Castrelo Informa 2015

Page 1



CASTRELO ATENDE

Castrelo atende

Atención e información na Casa do Concello A Casa do Concello é o lugar onde os veciños e veciñas de Castrelo de Miño se poden achegar para xestionar calquera asunto relacionado co noso municipio.

Permanece aberta de luns a venres de 8:00 a 15:00 horas, e son múltiples as consultas e xestións que se poden realizar. A maiores das habituais competencias propias municipais, tamén se prestan os seguintes servizos: Portelo único da Xunta de Galicia e da Administración Xeral do Estado. A día de hoxe, xa non é preciso desprazarse ás distintas administracións, xa que na Casa do Concello non só se poden realizar xestións municipais, senón que tamén é posible presentar documentación ou instancias dirixidas a calquera Consellería ou departamento que forme parte da Xunta de Galicia da Administración Xeral do Estado. Servizo de Arquitectura O servizo de arquitectura do Concello de Castrelo de Miño está a disposición de tódolos veciños e veciñas que precisen facer xestións tales como a solicitude de licenzas de obra, parcelación, apertura, actividade ou primeira ocupación; consultas sobre as condicións urbanísticas e o PXOM; tramitación de subvencións para rehabilitacións e de expedientes de ruína ou a emisión de certificados técnicos.

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

3


CASTRELO ATENDE

Punto de Información Catastral (PIC)

Xulgado de Paz e Rexistro Civil

O Concello de Castrelo de Miño ten en funcionamento o Punto de Información Catastral (PIC) coa finalidade de darlle resposta á demanda de información catastral por parte de numerosos veciños e veciñas que non dispoñen dos medios técnicos axeitados.

O Xulgado de Paz e o Rexistro Civil, sitos na Casa do Concello prestan os seus servizos de luns a venres. É o lugar onde se inscriben os feitos relativos ao estado civil dos españois, ocorridos en España, neste caso o das persoas nacidas, casadas ou falecidas no Concello de Castrelo de Miño. Con carácter orientativo, os veciños poden realizar nas oficinas municipais os seguintes trámites:

Dende o PIC das oficinas do Concello de Castrelo de Miño, o titular catastral ou o seu representante, pode ter acceso aos seguintes servizos: • Consulta libre de datos catastrais non protexidos e de cartografía dixital. • Consulta e certificación electrónica de datos protexidos dos titulares catastrais, relativo aos bens inmobles da súa titularidade. O PIC do Concello de Castrelo de Miño atende as demandas de información catastral de todos os veciños e veciñas, de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas. Xestións DXT O Concello asinou un convenio coa Dirección Xeral de Tráfico (DXT) e a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) que permite que tódolos veciños e veciñas poidan facer, de maneira gratuíta nas dependencias do Concello, o cambio de domicilio no Rexistro de Condutores da DXT e a solicitude de duplicados do permiso de circulación por cambio de domicilio do titular. Ter o domicilio actualizado é importante para recibir correctamente os permisos despois da renovación e para coñecer as sancións que poidamos ter, acolléndonos a descontos por pronto pago e evitando recargos por recibir a sanción en vía de apremio. Estas tramitacións pódense facer nas oficinas municipais de 9 a 14 horas.

• Inscrición de nacementos, matrimonios e defuncións. • Expedición de Fé de Vida e Estado. • Expedición de extractos de nacemento, matrimonio e defunción. • Libros de familia. • Matrimonios Civís • Citacións, notificacións e requirimentos, etc... • Conciliacións. • Expedicións de certificados en extracto e literais de nacementos, matrimonios, defuncións no Rexistro, ben noutro, pois neste caso solicítanse duns rexistros a outros por auxilio • Inscricións de Capitulacións Matrimoniais • Expedientes de rectificación de erro • etc Servizo Municipal de augas. Poden realizarse xestións, queixas e reclamacións relacionadas co servizo municipal de augas, na Casa do Concello todos os días 10 e 30 de cada mes (se coinciden cun sábado, domingo ou festivo, pasaría ao seguinte día hábil) Para comunicar urxencias ou avarías, os teléfonos de atención son os seguintes: • Días laborables de 08:00 a 15.00 horas no teléfono 988511775 • Días laborables a partires das 15:00 horas e días festivos: 680 589 371

4

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño


CASTRELO ATENDE

Castrelo atende

Atención as 24 horas os 365 días do ano O concello de Castrelo de Miño sempre apostou polas novas tecnoloxías, e pon a dispor dos seus veciños dúas ferramentas para relacionarse co concello desde os seus propios domicilios 24 horas ao día os 365 días do ano. Isto permitiralle aos cidadáns aforrar tempo e diñeiro ao evitarlles ter que desprazarse ata a Casa do concello para comunicar calquera incidencia ou realizar calquera xestión.

Nova sede electrónica do Concello de Castrelo de Miño Foi creada en 2015 e vai ir incorporando paulatinamente ao longo deste ano novos trámites e procedementos, que permitirán aos usuarios solicitar e recibir a través da sede electrónica a maioría dos documentos emitidos polo Concello. Pode accederse a través do enderezo http://castrelo.sedelectronica.es A sede electrónica é unha prolongación da oficina administrativa tradicional, dispoñible para que a cidadanía poida realizar os seus trámites as 24 horas dos 365 días do ano. A sede electrónica garante en todo momento a identidade, integridade e autenticidade do cidadán a través dos "Certificados electrónicos". Ademais, dispón dun rexistro que acredita e certifica estas transaccións, o "Rexistro telemático".

Aplicación para teléfonos móbiles: “Castrelo atende” O Concello Castrelo de Míño implantou en 2014 unha aplicación móbil que permite aos cidadáns reclamar os fallos e incidencias que existan nos servizos municipais. O programa chámase “Castrelo atende” e pon ao servizo do usuario unha ferramenta coa que poderá informar da deficiencia en cuestión (unha vía en mal estado, avarías no mobiliario urbano, un fallo na iluminación, na rede de auga,...), incorporando se así o desexa o veciño unha fotografía e a localización exacta a través dun sistema de localización GPS. A mensaxe chegará ao servidor central do Concello para mobilizar os efectivos necesarios e, unha vez solucionada a incidencia, comunicarase a súa resolución ao interesado. A súa descarga e instalacións será gratuíta para todos os smartphones. Pretendemos continuar mellorando a atención aos nosos veciños, e este vai ser un sistema áxil e operativo para controlar as incidencias no concello e que nos permitirá facer un seguimento delas para resolvelas no menor tempo posible, indicou o alcalde. É unha ferramenta máis que o concello pon ao dispor dos veciños dentro do programa "Castrelo de Miño Goberno Aberto", que é un modelo aberto e participativo, no que se involucra á cidadanía na mellora dos servizos públicos. É unha aposta pola transparencia, a participación e a colaboración dos veciños. É un paso cara unha administración cada vez máis cercana á veciñanza, xa que hoxe en día case todo o mundo ten un smartphone no peto polo que os potenciais usuarios da aplicación serán moitos. Con todo, tamén haberá outras vías para recibir avisos, ben sexa a través de correo electrónico, por teléfono ou de forma presencial nas oficinas municipais. Todas as incidencias se rexistrarán nunha única base de datos. Desta forma poderá conseguirse unha mellor xestión orzamentaria, ao priorizar as incidencias máis graves ou urxentes, así como un aumento da produtividade e unha maior transparencia na xestión municipal. A aplicación estará operativa as 24 horas do día todos os días do ano, a diferenza do sistema tradicional. Poderase mesmo xestionar citas co alcalde ou cos distintos servizos municipais, recibindo resposta inmediata. O usuario que notifique unha incidencia recibirá despois unha resposta sobre o estado das reparacións a medida que estas se efectúen. Castrelo de Miño foi o primeiro concello da provincia de Ourense, e un dos primeiros municipios de Galicia no que se instalou este servizo.

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

5


CASTRELO ATENDE

Castrelo atende - Webs Municipais

Información en internet Castrelo de Miño ten unha destacada presencia en internet e nas redes sociais.

Web do Concello: www.castrelo.gal A web municipal www.castrelo.gal é a páxina principal e unha xanela para amosar a través de Internet todo o que acontece no noso concello. Trátase dunha ferramenta de comunicación que permite informar a tódolos veciños do concello que utilizan a rede, ademais de dar a coñecer Castrelo de Miño a todos aqueles que busquen información sobre o concello na Internet. Nesta páxina, o Concello publica os bandos, cursos, axudas, avisos, noticias…, é dicir, toda aquela información que

poida resultar de interese á veciñanza. Así mesmo, tamén é un medio para recoller información dos veciños, xa que nela é posible facer comentarios, consultas ou suxestións. A web supera as 417.575 visitas nos case 7 anos de vida. As visitas chegaron desde o propio concello de Castrelo de Miño e desde outros moitos lugares. Por unha banda, as catro cidades con maior número de visitas á web nos últimos anos foron: Ourense, Madrid, Vigo e Santiago de Compostela. Por outra banda, España, Suíza, Reino Unido e Venezuela foron os países desde onde máis visitaron a nosa web. Web de Turismo: http://turismo.castrelo.gal www.castrelo.travel Para consultar toda a información turística do noso concello. 6

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño


CASTRELO ATENDE

Web de Fotografías antigas: www.memoriadecastrelo.org Arquivo fotográfico realizado coa colaboración de todos os veciños que cederon as súas fotografías antigas. Este arquivo consta de diferentes seccións onde se clasifican as fotografías segundo sexan retratos, cerimonias, paisaxes, patrimonio, lecer, traballo... Tamén se clasifican por parroquias e lugares.

(ruta polos montes de Castrelo), vídeos subacuáticos no encoro de Castrelo, vídeos gravados desde unha táboa de windsurf ou desde unha piragua... Tamén están dispoñibles as obras de teatro representadas polo Obradoiro municipal de teatro, e todos aqueles eventos culturais e deportivos que se realizan en Castrelo. Ademais de vídeos sobre a historia de Castrelo de Miño. Facebook Oficial do Concello: www.facebook.com/concellodecastrelo Toda a información Concello tamén se comparte na páxina oficial de Facebook. Destaca sobre todo o enorme catálogo fotográfico das actividades municipais.

Web de Vídeos de Castrelo de Miño: www.castrelo.tv É un novo canal de emisión de vídeo por internet sobre Castrelo de Miño, realizado coa colaboración de youtube. O visitante atopará unha recopilación do arquivo de vídeos sobre Castrelo de Miño emitidos por distintas televisións (TVE, TVG, Telemiño, VTelevisión...), vídeos gravados por persoal municipal, e subidos polos usuarios. Está en constante crecemento e cada mes incorpora novos vídeos e gravacións sobre Castrelo de Miño de distintas temáticas, destacando entre elas: Deportes, turismo, deportes náuticos, historia, festas, cultura, feira de castrelo, viño, temas forestais...

Twitter Oficial do Concello: www.twitter.com/castreloinfo Castrelo de Miño tamén está presente en twitter e comparte toda a información municipal xenerada no Concello.

Grazas ás novas tecnoloxías e á colaboración dos usuarios pódense ver vídeos de Castrelo de Miño gravados desde helicóptero, drones, desde barcos e catamarán turístico, desde motos de estrada (ruta polas estradas de Castrelo), desde motos de enduro e bicicletas de BTT

Correo electrónico oficial: concello@castrelo.org Calquera consulta pode realizarse a través deste correo electrónico oficial

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

7


CASTRELO ATENDE

Castrelo de Miño, Goberno Aberto O concello de Castrelo de Miño aposta pola transparencia, a participación e a colaboración dos seus veciños, e levou a cabo o programa "Castrelo de Miño Goberno Aberto", que é un modelo aberto e participativo, no que se involucrou á cidadanía na mellora dos servizos públicos e na proposta de novas políticas de xestión municipal. Para iso creáronse novas canles de comunicación directa e permanente entre os veciños/as de Castrelo de Miño e o seu Goberno Municipal.

Alcalde e equipo de goberno visitaron os núcleos de poboación para INFORMAR sobre as distintas xestións municipais, RESPOSTAR ás preguntas plantexadas e RECOLLER todas aquelas suxestións achegadas polos veciños/as. Os tres piares nos que se basea o Goberno Aberto son: a transparencia, a participación e a colaboración. 1. Transparencia Desde o Goberno Municipal ponse a dispor dos veciños informacións e datos en tempo real sobre a súa actividade, actuacións, decisións, plans e intencións. A día de hoxe xa están plenamente operativas a páxina web municipal www.castrelo.gal onde se ofrece información detallada sobre todas as xestións municipais, os distintos procesos de contratación, as actividades culturais e deportivas que realiza o concello, bandos, información sobre axudas e subvencións...

8

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

Tamén están operativos os perfiles nas redes socias (Facebook, Twitter e Youtube) e incluso se creou unha canle de televisión "Castrelo.TV" onde se comparten todos os videos relacionados con Castrelo de Miño. Así mesmo para todos aqueles veciños que non teñen acceso ás redes sociais publícanse regularmente BANDOS que son distribuídos en todos os núcleos de poboación do concello, e realizaranse publicacións periódicas da revista municipal "Castrelo Informa". 2. Participación Todas as actuacións, medidas e decisións do goberno municipal poderán ser debatidas, valoradas e completadas coas opinións dos veciños.

Estas aportacións poderanse realizar sobre as medidas impulsadas polo goberno municipal pero tamén os veciños poderán plantexar as súas propias propostas, ideas ou iniciativas para ser debatidas e analizadas entre todos. 3. Colaboración O goberno municipal colabora cos veciños, as empresas, e as asociacións aportándolle novos métodos de traballo colaborativo. O goberno municipal escoitaraos e traballarán xuntos para conseguir unha sociedade máis conectada e mellor. O Goberno Aberto avoga por un modelo aberto e participativo, involucrando á cidadanía na mellora dos servizos públicos e na proposta de novas políticas de xestión municipal. Por exemplo unha das xestións realizadas con este método, foi a implementación do programa “Cidades Saudables”, na que se crearon distintas mesas sectoriais formadas por veciños e representantes de todos os sectores relacionados coa saúde, e se traballou conxuntamente.



CASTRELO ATENDE

O traballo e a reivindicación conxunta dos veciños e a corporación municipal dá os seus froitos

En 2014 a Consellería de Medio Ambiente territorio e infraestruturas pretendeu levar a cabo unha nova sinalización horizontal da estrada OU-402 que discorre ao longo do Concello de Castrelo de Miño. Esta reforma da seguridade vial supuña a transformación de zonas de liñas discontinuas en continuas, impedindo xiros e incorporacións de vehículos onde antes si se podía. Na meirande parte dos cruzamentos existentes na estrada OU-402, a sinalización impedía un fácil acceso aos viais secundarios que conectan co resto das aldeas de Castrelo de Miño. Tras a muda da sinalización, moitos veciños e veciñas do Concello atopáronse con que non podían ter acceso directo ás súas propiedades ou vivendas. Por conseguinte, víanse obrigados para acceder a elas a percorrer varios quilómetros para respectar a

Nova de La Región sobre o repintado da estrada

Nos últimos anos, desde institucións e gobernos doutras administracións distintas da local, como Deputación, Xunta de Galicia ou Estado, pretendéronse impoñer en Castrelo de Miño unha serie de medidas que non foran previamente consensuadas co Concello e cos veciños, ou que a sabendas se consideraban inxustas. En todas elas o concello púxose ao lado dos veciños, e conseguiu que se paralizaran ou se rectificaran esas decisións que non eran as máis adecuadas para Castrelo de Miño. Algúns exemplos foron:

Sinalización da estrada OU-402 Ourense – Cortegada.

Reclamación do arranxo da estrada de Macendo

colaboración cidadá

10

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño


CASTRELO ATENDE

nova sinalización, razón pola cal transmitiron o seu malestar e descontento á Corporación Local. O equipo de Goberno do Concello, facéndose eco da petición popular, puxo en marcha unha recollida de firmas entre a veciñanza para reclamar á Consellería que se modificara a nova sinalización da OU-402 ao seu paso por Castrelo de Miño. A Consellería decidiu, tras as máis de 600 reclamacións presentadas polos veciños do concello e maila Corporación Local, repintar de novo a estrada OU-402 e permitir de novo o acceso a outras vías municipais e a garaxes e propiedades privadas, colocando sinais de reducción de velocidade.

acordo en contra destas actividades mineiras,que poderían afectar á denominación de orixe Ribeiro. Os veciños constituíron a plataforma veciñal Ribeiras do Miño e xunto ao Concello presentaron as primeiras alegacións na Delegación Territorial da Consellería de Industria en Ourense. Seguido destas alegacións, cunha representación duns 50 veciños do concello que se desprazaron a Santiago de Compostela, entregáronse tamén no Rexistro da Xunta de Galicia. As reclamacións chegaron tamén á Deputación Provincial de Ourense, foron debatidas no Parlamento Galego e unha representación da asociación Ribeiras do Miño visitou Bruxelas para presentar tamén as alegación no Parlamento Europeo. Numerosos asociacións e movementos ecoloxistas de Galicia apoiaron as movilizacións.

Actividades extractivas: Minas e Canteira.

No parlamento europeo en Bruxelas

Inspección de tractores e motocultores Os propietarios de tractores, tractocarros e motocultores de Castrelo de Miño, atopáronse coa sorpresa de que os seus vehículos non conseguían pasar a ITV no posto móbil que se ubicou en Castrelo de Miño a finais do ano 2012.

En contra da minería diante da Xunta

Foron os afectados de Castrelo de Miño os que pediron axuda ao Concello despois de intentar solucionar a situación en Industria e en Medio Rural, sen que lles achegasen unha resposta satisfactoria para poñer ao día os seus vehículos. Responsables da Delegación da Xunta en Ourense confirmaron que se trataba de 'unha cuestión técnica', aínda que sen precisar o motivo polo que en Castrelo non podían circular o 80% dos tractores (en torno a 40 vehículos). Dada a problemática, desde a alcaldía mantivéronse xuntanzas coa Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural e do Mar e a Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria en Ourense. Asemade, requiriuse por escrito á Delegación Territorial da Xunta en Ourense a busca dunha saída. Os veciños e veciñas de Castrelo de Miño e o concello, opuxéronse en 2012, e conseguiron paralizar dous proxectos extractivos autorizados pola Xunta de Galicia que ían permitir a explotación dunha mina e dunha canteira no espazo natural protexido Ribeiras do Miño. Un dos motivos polo cal a poboación do concello iniciou as movilizacións foi a posibilidade de que estas actividades se instalasen a menos de 300 metros de algunhas aldeas do municipio. Alén disto, os sector vitivinícola da comarca, manifestou a súa disconformidade aprobando no pleno do Consello Regulador un

A Consellería de Industria atopou unha solución para desbloquear os expedientes de todos os tractocarros afectados. As consellerías de Industria e Medio Rural chegaron a un acordo para rematar coa inmobilización dos tractores agrícolas con matrícula anterior a 1990, que non superaran a última ITV (Inspección Técnica de Vehículos) realizada a finais do 2012. Os vehículos nesa situación regularizáronse por medio dunha chamada da ITV ou co desprazamento ás propias instalacións de revisión de vehículos sito no Parque empresarial de Pereiro de Aguiar.

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

11


CASTRELO ATENDE

En contra dos recortes en educación

Nova de La Voz en defensa do ensino

Defensa do colexio de Castrelo de Miño.

A Consellería de Educación da Xunta de Galicia anunciou durante o curso escolar 2011-2012 unha serie de recortes que afectarían a centros educativos e que suporían a eliminación de 40 unidades educativas e 100 profesores, nun ataque sen precedentes ás escolas do rural da provincia de Ourense. No caso do noso Concello, o CEIP Castrelo de Miño sufriría un grave deterioro da calidade educativa dun colexio que sempre destacou polos seus excelentes resultados. Naquel momento, o CEIP de Castrelo de Miño era un dos maiores centros educativos da comarca do Ribeiro. Mantiña un total de 47 alumnos (14 en educación infantil e 33 en primaria), máis 6 novos alumnos que xa tiñan feita a súa matrícula para incorporarse no vindeiro curso 2012-13.

A Corporación municipal de Castrelo de Miño xunto cos membros da comunidade educativa, tras múltiples campañas en prol da educación no rural, lograron parte dos seus obxectivos. Non obstante, as reclamacións por parte do Concello e o contorno educativo seguen, hoxe en día, na loita por lograr unha educación de calidade e sen recortes no rural.

Dende a reunión do Consello Escolar do 28 de Xuño, representantes das nais e pais de alumnos, do persoal docente e do Concello de Castrelo de Miño, acordaron iniciar unha serie de mobilizacións coas ANPAs do Ribeiro en contra desta inxusta medida da Consellería de Educación da Xunta de Galicia. Unha das que máis participación e sona tivo, foron as 3000 barquiñas de papel que foron botadas ao Miño en defensa do ensino público, e que recolleron todos os medios de comunicación de Galicia.

12

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

Nova de La Región en defensa do ensino

O Concello aprobou o 27 de xuño 2012, nun pleno extraordinario, unha moción que esixía á Xunta de Galicia a revocación desta medida e avogaba polo mantemento da calidade educativa e o futuro dos nenos de Castrelo de Miño.


