Boletin gastronomia 2014

Page 1

Boletín Especial Gastronomía Marzo—2014

BIBLIOTECA

A biblioteca do IES Fraga do Eume quere sumarse á celebración do concurso de cociña "Xosé Rodríguez-Moldes Rey” coa publicación dun boletín especial achegando unha selección de lecturas e materiais audiovisuais arredor da gastronomía. Durante este curso incorporamos á biblioteca algunhas novidades bibliográficas relacionadas co mundo da cociña e a restauración que están a suscitar un gran interese entre os nosos lectores, desde recetarios asociados ao nome de establecementos célebres e de renome internacional a manuais de técnicas culinarias e dicionarios de gastronomía ou biografías de auténticos “heroes dos fogóns”. Velaquí a nosa selección:

RECEITAS As receitas do Á la Mère de Famille: Coa súa fachada verde e o seu interior de conto de fadas, "À la mère de famille", fundada en 1761, é unha das confeitarías máis antigas do mundo. Está en París, nun recanto do Faubourg-Montmartre, aberta ao público dende hai douscentos cincuenta anos, cando o mozo Pierre-Jean Bernard chegou a París cun diploma de especieiro recén obtido e abriu unha pequena tenda con aspecto de granxa. Este libro recolle por un lado a historia dunha familia e dunha tradición artesá ligada á historia de París, e por outra, é un delicioso receitario (os mellores bombóns, pasteis de améndoas, froitos secos e confeituras de toda a cidade) con magníficas fotografías para poder facer as sobremesas na casa dunha forma moi sinxela.


P á g i n a

2

E s p e ci a l

G a s t r o n o m í a

Ao último e máis premiado...

As receitas do El Celler de Can Roca «Un libro no que non só mostramos o que facemos senón que explicamos como o facemos e por que o facemos.» Joan, Josep e Jordi Roca

De forma pedagóxica e con infinidade de imaxes paso a paso de cada técnica, a obra bota luz sobre os ingredientes denominados "tecnolóxicos", explicando as súas pouco coñecidas aplicacións en produtos e elaboracións de pastelaría.

Pasando polas máis típicas da nosa cultura.......

A intención de Adrià era facer "un libro divertido e limpo como a cociña do Tíckets, que ofrecese ao lector receitas dende a páxina 5 e que puidese estar ao alcance tanto do profesional da cociña como da xente da pé".

Ou reinventando cos nosos productos ……

A cociñeira Eva Crespo ofrécenos 80 completas receitas nas que as algas achegan un toque especial para conseguir un resultado exquisito. Coas receitas que aparecen neste libro descubriremos as virtudes da "Cociña Atlántica" a partir de pratos moi variados e sinxelos.


B I B L I O T E C A

P á g i n a

3

E para regar convenientemente as propostas anteriores, presentamos as novas incorporacións á biblioteca de bibliografía sobre a cultura do viño e as bebidas, un aspecto que merece unha atención moi especial no mundo da restauración e hostelaría.

El Vino, Atlas Mundial Aclamado polos críticos como unha "obra de referencia esencial" e "un dos libros sobre viños máis documentados, valorados e sinxelos de usar", esta nova edición aos 36 anos da súa primeira aparición (1971) confirma que é o libro indispensable para calquera amante do viño.

Permítame que le hable sobre el vino Oz Clarke, un recoñecido experto e divulgador do viño que escribiu en medios británicos como o Daily Telegraph, o Sunday Express ou intervido en series da BBC sobre o tema, escribe este manual no que toca numerosos e variados aspectos do viño de xeito asequible, práctico, visual e informal, pero sen perder o rigor. Dirixido ao lector sen coñecementos previos sobre viños. La historia del mundo en seis tragos Nos seus algo menos de 300 páxinas, Tom Standage detense en distintos momentos da Historia Universal para mostrarnos como determinadas bebidas condicionaron os costumes sociais e ata o discorrer político e económico de moitos países e civilizacións. Presenta unha visión orixinal e rigorosa da historia universal, seguindo a humanidade dende a Idade de Pedra ata o Século XXI da man da cervexa, o viño, os licores, o café, o té e a Coca Cola.

M A N UA I S “La cocina y los alimentos”, Todo un clásico presente dende este ano na biblioteca


P á g i n a

4

E s p e ci a l

G a s t r o n o m í a

D I C I O N A R I O S

Este dicionario aclarará moitos conceptos -máis de 300- que lle permitirán estar á última nas tendencias gastronómicas de moda.

