castreloinforma1

Page 1


sumario 3. Saúda INFORMACION MUNICIPAL 5. Castrelo atende 16. Xestión municipal 25. Programas europeos 30. PXOM e plan de vivenda 111. Participación cidadá TURISMO 34. Ruta do viño 36. Castrelo dase a coñecer 38. Catamarán 70. Pescastrelo- Camiños de pescadores 79. Paseo fluvial en Barral BENESTAR 43. Servizos sociais 46. Centro de día 48. Vivenda comunitaria 50. Voluntariado OBRAS E INFRAESTRUCTURAS 52. Rehabilitacións en Castrelo 62. Plan municipal de mellora de infraestructuras 66. Nova ponte 72. Mellora do alumeado público 74. Restauración de fontes CULTURA 102. Cabalgata dos reis magos 103. Dinamización cultural 106. Actividades educativas para os nenos 107. Xuventude EMPREGO E FORMACIÓN 10. Plan ribeiro e aposta polo medio rural 19. Cursos e obradoiros formativos 22. Obradoiro de emprego 28. A feira de Castrelo 99. Banda larga e aula de dinamización DEPORTE 82. Grandes campionatos 84. Equipos de Castrelo de Miño 90. Actividades no Pavillón Municipal 93. Padroado do parque náutico

CASTRELO informa NÚMERO 1 · INVERNO DE 2011 EDITA: Concello de Castrelo de Miño DEPOSITO LEGAL: PO 149-2011


Saúda Hai algo máis de 3 anos que os veciños e veciñas de Castrelo de Miño decidiron que eu fose o seu alcalde. Para min foi un privilexio que me honraran co seu apoio e adiqueime dende entón a traballar para converter este Concello nun instrumento de mellora da calidade de vida de todos os castrelomiñenses. Ao longo deste tempo Castrelo de Miño ven experimentando unha notable transformación que se está deixando sentir polos homes e mulleres que viven en todas as parroquias. Este conxunto de cambios son froito do traballo e o compromiso deste goberno municipal que ten como único obxectivo o desenvolvemento do noso concello e o benestar da nosa veciñanza. Canto máis avanzamos máis conscientes somos de que aínda queda camiño por percorrer para satisfacer todas as necesidades, pero estamos convencidos de que imos na dirección correcta e que son importantes e notorios os progresos que se foron realizando. Un destes avances, o que me abrangue nesta Saúda dende as páxinas dun novo

3


medio que ve a luz, foi a política de comunicación que levamos a cabo. Unha comunicación seria, correcta e ambiciosa, en todos os ámbitos e para todos. Cunha intensa publicación de bandos e a súa difusión nas parroquias nos soportes axeitados. Creando e editando unha nova web que informa dos servizos e novidades municipais e das iniciativas realizadas, e que conta a día de hoxe con máis de 130.000 visitas. Ou coa decidida aposta pola difusión da banda larga inarámica de conexión a internet. Todas estas iniciativas permitiron unha constante colaboración cos medios de comunicación que nos axudaron a promocionar o noso Concello e informar aos nosos veciños, en prensa, radio, televisión e internet. Medios de comunicación aos que desde aquí tamén lles desexo manifestar o meu agradecemento pola difusión das novidades de Castrelo de Miño, e por axudarnos a dar a coñecer o noso concello e facernos sentir orgullosos de ser donde somos. Sabiamos que iamos no camiño axeitado, pero eramos conscientes de que para chegar a todos os lugares do noso concello e a todos os veciños precisabamos dunha ferramenta máis de comunicación. Por iso nace este Revista Municipal “Castrelo informa”. A súa única pretensión vai ser o que o seu nome indica: que o Concello informe. Deste xeito converterase nunha ferramenta de comunicación igualitaria para todos, dispoñan ou non das canles facilitadas polas novas tecnoloxías. E tamén nace “Castrelo informa” coa vocación de facer un balance público das principais accións desenvolvidas, có desexo de que

4

todos os veciños e veciñas coñezan mellor a xestión do seu Concello e poidan participar nela a través das súas suxestións e opinións. Por esa razón inclúe tamén nestas páxinas unha sección recortable ao final deste boletín, onde os veciños poderán achegar as súas proposicións. Para que o goberno municipal as escoite, para que as poida realizar e para que informe delas. Queremos pois que esta publicación se converta nun punto de encontro entre o conxunto da cidadanía e os seus representantes, sendo publicada a partires deste mes cunha periodicidade trimestral para pór de manifesto dunha maneira sinxela, clara e amena o que entre todos estamos conseguindo: que o noso concello progrese día a día, traballando con determinación e honestidade para construír un futuro mellor para o noso municipio coa colaboración de todos os veciños. Queremos que estas páxinas sexan testemuña dos logros que entre todos academos. E que estas páxinas sexan tamén unha ferramenta actualizada e operativa, con información laboral, cultural, económica e social ao servizo de todos. O que se pode contemplar nas vindeiras páxinas foi feito grazas e para os veciños e veciñas de Castrelo de Miño. O meu máis cordial e afectuoso saúdo para todas e todos e agardo que esta revista transmita fidedignamente o que pretendo desde o día que asumín a responsabilidade deste goberno: pór o Concello ao servizo de todos os veciños de Castrelo de Miño. Xurxo Rodríguez Méndez Alcalde de Castrelo de Miño.


castrelo atende A Casa do Concello é o lugar ao que os veciños e veciñas de Castrelo de Miño se poden achegar para tratar calquera asunto relacionado co noso municipio.

Son múltiples as consultas e xestións que se poden realizar, entre as que destacamos as seguintes: Horario de atención ao público no Concello A Casa do Concello de Castrelo de Miño permanece aberta de luns a venres de 8:00 a 15:00 horas, e os sábados de 10:00 a 13:00 horas, sendo a atención ao público: • De luns a venres: De 8:15 a 14:45 horas • Sábados: De 10:00 a 13:00 horas. Soamente servizo de rexistro de entrada para a presentación de documentos. Portelo único da Xunta de Galicia e da Administración Xeral do Estado. Na actualidade xa non é necesario ir as distintas administracións, xa que na Casa do

Concello non só se poden realizar xestións municipais, senón que tamén é posible presentar documentación ou instancias dirixidas a calquera Consellería ou departamento que forme parte da Xunta de Galicia, e tamén presentar documentación dirixida a Administración Xeral do Estado. Servizo de Arquitectura O novo servizo de arquitectura do Concello de Castrelo de Miño está a disposición de tódolos veciños e veciñas que precisen facer xestións como a solicitude de licencias de obra, parcelación, apertura, actividade ou primeira ocupación; consultas sobre as condicións urbanísticas e o PXOM; tramitación de subvencións para rehabilitacións e de expedientes de ruína ou a emisión de certificados técnicos. Punto de Información Catastral (PIC) O Concello de Castrelo de Miño puxo en funcionamento un novo servizo: o Punto de Información Catastral (PIC), coa finalidade de darlle resposta á crecente demanda de información catastral por parte de numerosos veciños que non dispoñen dos medios técnicos axeitados. Para facer uso deste servizo só é preciso facer unha solicitude, para o que fará

Porta bandos

castrelo para todos

5


falla presentar a seguinte documentación: • Se a persoa é o titular dos bens inmobles, só o DNI. • Se é un representante do titular, DNI do representante, copia do DNI do titular e autorización asinada polo titular. • Se se trata do herdeiro dos bens (enviarase a solicitude xunto coa documentación aportada á Xerencia Territorial do Catastro para a súa tramitación) aportará documentación xustificativa do parentesco e o certificado de defunción. Dende o PIC das oficinas do Concello de Castrelo de Miño, o titular catastral, ou o seu representante, pode acceder aos seguintes servizos: • Consulta libre de datos catastrais non protexidos e de cartografía dixital. • Consulta e certificación electrónica de datos protexidos dos titulares catastrais, relativo aos bens inmobles da súa titularidade. O PIC do Concello de Castrelo de Miño atende as demandas de información catastral de tódolos veciños, de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas. Xestións DXT O Concello firmou un convenio coa Dirección Xeral de Tráfico (DXT) e a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) que permite que tódolos veciños do concello poidan facer de maneira gratuíta e nas dependencias do Concello, o cambio de domicilio no Rexistro de Condutores da DXT e a solicitude de duplicados do permiso de circulación por cambio de domicilio do titular. Ter o domicilio actualizado é importante para recibir correctamente os permisos despois da renovación e para coñecer as sancións que

6

poidamos ter, acolléndonos a descontos por pronto pago e evitando recargas por recibi-la sanción en vía de apremio. Estas tramitacións pódense facer nas oficinas municipais do Concello de luns a venres de 9 a 14 horas. Orientación Laboral Na Casa do Concello de Castrelo de Miño cóntase cun servizo de Orientación Laboral, no cal unha persoa debidamente capacitada ofrece información, orientación e axuda na busca ou creación de emprego aos veciños do concello que o precisen. Información sobre emprego, desenvolvemento local, axudas e subvencións. Os veciños de Castrelo de Miño podedes acceder de diversas formas a información que emite o Concello. En formato papel, coa publicación de bandos nos taboleiros situados en tódalas parroquias do concello, e, a partir de agora a través desta nova revista, de periodicidade trimestral e distribución gratuíta. Os usuarios de internet poden informarse consultando a páxina web do concello www.castrelo.org, na que se publican tódolos bandos municipais así como as noticias sobre actividades, festas, campionatos deportivos, etc. que acontecen no concello. A través da radio, no 96.6 da FM, en Radio Ribeiro da Cadena Ser tódolos xoves a partir das 13.00 horas. E como non, a través das novas que aparecen nos diversos medios de comunicación habituais como diarios, radio ou televisión, e que son elaborados polo departamento de comunicación do concello.


www.castrelo.org

web municipal A web municipal www.castrelo.org é unha xanela para amosar a través de Internet todo o que sucede no noso concello.

Trátase dunha ferramenta de comunicación que permite informar a tódolos veciños do concello que utilizan a rede, ademais de dar a coñecer Castrelo de Miño a todos aqueles que busquen información sobre el en Internet. Nesta páxina o Concello publica os bandos, cursos, axudas, avisos,noticias...e dicir toda aquela información que resulte de interese para a veciñanza. Pero tamén é

un medio para recoller información dos veciños, xa que a través dela é posible facer comentarios, consultas ou suxestións. A web supera as 130.000 visitas nos seus case 4 anos de vida, o que confirma o éxito desta iniciativa cunha media de 100 visitas únicas diarias. www.castrelo.org

7


para atender mellor aos veciños

reforma casa consistorial O Concello de Castrelo de Miño na súa pretensión de adaptar o concello ao momento actual da sociedade no que a administración local encontra incrementados os seus servizos por tratarse da administración máis próxima ao cidadán, considerou de máximo interese levar a cabo as obras de reforma e ampliación da Casa Consistorial.

Para facilitar o acceso á primeira planta instalarase un ascensor e, con visión directa aos servizos de atención ao público, estarán situadas as oficinas de Emprego, Desenvolvemento Local e Turismo. Tamén no primeiro andar e xa nun lugar máis reservado, os Servizos Sociais do Concello disporán dun espazo axeitado para poder ofrecer unha atención de calidade coa confidencialidade e discreción requirida. Así mesmo, o servizo de Urbanismo tamén disporá dunha ampla zona na que realizar a súa

Fachada principal da casa do Concello

Con este motivo o Concello redactou o “ANTEPROXECTO DE REFORMA E AMPLIACIÓN DA CASA CONSISTORIAL” e presentouno á Orde 29 de marzo de 2010, da Consellería Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se concedían as axudas económicas destinadas a subvencionar a realización de obras de construción, adaptación e mellora das sedes das entidades locais de Galicia conseguindo o Concello de Castrelo de Miño unha subvención do 80%

do total da reforma, por un importe de 192.000€. Con esta reforma e ampliación, as oficinas de atención ao público pasarán a estar na planta baixa, facilitando o acceso coa maior comodidade a todos os cidadáns, ao non ter que subir as escaleiras ata o segundo andar. Por tanto, na planta baixa quedarán os servizos de Información, Xulgado de Paz, Rexistro, Tesourería e Arquivo Municipal.

8


Planta alta da casa consistorial despois da reforma

tanto ás sesións dos plenos municipais, como a calquera outro tipo de actividades sociais, culturais ou informativas de interese para as veciñas e veciños do concello. As obras teñen previsto comezarse na primavera de 2011.

Planta baixa da casa consistorial despois da reforma

xestión ordinaria. Quedarán ubicadas tamén neste primeiro andar a Sala de Xuntas, Secretaría, Alcaldía e demais oficinas. Esta reforma tamén ten por obxecto satisfacer as necesidades culturais, sociais e de información ao cidadán, ao contar cun salón de actos con carácter multifuncional que dará servizo,

9


presentación en castrelo de miño

plan ribeiro 2008-2010 Este proxecto integral abrangueu todos os puntos estratéxicos: infraestruturas, capital humano, superficie territorial, variedade dos viñedos, promoción da calidade dos viños e modernización das explotacións. Tratouse dun instrumento para continuar no traballo de converter o sector do viño nun motor de dinamización integral do rural.

O 29 de decembro de 2007, foi presentado en Castrelo de Miño o Plan de Impulso Vitivinícola do Ribeiro 2008-2010; proxecto integral que permitiu consolidar os intereses e a posición de Galicia no sector do viño, e que, ademais, serviu para fortalecer a Denominación de Orixe do Ribeiro, baixo a que se integran máis de 3000 hectáreas e 6000 viticultores inscritos. Castrelo de Miño converteuse deste xeito no dinámico epicentro da comarca do Ribeiro cunha presentación á que asistiron o Vicepresidente e o Conselleiro de Medio Rural do anterior goberno autonómico Anxo Quintana e Alfredo Suárez Canal, o Alcalde de Castrelo de Miño e o resto de Alcaldes da Comarca entre outras moitas autoridades. Estivo dotado con máis de 23,6 millóns de euros para os tres anos, tendo impacto en catorce concellos pertencentes á Comarca do Ribeiro: Ribadavia, Arnoia, Castrelo de Miño, Carballeda de Avia, Leiro, Cenlle, Beade e Cortegada; á Comarca de O Carballiño: Punxín, Carballiño, Boborás e San Amaro; e a Ourense: Ourense e Toén. O Plan acadou obxectivos tales como:

10

• Mellorar a calidade de vida da poboación dotándoa de infraestruturas básicas. • A revitalización demográfica rural, involucrando á xuventude nas actividades produtivas. • Impulsar, promover e difundir a calidade dos viños do Ribeiro, así como constituír unha marca sólida que achegue prestixio e garantía para os consumidores. Este plan permitiu que en Castrelo de Miño se realizarán obras de infraestruturas e accesos a viñedos por un importe superior a 360.000 euros, e inversión en reconversión e mellora de viñedos, en reinxerta en variedades autóctonas ou na realización dun proxecto piloto como o Polígono Agrario de Asociación “As Bouzas”, superando nestes apartados o 1.200.000 euros.


gdr carballiño o ribeiro Os GDR (Grupos de Desenvolvemento Rural), son asociacións sen ánimo de lucro encargadas de deseñar e executar o Programa Leader 20072013 de cada territorio.

Galicia dividiuse en 32 GDR, dos cales oito están na provincia de Ourense. O GDR9 “Asociación Carballiño - Ribeiro”, grupo do cal é vicepresidente o alcalde de Castrelo de Miño (Xurxo Rodríguez Méndez), está integrado polos 19 concellos das comarcas do Carballiño e O Ribeiro. Este GDR conta con catro millóns de euros para axudas e subvencións procedentes de fondos europeos. O programa Leader de desenvolvemento rural de Galicia 2007-2013 ten por obxectivo implicar ós diferentes sectores da zona, en proxectos produtivos, coa finalidade de elaborar unha estratexia de desenvolvemento, onde as persoas físicas e xurídicas que promovan un proxecto nas comarcas do Ribeiro e o Carballiño poderán solicitar unha subvención para levalo a cabo. Trátase por tanto dunha importante axuda para a realización de actividades de dinamización económica nas comarcas,

polo que resulta de gran importancia a presentación de proxectos axeitados ás características do Plan Leader para poder conseguir financiación, tanto desde a iniciativa pública como a privada. O Concello de Castrelo de Miño, como iniciativa pública está a realizar distintos proxectos en busca destas subvencións, entre os que destaca o Catamarán polo Miño, que xa ten outorgada a subvención. Outros proxectos que se están preparando están relacionados co termalismo, coa dinamización turística ou coa mellora dos servizos sociais. Desde a iniciativa privada, en Castrelo de Miño tamén o Polígono de Asociación “As Bouzas” recibiu axudas para a mellora da súa actividade económica. O Concello de Castrelo de Miño está facendo unha intensa labor de promoción coa organización de charlas informativas para dar a coñecer estas axudas, así como animar a tódolos interesados a presentar proxectos. Para solucionar calquera dúbida sobre o GDR ou o Plan Leader, e solicitar axudas e subvencións hai que dirixirse a Casa do Concello de Castrelo de Miño ou ás propias oficinas do GDR, situadas na rúa Rei de Viana de Leiro. Tamén se pode consultar a páxina web do GDR www.gdr9.es.

