Programa Aurora Castrelo de Miño

Page 1

Programa Aurora libro impo.qxp_Maquetaci贸n 1 18/8/15 15:20 P谩gina 1


Programa Aurora libro impo.qxp_Maquetación 1 18/8/15 14:29 Página 2

Índice 1

Saúdo do Alcalde

2

Ficha técnica do Proxecto

3

Que é o Programa Aurora?

4

Que obxectivos ten?

5

Perfil e características das mulleres participantes

6

Actividades realizadas

7

Colaboración con outros/as profesionais e entidades da comarca

8

Atención individualizada e adaptada a cada muller

9

Os resultados

DATOS DO PROGRAMA Nome: PROGRAMA AURORA Realiza: Concello de Castrelo de Miño Promove: Instituto da Muller e para a Igualdade de Oportunidades. Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade. Cofinancia: Fondo Social Europeo Data de inicio: 05/09/2014 Data de fin: 30/09/2015 Empresa encargada da asistencia técnica: Atelier SOCIAL s.l.

Edita: Programa Aurora Concello de Castrelo de Miño Depósito legal: OU 199-2015

2

Programa_Aurora


Programa Aurora libro impo.qxp_Maquetación 1 18/8/15 14:29 Página 3

Xurxo Rodríguez Méndez Alcalde do Concello de Castrelo de Miño

O Programa Aurora foi unha aposta realizada polo concello de Castrelo de Miño para mellorar a calidade de vida, a través dunha maior cualificación para o emprego, daquelas mulleres que vivindo no ámbito rural tiñan maiores dificultades para a inserción laboral. Foi tamén un compromiso a prol da formación e do emprego para asentar poboación, para vivir no rural e para traballar na nosa terra. E foi tamén o xeito de implicarse o concello para fomentar a autoestima e a confianza necesaria para que as mulleres se convirtan en protagonistas activas do seu propio proceso de inserción social e laboral. Un ano despois de ter comezado, é hora de facer balance e preguntármonos se mereceu a pena o esforzo. É esa tamén a intención desta publicación que editamos e na que recollemos unha parte do inmenso traballo realizado ao longo destes doce meses. A conclusión non pode ser máis que positiva. Foi un traballo serio, organizado e ben feito, no que participaron 34 mulleres e que permitiu a incorporación ao mercado laboral dun tercio das participantes. É tamén destacable que daquelas participantes que xa tiñan emprego cando comezaron o programa, a metade acadaron unha mellora nos seus postos de traballo. Sen esquecer que todas elas ampliaron e melloraron a súa formación ao acadaren distintas titulacións e certificados durante o programa, o que permite que hoxe teñan novas oportunidades laborais por diante, e preto das súas casas. Sen esquecer tampouco ás empresas asentadas en Castrelo de Miño, e ao propio concello que grazas a este programa contan tamén cunha bolsa de emprego de persoal cualificado e coa formación necesaria para poder contratar e realizar os traballos específicos necesarios. Ao remate deste programa Aurora promovido polo concello de Castrelo de Miño co apoio do Instituto de la Mujer do Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad, e cofinanciado polo Fondo Social Europeo, honestamente podemos dicir que aportamos outro gran de area para continuar mellorando o noso concello grazas á cooperación sincera entre a administración local, estatal e europea. Dados os éxitos acadados, os resultados obtidos e o nivel de satisfacción das participantes coas actividades realizadas, non queda máis que agardar que estas colaboracións intelixentes se repitan en vindeiras ocasións. Polo ben das nosas veciñas e veciños.

Programa_Aurora

3


Programa Aurora libro impo.qxp_Maquetación 1 18/8/15 14:29 Página 4

Que é o Programa Aurora? Un dos obxectivos fundamentais do Instituto da Muller é promover o acceso das mulleres aos dereitos sociais, económicos e laborais. Neste marco, dende o Instituto propícianse diversas actuacións co fin de facilitar a inserción social e laboral das mulleres, especialmente daquelas que teñen menores oportunidades, como é o caso das que viven no ámbito rural, xa que a falla de infraestruturas e servizos fai máis difícil a súa participación social e laboral. Por iso, o Instituto da Muller, en colaboración co Concello de Castrelo de Miño, levou a cabo o Programa Aurora, que está cofinanciado polo Fondo Social Europeo a través do Programa Operativo “Loita contra a Discriminación” dos Marcos Comunitarios de Apoio para o período 2007-2013.

