consellos lectores

Page 1

C ON NSSEELLLLO OSS LLEEC OR REESS PPA AR RA A CO CTTO PPA AIISS EE N NA AIISS D NEEN NO OSS EE N NEEN NA ASS D DEE N DEE EED UC AC ÓN N IIN NFFA AN NTTIILL DU CA CIIÓ

Visitade o noso blogue: http://clubedelecturabormoio.blogspot.com/


CCO ON NSSEELLLLO OSS LLEECCTTO ORREESS PPA ARRA A PPA AIISS EE N NA AIISS D DEE N NEEN NO OSS EE N NEEN NA ASS D DEE EED DU UCCA ACCIIÓ ÓN N IIN NFFA AN NTTIILL

4.- Cal é o mellor momento? Cando os nenos e nenas estén tranquilos, relaxados e teñan ganas de ver libros e disfrutalos.

A influencia da familia é decisiva para fomentar a práctica da lectura ao longo da vida e non só durante o período escolar. Vós, pais e nais, xogades un papel moi importante no desenvolvemento dos hábitos lectores dos vosos fillos e fillas, xa dende a educación infantil.

5.- Cal é o lugar axeitado? Calquer lugar é bó sempre que sexa cómodo para que o neno ou nena poida observar as ilustracións do libro e estar preto de vós.

Por todo isto, intentamos dar resposta a algunhas das cuestións que podedes plantexarvos: 1.- Cando se pode comezar? Convén empezar canto antes, de forma que escoitar historias se convirta nalgo natural e habitual. As accións establecidas ó redor do libro supoñen unha fonte de estímulos sensoriais para o neno ou nena. 2.- Hai un método? Non. Tódalas formas de aproximación a un libro son eficaces. O fundamental é non ter présa: hai que darse e darlles tempo. 3.- Cales poden ser os primeiros contos? Cancións, nanas, xogos corporais... Poñede a proba a vosa memoria e tratade de lembrar aquelas retahílas que vos contaban de pequenos. Trátase dunha forma maravillosa para introducir ós nenos e nenas na lectura e na cultura.

Visitade o noso blogue: http://clubedelecturabormoio.blogspot.com/

6.- Qué facemos mentras lemos xuntos? • Dialogar sobre o que sucede na historia: describir oralmente as ilustracións, repetir palabras para ampliar vocabulario, indicar onde se atopa un determinado obxecto... • Facerlle participar: intercalade as vosas intervencións coas súas (miradas, xestos, risas). Tamén podedes marcar o ritmo narrativo con sons corporais (palmas ou pasos). • Prestar atención as súas respostas: se rexeita a proposta non quere dicir que rexeite o libro, senón que non lle interesa nese momento. Quizáis a maneira en como se lle está contando, non lle diga nada. 7.- En qué debemos fixarnos á hora de elexir un libro? As ilustracións resultan fundamentais. En canto ó contido, é mellor que teñan pouco texto, con frases sinxelas e sonoras (rimas, cancións, onomatopeias). A trama debe estar ben secuenciada. A linguaxe debe ser comprensible para o neno e nena pero coidado! Infantil non é sinónimo de “pobre e vulgar”.


CCOONNSSEELLLLOOSS LLEECCT TOORREESS PPAARRAA OOSS PPAAIISS EE NNAAIISS DDOOSS NNEENNOOSS EE NNEENNAASS DDOO 22ÀÀ CCIICCLLOO DDEE EEDDUUCCAACCIIŁŁNN PPRRIIM MAARRIIAA

Visitade o noso blogue: http://clubedelecturabormoio.blogspot.com/


CCOONNSSEELLLLOOSS LLEECCTTOORREESS PPAARRAA OOSS PPAAIISS EE NNAAIISS DDOO AALLUUM MNNAADDOO DDOO 22ÀÀ CCIICCLLOO DDEE EEDDUUCCAACCIIŁŁNN PPRRIIM MAARRIIAA

Oír cómo se comenta un determinado texto prolonga a actividade lectora e crea un intercambio comunicativo moi importante para cimentar o gusto lector.

A influencia da familia é decisiva para fomentar a práctica da lectura ao longo da vida e non só durante o período escolar. Vós, pais e nais, xogades un papel moi importante no desenvolvemento dos hábitos lectores dos vosos fillos e fillas.

4.- Facilitade ó achegamento ós libros. Procurade ambientar un espazo onde o/a neno/a poida ler cómodamente e sen distraccións. Sempre que sexa posible iredes ampliando a biblioteca persoal con libros de ficción, informativos, cómics...