Charla informativa sobre axudas do programa LEADER

programa leader 2007-2013

11


Proxecto do polígono agrario de asociación das Bouzas

polígono agrario de asociacion das bouzas

aposta polo viñedo O 27 de abril de 2008, foi presentado en Castrelo de Miño o Plan Especial de reforma das Estruturas no Polígono Agrario de Asociación “As Bouzas”; actuación enmarcada no Plan de Impulso Vitivinícola do Ribeiro 2008-2010, grazas ao convenio asinado entre a Consellería de Medio Rural e o Concello de Castrelo de Miño. É un proxecto de produción agrícola en común, no que participan arredor de 60 veciños do núcleo das Bouzas, os cales crearon unha sociedade limitada para traballar conxuntamente.

A superficie total útil que se recuperou neste proxecto é dunhas 30 hectáreas, das cales o 50% dos terreos eran de cultivo da vide e o 50% restante eran terreos abandonados en parcelas moi reducidas e con accesos non adecuados.

Con este Plan pretendeuse reforzar a competitividade do medio rural: o impulso do traballo cooperativo e en rede, o protagonismo activo na mobilización de terras improdutivas, a aposta polas explotacións agrarias e ben comunicadas, e a escolla de variedades nobres e autóctonas nos viñedos. A aposta polo traballo en rede maniféstase, claramente, grazas ao traballo conxunto da Administración autonómica, do Concello de Castrelo de Miño e dos veciños da zona das Bouzas, uns 60 propietarios que se implicaron e se asociaron para levar a cabo este proxecto. Tamén se conseguiu á mobilización de terras improdutivas, recuperando e ampliando superficie agraria útil para o

Vista actual do viñedo das Bouzas

A execución deste Plan permitiu dispoñer de 30 hectáreas de viñedo plantadas con castes autóctonas preferentes, converténdose no viñedo máis extenso da DO Ribeiro. Esta iniciativa incluíu varias fases de actuación: traballos topográficos para delimitar a superficie das fincas, acondicionamento dos accesos para facilitar o tránsito de maquinaria agrícola, preparación dos terreos, acondicionamento de viais dentro da

explotación, e plantación con variedades preferentes.

12


Presentación do proxecto no local social das Bouzas Visita ao inicio das obras

Esta iniciativa innovadora converteuse nun modelo de propiedade das terras que espertou grande interese noutras zonas de España e do resto de Europa, recibindo a visita do portavoz da Organización de Alimentación e Agricultura das Nacións Unidas (FAO) e de representantes de varios países da Europa do leste.

Comezo do plan de reestructuracion das Bouzas

desenvolvemento de producións, xa que unhas 30 hectáreas pasan a ser xestionadas de forma conxunta.

13


montes veciñais en man común

aposta polo monte Para dinamizar e poñer en valor os recursos dos montes de Castrelo de Miño o Concello, a través dun acordo coa Consellería de Medio Rural e as comunidades de montes implicadas, financiado con fondos europeos FEADER, realizou un proxecto de posta en valor dos montes, con tres actuacións principais: creación dunha ruta de sendeirismo, repoboación con frondosas de froito e construción dun peche para gando.

Podemos atopar, tamén, ata un total de cinco visos, entre os que destacan o de Santo Estevo, Reigoso e o do Coto de Novelle, dende os que se contemplan panorámicamente os vales do Arnoia e do Miño, xunto co encoro de Castrelo. Conta, ademais, con zonas de interese pertencentes aos veciños da parroquia de Santa María (M.C.M.C. de “Coto Novelle”) e de Ponte Castrelo e Barral (M.C.M.C. de “A Serra”). Para complementar esta ruta de sendeirismo tamén se realizou o paseo que une os pobos de Barral e Santo Estevo pola beira do río Miño. Deste xeito, o traxecto definitivo iníciase no Complexo de Turismo Náutico e dende Barral diríxese ata Santo

Panel informativo sobre o roteiro

Ruta de sendeirismo Coto de Novelle Este roteiro ten 17 quilómetros de lonxitude e é de doada realización. Dende o Parque Náutico de Galicia diríxese cara o Coto de Novelle (o punto máis alto do municipio), contando con distintas variantes para chegar aos lugares de interese. O seu contorno resalta polo relevo accidentado e por unha paisaxe á que se asocia

unha importante riqueza cultural, destacando os valores etnográficos, tales como petroglifos e mámoas. Estes elementos interprétanse en diversos paneis, dispostos ao longo do percorrido.

14


Area de descando na cima de Coto de Novelle

Peche para gando Para o aproveitamento do monte en tarefas de silvopastoreo, realizouse o peche dunha extensión de 22 hectáreas de terreo sen arboredo. Neste espazo os gandeiros poderán ter o seu gando de razas autóctonas sen medo de que saia e sen prexudicar a actividade forestal e ao mesmo tempo facendo unha labor de prevención de incendios.

Reforma de fonte no roteiro en Noallo

Previo a plantación foi necesario un traballo de poda e clareo da masa forestal existente para acadar as condicións produtivas máis axeitadas.

Carteis indicativos do roteiro

Repoboación con frondosas de froito Para diversificar as producións forestais optouse pola produción de castañas e cogomelos, para o cal se fixo unha repoboación con castiñeiros de variedades galegas microrrizados con fungos produtores de setas comestibles comercializables, complementada nalgúns casos ca plantación de nogueiras.

Peche gandeiro no monte da Serra

Estevo; de aí sube ao Calvario e chega ata o Coto de Novelle, voltando de novo ao Parque Náutico.

15


16

O Alcalde de Castrelo de Miño có Presidente da Diputación

Con este traballo planificado e permanente conseguiuse que Castrelo de Miño pasara a estar en todas as axendas de todas as institucións con ámbito competencial en Castrelo de Miño. Isto permitiu que o noso concello se convertera nun punto de referencia para todas elas, e tras os oportunos convites de cortesía, recibimos a visita dos representantes do anterior goberno da Xunta e do actual, da Deputación, do Gobierno de España, da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, de representantes do Senado e do Congreso, do Consejo Superior de Deportes, das Universidades galegas, das federacións deportivas galegas, estatais e internacionais. Por Castrelo de Miño pasaron nestes últimos anos Presidentes da Xunta, Vicepresidente, Conselleiros e Conselleiras, Secretarios e Directores Xerais, Presidente da Deputación, Senadores, Deputados nas Cortes, Alcaldes e tenentes de alcalde das cidades máis importantes de Galicia… Este traballo de xestión municipal permitiu acadar a colaboración económica de todos eles nos proxectos realizados polo noso Concello, e unha corrente de simpatía ante o dinamismo das nosas iniciativas e as nosas xentes.

A anterior Directora Xeral de Deportes nunha visita a Castrelo de Miño

O novo grupo de goberno co alcalde á cabeza realizou desde a súa chegada unha intensa xestión dirixida a dar a coñecer en todas as institucións públicas as necesidades dos veciños e veciñas de Castrelo de Miño. Tras a redacción daqueles proxectos prioritarios para Castrelo de Miño, estes foron entregados en man en todos e cada un dos organismos competentes, e recibiron unha precisa explicación de primeira man no momento da súa entrega.

O senador Xosé Manuel Bouza nunha visita a Castrelo.

xestións municipais

O alcalde de Castrelo co anterior vicepresidente da Xunta.

relacións institucionais


17

O Alcalde coa Directora do Consejo Superior de Deportes na súa sede en Madrid

Reunión co actual Director Xeral de Deportes.

O Alcande co Presidente da Xunta, Nuñez Feijóo

O Alcalde de Castrelo con Subdelegado do Goberno

Xuntanza co Presidente da Confederación Hidrográfica

O Alcalde de Castrelo co anterior Director Xeral de Turismo

Visita do anterior Director Xeral de Xuventude

O Alcalde recibindo ao Conselleiro de Medio Ambiente nunha visita ás obras da nova ponte


Xestións no Senado en Madrid

ibi bices

xestións contra a valoración catastral da presa

A reforma do Goberno central rebaixou o imposto a pagar polos embalses, unha medida que beneficia ás empresas eléctricas, pero que priva dunha vía de recadación moi significativa aos concellos onde se asentan centrais hidráulicas, como é o caso de Castrelo de Miño. Esta reforma afectoulle dun xeito moi importante ao noso concello, que pasou a ingresar por este concepto 60.000 euros, canto ata 2007 á media era de 240.000 euros. Isto supuxo pasar a ingresar desde 2008, 190.000 euros menos ao ano. Tendo claro desde o goberno municipal que esta medida ía contra os principios da autonomía local, a suficiencia financieira e os ingresos consolidados estudaronse todas as alternativas posibles e co alcalde á cabeza fixose unha defensa dos dereitos que lle correspondían ao noso Concello. Primeiro facendo público coa colaboración dos medios de comunicación esta enorme inxustiza e posteriormente desde a Federación de Concellos con Embalses, e coas xestións realizadas no Senado e no Congreso dos Deputados en Madrid polo alcalde de Castrelo de Miño. Grazas a estas xestións o 11 de decembro de 2008 a Comisión de Entidades Locais do

18

O programa de TVE Informe Semanal achegouse a Castrelo

O Real Decreto 1464/2007, de 2 de novembro no que o Goberno de España estabelece as normas técnicas de valoracion catastral e delimita os coeficientes correctores diferenciados que deben aplicar os concellos para establecer o imposto de bens inmobles (IBI) dos Bens Inmobles de Características Especiais (BICES), supuxo unha merma dos ingresos que percibía os concellos con encoros.

Senado aprobou unha moción do senador Xosé Manuel Pérez Bouza, pola que se instaba ao Goberno a compensar aos concellos que viran reducida a recadación do IBI pola nova valoración catastral dos encoros. O 23 de Xuño de 2009 a Comisión de Economía do Congreso dos Deputados aprobou a proposición non de lei do deputado Francisco Jorquera, para que o Goberno asegure no marco de reforma das Facendas Locais, a estabilidade na tributación do Imposto de Bens Inmobles de características especiais aos municipios afectados por encoros ou centrais hidroeléctricas, conseguindo con isto que no momento desta reforma das Facendas Locais que se ten que realizar proximamente o Concello de Castrelo de Miño sexa compensando por esta nova inxustiza que supuxo a aprobación do Real Decreto 1464/2007.


Cursos para a obtención do carné de aplicador de produtos fitosanitarios Estes cursos, celebrados desde o ano 2008, tiveron unha duración de 10 horas e permitiron a obtención do carné, de carácter obrigatorio para tódalas persoas que desexen aplicar este tipo de produtos aínda que sexa en explotacións agrícolas privadas. Obradoiro de Orientación Laboral O Concello de Castrelo de Miño, a través do seu servizo de Orientación Laboral, desenvolveu unha serie de obradoiros para todas aquelas persoas deste concello

Curso de coidadores

Seguridade viaria e seguridade no traballo para condutores de maquinaria agrícola e forestal O curso estaba dirixido a todo o colectivo de traballadores que pola súa actividade teñen que manexar ou estar ao cargo de calquera maquinaria vinculada ao sector agroforestal, e foi totalmente gratuíto. O obxectivo principal era o de formar aos traballadores acerca das normas e medidas básicas sobre o uso e mantemento da maquinaria co fin de reducir os sinistros laborais no sector agroforestal. A parte práctica realizouse co tractor municipal e as clases teóricas no local da Asociación en Vide.

Curso de novas tecnoloxías

O Concello de Castrelo de Miño fixo unha firme aposta pola formación, xa que permite adquirir novos coñecementos que serán útiles no desempeño dun posto de traballo ou no día a día. Por iso se realizaron entre outros os seguintes cursos:

Curso de carpintería

cursos e obradoiros formativos

Curso de maquinaria agrícola

aposta pola formación

19


20

Os obxectivos deste curso foron: Dotar ás persoas de coñecementos básicos sobre a dependencia, o envellecemento e os coidados necesarios. Sensibilizar aos coidadores de persoas maiores en situación de dependencia da importancia de recibir unha formación adecuada. Formar aos coidadores de persoas maiores dependentes en temas relativos ao envellecemento. Dotar aos coidadores de persoas depen-

Curso de protección civil Curso de viticultura ecolóxica Curso de coidadores de persoas con dependencia

Coidadores de persoas con dependencia Promovido polo Concello de Castrelo de Miño, Solidaridade Interxeneracional organizou coa colaboración da Coordinadora de Organizacións de Agricultores e Gandeiros e o Sindicato Labrego Galego, o Curso de Coidadores de Persoas Maiores en Situación de Dependencia no Medio Rural, cunha duración total de 50 horas (3 semanas) foi totalmente gratuíto e desenvolveuse no local da Asociación O Penedo da Forca en Prado de Miño.

Curso de manipulador de alimentos

que se atopasen desempregadas, estivesen inscritas como demandantes de emprego e estivesen interesadas en aumentar as súas posibilidades de incorporación ao mercado laboral. Estes obradoiros tiñan tres partes: técnicas de busca de emprego, para saber onde atopar as ofertas de traballo, como solicitalas,...; a entrevista de selección de persoal, para saber como comportarse e o que se busca nun proceso selectivo, e por último, a creación de empresas (autoemprego), para persoas que teñan a inquedanza de emprender e levar adiante unha empresa propia.


Manipulador de alimentos O curso de manipulador de alimentos dirixiuse a aquelas persoas que pola súa actividade laboral interveñen en calquera das fases que se suceden entre a produción e o consumo dun alimento.

Curso de cata de viños

dentes de recursos e habilidades básicas para coidar aos seus familiares. • Dotar aos coidadores familiares de estratexias básicas para planificar o coidado prestado á persoa dependente.

Viticultura ecolóxica e biodinámica Este curso mostrou ás veciñas e aos veciños de Castrelo de Miño novas ideas no cultivo do viñedo, centradas no respecto ao medio ambiente, na sustentabilidade e no uso de produtos e técnicas adecuadas aos ciclos biolóxicos naturais.

Curso de protección civil

Este curso foi de grande interese para os veciños e veciñas que participan no mercado de produtos naturais na Feira de Castrelo de Miño, xa que como vendedores de produtos alimenticios deben contar con este documento.

Curso de cociña

Tivo unha duración de tres horas, que permitiu obter o Certificado de manipulador de alimentos.

Curso de informática

Cata de viños Nun concello produtor de viños de calidade como Castrelo de Miño, facíase necesario un curso coma este no que os veciños aprendesen a apreciar tódalas calidades e matices destes viños.

21


formación orientada ao emprego

obradoiro de emprego castrelo náutico Os obradoiros de emprego son programas mixtos de formación e emprego que van dirixidos a aumentar as posibilidades de inserción laboral de persoas desempregadas, mellorando a súa cualificación profesional e ao mesmo tempo adquirindo experiencia laboral mediante a realización de obras ou servizos de utilidade pública ou interese social, polos que perciben un salario mensual.

Nos obradoiros ofrécese tamén orientación e asesoramento laboral, educación compensatoria para os participantes que non rematasen a ESO e formación en seguridade e saúde no traballo, sensibilización medioambiental e igualdade de xénero.

Contou cun total de 25 prazas para alumnos-traballadores/as que se repartiron en tres módulos: Axuda no fogar, Servizos náuticos e Restauración de zonas degradadas e áreas termais. Os módulo elixidos permitiron a formación de persoas de Castrelo de Miño en nichos de emprego que se están xerando no propio concello: axuda no fogar para o centro de día, a residencia de maiores e asistencia a domicilio, servizos náuticos para o Parque Náutico de Galicia, e áreas degradadas para a recuperación de zonas como o camiño dos pescadores e para o mantemento de novas áreas como as pozas de Paradela. O investimento total supuxo un importe de 583.405 euros.

Módulo de áreas degradadas e termalismo

O Concello de Castrelo de Miño, redactou o proxecto do Obradoiro de Emprego “Castrelo Náutico” e presentouno á orde

de axudas de 30 de decembro de 2008, sendo aprobado o 21 de outubro de 2009 pola Consellería de Traballo e Servizos Sociais e converténdose así no primeiro Obradoiro que se desenvolve no concello de Castrelo de Miño.

