Sonutopías inscrición

Page 1


Organización de son[UT]opías:

campUSCulturae: Irene García García e Xosé A. Neira Cruz Dirección: David Durán Arufe Coordinación: Haruna Takebe e Vicente García García Difusión: Pablo Prados

son[UT]opías 2014 conta coa participación de:


O vaso dá forma ao baleiro e o silencio á música. George Braque (1882-1963)


son[UT]opías 2014: Toshio Hosokawa campUSCulturae, aposta da Universidade de Santiago de Compostela a prol das culturas do mundo, do entendemento multicultural e do fomento da diversidade e do pluralismo, desenvolve o CENTRO INTERNACIONAL DA CREATIVIDADE, un espazo de experimentación coas relacións entre literatura, música, artes escénicas e novas tecnoloxías. Neste marco, campUSCulturae presenta a segunda edición de son[UT]opías, encontro internacional de creación musical que este ano ten o pracer de convidar a Santiago de Compostela ao compositor xaponés Toshio Hosokawa. Toshio Hosokawa é o máis importante compositor vivo de Xapón, unha voz coñecida e recoñecida internacionalmente pola súa calidade, orixinalidade e autenticidade. A súa música é en si mesma unha ponte entre culturas, unha exploración constante de fronteiras. campUSCulturae brinda unha oportunidade ao público en xeral, melómanos e profesionais, de achegarse á súa música e coñecer de primeira man o seu fascinante proceso creativo no que conflúen de xeito natural elementos da cultura tradicional oriental (conceptos do Budismo Zen, a Natureza e a súa inherente transitoriedade, o Gagaku ou a caligrafía dende o xesto) con elementos das artes occidentais integrados, nunha proposta de vangarda. O son vén do silencio, vive, volve ao silencio. (Toshio Hosokawa)


son[UT]opías 2014 desenvolverase do 29 ao 31 de xullo, tres xornadas nas que se fará un amplo retrato musical do compositor xaponés; pezas a solo, música de cámara e repertorio orquestral, música que examina a relación entre a arte de vangarda occidental e a cultura tradicional xaponesa. O programa musical culmina coa estrea mundial dunha nova peza que Hosokawa escribe para este proxecto: Drei Engel-Lieder para soprano e arpa. Para todo isto, cóntase con Vertixe Sonora Ensemble como ensemble residente, así como coa participación da Real Filharmonía de Galicia e a presenza de dúas eminentes intérpretes xaponesas: a soprano Yuko Kakuta e a arpista Naoko Yoshino. As xornadas combinan estas sesións musicais con conferencias, demostracións, fórum aberto de compositores e unha clase maxistral e panel de lectura con Toshio Hosokawa. A presenza do artista nipón é unha oportunidade para os novos creadores que son[UT]opías non quere deixar sen atender. Por iso organízase unha sesión de traballo específica para compositores. A Master Class do Centro Internacional da Creatividade con Toshio Hosokawa está aberta a compositores de todas as idades e nacionalidades, e a inscrición é totalmente gratuíta. Ademais son[UT]opías abre unha convocatoria de partituras a partir das que Hosokawa e o ensemble residente farán unha selección de dúas obras, para realizar unha sesión extraordinaria de lectura e para se interpretar na tempada 2014/15 do ensemble galego.


son[UT]opías 2014 diríxese a todo o público en xeral, non necesariamente músicos profesionais, se ben polos contidos específicos que oferta divídese en dúas categorías de participantes:

- PARTICIPANTES ACTIVOS - COMPOSITORES Actividades abertas a compositores de calquera idade e nacionalidade Master Class con Toshio Hosokawa - Centro Internacional da Creatividade (máx. 2 prazas de alumnos activos) Panel de lectura con T. Hosokawa e Vertixe Sonora. (máx. 2 prazas) Fórum aberto de creación musical (máx. 3 prazas) - OÍNTES (sen límite de prazas, con acceso a todas as actividades agás á participación na Master Class)

son[UT]opías ofrecerá aos participantes activos e aos oíntes toda a información sobre os eventos.


