III CONCURSO DE CONTOS "PASÁMOLO DE MEDO"

Page 1

III CONCURSO DE CONTOS “PASÁMOLO DE MEDO” TRABALLOS PREMIADOS

CEIP A SOLAINA

1


ÍNDICE Traballos premiados na categoría de Educación Infantil: 4 anos A: A bruxa malvada ...........................................................................

Páxina 2

4 anos B: Os nenos do cobertizo ...............................................................

3

5 anos A: As pantasmas de Halloween ....................................................

6

5 anos B: O medo de Anxo .......................................................................

9

Traballos premiados na categoría de 1º Ciclo de Educación Primaria: 1º Premio: A cabaza do Samaín. Autora: Isabella Casas Cándida de 1º A ...... Accésit: Pesadelo. Autor: Ángel García López de 1º A ....................................

12 13

Traballos premiados na categoría de 2º Ciclo de Educación Primaria: 1º Premio: O sofá. Autor: Noel Ferreira Balsa de 3º A ...................................

14

Accésit: A estraña vella da pedra. Autor: Alejandro Rodríguez Fernández de 4º B

15

Traballos premiados na categoría de 3º Ciclo de Educación Primaria: 1º Premio: Ai, que medo!. Autora: Ana Fernández Dosil de 6º A ....................

16

Accésit: A luz. Autora: Ana Hernández Rodríguez de 6º A .............................

18

1


4 anos A

2


3


4


4 anos B 5


6


7


5 anos A 8


9


10


5 anos B 11


A CABAZA DO SAMAÍN Había unha vez unha nena chamada Isabella que quería facer unha cabaza para o Samaín. Quería facela moi fea e saíulle horrorosa. Foise a durmir moi contenta coa súa cabaza rematada. Pola noite espertou e viu diante dela a súa cabaza dun xeito que metía medo: ha... ha... ha. Isabella estaba moi asustada e comezou a chamar a seus pais a berros: mamá...! papá...! Pero ninguén acudía á súa chamada. Estaba soa, e a cabaza acercábase cada vez máis a ela cos ollos vermellos, a boca moi aberta e cuns dentes afiados e enormes. Isabella estaba morta de medo pero aínda tivo máis medo cando viu un esqueleto ao lado da cabaza movendo todos os ósos. Berrou moi forte e pechou os ollos. Entón notou uns golpes na cara e, cando abriu os ollos, viu a súa nai dicíndolle: Isabella, esperta que estás tendo un pesadelo. Isabella Casas Cándida 1º A 1º Ciclo de Educación Primaria: 1º Premio

12


PESADELO Unha vez eu paseaba polas rúas e, de súpeto, do chan, saíu... un esqueleto vivinte! Veu cara min e corrín á miña casa. Entrei no portal, e, cando pensaba que xa estaba a salvo, o esqueleto atravesou a porta e dixo: ha... ha... ha! Eu levei un susto de morte! De súpeto comecei a escoitar un pitido moi molesto: pi... pi... pi... Cada vez máis forte e máis molesto. Que sería ese estridente son? Entón caín na conta de que... era o meu espertador! Todo fora un pesadelo. Ángel García López 1º A 1º Ciclo de Educación Primaria: Accésit

13


O SOFÁ Había unha vez un neno que nunca quería estudar. Unha tarde que os seus pais tiñan que saír a facer un recado, dixéronlle: -Carlos, tes que ser responsable e estudar este anaco porque mañá tes un control e bastantes deberes. -Si mamá. Vouno facer. Os seus pais confiaron nel e marcharon tranquilos, pero Carlos tan pronto pecharon a porta acendeu a tele e sentouse no sofá. Un anaco despois Carlos, alucinado cos debuxos, quedou paralizado cando os brazos do sofá o rodearon. Apertábano cada vez máis forte e notaba que o sofá o tragaba. Quería erguerse pero non podía. Entón Carlos comezou a berrar. Cando xa estaba morto de medo escoitou como os seus pais abrían a porta. Entraron no salón e tirando polas pernas lograron sacalo. Carlos prometeu estudar sempre, e ao día seguinte tiraron o sofá.

Noel Ferreira Balsa 3º A 2º Ciclo de Educación Primaria: 1º Premio

14


Anxo era un neno dunha pequena aldea que sempre voltaba do colexio polo mesmo camiño. Un día, chegando a unha pedra que se atopaba na beira do camiño, viu unha vella co pelo branco e moi longo que berraba: -Atrás, atrás ou a morte atoparás!!!!! Anxo saíu correndo ata chegar a casa e, mentres contaba o que lle pasara aos seus pais, choraba co corazón preto de saírlle do peito. Ao día seguinte, o pai de Anxo foi buscalo ao colexio. Facía moito vento e chovía. As árbores facían ruídos moi estraños e a noite escurecía o camiño. Cando se atoparon preto daquela pedra escoitaron un berro que lles puxo a pel de galiña. Detivéronse, viraron a cabeza cara atrás e ... alí non se atopaba ninguén!!!!! Nese mesmo intre o vento arrincou unha árbore que caeu xusto diante deles. Menos mal que non seguiran adiante porque ... estarían mortos!!!!! Acercáronse moi despacio ata alí. Un estraño ruído saía da árbore... A vella atopábase debaixo, morta, mais cos ollos moi abertos e fixos en Anxo, e que parecían dicir: -ATRÁS, ATRÁS OU A MORTE ATOPARÁS!!!!!!!!!!!!!!!!! Alejandro Rodríguez Fernández 4º B 2º Ciclo de Educación Primaria: Accésit 15


