As nosas versións

Page 1


As nosas versións

6º de primaria

BRANCANEVES Era un día chuvioso en Betardos, cando un grupo de rapaces e unha rapaza, todos con instrumentos musicais saíron á rúa. Ian moi ledos, cantando unha rítmica canción. Ao chegar a un encrucillado de rúas os rapaces e a rapaza enfilaron distintas direccións. A rapaza ( Brancaneves) foi cara ao bosque e camiñando atopou unha gran mansión cunha enorme piscina, pista de tenis, campo de golf, solarium… Chamou á porta e como ninguén lle abriu, entrou. Flipou co que alí había: unha inmensa pantalla de plasma,unha fermosa fonte, un yacussi… Sentouse nun sofá de coiro negro e puxo a tele, axiña tivo fame e decidiu chamar ao Burger King. Cando rematou, oíu o ruído dun coche, asexou pola fiestra, e viu u n descapotable vermello, del saíron uns rapaces, uns eran hippies, outros nadadores pois ían con bañadores, o último era un rapaz baixiño cunhas ridículas gafas e con roupa anticuada. Brancaneves decidiu agocharse pero a superporta mecánica abriuse moi rápido, deixándoa á vista.Os rapaces ao vela decidiron deixala quedar con eles, inda que a algún non lle fixo moita gracia.Puxeron música, bañáronse na piscina, no yacussi, contaron historias… De súpeto chamaro ao timbre e Brancaneves levantouse decidida pensando que era o repartidor co encargo que fixera e abriu. Na porta estaba unha muller cunha hamburguesa .Ao pechar a porta e como tiña bastante fame deulle un bocado e desmaiouse alí mesmo. Os rapaces correron a axudala e como non había forma de reanimala decidiron enterrala, non fóra vir o xuíz e os culpara do asesinato.Pero entón chegou o verdadeiro repartidor do Burguer King, que ao vela axeonllouse xunto a rapaza e bicouna, ela espertou e ao decatarse de que o mozo lle dera un bico sen ela consentilo arreoulle unha labazada que o deixou coa cara vermella. Inés Pérez 2


As nosas versións

6º de primaria

OS SETE CABUXIÑOS Érase unha vez uns cabritos que vivían nun pazo ás aforas do bosque.Un día no que a súa nai tiña que ir comprar ao Corte Inglés para a volta ao cole quedaron sos. Ela díxolles que non lle abrisen a ninguén, por medo ao lobo que vivía no bosque. Avisounos de que o lobo tiña as patas negras. Cando a nai marchou no seu Land Rover, o lobo que estaba asexando colleu o seu monopatín e acercouse a casa dos cabritiños.Chamou á porta pero non lle abriron. Como o lobo volveu máis tarde a insistir, pedíronlle que metese a súa pata por debaixo da porta, pero como a pata era negra non lle abriron. Logo volveu o lobo coa súa panda de quinquis cos mp catro a todo volume e facendo moito barullo, ao chegar á porta da casa un dos amigos do lobo meteu a súa pata branca por debaixo da porta e os cabritos o deixaron pasar. Colléunos a todos menos ao máis pequeno que estaba no seu cuarto xogando no ordenador e chateando co seu amigo Cabrilos. O lobo lixeiriño papou ao resto dos irmáns e como estaba farto meteuse debaixo da cama a durmir. Ao chegar a nai, chamou polos seus fillos e soamente apareceu o pequeno que xa fixera os deberes e deixara de xogar co ordenador. Entre os dous recorreron toda a casa ata que atoparon ao lobo debaixo da cama. Puxéronno na sala de raios uva e alí o sedaron. Pouco a pouco o abriron, primeiro a gorxa, logo o estómago cun raio láser delgadiño e foron saíndo os seis cabuxiños, despois o coseron, o curaron e o tiraron na beira da estrada; co golpe espertou e doíalle todo pero escoitou como os cabritos e a súa nai se marchaban no coche coa música dos corenta principais a todo volume. Ángela Gómez 3