Master Class – Centro Internacional da Creatividade – con Toshio Hosokawa • Cada un dos compositores poderá participar nunha clase colectiva de 120 minutos con T. Hosokawa. Seleccionaranse 2 alumnos entre todas as solicitudes recibidas que poderán presentar e explicar unha obra súa.

Panel de lectura – Centro Internacional da Creatividade– con Toshio Hosokawa • Das obras presentadas seleccionaranse 2 para que Vertixe Sonora Ensemble faga en son[UT]opías unha lectura pública en sesión de traballo con Hosokawa e o participante. A sesión será de 75 minutos para cada obra. As 2 obras seleccionadas serán interpretadas en concertos da tempada 2014/15 do mesmo Vertixe Sonora Ensemble.

Forum Internacional de Creación Musical • Seleccionaranse 3 compositores, entre todas as solicitudes recibidas, que poderán presentar unha obra súa. A duración das presentacións non superará os 45 minutos por participante.


Así mesmo cada un dos alumnos participantes, activos e oíntes, poderá gozar, de forma gratuíta, de todos os concertos e conferencias de son[UT]opías

• Como realizar a solicitude (Participantes Activos da Master Class – Centro Internacional da Creatividade) A solicitude de participantes activos únicamente é posible a través de correo electrónico, enviándonos un e-mail a: sonutopias@gmail.com con todos os documentos por We Transfer (www.wetransfer.com) até o 30 de xuño de 2014 (23:59h).

DOCUMENTACIÓN NECESARIA -

Formulario de solicitude: PREME AQUÍ:

INSCRICIÓN

- Copia do documento de identidade (PDF). - Cando menos dúas partituras (pdf): (para selección no Fórum / Master Class / Panel de Lectura)


1. Panel de Lectura: partituras (preferiblemente non estreadas) para a seguinte formación de Vertixe Sonora Ensemble, completa ou para outra combinación destes instrumentos: frauta / clarinete / saxofón / violín / violoncello / contrabaixo / percusión / piano. (Entre estas partituras farase a selección de 2 obras para traballar con Toshio Hosokawa e Vertixe Sonora Ensemble). 2. Master Class: partituras de instrumentación completamente libre. (Entre estas partituras seleccionaranse 2 obrasalumnos activos para se presentar na clase con T. Hosokawa) 3. Fórum: partituras de instrumentación completamente libre. (Entre estas partituras seleccionaranse 3 obras para presentar no Fórum de composición – debe achegarse gravación en formato mp3) En calquera dos casos pódese mandar ata dúas partituras por categoría. Cada peza só poderá ser seleccionada para unha modalidade)


- As gravacións das partituras presentadas en formato mp3 (non é obrigatorio agás para participar no Fórum). - CV persoal.

A selección estará dirixida persoalmente por Toshio Hosokawa. Todos os compositores solicitantes deben de indicar en cal das actividades desexan participar e serán informados dos resultados por correo electrónico.

* Tod@s aqueles/as que non sexan seleccionados como participantes activos poden participar como oíntes. Os compositores que desexen participar no Fórum, Master Class ou Panel de Lectura como oíntes deberán cubrir a solicitude e enviar toda a documentación excepto as partituras.


• Como realizar a solicitude (Oíntes) Para participar como oíntes, débese enviar a documentación seguinte, unicamente a través de correo electrónico a: sonutopias@gmail.com até o 21 de xullo de 2014 (23:59h) - Formulario de solicitude: PREME AQUÍ:

INSCRICIÓN

- Copia do documento de identidade (PDF).

Ao final da clase maxistral, todos os participantes (activos e oíntes) recibirán un certificado de asistencia. A organización non pode asumir ningunha responsabilidade por calquera problema ou atraso causado por acontecementos imprevistos de orixe técnico, informático ou natural, que puidesen impedir a carga, recepción ou avaliación da documentación presentada por os solicitantes.



