Castrelo Informa 3 - 2019

Page 1

Castrelo informa 3 portada.qxp_Maquetación 1 21/3/19 13:19 Página 1

P RIMAVER A 201 9

BOLETÍN DE INFORMACIÓN MUNICIPAL DO CONCELLO DE CASTRELO DE MIÑO

Avenida do Concello, 18. 32430 Castrelo de Miño. Ourense. Galicia Tlf: 988 493 000 • Fax 988 493 100

PR IMAVE RA 2 019

www.castrelo.gal • concello@castrelo.org

3

NÚME RO 3


Castrelo informa 3 portada.qxp_Maquetación 1 21/3/19 13:19 Página 2

Sumario CASTRELO ATENDE

33 Construción dun novo velorio en Castrelo de Miño

4

Atención e información na Casa do Concello

6

Nova web Castrelo.gal

35 Castrelo concilia no verán

7

Sede electrónica

7

Castrelo Xestiona

36 Castrelo de Miño adhírese ao Programa de vivendas baleiras

8

Servizo municipal de augas

9

Servizo municipal de iluminación pública

10 Servizo municipal de recollida de animais abandonados 11

Servizo municipal de recollida de lixo

14 Recollida gratuíta de voluminosos a domicilio 14 Punto limpo de Carballiño BENESTAR E SERVIZOS SOCIAIS 16 Servizos sociais e benestar 17 Unidade de Traballo Social 19 Usuarios dos servizos sociais 21 Lonxevidade 22 Vivenda comunitaria para os maiores

34 Día da muller

FORMACION E EMPREGO 38 Xornada de clausura do Programa Aurora 40 Curso de atención sociosanitaria 41 Programa integrado de emprego “Ribeiro do Miño” 2015 42 Obradoiro de emprego “A Ribeira” 2016-17 43 Obradoiro de emprego xuvenil “Resinas do Avia – Miño” 2018-19

26 Dúas Casas do Maior en Castrelo de Miño

47 Competencias Clave 48 A UNED impartiu un curso universitario en Castrelo de Miño

28 Servizo de educación familiar

32 Mellora na accesibilidade no Centro de Saúde e no Parque Náutico

Castrelo informa Número 3 • Primavera 2019 Edita: Concello de Castrelo de Miño Deposito Legal: OU 87-2019

66 Restauración de fontes de auga pública PROMOCIÓN VITIVINÍCOLA E DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO 68 Ribeiro Blues Wine Festival

76 Cata de viños da revista Parker

46 Novo servizo de orientación laboral

31 Castrelo de Miño, un exemplo en medidas de conciliación e corresponsabilidade

65 O concello de Castrelo de Miño gáñalle a Red Eléctrica de España un contencioso de 130.000 euros

45 Cursos de aplicador e manipulador de produtos fitosanitarios

24 Casa niño, un novo servizo para a infancia

30 II Plan de Igualdade de Oportunidades

64 O concello de Castrelo de Miño reclama e recupera 54.000 ¤ facturados erroneamente por Gas Natural Fenosa

74 Viñodiversidade

23 Humanización da contorna da Vivenda Comunitaria

29 Escola de familias

63 Renovación integral do servizo municipal de iluminación pública

44 Formación Profesional Dual en Carpinteria

45 Información sobre a renovación do carné de aplicador de productos fitosanitarios

27 Castrelo Móvese por ti: BusCastrelo

62 Melloras no sistema de abastecemento de auga potable

OBRAS E INVESTIMENTOS PÚBLICOS 50 Castrelo contará este ano cunha renovada ponte sobre o Miño 54 Mellora da estrada OU-404 55 Reparacións na estrada OU-304

Servizo municipal de augas

Emerxencias

Avarías • Días laborables de 8:00 h a 15:00 h Tlf 988 511 775 • Días laborables a partires das 15:00 h e días festivos Tlf 680 589 371 Servizo administrativo (xestións, queixas e reclamacións) Atención presencial • En Castrelo de Miño, na casa do Concello os días 10 e 30 de cada mes (se coinciden con un sábado, domingo ou festivo, pasaría ao seguinte día hábil) • En Ourense, nas Oficinas de Aquaourense en Rúa Avilés de Taramancos, nº 4, 32002 Ourense

Emerxencias Galicia: 112 (teléfono recomendado para calquer tipo de emerxencia) Garda civil cuartel de Ribadavia: 988470027 Garda civil: 062 Protección Civil Castrelo de Miño: 664467124

75 Poesía, maxia e viño 77 Castrelo acolle unha cata de viños doces 78 Presentación dos viños dos colleiteiros do Ribeiro

Recollida de animais abandonados: Tlf 608 762 695 Operativo as 24 horas

79 Plan de defensa contra os incendios forestais

Taxis Municipais:

80 Reestruturación parcelaria

Taxi Otto Cadaya: 607 853 022 Taxi e autocares Benigno: 988 489 093 - 619 753 516

81 A asociación de produtores de aceite de oliva de Galicia reuniuse en Castrelo de Miño 82 O lagar rupestre de Castrelo incluído no mellor libro de historia do viño do ano 2018 83 Dez anos de Feira en Castrelo 84 Castrelo Sabe 85 O viño e a gastronomía de Castrelo na Feira Xantar de Ourense CONCELLO EN REDE

Servizo de recadación: Imposto de Bens Inmobles (IBI) e Impostos de Vehículos de Tracción Mecánica (IVTM)

• Solicitude de queima de restos agrícolas: No teléfono 012 ou na web http://emediorural.xunta.es/queimasweb/ • Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro: 988477200 • Oficina Agraria Comarcal de Ribadavia: 988470963

Saúde e sanidade: • Centro de Saúde de Castrelo de Miño (Paradela) Tlf 988493007 Fax 988493280 • Consultorio Médico de Prado de Miño: 988489048 • Telefono de CITA MÉDICA no SERGAS: 988398409 (número máis barato) 902077333 (número con sobrecuste na chamada), ou na web www.sergas.es

Transporte: Catoure S.L. RIBADAVIA Praza Maior nº 5 • Tlf 988470516 ribadavia@catoure.com Catoure S.L. OURENSE Rúa Noriega Varela, 6 baixo. Tlf 988226214 info@catoure.com

56 Arranxo da estrada A Cancela - Celeirón

88 Castrelo, Cidade Amiga da Infancia

57 Plan municipal de mellora de infraestruturas

89 Visita da presidenta de UNICEF Galicia a Castrelo de Miño

Taxa da xestión integral do ciclo da AUGA, e taxa do LIXO

61 Un convencio entre Concello e Xunta permitiu eliminar 23 vertedoiros incontrolados

90 O Consello Infantil de Castrelo de Miño realiza visitas institucionais

Deputacion Provincial de Ourense Rua Progreso 32, 32003 Ourense Tlf 988385183

91 Castrelo, cidade saudable

Medio rural:

Servizo de Transporte Municipal Castrelo Móvese por ti: 988493000 (Chamar para reservar de 09:00 a 11:00 horas de luns a venres)

LIXO - Recollida de voluminosos Presentando unha solicitude nas oficinas municipais ou chamando ao 988 493 000, o concello recolle no propio domicilio dos veciños os seguintes voluminosos: mobles, colchóns, voluminosos de madeira, material electrónico, electrodomésticos de liña branca (lavadoras, secadoras, conxeladores, etc.), electrodomésticos de liña marrón (televisores, vídeos, cadeas de música...),etc... Servizo incluído na taxa de recollida do lixo. Sin coste a maiores.


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:13 Página 1

92 Castrelo, membro do Fondo Galego de Cooperación 94 Castrelo, cidade amigable coas persoas maiores 96 Castrelo, cidade do viño 96 Castrelo, parte fundamental da Ruta do Viño do Ribeiro 97 Castrelo EN NEGRO contra as violencias COLABORACION INTERINSTITUCIONAL 100 Colaboración e cooperación interinstitucional PROTECCIÓN CIVIL 106 Protección Civil 108 Novo equipamento para a agrupación de voluntarios de Protección Civil 109 Nova mini-grúa 4x4 de rescate e protección medioambiental 110 Castrelo de Miño conta cun novo desfibrilador externo semiautomático (DESA) 111 Curso básico de protección civil en Castrelo de Miño 111 Programa municipal de Voluntariado Xuvenil 112 Charla de primeiros auxilios e sistemas de retención infantoxuvenís TURISMO 114 Nova Casa da Anguía para o seu XXV aniversario 116 Renovación do tellado do edificio central do Parque Náutico 117 Novo parque infantil 118 Nova sinalización turística intelixente 119 Entrou en funcionamento o novo albergue municipal do Parque Náutico 120 Intercambio internacional de mozos europeos no albergue municipal 121 Restaurante e cafetería do Parque Náutico 122 Astrogalicia, a festa galega das estrelas en Castrelo

123 Bandeiras do mundo 124 Verán en Castrelo, a praia fluvial de moda en Ourense 126 Piscina municipal para o verán 127 O catamarán continúa a navegar en Castrelo de Miño 128 Castrelo de Miño, plató de televisión 130 Selfie coas letras de Castrelo 131 Castrelo de Miño, protagonista en FITUR 132 Castrelo consegue que a Deputación inclúa os seus recursos termais no plan Ourense Provincia Termal 133 Plan integral de desenvolvemento da marxe esquerda do río Miño 136 Paseos fluviais, zonas de baño excelentes e áreas de pesca DEPORTE

154 O concello de Castrelo de Miño nstalou un sistema de calefacción no ximnasio do pavillón 155 O rally de Ourense pasa por Castrelo 156 Castrelo, feito para o deporte 158 20 anos da San Silvestre de Castrelo 160 Escolas deportivas para todas as idades CULTURA E ENSINO 162 Novo centro veciñal de Noallo 164 Aula CeMIT de novas tecnoloxías 165 Rehabilitación da antiga escola de Prado e Vide 166 O centro cultural Castrelo INFO recibe premios e ecoñecementos 168 En galego!

138 La Vuelta a España 2016 en Castrelo

169 Melloras no CEIP Castrelo de Miño

142 Parque acuático en Castrelo de Miño

169 Instalación de calefacción de pellets nos centros sociais

143 Convenio coa Federación Galega de Remo

170 Colexio público de Castrelo de Miño

144 Catro campionatos de España de remo organizados en Castrelo

172 Entrega do premio de pintura Fertiberia no CEIP de Castrelo de Miño

146 Castrelo de Miño será a sede da Copa da Xuventude 2021

173 Tres mozos de Castrelo ilustran un caderno de Mans Unidas

147 Convenio coa Federación Galega de Piragüismo

174 O Castro de Santa Lucía

148 O piragüismo voltou a Castrelo 148 Creación dun novo clube de piragüismo en Castrelo 149 Campionato do mundo de Piragüismo 2020 en Castrelo de Miño 150 O Concello recupera unha nave pública de titularidade municipal 151 Mellora e adecuación da pista olímpica de remo 152 Reparación e mellora das pasarelas de acceso aos pantaláns 153 Reforma integral do aparcadoiro do parque náutico

177 O lagar rupestre 178 Exposición do Camiño Miñoto-Ribeiro 180 O concello apoia a tradición teatral de Castrelo de Miño 181 Oito obras de teatro consecutivas desde o ano 2010 182 Obradoiro de iniciación ao audiovisual: A Viña do Ferrado 183 Curtametraxes de Óscar Doviso 184 Aldea Vella, unha actividade de Samaín 185 Festa de reis o 6 de xaneiro 186 Actividades culturais e de lecer


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetaciรณn 1 21/3/19 9:13 Pรกgina 2


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetaciรณn 1 21/3/19 9:13 Pรกgina 3

CASTRELO AT E N D E


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:13 Página 4

CASTRELO ATENDE

Atención e información na Casa do Concello A Casa do Concello é o lugar onde os veciños e veciñas de Castrelo de Miño se poden achegar para xestionar calquera asunto relacionado co noso municipio.

Portelo único da Xunta de Galicia e da Administración Xeral do Estado. A día de hoxe, xa non é preciso desprazarse ás distintas administracións, xa que na Casa do Concello non só se poden realizar xestións municipais, senón que tamén é posible presentar documentación ou instancias dirixidas a calquera Consellería ou departamento que forme parte da Xunta de Galicia e da Administración Xeral do Estado.

Servizo de Urbanismo Enderezo e Horario: Está situada na Avenida do Concello, 18 · Barral 32430 · Castrelo de Miño Permanece aberta de luns a venres de 8:00 a 15:00 horas. O teléfono xeral de atención ao público é o 988493000 · Fax: 988493100 · Email: concello@castrelo.org Os departamentos situados nestas dependencias son os seguintes: Atención ao público, Xulgado de Paz, Rexistro Civil, Tesouraría, Secretaría-Intervención, Urbanismo, Alcaldía e goberno municipal, Arquivo e Auditorio Municipal. A maiores das habituais competencias propias municipais, tamén se prestan os seguintes servizos:

4

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

O servizo de urbanismo do Concello de Castrelo de Miño está a disposición de tódolos veciños e veciñas que precisen facer xestións tales como a solicitude de licenzas de obra, parcelación, apertura, actividade ou primeira ocupación; consultas sobre as condicións urbanísticas e o PXOM; tramitación de subvencións para rehabilitacións e de expedientes de ruína ou a emisión de certificados técnicos. O horario de atención ao público é o seguinte: Luns e Venres de 10:00 a 14:00 horas Mércores de 15:00 a 19:00 horas


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:13 Página 5

CASTRELO ATENDE

Punto de Información Catastral (PIC) O Concello de Castrelo de Miño ten en funcionamento o Punto de Información Catastral (PIC) coa finalidade de darlle resposta á demanda de información catastral por parte de numerosos veciños e veciñas que non dispoñen dos medios técnicos axeitados. Dende o PIC das oficinas do Concello de Castrelo de Miño, o titular catastral ou o seu representante, pode ter acceso aos seguintes servizos: • Consulta libre de datos catastrais non protexidos e de cartografía dixital. • Consulta e certificación electrónica de datos protexidos dos titulares catastrais, relativo aos bens inmobles da súa titularidade.

• Inscrición de nacementos, matrimonios e defuncións. • Expedición de Fé de Vida e Estado. • Expedición de extractos de nacemento, matrimonio e defunción. • Libros de familia. • Matrimonios Civís • Citacións, notificacións e requirimentos, etc... • Conciliacións. • Expedicións de certificados en extracto e literais de nacementos, matrimonios, defuncións no Rexistro, ben noutro, pois neste caso solicítanse duns rexistros a outros por auxilio

O PIC do Concello de Castrelo de Miño atende as demandas de información catastral de todos os veciños e veciñas, no mesmo horario de atención ao público que o servizo de urbanismo.

• Inscricións de Capitulacións Matrimoniais

Xestións ante a Dirección Xeral de Tráfico

Servizo de recadación:

O Concello asinou un convenio coa Dirección Xeral de Tráfico (DXT) e a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) que permite que tódolos veciños e veciñas poidan facer, de maneira gratuíta nas dependencias do Concello, o cambio de domicilio no Rexistro de Condutores da DXT e a solicitude de duplicados do permiso de circulación por cambio de domicilio do titular. Ter o domicilio actualizado é importante para recibir correctamente os permisos despois da renovación e para coñecer as sancións que poidamos ter, acolléndonos a descontos por pronto pago e evitando recargos por recibir a sanción en vía de apremio. Estas tramitacións pódense facer nas oficinas municipais de 9 a 14 horas.

Xulgado de Paz e Rexistro Civil O Xulgado de Paz e o Rexistro Civil, sitos na Casa do Concello prestan os seus servizos de luns a venres. É o lugar onde se inscriben os feitos relativos ao estado civil dos españois, ocorridos en España, neste caso ou das persoas nacidas, casadas ou falecidas no Concello de Castrelo de Miño.

• Expedientes de rectificación de erro • etc

Departamento de Tesouraría nas oficinas municipais da casa do concello. Dependendo do imposto ou taxa, poderán facer as xestións directamente nos seguintes lugares:

• Imposto de Bens Inmobles (IBI) e Impostos de Vehículos de Tracción Mecánica (IVTM) Catoure S.L. RIBADAVIA Praza Maior nº 5 • Tlf 988470516 ribadavia@catoure.com Catoure S.L. OURENSE Rúa Noriega Varela, 6 baixo. Tlf 988226214 · info@catoure.com • Taxa da xestión integral do ciclo da AUGA, e taxa do LIXO Deputacion Provincial de Ourense Rua Progreso 32, 32003 Ourense Tlf 988385183

Con carácter orientativo, os veciños poden realizar nas oficinas municipais os seguintes trámites: Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

5


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:13 Página 6

CASTRELO ATENDE

Nova web Castrelo.gal Desde marzo de 2017, o Concello de Castrelo de Miño ten nova páxina web (www.castrelo.gal). O novo punto de encontro na rede para todos os veciños e veciñas coloca os servizos públicos municipais ao alcance de todos cun renovado deseño, simpleza e co maior número de contidos posibles.

Co novo sitio quérese culminar o camiño emprendido hai meses para levar a cabo a rendición de contas, cumprir cos obxectivos de transparencia e participación e seguir potenciando o cambio de cultura administrativa tanto para os propios traballadores como para a cidadanía a través da progresiva eliminación do papel en prol da Administración 2.0. Castrelo.gal estrutúrase nun esquema web simple que conta con varias seccións que se irán abrindo paulatinamente, entre as que se atopan as relativas ao coñecemento do concello, da súa estrutura, do seu perfil turístico ou dos servizos públicos dependentes do municipio. Mentres, Castrelo segue mantendo a súa activa voz nas redes sociais. Así, e xunto con esta renovada páxina, os usuarios poden seguir estando igual de informados nos perfís oficiais do concello en Facebook, Twitter e na nosa APP móbil gratuíta Castrelo Xestiona. Outras páxinas webs municipais: • Web de fotografías antigas: www.memoriadecastrelo.org • Web de vídeos de Castrelo de Miño: www.castrelo.tv • Web de información turística para móbiles: www.castrelo.mobi 6

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:13 Página 7

CASTRELO ATENDE

Sede electrónica Foi creada en 2015 e fóronse incorporando paulatinamente ao longo destes anos novos trámites e procedementos, que permiten aos usuarios solicitar e recibir a través da sede electrónica a maioría dos documentos emitidos polo Concello. Pode accederse a través do enderezo: http://castrelo.sedelectronica.gal A sede electrónica é unha prolongación da oficina administrativa tradicional, dispoñible para que a cidadanía poida realizar os seus trámites as 24 horas dos 365 días do ano. A sede electrónica garante en todo momento a identidade, integridade e autenticidade do cidadán a través dos "Certificados electrónicos". Ademais, dispón dun rexistro que acredita e certifica estas transaccións, o "Rexistro telemático".

Castrelo Xestiona Todo Castrelo no teu teléfono móbil. Operativa 24 horas, 365 días ao ano. Compatible con Android e Apple.

CASTRELO XESTIONA é unha aplicación para teléfonos móbiles do concello de Castrelo de Miño, de comunicación e xestión de incidencias no equipamento urbano e de participación cidadá. Permite aos cidadáns de Castrelo de Miño notificar directamente ao concello en tempo real, diversos tipos de incidencias, avarías ou danos que se poidan atopar na localidade. Un servizo totalmente gratuíto co que o cidadán contribúe a un mellor funcionamento dos servizos municipais, proporcionando aos técnicos a información necesaria para manter o bo estado do municipio. Todas as incidencias son rexistradas, analizadas e remitidas ao departamento responsable. O rexistro da incidencia faise mediante xeolocalización para determinar o lugar da incidencia. A mesma aplicación inclúe un apartado de noticias locais e unha axenda de eventos e actividades municipais, unha guia de comercios e teléfonos de interese e un apartado de enquisas e suxestións. Conta así mesmo cun servizo de xestión de citas previas. Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

7


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:13 Página 8

CASTRELO ATENDE

Servizo municipal de augas O concello de Castrelo de Miño fai unha xestión integral do ciclo da auga a través dun convenio de colaboración coa Deputación Provincial de Ourense. Isto permite prestar un servizo integral de atención durante as 24 horas do día. O xeito de proceder por parte dos usuarios é o seguinte:

- Avarías. Para comunicar unha avaría no servizo de augas deben chamar directamente aos seguintes teléfonos: • Días laborables de 8:00 h a 15:00 h: Tlf 988 511 775 • Días laborables a partires das 15:00 h e días festivos: Tlf 680 589 371 Comuniquen a incidencia no momento inmediato de apreciala, xa que iso permitirá unha reparación áxil e recuperar o servizo no menor tempo posible. - Servizo administrativo (xestións, queixas e reclamacións): de xeito presencial na Casa do Concello todos os días 10 e 30 de cada mes (se coinciden cun sábado, domingo ou festivo, pasaría ao seguinte día hábil), ou nas oficinas de Aquaourense na rúa Aviles de Taramancos, 4, 32002 – Ourense. - Recadación (taxa pola xestión integral do ciclo da auga): Departamento de Recaudación da Deputacion Provincial de Ourense, Rua Progreso 32, 32003 Ourense - Tlf 988385183

8

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:13 Página 9

CASTRELO ATENDE

Servizo municipal de iluminación pública O concello de Castrelo de Miño presta o servizo de iluminación pública en todos os núcleos do concello. A día de hoxe hai instaladas 1475 luminarias, que son xestionadas por 46 cadros eléctricos de mando. Nos últimos 10 anos fíxose unha renovación de toda a rede, tanto luminarias como cadros. O concello de Castrelo de Miño presta o servizo de iluminación pública en todos os núcleos do concello. A día de hoxe hai instaladas 1475 luminarias, que son xestionadas por 46 cadros eléctricos de mando. Nos últimos 10 anos fíxose unha renovación de toda a rede, tanto luminarias como cuadros. Iso permite que o concello conte a día de hoxe con 1084 luminarias LED de alta tecnoloxía e baixo consumo enerxético. Ao longo do ano 2019, coa axuda dunha subvención concedida polo IDAE, procederase á instalación do resto de luminarias LED nos núcleos de Troncoso, Freás, Santo Estevo estrada, Barral, Avenida do Concello, O Pazo e O Toledo. En 2019 Castrelo de Miño será un concello 100% LED. Co 100% instalado o concello pasará anualmente dun consumo de 591970 kWh a 131367 kWh. O aforro é polo tanto de 460.603 kWh. Isto supón un aforro do 78% A instalación de LEDs supón ademáis unha mellor iluminación e un menor número de avarías. Se se produciran, deben comunicalo nas oficinas municipais para o seu inmediato arranxo: 988493000

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

9


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:13 Página 10

CASTRELO ATENDE

Servizo municipal de recollida de animais abandonados O concello de Castrelo de Miño mantén un convenio co Deputación de Ourense para a recollida de animais abandonados.

Que inclúe este servizo?: A recollida de animais abandonados ou extraviados e traslado aos centros de acollida. Este servizo non ten ningún custo adicional para os veciños. Como se solicita a recollida?: Chamando directamente ao teléfono 608 762 695 – Operativo as 24 horas. Outros servizos a maiores aos que se lle aplicarían ao solicitante as taxas correspondentes da Deputación Provincial de Ourense • Recollida de animais de propietarios particulares que renuncien á súa propiedade e abonen as taxas correspondentes. • Eutanasia de animais cando estea plenamente xustificada por razóns humanitarias. O propietario asumirá o pago da taxa correspondente. • Cremación de cadáveres procedentes das baixas dos residentes ou das eutanasias autorizadas de animais de propietarios particulares, que asumirán o seu custo. • Xestión de adopcións por particulares ou asociacións dos animais residentes nos centros de acollida, cuxa propiedade ostente a Deputación, sexa porque se cumpriron os prazos estipulados na Ordenanza reguladora do servizo trala súa recollida ou por renuncia do anterior propietario

10

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:13 Página 11

CASTRELO ATENDE

Servizo municipal de recollida de lixo O concello de Castrelo de Miño realiza o servizo de recollida do lixo a través dun convenio de colaboración coa Deputación Provincial de Ourense. Isto permite unha recollida selectiva do lixo. Os servizos implican todas as fraccións: resto (verde), envases lixeiros (amarelo), papel-cartón (azul) e envases de vidro (iglú verde), así como a limpeza periódica de todos os contedores.

Datos da recollida de lixo realizada en Castrelo de Miño no ano 2017: Fracción Resto: 392 toneladas Envases lixeiros: 9,6 toneladas Papel e cartón: 2,8 toneladas Vidro: 19,2 toneladas. Como se pode apreciar, no contedor verde (fracción resto) recóllense demasiadas toneladas de lixo, por non facer unha boa separación de residuos e porque incluso moitas veces, deposítanse materiais que non deben ir ao contedor. • Isto que supón?: Que se encareza o prezo da recollida do lixo para o concello e para os veciños. • Como podemos reducir custos entre todos?: É facil. O concello paga á Deputación pola recollida e a SOGAMA polo tratamento do lixo. Polas toneladas de lixo que van no contedor verde (fracción resto), o concello PAGA. Polo lixo recollido nos contedores amarelos, azuis e iglús o concello INGRESA. Polo tanto, canto máis e mellor se utilicen os contedores de recollida selectiva, menos custará o servizo. • Como vai beneficiar aos veciños que o concello reduza o gasto no servizo?: O que se paga (58 €) é unha taxa que cubre os custos do servizo prestado. Así que se o concello paga menos, por lei vaille cobrar menos aos veciños. Polo tanto, é preciso mellorar entre todos. Aquí se achega unha relación detallada do que debe ir en cada contedor:

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

11


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:13 Página 12

CASTRELO ATENDE

Contedor de envases lixeiros: Que debes depositar:

Que debes depositar:

Botellas de plástico que contiveran líquidos (aceites vexetais, refrescos, auga, leite,…)

Xornais e revistas.

Botes de plástico que contiveran produtos de aseo ou limpeza (xel de baño, xampú, limpadores do fogar, …)

Cadernos sen argolas, sen grampas e sen arames. Papel de envolver ou embalar.

Botes de cosméticos

Caixas de cartón (de galletas, cereais, zapatos, ….).

Tubos de dentífrico

Envases de papel (de arroz, fariña, azucre, ….).

Bandexas de aluminio, porexpán ou cortiza branca Redes de envoltorios de froitas ou verduras Plásticos film e envoltorios de aluminio

Cartóns de ovos. Acolchado de embalaxes cando sexa de papel ou cartón). Libros. Follas de apuntes.

Bolsas de plástico dos comercios

Que NON debes depositar:

Envases plásticos de manteiga, iogur, ou aperitivos

Papeis tratados-encerados, plastificados, de calco, sucios ou con restos de graxa, así como briks (cartóns de leite, zume, viño, etc..), cueiros, aluminio, etc…

Envoltorios de plástico de magdalenas, galletas, etc Latas de conservas (tomate, atún, sardiñas…) e de bebidas e refrescos Tapóns e tapas metálicas (de botellas, frascos… Briks de leite, batidos, viño, zumes,… E en xeral, todos os envases de plástico, atas e briks que leven impreso o punto verde. Que NON debes depositar: Residuos de plástico que non sexan envases (xoguetes, cepillos de dentes, rotuladores, cables eléctricos, enchufes,…), así como cueiros, restos de alimentos, papel, vidro, pilas, etc… Recomendacións: Os envases deben estar baleiros antes de depositalos no contedor amarelo. Non se deben introducir uns dentro doutros. Convén pregar os envases que o permitan para que ocupen o menor espazo posible. Se a bolsa de lixo pesa máis do normal, revisa o seu contido. Os envases lixeiros ben clasificados non deberían pesar demasiado.

12

Contedor de papel cartón:

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

Recomendacións: O papel e o cartón non deben conter elementos accesorios: argolas metálicas, grampas, arames, espirais, etc… É necesario pregar e encartar as caixas e introducilas pola ranura do contedor. Se as deixamos á beira do recipiente, móllanse e contamínanse, impedindo a súa posterior reciclaxe.


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:13 Página 13

CASTRELO ATENDE

Contedor vidro:

Contedor fracción resto:

Que debes depositar:

Que debes depositar:

Botellas de vidro de calquera cor

Restos orgánicos (en caso de non dispoñer de composteiro).

Tarros de vidro Frascos de conservas

Cueiros, compresas.

Tarros de cosmética e perfumería

Papel e cartón con restos de graxa.

Que NON debes depositar:

Panos de papel usados.

As tapas, tapóns e cortizas das botellas, así como vidros especiais (restos de cristalerías, parabrisas de coches, cristais de fiestras, espellos, etc…).

Lámpadas incandescentes. Espellos. Louza rota. Cintas de vídeo e de son. Disquettes e CDs.

Contedor de pilas:

Bolígrafos. Xoguetes de plástico. Recomendacións: Aproveita ao máximo os alimentos e evita tiralos ao contedor do lixo.

Pódense atopar nas oficinas do casa do concello e en establecementos comerciais. Recomendacións: Dá preferencia ao uso de pilas recargables xa que non conteñen metais como mercurio e cadmio.

Se vives no rural ou dispós de horta, xardín ou terras de cultivo, pódeste valer da compostaxe doméstica para reciclar en orixe a materia orgánica, evitando que esta acabe no contedor xenérico. Non introducir neste contedor os residuos susceptibles de ser reciclados.

Contedor de aceite de cociña usado: Situado no Parque Náutico de Castrelo de Miño.

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

13


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:13 Página 14

CASTRELO ATENDE

Recollida gratuíta de voluminosos a domicilio:

PROHIBIDO

Presentando unha solicitude nas oficinas municipais ou chamando ao 988 493 000, o concello recolle no propio domicilio dos veciños os seguintes voluminosos: mobles, colchóns, voluminosos de madeira, material electrónico, electrodomésticos de liña branca (lavadoras, secadoras, conxeladores, etc.), electrodomésticos de liña marrón (televisores, vídeos, cadeas de música...),etc...

PROHIBIDO

Servizo incluído na taxa de recollida do lixo. Sen custe a maiores.

Non depositar os voluminosos na rúa ao lado dos contedores verdes! É un mal uso do servizo e non está permitido. Chama ao concello e recollerancho gratuitamente no teu domicilio, ou achégao ao punto limpo do Carballiño.

Punto limpo do Carballiño O convenio asinado entre a Deputación Provincial e o Concello de Castrelo de Miño, permite tamén o uso a todos os veciños e veciñas do noso concello do Punto Limpo do Carballiño, situado no seguinte enderezo: Estrada OU-504 Carballiño Cea (Seoane) Km 22.5 De Luns A Venres de 12:00 a 14:00 +34 988 317 680

Madeiras Restos metálicos do fogar

Que se pode depositar:

14

Residuos perigosos xerados no fogar (fluorescentes e lámpadas de baixo consumo, vernices, envases de pintura, tóner…)

Residuos de aparellos eléctricos e electrónicos (RAEEs): lavadoras, frigoríficos, televisores, computadores, secadores de pelo, móbiles, equipos de música, etc.

Aceites vexetais usados

Residuos de pequenas obras en domicilios.

Residuos voluminosos (mobles, colchóns ….)

Moitos destes residuos poden ser recollidos de xeito gratuito no propio domicilio. Infórmate.

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetaciรณn 1 21/3/19 9:13 Pรกgina 15

B E N E S TA R E SERVIZOS SOCIAIS


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:13 Página 16

BENESTAR E SERVIZOS SOCIAIS

Servizos sociais e benestar O Concello de Castrelo de Miño leva dende 2007 apostando polo Benestar dos seus veciños e adicando unha parte importante do seu orzamento anual á área de Servizos Sociais. Esta inversión viuse mellorada dende a saída da mancomunidade do Ribeiro a comezos de 2011, o que permitiu multiplicar os servizos que presta directamente o concello.

O Concello realizou unha dobre inversión nesta área, unha inversión en obra pública con construción de catro centros de servizos sociais, vivenda comunitaria, casa niño e dúas casas do maior, e unha inversión social para prestar atención a todos os veciños e veciñas que o precisan e manter operativos e en funcionamento todos os servizos. Estas inversións, a maiores dos servizos prestados, foron tamén unha fonte xeradora de emprego en Castrelo de Miño (1 traballadora social, 4 coidadoras + 1 na quenda de reforzo residencia comunitaria, 8 auxiliares de axuda no fogar, unha educadora familiar a media xornada e outra a xornada completa).

16

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:13 Página 17

BENESTAR E SERVIZOS SOCIAIS

Unidade de Traballo Social A unidade de traballo social está situada nas oficinas municipais do Concello de Castrelo de Miño. Unha traballadora social está ao seu fronte, e desde esta unidade realízanse as xestións para prestar os seguintes servizos:

Servizo de Orientación, Información, Asesoramento, Avaliación e Derivación dos recursos comunitarios máis axeitados a cada consulta.

Inclusión Social: •

Familia e Infancia: a través do programa de Educación Familiar onde se ofrece Información, asesoramento e seguimento, das familias do Concello, a través de entrevistas, reunións no propio fogar, charlas informativas abertas á poboación, etc. Ademais das seguintes prestacións:

Renda de Integración Social. Axuda mensual para a cobertura das necesidades básicas das persoas carentes de recursos. Axudas de Inclusión social (AIS) para a poboación que carece de recursos para afrontar situacións puntuais de necesidade. Para o uso habitual da vivenda Para equipamento básico de vivenda

Xestión do carné de familia numerosa.

Solicitude de tarxeta Benvida Xunta de Galicia

Xestión do bono ChegOU, da deputación provincial de Ourense.

Xestión de axudas da Seguridade Social por fillo a cargo.

Xestión da axuda do Concello de Castrelo de Miño por nacemento de fillo ou filla.

Xestión das axudas para os fillos e fillas menores de tres anos.

Xestión da solicitude de prazas en garderías.

