Boletin LER CIENCIA

Page 1

No mes de abril temos varias celebracións nas que o libro é o absoluto protagonista, lembramos o nacemento de Hans Christian Andersen o día 2 co Día Internacional do Libro Infantil e o 23 a morte de Miguel de Cervantes e William Shakespeare co Día do Libro. Nós quixemos facer unha homenaxe á lectura científica e por iso neste boletín ofrecemos títulos que podedes atopar na nosa biblioteca. Hai para todos os gustos: manga, libros clásicos, libros de divulgación, novelas... Gustariamos que lles deses unha oportunidade.

que rexen o funcionamento do cosmos.

Neste libro mistúranse a xenial man do clásico do humor gráfico español, Antonio Mingote, e o texto divulgativo de José Manuel Sánchez Ron para acercarnos dun xeito ameno ao mundo da ciencia. A que algunha vez oíches esta frase?

LER CIENCIA NA BIBLIOTECA ESCOLAR

Cando o manga estaba en pleno apoxeo, un profesor xaponés de instituto decatouse porque estaban enfrascados lendo historietas de que os alumnos non lle poñían atención. Decatouse así que se decidiu a facer libros de texto en forma de manga de que se sabían de memoria os nomes de todos os personaxes. Tamén temos o de Física.

ticos máis complexos, se ofrece a presentarse ante o xeque.

Nas súas viaxes a través do tempo e do espazo Bryson tópase cunha espléndida colección de científicos asombrosamente excéntricos, competitivos, obsesivos e insensatos, como Henry Cavendish, dunha timidez tan deplorable que aínda que fixo públicos importantes descubrimentos -entre eles o peso da Terra-, abstívose de comunicar moitos de ellos. En “Una breve historia de case todo”, o autor intenta entender que aconteceu entre a Grande Explosión e o xurdimento da civilización.

Coas matemáticas podemos divertirnos ou asombrar nos, pero ademais podemos aprender. Da man deste mestre incomparable calquera lector inquedo e curioso se internará nun mundo tan marabilloso como o da célebre Alicia de Lewis Carroll.

Da mesma autora :

Pois nesta liña temos outros títulos moi curiosos:

Todo o que vemos a noso arredor, dende o máis cotián ata o máis transcendental, resulta indescifrable sen as matemáticas. E nos temos a colección completa con titulos como “La creatividad matemática”, “Hipotecas y ecuaciones”, “La música del azar”, “Curvas peligrosas”…

Nel encontrarás trucos como os seguintes: adiviñar que animal e que país pensou un voluntario, acertar o resultado dunha suma antes de ter todos os sumandos, calcular o total das caras ocultas dunha torre de dados sen tocalos, acertar un obxecto escollido mentalmente entre varios, realizar sumas máis rápido que a calculadora, acertar sumas de datas nun calendario sen velo.

Tamén dende os medios de comunicación, en concreto dende RNE- Radio 5, América Valenzuela fainos esta interesante proposta sobre curiosidades científicas.

O xornalista arxentino Juan Scaliter recompila os achados científicos que en apenas 40 anos fixeron posible emular na vida real algúns dos experimentos que se narraban nos cómics de superheroes.

LER CIENCIA NA BIBLIOTECA

E se falamos de divulgadores, aquí temos o libro do mediático Jorge Mira que nos descubre realidades que nos rodean desde o punto de vista da ciencia.

Ameno breviario dedicado a desvelar nun ton mesmo humorístico e de conto os principios operativos da física moderna. Os ensaios aquí expostos poñen ao alcance do lector os fenómenos da fisión e a fusión atómicas, o comportamento das partículas elementais da materia e as leis

A figura do cadrado sempre resultou moi fascinante, unha constante na historia da humanidade sobre a que divagaron científicos, artistas e filósofos. Nesta serie de libros Anna Cerasoli pon como protagonistas a un avó que está disposto a contestar ás preguntas do seu neto.

Un gran científico e un mestre da novela gráfica unidos para crear un novo xénero: o libro de ciencia gráfico e para todas as idades. Cada un dos capítulos do libro céntrase nunha das grandes preguntas que os científicos, ao igual que os nenos que observan o mundo, tratan de contestar.