22


Aula de educación compensatoria

1.) AXUDA NO FOGAR: (8 alumnostraballadores/as) O módulo de “Axuda no fogar” pensouse para formar ás persoas participantes no desempeño das tarefas e actividades relacionadas coa atención, no seu domicilio, a persoas en situación de dependencia. A finalidade é mellorar a súa calidade de vida, tentando prolongar o máximo posible o ingreso en centros para maiores lonxe das súas casas, e facilitando a labor das familias que teñen persoas dependentes ao seu cargo. Pretende ser unha solución a unha problemática manifesta nos concellos do rural, que contan cunha poboación cada vez mais envellecida e dependente, como é o caso do concello de Castrelo de Miño, onde un 40% dos nosos veciños ten un idade superior ós 65 anos. Dentro deste módulo realizáronse unha serie de xornadas con persoas maiores, nas que as alumnas e os alumnos deste módulo puxeron en práctica os seus coñecementos, acadando unha elevada participación e unha grande satisfacción dos participantes. As actividades consistiron tanto en exercicios físicos para a mellora da saúde como exercicios para a exercitación da memoria e da actividade intelectual.

2.) SERVIZOS NÁUTICOS (8 alumnos-traballadores/as) Un dos principais reclamos turísticos cos que conta o concello de Castrelo de Miño é o Parque Náutico de Galicia, onde se desenvolven gran número de competicións deportivas náuticas de ámbito nacional e internacional. O principal obxectivo deste módulo era dotar ós alumnos-traballadores/as dos coñecementos necesarios para o arranxo das embarcacións de recreo e deportivas que se usan de xeito habitual neste complexo. Finalmente, para comparar os avances experimentados neste ámbito e co fin de non esquecer a tradición existente na zona, contemplouse a recuperación dunha antiga actividade: a construción de barcas de río de madeira, tan típica nos territorios bañados polo río Miño. Isto fíxose seguindo as artes e técnicas de construción tradicionais e utilizando os mesmos materiais e ferramentas. Para este módulo instalouse no Parque Náutico de Galicia un moderno taller de carpintería que quedará en uso para o Concello. Este módulo xerará un caudal de persoas especializadas con un gran potencial laboral

23


Para completar este traballo e crear un espazo de gran atractivo turístico, crearase unha ruta de sendeirismo que una as novas pozas de Paradela, coas antigas pozas termais de Santa María. Isto significa ó mesmo tempo unir a zona con máis potencial turístico do concello, onde se atopan as piscinas municipais, o Complexo de Turismo Náutico, a aula de Dinamización da Sociedade da Información,...; cunha das zonas máis tradicionais do concello, onde se sitúan antigas construcións como pazos e casas típicas, así como a Igrexa de Santa María de Castrelo de Miño, declarada ben de interese cultural.

24

Termas en construcción Entrega de diplomas

3.) RESTAURACIÓN DE ÁREAS DEGRADADAS E ZONAS TERMAIS. (9 alumnos-traballadores/as) A iniciativa máis innovadora deste módulo foi a realización dunhas pozas termais na zona de Paradela, aproveitando as augas naturais que emanan a unha temperatura de ata 70º C. Estas pozas converteranse nun novo reclamo turístico, ademais dun servizo para os veciños de Castrelo de Miño.

Cartel xornadas de maiores

A celebración de distintos campionatos nas instalacións do Parque Náutico de Galicia permitiron poñer en práctica os coñecementos adquiridos.

Xornadas cos maiores

para un futuro próximo no Complexo de Turismo Náutico de Castrelo de Miño, onde se necesitarán profesionais para desenvolver as tarefas de mantemento das embarcacións e das actividades náuticas.


programas europeos Un pequeno concello con iniciativa tamén pode presentar os seus proxectos ante a Unión Europea e conseguir fondos para a súa realización. O Concello de Castrelo de Miño fixóo en colaboración con grandes cidades, socios importantes, chegando incluso a ser xefe de filas nalgún dos proxectos.

A auga como recurso deportivo e turístico (2008) O programa transfronteirizo “A auga como recurso deportivo e turístico” uniu os municipios galegos de Castrelo de Miño, Ourense e Ribadavia mailos portugueses de Montealegre e Ponte de Lima, nun proxecto para a promoción dos recursos turísticos vinculados ca auga, como poden ser o termalismo ou os deportes náuticos. Posta en valor do patrimonio e recursos endóxenos como motor do

desenvolvemento económico transfronteirizo (2008) Ourense, Castrelo de Miño e Chaves presentaron un proxecto conxunto para a recuperación do seu patrimonio natural, que no caso de Castrelo diríxese aos regueiros do Fragoso e da Cuqueira. Os Regueiros do Pan e do Viño son dous regueiros paralelos que desembocan no río Miño. Ao longo do seu curso, no Regueiro da Cuqueira hai asentamentos de adegas e no Regueiro do Fragoso hai asentamentos de muíños. Os obxectivos eran recuperar o entorno dos dous regueiros, rehabilitar as adegas da aldea vitivinícola medieval de Cuqueira, recuperar os muíños do regueiro do Fragoso, unir de xeito peonil ambos regatos e crear espazos de información e comercialización dos produtos da zona. Crearíase así un espazo para aproveitar e gozar da riqueza e variedade do patrimo-

Socios do programa NEA2 en Castrelo de Miño

captación de fondos da UE

25


Entre os obxectivos do NEA 2 está favorecer o nautismo para todas e todos con produtos turísticos adaptados e actividades destinadas a poboación local, fomentar as prácticas de baixo impacto no medio ambiente, promover á innovación das empresas e fomentar nos portos o compromiso co desenvolvemento sostible. Tamén se organizarán eventos festivos, deportivos e divulgativos. Outros proxectos Con fondos europeos FEADER tamén se financiaron outros proxectos como PESCASTRELO, ou a futura vivenda comunitaria para maiores.

26

Presentación dun proxecto europeo có Concello de Ourense Vivenda comunitaria que vai ser financiada con fondos europeos

Galicia ten o maior número de socios con 6 dos 24, entre eles a Asociación Galega de Actividades Náuticas (AGAN), con sé en Castrelo de Miño. Os socios aportan 1,6 millóns de euros mentres que Europa a través do FEDER aporta 3,1 millóns, para un orzamento total de 4,7 millóns de euros para o trienio (2009-2011).

Panel informativo de Pescastrelo

NEA2 O programa NEA 2 é a continuación do NEA (Nautismo Espazo Atlántico 2004-2007) no cal, dirixidos pola rexión francesa de Bretaña, 24 socios representantes de oito rexións e cinco países traballarán xuntos sobre o desenvolvemento económico, social e medioambiental do sector náutico.

Regato Cuqueira

nio natural e cultural desta zona, facendo unha oferta cultural e de tempo libre máis completa.


contra a discriminación

plan de igualdade Coa elaboración do I Plan de Igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, o Concello de Castrelo de Miño formalizou un instrumento de traballo dirixido a superar a discriminación por razón de sexo e a promover a igualdade de oportunidades, a través de medidas que promovan o cambio de condutas, actitudes e formas de relación entre os veciños e veciñas do concello.

Coa elaboración do I Plan de Igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, o Concello de Castrelo de Miño formalizou un instrumento de traballo dirixido a superar a discriminación por razón de sexo e a promover a igualdade de oportunidades, a través de medidas que promovan o cambio de condutas, actitudes e formas de relación entre os veciños e veciñas do concello. Neste I Plan recóllense aspectos fundamentais da realidade actual das mulleres, en canto aos seus desexos, aspiracións e reivindicacións, expresadas directamente polas propias mulleres do concello e as súas organizacións. O plan estrutúrase en tres áreas de actuación estratéxicas coas que se queren equilibrar as desigualdades existentes entre homes e mulleres, ademais de aumentar a presenza das mulleres en todos os ámbitos da sociedade:

se o ocio alternativo, a participación cultural e a práctica de actividades deportivas ou realizaranse campañas e xornadas informativas. Área de participación social e empoderamento. Nesta área o obxectivo céntrase na promoción da igualdade de oportunidades da muller, tanto no acceso ao mercado de traballo, como a capacidade de incorporación a postos de responsabilidade dentro das estruturas organizadas. As accións programadas para esta área inclúen o diagnóstico da realidade laboral feminina, programas de sensibilización e conciliación familiar, o fomento do asociacionismo feminino e a promoción de mulleres emprendedoras. Área de prevención e intervención sobre a violencia de xénero. Esta área pretende afrontar desde unha ampla perspectiva a violencia de xénero, para poder dar solucións integrais. As accións céntranse en programas informativos e de prevención, e na asistencia ás vítimas.

Área de acceso á información, á formación e aos recursos. Ten o obxectivo de promover o acceso da muller a diferentes ámbitos da realidade para participar activamente na dinámica sociocomunitaria de Castrelo de Miño. Para iso levaranse a cabo talleres e obradoiros, promovera-

27


éxito trala súa recuperación

a feira de castrelo Despois de máis de 70 anos sen celebrarse, en decembro de 2009 o Concello de Castrelo de Miño recuperou a organización da Feira de Castrelo. Concretamente o domingo 27, tendo unha participación que superou tódalas expectativas.

Centos de comerciantes, labregos e artesáns de Castrelo de Miño, compradores e visitantes ateigaron o Parque Náutico, que se mostrou como un lugar privilexiado para a organización desta actividade. A Feira de Castrelo consolídase na súa data de último domingo do mes, sendo un referente na comarca e en toda a provincia, o que se demostra a través do seu continuo crecemento.

Ven Mercar a Castrelo!: A oferta de postos é moi abundante, podéndose mercar roupa, calzado, música, artesanía, produtos para o agro e a adega, alimentos, animais,... e na Carpa Municipal os propios veciños do concello expoñen e venden produtos naturais e artesanais de Castrelo de Miño. E ademais de mercar e xantar, na Feira hai diversión, xa que cada mes ten un tema en torno o cal se fan distintas actividades. Ata o momento fixéronse unha xuntanza de granxeiros virtuais, voos en globo aerostático, rutas en segway, un concurso de tractores, unha homenaxe a Portugal, espectáculos de maxia, actividades relacionadas ca pesca e concerto de zanfonas entre outras, tendo todas elas cunha grande acollida entre os participantes. Agardámoste nas vindeiras Feiras de Castrelo.

Cartel anunciador da Feira

Ven Xantar a Castrelo!: Na parte gastronómica pódese elixir entre polbo á feira, churrasco, callos, carne richada,... e comer nunha

ampla zona de xantar cuberta para máis de 500 comensais.

28


29


aprobado en marzo de 2010

plan xeral de ordenación municipal Era vontade do Concello revisar o planeamento vixente, xa que as Normas Subsidiarias Municipais de Planeamento do ano 1985 estaban obsoletas, e era necesario adaptalo ao novo marco lexislativo, polo que tras un longo traballo, o 30 Marzo de 2010 aprobouse inicialmente o Plan Xeral de Ordenación Municipal.

Co fin de obter solo para destinar a vivenda en réxime de protección, delimítase solo urbanizable residencial para tal fin, tendo en conta as características da poboación do Concello, nas zonas de Astariz (47.000 m2) e Barral (36.000 m2) 2. Creación de solo empresarial e comercial Co fin de potenciar a actividade industrial e comercial, e sobre todo a derivada do sector agroalimentario, delimítanse 340.000 m2 de solo industrial en Prado de Miño, con acceso directo á estrada OU-402, e na proximidade dunha zona onde tamén se planea a ubicación de enerxías renovables para abastecemento de enerxías limpas ao solo empresarial.

Charla informativa sobre o PXOM

Neste novo PXOM permítese a posta en valor das características e potencialidades do municipio. Igualmente, mediante a ordenación proposta, garantirase a continuidade e viabilidade das actividades tradicionais, permitindo outras novas, necesarias para o desenvolvemento do municipio, mediante crecementos urbanísticos controlados, garantindo a perdurabilidade e sostenibilidade do desenvolvemento:

1. Dotación de vivenda en réxime protexido en venda ou aluguer Un dos obxectivos prioritarios é o asentamento de poboación.

30


Aposta polo Parque Náutico de Galicia: no Plan faise unha aposta decidida pola potenciación e a ordenación do complexo de turismo náutico e deportivo de Castrelo de Miño (Parque Náutico de Galicia). Nesta zona contémplanse: – 20.000 m2 de paseos e zonas verdes – 11.000 m2 de dotacións (parque náutico, albergue, cafetería, naves de embarcacións, piscinas, pistas deportivas…) – 12.000 m2 de solo urbano terciario para a construción dun hotel balneario. 4. Aposta pola rehabilitación e o desenvolvemento dos núcleos e o medio rural. Potenciación do turismo rural.

Charla informativa sobre o PXOM

Fíxose unha delimitación de todos os núcleos rurais, incluso os abandonados, co fin de poder rehabilitar os mesmos, e crear novas actividades propias dos núcleos rurais, dentro do ámbito residencial e de actividades compatibles. Establécese a clasificación e localización dos núcleos rurais tradicionais e as súas areas de expansión. Delimitáronse as zonas construídas na derradeira metade do século XX, no momento do incremento poboacional ata o asolagamento polo embalse, dentro do réxime das áreas de expansión. Se ben nas obsoletas Normas Subsidiarias de 1985 en vigor até hoxe, os únicos usos permitidos eran os agrícolas e vivenda rural e non se permitían os usos terciarios, turís-

Web de consulta sobre o PXOM. www.pxomcastrelo.org

3. Dotacións públicas No Plan contémplanse as seguintes zonas dotacionais: – Urbano Dotacional en Vide, con 11.000 m2 nos arredores do centro de día, e nas proximidades do Colexio e do Pavillón. – Urbanizable Dotacional en Barral, con 11.000 m2 nas proximidades da Casa do Concello. – Urbano Dotacional en Astariz, con 8.000m2 nos arredores do colexio e pavillón municipal.

31


ticos, etc., neste PXOM contémplase o uso residencial e permítese tamén os usos comercias ou terciarios (comercios, oficinas, etc.), os usos artesanais, os pequenos talleres produtivos e tradicionais ligados á vida rural, os usos turísticos (vivendas de turismo rural, cámpings, bungalows, etc.) e os equipamentos.

6. Espazos naturais: Delimítanse as zonas de protección integral de áreas naturais de alto valor paisaxístico: Espazo Natural Ribeiras do Miño, e apóstase pola xestión e a preservación dos bosques autóctonos de alto valor paisaxístico. Para unha maior difusión do PXOM realizáronse unha serie de presentacións nas distintas parroquias do concello, nas que se explicaron os aspectos máis importantes do seu desenvolvemento e se resolveron as dúbidas dos asistentes. O documento completo está dispoñible para consulta na páxina web www.pxomcastrelo.org, e calquera dúbida pode ser consultada no Servizo de Arquitectura sito na Casa do Concello.

Plano xeral do PXOM de Castrelo de Miño

5. Posta en valor do patrimonio arquitectónico, etnográfico e arqueolóxico Considérase ao numeroso patrimonio de Castrelo de Miño, un recurso con grande potencial turístico e económico. Coa catalogación de máis de 100 elementos patrimoniais faise unha posta en valor do patrimonio do Concello dotándoo dun adecuado réxime de protección. – ARQUEOLOXIA: 19 elementos catalogados (castros, mámoas, gravados, termas romanas, minería aurífera…) – ARQUITECTURA: 55 elementos catalogados (igrexas, capelas, pazos, escudos…)

– ETNOGRAFIA: 30 elementos catalogados (cruceiros, hórreos, pombais, muíños, núcleos rurais, pontes…)

32


vivir en Castrelo de Miño

plan vivenda O Concello de Castrelo de Miño está a realizar un ambicioso Plan de Vivenda para asentar poboación e atraer a novos veciños. Este Plan de Vivenda componse de varios puntos, sendo o primeiro deles a planificación para a construción de vivendas de promoción pública no concello de Castrelo de Miño, para o que se necesita que haxa unha demanda dos veciños do concello que estean interesados.

Para este fin no PXOM reserváronse 83.000 m2 para solo urbano residencial. Un dos requisitos imprescindibles para poder optar no seu día a unha destas vivendas é estar de alta no Rexistro de Demandantes de Vivenda Protexida de Galicia do Instituto Galego de Vivenda e Solo, polo que os interesados deben acudir ás oficinas do Concello para obter máis información e tramitar a solicitude de alta. Outra das iniciativas é a creación do Banco de Vivendas do Municipio, un rexistro no que todo aquel que teña unha vivenda, terreo ou finca en Castrelo de Miño e estea interesado na súa venda ou aluguer poderá publicitala.

Tódolos datos relacionados con ditas vivendas publicitaranse unha vez se teñan recompilado nun novo espazo da páxina web do Concello, que ten recibido máis de 125.000 visitas, así como en anuncios promocionais nunha campaña que se fará nos vindeiros meses. Todos aqueles que así o desexen poderán aportar fotografías e textos que reflictan fielmente as vivendas e terreos que desexen publicitar para a súa venda ou aluguer. Dito rexistro pode realizarse na Casa Consistorial en horario de oficina.