Atención das necesidades primarias Para a cobertura de prestacións sanitarias, como arranxos dentais ou compra de lentes, que quedan fóra da prestación do Sergas. E outras. •

Banco de alimentos. Todas aquelas persoas empadroadas en Castrelo de Miño que en risco de exclusión, poden solicitar ser beneficiarios do Plan de Axuda de alimentos da Comunidade Europea aos máis necesitados de Galicia. Farase unha entrega periódica dunha serie de alimentos de primeira necesidade. Ou derivarase ó servizo máis axeitado para a atención das súas necesidades.

Orientación laboral. Servizo de Orientación Laboral en conxunto co Concello de Ribadavia, onde se orienta á poboación para a consecución dun emprego ou formación.

Derivación. Programa de axudas de emerxencia social de Cruz Vermella O Ribeiro. Axudas puntuais para mercar produtos de primeira necesidade, medicación, suministros ou aluguer para persoas en risco de exclusión social. Ou a Cáritas Ribeiro para atención das súas necesidades.

Prestacións de apoio á dependencia. Dado o envellecemento da poboación, as persoas con problemas de mobilidade ou os máis desfavorecidos son os beneficiarios directos da aposta polos servizos sociais que se fixo na última lexislatura, uns beneficios que se reflicten na calidade de vida do concello. •

Solicitude da Valoración do Grao de Dependencia. Proposta do programa de intervención e avaliación do recurso máis idóneo para cada caso (Teleasistencia/xeolocalizador, Axuda no Fogar, Centro de Día, Centro Residencial, Servizo de promoción da autonomía, Libranza para a adquisición dun servizo, Libranza para coidados na contorna familiar, libranza para asistente persoal)

Teleasistencia domiciliaria. Servizo que serve para que os usuarios estexan conectados permanentemente, a través dun interruptor persoal en forma de pulseira ou col-

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

17


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:13 Página 18

BENESTAR E SERVIZOS SOCIAIS

18

gante, a unha central de atención que funciona as 24 horas do día, os 365 días do ano, atendida por operadores que recollen as chamadas. Así, no caso de acontecer algunha emerxencia, a cadea de socorro poñerase en acción rapidamente.

Vivenda comunitaria. Trátase dun centro de atención residencial a persoas maiores autónomas ou con certa autonomía, cunha valoración de dependencia de sen Grao ou valoración de dependencia grado I, co obxectivo de manter ós usuarios na súa contorna.

Servizo de Axuda a Domicilio. A xestión do servizo é propia do Concello, nas súas dúas modalidades, Libre Concorrencia e Dependencia. A primeira, con financiamento do Concello, da Deputación de Ourense e o copago dos usuarios; e a de Dependencia con financiamento da Xunta de Galicia, máis o Concello e o copago dos usuarios. En calquera das dúas modalidades, este servizo está cuberto con auxiliares que acoden ao domicilio dos usuarios que precisan axuda, apoio e colaboración nas actividades básicas da vida diaria, prioritariamente atencións persoais e complementariamente actividades domésticas. O tipo de usuarios adoitan ser persoas maiores e con discapacidades, pero tamén poden acceder a este servizo a través do Programa de Educación Familiar, familias con falta de habilidades ou con certo tipo de necesidades. Actualmente están sendo atendidos

Xestións de trámites de inmigración:

Casas do Maior: a través deste servizo o Concello dará cobertura e completa ao catálogo do servizos á cidadanía. En colaboración coa secretaría xeral de maiores e persoas con discapacidade, o concello cedeu o uso de dous edificios municipais para a apertura de dúas casas do maior. Ademais de fomentar o emprego no Concello, dótase á cidadanía do servizo de centro de día, tan demandado.

Saúde:

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

Orientación na xestión de permisos de Residencia.

Emisión do informe Social de Arraigo.

Solicitude de prestación económica por razón de necesidade.

Intervencións nos casos detectados de Violencia Machista: •

Orientación e derivación ó CIM de Avión, recentemente se acaba de asinar un convenio de colaboración con Concello de Avión para dotar a ambos concellos dun Centro de Información á Muller, ampliando así a dotación de servizos socias para a cidadanía.

Planificación de fuxida en casos de emerxencia coordinando a través do EMUME e a derivación á Casa de Acollida.

Solicitude de Programa Galego de Protección Social da Saúde Pública. Xestión da tarxeta sanitaria a persoas en risco de exclusión social que carezan de cobertura.

Solicitude do Grado de Minusvalía. Solicitude de valoración da discapacidade.


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:13 Página 19

BENESTAR E SERVIZOS SOCIAIS

Solicitude de Pensións Non Contributivas. Para persoas con máis de 65 anos que carezan dos períodos de cotización solicitados pola Seguridade Social ou persoas cunha discapacidade recoñecida do 65%.

Solicitude da tarxeta de aparcamento para persoas recoñecemento de dificultades de mobilidade.

Obradoiros, cursos, xornadas e actividades. Coordinación de charlas, dirixidas á mocidade do municipio, sobre o sexo máis seguro, prevención de embarazos, de enfermidades de transmisión sexual e sobre o uso adecuado das redes e os perfís en Twitter, Instagram ou Facebook. Coordinación de xornadas conmemorativas (25 novembro, 8 marzo, ..), actividades de lecer, e

Transporte a citas médicas no Complexo Hospitalario de Ourense. Coordinación con Cruz Vermella para a xestión de acompañamento ó Hospital a consultas programadas, a través do seu Proxecto de Axuda a domicilio Complementaria, para persoas maiores sen recursos económicos suficientes e sen rede familiar de apoio que se poida facer cargo deles.

Programa de vacacións e termalismo social para maiores. Xestión das solicitudes de termalismo da Xunta de Galicia e da Deputación de Ourense, e Termalismo e Turismo Social do IMSERSO, recibindo así mesmo, información e asesoramento.

Usuarios dos servizos sociais Durante os anos 2015, 2016, 2017 e 2018 a unidade de Traballo Social do Concello de Castrelo de Miño prestou entre outros os seguintes servizos:

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

19


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:13 Página 20

BENESTAR E SERVIZOS SOCIAIS

Axuda á Domicilio. ANO 2015 HORAS

SAF DEPENDENCIA

USUARIOS*

3011

ANO 2016 HORAS

USUARIOS*

6240

2112

HORAS

USUARIOS*

8222

27 SAF LIBRE CONCORRENCIA

ANO 2017

37 2323

ANO 2018 HORAS

USUARIOS*

8409 53

2370

51 1391

*Número total de usuarios que recibiron o servizo durante ese ano.

Teleasistencia domiciliaria. Dende o 2013 o propio Concello xestiona tódalas solicitudes das persoas que requiren o servizo de teleasistencia, prestado pola Deputación. Sendo o total ata a data de 52 solicitudes tramitadas. Actualmente encóntranse recibindo o servizo 26 usuarios.

Atencións prestadas na Unidade de Traballo Social: ANO 2015

ANO 2016

ANO 2017

ANO 2018

410

446

466

520

NÚMERO DE INTERVENCIÓNS INICIADAS

85

127

114

183

NÚMERO TOTAL DE INTERVENCIÓNS

476

565

627

726

NÚMERO DE VALORACIÓNS

654

769

805

904

78

83

120

297

NÚMERO DE USUARIOS ATENDIDOS

NÚMERO DE INTERVENCIÓNS ACTUALIZADAS 20

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:13 Página 21

BENESTAR E SERVIZOS SOCIAIS

Lonxevidade No Concello de Castrelo de Miño podemos presumir da lonxevidade do noso pobo, posto que entre a nosa veciñanza temos a persoas que roldan os 100 anos de idade ou os superan.

Nestes últimos anos foron varias as veciñas que cumpriron 100 anos e que recibiron un recoñecemento do goberno municipal. Otilia Ramos Rodríguez é una das persoas centenarias do concello. Celebrou o 13 de xaneiro de 2015 os seus 100 anos con boa parte da súa familia. Xurxo Rodríguez asistiu ao aniversario, entregándolle una placa conmemorativa. Outra veciña que a día de hoxe aínda goza de boa saúde é Amalia Zerpa, que o 24 de agosto de 2016 recibía as felicitacións do goberno municipal e unha placa conmemorativa dedicada a toda unha vida. Desgraciadamente, e a pesar de chegar con boa saúde ao século de vida, moitas delas xa non se atopan connosco. É o caso de Saladina López Gómez, que cumpriu 100 anos o 16 de marzo de 2012, Dolores Cacheiro, que cumpría o 22 de decembro de 2015 ou Vicenta Cacheiro, o 2 de xullo de 2012.

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

21


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:13 Página 22

BENESTAR E SERVIZOS SOCIAIS

Vivenda comunitaria para os maiores 38 veciños e veciñas de Castrelo de Miño viviron na vivenda desde a súa apertura A vivenda comunitaria de Castrelo de Miño abriu as súas portas en setembro de 2012, co albergar a capacidade para 12 residentes, tendo preferencia os veciños e veciñas do municipio. Dirixida a albergara persoas maiores de 60 anos, en réxime case familiar, que poidan realizar actividades da vida diaria, de xeito independente, ou tendo dependencia de grao un. En función da capacidade económica de cada usuario, o Concello marcou diferentes tarifas sociais, a partires dun mínimo de 366 euros. Mantendo unha gran similitude cun fogar normal, conta con 6 dormitorios dobres, aseos adaptados,espazos comúns, sala de estar, comedor, almacén, lavandería, zona de administración e un pequeno apartamento para os coidadores. Non obstante, ofrece diversos servizos, amais de aloxamento e manutención, como xestión sanitaria, dosificación de medicamentos, actividades de tempo de lecer e sociais. Nesta residencia, que xa leva máis de 6 anos en funcionamento, 38 usuarios (18 mulleres e 20 homes) viven ou viviron na vivenda. Actualmente, alberga 12 usuarios veciños do noso municipio e dá traballo a 5 coidadoras. Leva xa funcionando a plena ocupación os derradeiros anos, habendo lista de agarda para poder ocupar algunha das 12 prazas dispoñibles.

22

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:13 Página 23

BENESTAR E SERVIZOS SOCIAIS

Humanización da contorna da Vivenda Comunitaria O concello de Castrelo de Miño redactou un proxecto para a execución da humanización da contorna da vivenda comunitaria de Vide, cun orzamento base de licitación de 50.000 euros, e presentouno á orde de axudas da Xunta de Galicia do 18 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións para a creación e/ou mellora das infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais, destinadas a concellos de Galicia para o ano 2019. A actuación plantexada pretende a humanización do espacio público situado en Vide, onde se ubica a vivenda comunitaria do concello de Castrelo de Miño. A intervención intégrase perfectamente no contorno, mediante unha serie de actuacións puntuais que pretenden a mellora dos espazos públicos comúns. Trátase da busca da humanización do lugar mediante a execución de percorridos peonís no perímetro das edificacións, un peche frontal do recinto, área de aparcadoiro con pavemento de lastro, execución de varanda de protección na rampla de acceso á vivenda comunitaria , así como creación de espazos de relación con mobiliario integrado no contorno, e a utilización da vexetación, para reducir a dureza do lugar. Preténdese facilitar ó usuario destas edificacións, o aparcamento, unha mellor accesibilidade, a dotación de mobiliario urbán para a creación de zonas de estancia e de relación. Óptase polo aceiro galvanizado en quente, pola súa integración cromática co contorno e o seu nulo mantemento. Tamén utilizaranse outros materiais tradicionais como as celosías abertas prefabricadas, o formigón e a madeira.

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

23


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:13 Página 24

BENESTAR E SERVIZOS SOCIAIS

Casa niño, un novo servizo para a infancia Castrelo de Miño conta dende o mes de decembro de 2016 cun novo servizo gratuíto destinado ao coidado de nenos e nenas de ata tres anos a través do programa Casa Niño promovido pola Xunta de Galicia. Da “Casa Niño Os Paxariños”, que se localiza na parroquia de Prado, na antiga escola Prado-Vide, está encargada Alba García, técnica superior en Educación Infantil. Este proxecto está enfocado á atención de nenas e nenos de tres meses a tres anos de idade en núcleos rurais que carecen doutro servizo análogo. “Casa Niño Os Paxariños” ten un horario continuado de oito horas, de 8:00 a 16:00, e ten capacidade para 5 prazas. O servizo, que busca a conciliación laboral e familiar, ofrece atención integral e personalizada e está dirixido á atención das necesidades básicas de alimentación (só dispoñible para quentar comida que os pequenos leven de casa), hixiene e descanso, de acordo coa idade, e a contribuír ao desenvolvemento físico, motor, afectivo, intelectual e social dos nenos, sempre en colaboración coa familia. O servizo préstase en 60 m2 da remodelada planta alta da antiga escola de Prado e Vide e conta con cinco berces, unha zona de asemblea, cinco hamacas para bebés e outras tantas tronas. Ademais, as salas, así como o mobiliario e o

24

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

resto do equipamento, contan cos sistemas de seguridade que a normativa impón para este tipo de servizos. Durante as horas que pasan xuntos, os pequenos deixan voar a súa imaxinación con esponxas e pinturas, con contos e coa xa tradicional asemblea no ámbito pedagóxico infantil, na que a educadora e os nenos conversan sobre un determinado tema. O proxecto, que aínda se atopa en fase experimental, está promovido pola Xunta de Galicia, financiado parcialmente polo Fondo de Desenvolvemento Rexional, e está destinado aos núcleos rurais de menos de 5.000 habitantes, sendo Castrelo un dos municipios galegos que xa se beneficia del.


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:13 Página 25

BENESTAR E SERVIZOS SOCIAIS

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

25


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:13 Página 26

BENESTAR E SERVIZOS SOCIAIS

Dúas Casas do Maior en Castrelo de Miño De 30 proxectos seleccionados en toda Galicia, 2 deles verán a luz en Castrelo de Miño. Marta Gonzalez e Julita Martinez son as dúas veciñas promotoras de Castrelo de Miño, responsables dos proxectos seleccionados para o noso concello, un deles en Vide e outro en Paradela.

O 19 de febreiro de 2019 tivo lugar en Santiago de Compostela, coa presencia do Presidente da Xunta e da Conselleira de Política Social, o acto de entrega dos títulos das primeiras Casas do Maior de Galicia aos alcaldes dos concellos e aos impulsores de cada iniciativa. As casas do maior, son un proxecto piloto do que van poder disfrutar os veciños e veciñas de Castrelo de Miño a partires do mes de abril. É un servizo que brindará atención profesional ás persoas maiores de 60 anos con dependencia moderada ou severa nos concellos de menos de 5.000 habitantes. En canto ás características destas casas do maior, nelas poderase atender a cinco maiores en cada unha delas, durante un máximo de oito horas diarias, con flexibilidade horaria e garantías de seguridade e calidade. Estas axudas concederonse en réxime de concorrencia competitiva, e a profesional que as atenda deberá vivir no propio concello. No mes de setembro de 2018 o concello organizou unha xornada informativa aberta a toda veciñanza na que se daba cumprida información destas axudas e se animaba aos veciños/as a dar o paso con esta iniciativa novidosa, vista a experiencia tan positiva do funcionamento da Casa Niño, unha iniciativa similar, na que tamén colaborou o concello. Desde o concello de Castrelo de Miño colaborouse desde ese momento coas iniciativas emprendedoras xurdidas desa reunión e o alcalde manifestou a súa satisfacción por poder contar cun novo servizo no noso concello: "Nos ultimos anos fomos capaces de conseguir as axudas necesarias para contar no noso concello cunha Casa-Niño para atender aos cativos de 0 a 3 anos, mellorar as instalacións do CEIP de Castrelo de Miño para os nenos de 3 a 12 anos, ter unha Vivenda Comunitaria para os nosos maiores, e agora poder dispoñer de dúas Casas do Maior para atención de persoas con dependencia durante oito horas ao día". Manifestou así mesmo que "con isto demostrase que o concello pode ser un instrumento para mellorar a calidade de vida dos seus veciños. Castrelo para vivir é isto, poder atender e formar aos nosos nenos, e coidar aos nosos maiores". 26

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:13 Página 27

BENESTAR E SERVIZOS SOCIAIS

Castrelo Móvese por ti: BusCastrelo O programa Castrelo Bus, deselvolto polo Concello de Castrelo de Miño, ten como obxetivo mellorar o desprazamento dos veciños dentro do concello.

de oportunidades. É unha aposta pola mobilidade que permite que os veciños maiores, vivan na capital do concello, no límite municipal ou os que non dispoñan de medios de transporte, poidan participar en todas as actividades municipais e realizar todas as xestións que precisen. Con tal motivo, o Concello aprobou unha ordenanza na que se considera o cobramento dun euro por unha viaxe de ida e de dous euros se realizan tamén a volta. Para o seu funcionamento, as autoridades contan coa colaboración dos voluntarios de Protección

Lola Palacios, da Área de Dereitos Sociais e Cidadanía da FEMP (Federación Española de Municipios e Provincias) chegou desde Madrid para visitar o concello de Castrelo de Miño en 2018 e ver os servizos de conciliación que están en funcionamento, como o BusCastrelo. Os veciños de Castrelo de Miño dispoñen, dende o 15 de xaneiro de 2014, dun servizo público de transporte para desprazarse dentro do propio municipio. Para iso, o Concello adquiriu unha furgoneta que conta con nove prazas e que está destinada a realizar diferentes rutas entre as distintas localidades co fin de facilitar o acceso dos veciños a aqueles servizos tan básicos e frecuentemente utilizados como os Centros de Saúde, farmacias, oficinas municipais, bancarias... ou aqueles que xestiona o Concello, como o pavillón de deportes, o centro de día, entre outras instalacións. Para o goberno municipal é un servizo fundamental, xa que evita o aillamento e fomenta a igualdade

Civil de Castrelo de Miño, que sacaron o correspondente permiso para conducir este vehículo de transporte local. O vehículo realiza dende entón rutas durante todo o día e cada día da semana polas aldeas do municipio. Os veciños e veciñas, para ter acceso a dito servizo, teñen que chamar ao número do Concello, 988 49 30 00, cun día de antelación, achegando: o seu nome, o seu domicilio e á zona do municipio á que quere desprazarse. Con estes datos, o persoal encargado do servizo asignaralle a hora de recollida segundo as necesidades do usuario.

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

27


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:13 Página 28

BENESTAR E SERVIZOS SOCIAIS

Servizo de educación familiar O Concello de Castrelo contratou a dous educadores familiares para o desenvolvemento do programa de educación e apoio familiar dirixido á inclusión social dos menores do municipio. Con esta incorporación de dous novos traballadores xunto coa traballadora social, o municipio buscou reforzar os servizos sociais municipais.

28

As contratacións, ao abeiro dunha subvención concedida ao concello pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, tiveron como fin que os educadores familiares detectasen situacións de dificultade a nivel familiar e comunitario para intervir cos recursos necesarios para palialas, deseñando proxectos individualizados e comunitarios que persigan a consecución do benestar no ámbito familiar ou a promoción para o acceso a recursos comunitarios.

O colectivo de familia supón aproximadamente o 25% de solicitudes dentro do departamento encargado da área social, só superado polo colectivo de persoas maiores (máis do 30%) Por iso, consolidouse a prestación co obxectivo de que as familias de Castrelo de Miño que así o desexen poidan solicitar ser incluídos no programa para adquirir un nivel de benestar dentro do núcleo familiar, ademais da propia protección do menor.

O citado programa de educación e apoio familiar amplíou os servizos que xa se estaban a prestar na área de Benestar do municipio, tales como a teleasistencia domiciliaria, o servizo de axuda a domicilio ou a Vivenda Comunitaria, entre outros, e buscou ofrecer apoio socioeducativo ás familias para a adquisición de habilidades en canto á atención e educación dos menores.

O Departamento de Servizos Sociais do Concello de Castrelo de Miño atópase nas dependencias municipais e é preciso concertar citar no 988 493 000.

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:13 Página 29

BENESTAR E SERVIZOS SOCIAIS

Escola de familias O Concello de Castrelo de Miño leva a cabo desde o ano 2016 un Programa de Educación Familiar. Unha iniciativa que persegue crear un espazo formativo e de encontro entre os pais e nais dos mozos e mozas e dos nenos e nenas de Castrelo para achegar posicións arredor da educación dos menores no ámbito familiar. O Programa de Educación Familiar foi subvencionado pola Xunta de Galicia a través do Programa Operativo do Fondo Europeo Galicia 2014-2020. Unha actividade posta en marcha para dar resposta a unha necesidade expresada e detectada polas familias, que era a da necesidade de obter máis información e técnicas educativas eficaces en determinados ámbitos con respecto aos/as seus/as fillos/as. O principal obxectivo da posta en marcha deste programa foi facilitar ás familias a adquisición

de certas habilidades de atención, coidado e educación para o axeitado desenvolvemento dos menores, así como fomentar a capacidade de autoorganización do núcleo familiar. Para levar a cabo o programa contouse con dúas educadoras sociais. Resultados do programa Traballouse cun total de 20 familias, formadas por membros que sumaron un total de 93 participantes, sendo 59 deles mulleres e 34 homes.

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

29


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:13 Página 30

BENESTAR E SERVIZOS SOCIAIS

II Plan de Igualdade de Oportunidades Castrelo de Miño segue apostando pola igualdade coa aprobación do II Plan de Igualdade de oportunidades de mulleres e homes do concello, vixente ata 2019. Do mesmo xeito que o primeiro, vixente entre os anos 2009 e 2013, este ten por obxecto corrixir as situacións de desigualdade real e efectiva entre mulleres e homes do municipio a través da adaptación e mellora das actuacións levadas a cabo polo primeiro plan, vixente entre os anos 2009 e 2013 Cunha poboación de 779 mulleres e nun contexto cultural e social no que aínda, en parte, hai unha subordinación das mulleres, faise necesario seguir apostando por este ámbito, valorando a igualdade como un obxectivo indispensable en todas as políticas municipais. O plan é transversal e as accións lévanse a cabo desde un prisma de igualdade de oportunidades, inspirado no principio do “mainstreaming”.

O plan conta con tres áreas de actuación: Acceso á información: formación e recursos para unha maior participación da muller na dinámica socio-comunitaria do municipio, a través de talle res, actividades de sensibilización ou ofertas de actividades físicas e deportivas. Participación e empoderamento: Para promover a igualdade de oportunidades da muller tanto no mercado laboral como a participación na vida social e cultural do municipio, ademais da consecución dun equilibrio na repartición de responsabilidades e do tempo de lecer. Neste punto destacan pola súa importancia o fomento do asociacionismo feminino, a educación para a igualdade, a alfabetización ou o acceso ás novas tecnoloxías. Prevención e intervención sobre a violencia de xénero: Esta área ten como obxectivos a potenciación da difusión dos recursos que garanten a asistencia a mulleres vítimas de violencia de xénero a través do acceso aos mecanismos de denuncia. Para iso, preténdese, previamente, evitar comportamentos violentos coas mulleres a través de condutas alternativas á violencia para resolver conflitos por medio do bo trato entre mulleres e homes. Este plan fai especial fincapé na necesidade de estimular ás mulleres achega do concepto e das consecuencias da violencia que se exerce sobre elas e da posibilidade de romper a barreira do silencio que impide a denuncia das agresións, do acoso e dos malos tratos que poidan sufrir. 30

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:14 Página 31

BENESTAR E SERVIZOS SOCIAIS

Castrelo de Miño, un exemplo en medidas de conciliación e corresponsabilidade Aprobado o Plan local de conciliación e corresponsabilidade. Lola Palacios, da Área de Dereitos Sociais e Cidadanía da FEMP (Federación Española de Municipios e Provincias) chegou desde Madrid para visitar o concello de Castrelo de Miño. Esta visita encádrase dentro da aprobación dun plan de conciliación e corresponsabilidade, proceso no que durante 2018 estivo inmerso o Concello, e polo que recibiu unha subvención de 8.000 euros da FEMP e do Ministerio de Presidencia do Goberno de España. A visita prolongouse durante toda a mañá do 25 de outubro de 2018 e incluiu unha recepción na casa do concello por parte do alcalde Xurxo Rodriguez Méndez, que acompañado do seu equipo de goberno lle presentou o traballo realizado neste campo ata a data en Castrelo de Miño. Posteriormente realizaron un percorrido polo concello que incluía a visita a distintos recursos municipais cos que conta Castrelo de Miño e que potencian a conciliación e a corresponsabilidade: Casa Niño para atención a menores de 0 a 3 anos, CEIP de Castrelo para atención de 3 a 12 anos e Vivenda comunitaria para maiores de 65 anos

cia de UNICEF, da rede de cidades amigables coas persoas maiores da Organización Mundial da Saúde, e da rede de cidades saudables do Ministerio de Sanidade. Esta nova iniciativa, a do plan municipal de conciliación e corresponsabilidade non fai máis que reafirmar este compromiso permanente co benestar en Castrelo de Miño.

Tamén se reunión cos traballadores da unidade de traballo social do concello e interesouse pola iniciativa de transporte municipal baixo demanda, que presta o concello aos seus veciños e veciñas dentro do seu término municipal. Valorouse na reunión a importancia deste servizo, e o que supuxo especialmente para aquelas mulleres maiores que non dispoñían de medio de transporte ou carné de conducir e que grazas ao "buscastrelo" gañaron liberdade e independencia tanto para facer xestións en horario de mañá (centro de saúde, farmacia, oficinas, tendas...) como de tarde (actividades culturais e deportivas). A elaboracion deste novo plan constata a firme aposta do equipo de goberno municipal polas políticas de benestar. Compre lembrar que Castrelo de Miño é o único concello de Galicia que forma parte da rede de cidades amigas da infanBoletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

31


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:14 Página 32

BENESTAR E SERVIZOS SOCIAIS

Mellora na accesibilidade no Centro de Saúde e no Parque Náutico O Concello de Castrelo de Miño levou a cabo unha serie de actuacións encamiñadas á mellora da accesibilidade e a supresión de barreiras arquitectónicas no Centro de Saúde, na contorna do Parque Náutico de Castrelo, na piscina municipal e no albergue, cumprindo coa normativa sectorial que obriga a concibir como universal o deseño e os accesos a todos os espazos. As obras ascenderon a un total de 13.000 euros, sendo subvencionadas en dúas anualidades pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia a través dun programa do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional de Galicia 2014-2020. As melloras planificadas desenvolvéronse en catro áreas: • no centro de saúde, coa instalación de varandas na rampla de acceso e coa reforma dos aseos e instalación de equipamentos necesarios. • no acceso á contorna do Parque Náutico, coa eliminación de chanzos no acceso aos toldos nos que cada mes celébrase a feira de Castrelo e o do acceso ás prazas reservadas a Persoas de Mobilidade Reducida (PMR). • na piscina municipal, coa instalación dunha plataforma que evita o desnivel nas duchas e outras modificacións para converter en accesible o aseo para PMR (barras na ducha e no inodoro). • e no albergue e a cafetería, acometeuse unha reforma íntegra no aseo de PMR, ademais de dotar de espazo suficiente de xiro na porta de acceso xunto cunha rampla para salvar o desnivel existente. Nas habitacións e nos baños do albergue incluíronse tiradores que substitúen os pomos das portas, ademais de barras e asentos de duchas. En todos os casos, instalouse a sinalética de instalacións accesibles xunto con sistemas de alarma de emerxencia visual. e sonora tanto nos dormitorios do albergue como en todos os aseos.

32

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:14 Página 33

BENESTAR E SERVIZOS SOCIAIS

Construción dun novo velorio en Castrelo de Miño Comezaron as obras en 2018 e rematarán en 2019. A xunta de goberno local concedeu no ano 2017 licenza de obras para a construción dun novo velorio no lugar de Barral. No ano 2017 unha nova promotora presentou solicitude para a construción dun edificio de planta baixa para velorio segundo proxecto técnico que se axuntaba. A xunta de goberno local concedeulle no ano 2017 licenza de obras. Nestes intres está en plena fase de construcción esta edificación de planta única, cunha superficie construida total de 375,00m2. Conta con estructura mixta, metálica e de formigón armado, e cerramento de fechada con granito do país. Conta con zona exterior de aparcadoiro e distribución interior con dúas salas para familiares ademais da sala de espera común, e será completamente accesible a personas con movilidade reducida.

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

33


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:14 Página 34

BENESTAR E SERVIZOS SOCIAIS

Día da muller Co gallo do Día Internacional da Muller Traballadora, todos os anos, o 8 de marzo, as Concellerías de Deporte e Educación e a de Benestar do Concello de Castrelo de Miño realizan actividades para conmemorar o día en que se reivindica o papel das mulleres na sociedade en prol da consecución da igualdade co home. Todos os anos realízanse actividades encamiñadas a buscar o autocoidado e o benestar da muller, tanto física, como psíquica e socialmente a través de tres áreas: o deporte, o lecer e tempo libre e a participación social. Todas elas estaban pensadas para todas as idades, eran gratuítas e planificáronse para ser atractivas para todas as persoas. A programación incluíu un taller de risoterapia, merenda, debates, baile e relaxación e estiveron supervisadas por técnicos en Deporte, educadores familiares, unha traballadora social, un profesor de baile e unha voluntaria do Consello Infantil de Castrelo. Ata o Parque Náutico, lugar onde se celebrou, acercáronse dous equipos da TVG para conectar en directo co programa Área Pública e co Telexornal.

34

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:14 Página 35

BENESTAR E SERVIZOS SOCIAIS

Castrelo concilia no verán Nos meses de xullo e agosto de 2018 o concello organizou actividades lúdico-educativas para todos os rapaces do concello no Albergue Xuvenil do Parque Náutico durante todas as mañás. O concello de Castrelo de Miño recibiu unha axuda da Secretaria Xeral e Igualdade para a implantación do programa municipal "Castrelo Concilia" No mes de xullo comezou unha das actividades incluídas dentro deste programa anual, chamada "Castrelo Concilia no Verán". Con esta medida, durante os meses de xullo e agosto no albergue xuvenil de Castrelo de Miño, sito no parque náutico, realizouse esta actividade lúdico-educativa para todos os rapaces do concello entre 3 e 13 anos durante os meses que non teñen colexio. Con este servizo préstase unha axuda para a conciliación de todas aquelas familias, nais e pais cuxas vacacións non coincidan co período non lectivo dos cativos. Este campamento de verán estivo aberto en horario de 9 a 14 horas, contaba cun monitor cada 10 nenos que realizaron actividades deportivas, manualidades, ciencias, xogos, audiovisuais, sendeirismo, clases de natación na piscina, actividades náuticas, entre outras.

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

35


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:14 Página 36

BENESTAR E SERVIZOS SOCIAIS

Castrelo de Miño adhírese ao Programa de vivendas baleiras Estanse a publicar subvencións para reforma e mellora de vivendas incorporadas ao programa O pasado 7 de marzo de 2017 publicouse no Boletín Oficial de Provincia de Ourense n.º 54 a aprobación do Programa de Vivendas Baleiras de Castrelo de Miño dentro do Plan Galego de Rehabilitación, Alugueiro e Mellora do Acceso á Vivenda 2015-2020. Este programa permite, mediante xestión do concello e coas garantías ofrecidas polo Instituto Galego de Vivenda e Solo (seguro de fogar e contra impagos), a posta a disposición para aluguer de vivendas sen uso por parte dos propietarios así como a incorporación daquelas persoas interesadas en alugar unha vivenda en Castrelo. Ademais todos os anos (xa saíron en 2017 e 2018) foron publicadas no Diario Oficial de Galicia as subvencións do Programa Realuga dirixidas ás vivendas que se incorporen ao Programa de Vivendas Baleiras. Estas axudas poderán acadar os 5.500 euros e destinarse á rehabilitación e acondicionamento de vivendas para garantir a súa habitabilidade. Para maior información sobre este programa, tanto dos propietarios das vivendas como das persoas interesadas en alugar unha vivenda en Castrelo de Miño, así como para informarse sobre a subvención dispoñible, pode dirixirse aos servizos municipais de Urbanismo e Servizos Sociais.

36

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetaciรณn 1 21/3/19 9:14 Pรกgina 37

FORMACIร N E EMPREGO


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:14 Página 38

FORMACION E EMPREGO

Xornada de clausura do Programa Aurora – Participación social e laboral das mulleres do ámbito rural Exposición da memoria de actividades realizadas entrega de diplomas, titulacións e certificados ás alumnas participantes. O Concello de Castrelo de Miño, en colaboración co Instituto da Muller do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade e co financiamento do Fondo Social Europeo,realizou o Programa Aurora co obxectivo de fomentar a inserción socio-laboral das mulleres do ámbito rural. Este programa estaba financiado polo Instituto de la Mujer, que aportou 25.000 euros. Castrelo de Miño presentou un proxecto ao Instituto de la Mujer, é foi un do 26 proxectos escollidos entre os 8.000 concellos de España.