AI, QUE MEDO!!! Un día calquera, de inverno, con frío e vento e moita brétema, en Santiago de Compostela, un venres 13, que din que da mala sorte, pero non creo. Miña nai ese día tiña ganas de ir ver unha “peli” coas súas compañeiras de piso, María e Maica, e os compañeiros quedaran na casa estudando. Despois de estar escollendo a “peli” durante un intre, decidíronse por... “Entrevista con el vampiro“. Cando acabaron de ver a “peli”, viñan cheas de medo, respiraban forte do medo que tiñan. Despois de saír do cine foron comer a un restaurante Indio, e para ver se así se lles pasaba o medo, comeron guindillas!, así que agora non só tiñan medo, senón que lles picaba moitísimo a lingua! Despois de beber auga, auga, e máis auga para que lles deixara de picar a lingua, decidiron ¡r para a casa. Cando chegaron á casa entraron para dentro comentando o que pasara na película, de súpeto, miña nai ollou para o salón e viu unha figura dun home pendurada na porta como se estivese colgada, respiraban aínda máis forte, o medo paralizounas, empezaron a berrar, cada vez máis forte, pero nada, ninguén as socorría, así que se encerraron na cociña. De vez en cando ollaban para ver se pasara algo, pero nada, aquel home pendurado balanceábase un pouco cara os lados e elas seguían encerradas morrendo de medo, non se atrevían a mirar a ver que era aquilo, nin a saír ao pasillo e ir para os seus cuartos, nin a facer nada. Naqueles anos non había teléfono móbil, así que non podían pedir axuda. Ollaban pola fiestra, pero nada, ninguén pala rúa. Non sabían que facer... Que era aquilo? ... E os rapaces? ... onde estaban? ... Estaban durmindo? ...Ou? ... Aquel home pendurado, quen sería? Ai Deus! ... Que podían facer?... Estiveron horas e horas cavilando, buscando unha explicación, sentadas no chan, coa espalda contra a porta da cociña para que ninguén puidera abrir desde fóra, acurrunchadas as tres, unha contra a outra. E así foi pasando a noite, ata que de madrugada deberon adormecer porque as espertou o ruído que facían os seus compañeiros mentres que se duchaban coa música a todo volume. E alí estaban elas, tras a noite en vela, sen saber se sufriran un espellismo. Ata que apareceu Mino, un dos compañeiros, que lles preguntou que facían alí, por que non foran a durmir para a cama. Elas comezaron a explicarse falando as tres á vez, así que o rapaz non entendía nada de nada. Por fin miña nai atreveuse a ollar para o salón, ademais agora había luz solar, Jajajajajajaja, botouse a rir. 16


Resulta que o “home pendurado” era unha gabardina que un dos compañeiros puxera alí a secar. Como se riron os rapaces delas, e elas tan enfadadas con eles... Está demostrado que o medo pódeche facer ver cousas que non son verdade. Agora, no 2012, cóntamo miña nai e aínda se ri, e así será de xeneración en xeneración. Ana Fernández Dosil 6º A 3º Ciclo de Educación Primaria: 1º Premio

17


A LUZ Isto é una historia real que ocorreu en Castela e León hai moito tempo: Érase una vez unha rapaza universitaria chamada Carla, que vivía nun apartamento coa súa compañeira preto do centro da cidade. Unha noite Carla quedou co seu noivo Xoán para ir a cear e despois a unha festa. Ela maquillouse, peiteouse, vestiuse, colleu o bolso e saíu a fóra, onde a esperaba Xoán. Xa no restaurante deuse de conta de que non levaba a carteira e decidiu ir a buscala, colleu un taxi e dirixiuse ao apartamento. Cando chegou, Carla colleu as chaves e abriu a porta, a luz estaba apagada e ela supuxo que a súa compañeira estaba durmida e para non espertala non acendeu a luz, simplemente acercouse á cómoda, colleu a carteira e foise. Ao día seguinte, xa pola mañá, Carla chegou ao apartamento, pero ao chegar alí deuse de conta de que estaba todo acordoado e cheo de policías. Ela acercouse a un e preguntoulle: ¿Qué ocorre aquí? Pasou algo?  Si, á súa compañeira asasinárona. Pero como pode ser iso!!!  Exclamou ela. Aínda non o sabemos, vostede aquí á noite?

pero

unha

pregunta.

¿Estivo

Si, pero non vin nada raro... Antes de que puidera acabar un policía interrompeuna: Podería acompañarme?  Dixo. Ela seguiu ao xa alí díxolle: Alguén vostede.

home,

deixou

conduciuna

esta

mensaxe

Ela leuno e poñía: 18

ata

dentro

escrita

na

do

dormitorio,

parede

para


“MENOS MAL QUE NON ACENDICHES A LUZ” 3º Ciclo de Educación Primaria: Accésit Ana Hernández Rodríguez 6º A

19


EQUIPO DE BIBLIOTECA EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

CEIP A SOLAINA

20


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.