No Tinteiro 20

Page 1

VOLUME 20, NÚMERO 1

FEBREIRO 2020

NO TINTEIRO

BOLETÍN DA BIBLIOTECA / FACULTADE DE CIENCIAS DA EDUCACIÓN / UDC

Neste volume NOVOS CURSOS PARA ALUMNADO E PDI 7ª ED. NORMAS APA EXPOSICIÓNS ARTÍSTICAS NÉBEDA

DE BOA TINTA O QUE CHEGA Comezamos este 2020 con novas actividades e proxectos. Continuaremos as tarefas de formación para alumnado de Grao e de TFG, coa vontade de que todas as persoas que estean matriculadas na nosa facultade podan, se así o precisan, acadar os coñecementos e coñecer as ferramentas básicas para a realización de calquera traballo académico. Tamén ofertamos cursos para alumnado de doutoramento e PDI.

Informamos tamén dalgunhas novidades relacionadas coa investigación nas áreas da educación, entre elas, a recente publicación, en inglés, da 7ª edición das normas APA. Realizamos un resumo cos principais cambios. Lembramos que calquera que o desexe pode solicitar axuda para a elaboración de citas e referencias bibliográficas e consultar a guía realizada pola biblioteca.

Neste cuadrimestre teremos tres interesantes e variadas propostas artísticas: Manolo Graña presentará, durante os meses de xaneiro e febreiro, unha serie fotográfica sobre danza; as tintas e acuarelas de Xulio García Rivas estarán expostas en marzo e abril; e Rosa Catoira, artísta plástica, amosará as súas obras en maio e xuño. O espazo expositivo é a Sala Xohana Torres, no andar -2 da biblioteca.

BIBLIOTECA / FACULTADE CIENCIAS DA EDUCACIÓN


NO TINTEIRO 20.1

VOLUME 20, NÚMERO 1

PÁXINA 2


NO TINTEIRO 20.1

No mes de decembro foi difundida outra convocatoria na que se podían anotar tanto alumnado ge grao como de TFG e TFM, unha re-pesca de 4 horas presenciais, á que unicamente asistiron 5 persoas. Gustaríanos contar coa colaboración do ALUMNADO DE GRAO profesorado para a difusión en aulas destes curso, que consideramos No último cuadrimestre de ano imprescindible para a elaboración de lanzamos unha primeira oferta calquera traballo de aula. formativa para alumnado de Grao, o Neste segundo cuadrimestre será noso Kit de supervivencia no Grao (5 formado todo o alumnado de educación horas en quendas de mañá e de tarde). infantil e primaria de primeiro, durante Estaba divididao en módulos que cada as primeiras semanas de febreiro. quen podía combinar como precisar. No Dolores Cotelo Guerra, como cada ano, entanto, quizáis por ser promocionado a cederá horas de docencia para que principios de curso, non acadamos un poidan ser realizados, esixindo os número alto de inscricións. Foi coñecementos acadados nos traballos promocionado na web, nas redes que lles marca. Igualmente, o alumnado sociais, en cartaces polo centro, na de segundo curso de educación social, pantalla de difusión de novas da asistirá aos cursos nas horas cedidas facultade e contamos, igualmente, para por Begoña Rumbo. a súa difusión con profesorado que o O contido deste curso de inicio será: incluíu no seu Moodle. 1. A procura bibliográfica. Como facer As persoas que o realizaron cumpliron unha procura sinxela nas fontes as súas espectativas e hoxe, usuarias básicas: Catálogo da biblioteca, asíduas, consúltannos todas aquelas Google Scholar e Dialnet. dúbidas que lles xorden á hora de citar 2. Evitar o plaxio: coñecer as normas documentos para os seus traballos. APA, citar e referenciar.

CURSOS FORMATIVOS

VOLUME 20, NÚMERO 1

3. Creación de pósters para presentar un traballo académico: cuestións a ter en conta, organización e ferramentas útiles. Os cursos serán na aula multimedia ou na aula na que o alumnado ten clase e terán unha duración de hora e media. Se alguén precisa formación para o seu alumnado en busca de información (sinxela ou avanzada, fontes nacionais ou literatura internacional), citas e referencias con formato APA, xestores bibliográficos, presentacións, pósters, etc. pode contactar con nós.

Saber onde atopar a información e como usala. Ese é o segredo do éxito — ALBERT EINSTEIN

PÁXINA3


NO TINTEIRO 20.1

CURSOS FORMATIVOS ALUMNADO DE TFG

Xestión de información, datos e contidos dixitais utilizando xestores bibliográficos.