Na xornada de clausura do programa, expúxose a memoria de actividades realizadas e fixose entrega dos diplomas, titulación e certificados ás participantes. O Programa Aurora foi unha aposta realizada polo concello de Castrelo de Miño para mellorar a calidade de vida, a través dunha maior cualificación para o emprego, daquelas mulleres que vivindo no ámbito rural tiñan maiores dificultades para a inserción laboral. Foi tamén un compromiso a prol da formación e do emprego para asentar poboación, para vivir no rural e para traballar na nosa terra. E foi tamén o xeito de implicarse o concello para fomentar a autoestima e a con38

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:14 Página 39

FORMACION E EMPREGO

fianza necesaria para que as mulleres se convirtan en protagonistas activas do seu propio proceso de inserciónsocial e laboral. Un ano despois de ter comezado, na xornada de clausura e á hora de facer balance mereceu a pena o esforzo. O inmenso traballo realizado ao longo de doce meses deu os seus froitos. A conclusión non poido ser máis que positiva. Foi un traballo serio, organizado e ben feito, no que participaron 34 mulleres entre os 25 e 54 anos, e que permitiu a incorporación ao mercado laboral dun tercio das participantes. É tamén destacable que daquelas participantes que xa tiñan emprego cando comezaron o programa, a metade acadaron unha mellora nos seus postos de traballo. Sen esquecer que todas elas ampliaron e melloraron a súa formación ao acadaren distintas titulacións e certificados durante o programa, o que permite que hoxe teñan novas oportunidades laborais por diante, e preto das súas casas. Sen esquecer tampouco ás empresas asentadas en Castrelo de Miño, e ao propio concello que grazas a este programa contan tamén cunha bolsa de emprego de persoal cualificado e coa formación necesaria para poder contratar e realizar os traballos específicos necesarios. Ao remate deste programa Aurora promovido polo concello de Castrelo de Miño co apoio do Instituto de la Mujer do Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad, e cofinanciado polo Fondo Social Europeo, no momento da entrega dos diplomas o alcalde Xurxo Rodríguez manifestou que “honestamente podemos dicir que aportamos outro gran de area para continuar mellorando o noso concello grazas á cooperación sincera entre a administración local, estatal e europea”

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

39


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:14 Página 40

FORMACION E EMPREGO

Curso de atención sociosanitaria O Programa Aurora, en colaboración co Instituto da Muller e co financiamento do Fondo Social Europeo, levou a cabo un Curso de Atención Sociosanitaria debido á demanda das participantes e, tamén, en base aos resultados dunha análise do mercado da comarca realizado previamente que indica que este ámbito é un dos que maior posibilidades de incorporación laboral ten na actualidade.

Este curso tivo unha duración de 400 horas, das cales 100 foron dedicadas a prácticas non laborais.

Prácticas: Foron 5 as alumnas que realizaron as prácticas en centros residenciais de persoas maiores e dependentes, e 7 as que optaron por realizalas no Servizo de Axuda no Fogar do Concello de Castrelo de Miño, en domicilios particulares atendendo tamén a persoas maiores e dependentes. Cabe destacar que do total das 12 alumnas que superaron satisfactoriamente o curso, 4 xa se insertaron laboralmente en postos relacionados co ámbito de Atención Sociosanitaria.

40

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:14 Página 41

FORMACION E EMPREGO

Programa integrado de emprego “Ribeiro do Miño” 2015 O programa Ribeiro do Miño celebrou na casa de cultura de Moreiras (Toén) a súa xornada de clausura. Na mesma as personas participantes recibiron os diplomas de participación nas diversas accións formativas nas que participaron ao longo de 12 meses.

O programa integrado Ribeira do Miño, levado a cabo entre os concellos de Castrelo de Miño, Cenlle e Toén, tivo como obxectivo aumentar as posibilidades de inserción laboral de persoas desempregadas. Con isto, posibilitouse a mellora da cualificación profesional dos participantes e, ao mesmo tempo, dotounos de experiencia laboral mediante a realización de prácticas en empresas dos municipios interesados nos sectores máis característicos, o vitivinícola, o agrario e o forestal.

A data de finalización deste programa integrado de emprego subvencionado pola Xunta de Galicia, no que participaron 62 personas (24 mulleres e 37 homes) entre os 21 e os 61 dos tres Concellos, Castrelo de Miño, Cenlle e Toén. Cabe destacar que o 40% dos e das participantes atoparon un emprego ou crearon a sua propia empresa

Peón forestal, operario agrícola e vitivinícola, e auxiliar de xardinaria e horticultura foron tres dos 15 cursos formativos nos que poideron participar e entre os que tamén se incluirón hixiene alimentaria en adegas, prevención de riscos laborais, conducción e manexo de carretillas elevadoras, aplicación de produtos fitosanitarios, ademáis de xornadas técnicas relacionadas co autoemprego e co manexo da Rede 2.0 para a busca dun traballo. Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

41


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:14 Página 42

FORMACION E EMPREGO

Obradoiro de emprego “A Ribeira” 2016-17 Castrelo de Miño acolleu en febreiro de 2017 a terceira actuación do Obradoiro de Emprego A Ribeira. Este obradoiro que Castrelo compartiu con Carballeda de Avia e Ribadavia, compuxose de dous módulos formativos, Atención Sociosanitaria a Persoas no domicilio (de 600 horas e nivel II) e o de Actividades Auxiliares en Viveiros, xardíns e centros de xardinería (de 330 horas e nivel I).

Foron 10 os alumnos traballadores por módulo que optaban por un certificado de profesionalidade dentro deste obradoiro subvencionado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria e encadrado en tres fases que se corresponden cun lugar na impartición da docencia. Desde o comezo o 20 de setembro de 2016 e ata o 13 de decembro, en Ribadavia; ata o 8 de febreiro en Carballeda; e, finalmente, desde o 9 de febreiro en Castrelo ata a súa finalización o 29 de marzo.

Os alumnos e alumnas do obradoiro de Xardinería realizaron traballos no municipio con vistas a limpar e rozar as marxes dos regatos nunha distancia aproximada de 3 metros. Ademais, aproveitaron para arrombar o acceso ás pozas termais coas que aínda conta Castrelo de Miño no pé da presa. Por outra banda, a posta en práctica dos coñecementos teóricos permitiron tamén que o alumnado eliminase especies invasoras ou a recollida de lixo e de árbores caídas.

Así, puideron limpar a marxe do río Miño á altura de A Ponte, onde tamén adaptaron o camiño de acceso ás termas -as cales tamén canalizaron- a través dunha pasarela de madeira. Ademais, limparon, á mesma altura, o regato de Reigoso. Con este obradoiro de 6 meses búscase que o alumnado seleccionado adquira as competencias suficientes para axudar no ámbito sociosanitario no domicilio daquelas persoas con especiais necesidades de saúde física, psíquica e social, no caso de Axuda no Fogar; e o de auxiliar na implantación e mantemento de xardíns, parques e zonas verdes para o de Xardinería. 42

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

Pola súa banda, parte do alumnado do obradoiro de Atención Sociosanitaria fixo as súas prácticas no Servizo de Axuda no Fogar de Castrelo de Miño co apoio dunha traballadora que os tutelou nas funcións que estes profesionais desenvolven actualmente en 40 domicilios do municipio.


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:14 Página 43

FORMACION E EMPREGO

Obradoiro de emprego xuvenil “Resinas do Avia – Miño” 2018-19

Os Concellos de Ribadavia, Carballeda de Avia e Castrelo de Miño, presentaron unha solicitude á Consellería de Economía, Emprego e Industria para a concesión dun Obradoiro de Emprego Xuvenil. O proxecto, chamado "Resinas do Avia-Miño", estaba enfocado a todas aquelas persoas de entre 18 e 29 anos que formen parte do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, ao que poideron adherirse os mozos e mozas en procura de emprego nas oficinas do Inem. Tras ser concedido, profesores e alunos comezaron as súas actividades en setembro do ano 2018. Participan un total de 16 mozos neste curso formativo, que tivo seis meses de duración, estando realizando traballos dous meses en cadanseu dos concellos. Para a súa realización contouse cun orzamento que supera os 150.000 euros e estivo centrado no sector mediomambiental, máis en concreto na rama do aproveitamento forestal, centrado nunha zona de actuación na que as consecuencias dos incendios de cada verán son palpables nas súas terras, un dos temas principais deste proxecto. A agrupación de Concellos destacou como o principal obxectivo desta formación o de "ofrecer unha saída laboral ao alumnos nun eido que aínda está sen explotar na comarca do Ribeiro". Unha das actuacións nas que se centrará será a resinación de varios montes en man común, ademais da exploración da resina das plantacións de piñeiros. Outra das ramas que se tratará será a de dar a coñecer os diferentes usos que teñen estes terreos, profundando nas súas características e nos cultivos que teñen máis posibilidades de prosperar prestando atención tamén ao clima e explorando desta forma unha nova forma de negocio. Neste sentido, as entidades locais promotoras pretenden que deste taller saian varias ideas empresariais con futuro. Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

43


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:14 Página 44

FORMACION E EMPREGO

Formación Profesional Dual en Carpinteria O Concello de Castrelo de Miño conta desde 2010 cun equipado taller de carpintería que aproveita para arranxar do mobiliario municipal e para realizar accións formativas. O Concello de Castrelo de Miño asociouse cos concellos de Toén, Barbadás, Celanova e A Merca para solicitar a execución conxunta do programa de formación profesional dual subvencionado pola Consellería de Traballo e Benestar. Un grupo de alumnos de formación profesional dual en carpintería formouse, dende maio a xullo de 2015, nas instalacións da carpintería de Castrelo de Miño para obter un certificado de profesionalidade. Este curso tivo unha duración de 220 horas no que se realizaron traballos de carpintería e moble.

44

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:14 Página 45

FORMACION E EMPREGO

Cursos de aplicador e manipulador de produtos fitosanitarios Nun municipio eminentemente vitivinícola Concello de Castrelo de Miño organizou, ante a demanda dos veciños e veciñas do municipio, varios cursos de Aplicador e Manipulador de Produtos Fitosanitarios nas dependencias do Concello nos últimos anos. Máis de 150 veciños e veciñas pasaron polas instalacións municipais para participar nestes cursos impartidos pola Consellería do Medio Rural e pola Fundación Coren. Realizaronse cursos de nivel básico, e de nivel cualificado. Os cursos de nivel básico tiveron unha duración de 25 horas en modalidade presencial, e os de nivel cualificado de 60 horas. Grazas a estes cursos, os participantes obtiveron un certificado oficial para aplicar e manipular este tipo de produtos.

Información sobre a renovación do carné de aplicador de productos fitosanitarios Ante as consultas plantexadas por varios veciños nas oficinas municipais, infórmase que o procedemento a seguir para a renovación dos carnés de aplicador de productos fitosanitarios que estexan caducados, é o seguinte: 1. Cubrir a plantilla oficial para pagarlle á Xunta de Galicia a taxa de renovación do carné. Nas oficinas do concello facilítaselle copia a quen a precise. 2. Pagar a taxa de 4,51€ nunha entidade bancaria. 3. Remitirlle á Consellería de Medio Rural a plantilla e o xustificante do pago. Poden facer este trámite desde o portelo único do rexistro do Concello de Castrelo de Miño.

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

45


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:14 Página 46

FORMACION E EMPREGO

Novo servizo de orientación laboral Os veciños e veciñas de Castrelo de Miño dispoñen desde o ano 2018 cun novo servizo froito da agrupación e colaboración entre os tres concellos.

O servizo de Orientación Laboral da agrupación dos concellos de Ribadavia, Carballeda de Avia e Castrelo de Miño traballa co obxectivo de mellorar e promover a inserción laboral dos demandantes de emprego.

- Informar e xestionar ofertas de emprego axeitadas para cada usuario potenciando a captación e a cobertura de ofertas a través dun sistema de intermediación transparente e eficaz.

Entre os seus obxectivos destacan: - Informar sobre o mercado de traballo e as medidas e servizos ofrecidos polos Servizos Públicos de Emprego: Informar sobre o mercado de traballo e as ofertas de emprego existentes, as políticas activas e pasivas dos Servizos Públicos de Emprego. - Realizar un diagnóstico individualizado ou perfil dos demandantes de emprego que inclúa toda a información posible sobre as características persoais relevantes que permita medir o grao de empregabilidade. - Deseñar, realizar e facer seguimento dos itinerarios individuais e personalizados de emprego que inclúan unha proposta de derivación a accións para a mellora da empregabilidade (desenvolvemento de aspectos persoais, busca activa de emprego, traxectoria formativa individual, programas de formación e emprego e outros). 46

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

- As variables fundamentais sobre as que temos que actuar son a dispoñibilidade, ocupabilidade e a empregabilidade das persoas demandantes de emprego. Para facer calqueira consulta relacionada ao Servizo de orientacion laboral, preguntar por Merce ou Inés no teléfono 988 477 100.


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:14 Página 47

FORMACION E EMPREGO

Competencias Clave Que son as competencias clave? Son os requisitos formativos que asegurarán que o alumnado posúa os coñecementos necesarios para cursar con aproveitamento os cursos correspondentes aos novos certificados de profesionalidade (Cursos AFD) impartidos polo Servizo Público de Emprego.

Cales son as competencias clave? • Comunicación en lingua galega.

A quen vai dirixida? O Concello de Castrelo de Miño puxo a disposición do Programa Aurora, así como do Programa Ribeiro do Miño, as dependencias municipais para a organización de cursos de preparación para todas aquelas persoas interesadas en superar as probas de obtención das competencias clave.

• Comunicación en lingua castelá. • Competencia matemática. • Comunicación en lingua estranxeira (inglés).

Todas as persoas que non posuían a formación básica necesaria para poder realizar formacións de nivel 2 puidéronse preparar para os exames oficiais da Xunta de Galicia nas competencias deste nivel. Durante o curso aportóuselles a documentación teórica e realizáronse exercicios prácticos baseados no modelo de preguntas e exercicios sobre os que normalmente versan as probas oficiais, fomentando así a súa maior preparación para os mesmos. Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

47


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:14 Página 48

FORMACION E EMPREGO

A UNED impartiu un curso universitario en Castrelo de Miño

O concello de Castrelo de Miño ven colaborando nos últimos anos coa Universidad Nacional de Educación a Distancia. Froito desta colaboración a UNED organiza distintos cursos de interese para os nosos veciños e veciñas. Así no centro de día de de Vide realizouse o curso ´Envellecemento activo e saudable. Intervención combinada de actividade física e mental para paliar o declive funcional asociado á idade´ . Esta actividade formativa foi declarada de interese sanitario pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia. Participaron 25 persoas, nun curso destinado a estudantes, titulados en Educación e Traballo Social, Pedagoxía, Psicoloxía, TAFAD, Xeriatría, Enfermería e interesados en xeral, en especial persoas interesadas na calidade de vida das persoas maiores, e persoal do departamento de servizos sociais do Concello. Entre outros foron tratados os seguintes temas: O proceso de envellecemento e o papel da actividade física no envellecemento activo e saudable. Modelo de intervención para adultos maiores que conservan a súa autonomía persoal co obxectivo de manter o maior tempo posible a capacidade funcional, física, mental e socia. O equilibrio e a marcha aspectos craves para a autonomía persoal e a prevención da dependencia en persoas maiores institucionalizadas ou non. Modelo de intervención para persoas maiores con autonomía persoal reducida co obxectivo de paliar o declive funcional propio da idade.

48

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetaciรณn 1 21/3/19 9:14 Pรกgina 49

OBRAS E INVESTIMENTOS Pร BLICOS


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:14 Página 50

OBRAS E INVESTIMENTOS PÚBLICOS

Castrelo contará este ano cunha renovada ponte sobre o Miño

A esta estrutura metálica de máis de 100 anos está a realizárselle unha reforma integral. Ponse así fin a unha xa histórica demanda municipal iniciada en 2007, logo de que a empresa de construción á que a Xunta de Galicia lle adxudicara a súa reforma, quebrara naquel ano e deixara as obras sen rematar. Está paralización das obras de rehabilitación conlevou ademais un notable deterioro da súa estructura metálica durante este últimos 11 anos e poñía en perigo a súa integridade.

50

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:14 Página 51

OBRAS E INVESTIMENTOS PÚBLICOS

A centenaria ponte metálica sobre o río Miño de Castrelo de Miño, patrimonio cultural galego, lucirá un aspecto renovado neste ano 2019. Así o anunciou a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia, Ethel Vázquez, durante unha visita realizada ás obras de reforma que se están levando a cabo nesta estrutura acompañada polo alcalde de Castrelo de Miño Xurxo Rodríguez Méndez. Esta ponte, que une Castrelo de Miño e Ribadavia, atopábase nunhas condicións que supoñían un risco para a súa integridade e para a circulación peonil e rodada. Despois de varios acordos e colaboracións entre administracións puxéronse en marcha unhas obras de reforma que ascenden a 726.000 euros. Entre os traballos que se están levando a cabo destaca o reforzo da estrutura metálica, as bóvedas de pedra e a mellora dos accesos rodados á ponte. Tamén levará a cabo unha limpeza completa, xa en marcha, e a reparación e reconstrución dos petriles e os elementos que estean deteriorados. Antes do pintado definitivo de cor branca aplicaranse produtos contra a oxidación. En canto á estrutura en si, os traballos manterán a súa configuración orixinal, aínda que se tratará de solidificar os elementos para garantir unha maior durabilidad en bo estado. Tamén se aplicará unha drenaxe ao firme que soporte as condicións climáticas de fronte ao futuro e, para a seguridade viaria, colocaranse varandas de contención.

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

51


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:14 Página 52

OBRAS E INVESTIMENTOS PÚBLICOS

Historia da Ponte de Ferro de Castrelo de Miño O Informe Viso de 1.813 (Suarez Freire, J.F.: Viaje a Galicia desde la Villa de Benavente, o breve descripción de sus dos carreteras: de la construida desde Astorga y de la que debe de construirse desde la villa de Benavente a la ciudad de Orense, Santiago y Vigo. 1.813), apunta:

Ponte de Castrelo Vida Gallega 1929

Ponte de Castrelo el Eco Franciscano 1929 52

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:14 Página 53

OBRAS E INVESTIMENTOS PÚBLICOS

«En Castrelo hubo puente sobre el Miño hasta entrado este siglo para ir á Ribadavia, del que se conservan todas sus cepas. En el año 1.791 se trató por el Gobierno de reedificarlo á instancias de dicha villa, y aunque con efecto pasó de órden de aquel á reconocerlo y levantar su plano facultativo, parece impidió la execucion el activo manejo de los dueños de la barca que substituyó al puente, para no perder la utilidad de 25 á 30 reales que les produce de arrendamiento al año.» Finalmente, será co proxecto da estrada Ourense-San Clodio, cando se faga realidade esta centenaria demanda. Así, a ponte sería deseñada por León Domercq en 1887, o proxecto retomaríao en 1893 Fernando Martínez Azúa pero sería Martín Díez da Banda, a principios do século XX, o encargado de levala adiante. A contrata foi adxudicada a Hilario de Sertucha e Sarachú, da Sociedade Española de Construcións Metálicas de Talleres de Zorroza, por iso é polo que apareza este nome na placa da ponte con data de 1907. O encargado do tramo da estrada onde se situaba a ponte foi Salustiano Martínez Sancho (21/03/1894) e adxudicada a construción a José Rodríguez Sotelo (08/08/1894) cun prazo de execución de seis anos, que se foi prorrogando sucesivamente. En 1901 o enxeñeiro encargado da estrada foi José Roibal, a continuación Martín Díez da Banda, sendo enxeñeiro xefe de Obras Públicas e revisor do proxecto Sebastián Martínez-Risco e Pérez-Santamarina. A recepción total da obra do tramo de estrada foi o oito de outubro de 1912 (Arquivo Histórico Provincial de Ourense: Obras Públicas y Urbanismo. Jefatura Provincial de Carreteras. Cajas 3005-3007. Ourense no tempo. 14/11/2014).

Ponte de Castrelo Vida Gallega 1918 Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

53


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:14 Página 54

OBRAS E INVESTIMENTOS PÚBLICOS

Mellora da estrada OU-404 (Barral - Celanova) A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, levou a cabo a mellora do firme da estrada OU-404 que une Barral con Cartelle. As medidas incluíron o repintado da estrada así como o levantado do firme vello onde este se atopaba especialmente deteriorado mediante fresado e reposición entre os puntos quilométricos 12,200 e 15,700, e entre o 21,800 e o 31,800. As obras formaron parte do Plan de Reforzos de Firme do goberno galego do ano 2016 e buscou mellorar a seguridade viaria.

54

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:14 Página 55

OBRAS E INVESTIMENTOS PÚBLICOS

Reparacións na estrada OU-304 (Astariz – A Armada)

Durante o ano 2017 foron executadas obras por un importe de 49,586,78 euros na estrada OU304 (Astariz – A Armada) dentro do término municipal de Castrelo de Miño. Estas obras foron executadas pola Deputación de Ourense tras petición municipal. As obras consistiron na reparación de firme, bacheado e limpeza de cunetas, obras necesarias pero insuficientes. Esta estrada de titularidade da Deputación Provincial é a principal vía de comunicación dos pobos que conforman a parroquia de Macendo e de Freás e A Cancela, servindo ademais de conexión coa estrada OU-402, a cal dá acceso a Ribadavia, á autovía A-52, a Ourense e á AG-53 a Santiago de Compostela. UNHA LONGA REIVINDICACIÓN MUNICIPAL A mellora desta estrada é unha longa reivindicación municipal realizada desde o Concello de Castrelo de Miño. Vallan de exemplo as xestións realizadas nos últimos anos: con data do 6 de maio de 2014 foi remitida á Deputación Provincial de Ourense escrito de alcaldía solicitando a execución de diversas obras de ampliación e mellora desta estrada Ou-0304, A Armada – Astariz. Novamente con data do 21 de outubro de 2014 foi remitido acordo plenario no mesmo sentido. No ano 2016 foi reiterada a solicitude (no R/S 1100 de 4 de novembro de 2016), remitíndose certificado do acordo plenario de 28 de outubro de 2016 no que se solicitaba a inclusión das obras de mellora e ampliación da Estrada OU304 (A Armada – Astariz) nos Plans Provinciais de 2017, para mellora do firme e asfaltado da estrada, ampliación do largo e reparación e

construción de beirarrúas ou sendas peonís nos tramos que atravesan os pobos situados no seu percorrido. Tras estas solicitudes durante o ano 2017 foron executadas as primeiras obras de intervención urxente consistentes en bacheados e limpeza de cunetas desta estrada, obras consideradas necesarias pero insuficientes. Mediante escrito remitido o 2 de agosto de 2017, desde a alcaldía deste concello víñase a reiterar a solicitude de que se executen as restantes obras solicitadas, de mellora e ancheado da vía, pola gran importancia desta vía para o concello e para os nosos veciños, e achegábase novamente acordo plenario o 22 de setembro de 2017 solicitando:

á Deputación Provincial de Ourense a inclusión das obras de mellora e ampliación da Estrada OU304 (A Armada – Astariz) ao seu paso polo termo municipal de Castrelo de Miño, nos investimentos a realizar en obras de mellora e conservación da rede viaria provincial, de titularidade da Deputación Provincial, no vindeiro Plan Provincial 2018 e sucesivos, como xa se fixo en 2017, para continuar realizando as melloras solicitadas e xa detalladas nesta moción e en anteriores solicitudes, entre outras: obras de mellora do firme e asfaltado da estrada, e de ampliación do largo, e reparación e construción de beirarrúas ou sendas peonís nos tramos que atravesan os pobos situados no seu percorrido, cunha lonxitude no noso termo municipal de 8.370m. Estas mesmas solicitudes tamén foron apoiadas pola sociedade civil, que acompañaron cunha recollida de centenares de asinaturas dos propios veciños. Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

55


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:14 Página 56

OBRAS E INVESTIMENTOS PÚBLICOS

Arranxo da estrada A Cancela - Celeirón Os Concellos de Castrelo de Miño e Toén presentaron unha solicitude conxunta de subvención ante a Vicepresidencia da Xunta de Galicia. Unha vez concedida, e coa cofinanciación do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), levouse a cabo a mellora do pavimento do vial público entre os núcleos da Cancela (Castrelo de Miño) e Celeirón (Toén). As obras realizadas por un importe de 60.000 euros, consistiron na mellora do firme da estrada da Cancela a Celeirón, vía pública de titularidade municipal dos concellos de Castrelo do Miño e Toén, co obxecto de mellorar os accesos e a comunicación a través da rede viaria entre os dous municipios. Procedeuse á limpeza e reperfilado de cunetas, beiravías ou noiros, mesmo salva cunetas e sumidoiros existentes, por ambas as marxes da vía, nunha lonxitude total de 4.600 metros. Realizouse unha limpeza do pavimento existente con medios mecánicos e lavado a presión con auga, de modo que a superficie quedara libre de elementos indesexables. Fíxose un bacheo previo con escarificación, do firme existente con profundidade variable, para regularizar a superficie, con preparación da caixa, sobre a que se estendeu unha capa de gravillón, nivelada e compactada, e posteriormente realizouse unha rega asfáltica con emulsión debidamente compactada, para finalmente realizar unha rega bicapa (dobre tratamento superficial) con emulsión e gravas miúdas esquistosas, debidamente compactado, nunha superficie de 8.596 m². Con esta obra cumpriuse unha demanda feita polos veciños de ambos os concellos para mellorar esta vía de comunicación entre Castrelo e Toén.

56

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:14 Página 57

OBRAS E INVESTIMENTOS PÚBLICOS

Plan municipal de mellora de infraestruturas O Plan municipal de mellora de infraestrutas creouse no ano 2008 e con el executáronse múltiples obras de ampliación, reparación e mellora de camiños e viais, permitindo que os veciños dispoñan de novos ou mellores accesos en todas as parroquias do concello. O Plan inclúe a relación de obras solicitadas polos veciños e veciñas de Castrelo de Miño, así como aquelas reparacións de danos ocasionados nas vías municipais. Con esta relación de obras vanse solicitando distintas liñas de axudas desde o Concello a outras administracións públicas, como Deputación ou Xunta de Galicia para ir procedendo á súa reparación. O Plan Municipal de Mellora de Infraestruturas leva vixente 11 anos, nos que se levaron a cabo melloras de diversa índole, dende a ampliación da anchura da calzada, a substitución do firme, a colocación de muros de contención ata a limpeza de maleza nas beiravías.

Desde o ano 2015 estas son algunhas das obras realizadas polo concello de Castrelo de Miño:

A Ponte antes

A Ponte despois

Limpeza das beiras das estradas e cunetas

A Bouza antes

A Bouza despois

As Corredoiras de Prado

Casardeita antes

Casardeita despois

Fondodevila Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

57


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:14 Página 58

OBRAS E INVESTIMENTOS PÚBLICOS

Prado antes

Prado despois

Limpeza das beiras das estradas e cunetas

Fondodevila antes

Fondodevila despois

Limpeza das beiras das estradas e cunetas

Ramiras antes

Ramiras despois

Obras realizadas en colaboración cos veciños Casardeita - Ermida

Santo Estevo antes

Santo Estevo despois

Pousada

Vide antes 58

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

Vide despois


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:14 Página 59

OBRAS E INVESTIMENTOS PÚBLICOS

A Costa antes

A Costa despois

Fréas

Fréas - Troncoso antes

Fréas - Troncoso despois

Obras realizadas en colaboración cos veciños - Astariz

Mellora de áreas recreativas - Astariz

Mellora de áreas recreativas - Prado

Obras realizadas en colaboración cos veciños - Astariz

Mellora de áreas recreativas - Termas

Mellora de áreas recreativas - Macendo

Mellora de áreas recreativas - Macendo

Santa María A Ponte antes

Santa María A Ponte despois Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

59


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:14 Página 60

OBRAS E INVESTIMENTOS PÚBLICOS

Muro en Santa María

Valgarreiro

Albín - Tallon

San Pedro antes

San Pedro despois

A Cancela - Freás

Muro nas Bouzas

Muro nas Bouzas

Nova pavimentación en nucleos urbanos

Durante o ano 2019 vanse executar as seguintes obras, que xa están aprobadas tras conseguir o concello xestionar axudas e subvencións por importe de 100.000 euros da Deputación de Ourense e da Consellería de Medio Rural: Mellora dos accesos e pavimentación da rede viaria Municipal de Castrelo de Miño en O Rial, Nogueiredo, accesos a Pescastrelos, Parada, Prado, San Pedro e Astariz. Realizaranse tamén obras por importe de 50.000 euros para a mellora do sistema de depuración de augas residuais de Cortiñas e Ramiras, pendentes de recibir informe sectorial da Confederación Hidrográfica para iniciar as obras. 60

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:14 Página 61

OBRAS E INVESTIMENTOS PÚBLICOS

Un convencio entre Concello e Xunta permitiu eliminar 23 vertedoiros incontrolados O Concello de Castrelo de Miño, mediante un convenio coa Consellería de Medio Ambiente, procedeu a erradicar un total de 23 vertedoiros incontrolados, localizados en distintos lugares do municipio. Os traballos foron realizados durante o ano 2016.

Os vertedoiros eran maioritariamente de cascallos, mobles, plásticos, electrodomésticos e mesmo nun deles achouse unha gran cantidade de roupa. A maioría dos vertedoiros eran de considerable tamaño e algúns deles foron localizados en sitios de moi difícil acceso e mesmo con gran desnivel do terreo, o que dificultou os traballos.

Por ese motivo utilizouse maquinaria pesada, ademais do traballo manual, para a retirada e traslado dos residuos. En todos os vertedoiros, unha vez finalizado o traballo colocouse un cartel indicando “Espazo natural rexenerado” e prohibindo o verquido de resíduos. Só coa colaboración de todos se poderá manter o monte e a contorna limpa.

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

61


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:14 Página 62

OBRAS E INVESTIMENTOS PÚBLICOS

Melloras no sistema de abastecemento de auga potable Tras o convenio de colaboración asinado coa Deputación de Ourense para a prestación de asistencia técnica, xurídica e financeira na xestión dos servizos municipais de abastecemento de auga potable, saneamento e depuración de augas fecais, en Castrelo de Miño proseguiuse coas melloras do sistema de abastecemento. Así, practicamente en todos os núcleos do concello se realizaron melloras: mellora das captacións, novos motores e bombas, cadros eléctricas, acometidas, sistemas de control... Dentro das melloras para levar a cabo unha mellor medición do consumo de auga, instaláronse tamén novos contadores nos depósitos abastecemento de auga. Dentro da dirección técnica do servizo, realizouse tamén o Protocolo de Autocontrol e Xestión do Abastecemento que se mantén permanente actualizado para cumprir co programa de vixiancia sanitaria de augas de consumo humano de Galicia. Sistema de alerta temperá nas ETAPs de Astariz, A Cuqueira e Nogueiredo. Nas tres estacións de tratamento de auga potable das que dispón o concello instalouse un sistema de alarmas de control que permiten advertir de calquera fallo que se produza na estación (subministración de auga, baixo nivel, corte eléctrico) e que evitarían un posible desabastecemento. No momento de producirse algunha destas incidencias, a estación envía unha mensaxe aos teléfonos do concelleiro de servizos, do fontaneiro e de Aquaourense, indicándolles que hai un problema. Como nese momento de aviso aínda hai

62

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

auga nos depósitos, o persoal responsable ten tempo suficiente para acudir ata a ETAP e realizar a reparación pertinente sen que os usuarios se queden sen suministro de auga en ningún momento. Instalación de potabilizadores de auga Estes potabilizadores funcionan mediante un mecanismo electrónico que inxecta o cloro automaticamente segundo a cantidade de auga que entra no tanque de almacenamento, medida por un contador instalado na entrada de auga do mesmo. Ademáis, a cantidade de cloro inxectada é exacta, polo que así se evitan problemas na cloración da auga. Con estas actuacións a calidade sanitaria da auga queda garantida prácticamente no 100% dos abastecementos que proveñen de mananciais e pozos. Mantemento dos filtros das ETAPs. Renovaronse as areas dos filtros das ETAPs de Astariz, Nogueiredo e aCuqueira xa que co tempo se van degradando. Coas novas areas garantízase un correcto funcionamento das ETAPs.


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:14 Página 63

OBRAS E INVESTIMENTOS PÚBLICOS

Renovación integral do servizo municipal de iluminación pública Isto supón unha mellora do servizo e un aforro anual de 75.000 euros O concello de Castrelo de Miño acollouse nos últimos catro anos a tres ordes da axudas distintas, unha da Xunta de Galicia e dúas do IDAE (Ministerio de Enerxía do Goberno de España). Tras a concesión destas axudas, o concello realizou tres proxectos, 2 xa executados, e un a executar en 2019. O importe dos tres proxectos supera os 500.000 euros que permiten unha renovación integral do servizo municipal de iluminación pública. As obras realizadas permiten subsitutir as antigas luminarias por outras tipo LED de maior rendemento e con lámpada de menor potencia. Tamén, se levou a cabo a substitución de balastros electromagnéticos por outros electrónicos, así como cadros eléctricos e sistemas de control e de regulación de fluxo luminoso. A día de hoxe hai instaladas 1475 luminarias, que son xestionadas por 46 cadros eléctricos de mando, das que 1084 son luminarias de LED de alta tecnoloxía e baixo consumo enerxético. Tras a concesión da última subvención concedida polo IDAE en 2018 (axuda de 112.771,20 €, dentro do Programa de Axudas a entidades locais que favorezan o paso a unha economía baixa en carbono no marco do Programa operativo FEDER de crecemento sustentable 2014-2020) ao longo do ano 2019 procederase á instalación do resto de luminarias LED nos núcleos de Troncoso, Freás, Santo Estevo estrada, Barral, Avenida do Concello, O Pazo e O Toledo.

antes

En 2019 Castrelo de Miño será un concello 100% LED. Co 100% instalado o concello pasará anualmente dun consumo de 591.970 kWh a 131.367 kWh. O aforro é polo tanto de 460.603 kWh. Isto supón un aforro do 78%. Desde o ano 2017 o concello de Castrelo de Miño xa está aforrando 54.000 euros anuais, importe que se reduciu das facturas emitidas pola empresa eléctrica suministradora debido ao menor consumo das luminarias e aos novos cadros de control e redución de consumo xa instalados. Co 100% instalado, a partires de 2019 o aforro superará os 75.000 euros anuais.

despois Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

63


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:14 Página 64

OBRAS E INVESTIMENTOS PÚBLICOS

O concello de Castrelo de Miño reclama e recupera 54.000 euros facturados erroneamente por Gas Natural Fenosa

O Concello de Castrelo de Miño recuperou un total de 54.000 euros da facturación correspondente ao consumo eléctrico. No 2015 detectaronse erros nas facturas, por cuxo motivo o goberno municipal encargou a realización dunha revisión, que confirmaba posteriormente unha diferenza importante entre o que se cobraba no recibo e o consumo real. Desta forma, a primeira devolución de 9.000 euros realizouse en 2015, correspondente a todas as facturas mal emitidas do ano 2014, por importe de 9.000 euros. Con todo, o Concello reclamou os cinco anos anteriores en que tamén se constatou que se estaba pagando máis do que lle correspondía pola iluminación pública, a subministración ás estacións de bombeo da auga e o mantemento dos edificio públicos. A empresa, con todo, negouse inicialmente a devolver o diñeiro, así que o concello tramitou a reclamación a través do Instituto Galego de Consumo, chegando finalmente a un acordo mediante o que Gas Natural-Fenosa devolveu a Castrelo de Miño 45.000 euros máis en 2016, sendo polo tanto un total de 54.000 euros os reclamados e recuperados polo concello, por facturacións indebidas de Gas Natural Fenosa.

