O saco das novas 2013-2014

Page 1

O Saco das Novas

Curso 2013-2014


O saco das novas

2


O saco das novas

3


O saco das novas

4


O saco das novas

5


O saco das novas

6


O saco das novas

7


O saco das novas

8


O saco das novas

9


O saco das novas

10


O saco das novas

11


O saco das novas

12


O saco das novas

13


O saco das novas

14


O saco das novas

15


O saco das novas

16


O saco das novas

17


O saco das novas

18


O saco das novas

19


O saco das novas

20


O saco das novas

21


O saco das novas

22


O saco das novas

23


O saco das novas

24


O saco das novas

25


O saco das novas

26


O saco das novas

27


O saco das novas

28


O saco das novas

29


O saco das novas

30


O saco das novas

31


O saco das novas

32


O saco das novas

SUDOKU Diego, Hugo G., Juan Daniel, Roi, Alejandro (2ยบ E.P.)

Adriรกn, Aarรณn, Nico (2ยบ E.P.)

A B D C 33


O saco das novas

SUDOKU Alex, Juan, Pablo, Ciro, Roberto (2º E.P.)

Iker, Lucía P., Manu, Raúl, Dani, Aelia (2º E.P.)

1 2 3 4

34


O saco das novas

SUDOKU Martín, Hugo M. (2º E.P.)

Adriana, Noa, Natalia, Lucía L., Carla, Xin Yue, Desiree (2º E.P.)

35


O saco das novas

SOPA DE LETRAS Encontra os sete nomes de ĂĄrbores e os sete nomes dos seus colectivos.

Ă rbores_____________________________________________________________

1

2

3

4

5

6

36


O saco das novas

Colectivos__________________________________________________________

Agora relaciona coas imaxes

-7-

Ă rbore 1 2 3 4 5 6

Colectivo

_______________________ / _____________________ _______________________ / _____________________ _______________________ / _____________________ _______________________ / _____________________ _______________________ / _____________________ _______________________ / _____________________ 7 _______________________ /______________________ 37


O saco das novas

38


O saco das novas

39


O saco das novas

40


O saco das novas

Jose, Alexandra, Aitana, Andrea, Diego, Sandra, MartĂ­n, David, Juanda, Daniela, Sergio, Gisela, Lorenzo, Eva, Santiago, Carlos, Irene, Laura, Alex, InĂŠs, Julia, Daniel e Laura.

41


O saco das novas

CARLA E A FADA

Hai moito tempo, había unha fada fermosa e moi pequena chamada Flor que vivía nunha fraga. Unha mañá, a fada chegou andando ata Piñeiros e entrou nunha casa na que vivía Carla, unha nena de once anos que xa non cría nas fadas. Carla era menuda, cos ollos castaños, o pelo louro e moi inquieta e bromista. Cando Carla espertou para ir á escola e viu a fada, berrou:

-Aaah! -Non teñas medo, eu son unha fada –dixo Flor. -As fadas non existen ! -exclamou Carla. -Entón, que son eu? -preguntou Flor. -Ti eres unha mosca ! -berrou Carla. -Vouche demostrar o que digo –contestou a fada. As dúas foron para a cociña. Entón a fadiña colleu un vaso de cristal e tirouno ao chan. O vaso rompeu, e fada preguntolle á nena: -Pensas que unha mosca pode romper un vaso?

A Carla non lle quedou máis remedio que aceptar o que lle dicía. -Pero non lle podes contar a ninguén que eu existo pediulle a fada. Despois do almorzo, Carla foi ao colexio acompañada de Eva, a súa amiga. Levaba na mochila a Flor, a fadiña. Cando xa estaba no medio da clase de matemáticas, Carla preguntoulle a Flor: -Podes facer que Xoán, que é mal compañeiro, caia de cu ao chan?

