No Tinteiro 19

Page 1

-19setembro-decembro 2019

FORMACIÓNS 2019

Alumnado, PDI e PAS

PUBBLONS

ferramentas gratuítas para organizar a nosa biblioteca persoal

NÉBEDA

club de lectura e encontros literarios

EXPOSICIÓNS

Emma Pedreira Pedro Incio


www.educacion.udc.es/biblioteca nebedaclubelectura.wordpress.com/

www.facebook.com/bibliotecaeducacionUDC

@biblioeduca

es.pinterest.com/cineduca es.pinterest.com/beducacion

Podes consultar os números anteriores no noso blog bibeduc.wordpress.com

Biblioteca Facultade de Ciencias da Educación xsetembro 2019 www.educacion.udc.es/biblioteca As imaxes utilizadas están sometidas aos dereitos de copyright dxs autorxs.


CONTIDOS px. 15-16 px. 4 Nova sala de traballos en grupo

px. 5-12 Formacións en competencias informacionais e dixitais da biblioteca para a comunidade universitaria.

px. 13-14 Pubblons

Nébeda. Club de lectura. Encontros literarios con escritoras e escritores actuais na nosa lingua.

px. 17 "Peceiras de creatividade" Mito re-creado: lobishome/lobismuller na literatura e no cine. Mostra bibliográfica.

px. 18-23 Arte na Biblioteca O Fotógrafo / Emma Pedreira Rexistros / Manoel Bonabal Barreiro Flaubert na Coruña / Pedro Incio Piñeiro

NO TINTEIRO | PÁXINA 3


NOVO ESPAZO DE TRABALLOS EN GRUPO

SALA CHANO PIÑEIRO

A Biblioteca conta agora con tres salas de traballo en grupo: Sala Elvira Bao, Sala María Barbeito e sala Chano Piñeiro. Esta última está dispoñible desde abril e conta con 18 postos de traballo distribuídos en tres mesas. Tentamos adaptar os nosos espazos ás necesidades da comunidade universitaria, neste caso do alumnado que precisa cada vez máis lugares nos que poder realizar un traballo colaborativo. A aula dispón dunha parede de corcho para illar da humidade, o frío e o ruído do traballo simultáneo de varios grupos. Convive o espazo coa sección de cine, con posibilidade de proxectar filmes nunha das paredes.

NO TINTEIRO | PAXINA 4


A adquisición de competencias dixitais é unha necesidade para

FORMACIÓNS BIBLIOTECA

DA

ALFIN

a aprendizaxe nos actuais sistemas de ensino universitario e no marco da Europa do coñecemento; son ademais competencias claves para a aprendizaxe permanente e para a participación nunha sociedade cada vez máis dixitalizada. Comezamos o curso 2019/2020 e con el a adquisición de novos coñecementos, competencias e destrezas. Na Biblioteca avanzamos con vós, axudámosvos a buscar e xestionar a información que precisades .

Ofertamos cursos de formación en Competencias Informacionais para todo o alumnado e tamén para o PDI que o precise. O calendario de cursos irase ampliando ao longo do curso, tanto con formacións programadas por nós como con outras que vós queirades realizar. Temos para todos os gustos: presenciais e en liña, express cun café, para aquelas persoas que dispoñan de pouco tempo, e sesións máis estensas para quen queira afondar nalgún tema ou aprender a buscar e xestionar a información para calquera traballo (académico ou de investigación); ofrecemos tamén un kit de supervivencia para alumnado de Grao, con módulos dunha hora cada un. En ocasións os cursos son realizados en colaboración con docentes do centro ou co Cufie. Infórmate na Biblioteca de todas as posibilidades e das opcións de acadar algún certificado.