OBRAS E INVERSIÓNS

Inauguración da Casa do Concello O Concello de Castrelo de Miño, na súa pretensión de mellorar o servizo prestado aos seus veciños, considerou de máximo interese levar a cabo as obras de reforma e ampliación da Casa Consistorial, dado que se trata da administración máis próxima ao cidadán. Con este motivo o Concello redactou o “ANTEPROXECTO DE REFORMA E AMPLIACIÓN DA CASA CONSISTORIAL” e presentouno á Orde de axudas da Consellería Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se concedían as axudas económicas destinadas á realización de obras de construción, adaptación e mellora das sedes das entidades locais de Galicia conse-

guindo o Concello de Castrelo de Miño unha subvención do 80% do total da reforma, que supuxo un importe total de 240.000 ¤. Nun acto público, o 18 de marzo de 2014, Castrelo de Miño inaugurou oficialmente a súa remodelada Casa Consistorial, participando no evento ademais da Corporación municipal actual, veciñas e veciños do municipio, e un grupo de escolares do colexio público local que presentaron un traballo sobre a divulgación e sensibilización dos dereitos da infancia. Este acto cívico, presidido polo alcalde Xurxo Rodríguez Méndez en representación da actual corporación municipal e polo Vicepresidente e Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, acompañado do delegado territorial de Ourense, Rogelio Martínez, foi unha homenaxe a todos os alcaldes e edís das anteriores corporacións democráticas municipais de Castrelo de Miño que tamén foron convidados e estiveron presentes. Evento público ao que asistiron moitos veciños de Castrelo

Para atender mellor aos veciños

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

13


O delegado en Ourense e o Vicepresidente da Xunta de Galicia, xunto ao alcalde

OBRAS E INVERSIÓNS

O alcalde interven no acto inaugural

O vicepresidente da Xunta indicou que na obra desta casa consistorial, reformada ao abeiro dunha axuda da Xunta de Galicia, vese un exemplo de diñeiro ven invertido. Rueda observou que hai sitios onde no se ve o diñeiro tan ben invertido, pero aquí si, destacando que é un espazo bonito, aberto, luminoso e moderno. Este é un dos exemplos de que a cooperación entre Administracións redunda no beneficio dos cidadáns, xa que ofrecer os mellores servizos aos cidadáns debe ser o obxectivo que guíe todas as actuacións das administracións públicas e para iso é fundamental a colaboración e a cooperación entre Administracións, saber traballar xuntos e repartirse as competencias polo ben dos veciños.

14

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

A Casa Consistorial foi sometida a unha profunda transformación co obxectivo de redistribuír o espazo e así mellorar a atención aos veciños, facilitándolles o acceso aos distintos departamentos. Conseguiuse unha maior funcionalidade nas instalacións da Casa do Concello e máis dotacións e prestacións para os veciños. A planta baixa acolle aqueles servizos máis concurridos pola cidadanía como o de atención ao público, rexistro, arquivo, Servizos Sociais e Xulgado de Paz, ademais dun salón de actos do que se carecía.


OBRAS E INVERSIÓNS

Para o acceso á primeira planta os veciños de Castrelo de Miño teñen á súa disposición un ascensor e, con visión directa aos servizos de atención ao público, están situados os distintos postos de traballo dos funcionarios municipais.

Descubriuse unha placa inaugural

Ademais, no primeiro andar da nova Casa Consistorial, atopamos os servizos de Urbanismo e Tesouraría, que dispoñen dunha ampla zona na que realizar a súa xestión ordinaria. Quedan tamén ubicadas neste primeiro andar a Sala de Xuntas, Secretaría, Alcaldía e demais departamentos. Esta reforma tiña por obxecto satisfacer as necesidades culturais, sociais e de información ao cidadán, ao contar cun amplo salón de actos que dá servizo, tanto ás sesións dos plenos municipais, como a cursos de formación ou actividades informativas de interese para a poboación de Castrelo de Miño.

O salón de actos acolleu a moitos veciños

Alunos do colexio de Castrelo tamén participaron

Concelleiros das anteriores lexislaturas

Alunos do colexio de Castrelo tamén participaron

Segundo indicou o alcalde Xurxo Rodríguez Méndez apostamos por unha reforma moderna e actual, sinxela e sin excesos, pero sobre todo transparente, con paredes, portas e xanelas de cristal. Nada hai que agochar, nunha administración pública, todo ten que estar á vista.

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

15


OBRAS E INVERSIÓNS

Novo centro cultural

Centro socio-comunitario de Macendo O Concello de Castrelo de Miño iniciou en 2014 a construción do centro socio-comunitario de Macendo, no Campo da Festa desta parroquia. En marzo de 2015 está previsto o seu remate e posta a dispor dos veciños e veciñas. Esta zona é a principal área de recreo que dispón a Parroquia de Macendo, sendo lugar de desenvolvemento de actividades lúdicas organizadas polos veciños da zona. En moitas ocasións, debido ás condicións climáticas, os veciños vense obrigados a suspender as actividades e actos previstos ao non dispoñer dunha zona cuberta. Por este motivo, o Concello de Castrelo de Miño deseñou un proxecto para dar resposta ás necesidades que presentan os veciños de Macendo para o desenvolvemento de diferentes actividades nos terreos destinados ao Campo da Festa.

16

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

A construción deste local ten como obxectivo albergar as actividades municipais nesta parroquia, así como os diferentes usos que demandan os veciños do lugar, tales como reunión de asociacións, representacións de teatro, charlas, ou as actividades propias das festas da parroquia de Macendo. Este local socio-comunitario terá unha superficie cuberta útil de 152,30 m2.


OBRAS E INVERSIÓNS

As obras comezaron coa construción dunha envolvente de formigón armado a modo de estrutura, conseguindo un espazo diáfano cuberto que poida ser empregado ao longo de todo o ano. De seguido, fíxose a cuberta inclinada cunha prolongación na fachada principal co obxectivo de ter un espazo cuberto do sol. O centro socio-comunitario divídese en dúas pezas ou seccións; a primeira adicarase a almacén e aos aseos adaptados diferenciados por sexo, e a segunda será un espazo polivalente onde se desenvolverán as diferentes actividades organizadas pola veciñanza, e que cando a ocasión o requira poderá abrirse totalmente ao exterior, ao contar cunha fachada de aluminio e vidro desmontable. Ambos espazos estarán comunicados por un patio interior semi-cuberto dándolles luminosidade. Este proxecto realizouse en dúas fases, cunha inversión aproximada de 112.000 euros.

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

17


OBRAS E INVERSIÓNS

Reforma e rehabilitación da

Praza da Capela das Bouzas As obras de urbanización e mellora do ámbito prevían a demolición dos diferentes pavimentos existentes, substituíndoos por outros de aspecto pétreo para que estiveran acordes co resto do núcleo.

18

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

Esta obra realizouse no ano 2012 froito da colaboración entre o Concello de Castrelo de Miño e os veciños das Bouzas.


OBRAS E INVERSIÓNS

Praza de Santo Estevo Tamén se realizou a mellora e asfaltado do camiño que une a praza coa parte alta da aldea. Trátase do quinto proxecto de similares características, despois das reformas realizadas en Santa María, e nas prazas de Prado, Astariz e Macendo. O Concello de Castrelo de Miño, realizou en 2012 as obras de acondicionamento da praza de Santo Estevo, que destaca pola súa igrexa barroca, a praza, un cruceiro, a casa reitoral e unha fonte pública. O proxecto de Santo Estevo contemplou o levantamento do asfalto nunha superficie de aproximadamente 500 metros cadrados para ser substituído por pedra, lastra e formigón armado. Ao mesmo tempo, integrouse na praza un tramo da estrada, coa utilización dos mesmos materiais, sendo asfaltado o resto deste vial ata a parte alta da aldea. Nesta intervención foi necesario incorporar as recomendacións do servizo de Patrimonio a fin de executar o proxecto en consonancia co conxunto histórico. O importe total da reforma da praza e do arranxo do camiño, superou os 45.000 euros.

Arranxo do camiño próximo á praza

Inicio das obras na praza

Praza e camiño á igrexa

Praza e cruceiro

Reforma integral da

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

19


OBRAS E INVERSIÓNS

Reforma e rehabilitación da

Praza e fonte da Lama Esta obra realizouse no ano 2013 e pretendeuse recuperar a praza da Lama en Prado de Miño, e a súa fonte, acompañándoas dun espazo de reunión.

Praza e Fonte da Lama

Inicio das obras

Realizáronse obras de urbanización e mellora do ámbito que prevían a demolición dos diferentes pavimentos existentes, substituíndoos por outros de aspecto pétreo acordes co resto do núcleo. Debido ás abundantes augas que asolagaban esta praza, realizouse unha importante inversión para canalizalas adecuadamente. Reconstruíuse a fonte, dándolle un aspecto máis actual e acompañouse dun espazo de ocio e lecer, xa que tradicionalmente os veciños acostumaban reunirse neste lugar.

20

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño


OBRAS E INVERSIÓNS

Xestión integral do ciclo da auga Estado actual do novo bombeo de Astariz

Melloras do abastecemento e do saneamento Bombeo de Astariz antes de ser arranxado

O estado da rede de abastecemento e saneamento non era o adecuado.

O concello non dispuña do persoal necesario. Só un fontaneiro para unha rede extensa de máis de 40 núcleos de poboación con abastecemento e saneamento (42 fosas sépticas). Non se lle adicaba o tempo necesario ao mantemento porque había que estar acudindo permanentemente ás avarías e roturas. As avarías eran considerables o que obrigaban a reparacións lentas, que supuñan días sin auga en determinados lugares.

guladora da taxa por prestacións dos servizos relacionados coa xestión integral do ciclo da auga, obrigado para cumprir coa Directiva Marco Comunitaria europea (2000/60/CE) e coa Lei de Augas de Galicia que obrigan ás entidades locais ao cobro dunha taxa cuxa estrutura tarifaria permita a recuperación de custos do servizo e desincentive o consumo en aplicación de que, quen consume e quen contamine pague. Ante a obriga de aboar o imposto establecido pola Xunta de Galicia (Lei 9/2010, de 4 de novembro) denominado “CANON DA AUGA”. Os prezos establecidos na ordenanza municipal foron aprobados pola Dirección Xeral de Comercio da Xunta de Galicia,organismo que ten as competencias de revisión das tarifas. Ante esta situación si se cobra, o Concello ten que prestar servizo de calidade.

Estado anterior da instalación eléctrica.

Non se realizaba prevención e as avarías eran cada vez máis custosas e con reparacións máis prolongadas no tempo. Peligraba o subministro polo estado da rede e das ETAPs, que estaban paradas e sin funcionamento. Ademais non había un servizo adecuado os fins de semana nin fóra do horario laboral. Era necesaria urxentemente unha dirección técnica para unha rede con sistemas electrónicos e informáticos que precisaban xa de persoal especializado que os puxera a funcionar. Non se conseguía garantir permanentemente a calidade sanitaria da auga nesas condicións. Nesa situación os veciños pagaban moi pouco pero o Concello non ofrecía un servizo de calidade. Convenio coa Deputación Provincial Obriga de aprobar unha nova taxa pola xestión integral do ciclo da auga Nesas circunstancias, en 2011 o concello viuse tamén na obriga de aprobar unha nova ordenanza fiscal re-

E para iso, para mellorar a calidade do servizo o Concello asinou un convenio de colaboración coa Deputación Provincial para a prestación de asistencia técnica, xurídica e financieira na xestión dos servizos

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

21


OBRAS E INVERSIÓNS

mento, nun par de horas desde que se producen e en calquer hora do día, sexa laborable ou festivo. Estado actual da instalación eléctrica.

Téñense realizado tamén desde aquela, entre outras moitas, as seguintes melloras: Novo pozo e potabilización en Casardeita, mellora da captación na Hermida, novo pozo en Meizo, mellora da calidade do abastecemento a Oleiros e a Frieira, mellora e potabilización da captación para Parada e Souto, mellora das captacións de Santo Estevo, arranxo e posta a punto de todas as ETAPs... e moitas outras máis. Que non falte a auga. municipais de abastecemento de auga potable, saneamento e depuración de augas residuais. Entre as melloras conseguidas con esta colaboración destacan que os usuarios dispoñen dun teléfono de atención as 24 horas, con servizo de garda e reparación para os fins de semana e días laborais fóra da xornada de traballo, atención presencial de queixas e reclamacións na casa do concello os días 10 e 30 de cada mes, nova xestión e coidado integral das captacións, das estacións de tratamento de augas, das depuradoras e fosas sépticas, realización de controis analíticos regulares, e mantemento integral do servizo e melloras na rede. O primeiro en realizarse foi a Guía de Autocontrol, mantemento e xestión do abastecemento, un documento de varios centos de páxinas onde se recollen todas as instalacións de abastecemento e saneamento e as xestións que hai que realizar en cada unha delas. Fixo tamén un levantamento da rede en GIS, estando a dia de hoxe xeolocalizada en mapa toda a rede, incluídas arquetas, chaves de paso, etc... Melloras no servizo e na rede.

Alerta temperá que avisa de fallos e avarías por SMS

Agora todas as avarías de auga son reparadas ao mo-

22

Se ben ata 2012 en determinadas épocas do ano faltaba a auga en determinadas aldeas e incluso o concello tiña que achegar auga en cisternas, desde o ano 2012 extinguíronse todos estes problemas. Con novas captacións, coa aposta pola prevención e o control, descendeu o número de avarías e conseguiuse erradicar este tipo de deficiencias. Non houbo que levar auga en cisternas a ningún lugar desde o ano 2012. Arranxo e posta en funcionamento das ETAPs Así mesmo, realizáronse importantes e custosas reparacións nas tres ETAPs (estación de tratamento de auga potable) que dispón o concello en Astariz, A Cuqueira e Nogueiredo, para poñelas de novo en funcionamento, xa que estaban paradas e sen funcionamento. En Astariz mellorouse o sistema de bombeo e renovouse toda a instalación eléctrica. Á ETAP da Cuqueira realizóuselle unha nova captación que garante o subministro constante de auga e que permite desde 2014 abastecer con auga potable de boa calidade a maiores do pobo de Prado, tamén a Oleiros e a Frieira, que recibían auga dun pozo con graves problemas de turbidez da auga. Na ETAP de Nogueiredo reforzouse tamén a canalización coa captación para garantir un subministro permanente de auga. Fíxose unha importante reparación tamén no sistema de filtrado e potabilización de augas, xa que presentaba problemas de turbidez. Sistema de alerta temperá E en todas elas, Astariz, A Cuqueira e Nogueiredo, programáronse adecuadamente e mantéñense permanentemente vixiadas. Incluso en 2014 se informatizaron para instalarlle un sistema de avisos de avarías a través de SMS. Isto permite que si calquera das estacións para por calquera avaría, nese mesmo momento os técnicos de mantemento reciben un aviso

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño


OBRAS E INVERSIÓNS

que lles permite chegar ata a estación e reparar a posible avaría antes de que se baleiren os depósitos nos que se almacena a auga, evitando con isto que se interrumpa o subministro de auga aos usuarios. Mellora da calidade sanitaria da auga. Todas estas melloras permitiron unha notable mellora da calidade sanitaria da auga, como así se recolle nas análises semanais que realiza AquaOurense, e nas analíticas realizadas tamén pola Consellería de Sanidade. A día de hoxe, o concello dispón dun servizo de calidade a un prezo razoable. Con todas as garantías. Que conceptos figuran no recibo e canto se paga como mínimo (sen consumo de auga) 1º) Cota de conservación: 0,85 ¤/mes. 2º) Cota de servizo mínimo por abastecemento de auga: 0,85 ¤/mes (agás usos industriais). 3º) Cota de servizo mínimo por sumidoiros: 0,85 ¤/mes. 4º) Cota de servizo mínimo por depuración: 0,85 ¤/mes. TOTAL: 3,40 ¤/mes (máis IVE: 10% puntos 2, 3 e 4 e 21% punto 1) Canto se paga polo consumo de auga?

Só se pagan os metros cúbicos efectivamente consumidos. Quen máis consuma, máis paga. Así, para usos domésticos e adegas de colleiteiro a taxa por abastecemento de auga será a que resulte de multiplicar o consumo polo tipo de gravame indicado polo cadro de arriba: En 2013 modificáronse os tramos de consumo, tras as xuntanzas mantidas cos veciños e concelleiros, e escoitadas as súas suxerencias para mellorar no posible esta taxa da auga despois do incremento obrigatorio imposto pola Xunta de Galicia co "canon da auga", que desequilibrou os custes dos recibo. Ampliáronse os tramos de consumo mensual en 5 m3, pasando polo tanto o tramo do custe da auga máis barata, de 10 a 15 m3. Con esta modificación o 87% dos usuarios pasarán a estar dentro do tramo de baixo consumo, onde o custe do metro cúbico de auga é só de 0,32¤/m3. Segundo

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

23


OBRAS E INVERSIÓNS

as estimacións municipais, isto supuxo un aforro estimado do 12% no recibo da auga. O canon da auga. Un novo imposto da Xunta de Galicia Nova captación da ETAP da Cuqueira

Dende o mes de xullo de 2012, deberá aboarse o imposto establecido pola Xunta de Galicia (Lei 9/2010, de 4 de novembro) denominado “canon da auga”, e que ten dous compoñentes, un fixo e outro variable: • O compoñente fixo é de 0,5 ¤/mes, en vivendas cuxo consumo mensual sexa igual ou inferior ao tramo social (6m³ en vivendas de tres ou menos persoas, 8m³ en vivendas de catro persoas, 10m³ en vivendas de 5 persoas, etc.) ou de 1,5 ¤/mes en consumos superiores.

ETAP de Astariz

• O compoñente variable é un sistema progresivo que toma en consideración o volume consumido e o número de persoas que habitan na vivenda, dacordo coa seguinte táboa (os que consuman menos de 6m³/mes, en vivendas de tres habitantes, non pagarían nada).

(onde n é o número de persoas na vivenda) Que se paga coa taxa por prestacións dos servizos relacionados coa xestión integral do ciclo da auga ?

ETAP da Cuqueira

ETAP de Nogueiredo

A taxa grava por un lado a subministración de auga con motivo da distribución de auga potable ao domicilio, o enganche da liña á rede xeral e a colocación e utiliza-

24

ción de contadores. Por outro, tamén grava o servizo de sumidoiros e tratamento e depuración de augas residuais. Non están suxeitos á taxa os inmobles derruídos, declarados ruinosos ou que non teñan a condición de solar ou terreo.

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño


OBRAS E INVERSIÓNS

Restauración do cruceiro de Vide O Concello encargou a unha experta a súa restauración, seguindo as pautas indicadas por Patrimonio. O cruceiro de finais do século XVIII ou principios do XIX foi esnaquizado por un camión no ano 2012, mentres realizaba unhas obras en Vide. As autoridades municipais encargaron o traballo a unha restauradora especializada que reside en Castrelo de Miño e que foi encaixando as pezas rotas durante dous meses, ao mesmo tempo que incorporaba algunhas novas para substituír ás pulverizadas. Desta forma, os veciños de Vide recuperaron este elemento patrimonial que tamén serve de referencia na celebración das distintas procesións que se realizan ao longo do ano. Noemi Penela Garcia, é diplomada en Restauración e Conservación de Bens Culturais pola Universidade de Barcelona. Fai sete anos que exerce e, aínda que é natural da Coruña, fai catro que reside en Ourense e máis recentemente en Castrelo. Penela explicou que tratase dun Ben de Patrimonio Histórico catalogado, por ese motivo o seu traballo estivo supervisado en todo momento e debeu seguir as indicacións de Patrimonio. Segundo sinalou, o camión que realizaba unhas obras en Vide derrubou o cruceiro. Como resultado do accidente, o fuste partiuse en tres cachos e a cruz en cinco, ao mesmo tempo que se desintegraron algúns pedazos de granito, motivo polo cal foi necesario realizar inxeccións de pedra e resinas especiais, ao mesmo tempo que se reforzaron as xuntas con aceiro inoxidable. Finalmente, someteuse a unha limpeza e aplicóuselle un tratamento contra os liques. O cruceiro foi colocado no seu emprazamento orixinal e a súa recuperación non supuxo ningún custe ao Concello, xa que desde a entidade municipal se lle requeriu o pago á compañía aseguradora do camión.

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

25


Mellora de camiños, estradas e muros

Plan municipal de mellora de infraestructuras Arranxo de camiños en Parada

Dende o ano 2008 executáronse múltiples obras de ampliación, reparación e mellora de camiños e viais, permitindo que os veciños dispoñan de novos ou mellores accesos en tódalas parroquias do concello.

26

Noallo de Arriba

Camiño de Santo Estevo a Souto de Castrelo

Traveso

Novo muro de contencion de camiño público en Souto de Macendo

O Plan Municipal de Mellora de Infraestruturas leva vixente 7 anos, nos que se levaron a cabo melloras de diversa índole, dende a ampliación da anchura da calzada, a substitución do firme, a colocación de muros de contención ata a limpeza de maleza nas beiravías.

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño


2012 • Camiño e muro en Souto de Castrelo. • Camiño en A Carixa.

