Graduación 2º Bacharelato 2015-2017

Page 1

DISCURSO FIN DE CURSO 2º BACHARELATO

MAIO 2017

Aristóteles dicía : “As raíces da educación son amargas, pero o froito; é doce.” Todos coñecemos ben a amargura destas raíces. Co sabor doce quizais referíase a estes momentos nos que obtemos unha recompensa polo traballo realizado. Polo esforzo constante, as numerosas noites sen durmir, as festas perdidas (aínda que... algún... non perdeu ningunha). Chegados a este punto dámonos conta do que logramos e, sobre todo, do que somos capaces.

A dia de hoxe, as ganas de rematar e de liscar de aquí (máis agora, que nos imos de festa) son enormes. Queremos esquecer estes últimos oito meses de sufrimento, aínda que temos que admitir que sempre da pena marchar do fogar. Porque iso foi este instituto para nós, e, os nosos compañeiros, convertéronse nunha segunda familia. Hai algún que lle colleu tanto cariño aos profes, que para o ano volve.

Varios comezamos xuntos hai seis anos, outros fóronse sumando polo camiño, pero chegamos aquí xuntos. E rematamos xuntos, e apaleados, pero victoriosos ao fin e ao cabo.

Algúns foron marchando, pois non foi nada fácil. Pero o dia a dia levase mellor cuns bos compañeiros que durman contigo uns minutos antes de que comece(e durante) a clase de historia a primeira. Compañeiros que che fagan ver que tras un exame suspenso sempre hai unha recuperación, e que che deixen o ombro para chorar tras suspendela.

Compañeiros que che salvan a vida presentándose voluntarios cando non levas os deberes feitos ou que chos pasan cando non queres facelos. Eses compañeiros que che resumen o tema antes do exame e grazas aos cales consegues aprobar, ou aqueles que che din que non estudes mais e vaias durmir, porque o importante é a saúde.

Resumindo, que tras moitos sinsudores, agravados pola incertidume creada coa lomce, a reforma que nos obrigou a deducir o temario que deberíamos dar, nós, os inadaptados, sen ter moi claro o que realmente caería na selectividade, sen saber sequera se a selectividade continuaría existindo...Non poderíamos irnos sen facer


unha mención especial ao noso querido Goberno. Así que grazas. Grazas por xogar co noso futuro. E agora, chegamos á parte do discurso que todos estabades esperando ( e NON, non é o fin), chegou a hora de dicir as cousas claras, chegou a hora de falar dos mestres. Sei que algúns andades con medo: Dores, a nosa titora, non existe muller mais inocente e despistada. Empezaches connosco en 1° da ESO, e fúcheste para volver este curso e acabar con nós. Literalmente. Sempre recordaremos o son dos teus tacóns que nos avisan de que estás a chegar e a túa doce voz que nos recorda á dunha personaxe do cine dobrada ao galego. Tina, ti empezaches con nos fai dous anos, en 4 da ESO, continuaches cuns poucos en 1 de bacharelato mostrándonos,por primeira vez, o mundo da economía, e volviches a reunirte con todos neste curso tan agobiador, onde faltaba o tempo para estudar e mais para corrixir os exames. Recordaremos as risas co pusilánime que era Fernando VII e co cirurxián de ferro. Esperamos que Dora siga explorando e que a educación continúe a liberarnos.

Glafira, a profe de castelán, coa que viaxamos a Roma e Andorra. Aínda que sen dúbida, a mellor viaxe foi a literaria. Cos libros de lectura os sentimentos estaban a flor de pel, campos de Castilla fíxonos sentir nas nosas carnes o amor que Machado tiña por Leonor, en Plenilunio sufrimos o horror que viviron Fátima e Paula, ao ler a Garcia Márquez dímonos conta da fugacidade da vida e coa Fundación descubrimos que a mente humana non ten límites. Raquel, que….non sei se está. Bueno, estará facendo fotocopias a cor das pasivas. People think that english is hard but it isn’t when you have a teacher as good as you. Aínda que sexas very small tes un corazón enorme, grazas por preocuparte always. Quique, aficionado aos sudokus e alérxico á tiza, un profesor en toda regla. Apreciamos que consigas manter a calma aínda cando ninguén entende nada. Falando de reglas, qué dicir de Marisa, a profesora de debuxo técnico. O teu carisma foi o protagonista nas túas clases e grazas a el logramos sacar a asignatura. Pese a ser o teu primeiro ano aquí, ensinachesnos(a algúns desde cero) e axudachenos nos exames. sobre todo non esqueceremos diédrico e as túas