33


desenvolvemento do enoturismo

ruta do viño do ribeiro A "Ruta do Viño do Ribeiro" xorde co obxecto de promover o desenvolvemento socioeconómico desta comarca vitivinícola, ademais de conservar o patrimonio artístico, cultural e natural e como non, difundir a cultura do viño. Dita ruta intégrase no conxunto "Rutas del Vino de España".

O Concello de Castrelo de Miño creeu neste proxecto desde o comezo, sendo un dos socios fundadores e animando a participación dos empresarios do concello, participando na ruta neste momento as adegas María do Pilar (Casardeita), Pousadoiro (Barral) e Eduardo Peña (Barral), o Club Náutico Castrelo de Miño, o Café Bar Parque (Cortiñas) e o Bar Ludeiro (Vide).

Viñedo de Eduardo Peña

Este produto consiste na integración dos recursos e servizos turísticos de interese dunha zona vitivinícola; engloba unha ampla oferta de servizos para o turismo, dende as visitas ás adegas, bares de viño e museos do viño ata actividades culturais e deportivas,

oferta nocturna, aloxamentos e restauración. A “Ruta do Viño do Ribeiro” englóbase dentro da asociación ACEVIN (Asociación de Cidades do Viño de España); a cal lle outorgou a comezos do ano 2009 o distintivo que a acredita como unha das integrantes do produto “Rutas del Vino de España”.

34


35

Bar Ludeiro

Interior do bar Parque

Adega María do Pilar

Club Náutico de Castrelo de Miño

Frontal exterior da adega Pousadoiro

Cartel exterior da adega María do Pilar

Interior da adega Pousadoiro

Sinalización da ruta do viño


promoción turística

castrelo dase a coñecer Castrelo de Miño ten moitos recursos que amosar aos visitantes que desexen coñecer estas terras, pero era necesario mostrarlos ante a sociedade para que os coñeza, saiba onde estamos e o que lle podemos ofrecer.

Razóns polas cales desde o Concello de Castrelo de Miño se deseñou unha campaña de promoción baseada en tres elementos: un vídeo promocional, un folleto turístico e unha carta de servizos. Vídeo Feliz Novidade Presentouse con grande éxito a finais de decembro de 2010 no Centro Comercial Ponte Vella, e uns días despois na Feira de Castrelo, no Centro Comercial Área Central de Santiago de Compostela e na feira Xantar que se celebra en Expourense. Non se trata do típico vídeo onde se mostran as paisaxes ou recursos turísticos, senón que se centra na xente. Os actores e actrices que aparecen no vídeo son veciñas e veciños de Castrelo de Miño, xente de tódalas idades

36

que, desde os máis novos ata os máis maiores, fixeron posible coa súa cooperación que se levase adiante esta idea. Feliz Novidade é un xogo de palabras que se complementa coa música, unha panxoliña coa letra adaptada que nun momento se transforma nunha versión máis potente e rockera, interpretada polo grupo local Sr. Lobo. Folleto turístico Deseñouse un folleto de formato sinxelo e limpo, por unha cara pódense ver unhas fotos con uns pequenos textos explicativos sobre os principais recursos de Castrelo de Miño, e polo outro lado un completo mapa que sitúa os lugares de interese para os turistas, así como as principais vías de comunicación. Carta de Servizos Esta carta vai máis alá da información turística e diríxese a todo aquel que desexe coñecer máis sobre o concello. Así como un hotel nos contaría todos os servizos que como clientes podemos utilizar, a carta de servizos de Castrelo de Miño amosa tanto a turistas como aos habitantes tódolos servizos dos que poden dispoñer, dende a perspectiva do ocio, deporte, educación, servizos sociais, servizo médico,...


37

Stand de Castrelo no centro comercial Ponte Vella

Presentación da campaña Feliz Novidade

Exterior folleto turístico

Interior folleto turístico

Presentación de Feliz Novidade en CINEBOX Ourense

Presentación de Feliz Novidade en Área Central

O Conselleiro de presidencia visita o stand turístico de Castrelo de Miño

Actuación deEva Carreras do spot de Castrelo de Miño


Pasaxeiros no catamarán

novo servizo turístico

catamarán polo miño O río Miño é o linde norte do noso concello, e desde o verán de 2010, grazas o servizo de catamarán, e posible percorrer este río e gozar dunhas vistas diferentes do noso concello desde a auga.

garza real ou a píllara areeira, ou cun pouco de sorte incluso a águia peixeira, unha ave que se pode divisar en poucos lugares da península. O servizo de catamarán funciona nos meses de verán, do 1 de xuño ata o 30 de setembro, con varias saídas diarias.

Catamarán no río Miño a altura de Barral

O catamarán sae do Parque Náutico de Galicia e vai río arriba ata Troncoso, onde dá a volta para retornar ao punto de partida. No traxecto, ademáis dos viñedos, igrexas e outros lugares de interese que se van explicando durante o percorrido, pódense contemplar as aves que abundan como o corvo mariño real, a

38


39


O sábado 5 de febreiro foi o día do Concello de Castrelo de Miño, o que fixo que o alcalde estivese presente nos actos institucionais que se levaron a cabo durante dita xornada, ademais, ese mesmo día fíxose unha nova presentación aos medios da campaña “Feliz Novidade”.

Acto central do día de Castrelo de Miño

O interese mostrado polos visitantes en recibir información sobre Castrelo de Miño e a repercusión mediática que provocou nos principais diarios provinciais fixeron que merecese a pena o esforzo realizado por este Concello para participar nesta feira.

Presentación da campaña Feliz Novidade aos medios

Do 2 ao 6 de febreiro de 2011 Castrelo de Miño estivo dando a coñecer a súa oferta turística en Xantar, Salón Galego da Gastronomía e o Turismo, unha cita que congregou no recinto feiral de Expourense a 22.250 visitantes ao longo dos 5 días de duración.

Stand turístico na feira Xantar

castrelo de miño en xantar

Visita das autoridades ao stand de Castrelo de MIño

salón galego de gastronomía e turismo

40


Comeza a principios de ano coa Festa do Lacón en Macendo e en Noallo e cos Callos en Prado de Miño, Churrasco en Astariz e xa cara a primavera, nos primeiros días de abril, celébrase a Festa da Rosquilla nas Bouzas. Pero por suposto, é o verán o que acolle a maioría destas celebracións: a Festa do Mexillón de Souto a mediados de xuño, a cea de Polbo e Carne ao Caldeiro en Prado de Miño en xullo, a Festa do Xarrete e Xarrote en Macendo o 14 de agosto, a festa do Paspallás en Cortiñas do 14 ao 16 de agosto e como non, a máis coñecida de todas, a Festa da Anguía do 4 ao 6 de agosto onde ano tras ano se reúnen miles de persoas no campo da feira de Barral para degustar este delicioso manxar en distintas preparacións.

Festa da rosquilla das Bouzas Festa do xarrete e xarrote en Macendo

O calendario de festas gastronómicas en Castrelo de Miño é moi extenso e variado, dando conta das posibilidades de bo comer e bo beber que se poden gozar no noso concello.

Autoridades na inauguración da festa da anguía

festas gastronómicas

Festa do paspallás á brasa

bo comer e bo beber

41


festa da anguĂ­a

reforma e mellora da casa da anguĂ­a

42


servizos sociais e benestar O Concello de Castrelo de Miño traballa para tódolos seus veciños e veciñas, con especial énfase nos que polas súas condicións precisan de servizos adaptados as súas necesidades.

Os nosos maiores, as persoas con problemas de mobilidade ou os máis desfavorecidos son os beneficiarios directos da aposta polos servizos sociais que se fixo na última lexislatura, uns beneficios que se reflicten na calidade de vida do concello. Teleasistencia domiciliaria A Teleasistencia domiciliaria é un servizo que serve para que os usuarios estean conectados permanentemente, a través dun interruptor persoal (en forma de pulseira ou col-

gante), a unha central de atención que funciona as 24 horas do día, os 365 días do ano, atendida por operadores que recollen as chamadas. Así, no caso de acontecer algunha emerxencia, a cadea de socorro porase en acción rápidamente. Para solicitar o servizo, os interesados teñen que dirixirse ao departamento de servizos sociais do Concello, os luns, martes ou venres. Tanto a inscrición coma o servizo serán gratuítos. Obradoiros e charlas informativas Co obxectivo de mellorar os coñecementos dos veciños de Castrelo de Miño en materia de coidados persoais, realizáronse diversas charlas informativas, que trataron sobre o Alzheimer e sobre Dietas saudables e afectividade nas persoas maiores. Estas charlas realizáronse en distintas parroquias do concello en instalacións

Obradoiro dos sentidos en Cortiñas

pensando nos nosos maiores

43


Tamén se organizaron outros obradoiros en colaboración con Cruz Vermella do Ribeiro sobre hábitos saudables, obradoiro de memoria e outro denominado “Aprende a coidarte”, onde se trataban os temas dos hábitos saudables, mente activa e afectividade. 065 O 065 é un servizo de transporte programado e non urxente para persoas dependentes ou con discapacidades. As persoas beneficiarias deberán ter unha minusvalía mínima do 65 % e ter unha cita ca asistente social do Concello, que elaborará un informe no que conste a imposibi-

44

Interruptor persoal de teleasistencia domiciliaria Cursos para saber envellecer en Astariz

O obradoiro dos sentidos e axilidade mental e o de memoria e axilidade mental, estaban destinados a pasar ratos de lecer compartindo actividades con outra xente maior, e ao mesmo tempo facer exercicios que axuden a manter en funcionamento a mente e así conservar a axilidade de pensamento.

Obradoiro de axilidade mental en Prado de Miño

Obradoiros e cursos da Cruz Vermella O Concello de Castrelo de Miño tendo en conta a avanzada idade de moitos dos seus veciños e a importancia para eles de ter comportamentos e pautas que melloren as súas condicións de vida, organizou diversos obradoiros e charlas sociais dirixidas ás persoas maiores.

Obradoiro de memoria en Macendo

municipais e das distintas asociacións. En xaneiro de 2011 desenvolveuse en colaboración con Solidariedade Interxeracional un Taller de Memoria, cunha duración de 60 horas.


Os vehículos do 065 están adaptados a distintos tipos de discapacidades e están pensados para desprazar as persoas a residencias, centros de día ou outros centros sociais, desprazamentos para a realización de actividades básicas da vida diaria que favorezan a autonomía e o desenvolvemento persoal (asistencia a xulgados, notarios ou outras xestións, actividades relacionadas co coidado persoal ou terapéuticas, actividades de carácter sociofamiliar ou para a adquisición de bens e servizos necesarios para as actividades da vida diaria).

Anterior estado do consultorio médico de Prado

Tamén se farán traslados para actividades con fins formativos e educativos. O servizo debe ser solicitado polo menos con 48 horas

de antelación para permitir a programación das rutas. O equipo de transporte adaptado componse dun condutor e dun coidador que axuda a subir e baixar do vehículo e realiza o acompañamento na viaxe. Banco de alimentos Todos aquelas persoas empadroadas en Castrelo de Miño, que teñan unha renda baixa, poden solicitar ser beneficiarios do Plan de Axuda de alimentos da Comunidade Europea ós máis necesitados de Galicia, polo que se lle entregaran periodicamente unha serie de alimentos de primeira necesidade. Centros médicos O Concello de Castrelo de Miño apostou polos seus tres centros médicos, realizando en todos eles as melloras necesarias para a prestación dun servizo óptimo.

Actual estado do consultorio médico de Prado

lidade de utilizar o transporte público e facilitaráselle o formulario de solicitude do servizo.

45


novo servizo para os nosos maiores

centro de día Os veciños de Castrelo de Miño contarán proximamente cun novo centro para a atención dos seus maiores. O novo edificio sitúase nun terreo municipal en Puxeiros, nas inmediacións do Colexio Público, e acollerá ademais os servizos de xantar sobre rodas, comedor social e lavandería.

O edificio estará dotado con baños e servizos adaptados, sala de coidados, sala de atención persoal, así como varios salóns polivalentes onde se realizarán actividades de rehabilitación, terapia ocupacional e animación sociocultural, supoñendo un investimento de 214.161 euros. Para a Alcaldía esta obra ten un carácter prioritario, xa que máis dun 40% dos veciños do Concello teñen unha idade superior aos

46

65 anos, e precisan de servizos acordes as súas necesidades. Conseguirase con este centro de servizos de benestar, prolongar a estancia dos nosos maiores no seu propio fogar e entorno o máximo tempo posible. A súa posta en funcionamento xerará varios postos de traballo para os veciños de Castrelo, grazas á formación do obradoiro e aos distintos cursos de axuda a domicilio.


47

Salón principal e comedor

Vista posterior do centro de día

Sala de máquinas e caldeiras

Sala de ximnasia e fisioterapia

Instalando o equipamento da coicña

Sala de lavandería

Pasillo de acceso as instalacións

Sala de curas


O importe da construción do centro ascenderá a 343.543 €, dos que o 174.142 € serán aportados por AGADER a través das subvencións a proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia do ano 2010. Esta obra é o complemento ideal para o centro de día, xa que os nosos maiores precisan de coidados acordes para a súa idade tamén durante a noite. Con esta nova residencia e co centro de día continúanse a crear novos postos de traballo para os veciños do Concello, que se formaron no módulo de benestar e asistencia social do obradoiro de emprego Castrelo Náutico ou nos cursos de formación impartidos no último ano como o de Coidadores de Persoas Maiores en Situación de Dependencia no Medio Rural ou o de Formación para Asistentes Persoais.

48

Plano de distribución da nova vivenda comunitaria

Será unha vivenda comunitaria de 400 m2 útiles na que se lle prestará atención a 12 persoas, mantendo unha grande similitude cun fogar normal. Constará de dormitorios, espazos comúns, cociña, sala de estar, comedor, almacén, lavandería, aseos adaptados, zona de administración e un pequeno apartamento para os coidadores.

Recreación en 3D da vivenda comunitaria

É a segunda fase do proxecto de atención aos maiores de Castrelo iniciado nesta lexislatura e situarase en Puxeiros á beira do Centro de Día.

Recreación en 3D da vivenda comunitaria

vivenda comunitaria

Comezo das obras de construción

residencia para os maiores de castrelo


para moverse dentro do concello

tes+bus O programa Tes+Bus, desenvolto polo Concello de Castrelo de Miño e a Dirección Xeral de Mobilidade, ten como obxectivo mellorar o desprazamento dos veciños dentro do concello.

Tes+Bus permite a posibilidade de facer uso do autobús escolar a calquera persoa, polo prezo dun euro, sempre que existan prazas dispoñibles e podendo subir e baixar en calquera das paradas que se detallan a continuación: • Albín – Colexio de Astariz: Albín – Casardeita – Meizo – San Pedro – Souto – Freás – CEIP Astariz • Santa María – Colexio Astariz: Santa María – Pazo – Cortiñas – Cortiñas (tenda) – Barral (praza) – Barral (cruce) – Frieira – Prado – CEIP Astariz • Noallo - Colexio Astariz:

Noallo – Santo Estevo – Frieira – Parada – Souto – Prado – CEIP Astariz Os días e horarios de funcionamento serán os do transporte escolar e no autobús viaxará unha persoa adulta responsable do servizo. Este servizo terá especial importancia no momento que abra as súas portas o Centro de Día (situado nas inmediacións do Colexio), xa que permitirá que as persoas maiores se acheguen con maior facilidade a utilizar os servizos que ofrece o Centro.

49


grupo local de pronto auxilio

agrupación de voluntarios de protección civil O 21 de decembro de 2007 creouse a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Concello de Castrelo de Miño, que comezou a funcionar a comezos de 2008 e que neste momento compoñen arredor de 30 voluntarios.

Os membros desta agrupación forman tamén o Grupo Local de Pronto Auxilio (GLPA), que ten como función principal a prevención e extinción de incendios. Para iso contan cun vehículo todo terreo, un remolque cisterna e máis un remolque para material de extinción, ademais dun tractor con cisterna. Outra das tarefas importantes é a de socorrismo acuático e

50

vixilancia no río, para o que contan c unha lancha pneumática. Control de tráfico, atención de emerxencias, vixilancia, auxilio en accidentes, son outras das moitas tarefas que realizan estas voluntarias e voluntarios e que son indispensables no desenvolvemento dos eventos que se celebran no concello. Para facerse voluntario de Protección Civil so é necesario ter máis de 18 anos e facer un curso básico de formación, podendo así colaborar nas tarefas que realizan. Para mellorar as súas labores, a comezos de marzo de 2011 inaugurouse a nova sede de Protección Civil, situada no primeiro andar do edificio que acolle o Consultorio Médico de Prado de Miño, un lugar céntrico do concello o que permite un rápido despregue de efectivos en caso de emerxencia.