2013-2014

Camiño en Souto de Castrelo

As principais obras de mellora que se levaron a cabo son as seguintes:

Muro de contención de camiño público en Souto de Castrelo

• Ensanche de muro en Souto de Macendo. • Camiño de Santa María-Reigoso. • Camiño de Paradela. • Camiño de Foxo-Costa. • Camiño de Noallo de Arriba. • Camiño de Traveso.

• Camiño de Santo Estevo - Souto. • Camiño de Parada.

A mellora de camiños de titularidade municipal 20142015, poñerase en execución en abril de 2015 cun importe total de 75.650,41 euros: • Camiño do Cruceiro, en Freás.

Camiño de Santa María a Reigoso

• Camiño de Oleiros.

• Camiño tras de Astariz, en Vide. • Camiño do Cruceiro, en Astariz.

Accesos a Paradela

• Camiño da Lama e do Prado, en Prado de Miño. • Camiño da Ponte de Abaixo, en A Ponte de Santa María. • Camiño do Souto, en Souto de Castrelo. • Camiño do Llano en Santo Estevo. • Camiño de Tallón de Arriba e camiño da Granxa, en Tallón e Pousada. • Camiño do val da Igrexa, camiño do Enxido, camiño da Fontaíña, en Ramiras. • Camiño do Campo e camiño da Cima do Pobo, en A Bouza. • Camiño da Aira, camiño do Señorín, en Señorín. • Camiño da Carpeira, camiño da Aira, en Meizo. • Camiño do Medio e camiño da Ponte, en Casardeita.

A Carixa

• Camiño de Fondo de Vila, camiño do Souto e camiño do Centro, en Fondo de Vila.

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

27


No ano 2015, instaláronse novas zonas de xogos biosaudables para adultos en Macendo, e Barral, alén das xa existentes á beira do pavillón municipal en Astariz. Dadas as poucas, e moi espalladas zonas de lecer adicadas aos máis cativos, o Concello contempla realizar en 2015 dous novos parques infantís, en Prado de Miño e máis nas instalacións do colexio en Astariz, complementando aos xa existentes no Parque Náutico e en Macendo. Foron tamén instaladas mesas e bancos de pedra e barbacoas en distintas zonas do concello, como A Bouza, A Lama, Barral... Realizouse tamén un importante traballo de reposición nas áreas de pescadores e noutras áreas recreativas do concello, que sufriran as consecuencias de varios actos vandálicos. A día de hoxe están repostos todos os elementos que foran roubados ou esnaquizados. Na aira de Albín, en Macendo, tamén se continuaron engadindo novos elementos recreativos.

28

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

Xogos biosaudables e parque infantil en Macendo

Tras a instalación de proteccións en zonas de lecer, cun elevado tránsito de vehículos e persoas, o Concello de Castrelo de Miño deu na conta da necesidade de instalar novas zonas de ocio para os máis pequenos, amais para a poboación da terceira idade.

A aira de Albín

Coidado e mellora das áreas recreativas

Nova zona de xogos biosaudables en Barral

Zonas de lecer saudables

Limpeza e poda de árbores en Macendo

OBRAS E INVERSIÓNS


OBRAS E INVERSIÓNS

Comezarán as obras en 2015 e rematarán en 2016.

Construción do novo velorio municipal Para resolver as necesidades veciñais o concello de Castrelo de Miño vai proceder neste ano 2015 a iniciar un proxecto que se artella en varias fases para contruír un velorio municipal.

Velorio

Constará de dúas salas, e óptase por unha edificación reservada, volcada a un patio interior, sendo o perímetro exterior o mais opaco e pétreo posible. As dependencias do velorio funcionan coma un claustro tradicional sendo un edificio volcado ao interior. Óptase pola introspección, debido ao tipo de uso.

Distribución interior do velorio

Formalmente o velorio concíbese como un anel inmaterial depositado no lugar, levitando a medio camiño entre a terra e o ceo, entendendo o pasamento coma unha viaxe e non como final. Dito elemento aséntase sobre un zócalo ou basamento de formigón armado que funciona como separador do contorno exterior. No patio, auga, vexetación e un banco retroiluminado en forma de cruz latina, rompen coa imaxe hermética que habitualmente teñen este tipo de construcións.

Boceto do velorio

Estas obras iniciaranse no ano 2015 con cargo a parte dos plans provincias deste ano que lle corresponden ao concello de Castrelo de Miño, segundo se recolle no BOP nº 53 do 6 de marzo de 2015.

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

29


OBRAS E INVERSIÓNS

O concello de Castrelo de Miño vai proceder neste ano 2015 á reforma integral da antiga escola de Noallo. Este edificio de propiedade municipal, antiga escola unitaria, atópase en risco de colapso estrutural, polo que é urxente proceder á súa reforma, e vaise construír un novo edificio. Para a execución do novo edificio, perséguese a súa adaptación ao lugar minimizando o impacto visual do existente. Na loita de escalas entre a antiga escola e a capela, búscase que a capela recupere o protagonismo absoluto na praza, ficando o centro veciñal como un espazo discreto e silencioso.

Novo edificio

O importe das obras a executar será de 50.000 euros, con cargo a parte dos plans provincias de 2015 que lle corresponden ao concello de Castrelo de Miño, segundo se recolle no BOP nº 53 do 6 de marzo de 2015.

Distribución interior do edificio

Reforma integral da escola de Noallo

A capela recupera o protagonismo da praza

Novo local social para os veciños

30

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño


SERVIZOS SOCIAIS

Servizos sociais e benestar

Algunhas das traballadores municipais dá área de benestar

O Concello de Castrelo de Miño leva desde 2007 apostando polo Benestar dos seus veciños e adicando unha parte importante do seu orzamento anual á area de Servizos Socias. Esta inversión viuse mellorada desde a saída da mancomunidade do Ribeiro a comezos de 2011, o que permitiu multiplicar os servizos que presta directamente o concello.

O concello realizou unha dobre inversión nesta área, unha inversión en obra pública coa construción de dous centros de servizos socias, centro de día e residencia comunitaria, e unha inversión social para prestar atención social a todos os veciños que o precisan. Estas inversións, a maiores do servizos prestados, foron tamén unha fonte xeneradora de emprego en Castrelo de Miño (1 traballadora social, 4 coidadoras + 1 para substitucións na residencia comunitaria e 8 auxiliares de axuda no fogar).

UNIDADE DE TRABALLO SOCIAL DE CASTRELO DE MIÑO. SERVIZOS QUE PRESTA. A unidade de traballo social está situada nas oficinas municipais do Concello de Castrelo de Miño. Unha traballadora social está ao seu fronte, e desde esta unidade realízanse as xestións para prestar os seguintes servizos:

•Servizo de Orientación, Información, Avaliación e Derivación dos recursos comunitarios máis axeitados a cada consulta.

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

31


SERVIZOS SOCIAIS

•Inclusión Social:

•Renda de Integración Social: Axuda mensual para a cobertura das necesidades básicas de persoas carentes de recursos.

•Axudas de emerxencia social para a poboación que carece de recursos para afrontar situacións puntuais de necesidade. Para o sostemento, mantemento e/ou equipamento básico do domicilio habitual. Para a cobertura de prestacións sanitarias, como arranxos dentais ou compra de lentes, que quedan fóra da prestación do Sergas.

•Banco de alimentos: Todas aquelas persoas empadroadas en Castrelo de Miño que teñan unha renda baixa, poden solicitar ser beneficiarios do Plan de Axuda de alimentos da Comunidade Europea aos máis necesitados de Galicia. Farase unha entrega periódica dunha serie de alimentos de primeira necesidade.

•Xestión da axuda do Concello de Castrelo de Miño por nacemento de fillo ou filla.

•Xestión das axudas para fillos e fillas menores de tres anos. •Xestión das solicitude de prazas en garderías.

•Prestacións de apoio á dependencia: Dado o envellecemento da poboación, as persoas con problemas de mobilidade ou os máis desfavorecidos son os beneficiarios directos da aposta polos servizos sociais que se fixo na última lexislatura, uns beneficios que se reflicten na calidade de vida do concello.

•Solicitude da Valoración do Grado de Dependencia: Proposta do programa de intervención e avaliación do recurso máis idóneo para cada caso.

•Orientación Laboral: Na Casa do Concello de Castrelo de Miño cóntase cun servizo de Orientación Laboral a través dos programas Aurora e Ribeiro do Miño, nos que técnicos debidamente capacitados ofrecen información, orientación e axuda na busca ou creación de emprego, dirixido aos veciños do concello que así o precisen.

•Derivación: Programa de axudas de emerxencia social de Cruz Vermella O Ribeiro: Axudas puntuais para mercar produtos de primeira necesidade para persoas en risco de exclusión social. •Familia e infancia:

•Xestión do carné de familia numerosa.

•Xestión de axudas da Seguridade Social por fillo a cargo.

32

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

•Solicitude das libranzas para coidados de dependencia: Solicitude das axudas mensuais da dependencia tanto para coidadores profesionais como familiares.

•Teleasistencia domiciliaria: servizo que serve para que os usuarios estexan conectados permanentemente, a través dun interruptor persoal en forma de pulseira ou colgante, a unha central de atención que funciona as 24 horas do día, os 365 días do ano, atendida por operadores que recollen as chamadas. Así, no caso de acontecer algunha emerxencia, a cadea de socorro porase en acción rapidamente. Fanse tamén as xestións para acceder á teleasistencia da Cruz Vermella si non hai prazas na pública, e tamén se oferta o novo sistema intelixente de teleprevención sociosanitaria chamado Mi-avizor.

•Servizo de Axuda a Domicilio: Xestión dun servizo propio do Concello con auxiliares que acoden ao domicilio a prestar servizos persoais e domésticos para a axuda á autonomía das persoas maiores e con discapacida-


SERVIZOS SOCIAIS

des. Pódese acceder ao servizo tanto polo sistema de dependencia, coma por libre concorrencia, se aínda non se obtivo valoración de Dependencia. Este último servizo deixou de ser financiado pola Xunta de Galicia en 2012, pero o concello de Castrelo decidiu mantelo operativo financiándoo con fondos propios, e cunha pequena aportación dos usuarios e a deputación.

•Centro de día: Un centro social onde os veciños e veciñas de Castrelo poden asistir a cursos de formación, actividades de lecer, obradoiros e actividades sociais, actividades culturais, actividades para a muller, para a terceira idade...

•Residencia comunitaria: Trátese dun centro de atención residencial a persoas maiores sen valoración de dependencia e dependentes grado I, co obxectivo de manter a súa residencia no concello. A partires de 2015 préstase tamén un novo servizo de “Vivenda de Día”, no que se presta un servizo de atención de 12 horas continuas, con atención personalizada e que inclúe todas as comidas, o uso das áreas de comedor, salón social e unha cama para descansar durante determinadas horas do día. No servizo tamén se inclúe o servizo de lavandaría da roupa destes “usuarios de día” •Xestións de trámites de inmigración:

•Orientación na xestión de permisos de Residencia. •Emisión do Informe Social de Arraigo.

•Intervención nos casos detectados de Violencia Machista:

•Orientación e derivación ó CIMM de Ribadavia.

•Planificación de fuxida en casos de emerxencia coordinando a través do CIMM de Ourense a derivación á Casa de Acollida. •Saúde:

•Solicitude De Programa Galego De Protección Social Da Saúde Pública: Xestión da tarxeta sanitaria a persoas en risco de exclusión social que carezan de cobertura.

•Solicitude do Grado de Minusvalía: Solicitude de valoración da discapacidade. A obtención deste grao conleva vantaxes posteriores en distintos trámites.

•Solicitude de Pensións Non Contributivas: Para persoas con máis de 65 anos ou cunha discapacidade que lles impida traballar, e que carezan dos períodos de cotización solicitados pola Seguridade Social.

•Solicitude da tarxeta de aparcamento para persoas con minusvalías ou para o seu condutor habitual.

•Solicitude de reintegro dos gastos sanitarios: Apoio na xestión da solicitude do reintegro de gastos de transporte hospitalario, ortopédicos e outros gastos sanitarios que, estando nun primeiro momento fóra da cobertura da seguridade social, despois son reintegrables.

•Obradoiros e cursos do Centro Quérote: Coordinación co Centro Quérote, para charlas, dirixidas á mocidade do Concello, sobre o sexo máis seguro, prevención de embarazos, de enfermidades de transmisión sexual e sobre o uso adecuado das redes e os perfís en Twitter ou Facebook. Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

33


SERVIZOS SOCIAIS

•Transporte a citas médicas no Complexo Hospitalario de Ourense: Coordinación con Cruz Vermella para a xestión de acompañamento ó Hospital a consultas programadas, a través do seu Proxecto de Axuda a domicilio Complementaria, para persoas maiores sen recursos económicos suficientes e sen rede familiar de apoio que se poida facer cargo deles.

•Castrelo móvese por ti, BUScastrelo: É un servizo público de transporte para desprazarse dentro do propio municipio. Para iso, o Concello adquiriu unha furgoneta que conta con nove prazas e que está destinada a realizar diferentes rutas entre as distintas localidades co fin de facilitar o acceso dos veciños a aqueles servizos tan básicos e frecuentemente utilizados como os Centros de Saúde, farmacias, oficinas municipais, bancarias... ou aqueles que xestiona o Concello, como o pavillón de deportes, o centro de día, entre outras instalacións. •Programa de vacacións e termalismo social para maiores: Apoio na solicitude e xestión.

Para recibir unha información máis detallada e solicitar calquera destes servizos, os interesados poden pedir cita coa traballadora social, pasando polo Concello ou chamando ao teléfono 988493000. UNIDADE DE TRABALLO SOCIAL DE CASTRELO DE MIÑO. RESUME DOS SERVIZOS PRESTADOS NO ANO 2014. Durante o ano 2014 a unidade de traballo social do concello de Castrelo de miño prestou entre outros os seguintes servizos. Axuda a domicilio: Máis de 40 usuarios atendidos, tanto dependentes como usuarios sen valoración de dependencia. Foron atendidos por 8 auxiliares que prestaron un servizo de 10.677 horas (7.751 horas en dependencia, e 2.926 en servizos básicos)

Residencia comunitaria: Ao longo de 2014, 11 usuarios foron atendidos e viven ou viviron na vivenda. Teleasistencia domiciliaria: Tanto os usuarios que reciben o servizo desde que o comezou a prestar o concello en 2009, como todos os veciños que o solicitaron en 2014 recibiron o servizo de teleasistencia domiciliaria, ou ben o sistema intelixente de teleprevención miavizor, ou a teleasistencia da Cruz Vermella. Atención prestada na Unidade de Traballo Social en 2014: Usuarios aos que se lles dedicou atención (persoas individuais): 515 e expedientes familiares: 150, número de valoracións: 624, número de recursos aplicados: 731 e total de intervencións: 572. Prestación de información e orientación: 304 usuarios, dos que 115 foron homes e 189 mulleres. Por sectores de poboación e tipo de atención recibida, 141 foron persoas maiores, 77 familia, 6 infancia, 4 muller, 43 persoas con discapacidade, 1 persoa toxicómanas, 11 de outros grupos en situación de necesidade e 19 persoas inmigrantes. 631 actuacións de información foron tratadas a nivel interno no sistema público de servizos sociais e 82 a nivel externo noutros sistemas de protección social, así como 2 tramitacións de outras actuacións. Derivouse aloxamento alternativo para 12 persoas, deriváronse 8 actuacións específicas de prevención e inserción, e 41 de prestacións económicas. Tramitáronse 81 actuacións de apoio á unidade de convivencia e axuda a domicilio, 2 aloxamentos alternativos, 1 actuación específica de prevencións e inserción, 46 prestacións económicas, e 11 catalogadas como outras actuacións.

34

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño


SERVIZOS SOCIAIS

novo servizo socio-comunitario

Centro de día O Centro de día é edificio de referencia do concello onde se levan a cabo a maioría das actividades sociais, formativas e socioculturais. O edificio sitúase en Vide nas inmediacións do colexio do municipio.

• Obradoiros de manualidades, de cestería, de costura... • Obradoiro Historias da vida. Dirixida aos maiores do concello. • Taller de estimulación da memoria. Dirixido ás persoas maiores de 55 anos. • Representacións teatrais como: Antía, Wamba e o regato pequeño. Conto para todas as idades.

É un centro social onde os veciños e veciñas de Castrelo poden asistir a cursos de formación, actividades de lecer, obradoiros e actividades sociais, actividades culturais, actividades para a muller, para a terceira idade...

• Obradoiro Recordos de tempos musicais. Dirixido á poboación da terceira idade.

O Centro de día converteuse no edificio de referencia dos servizos socio-comunitarios do concello. Mantén unha intensa actividade ao longo de todo o ano con actividades diarias, organizadas polo propio concello ou en colaboración con outras institucións como a Cruz Vermella, Solidaridad Intergeneracional, Fondo Galego de Cooperación...

• Escola de música tradicional todos os venres pola tarde

O edificio está dotado con baños e servizos adaptados, sala de xuntanzas, así como varios salóns polivalentes onde se realizan dende 2011 actividades socioculturais tales como: • Xornadas de envellecemento activo. • Proxecto arte, emoción e capacidade. Trátase dun proxecto, apoiado pola Unión Europea, que se basea na utilización de diferentes terapias creativas para o desenrolo persoal dos participantes. Dirixido a calquera persoa que queira favorecer o seu desenrolo persoal, sen necesidade de ter coñecementos artísticos previos.

• Exposicións do Fondo Galego de Cooperación

• Obradoiro de teatro todos os mércores pola tarde • Actividades e charlas de igualdade e benestar. • Programa Aurora. Desenvolto polo Concello de Castrelo de Miño, en colaboración co Instituto da Muller do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade e co financiamento do Fondo Social Europeo, co obxectivo de fomentar a inserción socio-laboral das mulleres do ámbito rural, intensificou desde outubro de 2014 o uso do centro de día coas múltiples actividades que realiza, desde talleres, xornadas, proxeccións, ou cursos de formación como o curso de atención sociosanitaria que vai formar a moitas mulleres do noso concello para poder traballar en axuda no fogar ou en institucións sociais.

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

35


SERVIZOS SOCIAIS

36

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño


SERVIZOS SOCIAIS

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

37


SERVIZOS SOCIAIS

Aberta desde 2013, presta novos servizos en 2015

Residencia comunitaria para maiores

38

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

O novo edificio destinado á atención ós maiores está situado en Vide, á beira do Centro de día, e presta atención continua 24 horas ao día 365 días ao ano.


SERVIZOS SOCIAIS

En marzo de 2011 comezouse a construción da vivenda comunitaria de Castrelo de Miño, lindante ao xa rematado Centro de día. Abriu as súas portas en setembro de 2012, con capacidade para 12 residentes, tendo preferencia os veciños e veciñas do concello. Así mesmo, poden acceder a este servizo de vivenda maiores con dependencia de grao un.

En función da capacidade económica de cada usuario, o Concello marcou diferentes tarifas sociais, a partires dun mínimo de 366 euros. É unha vivenda comunitaria que ocupa unha superficie de 400 m2 útiles, xa que posúe unha única planta para facilitar a mobilidade dos residentes. Mantendo unha gran similitude cun fogar normal, conta con dormitorios, espazos común, cociña, sala de estar, comedor, almacén, lavandería, aseos adaptados, zona de Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

39


SERVIZOS SOCIAIS

administración e un pequeno apartamento para os coidadores. Non obstante, ofrece diversos servizos, amais de aloxamento e manutención, como xestión sanitaria, dosificación de medicamentos, actividades de tempo de lecer e sociais. Dende un primeiro momento, un dos obxectivos que se fixaron as autoridades municipais á hora de poñer en marcha este proxecto foi o de manter ao ancián no seu ámbito e no seu medio habitual de vida. Ademais, satisfacer

determinadas necesidades de convivencia do colectivo da terceira idade, ofrecendo un marco de participación na vida residencial e comunitaria. Con esta residencia que leva xa case 3 anos en funcionamento, na que 14 usuarios foron atendidos e viven ou viviron na vivenda. creáronse tamén novos postos de traballo para os veciños do Concello. A día de hoxe traballan 4 coidadoras e 1 a maiores que fai substitucións por baixas, permisos ou vacacións.

40

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño


SERVIZOS SOCIAIS

Un novo servizo:

“Vivenda de Día”

Este é un novo servizo que se iniciou en 2015, no que se presta un servizo de atención de 12 horas continuas, con atención personalizada e que inclúe todas as comidas, o uso das áreas de comedor, salón social e unha cama para descansar durante determinadas horas do día. No servizo tamén se inclúe o servizo de lavandaría da roupa destes “usuarios de día”. Se están interesados en calquera destes servizos, deben dirixirse á unidade de traballo social do concello de Castrelo de Miño onde serán debidamente informados.

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

41


SERVIZOS SOCIAIS

para moverse dentro do concello

Castrelo Móvese por ti: BusCastrelo O programa Castrelo Bus, deselvolto polo Concello de Castrelo de Miño, ten como obxetivo mellorar o desprazamento dos veciños dentro do concello.

