Retallos 2011

Page 1

XORNAL DO C.E.I.P. “A SOLAINA” Nº 4-2011

TANIA CARMELA CARLA MARÍA YAGO

DIEGO

ESTER ALBERTO LUIS NURIA VICTOR IVÁN CELIA PABLO EZEQUIEL JAVIER JESÚS ANA ISABEL PATRICIA ALEJANDRO DANIELA RUBÉN MANUEL LUCÍA SEYNABOU ANGEL SALAMU ERIKA BRUNO Subvencionado pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Secretaría Xeral de Política Lingüística. 1


RETALLOS

Opinión

SUMARIO

...................................................................

páxina 2

(Comentario editorial, Contaminar ou non contaminar, esa é a cuestión ...)

Noticias

..................................................................

páxina 4

(os nenos e nenas de 4 anos b fixeron todos estes traballos ...)

Reportaxes ...................................................................

páxina 6

(A nosa clase, Conferencia do baile, Cerámica, O día das letras galegas, Excursión a Tenerife, Os seis sentidos)

Entrevistas ..................................................................

páxina 12

(Entrevista a Antonio Calvo)

Natureza

..................................................................

páxina 14

Proxecto: ¿Que é unha nogueira?, O outono, Plantando, Investigamos en internet sobre os animais, A fauna do río Xuvia, Visita ao muíño de Pedroso, Un día na praia)

Colaboracións literarias ..................................................

páxina 22

(A bruxa pequena, O rato tímido, A nena máxica, A nena que quería ser princesa, A máquina do profesor Leiton, A nena e a flor, O castelo encantado, a revista encantada, O neno que non tiña amigos, A nena perdida, Poesía visual, O paxaro colorido, A pomba que quería voar, O coello de pascua, Os Gazafellos, A excursión, Galegos no mundo)

Concurso de contos de medo ........................................

páxina 35

(As portas do inferno, Halloween entre vampiros, O vampiro e as nenas)

Lecturas recomendadas ...............................................

páxina 38

Pasatempos ...............................................................

páxina 39

Sociedade ..................................................................

páxina 41

Sinaturas

páxina 43

.................................................................. 2


RETALLOS

OPINIÓN COMENTARIO EDITORIAL

Un ano máis sae Retallos, a revista do noso colexio, e un ano máis cedémoslle a palabra aos alumnos á hora de facer o comentario editorial. Eles/as teñen moitas veces máis que dicir do que nós pensamos e, dende logo, do que non podemos dubidar nunca é da súa rectitude de intencións. CONTAMINAR OU NON CONTAMINAR, ESA É A CUESTIÓN ...

O quecemento global é un gran problema, a contaminación, a choiva ácida. Nós, os seres humanos estamos ameazando o noso planeta con grandes perigos; por sorte existen organizacións como Green Peace, Disney Friends For Change ... que loitan por un mundo mellor. Porque se nós non empezamos a facernos responsables, non haberá volta atrás, por sorte, aínda temos tempo. O que hai que facer é simple, se consumimos menos enerxía e facemos o adecuado cos residuos, o mundo se poderá salvar. Ademais, xa están inventando novas fontes de enerxía renovable. E recorda … ¡Pensa en verde! Yago Carballeira Lorenzo. 6ºA 3


RETALLOS

NOTICIAS

OS NENOS E NENAS DE 4 ANOS B FIXERON TODOS ESTES TRABALLOS ...

DEBUXOS DA EXCURSIÓN ÁS FRAGAS DO EUME

DEBUXOS DO TEATRO “VIOLETA COLETAS CONTRA AS SALCHICHAS”

DEBUXOS DO OBRADOIRO DE IGUALDADE

DEBUXOS DA NOITE DE REIS

POLO DÍA DA PAZ

4


RETALLOS

NOTICIAS

OS DEBUXOS DO ENTROIDO

PROXECTO DAS MIMOSAS

PROXECTO DE PICASSO

PICASSO E ANIMAIS MITOLÓXICOS Educación Infantil. 4 anos B 5


RETALLOS

REPORTAXES

A NOSA CLASE

Colectivo. 1ยบ B 6


RETALLOS

REPORTAXES CONFERENCIA DO BAILE

A danza ou o baile é a execución de movementos que se realizan co corpo. Principalmente cos brazos e pernas.Todo isto debe ir acorde coa música que se desexe bailar. Dito baile ten unha duración que vai dende segundos, minutos e ata horas e pode ser de carácter artístico de entretemento ou relixioso. De igual maneira é unha forma de expresar os nosos sentimentos, emocións a través de xestos finos harmoniosos e coordinados. O baile, en moitos outros casos, tamén é unha forma de comunicación, xa que usamos a linguaxe no verbal. É un arte belo, expresivo e emocionante en moitos aspectos, tanto para os que o disfrutan coa súa contemplación, como para os bailaríns. E ao ser ameno pode disfrutarse por toda a xente, aínda que nalgúns casos, o apreciar un tipo de baile en concreto, dependerá tanto da audiencia como do bailarín. É importante destacar, que a danza é unha forma de as belas artes máis simbólicas, xa que, principalmente, se acentúa a necesidade de transmitir emocións e comunicar unha mensaxe á audiencia. Entre varios tipos de bailes temos os clásicos que son aqueles bailes que se poden apreciar pola maioría do público, e que pertencen á cultura popular. Xeralmente leva movementos e elementos harmoniosos, suaves e coordinados.

Tamén existen os bailes modernos que son bailes máis actuais que os clásicos e que xeralmente pode ser apreciado por case todo o mundo; pois a apreciación dun baile dependerá de moitos factores, como gustos musicais, calidade de vida e a cultura popular. Aínda que isto tamén ocorre nos bailes clásicos. Algúns dos bailes modernos son: Rock and Roll, pop, rock, salsa, tango, hip hop, Breack Dance, contemporáneo Distes bailes, tanto modernos coma clásicos existen variantes de diversos tipos que poden ser disfrutados segundo ao bailarín lle agrade. A danza componse de diversos elementos fundamentais, os cales se interrelacionan, logrando transmitir emocións ao público e tamén para o mesmo bailarín. Os elementos son: Ritmo, expresión corporal, movementos, espazo, color Os movementos e características específicas de cada baile utilízanse para elaborar unha coreografía, pero tamén pódense inventar novos pasos ao ser combinadas máis dunha coreografía. Baile urbano A expresión baile urbano ou danza urbana refírese a un certo evento, dende os bailaríns bailan en pleno espazo público, como o pode ser na rúa, nunha praza, centro comercial, etc. Un claro exemplo de baile urbano pode ser o chamado break-dance ou o robt-dance Algúns dos máis importantes coreógrafos da historia foron: Domenico Da Piacenta, Gugliermo Ebro, Antonio Cornazzano, Mariues Petipa.