NO TINTEIRO | PAXINA 5


PLANO DE FORMACIÓN EN COMPETENCIAS DIXITAIS DA BIBLIOTECA UNIVERSITARIA SETEMBRO/DECEMBRO 2019

NO TINTEIRO | PÁXINA 6


NO TINTEIRO | PÁXINA 7


PLANO DE FORMACIÓN EN COMPETENCIAS DIXITAIS DA BIBLIOTECA UNIVERSITARIA SETEMBRO/DECEMBRO 2019 Alumnado de Grao Comezamos este curso cunha nova formación para alumnado de Grao, Kit de supervivencia no Grao, ao non dispor da hora e media para cada grupo coa que contabamos no curso anterior, cedidas estas polo profesorado dentro do PAT. As formacións para o novo alumnado pasan a ser voluntarias, así o nivel nas destrezas de procura e xestión da información á hora de realizaren os traballos de aula dependerá de se realizaron ou non ditas xornadas. O Kit de supervivencia no Grao consta de cinco módulos dunha hora cada un, que se poderán combinar ao gusto de cada quen. Ofrecémolos en quenda de mañá e de tarde:

· Procura de información básica 23/27 setembro Procura de información avanzada 23/27 setembro Uso ético da información. Como citar e referencia segundo estilo da APA 23/27 setembro Organizar a información 7/11 outubro A defensa. Presentacións 7/11 outubro

Nestas formacións trataranse os seguintes aspectos: recursos e destrezas para a procura de información co obxectivo de elaborar calquera traballo académico, como citaren e referenciaren segundo o estilo da APA e a utilización dun xestor bibliográfico en liña, Refworks, ferramentas útis para crear presentacións ou posters. O alumnado que asista terá unha maior destreza á hora de elaborar os seus traballos académicos xa que terá coñecementos do estilo de cita da APA e coñecerá unha das mellores ferramentas para a xestión das súas referencias e documentos.

Ademais o día 9 de setembro haberá unha presentación da Biblioteca no Salón de actos, no que se amosarán os principais recursos e servizos que esta ofrece, o calendario de cursos de formación, así como unha iniciación á procura no catálogo. Complementarase con visitas guiadas o día 10.

O alumnado de Grao tamén poderá asistir aos Cafés(in)formativos que realiza o persoal da biblioteca, nos que se tratan aspectos relacionados coa procura e a xestión da información. No entanto, calquera docente pode solicitar unha formación específica para o seu alumnado en calquera das competencias informacionais ou dixitais necesarias para o desenvolvemento do traballo de aula. Insistimos en que estas formacións son moito máis produtivas se se fan dentro da materia, de asistencia obrigada e se despois se poñen en práctica os coñecementos adquiridos nos traballos de aula. Detectamos como este ano o alumnado estaba moito máis formado e acudían á Biblioteca con dúbidas con respecto á cuestión de plaxio e citas en estilo APA, xa que tiñan esa formación previa.

NO TINTEIRO | PÁXINA 8


PLANO DE FORMACIÓN EN COMPETENCIAS DIXITAIS DA BIBLIOTECA UNIVERSITARIA SETEMBRO/DECEMBRO 2019

Alumnado de TFG Continuamos un ano máis coas formacións para alumnado matriculado no TFG, en colaboración co vicedecanato de Organización académica. Realizaranse dúas convocatorias ao longo do curso. A primeira será no mes de outubro, para quen o presente en xaneiro, e a segunda será en febreiro para quen o presente en xuño e xullo. Son formacións de procura máis avanzada, utilizando operadores booleáns e tesauros, nas que se incorporan fontes de cobertura internacional. Tamén se explican os xestores de referencia, cuestións relacionadas coas licenzas de uso de imaxes, evitar o plaxio, aspectos éticos referidos a datos, imaxes e entrevistas, o RUC e aspectos avanzados da normativa APA. Amósanse tamén ferramentas útis para traballar na nube e realizar presentacións. A oferta inicial é de 4 cursos, dous en quenda de mañá e dous de tarde: 21 e 28 de outubro de 17 a 21 horas, 25 de outubro e 8 de novembro de 10 a 14 horas.

Os cursos son semi-presenciais, con 4 horas en aula e apoio en Moodle. Nelas apréndese o alumnado a faceren procuras complexas nas bases de datos científicas e noutras fontes de información, evitaren o plaxio e no manexo de tesauros, e xestores bibliográficos para a creación de citas e referencias segundo o estilo da APA. Ofrecemos un asesoramento persoal durante e despois do curso, con axuda na revisión bibliográfica. Terán lugar na aula multimedia e serán impartidos por Chus García García e Inma Doval Porto.

