Boletin diciembre 2013

Page 1

Diciembre 2013

Queremos darvos a coñecer algunhas das últimas compras da biblioteca que nos solicitastes na caixa de suxestións e tamén outras que algúns bos lectores consideran que están escondidas nos andeis esperando a que alguén as descubra.

Biblioteca IES Fraga do Eume

As vosas peticións: Cómic manga: continuamos completando Fairy Tail, One Piece, Yotsuba, Nana e empezamos a serie Full Metal Archiment

Completamos Juego de tronos

Tamén cómic para adultos: Os 300 de Frank Miller

George R.R. Martin V de vendetta escritos por Alan Moore e ilustrados por David Lloyd O 24 de outubro de 2013, Astérix e os Pictos chegou a todas as librarías do Mundo Coñecido coa autorización de Goscinny e os herdeiros de Uderzo.

El cuervo de James O’Bar

Plan Mellora Bibliotecas escolares 2009-2013 E-mail: ies.fraga.eume@edu.xunta.es http://bibliofragadoeume.blogspot.com.es/

La isla de Bowen

Biblio Fraga Do Eume @BiblioFragas

1920. Todo comezou co asasinato do mariñeiro inglés

Jeremiah Perkins en Havoysund, un pequeno porto noruegués situado no Ártico, e co misterioso paquete que, antes de morrer, Perkins enviou a Lady Elisabeth Faraday. O quizais a historia empezase antes, cando se descubriron unhas estrañas reliquias no interior dunha vella cripta medieval…

Yo soy Malala Malala, a candidata máis nova da historia ao Premio Nobel da paz, escribiu xunto a Christina Lamb, xornalista namorada do Val de Swat e da hospitalidade pashtun, un libro que se chama” Yo son Malala” no que non fala tanto de si mesma coma da historia do seu país e da da súa familia. Da súa historia e da súa loita, do compromiso dos seus pais coa educación e das dificultades diarias ás que en consecuencia se tiveron que enfrontar todos eles.


Recomendacións: O mundo secreto de Basilius Hoffman O mundo secreto de Basilius Hoffman comprende un ambicioso proxecto de fantasía que abrangue varios medios artísticos, centrados todos eles arredor dunha serie de cinco novelas ilustradas da que agora se publica o seu primeiro título: O ladrón de soños. Desde esta primeira historia mergullámonos nun mundo estraño e complexo, un universo onde o profesor Hoffman: arqueólogo, historiador, lingüista e, sobre todo, explorador de mundos ocultos, serve de guía ao seu novo sobriño Peter nunha viaxe na que as lendas e os mitos de moi diferentes culturas do noso propio mundo conflúen cara a unha única e asombrosa revelación que marcará o destino da humanidade.

La estrategia del parásito Ao abrir esta novela, vemos que nos deron o cambiazo. Na primeira folla, o título orixinal está riscado, e engadiuse un segundo título e autor: O asunto Miyazaki, de Óscar Herrero. A usurpación chega ata a portada. Se movemos o libro preto dunha fonte de luz, poderemos ler un aviso sobre Miyazaki, que nos estará a vixiar. O mozo explicaranos como chegou á situación en que se encontra e cal é a súa historia. Óscar estuda nunha universidade de Madrid e comparte piso con máis estudantes. Pero esta apracible existencia vese interrompida por unha carta de Mario, un antigo compañeiro de instituto, e unha sinxela memoria USB. A carta non pode ser máis críptica: debe gardar o pendrive ata que Mario vaia recollelo.

Mi Hermana vive sobre la repisa de la chimenea A irmá de Jamie morreu nun atentado terrorista que se produciu en Londres un 9 de Setembro. El tiña 6 anos e a súa irmá, xemelga da falecida, 10. Dende ese momento a vida para el non foi a mesma. Os seus pais separáronse, levando cadansúa parte dos anacos que encontraron da súa irmá. O seu pai enterrou os seus e foise a vivir co seu terapeuta. O seu pai incinerounos e púxoos sobre a repisa da cheminea. Agora fóronse a vivir a un pobo diferente, pero as cousas, en lugar de mellorar, están a empeorar.

Todos os días Alberto Ramos, Todos os días. Sotelo Blanco A crise económica e social e os seus efectos sobre a mocidade universitaria dos nosos días e en como esta falta de horizontes inflúe na autoestima das personaxes e condúceos á destrución persoal.

A neve e o lume ·

Chelo Suárez, A neve e o lume. Baia edicións

Representa unha achega á literatura galega da narrativa gótica. É unha alegoría da vida, unha aproximación ao seu misterio e aos medos que provoca. Tamén, unha viaxe para escapar do tempo pasado, unha viaxe na busca da liberación

Páxina 2

B I B L I O T E CA


Las crónicas de Wildwood Hai lugares no mundo completamente deshabitados. Quizais son moi fríos, teñen demasiadas árbores ou trátase de montañas escarpadas. Sexa cual sexa a razón, ninguén pensou nunca en construír alí unha estrada, unha casa, unha cidade. Nos arredores da cidade de Prue McKeel hai un deses lugares. Todos o chaman «Territorio Impenetrable» e ninguén intentou internarse nel. Ou, máis ben, ninguén volveu para contalo. Pero, cando unha bandada de corvos secuestra o seu irmán e o leva voando cara ao descoñecido territorio, Prue penetrará nel sen vacilar.

