

coa manipulación de maneira que se cumpran

pragas. Control auga. Control de

os requisitos contemplados en adegas na lexis-

trazabilidade e alergóxenos.

lación vixente, ademais de conseguir que a limpeza e hixiene das instalacións sexa eficaz,

• Regulación do etiquetado, presentación e

económica e respectuosa co medio ambiente, e

publicidade. Contaminación por produtos de

coñecer os mecanismos de seguridade alimen-

limpeza e desinfección no embotellado.

taria neste sector para adecualo á realidade de

Análise de perigos e puntos de control crítico

cada adega.

(APPCC). Lexislación aplicable.

A Universidade Nacional de Educación A Distan-

Unha vez valorado o exame final expedíuselles

cia – UNED de Ourense impartiu os seguintes

o carné de manipulador de alimentos para ade-

contidos:

gas a aquelas persoas participantes que o superaron.

• Manipulación e definicións. Prácticas de manipulación. Mantemento de locais, instalacións e equipos. Ribeiro Do Miño __ Programa Integrado para o Emprego 33


FORMACIÓN COMPLEMENTARIA

Xornada de Fomento do Autoemprego "O Rural Emprende" Tivo lugar en Laias Caldaria Hotel Balneario o Xoves, 27 de novembro de 2014.

As persoas que participan no Ribeiro do Miño poideron escoitar e aprender da man de Daniel Diéguez Diéguez, técnico de emprendemento da Rede Eusumo, de Manuel Carlos Gómez Díez, presidente de Hortoflor2 S.C.L. e de Diego Diéguez Collarte, integrante de Cume do Avia S.C.G. / Eira de Mouros C.T.A., as vantaxes da cooperativa como ferramenta para acadar un emprego. Tamén contamos coa presencia de Roberto Álvarez González, que puxo en marcha A Facenda O Agro e “As Galeguesas”, como iniciativa propia de autoemprego.

Programa Integrado para o Emprego__ Ribeiro 34

Do Miño


PROGRAMA INTEGRADO RIBEIRO DO MIÑO

Entrega de diplomas das accións formativas desenvolvidas no 2014 Aproveitando a Xornada O Rural Emprende entregáronse os diplomas de participación nas actividades formativas realizadas no Programa Integrado Ribeiro do Miño ó longo de 2014.

Os Alcaldes dos concellos implicados neste proxecto, D. Gabriel Alén Castro, Alcalde de Cenlle, D. Amancio Cid Pérez, Alcalde de Toén D. Xurxo Rodríguez Méndez, Alcalde de Castrelo entregaron os carnés profesionais e os diplomas de participación a aquelas persoas que ó longo do ano 2014, obtiveron un resultado positivo na súa formación. Ribeiro Do Miño __ Programa Integrado para o Emprego 35


FORMACIÓN COMPLEMENTARIA

“Xornada de Emprego 2.0: busca de traballo na internet e nas redes sociais” O día 4 de febreiro de 2015 e coa finalidade de coñecer e aprender a manexar ferramentas da web 2.0, imprescindibles para a busca de emprego na era dixital, que permitan mellorar a visibilidade do perfil profesional e posicionarse axeitadamente no mercado de traballo, desenvolveuse, no Salón de Actos do Concello de Castrelo de Miño esta Xornada

As persoas participantes no proxecto puideron escoitar e debater con Xosé Alberte Cea, orientador laboral no concello de Vigo e experto en desenvolvemento persoal e na web 2.0 sobre a importancia de coñecer, estar presentes e usar as redes sociais en beneficio propio á hora de buscar traballo.

A cada participante entregóuselle unha tablet para facilitar o seu achegamento ó mundo dixital, ademais de aproveitar a xornada para presentar o blog ribeirodominho.gal e a páxina de facebook.