Estes bailes practícanse dende tempos anteriores: Bailes de salón, bailes folclóricos, danza medieval, barroca e renacentista, patinaxe artístico sobre xeo e Ballet

Nuria Couto. 6º A Patricia Matesanz. 6º A Ester Castro. 6º A

7


RETALLOS

REPORTAXES AS LAVANDEIRAS

Aínda que a principios do século XIX ideáronse as primeiras lavadoras de manivela, eran poucas as familias que tiñan unha. Durante a idade media, o lavado de roupa facíase unha vez cada quince ou vinte días e, bastantes anos máis tarde, cada semana. As mulleres lavaban a roupa da súa familia habitualmente axudadas por algunha filla. Se a familia podía, pagábanlle a una lavandeira para que lles lavara a súa roupa. Nun ou noutro caso, o traballo era o mesmo. Pola mañá, antes de saír o sol, saían as lavandeiras camiño do río, cargadas con enormes cantidades de roupa sucia, levábana sobre a súa cabeza, nun cesto de vimbio ou envolto nunha tea de algodón e tamén levaban un anaco de xabón que elas mesmas facían. Primeiro, poñíanse de xeonllos xunto ao río e enxaboaban a roupa e golpeábana con cinza para quitarlle a sucidade. Logo, poñíana no campo para que lle dera o sol e se lle fosen quitando as manchas e a cor amarelenta. De

vez en cando, botábanlle auga á roupa para que non se secase.

Unha vez ao sol, outra vez a enxaboar, refrégar e por último enxaugar varias veces e volvela a pór sobre o campo para que seque. Este labor levaba todo o día, e ao caer a tarde, as lavandeiras ían a recoller a roupa, dobrábana e volvíana a meter dentro das cestas ou na cabeza para regresar. As mulleres que se dedicaban a lavar a roupa (as lavandeiras) realizaban isto todos os días xa que era o medio de levar algo de diñeiro para poder comer toda a familia. O traballo de lavandeiras era moi duro, por iso, todas as lavandeiras sufrían lesións ao envelleceren. Sobre todo nas costas, nos xeonllos ou no pescozo.

Patricia Fernández Matesanz e Ester Castro Martínez. 6º A

8


RETALLOS

REPORTAXES

CERÁMICA Para facer cerámica, primeiro moldéase en arxila en estado húmido, e logo é pasada a un forno apropiado, que consolida e dá brillo aos vernices. O instrumento utilizado para moldear o barro é o torno, comprendendo un soporte plano que rula a través dunha panca de pedal. Durante a rotación do obxecto, este é gradualmente moldeado coas mans, en diferentes niveis ou alturas. Os elementos complementarios, como as asas e outros detalles dos potes e

vasos, fanse aparte e fíxanse na peza coa axuda de arxila e mol. Actualmente trabállase en serie con máquinas que prensan a arxila en moldes. A cerámica mais fina é a porcelana. Lucía Herrero Ferraces. 6ºA

O DÍA DAS LETRAS GALEGAS O día 27 de maio celebramos no colexio A Solaina o día das Letras Galegas 2011. O día das Letras Galegas dedicado a Lois Pereiro. Tivemos unhas actuacións escolares como por exemplo un baile e unha

exposición de traxes típicos dos pobos Galegos, e ao final da celebración viñeron a tocar a gaita e a pandeireta catro persoas do concello de Narón. A min gustáronme moito os bailes, foi moi bonito ver a gaita e as pandeiretas. A min gustoume moito a exposición de traxes típicos Galegos. O baile gustoume bastante pero había algún que outro que se despistaba moito co público, e a obra de teatro non se entendeu moito porque tiñan que falar dende lonxe. E a actuación das gaitas e as pandeiretas tamén gustoume moito. De todas maneiras gustoume moito este día.

obra de teatro. Tamén tiñamos unha

Bruno Penas Fernández e Javier Jesús Eiranova Bello. 6ºA 9


RETALLOS

REPORTAXES

Excursión a Tenerife

O día 27 de Maio do 2011, os nenos e nenas de 6º de primaria saímos do colexio as dúas da tarde cara o bar da Xeitosa, onde nos esperaba o bus para ir a Santiago de Compostela e alí coller o avión cara a Tenerife. No aeroporto deixáronnos un ratiño libre para mirar cómo era aquilo. Para min e moitos dos meus compañeiros era a primeira vez que iamos en avión e estabamos moi nerviosos. Ao chegar fomos directamente ao Hotel TEIDE MAR,

onde ceamos e nos fomos para a cama. O día seguinte, fomos ao SIAM PARK. Era impresionante todas as atraccións que había, a maioría montaron en todas pero algúns non puidemos montar no “camecace” porque non chagabamos ao mínimo de altura. Comemos ás catro ou cinco, fora do Siam Park porque non deixaban entrar comida, entón comemos fóra esperando o autobús. Despois cando chegamos 10


RETALLOS

REPORTAXES

ao hotel ceamos e fomos para a cama.

Xoán nos propuxo ir tomar chocolate con churros (estaban boísimos). Logo fomos a dous museos, o da ciencia e o da historia. E para acabar o día vimos a LOITA CANARIA e estivemos animando o grupo de Tenerife chamado “O Rosario”; e logo cea e a durmir.