Os veciños de Castrelo de Miño dispoñen, dende o 15 de xaneiro de 2014, dun servizo público de transporte para desprazarse dentro do propio municipio. Para iso, o Concello adquiriu unha furgoneta que conta con nove prazas e que está destinada a realizar diferentes rutas entre as distintas localidades co fin de facilitar o acceso dos veciños a aqueles servizos tan básicos e frecuentemente utilizados como os Centros de Saúde, farmacias, oficinas municipais, bancarias... ou aqueles que xestiona o Concello, como o pavillón de deportes, o centro de día, entre outras instalacións. Para o goberno municipal é un servizo fundamental, xa que evita o aillamento e fomenta a igualdade de opor42

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

tunidades. É unha aposta pola mobilidade que permite que os veciños maiores, vivan na capital do concello, no límite municipal ou os que non dispoñan de medios de transporte, poidan participar en todas as actividades municipais e realizar todas as xestións que precisen.

Con tal motivo, o Concello aprobou unha ordenanza na que se considera o cobramento dun euro por unha viaxe de ida e de dous euros se realizan tamén a volta. Para o seu funcionamento, as autoridades contan coa colaboración dos voluntarios de Protección Civil de

Castrelo de Miño, que sacaron o correspondente permiso para conducir este vehículo de transporte local. O vehículo realiza dende entón rutas durante todo o día e cada día da semana polas aldeas do municipio. Os veciños e veciñas, para ter acceso a dito servizo, teñen que chamar ao número do Concello, 988 49 30 00, cun día de antelación, achegando: o seu nome, o seu domicilio e á zona do municipio á que quere desprazarse. Con estes datos, o persoal encargado do servizo asignaralle a hora de recollida segundo as necesidades do usuario.


SERVIZOS SOCIAIS

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

43


Falando de saúde: mesa intersectorial de Castrelo de Miño.

SERVIZOS SOCIAIS

Castrelo de Miño, concello saudable O Concello de Castrelo de Miño, en decembro de 2014, adheriuse ao programa de “Cidades Saudables”.

Ou concello recibiu unha subvención de 3.400 euros dá Federación Española de Municipios e provincias e do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade para desenvolver o programa. A ESTRATEXIA DE PROMOCIÓN DA PROMOCIÓN DA SAÚDE E PREVENCIÓN NO SISTEMA NACIONAL DE SAÚDE (SNS) persegue a promoción da saúde e a prevención co obxectivo de gañar anos de vida en boa saúde e libre de minusvalidez. Esta Estratexia propón o desenvolvemento progresivo de intervencións identificadas como boas prácticas e baseadas na evidencia científica, dirixidas a promover a saúde, previr as enfermidades, as lesións e a minusvalidez, actuando de xeito integral durante todo o curso da vida sobre factores como a actividade física, a alimentación, o tabaco, o alcohol e o benestar emocional, tendo en conta os ámbitos nos que vive a poboación e cunha vocación de universalidade das intervencións. As actuacións que se poñerán en marcha nunha primeira fase céntranse, en: Facilitar información de calidade para que todas as persoas poidan desenvolver estilos de vida saudables. É dicir, recomendacións e apoio á cidadanía sobre como facer que os seus estilos de vida sexan máis saudables. A isto denomínaselle na Estratexia "consello integral en estilos de vida saudables". 44

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

Facilitarase información e colaboración dos recursos (sanitarios ou non) dispoñibles na zona para promover estilos de vida máis saudables; isto é o que se denomina "vincular o consello en estilos de vida aos recursos comunitarios". Deste modo, coordinaranse os recursos ofrecidos no ámbito sanitario, cos dispoñibles na comunidade e no ámbito educativo. Focalizaranse estas accións en poboación infantil, durante o embarazo e a lactación e na poboación adulta. Para a poboación maior de 70 anos, desenvolveranse plans de seguimento individualizado para a mellora da saúde e de prevención da fraxilidade, entendida como unha situación de maior vulnerabilidade e de risco para a minusvalidez e dependencia nas persoas maiores. A finalidade é que a poboación maior manteña o maior nivel de autonomía o máximo de tempo posible. O ámbito local considérase un ámbito esencial para a Estratexia e para gañar saúde no municipio.

Presentación do programa de Castrelo saudable

A finalidade da estratexia proposta é a de mellorar a calidade de vida dos veciños con hábitos saudables. Así, o 11 de decembro de 2014 ás 19:30 horas no Salón de Actos do Concello, deuse a coñecer a presentación coa que se puxo en marcha a incorporación da Estratexia de Promoción da Saúde e Prevención no Sistema Nacional de Saúde, a través do Ministerio de Sanidade e a Federación Española de Municipios e Provincias. Para iso constituíronse unha serie de mesas intersectoriais de coordinación onde están representados sectores da educación, saúde, deportes, asociación, entre outras, co obxectivo de elaborar un mapa de recursos de mellora da saúde na localidade.


PROTECCION CIVIL E VOLUNTARIADO

Foi mercada a finais de 2013

Nova motobomba para o servizo de protección civil de Castrelo

O Concello de Castrelo de Miño tivo en conta a excelente labor realizada desinteresadamente polos máis de 30 voluntarios de Protección Civil, tanto na parte de prevención e vixiancia dos incendios, como na extinción e pronto auxilio que prestan, polo que as autoridades locais decidiron atender a solicitude feita por esta agrupación, adquirindo unha motobomba forestal de 3.500 litros, con cabina longa para 5 bombeiros, e armarios laterais onde levar todos os traxes e equipamento de extinción. Con isto mellorase o equipamento, gáñase en seguridade e gáñase en velocidade de intervención. Unha vez realizada a compra, no parque naútico realizouse unha xornada de formación dirixida a todos os voluntarios para explicarlles o manexo da motobomba.

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

45


PROTECCION CIVIL E VOLUNTARIADO

Agrupación de voluntarios de

Algúns dos voluntarios na presentación do parque móbil.

Protección civil de Castrelo de Miño

Tras a decisión tomada polo Concello de Castrelo de Miño de abandonar a Mancomunidade de Concellos do Ribeiro, desde o 1 de Abril de 2012, a agrupación de voluntarios de protección civil de Castrelo de Miño recibiu un forte impulso que permitiu aumentar o número de voluntarios e de dotacións. Nestes intres conta con sede propia, vehículos todo-terreo, pequena cisterna de intervención rápida, motobomba forestal, gran cisterna forestal, remolque de intervención rápida, zódiac e equipamento acuático, e todo o equipamento e vestiario necesario. A asociación de voluntarios de Protección Civil converteuse nunha das agrupacións máis numerosas de toda a comarca do Ribeiro, contando no día de hoxe con máis de 30 voluntarios. Desde os seus inicios fixo unha clara aposta pola formación e todos os seus

46

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

membros realizaron numerosos cursos en todas as disciplinas. A aposta pola formación permite que a agrupación conte con voluntarios que teñen entre outros os seguintes cursos: Curso básico de protección civil, incendios urbanos e forestais, condución de vehículos todo-terreo, busca e salvamento en montaña e zonas illadas, patrón de embarcacións acuáticas, desfibrilación externa semi-automática, accidentes en estrada, voluntariado en catástrofes e emerxencias, seguridade viaria e seguridade no traballo para condutores de maquinaria agrícola e forestal, curso teórico-práctico de formación sobre prevención e defensa contra os incendios forestais, primeiros auxilios cruz vermella, condución vehículo de transporte sanitario, formación básica para equipos de resposta inmediata en emerxencias( ERIE),


soporte vital básico e primeiros auxilios para os equipos de ERIE, intervención psicosocial para equipos ERIE, comunicación de malas noticias para equipos ERIE,curso teórico práctico de accidente aéreo para equipos ERIE, primeiros auxilios psicolóxicos para equipos ERIE, intervención en emerxencias por accidentes ferroviarios, socorrista acuático de espazos abertos e naturais, curso de voluntariado para o apoio e acompañamento as vítimas de violencia de xénero, voluntariado en catástrofes e emerxencias, o voluntariado na intervención con menores en conflito social,intervencións de unidades caninas de rescate, técnicas de liderazgo e motivación, accidentes en estrada, específicos de incendios( 3 niveis + o practico)apoio psicolóxico e manexo do estres en situacións criticas Destacan especialmente as labores realizadas no parque náutico de Castrelo nas múltiples competicións que se realizan ao longo de todo o ano, tanto nas intervencións acuáticas como na organización do tránsito na estrada, e a participación nos operativos de rescate no río Miño. Así mesmo hai que destacar as intervencións realizadas polo Grupo Local de Pronto Auxilio, tanto na extinción de incendios forestais, como na importantísima labor de vixiancia e prevención que realizan durante toda a época estival. Para facerse voluntario de Protección Civil so é necesario ter máis de 18 anos e facer un curso básico de formación, podendo así colaborar nas tarefas que realizan. Desde o ano 2012 realiza unha media de 80 intervencións de emerxencias anuais, a maiores das labores de vixiancia e da colaboración co concello no servizo de transporte municipal “Castrelo móvese por ti – Buscastrelo” cun funcionamento medio de 200 días ao ano.

Rescate acuático

Formación contra incencios forestais

Xornadas de información e prevención no colexio de Castrelo

Intervencións en caídas de árbores en estradas

PROTECCION CIVIL E VOLUNTARIADO

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

47


PROTECCION CIVIL E VOLUNTARIADO

No colexio de Castrelo

Simulacro de evacuación e educación vial

O colexio de Castrelo de Miño foi escenario, o xoves 29 de xaneiro de 2015, da xornada de Protección Civil e Educación Vial, que organiza o Servizo Provincial de Emerxencias, coa colaboración da Asociación de Voluntarios de Protección Civil de Castrelo de Miño. As actividades realizadas foron as seguintes: • Simulacro de evacuación do centro. Executando o plan de auto-protección que este centro educativo posúe. Este simulacro realizouse contando con medios externos de Protección Civil. • Charlas educativas de Educación Vial: orientadas ao alumnado e impartidas por persoal da Xefatura Provincial de Tráfico. • Realización dun pequeno circuíto de Educación Vial no patio do centro e no que os alumnos, circulando coas súas bicicletas, aprenderon tanto as sinais e como coñecementos básicos de Educación Vial. 48

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño


PROTECCION CIVIL E VOLUNTARIADO

Voluntariado ambiental xuvenil O Concello de Castrelo de Miño elaborou en 2014 un programa de voluntariado xuvenil no que mozos e mozas de 16 a 30 anos participaron prestando a súa colaboración, a cambio dunha pequena gratificación económica, en proxectos de acción ambiental. • Traballo de campo: Este proxecto foi financiado con axudas da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, encadrado no Servizo de Voluntariado Xuvenil. O proxecto estivo dirixido ao desenvolvemento de actuacións de protección, vixilancia e concienciación medioambiental, dentro do ámbito territorial do concello de Castrelo de Miño. Dividiuse en tres bloques de contidos que tentaron dar resposta aos obxectivos específicos previstos, e que se concretaron nas tarefas que se indican: • Formación: • Xornada de formación básica en materia de voluntariado • Xornada de formación específica en materia de prevención de incendios e sensibilización medioambiental.

• Tarefas de vixilancia disuasoria polos montes do concello. • Sinalización das tomas de auga. • Instalación sinais de perigo de incendio nas zonas máis conflitivas, recordando a prohibición de facer lume durante os meses de verán. • Localizar e eliminar vertedoiros incontrolados. • A actualización da sinalización dos roteiros que dis corren polo concello. • Nos casos de incendio, as tarefas limitáronse a dar aviso ao 085 e 112.

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

49


PROTECCION CIVIL E VOLUNTARIADO

Unha moeda de cambio

O banco do tempo O Concello de Castrelo de Miño puxo en marcha en 2013 O Banco do tempo.

Actividades realizadas: ACOMPAÑAMENTO •Acompañar ou coidar persoas maiores. •Realizar xestións na rúa. TAREFAS DOMÉSTICAS •Reparacións domésticas •Bricolaxe. Un programa para a promoción da paridade entre homes e mulleres, encadrado dentro do I Plan Municipal de Igualdade e cofinanciado polo Fondo Social Europeo. O cometido do Banco de Tempo Municipal é poñer en contacto as persoas que ofrecen os seus servizos coas persoas que os precisan. Isto é, un sistema de troco no que o valor do tempo é utilizado como moeda para os intercambios entre as persoas membros do banco. Asemade, con este recurso aberto, conseguiuse mellorar a calidade de vida dos usuarios. Entre os servizos a intercambiar a variedade é tan ampla como as demandas ofertas da poboación do municipio, tales como servizos de gardaría, cursos de cociña, coidado de persoas maiores, tarefas domésticas, coidado do corpo, idiomas, novas tecnoloxías, actividades de ocio e deportivas, etc. Pretendeuse coas accións do Banco de Tempo facilitarlles ás persoas empadroadas no concello, a conciliación da súa vida persoal, familiar e laboral. As Instalacións de centralización do Banco de Tempo Municipal de Castrelo de Miño, atópanse no Centro Cultural Castrelo.info. O Concello de Castrelo de Miño puxo tamén a disposición dos usuarios, as instalacións municipais co fin de levar a cabo alí as actividades organizadas polo Banco de Tempo: Albergue Municipal, Centro de Día Municipal, Pavillón Municipal e Piscinas Municipais. 50

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

APROVEITAMENTO DO OCIO E TEMPO DE LECER •Obradoiros de cociña •Artes manuais •Paseos programados INFORMÁTICA •Emprego dos recursos das TICs


PROMOCIÓN ECONÓMICA E COMERCIAL

Mellora e humanización das

Rúas comerciais do Concello O Concello de Castrelo de Miño levou a cabo un proxecto en 2012, que contemplou a renovación da Avenida Alejandro Ferrer.

Nova parada de autobús

O propósito do plan foi o acondicionamento dunha das rúas máis concurridas de Castrelo, posto que é o lugar de ubicación de moitos servizos, como bancos, o centro de saúde, cafeterías, farmacia, parque náutico, ou a Casa do Concello, aos que acoden regularmente tanto os veciños do municipio, como o resto de visitantes.

Mellora e reparación das beirarrúas

Esta mellora supuxo a modificación dos espazos públicos, así como a colocación de novos elementos urbanos para facilitar o desprazamento dos veciños ata tódolos servizos da avenida e dos seus arredores.

Zonas de descanso con iluminación nocturna

Para facer máis visibles os pasos de peóns, colocaron novos elementos de sinalización en cada un deles. Construíron unha estrutura para a parada de bus e instaláronse bancos de madeira para o disfrute e lecer dos veciños xunto ao centro cultural Castrelo.info e xunto a outros establecementos comerciais da zona.

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

51


PROMOCIÓN ECONÓMICA E COMERCIAL

Está prevista a súa apertura para semana santa

Novo restaurante e cafetería no Parque Náutico O Concello de Castrelo de Miño pretende sacar a máxima rendibilidade ás instalacións do Parque Náutico coa apertura en 2015 dun restaurante na antiga cafetería do recinto. O concello de Castrelo de Miño, mediante concurso público, fixo unha concesión por 8 anos, prorrogables a 12, das instalacións da ala dereita do complexo de turismo náutico de Castrelo de Miño. Recibíronse catro propostas, e unha vez analizadas as ofertas técnicas e económicas, resultou gañadora a empresa denominada Parque Náutico de Castrelo S. L., sendo o administrador da mesma X. Dositeo Veiga Alonso.

A proposta que resultou adxudicataria, máis alá da apertura dun local como cafetería e restaurante, establece diversos eixos de potenciación turística e cultural onde o servizo hostaleiro sexa o reclamo, pero os servizos engadidos contribúan a fidelizar aos clientes e complementar o resto de oferta existente en todo o Ribeiro. Así, entre algunhas das accións que se executarán nos vindeiros meses, contarán con: • noites de Lúa e cea: ofertas gastronómicas con observación astronómica da Lúa, desde a terraza do Parque Náutico. • ceas temáticas: tanto desde a perspectiva histórica, como con actuacións musicais. • turismo enolóxico: actividades de cata e servizos complementarios para as adegas da zona, onde poidan facer as presentacións das súas colleitas. • turismo ornitolóxico: con servizo de préstamo de prismáticos, telescopios terrestres e guías de campo para os interesados nas aves que se poden localizar na zona, unha das que desde a Axencia de Turismo de Galicia se consideran na súa campaña de turismo ornitolóxico.

Asinatura do contrato e entrega das chaves

O Concello de Castrelo de Miño percibirá polos ingresos do aluguer un total de 55.272 euros en 8 anos, que no caso de prorrogarse 4 anos máis, ascenderían a 78.408. Por outra banda, a empresa adxudicataria realizou un investimento de 51.416 euros en obras e reformas, o que supón unha mellora e revalorización das instalacións do Parque Náutico.

Durante os meses de febreiro e marzo de 2015 están a realizarse as obras de acondicionamento e reforma para conseguir que, tras máis de dúas décadas con diferentes xestores, a cafetería e restaurante deste edificio emblemático sexan dinamizadores económicos e sociais da zona.

52

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño


Infografía das instalacións tras a reforma

PROMOCIÓN ECONÓMICA E COMERCIAL

• menús diarios de cociña tradicional galega con toques de modernidade, con rotación quincenal e cambios completos na carta aproveitando as diferentes estacións do ano. • turismo escolar: servindo de apoio aos grupos escolares que visiten a zona para realizar actividades no Clube Náutico ou pernoctar no albergue municipal, con actividades de animación infantil e diversos paquetes de turismo activo.

En definitiva, unha oferta moi completa que se pretende que contribúa ao desenvolvemento local desde este establecemento que, nos próximos 8 anos de concesión, colaborará a atraer poboación, turismo e aumentará os valores de toda a comarca do Ribeiro. A reforma dos locais, durante a cal verán transformado dun xeito radical a súa estrutura actual, está sendo executada polo estudo de Erba Arquitectos. Está prevista a apertura para a semana santa de 2015.

Infografía das instalacións tras a reforma

Infografía das instalacións tras a reforma

• colaboracións co Club Náutico Castrelo de Miño, que permitirán ofertas cursos, formación en vela e deportes

náuticos e paquetes turísticos con gastronomía e bautismos acuáticos.

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

53


PROMOCIÓN ECONÓMICA E COMERCIAL

Dende o ano 2012 abríronse varios negocios relacionados con este sector e encadrados en aldeas próximas ao Parque Náutico de Castrelo de Miño, zona de lecer de moitos veciños e visitantes. Os negocios que emprenderon o seu camiño foron: unha Oficina do Banco Santander (Paradela), un comercio de produtos agrarios e fitosanitarios e un café-restaurante Barral (Barral). Reabriu tamén un cafébar en Oleiros, e reabrirá a finais de marzo a nova concesión do café bar restaurante no Parque Náutico. Tamén se asentou no noso concello unha empresa de reciclaxe RESEGA, e Resega Montes, especializada na xestión forestal e o aproveitamento da resina dos piñeiros e demais recursos do monte.

54

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

Novo cafe bar restaurante en Barral

O Concello de Castrelo de Miño aposta tamén polo sector servizos, posto que o noso municipio é un enclave natural que achega tanto turistas como deportistas que veñen ás competicións que se celebran no Parque Náutico de Galicia. Amais de servizos que tamén disfrutan os veciños do noso municipio.

Nova oficina do Banco de Santander

Novas actividades económicas

Produtos agrícolas e fitosanitarios en Barral

impulso da economía municipal


PROMOCIÓN ECONÓMICA E COMERCIAL

Aposta pola vitivinicultura

eurodiputada Ana Miranda o Parlamento Europeo realizou unha xornada sobre a vitivinicultura en Castrelo de Miño para analizar a repercusión da Política Agraria Común, coa presencia de empresas, produtores e consellos reguladores.

A actividade vitivinícola é a principal actividade económica do concello de Castrelo de Miño. É o maior produtor da denominación de orixe Ribeiro, e conta con 900 viticultores e 30 adegas, sendo o concello de toda a península no que máis adegas están asentadas.

Asistiron representantes do sector de toda Galicia, que analizaron os riscos polos que vai camiñar a nova PAC, e en especial no viño. Como principal titular podería ser que non haberá liberalización dos dereitos de plantación ata o ano 2030, de todos xeitos hai letra pequena a discutir nesta cuestión. Semella próxima a entrada do sector no réxime de pagamentos por superficie, aínda que nunca foi unha demanda real da nosa viticultura, e tamén teremos o “greening” , unha partida de cartos adicadas a prácticas de agricultura sustentable e ecocompatibles, tamén fica os fondos para reestruturación do viñedo e promoción en terceiros países.

Xa na anterior lexislatura se fixeran todas as xestións oportunas ante a Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia para que foran adiante iniciativas como o polígono agrario de asociación das Bouzas, que 7 anos despois xa é unha realidade e converteuse no maior viñedo da D.O. Ribeiro. É tal a relevancia que nesta lexislatura o goberno municipal contou cunha concellería de xestión vitivinícola. Entre moitas das actividades desenvolvidas, destacan as seguintes:

Xornada europea sobre vitivinicultura en Castrelo de Miño PAC: Retos e oportunidades para o sector vitivinícola galego

Cambios na política vitivinícola da UE. Dereitos de plantación e reforma da OCM Ana Miranda eurodeputada, Xosé Manuel González da Asociación Galega de Viticultura-FRUGA Francisco Rego investigador da Estación de Etnoloxía e Viticultura de Galicía, Xosé Manuel Puga, experto no sector vitivinícola e Bernardo Estevez Villar responsable do sector vitivinícola do SLG

Ana Miranda e Xurxo Rodríguez inaugurando a xornada europea sobre vitivinicultura.

