21 febreiro 2014 - BD Nº93

Page 1

Entrevista a Claudia Aponte, xogadora do Pabellón HOCKEI

Páx. 2-3

NATACIÓN

Páx.4

O deporte vívese nos Remedios

As instalacións deportivas dos Remedios acolleron o Campionato de España de hockei sala e o Campionato galego de natación infantil e júnior./R.T.

Número: 93- Ano: VI - 21 de febreiro de 2014 - Depósito Legal: OU 185-2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta - www.barriosdeportivo.com BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 7 de marzo. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190.


BARRIOS DEPORTIVO 21 de febreiro de 2014

HOQUEI

A Complutense, campioa de España de hoquei sala O equipo da Complutense coa copa de campión de España de hoquei sala./IÑAKI OSORIO.

4 O conxunto madrileño conseguíu o cetro nacional en Ourense. R. Torres A Complutense proclamouse campioa de España de hoquei sala. Conseguíu o cetro nacional na fase final disputada no anexo do pavillón municipal dos Remedios. Por parte da representación ourensá, o Albor foi cuarto e o Barrocás, quinto. Antes de que os dous mellores clubs xogaran a final, a competición disputouse en dous grupos. Grupo B O grupo B deseguido se aclarou, e o Club de Campo e Pozuelo clasificáronse sen complicación para as semifinais como primeiro e segundo de grupo respecti-

vamente. O Club de Campo venceu todos os partidos: ao Zaragoza (6-0); ao San Vicente (5-6) e ao Pozuelo (7-2) na loita polo primeiro posto de grupo. O Pozuelo, a excepción do partido contra o Club de Campo, venceu ao San Vicente (2-5) e ao Zaragoza (6-0). Entre o Zaragoza e o San Vicente disputaron o partido para saber quen loitaría pola quinta praza, e quen pola sétima. Finalmente o San Vicente superou aos maños por 2-4. Grupo A No grupo A estaban encadrados os dous ourensáns e a emoción estivo presente ata o último encontro. A Complutense xa deu un

golpe na mesa no primeiro encontro, e dobregou ao Albor por 10-2; mentres o

Barrocás desfacíase da Real Sociedade por 9-5. Nos seguintes partidos, Real So-

ciedad e Albor firmaban táboas (5-5) e o Barrocás a piques estivo de dar a sor-

O equipo da Complutense coa copa de campión de España de hoquei sala/IÑAKI OSORIO.

presa; finalmente caería 4-6 contra a Complutense. Para a terceira xornada


BARRIOS DEPORTIVO 21 de febreiro de 2014

HOQUEI

A esquerda un gol do Albor de penalti córner; á dereita, un xogador do Barrocás conducindo a bola diante dun xogador do Albor. /RAMSÉS.

O Albor rematou na cuarta posición e o Barrocás foi quinto. A Complutense foi o campión ao vencer na final ao Club de Campo por 7-2 da fase de grupos quedaba o máis interesante. O Albor e o Barrocás xogaban entre si por un posto nas semifinais. Os barrocos partían con vantaxe, xa que o empate lles servía para acceder a semifinais; pola contra, ao Albor só lle valía a vitoria. As cousas comezaron ben para os homes de Roberto Oliveira, que se adiantaban no electrónico, e aínda que empatou o rival, con sendos goles de Xurxo lograron adiantarse por 3-1. Pero ata aí chegou a ledicia dos laranxas. Tres penalti córner executados do mesmo xeito fixeron dar a volta ao marcador en prol dos do Couto, para deixar o definitivo 4-3 e clasificarse para as semifinais para deleite dos seus seareiros. Semifinais En ningunha das dúas semifinais houbo cor e tanto Complutense coma Club de Campo venceron con autoridade. A Complutense desfíxose por nove goles a tres ao Pozuelo; e o Albor nada puido facer ante o Club de

Campo co que perdeu 12-1. Previamente disputouse o encontro para coñecer ao sétimo e oitavo clasificado con vitoria por 6-1 da Real Sociedad fronte o Zaragoza. Última xornada A última xornada comezou co partido entre Barrocás e San Vicente con vitoria dos ourensáns, o que lles fixo rematar a competición na quinta posición. Na final de consolación, o Albor a piques estivo de vencer ao Pozuelo, pero finalmente os gañadores foron os madrileños por 4-3. A final O último partido do campionato foi a final entre Pozuelo e Complutense. Unha Complutense moito mellor asentada logrou a vitoria e o título de campión de España de hoquei sala. A súa vitoria foi incontestable, 7-2 ante o Club de Campo, equipo no que milita o xogador ourensán Antón Parente (anteriormente nas filas do CH Barrocás).

Os partidos tiveron unha gran emoción. /RAMSÉS.

Á esquerda, un xogador do Albor celebrando o pase a semifinais; á dereita, un xogador do Barrocás desconsolado por non acceder ás semifinais. /RAMSÉS.


BARRIOS DEPORTIVO 21 de febreiro de 2014

NATACIÓN

Unidos pola natación 4 Adrián Blanco, Ezequiel Quiroga, Martín Sabuz e Laura Blanco levan toda a vida no Club Natación Pabellón Ourense. R. Torres Adrián Blanco Pérez, 19 anos; Ezequiel Quiroga Ramos, 19 anos; Martín Sabuz Forneiro, 19 anos, e Laura Blanco Seara, 19 anos, le van toda a vida no Club Natación Pabellón Ourense. Desde moi cativos coinciden no club ourensán ao que defenden en cada competición á que acuden. O que teñen os catro claro é que o Club Natación Pabellón Ourense é parte da súa vida. A paixón pola natación considérana difícil de explicar, “é un deporte distinto aos demais” explicaba Ezequiel Quiroga, mentres que Martín Sabuz consideraba

Cando deixen de competir desexan seguir vencellados á natacion. De feito, son árbitros

que é moi sacrificado, “son moitas horas na piscina”, e Laura Blanco engadía que ten que che gustar “moito”. Todos están dacordo en que para practicar este deporte tes que gozalo coma eles o fan. Universidade Agora, na universidade, é máis complicado compaxinar estudos con adestramentos, pero buscan calquera momento para poder meterse na piscina. Adrián Blanco busca un oco entre clases e Laura Blanco no tempo libre que ten. Cando si coinciden son os sábados en Ourense, onde se reúnen para realizar o adestramento programado polo adestrador. Durante a semana adestran noutra piscinas e noutros clubs, pero o que teñen claro é que eles compiten defendendo ao Club Natación Pabellón Ourense. A nivel deportivo, már-

canse mellorar as marcas e poder acudir a competicións nacionais nos casos de Adrián Blanco e Ezequiel Quiroga; mentres que Martín Sabuz quere rondar as súas mellores marcas e Laura Blanco confórmase con axudar ao club. Blanco estudia fisioterapia no segundo curso; Quiroga, INEF en Pontevedra; Sabuz, INEF na Coruña e Laura Blanco, psicoloxía en Santiago. Todos eles enfocan o seu estudo e un posible futuro laboral no mundo do deporte. Vínculo pabellonista Cando deixen de competir seguirán vinculados coa natación, e se pode ser, desde o CNPO. De feito xa son árbitros e tres deles fixeron un curso de monitor para ensinar ás novas xeracións todo o que eles saben da natación.