64

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:14 Página 65

OBRAS E INVESTIMENTOS PÚBLICOS

O concello de Castrelo de Miño gáñalle a Red Eléctrica de España un contencioso de 130.000 euros A maiores suporá uns ingresos de máis de 30.000 euros anuais pola aplicación da nova taxa. O goberno municipal de Castrelo de Miño mediante contactos coa Federación de asociacións e municipios con centrais hidroelectricas e encoros, iniciou unha serie de consultas para finalmente aprobar unha nova taxa e someter a gravame, entre outros, o tendido de alta tensión soterrado con dúas torretas que Red Eléctrica ten ubicado en terreos de dominio público local. Levouse ao pleno e foi aprobada a Ordenanza fiscal do Concello de Castrelo de Miño reguladora da “Taxa por utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público local”. Sen embargo a entidade mercantil REDE ELÉCTRICA DE ESPAÑA, interpuxo recurso contencioso-administrativo fronte á Resolución do Alcalde- Presidente do Concello de Castrelo de Miño do 9 de marzo de 2018, desestimatoria do recurso de reposición deducido fronte á liquidación virada en concepto da Taxa correspondente aos exercicios 2013, 2014, 2015, e 2016, por importe de 130.241,81 euros; así como contra a devandita liquidación tributaria, incluíndo os intereses de demora. Indirectamente tamén recorreu a Ordenanza fiscal do Concello de Castrelo de Miño reguladora da mencionada taxa. A parte recorrente solicita na súa demanda dítese sentenza na que se anule e deixe sen efecto a liquidación tributaria indicada anteriormente. Ante estes feitos o Concello de Castrelo de Miño presentou o seu correspondente escrito de Contestación, no que solicitou a íntegra desestimación do recurso, con imposición de costa á actora, o que asi foi ditaminado na sentencia emitida polo Xulgado Contencioso/Administrativo N. 1 de Ourense o 4 de marzo de 2019:

PARTE DISPOSITIVA 1º.- Desestímase o recurso contencioso-administrativo interposto por REDE ELÉCTRICA DE ESPAÑA, S.A.U., fronte á Resolución do Alcalde-Presidente do Concello de Castrelo de Miño do 9 de marzo de 2018, desestimatoria do recurso de reposición deducido fronte á liquidación virada en concepto de “Taxa por utilización privativa ou aproveitamento especial de dominio público”, correspondente aos exercicios 2013, 2014, 2015, e 2016, por importe de 130.241,81euros; así como contra a devandita liquidación tributaria, incluindo os intereses de demora. 2º.-. Impóñense as costas á parte actora co límite fixado no fundamento de dereito terceiro.

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

65


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:14 Página 66

OBRAS E INVESTIMENTOS PÚBLICOS

Restauración de fontes de auga pública O Concello de Castrelo de Miño continúa levando a cabo o mantemento e a reparación das fontes do municipio. As obras realizadas nestas fontes inclúen a limpeza da pedra e o encintado para evitar fugas, a reparación de teitos, mellora da canalización da auga, pintado... Así desde o ano 2015 realizáronse melloras nas fontes de A Bouza, Casardeita, Freás, A Ermida, Vide, e Prado, entre outras.

66

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:14 Página 67

PROMOCIÓN VITIVINÍCOLA E DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:14 Página 68

PROMOCIÓN VITIVINÍCOLA E DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO

Ribeiro Blues Wine Festival Música, viño e gastronomía únense en Castrelo de Miño e consolidan un evento excepcional tras cinco edicións. Xa é unha cita ineludible no calendario festivo galego, a través da cal, Castrelo de Miño promociona o seu principal sector económico, o vitivinícola, cunha proposta innovadora e de vangarda

Entre as novidades da última edición celebrada en 2018 estivo a incorporación dun patrocinador principal como Red Eléctrica, unha gran empresa que aposta tamén por un evento que se realiza nun concello onde teñen importantes infraestruturas. o que permite dar un paso adiante e poder falar do mellor festival de Blues de Galicia.

68

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:14 Página 69

PROMOCIÓN VITIVINÍCOLA E DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO

Na celebración de 2018 que tivo lugar os días 10

Un gran festival que non tería sentido se non

e 11 de agosto no parque náutico de Castrelo de

fose pola implicación das adegas e colleiteiros

Miño, destacaron un trío de ases da música como

de Castrelo de Miño, con máis de 20 participantes

Raimundo Amador, Martha High de Estados Unidos

en cada unha das edicións. Os viños do Ribeiro

e Claudio Gabis de Arxentina, que estiveron acom-

son os verdadeiros protagonistas dun festival feito

pañados polas mellores bandas españolas e gale-

á sua medida. Organizado polo concello de Cas-

gas. En anteriores edicións pasaron tamén polo

trelo de Miño coa colaboración do Consello Re-

escenario xunto ao río Miño estrelas internacionais

gulador da D.O. Ribeiro, o Inorde, a Deputación

da música blues como Khalif Wailing Walter, Shanna

e a Xunta.

Waterstown, Jeb Rault e Shirley Davis de Estados Unidos, e míticas bandas españolas como a Vargas Blues Band, Freedonia, J.Teixi Band, Virginia Labuat ou Susan Santos, e galegas como The Lakazans, Marian Ledesma, The Tetas Van, Deteriorados ou Mad Martin.

Un enofestival nocturno, ás beiras do encoro de Castrelo de Miño coa banda sonora da música blues, no que se poden degustar durante dous días os mellores viños do Ribeiro, acompañados da mellor gastronomia dos postos de comida de rúa ou foodtrucks, e acompañados de actividades

E sen esquecer tamén que algúns dos actores ga-

tan novidosas como a cata de viños en catamarán

legos máis recoñecidos na actualidade, como Ma-

no medio do encoro

nuel Manquiña ou Antonio Durán Morris fixéronse cargo da presentación do acto inaugural.

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

69


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:14 Página 70

PROMOCIÓN VITIVINÍCOLA E DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO

R I B E I R O B L U E S W I N E F E S T I VA L

Shanna Waterstown & Jeb Rault

The Soul Jacket

70

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:14 Página 71

R I B E I R O B L U E S W I N E F E S T I VA L

PROMOCIÓN VITIVINÍCOLA E DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO

Freedonia

Vargas Blues Band

Shirley Davis

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

71


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:14 Página 72

PROMOCIÓN VITIVINÍCOLA E DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO

R I B E I R O B L U E S W I N E F E S T I VA L

Claudio Gabis

Susan Santos 72

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:14 Página 73

R I B E I R O B L U E S W I N E F E S T I VA L

PROMOCIÓN VITIVINÍCOLA E DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO

Raimundo Amador

Martha High

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

73


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:14 Página 74

PROMOCIÓN VITIVINÍCOLA E DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO

Viñodiversidade En novembro de 2015 celebráronse en Castrelo as Xornadas de formación de viticultura ecolóxica e biodinámica e a I Mostra Internacional de viños da biodiversidade, organizadas polo Concello de Castrelo de Miño e o Sindicato Labrego Galego. O evento tivo unha duración de tres días; os dous primeiros dedicados á formación e o último de feira e mostras de viños ecolóxicos e biodinámicos.

O eixo formativo estivo apoiado polos docentes André Rodrígues Henriques da Silva e Pablo Ortigueira Sánchez, que abordaron diversos temas de interese no ámbito, tales como os factores de calidade, o manexo de elementos mecánicos, o uso de biofertilizantes ou a resposta ante pragas e enfermidades. O evento tivo lugar no Auditorio de Castrelo e supuxo a primeira feira de viticultura ecolóxica e biodinámica que se celebraba ata a data en Galicia. Contou coa participación de 26 adegas e máis de 60 inscritos procedentes de Galicia, A Rioxa ou Portugal, moitos dos cales se hospedaron no Albergue Municipal do Parque Náutico. Na feira, os asistentes tiveron a oportunidade de intercambiar experiencias e traballos a través dun punto de encontro entre viticultores, adegueiros e profesionais da viticultura co fin de espremer as potencialidades que cada profesional puidese poñer en valor.

74

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:14 Página 75

PROMOCIÓN VITIVINÍCOLA E DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO

Poesía, maxia e viño para celebrar o solsticio de verán en Castrelo de Miño

O concello de Castrelo de Miño organizou un novo evento de promoción vitivinícola no Parque Náutico, en colaboración cos poetas e magos do Ribeiro. Co gallo do solsticio de verán, o xoves 21 de xuño de 2017 a partires das 20:00 horas tivo lugar a primeira edición deste novo evento que busca promocionar os viños do Ribeiro, e nesta ocasión maridados con poesia e maxia. A Poesía correu a cargo dos poetas do Ribeiro Benito Eladio Rodríguez, Rafael Otero e Jaime Moreda, e as poetisas galegas convidadas Yolanda Castaño e Concha Rousía. A Maxía correu a cargo do Mago Deimi. O viño para maridar este novo evento cultural foi o das adegas: Loeda, Cunqueiro, Celme, Alborexar no Ribeiro, Eloi Lorenzo, Pousadoiro, Solaina Minei e Arco da Vella. A vitivinicultura é a principal actividade económica de Castrelo de Miño, e son moitos os eventos promocionais que organiza o concello ao longo do ano en colaboración coas adegas do seu termo municipal e do resto da comarca do Ribeiro, entre os que destaca o RibeiroBlues WineFestival que se celebra a comezos de agosto e que este ano pasado celebrou xa a súa quinta edición. Un festival no que o viño do Ribeiro marida coa mellor música blues. Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

75


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:14 Página 76

PROMOCIÓN VITIVINÍCOLA E DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO

Cata de viños da revista Parker

O catador oficial para España, Arxentina e Chile da prestixiosa publicación do norteamericano Robert Parker, The Wine Advocate, Luís Gutiérrez, asistiu a Castrelo de Miño para catar 51 viños elaborados pola Asociación de Colleiteiros e Embotelladores do Ribeiro. A cita tivo lugar o 5 de marzo de 2016 no Parque Náutico de Castrelo e permitiu concluír a viaxe de Gutiérrez polas diferentes denominacións de orixe galegas para, meses máis tarde, publicarse as catas levadas a cabo na recoñecida revista. Luís Gutiérrez puido probar 51 viños diferentes da D.O. do Ribeiro entre brancos, tintos e un tostado e o resultado, a vista do publicado en The Winde Advocate, non puido ser máis satisfactorio, o que demostra a calidade dos viños do Ribeiro.

76

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:14 Página 77

PROMOCIÓN VITIVINÍCOLA E DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO

Castrelo acolle unha cata de viños doces Tras o éxito obtido coa I Cata de Variedades Ancestrais de Galicia, o catador Luís Paadín organizou en Castrelo “+ Doce Galicia”, a primeira cata de viños doces que se celebra en territorio galego. Esta iniciativa, na que colaboran a revista “Cepas y Vinos” e o Concello de Castrelo de Miño, contou cun panel composto por 13 expertos catadores que probaron e valoraron unha vintena de viños tostados de vendimas tardías, crioconxelacións, brotytis e sobremaduracións, entre outras vinificacións especiais, procedentes de variedades como o Albariño, Treixadura, Godello, Branco lexítimo, Moscatel de grao medio, Mencía, Sousón, Caíño longo ou Caíno redondo.

A variedade e calidade dos viños doces de Galicia residen nuns chans e climas diversos, pero con clara influencia atlántica. Unhas variedades autóctonas moi aromáticas, con grosos hollejos e alta acidez que permiten, grazas tamén á axuda das novas tecnoloxías, realizar novas e sorprendentes vinificacions. Conscientes deste renovado interese por parte dos consumidores cara os viños doces, Luís Paadín organizou esta cata para a que contou co apoio dun variado grupo de catadores entre os que se atopan técnicos das denominacións de orixe galegas e limítrofes (Toro, Bierzo, Arribes ou Arlanza) e recoñecidos catadores. O obxectivo é que, entre todos, se poida empezar a describir estes exclusivos viños que se elaboran en pequenas producións, pero dos que cada ano hai maior diversidade. Entre os numerosos viños doces a catar, os expertos gozaron dunha vintena de brancos e tintos doces, onde atoparon semisecos, botrytis nobre, “kabinett” ou pasificaciones. Unha delicia para calquera padal que hai que definir para os consumidores.

A cata celebrouse no Parque Náutico de Castrelo, en virtude da colaboración que ofrece o Concello de Castrelo do Miño, que desde o primeiro momento puxo a disposición da organización todas as facilidades posibles para realizar este novo evento. Súmase ás apostas como RibeiroBlues WineFestival ou Viñodiversidade, organizadas tamén polo concello nunha clara aposta polo principal sector económico do municipio de Castrelo, a vitivinicultura. A revista “Cepas y Vinos” é outro dos colaboradores de “+Doce de Galicia”, como xa fixo o pasado ano coa cata dedicada ás variedades ancestrais de Galicia. A publicación especializada, editada por José Ramón Domínguez, naceu en 2013 en Vigo co obxectivo de converterse nun foro vinculante para empresarios e profesionais do mundo do viño, achegando ao público todas as novidades do sector. “Cepas y Vinos” na súa versión impresa ten unha periodicidade trimestral e conta coa súa versión dixital (www.cepasyvinos.com), que se actualiza semanalmente.

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

77


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:14 Página 78

PROMOCIÓN VITIVINÍCOLA E DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO

Presentación dos viños dos colleiteiros do Ribeiro Dentro da actividade de promoción dos viños da nosa zona, o Restaurante do Parque Náutico de Castrelo acolleu nos meses de abril e maio dos últimos anos a presentación dos viños dos Colleiteiros do Ribeiro, da man da súa asociación (Asociación de Colleiteiros e Embotelladores do Ribeiro). Ao acto acudiron o alcalde de Castrelo de Miño, ademais doutros alcaldes da comarca, o presidente do Consello Regulador, ou o director do IGAPE, entre outros. As presentacións contaron coa participación de cociñeiros galegos recoñecidos coa estrela Michelin, como Xoán Crujeiras ou Pepe Solla. Nelsa, deuse conta das colleitas dos últimos anos. Entre os asuntos tratados pola asociación, tamén se fixo fincapé na internacionalización dos seus viños, un escenario no que pretenden penetrarse nos próximos anos e para os que xa teñen en mente países como Australia, Bélxica, Alemaña, Canadá, México ou Estados Unidos.

78

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:14 Página 79

PROMOCIÓN VITIVINÍCOLA E DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO

Plan de defensa contra os incendios forestais Realizado polo concello de Castrelo de Miño durante os anos 2017 e 2018. Un axente forestal encargouse da elaboración do plan e da sinalización de todas as faixas secundarias arredor das vivendas en cada unha das poboacións do concello que debe permanecer en perfecto estado de limpeza. En base ao cumprimento da Lei 2/2007 de prevención e defensa contra incendios forestais de Galicia, e as modificacións aprobadas o 28 de decembro de 2017 polo Goberno da Xunta de Galicia, as faixas de protección que os propietarios deben manter rozadas e libre de árbores arredor das vivendas é a seguinte: BIOMASA VEXETAL: 50 metros; PIÑEIROS, EUCALIPTOS OU ACACIAS: 50 metros; ESPECIES FRONDOSAS CADUCIFOLIAS (castiñeiro, sobreira, carballo, nogueira…): 15 metros. Os propietarios ou responsables deberán cortar ditas árbores e rozar a biomasa vexetal antes do 31 de maio de cada ano. No caso de incumprimento remitirase ao propietario unha notificación cun requerimento onde se lle dá un prazo para executala, podendo realizarse unha execución subsidiaria imputándolle os gastos e expoñéndose ás sancións por infraccións leves, graves ou moi graves.

Faixas de protección de Reigoso

Bocas de rego e incendio Xeolocalización e sinalización de 66 puntos de auga para emerxencias Dentro da elaboración do “Plan de actuación municipal” e máis do “Plan de defensa contra os incendios forestais” realizados polo concello de Castrelo de Miño nos anos 2017 e 2018 procedeuse á busqueda e identificación de todas e cada unha das bocas de rego e incendio das que se dispoñen no noso municipio. Foron identificadas e xeolocalizadas 66 bocas de rego e incendio en todas as parroquias do concello. Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

79


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:14 Página 80

PROMOCIÓN VITIVINÍCOLA E DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO

Reestruturación parcelaria Xornadas informativas en Castrelo de Miño A finais de 2016 propietarios de Prado de Miño dirixíronse ao Concello solicitando información sobre a posibilidade de levar a cabo un proceso de reestruturación parcelario nesta parroquia. A raíz desta demanda, durante o ano 2017 desde o goberno municipal mantiveronse distintas reunións con representantes da Consellería do Medio Rural e da Xunta de Galicia, incluídos a Conselleira e o Presidente que lle transmitiron a este concello o apoio da administración autonómica a esta iniciativa debido o potencial vitivinícola co que conta Castrelo de Miño, un dos principais concellos da Denominación de Orixe Ribeiro. A raiz disto mantivéronse varias xuntanzas públicas informativas na parroquia de Prado de Miño ás que asistiron técnicos da Consellería de Medio Rural e nas que deron cumprida información sobre este proceso. Iniciouse un proceso de recollida de asinaturas que foron remitidas á Consellería do Medio Rural para que estude a viabilidade deste proxecto. Así mesmo, no pleno da corporación foi presentada polo goberno municipal unha moción na que coa maioría absoluta dos votos do equipo de goberno foi aprobada a moción na que o Concello de Castrelo de Miño manifesta o seu apoio a todas aquelas procesos de reestruturación parcelaria que xurdan en todas as parroquias e poboacións de Castrelo de Miño, e ponse a disposición dos veciños que o soliciten, organizando as xornadas informativas que sexan necesarias en cada parroquia e poboación e colaborando deste esta institución municipal, na súa xestión ante os organismos e entidades competentes.

Reunion coa conselleira de medio rural sobre a concentracion parcelaria de Prado

Unha das reunións informativas realizadas en Prado de Miño por técnicos da Xunta 80

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:14 Página 81

PROMOCIÓN VITIVINÍCOLA E DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO

A asociación de produtores de aceite de oliva de Galicia reuniuse en Castrelo de Miño Participaron case un centenar de membros en Castrelo de Miño no mes de Abril de 2018. Os aceites ourensáns e galegos continúan facéndose un oco no competitivo mercado nacional e internacional, que cada vez se fixa máis no potencial dos produtos da Comunidade. Esta foi unha das principais conclusións coas que se pechou a xunta xeral ordinaria da Asociación de Produtores de Aceite e Oliva de Galicia ( Apag), que se celebrou o 28 de abril de 2018 en Castrelo de Miño e que contou coa presenza de case un centenar de participantes. "Ourense é unha zona atractiva, vese porque hai empresas a nivel internacional que están a buscar terreos para plantar, pero tamén veñen buscar os nosos produtos", destaca o presidente da asociación, José Antonio García, moi contento coa evolución do colectivo, que conta con 105 socios das catro provincias, dos que aproximadamente a metade son de Ourense. Suman máis de 130.000 oliveiras entre todos. Na xunta xeral, tamén se deu conta das actividades realizadas pola asociación durante o ano 2017 e recolleronse as achegas e preocupacións dos participantes na reunión. "Interésannos moito as opinións, ver o que necesitan os nosos socios, xa que así traballamos para botarlles unha man para que as súas plantacións e producións vaian a máis e cada vez con mellor calidade. É necesaria a protección de leiras, por exemplo", expón García, que cita tamén a organización de cursos de catas ou podas. Un dos principais obxectivos da asociación de produtores de aceite é tamén a obtención da Denominación de Orixe Protexida, para "diferenciarnos aínda máis no mercado". Ademais, están a ultimarse os contactos para empezar a colaborar con entidades públicas e privadas para o estudo e coidado das oliveiras da Comunidade galega e a "produción de aceite de calidade". Ao remate da reunión achegáronse ata a feira de Castrelo de Miño, que se celebraba ese mesmo día no parque náutico e fixeron unha exposición dos seus produtos a todos os visitantes.

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

81


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:14 Página 82

PROMOCIÓN VITIVINÍCOLA E DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO

O lagar rupestre de Castrelo incluído no mellor libro de historia do viño do ano 2018 O concello de Castrelo de Miño organizou unha presentación no salón de actos da casa do Concello, coa presencia dos seus autores. A última publicación dos catadores galegos Luís e Alejandro Paadín, "As pedras que facían viño: viaxe polos milenarios Lagares Rupestres de Galicia", foi recoñecido como Mellor Libro de Historia do Viño en Español polos Gourmand World Cookbook Awards, uns premios celebrados en Alemaña e coñecidos no mundo como os Oscars da literatura gastronómica e vinícola, aos que se presentan máis de 11.000 obras procedentes de ata 211 países. Chega así o recoñecemento a un esforzo de máis de media década, na que Os Paadín non deixaron de recompilar e estudar os lagares rupestres da comunidade desde que en 2011. Editado por Servino e cunha primeira tirada de 1.500 exemplares no mercado, o libro funciona como unha guía da localización destes lugares en Galicia, con toda a información traducida a tres idiomas e completada con imaxes e códigos QR que permiten seguir o labor de investigación dos catadores, quen continuan atopando novos lagares e viaxado a outros países como Israel ou Italia para coñecer máis de preto a realidade deste patrimonio histórico. Na presentación Alejandro Paadín manifestou que o lagar rupestre do Castro da Santa Lucía “é o primeiro Milenario Lagar Rupestre de Galicia certificado, non sabemos doutros, pero este, está certificado, por estratificación co achado de moedas, numerosa cerámica da época e probas de carbono catorce que así o acreditan”.

82

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:14 Página 83

PROMOCIÓN VITIVINÍCOLA E DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO

Dez anos de Feira en Castrelo Neste 2019 cumprirase o décimo aniversario da Feira de Castrelo. Despois de máis de 70 anos sen celebrarse, en 2009 o Concello de Castrelo de Miño recuperou a organización desta feira. Desde entón está a celebrarse ininterrumpidamente todos os últimos domingos de cada mes no Parque Náutico. No recinto feiral do Parque Náutico participan máis de cen postos de comerciantes con todo tipo de produtos como roupa, calzado, libros, musica, pan e doces, froitas e hortalizas, sementes e viveiros, charcuteria, produtos de alimentación, produtos para a horta, a viña, e a adega, produtos ecolóxicos, postos de artesanía e moitos máis. Pero ademais de mercar e xantar nos restaurantes da zona e nos que se instalan para a ocasión, a Feira de Castrelo é unha feira de chea de actividades, xa que cada mes se adica a feira a un tema en torno ao que se realizan actividades ese día e se anima á participación de máis turistas e visitantes. Como exemplo nos últimos meses houbo feiras con obradoiros de barro, títeres, actuacións musicais, danza, actividades para a infancia, festa da escuma, xornadas informativas sobre a reciclaxe ou a saúde e moitas máis actividades culturais.

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

83


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:14 Página 84

PROMOCIÓN VITIVINÍCOLA E DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO

Castrelo Sabe Durante os días 18, 19 e 20 de marzo de 2016 Castrelo celebrou a ruta de tapas “Castrelo Sabe” con tres establecementos, o Bar Ludeiro de Vide, a cafetería do Parque Náutico e o Bar Cuco de Meizo. As tapas elixidas foron: espeto de polbo, chipirón e gamba con pataca e pemento, no caso do Náutico; pequenas empanadillas de tenreira estofada con pementos e cebola confeitada no Bar Cuco; e ameixas, carne braseada con pementos e fideuá con polbo no Bar Ludeiro.

DEPÓSITO LEGAL OU-96/2017

Os participantes degustaban estas apetitosas tapas por 1,5 euros e participaban nun sorteo de lotes de viños, un pase a un circuíto termal ou unha noite romántica. Na edición do ano 2016, a tapa que presentou o Bar Cuco foi a máis votada. No 2017 foron dous establecementos, o Parque Náutico de Castrelo e o Bar Cuco, os que participaron durante os días 7 e 8 de abril con arepa rechea de lombo de de Tenreira Cachena asada con pementos, bacón e salsa, por parte de Bar Cuco, e solombo de Tenreira Cachena envolto en crema de champiñóns e bacón en hoxaldre por parte da cafetería do Parque Náutico de novo. Esta iniciativa non só pretende revitalizar a hostalaría de Castrelo, senón aproveitar tamén para fomentar o consumo de razas autóctonas, neste caso Tenreira Cachena, e do viño da denominación de orixe Ribeiro, en especial das adegas de Castrelo de Miño.

84

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:14 Página 85

PROMOCIÓN VITIVINÍCOLA E DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO

O viño e a gastronomía de Castrelo na Feira Xantar de Ourense Castrelo de Miño acudiu nos ano 2016-2019 á Feira Xantar que se celebrou en Expourense, cun stand promocional propio no que promocionou as principais festas gastronómicas de Castrelo, entre as que se encontraban a da anguía de Barral, a da orella de Santo Estevo, a do paspallás á brasa de Cortiñas ou a da rosquilla das Bouzas. En cada un destes días os visitantes degustaron os produtos elaborados polas propias comisións de festas que colaboran activamente co concello neste evento promocional. Os comensais acompañaron os pratos con viños das adegas de Castrelo.

Este ano 2019 foi a sexta ocasión na que asistiu Castrelo con este formato visto o éxito acadado nas pasadas edicións. As adegas e as comisións de festas xunto có concello colaboraron estreitamente para a súa celebración. O concello fíxose cargo dos custes do stand e máis do material promocional, mentres que as comisións de festas colaboran aportando e elaborando o seu produto e as adegas achegando o seu viño.

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

85


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetaciรณn 1 21/3/19 9:14 Pรกgina 86


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetaciรณn 1 21/3/19 9:15 Pรกgina 87

CONCELLO EN REDE


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:15 Página 88

CONCELLO EN REDE

Castrelo, Cidade Amiga da Infancia Primeiro concello de Galicia que obtén este recoñecemento de UNICEF Castrelo de Miño converteuse no ano 2016 no primeiro concello de Galicia en obter o recoñecemento como Cidade Amiga da Infancia por parte de UNICEF. Con este selo, este organismo da ONU recoñece ao noso concello por apostar polos dereitos da infancia a través da promoción e da implantación de políticas municipais que garanten o desenvolvemento dos nenos e nenas e adolescentes. Ao acto de entrega do selo, que se celebrou na tamén catalogada cidade da infancia de Santander, acudiu a concelleira de Deporte e Ensino, María Isabel Rodríguez. O programa está impulsado, ademais de por UNICEF Comité Español, polo Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, a Federación Española de Municipios e Provincias e o Instituto Universitario de Necesidades e Dereitos da Infancia e a Adolescencia, e busca impulsar a aplicación da Convención sobre os Dereitos do Neno no ámbito local, a participación dos nenos e nenas en todos os temas que lles afecten e o traballo en rede entre os distintos municipios que forman parte da iniciativa. Deste xeito, recoñécese o labor levado a cabo polo concello para crear espazos máis habitables para os máis novos.

88

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:15 Página 89

CONCELLO EN REDE

Visita da presidenta de UNICEF Galicia a Castrelo de Miño Asinatura do convenio de adhesión do municipio á rede de UNICEF

O alcalde de Castrelo de Miño, Xurxo Rodríguez, a presidenta de UNICEF ComitéGalicia, Myriam Garabito, e a concelleira de Deporte e Educación, María Isabel Ro-dríguez, mantiveron un encontro en Castrelo o 17 de febreiro de 2017 no que asinaron o convenio de adhesión do municipio á rede de UNICEF de Cidades Amigas da Infancia (CAI). O convenio subscrito permite ao concello facer uso público deste selo de recoñece- mento para os efectos de informar, sensibilizar e dinamizar á cidadanía á vez que promova a participación infantil e actúe en favor da infancia en todos os ámbitos posibles. Ese mesmo día pola tarde aproveitouse para que os nenos e nenas de Castrelo descubrisen unha placa conmemorativa na entrada do consistorio e que recoñece este feito e a labor do municipio na defensa dos seus dereitos. A adhesión de Castrelo de Miño ao programa permite recoñecer ao municipio como impulsor e promotor da aplicación da Convención sobre os Dereitos do Neno na esfera local a través de, entre outros, a participación dos nenos, as nenas e dos adolescentes en temas que lles afectan. Castrelo de Miño vén levando a cabo esta defensa desde o ano 2009, e con traballos relacionados co selo CAI desde o ano 2012. Na actualidade, conta cun Consello Infantil e o pasado ano recibía no Cuarto Encontro Estatal de Consellos de Participación Infantil e Adolescente celebrado en Santander o selo de Recoñecemento como CAI, o cal manterá ata o ano 2020. Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

89


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:15 Página 90

CONCELLO EN REDE

O Consello Infantil de Castrelo de Miño realiza visitas institucionais Santander

A xornada foi organizada pola Comisión de Dereitos da Infancia e Adolescencia do Congreso dos Deputados, pola Plataforma de Organizacións de Infancia, a través da estratexia A Infancia Opina, e UNICEF Comité Español a través do programa Cidades Amigas da Infancia. A castrelominense Edita Pousada encargouse de expoñer as conclusións ás que se chegou durante o encontro en Santander no ámbito da educación. Pousada fixo fincapé na necesidade de implicar ao profesorado na impartición de docencia para fomentar o interese por parte dos alumnos

O 15 de novembro de 2016 tivo lugar o acto de entrega do selo, que se celebrou na tamén catalogada cidade da infancia de Santander onde acudiu a concelleira de Deporte e Ensino, María Isabel Rodríguez en representación do Concello de Castrelo de Miño

Parlamento Galego

Congreso dos Deputados

Representantes do consello da infancia e da adolescencia de Castrelo de Miño asistiron ao Parlamento Galego o 13 de novembro de 2018.

Asistiron o 25 de xaneiro de 2017 ao Congreso dos Deputados á presentación das conclusións do IV Encontro de Consellos de Participación que se celebrou en novembro de 2015 en Santander. 90

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

A protección, a educación ou a igualdade de xénero, preocupacións fundamentais dos nenos e nenas galegos no VI Foro de Participación Infantil no Parlamento de Galicia. Representando a Castrelo de Miño asistiron Adriana Rodríguez Sainz e Christian Pérez Vidal. Os nenos instan as autoridades a facer realidade a creación do Consello autonómico de Participación infantil e adolescente como mecanismo que posibilite o exercicio do dereito á participación.


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:15 Página 91

CONCELLO EN REDE

Castrelo, cidade saudable Castrelo de Miño forma parte da Rede Española de Cidades Saudables. Esta rede esta formada por algo máis de 200 concellos de todo o Estado.

A Rede Española de Cidades Saudables persegue a promoción e protección da saúde e o benestar dos cidadáns, en concordancia cos principios de actuación correspondentes ao proxecto “ Healthy Cities” da Organización Mundial da Saúde. En xeral, as liñas xerais da Sección céntranse en: Asegurar o mantemento dos contactos interinstitucionales para a consolidación das relacións intersectoriales, necesarias no ámbito da promoción e protección da saúde. Fomentar a colaboración e a acción conxunta das cidades participantes en materia de promoción e protección da saúde. Axudar ás cidades participantes a desenvolver modelos operativos de promoción e protección da saúde na comunidade, que poidan servir como modelos de boa praxe no concernente á promoción e protección da saúde no contexto municipal, en concreto o diagnóstico e os plans de saúde. Durante os últimos anos, no marco do Convenio entre o Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social e a Federación Española de Municipios e Provincias, o concello de Castrelo de Miño ten solicitado e recibido axudas para o desenvolvemento de actuacións en materia de saúde, así como para a implementación local da Estratexia de Promoción da Saúde e Prevención no Sistema Nacional de Saúde. Con estas axudas, entre outras actividades o concello pode desenvolver programas de hábitos saudables, obradoiros cognitivos, actividades deportivas... Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

91


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:15 Página 92

CONCELLO EN REDE

Castrelo, membro do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade é unha asociación de carácter municipalista que agrupa a Concellos e Deputacións de toda Galicia, unidos pola preocupación común de levar adiante iniciativas de cooperación e solidariedade con enfoque de Dereitos Humanos cos países menos desenvolvidos ou máis empobrecidos.

Intercambio con mulleres de Cabo Verde en Castrelo

O Fondo Galego xorde a finais do ano 1997 como expresión institucional desa crecente sensibilidade cidadá arredor das crises humanitarias e a pobreza mundial que percorreu o Estado español e Europa durante os anos 90, dos efectos sociais de tantas calamidades, catástrofes ou guerras, que a cotío irrompen nas nosas vidas, para poñer o contrapunto a outro segmento da humanidade que entende a vida e as crises doutra maneira. Pero tamén para ir máis alá da mera urxencia e arbitrar programas sólidos e permanentes centrados no desenvolvemento estrutural desas comunidades que, a pesar de representar a maior parte da demografía mundial, van no furgón de cola da “nova economía”. Castrelo de Miño é membro desde o ano 2007 e, de modo continuado, participa en todas as actividades en prol dos Dereitos Humanos en países afectados por calamidades, catástrofes ou guerras. A concelleira do ramo, María Rita Lago, resalta da importancia de pertencer a este colectivo con outros concellos “evitando mirar cara a outro lado e enfrontándonos de cheo cun problema que nos ha de preocupar”. A través do Fondo, Castrelo de Miño tamén recibe multiples colaboracións culturais e educativas, como por exemplo a actuación que tivo lugar en novembro de 2017, de Tabuko Tabanka, doce mulleres de Cabo Verde, afincadas en Burela, que baten con furia e alegría sobre un pano pregado que colocan entre as pernas: o batuko.