O Venres fomos ao LORO PARQUE. Aquilo era tamén moi bonito con tantas distintas especies de animais;

O Domingo foi un día todo dedicado ás compras para os familiares e amigos/as. Ese día intentamos deitarnos cedo pero había unha discoteca e nos quedamos un ratiño un pouquiño grande. O Luns foi un día de moito madrugar porque tivémonos que levantar ás 6 e media da mañá para coller o avión e regresar á casa. A maioría fomos durmindo primeiro no bus, despois no avión, e logo outra vez no bus.

vimos o espectáculo das orcas, dos golfiños e dos leóns mariños, todos os espectáculos foron moi bonitos. Fómonos sobre as sete ou oito ao hotel, a cear e aloxarnos. O Sábado foi un día con moitos imprevistos, porque empezou a chover e non puidemos ver o “folclore canario” e un amigo de

¡FORON OS SEIS DÍAS MAIS DIVERTIDOS DA MIÑA VIDA! Lucía Herrero Ferraces. 6º A

11


RETALLOS

REPORTAXES

OS SEIS SENTIDOS A minusvalía é unha situación desvantaxosa que impide desenvolver determinados papeis sociais.

desprazarse pola súa cidade ou de acceder a moitos lugares ou locais públicos por non estaren adaptados os accesos; atópanse con que non hai ramplas, ascensores amplos para que poidan pasar coas cadeiras de rodas, aínda que se esta mellorando bastante neste aspecto dado que se están a facer bastantes obras para eliminar ditos obstáculos.

Xurde a minusvalía cando a discapacidade coloca á persoa en desvantaxe en relación con outras persoas ou ben cando a sociedade non proporciona ambientes onde as persoas poidan atopar acomodación e compensación para o seu deterioro ou discapacidade. Por iso a xente ten que usar cadeiras de rodas ou muletas para poder desprazarse. Na vida cotiá, unha persoa minusválida atópase con moitos atrancos á hora de poder

Tamén a sociedade, concienciada coas persoas minusválidas, trata de facilitar o acceso ao mercado laboral destas persoas buscándolles postos de traballo que se adapten ás súas posibilidades. Lucía Herrero. 6º A Tania Abad, 6º A

12


RETALLOS

ENTREVISTAS ENTREVISTA A ANTONIO CALVO. (27 de maio)

Antonio Calvo (7-2-1976) sempre se dedicou a perruquería e é un dos perruqueiros máis coñecidos de Narón e comarca. Ten unha perruquería chamada Antonio Calvo, cuns 300 metros cadrados, onde hai todo tipo de tratamentos de estética e uns peiteados modernos e renovados. Agora está facendo o seu segundo Show, chamado “Imaxe”. Empecemos coa entrevista:  Non, nunca. Creo que non podería vivir sen a perruquería.

1-Dende pequeno xa querías ser perruqueiro , ou o decidíchelo máis tarde?  Decidino un pouco máis tarde.

6-Cal é a túa maior inspiración?  Non hai inspiración en concreto, as inspiracións van cambiando ao longo do ano.

2- Aparte de ser perruqueiro que te gustaría ser?  Quería ser pintor.

7-Recibiches algún premio de perruquería e senón é así cal che gustaría recibir?

3-Cal é o teu gran soño centrándonos na zona de traballo?  Non teño ningún soño en especial.

 Fun finalista nacional no certame Novoprof en 1997, sempre pensei en presentarme noutros certames e veremos se hai sorte e poderemos recibir algún premio máis.

4-Canto tempo levas traballando na perruquería?  Uns 20 anos máis ou menos. 5-Algunha vez pensaches en deixar a perruquería e traballar noutra cousa?

8- A que personaxe famoso gustaría peinar?  A Lady Gaga.

13

te


RETALLOS

ENTREVISTA Preguntas sobre o Show “Imaxe”  Supoño que si.

1-Que te inspirou a facer o Show?  Inspiroume Edith Piaf, que era unha cantante francesa de principios de 1900.

4-Cantas horas lle preparar o Show?

dedicas

a

 Moitas horas de pensar e de ensaios.

2-Sobre que trata o Show?  O Show trata sobre a moda dos anos 40 e 50 que foron os anos dourados da vida de Edith Piaf, fusionados coa moda de agora.

5- Sobre cantas persoas participan?  Aproximadamente 35 modelos, 12 estilistas, modistas, sonido… en total ao redor de 60 persoas.

3-Haberá máis Shows? Preguntas extra 1-Que che gusta máis, recollido ou solto?

o pelo

tamén quere ser perruqueir@?  Que hai que traballar moito, que sempre hai que evolucionar e que sexan orixinais.

 Segundo para a hora que sexa e para onde vaias ir. 2-Algún consello para a xente que

Agradecemos está colaboración e disposición de Antonio Calvo á hora de facer esta entrevista.

Ainhoa, Sabela e Uxía. 6ºB. “SHOW

IMAXE”

14


RETALLOS

NATUREZA

Proxecto: ¿QUE É UNHA NOGUEIRA? Ao longo do segundo trimestre, co motivo da celebración do Certame Intercentros os nenos e nenas de Educación Infantil, propuxemos que o Certame fixese referencia aos bosques galegos. Na aula de E.I de 4 anos A, a árbore que propuxo a mestra foi a Nogueira pero … ¿Qué é una Nogueira?. Ningún alumno da clase sabía o que era, polo tanto, observamos unha pequena presentación en Power Point, a cal nos daba a coñecer os seguintes aspectos dunha Nogueira: 1. A Nogueira é unha árbore grande, mide arredor duns 20 metros. 2. É orixinaria de Asia. 3. As súas follas son ovaladas e lisas. Verdes en primavera e doutras cores en outono. Nesta estación caen ao chan. 4. As follas desprenden un desagradable olor para evitar os insectos. 5. O tronco da Nogueira é de cor gris cinza. 6. O froito da Nogueira chámase noz.

E así foi, que con estes datos, un pouco de imaxinación e moita paixón saíu esta pequena gran obra de arte.

Educación Infantil. 4 anos A 15


RETALLOS

NATUREZA

O OUTONO No outono recollimos follas secas e fixemos con elas distintos animaliños. .

A verdade é que quedaron moi cucos.

Foi moi divertido !!

ED. INFANTIL. 5 ANOS A 16


RETALLOS

NATUREZA

PLANTANDO ED. INFANTIL- 5 ANOS B

Esta primavera plantamos unhas sementes para observar cómo nacen as plantiñas usando para elo os envases reciclados do iogur da merenda.

Logo de varios días de coidados …

MIRADE COMO LLES MEDROU O PELO.

Educación Infantil. 5 anos B 17


RETALLOS

NATUREZA

INVESTIGAMOS EN INTERNET SOBRE OS ANIMAIS. vaca

galo

robaliza

 Nace: do ventre da súa nai.  Alimentación:  Cando é pequena: do leite que mama.  De maior: de herbas, por iso é ... mamífero e herbívora.  O seu corpo está cuberto de … pelos.

