A casiña laranxa

Page 1

HISTORIA DE SAMAÍN A CASIÑA LARANXA Érase unha vez, unha bruxa moi pequena que camiñaba polo bosque. O vento frío sopraba as follas secas ao seu redor. A pequena bruxa buscaba desesperadamente unha casa para o inverno. De súpeto, un anaco de papel laranxa, arrastrado polo vento, aterrou nos seus pés. Ela o recolleu.

A bruxiña mirou de preto o papel e logo dixo: “ Farei unha casiña con este anaco de papel laranxa”. Dobrou o papel pola metade.

Logo tomou as tesoiras (sempre levaba un par no peto) e cortou as dúas esquinas para facer o teito. “Isto estará ben”, dixo mentres miraba a súa nova casa. “ Pero necesitarei unha porta”.


Coas súas tesoiras, cortou unha porta. Coma as bruxas sempre usan sombreiros puntiagudos, cortou unha porta especial. Se vía así…

A pequena bruxa cruzou a porta e entrou na casiña laranxa. Dentro estaba moi escuro. Rapidamente apresurouse a saír. “Preciso unha fiestra para que entre a luz”, dixo a pequena bruxa. Cortou unha fiestra dianteira e outra traseira que se vían así.

Oh, era unha casa moi bonita. A súa propia casiña con teito, porto e fiestras estaba rematada. Pero xusto cando a pequena bruxa comezaba a entrar para pasar o inverno, viu un pequeno pantasma flotando polo camiño azotado polo vento. Cando o pequeño fantasma se detuvo preto da casiña, a pequena bruxa viu que estaba chorando. “Porque choras?” preguntó a pequena bruxa. O pequeno pantasma deixou de chorar e respondeu: “ Fai frío e vento. Se está a volver escuro. E non teño lugar para pasar o inverno”. “ Podes pasar o inverno comigo na miña nova casa”, dixo a amable bruxa. “ Oh, grazas”, dixo o pequeno pantasma feliz mentres se asomaba pola fiestra. “Esta é unha casa moi bonita”. “Primero”, dijo a pequena bruxa, “terei que facerte a túa propia porta”. Volvió a coller as tesoiras e comezou a cortar. Cortou unha porta moi pequena.


Os dous novos amigos entraron felices. O pequeno pantasma entrou pola porta pequena e a pequena bruxa pola súa propia porta especial. Durante todo o inverno viviron felices xuntos dentro da casiña laranxa. Se queres ver o interior da súa casiña, consigue un anaco de papel laranxa e fai exactamente o que a bruxa di. Logo desdobra o papel.

MATERIAIS: FOLIO LARANXA TESOIRAS https://www.skiptomylou.org/the-little-orangehouse-halloween-storytelling-activity/


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.