Programa Integrado para o Emprego__ Ribeiro 36

Do Miño


PROGRAMA INTEGRADO RIBEIRO DO MIテ前

Ribeiro Do Miテアo __ Programa Integrado para o Emprego 37


FORMACIÓN COMPLEMENTARIA

Os días 17 e 30 de xuño de 2015 celebraronse nas instalacións do Concello de Castrelo de Miño e de Toén o curso de Hixiene Alimentaria- Manipulador/a de Alimentos.

Cursos de hixiene alimentaria Esta formación é obrigada para acadar unha capacitación axeitada, comprendendo a importancia dos procesos de manipulación para garantir que están baixo control, así como para fomentar o cambio de aquelas condutas que non se correspondesen cunhas correctas prácticas hixiénicas de manipulación.

Formar as persoas traballadoras en canto á hixiene dos alimentos, manipulacións correctas e incorrectas, hixiene persoal e de instalacións, así como conseguir o mantemento de boas prácticas de manipulación. Coñecer a incidencia e gravidade das toxiinfeccións alimentarias.

As persoas destinatarias desta acción formativa foron aquelas de nova incorporación que non conten con formación inicial en materia de hixiene alimentaria acreditada ou que recibisen a última formación con anterioridade o ano 2010.

Coñecer as principais vías directas e indirectas de contaminación microbiológica dos alimentos. Coñecer a lexislación vixente.

Os obxectivos: Concienciar sobre a importancia da manipuAdquirir os coñecementos, habilidades e actitudes necesarias para aplicar no seu posto de traballo un correcto comportamento e as técnicas adecuadas de hixiene e sanidade alimentaria en manipulación de alimentos, para impedir ou previr a a súa contaminación.

Programa Integrado para o Emprego__ Ribeiro 38

Do Miño

lación correcta dos alimentos. Garantir que as persoas manipuladoras de alimentos reciban a formación en materia de Hixiene Alimentaria segundo o indicado na lexislación estatal e autonómica vixente.


PROGRAMA INTEGRADO RIBEIRO DO MIÑO

Unha das actividades económicas principais dos concellos implicados neste programa integrado, está relacionada coa elaboración de viños da Denominación de Orixe Ribeiro ou con traballos no sector agrario

Xuntanza coas adegas vitivinícolas da comarca

Tendo en conta que as adegas son un referente no motor económico destes concellos celebrouse o xoves día 6 de novembro de 2014 ás 19:00 h nas dependencias do Centro Comarcal do Ribeiro, sito en Ribadavia unha xuntaza á que convidamos o Consello Regulador e a todas as adegas que o compoñen.

Deste xeito coñecimos cales son as verdadeiras necesidades formativas e profesionais no ámbito dos traballos vitivinícolas, a fin de que a formación impartida desde o programa Ribeiro do Miño se axustase ás demandas do tecido empresarial.

Ribeiro Do Miño __ Programa Integrado para o Emprego 39


OFERTAS DE EMPREGO

No blog ribeirodominho.gal e na páxina de facebook do Ribeiro do Miño, con carácter semanal, as persoas que participan no programa integrado teñen un boletín con ofertas de emprego seleccionadas e adaptadas a súa procura de ofertas de traballo. Este boletin de ofertas pretende ser unha ferramenta de intercambio de información entre o equipo técnico do proxecto e as persoas participantes e coma unha axuda máis a súa disposición en aras de mellorar a súas posiblidades de empregarse. Ademais, tamén contan con enlaces a páxinas e outros blogs do sector de maneira que podan acceder a elas con axilidade e mellorar as súas buscas.

Programa Integrado para o Emprego__ Ribeiro 40

Do Miño


Ribeiro Do Mi単o __ Programa Integrado para o Emprego 41


NOVAS DE PRENSA

42


43


O Ribeiro do Miño en cifras. Resultados acadados

SEXO

A vista do traballo realizado, é o momento de avaliar os resultados, expor as opinións dos e das participantes recollidas nos instrumentos de avaliación utilizados para tal fin:

39%

61%

Ó longo da anualidade 2014-2015 comprendida entre o 1 de agosto de 2014 e o 31 de xullo de 2015, no programa integrado de emprego Ribeiro do Miño participaron, por terse producido unha baixa e unha alta de participantes en tempo e prazo de substitución, un total de 61 persoas desempregadas demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia, das cales, 37 son homes e 24 son mulleres.