B I O G R A F Í A S Cada vez interesan máis non só as receitas, senón as circunstancias que rodearon a vida das persoas que chegaron a un gran nivel de creación culinaria. Presentámosvos estas dúas aínda que poderían ser moitas máis. Unha autobiografía culinaria na que revivimos a extraordinaria historia gastronómica de Pierre Gagniere dende 1966 ata 2006.

Este libro é unha das obras máis esperadas no mundo da gastronomía. Trátase do libro de Eneko Atxa. A súa traxectoria, o seu percorrido entre fogóns, a historia de Azurmendi, os seus pensamentos, procesos creativos e as creacións que fixeron que a cociña de Eneko alcance o máximo nivel de excelencia.

CANDO A GASTRONOMÍA SE MISTURA COA VIDA Por outra banda, queremos presentarvos tamén un apetitoso menú de propostas didácticas, literarias e cinematográficas onde a gastronomía é un elemento importante, aínda que non necesariamente o tema fundamental. É interesante comprobar que a comida e todos os aspectos a ela asociados ocupan un lugar moi importante na nosa identidade individual e colectiva, e así aparece reflectida en innumerábeis obras de pensamento e arte. Despois de todo, quen sabe se a cultura non empezaría cun gran banquete e un posterior intercambio de receitas?


B I B L I O T E C A

P á g i n a

5

L I T E R AT U R A El restaurante del fin del mundo o El restaurante del fin del universo (The restaurant at the end of the universe en inglés) é unha comedia de ciencia ficción escrita por Douglas Adams en 1980. É a segunda entrega da saga da Guía do Autoestopista Galáctico, e este libro, ao igual que o primeiro, está baseado na radiocomedia da BBC escrita polo mesmo autor. Tratado de culinaria para mujeres tristes Paradoxicamente, este libro NON é UN TRATADO de CULINARIA e, máis que para mulleres tristes, parece escrito PARA mulleres alegres, demasiado alegres. Héctor Abad, unha das principais voces da literatura colombiana, aborda cun humor sutil a psicoloxía feminina, e propón o que el mesmo chama «repentinos antídotos para a pertinaz melancolía». RECEITAS para seducir consellos contra o mal de amores ou a soltería, remedios contra a tristura...

La cocinera de Himmler Unha das últimas novelas publicadas en 2014, conta a historia de Rose, unha cociñeira de 105 anos que aínda rexenta un restaurante en Marsella, que nunca lle temeu a nada e que sobreviviu ás grandes catástrofes do século xx sen perder o humor, o desexo de sexo e o afán de vinganza; segundo ela, os tres piares da felicidade.

Recetas de lluvia y azúcar E como non, un libro ilustrado un RECEITARIO de Eva Manzano e Mónica Gutiérrez Serna, unha delicia para os sentidos, que empeza así: De pequena linme un libro de maiores que contaba que podías comer a vida a culleradas. Este receitario serve para adozar as emocións que nos acompañan cada día e comprender que a imaxinación é un ingrediente imprescindible.


P á g i n a

6

E s p e ci a l

G a s t r o n o m í a

Eñe O número 25 de Eñe reúne unha serie de relatos nos que hai un elemento común: a bebida, e, por suposto, os bares. Recolle unha decena de relatos en torno ao acto social da bebida e o lugar onde se dá, os bares, tan literario e cinematográfico á vez. Entre os autores, encontrarás oito relatos inéditos de Juan Pedro Aparicio, Vanessa Montfort, Denis Johnson, Jorge Eduardo Benavides, Guillermo Niño de Guzmán, Juan Francisco Ferré, Washington Cucurto, Rodrigo Hasbún e Gabriel Wiener así como tres poemas novos de Luis García Montero.

M E D I C I N A

E

B O TÁ N I C A

El cocinero recolector y las plantas silvestres Esta obra céntrase no aspecto culinario das plantas silvestres. A parte de botánica reproduce máis de 60 láminas en cor do herbario dos autores, Ana Mª González e Augusto Krause Lameiras, xunto coa descrición botánica de cada planta, as súas posibilidades culinarias e propiedades medicinais, así como algún dato histórico ou curioso relacionado con cada unha delas. A parte de gastronomía desenvolve 50 receitas elaboradas con esas plantas e acompáñase de fotografías a toda páxina para cada unha delas. Ademais da relación de ingredientes e desenvolvemento da receita, inclúense comentarios aos ingredientes e a receita de Miguel Ángel de la Cruz.