Alumnado de TFM As formacións para alumnado de TFM realízanse en colaboración co profesorado que coordina cada Mestrado. O programa é similar ao do alumnado de TFG pero as fontes de información amplíanse e preséntanse recursos de procura de datos de investigación. Tanto as formacións para TFG e TFM son semipresenciais, xa que poden seguir parte dos contidos en liña, a través da plataforma Moodle. E as prácticas da parte presencial realízanse xa co traballo específico que están a realizar.

NO TINTEIRO | PÁXINA 9


PLANO DE FORMACIÓN PARA ALUMNADO DE DOUTORAMENTO E PDI SETEMBRO/DECEMBRO 2019

A Biblioteca ten unha ampla oferta, que se adapta a todas as necesidades e horarios.

Avaliación do impacto da actividade investigadora: acreditación ANECA e ACSUG (29 de novembro) Curso presencial de tres horas de duración. Presentaranse os criterios de avaliación da ANECA e ACSUG e as fontes ás que acudir para localizar o impacto e calidade das nosas publicacións. Prazo e lugar de matrícula: ata o 22 de novembro na Biblioteca. Lugar e data de realización: 29 de novembro na aula multimedia ou no gabinete de proceso técnico da Biblioteca.

Formacións individuais En calquera momento podes solicitar unha formación específica nalgún recurso (base de datos, fontes de acceso aberto, xestor bibliográfico, fontes para avaliación científica, métricas alternativas, etc.). Buscaremos un tempo que se adapte ao teu horario.

Seminarios en grupo Calquera departamento, grupo de investigación, grupo de colegas, pode solicitar algún seminario formativo nunha ou varias sesións. A Biblioteca ten varias propostas, porén nos adaptamos a outras necesidades: 1. Alén dos buscadores académicos: buscadores científicos + ferramentas de descoberta + análise métrico 2. Como publicar con impacto 3. Xestores de información 4. Redes sociais para investigadoras/es 5. Localización de datos de investigación e creación dun plan de xestión de datos 6. Creación dun perfil de investigador/a 7. Avaliación da produción científica

NO TINTEIRO | PÁXINA 10


PLANO DE FORMACIÓN PARA ALUMNADO DE DOUTORAMENTO E PDI SETEMBRO/DECEMBRO 2018

Continuamos agora con :

REFWORKS: Xestor de referencias bliográficas contratado pola UDC. Permite importar e

#Cafes(in)formativos

exportar citas desde bases de datos científicas, catálogos, webs, buscadores académicos, repositorios, etc; gardar documentos, editalos,

Estas formacións están dirixidas a

engadir notas e comentarios; compartir as

alumnado, PAS e PDI, calquera pode

referencias e documentos con colegas;

anotarse. Realízanse na sala de proceso

formatear citas e bibliografías dun xeito

técnico, que conta cun pequeno espazo

automático no estilo da APA, en calquera

para formación.

traballo. 14 de novembro.

Teñen unha duración aproximada de 20

MENDELEY: Xestor bibliográfico gratuíto, con

minutos.

prestacións similares a Refworks, mais con outras

Realizaremos, aproximadamente, unha

opcións de interese para a

cada mes

investigación: buscador de documentos científicos, buscador de datos de

PUBBLONS: Ferramenta que nos permite

investigación, rede social de

crear un perfil de investigador/a e incluír

investigación, opcións de ofertas de emprego e

as nosas revisións por pares. 14 de

procura de bolsas para proxectos de

outubro.

investigación. 12 de decembro.

NO TINTEIRO | PÁXINA 11


SERVIZO DE ASESORAMENTO A INVESTIGADORAS/ES (INDIVIDUAL E GRUPOS DE INVESTIGACIÓN)

Na biblioteca ofrecemos asesoramento en cuestións relacionadas tanto co traballo de aula como co de investigación. Algúns dos aspectos nos que vos podemos axudar son:

Avaliación e difusión da produción científica

Elaboración de índices bibliométricos para ANECA e ACSUG Apoio na procura de revistas para publicar con impacto

Formación e apoio na utilización de repositorios institucionais (RUC), nas procuras bibliográficas especializadas e de datos de investigación e na xestión bibliográfica

Apoio en cuestións de propiedade intelectual e licenzas.