axudas cando nos fixeron falta. Andrés, físico, químico e mais matemático, sempre acompañado do seu maletín, para os de física e para os de química tameeen… ;) fuches un dos mellores profesores do curso, a pesar das dificultades que pasamos na túa asignatura ao longo do ano (incluíndo suspensos colectivos) lograches que sacásemos a materia adiante practicando os seus “famosos” exercicios de selectividade de Galicia e Madrid e coas túas maneiras “pouco ortodoxas” de explicarnos o método de traballo mais convinte para afrontar ámbalas asignaturas. Recordamos as túas charlas para reflexionar sobre a nosa actitude na clase, pero sempre con bo humor; a pesar de mellorar en canto a actitude, as risas non faltaron. Irene, a nosa bióloga preferida, a única que se toma as gardas do recreo en serio, tratándonos como o que somos, presos con cadea perpetua, esperamos estar a túa altura

pois

sempre

estiveches

disposta

a

todo,

grazas

por

ciclopentanoperhidrofenantreno e N-acetil-B-D-glicosamina, entre outras, ninguén nos gañará ao aforcado nunca despois disto. Grazas por converternos en bolboretas esperamos seguir vivas na seguinte primavera. Adela, a profesora de música, grazas a ela todos sabemos tocar la flauta. Grazas por tanto.(pausa) É broma!!! Grazas por facer que nos enfrontasemos a un escenario,as obras que interpretamos sempre levarán o teu nome. Grazas polo apoio e a comprensión cando o curso ía costa arriba e por demostrar tanto aprecio por nós. Desexamos que os teus próximos alumnos saiban descubrir a verdadeira Adela, como tivemos a sorte de facer nos. Con Chiqui xa sexa en cidadanía, en ética, en antropoloxía, en psicoloxía ou en filosofía, sempre botas unhas risas, en segundo de ESO, cando o coñecimos, pensamos que estaba tolo, pois non sabemos dicirvos en que idioma nos estaba a falar, agora en segundo de bacharelato podemos dicir que nos volveu tolos. Nunca nada é o que parece nas súas clases, por exemplo, pode que pareza que entendes o temario máis en realidade, non te enteraches de nada. Cando chegou o momento de dar a Sócrates desexábamos ser nós quen bebésemos a cicuta, ao chegar a Platón a nosa cidade utópica establecíase no verán e con Nietzsche descubrimos que Chiqui é un cabezón, grazas a isto os debates volvéronse interesantes, buscamos a forma de contrarrestar os argumentos


que Chiqui daba alabando a Nietzsche e constatamos desta forma que os mestres non sempre teñen a razón. Gloria, grazas por facer das clases de relixión un pecado e por darnos liberdade para debater todos xuntos, algúns foron obrigados as túas clases mais a dia de hoxe moitos repetirían sen dubidalo. Rebeca. Darche a noraboa por sacar o curso adiante sendo o teu primeiro ano en segundo de bacharelato, pilotando o avión que é o noso curso destino a selectividade. Por esa cercanía que tes con nos. Aproveitando a confianza, pedímosche que nos leves a visitar aquelas cadeas hoteleiras adicadas ao turismo, para levar á práctica todos esos conceptos económicos. “Y mañana más.” To. Gustaríanos saber cal é o teu verdadeiro nome. Entre tanto “xis”, entramos na loita contra as matemáticas. Unha loita complicada, onde moitos caeron e poucos sobreviviron. Tamén estiveches con nós en TIC, onde non houbo moito que facer. A mellor asignatura

para

escoller.

Vicente. Fuches duro como o zócalo meseteño, aínda que fumos capaz de fragmentarte como ocorreu na oroxénesis alpina. Sempre nos acordaremos da zamorano salamantino extremeño e dos paseos por Madrid que mais que paseos parecían carreiras de resistencia (recomendámosche apuntarte a unha maratón). Sen esquecer o percorrido que nos fixeches pola historia e a arte e o moito que nos costou aprender a comentar e sobre todo estudar os termos, que valen 2 puntos!!! E son moi importantes. Sempre imos recordarte por todas estas anécdotas, incluida a de Rasputín. Aproveitamos para informar do mal estado da informática do centro que tantos problemas nos causou me caso en Soria Segovia y Ávila. E isto é todo, por fin o fin! Espero que nunca deixedes que ningún profesor, ningunha asignatura, nin ninguén, vos quite a ilusión por aprender. Dicir aos de cuarto que segundo de bacharelato é difícil pero non imposible! E pedir moita sorte para nos que nun par de semanas enfrontarémonos a selectividade. Grazas pola atención e ata sempre. Moitas grazas


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.