Dia biliotecas escolares

Page 1

Historia de un segundo / Jordi Sierra i Fabra. Madrid : SM. 2010 Jordi Sierra escribe unha historia de amor ao máis puro estilo romántico. É a historia de Eliseo e Elena, ela rica e culta, el ignorante e pobre de solemnidade. Paga a pena destacar o papel que xogan os adultos na trama, sobre todo o papel do profesor Florencio que sacará a Eliseo da ignorancia ensinándoo a ler e escribir e colocándoo no camiño da superación persoal, polo tanto no da consecución do seu obxectivo, alcanzar o amor de Elena para sempre. Podes atopalo na biblioteca en: JN SIE his Matilda: / DAHL, Roald. Madrid : Alfaguara, 2003. Matilda é xenial. Sen cumprir os 5 anos xa leu moito e ten asobrosos coñecementos. Os seus mediocres pais, sen embargo, considérana unha inútil. Por iso decide desquitarse. E cando comeza a ir á escola, enfróntase á terrible señora Trunchbull. Daquela, fai algo marabilloso. ¿Vaste perder isto? Fantástica novela de humor que podes atopar en: JN DAH mat

LUNS 24 OUTUBRO, DIA DA BIBLIOTECA ESCOLAR Bilioteca Poeta Díaz Castro http://biblodiazcastro.blogspot.com/ La historia interminable / Michael Ende. Alfaguara, 2005. Bastián é un lector que se ve inmerso nunha historia fantástica da que acaba sendo protagonista. Fantasía, lugar onde habitan os sonos do home, está ameazada pola destrución debido ás mentiras, calumnias e maldades da humanidade. Unha novela fantástica que resalta a amizade, o compañeirismo, a sabedoría e o amor, e que podes atopar na biblioteca en JN END his Asesinato en la Biblioteca Nacional: / Luisa Villar Liéban. Luis Vives, 2000. Entretida novela de detectives que utiliza correctamente o recurso de «a novela dentro da novela». Cando María Mayo e o seu amigo Andi acoden a cubrir unha conferencia ofrecida por tres famosos escritores de novela negra na Biblioteca Nacional de Madrid, Ernest Buck, un dos relatores, cae derrubado e, horas despois, debátese entre a vida e a morte …. Podes atopalo na biblioteca en JN VIL ase

Mecanoscrito da segunda orixe: / Manuel de Pedrolo. Vigo : Galaxia, 1994 Nun mundo desolado, unha moza e un neno, únicos superviventes dun ataque extraterrestre, sementan a xeración dunha nova humanidade. A inxenuidade e sinxeleza do texto fan máis verosímil o xogo entre realidade e ficción formulado polo autor. Novela ciencia ficción. XN PED mec Aire negro: / Agustín Fernández Paz. Xerais, A sombra ten unha presenza fría e un alento fétido. Existe, pero os que poderían contar algo sobre ela xa non están vivos. É un emocionante relato para sentir detrás da caluga un calafrío e para gozar cun relato perfectamente construído. Novela policiaca e de terror XN FER air Los fabulosos hombres película / Fernando Marías: Anaya, 2002 Mentres resolve os enigmas dun libro, o protagonista vese envolvido nun inquietante misterio familiar; unha intrigante historia que achega ritmo e intriga ás habituais reflexións dun adolescente. O relato, cheo de referencias cinematográficas, invita a xogar co cine e a escritura. Novela de intriga e misterio. JN MAR fab


Calvina / Carlo Frabetti. SM, 2007 (El barco de vapor) Lucrecio entra a roubar nunha casa onde un enigmático neno-nena o obriga a facerse pasar polo seu pai durante uns días. Xunto a el visitará un manicomio-biblioteca vivirá momentos de máxima tensión e que non se resolverán ata o último capítulo. Historia chea de misterio, humor e aparentes contradicións, onde os nenos poden ser nenas, os manicomios bibliotecas, as librarías farmacias, os ananos xigantes, os tolos cordos e os mortos poden estar vivos. Podes atopalo na biblioteca en JN FRA cal El palacio de la luna / Paul Auster. Anagrama, 2009 Novela case inverosímil, chea de referencias simbólicas. Cóntasenos a historia de Marc Stanley Fogg, da súa formación como ser humano e das case incribles circunstancias que o forzan a facer unha viaxe en busca dun pasado familiar que ignora e que resulta ser unha viaxe cara a si mesmo e tamén cara á dor e o baleiro. Unha novela de aventuras distinta e, por momentos, xenial. Novela de aventuras, que atoparás en

860-3 AUS pal

Fahrenheit 451 / Ray Bradbury. Plaza y Janés, 1985 No futuro descrito nesta obra orixinal de 1953 ninguén lé porque ler significa pensar e iso é perigoso para a sociedade. Así que bombeiros como Guy se encargan de destruír co lume todos os libros que aínda persisten. Pero que pasa cando o protagonista se salta todos os límites establecidos e decide ler? Novela ciencia ficción JN BRA fah Pide otra pizza, por favor! / Jesús Carazo. SM, [2003]. O protagonista, un rapaz de 17 anos, escribe nun diario as súas vivencias sentimentos, as súas paixóns e emocións ante a rapaza da que se namorou. Nun segundo plano aparece unha reivindicación da lectura, fronte á defensa do poder da imaxe virtual, da TV e os videoxogos. Poderás atopala en JN CAR pid El nombre de la rosa / Umberto Eco. Akal Século XIV. Frei Guillermo de Baskerville, monxe franciscano e antigo inquisidor e o seu discípulo, visitan unha abadía benedictina, situada no norte de Italia, para esclarecer unha serie de crimes, relacionados cun antigo tratado sobre a risa. 860-3 SUA NOM

Mundo de Sofía, El: / Jostein Gaarder. Siruela, 1995. Este libro ten dentro outros libros, historias que se esconden dentro doutras e protagonistas, que ao principio non o parecen porque o autor os enmascara detrás doutros personaxes máis explícitos. A súa lectura fainos partícipes dun auténtico curso de filosofía que unha moza vai recibindo por carta e que forma parte substancial dunha trama onde a realidade e ficción mestúranse. Un exercicio de creación que repasa, dende o literario, os conceptos básicos do pensamento filosófico. Podes atopalo na biblioteca en 1 GAA mum Donos do paraiso / Martín Andreu. Barcelona : RODEIRA, [2005] Dous estudantes españois deciden escribir unha novela xuvenil en torno ao tema da colonización do Novo Mundo. O froito do seu traballo é unha reflexión sobre a lenda negra, sobre todas as «accións diabólicas» que se cometeron alí por parte dos españois. Fray Bartolomé de las Casas é o seu punto de partida. Dúas historias que se mesturan para

inmortalizar acontecementos esquecidos do noso pasado común Podes atopalo na biblioteca en XN MAR don


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.