MULLERES

HOMES

Atendendo a colectivos de pertenza temos que: O rango de idade das persoas que participaron no programa foi moi amplo, xa que es-

CARACTERÍSTICAS DOS COLECTIVOS

3% DISCAPACIDADE IGUAL OU SUPERIOR 33%

tivo entre os 21 anos da persoa mais nova e os 61 anos da maior. Con todas elas, mantívose unha comunicación frecuente e fluída en todo momento para desenvolver as diferentes fases do pro-

17% MULLERES

xecto por parte das técnicas contratadas para o mesmo, realizando continuos contac-

36%

tos tanto a nivel persoal (entrevistas) coma

EN RISCO DE EXCLUSIÓN SOCIAL

telefónicos (comunicacións, seguimento) que permitiron o continuo coñecemento das accións que se estaban a levar a cabo no programa por parte das persoas participan-

12% 3%

tes así como a orientación en temas laborais

MENORES DE 30 ANOS

MENORES DE 30 ANOS CON BAIXA CUALIFICACIÓN

e formativos. O 100% dos/as participantes foron informados/as das accións formativas levadas a cabo ao longo do Programa e o

3%

culum vitae actualizado en colaboración

INMIGRANTES

Programa Integrado para o Emprego__ Ribeiro 44

100% dos/as participantes teñen o seu curri-

Do Miño

coas técnicas do programa.


Propuxéronse 14 tipos de accións formativas dife-

tacar en moitos casos o desexo de ter prolongado

rentes e participaron nun promedio de 5 cursos

máis determinadas formacións para adquirir máis

por persoa.

coñecementos. O 95,5% do total das enquisas

Das enquisas de valoración do alumnado extrae-

analizadas reflicten que os cursos realizados res-

mos en conxunto que o grao de satisfacción dos/as

ponderon ás súas expectativas iniciais, que sí que

participantes con respecto á formación recibida ao

volverían a participar en cursos similares e cos/as

longo do programa foi alto en xeral, podendo des-

mesmos/as docentes que os impartiron.

GRAO DE SATISFACIÓN POR ACCIÓN FORMATIVA EXPRESADO EN % COMPETENCIAS CLAVE MANIPULADOR / A ALIMENTOS AUX. XARDINERÍA E HORTICULTURA MANIPULADOR / A ADEGAS EMPREGO 2.0 OP. AGRÍCOLA E VITIVINÍCOLA XORNADA AUTOEMPREGO NNIT HHSS BAE PRL PEÓN FORESTAL CARRETILLEIRO FITOSANITARIOS

0

25

Se falamos de prospección empresarial e de ofertas de traballo manexadas, dicir que se contactou con algo mais de 120 empresas destes concellos e dos cercanos, así como os seus polígonos, con posibles postos de traballo adaptados os perfís profesionais das persoas participantes maioritariamente mediante chamada telefónica, e que se manexaron arredor de 450 ofertas de emprego.

50

75

100

A xullo de 2015 atoparon emprego por conta allea 31 persoas participantes no Ribeiro do Miño e 1 iniciou actividade por conta propia. Do total, estiveron ou están traballando por un período igual ou superior a 3 meses, 23 traballadores/as por conta allea e a persoa autónoma xa leva un período igual ou superior a 6 meses, o que supón unha porcentaxe do 40% de insercións acadadas.

MAIS DE 6 MESES ENTRE 3 E 6 MESES MENOS DE 3 MESES

0

5

10

15

20

Ribeiro Do Miño __ Programa Integrado para o Emprego 45


Programa Integrado para o Emprego__ Ribeiro 46

Do Mi単o


Ribeiro Do Mi単o __ Programa Integrado para o Emprego 47



Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.