Tivo lugar o 22 de xuño de 2013. Coa colaboración da

Houbo varias mesas de debate cos seguintes participantes:

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

55


Intervencións dos presidentes dos Consellos Reguladores.

PROMOCIÓN ECONÓMICA E COMERCIAL

Estratexias comerciais nun escenario mundial Guillermo Rodríguez presidente da Cooperativa Condes de Albarei, Carlos Carrión presidente da Cooperativa Paco&Lola, Cristalina Álvarez Olleros técnica e Enóloga nas DOs Ribeiro e Monterrei, Roberto Rivas responsable da Cooperativa Moraima e Inma Pazos directora Asociación Ribeiros do Avia O Papel dos Consellos Reguladores José Manuel Rodríguez presidente CRDO Ribeira Sacra, Miguel Angel Viso presidente CRDO Ribeiro e Ramón Huidobro Vega secretario xeral do CRDO Rías Baixas. Asociacionismo vitivinícola. Experiencias. Jaime Méndez e Antonio Nieves do Polígono Agrario de Asociación das Bouzas Solaina Minei, Roberto Regal da agrupación na elaboración do viño na Ribeira Sacra, Susana Gulín da Vitivinícola do Ribeiro para falar sobre a Agrupación de dereitos de plantación de socios en novos viñedos. Foi esta unha xornada do máis alto nivel, no que estaban os máis destacados representantes do mundo vitivinícola galego que se achegaron a Castrelo de Miño.

Xornadas de viticultura natural e biodinámica Nos últimos anos o concello de Castrelo de Miño apostou por estas xornadas e está a converterse na sede oficial destas xornadas de interese galego na que participan os principais representantes da viticultura ecolóxica, natural e biodinámica. Unhas xornadas impartidas por André Rodrigues enxeñeiro agrónomo e asesor en viticultura e biodinámica. Teñen como obxectivo amosarnos como utilizar todos os recursos naturais dos que dispomos para cultivar os nosos viñedos de maneira sustentable.

56

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

Apoio aos viticultores: solicitude do contrato homologado Nesta lexislatura foron varios os anos que se aprobou por unanimidade de todos os grupos políticos representados no pleno, a solicitude á Consellería de Medio Rural, competente na materia, dun contrato homologado para regular as relacións entre os viticultores e as adegas. Nestes momentos de altos índices de paro, sería posible un retorno ao rural e o asentamento de novos veciños se se garantiran uns prezos dignos e medios de cobro razoables. Desde o pleno do concello de Castrelo de Miño instouse á Conselleira do Medio Rural da Xunta de Galicia, e ao seu Presidente a: •Promover as medidas necesarias para garantir o cobro por parte dos/das viticultores/as das contías que se lles adebedan polas uvas entregadas en pasadas campañas. •Aprobar as medidas necesarias para garantir a recollida da totalidade da produción. •Convocar de xeito urxente á Mesa do Viño do Ribeiro coa finalidade de acadar acordos inmediatos neste ámbito.


PROMOCIÓN ECONÓMICA E COMERCIAL

Participantes nas xornadas de viticultura biodinámica

•Impulsar actuacións coa finalidade de garantir para esta e para as vindeiras campañas, a existencia de contratos homologados no Ribeiro e nas diferentes denominacións de orixe vitivinícolas galegas, nos que se establezan os prezos en función das variedades, graduación, etc, e demáis cuestións que pacten as partes. Se a Xunta de Galicia promoveu un acordo que permitiu a recente asinatura dun contrato homologado na D.O. Rías Baixas, non debemos pedir menos para a D.O. Ribeiro. •Que todas as axudas ao sector industrial, incluídas as de promoción e comercialización, estean vinculadas á existencia de contratos homologados no que os acordos que a través do IGAPE, ou calquera outro instrumento se establezan, lle garantan aos viticultores a recollida da uva cun prezo xusto, e o cobro en cada campaña.

Apoio ás adegas e colleiteiros: promoción e participación en feiras.

Público asistente á xornada europea de viticultura

Están tendo grande éxito as actuacións promocionais dos viños das adegas e colleiteiros de Castrelo de Miño nas feiras turísticas ás que asiste o concello de Castrelo de Miño. Así mesmo o concello tamén fixo unha forte inversión en 2014 para organizar o RIBEIROBLUES WINEFESTIVAL, que se converteu xa na súa primeira edición nun evento moi importante para a promoción e venta dos viños das adegas e colleiteiros de Castrelo de Miño, e que ao mesmo tempo achega a Castrelo a numerosos turistas e visitantes.

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

57


PROMOCIÓN ECONÓMICA E COMERCIAL

Éxito da primeira edición de 2014

Ribeiro Blues Wine Festival O obxectivo principal deste festival foi apoiar e difundir a cultura do viño que é a principal fonte de riqueza e a razón de ser da nosa comarca e do noso concello. O festival enomusical desenvolveuse os días 8 e 9 de agosto de 2014 no espazo do Parque Náutico de Castrelo de Miño. O Ribeiro Blues Wine Festival, foi un certame único en Galicia, onde calquera que se quixera achegar, sexa pola música ou polo viño, podería disfrutar de novas experiencias que demostren que o bo viño pode ser unha fonte de grandes momentos para todos. Demostrou ser unha iniciativa cun enorme potencial á hora de achegar a cultura do viño á xente xove, os únicos coa capacidade para reanimar este sector e garantir o seu futuro. Dezaoito foron as adegas que apostaron por esta iniciativa proposta polo concello de Castrelo de Miño coa colaboración da D.O. Ribeiro: Eloi Lorenzo, Solaina Minei S.L., Cunqueiro, Elisa Collarte, Issué, Adega Mª do Pilar, Ramón do Casar, Viña da Cal, Pousadoiro, Eduardo Peña, Reboreda, Adega Viña Carpazal, Herederos de Avelino Lorenzo, Viña Costeira, Parente García, Coto de Gomariz, María Rita Pereiras López e Viña Mein. Todas elas conformaron o salón do viño, onde os asistentes puideron degustar os seus mellores caldos. Ademais, as catas organizadas a bordo do catamarán foron unha das actividades estrela, tanto pola súa orixinalidade como polo fermoso contorno no que se desenvolveron. O festival, que tivo a súa presentación na cidade de Ourense a fin de semana previa, celebrouse en no entorno do parque náutico e contou coas actuacións de Lulavai, Rooibos, Adrián Costa e "o Maquineto", Sinestesia, Sons do vento que pasa, Sés e Víctor Aneiros. O éxito acadado, tanto na participación das adegas, como do público asistente obriga ao concello de Castrelo de Miño a consolidala para que se convirta nun novo referente no mundo das feiras do viño. 58

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

O Concello de Castrelo de Miño, coa colaboración do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro, a Deputación e a Xunta de Galicia, amais da participación de 18 bodegas da comarca, ofreceu en 2014 unha nova experiencia, a de unir música e viño no Ribeiro Blues Wine Festival.


PROMOCIÓN ECONÓMICA E COMERCIAL

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

59


PROMOCIÓN ECONÓMICA E COMERCIAL

Con este propósito xurdiu a Ruta do Viño do Ribeiro, un proxecto consistente en integrar recursos e servizos de interese da nosa zona vitivinícola, dando a coñecer os viños e tamén as nosas adegas. No ano 2014 e 2015 levouse a cabo a apertura de varias adegas en diferentes aldeas do concello, o que supuxo tanto un reaxir do sector vitivinícola como un aumento de emprego en Castrelo de Miño. As últimas adegas que botaron a andar foron as de Ramón do Casar S.L. (Prado de Miño), O Alborexar no Ribeiro S.L. (As Cortiñas), Miguel Ángel Garrido Raña (A Hermida) e a máis recentemente Bodegas Gómez Sanmartín S.L. (Fondo de Vila). Solaina Minei S.L. (As Bouzas) tamén comezou a comercialización do viño procedente do maior viñedo da D.O. Ribeiro, case trinta hectáreas plantada polos propios veciños das Bouzas.

60

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

Solaína Minei comezou a comercializar os seus viños

Un dos obxectivos do Concello de Castrelo de Miño é promover o desenvolvemento socioeconómico desta comarca vitivinícola e difundir a cultura do viño por todo o territorio.

Adega M. A. Garrido na Hermida

Novas adegas e impulso da Ruta do Viño do Ribeiro

Adega Ramón do Casar

Desenvolvemento da vitivinicultura


PROMOCIÓN ECONÓMICA E COMERCIAL

Éxito trala súa recuperación

A feira de Castrelo Despois de máis de 70 anos sen celebrarse, en decembro de 2009 o Concello de Castrelo de Miño recuperou a organización da Feira de Castrelo. Dende entón, estase a celebrar ininterrupidamente todos os últimos domingos de cada mes no Parque Náutico.

Ven Xantar a Castrelo!: Na parte gastronómica pódese elixir entre polbo á feira, churrasco, callos, carne richada,…e comer nos restaurantes da zona ou nunha ampla zona de xantar cuberta para máis de 500 comensais. Ven Mercar a Castrelo!: A oferta de postos é moi abundante, podéndose mercar roupa, calzado, música, artesanía, produtos para o agro e a adega, alimentos, animais,…e na Carpa Municipal os propios veciños do concello expoñen e venden produtos naturais e artesanais de Castrelo de Miño.

• Unha feira de actividades! Ademais de mercar e xantar, na feira hai diversión, xa que cada mes adícase a un tema en torno ao cal se realizan distintas actividades. Ata o momento viñeron visitarnos As Bonitas de Sande, celebráronse as Xornadas Micolóxicas de Castrelo de Miño; organizouse a degustación das Galeguesas, a concentración das escolas de vela, concentración de Tuning, Clásicos e Racing e maila concentración de Vehículos Clásicos; fixéronse espectáculos de maxia, mostras de artesanía, actividades relacionadas coa saúde entre outras, tendo todas elas unha grande acollida entre os participantes. Cada mes, en cada feira sempre unha nova sorpresa!

No recinto da Feira tamén se fixeron novidosos eventos reivindicativos con grande éxito

Centos de comerciantes, labregos e artesáns de Castrelo de Miño, compradores e visitantes, ateigan con cada feira o Parque Náutico. Revelándose como un lugar privilexiado para a organización desta actividade. A Feira de Castrelo consolidouse na súa data de último domingo do mes, sendo un referente na comarca e en toda a provincia, o que se demostra a través do seu continuo crecemento.

• Mellora e humanización do entorno. O Concello de Castrelo de Miño tras o éxito da Feira de Castrelo decidiu inverter todos os anos na zona e realizar obras de mellora no recinto do Parque Náutico, e modernizar o entorno próximo ás instalacións da feira. Así mesmo toda esa zona tamén conta cun novo servizo de limpeza que mantén o entorno sempre nunhas condicións inmellorables. Tras unha primeira mellora na urbanización do campo da feira, coa ampliación do espazo cuberto para os vendedores, o Concello dotou o emprazamento con novos xardíns, ademais dunha nova iluminación acorde coa paisaxe natural.

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

61


PROMOCIÓN ECONÓMICA E COMERCIAL

62

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño



PROMOCIÓN ECONÓMICA E COMERCIAL

Participación en feiras de turismo

Castrelo de Miño promociona as súas adegas e festas gastronómicas Castrelo de Miño participa desde 2010 en distintas feiras de turismo e gastronómicas promocionado o viño das súas adegas e as principais festas gastronómicas do concello. Unha das feiras nas ques sempre da a coñecer a súa oferta turística é Xantar, Salón Galego da Gastronomía e o Turismo, unha cita que se celebra no recinto feiral de Expourense e congrega a 20.000 visitantes ao longo dos 4 días de duración.

Leváronse a cabo degustacións gratuítas para todos os asistentes durante a feira dos produtos da festa da Festa da Anguía de Barral, da festa da Codorniz de Cortiñas, e da festa da Rosquilla das Bouzas. En 2015 foi a cuarta ocasión na que asistíu con este formato o concello de Castrelo de Miño, visto o éxito acadado nos pasados anos. As adegas e as comisións de festas consideraron que este é un evento promocional que axuda á difusión das festas gastronómicas e dos viños das adegas de Castrelo de Miño. Nesta colaboración a tres bandas, o Concello fíxose cargo dos custes do stand e máis do material promocional, as comisións de festas colaboraron aportando e elaborando o seu produto, e as adegas achegando o seu viño. A boa acollida e o interese por parte do público foráneo dos produtos de Castrelo de Miño en Xantar, e a repercusión mediática que provocou nos principais diarios provincias, fixeron que merecese a pena todo o esforzo realizado por este concello para participar un ano máis neste certame gastronómico.

Stand de Castrelo na feira Xantar 2015

O concello de Castrelo de Miño acude á feira Xantar, que se celebra en Expourense, cun stand propio promocionando as principais festas gastronómicas de Castrelo de Miño. Cada un destes días ás 12:30 horas houbo unha degustación dos produtos elaborados

polas propias comisións de festas que colaboran activamente co concello neste evento promocional. E todo isto, maridado cos viños de 14 adegas do Ribeiro de Castrelo de Miño.

64

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño


Degustación de anguías e viño de Castrelo en 2014

Stand de Castrelo no ano 2012

Promocionando os viños e as adegas de Castrelo

Promocionando os viños e as adegas de Castrelo

Promocionado as principais festas gastronómicas de Castrelo

PROMOCIÓN ECONÓMICA E COMERCIAL

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

65


PROMOCIÓN ECONÓMICA E COMERCIAL

Rehabilitación de vivendas

Castrelo para vivir

O concello de Castrelo de Miño ven desenvolvendo desde o ano 2008 un Plan de Vivenda Municipal chamado “Castrelo para vivir”, que se foi consolidando co paso dos anos.

Foi parte dunha decisión e aposta municipal para mellorar os servizos de atención e asesoramento urbanístico aos seus veciños, para fomentar a rehabilitación das vivendas do noso concello, e o asentamento poboacional. Dando a coñecer a nosa privilexiada situación, dúas conexións coa autovía A-52 e proximidade con Ourense, Ribadavia e Vigo, e un incomparable contorno natural. Castrelo para vivir consta de cinco liñas de actuación: 1. Persoal técnico: O Concello de Castrelo de Miño comezou a contar desde o ano 2008, grazas á colaboración da Consellería de Vivenda, cos servizos dun arquitecto. 2. Convenios con distintas administracións: Asinouse un convenio con catastro para crear nas oficinas municipais un Punto de Información Catastral. O concello tamén se adheriu á APLU, a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística que é un instrumento organizativo de colaboración da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e dos concellos, para mellorar a calidade da ordenación urbanística e poñela ao servizo de todos os cidadáns. 66

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

3. Creouse tamén o apartado Vivenda na web municipal www.castrelo.org que recolle un amplo catálogo de vivendas en venda e aluguer de Castrelo de Miño, o que permitiu que se axilizara o mercado inmobiliario municipal. 4. Fíxose unha decidida aposta por dar a coñecer o noso concello, a súa ubicación, os seus servizos, os seus recursos, o seu potencial turístico, a través de novidosas campañas de publicidade como Castrelo de Miño. Feliz Novidade. 5. Forte aposta municipal desde 2007 pola rehabilitación de núcleos, prazas, lavadoiros, fontes e espazos públicos nas distintas parroquias dos concellos, para mellorar as condicións dos espazos públicos e fomentar a recuperación e rehabilitación das vivendas. Xa dende os inicios destas obras públicas, comezouse a observar como se revalorizaban as zonas nas que o Concello interviña e rehabilitaba, e comezaban a realizarse intervencións de reforma e rehabilitación acordes ao contorno restaurado.


PROMOCIÓN ECONÓMICA E COMERCIAL

No servizo de urbanismo, desde o ano 2008, tramitáronse licenzas para construcións, rehabilitacións e reformas de 517 casas. Por un lado, 64 son licenzas de obra maior de novas construcións ou reformas integrais. Polo outro, 453 son licenzas de obra menor, de acondicionamento das casas para unha maior habitabilidade. Analizando estes datos por parroquias destaca Santa María como a parroquia con máis licenzas de obra: 107. Seguiríana as parroquias de Macendo (103), Barral (86), Astariz (72), Santo Estevo (72), Prado de Miño (61), e Vide (16).

O Faro de Vigo fíxose eco do plan de vivenda de Castrelo de Miño

Moitas destas reformas ou novas construcións son de novos veciños e veciñas que proveñen doutros concellos e se asentaron en Castrelo de Miño.

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

67


O Faro de Vigo fíxose eco do plan de vivenda de Castrelo de Miño

PROMOCIÓN ECONÓMICA E COMERCIAL

68

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño


CULTURA, EDUCACIÓN E LINGUA

Restauración dos retablos de San Sebastián e das Ánimas na igrexa de Santa María de Astariz A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria realizará un investimento de 34.485 euros, cofinanciado nun 80% polo fondo europeo de desarrollo rexional no marco do programa operativo FEDER Galicia 20072013, para a restauración dos retablos de San Sebastián e das Ánimas na igrexa de Santa María de Astariz.

As tarefas consistirán na elaboración de mapas de estado de conservación e en controis de temperatura e humidade, para posteriormente limpar as superficies das pezas e á súa desmontaxe, e así desenvolver peza por peza o tratamento de desinsectación e a reintegración cromática. Finalmente montarase de novo o retablo, revisando as ancoraxes e mellorando o seu illamento, así como aplicando un vernizado de protección final. O 17 de febreiro de 2015 a Consellería adxudicoulle a restauración á empresa Techne Conservación & Restauración de Bienes Culturales S.C., que según costa na resolución da adxudicación do contrato, terá un prazo de execución máximo de 5 meses. Datados no século XVIII e realizados polo valisoletano Antonio Salvador Carmona, os retablos barrocos narran por unha banda o Xuízo Final e o pola outra a vida e martirio de San Sebastián, sendo especialmente destacable o detallado do traballo desta peza.

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

69


CULTURA, EDUCACIÓN E LINGUA

Biblioteca, ludoteca, novas tecnoloxías, muller e xuventude

Centro Cultural castrelo.info En xuño de 2013 o concello inicia as obras de recuperación do antigo consultorio e casa do médico de Barral, que presentaba un lamentable estado de abandono para acoller un novo centro cultural, que inclúe a primeira biblioteca pública do municipio, ademáis de ludoteca e espazo para a mocidade e a muller.. O Concello rehabilitou o inmoble cuxo presuposto inicial de restauración ascendeu a 130.000 euros, dos que o 87% se financiou con fondos europeos do programa Agader de dinamización do rural. O inmoble atopábase nun estado avanzado de deterioro, xa que practicamente non se utilizaba dende os anos 90, agás unha sala que estaba a disposición das mulleres rurais, pero que non reunía as condicións axeitadas. O devandito edificio dispoñía de baixo e primeira planta, que acolleu durante 40 anos o consultorio médico das parroquias de Barral e Santa María, mentres que a primeira planta foi usada como vivenda do facultativo.

Estado inicial antes das obras

Antes do remate das obras, desde o Concello tamén se conseguiu unha axuda da Consellería de Cultura, que concedeu unha subvención do 50% do importe total de 24.000 euros para o equipamento e acondicionamento do inmoble.

70

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño


CULTURA, EDUCACIÓN E LINGUA

Ademais, o Concello conseguiu que a empresa, seleccionada mediante concurso público para a realización da obra, asumise unha mellora de 10.000 euros para o acondicionamento de todo o ámbito do edificio.

A oferta de libros da biblioteca tivo a sorte de contar coa colaboración de moitas familias do Concello que, xunto coas asociacións nacionalistas do Ribeiro e o Club de Leones, doaron algo máis de 1.500 exemplares que suman actualmente, xunto coa aportación de fondos propios, 2.278 libros.

Tras a reforma inicial e a adecuación do vello edificio, as melloras levadas a cabo, tanto no interior como no exterior do edificio, foron as seguintes:

• Aula CeMIT

• Equipamento escénico.

Dende a súa apertura en 2014 Castrelo.Info desenvolve, nas súas instalacións, diversos tipos de cursos e obradoiros atendendo ás necesidades dos veciños e veciñas de Castrelo de Miño. Algunhas das actividades, entre outras, son:

• Mobiliario • Iluminación exterior. • Equipos audiovisuais. • Sistemas de seguridade e prevención. • Equipamento de novas tecnoloxías. • Mellora da accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas. • Bancadas de madeira ao aire libre para o lecer da lectura. No novo edificio realízanse actividades de diferente índole, dende cursos de informática, xornadas de debate ata exposicións, dirixidas a toda a poboación de Castrelo de Miño. • Biblioteca municipal.

Aula CeMIT

A creación da biblioteca era unha das prioridades e compromisos que tiña o Concello cos veciños e que agora se puido poñer en marcha con fondos europeos, igual que un espazo específico para a xuventude que non había. Así como un espazo axeitado e equipado para a asociación de mulleres rurais.

