II Concurso de contos Pasámolo de medo

Page 1

II CONCURSO DE CONTOS “PASÁMOLO DE MEDO” Edita C.E.I.P. A Solaina Equipo de Normalización e Dinamización lingüística Equipo de Biblioteca

0


ÍNDICE

Nenas e nenos de 3 anos A O esquelete malvado ................................................... 2 Nenas e nenos de 3 anos B A bruxa e as pantasmas ............................................... 3 Nenas e nenos de 4 anos A Voda terrorífica ............................................................ 5 Nenas e nenos de 4 anos B As bruxas ...................................................................... 8 Sara Rey Corral. 2º C O xinete sen cabeza ..................................................... 11 Pablo Fernández Romero. 3º A O avión encantado ...................................................... 13 Sergi Caneiro Momán. 3º A O espectro do pasillo ................................................... 15 Ana Fernández Dosil. 5º A A miña bisavoa e o seu saco ........................................ 17 Aida Pena Amenedo. 6º A A rapaza atrapada no tren ........................................... 20

1


Educaci贸n Infantil. 3 anos A 2


3


Educaci贸n Infantil. 3 anos B

4


5


6


Educaci贸n Infantil. 4 anos A

7


8


9


Educaci贸n Infantil. 4 anos B 10


O XINETE SEN CABEZA Érase unha vez un home que ia a cabalo. Detívose diante dunha casa e baixou do cabalo. Dispúxose a entrar na casa e ao sentilos saíron as momias e os fantasmas que vivían na casa. Agarrárono os fantasmas e as momias colleron o cabalo, unha delas sacou unha espada e cortoulle a cabeza a o cabalo. -Nooon! -Berrou o home Os fantasmas metérono na casa e levaron o cabalo para o establo. Para o outro día cando espertou, a casa estaba baleira, pois os fantasmas non saen de día, o home correu cara o establo. Cando abriu a porta había centos de cabalos sen cabeza, vixiando aos cabalos había unha momia. Preguntoulle que buscaba e o home contestou: -Ao meu cabalo branco. Viuno nunha esquina, sen cabeza e correu cara a el. Nese instante petaron á porta, a momia abriu e na porta estaba un ogro. -Á miña filla gústanlle os cabalos sen cabeza e mañá é o seu aniversario. -Temos un cabalo branco. -Dixo a momia. -Dáme o cabalo. -Contestou o ogro. -Non! -Berrou o home. 11


-Dáme o cabalo ou mátote. O home dixo que non e entón o ogro matouno, pero antes de morrer o home dixo unhas palabras, entón abríronse as fiestras e as portas e entraron centos de espíritos. Eran os espíritos de tódolos xinetes que matara o ogro para conseguir os cabalos. Os espíritos loitaron coas momias e co ogro, e derrotáronos, mataron ao ogro, e fixeron unha fogueira xigantesca a onde botaron as momias. Ao morrer as momias, os cabalos recuperaron as súas cabezas e os espíritos volveron a ser persoas normais. Todos xuntos saíron cabalgando para alonxarse da casa. Mentres cabalgaban oíanse os berros dos fantasmas que espertaran ao sentir a pelexa, pero como era de día o sol estábaos destruíndo. E colorín colorado este conto de medo está rematado. Sara Rey Corral 2º C 1º Ciclo: 1º Premio