92

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:15 Página 93

CONCELLO EN REDE

Unha delegación de seis alcaldes e unha alcaldesa de sete municipios de Honduras (NASMAR) visitaron Castrelo de Miño

O pasado 27 de novembro de 2018 foron recibidos no salón de actos da Casa do Concello onde se estableceu un espazo para o intercambio de experiencias na xestión pública da auga entre o Concello de Castrelo de Miño, identificado con boas prácticas nesta materia, e os representantes da mancomunidade NASMAR (Honduras) O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, a través da convocatoria de proxectos para ONGD do ano 2017, veu de aprobar un proxecto de fortalecemento de capacidades técnicas para a xestión pública da auga en sete municipios hondureños, xunto coa ONGD Enxeñería sen Fronteiras. No marco do proxecto, unha delegación composta de seis alcaldes e unha alcaldesa dos sete municipios que compoñen a Mancomunidade de Municipios do Sur de Honduras (NASMAR) estarán en Galicia coa idea de compartir experiencias na xestión pública da auga con municipios galegos, desde a visión do Dereito Humano á Auga. A actividade que se realizou estabeleceu un espazo para o intercambio de experiencias na xestión pública da auga entre o Concello de Castrelo de Miño, identificado con boas prácticas nesta materia, e as e os representantes da mancomunidade NASMAR (Honduras)

Xornadas sobre a auga en Castrelo Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

93


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:15 Página 94

CONCELLO EN REDE

Castrelo, cidade amigable coas persoas maiores A OMS premia a calidade do servizo aos maiores en Castrelo O Concello de Castrelo de Miño recibiu o certificado oficial da Organización Mundial da Saúde (OMS) organismo pertencente á ONU, onde acredita a Castrelo de Miño como membro da rede internacional de "Cidades amigables coas persoas maiores". Este certificado foi expedido por Dr John Beard – Director do departamento de envellecemento e calidade de vida da Organización Mundial da Saúde, con sede en Xenebra, Suiza. Con isto lograse a valoración do aumento da calidade das medidas de política social implantadas polo equipo de goberno, que iniciaron os trámites para acceder a este colectivo no ano 2014. Da provincia de Ourense, Castrelo de Miño e a capital son os únicos núcleos incluídos nesta rede, xunto con Baiona e Santiago de Compostela a nivel galego.

A Rede Mundial de Cidades e Comunidades Amigables coas Persoas Maiores é un proxecto impulsado pola Organización Mundial da Saúde, destinado a crear contornas e servizos que promovan e faciliten un envellecemento activo e saudable. A OMS, consciente do progresivo envellecemento da poboación mundial, dirixe este proxecto a todos os concellos interesados en fomentar o envellecemento activo, que decidiron optimizar as condicións de vida das persoas maiores nas súas localidades, incorporando esta perspectiva na planificación municipal. Este proxecto aborda de maneira integral os aspectos que afectan ao día a día dos nosos pobos e cidades e faino promovendo a participación das persoas maiores, tendo en conta as súas necesidades, percepcións e opinións ao longo de todo o proceso de análise e mellora do municipio e utilizando a metodoloxía proposta pola OMS para levalo a cabo. Para recibir o recoñecemnto valorouse positivamente que Castrelo de Miño presta ás persoas maiores entre outros os seguintes servizos: - vivenda comunitaria - sistema de transporte municipal baixo demanda para que todos aqueles maiores que non dispoñan de medio de transporte poidan participar en igualdade de condicións en todas as actividades municipais.

94

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:15 Página 95

CONCELLO EN REDE

- organización de obradoiros participativos con actividades de estimulación cognitiva - clases de ximnasia no pavillon e no ximnasio durante todo o ano adaptada para as persoas maiores - clases de natación e ximnasia na auga durante a epoca estival - actividades de formación tecnolóxica na aula de novas tecnoloxias - actividades de lectura na biblioteca - espazos verdes, zonas de paseo e descanso á beira do Miño dotados de xogos biosaudables e mobiliario urbano para actividades de ximnasio e para o descanso. Destaca tamén como fortaleza a partida que o concello destina no orzamento a politicas sociais para a terceira idade, que permiten manter os seguintes servizos: teleasistencia, servizo de axuda no fogar, residencia municipal para os maiores, centro de día, transporte baixo demanda...

Castrelo, convidado a Vigo polo IMSERSO para explicar a súa experiencia O 26 de outubro de 2018 o Imserso organizou no Auditorio Pazo de Congresos Mar de Vigo a Xornada “Como ser unha cidade ou comunidade amigable coas Persoas Maiores”. Dirixida a responsables políticos e persoal técnico dos Concellos adheridos á Rede Mundial de Cidades e Comunidades Amigables coas Persoas Maiores e daqueles interesados en formar parte dela. Unha xornada formativa que tiña como obxectivo dar a coñecer os beneficios de pertencer á Rede de Cidades e Comunidades Amigables coas Persoas Maiores, así como ofrecer información e orientación para facilitar o proceso de adhesión á Rede Mundial e a adecuada posta en marcha, desenvolvemento e avaliación do proxecto nos municipios interesados, tanto de ámbito urbano como rural. E que tamén está encamiñada a mostrar experiencias concretas de participación neste Proxecto de diversos municipios, con exemplos prácticos no desenvolvemento do Proxecto, facilitando o debate e o intercambio de información entre as persoas participantes. O Concello de Castrelo presentou nesta xornada a experiencia realizada no noso municipio e resolveu todas as dúbidas plantexadas, animando aos representantes dos concellos presentes a dar o paso para aplicar os servizos necesarios para obter este recoñecemento.

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

95


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:15 Página 96

CONCELLO EN REDE

Castrelo, cidade do viño O concello é membro de ACEVIN desde o ano 2016 saxístico ata a estruturación do mercado laboral e mesmo a cultura da comunidade, outorgándolle unha identidade propia. As Cidades do Viño integradas en ACEVIN, conscientes desta unidade por características e problemáticas similares, propóñense agrupar intereses e esforzos co fin de dispoñer dun espazo e instrumentos de reflexión e de análise estratéxica que axuden a tomar decisións e realizar propostas, especialmente nos seguintes ámbitos: Potenciación da agroindustria A Asociación Española de Cidades do Viño, ACEVIN, reúne a concellos que teñen como denominador común o predominio da industria vitivinícola na súa economía.

Planificación urbanística

Os municipios integrantes entenden que este factor determina desde o perfil urbanístico e pai-

Creación de instrumentos de promoción local e de diversificación da actividade económica.

Cultura e Turismo Vitivinícola Patrimonio industrial

Castrelo, parte fundamental da Ruta do Viño do Ribeiro Un dos obxectivos do Concello de Castrelo de Miño é promover o desenvolvemento socioeconómico desta comarca vitivinícola e difundir a cultura do viño por todo o territorio. Con este propósito xurdiu a Ruta do Viño do Ribeiro, un proxecto consistente en integrar recursos e servizos de interese da nosa zona vitivinícola, dando a coñecer os viños e tamén as nosas adegas. Castrelo de Miño é socio fundador desde os inicios desta asociación que reune a concellos, adegas e establecementos de toda a comarca do Ribeiro..

96

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:15 Página 97

CONCELLO EN REDE

Castrelo EN NEGRO contra as violencias Protocolo de colaboración entre 102 concellos de Galicia

O alcalde Xurxo Rodríguez Méndez acudiu a Santiago de Compostela para asinar o protocolo en representación do concello de Castrelo de Miño, o luns 12 de novembro de 2018. O Salón Nobre do Pazo de Raxoi acolleu a sinatura do protocolo de colaboración para o desenvolvemento da campaña En negro contra as violencias, que xa chega a 102 concellos e a tres deputacións provinciais.

No protocolo asinado recóllense os obxectivos desta campaña, que son "fomentar unha acción de sensibilización cidadá contra as violencias machistas no ámbito municipal a través da coordinación entre concellos moi diversos e de diferentes cores políticas, implicando ao tecido económico, asociativo, educativo, deportivo, social e cultural, así como a toda a cidadanía, nunha resposta colectiva de rexeitamento da violencia de xénero e dos asasinatos machistas". No acto celebrado ese día asistiron alcaldes, alcaldesas e concelleiros e concelleiras e fixeron fincapé “na gran potencia do municipalismo galego e os froitos que nos dan a colaboración e o traballo en rede entre todos e todas". Ademais, quixeron reivindicar "un pacto social e político real contra as violencias machistas, un pacto no que os concellos temos moito que dicir".

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

97


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetaciรณn 1 21/3/19 9:15 Pรกgina 98


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetaciรณn 1 21/3/19 9:15 Pรกgina 99

COLABORACION INTERINSTITUCIONAL


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:15 Página 100

COLABORACION INTERINSTITUCIONAL

Colaboración e cooperación interinstitucional Desde o concello de Castrelo de Miño xestionase unha media anual de 60 solicitudes de axudas e subvencións, máis de unha por semana.

O goberno municipal de Castrelo de Miño, co alcalde á cabeza, mantivo unha axenda de encontros e reunións con todas as administracións administracións públicas, organismos e entidades. A todas ellas lle deu a coñecer as necesidades dos veciños e veciñas de Castrelo de Miño. Tras a redacción daqueles proxectos prioritarios para Castrelo de Miño, estes foron entregados en man en todos e cada un dos organismos competentes, e recibiron unha precisa explicación de primeira man no momento da súa entrega. Con este traballo planificado e permanente conseguiuse que Castrelo de Miño estexa en todas as axendas de todas as institucións con ámbito com-

petencial en Castrelo de Miño. Isto permitiu que o noso concello se convertera nun punto de referencia para todas elas, e tras os oportunos convites de cortesía, recibimos a visita dos representantes de todas as institucións. Este traballo de xestión municipal permitiu acadar a colaboración económica de todas elas (provinciais, autonómicas, estatais e europeas) nos proxectos realizados polo noso Concello, e unha corrente de empatía ante o dinamismo das nosas iniciativas e as nosas xentes. De seguido algunha das distintas visitas e reunións mantidas sobre proxectos a desenvolver no concello de Castrelo de Miño.

O Alcalde reúnese co Presidente da Xunta de Galicia O alcalde de Castrelo de Miño, Xurxo Rodríguez Méndez, foi recibido polo presidente da Xunta de Galicia nas dependencias do goberno autonómico en San Caetano o 26 de outubro de 2016. Na reunión, cualificada polo alcalde como altamente proveitosa, abordaron cuestións e proxectos relacionados coa vitivinicultura, por ser esta a principal actividade económica de Castrelo dentro da Denominación de Orixe do Ribeiro, así como das melloras e necesidades nas distintas infraestruturas de Castrelo e que son competencia da administración autonómica. 100

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

Rodríguez aproveitou tamén para transmitir en primeira persoa ao presidente propostas en materia de servizos sociais e da xestión do Parque Náutico de Galicia, ademais doutros asuntos de interese para o municipio. Na xuntanza mostraron a colaboración de ambas as dúas institucións, autonómica e municipal, aprol da mellora da calidade de vida dos veciños e veciñas de Castrelo de Miño.


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:15 Página 101

COLABORACION INTERINSTITUCIONAL

Visitas a Castrelo e reunións con outros representantes da Xunta

Visita á casa niño de Castrelo de Miño de Maria Amparo Gonzalez, directora xeral de familia e infancia.

Visita da Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia, Ethel Vázquez ás obras da ponte de ferro de Castrelo.

Reunión en Santiago coa Conselleira de Política Social co motivo da concesión das Casas do Maior. Reunión coa Delegada Territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Marisol Mouteira.

Visita a Castrelo da Secretaria Xeral de Turismo, do Secretario Xeral para o Deporte, o Presidente da Deputación e o Director Xeral de La Vuelta a España.

Visita da Conselleira do Medio Rural a Castrelo de Miño

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

101


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:15 Página 102

COLABORACION INTERINSTITUCIONAL

Visitas a Castrelo e reunións con representantes da Deputación de Ourense

Visita ao Parque Náutico do Presidente da Deputación de Ourense para presentar proxectos de colaboración interinstitucional.

Reunión co Vicepresidente da Deputación e co Presidente do Consello Regulador con motivo do RibeiroBlues

Visitas a Castrelo e reunións con outros representantes municipais

102

Visita a Castrelo dos alcaldes de Vilar de Santos, Manzaneda, Trives, Ribadeo e Salceda de Caselas.

Reunión de alcaldes/as do camiño xacobeo miñoto Ribeiro

Reunión cos alcaldes de Ribadavia e Carballeda de Avia, concellos cos que mantemos en vigor distintos convenios de colaboración na xestión de subvencións da Xunta de Galicia.

Visita a Castrelo da alcaldesa de Tomiño acompañada de concelleiros e concelleiras para visitar instalacións municipais e manter unha reunión sobre as cidades amigas da infancia de UNICEF.

Encontro con alcaldes de Santiago de Compostela, Ribadeo e Muras da rede EN NEGRO contra as violencias.

Visita de representante da Federacion Española de Municipios e Provincias á Vivenda Comunitaria e aos servizos sociais do noso concello.

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:15 Página 103

COLABORACION INTERINSTITUCIONAL

Reunións con outras institucións e organismos:

Visita a Castrelo de: Presidente da Confederación Hidrográfica Miño Sil, presidente Deputación, Secretaria Xeral de Turismo, alcaldes de Ourense, Nogueira de Ramuín, Arnoia, Cenlle, e Maceda para a presentación de La Vuelta a España.

Visita de Carlos González Patiño, delegado rexional Noroeste de Red Eléctrica, para asinar convenio de colaboración co RibeiroBlues

Visita a Castrelo de Miño da presidente da Federación Española de Remo, presidente da Federacion Galega de Remo e Presidente da Deputación para comprobar os proxectos a desenvolver no Parque Náutico.

Vicerrector da Universidade de Vigo para asinar convenio de colaboración sobre o Castro da Santa Lucía

Visita do Xerente de Galicia de ECOVIDRIO, Xermán Fernández, e o Xerente do INORDE José Manuel Rodríguez por motivos de colaboración para La Vuelta e RibeiroBlues

Xunta directiva do Grupo de Desenvolvemento Rural Ribeiro Carballiño

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

103


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetaciรณn 1 21/3/19 9:15 Pรกgina 104


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetaciรณn 1 21/3/19 9:15 Pรกgina 105

PROTECCIร N CIVIL


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:15 Página 106

PROTECCIÓN CIVIL

Protección Civil Servizos prestados pola agrupación de voluntarios de Castrelo de Miño O Concello de Castrelo de Miño e os seus veciños e veciñas teñen a sorte de contar coa excelente labor realizada desinteresadamente polos máis de 30 voluntarios de Protección Civil, que desde 2007 prestan un servizo impagable á nosa comunidade mediante a prestación da súa colaboración voluntaria ao longo de todo ano.

Os servizos que realiza a A.V.P.C de Castrelo de Miño no noso concello son os seguintes: Operativos de prevención en eventos con afluencia de público:Eventos e competicións deportivas en recintos ao aire libre ou pechados. Actos culturais e sociais en recintos abertos e pechados. Servizos náuticos: estes servizos víronse estreitamente relacionados coa cantidade de eventos deportivos que se desenvolveron no encoro de Castrelo de Miño. A asistencia permite garantir a seguridade tanto en terra, pola aglomeración de xente que acode a ver as competicións, como na propia auga, para asistir aos deportistas en caso de necesidade. Avisos de temporais: Colaboración para previr e restablecer as condicións óptimas nas estradas antes e despois das cicloxéneses. Retirada de árbores: Este tipo de operativos realízanse dun xeito moi puntual nas diferentes pistas e camiños municipais ao longo de todo o ano para garantir o restablecemento da normal circulación o antes posible. Incendios urbanos e forestais. Asistencia e apoio en incendios tanto urbanos como forestais. Procura de persoas desaparecidas: se ben no concello non houbo recentemente ningún caso de persoas desaparecidas, a agrupación acudiu en colaboración á busca de persoas desaparecidas noutros concellos. Axuda a persoas do concello que viven soas, con dificultades á hora de desenvolver determinadas funcións pola súa idade ou situación de dependencia. Avisos de vespa velutina: colaboración na retirada de niños de vespa velutina e implementada a xestión dos avisos a través da plataforma habilitada pola Xunta. Servizos ao cidadán: Tódolos días laborables de luns a venres se levan a cabo operativos para traslado de persoas co microbús do concello para xestións varias dentro do termo municipal e igualmente se levan a cabo operativos para traslado co autobús do concello de persoas para realización de actividades extraescolares e ximnasia no pavillón municipal.

106

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:15 Página 107

PROTECCIÓN CIVIL

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

107


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:15 Página 108

PROTECCIÓN CIVIL

Novo equipamento para a agrupación de voluntarios de Protección Civil

Desde o pasado mes de outubro de 2016, Castrelo de Miño conta con novos vehículos e equipamento para os labores que leva a cabo a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Castrelo de Miño. Nun acto no Parque Náutico ao que asistiron Xurxo Rodríguez Méndez, alcalde de Castrelo de Miño, Oliver Reboredo Campos, xefe provincial de Emerxencias da Xunta de Galicia, Diego Núñez, xefe dá Área Técnica, Maribel Rodríguez Perdiz, concelleira e coordinadora de Protección Civil de Castrelo de Miño, Rafael Carrizo, concelleiro de Servizos de Castrelo de Miño e voluntarios da agrupación, presentouse o novo equipamento que ao longo de 2016 foi recibindo a agrupación de voluntarios a través das distintas axudas da Xunta de Galicia. O novo equipamento componse dun vehículo todoterreo, unha embarcación de socorrismo acuático, un remolque de emerxencias, dous traxes e unha pértega para a eliminación de niños de vespa velutina. 108

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:15 Página 109

PROTECCIÓN CIVIL

Nova mini-grúa 4x4 de rescate e protección medioambiental

Foi mercada cunha axuda da convocatoria de subvencións da liña en concorrencia competitiva do Fondo de Compensación Ambiental para o ano 2017 da Vicepresidencia da Xunta de Galicia Para tal fin, o concello de Castrelo de Miño publicou anuncio de procedemento aberto, para a contratación da subministración de vehículos destinados a actuacións de protección do medio ambiente e do espazo natural, para que presentasen oferta todas aquelas empresas de automoción que subministran este tipo de maquinaria. Finalmente este foi o vehículo seleccionado e será destinado a actuacións de protección do ambiente e do espazo natural, incluídas aquelas actuacións que teñen por obxecto a prevención, extinción e xestión de situacións de sinistro ou risco. O concello contará cunha máquina moi robusta, versátil e lixeira cunha grua que acada unha altura superior a 9 metros sobre un vehículo tipo4x4 con armarios especiais para o transporte de todo o material necesario. Disporá dunha cesta elevadora portapersoas con capacidade para dous operarios, e as características do vehículo permitirán tanto o traballo en zonas forestais para protección ambiental, como nas rúas máis estreitas dos cascos urbanos en situacións de risco, debido ao seu pequeno tamaño e maniobrabilidade.

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

109


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:15 Página 110

PROTECCIÓN CIVIL

Castrelo de Miño conta cun novo desfibrilador externo semiautomático (DESA) Está situado na Vivenda Comunitaria, en Vide. No mes de febreiro de 2018 a Xunta de Galicia fíxolle entrega dun novo desfibrilador á agrupación de voluntarios de Castrelo de Miño. No acto, que tivo lugar na Academia Galega de Seguridade na Estrada estaban presentes o vicepresidente da Xunta e o conselleiro de sanidade, e asistiron o alcalde de Castrelo de Miño, a concelleira de Protección Civil, e unha representacion da agrupación de voluntarios. Con este novo equipamento contase en Castrelo de Miño cun novo servizo para reforzar a resposta ante posibles emerxencias que poidan ocorrer. O vicepresidente da Xunta fixo fincapé na importancia da cooperación, colaboración e coordinación nun campo tan importante como son as emerxencias, que redunda directamente na seguridade e no benestar dos cidadáns galegos, polo que reiterou a necesidade de seguir sumando na aposta dunha xestión conxunta neste campo, no que é tan importante a implicación de todas as Administracións, tanto autonómica, como locais e as provinciais. Segundo o conselleiro de Sanidade, as unidades do 061 conseguen reanimar a unha media de 700 vítimas ao ano e trasladar con vida ao hospital a un 40%. Por tanto, remarcou o titular da carteira sanitaria, “en Galicia lideramos a implantación de desfibriladores para o seu uso pola poboación xeral, a formación sistemática cunha estratexia poboacional dos nenos e nenas en soporte vital básico e, tamén, a innovación tecnolóxica para mellorar a asistencia ás vítimas.

110

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:15 Página 111

PROTECCIÓN CIVIL

Curso básico de protección civil en Castrelo de Miño Formación para todos os voluntarios da agrupación En abril de 2016 realizouse no salón de acto do concello de Castrelo de Miño un novo curso básico de protección civil, ao que asistiron os novos voluntarios e voluntarias que se deron de alta na agrupación. Con estes cursos adquiren a formación básica necesaria para o exercicio das funcións de protección civil. Este curso básico de protección civil está dividido en varios módulos, que abranguen os seguintes contidos: Módulo I. A Protección civil, Módulo II. Os riscos, accidentes e autoprotección, Módulo III. Loita contra os incendios, Módulo IV. Comunicacións, Módulo V. Actuacións básicas ante emerxencias médicas, Módulo VI. Igualdade de oportunidades. O contido do curso divídese en dúas partes: teoría: 22 horas e práctica: 10 horas.

Programa municipal de Voluntariado Xuvenil O Concello de Castrelo de Miño elabora desde 2014 un programa de voluntariado xuvenil no que mozos e mozas de 16 a 30 anos participaron prestando a súa colaboración, en proxectos de diferente índole. Estes proxectos están financiados con axudas da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, encadrado no Servizo de Voluntariado Xuvenil. Os proxectos estiveron dirixidos ao desenvolvemento de accións ambientais e culturais dentro do concello de Castrelo de Miño. Desde o inicio desta actividade ata o ano 2019 participaron máis de 40 mozos e mozas de Castrelo de Miño, unha maior parte dos cales se van incorporando como voluntarios á Agrupación trala realización do correspondente Curso Básico de Protección Civil.

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

111


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:15 Página 112

PROTECCIÓN CIVIL

Charla de primeiros auxilios e sistemas de retención infantoxuvenís Castrelo de Miño acolleu na Casa do Concello un relatorio sobre aprendizaxe de primeiros auxilios infantoxuvenís e sistemas de retención infantil cun obxectivo dobre. Por unha banda, que calquera persoa no ámbito familiar -aínda que incidindo no papel das nais e pais- poida iniciarse nas técnicasde primeiros auxilios e aprender como actuar ante un accidente que poidan sufrir os seus fillos e fillas. A encargada de impartir esta sección foi Maribel Rodríguez a concelleira de Protección Civil que ensinou aos asistentes a actuar de modo inmediato a través de coidados adecuados e provisionais a persoas accidentadas antes de ser atendidos por persoal sanitario. Centrouse especialmente en auxilios no ámbito familiar, tales como a atención ante unha asfixia, asma, agarrotamento ou unha simple queimadura. Por outra banda, Sinda Aguiar, coordinadora provincial de Educación Viaria, incidiu na normativasobre sistemas de retención infantil, isto é, que tipo de cadeiras deben usar os nenos e nenas ao viaxar en coche segundo a súa idade, peso ou estatura. Isto non sempre se realiza de maneira co-

112

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

rrecta, polo que a relatora centrouse en aclarar a normativa que as regula e o uso adecuado destas cadeiras. Ademais diso, engadiuse unha parte de educación viaria na que os asistentes coñeceron as causas principais dos accidentes por estrada, as velocidades regulamentarias ou o significado dos principais sinais. Esta charla encadrouse dentro do Programa de Educación Familiar do Concello de Castrelo de Miño, financiado polo Fondo Social Europeo e a Xunta de Galicia, e a colaboración do Consello Infantil de Castrelo.


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetaciรณn 1 21/3/19 9:15 Pรกgina 113

TURISMO


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:15 Página 114

TURISMO

Nova Casa da Anguía para o seu XXV aniversario Alcalde e veciños da localidade de Barral, capitalidade municipal de Castrelo de Miño, e organizadores da Festa da Anguía reuníanse 1 de agosto de 2018 para dar por inaugurada a nova Casa da Anguía.

A un ano de cumprir o 25 aniversario desta festa, os veciños festexaron o remate das obras da Casa da Anguía. O alcalde, Xurxo Rodríguez Méndez, manifestou que tras as obras realizadas nos últimos anos na mesma casa, sentíase moi satisfeito coa mellora e reforma definitiva executada este 2018 e que finalizou xusto a tempo para poder inaugurala o 4 de agosto co inicio da festa da anguía. A inversión realizada este ano 2018 foi de 40.000 euros, procedentes de fondos europeos dunha subvención solicitada polo Concello ao GDR Ribeiro-Carballiño. Como resultado final queda perfectamente habilitado un local social que consiste nunha edificación de planta baixa de 130 m2 situado no parque náutico de Castrelo. 114

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

O espazo quedou dividido en tres estancias principais: - unha delas destinada a cociña para a preparación da comida os día da festa da anguía. - outra destinada a atender e servir ao público asistente os días de festa. - e unha terceira, a de maior tamaño, que funciona tamén o resto do ano como un centro social dos veciños de Barral. Neste 2018 acondicionouse e mellorouse a edificación existente, dotando á cuberta da impermeabilización e aillamento térmico, e acondicionando o seu interior de maneira axeitada. Instalaronse tamén tecnoloxías de iluminación de baixo consumo de tecnoloxía LED, así como un sistema de climatización de biomasa.


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:15 Página 115

TURISMO

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

115


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:15 Página 116

TURISMO

Renovación do tellado do edificio central do Parque Náutico Con estas obras valoradas en 50.000 euros, acabouse coas filtracións de auga e humidades.

Durante o mes de novembro do ano 2016 quedaron concluídas as obras de reposición do tellado do edificio central do Parque Náutico de Castrelo de Miño. Trátase dun inmoble de máis de 25 anos de antigüidade, polo que desde facía algún tempo soportaba filtracións de auga e humidades, que con esta obra foron erradicadas. Este edificio de 500 metros cadrados de superficie acolle o albergue xuvenil, a cafetería-restaurante, sala de exposicións, o salón de actos e outras instalacións municipais, ademais da oficina de turismo, entre outras dependencias. Ademais de cambiar por completo a cuberta, o proxecto tamén incluiu a renovación do sistema de saneamento, que tiña importantes deficiencias. As obras prolongaronse aproximadamente durante un mes, aínda que non foi necesario pechar as instalacións que seguiron funcionando a pesar dos traballos. Esta intervención vén sumarse a outra recentemente realizada, concretamente durante o pasado mes de agosto, en que o Concello de Castrelo de Miño procedeu a reformar o espazo destinado ao estacionamento de vehículos no Parque Náutico, así como a mellorar os accesos. O investimento neste caso roldou os 49.000 euros.

116

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:15 Página 117

TURISMO

Novo parque infantil No ano 2017 realizouse esta actuación no parque náutico na busca da humanización do espacio público situado na contorna das piscinas municipais do concello de Castrelo, coa realización dun novo parque infantil. Esta obra realizouse tras a solicitude ao goberno municipal de moitas nais e pais que reclamaban esta mellora, xa que o antigo parque infantil tiña máis de 20 anos de antigüidade e xa presentaba sinais de comezar a deteriorarse. Tras a redacción do proxecto e a solicitude de subvención por parte do concello ante a Vicepresidencia da Xunta de Galicia, unha vez concedida a axuda procedeu a realizarse a obra por un importe de 40.000 euros. A intervención integrouse perfectamente no contorno, mediante unha serie de actuacións puntuais que pretenden a mellora dos espazos públicos comúns. Trátase da busca da humanización do lugar mediante a execución dun percorrido de acceso para os cativos, xerando unha área lúdica de xogos con maior seguridade e homologado para o cumprimento da normativa europea. Na área do parque, e para a seguranza dos cativos, realizarouse a instalación dun pavemento de caucho EPDM continuo. Introduciuse tamén a vexetación cunha pérgola vexetada para definir unha zona de espera con sombra para os pais.

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

117


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:15 Página 118

TURISMO

Nova sinalización turística intelixente Os paneis informativos son tecnolóxicos e ofrecen máis datos ao turista a través do móbil

O Concello de Castrelo de Miño a través dun proxecto de 36.000 euros que recibiu unha subvención da Secretaría Xeral de Turismo da Xunta, puxo en marcha dous proxectos turísticos e culturais. O primeiro deles consiste na instalación de paneis informativos en varias áreas do municipio, como o Coto de Novelle, roteiros e igrexas, entre outras moitas. Esta sinalización foi colocada na contorna de cada recurso turístico, con información detallada da súa historia. Estes dispositivos son tecnolóxicos, de maneira que, cunha antena e un código conéctase cos teléfonos móbiles e redirixe ao usuario a unha aplicación web onde se amplían os datos sobre a zona e as actividades que se poden desenvolver. Outra parte desta colaboración estivo destinada á posta en valor do castro de Santa Lucía, un emprazamento no que se leva traballando coa Universidade de Vigo ao redor de tres anos e cuxa escavación xa deu os seus froitos. Con esta subvención de turismo instalaronse as sinais indicativas para chegar ata o castro así como paneis explicativos na entrada do castro.

118

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:15 Página 119

TURISMO

Entrou en funcionamento o novo albergue municipal do Parque Náutico

En maio de 2017 o concello fixo a entrega oficial das chaves á empresa adxudicataria para que comezara a prestar o servizo de albergue xuvenil. O albergue xuvenil de Castrelo de Miño ten unha capacidade de 56 prazas e consta de planta baixa e primeira. Todas as instalacións están adaptadas para usuarios con calquer tipo de minusvalía. Dispón de ascensor, cociña, comedor, despacho, sala de caldeiras, sala de instalacións, aseos, vestiarios, lavandería, almacén, dormitorios e salón de actos. As duas plantas suman unha superficie total de 600 m²

No ano 2017, o Concello de Castrelo de Miño continuou dinamizando e sacando a máxima rendibilidade ás instalacións públicas do Parque Náutico tras a apertura en 2015 dun restaurante na ala esquerda do edificio, e a cesión dunha nave de embarcacións á Federación Galega de Remo en 2016. Esta adxudicación ano 2017 supuxo a chegada ao Parque Náutico dun novo operador privado para continuar poñendo en valor e dinamizando os recursos de Castrelo de Miño. O concello de Castrelo de Miño, mediante concurso público, fixo unha concesión por 8 anos, prorrogables a 12, das instalacións da ala esquerda do complexo de turismo náutico de Castrelo de Miño. Recibíronse dúas propostas, e unha vez analizadas as ofertas técnicas e económicas, resultou gañadora a empresa ourensana “Grupo Movete S.L.”. O Concello de Castrelo de Miño percibirá polos ingresos do aluguer un total de 59.200 euros en 8 anos, que no caso de prorrogarse 4 anos máis, ascenderían a 88.800 euros.

A proposta que resultou adxudicataria, máis alá da apertura dun local como albergue xuvenil, establece diversos eixos de potenciación turística e cultural onde o servizo de albergue sexa o reclamo, e os servizos engadidos contribúan a fidelizar aos clientes e complementar o resto de oferta existente en todo o Ribeiro. Entre algunhas das actividades complementarias figuran campamentos destinados a colexios e tamén a adultos, como campamentos para familias e culturais no Ribeiro. Tamén están abertas as instalacións a estancia de clubes deportivos, tanto durante a época de competicións náuticas como durante a época de entrenamentos. Na oferta inclúese a colaboración con asociacións e federacións de ANPAS, con clubes e federacións deportivas e hosteleiros. Así mesmo fan referencia á participación na promoción do camiño xacobeo miñoto Ribeiro que pasa por Castrelo de Miño e sendo polo tanto o albergue municipal unha das referencias deste camiño. En definitiva, unha oferta moi completa que se pretende que contribúa ao desenvolvemento local, un novo operador privado que aposta por Castrelo de Miño, unha nova man que chega disposta a traballar en colaboración co concello e co resto de operadores que xa están nestes intres traballando por Castrelo de Miño e o seu Parque Náutico. Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

119


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:15 Página 120

TURISMO

Intercambio internacional de mozos europeos no albergue municipal 25 mozos chegados desde Italia, Eslovenia, Portugal e Lituania, ademais doutros españois e veciños da comarca, decantáronse en agosto de 2016 por Castrelo de Miño dentro das actividades dunha convivencia internacional que tivo como epicentro a procura da meditación e da creatividade. Os mozos buscaban no Ribeiro deixar baleira a mente de distraccións e, á vista das opinións, non foi infrutuoso, xa que todos coincidiron en que a beleza do lugar convida a liberarse de ataduras, un aliciente que axuda á meditación. A visita, que se atopaba dentro do programa de convivencia, tamén fixo parada en Ribadavia e focalizouse na contorna, nos costumes e na xente,

120

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

todo iso con vistas á práctica da meditación a través do inglés como idioma base. Manuel Araujo, o responsable da Oficina Municipal de Información Xuvenil de Ribadavia, e un dos organizadores do intercambio internacional, encargouse de guiar aos participantes que visitaron a poboación local e preguntaron polas súas historias, festas e cultura. O programa financiouse con fondos do programa europeo “Erasmus+”, ademais da participación da Dirección Xeral de Mocidade, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia e a colaboración do Concello de Castrelo de Miño.