4

Programa_Aurora


Programa Aurora libro impo.qxp_Maquetación 1 18/8/15 14:29 Página 5

O programa Aurora ten como obxectivos mellorar a calidade de vida das mulleres que viven no ámbito rural e que teñen maiores dificultades para a inserción laboral, a través dunha mellor cualificación para o emprego: Fomentando a autoestima e a confianza necesaria para que as mulleres se convirtan en protagonistas activas do seu propio proceso de inserción social e laboral Facilitando a información e asesoramento para a definición dun perfil profesional que teña en conta as necesidades de cada muller e a demanda laboral da zona. Promovendo a incorporación e promoción no emprego cunha formación profesional ocupacional vinculada aos ocos de mercado da zona. Fomentando, formando e asesorando as iniciativas empresariais. Apoiando a creación e consolidación do tecido asociativo en colaboración con diferentes asociacións de mulleres e entidades públicas e privadas.

Programa_Aurora

5


Programa Aurora libro impo.qxp_Maquetación 1 18/8/15 14:29 Página 6

As fases do programa O Programa Aurora do Concello de Castrelo de Miño foi executado en dúas fases diferenciadas: A primeira fase: Atendéronse todas as solicitudes de información a través de entrevistas individuais e se foron abrindo expedientes de participación. Unha vez formado o grupo de participantes, comezou o traballo a nivel individual e grupal cara unha maior motivación e preparación para o seu proceso de inserción social e laboral a través de actividades, xornadas e obradoiros de moi diversas temáticas adaptados ás súas necesidades. En definitiva, traballáronse aspectos persoais das mulleres participantes, como son os seus coñecementos, expectativas, necesidades e demandas. A segunda fase: máis centrada no itinerario profesional, baseouse na motivación e orientación laboral, ademáis de proporcionar unha formación ocupacional vinculada á oferta laboral local e de adquisición de competencias relacionadas coa busca activa de emprego, autoemprego e novas tecnoloxías. Todo isto foi complementado cun traballo de intermediación con empresas da comarca buscando oportunidades de inserción laboral das participantes nas mesmas.

6

Programa_Aurora


Programa Aurora libro impo.qxp_Maquetación 1 18/8/15 14:29 Página 7

Perfil e características das mulleres participantes • Total de mulleres participantes ao longo do Programa: 34 • Tramo de idade medio predominante: entre os 25 e os 54 anos. Menores de 25 anos Entre 25 e 54 anos Maiores de 54 anos

• Nivel formativo predominante: estudos primarios ou inferior.

Primaria ou inferior Secundarios obligatorios Postsecundaria non superior Universitarios

• Situación laboral predominante: desemprego e desemprego de longa duración.

Desempreadas Desempregadas de longa duración Inactivas recibindo formación Empregadas con demanda de mellora de emprego Empregadas por conta propia

• Circunstancia persoal máis frecuente: persoas con dependencia ao seu cargo (menores, persoas maiores e/ou con discapacidade, etc.)

• Principais problemáticas das participantes e o seu contexto: - Gran dispersión poboacional - Diferentes tipos de discapacidade

Inmigración Minorías étnicas Discapacidade Desfavorecidas Con dependencia ao seu cargo

- Existencia de cargas familiares - Non posesión de coche propio ou carné de conducir - Precariedade económica

Programa_Aurora

7


Programa Aurora libro impo.qxp_Maquetación 1 18/8/15 14:29 Página 8

Actividades realizadas Obradoiros de desenvolvemento persoal Estes obradoiros centráronse en que as mulleres participantes puidesen traballar de forma participativa en grupo a súa motivación, tratando temas que lles achegasen coñecementos e ferramentas para o seu desenvolvemento persoal ademais dunha maior concienciación sobre o seu importante papel dentro da dinámica de participación social e laboral da súa contorna.

A perspectiva de xénero foi un elemento fundamental para traballar procesos de autoestima e empoderamento, ademais do uso dunha linguaxe non sexista.

8

Programa_Aurora


Programa Aurora libro impo.qxp_Maquetación 1 18/8/15 14:29 Página 9

Actividades realizadas

Obradoiros temáticos Coa realización destes obradoiros buscouse completar o traballo de desenvolvemento persoal, grupal e comunitario coas mulleres participantes do Programa, traballando determinadas temáticas sobre as que tiñan expresado especial interese. É por iso que supuxeron un complemento óptimo dos obradoiros de desenvolvemento persoal polo nivel de utilidade e implicación para as participantes. Os obradoiros temáticos realizados foron: • Motivación e Autoconfianza para a Consecución de Obxectivos • Lecer para o Benestar • Relaxación e Control do Estrés e a Ansiedade • Como crear unha Asociación • Intelixencia Emocional e Comunicación Efectiva • Cineforo sobre Motivación e Coaching

Programa_Aurora

9


Programa Aurora libro impo.qxp_Maquetación 1 18/8/15 14:29 Página 10

Actividades realizadas

Módulo de aprendizaxe para a busca de emprego, orientación e asesoramento para a inserción laboral da muller

Buscando unha maior integración laboral das participantes, leváronse a cabo sesións de traballo que partiron dunha análise do mercado laboral para a posterior elaboración dos seus perfís profesionais, organización e xestión do tempo, planificación e ferramentas de procura de emprego, o autoemprego, etc. Todo iso desde unha perspectiva consciente de xénero, analizando aqueles factores que hoxe día dificultan a procura e consecución dun emprego activo por parte da muller para crear conciencia da realidade actual e fomentar unha actitude crítica e de superación.