Quen se parou a explicar aos estudantes que si houbo mulleres matemáticas ao longo da historia e que o seu traballo é dobremente meritorio por buscar a verdade en sociedades hostís cara a elas? Esto e moito máis está no “Rostro humano das matemáticas”

Bagdad, século XIII: o pastor Beremiz Samir ten o costume de contar os cordeiros, as follas das árbores, os cocos, os rabaños, e así convértese sen sabelo nun gran calculador. Un día coñece a Salim, que impresionado pola súa habilidade para resolver os problemas matemá-

ESCOLAR


E o universo, é un misterio tamén para ti? Podes encontrar moitas respostas en estos libros clásicos

a un anel, entender a linguaxe dos animais e entender eles. Lorenz afirma nesta obra que a devandita posibilidade puido alcanzala el mesmo sen necesidade de ningún anel encantado. Con isto quere expresar que é o rigor científico o que organiza o programa das súas investigacións.

a tocar o piano, coser e cociñar, ela está máis interesada no que acontece tras a porta pechada da biblioteca, ou no laboratorio do seu avó. Pouco a pouco irá gañándose a este señor un tan to túzaro e empezará a colaborar con el nas súas observacións do medio natural, aprenderá quen é Darwin, que son as especies e as subespecies …....

Os paradoxos que se formulan nestes relatos futuristas non son só enxeñosos exercicios intelectuais senón sobre todo unha indagación sobre a situación do home actual en relación cos avances tecnolóxicos e coa experiencia...

Quen mellor que un director de zoo para saber as cousas máis sorprendentes sobre animais? E ao final Weisner estuda o máis interesante de todos: o ser humano.

Da editorial Parramón, uno para experimentar e outro para coñecer a biografía de importantes científicos como Einstein, Leonardo ou Marie Curie.

E coma clásicos:

E por ese camiño do descubrimento de quen somos e de onde vimos… Actualmente a xenética e o rexistro fósil, entre outras James Lovelock, un científico fóra do común nárranos aquí a súa infancia, a súa aprendizaxe e a evolución das súas numerosas e influentes ideas, en especial a súa revolucionaria hipótese Gaia: a visión da Terra (Gaia era o nome da deusa grega da Terra) como un todo vivente, que se modifica e se regula a si mesma). E noutro libro plantéase si é posible salvar a Terra.

Quen tería apostado por eles cando eran xoves? Velaquí unha galería de retratos de homes e mulleres que marcaron a historia, a literatura, as artes ou as ciencias a pesar dos seus caóticos primeiros pasos.

E o mundo dos animáis. “Falaba coas bestas, os peixes e os paxaros” alude á lenda segundo a cal o rei Salomón podía, grazas

disciplinas, deron novos e sólidos argumentos para apoiar a teoría darwinista. Pero, aínda así, quedan moitas dúbidas e preguntas por responder.

E para acabar unhas cantas novelas que merecen a pena: Calpurnia Virginia Tate, Callie Vee, é unha nena que vive nun pobo de Texas. A pesar de que a súa nai insiste en que aprenda

Phin podería ser un neno normal de nove anos: gústalle a tele e inventar historias, ten uns pais que o queren (aínda que disputen) e o colexio non se lle dá tan mal. Pero Phin ten un problema, ou mellor dito, vive continuamente angustiado polos problemas dos demais. De todos? Non: só das especies en vía de extinción, un asunto que o apaixona e angustia a partes iguais. O seu cerebro contén tanta información sobre a fauna que non pode dar dous pasos sen pensar que pode estar a prexudicar de modo indirecto a un animal…

Nesta xenial triloxía Gerald Durrell acércanos ao mundo dos animais dun xeito humorístico: A familia Durrell, enferma e deprimida polo pouco amigable clima de Inglaterra, decide ir á illa grega de Corfú. O pequeno Gerald, grande afeccionado á natureza, relátanos as súas expedicións pola illa, estudando a fauna autóctona e recollendo novas especies para a súa colección. Á vez relátanos as variadas e hilarantes situacións nas que se ve envolvida a súa familia.

ESTAMOS NA

Se queres coñecer eses importantes científicos máis profundamente e as súas interesantes teorías.

sempre…os

«O mundo perdido», aínda que está escrita en 1912, é un exemplo practicamente perfecto de novela decimonónica, unha obra redonda, equilibrada, completa, un libro de aventuras con moita acción, un tema fascinante, un ritmo vertixinoso, que mantén moi ben o interese, con fulgores de fino humor, unha cadea de sorpresas que o lector non se espera e un dobre desenlace moi conseguido.

Esta novela foi a pioneira de toda unha interminable lista de libros e películas que versan sobre a mesma materia: a posibilidade de viaxar cara a atrás e cara a diante no tempo, tema que lle quitou o sono a Einstein, e que llelo debe quitar actualmente a Hawkins e a outro bo puñado de físicos cuánticos e xenios de todas as clases.

REDE

HTTP://BIBLIOFRAGADOEUME.BLOGSPOT.COM.ES/ HTTPS://WWW.FACEBOOK.COM/BIBLIOTECA.IESFRAGADOEUME?FREF=TS

Pontedeume, Abril 2014


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.