51

Intervención nun incendio

Xornadas de promoción do voluntariado

Remolque con equipamento anrti-incendios

Intervención do grupo local de pronto auxilio

Grupo especializado en socorrismo acuático

Minicisterna para intervención rápida

Repartidor de sal para as estradas para prever as xeadas

Cisterna na extinción dun incendio


rehabilitación integral do núcleo

santa maría En maio do 2008 procedeuse a sinatura dun convenio de colaboración entre a Consellería de Vivenda e Solo, dirixida por aquel entonces por Teresa Táboas, e o actual alcalde de Castrelo de Miño, Xurxo Rodríguez Méndez, co fin de rehabilitar o núcleo rural de Santa María.

52

As obras de reurbanización e mellora do ámbito prevían a demolición dos diferentes pavimentos existentes, substituíndoos por outros de aspecto pétreo que se integran no núcleo.

A devandita Consellería aportou 150.000 euros nestas obras de mellora e acondicionamento, correspondendo co 80% do investimento total; outorgando, deste xeito, o 20% restante o Concello, ascendendo o importe a 187.500 euros.

Tamén se melloraron os espazos inmediatos ao cruceiro de pedra, situado no centro do núcleo, e a escaleira que dá acceso á igrexa; ademais da canalización do tendido eléctrico e a instalación de novo alumeado público e o acondicionamento doutros elementos tradicionais como as escaleiras de acceso ás vivendas.

O obxectivo desta actuación, actualmente rematada, foi a mellora dos valores ambientais e urbanos no entorno de Santa María; núcleo composto por unha serie de vivendas unifamiliares organizadas en dúas rúas principais que articulan lonxitudinalmente o núcleo e comunican coa igrexa.

Esta actuación, da por aquel entonces Consellería de Vivenda e Solo, consistía no fomento da rehabilitación, recuperación e renovación dos centros históricos; dos tecidos urbanos degradados; das áreas de rehabilitación; do medio rural e das vivendas e edificacións destes ámbitos.


53

Columna de fotos despois da rehabilitaci贸n

Columna de fotos antes e durante a rehabilitaci贸n


reforma e rehabilitación da praza

a eira de prado de miño Esta obra, comezada en xuño do ano 2009 e actualmente rematada, tivo unha inversión por importe de 52.229 euros.

As obras de reurbanización e mellora do ámbito prevían a demolición dos diferentes pavimentos existentes, substituíndoos por outros de aspecto pétreo que se integran no núcleo. Tamén se realizou a canalización do tendido eléctrico e a instalación de novo alumeado público.

54


55

Columna de fotos despois da rehabilitaci贸n

Columna de fotos antes e durante a rehabilitaci贸n


reforma e rehabilitación da praza

praza de astariz Esta obra, comezada en xuño do ano 2009 e actualmente rematada, foi un dos proxectos do Fondo Estatal de Inversión Local cun importe de 46.455 euros.

As obras de reurbanización e mellora do ámbito prevían a demolición dos diferentes pavimentos existentes, substituíndoos por outros de aspecto pétreo que se integra no núcleo. Tamén se realizou a canalización do tendido eléctrico e a instalación de novo alumeado público.

56


57


reforma do entorno

cruceiro de macendo Esta obra, comezada en xuño do ano 2009 e actualmente rematada, foi desenvolta en dúas fases; a primeira dela contou co financiamento da Consellería do Medio Rural, e a segunda, co do Fondo Estatal de Inversión Local.

As obras de reurbanización e mellora do ámbito prevían a demolición dos diferentes pavimentos existentes, substituíndoos por outros de aspecto pétreo que se integra no núcleo, e acondicionamento do aparcadoiro que dá servizo ao tanatorio e á igrexa parroquial. Tamén se realizou a canalización do tendido eléctrico e a instalación de novo alumeado público.

58


59


limpeza e mellora

campo da festa do santiago en macendo Esta obra, comezada en xullo do ano 2009 e actualmente rematada, consistiu na limpeza e mellora do sendeiro que une os pobos de Casardeita e A Ermida (na parroquia de Macendo), e que pasan polo campo da festa do Santiago.

Tam茅n se achandou a superficie irregular, realizouse unha nova pavimentaci贸n do campo da festa e dotouse de novo mobiliario urbano.

60


Noallo

recuperación das marxes

limpeza de regatos O río Miño é o gran río que vertebra o concello de Castrelo de Miño, pero non debemos esquecer que existen múltiples regatos que, aínda que máis pequenos, teñen unha grande importancia.

afluentes do Miño: o Fragoso e o Cuqueira. Os traballos de limpeza, actualmente acabados, comezaron a finais de xuño do ano 2009 abarcando un traxecto de 2 km. do río Fragoso e 2,5 km. do Cuqueira, cun custo superior aos 50.000 euros. O seguinte en ser recuperado foi o regato de Noallo grazas a un acordo coa Consellería de Medio Rural.

A Cuqueira

Regatos que no seu momento movían muíños e que na actualidade nos abastecen de auga e posúen unha gran riqueza piscícola, polo que é importante mantelos nunhas condicións axeitadas. O 4 de xuño do 2009, o alcalde de Castrelo de Miño e o presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, mantiveron unha reunión de traballo na que o alcalde lle transmitiu a necesidade de limpar as marxes de dous regueiros que atravesan o municipio e que son

61


plan municipal de mellora de infraestruturas Desde o ano 2008 executáronse múltiples obras de ampliación e mellora de camiños e viais, permitindo que os veciños dispoñan de novos ou mellores accesos en tódalas parroquias do concello.

As melloras foron de diversa índole, dende a ampliación do ancho á substitución do firme, a colocación de muros de contención ou a limpeza da maleza nas beiras da estrada.

Camiño do cornedo en Santo Estevo

Os principais camiños afectados por estas obras son os seguintes: – Camiños e muros en Troncoso na subida á Cancela. – Camiño da Pena de Astariz – Camiño de Puxeiros en Vide – Camiño do alcouce en Santo Estevo – Camiño e Muros de Parada a Oleiros – Camiño de Fontidá en Barral – Camiño de Casardeita á Ermida en Macendo – Camiño en Ramiras de Macendo – Camiño do Foxo a Nogueiredo

62

– Camiño de Traveso á Fontiña – Camiño da Cova da Veiga e do Troque en Prado de Miño – Camiño do Ribeiriño en Prado de miño – Camiño do Priorato en Prado de Miño – Camiño da Picha en Prado de Miño – Camiño da Poza na Cuqueira – Camiño rural Santo Estevo-Campo da Festa de Barral – Camiño do Troque – Camiño da Telleira – Camiño da fonte de arriba en Santo Estevo – Camiño de entrada a Troncoso desde Fontefría – Camiño do Foxo á Costa – Camiño da Cuqueira ao Castillo – Entre outros moitos realizados nestes últimos 3 anos. Dentro deste plan tamén se incluiron outras accións como a mellora do abastecemento en Oleiros, Noallo de abaixo, Barral e Santo Estevo, a creación de beirarrúas na estrada en Vide ou a creación de muros de contención en diversos lugares. As vindeiras melloras neste ano 2011 serán o arranxo da estrada de Santo Estevo e a mellora dos accesos a Reigoso

Camiño e muros de Parada a Oleiros

mellora de camiños e muros


63

Camiño de Troncoso á Cancela

Mellora da captación da Cuqueira

Mellora do abastecemento en Astariz

Arranxo da ponte de Vide

Camiño da Cuberta en Vide

Mellora do abastecemento na Ermida

Camiño do Foxo

Camiño da Fontidá en Barral


64

Camiño de Alcouce de Santo Estevo

Camiño da Fonte de Arriba en Santo Estevo

Camiño da Fontefría en Troncoso

Muro de contención en Vide

Camiño en Ramiras

Camiño do cabo en Freás

Camiño da canliña en Barral

Camiño en Fondodevila


65

Restauración da fonte de Cortiñas

Paseo polo Miño entre Barral e Santo Estevo

Novo taller de carpintería das brigadas municipais

Reforma da antiga escola de Traveso

Camiño de pescadores entre Astariz e Troncoso

Camiño da Cruz en Barral

Novas beirarrúas e beiravias no centro de día

Muro de contención na Cuqueira


A esta inauguración asistiron o Presidente da Xunta de Galicia Alberto Núñez Feijóo; o Conselleiro de Medio Ambiente, Infraestruturas e Territorio, Agustín Hernández Fernández de Rojas; o Subdelegado do Goberno en Ourense, Camilo Isaac Ocampo Gómez; o Delegado da Xunta de Galicia en Ourense, Rogelio Martínez González; o Presidente da Deputación de Ourense, José Luis Baltar Pumar; o Alcalde de Ribadavia, Marcos Blanco Jorge; o Alcalde de Castrelo de Miño, Xurxo Rodríguez Méndez, así como outros alcaldes da Comarca do Ribeiro e numerosos veciños e veciñas de Castrelo de Miño. A nova ponte une ambas marxes do río a unha altura de 25 metros sobre o mesmo, e ten unha lonxitude de 180 metros. O seu ancho duplica o da Ponte Castrelo, superando os 10 metros e permitindo a realización de dous carrís de 3,5 metros cada un. A ponte foi o elemento principal do proxecto, que supuxo a actuación sobre 3,4 quilómetros nos que se ampliou a estrada, asfaltouse e melloráronse a sinalización e a seguridade, renovando as comunicacións por estrada deste Concello.

66

Plano das melloras realizadas Visita á obra do Conselleiro de Medio Ambiente

O 28 de decembro de 2010 foi inaugurada a nova ponte sobre o río Miño e a ampliación da estrada OU-402 Ourense-Cortegada e OU-403 Ponte Castrelo-San Paio, finalizando desta maneira un proxecto iniciado en febreiro de 2008 cando os alcaldes de Castrelo de Miño e Ribadavia e a Conselleira de Política Territorial puñan a primeira pedra desta obra.

Presidente da Xunta na inauguración da ponte

nova ponte de castrelo de miño

Conselleira de Política Territorial colocando a primeira pedra

mellora das comunicacións


“este non é un lugar calquera” Xurxo Rodríguez Méndez Alcalde de CAstrelo de Miño

Hoxe 28 de decembro de 2010, é un día de satisfacción para todos os veciños e veciñas de Castrelo de Miño, e como alcalde deste concello así o desexo manifestar. Hoxe inauguramos unha nova ponte sobre o río Miño. Acontecementos coma este, nun concello coma o noso, non suceden a cotío; suceden de século en século. Os que hoxe aquí estamos, somos uns privilexiados por protagonizar este momento histórico para o noso concello. Pero tamén quixera pór de manifesto que esta non é unha ponte máis sobre o río Miño. Esta é unha ponte que non se ergue nun sitio calquera. Esta paraxe na que hoxe nos atopamos, non é un lugar calquera. É un dos camiños históricos máis importantes de Galicia. E a propia historia e a nosa rica toponimia déixannos constancia diso. En fronte de nós, sitúase o pobo de “A Ponte”, lugar no que aínda podemos observar vestixios da época romana, coma os restos da antigas termas danadas e asolagadas durante a construcción da presa en 1964, ou a cepa da antiga ponte romana sobre a que ao longo dos séculos posteriores se foi construíndo e reconstruíndo, como iremos vendo. Este non é un lugar calquera, porque este emprazamento xa naquelas datas era un Gudum, un cruce de camiños, un paso obridago, un dos camiños históricos máis importantes do Reino de Galicia. Por aquí pasaron reis e servos, por aquí pasaron tropas e exércitos, por aquí pasaron freires, cregos e arcebispos, por aquí pasaron tratantes e arrieiros que levaban o viño cara Compostela ou ao porto de Pontevedra. Precisamente por este mesmo lugar no que hoxe estamos, no século X transitaba e falecía o

Rei de Galicia Sancho Ordoñez no ano 929. Foran tantas as veces que por aquí pasaran que a súa dona a Raíña Gota decidiu enterrar ao Rei de Galicia no mosteiro dúplice de Castrelo de Miño, a actual igrexa de Santa María que podemos observar aquí mesmo en fronte de nós. E aquí decidiu quedar xa para sempre Dona Goto velando ao seu marido. Co paso dos anos acabaríase convertendo ela mesma na abadesa deste mosteiro, segundo se desprende dunha doazón realizada polo rei Ramiro II de León ao mosteiro de Castrelo de Miño no ano 947 e onde a sigue tratando como Domine Gotho Regina.

O Rei Sancho I de León faleceo e foi enterrado en Castrelo de MIño

discurso de inauguración

Poucos anos despois en 967, outro rei, neste caso Sancho I de León (O Craso) que viñera a negociar diversos asuntos a Galicia, cando voltaba para a súa terra ao pasar por este mesmo lugar falecía por causa dun envelenamento que sufrira días atrás, segundo a crónica de Sampiro, polo conde Gonzalo Menéndez. E aquí tamén neste mesmo mosteiro foi enterrado o seu corpo, que anos despois sería trasladado para a súa terra de León. Dase a circunstancia que foi enterrado no mosteiro de Castrelo de Miño ao que o seu pai Ramiro II lle

67


A Raíña Dona Urraca

fixera unha cuantiosa doazón vinte anos atrás. Se nos libros de historia, temos referencias á morte de dous reis neste mesmo lugar, cantos reis non pasarían por aquí ao longo dos anos! Outro exemplo máis da importancia desta ubicación deuse durante a crise dinástica entre Urraca I, raíña de León e o seu marido Afonso I o Batallador, rei de Aragón. Dona Urraca buscou o apoio de parte da nobreza e do alto clero galego, para levar a cabo a coroación como rei de Galicia e sucesor ao trono de León e Castela do seu fillo, o

infante Afonso Raimúndez, fillo do matrimonio anterior de Urraca I con Raimundo de Borgoña, que recibira do falecido Afonso VI o Condado de Galicia en 1095, que comprendía os territorios do reino de Galicia ó norte do río Miño. O conde de Traba, Pedro Froilaz, tutor do infante, descubre pouco tempo despois que unha nova reconciliación entre Afonso I e Urraca I pode supoñer un perigo para o infante Afonso Raimúndez, e decide protexelo no mosteiro de Castrelo de Miño. Sen embargo, foi descuberto e durante anos asediaron o mosteiro situado en Santa María ata chegar a unha situación de indefinición. A imposibilidade

68

de uns e outros para acadar os seus obxectivos, levou ó chamamento como mediador do arcebispo de Compostela, Diego Xelmírez. Dende o capítulo 48 ó 60 do Libro primeiro da Historia Compostelana, nárrase a mediación do bispo Xelmírez que resulta infructuosa, xa que o cabaleiro Arias Pérez e o resto das tropas sitiadoras fano prisioneiro nada máis poñer pé en Castrelo de Miño. Mediante negociacións, o conde Pedro Froilaz e o arcebispo Xelmírez logran a liberación do infante e do propio arcebispo, o que permitirá a coroación en Santiago de Compostela de Afonso Raimúndez como Rei de Galicia o 17 de Setembro de 1111, o que na práctica o convertía en lexítimo sucesor da súa nai Urraca I ó trono de León. Pasado os anos, o infante sitiado en Castrelo de Miño chegou a ser o rei Afonso VII O Emperador (1126-1157). Era tamén sobriño do Papa Calixto II (1119-1124), por certo o pontífice que concedeu o privilexio do primeiro ano santo xacobeo compostelán. Avanzando uns anos no tempo, no século XIII pasou por estas terras o chamado “monxe constructor” San Pedro Gonzalez Telmo, que acabaría sendo santificado. Habitou moitos anos nas terras do Ribeiro onde deixou unha profunda pegada do seu paso, en obras tan importantes como o convento de Santo Domingo ou a ponte de San Francisco en Ribadavia. E neste mesmo lugar no que agora estamos, el mesmo reedificou sobre as ruínas da construción xa existente, coa colaboración do seu compañeiro Frei Pedro das Mariñas a ponte de Castrelo de Miño. Remataron a súa construción no ano 1243. A ponte estaba composta por cinco arcos iguais que cruzaban o Miño. Da súa importancia dá conta o Licenciado Molina na súa Descripción do Reino de Galicia: “é tan notable edificio que por particular grandeza podíase poñer por si na nosa obra”. Madoz no seu Diccionario xeográfico referíndose á ponte de Castrelo descríbea así: “Constaba de cinco arcos iguales, a xulgar polos vestixios que aínda quedan; e foi causa da súa ruína o atrave-


vía A52 que nos achega a Vigo e Ourense. Esta obra supón unha mellora das comunicacións para os veciños e veciñas de Castrelo de Miño. Desde hoxe, estamos máis preto de calquera lugar, hoxe estamos mellor comunicados e iso favorece o noso desenvolvemento económico, deportivo e turístico. Esta nova ponte vainos permitir disfrutar máis do lugar no que vivimos, con esta ponte imos vivir mellor en Castrelo de Miño. Por iso os que hoxe aquí estamos, os que aquí vivimos, disfrutemos; somos privilexiados por