Laura, Ezequiel, Martín e Adrián son apaixoados da natación dende cativos./R.T.

O CN Pabellón logra 20 metais e tres títulos 4 No Campionato galego de natación infantil - júnior de inverno. R. Torres O Club Natación Pabellón Ourense rematou o Campionato galego de natación infantil - júnior de inverno con 20 medallas e tres títulos, amais dun subcampionato. O torneo celebrado na piscina Rosario Dueñas do pavillón municipal dos Remedios contou cun gran ambiente tanto nas bancadas coma na piscina. As bancadas enchéronse cada día, dos tres de competición, de afeccionados a este deporte e pola piscina pasaron máis de 300 nadadores de 25 clubs de toda Galicia. Medallas Das 20 medallas do CNPO, oito foron de ouro, catro de prata e oito de bronce. Colgáronse os ouros Luis Bello Iglesias en 100 bolboreta (categoría infantil); o relevo de 4x100 libres (Marcos García,

Luis Bello, Martín Rodríguez e Aleixo Fernandez) de categoria infantil; Iago Rodríguez en 50 e 100 libres (categoría júnior); Paula Blanco en 50 costas (júnior); relevo 4x200 libres júnior (Andrea Sabuz, Ana Karina, Claudia Álvarez e Mara Vélez); relevo 4x100 estilos júnior (Paula Blanco, Ana Karina, Andrea Bello e Mara Vélez) e o relevo 4x200 libres júnior (Pedro Díaz, Migel Pimentel, Aitor Rodríguez e Iago Rodríguez). As pratas foron parar a mans de Ana Karina en 100 e 200 braza (júnior); Andrea Bello en 50 bolboreta (júnior); e o relevo 4x100 libres femenino (Andrea Sabuz, Mara Velez, Claudia Alvarez e Ana Karina). E os bronces acadáronos Pablo Caseiro en 100 braza (infantil); relevo en 4x100 estilos infantil (Luis Bello, Pablo Caseiro, Marcos García e Martín Rodríguez); Miguel Pimentel en 400 e 200 libres (categoría júnior);

Ana Karina en 200 estilos e 50 braza (júnior); Mara Vélez en 800 libres (júnior); Claudia Álvarez en 50 costas (júnior); Andrea Bello, 200 bolboreta (júnior); e o relevo en 4x100 estilos júnior (Miguel Pimentel, Aitor Rodríguez, Pedro Díaz e Iago Rodríguez). Títulos Pero os éxitos para o Pabellón Ourense non quedaron aí. Das seis clasificacións en disputa lograron os nadadores ourensáns tres campionatos e un subcampionato. Proclamáronse campións infantís e júnior masculino, campións conxunta (masculino e feminino) en júnior e obtiveron o subcampionato en júnior feminino.

O Club Natación Pabellón tamén logrou o subcampionato en júnior feminino


BARRIOS DEPORTIVO 21 de febreiro de 2014

POLIDEPORTIVO

O Salvour participará no Campionato galego de salvamento 4 En categoría alevín. Redacción O equipo ourensán Salvour de salvamento participará no Campionato Galego de augas pechadas, na categoría alevín. O evento desenvolverase esta fin de semana na piscina municipal de Caldas de Reis. O conxunto ourensán chegará co obxectivo de obter a mellor posición dentro dos 10 primeiros clasificados. Os ourensáns presentan no galego un equipo formado por Carla Rodríguez, Xián Breogán Rodríguez e David Paredes Fuentefría que disputarán as probas

de 50 metros obstáculos, 25 arrastre de maniquí e 50 metros rescate de maniquí con aletas. Aínda que é o seu primeiro ano de competición, teñen posibilidades de estar entre os finalistas dalgunha proba. Augas abertas Tralo galego celebrarase a primeira xornada en augas abertas a finais de marzo. A cita será na praia de Cangas, e disputaranse as probas individuais de sprint de praia (90 metros en area), nadarsurf (nadar 400 metros en augas abertas), táboa (nadar sobre unha táboa e realizar un circuíto duns 600 me-

En Panda polo Atlas marroquí 4 Os ourensáns Fernando Iglesias e Marcos Muguerza participarán na sexta edición do Panda Raid. Redacción Os ourensáns Fernando Iglesias e Marcos Muguerza participarán na sexta edición da Panda Raid. Unha proba de aventura cun marcado carácter solidario. O Panda Raid dará comezo en Madrid o 8 de marzo, para trasladarse logo ata Alxeciras e de alí a Marrocos. Durante sete días disputarán etapas pola cordilleira do Atlas ata che-

gar ás praias de Essaouira, lugar onde ten a súa meta a Panda Raid. As etapas en territorio marroquí son secretas ata o mesmo momento de tomar parte en cada unha delas, o que fai máis aventureiro o evento. Os coches que participan neste evento son Seat Panda ou Seat Marbella (Iglesias e Muguerza irán nun Marbella), vehículo que nada ten que ver co deserto.

Cartel da edición deste ano do Panda Raid.

Caracter solidario Outras das características desta Panda Raid é o seu carácter solidario. Cada equipo participante ten que levar un mínimo de 20 quilos en material escolar, que se fará entrega ao remate da terceira xornada. O que se pretende con esta acción é escolarizar ao maior número de nenos posible no sur de Marrocos.

tros), ski (realizar un circuíto duns 600 metros sobre o ski ou pirauga de salvamento) e bandeiras (sprints eliminatorios de 20 metros na area). Por equipos disputarase o relevo de sprint (4x90 metros correndo na area).

Os alevíns de Salvour competirán esta fin de semana en Caldas de Reis.


BARRIOS DEPORTIVO 21 de febreiro de 2014

ATLETISMO

ximnasia

O Club Burgas prepárase para as citas nacionais e internacionais 4 Nun mes comezan as competicións en trampolín e acrobática. Redacción

Dúas das ximnastas do Club Burgas que compiten en modalidade acrobática.

Os ximnastas do club Burgas, tanto de trampolín como de acrobática, comezan en menos dun mes as súas importantes concentracións nacionais, así como competicións internacionais e autonómicas con vistas aos próximos campionatos mundiais e europeos. Por unha banda, Yolanda García e Sara Blanco, de acrobática, foron convocadas para a concentración nacional coa Selección Española, así como na competición internacional en

Alemaña o próximo mes de abril, con vistas á súa preparación para o Campionato do Mundo do mes de xullo en Francia. Asemade, en abril tamén terá lugar a Copa Galicia Internacional e o Campionato Galego desta modalidade, onde o club Burgas participará con case 30 ximnastas de diferentes categorías. En canto á modalidade de trampolin, Yael Campelo, Daniel Pérez e Alejandro Cid prepáranse para a Copa Galicia Internacional, xunto a outros ximnastas do club como Antón Rei, Jorge Con-

de, Pablo Feijoo e Iria do Nascimento. Estes últimos, aínda que son moi novos, comezan a súa andaina en competicións. Preséntase un ano duro para o Club Burgas en canto a competicións en todas as modalidades pero que afrontan con “gran ilusión e gañas a pesar das dificultades en canto a material e instalacións”, confesan.

As ourensás de acrobática competirán en Alemaña en abril

Rubén Diz, bronce no g alego de cross longo R.T.