10

Programa_Aurora


Programa Aurora libro impo.qxp_Maquetación 1 18/8/15 14:29 Página 11

Actividades realizadas

Xornadas Día Internacional Contra a Violencia de Xénero: Unha actividade conxunta de cineforo e debate permitiu ás mulleres compartir unha xornada de análise e reflexión sobre esta problemática da nosa sociedade actual, e a de moitas sociedades do mundo, ademáis de mecanismos de prevención e intervención. Asesoramento sobre os trámites para a solicitude do proceso de recoñecemento da experiencia profesional (INCUAL): Xornada na que se lles proporcionou ás participantes interesadas en realizar este trámite toda a información correspondente a este tipo de procesos e as súas etapas, asesorando na cobertura e tramitación das correspondentes solicitudes. Conmemoración do Día Internacional da Muller – 8 de marzo: A través dunha charla informativa, unha actividade de flashmob, unha exposición de debuxos pola igualdade e unha sesión lúdico-formativa en colaboración co centro escolar de Castrelo de Miño, as mulleres e as súas familias puideron participar da conmemoración desta data tan sinalada.

Programa_Aurora

11


Programa Aurora libro impo.qxp_Maquetación 1 18/8/15 14:29 Página 12

Actividades realizadas

Accións formativas para a mellora da empregabilidade Curso de Manipulación de Alimentos (oficial): As alumnas deste curso puideron adquirir este título oficial que hoxe en día é imprescindible para poder acceder a diversos postos de emprego, como son os relacionados coa hostalaría e restauración, dependenta en tendas de alimentación, residencias de persoas maiores, etc. Curso de Habilidades Comerciais (Técnica de Ventas e Atención ao Cliente): Neste curso tratáronse diferentes aspectos relacionados co comercio, técnicas e habilidades en atención ao público, mercadotecnia e comunicación, etc. a través de contidos teóricos e dinámicas e exercicios prácticos relacionados coas funcións a desenvolver neste ámbito. Clases de preparación dos exames de Competencias Clave: As participantes que non posuían o título de graduado en ESO puidéronse preparar para os exames oficiais da Xunta de Galicia nas competencias clave de nivel 2 en clases presenciais e dirixidas por unha docente especializada e con experiencia neste tipo de formación.

12

Programa_Aurora


Programa Aurora libro impo.qxp_Maquetación 1 18/8/15 14:29 Página 13

Actividades realizadas

Acción formativa ocupacional; curso de atención sociosanitaria Centrado nun sector dos que maiores posibilidades de incorporación laboral ten na actualidade dentro da comarca, este curso preparou ás alumnas para traballar con persoas dependentes tanto en domicilios coma en institucións sociais.

O curso constou dun total de 400 horas, das cales 240 foron presenciais, 60 horas online e 100 horas de prácticas non laboráis. O Centro de Día de Vide foi o lugar seleccionado para acoller a parte presencial e as prácticas foron realizadas en contextos laboráis reais como o Servizo de Axuda no Fogar, Vivenda Comunitaria e Residencia de persoas maiores e dependentes. Ao incorporar unha formación online, ofreceuse a oportunidade tamén ás súas alumnas de introducirse e/ou mellorar o manexo das novas tecnoloxías e permitindo así unha maior conciliación da vida laboral, formativa e familiar de cada unha delas.

Programa_Aurora

13


Programa Aurora libro impo.qxp_Maquetación 1 18/8/15 14:29 Página 14

Colaboración con outros/as profesionais e entidades da comarca Intermediación con empresas da comarca Mantívose un traballo coordinado con diferentes empresas da comarca adicadas a diferentes sectores que mediante un compromiso de colaboración co Programa recibiron candidaturas e curriculums das súas participantes e tamén a posibilidade de comunicación de posibles necesidades de cobertura de persoal que puidesen ter como oportunidade de inserción para elas.

Contacto con entidades asociativas do Concello Tamén se mantivo o contacto con varios/as directivos/as das asociacións existentes no concello para comunicarlles a existencia do Programa e para colaborar con estas na realización de iniciativas conxuntas para fomentar o asociacionismo das mulleres participantes na súa contorna inmediata.

14

Programa_Aurora


Programa Aurora libro impo.qxp_Maquetación 1 18/8/15 15:57 Página 15

Colaboración con outros/as profesionais e entidades da comarca

Participación en outras accións formativas organizadas polo concello Mantívose unha prospección e información continua ás paticipantes daqueles recursos formativos que puidesen ser do seu interese persoal e/ou profesional dentro do municipio, tales como: introducción á informática, xornada de autoemprego, actividades de lecer e deporte, etc.

