Progama 1

Page 1

INTRODUCIÓN Peza tradicional interpretada por grupo de gaitas da escola municipal de música de Guitiriz: LECTURA DE POEMAS Alumnado de 2º eso do IES MÚSICA O Alumnado de 3º e 4º da E.S.O interpretaran a peza tradicional Ancares … A última estrofa composta polos propios alumnos. Alumnos de 2º da E.S.O interpretarán o tema Romeiro ao Lonxe LECTURA DE POEMAS Alumnado de terceiro ciclo de primaria MÚSICA Trío escola musica do concello: duas guitarras e flauta. Interpretarán a peza O son do ar LECTURA DE POEMAS Alumnado de terceiro ciclo de primaria MÚSICA Alumnos de 4º E.S.O interpretan dous poemas do poeta Díaz Castro, compostos pola profesora de música, Sandra. En primero lugar escoitaremos “Penélope” e despois o poema “A noite é…” LECTURA DE POEMAS Alumnado de 3º ESO DESPEDIDA Peza tradicional enterpretada polo grupo de gaitas da escola municipal de música de Guitiriz

Manuel María, Os soños na Gaiola "Galicia docemente está ollando o mar: ten vales e montañas e terras pra labrar! Ten portos, mariñeiros, cidades e labregos cargados de traballos, cargados de trafegos! Galicia é unha nai velliña, soñadora: na voz da gaita rise, na voz da gaita chora! Galicia é o que vemos: a terra, o mar, o vento… Pero hai outra Galicia que vai no sentimento! Galicia somos nós: a xente e mais a fala. Se buscas a Galicia en ti tes que atopala!"


COMA BRASAS: Xose Mª Díaz Castro, Nimbos

POETA ou non, eu cantarei as cousas que na soleira de min mesmo agardan. Alumarei con fachas de palabras, ancho herdo meu, o mundo que me deron. Eí están, coma brasas contra a noite, as vellas cousas, cheas de destinos. Ollos que piden, de famentos nenos. Ollos que esperan, dunha adoescente. Galiza en min, meu Deus, pan que me deron, leite e centeo e soño e lus de aurora! Longa rúa da mar, fogar da terra, i esta crus que nos mide de alto a baixo. Con este alento, eu lles darei ás cousas o drama cheo que lles nega a vida: dareilles rostos, pra que se conozan, palabras lles darei para que se entendan...

COMA UNHA INSUA veu a noite derrubando todo! I eu, sedento dunha áncora ou baía, dinme a buscar teus cen perdidos nomes pra te chamar, ouh nai, ouh insua miña! Xosé Mª Díaz Castro, Nimbos

Coñezo un lugar -e non é lendaonde as noites nas que a lúa empreña, ós cans médralles o corazón e ouvean EVA VEIGA, Paisaxes do baleiro

Tanto amor e tanto gozo que podería eu darche, e así nos ten a vida, ignotos, arredados, un e outro morrendo neste longo agardar o encontro que non chega. Tanto amor que poderías darme ! PILAR PALLARÉS


EU SON DE AQUÍ Desta raíz de nogueira que fende o mar desta carriza orientada ao inverno desta mera son de aquí sombra dos días que andei tan só de aquí lento veleno na gorxa e mortal os meus restos son esta casa de espellos mudos que me crean RAFA VILLAR, Casa con sombra

TERRA CHÁ A Terra Chá somentes é: un pobo aquí, outro acolá, mil arbres, monte raso, un ceo chumbo e tráxico no que andan as aves a voar. O resto é soedá MANUEL MARÍA, Terra Chá POEMA DO ALLEADO Son un bilingüista moi apaixoado, un colonialista ben colonizado. Teño lingua nai, i unha lingua pai i unha lingua filla que marabilla. Son un alleado fino e progresista ben domesticado. Son un castrapista como está mandado! MANUEL MARÍA, Cantos rodados pra alleados e colonizados


A NOITE É NECESARIA Hai homes cheos de sombra, homes a contralús que che fan ver a Deus coma un mar de lus. A Noite é necesaria pra que ti poidas ver sobre o medo e o mal as estrelas arder. XOSE Mª DÍAZ CASTRO, Nimbos

A ortografía de palabras repetir cada signo dentro da cuadrícula papel en branco pozo infindo as palabras esvaran por iso sempre cuadrículas para salvalas pequenas casas onde vivir para sempre DORES TEMBRÁS, O pouso do fume

Por amor nacín da terra. Por amor son o que son. Por amor canto o meu canto., por amor. Por amor sángranme os pulsos e ábreseme o corazón. Por amor dóenme os ollos. Por amor, só por amor. DARÍO XOHÁN CABANA (1952), Cantigas do Setenta. A sede, a auga

ANTONIO GARCIA TEIJEIRO. voz sen verbas: silencio. Mar sen auga: deserto. Sol sen raios: misterio. Luz sen brillo: coitelo. Man sen man: un berro. Dor sen labios: o tempo. Eu sen ti: inferno.


ANTONIO GARCIA TEIJEIRO. Toma esta chave Abre os meus beizos Pero non raches O meu silencio. Abre os meus labios Tes moito tempo. Ti ben coñeces A voz do vento. Faino con calma. Faino con xeito Quero vivir Nun beixo eteno

O SOL MANUEL MARÍA O sol chámase lourenzo i é un señor moi finchado que está no outo do ceo, todo o día relumbrando. Vai vestido de marelo leva chaleque encarnado. Moi seguro de sí mesmo, o seu calor nos vai dando. O sol chámase lourenzo i é un señor moi señadado. ¡si non fora polo sol, estaría o mundo xeado! Soio o sol manda no ceo, moi solemne, moi barbado. ¡as súas barbas son os raios, con que nos vai alumando!


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.