 Nace: de ovos.  É … omnívoro … porque se alimenta de … plantas e animais coma miñocas.  seu corpo está cuberto de … plumas.

 Nace: de ovos.  É ... carnívora ... porque se alimenta de ... cangrexos, miñocas, ourizos de mar, peixes e outros animais mariños.  O seu corpo está cuberto de ... escamas. Colectivo. 1º C 18


RETALLOS

NATUREZA A FAUNA DO RÍO XUVIA

Onte e hoxe fomos ao Muíño de Chao, situado na beira do río Xuvia.

Estudamos a fauna, a flora e as utilizacións do río. Déronnos un “Caderno de campo” para apuntar nel os datos que íamos sabendo do río, tales como: temperatura, profundidade, largo, contaminación, etc. Todo isto faciámolo coa axuda dos monitores. O que máis me gustou foi a fauna. Vimos dous abellóns, tres zapateiros, por certo que dous deles estaban preñados. Tamén encontramos unha eiruga e unha araña. Por alí pasou un paxaro chamado tordo, un paxaro de cor marrón, moi bonito e moi áxil.

Impresionáronme unhas larvas chamadas tricópteros, que son moscas dos ríos. Atopamos uns caracoliños que indican que a auga do río está limpa. En fin, que o río Xuvia é unha fonte de vida, por iso todos temos que coidalo.

Luis Berdanca Rey. 3º A 19


RETALLOS

NATUREZA

VISITA AO Muíño DE PEDROSO Os rapaces e as rapazas do Segundo Ciclo fixemos una visita ao muíño de Pedroso para estudar os ríos. Cando chegamos vimos que toda aquela paisaxe era moi bonita. Primeiro nos presentaron aos monitores: David, Alba, Pedro, Pepa, Ana, Silvia e Leti. Todos eles nos ensinaron cousas relacionadas co río. Aprendemos a medir a temperatura (14ª), a anchura da ponte, a profundidade do río para o que usamos una cana, a anchura do río para o que usamos una corda. Mais tarde fomos a almorzar e xogar un pouco e despois leváronnos a

una casiña onde nos ensinaron o ciclo da auga. Puxemos unha pota con auga quente tapada cun anaco de plástico e vimos como subía o vapor e se pegaba no plástico. Logo fixemos de nubes: enchemos tres regadeiras con auga e, en dúas maquetas, una sen herba e outra con herba, botamos a auga. Na que tiña herba, nos se foi a terra coa auga porque a herba agarra a terra e na que non tiña herba, foise toda a terra. Iso chámase erosión, dixéronnos que a que non tiña herba seguramente se queimara.

20


RETALLOS

NATUREZA

Ao día seguinte os de terceiro volvemos a Pedroso. Ensináronnos algúns nomes de plantas e árbores do río como o ameneiro, bidueiro, freixo, salgueiro e sabugueiro. Debuxámolos na libreta e calcamos as follas. Tamén nos ensinaron un muíño moi antigo onde se moía o gran para sacar fariña e poder facer pan. Despois fomos por un camiño estreito a ver a desembocadura do

río Castro no río Xuvia porque o Castro é un afluente. De volta atopei unha semente de ameneiro e xa a podo plantar no terreo. Despois do almorzo intentamos pescar peixes e animais acuáticos como zapateiros aprendemos os nomes e como eran algúns animais de por alí como a lontra, troita, escarabelliño, esquíos Pasámolo moi ben e aprendemos moito.

Traballo Colectivo. 3ºB 21


RETALLOS

NATUREZA Un día na Praia

Un día de verán fomos á praia coas miñas curmás e cando estábamos na area vimos un peixe moi grande e acercámonos ao mar para velo ben de preto, e nos asustamos moito. Pasara un rato moi longo e vimos que viñan moitos peixes iguais ca el, e un home díxonos que o animal aquel era unha

balea que estaba perdida e que as outras baleas viñan a buscala. Cando a balea viu as súas compañeiras púxose moi contenta e foise con elas. A min pareceume moi fermoso o que vin naquela praia. Despois eu e as miñas curmás bañámonos e pasámolo moi ben. Lidia. 3º B

22


RETALLOS

NATUREZA

A LURA As luras son moluscos pertencentes ao grupo dos cefalópodos. Os cefalópodos son unha clase de invertebrados mariños. Posúen dez tentáculos arredor da boca.

A lura xigante: A lura xigante non só habita nas grandes profundidades do océano.Tamén aparece de cando en cando na superficie do mar e é capaz de desprazarse a enormes velocidades. A lura xigante é un animal de aspecto parecido á lura común.

Sábeno porque atoparon exemplares mortos, de 18 metros de lonxitude aproximadamente ata a punta dos tentáculos. Os exemplares máis grandes chegaron a pesos cercanos á tonelada (aínda que se atopou unha especie de 13 toneladas).

A LENDA DA LURA XIGANTE O KRAKEN Un dos monstros mariños do noruegués é o Kraken: A lenda tivo que ser transmitida por mariños que afirman ter visto a unha lura xigante, aínda que a lóxica di que debía de tratarse dun banco de luras normais que por efectos ópticos dos fondos mariños e producían esta alucinación.

Carmela Barro Casanova (6 ºA)

23


RETALLOS

COLABORACIÓNS LITERARIAS

ESCRIBIMOS CONTOS A BRUXA PEQUENA (Presentación). Había unha vez … unha nena que era bruxa e vivía nun castelo xunto a outras bruxiñas maiores ca ela. Entre todas as bruxiñas coidaban da máis pequena e dábanlle mimo. (Problema) Un día … a bruxiña pequena escapou do castelo porque quería vivir con bruxiñas da súa idade. Atopou catro nenos xogando no bosque. Pasou moi boa tarde, pero cando anoiteceu pasou a noite soa no bosque. Tivo frío e moito medo e acordouse do triste que estarían as bruxas e de canto elas a coidaban. (Solución ao problema) Ao final ... decatouse do afortunada que era vivindo coas bruxas maiores e decidiu regresar. Cando chegou ao castelo puxéronse tan ledas que lle fixeron unha festa de benvida. Pero de castigo pola trasnada, tivo que lavar os pratos da celebración. E colorín colorado, este conto está rematado. Sara Rey. 1º C O RATO TÍMIDO (Presentación). Había unha vez … un rato chamado Xulio. Era un rato moi tímido, por iso non tiña amigos. (Problema) Un día … Apareceu un coello que tamén era moi tímido. Os dous non se falaban pola súa timidez e sempre estaban sos nas súas casas. Un día o coello necesitaba cenorias para comer e non as tiña. O rato deulle un saco de cenorias. (Solución ao problema) Ao final ... o rato e o coello fixéronse moi amigos e os dous non tiñan máis vergoña. Xuntos coñeceron a outros animais tímidos coma eles. Xa nunca máis tiveron tanta vergoña. E colorín colorado, este conto está rematado. Julen. 1º C 24