12


O AVIÓN ENCANTADO Había unha vez un investigador chamado Oscar Jalirón que quería irse de viaxe para poder descansar. Comprou un billete de avión para ir a Xapón na próxima semana, pero como non tiña moitos cartos colleu o avión máis barato. O día da súa viaxe colleu no aeroporto uns folletos que falaban dos avións. Despois de arrancar botou media hora léndoos, ata que se deu conta de que falaban do avión no que el estaba montado. O folleto dicía: "Este avión ten 35 anos e foi fabricado en China. Pode levar 90 pasaxeiros e ten unha gran sala para gardar o equipaxe. É un avión moi rápido . O primeiro piloto deste avión foi o Capitán Smicers, que desapareceu sen deixar rastro cando houbo unha tormenta no medio da súa viaxe cara a Australia. Despois disto todos os demais capitáns foron atopados mortos nas súas cabinas. Conta a lenda que aínda queda o espírito deste piloto polo avión que ven a levar con el a todos os que ocupan o seu antigo posto. Pero isto non é mais que unha tontería, unha historia que a xente aburrida do avión inventou" A Óscar deulle medo pensar que nese avión no que ia morrera xente. Pasou unha hora e empezou a facerse de noite e a xente se durmiu, pero el non podía durmir por pensar que estaba voando no aire. Levantouse para ir ó baño e foi polo pasillo. O chan do avión cruxía e as lámpadas parpadeaban. Entrou no baño. Cando quixo saír e abrir a porta, non podía. A porta estaba pechada por fóra como se 13


alguén estivera agarrando a manilla. De repente se oíu un ruído e se apagaron as luces. Cando se volveron a acender intentou volver a abrir a porta e o conseguiu. Cando saíu a fóra volveu asustado ao seu asento. Pero... ¡Non había ningún pasaxeiro sentado no avión, desapareceran todos! Óscar non sabía que facer, desapareceran tamén as azafatas. O avión estaba baleiro. Correu á cabina e mirou polo cristal da porta. O piloto estaba alí sentado, era a única persoa do avión que non desaparecera. Chamou á porta, pero ninguén contestou. Abriuna e acercouse a el. De pronto, xirouse o piloto e tiña media cara ensanguentada e a outra metade so ósos. Óscar botou a correr e el perseguiuno. O investigador encerrouse na primeira porta que atopou no pasillo, onde poñía nun letreiro: sala de limpeza. Cerrou a porta con pestillo e acendeu a luz. Cando Óscar viu o que había alí dentro quedou aterrado porque ESTABA CHEO DE CADÁVERES e unha voz empezou a pronunciar o seu nome cada vez máis forte ata que.... ¡boom!. Óscar espertou sobresaltado, ¡quedara durmido nas sillas do aeroporto mentres esperaba o avión! Todo fora un soño. Pero despois de pasar tanto medo Óscar non quixo viaxar e preferiu volver a descansar á súa casa. Pablo Fernández Romero 3º A 2º Ciclo: 1º Premio

14


O Espectro Do Pasillo Esta historia trata dun neno chamado Xan que se portaba moi mal sempre no colexio, todos os días a súa mestra rifáballe moitas veces pero el seguía o mesmo, e cando a mestra non podía máis con el mandábao saír fora pero a Xan non lle importaba nada estar no pasillo, de feito prefería estar fóra que dentro, ata que un día sentiu uns queixidos gue viñan do fondo do pasillo, Xan quixo ir ver pero cando estaba chegando ao final do pasillo sonou o timbre do final da clase, e todos os nenos saíron fóra e Xan ao ver aos compañeiros olvidouse de todo e saíu con eles ao patio, a xogar. Ao día seguinte Xan volveu a portarse mal e a mestra indicoulle a porta, pero esta vez Xan escoitou unha voz que lle dixo ¡¡Xaaaan, Xaaaan, Xaaaaan!!, ao neno empezáronlle a tremer as pernas e só puido dar a volta e entrar rapidamente na clase, a mestra rifoulle por entrar sen permiso, pero deixouno sentar. A semana seguinte Xan intentou portarse ben pois non quería ter que volver ao pasillo despois do susto do outro día, pero ao longo do mañá fóiselle esquecendo falar menos e a mestra volveu mandalo fora, Xan pediulle perdón e dicíalle que non volvería a falar pero a mestra xa non o cría, e Xan tivo que obedecer. Esta vez a voz viña de máis preto e díxolle ¡¡Xaaan, Xaaan, es un neno moi malo!! ¡¡Tes que portarte ben, ou senón vireite matar!! Xan estaba tremendo co medo 15