• Iniciación á informática • Navega con seguridade pola Internet • Uso de redes sociais • Manexo de memorias USB, Cds e DVDs. • Prepara a túa viaxe de verán • Entende a túa factura telefónica. • Retoque de fotografías con Picasa.

Biblioteca municipal

• Utiliza o teu ordenador de forma segura. • Edición de vídeo. • Inciación ao software libre • Uso seguro da Internet. • Uso de dispositivos móbiles. Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

71


Cultura Lecer para o tempo libre Dinamización cultural O concello de Castrelo de Miño leva 8 anos apostando por unha dinamización cultural que sirva para ocupar o tempo de ocio con actividades lúdicas e, ao mesmo tempo, enriquecedoras.

A anguía é unha das festas de referencia.

CULTURA, EDUCACIÓN E LINGUA

Dende o ano 2011 desenvolvéronse numerosas actividades culturais, entres as que destacaron as seguintes: • Teatro: Acuario, de María Canosa e teatro dos Ghazafelhos (Parque Náutico). • Encontro con Xosé Neira Vilas (Parque Náutico)

Intervención da Lira na festa da codorniz

• Bailes de salón (pavillón do colexio). • Conto Antía, Wamba e o regato pequeno (centro de día de Vide). • Sabichón e os Bolechas (Parque Náutico). • Celebración do Samaín (Parque Náutico). • Obradoiro de Recordos de tempos musicais. • Obra Express Arte da Compañía BocAberta (salón de actos do Concello). • Obradoiro Historias da vida (centro de día de Vide).

A procesión fluvial do 16 de xullo é unha actividade única a nivel provincial

• Proxecto arte, emoción e capacidade (centro de día de Vide).

72

• Obra de teatro Pim pam clown (colexio de Astariz). • Contacontos Contos vellos, novos finais por Caxoto (contorno piscinas municipais). • II Ruada da Ribeirana (Parque Náutico). • Actuación do Mago Gusi (Macendo). • Contacontos Contos coas mans abertas (centro de día de Vide). • O turista madrileño de Evaristo Calvo (Prado). • En galego, agora e sempre, actuación da Lira de Ribadavia e o zanfoñista Oscar Franco Barros (igrexa de Macendo). • Actuación da rapeira AID (parque náutico). • Nanomaxias polo Mago Román (Astariz). Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño


CULTURA, EDUCACIÓN E LINGUA

Cabalgata e festa de Reis tradicion de Nadal

Obradoiro de teatro de Castrelo de Miño

Un grupo de veciños e veciñas do concello, participan dende 2008 no obradoiro de teatro municipal. Representan diferentes obras por todo o Concello durante a época estival. Entre outras, as obras teatrais levadas a cabo por este obradoiro foron: • Todo queda na casa: un lío de amores. • Frei piadoso o vergonzoso. • O portal da Belén • Máis vale calar, que cobrar. No ano 2008 o Concello de Castrelo de Miño comezou a organizar a festa de Reis, que dende entón se segue a celebrar con grande éxito.

• Os desvelos de Martiña.

Os Reis Magos chegan ao concello de Castrelo de Miño procedentes de Ribadavia en tres maxestosas carrozas. Paséanse na cabalgata polas aldeas do municipio, rodeados de nenos e demais veciños. Ao remate da xornada, atenden a tódolos rapaces e rapazas do concello no pavillón do colexio, outorgándolle un agasallo a cada neno.Ademais, pequenos e maiores gozan dunha festa animada con música e baile, acompañada de roscón e chocolate.

Escola de música tradicional O Concello de Castrelo de Miño puxo en marcha en 2014, no centro de día de Vide, unha escola de música tradicional dirixida á toda a poboación de calquera idade que teña interese en aprender música e tocar instrumentos da nosa terra. Nesta escola os participantes poderán iniciarse ou mellorar no uso da gaita, canto, pandeireta ou acordeón.

Dado o éxito da actividade e a implicación dos actores e actrices, a finais do ano 2014, o obradoiro de teatro dá un salto cualitativo ao contar cunha nova formadora e directora profesional. Os magníficos resultados veranse como xa é tradicional, na estrea que se realizará a mediados do mes de xullo.

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

73


CULTURA, EDUCACIÓN E LINGUA

Cinema

Educamóbil

O Concello de Castrelo de Miño aposta polo cine galego e faino coa proxección dunha das mellores películas dos últimos tempos, A Esmorga o 14 marzo de 2015 no salón de plenos do Concello.

Tódolos anos instálase, no Parque Náutico ou no colexio de Castrelo de Miño, o vehículo de Educamóbil; onde os rapaces e rapazas de entre 4 e 11 anos poden gozar de xogos informáticos e de lecer durante case 4 horas. As actividades desenvólvense dentro dun vehículo equipado con ordenadores, música e xogos, e os rapaces están atendidos en todo momento por persoal cualificado.

Concentración de coches clásico A 1º concentración de coches clásicos celebrouse en Castrelo a comezos de decembro de 2007 e sucedeuse en anos posteriores. Os participantes realizan un percorrido polo concello, rematando no Clube Náutico. Co gallo do Día Internacional da Muller Traballadora, o 8 de marzo de 2014 proxectouse o filme Clara Campoamor: la mujer olvidada.

Rallie de Ourense de automóbiles antigos O Rallie de clásicos celébrouse en varias ocasións en Castrelo a principios de xuño, partindo do Centro Comercial Ponte Vella cara Castrelo de Miño. Os automóbiles entrarán a Castrelo pola estrada OU402 ata Prado, dirixindose cara as Bouzas, Fondo de Vila, Casardeita, Hermida, A Bouza e seguen cara Santomé.

Pazolandia O cine vai ser unha das actividades culturais que vai gañar espazo nas vindeiras actividades organizadas polo concello, xa que tras a reforma da casa consistorial, o salón de actos foi dotado cun equipo de proxección e audio profesional.

74

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

Todos os anos, nas datas de Nadal, o Concello de Castrelo de Miño invita aos seus veciños e aos máis novos a asistir ao parque de atraccións máis grande de Galicia.


CULTURA, EDUCACIÓN E LINGUA

Festa do Entroido

Desde o ano 2011 realizáronse catro edicións consecutivas das xornadas micolóxicas de Castrelo de Miño. Sempre teñen unha duración dun día, e constan dunha parte formativa, visita ao monte e recollida, e unha última fase de clasificación.

Xuntanzas informativas

Durante varios anos se realizou a festa do entroido no pavillón municipal. A festa comezaba cun xantar de entroido, que daba paso á tarde a unha grande festa de disfraces na que participaban maiores e cativos.

Concertos de Nadal Todos os fins de ano, se realiza unha actuación musical nalgunha das igrexas do concello de Castrelo de Miño. Entre elas destacaron • Actuación do gaiteiro Patrick Molard (Santa María).

Organizáronse desde o concello varias xornadas formativas dirixidas aos veciños e veciñas de Castrelo de Miño. Entre elas destacaron pola súa participación:

• Actuación de Ano Novo, pola Coral de Viladauga de Laias (Santo Estevo)

• Xornada informativa sobre preferentes, subordinadas e outros produtos financieiros.

• Actuación de Lulavai (Santa María).

• Xornada informativa sobre os emigrantes retornados e a tributación e sancións das pensións que reciben do exterior

• Actuación da Coral Polifónica do val do Avia (Prado de Miño) • Actuación da Banda La Lira e o zanfoñista Oscar Franco (Macendo)

Xornadas micolóxicas

• Xornada informativa sobre alternativas agrícolas e forestais, nas que se informou sobre novos usos e aproveitamos do monte, con plantación de oliveiras ou aproveitamento da resina dos piñeiros.

Dominio Puntogal O 2 de xuño de 2014 abríase o prazo para formalizar as solicitudes de uso do dominio .gal para institucións, e o Concello de Castrelo de Miño rexistrou a partires dese momento a súa inscrición dentro do programa Pioneiros, que acollerá ós primeiros 90 dominios de administracións públicas, empresas e entidades sen ánimo de lucro. Unha vez que esta solicitude foi admitida e aprobada pola Asociación Puntogal, entidade encargada de avaliar as candidaturas presentadas, a web da institución local pasou a ser www.castrelo.gal

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

75


CULTURA, EDUCACIÓN E LINGUA

Campamentos urbanos para os cativos

O Concello de Castrelo de Miño participa dende hai máis de 7 anos en distintos circuítos culturais que permiten asistir aos veciños, no propio concello e en distinta parroquias, a representacións teatrais, actuacións de maxia, monólogos ou actuacións con monicreques e marionetas.

Visita de Xosé Neira Vilas a Castrelo de Miño

Teñen lugar no parque náutico nos meses de verán, e constan de múltiples actividades e talleres formativos e de lecer. Son xornadas na que os rapaces do noso concello poden tamén convivir con rapaces doutras zona da península que pasan parte do verán no albergue municipal.

Outras actividades culturais

Todos anos se realizan varias exposicións de diversa temática en varios edificios municipais. Dos últimos anos poderíase destacar a exposición itinerante Querido Balbino, 1961-2011. 50 anos de Memorias dun neno labrego, a exposición de pinturas de Etelvino González Espiñeira, ou as diversas e variadas exposicións do Fondo Galego de Cooperación.

76

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

Concerto de arpas de Lulavai en Santa María

Exposicións


Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

77


CULTURA, EDUCACIÓN E LINGUA

En galego, agora e sempre A igrexa da parroquia de Santa María de Macendo, foi o escenario elixido pola Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística no ano 2012 para poñer fin ás actividades, que durante todo o mes de Santos, se viñeron desenvolvendo en moitos concellos de Galicia para fomentar o uso da lingua galega na liturxia, nas necróloxicas e mesmamente nas lápidas funerarias. Os veciños e veciñas da parroquia participaron na convocatoria dun acto de exaltación da memoria cultural e lingüística, e tamén de reafirmación da galeguidade expresando a vontade de garantir un futuro mellor para o noso idioma. Principiaron os actos ao pé do adro da igrexa, coa descuberta dunha placa de homenaxe aos devanceiros na que se fixo constar que “grazas a eles, Galicia segue a ter cultura e lingua de seu” Xa no interior da igrexa desenvolveuse a segunda parte do acto coas intervencións do Sr. Alcalde de Castrelo de Miño, don Xurxo Rodríguez Méndez; o Presidente da Asociación de Funcionarios, don Xoaquín Monteagudo Romero; Don Delmiro Barrera, crego da parroquia e o etnógrafo ribeirán, Clodio González Pérez. Ismael Rodríguez, un rapaz da parroquia, leu o poema de Ramón Cabanillas, “Galicia”. Na presidencia do acto estiveron varios membros da corporación municipal. A parte máis emotiva foi a sinatura individualizada, perante a Sra. notaria de Ribadavia, dunha acta de derradeiras vontades na que cadaquén manifestou o seu desexo de que todo o relativo ao seu pasamento se realice, chegado o momento, exclusivamente en lingua galega. A xornada foi amenizada pola banda de música “A Lira de Ribadavia” e os acordes da zanfona de Oscar Franco que fixeron a ledicia de todos os presentes.

78

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño


CULTURA, EDUCACIÓN E LINGUA

Plan de normalización lingüística

Conserva o Galego! O Concello de Castrelo de Miño realizou en 2014 o proxecto “Conservo o galego!” cuxo obxectivo foi promocionar o uso, posta en valor e difusión da nosa lingua e da súa paisaxe humana, cultural e social a través dunha obra artística elaborada polos propios veciños. Exposta de maneira presencial e na rede . des dirixidas á consecución dunha exposición muralística con latas de conserva, e son as seguintes: •A inspiración creativa. Un día mimadriña querida! •Recuperamos e contamos a nosa memoria. Recollida e creación de material.

Mural artístico

•Obradoiro de novas tecnoloxías, blogs e redes sociais para a difusión do noso proxecto: Conservo o Galego. •Conservamos o galego! A montaxe da exposición Conservo o galego.

Conservo o galego! é un plan de normalización lingüística e intercambio interxeracional, que abrangue tanto aos nenos como os maiores. O propósito é conseguir unha obra, ou produto final artístico, que xorde da recuperación da memoria emocional e fotográfica da poboación de Castrelo de Miño en torno á lingua galega.

Como resultado das actividades levouse a cabo unha exposición con 100 latas de conserva, as cales contiñan debuxos, fotografías antigas e actuais proporcionadas polos participantes, así como vídeos e retratos dos mesmos. Amais disto, cada conserva tiña, ao seu carón, unha palabra ou frase explicativa da fotografía ou debuxo que posuía e un código QR para acceder ao material complementario da web.

Alunos do CEIP de Castrelo participando no proxecto

O proxecto levouse a cabo en 5 sesións interrelacionadas, nas que se desenvolveron unha serie de activida-

•Inaugaración da exposición Conservo o galego. Conversas en conserva

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

79


CULTURA, EDUCACIÓN E LINGUA

Complemento á escola

Actividades educativas para os nenos

Reforzo escolar aos alumnos/as de Educación Infantil e Educación Primaria. • Apoio coas tarefas escolares. • Técnicas de estudo.

O Concello de Castrelo de Miño ten como obxectivo potenciar a oferta de actividades culturais e educativas, de carácter voluntario e en horario de tarde, para contribuír á formación integral do alumnado As actividades son dirixidas aos máis cativos, dende os 4 aos 11 anos de idade, supervisadas por un monitor e adaptadas ás idades dos nenos e nenas participantes. Actividades extraescolares e apoio escolar O Concello de Castrelo mantei desde hai varios anos un programa de actividades extraescolares e de apoio escolar para todos aqueles nenos do colexio do municipio que se quixeran inscribir. Un plan que non supón un custo a maiores para as familias do municipio. Este proxecto baséase na necesidade de ofertar actividades socio-culturais, tanto a alumnos/as de Educación Infantil como de Educación Primaria, asemade, na oportunidade de que os nenos reciban un apoio escolar e así poder mellorar a súa formación académica. O programa de actividades divídese en dous grupos: Actividades lúdicas para contribuír ao desenvolvemento educativo e socio-cultural do alumnado. • Taller de pintura. • Taller de manualidades. • Obradoiros de reciclaxe. • Obradoiros de música. • Xogos.

80

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

Antes de desenvolver as actividades lúdicas, os nenos e nenas realizarán as tarefas académicas e o estudo pertinente no caso de exames, ámbalas dúas coa axuda dunha mestra titulada. As actividades desenvólvense nas instalacións do colexio ao longo do curso escolar en horario de tarde, de 15:45 a 17:45 horas, todos os martes e xoves tras finalizar o horario lectivo. Para un maior rendemento dos pequenos realízase un descanso de 15:45 a 16:00 horas.


CULTURA, EDUCACIÓN E LINGUA

Galardóns

Premio de UNICEF ao Concello de Castrelo de Miño por boas prácticas coa infancia. Ao longo desta lexislatura, a Corporación Municipal foi galardoada en varias ocasións polo seu ben facer nas diferentes áreas de goberno.

Unicef recoñeceu ao Concello de Castrelo de Miño a labor realizada coa infancia e outorgoulle un dos premios do VI Certame de Boas Prácticas das Cidades Amigas da Infancia en 2012, polo proxecto “Nunca sen almorzo” da categoría de Dereito á Saúde. Dos 315 concellos galegos, tan só recibiron este recoñecemento a cidade de Ourense, na categoría medioambiental, e o Concello de Castrelo de Miño na categoría de saúde. UNICEF España convoca este certame como unha das principais iniciativas comprendidas no marco de traballo conxunto que liga ás institucións que integran a Secretaría Permanente do programa Cidades Amigas da Infancia. Dita iniciativa recoñece que o municipio é un dos principais ámbitos de socialización do neno e da nena, un entorno seguro e enriquecedor que lle permite acadar o seu pleno desenvolvemento físico, psíquico, social e moral. Encadrada dentro desta iniciativa, o proxecto “Nunca sen almorzo” realizouse no CEIP de Castrelo de Miño, coa colaboración da comunidade educativa, a consellería de educación da Xunta de Galicia, e coa coordinación da Concellería de Educación do Concello de Castrelo de Miño. Este proxecto marcaba unha serie de obxectivos a acadar tanto cos cativos como coas súas familias entre os que destacaban: • Contribuír a mellorar a programación dun menú e a saúde dos escolares. • Coñecer e distinguir as calidades dos alimentos para conseguir unha alimentación san e equilibrada. • Informar ás familias da importancia de facer un bo almorzo.

A TVG fíxose eco do premio

• Evitar o consumo de alimentos non saudables. Para lograr estes obxectivos realizáronse unha serie de actividades na escola como foron: charlas informativas ás familias e alumnado sobre a importancia dunha dieta equilibrada e san, elaboración dunha pirámide alimenticia por parte do alumnado, elaboración de menús equilibrados ou degustación dun almorzo con todo tipo de alimentos variados e adecuados á dieta san. Grazas a este proxecto a comunidade educativa de Castrelo de Miño adquiriu unhas melloras nos seus coñecementos alimenticios ao coñecer o valor nutricional dos alimentos e valorar a importancia dunha dieta saudable, que permitirán uns cambios duradeiros nos menús das familias para elaborar unha dieta equilibrada e san. Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

81


CULTURA, EDUCACIÓN E LINGUA

o futuro da mocidade

Programa de reducción do abandono escolar A Corporación Municipal levou a cabo en 2013 un programa de actividades para reducir o abandono escolar ao abeiro da orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 26 de abril de 2013. O Concello de Castrelo de Miño viu a necesidade de apoiar non só os rapaces e rapazas que están cursando a educación obrigatoria, senón a esoutros que saíron do sistema educativo sen acadar unha titulación oficial. Estas persoas no só teñen difícil volver ao sitema, senón tentar desenvolver a súa capacidade de formarse como futuros profesionais. Nunha sociedade rural como é a do noso concello na que os rapaces e rapazas da ESO están obrigados a desprazarse ata outros municipios para asistir ás clases, carecen dunha estrutura de academias ou profesionais de distintas áreas que sirvan de axuda. A importancia de desenvolver medidas que acheguen a rede educativa con todas as súas posibilidades e os profesionais axeitados que guíen e motiven a xuventude a formarse, adquire especial relevancia.

3. DÁ O PASO: FÓRMATE. Actividades de formación encamiñadas a que os mozos e mozas que non acadaron ningunha titulación, consigan a titulación de graduado en educación secundaria obrigatoria e preparen simultaneamente as probas de acceso a ciclos de grao medio. 4. ACTU@LÍZATE. composto por seminarios de reforzo da autoestima e xestión de habilidades persoais, así como de estratexias e técnicas de traballo intelectual, para mellorar as competencias transversais e coñecer o uso das novas tecnoloxías aplicadas ao estudo. 5. FÓRMATE E TRABALLA. Programa específico de formación profesional, no que se impartirá o módulo de Montaxe e instalacións de elementos de carpintería e moble, pertencente ao certificado de profesionalidade de traballos de carpintería e moble de nivel I.

1. PUNTOXOVE. O obxectivo a seguir era a creación dun espazo de interconexión entre a xuventude do Concello, pero tamén dotar ao Concello dun punto de información tanto educativa como laboral no que solventar as dúbidas e facilitar o retorno ao sistema educativo ou a empregabilidade dos menores de 24 anos. Formada por seminarios de orientación educativa e laboral e obradoiros sobre temas de actualidade. 2. TI PODES, FAINO. Taller de recuperación con actividades de apoio e reforzo educativo, orientadas a que os mozos e mozas de terceiro e cuarto curso de ESO ou PCPI poidan adquirir as competencias básicas, prioritariamente as de comunicación lingüística e matemática, para así influír no incremento das taxas de éxito escolar.

82

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

Algúns dos mobles do taller de carpinteria

As actividades programadas foron as seguintes:


Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

83


FORMACION E EMPREGO

formación orientada ao emprego

Programa integrado de emprego Ribeiro do Miño

Unha vez resoltas as axudas, foilles concedido a esta agrupación de concellos unha axuda de 144.400 euros. O programa Integrado de Emprego Ribeiro do Miño comezou a andar en agosto de 2014 e rematará a finais de xullo do presente ano. Durante este período existen un conxunto de accións formativas que terán como destinatarios aos 60 participantes do mesmo. A finalidade deste programa é a de incrementar as posibilidades de atopar un emprego a aquelas persoas que participan, tendo preferencia: as persoas desempregadas de longa duración, menores de 30 anos, persoas inmigrantes, entre outras. Nun primeiro período, desenvolveuse, ademais da presentación do proxecto á poboación, unha selección de 60 persoas interesadas en participar. De seguido, realizáronse entrevistas individuais para elaborar o plan persoal de emprego, procura de ofertas de traballo e a posta en marcha das diversas accións formativas previstas neste proxecto. No período formativo, iniciado en outubro de 2014, os alumnos recibirán formación segundo tres grandes bloques acordes coas empresas sitas na zona (adegas, empresas forestais e cooperativas de horticultura).

Entrega de diplomas da primeira parte do programa

O programa integrado de emprego “Ribeiro do Miño”, levado a cabo entre concellos de Castrelo de Miño, Cenlle e Toén, ten como obxectivo aumentar as posibilidades de inserción laboral de persoas desempregadas. De modo que se pretende mellorar a súa cualificación profesional e, ao mesmo tempo, dotalos de experiencia laboral mediante a realización de prácticas en empresas destes municipios nos sectores vitivinícola, agrario e forestal.

