Emocion arte

Page 1

Para rematar este Mes de letras o día 16 de Maio preparamos un recital especial no que houbo moita música e literatura. Seguindo o camiño iniciado co “Recital das Artes” do ano pasado, esta vez ocurriúllenos que o tema para relacionar tódalas participacións ía ser o libro “Emocionario” de Rosa Collado. Titulámolo: Emocion-arte. Nel dous alumnospresentadores (María Beceiro de 3º eso y Pablo Vázquez de 1º bach) fóron lendo a defi-

nición dos distintas emocións e cada alumno, profesor, grupo ou membros do club de lectura lía un texto ou cantaba ou interpretaba unha peza relacionada con dita emoción.


Ao mesmo tempo íase pendurando nun expositor que tíñamos cuberto cun mantel, o

nome de cada unha das emocións e paralelamente cun ovillo de lá laranxa íamos xuntándonos ata chegar a “gratitude” que lían de novo os presentadores. Tamén fotocopiamos en tamaño folio as portadas dos libros dos que sacáramos os textos e cada un de nós o empregamos como soporte e deste xeito todo o mundo o podía ver.







O grupo de gaitas “Airiños do Frade” de San Martín interpretou unhas pezas tradicionais e fixo un obradoiro de muiñeira (baile e percusión) cos alumnos de 1º e 2º de ESO. Esta parte foi coordinada por María Lamas, a profesora de Educación Física.





Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.