pero como a voz seguía insistindo, Xan prometeulle non volver a portarse mal e logo saíu correndo. A partir dese día Xan non volveu a portarse mal, a mestra estaba sorprendidísima do cambio tan grande que tivera, pero o que non sabía ela era que Xan estaba aínda máis sorprendido, pois nunca pensara en falar cun espectro e moito menos cun espectro tan ruín. Sergi Caneiro Momán 3º C 2º Ciclo: Accésit

16


A miña bisavoa e o seu saco Fai moito tempo, cando a avoa da miña nai era unha nena pequena de 8 ou 9 anos, pasoulle algo que lembrou para sempre. Vivía nunha pequena aldea de Muros, era inverno, facía frío e vento e os días eran máis curtos e as noites máis longas. A miña bisavoa era a máis nova de oito irmáns, e ademais cando ela naceu o seu pai xa morrera, por iso vivían na pobreza case absoluta. Un día pola tarde despois de comer, a súa nai mandoulle ir ao muíño a levar un saco de millo a moer. Aínda que ela era pequena xa tiña que facer moitas cousas para axudar na casa e non se lle ocorría desobedecer a súa nai, así que cargou o saco na cabeza, e botou a andar. O muíño estaba moi lonxe, pero ela foi encontrando amigas polo camiño e parábase a falar e a xogar con elas. Pousaba o saco de millo no chan e xogaba un pouco coas nenas da súa idade. Así foi pasando a tarde e cando chegou ao muíño xa era noitiña, e entón aínda tivo que agardar a que a muiñeira lle moese o millo, así que cando saíu xa era noite pechada. Naquel tempo non había luz eléctrica nin nas casas nin nos camiños, non había farolas que alumearan. Así que era noite escura de todo. Ademais os camiños non estaban asfaltados como agora, antes eran corredoiras estreitas cheas de pozas e buratos. 17


Así que a miña bisavoa ía andando ás escuras, agarrando coas mans o saco que levaba na cabeza, e con moito coidado de non meter os pés nun burato para non caer, nin de non chocar con nada. De súpeto empezou a oír que alguén a seguía, había algo ou alguén que ía detrás dela. Ela escoitaba os seus pasos e a súa respiración uns pasos por detrás dela. E tiña moito medo, e non podía correr, nin gritar, nin nada. Empezou a andar cada vez máis rápido, pero non podía ver nada por detrás dela, ía apalpando cunha soa man mentres que coa outra agarraba o saco para que non lle caese. Pensaba que se o tiraba podería correr máis pero a súa nai íalle berrar moito se perdía a fariña. O corazón saíaselle pola boca, tiña tanto medo, cada vez sentía máis cerca aqueles pasos e aquela respiración. E o saco pesáballe cada vez máis. E os pés doíanlle e aqueles malditos zocos que levaba calzados non a deixaban correr, e tropezaba, e metía os pés nas pozas, e entráballe auga e volvíalle a saír. E facía moito frío, e o vento cada vez sopraba máis forte e dáballe na cara, e non a deixaba andar. E cada vez tiña máis medo, e o corazón batíalle no peito e parecía que lle ía a saír para fóra. E aqueles pasos detrás, e aquela respiración cada vez máis forte, e non daba chegado á súa casa, ata que por fin viu unha luz e respirou aliviada, e correu, e caeu, e levantouse e seguiu correndo, e sentiu que a agarraban pola roupa e 18


seguiu correndo ata quedar sen folgos e desprenderse de aquilo que a suxeitaba. E por fin entrou na súa casa e abrazou a súa nai que a estaba agardando preocupada, e tirou co dichoso saco de millo, (que tanto lle pesaba), ao chan. Nunca soubo quen era o que a perseguía pero tampouco puido nunca esquecer isto que lle pasara. Ana Fernández Dosil 5º A 3º Ciclo: 1º Premio