O deputado Merelles Caula

sarse diante dela, nunha grande avenida, unha enorme nogueira que surcaba as augas: acarrexando con isto os máis graves prexuízos ós pobos de ámbalas dúas marxes, illándoos de novo e sen máis comunicación que a moi perigosa das barcas”. E voltamos quedar sen ponte entre 1550 e 1907, séculos durante os que o paso foi cuberto por diversos servizos de barca. Ata que en 1897 o Deputado do Ribeiro en Madrid, Adolfo Merelles Caula, conseguiu a financiación necesaria para erguer de novo a ponte de Castrelo de Miño, que finalizarían de construir en 1907. Esta foi a nosa ponte de ferro, da que tantas historias e tan tristes escoitamos contar, e na que hoxe día dos inocentes, debemos tamén lembrar a todos os que nela faleceron. Debemos continuar coa súa restauración, e tentar axilizar a súa total recuperación. Pola memoria dos inocentes, e porque os pobos que non lembran a súa historia están condenados a repetila. Ao longo deste percorrido histórico poidemos observar como botando a vista atrás, percatámonos da importancia deste emprazamento e sabemos que éste non é un lugar calquera. Saber un pouco das moitas pontes que desde os romanos aquí houbo, e tamén decatarnos que nos faltaba por construir a ponte necesaria para o seculo XXI. Esta nova ponte, para o noso futuro e para o noso presente, vía a luz cando en febreiro de 2008 os alcaldes de Castrelo de Miño e Ribadavia e a Conselleira de Política Territorial puñamos a primeira pedra desta nova construcción. Hoxe, case 3 anos despois asistimos á súa inauguración acompañados do Presidente da Xunta. Di o dicionario da Real Academia Galega, que unha ponte, non é só unha construcción ou unha estructura, unha ponte é tamén un lazo de unión. E así a consideramos nós, esta ponte como acabamos de ver é un lazo de unión coa nosa historia, é un lazo de unión con Ribadavia e coa comarca do Ribeiro, e un lazo de unión coa auto-

poder protagonizar este momento histórico para os nosos concellos. Pero señor presidente da Xunta, señor conselleiro, señor subdelegado do goberno, alcaldes da comarca do Ribeiro, autoridades que nos acompañan e medios de comunicación, lémbrense cando retornen; esta ponte que hoxe inauguramos e pola que van pasar nuns intres, non é unha ponte calquera, xa que este lugar no que estamos, como lle puidemos demostrar, non é un lugar calquera. Xurxo Rodriguez Méndez. Alcalde do Concello de Castrelo de Miño

69


pesca no miño

pescastrelo. camiño de pescadores En setembro do 2009, o Concello de Castrelo de Miño iniciou os traballos de acondicionamento de sendeiros en varios tramos das ribeiras do Miño, con vistas á mellora do acceso aos pescadores que son asiduos desta zona e, ao mesmo tempo, atraer a novos deportistas e amantes da natureza.

Este proxecto denominado “Pescastrelo-Camiños dos pescadores de Castrelo de Miño” inclúe, ademais da mellora do trazado, a incorporación de zonas de descanso e recreo, actualmente xa presentes en

70

cada un dos puntos pertinentes. En concreto colocáronse mesas e bancos de pedra, así como grellas para cociñar e iluminación nocturna con farois autoabastecidos con enerxía solar. Estas obras executáronse nas contornas de Troncoso, Astariz, Prado de Miño e Oleiros. Ademais, realizouse na área de Prado un escenario de pesca deportiva no que contamos coa colaboración da federación de Pesca e onde se poden facer competicións, e nesta mesma área recuperáronse antigas construcións dunha graveira para convertelas en terrazas sobre o río.


71


aforro enerxético

mellora do alumeado público Aforrar e optimizar o uso da enerxia é un obxectivo prioritario do Concello de Castrelo de Miño, tanto desde a óptica da mellora do medio ambiente como da reducción do gasto e o aforro en tempos de crise.

Tendo en conta que o alumeado público supón máis das dúas terceiras partes do consumo eléctrico total, o Concello de Castrelo de Miño estimou preciso racionalizar e optimizar o consumo enerxético das instalacións do alumeado público, para o cal se redactou un estudo que analizou as opcións máis apropiadas para o aforro enerxético.

A inversión ademais do cambio das equipas de iluminación incluiu a instalación dun cadro de control computerizado que permite realizar a supervisión e a telexestión do alumeado, facilitando as tarefas de mantemento e optimizando o consumo da enerxía. Con este sistema, os técnicos do Concello de Castrelo de Miño realizan un control exhaustivo de cada unha das lámpadas de toda a nova rede desde o centro de telexestión situado na Casa do Concello. Para o ano 2011 esta mellora levarase a cabo na estrada OU-402 entre Barral e Santo Estevo, en Troncoso e de Oleiros ata Frieira, completando así toda a estrada OU-402 ao seu paso por Castrelo de Miño, ademais do tramo desde a OU-402 ata o aparcadoiro de Santo Estevo, cunha inversión total de 100.000 euros.

Novas luminarias e beirarrúas no acceso ao centro de día

En base a este estudo durante os anos 2008 e 2009 realizouse a substitución e mellora de alumeado en Barral, Prado de Miño, Vide de Miño, Astariz, Casardeita, Fondo de Vila, Meizo, O Couso e Noallo de Arriba, cunha inversión de 120.000 euros. No ano

2010 continuouse nos pobos de Freás e A Cancela, obra cofinanciada polo Instituto enerxético de Galicia (INEGA) e o Concello de Castrelo de Miño, cun importe total de 82.000 euros.

72


73

Nova luminaria en Santa MarĂ­a

Comparativa de novas e antigas farolas de Prado

Novas luminarias en A Frieira e Oleiros

Novas luminarias en Ramiras

Novas luminarias instaladas en FreĂĄs e Barral

InstalaciĂłn do novo alumeado

Panel de control para xestionar todo o alumeado


Coa intención de recuperar este recurso, a partires do ano 2008 comezáronse as obras de rehabilitación de fontes e lavadoiros de Castrelo de Miño. Entre elas destacan as actuacións levadas a cabo en: – Fonte-lavadoiro da Praza de Barral (Barral). – Fonte de Cortiñas (Santa María). – Fonte de Oleiros (Santo Estevo). – Fonte-lavadoiro da Granxa (Prado de Miño). – Lavadoiro do Regueiro (Vide de Miño). – Fonte-lavadoiro de Astariz (Astariz). – Fonte da Bouza – Fonte de Parada – Fonte de Souto de Ponte Castrelo – Fonte de Ramiras – Fonte Hedreira (Prado) – Fonte de Regueiriña (Noallo) – Fonte de San Pedro (Macendo) As obras realizadas nestas fontes inclúen a limpeza da pedra e o encintado para evitar fugas, botar o tellado en elementos tradicionais como columnas de granito, vigas de madeira e tella do país, e naquelas que fora preciso fíxose unha mellora das canalizacións. Estas obras están actualmente finalizadas co fin do uso e gozo das mesmas para os veciños de Castrelo de Miño. Neste ano 2011 vanse realizar as melloras do lavadoiro de Freás e da fonte de Meizo.

74

Fonte da Bouza despois da restauración Fonte da Bouza antes da restauración

Castrelo de Miño é un concello onde a auga é un dos recursos protagonistas, para iso chega con observar a inxente cantidade de fontes que ateigan tódalas parroquias.

Lavadoiro do regueiro de Vide durante a restauración

restauración das fontes

Lavadoiro do regueiro de Vide antes da restauración

rehabilitación de fontes e lavadoiros


75

Fonte de Ramiras antes da restauración

Fonte de Ramiras despois da restauración

Fonte de Souto antes da restauración

Fonte de Souto despois da restauración

Fonte de Parada despois da restauración

Fonte de Parada antes da restauración

Fonte de Troncoso despois da restauración

Fonte de Troncoso antes da restauración


zonas de lecer seguras En xuño do 2009 foron instaladas novas varandas en zonas consideradas de risco, pois eran lugares dun elevado tránsito de vehículos e persoas, con muros desprotexidos de grande altura: A praza de Ramiras, o campo da festa de Santo Estevo e o acceso ao polígono agrario de asociación das Bouzas.

Novas varandas no campo da festa de Santo Estevo

instalación de varandas

Novas varandas na aira de Albín

Novas varandas en Ramiras

Antigas varandas do campo da festa de Macendo

Varandas do campo da festa de Macendo

Novas varandas nas Bouzas

Tamén se instalaron varandas no parque infantil do Parque Náutico de Galicia, en Albín e no Campo da festa de Macendo.

76


Nas súas funcións tamén se inclúe o levantamento de muros ou a pronta intervención no caso de interrupcións do tránsito nas vías. No inverno, para previr e evitar accidentes nas vías de titularidade municipal que debido ao frío e ás xeadas presentaban problemas de circulación nesta época do ano, o Concello dispuxo dun novo vehículo preparado para esparexer sal nas zonas máis complicadas, así como centos de quilos de sal almacenados nas instalacións municipais. Estas brigadas en colaboración coa agrupación de voluntarios de Protección Civil, son as encargadas de repartir o sal naqueles lugares e datas nas que as predicións meteorolóxicas indican baixadas da temperatura que supoñan riscos de xeadas e formación de capas de xeo nas vías municipais. Calquera veciño ou veciña pode avisar ao Concello en caso de que observe algún dano nos viais ou zonas que precisen da intervención destas brigadas.

Novo tractor municipal con desbrozadora Traballos de limpeza e desbroce de estradas

O Concello de Castrelo de Miño conta cun tractor con desbrozadora de arrastre e máis de brazo, así como brigadas municipais que se encargan da limpeza, mellora e mantemento das boas condicións dos viais que transcorren polo concello.

Brigada municipal

limpeza, mellora e acondicionamento de viais

Esparexedor de sal para prever as xeadas

acondicionamento das estradas

77


mellora do campo da feira

Obras na nova praza central

a feira medra

Instalación de novos toldos automáticos

Estas obras teñen unha inversión de 118.500 euros, financiados nun 75% pola Consellería de Industria e nun 25% con fondos propios, e suporán a ampliación do espazo cuberto para os vendedores, o aumento da superficie pavimentada, colocación de novas baldosas, colocación de mobiliario urbano e a renovación das zonas axardinadas, ás que se lle engadirá un novo sistema de rego automático.

Novos paseos para a zona da feira

Debido ao éxito da feira, a demanda de postos ambulantes multiplicouse por catro, superando o centenar, razón que animou o Concello a realizar unha nova serie de melloras.

Terra vexetal para plantación de céspede e rego

O relanzamento da Feira de Castrelo fixo que no seu primeiro ano de vida se preparase o espazo para un máximo de 25 puntos de venda, colocando toldos pregables con entroncado de aluminio e chan de zahorra compactada.

78


paseo fluvial en barral O concello de Castrelo de Miño e a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil executan un novo paseo fluvial nas beiras do Miño.

A superficie de actuación aproxímase aos 2.954 metros cadrados e o proxecto inclúe traballos de pavimentación, limpeza e acondicionamento. Executarase un itinerario que vertebrará os distintos espazos do paseo e que servirá como conexión entre a piscina e o parque que se atopa ao final do traxecto.

Diferentes fases na construción do paseo fluvial

pescar e pasear

Trátase dunha senda transitable branda na que se empregarán materiais que se integren na contorna natural. Ademais, o proxecto inclúe a dotación de mobiliario urbano adecuado ao longo do paseo e a habilitación dunha zona para a práctica da pesca. O futuro paseo fluvial que, unido ao tramo xa existente, alcanzará unha lonxitude de dous quilómetros, adecuarase para que poida ser disfrutado por pescadores, ciclistas e paseantes, e converterase nun reclamo turístico. As obras avanzan a bo ritmo para, na medida do posible, estar terminadas no verán, grazas a achega por parte do Concello dun anteproxecto que axudou a axilizar todo o proceso.

79


o mar de ourense

parque náutico de galicia O Parque Náutico de Galicia aproveita as augas do encoro de Castrelo de Miño para desenvolver actividades náuticas, de carácter tanto deportivo como lúdico-recreativo. Conta cunha extensión duns 30.000 m2 en terra, máis o espazo acuático necesario para desenvolver as actividades.

posible grazas ao convenio asinado entre a Conselleira de Cultura e Deporte do anterior goberno autonómico e o actual Alcalde do Concello de Castrelo de Miño por un importe de 120.000 euros. No encoro de Castrelo de Miño tamén se pode practicar o piragüismo, a pesca deportiva ou a vela.

Instalación dos novos pantaláns e retirada dos vellos

O elemento máis destacado é a pista olímpica de remo, unha pista de 2000 metros que permite albergar competicións de primeiro nivel e da que só existen dúas máis das súas características en toda España. No ano 2009 foi preciso cambiar os pantaláns, xa que as malas condicións nas que se atopaban os anteriores facía inviable a celebración de probas. Esta inversión foi

80


Nova pista de céspede artificial

A pé de pista existe un edificio multiusos que conta cun albergue de 60 prazas, un restaurante, unha cafetería, unha aula informática con vista directa da pista de remo e que se utiliza como sala de prensa durante as competicións e aparcamento para uns 100 vehículos. Moi cerca deste edificio atópanse dúas naves para gardar embarcacións e o taller para reparalas. Completan as instalacións as piscinas municipais, pistas polideportivas e unha serie de espazos abertos ós que se lles poden dar distintas utilidades segundo as necesidades, e que habitualmente son utilizados nas competicións para as embarcacións e como aparcamentos para remolques e autobuses. Pista Polideportiva Exterior O Concello de Castrelo de Miño segue a engadir servizos ao Parque Náutico de Galicia e a comezos do ano 2011 farase a inauguración dunha nova pista polideportiva exterior. Trátase dunha pista de 40 x 20 metros, con superficie de céspede artificial, que dispón de porterías e canastras de baloncesto e que supuxo unha inversión de 60.000 euros.

81


competicións olímpicas

grandes campionatos O campo de regatas do Parque Náutico de Galicia en Castrelo de Miño ven desenvolvendo habitualmente competicións deportivas de primeiro nivel, principalmente no deporte do remo.

No ano 2008 celebráronse o Campionato de España Universitario, a XVI Copa de España de Piragüismo en pista, o XXIII Campionato de España e XII Copa de S.M. Rei de Piragüismo en Pista por Federacións Autonómicas, o Campionato Galego de Remo, o Campionato de España de Remo (absoluto, xuvenil, sub23 e veteranos), o Campionato Galego Júnior e Cadete de Piragüismo e o III Campionato de España de Piragüismo categoría infantís. No 2009, o Campionato Galego de Inverno de Piragüismo, a XXII Copa do Rei de Remo por Autonomías, o Campionato de España de Remo (alevín, infantil e cadete) e no 2010 a XVIII Copa Primavera (alevín, infantil, adaptado) ou o Campionato Galego de Kaiak Polo. Un directivo da Federación Internacional de Remo, acompañado dos presidentes da Federación Española e Galega visitaron as instalacións do Parque Náutico de Galicia e coñeceron de primeira man os proxectos de mellora. O bo facer na organización de campionatos e a calidade das instalacións fixo que Castrelo de Miño fose escollido pola Federación Española e a Federación Internacional de Remo para a celebración en 2012 da Copa da Xuventude, tamén coñecida como Campionato de Europa Júnior, que será a apertura do camiño para a organización de competicións oficiais de carácter internacional en Castrelo de Miño.

82


universiada e xogos intercélticos Foi tal o pulo e a revitalización que se lle deu ao Parque Náutico de Galicia que dúas candidaturas para importantes eventos internacionais a celebrar en Galicia escolleron Castrelo de Miño para o desenvolvemento das competicións de remo.