campUSCulturae é o proxecto de constitución dun espazo internacional dedicado ás minorías culturais do mundo. Apoiar estratexias a favor de linguas minoritarias e abrir vías de integración para as minorías en risco de exclusión son os obxectivos fundamentais desta iniciativa, que usa a literatura infantil e xuvenil como fío condutor e principal ferramenta. Con vocación eminentemente europea, constituíuse en maio de 2011 e desde entón toma forma e expándese desde unha base de operacións instalada no seo da Universidade de Santiago de Compostela (USC). Conta cun equipo de socios europeos, coorganizadores da iniciativa, que alimentan a idea fundamental de diversidade e encontro que está na base do proxecto. Trátase dun grupo de cinco institucións, unhas públicas e outras privadas, de dimensións diversas, pero todas elas relacionadas de maneira estreita cos eixos do proxecto. Son: a Minority Studies Society STUDII ROMANI, de Bulgaria, dedicada ao estudo e promoción dos grupos minoritarios europeos, especialmente os xitanos; o Vigdis Finnbo-


gadóttir Institute of Foreign Languages da Universidade de Islandia, centro de estudos sobre a diversidade lingüística do mundo; a Universidade de Lodz, en Polonia, referente no estudo das minorías culturais; CHE Consult GmbH, consultora alemá especializada no traballo con institucións educativas e grupos científicos que buscan estratexias de traballo acordes cos novos retos do actual marco universitario; e a Associação Cultural e Pedagóxica Ponte nas...Ondas!, entidade sen ánimo de lucro portuguesa asociada a un grupo de centros de ensino do sur de Galicia e o norte de Portugal para recuperar e pór en valor o patrimonio inmaterial común a ambos os territorios. Actividade social campUSCulturae pretende inspirar compromiso coa minoría e defensa de diversidade. Quere ser un punto de encontro entre os nenos e mozos e quen, dunha forma ou outra, traballan por e para eles. Pon a palabra, a literatura, ao seu servizo. Aborda a creación, a cultura, a investigación, o coñecemento desde unha formulación propia do seu tempo, é dicir, usando todas as ferramentas tecnolóxicas que o presente pon ao seu alcance. É un espazo integrador, fomenta o traballo en rede, e reforza o espírito europeísta.


Público obxectivo campUSCulturae preséntase como unha plataforma de participación aberta e interxeracional. Ten pois, unha vocación integradora. O seu obxectivo é crecer mediante a participación do maior número de actores posible, que enriquezan o proxecto e achegar diversidade, así como a confluencia de públicos de distintas idades coas culturas, literaturas e artes postas ao servizo do coñecemento, a creatividade e, en consecuencia, do entendemento mutuo. Busca os seus aliados entre os seguintes segmentos: - a comunidade científica especializada na literatura infantil e xuvenil, así como no estudo das minorías lingüísticas e culturais - a comunidade cultural, entendida como a integrada por todos os profesionais relacionados coa creación, edición e difusión do libro infantil e xuvenil e da lectura - a comunidade escolar, nenos, adolescentes, educadores e familias. campUSCulturae articúlase ao redor de cinco centros de traballo entre os cales se distribúen as actividades do proxecto.


- Biblioteca Internacional campUSCulturae: biblioteca especializada en literatura infantil e literatura científica relacionada coa creación literaria e artística para nenos e novos; centro de documentación sobre literatura infantil e diversidade cultural; portal trilingüe en castelán, galego e inglés; sala de investigación e servizo de asesoramento lector. - Museo internacional de la Ilustración: colección permanente de obra de ilustradores de todo o mundo; exposicións temporais e itinerantes; talleres formativos especializados; museo virtual e espazo de experimentación interactiva coa arte. - Centro de la Interculturalidad: BIT, banco de ideas e tempo; IRE. net, intercambio de recursos en rede entre diversas comunidades culturais; ADAN, plan para asociar a diferenza á normalidade; radiotv campUSCulturae. - Centro Internacional de la Creatividad: Laboratorio de autoedición de libros únicos e de artista; espazo de creación músicoliterario; plataforma de experimentación entre linguaxe infantil e arte contemporánea; escaparate das culturas do mundo; laboratorio de experimentación das artes escénicas e a palabra; a Praza das Palabras do Mundo. - campUSCulturae RTV


campusculturae.com www.facebook.com/sonutopias www.facebook.com/campusculturae


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.