42


O saco das novas

Xoán, cando se viu no chan, empezou a chorar e aínda berraba cando soou a serea para saír. Cando chegaron á casa, había de comer lentellas , que a Carla non lle gustaban. -Podes facer que as lentellas se transformen nunha sopa de caramelos e chocolate ? – preguntou Carla. E a fada fíxoo, inda que a nai non se deu conta. Ao día seguinte a fada foi de excursión con Carla e os seus compañeiros a un bosque cercano. Cando chegaron a fada díxolle á nena: -Carla, eu teño que quedar neste bosque porque é o meu fogar, pero gustoume moito coñecerte. E así, a fada e Carla sempre foron amigas e mandábanse mensaxes de cando en vez. FIN Autora: Ilustradoras:

María Heras Estela Famara Pazos Stella Fernández Carlota Ríos Mencia Tuñas 4º de Primaria

43


O saco das novas

O MISTERIO DAS ILLAS SISARGAS Érase unha vez unha familia, a familia González, formada polos pais Diego e Begoña e dous

fillos Catuxa e Martiño. Diego era delgado e alto, pelo curto e ollos marróns. Tiña corenta e catro anos. Era pescador Begoña era alta, co cabelo rizo e rubio e levaba anteollos azuis. Tiña trinta e nove anos. Martiño era delgado, baixo co pelo louro, ollos azuis e nariz pequeno. Tiña catro anos. Catuxa era igual que o seu irmán, pero un pouco gordiña. O seu cabelo era negro, os seus ollos marróns e os beizos vermellos e finos. Tiña once anos. Un día de verán ocorréuselles ir de viaxe á Costa da Morte no barco de Diego. Prepararon as cousas e saíron. Dous días despois houbo unha treboada e unha ondada tan grande, que partiu o barco en dous.Pasaron unhas horas e os nenos conseguiron chegar vivos a terra nun extremo das illas Sisargas. Os pais tamén chegaron vivos a terra, pero noutro extremo das illas. Como Martiño e Catuxa estaban tan cansos, quedaron durmidos. Ao espertar entroulles a fame e viron uns cocos nunhas palmeiras; colléronos trepando a elas e puxéronse a comer con moitas ganas. Despois empezaron a preocuparse polos seus pais e estiveron buscándoos. Ao anoitecer a Martiño entroulle medo e Catuxa tranquilizouno, colleu uns paos e unhas pólas e fixo unha cabana . Pola mañá continuaron na busca dos seus pais. Deron a volta á illa, pero non os atoparon. O que si atoparon foi unha cova e entraron. Dentro viron unha caixa na que había unha nota que poñía:

TEÑO AOS VOSOS PAIS SE NON VIDES RESCATALOS EN 48 HORAS MATAREI A UN DELES. Volveron á cabana e escoitaron o son dunha gaita cunha música tétrica. Viron unha fotografía dos seus pais atados colgada dunha palmeira. Déronse conta de que as árbores que se vían na fotografía xa as viran antes. Preparáronse e foron ata o lugar onde as viran. Alí encontraron a Xoán , un home que coñecía moi ben a illa. Pero os nenos non se fiaban del, porque pensaban que el era o secuestrador dos seus pais. Comezaron a facerlle preguntas: _ Cantos anos levas na illa? _ Levo…sete anos… _ Como chegaches aquí? _ Cheguei…pos, cheguei…O meu barco afundiuse.

44


O saco das novas

Os nenos seguían desconfiando del. Seguiron a facer preguntas: _Os nosos pais están secuestrados, sabes onde están? Xoán empezou a correr. _Eh! - berraron os nenos. _Eh! Non escapes!-berrou Martiño. Xoán tropezou cunha pedra e fíxose dano nun xeonllo. Martiño e Catuxa foron axudarlle, logo levárono á súa cabana e fixéronlle as curas. Xoán díxolles: _ Eu coñezo á persoa que raptou aos vosos pais. _ E quen é? – preguntaron os nenos. _É o meu irmán, viña comigo no barco. _ Por que comezaches a correr? _ Porque non me fiaba de vós, pero cando me curastes decateime de que erades bos rapaces. Axudareivos a buscalos, pero mañá, agora hai que durmir. De súpeto Martiño e Catuxa notaron que os sacudían. Pensaron que era Xoán pero eran os seus pais.Todo fora un soño, un gran soño¡ O pesadelo rematara!