2. Utilizar as TICS para a creación, comunicación e publicación da información.

Utilizar xestores bibliográficos Durante o mes de febreiro realizaremos para citar e crear bibliografías. diferentes quendas de formación no Creación de presentacións curso Competencias informacionais e dinámicas utilizando dixitais para o acceso e xestión da programas da rede. información académica para o Manexar xestores de edición alumnado de TFG. Trátase dunha de imaxes. formación semipresencial, con parte dos contidos en Moodle. As sesións 3. Facer uso ético da información e evitar o plaxio. presenciais serán de 4 horas e centraranse na parte práctica. Dereitos de autor/a e licenzias

Ao finalizar o curso o alumnado será competente para: 1. Identificar, localizar, obter, almacenar, organizar e analizar información dixital, avaliando a súa finalidade e relevancia para a realización do TFG. Navegación, busca e filtrado de información, datos e contidos dixitais Avaliación de información, datos e contidos dixitais con espírito crítico.

VOLUME 20, NÚMERO 1

Utilizar imaxes con licenza da rede Prazo e lugar de matrícula: ata o 7 de febreiro na Biblioteca. Horarios (elixir quenda): Quenda de mañá (10-14 h): 14 e 21 de febreiro Quenda de tarde (17-21 h): 17 e 24 de febreiro Lugar de realización: Aula multimedia Os cursos serán impartidos por Inma Doval Porto (quenda de mañá) e Chus García García (quenda de tarde), bibliotecarias.

ALUMNADO DE TFM Parte do alumnado que está preparando o seu TFM realizou xa os cursos que impartimos no último cuadrimestre do ano. Se alguén non puido asistir ten agora a opción de incorporarse aos que ofertamos para alumnado de TFG, xa que o programa é moi similar. Outra alternativa é formar un grupo e solicitarnos un curso específico.

PARA TODOS OS PÚBLICOS Continuamos cos nosos #cafés(in)formativos, aos que se pode apuntar calquera persoa. Repetiremos o dedicado a Refworks, por ser o xestor bibliográfico que a UDC ten subscrito e o máis utilizado pola comunidade universitaria. Podedes solicitar un #café(in)formativo (30 minutos) ou un #almorzo_con_proveito (até 2 horas) sobre calquera necesidade "bibliotecaria" que teñades: procuras de información, xestores bibliográficos, redes sociais dixitais, buscadores académicos, avaliación da produción científica, creación de póosters académicos/científicos, etc. PÁXINA 4


NO TINTEIRO 20.1

CURSOS FORMATIVOS EN COLABORACIÓN CO CUFIE Dentro do plano de formación da Biblioteca en colaboración co CUFIE, ofrecemos cursos para alumnado de doutoramento e PDI. Son formacións semipresenciais, de 12 horas de duración. ALUMNADO DE DOUTORAMENTO: Como buscar e usar a información para elaborar a tese de doutoramento. 12 horas (6 h teóricas en liña e 6 h presenciais). Parte teórica en liña: do 3 de febreiro ao 2 de marzo de 2020 Obradoiros: do 3 ao 31 de marzo (acordarase a data coa biblioteca)

VOLUME 20, NÚMERO 1

PDI: Obxectivos: Coñecer os servizos que a biblioteca ofrece ao alumnado de doutoramento para axudalos na súa investigación e na elaboración da súa tese de doutoramento. Citar correctamente as fontes consultadas na elaboración da tese de doutoramento e usar xestores de referencias bibliográficas para organizalas. Identificar, localizar e usar os principais recursos de información que ofrece a biblioteca, particularmente aqueles especializados nas áreas de coñecemento onde desenvolven a súa investigación. Facilitar estratexias para realizar buscas de información avanzadas e poder avaliar a información obtida. Coñecer as boas prácticas para a busca, uso e a xestión dos datos de investigación. Coñecer os pasos para incorporar a tese de doutoramento en acceso aberto no Repositorio da Universidade da Coruña (RUC).

Estratexias para incrementar a visibilidade e o impacto dos resultados da investigación. 12 horas (6 h teóricas en liña e 6 h presenciais). Parte teórica en liña: do 1 ao 30 de abril de 2020 Obradoiros: do 4 ao 29 de maio (acordarase a data coa biblioteca) Obxectivos: Motivar o profesorado da UDC a ter unha perspectiva profesional activa na rede que reflicta, de forma precisa, as súas actividades e investigacións. Promover o uso de boas prácticas á hora de crear unha identidade inequívoca como autor/a e investigador/a. Informalos dos recursos específicos para a creación de perfís identificativos que faciliten a súa visibilidade nas bases de datos e na rede. Facilitarlles estratexias para a visibilidade das súas publicacións científicas.