O atleta ourensán da Sociedad Gimnástica Pontevedra, Rubén Diz, vén acadar a medalla de bronce no Campionato Galego de cross longo disputado en Negreira. O seu tempo foi de 32 minutos e 36 segundos, e por diante del chegaron Pedro Nimo (campión) e Víctor Riobó (subcampión). Esta posición fai que Diz se clasifique para o Nacional, no que representará a Galicia. Antes, o atleta de Xinzo de Limia participará na Coruña no Campionato de España de medio maratón. Ademais de Diz, á cita coruñesa tamén acudirá o ourensán Álex Fernández, un dos favoritos ao título.

O mal tempo atrasou o Campionato Provincial de Campo a Través Escolar 4 Disputarase o 22 de febreiro en Monterrei. R.T. Debido ao mal tempo das últimas datas tívose que pospoñer o Campionato Provincial de Campo

As probas comezarán ás 11 horas e ás 13.30 procederase á entrega de trofeos aos gañadores

a Través Escolar que se ía celebrar en Monterrei o pasado 15 de febreiro. Finalmente será o sábado 22 deste mesmo mes na mesma sede. As carreiras comezarán ás 11 da mañá e rematarán contra as 13.30 horas coa entrega de trofeos. Clasificación e fase final Para este Campionato

Provincial establécense dúas clasificacións. Unha individual e outra por equipos. Na clasificación por equipos sumaranse os puntos obtidos polos catro corredores mellor clasificados (3 en cadete), resultando vencedor o equipo que obteña o menor número de puntos. Clasificaranse para desputar a Fase Galega os dous mellores equipos das categorías

Probas de velocidade e salto disputadas nos Remedios na xornada de promoción escolar. alevín, infantil e cadete, así como os oito primeiros atletas de cada categoría, sempre e cando non sexan dalgún dos equipos xa cla-

sificados. Módulo A pasada fin de semana celebrouse no módulo de

atletismo dos Remedios unha xornada de promoción escolar federada para menores na que participaron máis de 100 atletas.


BARRIOS DEPORTIVO 21 de febreiro de 2014

FÚTBOL

O Ourense recibe ao Noja coa intención de seguir nos postos de arriba

4 Os rojillos son oitavos con 36 puntos, a tres da promoción de ascenso. R. Torres O Club Deportivo Ourense recibe este domingo -23 de febreiro ás 17 horas- ao Noja no partido da xornada número 27 da Segunda División B grupo I. Os de Luisito tratarán de lograr unha vitoria que os manteña na loita polas catro primeiras posicións, que dan dereito a participar na promoción de ascenso á Segunda División. O Noja, pola súa banda, é o último clasificado, a 12 puntos da salvación, polo que este encontro será unha das últimas oportunidades do conxunto cántabro, de loitar pola permanencia. No partido da primeira volta en terras cántabras, os galegos vencían por 0-1 con gol de Portela no tempo de desconto. O Ourense, despois da derrota da pasada fin de semana contra o Burgos, marcha na oitava posición con 36 puntos, a tres da promoción de ascenso que marca o Avilés con 39 puntos. Burgos No partido contra o Bur-

g o s no Plantío, un gol tempraneiro dos locais fixo que os ourensáns tiveran que remar a contracorrente durante todo o encontro. Nas botas dos homes de Luisito estiveron as ocasións máis perigosas, pero finalmente regresaron de baleiro de Burgos. Rivais Zamora - Rácing de Ferrol e Avilés Oviedo son os encontros máis atractivos desta xornada. Pero t a m é n destacan o Coruxo

- Burgos, Guijuelo - Sporting B e Rácing de Santander - Compostela. Enfrontamento Pero o partido máis difícil é o que están a ter entre empregados do club

a curto prazo, que fai que o distanciamento entre os dous bandos sexa cada vez maior.

O CD Ourense recibe ao SD Noja este domingo 23 de febreiro, ás 17 horas, no estadio do Couto

Os xogadores do Ourense celebrando un dos goles contra o Alcalá de Guadaira. /RAMSÉS

O Ourense gaña 12.000 euros 4 O CDO gañou 6-1 ao Alcalá de Guadaira e con iso asegúrase 12.000 euros por acceder á semifinal de Copa Federación. De pasar á final recibiría un mínimo de 30.000. R.T.

e directiva. O Consello de Administración non contesta ás declaracións dos empregados, que son moitas e moi duras, pero tampouco chegan solucións para arranxar os problemas dos impagos. Unha solución cada vez máis complicada

Javi Hernández lanzando a portaría no último partido disputado no Couto. /RAMSÉS

Non chegan solucións para arranxar os problemas dos impagos. O distanciamento entre directiva e empregados cada vez é maior.

Os de Luisito tiñan unha renda negativa de 3-1 tralo partido de ida dos cuartos de final disputado en terras sevillanas. Pero antes do descanso xa disiparon calquera dúbida e apenas pasaron apuros para dobregar a un equipo que non mostrou oposición no estadio do Couto. Javi Hernández, primeiro, e Óscar Martínez, despois, puñan un dous a cero que lle daba a volta á eliminatoria e presaxiaba o que máis tarde se daría: unha goleada. Tras a volta de vestiarios, de novo Javi Hernández e Óscar Martí-

nez puñan o tres a cero e catro a cero, respectivamente. Iker Alegre uniríase á festa rojilla e seu sería o quinto gol. Pouco despois os visitantes lograría o gol da honra. Antes do final, un gol en propia porta deixaría o marcador no definitivo 6-1. Último escollo Agora só falta un escollo para chegar á final copeira. Para iso, o CD Ourense deberá eliminar ao Balmaseda, equipo da Terceira División. A ida será o xoves 27 no Couto (20 horas), e a volta o xoves 6 de marzo no estadio do conxunto vasco. Novelda e Guadalajara é a outra eliminatoria.


BARRIOS DEPORTIVO 21 de febreiro de 2014

León, o último verdugo do Pabellón Ourense Redacción O Pabellón Ourense segue sen levantar cabeza. Esta vez o seu verdugo foi o León Cuna del Parlamentarismo, que o dobregou nos Remedios o pasado 15 de febreiro por 54 a 66. O encontro comezou mal. Un parcial de 0-19 a favor das visitantes xa facía presaxiar o peor, e as predicións non se equivocaron. A partir de entón o León dedicouse a manter unha cómoda vantaxe que lle permitise levar a vitoria. O primeiro período rematou cun 11-24 no casilleiro e ao Pabellón non lle quedaba outra que tentar reaccionar. E así o fixo da man de Florence Gen, que destacou en anotación e rebote, pero non foi suficiente. E a vantaxe das leonesas chegou a agrandarse ata os 20 puntos. 25-40 era o resultado ao descanso. O terceiro período foi o

máis igualado. María Álvarez realizou un destacado papel e Claudia Aponte, como sempre, encargouse de engordar os tantos pavillonistas, pero os seus frecuentes tiros non sempre remataron cruzando o aro. Ademais, os deberes do León xa estaban feitos e o terceiro cuarto rematou 38-52. Quedaban 10 minutos e a única oportunidade do conxunto ourensán de xogarse o todo polo todo. O Pabellón logrou situarse a só 10 puntos do rival. Pero os seus erros ofensivos fixeron, unha vez máis, que a brecha entre ambos conxuntos se fixese completamente insalvable ata o asubío final. Vindeiro rival Este 22 de febreiro, o Pabellón visita a cancha do Arxil de Pontevedra, sito só un posto por enriba do equipo ourensán.