RETALLOS

COLABORACIÓNS LITERARIAS A NENA MÁXICA

Hai moito tempo había unha nena que tiña poderes máxicos e podía ler a mente. So tiña que pechar os ollos e xa a podía ler. Ninguén o sabía, porque tiña medo de que si se enteraban se aproveitarían do seu poder. Un día unha nena que se enterou preguntoulle: -Por qué non llo queres dicir a ninguén? E entonces ela contestoulle: -Porque teño medo de que a xente se queira aproveitar de min. E a nena contestoulle: -Iso non o saberás se non o probas. E ao final contouno e a xente entendeuna e non se aproveitou de ela. Sandra Leira Vidal. 2º A A NENA QUE QUERÍA SER PRINCESA Había unha vez unha nena chamada Carla, que un día leu un libro de princesas e Carla quería ser unha de elas. Hoxe soñou que era unha princesa e cando espertou díxolle a súa nai: -Seguro que algún día serás unha princesa. Carla de repente empezou a voar e voou ata o reino das princesas e se converteu nunha princesa de verdade e alí pasouno pipa e coñeceu a todas as princesas. Entón decidiu quedarse alí para sempre, vivindo nun castelo no reino das princesas. Lucía Couceiro Polo. 2º A

25


RETALLOS

COLABORACIÓNS LITERARIAS A MÁQUINA DO PROFESOR LEITON

Había unha vez un inventor que se chamaba Leiton. Ese profesor estaba traballando nunha máquina malvada porque se burlaban del e esa máquina utilizábaa para inmobilizar ás persoas e entón o profesor arrepentiuse, comprendeu o valor da amizade e nunca máis volveu a facer o mal. Noa López Abeledo. 2ºA A NENA E A FLOR. Hai uns catro anos ... Existía unha nena chamada Candela de 10 anos que, cando chegou a primavera, colleu unha flor que so existían dúas en todo o campo, entón Candela converteuse nunha flor máxica, xa que ámbalas dúas estaban enfeitizadas por unha bruxa. Entón Candela esperou e esperou ata que alguén a collera para que disfrutaran da súa fermosura, así acabaría o feitizo. Así o dia seguinte xa non era unha bela flor se non unha fermosa nena. Ana Becerra López. 2º A O CASTELO ENCANTADO Había unha vez uns nenos chamados Pedro e María. Eles ían de visita a un castelo encantado pero non o sabían. Entraron no Castelo e viron moitas cousas, cadros, espadas e figuras. Subían por unhas escaleiras de caracol cando escoitaron risas. Empezaron a tremer de medo, pensaron que eran as pantasmas do castelo. Moi a modiño acenderon as luces e viron uns nenos xogando nunha festa de pixamas e case morren da risa. Zinnia Barreiro Molina. 2ºA 26


RETALLOS

COLABORACIÓNS LITERARIAS A REVISTA ENCANTADA

Había unha vez un neno que encontrou unha revista antiga de vampiros. Resultou ser un libro de conxuros. Ó ler unha cousa, converteuse en vampiro, e mordeu a toda a cidade; antes era vila feliz, pero agora é vila vampiro. Chegou un forasteiro á cidade que sabía que cando rompera o libro o conxuro desaparecería. Foi ó lugar onde estaba a revista, rompeuna, todos caeron no chan, e cando espertaron todo era como antes. Diego Couto García.2º A O NENO QUE NON TIÑA AMIGOS Había unha vez un neno chamado Daniel, que non tiña amigos e decidiu saír a buscalos. Andou e andou pero non encontrou a ningún neno e cando xa se cansara de buscar e volvía para a súa casa viu uns nenos que estaban xogando á pelota. Entón Daniel preguntoulles se podía xogar con eles. Os nenos mirárono e dixéronlle que si. Entón Daniel divertiuse moito cos nenos, pero ao final xa se cansou de xogar e regresou á súa casa, pero moi feliz. Sergi Caneiro Momán. 2º A A NENA PERDIDA Había unha vez unha nena que ía ir ao bosque. Estaba andando ata que se perdeu porque andou moito e se preguntou como ía volver á súa casa. Estaba mirando a ver se atopaba a alguén e atopou unha cabana e faloulle ao señor que había alí para preguntarlle se a axudaba a atopar a súa casa. Andaron e a atoparon. Carolina López Godoy. 2º A 27


RETALLOS

COLABORACIÓNS LITERARIAS A poesía visual pretende ser un tipo de poesía en que as imaxes e os símbolos están distribuídos de forma que o elemento visual pode asumir a principal función da obra, sen depender da existencia de símbolos de escrita para a súa caracterización como poesía.