PÁXINA5


NO TINTEIRO 20.1

APA 7ª ED CAMBIOS En outubro de 2019 publicouse a 7ª edición en inglés das normas APA. Non se sabe cando será a súa publicación en español. Con esta nova versión chegar tamén un cambio na web, que incorpora unha guía de estilo (normas APA e JARS - Journal Article Reporter Standars) moi práctica e algúns recursos útiles https://apastyle.apa.org/ Os cambios máis significativos son analizados en profundidade por Aparicio e Codina (2019): Eliminación do lugar de publicación Non é preciso engadir o texto "Recuperado de" antes da url. Non debemos poñer o tipo de versión (Kindle, pdf) nos libros electrónicos. Os dois van cunha url de doi https://doi.org/10.1891/08898391.22.4.366, non como antes DOI: Podemos incluír até 20 atoras/es nunha referencia bibliográfica. Engádense pautas para citar os novos documentos multimedia, con moitos exemplos.

VOLUME 20, NÚMERO 1

Flexibilidade para escoller tipo de fonte no texto (Calibri 11, Arial 11, Lucida Sans Unicode 10, Times New Roman 12 y Georgia 11) Capítulo específico para linguaxe inclusiva. Inclúe unha nova sección dedicada ás JARS, unha guía de boas prácticas na investigación científica, os estándars a seguir na elaboración de artigos científicos.

Aparicio, D. (2019). Normas APA 7.ª edición: 12 cambios que debes conocer. Recuperado de https://www.psyciencia.com/12-cambios-normas-apa-7edicion/ Codina, L. (2019). Normas APA y JARS en versión digital: estándares para una comunicación académica efectiva e inclusiva. Recuperado de https://www.lluiscodina.com/normas-apa/

PÁXINA6


NO TINTEIRO 20.1

NÉBEDA CLUB DE LECTURA E ENCONTROS LITERARIOS

VANESA SOTELO Nome: Bonita

13 de febreiro | 16 h | Sala Xohana Torres Teatro Dramaturga e actriz. Periodista e pedagoga. Autora da obra.

ROSALÍA FERNÁNDEZ RIAL Ningún amante sabe conducir 26 de marzo | 16 h | Sala Xohana Torres Poesía Licenciada en Filoloxía e Doutora en didáctica das linguas e expresión dramática. Escritora e actriz. Autora da obra. Arquivo AELG-Colectivo Xermar CC BY-SA 3.1

SUSO DE TORO Fóra de si

14 de maio | 16 h | Sala Xohana Torres Narrativa Licenciado en Arte Moderna e Contemporánea. Escritor e docente. A. Navarro [CC BY-SA 3.0)

VOLUME 20, NÚMERO 1

PÁXINA7


NO TINTEIRO 20.1

NÉBEDA CLUB DE LECTURA E ENCONTROS LITERARIOS

ALBERTO S. SANTOS A Arte de Caçar Destinations Amantes en Buenos Aires

23 de abril | 16 h | Sala Xohana Torres Narrativa en portugués.

Alberto S. Santos é escritor, avogado e conferencista. Autor de bestsellers de ficción histórica como: A Escrava de Córdova (2008), A Profecia de Istambul (2010), O Segredo de Compostela (2013), Para lá de Bagdad (2016) e Amantes de Buenos Aires (2019). Tamén ten publicados relatos e contos como A Arte de Caçar Destinos (2017). Estará con nós acompañado de Emma Pedreira, dentro do intercambio que o noso club realiza co clube literaraio da Facultade de Engenheria da Universidade do Porto.

VOLUME 20, NÚMERO 1

PÁXINA8


NO TINTEIRO 20.1

ARTE NA BIBLIOTECA EXPOSICIÓNS

Manolo Graña defínese como "artesán da fotografía" e preséntanos unha serie fotográfica na que as relacións humanas son metaforizadas a través da danza. Imaxes tiradas dun espectáculo de danza contemporánea son o medio de que se serve o autor para amosar a complexidade das relacións entre as persoas e, máis concretamente, entre as parellas. Igualmente quer ser un relato gráfico a favor das igualdades entre xéneros e persoas.