A pavillonista Noelia Oliva buscando o pase./RAMSÉS

BALONCESTO

ENTREVISTA A CLAUDIA APONTE, XOGADORA DO PABELLÓN OURENSE

“Son moi competitiva, neste momento só penso en gañar” 4 A xogadora do Pabellón Ourense Claudia Aponte é, a día de hoxe, o piar do equipo e a máxima anotadora da liga. R. Torres Este ano un nome sona con maior forza dentro do Pabellón Ourense, é o de Claudia Aponte. Nova, enérxica e sempre arriscada, Aponte nunca dubida en tirar a canastra sempre que o rival llo permite. E a súa insistencia co aro ten premio, a estas alturas a pavillonista é a máxima anotadora da Liga Feminina 2, con máis de 280 puntos á súas costas. Que tal foron estes meses en Ourense? Claudia Aponte: “Estou moi contenta, tanto na cidade como no equipo. A miña relación coas demais xogadoras e co corpo técnico é moi boa, o único problema é que ao longo da tempada tivemos moi mala sorte, pero temos que pelexar e lograr algunha vitoria”. Noelia Oliva e Stacy Zamroz poderán axudar a que o equipo sexa máis competitivo? C.A.: “Por suposto. Noelia é unha base que nos axudará moitísimo, porque ten moita experiencia nesta liga. E no caso de Stacy

“Ao derbi galego contra o Arxil imos co obxectivo de facernos coa vitoria. E ante o Valladolid hai que gañar ou gañar”

dependemos dos trámites, que a ver se se solucionan pronto porque seguro que nos botará unha man importante”. A comezo de tempada agardabas esta racha negativa no Pabellón? C.A.: “Por suposto que non. Estou segura de que se non tiveramos tan mala sorte coas lesións a estas alturas non estariamos como estamos con só dúas vitorias. Pero hai que loitar contra as adversidades. Agora veñen partidos que podemos gañar e temos que facelo”. Neste momento a vosa prioridade é saír dos postos de play out, porque o descenso directo está a dúas vitorias. C.A.: “Sabemos que o Valladolid témolo debaixo con dúas vitorias menos, pero son moi poucas. De feito, xogaremos contra elas en dúas xornadas, así que nada de relaxarse, nin moito menos. Temos que ir a por todas e tentar gañar todos os encontros que poidamos”. Eres a máxima anotadora da LF2 con máis de 280 tantos, é un indicativo do teu nivel? C.A.: “Este ano estou intentando axudar ao equipo en todo o que podo. Busco desempeñar o meu rol dentro do conxunto. Son moi competitiva e neste momento no único no que penso é en gañar algún dos encontros que faltan”. Houbo algún conxunto

Aponte anota un promedio de 20 tantos por partido./R.T. que chamara á túa porta de cara á tempada próxima? C.A.: “De momento non. Eu só penso en gañar partidos e competir co Pabellón e rematar con bo sabor de boca a tempada”. Ves máis preto a vitoria que lonxe? C.A.: “Si, estamos traballando para gañar. E agora contra o Arxil é un derbi galego e imos co obxectivo de facernos coa vitoria na súa casa. E logo vén Valladolid aos Remedios e ese si que é un encontro que hai que gañar ou gañar”. Es xogadora internacional con Paraguay. Que se sinte ao vestir a camiseta do teu país? C.A.: “Para min é o máis grande neste deporte. É

cando máis gozo do baloncesto porque séntese estar na pista doutra maneira, sentes as cores e é unha satisfacción enorme defender ao meu país”. Hai algunha competición internacional na que vaias competir proximamente? C.A.: “Si, en marzo hai unha competición en Chile, os Xogos Odesur, que son como uns xogos olímpicos de Sudamérica. E de feito vou faltar a un partido de aquí porque me chamaron para defender ao meu país, así que estarei unha semana competindo alá e volvo. O encontro que me perderei é o que nos enfronta a Ferrol e o club non tivo problema en deixarme ir porque este equipo non é da nosa liga”.


BARRIOS DEPORTIVO 21 de febreiro de 2014

BALONCESTO

Un COB ferido pide apoio ao seu público 4 Compareceron en rolda de prensa o presidente, adestrador e un xogador do club. R. Torres Un Club Ourense Baloncesto -Ourense Termal- ferido pide a axuda do seu público para o partido contra o Melilla. O encontro disputarase este 21 de febreiro -21 horas- no Paco Paz. Nesta semana, e trala derrota no derbi contra o Breogán, o presidente, Antonio Gavilanes; o adestrador, Gonzalo García de Vitoria, e o xogador Rafael Huertas pediron en comparecencia de prensa axuda aos seareiros para que animen no partido contra Melilla. O primeiro en falar foi

O Ourense Termal continúa de antepenúltimo con cinco vitorias

Antonio Gavilanes, que non se escondeu á hora de admitir que eles son “os máximos responsables da situación”. Non obstante pedía calma para “un proxecto de catro-cinco anos”, e que a situación non é tan mala “a pesar de que os resultados non están sendo os esperados”, explicou. Gavilanes aseguraba que o “máis fácil era destituir ao adestrador”, pero que ese non era “o estilo” do seu Consello de Administración. Na súa comparecencia tamén se referiu a que agora danlle máis importancia ao socio e que non “se ven tiradas entradas de partidos en supermercados coma noutras épocas”. E recordou que equipos punteiros na Liga comezaron o seu proxecto coma “o está a facer o COB”.

Pola súa banda, Gonzalo García de Vitoria uniuse ao presidente e animou a todos os simpatizantes do equipo a que “acudan ao adestramento do equipo e gocen con eles”. Mentres, Rafa Huertas apenas puido articular palabra; a emoción embargouno e botouse a chorar coma mostra do bloqueo mental que están a sufrir os xogadores. Breogán Un bloqueo mental que se reflectiu no último partido disputado da LEB Ouro. No derbi galego contra o Breogán de Lugo os homes de García de Vitoria non foron quen de competir contra un conxunto lucense moi superior. Nos dous primeiros cuartos aínda mantiveron o

Riley Luettgerodt penetrando a canastra nun encontro no Paco Paz./RAMSÉS tipo, pero logo de voltar dos vestiarios os ourensáns perderon toda opción á vitoria. 89-68 foi o resultado final e unha nova derrota do COB. Deste xeito, o Ourense continúa na antepenúltima posición con cinco vitorias. Agora recúrtase a diferenza coa zona de descenso. O Planasa Navarra está a unha vitoria do Ourense Termal (son dúas, grazas a que o basquet average o ten a fa-

vor o COB), o que fai que os ourensáns teñan que comezar a sumar vitorias se non queren pasar apuros nas últimas xornadas. Melilla E esas vitorias poden comezar esta mesma xornada contra o Melilla. Os norteafricanos son un equipo moi ofensivo que crea moito perigo. O Melilla está un posto por enriba na clasificación,

con dúas vitorias máis que os ourensáns. Julio e Pedro Julio González deixou de formar parte da plantilla do COB. Ao non poder remitir os seus problemas físicos el mesmo e a directiva decidiron poñer fin á relación laboral. Como consecuencia, Pedro Rivero será o capitán do equipo ata final de tempada.