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:15 Página 121

TURISMO

Restaurante e cafetería do Parque Náutico O concello de Castrelo de Miño, mediante concurso público, fixo unha concesión en 2015 por 8 anos, prorrogables a 12, das instalacións da ala dereita do complexo de turismo náutico de Castrelo de Miño. O Concello de Castrelo de Miño percibe polos ingresos do aluguer un total de 55.272 euros en 8 anos, que no caso de prorrogarse 4 anos máis, ascenderían a 78.408. A empresa adxudicataria realizou un investimento de 51.416 euros en obras e reformas, o que supón unha mellora e revalorización das instalacións do Parque Náutico. Desde 2015 ofrece a todos os visitantes unha oferta moi completa que axuda a contribuir ao desenvolvemento turístico do concello, ofertando menú diario, tapas, ceas temáticas, ciclos musicais e culturais, xornadas científicas e servizos nas competicións e concentracións deportivas. Contacto: Tfl 988 49 32 45 www.nauticocastrelo.com

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

121


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:15 Página 122

TURISMO

Astrogalicia, a festa galega das estrelas que se celebra en Castrelo Unha nova actividade que se consolida ano a ano. Desde 2016 Castrelo de Miño convértese a comezos de outubro en punto de encontro das agrupacións astronómicas galegas que chegan ata o municipio para realizar varias actividades relacionadas coa astronomía, como a observación diúrna e nocturna. AstroGalicia, a Festa Galega das Estrelas, é unha actividade organizada polo Restaurante Parque Náutico de Castrelo e coa que colabora o concello. Conta con talleres de divulgación científica e seminarios divulgativos gratuítos e para todos os públicos, que foron impartidos por recoñecidos profesionais da materia (Universidade de Vigo, Universidade de Huelva, Centro de AstroBioloxía, INTA-NASA…) e que se levan a cabo nas inmediacións do Parque Náutico. A pesar do avanzado nivel de moitos dos asistentes, AstroGalicia tamén permitiu a iniciación no ámbito astronómico, ademais de talleres de perfeccionamento, a observación e detección de meteoros mediante radio ou o emprego de receptores dixitais. Neste encontro tamén se expuxeron carteis da NASA e os participantes puideron durmir no albergue municipal.

122

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:15 Página 123

TURISMO

Bandeiras do mundo Castrelo de Miño é un territorio de emigrantes, xente que tivo que marchar da súa terra para buscar unha vida mellor. Non obstante, o noso municipio tamén é lugar de chegada de persoas doutras nacións, facendo do noso municipio o seu fogar. Por esta razón, o Concello de Castrelo de Miño quixo recoñecer a todas estas persoas coa instalación de bandeiras no Parque Náutico de Castrelo. A iniciativa busca render homenaxe a todas as nacións de orixe de cidadáns residentes no noso municipio, así como aquelas outras nas que residen cidadáns de Castrelo de Miño. Así, por exemplo, podemos encontrar bandeiras de Suíza, Portugal, Reino Unido ou Cuba, entre outras. Neste emprazamento, atoparemos bandeiras de todas as nacións de orixe de cidadáns residentes no noso municipio, así como daquelas nacións nas que residen cidadáns de Castrelo de Miño.

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

123


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:15 Página 124

TURISMO

Verán en Castrelo, a praia fluvial de moda en Ourense Durante a primavera e o verán Castrelo de Miño é o gran referente de lecer náutico da provincia de Ourense. Centos de turístas ateigan cada día as instalacións públicas municipais e converteron o noso concello no destino turístico preferido da provincia de Ourense.

Piscinas, zona de baño no río con calidade da auga excelente, zona de xogos infantís e biosaudables, actividades náuticas, zonas de pesca, campo de xogo de herba artificial, paseo á beira do río, embarcadoiros flotantes, paseos en catamarán, restaurante, cafetería, albergue, degustación de viños do Ribeiro, visitas a adegas de Castrelo, actividades deportivas, musicais e culturais durante todo o verán, feira, festas gastronómicas, zona de sombra, céspede natural… O concello leva anos facendo importantes investimentos no Parque Náutico. “Traballamos para o río, e agora o Miño traballa para nós”. Durante a primavera e o verán Castrelo de Miño é o gran referente de lecer náutico da provincia de Ourense. “Tesouro”, “rincón para fotografiar”, “excelente zona de baño”, son só algúns dos calificativos que os medios de comunicación lle adican ao Verán en Castrelo e Miño.

124

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:15 Página 125

TURISMO

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

125


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:15 Página 126

TURISMO

Piscina municipal para o verán

Despois de máis de vinte anos de funcionamento foi necesario realizar obras de mantemento no ano 2016 para continuar prestando o servizo. A piscina municipal dispón dun vaso para adultos e outro infantil. O horario de apertura durante o periodo estival é do 1 de xullo ao 1 de setembro no seguinte horario: De mañá dende 11:30 H ata as 14:00 H De tarde dende 16:30 H ata as 20:30 H Corresponde aboar pola prestación do servizo regulado as seguintes tarifas: 1. Entradas: 1.1. Adultos: 2 euros. 1.2. Nenos ata 14 anos, pensionistas e maiores de 65 anos: 1 euro. 1.3. Nenos de 0 a 3 anos: 0 euro.

126

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

2. Abonos de tempada: Todos os interesados poderán solicitar un abono de tempada nas oficinas municipais que conta cunha bonificación do 50% sobre os prezos arriba indicados. Tamén se realizan cursos de Natación (iniciación e perfeccionamento) e de Ximauga.


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:15 Página 127

TURISMO

O catamarán continúa a navegar en Castrelo de Miño O catamarán turístico que percorre o encoro de Castrelo de Miño desde 2010 inicia de novo todos os meses de xuño e ata setembro a súa actividade.

O Concello de Castrelo de Miño continúa poñendo en funcionamento na época estival o catamarán turístico que navega polo encoro, percorrendo o río Miño desde o Parque Náutico de Galicia ata o límite municipal en dirección a Ourense xusto enfrente do Balneario de Laias, onde retorna ao punto de saída nunha viaxe de aproximadamente unha hora e media.

folleto se fala da importante avifauna que poboa o encoro no que destacan a aguía peixeira, o corvo mariño real e a píllara areeira, con imaxes de cada ave para identificalas durante o percorrido. O teléfono para xestionar reservas no catamarán é o 647 212 228

O horario de saídas é o seguinte: Venres ás 18:00 horas. Sábados, Domingos e Festivos ás 12:00, 16:00, 18:00 e 20:00 horas O prezo de cada viaxe é de 10 euros por persoa. Podese reservar unha viaxe calquera outra hora e día da semana, cun mínimo de 10 pasaxeiros. A viaxe inclúe a entrega dun folleto informativo onde se explican as principais vistas do percorrido, como son as igrexas de Santa María, Santo Estevo e Astariz, o coto Novelle, os viñedos e adegas da D.O. Ribeiro, os puntos de pesca de Pescastrelo e o Pazo da Cavadiña entre outros. Tamén no Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

127


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:15 Página 128

TURISMO

Castrelo de Miño, plató de televisión

As actividades deportivas que se realizan no encoro, a zona de baño de calidade excelente, as actividades culturais, musicais, comerciais, de benestar fixeron que Castrelo de Miño sexa un destino turístico de moda. Televisións de todo o estado, e incluso internacionais como eurosport estiveron realizando distintas grabacións televisivas dando a coñecer Castrelo de Miño ao mundo. Desde programas de entretemento, a conexións en directo, noticiarios... Desde 2015 algunhas das intervencións realizadas son as seguintes:

128

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:15 Página 129

TURISMO

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

129


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:15 Página 130

TURISMO

Selfie coas letras de Castrelo A nova moda de todos os visitantes ao parque náutico. Tras a instalación das letras de Castrelo no Parque Náutico, o concello decidiu celebralo e promocionalo mediante un concurso de creatividade fotográfica a través dunha das prácticas máis comúns nas redes sociais: un ‘selfie’, anglicismo de auto-foto. Para iso, e aproveitando a diversidade de actividades que se prepararon para o verán en Castrelo, todos aqueles visitantes poderían concursar facéndose un ‘selfie’ xunto ás novas letras e publicándoo en calquera rede social na que o concello ten presenza (Facebook, Instagram e Twitter) xunto coa etiqueta “#selfiecastrelo”. As, neste caso, gañadoras (Patricia Méndez, Elena López e Ana Mariño) recibiron un lote de viños dos nosos adegueiros e colleiteiros.

130

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:15 Página 131

TURISMO

Castrelo de Miño, protagonista en FITUR O concello estivo presente na edición do ano 2017 da Feira Internacional de Turismo, que se organiza en Madrid. Dentro do pavillón de Galicia, o noso concello foi o protagonista de tres presentacións: A do lagar rupestre do Castro de Santa Lucía, coa presencia da secretaria xeral para o turismo da Xunta de Galicia, na presentación do xeodestino O Ribeiro – O Carballiño xunto ao resto de alcaldes das comarcas, e na presentación de Ourense destino turístico e deportivo, co presidente da Deputación e co parque náutico de Castrelo de Miño como referente.

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

131


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:15 Página 132

TURISMO

Castrelo consegue que a Deputación inclúa os seus recursos termais no plan Ourense Provincia Termal Isto permitiulle ao concello formar parte do Consello Termal e acceder a liñas de axudas e subvención. Tras un primeiro momento no que Castrelo de Miño fora excluído, as xestións do goberno municipal conseguiron que o Concello fose incluído pola Deputación de Ourense no Plan Termal Provincial, dando resposta así ás peticións expostas polas autoridades locais, que no 2015 trasladaron dous acordos plenarios aprobados por unanimidade. Unha vez logrado ese obxectivo, o Concello redactou varios proxectos que presentou ante a institución provincial para a execución das obras dentro do plan de termalismo provincial. Reunión en Lobios de “Consello Termal de Ourense” có alcalde representando a Castrelo de Miño

Por unha banda, está a proposta termal propiamente dita, por mor da existencia de catro pozas con augas a 45º situadas a beiras do Miño, na contorna de Santa María. As termas están en zona inundable do encoro e por iso é necesario canalizar as augas elevándoas a un nivel máis alto, co fin de explotar a área termal. As autoridades tramitan ademais a solicitude ante a Consellería de Industria para conseguir o dereito das augas a nome do Concello. Para iso, xa estiveron realizando analíticas mensuais, debido á esixencia de completar un total de 12 para a obtención da declaración. Outro proxecto sería a continuación do paseo fluvial que xa percorre todo o parque náutico e continualo ata unilo coa coas pozas termais en Santa María, pasando pola beira do Miño polas localidades de Cortiñas, O Pazo, e Santa María. Relacionadas con ese proxecto, o alcalde, Xurxo Rodríguez, remitiu tamén á Deputación outras dúas solicitudes que teñen que ver co termalismo deportivo, contemplado tamén no Plan Termal Provincial. Desta forma, solicitou tamén a construción dun novo edificio no Parque Náutico, cuxo proxecto xa foi redactado pola Dirección Xeral para ou Deporte. As novas instalacións inclúen unha nova nave para as embarcacións, un ximnasio e unha sala de reunións. O terceiro proxecto consistía na reparación da pista olímpica de remo, unha das tres existentes en todo o Estado, xunto á de Sevilla e a de Banyoles, e primeira das obras que xa foi executada a finais deste ano 2018.

132

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:15 Página 133

TURISMO

Plan integral de desenvolvemento da marxe esquerda do río Miño Realizado en 2018 para ordenar os usos de toda a beira do Miño

O concello de Castrelo de Miño leva 10 anos realizando distintos investimentos no parque náutico e máis nas beiras do río Miño ao longo de todo o término municipal: pista olímpica de remo, embarcadoiros boiantes, paseos fluviais, zonas de pesca, áreas termais… Así mesmo o goberno municipal ten presentados varios proxectos ante distintas administracións solicitando axudas para a súa realización. En moitos dos casos, con xestións de varios anos de tramitación debido aos permisos sectoriais que teñen que emitir, significativamente a Confederación Hidrográfica do Miño – Sil.

Áreas de intervención

Estes proxectos xa redactados e presentados son: o aproveitamento termal das augas de Santa María, parque acuático, zona de atraque de embarcacións, área de autocaravanas, nova nave de embarcacións... Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

133


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:15 Página 134

TURISMO

A magnitude destes traballos e a necesidade de ordenar todos os recursos, levou ao goberno municipal a encargar en 2018 a realización dun Plan Integral de desenvolvemento da marxe esquerda do encoro de Castrelo de Miño, que comprende unha área de actuación dende a zona da ponte de ferro na localidade de A Ponte ata Barral, e os paseos fluvias xa existentes e as áreas de Pescastrelo na mesma marxe esquerda do río Miño.

Zona de atraque de embarcacións

Parque acuático

O obxectivo principal do Plan é desenvolver un diagnóstico estratéxico que permita o desenvolvemento dun conxunto de directrices e accións que fomenten a dinamización de todo o Concello de Castrelo. Para iso, o traballo centrouse en catro aspectos fundamentais: o turismo e o deporte, como principais elementos dinamizadores da actividade económica, enfocados na súa variante máis sostible; a cultura e o patrimonio, como elemento característico e xerador dunha identidade propia de Castrelo de Miño; a socioeconomía, reflectindo a dimensión social e como esta se atopa vencellada ao territorio; e o medio ambiente, como factor diferencial, recurso patrimonial, paisaxístico e económico. A área de traballo artellouse en nove subáreas: A ponte de ferro, as termas, a zona da Igrexa de Santa María, O Padreiro, O Pazo, o parque náutico de Galicia (Incorporación dos proxectos de marina de atraque, de parque acuático), a área deportiva (inclusión dos proxectos de aparcadoiro de caravanas e do parque infantil xa construído) a parcela de uso hoteleiro (definiuse a súa materialización xeométrica, integración coa contorna e volumetría base) e as área de Pescastrelo para integralas co resto de actuacións a través de paseos fluviais e rutas en catamarán que as unan entre si.

Inicio do paseo fluvial, desde a ponte de ferro ata o parque náutico 134

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:15 Página 135

TURISMO

Instalacións termais en Santa María

Zona de autocaravanas

Parcela de uso hoteleiro no parque náutico

Instalación de novos embarcadoiros para unión fluvial entre parque náutico, Oleiros, Prado, Astariz e Troncoso Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

135


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:15 Página 136

TURISMO

Paseos fluviais, zonas de baño excelentes e áreas de pesca O concello de Castrelo de Miño leva 10 anos apostando polo río Miño acometendo obras e investimentos en cada anualidade. Entre os proxectos realizados ás beiras do Miño compre destacar: urbanización e mellora da contorna do parque náutico, paseo fluvial desde a piscina á casa da anguía e continuación ata Santo Estevo; áreas recreativas, paseos fluviais e zonas de pesca en Troncoso, Astariz, Prado e Oleiros; limpeza e paseo fluvial nas termas de Santa María; novas plataformas boiantes e novas rampas de acceso no parque náutico.

Zonas de baño de categoría “Excelente” 136

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetaciรณn 1 21/3/19 9:15 Pรกgina 137

DEPORTE


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:15 Página 138

DEPORTE

La Vuelta a España 2016 en Castrelo

138

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:15 Página 139

DEPORTE

O traballo constante feito nos últimos anos polo goberno municipal posicionando no mapa turístico e deportivo ao noso concello permitiu que cando este evento tiña previsto chegar a Ourense, Castrelo de Miño estivera xa desde o primeiro momento sobre a mesa como lugar elexido para ser a meta da primeira etapa. As xestións realizadas desde o goberno municipal ante a Xunta de Galicia e a Deputación de Ourense conseguiron que o noso municipio fose o protagonista dun fin de etapa desexado por todos e cada un dos 92 concellos da provincia de Ourense.

a

A 1ª etapa transcorreu entre Laias e o Parque Náutico de Castrelo o sábado 20 de agosto de 2016. O paso da volta atraeu ao municipio a un gran número de visitantes que se dispuxeron ao longo da Avenida do Concello, ademais de diversas autoridades, como o presidente da Deputación de Ourense, a directora da Axencia de Turismo de Galicia, ou o director Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, que foron recibidos polo alcalde de Castrelo de Miño e a corporación municipal.

O 20 de agosto de 2016 foi unha desas datas que quedan sinaladas na historia e na lembranza dos veciños e veciñas dun concello como Castrelo de Miño. Un municipio de menos de 2.000 habitantes foi por un día a liña de meta da etapa contrarreloxo que inauguraba un evento internacional como La Vuelta a España, na súa 71ª edición.

A elección de Castrelo como meta desta primeira etapa supuxo un despregamento de medios por parte dos técnicos municipais, dos voluntarios de Protección Civil e, en xeral, de todas as persoas involucradas, que debían cumprir cun protocolo de actuación moi preciso. Todo o complexo que forma o Parque Náutico de Castrelo adaptouse para esta chegada, cunha zona especial de parking, podio, sala de prensa e tamén zona para os medios de comunicación, zonas técnicas, zona de asistencia sanitaria, de catering, e puntos específicos para as cámaras de TVE e EUROSPORT. Unha das cuestións de maior importancia era a retransmisión en directo na cadea pública, polo que esta adaptación da zona do Parque Náutico dotaba ao aspecto da comunicación dunha importancia destacada. Xunto coa volta profesional, ás 5 da tarde celebrouse a Volta Junior, onde escolares preseleccionados percorreron os últimos quilómetros, desde O Pazo ata a chegada á liña de meta no Parque Náutico, para despois compartir podio cos ciclistas profesionais. Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

139


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:15 Página 140

DEPORTE

Un podio único para a ocasión O podio ao que se subiron todos os vencedores da etapa e de todas as categorías foi creado para a ocasión enriba das augas do Miño xuntando as tres plataformas boiantes co idílico fondo do encoro. Sen dúbida, un dos sinais de identidade de Castrelo de Miño que se viu en directo en todo o mundo a través da sinal de Televisión Española e Eurosport.

140

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

O equipo Sky de Chris Froome foron O equipo gañador da etapa, foi a formación británica Sky de e gañador do Giro de Italia e LaVuelta, que recolleu ese día o


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:15 Página 141

DEPORTE

Ribeiro Blues, os bises.

ron os vencedores da etapa ky de Chris Froome, o 4 veces gañador do Tour de Francia día o trofeo da etapa sobre as augas do Miño.

Aproveitando que Castrelo de Miño era a meta da primeira etapa e que días antes outro dos grandes eventos do ano no municipio rematara con gran éxito, decidiuse xuntar ambas as caras. Os grandes éxitos sempre merecen un bis, así que para a tarde daquel sábado, ademais do streetwine (unha cata de viño Ribeiro ofrecida dentro dunha foodtruck do Consello Regulador), The Coquettos e Sinestesia deron o toque musical á cita deportiva.

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

141


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:15 Página 142

DEPORTE

Parque acuático en Castrelo de Miño Máis de dous anos agardando pola autorización da Confederación Hidrográfica.

Instalacións similares ás previstas en Castrelo

O Concello de Castrelo de Miño leva máis de dous anos tramitando a creación dun parque acuático no leito do río Miño, na contorna do Parque Náutico. O proxecto consiste na habilitación dunha zona recreativa e deportiva, na que se instalarán tobogáns, camas elásticas, pontes, pasarelas de equilibrio, catapultas, obstáculos de salto e trampolíns, que ocupará unha superficie duns 400 m2. Con este fin, o Concello iniciou en 2016 as xestións ante a Confederación Hidrográfica do Miño - Sil, con vistas a obter a correspondente autorización. Con todo, por tratarse da ocupación dun leito de dominio público, a Hidrográfica publicou no Boletín Oficial da Provincia a apertura de distintos prazos por se houbese empresas interesadas en ocupar o mesmo espazo do encoro de Castrelo para este mesmo fin ou outro distinto. O investimento ascende a 50.000 euros e o Concello xa está a tramitar o financiamento a través de de distintas administracións como a Secretaría Xeral de Turismo, o Grupo de Desenvolvemento Rural para Carballiño e O Ribeiro ou a Deputación Provincial a quen se lles remitiu copia do proxecto. As estruturas están feitas cun plástico especial que non se deteriora nin coa calor nin coa auga. Situaranse no leito do río, nunha zona que non entorpecerá en absoluto as prácticas nin competicións deportivas náuticas habituais neste encoro. Serán estruturas móbiles, que se poderán recoller e gardar durante os meses de inverno, para ser utilizadas unicamente na época estival.

142

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:15 Página 143

DEPORTE

Convenio coa Federación Galega de Remo Este acordo permítelle a Castrelo de Miño ser o epicentro do remo galego para continuar dinamizando o parque náutico.

O 22 de abril de 2016, o alcalde de Castrelo de Miño, Xurxo Rodríguez, e o presidente da Federación Galega de Remo, José Manuel Seijas Galán, asinaron un convenio de colaboración que permitise á federación ser un novo operador para proseguir coa dinamización do Parque Náutico.

Con este convenio, concello e federación acordaban cooperar para celebrar competicións deportivas en Castrelo de Miño, que é onde se atopa unha das tres únicas pistas olímpicas de remo do Estado, xunto coas demais instalacións náuticas, como os pantaláns, as naves de embarcacións, vestiarios ou o albergue. Ademais, tamén se comprometían a levar a cabo concentracións e test con remeiros pertencentes aos clubs galegos ou a organizar cursos de formación de técnicos e árbitros.

cións onde almacenar o material propio que a federación traerá a Castrelo. Entre outras moitas actividades, este acordo permitiu que se celebrasen desde aquela en Castrelo de Miño tres campionatos de España de longa distancia, un campionato de España de seleccións autonómicas e tres campionatos de España de remoergómetro nas inmediacións do Parque Náutico, e que Castrelo de Miño fose elexida como Copa da Xuventude de Remo do ano 2021 pola federación internacional de remo. Permitiu tamén implicar a outras administracións como Xunta e Deputación, para arranxar a pista olímpica de remo e as rampas e embarcadoiros boiantes, cunha inversión superior aos 125.000 euros.

Pola súa banda, o concello cedería o uso gratuíto das instalacións que necesiten no Parque Náutico e, especialmente, unha nave de embarcaBoletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

143


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:15 Página 144

DEPORTE

Catro campionatos de España de remo organizados en Castrelo En xaneiro de 2017, Castrelo de Miño converteuse, no punto de encontro para os participantes dos campionatos de España de Remoergómetro e Longa Distancia. Os campionatos foron organizados pola Federación Española de Remo e pola Federación Galega coa colaboración dos concellos de Castrelo e Ribadavia. O sábado 28 tivo lugar no Polideportivo Municipal “O Consello” de Ribadavia o XVI Campionato de España de Remoergómetro. Ao día seguinte, no Parque Náutico de Castrelo de Miño tiña lugar o VII Campionato de España de Longa Distancia. A través de tres saídas con intervalos dun minuto nas tres categorías (cadete, xuvenil e alevín) os 500 participantes disputáronse as medallas de Ouro, Prata e Bronce nunha distancia de 5.500 metros. En 2018 voltáronse a celebrar os dous campionatos de España nas mesmas localizacións e en 2019 en Castrelo de Miño organizáronse dous campionatos de España. Un evento que contou co apoio da Deputación de Ourense, a través do Inorde, e que reuniu a un total de 1.150 remeiros de 107 equipos de 9 comunidades, que disputaron o IX Campionato de España de Longa Distancia e o Campionato de Seleccións Autonómicas 2019. Este tipo de competicións supoñen un recoñecemento para o municipio e para as súas instalacións, pero tamén para o desenvolvemento económico e para a promoción turística. De feito, parte dos participantes dos campionatos aloxáronse no Albergue Municipal ocupando todas as prazas. Pola súa banda, os hostaleiros da zona do Ribeiro mostraron o seu agradecemento pola celebración destes campionatos que tamén repercutiu positivamente na ocupación hostaleira.

144

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:15 Página 145

DEPORTE

Castrelo de Miño, "o mellor lugar de España para remar" Pola súa banda, Asunción Loriente, presidenta da Federación Española de Remo destacou ante os medios, as facilidades e as instalacións que Castrelo de Miño pon a disposición do remo, salientando "a pista de 2.000 metros que se vai a estrear esta fin de semana nos campionatos", cualificando a Castrelo de Miño como "o mellor lugar de España para remar".

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

145


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:15 Página 146

DEPORTE

Castrelo de Miño será a sede da Copa da Xuventude 2021 O parque náutico acollerá a primeira competición internacional de remo olímpico que se celebrará en Galicia. O día 14 de agosto de 2018 anunciouse en Castrelo de Miño, coa asistencia do presidente da Deputación de Ourense Manuel Baltar, o presidente da Federación Galega Remo José Manuel Seijas e a presidenta da Federación Española de Remo Asunción Loriente, que foron recibidos polo alcalde do concello. Esta proba, será a data clave na folla de ruta que permitirá que o Parque Náutico conte en 2021 coas mellores instalacións da súa historia.

Xurxo Rodriguez Méndez, alcalde do concello, manifestou a súa satisfacción por este importante logro conseguido para Castrelo de Miño, e felicitou ao Inorde, á Deputación de Ourense, e ás Federacións de Remo Galega e Española, pola súa implicación na realización e presentación desta candidatura.

landa), os países integrantes da mesma votaron, por unanimidade, que Castrelo de Miño sexa a sede da edición de 2021. A candidatura, presentada pola presidenta da Federación Española de Remo, elaborouse conxuntamente coa Deputación de Ourense, a través do Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (INORDE).

"Todas as follas de ruta, como a do desenvolvemento do Parque Náutico, necesitan datas claves. Agora xa temos unha, o ano 2021. Nesta data todas as administracións debemos ter os deberes feitos para que todo estexa a punto" indicou o alcalde.

A Coupe de la Jeunesse é unha competición de remo internacional que se celebra anualmente e coa categoría de Campionato de Europa, entre os atletas máis mozos, masculinos e femininos, con idades comprendidas entre os 16 e os 18 anos, que aínda non se presentaron na Selección para o Campionato Mundial de Remo Junior por parte das súas Federacións Nacionais.

"Sabemos cales son as inversións necesarias e que é preciso realizar. Imos comezar este ano 2018 con 100.000 euros para mellorar a pista de remo (subvencionada pola Deputación de Ourense). Nos vindeiros anos todas as administracións debemos continuar colaborando para realizar as melloras precisas. O resultado disto será que o Parque Náutico de Galicia terá en 2021 as mellores instalacións da súa historia" manifestou Xurxo Rodríguez. Na Asamblea Ordinaria da Coupe de la Jeunesse de Remo, celebrada o día 28 de xullo en Cork (Ir146

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

Desde os seus comezos, este Campionato celebrouse en Bélxica en seis ocasións, en Francia en tres ocasión, en Italia cinco veces (será sede tamén no 2019), en Suíza catro veces, en Irlanda en tres ocasións, en Gran Bretaña tamén tres veces, en Holanda dúas veces, e unha vez en Polonia, Portugal, España (Bañolas), Hungría e Austria, sendo esta última sede tamén no ano 2020. E no ano 2021, celebrarase en Castrelo de Miño.


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:15 Página 147

DEPORTE

Convenio coa Federación Galega de Piragüismo O Concello de Castrelo de Miño e a Federación Galega de Piragüismo subscribiron o 8 de xuño de 2016 un acordo de colaboración estable para dinamizar o Parque Náutico. Nun acto nas instalacións municipais do Parque Náutico ao que acudiron o alcalde e o presidente da federación, José Alfredo Bea García, pecháronse os acordos definitivos que se viñan xestando desde meses antes. Os proxectos que pretenden levar a cabo ambas entidades, ademais dos estritamente deportivos da propia federación, teñen como obxectivo a promoción turística de Castrelo e, especialmente, a desenvolvida no ámbito deportivo para contribuír definitivamente á consolidación do noso municipio como referente galego nas actividades acuáticas.

O acordo tomado adquiriu corpo coa primeira decisión, a de albergar nas augas do encoro dúas competicións de importancia: o Campionato Galego de K2 Alevíns e Benxamíns e a 4ª Regata de Infantís da liga Galega, os días 12 e 19 de xuño, respectivamente. Estas probas pretendían anticipar, a partir do ano 2017, a outras de ámbito estatal. Así mesmo, establecéronse tamén as bases para realizar, entre outras actividades, concentracións de canoístas que se instalarán no albergue municipal de Castrelo. Esta colaboración mantívose nos seguintes anos coa organización de distintas actividades e campionatos en 2018 e 2019. Neste ano, estase traballando conxuntamente para conseguir a organización dun campionato do mundo para o ano 2020.

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

147


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:15 Página 148

DEPORTE

O Piragüismo voltou a Castrelo

Había moitos anos que en Castrelo de Miño non se celebraba un campionato de piragüismo. Por tal motivo, o concello iniciou contactos coa federación Galega de piragüismo para que o piragüismo voltase ao encoro, xa que o piragüismo é o “deporte maioritario” no mundo náutico, con grandes éxitos, con campións olímpicos como David Cal ou campionas do mundo como Teresa Portela. Esas conversas iniciais permitiron que sete anos despois comezara a voltar a Castrelo unha nova competición de piragüismo, concretamente unha regata do campionato galego infantil que se celebrou o domingo 5 de abril de 2015. Tras estes primeiros contactos en 2016 asinouse un convenio de colaboración concello-federación para que o piragüismo sexa outro deporte náutico máis con sede en Castrelo de Miño.

Creación dun novo clube de piragüismo en Castrelo Estes contactos coa federación galega propiciaron a colaboración con outros concellos da comarca onde tamén se realizaban actividades de piragüismo. De aquí xurde a colaboración co clube fluvial de Avión. Foi tan estreita e fructífera esta colaboración que en decembro de 2018 presentouse no parque náutico o novo Clube Fluvial Avión – Castrelo de Miño. Ao acto público asistiron o alcalde de Avión, o tenente alcalde e a concelleira de deportes de Castrelo e a secretaria xeral para o deporte da Xunta de Galicia, Marta Míguez.

148

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:15 Página 149

DEPORTE

Campionato do mundo de piragüismo 2020 en Castrelo de Miño Respaldo institucional á candidatura de Castrelo de Miño como sede do I Campionato do Mundo de ESPRINT A federación galega entrega á RFEP o respaldo da Xunta, Deputación de Ourense e Concello para que Castrelo de Miño sexa sede en 2020

O 20 de febreiro de 2019 o alcalde e a concelleira de deportes de Castrelo de Miño mantiñan unha reunión na Deputación de Ourense co seu vicepresidente, acompañados do presidente da federación galega de piragüismo e o seu delegado en Ourense, e o responsable de deportes da Xunta en Ourense. Nesa reunión púxose de manifesto o apoio institucional á realización deste evento mundial no parque náutico de Castrelo de Miño. A partires dese día todas as partes se puxeron a traballar e así a a federación galega de piragüismo entregou á española a documentación que recolle o respaldo da Xunta de Galicia, a Deputación de Ourense e o Concello de Castrelo de Miño para que esta localidade galega poida albergar en 2020 o I Campionato do Mundo de Esprint de probas non olímpicas. O presidente da Real Federación Española de Piragüismo (RFEP), Juan José Román Mangas, recibiu de mans do delegado en Ourense da Federación Galega (FEGAPI), José Manuel Fernández, os escritos co apoio das tres Administracións para que Castrelo de Mino sexa a candidata defendida pola entidade estatal ante a Federación Internacional, ICF polas súas iniciais en inglés, para acoller o próximo ano a nova competición internacional. Os documentos están subscritos polo secretario xeral para o deporte da Xunta de

Galicia, José Ramón Lete; o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o alcalde do Concello de Castrelo de Miño, Xurxo Rodríguez. Na reunión mantida por Román Mangas e Fernández, este fíxolle chegar ao máximo responsable da RFEP a “experiencia” que posúe a territorial galega como organizador de eventos internacionais así como a importancia que para esta comunidade autónoma representa poder acoller o mundial. A FEGAPI valora que o piragüismo, o deporte que máis medallas olímpicas achega ao historial deportivo de Galicia, sexa o que levaría a cabo por primeira vez un evento mundial en Galicia. Tamén destaca o “bo impulso” que significaría na economía de Ourense, a elección de Castrelo de Miño como sede do I Campionato do Mundo de Esprint de probas non olímpicas. A RFEP defenderá ante a Federación Internacional de Piragüismo a opción de que Castrelo de Miño sexa o escenario da competición internacional prevista para probas de velocidade que non están incluídas no programa olímpico, que suporía que España acollese por primeira vez un Mundial de velocidade, que coincidiría coa organización en 2020 dos Campionatos do Mundo de Slálom e de Augas Bravas. Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

149


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:15 Página 150

DEPORTE

O Concello recupera unha nave pública de titularidade municipal. Tras o xuizo verbal seguido no Xulgado de primeira instancia e instrucción de Ribadavia a instancias do Concello de Castrelo de Miño, o clube náutico viuse obrigado a aceptar as condicións do Concello e deixar libre a nave municipal.