Quantic Love Laila decidiu pasar as vacacións traballando de camareira no CERN, o Centro Europeo de Investigación Nuclear. Así gañará algo de diñeiro antes de ir á universidade e á vez poderá pasar unha tempada no centro de investigación máis avanzado do mundo. Cando Laila chega ao CERN descobre dúas cousas. A primeira é que os científicos tamén saben divertirse. Non hai máis que ver a Angie, a súa compañeira de cuarto, que é tan guapa como intelixente e non ten dificultade para compaxinar o seu traballo de investigación coas festas universitarias. A segunda é que se pode ser moi listo para unhas cousas e moi pouco para outras. É a única explicación para que Brian, que é, evidentemente, un “cerebrito”, teña tanta dificultade para expresar os seus sentimentos.

Recomendacións adultos: Intemperie Os libreiros de Madrid elixiron Intemperie (Seix Barral), de Jesús Carrasco, como a mellor obra de 2013. Un neno escapado de casa, escoita, acazapado no fondo do seu acocho, os berros dos homes que o buscan. Cando a partida pasa, o que queda ante el é unha chaira infinita e árida que deberá atravesar se quere afastarse definitivamente daquilo que o fixo fuxir. Unha noite, os seus pasos crúzanse cos dun vello cabreiro e, a partir dese momento, xa nada será igual para ningún dos dous.Intemperie narra a fuxida dun neno a través dun país castigado pola seca e gobernado pola violencia. Un mundo pechado, sen nomes nin datas, no que a moral escapou polo mesmo sumidoiro polo que se foi a auga.

La mujer que vivió un año en la cama O día en que os seus fillos, uns xemelgos superdotados, marchan á universidade, Eva cruza a porta da súa casa e métese na cama en pleno día. Non está enferma. Non está cansa. E, dende logo, non ten unha aventura. Simplemente, chegou o momento de dicir basta. Unha novela perfecta para os tempos que vivimos: fai rir, fai pensar.

Páxina 3


La vida de las mujeres Alice Munro; Premio Nobel de Literatura 2013 Ao comezar a novela, Del Jordan é unha nena que vive cos seus pais e o seu irmán Owen nunha granxa na que se crían raposos. A súa casa está situada na difusa fronteira que separa a pequena poboación de Jubilee do campo. Del relata a súa vida cotiá, as súas relacións cos veciños, amigos e parentes, e moi en especial cos tíos, que son personaxes entrañables. Esta deliciosa novela, practicamente a única en sentido estrito que a autora publicou ata a data, é «autobiográfica na forma, que non nos contidos», como comenta ironicamente a mesma Alice Munro. Neste texto, traducido por primeira vez ao castelán, están xa todo o talento, a ironía, o modo tan peculiar de ver a realidade que distinguiu a obra posterior da Nobel canadiense.

RESCATANDO DOS ANDEIS : Catro que se agochaban moi caladiños nas estanterías de narrativa galega: un dos éxitos editoriais da narrativa galega actual, dous libros clásicos da literatura galega, pero non dos “primeiros espadas” que aparecen sempre citados nos libros de texto e, por último, unha tradución ao galego da única obra dun escritor francés. Vaiamos por orde desfollando este curioso ramallete: Resistencia (2002), Rosa Aneiros, Vigo, Ed. Xerais: Trátase dunha novela ben cumprida de 299 páxinas que conta unha historia de amor e revolución durante a longa ditadura de Salazar en Portugal e os anos previos e posteriores á Revolución de Abril (1974). Rosa Aneiros consegue engaiolarnos nunha novela moi ben ambientada historicamente que fala de opresión política e soños de liberdade individuais e colectivos. Pé das burgas (2002 [1896]), Francisco Álvarez de Nóvoa, A Coruña, Biblioteca Galega, Ed. La Voz de Galicia: Trátase dun dos primeiros intentos de narrativa galega literaria, cando aínda se dubidaba se era posible contar algo en galego máis alá da anécdota chocalleira. O autor dános un conxunto de 25 relatiños ambientados no mundo tradicional galego, sen caer no costumismo simplón e conseguindo tramas breves pero con tensión dramática protagonizadas por personaxes dotados de gran dignidade humana.

Cara a Times Square (1989 [1980]), Camilo Gonsar, Vigo, Ed. Xerais: a narración preséntase co artificio dun relato en inglés atopado casualmente polo tradutoreditor implícito que ten moito coidado e marcar diferenzas co autor descoñecido. No relato cóntase o sucedido, falado ou soñado durante unha estraña noite en que dous descoñecidos se atopan en Nova York e, deambulando sen un obxectivo concreto, comparten experiencias e reflexións.

O gran Meulnes (1988 [1913]), Alain Fournier, Vigo, Colección Xabarín, Ed. Xerais: Estamos diante da única e misteriosa novela dun escritor francés que morreu moi novo na 1ª Guerra Mundial. Nela cóntase a fascinación do narrador por un estraño rapaz uns anos máis vello ca el e as aventuras en que este se ve envolto. No fondo, naturalmente, está o problemático paso da infancia á madurez.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.