10

BARRIOS DEPORTIVO 21 de febreiro de 2014

POLIDEPORTIVO

Primeira xornada da Copa Diputación de judo 4 Celebrouse no Paco Paz. Redacción

Felipe Iglesias logrou o ouro na modalidade -69 quilos.

Rotundo éxito ourensán no galego de jiu jitsu 4 Os deportistas do Marbel e do Artai sumaron nove medallas. Redacción O jiu jitsu ourensán alcanza un notable éxito no Campionato Galego de Jiu jitsu onde, entre o club Marbel e o Artai, acadaron un total de nove medallas. A cita foi na Coruña o pasado 16 de febreiro. Por parte do Marbel acudiron cinco competidores ourensáns na modalidade de loita. Felipe Iglesias e Herminio Rodríguez en 69 quilos e Miguel Álvarez (-85 quilos). Iglesias e Rodríguez disputaron a final da súa categoría, gañando o primeiro a medalla de ouro; mentres que Miguel Álvarez rematou segundo na categoría de -85 quilos, por detrás do coruñés Juan Valcuende. Combate Na modalidade de combate o club Artai foi o dominador. O club ourensán presentou o seu equipo B de competición, formado por seis competidores de sanda (combate) e un de taolu (formas). En total acadaron catro ouros, unha prata e un bronce. Andrea Álvarez, logrou dobre ouro en infantil sur e

sable; Ngagne Faye, ouro en sanda -70kg; Brahim Tamesna, ouro en sanda -75kg; Leopoldo García, prata en sanda -85kg e Saúl Rodríguez, bronce en sanda -80kg.

Os equipos A e B do club Artai están preparando os vindeiros open nacionais, o galego oficial de kung fu moderno e varios torneos internacionais de wushu e kung fu.

O pasado sábado 8 de febreiro de 2014, desenvolveuse no Pazo Paco Paz a primeira xornada de Copa Deputación de Judo 2014, competición que reuniu máis de 60 participantes de toda a provincia. Foi a primeira de catro xornadas previstas, máis unha quinta de aspecto lúdico e rexional, restrinxida á categoría infantil e denominada “Randori”. Os judokas competiron entre as categorías benxamín e sénior, a categoría open, ou aberta a compe-

tidores de ambos os sexos, e a categoría ne-waza, onde a loita limitábase en exclusiva ao chan, apta para veteranos. Líderes Trala primeira xornada, estes son os líderes provisionais das diferentes categorías: en absoluto, Alejandro Montero; absoluto ne-waza -75kg, Herminio Rodríguez; absoluto newaza +85kg, Aser Moreiro; open especial ne-waza, Tamara Silva; cadete-xuvenil, Pablo Valcárcel; infantil open -38kg, Ana Vázquez; infantil open -60kg, Rubén

Córdoba; benxamín open -24kg, Daniel Gayoso; benxamín open -27kg, Miguel Gayoso; benxamín open -30kg, Antía Ollero; benxamín open -34kg, Iván González; benxamín open -42kg, Manuel Vázquez; benxamín open +42kg, Miguel Iglesias; benxamín feminino -24kg, Celia Rodríguez; benxamín feminino -27kg, Aldara García; benxamín feminino -30kg, Antía Ollero; benxamín feminino -42kg, Sara Mojón; alevín open -34kg, Pablo Marcos; alevín open -55kg, Alba García; alevín open +55kg, Noel Otero; alevín feminino -34kg, Laura Cao e alevín feminino -55kg, Alba García.

Nesta xornada competiron máis de 60 judokas de toda a provincia de Ourense

Momento do encontro contra Calvo Xiria nos Remedios./RAMSÉS

Segundo empate do Balonmán Pabellón Ourense 4 Os ourensáns suman dous puntos na clasificación. Redacción

Saúl Rodríguez fíxose co bronce en sanda -80 quilos.

O Balonmán Pabellón Ourense acada o segundo empate da tempada na 1ª estatal. A pasada fin de semana os pupilos de Alejandro Arias “Zarra” enfrontábanse ao OAR Coruña. O partido saldouse con empate a 18 tantos e supuxo o segundo empate da tempada do conxunto ourensán, que aínda non coñece a vitoria no que vai de liga. Jorge Noguerol foi o puntal dos ourensáns neste empate. Seus foron sete

dos 18 goles do equipo. Este empate súmase ao colleitado na primeira volta da competición, na xornada 6, contra o Granitos Ibéricos. Daquela fora nos Remedios e o encontro rematara co resultado de empate a 23. A vitoria resísteselle aos homes de Zarra, pero este empate pode subir a moral dun equipo ao que esta nova liga (1ª estatal) fíxoselle costa arriba. Vindeiras citas Este resultado pode ser un revulsivo de cara aos próximos enfrontamentos

dos ourensáns. Esta fin de semana visita ao Granitos Ibéricos, co que empatara na primeira volta. O conxunto vigués é penúltimo con catro puntos, dous máis que os ourensáns. Para a seguinte xornada -a número 21- os pavillonistas reciben ao Bueu (8 de marzo, 18,30h no anexo dos Remedios), noutro encontro no que teñen factible sumar puntos. Os pontevedreses son antepenúltimos con 10 puntos. A pesar da difererenza de puntos, os homes de Zarra teñen marcado este partido en vermello pola importancia de sumar no mesmo.


BARRIOS DEPORTIVO 21 de febreiro de 2014

POLIDEPORTIVO

Resultados das ourensás na Copa do Rei de aire comprimido

Ociourense ofrece alternativas de ocio saudables

Dúas tiradoras ourensás acudiron a pasada fin de semana a Murcia para participar na primeira e segunda fase da Copa das Súas Maxestades de aire comprimido. As dúas competiron en pistola damas, obtendo Nuria Mera 359 puntos (posto 13º) na primeira tirada e Paula Fernández 351 puntos (posto 17º); na segunda xornada, ambas as dúas melloraron resultados; así Mera fixo 365 puntos (posto 11º) e Paula 364 (posto 12º). A terceira fase da Copa do Rei e da Raíña terá lugar en Mollet (Barcelona) entre o 11 e o 13 de abril, e a cuarta fase e final do 4 ao 6 de xullo en Granada. Para entrar na final (os oito mellores de cada modalidade) escolleranse as dúas mellores puntuacións das catro fases.

4 Como escalada, sendeirismo, btt ou piragüismo.

P.L.

P.L. Se tes entre 14 e 30 anos, a Concellería de Saúde proponche para os meses de marzo, abril e maio ata 22 actividades de ocio saudables de carácter gratuíto. Escalada, piragüismo, globoflexia, sendeirismo ou cócteles sen alcohol son algunhas das propostas de Ociourense. O ano pasado máis de 1.250 mozos participaron no programa; na súa maioría, mozas de 20 a 25 anos. Nesta ocasión, o programa introduce novidades, como unha iniciación ao buceo en piscina, un obradoiro de foto-retrato, ou unha actividade de rol

en vivo, ampliación da búsqueda do tesouro doutras edicións. Tamén se retoma o parkour e mantéñense iniciativas con gran acollida como btt, piragüismo e escalada. Circo, patinaxe, a bailar, a cociñar, rutas culturais, xogos de sempre, e unha andaina completan o abano de propostas. Todas elas teñen lugar en fin de semana, e ofertan unha media de 12 prazas por grupo de actividade (agás nas de acceso libre como andainas, rol ou sendeirismo). A inscrición para a primeira tanda de actividades (as que se inician o venres 28 de febreiro e ata o 22 de marzo) pode realizarse na web www.ociourense.es.