O Xulgado de Primeira Instancia e Instrución de Ribadavia emitiu unha sentenza na que recolle o achantamento da parte demandada (Club Náutico de Castrelo) e dá por terminado o proceso ao recoñecer as pretensións do Concello de Castrelo de Miño: deixar libre a nave de embarcacións de titularidade municipal situada en Cortiñas. Como a xuiz indica no fallo da sentencia:

Acuerdo tener por allanada a la parte demandada, CLUB NAUTICO CASTRELO DE MIÑO, en todas las pretensiones de la parte demandante, CONCELLO DE CASTRELO DE MIÑO, estimándose la demanda y condenándose a la parte demandada a las peticiones efectuadas por la parte actora en la demanda que dio inicio al presente procedimiento, en concreto, "deixar libre, vacuo e a libre disposición da parte actora o inmoble Nave para Embarcacións sito en Cortiñas, no termo municipal de Castrelo de Miño, no Encoro de Castrelo de Miño – Ourense”. Desde o goberno municipal lamentan que o clube náutico obrigase ao concello a acudir á vía xudicial para defender os intereses públicos, e para chegar á mesma solución que o Concello xa lle propuxera desde o primeiro momento: que o clube náutico mantivese o uso de 400 m2 de edificios e naves públicos, e deixase libre unha nave de 200 m2 para que a poidera usar como sede deportiva a Federación Galega de Remo. Lamentan tamén os dez meses perdidos durante todo ao ano 2016 en procedementos administrativos e xudiciais. Xurxo Rodríguez Méndez, recorda que a Lei de administracións públicas dispón que as administracións públicas están obrigadas a protexer e defender o seu patrimonio, e a Lei de bases de réxime local así como o Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais e o Regulamento de bens das en150

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

tidades locais, establecen que as entidades locais teñen a obriga de exercer as accións necesarias para defender os seus bens e dereitos. Iso foi o que este goberno municipal se viu na obriga de facer, acudindo para elo a vía xudicial, tras negarse a entidade privada clube náutico á devolución dunha nave de embarcacións de titularidade pública e municipal que estaban ocupando en precario. O concello mostra a súa disposición para colaborar e traballar da man de todos aqueles operadores públicos ou privados que aposten polo desenvolvemento do parque náutico de Castrelo de Miño. Pero tampouco dubidará en exercer os seus dereitos ante calquer instancia que sexa preciso, para velar polos intereses públicos deste Concello. As administracións públicas han de actuar en beneficio de todos e de todas, e as entidades locais, concretamente, hano de facer para cos seus veciños e veciñas, que son os propietarios e os que cos seus impostos sufragan o mantemento destas instalacións deportivas. Con esta sentenza favorable aos intereses municipais, o concello dá por finalizado este asunto e pasa páxina para continúar traballando sin distraccións a prol do Parque Náutico de Castrelo de Miño.


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:15 Página 151

DEPORTE

Mellora e adecuación da pista olímpica de remo No ano 2002 móntase o campo de regatas de Castrelo do Miño, deseñado como unha instalación mixta, para disputar regatas de piragüismo e remo.Dita instalación tiña 2.000 m de lonxitude e 91 m de ancho e estaba composta por 10 liñas balizadas para a práctica de piragüismo (9 rúas) e 7 liñas balizadas para a práctica de remo (6 rúas). Ademais dispoñía, como medida de seguridade, de dúas liñas exteriores paralelas ao campo, situadas a unha distancia de 5 m das liñas 1 e 10, sinalizadas cada 50 m con aboias vermellas.

Antes

Co paso do tempo, o uso continuado do campo, e as condicións do lugar de emprazamento, o campo de regatas foise deteriorando, motivo polo cal era necesario proceder a unha reparación e posta a punto xeral. O mal estado fixo perigar en determinadas ocasións a organización de campionatos estatais. O goberno municipal encargou a redacción dun proxecto e dirixiuse a distintas administracións públicas para conseguir o apoio necesario para realizar esta reparación. En 2018 o traballo realizado deu os seus froitos e a Deputación de Ourense concedeu unha subvención nominativa ao concello de Castrelo de Miño de 100.000 euros para proceder ao arranxo do campo de regatas.

Instalacións deterioradas que obrigaron á reparación da pista

As obras foron realizadas a finais do ano 2018 o que permitiu que no mes de xaneiro de 2019 xa se poidese celebrar un novo campionato de España de remo en pista, o Campionato de Seleccións Autonómicas. De cara ao futuro prevese que o campo cumpra a normativa internacional FISA para organización de regatas internacionais, como a Copa da Xuventude de 2021. Por tanto, todas as actuacións que se realizaron nesta fase cumpriron con dita normativa.

Despois

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

151


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:15 Página 152

DEPORTE

Reparación e mellora das pasarelas de acceso aos pantaláns

A secretaria xeral para o deporte da Xunta Marta Míguez e o Vicepresidente da Deputación de Ourense visitaron as obras realizadas.

O obxecto desta actuación foi a renovación das pasarelas de acceso e do sistema de fixación dos 3 pantaláns existentes no Parque Náutico e que, antes da reparación realizada debido ao seu deseño e estado, ocasionan en momentos de variacións extremas do nivel da auga ou vento forte, que os pantaláns se desprazasen, provocando que as pasarelas de acceso se “descabalgaran” e caesen á auga, producíndose danos na estrutura. O concello de Castrelo de Miño encargou a realización dun proxecto técnico que achegou a distintas administracións. Conseguiuse a colaboración da Deputación de Ourense e da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta que se fixeron cargo do 100% das obras, pagando cadansúa a metade dos 21.600 euros que custou a reparación e mellora. Debido ao material no que foron construídas as antigas pasarelas, ás características ambientais da contorna e aos esforzos aos que se ven sometidas, considerouse necesaria a renovación da estrutura das mesmas, para así poder modificar o sistema de fixación dos pantaláns e garantir a resistencia necesaria aos esforzos aos que se poidan ver sometidas estas estruturas. Desta forma, os elementos que se instalaron foron os seguintes: tres pasarelas de acceso reforzadas de 10,00 metros de lonxitude e 2,50 metros de ancho total, que permite o acceso dos usuarios e sirve ademais como elemento de fixación dos propios pantaláns, tres placas de fixación a peirao e sistema de tensores e tres placas de fixación ao pantalán

152

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:15 Página 153

DEPORTE

Reforma integral do aparcadoiro do parque náutico

Cando Castrelo de Miño conseguiu ser a meta da primeira etapa de La Vuelta a España de 2016, foi necesario realizar unha serie de melloras na contorna do parque náutico. Unha delas, e quizais a de maior embargadura foi a adecuación do aparcadoiro principal do parque náutico para poder acoller as instalacións necesarias para situar a meta da etapa. Tamén se fixo necesario mellorar o acceso ao antigo campo de futbol de Barral para que máis de 40 camións de gran tonelaxe poideran aparcar e descargar todo material necesario, así como unidades móbiles de televisión e medios de comunicación, e vehículos dos equipos que competían. Realizouse unha obra por un importe de 49.586 euros, adxudicada pola Deputación Provincial, que mellorou a contorna para La Vuelta, pero que tamén quedou unha instalación mellorada para o futuro do parque náutico de Castrelo de Miño, no seu día a día, e nas grandes competicións, e do que tamén se poden beneficiar todos os veciños e veciñas do noso municipio.

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

153


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:15 Página 154

DEPORTE

O concello de Castrelo de Miño instalou un sistema de calefacción no ximnasio do pavillón É un sistema de calefacción con bomba de calor de alta eficiencia enerxética. As obras realizaronse a finais de 2017

O concello de Castrelo de Miño recibiu unha nova subvención do INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA (INEGA) da CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA, por importe de 7.387,50 euros dentro da liña de axudas para proxectos de eficiencia enerxética. Con esta axuda realizouse a instalación dun sistema de calefacción con bomba de calor para o novo ximnasio do pavillón municipal. Unha mellora que satisfai unha das demandas dos usuarios e usuarias das escolas deportivas. No ximnasio e no pavillón municipal de Castrelo de Miño, o concello organiza as escolas deportivas durante todo o ano. Hai aulas diarias de xim-

154

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

nasia de mantemento, con varios grupos segundo a idade dos usuarios. Tamén teñen lugar as escolas infantís do programa XOGADE e as actividades deportivas extraescolares, futsal, basket, brilé, badminton... O ximnasio tamén conta cunha sala de maquinas de musculación, bicicletas estáticas, cintas de andar, ximnasia xeriátrica... Coa instalación deste novo sistema de calefacción de alta eficiencia enerxética, o concello satisfai a solicitude presentada polos usuarios e facilita a realización das escolas deportivas nun mellor entorno térmico..


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:15 Página 155

DEPORTE

O rally de Ourense pasa por Castrelo Castrelo de Miño non só disfruta de grandes competicións náuticas, senón que no noso concello os amantes do motor tamén teñen unha cita, xa que polas nosas estradas pasa o máis importante rally de asfalto do campionato de España que cumpriu en 2017 o seu 50º aniversario.

O tramo TOÉN – CASTRELO finaliza na Cancela, e os competidores voltan cara Ourense pasando por Freás, Astariz e Troncoso. Nestas últimas edicións este tramo realizouse en venres e tivo dúas pasadas, á primeira arredor das 20:00 horas e a segunda en horario nocturno ás 23:00 horas o que aumenta a súa espectacularidade. Outro grande espectáculo deportivo para disfrutar no noso concello, especialmente os afeccionados do motor. O concello de Castrelo de Miño e a agrupación de voluntarios de Protección Civil colaboran coa organización para que os dias de competición todo estexa en perfectas condicións e non se produza ningún tipo de incidente.

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

155


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:15 Página 156

DEPORTE

Castrelo, feito para o deporte Os investimentos realizados no parque náutico, non só fixeron que se incrementasen as probas náuticas que se realizan, senón que a mellora de todas as infraestruturas en terra (aparcadoiros, contorna, vestiarios, albergue, restaurante…) permite que Castrelo de Miño sexa a sede preferida por multitude de probas deportivas de todas as modalidades. Isto permite tamén que durante todos os meses do ano se reciban visitantes, deportistas e turistas que coñecen o noso concello e consumen no comerzo local. De seguido só unha pequena mostra:

Ciclismo marcha verde

Rally das Lentellas

As estradas de Castrelo de Miño son das favoritas dos ciclistas da provincia para realizar os seus adestramentos. A Fundación ADO Moure e +Deporte La Región organizaron o 18 de xuño de 2017 unha xornada lúdico ciclista, en forma de "marcha verde", co lema "A bici dáche vida, úsaa". Esta marcha a favor da bicicleta percorreu un tramo de 25 quilómetros entre Ourense e Castrelo de Miño, e serviu como día de reivindicación para os ciclistas da provincia, que reclaman unha maior seguridade nas estrada cunha convivencia pacífica entre peóns e condutores.

Organizado pola escudería Clásicos de Ourense, esta proba de coches clásicos que leva 20 anos celebrándose no mes de novembreo ten pasado nos últimos anos polas estradas de Castrelo.

Waterpolo O Concello de Castrelo de Miño, xunto co clube Waterpolo Pavillón de Ourense, leva dende 2017 organizando competicións de waterpolo no Parque Náutico de Castrelo de Miño. En 2018 voltouse repetir e xa está previsto a organización neste 2019.

156

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:15 Página 157

DEPORTE

Motonáutica Os meses de maio dos anos 2017 e 2018 organizouse no parque náutico o campionato galego inclusivo de slalom de motonáutica

Winnerman Castrelo de Miño acolleu en 2015 e 2017 a Winnerman, proba organizada polo Club Natación Pavillón que consiste nun segmento de natación de 500 metros, unha carreira a pé de 2,5 quilómetros e un terceiro segmento de natación de 500 metros.

I Triatlón Olímpico O 8 de xullo de 2018 celebrouse en Castrelo de Miño a primeira proba de Triatlón Olímpico, Organizado polo clube de atletismo Corredores do Miño. Esta primeira edición contou coa participación dunhas 200 persoas que levaron a cabo as probas de 1500 metros natación, 40 km de ciclismo e 10 km de atletismo

Motos clásicas do Ribeiro Leva celebrándose varios anos no mes de setembro. O parque náutico é a zona de concentración e o punto de saída.

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

157


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:15 Página 158

DEPORTE

20 anos da San Silvestre de Castrelo Un evento deportivo consolidado que se celebra todo os últimos días do ano. O 31 de decembro de 2018, Castrelo de Miño celebrou a vixésima edición da mítica carreira San Silvestre na que participaron perto de 400 corredores. Castrelo de Miño alberga a cita máis veterana da provincia de Ourense e tamén a de carácter máis competitivo, sen perder a súa tradición popular. Con vinte anos de historia, sumou perto de 400 corredores na liña de meta. O primeiro en chegar foi Alejandro Fernández, cun tempo de 25.13 min, seguido de Iván Docampo, con 25.45 e de José Manuel Curral Xusto. A primeira muller foi Uxía Pérez, seguida de Sonia Teijeiro e de Begoña Domínguez. Esta edición estivo organizada polo Club Corredores do Miño e polo concello de Castrelo de Miño e establecéronse as categorías de menores e a absoluta. A inscrición na categoría de menores foi gratuíta, mentres que na absoluta deberon abonar previamente cinco euros. O primeiro clasificado de menores recibiu un trofeo e o resto das participantes medallas conmemorativas da San Silvestre. Na absoluta houbo tres premios de 100, 60 e 30 euros para os tres gañadores, ademais de diversos agasallos para os atletas que conseguiron acabar a carreira. Como é habitual contouse coa inestimable colaboración da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Castrelo de Miño, ademais doutros voluntarios e de traballadores do Concello. Ao remate da proba, e como xa é tradición todos os corredores e colaboradores poideron quentar o corpo cunha boa taza de chocolate ben quente.

158

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:15 Página 159

DEPORTE

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

159


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:15 Página 160

DEPORTE

Escolas deportivas para todas as idades

O pavillón e o ximnasio municipal de Castrelo acollen as escolas deportivas que o concello promove desde o ano 2008 co fin de ofrecer á veciñanza un estilo de vida saudable sen necesidade de saír do municipio. Ofrecense actividades de ximnasia de mantemento, máquinas de ximnasia, pilastes, tonificación, aeróbicos… Como novidade, desde o ano 2017 os usuarios das actividades contan coa posibilidade de asistir a clases de ioga. E desde o ano 2018 tamén se ofrece defensa persoal feminina. Ademáis as instalacións do ximnasio tamén foron reformadas en 2018 coa instalación dun novo tatami e con novo material deportivo de recente adquisición.

160

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetaciรณn 1 21/3/19 9:15 Pรกgina 161

CULTURA E ENSINO


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:15 Página 162

CULTURA E ENSINO

Novo centro veciñal de Noallo Reforma integral da antiga escola municipal Dentro da reurbanización do contorno da capela de San Antonio de Noallo, procedeuse á creación dun novo centro veciñal, cun investimento que ascendeu aos 50.000 euros. Debido a que o edificio orixinal, antiga escola unitaria, atopábase en risco de colapso estrutural, procedeuse á súa demolición, para a posterior construción do novo centro veciñal. Para iso, perseguiuse a súa adaptación ao lugar minimizando o impacto visual e buscando que a capela recuperase o protagonismo na praza, elixindo a opción da construción dun edificio-praza, xa que o seu teito á accesible e convértese nunha terraza sobre o propio edificio e con vistas á praza, á capela e á poboación de Noallo.

162

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:15 Página 163

CULTURA E ENSINO

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

163


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:15 Página 164

CULTURA E ENSINO

Aula CeMIT de novas tecnoloxías Desde o ano 2008 formando en novas tecnoloxías aos veciños e veciñas de Castrelo de Miño.

En Castrelo de Miño dispoñemos dunha das aulas de referencia de novas tecnoloxías que forman parte de rede CeMIT da Xunta de Galicia. Está situada no centro cultural castrelo INFO nas inmediacións do parque náutico. A aula CeMIT de Castrelo de Miño, ten a finalidade de conseguir a alfabetización dixital e a inclusión tecnolóxica dos seus habitantes. O seu horario de apertura é de luns a venres de 4 a 8 da tarde. Organiza durante todo o ano cursos de actividades de formación como por exemplo: aprende a usar smartphones, xestionar redes sociais, realizar trámites por internet, descarga aplicacións no teu móbil, compras seguras no nadal, aprender a usar a nube e gardar documentos, follas de cálculo, procesadores de texto, compras seguras por internet, mecanografía, aprender a navegar por internet... No ano 2018 estivo aberta 1.045 horas, realizou 20 cursos distintos e 110 persoas realizaron algún deles. En todo o ano pasaron 893 usuarios pola aula que usaron os terminais do centro, para outras actividades distintas da formación.

164

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:16 Página 165

CULTURA E ENSINO

Rehabilitación da antiga escola de Prado e Vide Dentro do plan de reformas dos edificios municipais e a través das axudas e subvencións que o concello solicita regularmente, rehabilitouse toda a estructura exterior e a planta alta do centro médico de Prado de Miño para darlle un uso público a esa planta alta, do que ata agora carecía. Así, levouse a cabo a súa adecuación cun orzamento material que ascendeu 50.000 €

A planta alta do inmoble, anteriormente empregado como vivenda do médico, rehabilitouse para ser empregada como local destinado para actividades educativas ou culturais. Coincidindo no tempo a oportunidade, e dado que o goberno municipal viña estudando todas as posibilidades de dotar ao municipio dun servicio de atención á infancia, da presentación por parte do goberno galego do plan piloto de Casas Niño, decidiuse pór a disposición esta reforma, para poñer en marcha este novo servizo de atención a menores de 0 a 3 anos de idade. A proposta de intervención centrouse no acondicionamento do inmoble e das súas instalacións, deterioradas pola súa antigüidade e polo seu desuso.

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

165


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:16 Página 166

CULTURA E ENSINO

O centro cultural Castrelo INFO recibe premios e recoñecementos Un exemplo de rehabilitación dun edificio destinado para un novo uso cultural que é protagonista de premios, publicacións, exposicións e conferencias. A antiga casa do médico de Paradela foi o lugar elexido para crear o gran centro cultural do que carecía o noso concello. O goberno municipal encargoulle o proxecto de reforma a Muíños, Otero, López Arquitectura. Cun orzamento de 154.000 euros realizouse o proxecto de rehabilitación, equipamento e acondicionamento. Na planta baixa está instalada a Aula Cemit de novas tecnoloxías e o espazo para os colectivos femininos. No primeiro andar dispón de biblioteca e ludoteca. O centro cultural Castrelo INFO permanece aberto desde o 2014 durante todo o ano en horario de tarde (de 4 a 8 horas) e son centos os veciños de Castrelo de Miño que acuden diariamente e fan uso del. Pero este centro cultural non só ten un percorrido realizado no noso municipio. Este proxecto cultural ten viaxado e recibido nos últimos anos multiples premios e recoñementos dos que expoñemos de seguido os máis importantes:

166

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:16 Página 167

CULTURA E ENSINO

Premio:

Exposicións:

Accesit Premios Thinking Wood 2016

Conexión by FINSA no Museo da Universidade de Alicante do 24 de Maio ao 4 de Xuño de 2017

Publicacións: “Inspiration, Connection, and Creation” de Mucho Content

Espazos conectados coa madeira no Museo Centro Gaiás de Santiago de Compostela do 4 ao 15 de Octubro de 2017 Espazos conectados coa madeira no Barcelona Disseny Hub do 25 Octubro ao 4 de Novembro de 2018

Diario El País: “La casa de todos”

Diario La Vanguardia: Exposición Ludoteca Castrelo

Conferencias: Conferencia en Espacio Finsa XXI de Madrid nos “Thinking Wood Awards”_ Ludoteca de Castrelo de Miño 29 de Setembro de 2016 “Inspiration, Connection, and Creation” co Centro Veciñal de Noallo de Abaixo no Barcelona Disseny Hub 25 de Octubro de 2018

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

167


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:16 Página 168

CULTURA E ENSINO

En galego! Os concellos de Castrelo de Miño e Baños de Molgas asinaron un convenio de colaboración para o desenvolvemento de programas de dinamización lingüística para planificar, xestionar, executar e promover programas dinamizadores e actividades que teñan como finalidade o fomento do uso da lingua galega na sociedade. Entre outras moitas actividades nos últimos catro anos realizaronse estas:

Proxecto lembranzas: recuperación do patrimonio inmaterial Intercambio interxeracional entre os maiores e os cativos. Recopilación de contos, refráns e adiviñas. Grabación dun video (dispoñible en castrelo.tv) e edición dun caderno cos contos e léxico recollido nos intercambios xeracionais

Presentación do léxico vitivinícola Presentación dos ditos tradicionais galegos por Andrea González o venres 14 de outubro de 2016 no Salón de Actos do Concello.

Mostra de produtos etiquetados en galego Co gallo do día das Letras Galegas 2016, que ese ano homenaxeaba ao poeta Manuel María, celebrouse unha Mostra de Produtos etiquetados en galego no edificio do Parque Náutico.

Programa Palabras en galego para o fomento da creación literaria e da lectura en galego. Actividade realizada o 9 de outubro de 2018 no CEIP de Castrelo de Miño. Contou coa actuación do contacontos Pako Pakolas.

Programa palabras en equipo para a recuperación da toponomia e microtoponimia de setembro a novembro de 2018

O rueiro das liortas Unha actividade organizada polo programa da Secretaría de Política Lingüística da Xunta de Galicia que se celebrou o 27 de novembro de 2016 no Salón de Actos do Concello. 168

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:16 Página 169

CULTURA E ENSINO

Melloras no CEIP Castrelo de Miño Aislamento térmico e eficiencia enerxética. O Concello de Castrelo de Miño solicitou unha subvención á Xunta e á Deputación, dentro do Plan Educou 2017, de reformas e melloras de centros educativos. Tras ser concedida, logrouse cambiar toda a carpintería exterior do colexio público, xanelas e portas, por unhas de aluminio, e así mellorar as condicións de temperatura dos alumnos e contribuír ao aforro enerxético.

Instalación de calefacción de pellets nos centros sociais A casa da anguía, o centro veciñal de Noallo e o centro sociocultural de Macendo dispoñen de novas estufas O Instituto Enerxético de Galicia (Inega) é un ente de dereito público que presta soporte á consellería competente en materia enerxética, e entre cuxas funcións destacan a de incidir na utilización racional da enerxía, así como diversificar as fontes enerxéticas e reducir, na medida do posible, a dependencia exterior. O Inega estableceu este sistema de subvencións, co obxectivo de fomentar a utilización de fontes de enerxía renovables. Máis concretamente, preténdese fomentar a utilización da biomasa forestal con fins enerxéticos, o que implica toda unha serie de vantaxes tanto sociais coma ambientais, económicas e enerxéticas. Non se debe esquecer que a biomasa é unha enerxía renovable cun reducido impacto ambiental que, polo seu carácter de recurso autóctono, favorece, dentro do campo enerxético, a redución de emisións de CO2, o autoabastecemento e a seguridade da subministración a prezos competitivos. O concello de Castrelo de Miño presentou un proxecto de solicitude e recibiu unha subvención en réxime de concorrencia competitiva, para os proxectos de equipamentos térmicos de biomasa nos centros sociais de Castrelo de Miño de Barral, Noallo e Macendo.

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

169


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:16 Página 170

CULTURA E ENSINO

Colexio público de Castrelo de Miño

Desde o curso académico 2014-2015 ata hoxe, o alumnado do colexio conseguiu un variado número de premios grazas á súa participación en concursos de diferente índole:

O CEIP de Castrelo de Miño botou a andar no ano 1979, polo que conta a día de hoxe con máis de 40 anos de ensinanza ás súas costas. No curso 2018-2019 hai matriculados 29 estudantes quedando repartidos en dous cursos de Educación Infantil e tres grupos de Educación Primaria divididos en 1º e 2º, 3º e 4º, e 5º e 6º. O corpo de profesorado dispón dunha mestra de Educación Infantil, 1 mestra de Educación Primaria, 1 mestra de PT e 4 mestres con especialidades en Educación Física, Música, Inglés e Relixión. O estudantado dispón dunha mestra de Educación Infantil, unha de Educación Primaria, unha mestra da especialidade de Pedagoxía Terapéutica, e catro mestres con especialidades en Educación Física, Música, Inglés e Relixión.

• Tres premiados no XXXIII Concurso da “Constitución”.

O edifico principal conta con 3 andares nos que se distribúen as diferentes aulas:

• Un finalista do concurso “Deseñe unha xoia para a túa nai”.

Na planta baixa atopamos o servizo de comedor, aseos, sala de informática e biblioteca, sala de mestres, aula de Educación Infantil, almacén, conserxería e dirección.

• Un finalista no concurso de redacción “Muralla de Lugo”.

Na primeira planta, as aulas de 1º e 2º, 3º e 4º, 5º e 6º de Educación Primaria, titorías, aseos, aula de psicomotricidade e máis a aula de actividades extraescolares. Na segunda planta, as aulas de música, inglés, plástica, titorías e aseos. Na parte dianteira do colexio atopamos unha ampla zona de recreo ao aire libre e na parte esquerda do edificio dispón dun campo cuberto para os días de choiva. Na parte traseira do colexio hai unha zona verde onde se atopan as randeeiras e o areeiro, así como o pavillón de deportes municipal e un campo de fútbol detrás do mesmo. Un colexio galardoado O Colexio de Castrelo de Miño caracterizase polo seu carácter proactivo. Acadou múltiples galardóns grazas á participación dos seu alumnado en concursos de diferente índole. 170

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

• O CEIP de Castrelo de Miño recibiu premio por partida dobre no 31 Concurso Escolar da ONCE “Persoas que pensan en persoas: outro xeito de facer”. Na fase provincial foron os cursos de 4º e 6º os que acadaron dous premios, mentres que na autonómica gañaron os rapaces de 6º de Primaria. • No concurso “Mellor periodista infantil e xuvenil” que convoca o Programa Prensa-Escola dúas alumnas conseguiron o primeiro e o segundo premio. • Catro rapaces e rapazas de 6º de Primaria acadaron o segundo premio no concurso do Parlamento de Galicia “En busca da igualdade”. Todos os estudantes do colexio acudirían pouco despois á nosa cámara. • Un alumno de 3º de Primaria conseguiu un dos premios do concurso “A que sabe o verán?” do supermercado Aquié de Ourense. • Participación no concurso de “Pintura Rural” de Feribeira.


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:16 Página 171

CULTURA E ENSINO

• Oito alumnos premiados no “Concurso de Tarxetas de Nadal” do Colexio de Economistas de Ourense. Un deles acadou o primeiro premio, sendo a súa tarxeta escollida como felicitación navideña do colexio profesional. • Primeiro premio no concurso sobre a Doazón da Xunta de Galicia. • Segundo premio no “Concurso de minirrelatos” de La Voz de Galicia a través de Facebook e no concurso “Mellor periodista infantil e xuvenil” tamén de La Voz de Galicia. • Tres primeiros premios no concurso de debuxo e narración “#PremiosManosUnidas 2016” de Manos Unidas e participación na VIII edición do “Concurso de Clipmetrajes”. • Concurso fotográfico e de poemas sobre a auga de La Voz de Galicia • Un primeiro e un segundo premio no “Concurso de Tarxetas de Nadal de A Infancia Misioneira”. • Premio finalista no “Concurso Giotto Eres tú” que consistiu nun premio económico en material escolar para o centro. • Dous alumnos premiados no concurso sobre os legumes e patrocinado polos amigos do Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago de Compostela. • No “Concurso de Redacción e Debuxo sobre o Estatuto de Autonomía de Galicia” foron tres os alumnos gañadores.

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

171


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:16 Página 172

CULTURA E ENSINO

Entrega do premio de pintura Fertiberia no CEIP de Castrelo de Miño Entre 15.000 participantes, unha alumna do CEIP Castrelo de Miño gaña a XXII edición do certame Fertiberia de Pintura Rural Infantil

Na mañá do13 de decembro de 2018, ás 12:30 horas tivo lugar no CEIP de Castrelo de Miño o acto de entrega do primeiro premio da XXII Edición do certame Fertiberia de Pintura Rural infantil á alumna Britney María Pintilii Pintilii de 3º curso. Entre outras autoridades asistiron á entrega o alcalde de Castrelo de Miño, D. Xurxo Rodríguez Méndez, a xefa territorial de educación Dna. María Luz Fernández acompañada do inspector de educación da zona, a delegada comercial de Fertiberia Dna. María Álvaro, a directora do colexio en representación da comunidade educativa e un pai membro do ANPA do centro. Durante o acto fíxoselle entrega a todos os alumnos dun diploma pola súa participación neste certame, así como unha mochila con material educativo por parte dos representantes de Fertiberia.

Britney María Pintilii recibiu unha placa conmemorativa e unha bolsa de estudos. Ao centro escolar, fíxoselle entrega dunha reprodución da pintura gañadora para que mostren na súa sala de exposicións, e un equipo multimedia educativa valorado, e á ANPA un cheque para a organización de actividades. O Certame, que ven celebrándose desde 1996, convoca a escolares de entre 6 e 10 anos, residentes en poboacións de menos de 25.000 habitantes e en provincias de interese agrícola. Os motivos das obras teñen que estar relacionados co mundo agrícola e o seu desenvolvemento. Nesta XXII edición, participaron preto de 15.000 nenos. As 3 obras premiadas este ano, corresponden a dúas nenas e un neno das localidades de Castrelo de Miño (Ourense), Paredes de Nava (Palencia) e Murillo de Froito (Navarra). Nas súas obras plasmaron o mundo rural con espontaneidade e forza nos seus trazos e cor, que é o que máis captou a atención do Xurado. 172

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:16 Página 173

CULTURA E ENSINO

Tres mozos de Castrelo ilustran un caderno de Mans Unidas Os traballos de tres mozos castrelominenses gañadores dos premios da loita contra a fame, que Manos Unidas outorgou o pasado ano, plasmáronse nun caderno posto á venda para recadar fondos. Naquela ocasión, os #PremiosManosUnidas 2016 recollían cinco categorías, dúas delas sendo gañadas por mozos de Castrelo: o de relatos e o de carteis para nenos e novos.

Nesta 14 edición, na modalidade de carteis para nenos e novos, Xoel López, alumno naquel momento de 6º de primaria do CEIP de Castrelo, recibía o premio cunha gratificación de 1.500 euros que debían ser dedicados a fins sociais, culturais ou solidarios. Con respecto á categoría de relatos para nenos e novos, as gañadoras da 14 edición foron Noa Pérez e Ainhoa Coucer, de 5º (neste momento, no último curso de Primaria), polos seus traballos “Poderías ti darme pan?” e “Un mal día?”, polos que recibiron tamén 1.500 euros a destinar aos mesmos fins. O cartel de Xoel ilustra a portada do caderno cun conxunto de mans entrelazadas que evocan a suma de forzas para a consecución da erradicación da pobreza. No centro, o resultado do que supoñería xuntar todas esas vontades para conseguir ese fin: alimentos para todos a través dunha distribución equitativa. Con respecto aos relatos, estes debían reflexionar acerca da situación na que viven máis de 800 millóns de persoas en todo o mundo, polo que os participantes terían que preguntarse que se podería facer para loitar contra a fame, o papel de Manos Unidas ante esta tarefa e o compromiso de cada un de nós. Noa Pérez repensou no papel das guerras e Ainhoa Couceiro comparouse cunha persoa verdadeiramente necesitada, reflexionando achega do desafecto que mostramos as persoas do primeiro mundo. Os traballos debían estar escritos en castelán dada a súa difusión estatal, e é por iso que o nome destas mozas e deste mozo, xunto co de Castrelo de Miño, aparecerá en calquera recuncho do Estado, máxime agora ao ilustrar un caderno de venda en toda España. Esta non é a primeira vez que alumnos e alumnas do CEIP de Castrelo de Miño son recoñecidos polos seus traballos en diferentes concursos. Tamén con Manos Unidas participaron con tres clipmetraxes para a oitava edición do Festival de Clipmetrajes, que busca concienciar das consecuencias que ten para todos o modo en que xestionamos os alimentos. Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

173


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:16 Página 174

CULTURA E ENSINO

O Castro de Santa Lucía Ata o verán de 2016, o castro de Sta. Lucía en Astariz (Castrelo de Miño) era un perfecto descoñecido a nivel arqueolóxico e patrimonial, a pesar de atoparse relativamente ben conservado (estructuras rupestres visibles) e inserirse nunha zona de grande valor natural (bosque de carballos e outras especies autóctonas como a sobreira, o loureiro, o érbedo ou a silvardeira) e paisaxístico (impresionantes vistas sobre o Miño). Esta situación ten cambiado radicalmente nestes tres últimos anos grazas á realización no castro de dúas campañas sucesivas de escavación arqueolóxica (agosto de 2016 e 2017), froito do convenio de colaboración asinado entre o Concello de Castrelo de Miño e a Universidade de Vigo ao abeiro de sendos contratos de I+D asinados entrámbalas dúas institucións.

Resultados da investigación Os resultados científicos e patrimoniais obtidos nestes proxectos de investigación (o último deles aínda en curso) son realmente moi importantes e certamente esperanzadores, tal como resumimos a continuación. Os labores de limpeza e desbroce (tala e retirada de especies arbóreas invasoras, como a mimosa) xunto coa realización dun voo fotogramétrico realizado desde dron posibilitaron a obtención dunha planimetría topográfica suficientemente precisa do castro, ata o momento soamente intuída: croa con grandes batolitos graníticos rodeada de varios aterrazamentos e recintos polo leste, oeste e sur. Nestas zonas foi onde se levaron a cabo as sondaxes e escavacións en área (sectores 1 a 8). As escavacións realizadas na terraza da croa permitiron constatar a existencia de varias estruturas construtivas (muros de ca174

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

chotería pétrea e/ou rebaixes na roca) e abondosos materiais mobles (cerámicas, vidros, bronces e moedas) pertencentes á etapa galaicorromana, desde mediados do s. I d.C. ata finais do V d.C. Destaca esencialmente a descuberta en S2 dunha típica cabana circular castrexa, moi ben conservada (muros de ata 1,5 mts.) e datada (moeda do emperador Claudio, ca. 50 d.C.), xunto con outras construcións anexas (unha calzada) de datación mais tardía (época tardorromana). En resume, temos na parroquia de Astariz un importante poboado galaicorromano do val medio do Miño, probablemente relacionado na súa primeira etapa (ss. I-III d.C.) coas explotacións auríferas das terrazas do río e mais coa produción vinícola das ladeiras (varios lagares rupestres na contorna), que pervive claramente ata a Antigüidade Tardía (ss. IV-V d.C.).