45


O saco das novas

SAÍDAS 5º PRIMARIA: TEATRO O día 25 de novembro os nenos de 2º e 3º ciclo de Primaria fomos ver unha obra de teatro que se chamaba A Volta ao Mundo en 80 días.A nós gustounos moito,porque ía de aventuras. A obra trata de que WILLY FOKS un banqueiro,fixo unha aposta de moito diñeiro para dar a volta ao mundo en oitenta días.Como quería un mayordomo contratou un señor francés chamado Paspartue.Ao principio foron en tren . Cando estaban na estación produciuse un roubo no banco.Todo o mundo sospeitaba de que fora WILLY FOKS,porque o diñeiro da aposta fora o mesmo que o que fora roubado no banco.Ao final foron en barco. Saíron dende Londres ,pasaron por Canadá e pararon en San Francisco.Colleron un tren para ir ao porto.Na metade do trayecto atacáronos uns indios.Cando cegaron ao porto colleron un barco para ir á India.Alí subiron nun elefante para ir pola selva.Na selva encontraron a unha muller que ía queimarse nunha fogueira. Paspartue rescatouna.El e WILLY FOKS foron coa muller e colleron un tren ata Francia. Alí embarcaron ata Londres.cando cegaron encarceráronos,porque pensaban que foran eles autores do roubo;pero á muller non.Ao final saíron do cárcere e encarceraron a outra persoa.WILLY FOKS gañou a aposta.

VISITA Á FUNDACIÓN CAIXA GALICIA O día 04\04\14 os alumnos de 5º e 6º de primaria visitamos a Fundación Caixa Galicia ( Ferrol ) Primeiro ensináronnos os cadros.Despois puxéronnos en grupos de cinco e fixemos actividades como diferenciar o arte de vangarda e arte de academicismo. Logo, vimos Unha morea de cadros de moitas cores,texturas e tamaños .Iso pareceunos moi divertido e aprendimos moito sobre a pintura. Algúns dos cadros que vimos son os seguintes: -

Mi hija Eva , Ría de Burgos ,Feira de Betanzos,

46


O saco das novas

- As lavandeiras, - Las montañas de Lugo, - Sotomayor e - Estrada da Coruña. E no taller de arte,pintamos uns cadros moi orixinais con distintos materiais:varios tipos de papeis e pinturas acrílicas. Algúns dos grupos ríanse dos cadros tan graciosos e bonitos que fixeramos. Ao final algúns dos grupos non deron rematado,aínda que o pasaron moi ben.

MUSEO DE HISTORIA NATURAL O día 2 de abril fomos ao `` Museo de Historia Natural en Ferrol´´.Ensináronnos moitos tipos de quenllas e feces de varios animais. Vimos esqueletos de animais acuáticos e terrestres como da serpe ou da quenlla. Explicáronnos como eran as ás dos paxaros, tamén nos ensinaron as artarugas e barbas das baleas. Interesáronnos as cunchas e as buguinas das praias.Vimos unha cría de craquen que media sobre 15 metros.Había peles de mapaches,trocoirazasboretas,insectos… E unha pel moi especial: a de un oso que atopelaron unha vez e foi levaba a este museo.Foi unha visita moi interesante.

A VOZ DE GALICIA Este periódico fundouno Juan Fernández Latorre hai cento trinta e dous anos.Ten varias seccións : nacional, internacional, economía, deportes,local…Para imprimir teñen unha máquina rotativa que se encarga de plasmar as páxinas . Imprime de mil cen a mil catrocentos periódicos ao día e gástanse de vinte e dúas a trinta toneladas de papel reciclado. Utilízanse tan so catro colores . En Galicia publícanse moitos xornais:Diario de Ferrol , Diario de Pontevedra, Faro de Vigo, El Ideal Gallego…Pero o máis vendido é A Voz de Galicia. Os periódicos máis antigos son os de: as Illas Británicas, España , Francia , Portugal e Galicia. Hai un museo con periódicos desde que se empezaron a escribir ata hoxe . Tamén hai moitas máquinas diferentes e un busto do fundador. Vimos a sala onde se graban os programas informativos.