O primeiro deles son os Xogos Náuticos Intercélticos do Espazo Atlántico nos que participan Irlanda, Illa de Man, País de Gales, Cornualles, Escocia, Bretaña, Asturias, Galicia, Portugal e Euskadi, e que cada ano, durante o verán, reúne a deportistas de varios deportes náuticos como o remo, a vela, o surf, o piragüismo, ou o submarinismo. O segundo gran evento é a Universiada Vigo 2013, unha manifestación deportiva internacional e un festival cultural que se organiza cada dous anos nunha cidade distinta, e que é o segundo en importancia despois dos

Xogos Olímpicos. As Universiadas de Verán constan de 12 deportes fixos e ata tres deportes elixidos polo país anfitrión. Na derradeira edición, a Universiada de Belgrado 2009, participaron uns 6300 atletas, 2700 membros técnicos e 1300 xuíces e árbitros, representando a 150 países diferentes. Desafortunadamente Vigo non foi a candidatura elixida pola Federación Internacional de Deporte Universitario (FISU) para a Universiada do ano 2013, sendo a gañadora a cidade rusa de Kazán. A pesar de non concretarse ningunha das dúas candidaturas débese considerar a inclusión das instalacións do Parque Náutico de Galicia como a consolidación do bo traballo realizado nas mesmas, e que as converten en centro de referencia para competicións de primeiro nivel. Ademais serviu para asinar protocolos de colaboración con grandes cidades como Vigo, Pontevedra, Santiago de Compostela, Porriño e coa Universidade de Vigo. Asinando un protocolo de colaboración co Alcalde de Vigo e coa Universidade de Vigo

eventos internacionais

83


fútbol

castrelo de miño c.f. A aposta polo deporte do Concello de Castrelo de Miño comezou a dar os seus froitos e así, a mediados de 2009 creouse o Castrelo de Miño Club de Fútbol, debutando oficialmente o 6 de setembro de 2009 fronte ó Melón C.F. no grupo 15 da Terceira Rexional ourensá.

O equipo bota a andar con 21 rapaces do concello de Castrelo de Miño, de entre 16 e 31 anos e que conforman un grupo heteroxéneo das distintas localidades do concello. Na dirección deportiva comezou Xosé Gabriel Alberte Diéguez, adestrador e árbitro en distintas categorías durante máis de 13 anos. O Castrelo de Miño C.F. é así un lugar de integración da mocidade do concello, onde compartir as súas inquedanzas e for-

84

marse en valores como o esforzo, o compañeirismo ou o deporte saudable. Pero ademais da mocidade, o Castrelo de Miño C.F quere involucrar a toda a poboación do concello, recuperando para tódolos veciños a posibilidade de gozar do seu equipo participando nunha competición oficial. Así que achegádevos todos ao campo Xan Pereiro para animar ó voso equipo!


fútbol sala

castrelo de miño f.s. feminino O Castrelo de Miño Fútbol Sala Feminino nace no ano 2009, comezando os seus adestramentos en setembro dese ano. Sen embargo o seu debut oficial non é ata maio de 2010 no Campionato Galego fronte o Leis pontevedrés.

O equipo está composto por 22 xogadoras, adestradas por Emilio Vázquez e José Nieves. Unhas rapazas que ocupan o seu tempo de lecer de forma activa, comparten os valores do deporte en equipo e superan estereotipos, contribuíndo á igualdade entre homes e mulleres. Na tempada 2010/2011 ante a inexistencia dunha liga en Ourense, a

directiva do club, con Maribel Rodríguez na presidencia, decide participar na Liga Autonómica feminina, levando o nome de Castrelo de Miño por todo o territorio galego. Para o Concello de Castrelo de Miño foi un orgullo que este equipo xurdira dunha das súas escolas municipais.

85


deportes náuticos

club náutico castrelo de miño Desde a súa constitución no ano 1991 ven desenvolvendo actividades tanto de carácter competitivo como recreativo. Foi o Club Náutico pioneiro na provincia e segue a manterse como o único das súas características, prestando servizos a todo tipo de colectivos sociais, desde escolares ata persoas con discapacidade ou deportistas de alto nivel, sendo o Club Náutico de interior con maior actividade.

Ocio O Club Náutico Castrelo de Miño oferta unha grande variedade de alternativas de ocio acuático, como o aluguer de

86

kaiaks, paseos en lancha, banana, windsurf, vela lixeira ou pedaletas. Competición O Club conta con equipos federados nas especialidades de remo e vela que na actualidade contan con 25 deportistas guiados por adestradores profesionais capaces de maximizar os resultados nas competicions nas que se participan, de carácter provincial, autonómico, nacional e internacional. Os equipos están coordinados polo Director Técnico Deportivo, Gabriel Fernández e os adestradores Rubén Vieira (remo), Héctor Regueiro, Daniel Conde, Paola Sanjuán (Optimist) e Simón Fernández (Hobie Cat 15 e Windsurf).


Palmarés – Campionato Galego de Remo Indoor (2011): 3º posto en infantil masculino. Adrián Hermida Peña – Campionato Galego Alevín, Infantil e Cadete (2010): 2º posto en 2x alevín masculino. Lucas Hermida Peña y Joel Fernández Vázquez – Campionato Galego Xuvenil, Sub-23, Senior y Veterano (2010): 3º posto en 1x Sub-23 femenino. Verónica Regueiro Reza – Campionato de España de Remo (2009): 7º en 1x alevín masculino. Lucas Tabarés-Costa López – IV Regata Internacional Ponte da Amizade (2009): 1º posto en 1x alevín masculino. Lucas Tabarés-Costa López – Campionato Galego Juvenil, Sub-23, Senior e Veterano (2009): 2º posto en 1x xuvenil feminino e 4º posto en Sub-23 masculino. Verónica e Héctor Regueiro Reza – Campionato Galego Alevín, Infantil e Cadete (2005): 4º posto en 1x alevín. Jonathan González Domínguez

87


atletismo

san silvestre Cando en case tódalas casas de Castrelo de Miño se está a cociñar a comida e a preparar as uvas para a derradeira cea do ano, os máis afeccionados ó deporte elixen despedir o ano correndo.

Organizada polo Club Atletismo do Ribeiro, o club Non Stop Training e o Concello de Castrelo de Miño, a San Silvestre de Castrelo de Miño celébrase tódolos 31 de decembro pola tarde. É unha proba xa consolidada no calendario provincial e na última edición participaron máis de 300 corredores percorrendo os 6900 metros do circuíto para os adultos e máis de 30 nenos que competían nun percorrido de 2000 metros. Sen dúbida un xeito diferente de celebrar a Noitevella.

88


pesca

competicións de pesca O encoro de Castrelo de Miño tamén é un referente para a práctica da pesca deportiva e para as súas competicións, motivo polo cal se creou o escenario de pesca deportiva en Prado dentro do proxecto Pescastrelo.

O Open Internacional Black Bass Galicia é unha competición de pesca deportiva que se celebra anualmente no encoro de Castrelo de Miño desde o ano 2008 grazas a organización do club Pesca Sport Ribeiro de Ribadavia. Este campionato divídese en dúas modalidades, pesca desde a beira e pesca desde embarcación. Na primeira os participantes fan os seus lances desde os peiraos ou desde a beira, mentres que na pesca desde embarcación os pescantíns desprázanse ata as augas interiores do encoro.

Por outro lado a Agrupación Deportiva Natural de Pesca Ribadavia, tamén organiza diferentes campionatos como o recente “Open de Pesca Carpa do Ribeiro”, que se celebrou en agosto de 2010. En todas estas competicións colaborou activamente o Concello de Castrelo de Miño.

89


reapertura e novas actividades

pavillón municipal Ao longo desta lexislatura, o Pavillón municipal pasou de ser un edificio pechado e en desuso a ser un lugar cheo de actividades e de vida.

de Atletismo, Fútbol Sala Feminino e Masculino, Baloncesto e Ciclismo. Tamén hai clases de Ximnasia Suave os martes e xoves ás 18:30 horas, Ximnasia de Mantemento tódolos martes e xoves ás 19:30 e 20:30 horas e Taichi os luns ás 19:00 horas. Pero o Pavillón non é soamente para o deporte senón que é un espazo multiusos no que celebran ó acollido festas como o fin de ano, o magosto ou a festa de Reis; e eventos musicais coma o Ribeiro Rock.

O Pavillón Municipal de Castrelo de Miño sito nas inmediacións do Colexio de Castrelo de Miño (Astariz) permanece aberto de luns a venres de 18:00 a 22:00 horas. Dentro dos servizos do Pavillón Municipal atópanse as escolas deportivas

Mellora de equipamentos As melloras no equipamento do pavillón son evidentes, e na actualidade conta con auga quente nas duchas, saunas nos vestiarios masculino e feminino, steps para a práctica de ximnasia, un completo

Novas máquinas de ximnasia

Para isto foron necesarias unha serie de reparacións, xa que tanto o teito como a recollida de augas estaban en moi malas condicións; houbo que repintar as pistas, mellorar as instalacións e os vestiarios, e adquirir novo material deportivo.

90


A zona de xogos biosaudables está situada a carón do pavillón municipal de deportes, e como os aparatos están ó aire libre poden utilizarse en calquera momento, sen limitación de horarios. Así, poden ser un complemento ou unha alternativa ás escolas e actividades deportivas que se desenvolven no propio pavillón municipal. A práctica de deporte de xeito habitual axuda a previr e coidar diversas doenzas e a mellorar a calidade de vida das persoas, así que fai deporte!

Xogos biosaudables no exterior do pavillón Clases de ximnasia

Xogos Biosaludables Os xogos biosaudables son unha serie de aparatos orientados a práctica do exercicio físico, dun xeito sinxelo, divertido e accesible a todo o mundo. Hai diversos aparatos para exercitar as distintas partes do corpo e as diferentes calidades como a forza, a coordinación, a resistencia ou a flexibilidade, destacando sempre a facilidade no seu uso.

Novas saunas nos vestiarios

xogo de pesas, unha máquina de pesas multiusos e no 2011 incorpóranse unha serie de máquinas para exercicios cardiovasculares, en concreto 2 cintas de carreira, 2 bicicletas estáticas, 2 elípticas e 2 plataformas vibratorias.

Comezaron a organizarse no ano 2008 e participan veciñas e veciños de tódalas idades, habendo grupos específicos para os maiores.

Escolas deportivas municipais

Ximnasia de mantemento Esta foi a actividade que mellor acollemento tivo e máis participación mantén.

91


piscina municipal Esta instalación permite gozar na época estival dun espazo especialmente axeitado para o descanso e para refrescar a calor desta época do ano.

Plantación do novo céspede

reforma e novas actividades

O estado actual da piscina provoca que sexa tamén elixida por xente doutros concellos veciños que queren gozar deste entorno á beira do encoro. Cursos de natación e Ximnauga Durante os meses de apertura da piscina as actividades de ximnasia que habitualmente se realizan no pavillón municipal trasládanse á piscina.

Vista xeral da piscina municipal

E tamén foi necesario realizar melloras na caldeira de auga quente, pintado de paredes e substitución de portas, mellora no sistema de filtrado, reforma completa da piscina de cativos, selado dos vasos e a instalación de secamáns, dispensadores de xabón e papeleiras nos vestiarios.

Obras de reforma e mellora na piscina

Para isto foi necesaria unha ampla reforma que se levou a cabo en varias fases durante esta lexislatura, que incluíu obras externas como a plantación de novo céspede, arranxo e substitución de vallas exteriores ou a creación de zona de sombra.

Para os máis novos tamén se organizan cursos para aprender a nadar e para mellorar a técnica de natación.

92

Grupo de ximnasia na auga

A ximnauga é unha das actividades favoritas dos maiores do noso concello.


padroado do parque náutico de galicia Nestes intres o Concello de Castrelo de Miño está a traballar na constitución do Padroado do Parque Náutico de Galicia.

Dez institucións públicas e Gas Natural Fenosa, manifestan o seu apoio ao Parque Náutico de Castrelo de Miño e á creación dunha Organización estable para a súa xestión. Convocados polo alcalde do Concello de Castrelo de Miño Xurxo Rodríguez Méndez a unha xuntanza co motivo de buscar apoios de cara á creación dun ente que xestione e explote as instalacións públicas municipais do

Parque Náutico de Galicia sito en Castrelo de Miño, para a promoción das actividades deportivas, turísticas, socioculturais e de ocupación do tempo libre acudiron a Castrelo de Miño as seguintes institucións, a cuxas sedes centrais acudira anteriormente o alcalde para recabar o seu apoio. Asistiron e asinaron: D. Plácido Álvarez Dobaño, vicepresidente da Deputación Provincial de Ourense en nome e representación desta e actuando en exercicio do seu cargo. D. Mario Guede Fernández, Xefe do Servizo de Deportes da Xunta de Galicia en Ourense, en nome e representación da Delegación territorial da Xunta de Galicia en Ourense e da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia actuando en exercicio do seu cargo.

Once institucións e organismos reuníronse para costituir o padroado do parque náutico

impulso das instalacións

93


D. Xosé Henrique Costas González, vicerreitor de Extensión Universitaria da Universidade de Vigo, en representación desta e actuando en exercicio do seu cargo. D. José Prada Álvarez, Presidente da Federación Galega de Remo en representación desta e actuando en exercicio do seu cargo. D. Fernando Climent Huerta, Presidente da Federación Española de Remo en representación desta e actuando en exercicio do seu cargo. D. Luis Pertierra Fernández, Xefe de Operación Centralizada Unidade Hidráulica Gas Natural Fenosa, en representación desta e actuando en exercicio do seu cargo.

94

Visita das autoridades ás instalacións Visitando os vestiarios da piscina

D. Alfonso Luengo Álvarez-Santullano, Subdirector General de Infraestruturas deportivas y Administración Económica do Consejo Superior de Deportes en representación deste e actuando en exercicio do seu cargo.

Visitando a nave de embarcacións

D. Agustín Sevilla Briceño, Conselleiro técnico de Presidencia da Confederación Hidrográfica Miño-Sil en representación desta e actuando en exercicio do seu cargo.

Asinando o protocolo de constitución do Padroado

D. Manuel Arias Carral, secretario xeral da Subdelegación del Gobierno de España en Ourense en nome e representación da Subdelegación del Gobierno actuando en exercicio do seu cargo.


andaina

marcha a pé de castrelo de miño Tamén se celebra dende o ano 2008 a andaina por Castrelo de Miño.

Nas súas dúas primeiras edicións recorreu o Coto de Novelle cun percorrido de 25 quilómetros con saída e chegada tamén no Parque Náutico de Castrelo. Esta ruta pasaba polas parroquias de Barral, Santo Estevo e Santa María. Na última edición (2010) trasladouse á zona de Astariz, con saída e chegada no Pavillón Municipal e un percorrido de 16 quilómetros cunha variante de 4 quilómetros para as persoas con problemas de mobilidade. Esta edición pasou polas parroquias de Astariz, Vide de Miño, Prado de Miño e Macendo. Deste xeito o Concello de Castrelo de Miño deu a coñecer os recursos naturais e paisaxísticos das súas sete parroquias. Contou con máis de 100 participantes que ao rematar a camiñata puideron recuperar folgos nun xantar de convivencia entre tódolos participantes.

95


ciclismo

btt coto novelle A “Marcha BTT Coto de Novelle” é un evento deportivo que se celebrou por primeira vez no ano 2008, organizado polo club Non Stop Training e polo Concello de Castrelo de Miño. Grazas ó éxito de participación acadado nas edicións anteriores, estase a consolidar no calendario de eventos de Castrelo de Miño, celebrándose no 2010 a súa 3ª edición.

Ten un percorrido de 45 quilómetros con saída no Parque Náutico de Castrelo, subida ó Coto Novelle, pasando por lugares como A Bouza, Casardeita, Prado, Oleiros, Parada, San Estevo,... para regresar arredor de dúas horas despois ó lugar de saída.

96

A organización pon a disposición das e dos participantes vestiarios con duchas, avituallamento, taller, gardería para nenos e, ó rematar a proba, comida para repoñer forzas. Ademais pódese participar en actividades náuticas ou degustar viños do concello con D.O. Ribeiro.


volta ciclista ao ribeiro As estradas de Castrelo do Miño son das favoritas dos ciclistas da provincia para realizar os seus adestramentos, podendo velos habitualmente circulando por elas.

E tamén o son para os organizadores de competicións, sendo un percorrido fixo na ruta da Volta Ciclista ao Ribeiro.

Entrega de premios da Volta ao Ribeiro 2010

ciclismo

En 2010 ademais desta proba clásica tamén se celebraron a 1ª Challenge Ciclista de Ourense e o 2º Campionato da Península Ibérica de Ciclismo, reforzando así o interese deste deporte no noso concello.

97


rallye de ourense Os amantes do mundo do motor volveron a ter de novo a súa cita no ano 2010 co mellor rallye do Campionato de España de Rallyes de Asfalto, a 43ª Edición do Rallye de Ourense.

O Concello de Castrelo de Miño e os voluntarios da A.V. de Protección Civil de Castrelo de Miño colaboraron coa organización para que os días de competición todo estivese en perfecto estado de limpeza e conservación. En Castrelo de Miño realizáronse dúas pasadas do tramo chamado “A Seara”, cun percorrido de 14,91 quilómetros cronometrados que os mellores participantes realizaron en menos de 10 minutos.