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:16 Página 175

CULTURA E ENSINO

As actuacións realizadas en 2018 dentro do proxecto de posta en valor, mellora da accesibilidade, sinalización e interpretación do castro de Sta. Lucía estiveron centradas tanto na contorna e accesos ao castro (acceso rodado ata Freás, camiños peonís desde A Cancela e Astariz), como no propio xacemento, onde se preparou o terreo para a e marcación do sendeiro de visita ao castro. Sinalizouse o acceso ao castro e colocaronse distintos paneis informativos e interpretativos, nos accesos e na entrada ao castro. A nivel turístico, o Castro e Santa Lucia é o último lugar en incorporarse á lista de lugares de interese do concello. Recibe visitas de grupos interesados na arqueoloxía e no mundo do viño polo existencia do primeiro lagar rupestre datado con precisión en Galicia. Durante as escavacións, na época estival, foron organizadas visitas guiadas e xornadas de portas de abertas (incluíndo un espazo expositivo onde se expuxeron as pezas atopadas ata o momento) que concentraron bastante público, tanto local como alleo. O propio Castro de Santa Lucia a pesar do seu curto percorrido como produto turístico xa atopou apoio por parte da Xunta de Galicia e foi presentado en Madrid na feira de Fitur destacando como o primeiro lagar rupestre datado con precisión en Galicia.

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

175


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:16 Página 176

CULTURA E ENSINO

Paneis informativos colocados na entrada do castro e nos accesos desde A Cancela e Astariz 176

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:16 Página 177

CULTURA E ENSINO

O lagar rupestre Este descubrimento axuda a constatar, sen lugar a dúbidas, que xa se producía viño na comarca do Ribeiro desde inicios da dominación romana da Gallaecia (S. I d.C.). A escavación revelou claramente a estrutura e detalles do lagar rupestre, descubríndose incluso a pedra de contrapeso e o pavimento de uso (terra pisada) coetáneo ao funcionamento do lagar. Non obstante, o mais interesante desta sondaxe foi o rexistro de varios contextos estratigráficos ben conservados e moi significativos que felizmente puideron ser datados con precisión, ben sexa polos achados mobles como, especialmente, polas dúas analíticas radiocarbónicas realizadas. Xa que logo, foi posible definir a cronoloxía de construción, uso e abandono do lagar, toda ela claramente incluída dentro do período romano: construído a finais do S. I ou inicios do S. II d.C., mantívose en uso durante aproximadamente dous séculos, ata finais do S. III ou inicios do S. IV d.C., momento en que é abandonado e amortizado. Estamos en consecuencia ante o primeiro lagar rupestre datado no Noroeste peninsular, e un dos poucos que conta con datacións en toda a península ibérica, de aí a súa importancia. Por outra parte, trátase dun lagar de tipoloxía caracteristicamente romana (viga de prensión accionada mediante parafuso sen fin suxeitado por contrapeso), avance tecnolóxico que se introduce no Noroeste xa desde unha temperá data e que axuda a constatar, sen lugar a dúbidas, que xa se producía viño na comarca do Ribeiro desde inicios da dominación romana da Gallaecia (S. I d.C.). O valor patrimonial desta descuberta é tal que excede con moito do habitual marco histórico-cultural do pasado, atinxindo tamén unha obvia transcendencia socioeconómica no presente. Para unha comarca como o Ribeiro, caracterizada por unha produción vitivinícola expansiva pero tradicional que supón a súa base económica principal, este lagar sen dúbida significa un considerable valor engadido, un importante elemento diferencial do que carecen outras rexións vinícolas similares do noroeste peninsular.

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

177


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:16 Página 178

CULTURA E ENSINO

Exposición do Camiño Miñoto-Ribeiro Castrelo de Miño inaugurou o 5 de marzo na Sala TurCastrelo (Parque Náutico de Castrelo, 1º andar) a exposición itinerante “Queremos SaudArte dende o Camiño Miñoto-Ribeiro”, dedicada ao camiño que uniu séculos atrás Portugal con Santiago a través do Ribeiro. Ao acto acudiron o alcalde, Xurxo Rodríguez, a comisaria da exposición, Lourdes Maceiras, a historiadora Lili Freijido, varios artistas participantes e veciños de Castrelo. Con esta mostra, Castrelo seguiulle a testemuña a municipios veciños como Cortegada ou A Arnoia, por onde tamén pasaban os peregrinos que se dirixían a Compostela, consignando 40 obras de arte que rememoran a natureza, o camiño e a cultura relixiosa. A comisaria da exposición, Lourdes Maceiras, recalcou que o carácter itinerante responde a unha reivindicación que da man dunha asociación –e, recentemente, de varios municipios, entre os que se atopa Castrelo– buscan un achegamento das institucións co fin de que o Camiño Miñoto-Ribeiro sexa recoñecido camiño oficial, camiño xacobeo. Por iso, durante tres meses Castrelo, coñecedor doutra realidade á hora de chegar a Santiago, expón obras de diversos autores, na súa maioría médicos, e tamén de artistas locais, como Horacio Paz. Entre todos, forman Queremos SaudArte con fotografías, tegulas, pedras, madeiras, instrumentos musicais e lenzos. O concello aproveita este motivo para potenciar o camiño e os seus recursos. Así, emprenderanse actuacións de limpeza e acondicionamento do tramo en Castrelo para organizar andainas e, especialmente, para a súa conservación futura para fomentar o patrimonio entre os cidadáns. Ademais, organizaranse charlas e visitas non só á exposición, senón tamén ao traxecto do camiño, entre outras actividades.

5 quilómetros por Castrelo O Camiño Miñoto-Ribeiro parte de Lobios, na provincia de Ourense, e transcorre polas comarcas de Baixa Limia, por Portugal, O Ribeiro, Carballiño e polas provincias de Pontevedra e A Coruña. 178

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:16 Página 179

CULTURA E ENSINO

Encádrase como un dos máis antigos camiños de peregrinos e de comercio, por iso, o concello aproveitou a ocasión de recoñecer este esquecido camiño no seu conxunto; con todo, quixo ter moi presente os aproximadamente 5 quilómetros que transcorren polo noso municipio. Investigando a localización do tramo chegouse á conclusión de que este comezaba no límite municipal actual con Arnoia, á altura de Coto Novelle, onde se atopa o conxunto arqueolóxico de Reigoso, seguindo camiño cara dito lugar para descender ata A Ponte. O feito de que os peregrinos quixesen atravesar Castrelo desde os 116 metros de altitude de Arnoia ata os 704 de Coto Novelle para descender, de novo, ata os 105 do lugar da Ponte para cruzar o río pola ponte medieval ten explicación. En efecto, poderían aproveitar o camiño natural pola ribeira do Miño, con todo, dedúcese que aqueles optaban por esa zona dados os lugares de culto que existían, a súa advocación e a súa tradición histórica. Unha vez no lugar da Ponte, dirixíanse a Santa María onde, previsiblemente, os peregrinos descansarían e acudirían ás termas de O Diestro para curar as súas doenzas. De feito, existen estudos que defenden que o camiño era frecuentado por leprosos, de aí o seu illamento. As termas datan de época romana e actualmente atópanse en estudo para recuperalas e recoñecer as súas augas como mineromedicinales, a pesar de que sufriron grandes danos coa construción da presa a mediados do século pasado. En zonas cubertas polo río atópanse máis surxencias, hoxe non visibles dada a modificación que sufriu a canle do río Miño polo anteriormente mencionado. Á beira das termas aínda poden contemplarse os restos dunha antiga ponte, posiblemente romana e reconstruída en época medieval, que utilizarían para cruzar as augas do Miño, ata que a mediados do século XVI unha crecida destruíuno. Desde aquel momento, empregaríanse barcas ata a construción da nova no século XX. A exposición mantense aberta ata o 5 de xuño, de balde ao público, de luns a venres en horario de 10:30 a 13:30, con posibilidade de visitala noutras horas reservándoo no 988 493 000.

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

179


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:16 Página 180

CULTURA E ENSINO

O concello apoia a tradición teatral de Castrelo de Miño O Obradoiro municipal de teatro estreou a súa oitava obra consecutiva e continúa cunha tradición iniciada hai 26 anos en Prado de Miño. O sábado 14 de xullo de 2018 a asociación cultural O Penedo da Forca organizou en Prado de Miño a 26 edición da cea do carme, unha noite de irmandade entre a veciñanza onde o teatro é o gran protagonista. No ano 1992 a mocidade de Prado de Miño decidiu organizarse e constituir unha asociación cultural, O Penedo da Forca. Desde aquela data foron centos as actividades culturais organizadas durante estes 26 anos. Pero se algunha delas destacou sobre as demais, foi a recuperación das festas tradicionais do pobo de Prado de Miño e a recuperación da tradición teatral aínda viva entre os veciños desta aldea de Castrelo de Miño. Esta aldea aínda conservaba a comezos do século XX un pequeno curral de comedias onde os veciños representaban as súas propias obras de teatro. Froito deste interese pola nova asociación cultural en recuperar esta tradición, nacía en 1992 esta xornada de convivencia e cultura entre os veciños e veciñas que se celebra ininterrumpidamente desde aquela data: Cea do pobo e Obra de teatro representada polos propios veciños e veciñas.

2012

2011

2014

2013 180

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:16 Página 181

CULTURA E ENSINO

Oito obras de teatro consecutivas desde o ano 2010 No ano 2010 o Concello de Castrelo de Miño, decidiu apostar tamén por esta actividade cultural tan senlleira, e coa colaboración da asociación cultural O Penedo da Forca, creouse o Obradoiro Municipal de Teatro de Castrelo de Miño. Deste xeito, veciños e veciñas do resto do concello tamén se sumaron a esta iniciativa cultural. O concello facilita dende entón un local de ensaios e unha profesora de teatro que se encarga da formación, os ensaios e dirección das obras de teatro. Tamén se fai cargo dos gastos escénicos e de montaxe da gran estrea que se realiza todos os anos coincidindo coa cea do carme a mediados do mes de xullo, e cos gastos das representacións que se realizan posteriormente noutras localidades de Castrelo e noutros concellos da provincia.

2015

2016

2017

2018 Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

181


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:16 Página 182

CULTURA E ENSINO

Obradoiro de iniciación ao audiovisual: A Viña do Ferrado O Concello de Castrelo de Miño organizou o obradoiro Cinem-Art de iniciación ao audiovisual durante o mes de outubro de 2017 dirixido á mocidade do municipio.

Un taller teórico-práctico na que os alumnos/as aprenderon cómo se realiza unha produción cinematográfica. Foi deseñado por profesionais do mundo audiovisual co obxetivo de dotar ós alumnos/as coas técnicas e ferramentas elementais de cómo realizar un filme, xa sexa curtametraxe ou longametraxe, coñeceron as etapas que compoñen a rodaxe e gravaron a súa propia produción, unha curtametraxe. Comezando pola idea e a escritura do guión, seguindo polo desglose e planificación, o ensaio, a rodaxe e rematando pola posprodución e presentación da curta. A viña do ferrado foi o resultado do Obradoiro de Iniciación ó Audiovisual Cinem·art 2017 producido, escrito e dirixido pola mocidade do noso concello coa supervisión do castrelominense Óscar Doviso, Adrián González, Mariana Romero e Olalla Moreiras. Unha historia de dez rapaces que se deixan levar pola codicia e, sen sabelo, métense na boca do lobo. A estrea da curtametraxe “A Viña do Ferrado” foi o sábado 23 de decembro de 2017 ás 19 horas no salón de actos do Concello de Castrelo de Miño. 182

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:16 Página 183

CULTURA E ENSINO

Curtametraxes de Óscar Doviso Dentro do Programa de Cinema de Castrelo de Miño proxectáronse tres curtos do director Óscar Doviso (Ourense 1978) no Salón de Actos da Casa do Concello. DesQue (2012), Sen motivo aparente (2014) e O Rebelde (2016) son as tres curtametraxes cos que conta Doviso, que presentou recentemente o seu último, O Rebelde, o pasado ano na 21 Edición do Festival de Cinema Internacional de Ourense. Tras o visionado, o director mantivo unha charla-coloquio cos espectadores. Para Doviso que Castrelo de Miño visione as súas tres curtametraxes significa “unha retrospectiva moi especial”. Esta non era a primera vez que viña a Castrelo, xa que parte da súa familia materna é da aldea de Freás. De feito, o seu primeiro curto,

DesQue, foi gravado en Hervillón, aldea abandonada en Astariz, e elixida pola súa atractiva paisaxe. Doviso recoñece que xa non pasa en público este curto, do que destaca a carencia de medios para realizalo; con todo, fixo unha excepción para os veciños e veciñas de Castrelo. Óscar Doviso, ademais de director, guionista e actor, foi operador de cámara, programador de contidos e, actualmente, é xerente da produtora ZinemusiK Producións. De entre os seus traballos podemos atopar, ademais de curtametraxes dirixidas por el mesmo, ao propio Doviso como actor (ademais de en algúns dos seus propios curtos, en Trece badaladas, Conta atrás ou Ilegal), como director de vídeo-books ou como auxiliar de produción.

As curtametraxes de Doviso. DesQue (2012), de 20 minutos, escrita, dirixida e protagonizada por Óscar Doviso, ten lugar nun bosque no que cada día espértase Marcel sen que atope saída a esa situación. Despois de pasar un tempo deambulando atopa ao seu amigo Xabi, que se atopa tamén aparvado e desorientado, do que pretenderán saír desa paraxe e seguir coas súas vidas. Trátase da súa primeira curtametraxe, da que garda bo recordo, “especialmente por como puido saír unha boa idea con só un ordenador e unha cámara de fotos”, sostén Doviso. Sen motivo aparente (2014), de 12 minutos, escrita, dirixida e producida por Doviso, presenta varias historias a través de conversacións que acontecen nunha cafetería. Este curto foi selec-

cionado en multitude de actos como exemplo de micromachismos, pola perspectiva coa que enfoca a violencia de xénero. De feito, levou ao director a dar charlas a través do seu guión. A súa última curtametraxe, O Rebelde (2016), de 15 minutos, recrea o alzamento de Pascua en Irlanda de 1916, considerado o punto de partida da independencia do país. O Rebelde, que é a primeira ópera-rock creada en Galicia, presenta ao líder dos rebeldes do alzamento, Patrick Henry Pearse, a través do lado máis humano do personaxe. Doviso recoñece o complicado que é resumir o papel de Pearse nun cuarto de hora, pero que o resultado termina por convidar o espectador a querer saber máis da guerra. Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

183


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:16 Página 184

CULTURA E ENSINO

Aldea Vella, unha actividade de Samaín No ano 2015 o concello comezou a organizar unha actividade para o Samaín. Nese primeiro ano organizouse unha pasaxe do terror nas instalacións do albergue municipal. Foi tal o éxito que no ano 2016 buscouse unha nova e maior ubicación na aldea vella de Astariz. E así xurde Aldea Vella. É tal o éxito e a implicación na actividade da propia veciñanza de Astariz, que o Concello de Castrelo de Miño colabora con eles os seguintes anos na organización da pasaxe do terror nocturna os días 31 de outubro de cada ano pola aldea de Astariz. Unha actividade de gran éxito de asistencia á que se achegan tanto maiores como cativos, e que cada ano incorpora novidades, coma a visita de medo a adegas Celme en 2018. Para fomentar a participación o concello tamén organiza obradoiros de decoración de cabaciñas, maquillaxe e disfraces para os máis cativos no centro de día de Vide e durante a feira do mes de outubro. MOSTRA DE CURTAMETRAXES DE TERROR Unha das novidades do ano 2018 foi a mostra de curtametraxes de terror que tivo lugar no Centro Social de Astariz, tamén chamado no seu momento “teleclube” e que con esta actividade en certo modo honra ao seu pasado. Proxectáronse 11 curtametraxes chegadas de todo o estado, e o premio do público do Aldea Vella · Mostra de Curtas de Terror 2018, recaeu en Medos, de Germán Sancho.

184


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:16 Página 185

CULTURA E ENSINO

Festa de reis o 6 de xaneiro Todos os anos, na tardiña do 6 de xaneiro cargados de ilusión, de maxia e de agasallos para os pequenos de Castrelo, os reis fixeron parada no noso pobo coas súas carrozas acompañados do seu cortexo de paxes, de bo ambiente e de música. As súas maxestades partiron da ponte en Santa María, pasando por Barral e Prado, ata o pavillón en Astariz, onde se atoparon a todos os nenos que esperaban por un agasallo, caramelos, chocolate e rosca de reis para completar a tarde máis máxica do ano. A súa vez, outra delegación de paxes percorreu as rúas de Macendo para repartir caramelos entre os pequenos que por alí se atopaban. O mesmo día, varios mozos dirixíronse á Vivenda Comunitaria para festexar o día cos nosos maiores, aos que lles cantaron panxoliñas, levaron regalos e caramelos e comeron o típico roscón.

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

185


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:16 Página 186

CULTURA E ENSINO

Actividades culturais e de lecer O Concello de Castrelo de Miño leva 12 anos apostado por unha dinamización cultural ao servizo dos veciños e veciñas, buscando tamén a súa implicación. Para ocupar o tempo de lecer con actividades lúdicas, pero que ao mesmo tempo sexan tamén enriquecedoras. Esta aposta decidida foi tamén un revulsivo social, e xurdiron múltiples iniciativas organizadas por novas asociacións veciñais que son tamén apoiadas e respaldadas polo goberno municipal, dende organización de festas parroquiais a actividades de promoción cultural.

O CINE VOLTOU A CASTRELO Na reformada Casa do Concello, o novo salón de actos municipal foi equipado cunha sala de proxección para realizar actividades cinematográficas. Nos últimos catro anos proxectáronse filmes de todas as temáticas e para todas as idades. Con xornadas adicadas á infancia, ás curtametraxes…

O Concello de Castrelo de Miño participa desde hai máis de 10 anos en distintos circuítos culturais que permiten asistir aos veciños e veciñas, no propio municipio e en distintas parroquias, a representacións teatrais, actuacións de maxia, monólogos, actuacións con monicreques e marionetas e moitas e variadas manifestacións culturais. De seguido só un pequeño exemplo:

CASTRELECER Castreler é un programa de actividades de lecer cultural e deportivo, no que nos meses con maior número actividades, como pode ser durante a primavera, o verán e o nadal, faise unha planificación previa entre todas as concellerías do goberno municipal para organizar a totalidade de actividades do mes en curso, recollendo tamén e encaixando as actividades culturais e de lecer organizadas por asociacións e veciños do concello. Isto permite no mes previo ter unha visión da totalidade das actividades e axudar a difundir dentro e fóra do concello as actividades culturais municipais e veciñais

186

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

VISITA DA FEDERACIÓN DE ASOCIACIÓNS DE PERSOAS XORDO/CEGAS DE GALICIA. O 18 setembro de 2015 o concello de Castrelo de Miño recibiu a visita da Federación de Asociacións de Persoas Xordo/Cegas de Galicia, voluntarios e persoas en risco de exclusión. Aloxáronse no albergue, desfrutaron do entorno e visitaron as nosas adegas. Un total de 36 persoas descubriron a nosa zona, coa que quedaron encantados e prometeron volver.


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:16 Página 187

CULTURA E ENSINO

VISITA DA ASOCIACIÓN MENORIA ETIOPÍA.

SUMMER CAMP CAMPAMENTO DE INGLÉS

Menoria é unha asociación de familias adoptantes en Etiopía que actúa como nexo de unión entre as familias que xa adoptaron, promove a integración dos nenos e nenas en Galicia e informa ás persoas que inicien procesos de adopción en Etiopía. O nome da asociación “Menoria” é unha palabra que ven do Amarico (lingua maioritaria en Etiopía) e que siginifica fogar. En outubro de 2015 desfrutaron de distintas actividades, deportes náuticos, visitas as adegas, á feira mensual, visitas á vila de Ribadavia e camiñatas pola contorna e aloxáronse no albergue municipal.

Os anos 2015 e 2016 realizouse un campamento en lingua inglesa, organizado por Intensive Learning, para nenos e nenas entre 10 e 16 anos no Parque Náutico, con aloxamento no albergue.

CELEBRACIÓN DO DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO ANDAINA SOLIDARIA Co gallo da celebración do Día do Neno en 2016 o Concello de Castrelo de Miño organizou co Consello Infantil do municipio unha andaina solidaria a prol de UNICEF. Unha camiñata que saiu do Pavillón Municipal de Deportes e na que os participantes puideron percorrer as beiras do Miño e mailos montes da parroquia de Astariz.

A comunidade educativa do colexio de Castrelo de Miño celebrou o 24 de febreiro de 2016 o día de Rosalía de Castro. Realizaron lecturas de poemas de Rosalía de Castro polo alumnado do centro e o concello contratou a realización dun graffiti conmemorativo feito polo artista ourensán Mon Devane.

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

187


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:16 Página 188

CULTURA E ENSINO

SEGURIDADE VIAL. O colexio de Castrelo de Miño foi escenario, o 19 de Xaneiro de 2016, da xornada de Educación Vial que organiza o Servizo Provincial de Emerxencias. Realizaronse charlas educativas de Educación Vial orientadas ao alumnado e impartidas polo persoal da Xefatura Provincial de Tráfico e realizouse un circuíto de Educación Vial no patio do centro e no que os alumnos e as alumnas, circularon coas súas bicicletas e patíns e aprenderon tanto as sinais como coñecementos básicos de Eduación Vial.

ONTE E HOXE – agosto de 2018 Cancións en galego de onte e hoxe no parque náutico

SOLPORES NO NAUTICO – todos os xoves de verán Concertos de música organizados polo restaurante náutico de Castrelo

CORAL DE RUADA – decembro de 2018 Actuación no auditorio do Concello

SERXIO PAZOS – xuño de 2017 Monólogo “Afiando con humor” no auditorio do concello OS BOLECHAS – setembro de 2017 Representación da obra “De chispa a Tatá” no salón de actos do parque náutico

188

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:16 Página 189

CULTURA E ENSINO

ORFEÓN CANTIGAS DE SEIXO día da nai de 2017 O orfeón da agrupación agromadas de Seixalbo actuou no auditorio do concello

OS PINTORES NON TEÑEN RECORDOS – xaneiro de 2017 Representación do obradoiro municipal no auditorio do concello

OBRADOIRO DE TEATRO EN RUTA-

CARMIÑA MUIDIÑA – decembro de 2016

marzo de 2017 Representación na Pobra de Trives do obradoiro municipal, froito da colaboración cultural entre os concellos de Trives e Castrelo.

Teatro na escola – A pinga que quería ser científica no CEIP Castrelo de Miño

OBRADOIRO DE CABAZAS PARA O SAMAÍN – outubro de 2016 MEIGAS TRIBAL – febreiro de 2017 Danza tribal oriental sobre os embarcadoiros do parque náuticos

Na feira de Castrelo no parque náutico

LEMBRANZAS MOAÑESAS

TEATRO EN MACENDO

febreiro de 2017 Concerto de habaneras, boleros e cancións mariñeiras no auditorio do concello

decembro de 2016 Representación do obradoiro municipal de teatro no centro sociocultural de Macendo

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

189


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:16 Página 190

CULTURA E ENSINO

UNHA FEIRA DE MAXIA

TEATRO EN MACENDO

agosto de 2016 Na feira de Castrelo no parque náutico, con Álvaro Muras

novembro de 2015 Representación do obradoiro municipal no centro sociocultural de Macendo

TEATRO BARBAÑÁ

MAXIA EN MACENDO agosto de 2015 Obradoiro de maxia co mago Deimi no centro sociocultural de Macendo

marzo de 2016 Representación da obra “Aproximación á muller nociva”

ACTUACIÓN DO FOLIÓN DO TAMEIRÓN xaneiro de 2016 Pasarrúas pola avenida do concello e a feira mensual.

CORALIÑA DE TRIVES decembro de 2015 Actuación froito da colaboración entre os concellos de Trives e Castrelo no auditorio do concello

FESTA DA ESCUMA xullo de 2018 No parque náutico

190

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:16 Página 191

CULTURA E ENSINO

NOITE DE TEATRO EN PRADO

ACTIVIDADES DE RECICLAXE

xullo de 2017 Estrea da obra anual do obradoiro municipal de teatro de Castrelo de Miño

setembro de 2018 Separa con xeito, campaña informativa de sogama no parque náutico

XORNADAS DE MICOLOXÍA outubro de 2015 Xornada formativa, saída ao monte e clasificación no salón de actos do albergue

TALLER DE PINTURA DE CANTOS RODADOS marzo de 2019 No salón de actos do albergue

ACTUACIÓN MUSICAL EN CONTRA DA VIOLENCIA DE XÉNERO Novembro de 2018 No salón de actos do parque náutico con marUxía

ENKA DANZA 27 de maio de 2018 Danza oriental no salón de actos do parque náutico

E moitas outras, imposibles de enumerar, entre elas: bailes de salón, excursión ao balneario de Cortegada, clases de ioga, cursos de iniciación nas artes marciais, obradoiros de risoterapia, presentación de “Haikus y (Paréntisis)” de Jaime Moreda Santamaría, presentación de “A palabra xusta”, charla de Xesús Manuel Valcárcel sobre Carlos Casares e a xeración dos 60, xornadas de hábitos saudables, excursión anual de todos os rapaces a Pazolandia, festa de hinchables na piscina, concertos, representacións teatrais… Castrelo é cultura. Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

191


CASTRELO INFORMA 3_101.qxp_Maquetación 1 21/3/19 9:16 Página 192

Directorio municipal do Concello de Castrelo de Miño Oficinas Municipais da Casa do Concello

Avda. do Concello, 18 • Barral • 32430 Castrelo de Miño: Teléfono xeral de atención ao veciño: 988493000 Fax: 988493100 • Email: concello@castrelo.org Horario de atención ao público: De luns a venres de 08:00 a 15:00 horas.

Medios de comunicación oficiais do Concello de Castrelo de Miño Web do Concello: www.castrelo.gal Web de Turismo: www.castrelo.mobi Web de Videos de Castrelo: www.castrelo.tv Web de Fotografías Antigas: www.memoriadecastrelo.org Facebook Oficial do Concello: www.facebook.com/concellodecastrelo Twitter Oficial do Concello: www.twitter.com/Castreloinfo

Teléfonos: Casa do Concello: Teléfono: 988493000 • Fax: 988493100 Email: concello@castrelo.org Centro Cultural Castrelo.INFO Biblioteca, Aula cemit, Espazo muller Teléfono: 988493225 Horario de luns a venres de 16.00 h a 20:00 h. Residencia-Vivenda Comunitaria para os maiores: 988489215 Casa niño “Os paxariños” 671467937 Albergue Municipal: 988493127 Colexio Público CEIP Castrelo de Miño: 988489090 Piscina Municipal (en temporada de verán) Tlf: 629035633 Catamaran Turístico Municipal (en temporada de verán) Tlf: 647212228


Castrelo informa 3 portada.qxp_Maquetación 1 21/3/19 13:19 Página 2

Sumario CASTRELO ATENDE

33 Construción dun novo velorio en Castrelo de Miño

4

Atención e información na Casa do Concello

6

Nova web Castrelo.gal

35 Castrelo concilia no verán

7

Sede electrónica

7

Castrelo Xestiona

36 Castrelo de Miño adhírese ao Programa de vivendas baleiras

8

Servizo municipal de augas

9

Servizo municipal de iluminación pública

10 Servizo municipal de recollida de animais abandonados 11

Servizo municipal de recollida de lixo

14 Recollida gratuíta de voluminosos a domicilio 14 Punto limpo de Carballiño BENESTAR E SERVIZOS SOCIAIS 16 Servizos sociais e benestar 17 Unidade de Traballo Social 19 Usuarios dos servizos sociais 21 Lonxevidade 22 Vivenda comunitaria para os maiores

34 Día da muller

FORMACION E EMPREGO 38 Xornada de clausura do Programa Aurora 40 Curso de atención sociosanitaria 41 Programa integrado de emprego “Ribeiro do Miño” 2015 42 Obradoiro de emprego “A Ribeira” 2016-17 43 Obradoiro de emprego xuvenil “Resinas do Avia – Miño” 2018-19

26 Dúas Casas do Maior en Castrelo de Miño

47 Competencias Clave 48 A UNED impartiu un curso universitario en Castrelo de Miño

28 Servizo de educación familiar

32 Mellora na accesibilidade no Centro de Saúde e no Parque Náutico

Castrelo informa Número 3 • Primavera 2019 Edita: Concello de Castrelo de Miño Deposito Legal: OU 87-2019

66 Restauración de fontes de auga pública PROMOCIÓN VITIVINÍCOLA E DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO 68 Ribeiro Blues Wine Festival

76 Cata de viños da revista Parker

46 Novo servizo de orientación laboral

31 Castrelo de Miño, un exemplo en medidas de conciliación e corresponsabilidade

65 O concello de Castrelo de Miño gáñalle a Red Eléctrica de España un contencioso de 130.000 euros

45 Cursos de aplicador e manipulador de produtos fitosanitarios

24 Casa niño, un novo servizo para a infancia

30 II Plan de Igualdade de Oportunidades

64 O concello de Castrelo de Miño reclama e recupera 54.000 ¤ facturados erroneamente por Gas Natural Fenosa

74 Viñodiversidade

23 Humanización da contorna da Vivenda Comunitaria

29 Escola de familias

63 Renovación integral do servizo municipal de iluminación pública

44 Formación Profesional Dual en Carpinteria

45 Información sobre a renovación do carné de aplicador de productos fitosanitarios

27 Castrelo Móvese por ti: BusCastrelo

62 Melloras no sistema de abastecemento de auga potable

OBRAS E INVESTIMENTOS PÚBLICOS 50 Castrelo contará este ano cunha renovada ponte sobre o Miño 54 Mellora da estrada OU-404 55 Reparacións na estrada OU-304

Servizo municipal de augas

Emerxencias

Avarías • Días laborables de 8:00 h a 15:00 h Tlf 988 511 775 • Días laborables a partires das 15:00 h e días festivos Tlf 680 589 371 Servizo administrativo (xestións, queixas e reclamacións) Atención presencial • En Castrelo de Miño, na casa do Concello os días 10 e 30 de cada mes (se coinciden con un sábado, domingo ou festivo, pasaría ao seguinte día hábil) • En Ourense, nas Oficinas de Aquaourense en Rúa Avilés de Taramancos, nº 4, 32002 Ourense

Emerxencias Galicia: 112 (teléfono recomendado para calquer tipo de emerxencia) Garda civil cuartel de Ribadavia: 988470027 Garda civil: 062 Protección Civil Castrelo de Miño: 664467124

75 Poesía, maxia e viño 77 Castrelo acolle unha cata de viños doces 78 Presentación dos viños dos colleiteiros do Ribeiro

Recollida de animais abandonados: Tlf 608 762 695 Operativo as 24 horas

79 Plan de defensa contra os incendios forestais

Taxis Municipais:

80 Reestruturación parcelaria

Taxi Otto Cadaya: 607 853 022 Taxi e autocares Benigno: 988 489 093 - 619 753 516

81 A asociación de produtores de aceite de oliva de Galicia reuniuse en Castrelo de Miño 82 O lagar rupestre de Castrelo incluído no mellor libro de historia do viño do ano 2018 83 Dez anos de Feira en Castrelo 84 Castrelo Sabe 85 O viño e a gastronomía de Castrelo na Feira Xantar de Ourense CONCELLO EN REDE

Servizo de recadación: Imposto de Bens Inmobles (IBI) e Impostos de Vehículos de Tracción Mecánica (IVTM)

• Solicitude de queima de restos agrícolas: No teléfono 012 ou na web http://emediorural.xunta.es/queimasweb/ • Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro: 988477200 • Oficina Agraria Comarcal de Ribadavia: 988470963

Saúde e sanidade: • Centro de Saúde de Castrelo de Miño (Paradela) Tlf 988493007 Fax 988493280 • Consultorio Médico de Prado de Miño: 988489048 • Telefono de CITA MÉDICA no SERGAS: 988398409 (número máis barato) 902077333 (número con sobrecuste na chamada), ou na web www.sergas.es

Transporte: Catoure S.L. RIBADAVIA Praza Maior nº 5 • Tlf 988470516 ribadavia@catoure.com Catoure S.L. OURENSE Rúa Noriega Varela, 6 baixo. Tlf 988226214 info@catoure.com

56 Arranxo da estrada A Cancela - Celeirón

88 Castrelo, Cidade Amiga da Infancia

57 Plan municipal de mellora de infraestruturas

89 Visita da presidenta de UNICEF Galicia a Castrelo de Miño

Taxa da xestión integral do ciclo da AUGA, e taxa do LIXO

61 Un convencio entre Concello e Xunta permitiu eliminar 23 vertedoiros incontrolados

90 O Consello Infantil de Castrelo de Miño realiza visitas institucionais

Deputacion Provincial de Ourense Rua Progreso 32, 32003 Ourense Tlf 988385183

91 Castrelo, cidade saudable

Medio rural:

Servizo de Transporte Municipal Castrelo Móvese por ti: 988493000 (Chamar para reservar de 09:00 a 11:00 horas de luns a venres)

LIXO - Recollida de voluminosos Presentando unha solicitude nas oficinas municipais ou chamando ao 988 493 000, o concello recolle no propio domicilio dos veciños os seguintes voluminosos: mobles, colchóns, voluminosos de madeira, material electrónico, electrodomésticos de liña branca (lavadoras, secadoras, conxeladores, etc.), electrodomésticos de liña marrón (televisores, vídeos, cadeas de música...),etc... Servizo incluído na taxa de recollida do lixo. Sin coste a maiores.


Castrelo informa 3 portada.qxp_Maquetación 1 21/3/19 13:19 Página 1

PRIMAVERA 2019

BOLETÍN DE INFORMACIÓN MUNICIPAL DO CONCELLO DE CASTRELO DE MIÑO

Avenida do Concello, 18. 32430 Castrelo de Miño. Ourense. Galicia Tlf: 988 493 000 • Fax 988 493 100

PR IMAVE RA 2019

www.castrelo.gal • concello@castrelo.org

3

NÚMERO 3


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.