Os concellos de Castrelo de Miño, Cenlle e Toén presentaron un proxecto conxunto á orde de axudas da Consellería de Traballo e Benestar para realizar un programa integrado de emprego entre os tres concellos, chamado Ribeiro do Miño e destinado a reducir o nivel de desemprego na zona.

84

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño


Alcaldes de Cenlle, Toén e Castrelo, e técnicas do programa.

FORMACION E EMPREGO

1 • Curso de peón forestal (14 alumnos-traballadores/as) Un colectivo de 14 persoas dende os días 20-10-2014 ata o 28-11-2014 durante 150 horas, levaron a cabo no Concello de Toén, na Antiga Casa do Concello, o curso de peón forestal. Durante o curso, os alumnos-traballadores/as realizaron prácticas de desbrozadora, de motoserra e de poda de árbores. 2 • Curso de operario agrícola e vitivinícola (11 alumnos-traballadores/as) Un colectivo de 11 persoas dende o día 09-01-2015 ata o 06-03-2015 durante 200 horas, realizaron no Salón de actos do Concello de Castrelo de Miño, o curso de Operario Agrícola e Vitivinícola. Os integrantes deste curso tamén levaron a cabo prácticas de poda de distintas técnicas e acudiron ás instalacións de empresas relacionadas co curso formativo:

• Instalacións da Estación de Viticultura de Galicia en Leiro. • Corchos Almeida. • Consello Regulador da Denominación de Orixe do Ribeiro onde recibirán unha explicación da historia da Denominación de Orixe e do propio Consello Regulador. • Adega Campante. 3 • Curso de auxiliar de xardinaría e horticultura (20 alumnos-traballadores/as) Nos meses de abril e maio está previsto que se realice no Concello de Cenlle o curso de Auxiliar de Xardinería. Aproximadamente 20 persoas participarán no mesmo. Terá unha duración de 150 horas. Formación complementaria A maiores destes tres grandes bloques formativos, os participantes desempregados realizarán outros cursos formativos:

Entrega de diplomas da primeira parte do programa

• Adega de Antonio Montero.

• Cooperativa Viña Costeira.

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

85


FORMACION E EMPREGO

• Curso de prevención de riscos laborais

• Curso de novas tecnoloxías

Durante os días 20-10-2014 ata o 31-10-2014, 13 persoas dos tres concellos participantes reuníranse no Salón de Actos do Concello de Castrelo de Miño, para asistir o curso de prevención de riscos laborais, de 50 horas de duración.

Durante os días 12, 13 e 14 de novembro cunha duración de 15 horas, na Casa dos Comuneiros de Barbantes, en Cenlle, 8 persoas asistirán ao curso de novas tecnoloxías. Durante os días 19, 20 e 21 de novembro coa mesma duración e na aula Castrelo. INFO de Castrelo de Miño 10 persoas asistirán tamén ao curso de novas tecnoloxías.

• Curso de conducción e manexo de carretilla elevadora En catro edicións de 8 horas de duración, os días 18 e 25 de outubro e o día 22 de novembro do ano 2014 e o día 7 de febreiro de 2015; nas instalacións de SAFE no polígono industrial de San Cibrán das Viñas, un total de 36 participantes recibirán formación en Conducción e Manexo de Carretillas elevadoras.

• Curso de habilidades sociais para o emprego Durante os días 3, 4 e 5 de novembro cunha duración de 15 horas, na Casa dos Comuneiros de Barbantes, Cenlle, 7 persoas asistiron ao curso de habilidades sociais para o emprego. Durante os días 5, 6 e 7 de novembro coa mesma duración, e na Antiga Casa do Concello de Toén, 15 persoas asistiron tamén ao curso de habilidades sociais para o emprego. • Curso de busca activa de emprego Durante os días 24, 25 e 26 de novembro na Casa dos Comuneiros de Barbantes, Cenlle, con un total de 5 participantes, na Antiga casa do Concello de Toén, cun total de 10 participantes levouse a cabo con un total de 15 horas o curso de Busca Activa de Emprego. Ademais as persoas participantes teñen á súa disposición nos tres concellos un servizo que lles ofrece:

• Curso de aplicador de productos fitosanitariosnivel básico Durante os días 13-10-2014 ata o 17-10-2014; 9 participantes no Concello de Toén, na Antiga casa do Concello e outros 8 na Fundación Coren durante 25 horas realizarán o curso básico de Aplicador e Manipulador de productos fitosanitarios.

• Prácticas laborais en empresas do seu sector profesional. • Información, orientación e asesoramento. • Acompañamento na prospección laboral. • Captación de ofertas. • Intermediación laboral. • Apoio para o autoemprego.

86

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño


FORMACION E EMPREGO

Inserción da muller no rural

Programa Aurora O Concello de Castrelo de Miño, en colaboración co Instituto da Muller do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade e co financiamento do Fondo Social Europeo, está realizando o Programa Aurora co obxectivo de fomentar a inserción socio-laboral das mulleres do ámbito rural. Este programa está financiado polo Instituto de la Mujer, que aporta 25.000 euros, e o concello de Castrelo de Miño que aporta 5.000 euros. Castrelo de Miño presentou un proxecto ao Instituto de la Mujer, é foi un do 26 proxectos escollidos entre os 8000 concellos de España. O Programa Aurora está dirixido a mellorar a participación social e laboral das mulleres do ámbito rural, en concellos de menos de 5000 habitantes, co obxectivo último de contribuír a un desenvolvemento sostible, evitando a despoboación e posibilitando unha maior incorporación das mulleres á actividade económica e á viabilidade social dos seus municipios.

O período de execución do programa esténdese dende novembro de 2014 ata agosto de 2015. Nun primeiro momento houbo un traballo de orientación individual coas mulleres participantes baseado nas súas posibilidades formativas e laborais, podendo participar en obradoiros grupais nos que traballar a motivación e outras habilidades persoais. Seguidamente, 18 mulleres comezaron a realizar cursos de formación para o emprego adaptados ao seu perfil e coñecementos, ao tempo que se continúa co traballo individual iniciado ao comezo do programa. Os obradoiros buscarán principalmente mellorar a motivación, autoestima e benestar das persoas que participen neles. Todos eles realizaranse en horario de tarde no Centro de Día. Ao longo do programa estanse a realizar as seguintes actividades e obradoiros: • Talleres Grupales de Motivación e Desenvolvemento Persoal. • Talleres Grupales Temáticos Complementarios, adaptados ás necesidades particulares detectadas e expresadas polo grupo: • Motivación e Autoconfianza. • Manualidades na Realización de productos de Autocoidado. • Cines temáticos – Cineforos.

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

87


FORMACION E EMPREGO

• Prevención e control da ansiedade. • Creación de Asociacións. • Comunicación Efectiva e Intelixencia Emocional. •Cursos orientados á mellora da Empregabilidade. • Curso Oficial de Manipulación de Alimentos. • Curso de Habilidades Comerciais, Técnica de Ventas e Atención a Clientes/as. • Actividades de Conmemoración do 25 de Novembro, Día Internacional da loita contra a Violencia de Xénero. • Sesión de Información e Asesoramento Grupal de solicitude do Recoñecemento da Experiencia Profesional (convocatoria 2014) • Intervencións individualizadas. A partires do 3 de marzo, deu comezo un “CURSO DE ATENCIÓN SOCIOSANITARIA”, que será a principal das accións formativas dirixidas a mellorar a empregabilidade das participantes deste Programa.

88

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

O Centro de Día acolle este curso que terá unha duración total de 400 horas impartidas cunha metodoloxía mixta (presencial e online) buscando axudar así tanto a conciliación familiar, como a mellorar o dominio das novas tecnoloxías. As participantes terán a oportunidade de realizar 100 horas de prácticas non laborais en centros de traballo relacionados tanto con Axuda a Domicilio como con Atención en Institucións Sociais, co fin de contribuir así a mello¬rar a súa empregabilidade e ofrecerlles un contacto directo coa realidade laboral, nunha das áreas de traballo con maior posibilidade de emprego neste momentos dentro da comarca. Ademais, outro aspecto clave do programa será a tarefa de intermediación con empresas da contorna por parte dos/as técnicos/as responsables do mesmo, nas que se negociará a posibilidade de que as mulleres participantes poidan realizar prácticas formativas nelas. Deste xeito, aumentarán as súas posibilidades de acceso a postos de traballo en sectores produtivos con maior oferta laboral na actualidade.


FORMACION E EMPREGO

Aposta pola formación da mocidade

Formación Profesional Dual en Castrelo de Miño O concello de Castrelo de Miño asociouse cos concellos de Toén e Barbadás (aos que posteriormente se uniron os concellos de Celanova e A Merca) para solicitar a execución conxunta do programa de formación profesional dual subvencionado pola Consellería de Traballo e Benestar, que se realiza en Castrelo, Toén e Barbadás.

• Actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería, • Traballos de carpintería e moble • Operacións auxiliares de albanelería de fábricas e cubertas. Así mesmo, incluirá como formación complementaria a seguinte: • Curso básico de prevención de riscos laborais. Neste proxecto contratáronse 17 traballadores menores de 30 anos, correspondendo a cada Concello o número de persoas que a continuación se indica: CASTRELO DE MIÑO: 4 persoas, BARBADÁS: 4 persoas, TOÉN: 4 persoas, CELANOVA: 3 persoas, A MERCA: 2 persoas A formación realizase por este orde nos seguintes concellos: Actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería en Toén, Traballos de carpintería e moble en Castrelo de Miño, Operacións auxiliares de albanelería de fábricas e cubertas en Barbadás.

A formación en carpintería realizarase no taller de Castrelo.

Con este programa o concello de Castrelo de Miño pretende apostar pola formación dos seus xoves, cun programa novidoso que lle permite aos alumnos recibir a formación profesional nos seus concellos e realizar prácticas laborais na institución, cobrando por elas todos os meses, o que facilita a formación.

O programa ten unha duración de 1 ano, e desenvólvese desde outubro de 2014 a setembro de 2015. Os alunos que realicen todo o programa obterán os seguintes certificados de profesionalidade:

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

89


FORMACION E EMPREGO

Catálogo de edificacións en ruínas

Convenio coa universidade de Sevilla No ano 2013, un grupo de 9 alumnos procedentes da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Edificación de Sevilla levaron a cabo a catalogación das casas que, polo seu estado ruinoso, supoñen un perigo na vía pública de Castrelo. O grupo da Universidade de Sevilla traballou no inventario de edificios das parroquias de San Estevo e Santa María, algún de gran valor histórico e arquitectónico. Para iso, o Concello firmou un convenio coa Universidade de Sevilla onde o alumnado, que desenvolveu o traballo desde o 20 de xullo ata o 11 de agosto de 2013, ocupou o albergue municipal repartido en dous grupos.

O proxecto deu como resultado un total de 24 casas ruinosas na parroquia de San Estevo, e ao redor de 40 edificacións perigosas na de Santa María. Vanessa González Fernández, a Enxeñeira de Edificación e unha das dúas titoras das prácticas, xunto coa arquitecta municipal, Nuria Castro Pueyo, destacaban o gran valor histórico e arquitectónico dalgúns dos inmobles catalogados, para os que o Concello de Castrelo de Miño tentará procurar axudas económicas para a súa restauración. A iniciativa resultou beneficiosa tanto para Castrelo, que logrou por en marcha o catálogo que proxectara, como para o alumnado. Parte do grupo xa traballaba no proxecto de fin de carreira e ao resto, este convenio permitiulles realizar as prácticas dunha materia de Edificación. O alumnado da universidade de Sevilla desenvolveu o seu traballo nun total de 11 núcleos das dúas parroquias de San Estevo e Santa María. O propósito deste convenio é continuar, en anos vindeiros, coa realización de prácticas para ir completando o catálogo, no que se atopan as características de cada casa deteriorada en risco de derrube.

90

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño


FORMACION E EMPREGO

Buceadores profesionais completan a súa formación en Castrelo de Miño Os alumnos de mergullo do I.Ga.F.A. (instituto galego de mergullo) centro de formación dependente da Xunta de Galicia e con sede na Illa de Arousa, estiveron aloxados no albergue municipal de Castrelo de Miño completando a súa formación en mergullo profesional, coa realización de prácticas en auga doce, e en condicións de visibilidade nula. Estas prácticas nas que participan un grupo de 20 alunos, desenvolvéronse ao longo de varias semanas no encoro e instalacións públicas municipais de Castrelo de Miño (Albergue, Parque Náutico, Vestiarios, Piscinas...). As prácticas están centradas na realización de buscas subacuáticas, co gallo de familiarizr aos alumnos nas diferentes técnicas de busca, (ziz- zag, escaleira, circular, abanicos, etc.). Así mesmo, manexaron un ROV, acrónimo en inglés de vehículo operado por control remoto, aparello que en ocasións complementa o traballo dos mergulladores, prestando apoio tal como iluminación, filmación ou realizando inmersións previas de recoñecemento, permitindo longos tempos de fondo. Varias noites realizaron tamén unha inmersión nocturna, e demostraron a súas destrezas orientándose polo fondo do encoro, coa axuda dun compás e de elementos electrónicos inalámbricos destinados á orientación subacuática.

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

91


FORMACION E EMPREGO

Aposta pola formación

Taller de carpintería

Entrega de diplomas dun dos cursos de carpintería.

O Concello de Castrelo de Miño conta desde 2010 dun equipado taller de carpintería que aproveita para arranxos do mobiliario municipal e para realizar accións formativas.

Nos últimos tempos téñense formado no taller os alumnos dun obradoiro de emprego, os alumnos da futura formación profesional dual en carpintería que comezará en maio de 2015 ou mozas e mozos do municipio que fixeron varios cursos de carpintería de moble e industrial. Cursos de Carpintería Nestes cursos participan unha media de 15 mozos do municipio. Son rapaces que están sin emprego , que acaban de rematar os estudos e ven esta profesión como unha posible saída laboral, ou persoas que deciden completar a súa formación. Organizáronse nos últimos anos varios cursos de perfeccionamento tanto na realización de mobles como na carpintería industrial.

92

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño


FORMACION E EMPREGO

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

93


DEPORTE

Reapertura e novas actividades

Pavillón Municipal Ao longo destos anos, o Pavillón municipal pasou de ser un edificio pechado e en desuso a ser un lugar cheo de actividades e de vida.

Estas instalacións empréganse para o adestramento do Castrelo de Miño Futbol Sala Feminino, no que participan máis de 20 rapazas, e a escola deportiva de Fútbol Sala Infantil.

94

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

Actividades deportivas no ximnasio

O Pavillón Municipal de Castrelo de Miño, sito nas inmediacións do colexio de Castrelo de Miño, en Astariz, acolle dende 2008 as escolas deportivas, cunha media de 169 usuarios. Debido ao éxito destas actividades, foron necesarias unha serie de reparacións, xa que tanto o teito como a recollida de augas estaban en malas condicións; houbo que repintar as pistas, mellorar as instalacións e os vestiarios, e adquirir novo material deportivo. Pero o pavillón non é soamente para o deporte senón que é un espazo multiusos no que se celebran ao colleito festas como a de Reis.


DEPORTE

Ampliación do pavillón

Novo Ximnasio Os veciños do Concello de Castrelo de Miño contan dende 2013 cun novo ximnasio. Priorizouse esta inversión debido a crecente participación nas escolas deportivas para todas as idades que funcionan ininterrumpidamente desde 2008.

ampliación do pavillón e novo ximnasio

O proxecto contemplou melloras do actual pavillón e a construción dun anexo destinado ao ximnasio, onde se colocaron as máquinas adquiridas en 2012. As inversión ascendeu a 47.318 euros, da que o 87% procede de fondos europeos Feder, facendo frente o Concello ao 13% restante.

facendo exercicio no ximnasio

equipamento do ximnasio

O novo servizo de ximnasio pódeno disfrutar gratuitamente todos os veciños e veciñas sen ter que saír do concello.

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

95


DEPORTE

Deporte e competición Competicións olímpicas Competicións deportivas e grandes campionatos realizados en Castrelo de Miño O entorno do parque náutico converteuse nun lugar de referencia para a organización de eventos deportivos, tanto en auga como en terra.

Nos últimos catro anos realizáronse en Castrelo de Miño máis de 80 probas deportivas de todas as especialidades. Entre elas destacamos as seguintes:

Remo: No ano 2011 celebráronse entre outros o XIII Cto. de España por Seleccións Autonómicas, o XXIII trofeo Copa S.M. el Rey de Remo, o Campionato Galego (xuvenil sub-23, senior e veterano, alevín, infantil e cadete) de remo. Ademais, o Campionato de España A-I-C-ADAP. de Remo olímpico e o I trofeo FER de Remo Adaptado feminino, a Copa Deputación De Windsurf e Copa Galicia de Raceboard e a XIV Concentración de Escolas de Vela de Galicia e Regata Copa Deputación de Ourense. No ano 2012, celebráronse o Campionato Galego de XUV-S23-ABS-VET de Remo Olímpico, o I trofeo FER DE 8+ absoluto feminino, a Copa do Rei Cabreiroá de Remo, o Campionato Galego A-I-C-ADAP. de Remo Olímpico, a Copa Deputación de Windsurf, a Copa Galicia de Raceboard, así como a XV Concentración de Escolas de Vela de Galicia e a Regata Copa Deputación de Optimist. No ano 2013 tiveron lugar a Regata Luso-Galaica de Remo Olímpico e a Copa Ibérica Cabreiroá, o Campionato Galego XUV-S23-ABS-VET-ADAP- de Remo Olímpico, a Regata Clasificatoria Copa Deputación de Windsurf, a XVI Concentración de Escolas de Vela de Galicia e a Regata Copa Deputación de Optimist. No ano 2014 organizáronse o Campionato Galego XUV-S23-ABS-VET-ADAP. de Remo Olímpico, o Campionato Galego A-I-C de Remo Olímpico, a Regata Clasificatoria Copa Deputación Ourense de Windsurf e a XVII Concentración de Escola de Vela de Galicia e Regata Copa Deputación de Optimist. 96

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño


DEPORTE

Andaina e btt solidaria:

As competicións que se veñen realizaron todos estes últimos anos foron entre outras a Volta Ciclista ao Ribeiro, a Ruta Cicloturista do Ribeiro ou o Campionato da Península Ibérica de Ciclismo, este último con chegada e meta en Castrelo de Miño.

BTT: Transgalaica

Todos os anos se realiza a tradicional andaina que sempre adoita ter un carácter solidario colaborando con organizacións como a Cruz Vermella ou UNICEF. Consiste nunha andaina de 25 quilómetros e maila BTT de 60 quilómetros, tendo como saída as instalacións do Parque Náutico.

Ciclismo:

Nos anos 2013 e 2014 celebrouse no Parque Náutico de Castrelo de Miño a Proba Maratón de BTT de 60 quilómetros con marcha cicloturista paralela. Organizado por Team Relay e Run O4, e a Federación Galega de Ciclismo, foi unha cita na que se disputaron dúas modalidades: a proba da competición e tamén a marcha cicloturista.

Triatlon: Aviaman

As estradas de Castrelo de Miño son das favoritas dos ciclistas da provincia para realizar os seus adestramentos, podendo velos habitualmente circulando por elas. Campionato Galego de media distancia e Copa Deputación de Ourense de Triatlón. O Club Beariz Triatlón, en colaboración coa Federación Galega de Triatlón, a Deputación Provincial de Ourense e os concellos de Castrelo de Miño, Leiro e Avión organizou nos últimos anos esta proba de triatlon con saída e chegada no Parque Náutico de Castrelo de Miño. Os participantes competiron nos 1900 metros de natación no encoro de Castrelo, 90 quilómetros de ciclismo e 21 quilómetros de carreira a pé. Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

97


DEPORTE

Atletismo: San Silvestre Cando en case tódalas casas de Castrelo de Miño se está a cociñar e a preparar as uvas para a derradeira cea do ano, os máis afeccionados ao deporte elixen despedir o ano correndo. Organizada polo Concello de Castrelo de Miño, a San Silvestre do noso municipio celébrase tódolos 31 de decembro pola tarde. É unha proba xa consolidada no calendario provincial e na última edición, a decimosexta, participaron máis de 300 corredores percorrendo 7.200 metros do circuíto para os adultos. Os máis de 30 nenos realizaron un percorrido menor, de 2000 metros. O clásico chocolate quente e bica foi a recompensa para os gañadores das diferentes categorías, e máis para o resto dos corredores que participaron na carreira. Sen dúbida, un xeito diferente de celebrar a Noitevella.

Motor: Rallie de Ourense As motos de Enduro tamén escollen Castrelo

Os amantes do mundo do motor volveron a ter de novo a súa cita, dende o ano 2010, co mellor rallie do Campionato de España de Rallies de Asfalto.

98

O Concello de Castrelo de Miño e os voluntarios de A.V. de Protección Civil de Castrelo de Miño colaboraron sempre coa organización para que os días de competición as estradas estivesen en perfecto estado de limpeza e conservación. Todos os anos, no noso municipio realízase un tramo, cun percorrido variable de quilómetros, que os mellores participantes chegan a realizar en tempos récord.

