Espetadas de froita

Page 1

ESPETADAS DE FROITAS Tempo de preparación: 10 minutos

Ingredientes para 4 persoas •froitas variadas: amorodos, melocotóns, melón, sandía, kiwi, plátano... •chocolate fondant ou de cobertura. •paos de espetadas

Preparación Lavar e pelar as froitas. Cortalas en anacos. Pinchar cun pao de espetada as froitas, combinándoas ao gusto. Para fundir o chocolate no microondas, é importante desfacer a barra en anacos e colocalos nun recipiente apto. O seguinte é quentalo a potencia media en intervalos máximos de 30 segundos. En cada pausa, removemos o chocolate e volvemos introducir no microondas. Cando vexamos que está case listo, pero aínda necesita un pouco máis de calor, reduciremos os intervalos a 10 segundos para evitar que se desnaturalice e se queime.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.