28


RETALLOS

COLABORACIร NS LITERARIAS

Colectivo. 2ยบ B 29


RETALLOS

COLABORACIÓNS LITERARIAS

O PAXARO COLORIDO Fai moitos anos nun bosque vivía Luna, un paxaro. Luna non tiña amigos porque tiña tantas plumas de cores diferentes, que burlábanse del. A osa Kika e so seus amigos facíanlle burla e bromas moi pesadas. Un día saíu do seu niño para buscar comida pero encontrouse con Tea e con Tara, unhas lobas que estaban famentas e que querían quitarlle a comida. Nese intre apareceu a osa Kika e asustou ás lobas que fuxiron asustadas. Entón a oso Kika máis , déronse de conta de que o que importa é a bondade, non a imaxe. Desde aquela Luna e Kika son amigas de verdade. Andrea Cánovas Rodríguez. 3ºA

A POMBA QUE QUERÍA VOAR Fai moitos anos, naceu unha pomba que mentres era pequena a súa nai alimentábaa todos os días. Pasado algún tempo á pomba entroulle o desexo de voar, pero por moito que movía as ás, non era capaz de facelo. Unha tarde viu pasar preto dela un pardal e preguntoulle: - Como fas para voar? - Sube á copa dunha árbore e axita moito as ás – díxolle o pardal. Cando pasaron uns días, a pomba subiu ao alto dunha árbore, pechou os ollos, moveu moi forte as súas ás, tirouse cara ao chan e deuse de conta de que xa estaba voando, e que non era tan difícil como pensara. Mario Bello Vilariño – 3º A

30


RETALLOS

COLABORACIÓNS LITERARIAS O COELLO DE PASCUA

Érase unha vez un coello, que vivía no bosque. O día de pascua tiña que levar os ovos para os nenos no prado, lonxe de onde vivía. Así que se puxo en marcha, preparou os ovos na cesta e foise. Cando xa andara moito, mirou na cesta e ...! Que susto! Os ovos non estaban. Que triste estaba o coelliño. O coello buscou e buscou pero non os atopou. Volveu á súa casa, a ver se os deixara, pero tampouco. O coello dixo: -que vou facer agora, sen os ovos non hai pascua-. No bosque un esquío tiña os ovos do coello. O coello volveu ao bosque, e uliu a pintura e tamén a viu no chan, así que a seguiu. Chegou ata a árbore do seu amigo o esquío. Chamouno pero este non lle contestou. Ao cabo dun rato o esquío baixou e o coello preguntoulle; -Viches os meus ovos de pascua? -Non- dixo o esquío. Pero o esquío pensou que mentir non era unha boa idea. -Si, atopeinos cerca do prado, así que están enriba, na miña casa- dixo o esquío. -Por que me mentiches?- díxolle o coello. -Porque me gustaban os ovos para o meu xardín- dixo o esquío. -Non te preocupes que mañá che traio ovos novos, vale?- díxolle o coello. -Vale- díxolle o esquío. Entón, este deulle os ovos, levounos ao prado e ao día seguinte levoulle ovos novos ao esquío. E colorín colorado, este conto está rematado. Andrea Chana. 3º B

31


RETALLOS

COLABORACIÓNS LITERARIAS OS GAZAFELLOS

Érase unha vez catro irmáns chamados Iria, Uxía, Xan e Anxo que vivían en Narón. Os catro irmáns tiñan moitas ganas de ir a Sobrado dos Monxes porque oíran unha lenda que falaba duns animais mitolóxicos, metade esquío

metade

pato,

que

vivían

nos

eucaliptais. So aparecían de noite e contaban que lles brillaban moito os ollos, ademais emitían un son coma un asubío. Os irmáns dixéronlles os pais que querían pasar unha temporada en Sobrado pero contestáronlles que non podía, ser de momento. Os rapaces non se deron por vencidos e idearon un plan para escaparse. Porfiaron e porfiaron ata que os convenceron de que os deixaran ir pasar un mes na casa da súa tía que vivía preto de Sobrado. Fixeron as maletas, colleron un autobús e cando chegaron a Sobrado dos Monxes buscaron un albergue para pasar a noite. Atopárono preto do bosque.

32


RETALLOS

COLABORACIÓNS LITERARIAS

Cando chegou a noite, os catro irmáns saíron cara a fraga, ilusionados e un pouco preocupados polo que podía pasar. Ao chegar alí non viron nada. Despois dun tempo, cando xa estaban algo decepcionados, Anxo viu uns ollos brillantes; emocionados correron cara a eles pero … desafortunadamente so era un moucho! Mentres miraban ao moucho con tristeza Iria oíu unha especie de asubío que viña do eucaliptal, tremeron de medo e cando se recuperaron do susto, enfocaron coa lanterna cara o chan; alí había unha pegada de pato e unha piña mordida por un esquío. Botaron a correr todos, cara o albergue, menos Anxo que foi cara o asubío, desgraciadamente había un río e caeu nel. Os irmáns ao ver que faltaba Anxo volveron buscalo e axudáronlle a saír. Despois diso decidiron que xa abondaba de aventuras por esa noite e marcharon durmir. Pola mañá, a tía Margarida, coa que se supoñía que estaban, fíxolles unha visita sorpresa aos pais que se quedaron moi sorprendidos ao vela. Cando souberon que os rapaces non estaban con ela puxéronse furiosos e algo preocupados, case lles saía fume polas orellas. Mentres

tanto,

en

Sobrado

dos

Monxes,

os

rapaces

almorzaban

tranquilamente. Pasaron o día descansando e buscando información sobre os Gazafellos. 33


RETALLOS

COLABORACIÓNS LITERARIAS

Cando chegou a noite colleron unha tenda de campaña e marcharon cara o eucaliptal dispostos a pasar alí a noite. Montaron a tenda e puxéronse a esperar. De repente oíron ruídos raros e viron ollos brillantes por todas partes. Eran os Gazafellos que saían dos seus acochos sen decatarse de que os estaban mirando. Anxo quixo sacar unha foto pero Xan non lle deixou. Quedáronse abraiados mirando para eles e sen facer ruído para non asustalos. Anxo, que estaba un pouco acatarrado, esbirrou sen querer e os Gazafellos desapareceron como por arte de maxia. Regresaron estiveron

ó

albergue

conversando

e

moito

tempo ata que se puxeron de acordo;

decidiron

gardar

o

segredo, xa que, temían que se o contaban, os Gazafellos podían extinguirse. Pronto apareceron os pais e a tía bastante furiosos, intentaron explicarse pero non os escoitaban. Castigáronos durante un tempo pero mereceu a pena, eles xamais esqueceron ós Gazafellos nin a noite máxica do eucaliptal. Colectivo. 4º A 34