11

Representantes de ambas entidades durante a sinatura do convenio.

Convenio entre Fundación Ado-Moure Pro Deporte e a entidade Valdemunde Team O presidente da Fundación Ado Moure Prol Deporte, Carlos Moure Castro, e o presidente da entidade Valdemunde Team, Xose Luís López Cid, asinaron un convenio de colaboración no que establecen liñas de acción conxunta naquelas áreas de interese común. O obxecto do convenio regula as relacións de colaboración entre a Fundación AdoMoure Prol Deporte e a entidade Valdemunde Team (que xestiona o centro ecuestre de Antela, no municipio de Sandiás), para o desenvolvemento dos programas de interese común, como pode ser a realización de accións promocionais das escolas deportivas xestionadas por ambas as entidades; animar espazos que fomenten o protagonismo lúdico do deporte; fomentar o uso creativo de diferentes aprendizaxes, técnicas, ferramentas, tecnoloxías e outros recursos procedentes de distintas disciplinas; entre outros.


12

BARRIOS DEPORTIVO 21 de febreiro de 2014

FÚTBOL SALA

Bea Seijas conducindo o esférico pola banda no encontro ante o Poio disputado nos Remedios./RAMSÉS

A Copa de España alónxase para o Ponte Ourense 4 Empatou en Gironella e escápase a opción de participar na Copa da Raíña. R. Torres O Ponte Ourense vén

de empatar na cancha do Gironella (a tres tantos) e, con este resultado, alón-

Drica regatea un balón a unha xogadora rival./R.T.

xase das opcións de poder participar na próxima edición da Copa de España. O partido contra as catalanas estivo moi axustado durante os 40 minutos. Os dous conxuntos loitan por achegarse á cuarta posición, que ocupa actualmente o Alicante. A primeira parte tivo gran intensidade por parte de ambas escadras, se cabe, con maior dominio de balón das pontinas, que non conseguían materializalo no marcador. A pesar dese maior dominio, serían as locais as que se adiantaron no luminoso ao fío do descanso. Unha gran xogada de Berta Velasco, en internada pola

Marta, Raquel de Souza e Rosángela foron as anotadoras pontinas

banda, culminaba nun potente disparo que se aloxaba na escadra para deixar o 1 a 0 ao termo dos primeiros 20 minutos. Aos cinco minutos da

Primeira División FSF - 18ª xornada Posto Equipo Puntos 1º At. Madrid 50 2º Burela 46 3º Alcorcón 43 4º Alicante 38 5º Roldán 34 6º Rioja 28 7º Gironella 27 8º Ponte Ourense 26 9º Amarelle 21 10º Cidade As Burgas 20 11º Poio 20 12º Móstoles 16 13º Soto del Real 14 14º Orvina 14 15º Ferrol 14 16º Vallirana 3

continuación, Marta, en xogada escorada preto de liña de fondo, conseguía driblar a Raquel para facer o empate. Xa superada a metade do período, Claudia Pons aproveitábase dun balón solto na área visitante para facer o 2 a 1. Con este marcador o Ponte optaba polo xogo de cinco, e nos primeiros compases non lle saía ben. Novamente, Claudia Pons aproveitaba un roubo de balón e no man a man con Vanessa batíaa. Lonxe de baixar os brazos, as ourensás recortarían distancias un minuto máis tarde co gol de Raquel de Souza; a brasileira aproveitábase dun erro da zaga local. Cando faltaba un minuto para o remate do encontro, Rosángela materializaba o terceiro gol visitante, o que facía que se repartiran os puntos as dúas escadras. Copa Co empate desta xornada, as aspiracións das albinegras de entrar na

O Ponte atópase a 12 puntos da cuarta praza, ocupada polo Alicante. Quedan 12 xornadas de liga por disputar Copa cada vez alónxanse máis. Agora encóntranse a 12 puntos da cuarta praza, que ocupa o Universidad de Alicante. 26 puntos teñen as ourensás por 38 das alacantinas. A falta de 12 xornadas por disputar (36 puntos), matematicamente hai posibilidades, pero vendo que o Alicante non dá opcións a empresa estase a converter en algo moi complicado de acadar. Orvina Este sábado 22 de febreiro, a partir das 17 horas na central dos Remedios, o Ponte Ourense recibe ao Orvina. As navarras ocupan praza de descenso, polo que o encontro non será nada cómodo para as de Óscar Vivián.

4 Xornada 19 - 22 de febreiro At. de Madrid - Soto del Real Ponte Ourense - Orvina Móstoles - Alcorcón Rioja - Ferrol Burela - Alicante Roldán - Gironella Amarelle - Poio Vallirana - Cidade As Burgas

4 Xornada 20 - 1 de marzo Orvina - Roldán Gironella - Poio Cidade As Burgas - Rioja Soto del Real - Móstoles Burela - Amarelle Alicante - Vallirana Alcorcón - Ponte Ourense Ferrol - At. de Madrid


BARRIOS DEPORTIVO 21 de febreiro de 2014

FÚTBOL SALA

13

Goleada con trampa 4 As baixas do Cidade As Burgas condicionaron o encontro ante o Burela. R. Torres O Burela chegou a Ourense coma un ciclón debido, en parte, a que o Cidade As Burgas enfrontábase ao encontro con baixas sensibles na súa formación. Peke, María Romero e Vanessa

Sotelo non estarían presentes no terreo de xogo por distintos problemas físicos. Manolo Codeso optou por darlles descanso neste choque para poder chegar en mellores condicións ao partido contra o Vallirana, no que se xogan parte das

Nati disputando o balón a unha xogadora do Burela./R.T.

opcións de permanencia. Con este panorama os árbitros daban inicio ao encontro. Xa nos primeiros minutos vislumbrouse o que ía ser todo o encontro: un Burela ao ataque e un Cidade que defendía a súa portaría ben agazapado en medio campo propio. As locais mantiñan a raia ás lucenses, pero co paso dos minutos apareceu a figura da xogadora visitante Peque, quen se fixo dona absoluta do encontro e fixo sufrir as franxiverdes. Así, no minuto 9, dun potente disparo poñía o 0-1 no electrónico. Antes do descanso, Bea Mateos asinaba o 0-2. E xa na segunda metade, de novo Peque, con outros dous goles, sentenciou a contenda (0-4). Con cinco minutos por disputar, Codeso optaba

Candela Soria realizou unha gran segunda metade no choque contra as da Mariña./R.T. polo xogo de cinco cun resultado negativo. Tres goles máis caerían do lado das da Mariña lucense, dous deles de porteira Jozi desde propia meta. Lidia sería a outra goleadora no 0-7 final. Pero non todo foi negativo. A franxiverde Candela Soria fixo unha boa segunda metade, logrando os aplausos dos afeccionados en dúas accións ofensivas de mérito. A outra parte boa foi que as xogadoras lesio-

nadas tiveron unha semana máis para recuperarse das súas molestias. Vallirana Esta xornada, o Cidade As Burgas ten un importante partido en Barcelona. Enfróntase ao pechacancelas, o Vallirana, polo que unha vitoria suporía practicamente a permanencia do conxunto ourensán. O Cidade é décimo con 20 puntos, seis por enriba da zona

de descenso. Para este encontro é probable que regresen Peke e Vanessa Sotelo, que aínda que non cheguen ao 100% seguro que darán un plus ao equipo.