47


O saco das novas

MUSEO MUNCYT Os nenos de 5 e 6 de Primaria fomos ao museo Muncyt .Como chegamos tarde comezamos a comer .Cando rematamos fomos á sala Bisnnes onde realizamos unha serie de xogos .Logo deixáronnos ver a exposición dun automóbil de principios dos anos cincuenta .O museo tiña un motor de avión colgado do teito;o avión era da compañía Iberia. Vimos a primeira lanterna do faro da torre de Hércules. Ao final vimos dous robots chamados Pepe Xán e Marilún.

48


O saco das novas

A ILLA DE WINDOWS Tres amigos, Carlos, Álvaro e Clara, estaban vendo unha película na casa de Carlos chamada: “A illa de Windows”. De repente a televisión comezou a ter interferencias. Os rapaces acercáronse para ver que pasaba e… foron absorbidos pola tele!

Logo apareceron na “Illa de Windows”. Alí todo era virtual: había:apples colgados das árbores; as montañas eran uns grandes ordenadores…

Por unha banda, estaban sorprendidos porque era un mundo virtual, pero á vez estaban asustados porque non sabían o que pasaba.

49


O saco das novas

Ao día seguinte , intentaron investigar a illa pero, como era tan grande, cansaron e pararon ao lado dun lago chamado: “ O lago de Whatsapp”. Despois de descansar seguiron investigando e… atoparon uns ordenadores que falaban. Os nenos, como non entendían o que pasaba, atrevéronse a preguntarlles cómo saír daquel universo virtual. Os ordenadores dixéronlles que seguiran ao paxaro de twenti.

Chegaron ata un ordenador xigante e tiveron que ir saltando de tecla en tecla ata escribir “twenti”. Entón, Álvaro meteu a man para coller o paxaro e quedou encerrado no ordenador. Sen querer, chocou coa icona do antivirus e este activouse.

Como Álvaro nunca estivera dentro dun ordenador, foi detectado coma un virus e borraríase en dúas horas. Carlos e Clara estaban moi asustados e comezaron a buscar o modo de sacalo de alí.

Buscaron en Google, Yahoo, Wikipedia...pero non atoparon ningún resultado. Xa só quedaba unha hora e seguían como ao principio. De súpeto, oíron unha musiquiña

50


O saco das novas

e déronse de conta que ao seu lado encontrábase un móbil xigante que acababa de recibir unha mensaxe de “Telegram”. Un instante despois chegou unha mensaxe de “Line” que dicía: “Se non o vides rescatar nuns trinta minutos, Álvaro borrarase”. Logo abriron a mensaxe de “Telegram” que dicía: “Para pode desinstalar o antivirus tedes que subir ao pico mais alto da serra de “Facebook”. Aquí encontraredes un pen drive que teredes que meter no ordenador máis vello da illa”. Pasáronse todo o día buscando en “Google” ata que encontraron a información. Subiron ata o cume mais alto de “Facebook”. Buscaron e buscaron ata que encontraron unha especie de cova que tiña un carteliño que poñía “wifi gratis”. Unha voz misteriosa dicíalles que para salvar a vida do seu amigo tiñan que pasar as probas do “Pou”, do “Pac Man”, do “Mario Bros”, do “Angry Birds” e por último o xogo de ... “Peppa Pig”.

Decidiron comezar coa proba do Pou. Tiñan que pasar polo medio das caquiñas de cores e...superaron o xogo porque o Pou quedárase sen enerxía. A seguinte proba sería o Pac Man. Ao pronunciar aquelas palabras abriuse un portal aos seus pes e..... encontráronse nun labirinto xigante! Colleron todos os cocos e as cereixas.que atoparon. Gracias a iso superaron o xogo.

Despois caeron nun burato que os levou ao mundo das moedas de Mario Bros. Só lles facían falta dez moedas para poder pasar ao xogo do Angry Birds. Colleron as moedas e teletransportáronse ao seguinte xogo que superaron con moita facilidade xa que mataron todos os porcos sen moito esforzo.

E falando de porcos , quedáballes o máis temido, o xogo de Peppa Pig que superaron con dificultade porque tiñan que roncar máis forte que o pai de Peppa.