MANOLO GRAÑA DANZA EN RELACIÓN

XANEIRO| FEBREIRO SALA XOHANA TORRES

Tempos de danzas Tempos de danzas nos que os corpos tentan conxugar o verbo amar, e non hai máis tempo, os corpos falan sós, conxugan os seus propios versos, calados. Tempos nos que somos hóspedes do abrazo e do delirio, cando a carne desaparece nos tépedos sons da tenrura, e negamos nostalxias grises. Tempos nos que non temos calendario, nen o reloxo pode co presente infindo, cando o sorriso non pide paso e a esperanza é un tempo doce que colga do ollar, e busca palabras que apreixen os sentidos máis fondos, tentando caricias que entren no poro intimo.

Cando a vida esperta despois de cada soño, precisa manter o propio camiño, a subsistencia profunda, para ser máis alo do presente precisa do espazo vital. Ás veces o corpo vive a potencia dun abrazo, coma paixón posuidora que rube na escuridade, coma furacán invisible. E ven o medo envolveito en paixón, e ás veces non nos sae nas conxugacións dos verbos: querer, amar, posuír, liberar, respectar, dominar. E despois seguir no enredo, entre paixóns bicos e aloumiños á busca de saídas por camiños descoñecidos, tentando aprender a conxugar os verbos de amar.

VOLUME 20, NÚMERO 1

— Manolo Graña PÁXINA9


NO TINTEIRO 20.1

ARTE NA BIBLIOTECA EXPOSICIÓNS

XULIO GARCÍA RIVAS Xulio inicia a súa formación nos anos 70 na Escola de Artes Aplicadas da Coruña. Licénciase en Belas Artes na Reial Acadèmia Catalana de Belles Arts de Sant Jordi. Desde que en 1977 realiza a súa primeira mostra individual, continuará cunha serie de exposicións nacionais e internacionais. A súa pintura está moi relacionada co expresionismo abstracto; porén, hai unha forte influencia do mundo oriental e do impresionismo, nesas luces tenues, na rapidez da pincelada no momento de captar o instante dun trebón, un xardín ou a auga. A paisaxe sempre está presente, nas manchas das tintas ou acuarelas, no esvarar do pigmento húmido no lenzo e no papel. A luz e a sombra, as cores delicadas, brancas, como un silencio musical que evita calquera son plástico des-acorde, a claridade intermitente que se filtra a través de nubeiros escuros, case negros, o gris ferido con pingas de notas cálidas, flores, follas e luzadas. Xulio preséntanos unha pintura nómada, entre a poesía e a música, viaxeira a través de xardíns, arquitecturas e da nosa costa.

TINTAS E ACUARELAS MARZO| ABRIL SALA XOHANA TORRES

mentres se sinta algunha emoción sobre unha paisaxe, un crepúsculo... a pintura non deixará de existir. — Xulio García Rivas

VOLUME 20, NÚMERO 1

PÁXINA 10


NO TINTEIRO 20.1

ARTE NA BIBLIOTECA EXPOSICIÓNS

ROSA CATOIRA PINTURA

MAIO| XUÑO SALA XOHANA TORRES

Licenciada en Belas artes, especialidade escultura, ten ademais estudos de deseño de moda e un mestrado en ICADE, o que lle abre as portas do mundo empresarial, do deseño gráfico, marketing e publicidade en Madrid. Despois de anos fóra da súa Galicia natal regresa agora á Coruña cunha chea de iniciativas creativas. Expón desde 1992 en distintas salas nacionais, a última, Nexos, en diálogo con Michael Martin, na sala do COM da Coruña. Tamén participa en varios proxectos artísticos como Cara a Cara na Fundación Luís Seoane ou EXIT, no espazo Normal (UDC). A obra de Rosa denota gran vitalidade, cunha pintura de pincelada rápida e expresiva na que dominan as cores negras e encarnadas como símbolo de dor e paixón.

Su obra y su vida se mezclan en cada pieza, sacando lo más visceral y vital del ser humano. Collage, pintura y escultura para verbalizar no solo con palabras aquello que

imaxes de obra creada para a colección Andante, de Ramón Álvarez

siente, lo bueno y lo malo, sin tapujos. -Britt Es Magazine

VOLUME 20, NÚMERO 1

PÁXINA 11


www.educacion.udc.es/biblioteca nebedaclubelectura.wordpress.com/

www.facebook.com/bibliotecaeducacionUDC

@biblioeduca

es.pinterest.com/cineduca es.pinterest.com/beducacion

https://www.instagram.com/bibedu_udc

Podes consultar os números anteriores no noso blog bibeduc.wordpress.com

Biblioteca Facultade de Ciencias da Educación xaneiro 2020 www.educacion.udc.es/biblioteca As imaxes utilizadas están sometidas aos dereitos de copyright dxs autorxs.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.