Agárdase que Peke e Vanessa disputen o partido contra o Vallirana este sábado


14

BARRIOS DEPORTIVO 21 de febreiro de 2014

POLIDEPORTIVO

Vitoria do Galmédica Tenis de Mesa 4 Ante o Liceo de Noia por 2-5. Redacción

Torneo AutogalBMW de pádel 4 Celebrarase do 22 de febreiro ao 1 de marzo. Redacción As instalacións do P21 Pádel Club acollen a primeira edición do Torneo Autogal-BMW. A competición desde o 22 de febreiro ata o 1 de marzo nas instalacións do club ourensán, no polígono do Vinteún. Haberá dúas categorías masculinas e dúas femininas. Se non se xunta un

mínimo de 16 parellas por categoría, a organización resérvase o dereito de disputar unha única categoría masculina e/ou feminina. O formato será de liguiña ou eliminatorias segundo o número de inscritos. Os premios serán material deportivo por cortesía de Autogal aos campións e subcampións de todas as categorías.

Aprobados 115.000 euros para as “Copas Deputación 2014” Redacción A Deputación de Ourense vén de aprobar a convocatoria de concesión de subvencións para as “Copas Deputación 2014” correspondente ao exercicio de 2014, que poderán solicitar as federacións ou as entidades deportivas da provincia que reúnan os requisitos establecidos na indicada convocatoria. As bases publicaranse proximamente no Boletín Oficial da Provincial, cunha dotación económica global de 115.000 euros.

O obxecto destas bases é a regulación da convocatoria pública por parte da Deputación ourensá para a tramitación, mediante convocatoria pública e a través do procedemento de concorrencia competitiva, de subvencións destinadas a desenvolver, prioritariamente, nunha ou varias xornadas, competicións deportivas que baixo a denominación de Copas Deputación se desenvolvan integramente na provincia de Ourense durante a presente tempada 2013-2014.

O Galmédica Ourense Tenis de Mesa desprazouse á localidade coruñesa de Noia para enfrontarse ao Liceo na 15ª xornada da Terceira División Nacional de Tenis de Mesa. Os ourensáns conseguiron unha importante vitoria por 2-5, continuando na liña de solidez de toda a tempada. Os puntos repartíronse da seguinte forma: Antonio Gómez (2), Diego Gómez (0,5), Rodrigo Álvarez (2,5).

Con esta vitoria o Galmédica Ourense segue segundo na clasificación xeral con 12 vitorias en 15 encontros disputados.

Equipo do Galmédica que competiu en Noia.

4 Axenda deportiva Fútbol

- Día 23 de febreiro. O Couto. Ourense - Noja. 2ªB. - Día 27 de febreiro. O Couto. Ourense - Balmaseda. Ida da Copa Federación (semifinal). - Día 2 de marzo. Os Carrís. UD Barbadás - Alondras. 3ª División. - Día 23 de febreiro. Velle. CD Ourense B - Gondomar. Rexional Preferente. - Día 23 de febreiro. O Barco de Valdeorras. Barco Sanxenxo. Rexional Preferente. - Día 2 de febreiro. Meliás. Meliás - Vilalonga. Rexional Preferente. - Día 23 de febreiro -12.00h-. Estadio Miguel Ángel. Pabellón - Cervantes. División de Honra xuvenil.

Baloncesto

- Día 21 de febreiro. Paco Paz -21.00h-. COB - Melilla. Liga Leb Ouro. - Día 1 de marzo. Os Remedios -20.00h-. Pabellón Feminino - Valladolid. Liga Femenina 2. - Día 2 de marzo. Os Remedios -12.00h-. ABO - Marca de garantía chorizo zamorano. Liga EBA.

Fútbol sala

- Día 22 de febreiro. Os Remedios -17.00h- Ponte Ourense - Orvina. 1ª División. - Día 1 de marzo - Os Remedios -17.00h- Cidade As Burgas - Rioja. 1ª División.

Atletismo

- Día 22 de febreiro. Monterrei. Final Campo a través escolar. - Día 2 de marzo. A Merca. Carreira Popular Concello de A Merca.

Hoquei

- Día 23 de febreiro - Mariñamansa- 12.00h - CH Barrocás - At. San Sebastián. División de Honra.

Tiro

- Días 1 e 2 de marzo - Eiroás. XVI Copa Deputación de pistola e carabina neumática.

Voleibol

- Día 22 de febreiro. Pazo 16. Voleyourense - Embajador.

Balonmano

O vindeiro sábado o equipo ourensán desprázase a Bembrive para enfrontarse ao primeiro clasificado, o Helios Car Lunas.

- Día 23 de febreiro. Os Remedios -12.00h -. Pabellón Balonmano - Rasoeiro. 1ª Galega. - Día 8 de marzo. Os Remedios -18.30h -. Pabellón Balonmano - Bueu. 1ª Estatal.

Helios Car Lunas O equipo pontevedrés é líder da 3ª Nacional con 26 puntos, dous máis que os ourensáns, pero cun partido menos.

Este sábado o Galmédica enfróntase ao Helios Car Lunas


BARRIOS DEPORTIVO 21 de febreiro de 2014

ACTUALIDADE

15

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 185-2009. Redacción: r/ Valle Inclán 25 2º Of. 15 - 32004 Ourense. Tel: 988 239 634. Correo-e: deportes@periodicobarrios.com. Distribúe: Orixe. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción e fotografía: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Silvia Nieto, Miguel Rejo. Colaboracións: Alfonso Vilachá, José A. Santos, José Mª Arribas Nº93- Ano: VI - 21 de febreiro de 2014 - Difusión: 5.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 239 634.

4TRIBUNA ABERTA

4O RINCÓN DO MESTRE

Cando fomos deuses (VII)

Deporte e realidade (XX) Capítulo 29. Peticións dos mozos deportistas Para levar a cabo o proceso de ensino-aprendizaxe, os educadores-ensinantes, ademais dos seus coñecementos, han de programar os obxectivos, os contidos, as actividades, a metodoloxía e a avaliación, para desta maneira garantir o proceso global ou integral do mozo deportista. No proceso de ensino-aprendizaxe ha de existir un compromiso, unha implicación e unha relación directa e recíproca entre os educadores-ensinantes e os mozos deportistas. No proceso global de cada nivel ha de terse en conta a evolución psicomotriz do mozo deportista e o feito de que as metas fixadas só poden ser alcanzadas nun momento determinado do seu desenvolvemento e non antes. Dentro deste marco de

relacións sinalamos algunhas das peticións que os mozos deportistas solicitan dos seus educadores- ensinantes: 1º.- Non me deas todo o que pido, ás veces, o meu comportamento é un pouco egoísta, e iso non é solidario. 2º.- Non me grites, respéctoche menos cando o fas, e ensínasme a gritar a min tamén. Eu non quero facelo. 3º.- Non me deas sempre ordes, ten en conta a miña iniciativa persoal e talento. 4º.- Non me compares con ninguén, pois, as comparacións son odiosas e vanidosas. 5º.- Non cambies de opinión tan a miúdo sobre o que debo ou non debo facer, decide e mantén esa decisión. 6º.- Trátame coa mesma amabilidade e cordialidade coa que tratas aos demais.