RETALLOS

COLABORACIÓNS LITERARIAS

A EXCURSIÓN Érase unha vez unha nena chamada Tatiana, pero todos lle chamaban Tati. É baixiña, morena e ten once anos. O colexio ao que vai Tati organizou unha excursión o día 17 de maio para ir a montar a cabalo e celebrar alí o día das Letras Galegas. A norma dese día consistía en falar todos galego. Tati deuse de conta de que ían ir onde ela montaba a cabalo e púxose moi contenta, porque ela alí ten un cabalo chamado “Pocoyó”. Cando chegou o gran día saíron as nove da mañá nun autobús. Durante o percorrido ocorréuselles ir contando historias que escribiu Agustín Fernández Paz, unha delas foi “Aire negro”. Todo ían contentos e nerviosos, porque algúns nunca montaran a cabalo. Ás nove e media chegaron; e o primeiro que fixeron foi ver as instalacións, os cabalos que ían a montar e onde estaban todos os accesorios que necesita o cabalo. Despois foron a fóra a xogar a xogos tradicionais como ás agachadas, á petanca, á mariola e a moitos máis. Ás dúas comeron de pícnic. Cando remataron tiveron un ratiño de tempo libre para descansar. Logo fixeron una ruta a cabalo. Durante o percorrido ían contando historias que escribiu Agustín Fernández Paz, como “Unha historia de pantasmas”. Cando regresaron da ruta tomaron a merenda. De camiño ó colexio, no autobús, ían contando historias de Agustín Fernández Paz como “Amor de Agosto”. Cando chegaron ó colexio os nenos de quinto estaban bailando e cantando cancións tradicionais galegas, porque estaban celebrando o día das Letras Galegas. FOI UN DÍA FANTÁSTICO! Tania Abad López e Lucía Herrero Ferraces 6ºA

35


RETALLOS

COLABORACIÓNS LITERARIAS GALEGOS NO MUNDO

Esta é a historia dunhas familias galegas que en tempos difíciles sen traballo e sen recursos, decidiron marchar a outros lugares do mundo para buscar traballo e mellorar a súa situación, tiveron que emigrar, estiveron moitos anos fóra traballando, aforrando para poder volver, tiñan moita morriña da súa Galicia, das súas paisaxes, da cultura, das tradicións, das xentes, chegou o momento de volver, as familias decidiron facer unha asociación para unirse e contar as súas experiencias e vivencias. Todas estas familias galegas se contaron en que partes do mundo estiveron: Dinamarca, Italia, Alemania Dublín, Argentina, Siria Luxemburgo, Escocia, Turquía, Rusia, Australia, Suecia Grecia, Alaska, Letonia, Estados unidos, Guatemala, Austria, Suiza. Decidiron poñer un dia de celebración que seria recordado para eles e para todos os Galegos. Escribiron un libro contando todas as experiencias vividas de todos os Galegos no mundo, xuntaron as letras de distintos lugares para celebrar ese dia, que era o 17 de maio, o DIA DAS LETRAS GALEGAS. Carla Pérez Romero. 6º B 36


RETALLOS

CONCURSO DE CONTOS DE MEDO

Unha vez uns nenos e nenas de 4º descubriron unha figura encantada. Era o un de novembro, Halloween. Un grupo de nenos de 12 anos entraron na finca e caeron mortos na beiravía da rúa. Pouco despois, comezaron a ocorrer cousas moi raras dentro da finca e oíuse un grito en toda a urbanización. Pasou un día e … ¡Por fin saíu a nena! Pero saíu … coa pel gris …, os ollos brancos …, a cara sanguenta … e buratos no corpo. Tiña unha cruz marrón na man. ¡Convertérase nunha zombi! ¡Dirixíase ao centro de saúde que estaba preto de alí! ¡Quería cumprir coa súa misión, converter en zombis aos enfermos! ¡Cambiarlles o sangue! ¡Absorberlles a mente! A nena zombi … o conseguirá …?, a conseguiremos deter …?, ou non … ¡Estaba posuída polo malvado demo que vivía na finca! Chámase Inferno. Se non se facía o que el quixera … matábate ou te converte no seu escravo. Como rematará este pesadelo? Óese unha gargallada … A gargallada do Inferno.

. 5º B

37


RETALLOS

CONCURSO DE CONTOS DE MEDO

Érase unha vez, nunha noite de Halloween moi escura. Un neno chamado Anxo foi a chamar aos seus tres irmáns; Carlos, Raquel e Cecilia para ir a pedirlle caramelos a toda a xente do pobo. Eles saíron e viron que este Halloween xa non era coma os de antes, por temor a que un vampiro ou un home lobo os mordera. A pesar de que o pobo estaba protexido por uns cantos soldados. Os nenos non tiñan medo, aínda que a xente pensara o contrario. E decidiron ir igual por todas as casas excepto por unha; a dos Roller. Unha casa negra con manchas vermellas. Os Roller eran diferentes aos demais, eles non saían de día a pasear senón que o adoitaban facer de noite, cando ninguén os vía. Eran unha especie de bechos raros. Pero Carlos, o irmán maior, estaba empeñado en que quería coñecelos máis de cerca. De tanto insistir, se lles ocorreu a idea de entrar discretamente na súa casa. Entraron. Ao principio a casa non parecía tan terrorífica como por fóra. Ata que viron tres sombras cuns cairos moi afiados. Eles co medo que tiñan, non se lles ocorreu outra cousa que ir correndo cara a porta, pero xa estaba pechada. Os catro estaban abraiados, así que decidiron esconderse detrás dun armario cheo de po. As sombras volveron a aparecer cada vez máis cerca. De repente apareceron dous vampiros e un corpo mordido por eles. Ese corpo era o seu amigo Alberto, que desaparecera a noite pasada. Iso agora mesmo non lles preocupaba, o que de verdade lles preocupaba era que eles tamén acabaran así. De repente Raquel acordouse de que a nai lle metera uns allos por se os vampiros os atacaban. Aparte tamén lle metera un manual sobre vampiros. De repente Raquel dixo: -¡Xa está! Só necesitamos un vaso con auga quente. -Eu téñoo.- Di Carlos. -Pero como chegaremos ata eles? -Fácil, vosoutros sacade as cousas da mochila, mentres nós os entretemos. -Veña. Unha, dúas e tres … ¿Matáronos? ¿Fuxiron? Nunca o saberemos. Pero eu creo que si, porque a casa foi derrubada e non volvemos a ver aos vampiros, pero tampouco aos nenos. ¿A onde irían? Patri e Ester. 6º A 38


RETALLOS

CONCURSO DE CONTOS DE MEDO

O VAMPIRO E AS NENAS Había unha vez unhas nenas que atoparon unha casa abandonada, entraron nela e subiron as súas escaleiras vellas e cheas de polvo; cada paso que daban, o chan ruxía: crrr ... cras ... e facía moito ruído. O que non sabían era que na casa había outro invitado que non coñecían e que pronto ían coñecer. Un son moi agudo e molestoso chegaba onde as nenas, o seu corazón latía moi rápido e non podían moverse co medo, así que se abrazaron e pecharon os ollos para non ver o que ia pasar: -¿Quén anda aí?- preguntan as nenas. Era o vampiro que espertou da súa sesta con moita fame e apareceu diante delas disposto a trabarlles cos seus afiados colmillos brancos acabando coa súa vida.