Tipo de materiais que podedes utilizar nas aulas (películas, textos, música) e nos traballos de investigación (fotografías) e onde os podedes localizar. Como crear documentos con licenzas creative commons.

Co-edición de contidos

Programas para editar e modificar imaxes Ferramentas para a creación de presentacións e pósters Plataformas con opcións de elaboración de vídeo-leccións breves Ferramentas para traballar na nube Creación de entradas na Wikipedia e na Galipedia (perfil de autor/a ou entradas colaborativas co alumnado – sobre temas da materia, mulleres destacadas nunha área-)

NO TINTEIRO | PÁXINA 12


RESEARCHERID INTÉGRASE EN PUBLONS

PUBBLONS En 2107 a empresa Pubblons, creada en 2012 por Andrew Preston e Daniel Johnston, é adquirida por Clarivate Analytics, empresa que xa absorbera a Thompson&Reuters. En abril de 2019 o perfil ResearcherId intégrase en Pubblons. Conta con perto de 300.000 usuarias/os que participan na investigación e revisión de unhas 25.000 revistas. A súa importancia radica na visibilidade da revisión científica, xa que o seu punto forte é que nesta plataforma teñen perfil editoras, revistas e revisores, polo que cada investigador/a pode engadir, amais da súa actividade investigadora, as súas revisións. Así o noso perfil será máis completo e nel amosarase o impacto da nosa investigación, poderemos facer un seguimento dos rexistros verificados no noso rexistro de revisión por pares, así como do traballo de edición de revistas. Manterase o número de ResearcherID e todos os enlaces que tiñamos a esta plataforma serán redireccionados á nova. Se xa dispós de conta en Publons, as dúas contas se integrarán sen perder datos. Quen non dispoña de perfil en ResearcherID ou Publons e o desexe deberá crealo xa, unicamente en Publons.

NO TINTEIRO | PAXINA 13


Que nos ofrece Publons?:

Listaxe con todas as nosas publicacións, que poderemos importar directamente desde Web of Science, ORCID, ou calquera xestor de referencias bibliográficas (EndNote, Zotero ou Mendeley)

Métricas de citas fiables con actualización automática de aquelas que esetan en Web of Science, como xa facía ResearcherID.

O noso historial verificado de revisión por pares e edición de revistas, en caso de colaborar con revistas académicas ou científicas.

Un expediente académico descargable cun resumo do impacto académico como autor/a, editor/a ou revisor/a.

Máis información en https://publons.freshdesk.com

NO TINTEIRO | PAXINA 14


Nébeda Club

de

lectura

e

2

encontros

literarios

ECTS

O club de lectura Nébeda vai medrando en lecturas, encontros e alumnado que participa. Tamén aumentan as persoas colaboradoras e comezan novos planos de intercambio e achegamento das nosas letras alén das fronteiras. Continúan os contactos coa Universidade do Porto para realizarmos proxectos comúns, entre os que está o troco de autores e autoras. Está organizado polo Servizo de Normalización Lingüística e a Biblioteca e moderado e coordinado por Inma Doval Porto. A partir das lecturas o alumnado realiza distintas actividades entre as que están lecturas performativas e outras accións, que iremos gravando e, cando sexa posible, subindo á web do club https://nebedaclubelectura.wordpress.com/ Este ano incorporamos unha nova sesión, que irá a cargo de profesorado da Universidade da Coruña que teña publicadas obras de creación literaria. Comezamos coa lectura de "Elisa e Marcela. Amigas e amantes", de Narciso de Gabriel, que estará con nós en decembro.

Logo deseñado por Roberto Suárez Brandariz

NO TINTEIRO | PÁXINA 15


PROGRAMA 2019

Achegamos a programación para os meses de outubro e decembro, lembrando que a asistencia aos encontros é libre e gratuíta, só recomendamos ter lidas as obras para podermos aproveitar máis as intervencións. Na biblioteca dispoñemos de varios exemplares das obras propostas.