51


O saco das novas

Ao finalizar todos os xogos encontráronse de novo na cova. Cantos xogos superaran! Abríuse o teito e de súpeto unha luz iluminou toda a cova. Caeu de golpe Mary Poppins co seu paraugas roto. A explicación para isto era que antes atopárase con Homer Simpson montado no seu unicornio. O unicornio esnaquizáralle o paraugas á nosa querida Mary, que na man traía unha tarxeta co nome de Carlos Windows, o creador de todo aquel mundo.

Na carta dicía que xa podían ir buscar ao seu amigo Álvaro. Entón Clara deuse de conta de que Carlos Windows era o seu amigo, o que estaba ao seu lado.

Foron rescatar a Álvaro e cando ían marchar ao mundo real, Carlos decidiu quedar alí porque era o dono de todo aquel mundo virtual.

Conto colectivo Alumnos de 6º de E. Primaria

52


O saco das novas

FALAMOS CON... ENTREVISTA A DORINDA BARROS CASAL

Hoxe estamos a falar con Dorinda, a avoa de María, para saber algo máis da vida de antes, coñecer un pouco máis como era, porque ademais perdéronse moitos costumes. - En que ano naciches? - Pois nacín no ano 1926. - Polo que nos dis, tes 87 anos, cambiaron moitas cousas dende que ti eras nova?.Se é así poderías dicirnos algunha? - Podía dicirche moitas mira, cambiou a ensinanza, porque antes os profesores pegábanlles aos nenos e agora non lles pegan; as casas agora non son tan pequenas ademais as cortes, que estaban dentro da casa, reducían o espazo. - Cómo eran as escolas cando ti eras nena? - Pois eu a verdade é que fun pouco á escola pero recordo que eran pequenas porque daquela non había moitos cartos. - Poderías contarnos algunha anécdota antiga? - Cando eu era nova tiña que levar aos animais á feira para vendelos e un día que chovía moito tiven que levar un porco ás costas por unha ponte das que había antes que eran de Madeira e claro, coma toda a ponte era de madeira esvaraba. - Tes irmáns? Que lugar ocupabas entre eles? - Si, teño cinco irmáns, dous rapaces maiores, dous pequenos e unha irmá casada.

53


O saco das novas

Eu era a pequena pero tiña que facelo todo na casa porque miña nai enfermou cando eu tiña seis anos e morreu cando tiña nove. Un irmán foi para Brasil e os outros ocupábanse do terreo - A que xogos acostumabades xogar de pequenas? - Xogabamos ás escondidas, a pilla-pilla, ás chapas e a billa.

Keila Filgueira, Aldara Sanjurjo e María Saavedra

ENTREVISTA A AGUSTÍN BORRAJO CASTANEDO

Nós decidimos entrevistar a Agustín Borrajo Castanedo e, aínda que tiñamos moitas razóns, eliximos investigar a través das nosas preguntas sobre o seu oficio e as consecuencias de traballar de policía . - Canto tempo levas traballando de policía? - Levo 35 anos traballando no corpo nacional de policía e, aínda que son moitos, pásoo moi ben. - Cal é a arma que máis usas? - As da policía non as uso, menos mal, pero practico cunha chamada STI, de nove milímetros. As prácticas fágoas no campo de tiro de Castro. - Algunha vez disparaches a alguén? - Non,pero así é mellor. - Cal é a arma que mais che gusta? - A arma que mais me gusta é a de tiro deportivo, que tamén e coa que practico.

54


O saco das novas

- A que anos se retira un policía? - Un policía retírase aos 65 anos pero aos 55 pódese marchar á “segunda actividade”, que é unha situación na que non estas retirado pero non traballas, eu decidín seguir. - Algunha vez tiveches un accidente a causa do traballo? - Si, aos 45 anos de idade atropeloume un coche no que ían escapando uns traficantes de drogas. Menos mal que so me atropelaron,as pernas. - Que tipo de policía es ti? - Son policía nacional e adícome a investigar delictos - Cántos tipos de policía hai? - Temos varios tipos. Por un lado están os Corpos de Seguridade do Estado (Policía nacional e Garda Civil); Os policías das comunidades autónomas (Policía Autonómica) e os dos Concellos e (Policía Local).