Noa López Abeledo. 2º A

39


RETALLOS

LECTURAS RECOMENDADAS

RECOMENDACIÓNS DE LECTURAS

DE 3 a 7 anos XENEROSIDADE: ¡SOLO UNA PUNTITA! Émile Jadou. Ed CORIMBO DIVERSIÓN: JUAN, EL ARBOLITO VIAJERO Y OTROS CUENTOS. Gloria Méndez e Nuria Luna. Ed. B GRUPO Z VENCER O MEDO: PEQUEÑOS MONSTRUOS, Steer, Dugald. ED. S. M. A LIMPEZA: EL HADA AGUAYJABÓN, Rocío Antón y Lola Núñez. ED.S.M.

DE 6 a 9 anos

AMIZADE: LA VENTANA INFINITA, Andrés Pi Andreu, Kim Amate ED. PLANETA DESTINO SIMPATÍA: LA ARDILLA MIEDOSA, Mélani Watt. ED. ALMADRABA RESPONSABILIDADE: AMELIA QUERE UN CAN, Tim Bowley. ED. KALANDRAKA TESÓN: ¡QUIERO UN HERMANITO!, María Menéndez. ED S.M.

DE 9 a 12 anos VALOR LITERARIO: DISCURSO DO OSO, Julio Cortázar. ED KALANDRACA NATUREZA: O CAZADOR DE BALEAS, Paloma Sánchez Ibarzábal. ED QDQ ESFORZO: LA PRINCESA PELIRROJA, Paul Biegel. ED NOGUER CONVIVENCIA: ¡HERMANOS HASTA EN LA SOPA!, Teresa Broseta. ED S.M.

Equipo de Normalización de convivencia e Equipo de Biblioteca 40


RETALLOS

PASATEMPOS

Atopa na sopa de letras 8 palabras. L I N G U A G A L E G A P

X S X E N A O C E A G U Q

M I T M M V O V V E S E I

A S M D N B X E A C X I I

T D F N V A S T L V E A N

E O F O A T D U O R Z M R

M T F D M S H P A E T S P

A V I N D N I L A L U Z Q

T I N F O R M A T I C A S

I T G C N X M S B X V L U

C F L C D T E T O I U I I

A O E O A T O I B O A I I

S A S T G C C C V N X E I

L I N G U A C A S T E L A

1.- Ximnasia 2.- Inglés 3.- Informática 4.- Relixión 5.- Plástica 6.- Matemáticas 7.- Lingua Galega 8.- Lingua Castelá

Andrea Fernández Otero. 5º B

ADIVIÑAS MATEMÁTICAS  Posto dunha maneira son un número par, pero paso a nones se me das a volta.  Son o ________  Redondo son, e é cousa segura que a dereita valgo algo pero á esquerda non. Son o ________  Se unha camisa mollada tarda 15 minutos en secar. Canto tardarán en secar 3 camisas? Tardarán ______________  Continúa a serie de Fibonacci: 1, 2, 3, 5, 8, 13, 21, ___, ___, ___ Colectivo. 4º A 41


RETALLOS

PASATEMPOS ADIVIÑAS 1

Alto me vexo naquel lugarexo, que chova, que neve, eu non me queixo.

7 As miñas irmás no ceo só saben alumear, pero eu prefiro vivir feliz no mar.

2 Puntas para adiante, ollos para atrás, por moito que penses, non adiviñarás.

8 Branco de pés á cabeza, só no inverno vivo, co sol vólvome auga, porque a calor non resisto.

3 Levo a miña casa no lombo, camiño sen patas, e vou marcando a miña pegada, coma un fío de prata.

9 Roer é o meu traballo, o queixo a miña comida, e o gato foi sempre, o meu maior inimigo.

4 Teño ás e peteiro e falo e falo sen saber o que digo.

Cargadas van, cargadas veñen, e no camiño, non se deteñen.

10

5

11 Ao que me mantén sempre abrigo lle dou. Pouco despois moi feliz con outro abrigo novo xa estou.

Non toma té nin toma café e está vermello. Dime ¿que é? 6 Se a esquecemos se pasa, se a vendemos se pesa, se facemos viño se pisa e se a deixamos se pousa. (a uva)

12 Verde na árbore, de madura pica, se a comes no magosto, está moi rica.

Colectivo. 1º B 42


RETALLOS

SOCIEDADE

Coma todos os anos despedimos aos alumnos e alumnas de 6ยบ. Rapaces/as, moita sorte no instituto e na vida! Por certo, tedes os seus nomes na portada e contraportada da revista.

Alumn@s de 6ยบ A

Alumn@s de 6ยบB 43


RETALLOS

SOCIEDADE

Tamén despedimos a varias mestras, Josefina, Asun, Fina e Sara, que, despois de moitos anos de traballo, acadaron a hora feliz da xubilación. O colexio da Solaina non será o mesmo sen vós. Ata sempre!

Seguimos coas despedidas: Ata sempre Mar, Teresa, Montse, Miguel, Sabela, Ana e máis Rosa.

44


RETALLOS

SINATURAS

Nesta pรกxina podes gardar as sinaturas dos teus amigos e amigas.

45


XORNAL DO C.E.I.P. “A SOLAINA” ILARIA

Nº 4-2011 IRENE TAMARA XANA SOFÍA AINHOA OSCAR RAQUEL UXÍA DANIEL DANIEL ADAM ADRIÁN SANTIAGO ALEJANDRO LUCÍA OLAIA CARLA FRANCISCO IKER ALEJANDRO MARIÑA PABLO

CRISTINA PAULO

Equipo de Dinamización e Normalización Lingüística Equipo de actividades extraescolares 46

SABELA


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.