23 de outubro Narrativa. Recreación do mito. Besta do seu sangue de Emma Pedreira

Obras a ler: Besta do seu sangue Relatora: Emma Pedreira Licenciada en filoloxía hispánica. Escritora e crítica literaria, autora da obra.

Instagram @Feiradolibro

decembro

Ensaio

Elisa e Marcela: amigas e amantes, de Narciso de Gabriel Fernández. Relator: Narciso de Gabriel Fernández

Narrativa. Xénero e memoria

Catedrático en Teoría da educación. Docente, escritor e autor da obra

NO TINTEIRO | PÁXINA 16


MITO RE-CREADO LOBISHOME/LOBISMULLER NA LITERATURA E NO CINE "PECEIRAS DE CREATIVIDADE" O mito do lobishome e da muller loba vén xa do mundo grecolatino desde onde se espallaría por toda Europa e América. Está , igualmente, moi presente en Galicia, recollida tanto na tradición oral como na literatura. E da oralidade e a literatura trasládase tamén ao cine. Así temos en Galicia a Romasanta, tantas veces re-creado nos diferentes discursos e desde distintas perspectivas, mais tamén á raíña Lupa, xa citada no Códice Calixtino.

A Biblioteca presenta agora unha mostra con obras literarias e cinematográficas nas que os mitos do home lobo e a muller loba son re-creados. Na literatura serán recollidos sobre todo desde a Xeración Nós até hoxe, aínda que xa antes temos algún exemplo como a obra "un destripador de antaño", de Emilia Pardo Bazán.

NO TINTEIRO | PÁXINA 17


ARTE NA BIBLIOTECA

O FOTÓGRAFO Mostra de collages e poemas de Emma Pedreira Biblioteca, espazo "en tránsito" setembro-outubro 2019

"O FOTÓGRAFO é a miña homenaxe ao fotógrafo lugués e coruñés de adopción, Vicente Lombardía Bargos, o meu avó, mais tamén a miña avoa, a miña tía e nai. Que este ollo de cristal, de tan frío, non chora, mais alimenta todo o que lle foi ficando dentro. Este herdo". (Emma Pedreira)

NO TINTEIRO | PÁXINA 18

“Todo o teu oficio foi reducirse a unhas cincuenta fotos dentro dunha caixa. A nosa historia familiar está nos álbumes, ordenadiña, Aqueles sorrisos dos que aínda gardamos o nome. As datas por detrás escritas con letra pausada” (Emma Pedreira)


“O fotógrafo, de neno, estreara os ollos atrás dun cristal, daí a súa medida das cousas, daí que atirase fotos e sentencias, daí a súa imaxinación facendo de todo algo inmóbil e resistente ao tempo. Como os ósos nas beiravías, como as balas entre os parietais” (Emma Pedreira)

Cando en 1997 o fotógrafo Vicente Lombardía morre na súa casa da Coruña, pérdese unha enorme parte do seu traballo profesional. Anos antes, o seu estudo fotográfico da Rúa Rego de Auga tiña pechado por xubilación. El mesmo destruiu ou regalou gran parte da súa obra e materiais fotográficos. Unha caixa de cartón descuberta pola familia, gardaba agochado un álbume cunhas cantas fotos persoais desordenadas. As máis delas eran da época na que aprendeu o oficio de fotógrafo, facendo o servizo militar no bando nacional cando a Guerra Civil Española. Sendo só un adolescente, aprendeu na guerra a disparar a súa cámara para retratar persoas, lugares e momentos. Vinte anos máis tarde, esas poucas ducias de fotografías que ficaron silenciadas e sen historia, toman voz a partir dos poemas da súa neta, a poeta Emma Pedreira (Lombardía), que compila e trata de darlle unha historia de fondo á historia que quedou sen rematar. En homenaxe ao seu avó e, á súa vez, a toda a súa familia, estes trece collages e oito poemas que conforman O FOTÓGRAFO como material expositivo arredor das fotografías de Lombardía, conforman un álbume familiar cifrado no que atoparse intimamente e unha exhibición da parte máis cruenta e silenciada da nosa historia.