As nosas versións

6º de primaria

O PARRULO FEO Había unha vez unha femia de parrulo que tiña moitos parrulos pequenos. Todos eran ben feitiños, excepto un que era gris e levaba unha gorra de lado, uns cascos de música e uns poucos pirsins. Os seus irmáns vestían moi ben ( coma políticos) e a nai como se fose a muller do alcalde . Todos eles eran moi queridos polo resto das especies animais, por el contrario el era desprezado ata pola súa propia nai e os seus irmáns. Todos lle chamaban o Feo, pero el pasaba de todo. Un día pola mañá, farto de tantas chorradas decidiu fuxir da granxa cara ao monte e andou moito tempo. Era un pasota e todo lle daba igual pero sentíase moi so e entón chorou. Despois de un tempo chegou a outra granxa onde uns vellos o acolleron, pensou que aquel podía ser un bo lugar para empezar unha nova vida, pero a vella estaba empeñada en engórdalo para despois comelo. O parrulo desconfiaba e decidiu escapar de alí. Ao chegar o inverno non tiña nada para comer e por pouco uns cazadores case o matan e tivo que volver a escapar. Cando chegou a primavera o parrulo atopou un estanque e quixo lavarse, cando ía meterse na auga viu que había un grupo de cisnes bailando batuka e preguntou si se podía quedar con eles, entón un dos cisnes díxolle que se quedara que era un deles, el un pouco avergonzado replicoulles que non se burlasen, os outros insistían e dixéronlle que vise o seu reflexo na auga limpa do estanque. O parrulo case se desmaia ao verse e comprobar que era un auténtico cisne entón decidiu quedar alí para sempre. Manuel Iglesias 4


As nosas versións

6º de primaria

O GATO CON BOTAS Había unha vez un gato que vivía no seo dunha familia que estaba pasando pola crise na que están metidos moitos países desenvolvidos.A familia estaba composta por un pai separado con tres fillos ao seu cargo, dous do matrimonio e o terceiro adoptado. Ao morrer o pai os tres fillos quixeron coñecer de contado a herdanza que lles correspondía e decidiron acudir ao notario. O fillo máis vello herdou o piso no que vivían, o segundo fillo quedou cunha pequena veiga e o adoptado cun gato e un pobre galpón onde tiñan as ferramentas. O fillo pequeno quedou cabreado co reparto e pasaba o día fungando coa súa sorte. O gato decidiu poñer as cousas no seu sitio e comezou a falar co seu dono que ao escoitalo saíu correndo cara ao psiquiatra, pensando que toleara. Cando o psiquiatra escoitou o que lle pasaba aconsellouno dicindo que podería facerse moi rico se se dese unha volta polos platós das distintas televisións contando esa historia, así o fixo e foi a maneira de saír da crise. Lucía Mouriño

5


As nosas versións

6º de primaria

OS TRES PORQUIÑOS Era unha vez tres porquiños que estaban fartos de desprazarse en autobús a todas partes e decidiron mercar un coche cada un. Primeiro terían que sacar o carné e logo aforrar para mercar o coche. O primeiro porquiño non quería traballar e decidiu mercar un coche sen carné, o segundo sacou o carné pero non quería aforrar máis e comprou un coche familiar. O terceiro porquiño, o máis traballador,sacou o carné e aforrou durante moitos meses e mercou un deportivo vermello. A noticia de que os porquiños compraran cadanseu coche chegou ao pobo, e o lobo cheo de envexa decidiu retar aos porquiños a unha carreira para vingarse. Os porquiños aceptaron. Cando a carreira empezou saíron todos moi rápido menos o porquiño pequeno co seu coche sen carné que quedou parado no medio da pista. O porquiño do coche familiar ía lanzado ata que o lobo empuxou por el e botouno fóra da pista. Só lle quedaba ao lobo o porquiño co seu deportivo vermello. O lobo apurou o que puido, pero o coche quedou sen gasolina, polo que gañou a carreira o porquiño do deportivo e logo chegaron o porco do coche familiar e por último o porquiño co seu coche sen carné. O pobo saltaba de ledicia pola carreira tan emocionante e o celebraron moitos días seguidos. Alejandro Rodríguez

6


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.