19


A RAPAZA ATRAPADA NO TREN Ola chámome. Óscar e vouvos contar unha historia que me contou o miña irmá Paula. Foi uns dous anos, unha rapaza chamada Nerea, como todos os díos ás oito e media da mañá, colle o tren para ir ó instituto. A protagonista desta aventura vive cos seus pois nas aforas de A Coruña; Nerea sempre foi moi alegre e atrevida. Éralle doado facer amigas e tiña moitas, algunhas delas dende que era pequena. Os seus pois acompañábana todos os días ata a parada do tren na estación de Santa Margarita, porque eles tamén ían o traballar a un negocio familiar, unha libraría, e saían do casa a conda ela. Pero esta vez non foi así. Nerea quedárase soa na casa, xa que os seus pois tiveran que ir o unha viaxe de tráballo. Ela estaba acostumada o quedar soa, pero nesta ocasión tiña un pouco de medo porque estaba a facer unha noite de moito vento, con tronos e lóstregos. De verdade que posou unha noite moi mola e tivo moitos pesadelos. Aínda así ao dío seguinte xa se recuperara de aquel soño. De xeito que durmiu máis da conta, e non escoitou o reloxo cando soou. Toda preocupada levantouse sabendo que xa non chegaría á primeira clase. Tería gue apurar para non perder o seguinte tren, o das nove e media. 20


Nerea levantárase cun presentimento malo, pero ela non cría nesas cousas. Estando a piques de coller o tren viu que case non había ninguén, ¡que raro!, pensou, aínda que sigue como si nada. Tamén se deu conta de que na estación apenas funcionaban as luces, só as de emerxencia. Cando estaba a punto de subir ao tren, unha señora con pinta moi rara díxolle: -Non subas a ese tren! No intre no que Nerea ía a contestar, a señora desapareceu como por arte de maxia. A rapaza aínda que con un grande medo no seu corpo pensaba que a súa obriga era ir ao instituto e polo tanto non podía volver a perder o tren. Cando estaba no tren non lle pasou nada estraño, só que non había ninguén, nin tan sequera o maquinista. Entón xo empezou o pensar que o que lle dixera aquela muller podía ser certo. -¡Creo que por non ir ao instituto un día non pasa nada!, pensou agora. E de forma decidida , díxose: -Vou baixar. Pero cando vai abrir a porta a sorpresa é que non lle abre. Probou de moitos maneiras pero ningunha funcionaba, estaba empezando o asustarse, máis aínda, aterrorizarse 21


porque non podía saír de alí. De repente ocorréuselle chamar polo móbil á súa amiga Cristina. Imposible, no tren nunca hai cobertura, así que non lle serviu de nada. Ao cabo de quince minutos, que o Nerea lle pareceron unha eternidade, un home abre o vagón do tren e con unha gran colma diríxese á cabina, sen darse conta da presenza da rapaza. Ten que ser ela, Nerea, quen con voz temblorosa lle pregunta ¿que está pasando? O maquinista responde: -O Tren das 8:30 descarrilou cando estaba a entrar na estación da Coruña por unha árbore que o vento da tronada da noite derrubou na vía. Hai vinte persoas feridas de gravidade. Nerea comprendeu de súpeto que todos os atrancos cos gue se atopara ó longo daquela noite e inquietante mañá salvárana dunha posible desgraza. Baixouse do tren e desconcertada foi onde a cafetería da estación. As noticias na televisión falaban do accidente e o móbil empezoulle o soar, por fin falaba cos seus pois.

Aida Pena Amenedo 6º A 3º Ciclo: Accésit 22


Edita C.E.I.P. A Solaina Equipo de Normalizaci贸n e Dinamizaci贸n ling眉铆stica Equipo de Biblioteca

0


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.