NO TINTEIRO | PÁXINA 19


Emma Pedreira é licenciada en Filoloxía hispánica, poeta e narradora. Ten acadado numerosos premios literarios pola súa obra, entre os que está o Premio Johán Carballeira (1998 e 2000), por Diario bautismal dunha anarquista morta e Velenarias; o Premio de poesía Fiz Vergara Vilariño no 2018, por As voces ágrafas ou o Premio Xerais de novela en 2018, por Besta do seu sangue. Con doce libros de poesía, seis de narrativa, publicacións infantís e xuvenís e numerosas colaboracións en obra colectiva, é unha das autoras galegas de maior traxectoria literaria na actualidade. Forma parte da plataforma de crítica literaria A Sega, é así unha das segadoras que loitan por unha crítica feminista e que tire da sombra ás mulleres das letras. Con esta mostra podemos coñecer tamén outra das súas linguaxes, a plástica, que nos achega en forma de collage á memoria da autora, á do seu avó e, con ela, a toda unha lembranza colectiva, a que chega a través dos ollos de quen olla trala cámara e deixa a súa pegada feita luz, imaxe de nós.

NO TINTEIRO | PÁXINA 20


ARTE NA BIBLIOTECA

Manoel Bonabal Barreiro Rexistros Biblioteca, Sala Xohana Torres" outubro 2019

"Rexistros" ... de anotacións nas libretas de instantes e fixación na memoria escrita da que tirar nalgún momento (que logo non fago nunca)

NO TINTEIRO | PÁXINA 21


NO TINTEIRO | PÁXINA 22


Manoel Bonabal nace en Compostela, onde vive e crea na actualidade. Estudou na Escola de Artes e Oficios Mestre Mateo e formouse tamén no estudo de escultura do seu pai, Manuel Barreiro Moratalla.

Manoel é un artista polifacético (pintura, escultura, gravado...) e é un dos principais expoñentes da arte postal, movemento en que non só participa, senón que é o impulsor de multitude de convocatorias e obradoiros. A figura humana, illada ou en grupo, é a protagonista nos lenzos, así como das acuarelas rápidas que realiza nos cafés e nas viaxes. Manoel sempre vai acompañado da súa saca de cores, disposto a retratar todo aquilo que o rodea.

Ten realizadas numerosas exposicións e a súa obra está presente nos fondos do Museo do gravado á Estampa Dixital (Artes-Ribeira. A Coruña), Concello de Sada, Pousadas de Portugal, Centro Arzuano Melindense (Buenos Aires-Arxentina), Xunta de Galicia (colección permanente Casa Galicia -Madrid-), Aspanaes Coléxio Duques de Lugo-Santiago de ), Museo Pinacoteca de Arte Contemporáneo de Zarzuela del Monte-Segovia, entre outras.

NO TINTEIRO | PÁXINA 23


Flaubert na Coruña Sala Xohana Torres. Novembro-decembro 2019 “ La historia de Bouvard y de Pécuchet es engañosamente simple. Dos copistas —cuya edad, como la de Alonso Quijano, frisa con los cincuenta años— traban una estrecha amistad: una herencia les permite dejar su empleo y fijarse en el campo; ahí ensayan la agronomía, la jardinería, la fabricación de conservas, la historia, la mnemotecnia, la literatura, la hidroterapia, el espiritismo, la gimnasia, la pedagogía, la veterinaria, la filosofía y la religión: cada una de esas disciplinas heterogéneas les depara un fracaso; al cabo de veinte o treinta años, desencantados…, encargan al carpintero un doble pupitre, y se ponen a copiar, como antes.” (Borges, 1977)

A mostra Flaubert na Coruña, fai parte dunha serie que leva por título Instruír deleitando e que vai pola súa novena edición, estando as anteriores dedicadas a Benjamin, Nabokov, Benet, Warburg, Bataille, Vargas Llosa, Hitchcock e James. Son todos eles autores de referencia de Pedro Incio e, con eles e a súa obra, establece un diálogo fotográfico no que, asemade, deixa pegada das súas viaxes. Momentos, retallos de vida ou pequenos espazos retidos na memoria, regresan agora na imaxe fotográfica, da retina trasládanse ao papel, como antes fixera a palabra na creación dos seus autores. É así como nos achega Pedro a Flaubert, desde a súa ollada inqueda, pasaxeira entre camiños, cafés, xardíns, prazas e mercados de Normandía, París, Le Havre ou Ruen, lugares nos que aniñan materia e espírito de Emma, Salammbó, Frédéric, Bouvard e Pecuchet.