Claudia Bouza, Pablo Romero, Iker Rodríguez e Marta Vera

ENTREVISTA A ALAN LUACES MESÍAS

Facémoslle esta entrevista a Alan Luaces Mesías. Nesta entrevista cóntanos como foron dúas da súas mellores viaxes. - Cantas veces viaxaches e a onde? - Fixen dúas viaxes importantes, a Londres e a Irlanda. - Cantos días fuches?

55


O saco das novas

- Estiven un mes en Irlanda e vinte días en Londres - Que visitaches nestes lugares? - En Londres visitamos a Pazo de Buckinghen, o Big Ben , Trafalgar Scuare, o metro e o estadio de Wembley. En Irlanda estivemos en Cork, en Dublín onde vimos Kilmainkan gall que era un cárcere e agora está reformada en museo, e na Bahia de Dingle. - Tes algunha historia interesante sobre Londres? Cal? - Si. Perdémonos e rematamos no barrio gay de Londres, chamábase soho. É unha zona con moitas culturas, clases sociais e moita música. - Recordas un xogo popular de Irlanda? - O fútbol gaélico é o deporte máis importante de alí. Parécese ao fútbol que coñecemos nós só que levan o balón na man. Outro deporte popular de Irlanda é o hurling que é coma o hóckey sobre herba pero a pelota vai sobre o aire. É moi divertido. - Onde viviches mentres estiveches en Irlanda? - En Irlanda vivín cunha familia na cidade de Cork, que é a máis importante despois de Dublín.

Andrea Rivera, Sofía Crego e Iago Castro.

56


O saco das novas

ENTREVISTA A JOSÉ A. LOURIDO MARTÍNEZ

Vamos entrevistar a José, o pai de Adrián. A súa profesión é a de militar da Armada Española. Ingresou na Armada en setembro de 1993. Estivo destinado en varios buques da Armada como, nas fragatas “Extremadura” e “Asturias”, no transporte “Castilla”, no dragaminas “Odiel” ou no patrulleiro “Atalaya”. Estivo en distintas zonas marítimas de España (Ferrol, Cádiz e Cartaxena). Actualmente está destinado en Ferrol, na Escola de Especialidades da Graña como profesor no departamento de instrucción e adestramento. Ola, bos días, imos comezar coa entrevista. - Querías ser militar de pequeno? - Algunhas veces pasábame pola cabeza ser militar, pero meus pais non me deixaban (non lles gustaba que pasara fora da casa moito tempo).

- Gustáronche os sitios que fuches a navegar? - Si, gustoume moito Amsterdam, Venecia, Wimselhaven (Alemaña) e sobre todo navegar polo Mar Egeo (Grecia). - Cantas aventuras viviches no traballo? - As aventuras que vives en esta profesión son infinitas, todos os días hai algunha que contar ao estar navegando sempre sucede algunha pero, as que mais me chamaron a atención foron as pateras nas illas Canarias. Os emigrantes chegaban exhaustos con frío, fame, medo e en alta mar. Era moi triste ver ás persoas con tanto sufrimento.

57


O saco das novas

- Como é traballar de militar na Armada? - É un traballo sacrificado onde hai que estar estudando constantemente e sacrificar moito, sobre todo a familia porque, cando se navega, estase lonxe dela. Despois o traballo e moi variado dependendo da especialidade que escolla cada un. Eu por exemplo son de máquinas e desenrolo o traballo nas máquinas dos buques (supervisión e mantementos). - É interesante? - Si, é interesante e dinámico, todos os días son diferentes xa que por estar navegando as situacións son moi diferentes. A min persoalmente gústame moito. - Que é o que máis che gusta de militar da Armada? - O que mais me gusta é que sempre estou aprendendo cousas novas xa que, os buques modernízanse e nós temos que actualizarnos para as novas tecnoloxías. - Cando estabas na guerra que sentías? - Bueno, quero aclarar que en combate real nunca estiven, por sorte. Eu estiven na guerra da antiga Iugoslavia e na de Kosovo. O que faciamos nos era controlar o tráfico marítimo, que non levasen armas a Iugoslavia e a Kosovo. Algún susto si que levamos cando nos apuntaban as baterías de misiles, calquera de aqueles tolos podían disparar sobre nós, pero por sorte ninguén o fixo. Gustaríame saudar a todos os alumnos e profesores de 6º curso do CEIP de Piñeiros e agradécelles esta entrevista tan interesante. Sorte a todos !!!