C I N E La grande bouffe (La gran comilona) (1973) Recatando aos clásicos, encontrámonos con esta polémica película do excelente guionista español Rafael Azcona, dirixida por Marco Ferreri en 1973, que narra como catro persoas se reúnen nunha casa para suicidarse nunha orxía de comida e sexo. Pódela ver completa en www.youtube.com/watch?v=4oxPOU5J-j4


B I B L I O T E C A

P á g i n a

7

El cocinero, el ladrón , su mujer y su amante (1989) Conseguimos este título do polémico director Peter Greenaway, con sir Michel Cambon, Helen Mirren e Tim Roth nun dos seus primeiros traballos. Albert é o sádico dono dun restaurante. O seu forte carácter e as tiránicas formas que aplica no traballo fan que todos os empregados estean sometidos a un continuo réxime de escravitude, incluída a súa esposa, Giorgina, a quen ridiculiza.

Tomates verdes fritos(1991) Leva tempo nos nosos andeis, pero quizais non saibades que é unha adaptación dunha novela de Fannie Flagg ou que a receita a podedes encontrar en http://www.directoalpaladar.com/recetas-deensaladas/tomates-verdes-fritos-receita. Evelyn (Kathy Bates), unha muller madura que vive frustrada pola súa gordura e pola insensibilidade e simpleza do seu marido, coñece casualmente nun asilo a Ninny (Jessica Tandy), unha anciá que lle vai contando pouco a pouco unha dramática historia acontecida nun pequeno pobo de Alabama. O relato faise cada vez máis fascinante: xira en torno á grande amizade entre dúas mulleres (Mary Stuart Masterson e Mary-Louise Parker) e ao misterioso asasinato do marido dunha delas.

La joven de las especias (2005) Tilo é unha bela moza formada na antiga e máxica arte das especias. Ordenada con poderes especiais para axudar aos que acoden a ela,Tilo ten unha habilidade sorprendente para sentir os problemas dos demais e visualizar o seu futuro e o seu pasado. Tilo traballa en San Francisco, nunha pequena tenda chamada” El Bazar de las Especias” onde, guiada polos consellos das súas especias, encontra o remedio perfecto para todo o que cruza a súa porta.

La cocinera del Presidente (2012) Filme inspirado na extraordinaria historia da cociñeira privada do presidente francés François Miterrand. Hortense Laborie, un prestixioso xefe de cociña do Perigord, convértese na responsable das comidas presidenciais no Pazo do Elisio.


Menú degustación (2013) Hai un ano, inmediatamente antes da súa ruptura, Marc e Rachel conseguen reservar mesa nun dos mellores restaurantes do mundo. Nese paradisíaco canto da Costa Brava encontraranse con sibaritas de todo o mundo. Xuntos comparten unha das mellores experiencias sensoriais da súa vida. Será unha reunión inesquecible.

Dúas delicadas obras do cineasta de orixe vietnamita Tranh Anh Hung. El olor de la papaya verde (1993) Mui é unha nena cuxo camiño estará ligado estreitamente ás artes milenarias da cociña asiática, aos costumes e sabores que se entrelazarán coa cociña e que farán que a súa vida xire entre os aromas da vida. Os grilos, a chuvia, a noite murmurando, a forma en como cada instante é un xiro de felicidade na vida, fanse presentes nesta fita chea de beleza e sonos.

Pleno verano (2000) Cóntanos a historia de tres irmás enfrontadas ás súas vivencias e... fantasmas persoais. Anh Hung fainos "sentir" as diferentes sensacións que experimentan os seus personaxes. Vívese o ambiente, respírase o olor da terra mollada, dos froitos recén cortados, o gusto dos alimentos…

ESTAMOS NA REDE HTTP://BIBLIOFRAGADOEUME.BLOGSPOT.COM.ES/ HTTP://WWW.EDU.XUNTA.ES/CENTROS/IESFRAGAEUME/

Páxinas consultadas para elaborar os boletíns: http://www.libreriagastronomica.com/ http://www.directoalpaladar.com/ http://www.apicius.es/ http://www.filmaffinity.com/es/reviews http://www.conmuchagula.com


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.