Boletin matemáticas def

Page 1

Boletín Especial de Matemáticas BIBLIOTECA

Outubro – 2014

O cine Alicia no país das marabillas. As peripecias de Alicia acompañada polo coello branco, o sombrereiro tolo ...., é destacable o xeito de desenvolver a historia a base de preguntas, que vai facendo a protagonista, nun razoamento lóxico dentro dun contexto divertido nunha conversa moitas veces absurda.

La habitación de Fermat. Catro matemáticos, que non se coñecen entre si, son invitados por un misterioso anfitrión co pretexto de resolver un gran enigma. pronto descobre que se atopan nunha sala que empeza a minguar e que corren o risco de morrer esmagados entre as súas paredes. Terán entón que pescudar que relación hai entre eles e por que alguén quere asasinalos.

ESTAMOS NA REDE

HTTP://bibliofragadoeume.blogspot.com.es/ HTTP://www.edu.xunta.es/centros/iesfragaeume

Los viajes de Gulliver. Gulliver aproveita a estancia en diferentes países para facer unha crítica da sociedade do seu tempo, reflexándoa neses outros países. Destaca as aplicacións que se poden facer cara o estudio das proporcións.

XERAIS Algúns con títulos sorprendentes como:

El libro de las cifras. Os números son a alma da existencia do universo e de todo o que contén, pero moitos de nós descoñecemos os seus fundamentos. Neste libro podes descubrir a conexión entre as matemáticas e outras disciplinas e os descubrimentos máis importantes.

Una Mente maravillosa. A Beautiful Mind é unha película de drama biográfico estadounidense do ano 2001. Está inspirada na novela homónima de Sylvia Nasar que foi nomeada ao Premio Pulitzer de 1998 e que conta a vida do matemático John Forbes Nash. Nela recóllese o mellor e o peor dunha aventura vital tan complexa e intrigante como un teorema con rostro humano. Hai historias que merecen ser contadas e personaxes que deberían ser ampliamente coñecidos. A historia da vida do matemático é unha delas.

Referencias para a elaboración deste boletín: Escolma poética (poesía matemática) realizada polo profesor Víctor Pollán do IES Poeta Díaz Castro http://www.filmaffinity.com www.casadellibro.com

El diablo de los números. Un percorrido entretido pola teoría de números. Merece a pena polo tratamento que fai do estudio da combinatoria, binomio de Newton, triángulo de Tartaglia, e as sucesións, en particular da de Fibonacci.


¡Ajá! Paradojas que te hacen pensar. Coas matemáticas podemos divertirnos ou asombrarnos, pero ademais podemos aprender. Da man deste mestre incomparable calquera lector inquedo e curioso internaráse nun mundo tan marabilloso como o da célebre Alicia no pais das marabillas de Lewis Carroll. Los trucos de las fracciones. Repartir unha torta de aniversario, as larpeiradas que hai nunha bolsa ou unha chocolatina é algo moi sinxelo. Se o fas en partes iguais, cada unha destas partes chámanse fraccións. Algo tan útil e tan cotián é o que explica os trucos das fraccións. A través das leccións da súa profe, o protagonista, un rapaz de cuarto de primaria entra en contacto coas fraccións e aprende a calcular cousas relacionadas con situacións prácticas do seu día a día .

Se cres que se pode vivir unha aventura e resolver un misterio como se foras Sherlock Holmes , este e o teu libro: El asesinato del profesor de matemáticas. Tres estudiantes a través de adiviñas e problemas matemáticos tratan de encontrar ó asasino do seu profesor de matemáticas. Moitos problemas de inxenio e con aplicación á resolución de problemas.

E sobre errores e horrores matemáticos que poden resultar mortíferos, Claudi Alsina escribiu estes dous:

Anna Cerasoli creou a Filo e o seu avó, un profesor de matemáticas xubilado, que lle conta todo o que sabe en :

El gran juego. Un rapaz xogando a través de internet, descobre os problemas que xorden cando un misterioso compañeiro de xogos o reta a seguir xogando. Trátase dun xogo de xogos cun final sorprendente. Seremos nós as fichas dun super xogo dirixido por mentes superiores sen sabelo?

Emili Teixidor emprega nos seus títulos dúas referencias ás matemáticas: no primeiro a Hipotenusa é o alcume que os alumnos lle dan á profesora desta asignatura; noutro a pista é un triángulo equilátero invertido.

Se prefires as biografías:

Breve historia de los números. A historia dos números está formada por moitas historias distintas. Aquí relatamos unha parte, que é inabarcable e segue aumentando día a día.

El hombre que contaba. Bagdad, século XIII: o pastor Beremiz Samir ten o costume de contar os cordeiros, as follas das árbores, os cocos, os rabaños, e así convértese sen sabelo nun gran calculador. Un día coñece a Salim, que impresionado pola súa habilidade para resolver os problemas matemáticos máis complexos, se ofrece a presentarse ante o xeque.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.