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño


DEPORTE

Equipo do Castrelo fútbol sala feminino

Deporte e formación Formación dos deportistas de Castrelo Escolas deportivas de futbol sala As escolas deportivas de fútbol sala de Castrelo de Miño creáronse no ano 2010 polo crecente interese que suscitaron os equipos desta disciplina deportiva existentes no noso municipio.

Fútbol base infantil

Fútbol base xuvenil A escola deportiva de fútbol sala xuvenil está formada por rapaces e rapazas de 11 a 16 anos, tendo os adestramentos todos os venres de 19:00 a 20:00 horas no pavillón municipal e dirixidos por Maribel Rodríguez, presidenta do equipo de fútbol sala feminino.

Programa xogade para alumnos do colexio Escola base infantil

Os alumnos do colexio de Castrelo de Miño participan, no curso 2014-2015, no programa XOGADE promovido e financiado pola Xunta de Galicia. Trátase dunha iniciativa que lles brinda aos escolares a posibilidade de practicar e competir con outros nenos de Galicia.

Escola base xuvenil

Xogos Galegos Deportivos en idade escolar, XOGADE, ten por máxima a promoción da saúde, a condición física e o benestar, sen esquecer o rendemento deportivo dos escolares galegos.

O propósito desta actividade encadrada dentro do programa municipal Castrelo móvese!, é por un bando, familiarizar aos cativos de 4 a 7 anos co mundo do deporte a través do xogo. E por outro bando, adestrar aos rapaces comprendidos entre os 8 e 11 anos, con traballo específico máis orientado á técnica do fútbol. Os adestramentos teñen lugar no pavillón municipal todos os venres de 18:00 a 19:00 horas, dirixidos por Enátali Fernández, membro do equipo técnico de fútbol sala sub-21 que recentemente gañaron o Campionato de España.

Dende o inicio do ano académico os alumnos do colexio de Castrelo de Miño que pertencen ás escolas deportivas do municipio, desprázanse unha vez ao mes a Ribadavia para participar, xunto con outro colexio invitado, en diversas actividades deportivas tales como basket, fútbol sala, voleibol ou badminton.

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

99


DEPORTE

Clube náutico de Castrelo de Miño: formación e competición

Conta con equipos federados nas especialidades de remo, vela e windsurf que na actualidade contan con 35 deportistas guiados por adestradores profesionais capaces de maximizar os resultados nas competicións nas que se participan, de carácter provincial, autonómico, nacional e internacional. Os equipos están coordinados polo Director Ténico Deportivo, Gabriel Fernández e os adestradores, Daniel Conde, Paola Sanjuán (Optimist) e Simón Fernández (Hobie Cat 15 e Windsurf).

100

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño


DEPORTE

Palmarés 2011: • Cto. Galego de Windsurf : 2º e 3º en Open (Mateo Rodríguez e Daniel Conde respectivamente). • Cto. Galego Remo Indoor: 3º en infantil masculino (Adrián Hermida). • Cto. Galego xuvenil, sub 23 e absoluto de banco móvil: 2ª en 1x absoluto femenino (Verónica Regueiro). 2012: • Copa Galicia de Raceboard e Copa Diputación Ourense de Windsurf. Castrelo de Miño: 3º posto de Simón Fernández • Cto. Galego Remo Indoor: 3º posto de Joel Fernández en alevín masculino. • Campionato de España Juv-S23-Abs. e Vet. Castrelo de Miño: 1º de Anna Yuchenko en 1x absoluto femenino. • Campionato de España Alv-Inf-Cad. Sevilla: 2º de Joel Fernández e Lucas Hermida en 2x alevín masculino. 2013 • Cto. Galego Remo Indoor: 1º posto de Anna Yu chenko en absoluto femenino e 3º posto de Julio Fernández en veterán masculino. • Regata Trial de Primavera de acceso ó equipo nacional: 1º de Anna Yuchenko en 1x absoluto femenino. • Cto. Galego A-I-Cad. de Remo Olímpico. Castrelo de Miño: 2º do 4x infantil masculino (Lucas Hermida, Joel Fernández, Pedro Martínez e Camilo Martínez) e 2º do 2x cadete masculino (Adrián Hermida e Lucas Tabares-Costa). • Campeonato de España Juv-S23-Abs. e Vet. Sevilla: 1º de Anna Yuchenko en 1x absoluto femenino. 2014: • Cto. Galego Remo Indoor, Ferrol: 1º posto de Anna Yuchenko en absoluto femenino e 2º postos de Joel Fernández en Infantil Masculino e Julio Fernández en veterán masculino. • Cto. España Remo Indoor, Sevila: 1º de Anna Yuchenko en absoluto femenino. • Cto. Galego A-I-Cad. de Remo Olímpico. Castrelo de Miño: 3º do 4x infantil masculino (Lucas Hermida, Joel Fernández, Camilo Martínez e Julio Fernández). • Campeonato de España Juv-S23-Abs. e Vet., Banyoles: 1º de Anna Yuchenko en 1x absoluto femenino) Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

101


DEPORTE

Foi entregado ao concello por AGAXEDE en 2014

Valorouse moi positivamente as facilidades que o concello lle achega aos seus veciños para realizar actividades deportivas, como o servizo de transporte municipal que permite aos maiores e veciños con problemas de mobilidade poder acudir ás actividades deportivas que organiza o concello.

102

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

Alcalde e concelleira de deportes

Desde o xurado valorouse positivamente a estratexia deportiva realizada desde o ano 2007 polo concello de Castrelo de Miño. Esa estratexia chamada Castrelo móvese, é unha estratexia deportiva desenvolvida desde o ano 2007 polo concello de Castrelo de Miño. Conxuga a organización de grandes eventos, con escolas deportivas municipais e actividades para veciños de todas as idades. Contando o encoro de Castrelo cunha das tres únicas pistas de remo olímpico do estado español, aquí organízanse grandes campionatos náuticos internacionais que nalgunha ocasión achegan máis participantes que veciños ten o concello. Nas escolas deportivas municipais do pavillón participan desde cativos en idade escolar a veciños de 80 anos en 6 modalidades deportivas distintas. Outros eventos dos que poden disfrutar os veciños son as probas ciclistas e de mountain bike, as andainas, probas de atletismo como a San Silvestre ou as carreiras verticais, enduro, triatlón, piragüismo, vela, fútbol, natación, motonáutica, windsurf, fútbol sala feminino... Todo o deporte ten lugar en Castrelo de Miño.

Entrega do premio ao alcalde

A asociación galega de xestores deportivos (AGAXEDE) na reunión do Xurado dos “V Premios Galicia a Xestión Deportiva”, acordou por unanimidade outorgar o “Premio ao Mellor Concello de Galicia menor de 15.000 habitantes” ao concello de Castrelo de Miño.

Todos os premiados de 2014

Premio á xestión deportiva para Castrelo de Miño


TURISMO

Aposta polo turismo

A intervención consistiu no acondicionamento dunha das terrazas cubertas que se sitúan na planta superior da ala esquerda do Parque Náutico. Pechouse o habitáculo mediante carpinterías de aluminio nas fachadas e o interior acondicionouse segundo as necesidades. Neste caso, dividiuse en tres espazos diferenciados: sala polivalente, área de recepción e área administrativa. Na actualidade, este espazo, de 263,41 m2 útiles, conta cun servizo de recepción e información sobre os diferentes atractivos do concello: patrimonio, natureza, ruta do viño, deportes, servizos , etc. e dispón dun espazo polivalente no que se poden recoller desde información ou exposicións sobre os diferentes temas de interese sobre o concello, charlas informativas, etc. A sala de TurCastrelo foi inaugurada na feira do mes de marzo de 2014 coa exposición dun veciño de Castrelo de Miño, Etelvino Espiñeira.

Exposición Etelvino González Espiñeira

O edificio do Parque Náutico de Castrelo é un dos lugares do termo municipal máis frecuentados polos turistas, por iso se considerou o emprazamento perfecto para as instalacións do TurCastrelo, espazo de fácil acceso e localización. Supuxo unha inversión de 42.372,88¤, dos cales 21.707,13¤ foron subvencionados por AGADER e 17.372,88¤ por LEADER.

Detalle do mobiliario de exposición e folletos

Dado o crecente interese dos visitantes polo noso municipio e o seu enclave, o Concello de Castrelo de Miño acondicionou en 2013 un emprazamento para a adecuada recepción das persoas que se achegan a disfrutar do seu tempo de lecer. Un lugar onde proporcionarlles unha información axeitada sobre toda a oferta de servizos dispoñibles en Castrelo.

Exposición de Etelevino Espiñeira

TurCastrelo


TURISMO

aloxarse en castrelo a un prezo módico

Obras de reforma no albergue municipal O albergue municipal está situado na ala esquerda do edificio do parque náutico. Trátase dun edificio de 2 plantas no que a planta baixa se adica aos espazos comúns como aulas, oficina, comedor, cociña ou aseos. Na planta superior distribúense 12 habitacións con capacidade total para 56 persoas (8 habitacións de 6 camas e 4 de dúas camas), todas elas con vistas ao encoro. O aloxamento faise para grupos mínimos de 8 persoas cun custe axustado, tanto para pasar só a noite, como para pensión completa. Este prezo inclúe a roupa de cama. Ademais do aloxamento, pódense confeccionar distintos paquetes incluíndo actividades náuticas, actividades medioambientais, sendeirismo ou paseos en catamarán. O albergue sempre está ocupado nas semanas que se realizan as competicións náuticas, e equipos e clubes de Galicia, España e Europa teñen pasado longas temporadas durante o seu adestramento en deportes náuticos. No ano 2015 o concello está realizando no albergue unha inversión importante para mellorar as condicións do aloxamento. Realizáronse traballos de impermeabilización e foron de novo pintadas todas as instancias e zonas comúns. Pódense realizar reservas chamando ao teléfono 988493000 e 664467124

104

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño


TURISMO

No parque náutico e en Prado de Miño

Zonas de baño no río Miño con auga de calidade Tanto as augas do encoro, como as do río Miño, reciben a clasificación sanitaria de BOA. O concello de Castrelo de Miño solicitoulle á Consellería de Sanidade no ano 2010 o control da calidade das augas de baño de Castrelo de Miño, concretamente do Parque Náutico. Tras as análises realizados durante todo o ano 2010, a Consellería concedeulle a clasificación de zona de baño con augas de calidade SUFICIENTE, o que permitiu que despois de décadas sin control, no ano 2011 o Concello puidera disfrutar da zona de baño do Parque Náutico de Castrelo de Miño. Esta zona de baño converteuse un novo atractivo turístico do Concello de Castrelo de Miño, e un complemento ideal para a piscina municipal e para as actividades náuticas, que supuxo a afluencia de numerosos turistas e visitantes ao Parque Náutico, e garantiu tamén que todas as actividades náuticas realizadas polo clube náutico (remo, vela, windsurf, pedaletas...) se realizan nunha zona con auga de calidade controlada sanitariamente.

A zona de baño do "Ribeiriño" é unha área recreativa situada en Prado de Miño, Miño arriba en dirección a Ourense e onde no río Miño aínda hai augas correntes. É unha área recreativa rodeada de viñedos e arboleda, con zonas de sombra e perfectamente equipada para o lecer. Neste mesma zona hai unha área de pesca deportiva na que se organizan numerosas competicións de pesca. Converteuse nun lugar moi concurrido por pescadores e visitantes. É a zona máis visitada do proxecto PESCASTRELO, que conta con 5 zonas de pesca distintas en Castrelo de Miño." Polo tanto, desde o ano 2013, as dúas zonas de baño do concello de Castrelo de Miño teñen a clasificación de calidade BOA, o que lle permite ao Concello continuar apostando decididamente polas actividades náuticas e deportivas, a pesca, e o turismo verde de calidade ambiental como motores de desenvolvemento económico de Castrelo de Miño.

Visto o éxito, o concello solicitoulle no ano 2011 o control das augas, dunha nova zona de baño "O Ribeiriño de Prado de Miño". Tras as análises realizadas durante todo o ano 2012, a consellería comunicoulle ao Concello a clasificación de zona de baño con auga de calidade BOA. Asi mesmo, o control realizado durante todo o ano 2012 no Parque Náutico, indicou que a clasificación sanitaria final sexa tamén de BOA. Isto demostra a mellora da calidade das augas durante o ano 2012 do encoro e do río Miño ao seu paso por Castrelo de Miño. Calidade que se mantivo tamén durante 2013 e 2014.

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

105


TURISMO

en cada forgar de castrelo

Continúa a publicación dos almanaques municipais O almanaque consta dunha páxina na que se recolle un directorio municipal con todos os contactos do Concello, e de 12 fotografías, unha por mes, con imaxes de tódalas parroquias e no ano 2015 con protagonismo feminino na maioría delas. As autoridades locais consideran que se trata dunha iniciativa coa que se pretende promover a participación social e laboral das mulleres do ámbito rural. Deste xeito, hai veciñas de todas as idades de Castrelo de Miño participando de distintos xeitos: • realizando a súa actividade laboral • participando como voluntarias de protección civil • estudando no colexio de Castrelo de Miño • realizando actividades na biblioteca municipal • participando no obradoiro de teatro municipal • participando no voluntariado ambiental xuvenil • participando en probas deportivas...

106

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

O Concello de Castrelo de Miño reparte dende o ano 2010 en tódolos fogares un almanaque con fotografías das distintas parroquias do concello, así como amosando actividades cotiás, novas infraestruturas ou traballos realizados por veciños e veciñas de Castrelo de Miño.


TURISMO

Con esta iniciativa promociónase tamén o programa Aurora, que comezou en 2014 e terá continuidade ata setembro de 2015. Un programa no que se promove a participación social e laboral das mulleres do ámbito rural. Este é o quinto ano que se leva adiante esta iniciativa. Neste ano 2015 voltou a repetirse a edición e reparto do almanaque, xa que foi unha das iniciativas máis demandadas polos veciños e veciñas de Castrelo de Miño. De feito, como se pode apreciar recolléronse varias solicitudes e suxestións veciñais aos almanaques de anos anteriores para melloralos: • Un recadro en branco en cada día para poder facer anotacións • Incorporación do santoral, con todos os nomes en galego. • Indicacións das datas do cambio de estacións • Indicación das datas do cambio de hora no inverno e no verán • Indicación das datas da feira de Castrelo de Miño. • Incorporación dun listado municipal con todos os contactos do Concello de Castrelo de Miño. Ademais este almanaque do ano 2015, foi un calendario feito polos propios veciños, xa que se contou coa colaboración desinteresada de moitos veciños que foron achegando as súas fotografías. Fases lunares Ademais, apuntan as autoridades municipais que se puxo especial empeño durante a súa elaboración en reflexar as distintas fases lunares para que os veciños coñezan os momentos óptimos para a realización das diferentes labores do campo. Por outra banda, tamén ten unha función turística e promocional fóra de Castrelo de Miño, xa que está previsto a súa distribución en distintas feiras turísticas. Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

107


TURISMO

Gravación dun vídeo promocional

Castrelo de Miño desde o aire O concello de Castrelo de Miño está a rematar nestes intres a gravación dun vídeo aéreo de todo o municipio, para promocionar turisticamente o noso concello coa súa proxección en lugares específicos e para compartilo a través das redes sociais e das páxinas webs municipais. Vai ser un respaldo importantísimo para acompañar todas as presentacións que se fan de Castrelo de Miño en feiras e eventos turísticos e comerciais. Este vídeo dixital está realizado en alta definición con técnica cinematográfica, e coa axuda dun drone octocóptero teledirixido equipado cunha cámara dixital, que percorreu todas as parroquias, para recoller desde un novo punto de vista todos os recursos turísticos, patrimoniais e naturais. Vai ser tamén unha aposta polo patrimonio inmaterial de Castrelo de Miño, ao gardar para o futuro a realidade do Castrelo de Miño dos anos 2014 e 2015. De seguido algunhas cápturas do video de tomas aéreas de varias parroquias de Castrelo de Miño.

108

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño


TURISMO

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

109


Directorio municipal do Concello de Castrelo de Miño Oficinas Municipais da Casa do Concello

Avda Alejandro Ferrer, 18 • Barral • 32430 Castrelo de Miño: Teléfono xeral de atención ao veciño: 988493000 Fax: 988493100 • Email: concello@castrelo.org Horario de atención ao público: De luns a venres de 08:00 a 15:00 horas.

Medios de comunicación oficiais do Concello de Castrelo de Miño Web do Concello: www.castrelo.org Web de Turismo: www.castrelo.travel http://turismo.castrelo.gal Web de Videos de Castrelo: www.castrelo.tv Web de Fotografías Antigas: www.memoriadecastrelo.org Facebook Oficial do Concello: www.facebook.com/concellodecastrelo Twitter Oficial do Concello: www.twitter.com/Castreloinfo

110

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

Teléfonos: Casa do Concello: Teléfono: 988493000 • Fax: 988493100 Email: concello@castrelo.org Centro Cultural Castrelo.INFO (Biblioteca, ludoteca, mediateca, aula cemit, espazo muller e mocidade) Teléfono: 988493225 Horario de luns a venres de 16.00 h a 20:00 h. Residencia-Vivenda Comunitaria para os maiores: 988489215 Albergue Municipal: 988493127 Colexio Público CEIP Castrelo de Miño: 988489090 Piscina Municipal (en temporada de verán) Tlf: 629035633 Catamaran Turístico Municipal (en temporada de verán) Tlf: 647212228


Correos electrónicos oficiais Correo xeral: concello@castrelo.org

Administración: administracion@castrelo.org

Alcalde: Xurxo Rodríguez Méndez: alcalde@castrelo.org

Alguacil - Portería: alguacil@castrelo.org

Concelleiros/as do Goberno Municipal:

Urbanismo: urbanismo@castrelo.org

• Alfredo Fernández Rodríguez: concelleiro.desenvolvemento@castrelo.org

Unidade de Traballo Social: benestar@castrelo.org

• Rita María Lago Ozores: concelleira.benestar@castrelo.org

Programa Integrado para o emprego Ribeiro do Miño: ribeirodominho@gmail.com www.ribeirodominho.gal

• María Isabel Rodríguez Perdiz: concelleira.deporte@castrelo.org • Rafael Carrizo Peña: concelleiro.servizos@castrelo.org

Xulgado de Paz: xulgadodepaz@castrelo.org

Secretaría - Intervención: secretaria@castrelo.org Tesouraría: tesouraria@castrelo.org

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

111


Outros Servizos Servizo municipal de augas

Emerxencias

Avarías • Días laborables de 8:00 h a 15:00 h Tlf 988 511 775 • Días laborables a partires das 15:00 h e días festivos Tlf 680 589 371 Servizo administrativo (xestións, queixas e reclamacións) Atención presencial • En Castrelo de Miño, na casa do Concello os días 10 e 30 de cada mes (se coinciden con un sábado, domingo ou festivo, pasaría ao seguinte día hábil) • En Ourense, nas Oficinas de Aquaourense en Rúa Avilés de Taramancos, nº 4, 32002 Ourense

Emerxencias Galicia: 112 (teléfono recomendado para calquer tipo de emerxencia) Garda civil cuartel de Ribadavia: 988470027 Garda civil: 062 Protección Civil Castrelo de Miño: 664467124

Medio rural: • Solicitude de queima de restos agrícolas: No teléfono 012 ou na web http://emediorural.xunta.es/queimasweb/ • Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro: 988477200 • Oficina Agraria Comarcal de Ribadavia: 988470963

Saúde e sanidade: • Centro de Saúde de Castrelo de Miño (Paradela) Tlf 988493007 Fax 988493280 • Consultorio Médico de Prado de Miño: 988489048 • Telefono de CITA MÉDICA no SERGAS: 988398409 (número máis barato) 902077333 (número con sobrecuste na chamada), ou na web www.sergas.es

Servizo de recadación: Imposto de Bens Inmobles (IBI) e Impostos de Vehículos de Tracción Mecánica (IVTM) Catoure S.L. RIBADAVIA Praza Maior nº 5 • Tlf 988470516 ribadavia@catoure.com Catoure S.L. OURENSE Rúa Noriega Varela, 6 baixo. Tlf 988226214 info@catoure.com Taxa da xestión integral do ciclo da AUGA, e taxa do LIXO Deputacion Provincial de Ourense Rua Progreso 32, 32003 Ourense Tlf 988385183

112

Boletín de Información Municipal do Concello de Castrelo de Miño

Transporte: Servizo de Transporte Municipal Castrelo Móvese por ti: 988493000 (Chamar para reservar de 09:00 a 11:00 horas de luns a venres)

LIXO - Recollida de voluminosos Presentando unha solicitude nas oficinas municipais ou chamando ao 988 493 000, o concello recolle no propio domicilio dos veciños os seguintes voluminosos: mobles, colchóns, voluminosos de madeira, material electrónico, electrodomésticos de liña branca (lavadoras, secadoras, conxeladores, etc.), electrodomésticos de liña marrón (televisores, vídeos, cadeas de música...),etc... Servizo incluído na taxa de recollida do lixo. Sin coste a maiores.






Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.