Xornadas de encontro entre persoal técnico a nivel estatal A representación técnica do Programa Aurora de Castrelo de Miño participou das dúas xornadas técnicas que o Instituto da Muller convocou para reunir a profesionais encargados e persoal responsable dos concellos que estaban a levar a cabo o Programa Aurora en toda España co obxectivo de compartir experiencias e crear sinerxias entre todos/as na óptima realización de dito Programa en cada municipio.

Programa_Aurora

15


Programa Aurora libro impo.qxp_Maquetación 1 18/8/15 14:29 Página 16

Atención individualizada e adaptada a cada muller Intervencións individualizadas coas participantes A técnico do Programa mantivo un traballo a nivel individual coas participantes ao longo da vixencia do mesmo mediante diversos medios e ferramentas, acompañándoas de preto no seu proceso de inserción sociolaboral, atendendo cada caso particular e cada necesidade a cubrir. Deste xeito, leváronse a cabo intervencións sobre: • Información sobre formación e emprego. • Comunicación de ofertas de emprego específicas en función dos perfís profesionais das participantes. • Orientación en procesos e xestións burocráticas. • Apoio e acompañamento emocional, motivación persoal. • Apoio na xestión en situacións de crises e situacións individuais excepcionais. • Continua comunicación mediante diversas vías: móbil, correo electrónico, mensaxería telefónica…

16

Programa_Aurora


Programa Aurora libro impo.qxp_Maquetación 1 18/8/15 14:29 Página 17

Atención individualizada e adaptada a cada muller

Elaboración e difusión dun boletín semanal de ofertas de emprego

Como reforzo do traballo en prol da inserción laboral das participantes do Programa, elaborouse un boletín de emprego de periodicidade semanal con ofertas adaptadas aos seus perfís como resultado dunha procura por parte da técnico do Programa a través de diversas fontes de información: Servizo Galego de Colocación, Internet, boletíns oficiais, etc. Ofrecíase ademáis orientación na tramitación das candidaturas das participantes interesadas nalgún posto. Este boletín foi difundido entre as mulleres a través dos seus correos electrónicos e tamén era impreso e posto á súa disposición nos diversos locais de titularidade municipal con maior afluencia de xente.

Programa_Aurora

17


Programa Aurora libro impo.qxp_Maquetación 1 18/8/15 14:29 Página 18

Os resultados O nivel de insercións Os resultados obtidos foron moi satisfactorios, xa que prácticamente a terceira parte das participantes desempregadas acadaron un posto de traballo ben por conta allea ou iniciando actividade como autónomas, e a metade daquelas que xa tiñan emprego cando iniciaron o programa puideron acadar unha mellora dos seus postos de traballo.

Porcentaxe de insercións laborais en participantes en situación de desemprego durante a vixencia do Programa. Insercións por conta allea Insercións por conta propia Desemprego

Porcentaxe de melloras de emprego acadadas en participantes que xa estaban en activo no momento de iniciar o Programa Consecución de mellora de emprego Mesma situación

Os sectores nos que se acadaron estas insercións laboráis foron diversos: comercio e atención ao cliente, atención sociosanitaria, agricultura e actividades forestais e hostalería e restauración. Sectores nos que teñen acadado emprego as participantes desempregadas durante a vixencia do Programa

Comercio e Atención ao cliente Atención Sociosanitaria Agricultura e forestais Hostalería e restauración

18

Programa_Aurora


Programa Aurora libro impo.qxp_Maquetación 1 18/8/15 14:29 Página 19

Os resultados

A consecución de titulacións e certificados Grazas aos cursos ofrecidos a través do Programa Aurora, as participantes acadaron titulacións e certificados que lles permitiron unha mellora do seu currículo de coñecementos teóricos e prácticos e polo tanto unha mellora da súa empregabilidade.

O nivel de satisfacción das participantes coas actividades realizadas As actividades e cursos formativos ofrecidos a través deste Programa foron avaliados moi positivamente polas participantes do mesmo, tanto na súa parte de organización e publicidade coma na execución: lugares de realización, equipo docente, documentación entregada, etc. Valoran moi positivamente o apoio e asesoramento constante por parte da técnico do Programa para poder completar os seus itinerarios persoais, formativos e laboráis, e en canto ao Programa en xeral, consideran que si que lles axudou a mellorar a súa situación persoal e laboral, tanto por mellorar as súas posibilidades de empregabilidade, como por acadar finalmente un posto de traballo.

Programa_Aurora

19


Programa Aurora libro impo.qxp_Maquetaci贸n 1 18/8/15 14:29 P谩gina 20


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.