Lucía Lorenzo, Eloy Argüelles e Adrián Lourido.

58


O saco das novas

LETRAS GALEGAS

O homenaxeado do Día das Letras Galegas 2014 é Xosé María Díaz Castro (1914-1990), poeta orixinario de Os Vilares de Parga, Guitiriz (Lugo). Aos 17 anos ingresou no seminario de Mondoñedo, do que saíu en 1936. Foi profesor de Ensinanza Media en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra). En 1948, tras licenciarse en Filosofía e Letras, trasladouse a Madrid, onde alternou a docencia coa tradución no Ministerio da Gobernación. Tamén traballou no Instituto de Cultura Hispánica e no Consello Superior Científico. Díaz Castro soe ser encadrado na Xeración do 36, xunto con poetas como Ricardo Carvalho Calero, Celso Emilio Ferreiro e Aquilino Iglesia Alvariño. Na súa obra mostra unha reflexión sobre o destino humano a través da preocupación existencial e relixiosa e de comunión coa natureza. Publicou o seu primeiro poema aos 16 anos, nunha revista da que foi colaborador. Desde Madrid tamén publicou poemas na revista “Alba”. A súa consagración produciuse coa aparición do tomo IV da Escolma da poesía galega (1955). Tamén publicou poemas e artigos de crítica e ensaio en xornais de Vilalba, Mondoñedo, viveiro, Lugo, Pamplona, Vigo e nas revistas “Estafeta literaria” e “Ínsula” de Madrid. En 1949 publicou “Nascida dun sono” e “El cántico de la ciudad”. En 1961 publicou a súa única obra, o poemario “Nimbos”. Publicou ademais traducións ao galego e ao castelán de poetas e prosistas europeos.

59


O saco das novas

Un dos seus poemas máis coñecidos é “Penólope”, que foi traducido ao francés na antoloxía “Terre d´Espagne”, de Françoise Pechère. Neste poema, un dos máis coñecidos, reflexiona sobre unha Galicia que permanece durmida, aínda que se mostra esperanzado coa súa terra.

60


O saco das novas

Alumnos de 6º de E. Primaria

O NOSO PASO POLO COLEXIO

Gustaríanos contarvos a todos os lectores desta revista, que facemos todos os anos co gallo das Letras Galegas, o noso paso polo colexio. Todo comezou cando nós entramos na clase de Infantil de tres anos. Fómonos coñecendo pouco a pouco e levándonos moi ben.

61


O saco das novas

Aínda que estamos en 6º, case todos levamos moitos anos xuntos e case todos somos os de sempre, hai alumnos novos e outros fóronse. As experiencias cos profesores foron bastante boas e sempre os levaremos nos nosos corazóns. Ao logo destes anos fomos cambiando ao tempo que medrábamos. Cando en infantil baixábamos ao recreo, os nenos xogaban a buscar lombrigas, e as nenas buscabamos area branca. Agora xogamos todos xuntos a “Polis e cacos” e ás “Agachadas”. Cando os nenos xogan a fútbol, as nenas cotilleamos.

Como podedes imaxinar o que máis nos gustou foron as excursións, nas que participamos, xogamos e aprendemos. A excursión máis esperada é a de final de curso a Cantabria.

62


O saco das novas

Houbo moitas voltas en bici, pero a máis grande é a de fin ce curso na que participan todos os colexios de Narón.

63


O saco das novas

Temos gañas de saber as nosas notas, e todos esperamos ter algún sobresaliente. O noso paso polo colexio foi emocionante, xa que, as cousas que facemos e que fixemos foron moi divertidas. Este colexio para todos nós (ou iso cremos) é moi importante. A pesar de que por unha banda danos pena deixar o colexio e a algúns compañeiros, ao mesmo tempo temos gañar de pasar ao instituto. Que emoción! Estamos avisados de que vai ser máis difícil, pero o bo é que coñeceremos a novos compañeiros, e iso gústanos a todos. UN BIQUIÑO PARA TODOS E DISFRUTÁDEO TANTO COMA NÓS!

Alumnos de 6º de E. Primaria

64


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.