Por todo isto, indicámosvos uns poucos consellos para seguir cos nenos e nenas na casa e que axudan a fomentar o hábito e o interese pola lectura: 1.- O exemplo é importante. Os nenos e nenas imitan o que ven. Vervos ler un xornal, unha revista ou un libro demostraralles que, para vós, ler é gratificante. 2.- Reservade tempos de lectura na casa. Procurade ler na presenza do voso fillo/a tódolos días, aínda que só sexan 10 minutos. Significará que na familia hai espazos adicados á lectura ós que o/a neno/a se pode sumar. Se non tendes tempo de sentarvos a ler con eles/elas, poden ser os nenos/as os que vos lean algo a vós mentres facedes outra cousa: planchar, cociñar, coser ou amañar un aparello. Se estades cansos, aproveitade para que vos regalen o oído no sofá. Se un día, por calquer motivo, non podedes levar a cabo o voso “anaquiño de lectura”, non vos desanimedes; intentádeo de novo ó día seguinte con máis ganas. 3.- Falade sobre libros.

Visitade o noso blogue: http://clubedelecturabormoio.blogspot.com/

5.- Buscade temas que sexan afíns ós intereses do neno/a. Non hai dúbida de que sobre o que lle gusta o teu fillo/a hai títulos moi interesantes que o/a poden incentivar a ler. Algúns dos temas favoritos a estas idades son: • Aventuras: detectives, pandillas, medo. • Contos fantásticos e narracións mitolóxicas. • Relatos humorísticos. • Libros de poemas. • Historias da vida real: familia, escola, conflictos persoais e de grupo. • Libros informativos de: animais, deportes, pobos e países diversos, ciencia, manualidades. 6.- Visitade a biblioteca municipal. Ofrece moita máis variedade da que pode haber na casa. Ademáis, soen celebrarse actividades relacionadas coa lectura e poden interactuar con outros lectores. 7.- Non vos impacientedes se estas estratexias non funcionan á primeira. Os hábitos non se adquiren da noite á mañá!!


CCOONNSSEELLLLOOSS LLEECCT TOORREESS PPAARRAA OOSS PPAAIISS EE NNAAIISS DDOOSS NNEENNOOSS EE NNEENNAASS DDOO 33ÀÀ CCIICCLLOO DDEE EEDDUUCCAACCIIŁŁNN PPRRIIM MAARRIIAA

Visitade o noso blogue: http://clubedelecturabormoio.blogspot.com/


CCOONNSSEELLLLOOSS LLEECCTTOORREESS PPAARRAA OOSS PPAAIISS EE NNAAIISS DDOO AALLUUM MNNAADDOO DDOO 33ÀÀ CCIICCLLOO DDEE EEDDUUCCAACCIIŁŁNN PPRRIIM MAARRIIAA A influencia da familia é decisiva para fomentar a práctica da lectura ao longo da vida e non só durante o período escolar. Vós, pais e nais, xogades un papel moi importante no desenvolvemento dos hábitos lectores dos vosos fillos e fillas. Por todo isto, indicámosvos uns poucos consellos para seguir cos nenos e nenas na casa e que axudan a fomentar o hábito e o interese pola lectura: 1.- O exemplo é importante. Os nenos e nenas imitan o que ven. Vervos ler un xornal, unha revista ou un libro demostraralles que, para vós, ler é gratificante. Facilitade, ademáis, unha biblioteca persoal para os vosos fillos/as dotándoa sempre e cando sexa posible de libros de ficción, informativos, cómics... 2.- Falade sobre libros. Oír cómo se comenta un determinado texto prolonga a actividade lectora e crea un intercambio comunicativo moi importante para cimentar o gusto lector. 3.- Convertide á televisión nunha aliada. O hábito lector non se consegue por imposición nin sustituíndo nos nenos/as actividades que lle resultan pracenteiras para poñelos/as a ler. Por exemplo, fixádevos nos seus programas, películas ou series favoritas e tratade de buscar libros relacionados coa súa paixón.

Visitade o noso blogue: http://clubedelecturabormoio.blogspot.com/

4.- A última palabra é do lector. O rol da familia é o de actuar como mediador. O neno ou a nena ten a capacidade de elexir qué desexa ler, sobre todo nestas idades. Os seus gustos e os vosos poden ser distintos. Hai que saber esperar para recomendar o libro axeitado no momento oportuno. Algúns dos seus temas favoritos poden ser: • • • • • • • • •

Novelas realistas: relacións de amizade, primeiro amor, conflictos persoais... Novelas que reflexan os problemas do entorno social: ecoloxía, pacifismo, interculturalidade, convivencia... Narracións de suspense: o misterioso, o descoñecido, historias policíacas... Aventuras perigosas. Ciencia – ficción. Os chamados “clásicos”: Alicia, Tom Sawyer, A illa do tesouro... Libros informativos sobre temas científicos, profesións, historia... Poesía e teatro. Revistas sobre temas que lles interesen e prensa diaria.

5.- Visitade a biblioteca municipal. Ofrece moita máis variedade da que pode haber na casa. Ademáis, soen celebrarse actividades relacionadas coa lectura e poden interactuar con outros lectores. 6.- Non vos impacientedes se estas estratexias non funcionan á primeira. Os hábitos non se adquiren da noite á mañá!!


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.