Poemas a Rosalía

Page 1

Mimosas para Rosalía

Do mar pola orela mireina pasar, na frente unha estrela, no bico un cantar.

24 febreiro

E vina tan sola na noite sen fin, ¡que inda recei pola pobre da tola eu, que non teño quen rece por min! A musa dos pobos que vin pasar eu, comesta dos lobos, comesta morreu…

biblioteca ies sanxenxo

Dicen que no hablan las plantas, ni las fuentes, ni los pájaros, Ni el onda con sus rumores, ni con su brillo los astros, Lo dicen, pero no es cierto, pues siempre cuando yo paso, De mí murmuran y exclaman:

Os ósos son dela que ides gardar. ¡Ai dos que levan na frente unha estrela! ¡Ai dos que levan no bico un cantar!

—Ahí va la loca soñando Con la eterna primavera de la vida y de los campos, Y ya bien pronto, bien pronto, tendrá los cabellos canos, Y ve temblando, aterida, que cubre la escarcha el prado.

Manuel Curros Enríquez. A Rosalía.

—Hay canas en mi cabeza, hay en los prados escarcha, Mas yo prosigo soñando, pobre, incurable sonámbula, Con la eterna primavera de la vida que se apaga

24 febreiro24 febreiro24 febreiro24 febreiro BIBLIOTECA http://bibliotecaiesanxenxo.blogspot.com/

Y la perenne frescura de los campos y las almas, Aunque los unos se agostan y aunque las otras se abrasan. Astros y fuentes y flores, no murmuréis de mis sueños, Sin ellos, ¿cómo admiraros ni cómo vivir sin ellos? Rosalía de Castro


¡Érguete, miña amiga, que xa cantan os galos do día! ¡Érguete, miña amada, porque o vento muxe, coma unha vaca! Os arados van e vén dende Santiago a Belén. Dende Belén a Santiago un anxo vén en un barco. Un barco de prata fina que trae a dor de Galicia. Galicia deitada e queda transida de tristes herbas. Herbas que cobren teu leito e a negra fonte dos teus cabelos. Cabelos que van ao mar onde as nubes teñen seu niño pombal.

Ti es pra min a barquiña que lembra toda presenza de madeiras náufragas que vive, infinda, unha traxedia líquida de pairáns sen panos e sen peixes. Sedenta como un mar e no teu mar, afogada. Ti es pra min un pobo pequeniño de vieiros sen cume, sen riadas, mergullando no seo case morto unha virxe canción, inimitable. Sedenta como un mar e no teu mar, afogada. Xohana Torres.Rosalía

¡Érguete, miña amiga, que xa cantan os galos do día! ¡Érguete, miña amada, porque o vento muxe, coma unha vaca! Federico García Lorca. Canción de berce para Rosalía, morta

Dúas nais me bican e me dan arrolo. Unha, a do tempo neno, a pomba aquela que me acochou, mimosa, no seu colo co xeito humilde da virtude sinxela. Afundido na dor, frebente, tolo, chamaba á morte a berros ó perdela, cando ó ler os teus libros ¡ou consolo! xurdiche ti: ¡ contigo tornou Ela ! Ramón Cabanillas. A Rosalía de Castro

Nacín cando as plantas nacen, no mes das flores nacín, nunha alborada mainiña, nunha alborada de abril. Por iso me chaman Rosa, mais a do triste sorrir, con espiñas para todos, sen ningunha para ti. Rosalía de Castro


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.