NO TINTEIRO | PÁXINA 24


PEDRO INCIO PIÑEIRO Natural da Coruña, é Licenciado en Historia de América pola Facultat de Geografía e Historia de la Universitat Central de Barcelona, cursando posteriormente a especialidade de Historia da Arte na Universidade de Santiago de Compostela. Actualmente é bibliotecario, xefe do Servizo de Biblioteca da UDC e profesor asociado na Area de Documentación do Departamento de Humanidades de la Universidade da Coruña.

Flaubert é un escritor minimalista, o maior dos Barteblys. El prefería non facelo, no entanto escribiu toda a súa vida. Ao final o seu soño era chegar a facer unha novela que non tratase de nada. Por iso a segunda parte de Bouvard e Pecuchet vai sobre iso, nada, unha nada que representa a estupidez humana. Só escribiu cinco libros, mais a BNE ten 500 rexistros de libros do escritor e a BNF máis de 1.500. O mesmo número de libros que, por certo, consultou para preparar Bouvard e Pecuchet. Escribiu unicamente cinco novelas, foi pouco prolífico porén, moi traballador. Escribiu durante toda a súa curta vida, pois morreu aos 59 anos. É famosa a súa frase: “Hoxe traballei todo o día, na mañá puxen unha coma, na tarde tireina” Os seus libros son Madame Bovary, Salambó, A educación sentimental, A tentación de San Antonio e Tres contos (Un corazón sinxelo, A lenda de San Julián o hospitalario e Herodías); e unha obra póstuma, Bouvard e Pécuchet. Ten tamén algunhas obras menores: unha segunda parte de Bouvard e Pécuchet, titulada Dicionario de ideas preconcibidas, ás veces de tópicos; ademais, ten un libro de contos románticos titulado Memorias dun tolo; unha novela xuvenil, Novembro: Fragmentos dun estilo calquera; e algunha obra de teatro, como Castelo dos corazóns. Por fin, de forma póstuma, editáronse as súas cartas, os seus libros de viaxes, e algunha novela que non quixera publicar, como A primeira educación sentimental, que coa editada en 1869 só comparte o título e un certo aire de novela de aprendizaxe. (texto de Pedro Incio sobre Flaubert).

NO TINTEIRO | PÁXINA 251


Acompañan ás imaxes citas ás obras de Flaubert realizadas por outros autores como Navokov, Yourcenar, Proust, Borges ou Foucault. A exposición de fotografías compleméntase cunha mostra bibliográfica nas vitrinas da entrada da biblioteca, onde se amosan diferentes edicións das obras do autor dispoñibles na biblioteca ou procedentes da colección particular de Pedro Incio. A seguir unha relación das súas obras na edición orixinal:

Rêve d'enfer (1837) Mémoires d’un fou (1838) Smarh (1839) Novembre (1842) Madame Bovary(1857) Salammbô (1862) L'éducation sentimentale (1869) Le candidat (1874) La tentation de Saint Antoine (1874 Trois contes (1877): Un cœur simple, La Légende de saint Julien l'Hospitalier, Hérodias Le Château des cœurs (1880) Bouvard et Pécuchet (1881) Par les champs et par les grèves (Voyage en Bretagne), avec Maxime Du Camp (1886) À bord de la Cange (1904) Dictionnaire des idées reçues (1911) Souvenirs, notes et pensées intimes (1965, póstuma) Album, annoté par Jean Bruneau et Jean A. Ducourneau (1972, póstuma)

“Referencias bibliográficas Borges, J.L. (1977). Jorge Luis Borges en “Discusión”. El cuento: revista de imaginación, 12(77), 398

NO TINTEIRO | PÁXINA 26


Biblioteca Facultade de Ciencias da Educaciรณn setembro 2018 www.educacion.udc.es/biblioteca nebedaclubelectura.wordpress.com/


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.