7º.- Non me digas nunca, fai unha cousa, cando ti non o fas, poucas veces farei o que ti digas e non o fagas. 8º.- Ensíname a respectar, desta maneira serei respectado. 9º.- Cumpre as promesas boas ou malas. 10.- Trata de comprenderme e axúdame, non me fagas pasar desapercibido. 11º.- Déixame valerme por min mesmo, do contrario nunca poderei aprender. 12º.Cando fago algo malo, non me esixas que che diga por que o fixen, ás veces nin eu o sei. Alfonso Vilachá, concelleiro de Deportes de Ourense e entrenador

“Déixame valerme por min mesmo, do contrario nunca poderei aprender”

4PRACTICANDO SAÚDE

Prevención das lesións deportivas Todos damos por feito que un estilo de vida saudable leva consigo a realización de actividade física de forma periódica, pero hai certas ocasións nas que a práctica deportiva supón un risco para a nosa saúde, chegando a sufrir as chamadas lesións deportivas. Estas refírense a aqueles danos que se producen como consecuencia da práctica deportiva, xa que, por simple que sexa, supón unha tensión para o noso organismo que non sufriría en condicións de repouso, supondo un aumento nas posibilidades de lesionarse. No entanto, se o exercicio está correctamente realizado e en condicións de seguridade sempre vai ser beneficioso para o noso organismo, previndo múltiples enfermidades, e sen

apenas contraindicacións. Se seguimos unhas pautas moi sinxelas podemos reducir as posibilidades de lesionarnos: - Recoñecemento médico: Antes de empezar calquera plan de adestramento é aconsellable pasar un sinxelo recoñecemento médico acorde á actividade física que vaiamos realizar, especialmente se pertencemos a grupos de poboación de risco ou se temos antecedentes. - Material adecuado: Non é necesario gastarse grandes cantidades de diñeiro, pero si debemos contar cun material mínimo e correcto. Saír a correr cunhas malas zapatillas pode chegar a esnaquizar os pés e a ilusión por seguir correndo. Un bo material é un investimento. - Boa técnica: Sexa cal for o exercicio que reali-

cemos, debemos coidar a forma, aprendendo ben a técnica desde o principio. Unha mala execución acaba en lesión antes ou despois. - Principio de progresión: Iremos aumentando aos poucos a intensidade do exercicio. O noso corpo non é capaz de asimilar correctamente un esforzo demasiado esixente. A constancia e a paciencia son alicerces fundamentais para conseguir obxectivos maiores sen sufrir danos. - Coidar a alimentación: Moi importante e que moita xente pasa por alto. Unha dieta saudable e acorde ás necesidades nutritivas do noso deporte, tanto durante a práctica deportiva como antes e despois, evitará en gran medida as lesións e mellorará o noso rendemento.

12ª Xornada. C.D. Lugo – C.D. Ourense (Adiado por mor do mal tempo) 13ª Xornada. C.D. Ourense 5 – 1 Rápido de Bouzas O seareiro padece o primeiro gol na casa, pero coa ledicia de ver ao equipo regresando á senda dos resultados folgados. Nesta xornada marcan Pataco, que abre a conta de penalti no minuto nove, e Pito logra un tanto antes do descanso. Na volta logra o Rápido o tanto da honra por medio de Justo ao rematar un saque de esquina. Ángel ampliaría novamente a conta. Acto seguido Pito nun lanzamento desde a esquina colga o balón e nunha falla de entendemento este entra na propia porta impulsado por un xogador do Rápido, Domínguez. Novamente chega o perigo desde a esquina e é Pito, o heroe da tarde, quen introduce na porta o esférico. O equipo titular habitual nesa tempada estaba formado por Roca na portería; Varela, Astigarraga, Lozano en defensa; no medio campo Ángel, Pito; e Cortés, Seara, Carballeda, Pataco e Túnez rematando o once. 14ª Xornada. Atl. Ourense 0 – 5 C.D. Ourense A piques de rematar a primeira volta prodú- Escoitar o corpo: O propio organismo daranos sinais de cando debemos parar. Son as pequenas molestias as que nos indican que algo non funciona correctamente, se o ignoramos a lesión irá a máis e tocaranos parar obrigatoriamente e durante máis tempo. Jose Mª Arribas Moreno, licenciado CCAFD, entrenador persoal en ximnasio Trabazos

cese o derbi local entre o Club Deportivo Ourense e o Atlético Ourense. Clubs diferentes e que nese intre mantiñan unha dura rivalidade, inda que co paso do tempo terminarían por se fusionar converténdose o Atlético Ourense en filial do Ourense. As diferenzas entre ambos clubs proviñan do inicio da temporada por mor da fichaxe do gardameta Miguel Ángel. A cousa foi que semanas antes do inicio os do Ourense querían reforzar a porta con vistas a lograr o ansiado ascenso e tiñan posto os ollos no cancerbeiro do Atlético, pero este xa andaba a negociar coa ficha do xogador. De feito xa estaba taxado en 250 mil pesetas. A cifra pareceulles exorbitada aos rojillos e decidiron agardar a que a falla de ofertas sobre do xogador supuxese una rebaixa do prezo ao tempo que unha motivación para negociar entre os clubs da cidade, pero Antonio Gallego, directivo del Atlético Ourense, moveu fíos para lograr unha proba no Real Madrid, que pasou con solvencia e o club merengue abonou o prezo fixado. Miguel Ángel sería o primeiro ourensán, e até a data o único, en vestir a camiseta da selección nacional nun Mundial. Inda que sendo oficialmente en campo alleo, o Ourense xogaba no seu

“Antes de empezar calquera plan de adestramento é aconsellable pasar un sinxelo recoñecemento físico acorde á actividade física que vaiamos realizar”

propio campo xa que compartía co seu rival o estadio José Antonio. De feito unha vez máis volveu golear nun partido que dominou con claridade sen dar a máis mínima opción aos veciños. O partido, desenvolvido baixo unha mesta choiva que estragou o terreo de xogo, foi formulado polo Atlético con corte defensivo e buscando opcións de contraataque. A primeira parte remata sen tantos, pero no segundo tempo a maquinaria de facer fútbol do Ourense desbota toda posibilidade do seu contrincante. No minuto 62 Pataco afonda pola banda dereita para que Túnez remate facendo o primeiro tanto. Dez minutos despois sería Túnez quen centraría para que Carballeda de cabeza consiga o segundo. Seara desfaríase de varios contrarios no 75 e pasaría a Pataco para que anotase o terceiro. A seis minutos do final Pito recolle un rexeite frouxo da defensa e fai o cuarto e Cortés xa no desconto finalizaría a tarde. [Sétima entrega sobre a historia do CD Ourense na tempada 67/68] José A. Santos

“As diferencias entre Atl. Ourense e CD Ourense viñan por mor da fichaxe do gardameta Miguel Ángel”


BARRIOS DEPORTIVO 21 de febreiro de 2014


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.