98

Tramo da Cuqueira en Prado de Miño

motor


Castrelo.net é unha rede de telecomunicación sen fíos de acceso público a internet, a través da cal tódalas parroquias de Castrelo de Miño teñen a posibilidade de conectarse mediante banda larga a internet. Tras o período de proba inicial onde a prestación do servizo era gratuíta, agora o servizo de abastecemento de conexión a internet de banda larga a través da rede Castrelo.net adxudicóuselle a empresa Baudia, que xa ofrece servizo neste momento a máis de 100 usuarios. Teléfono de información e contratación 981 909 175. A rede de telecomunicacións propia cubre o 90% do territorio do concello e nestes intres, o Concello está realizando negociacións coa empresa TNGO para que a través do programa europeo Terras do Avia poida realizar unha nova instalación e darlle cobertura a ese 10% restante, para converter ao concello de Castrelo de Miño no primeiro concello rural con banda larga de conexión a internet no 100% do seu territorio.

Centro de emisión wimax no Coto de Novelle Torre de reemision wifi en Prado de Miño

Grazas a un convenio asinado no ano 2007 polo Concello de Castrelo de Miño e a Consellería de Innovación e Industria e que supuxo unha inversión de 83.000 euros, desenvólvese desde o ano 2008 o proxecto Castrelo.net.

Antena receptora no exterior dun domicilio particular

internet de banda larga

Router wifi no interior da vivenda

redes wimax e wifi

99


aula de dinamización das novas tecnoloxías A Aula da Rede de Dinamización da Sociedade da Información sita no segundo andar do edificio do Complexo de Turismo Náutico de Castrelo de Miño é un espazo preparado para que as veciñas e os veciños de Castrelo de Miño poidan achegarse ás novas tecnoloxías.

O equipamento da aula componse de 11 ordenadores con acceso a internet, unha impresora, un proxector e unha cámara de fotos dixital. O acceso aos ordenadores é libre e gratuíto, respectando sempre as indicacións da coordinadora da Aula. Ademais, para mellorar a formación no uso das novas tecnoloxías da información, na Aula realízanse habitualmente cursos e obradoiros, como os de iniciación a informática, internet, correo electrónico, procesador de textos ou busca de emprego a través de internet. A raíz das actividades realizadas nesta aula e do encontro de granxeiros virtuais que se celebrou en decembro de 2009, a produtora Xamalú Filmes elixiu a Castrelo de Miño para realizar varias gravacións para o seu documental “Vidas virtuais – Granxeiros virtuais”. Debido a desaparición da Rede de Dinamización da Sociedade da Información, a aula permaneceu pechada durante algún tempo, situación que será solucionada coa incorporación a Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica (CeMIT).

100

Inauguración da aula co Conselleiro de Industria

informática accesible para tod@s


Coto de Novelle

mellora no sinal de televisión

televisión dixital terrestre O apagamento analóxico de principios do 2010 deixou paso a televisión dixital terrestre (TDT), unha nova sinal que permite a recepción de máis canles de xeito gratuíto, recibir máis información sobre a programación e unha mellor calidade de imaxe e son.

de televisión dixital e máis de 20 emisoras de radio. A inversión realizada polo Concello de Castrelo de Miño supuxo que as antigas carencias na recepción do sinal analóxico se convertesen agora nunha cobertura no 100% dos fogares do sinal dixital.

Macendo

Grazas aos equipos instalados no ano 2009 polo Concello de Castrelo de Miño no Coto de Novelle, Astariz (Razamonde) e Macendo (campo de fútbol), é posible recibir nas casas de todo o termo municipal de Castrelo de Miño máis de 35 canles

101


cabalgata e festa de reis

Festa do ano 2011

tradición de nadal

No ano 2008 o Concello de Castrelo de Miño comezou a organizar a festa de Reis, que desde entón se sigue a celebrar con grande éxito.

Os Reis Magos chegan ao concello de Castrelo de Miño procedentes de Ribadavia en tres maxestosas carrozas.

Festa do ano 2010

Ademais, pequenos e maiores gozan dunha festa animada con música e baile, acompañada de roscón de reis e cava.

Festa do ano 2008

Paséanse na cabalgata polas aldeas do municipio, rodeados de nenos e demais veciños e, ao remate da xornada, atenden a tódolos rapaces do concello no pavillón do colexio, outorgándolle un agasallo a cada neno.

102


lecer para o tempo libre

dinamización cultural O equipo de goberno aposta por unha dinamización cultural, que sirva para ocupar o tempo de ocio en actividades lúdicas e ao mesmo tempo enriquecedoras. Na última lexislatura desenvolvéronse numerosas actividades culturais, entre as que se atopan as que nomeamos a continuación:

Cinema ao aire libre O cine voltou a Castrelo de Miño organizando proxeccións ao aire libre en tódalas parroquias en épocas estivais.

Curso de Baile Concentración de coches clásicos

– Sesión de teatro en Macendo. – Animación de rúa en Cortiñas (no Club Náutico). – Cinema de noite en Cortiñas (na terraza das piscinas). – Obradoiro de instrumentos musicais en Astariz. – Elaboración de galletas en Prado de Miño (no Penedo da Forca). – Globoflexia en Cortiñas. – Actuación musical en Cortiñas. – Discoteca móbil en Cortiñas. – Noite de maxia en Cortiñas. – Teatro en Prado de Miño. – Cinema en Macendo. – Obradoiro de astronomía no campo da festa de Macendo. – Obradoiro de fotografía en Prado de Miño (no Penedo da Forca). – Charla de Candido Pazó en Cortiñas. – Cinema de noite en Astariz.

Teatro en Macendo

Castrelecer Este programa de actividades desenvolvese na época estival, incluíndo actividades como:

103


Concentración de coches clásicos A 1ª concentración de coches clásicos realizouse en Cortiñas a comezos de decembro do 2007 e sucedeuse en anos vindeiros, celebrando a 4º edición no ano 2010. Os participantes realizan un percorrido polo concello, rematando na zona do Club Náutico.

“Ourense Lúdico”, organizado pola ASPGP e a Deputación de Ourense. Monitores profesionais foron os encargados de realizar para tódolos nenos de 3 a 14 anos actividades artísticas e lúdicas como: Recortables, Papiroflexia, Globoflexia, Modelado, Pintura, Reciclaxe, Cestería, Tear, Xogos Tradicionais, Tridimensionais, Obradoiros variados, Xogos Cooperativos, Sendeirismo, Xornalismo, Radio, etc.

Teatro ao aire libre

Ourense lúdico Desde 2009 Castrelo de Miño é un dos concellos incluídos dentro do Programa

Cine ao aire libre

Educamóbil Tódolos anos instálase no Parque Náutico de Castrelo de Miño o vehículo “Educamóbil”; onde rapaces de entre 4 e 11 anos poden gozar de xogos informáticos e de lecer durante case 4 horas. As actividades desenvólvense dentro dun vehículo equipado con ordenadores, música e xogos, e os rapaces están atendidos en todo momento por persoal cualificado.

104


Xogos tradicionais Desde 2008 realízanse actividades de recuperación de xogos tradicionais en Castrelo de Miño.

Obradorio de globoflexia para os cativos

As actividades realizanse tódolos xoves dos meses de agosto, setembro e outubro no entorno do Parque Náutico.

Noutras xornadas maiores, medianos e cativos gozan dunha divertida tarde de xogos e recuperan folgos cunha amena merenda.

Teatro en Prado de Miño

Unha das actividades consistiu nun obradoiro de xogos tradicionais, destinado principalmente aos maiores, co fin de que puideran compartir os seus recordos cos cativos. A xornada estivo amenizada, ademais de con xogos tradicionais, con música e un pequeno aperitivo.

Outras actividades culturais Desde 2007, o Concello de Castrelo de Miño participa en distintos circuitos culturais que permiten asistir no noso propio concello e en distintas parroquias, a representacións teatrais, actuacións de maxia, monólogos ou actuacións de monicreques e marionetas.

Monicreques en Macendo

Bailes de salón No ano 2010 comezáronse a impartir clases de bailes de salón tódolos sábados no Pavillón Municipal, para todos aqueles interesados en aprender esta modalidade de baile.

Público en Macendo

Pazolandia Tódolos anos, nas datas de Nadal, o Concello de Castrelo de Miño invita aos seus veciños máis novos a asistir ao parque de atraccións máis grande de Galicia.

105


Música fóra do horario escolar en 2010

complemento á escola

actividades educativas para nenos O concello de Castrelo de Miño, e cofinanciado pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, organizou en agosto do 2009 un Programa de Apertura de Centros Educativos fora do horario escolar, ampliando os servizos ofertados polo Concello.

As actividades foron dirixidas aos máis cativos; sempre supervisadas por un monitor e adaptadas ás idades de cada grupo de participantes.

Campamento de Verán en 2009

Entre as actividades desenvolvéronse obradoiros de cociña, reciclaxe, cadros ou xabóns; talleres musicais, danzas do mundo, festas de disfraces, ximcanas, xogos populares ou distintos deportes, que fixeron que os rapaces pasasen uns días do máis entretidos.

Campamentos de verán Dentro deste mesmo programa, e co obxectivo de motivar aos rapaces para que realicen actividades saudables, actividades de habilidades persoais e actividades de apoio á mellora do éxito escola, organizouse un Campamento de verán no Pavillón municipal, levado a cabo por monitoras e monitores que dirixían as actividades adaptadas as idades de cada grupo.

106


xuventude activa

actividades para mozos e mozas Na actual lexislatura o Concello de Castrelo de Miño fixo unha aposta decidida polos seus mozos e mozas, xa que son un dos seus recursos máis valiosos e importantes.

Ao longo destes últimos tres anos desenvolvéronse unha serie continua de actividades e iniciativas dirixidas á xuventude, varias das cales detallamos a seguir: festa da xuventude O concello de Castrelo de Miño non se esquece dos seus mozos e mozas, e con este motivo organizáronse varias Festas da Xuventude dentro do programa coñecido como “Castrelecer” (xornadas estivais de lecer cultural). Entre outras actividades estes eventos inclúen animación, festa da espuma, discoteca móbil, ... festa acuática Seguindo coa mesma liña da Festa da Xuventude, e incluída no programa “Castrelecer”, o Concello nestes tres últimos anos organizou unha festa acuática na piscina municipal. programa novas vivencias O Concello de Castrelo de Miño comezou un novo programa dirixido, fundamentalmente, aos rapaces e rapazas do Concello denominado “Novas Vivencias”; programa mediante o cal o Concello convida aos cativos a vivir novas experiencias en Castrelo de Miño. A primeira

107


delas tivo lugar no Parque Náutico, coincidindo coa Feira de Castrelo, onde os rapaces puideron voar por primeira vez en globo aerostático. Outras experiencias foron subir en Segway ou realizar viaxes culturais e científicos. Este programa terá continuidade durante o 2011, e os máis cativos poderán gozar ao longo do ano de innovadoras experiencias organizadas polo Concello. noitebús O Concello de Castrelo en colaboración coa Dirección Xeral de Mobilidade,ofertou durante os anos 2009 e 2010, o servizo de Noitebús. Os sábados á noite, un autobús percorría tódolos núcleos de poboación de Castrelo de Miño e achegaba, en dúas rutas, aos veciños e veciñas interesados en ir pasar a noite de diversión a Ourense ou Ribadavia, sen preocupacións, comodamente e con seguridade. Actualmente este servizo foi suprimido en toda a comunidade autónoma pola Xunta de Galicia. ribeiro rock O 31 de outubro de 2008 tivo lugar a 5ª edición do Ribeiro Rock no polideportivo

108

de Astariz; evento que organizou o Concello de Castrelo de Miño, no que actuaron catro grupos de rock ao longo da noite, animando deste xeito aos mozos de mozas do concello e do resto da comarca do Ribeiro. Os grupos Psyquence, Gracias a Nada, Momentos de Duda e Vendetta fixeron vibrar aos asistentes nunha xornada na que a música rock foi a protagonista absoluta. embárcate en castrelo En colaboración co Concello de Ourense e o Club Náutico de Castrelo de Miño realizouse este programa consistente na convivencia de 20 mozas e mozos no albergue do Parque Náutico de Galicia, realizando o seu bautismo en deportes náuticos como a vela, o kaiak ou o windsurf. busca do tesouro Dentro do programa de actividades para a xuventude desenvolveuse unha Busca do Tesouro con GPS, consistente en ir descubrindo distintas pistas que levan ata outras e finalmente ata un “tesouro”. A actividade desenvolveuse por equipos, fomentando así o traballo de colaboración en grupo, e foi un éxito de participación e de diversión.


aloxarse en castrelo

albergue municipal O albergue municipal ocupa a zona este do edificio multiusos do Parque Náutico de Galicia.

Trátase dun edificio de 2 plantas no que a planta baixa se adica aos espazos comúns como aulas, oficina, comedor, cociña ou aseos. Na planta superior distribúense 12 habitacións con capacidade total para 56 persoas (8 habitacións de 6 camas e 4 de dúas camas), todas elas con vistas ao encoro. O aloxamento faise para grupos mínimos de 8 persoas cun custe que varía entre os 17 euros por pasar a

noite e os 35 euros con pensión completa. Este prezo inclúe a roupa de cama. Ademais do aloxamento, pódense confeccionar distintos paquetes incluíndo actividades náuticas, actividades medioambientais, sendeirismo ou paseos en catamarán.

109


Realizouse un arquivo fotográfico de Castrelo de Miño e de todos os seus veciños, que se chama “Memoria de Castrelo de Miño”, onde se almacenan fotografías aportadas polos propios veciños.

Este arquivo consta de diferentes seccións onde se clasifican as fotografías segundo sexan retratos, ceremonias, patrimonio, paisaxe, lecer, traballo… Tamén se clasifican por parroquias e lugares.

Páxina web do arquivo fotográfico. www.memoriadecastrelo.org

Todas as fotografías deste arquivo fotográfico están publicadas na páxina web www.memoriadecastrelo.org, e posteriormente seleccionaranse as mellores para imprimir un catálogo especial.

Homes de Nogueiredo 1930

memoria de castrelo

Romería dos Penedos do San Brais 1959

arquivo de fotos antigas

110




almanaque O Concello de Castrelo de Miño repartiu no ano 2010 a tódolos fogares un almanaque con fotografías das distintas parroquias do concello, que pretendían pór en valor os recursos turísticos e patrimoniais. Ante o éxito acadado repetiuse a idea neste ano 2011, esta vez mostrando actividades cotiás, novas infraestruturas e veciñas e veciños de Castrelo de Miño.

O mes de xaneiro no almanaque de 2010

en cada fogar de castrelo

Así recóllense en distintos meses fotografías dos equipos deportivos creados nos últimos 2 anos, os integrantes dos obradoiros de emprego e as obras realizadas, as tendas e no apoio ao comercio en Castrelo de Miño, a recuperación da Feira mensual, o novo catamarán e as novas zonas de pesca no río Miño ou a agrupación de voluntarios de Castrelo de Miño. O almanaque inclúe tamén información sobre as fases lunares para que os veciños as teñan en conta para a realización das tarefas do campo, os días festivos de ámbito estatal, autonómico e local, os días de Feira de Castrelo, e os cambios horarios.

Mes de outubro do almanaque de 2011

Por último, o almanaque tamén ten unha función turística e promocional de Castrelo de Miño, xa que tamén se distribuíron exemplares fóra do concello, como por exemplo na feira Xantar en Expourense.

113


medioambiente

aposta pola compostaxe O Concello de Castrelo de Miño en colaboración coa Consellería de Medio Ambiente organizou unhas xornadas de divulgación e promoción da compostaxe doméstica e de minimización de residuos.

Estas xornadas realizaronse en Prado, Cortiñas e Macendo e tiveron unha participación moi numerosa. Os veciños de Castrelo de Miño mostraron a súa sensibilidade medioambientel e todos os asistentes a estas xornadas recibiron un composteiro e un manual de uso de agasallo para levar á práctica as ensinanzas adquiridas na xornada de formación. Con esta iniciativa o concello de Castrelo de Miño promoveu a autocompostaxe e a diminución do lixo que se verte nos contenedores verdes, e que suporá un importante aforro. Mediante este proceso os resíduos orgánicos transfórmanse nas hortas dos propios veciños nun substrato con moitas máis cualidades que as dun simple abono. O contido e enfoque da campaña foi encamiñado non só á utilización e manexo dos compostadores, senón tamén á comprensión dos ciclos presentes na horta e xardín para que o destinatario se sinta protagonista do proceso. As charlas foron impartidas por un educador ambiental con formación e experiencia en temas de compostaxe e prácticas agrarias ecolóxicas. Tod@s @s participantes teñen tamén ao seu dispor un número de teléfono e enderezo de correo electrónico para a recollida e resolución de dúbidas, comentarios e suxestións.

114




Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.