Bd 169

Page 1

[ Páx. 6]

O Rio Ourense Termal sondea o mercado en busca de reforzos ESCALADA

Páx.2

O Asesou álzase coa Copa Galicia de escalada indoor

FÚTBOL

Páx.4 SALVAMENTO

Postos de ascensos para a Unión Deportiva Ourense

Páx.7

O Club Salvour logra tres podios na Liga galega

FÚTBOL SALA Páx.12 HALTEROFILIA Páx.13 Mala dinámica do Ourense Envialia e o Cidade das Burgas

O Club Pabellón, campión galego feminino

Ourense, fiel á cita

8.659 corredores cruzaron a liña de meta na 41ª edición da carreira popular do San Martiño, celebrada o pasado 19 de novembro polas rúas da cidade das Burgas./MIGUEL REJO.

Número: 169- Ano: IX -24 de novembro de 2017 - Depósito Legal: OU 185-2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta - www.periodicobarrios.com BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 7 de decembro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190.


Barrios DEPORTIVO 24 de novembro de 2017

AXENDA / ESCALADA

4 Axenda deportiva

O Asesou faise coa Copa Galicia

- Día 26 de novembro. O Couto -12 h- Ourense CF - Somozas. Terceira división. - Día 26 de novembro. Espiñedo. Arenteiro - Barbadás. Terceira división. - Día 26 de novembro. O Couto. UD Ourense - Moaña. Rexional Preferente. - Día 3 de decembro. Os Carrís. Barbadás - Choco. Terceira división. - Día 3 de decembro. Calabagueiros. Barco - Ourense C.F. Terceira división. - Día 3 de decembro. A Tella. Nogueira - Beluso. Rexional Preferente. - Día 3 de decembro. Bande. Bande - Alertanavia. Rexional Preferente. - Día 3 de decembro. San Cristobal. Ribeiro - Marcón Atlético. Rexional Preferente.

4 De escalada en bloque indoor.

Fútbol

Baloncesto

- Día 28 de novembro. Paco Paz -21:00 h- Rio Ourense Termal - Melilla.

Atletismo

- Día 2 de decembro. Pereiro de Aguiar -a partir das 10:30 horas- XXII Cross do Guillelme Brown.

Fútbol sala

- Día 25 de novembro. Os Remedios. Sala Ourense - Casás. Terceira división. - Día 25 de novembro. O Carballiño -Paco Chao, 18 hCarballiño - Santa Isabel. - Día 26 de novembro. Os Remedios -12 h-. Ourense Envialia - Leganés. Primeira división. - Día 16 de decembro. Os Remedios. Cidade das Burgas - Futsi. Primeira división.

Andaina

- Día 25 de novembro. O Barco de Valdeorras -10 h- Andaina solidaria contra a violencia de xénero. - Día 25 de novembro. Ourense (Oira) -12 h- Andaina solidaria Apamar Ourense. - Día 25 de novembro. Maceda -16:30 h- X Andaina contra a violencia de xénero. - Dia 26 de novembro. Carballeda de Avia. Andaina Festa de Outono 2017. - Día 2 de decembro. Nogueira -10 h-. Andaina.

R.T. Partían como favoritos e cumpriron coas expectativas. O club Asesou de Ourense proclamouse campión da Copa Galicia de clubs de escalada en bloque indoor. A última proba tivo lugar na sala de Boulder do grupo de montaña Alude que exercía como anfitrión, e nela o conxunto ourensán foi superior ao resto de rivais. O mesmo que nas dúas xornadas previas -as celebradas en Ourense, co Asesou como local, e en Lugo co club Veral como anfitrión-, nas que non tivo quen lle arrebatara a primeira posición. Clasificacións Por clubs o Asesou (Asociación de Escaladores Ourensans) foi o campión seguido do AMI (Agrupación de Montañeiros Independientes), en terceira posición remataría o Club Montañeiros Celtas (Vigo).

O Club Asesou, campión da Copa Galicia. En categoría sub 18 feminino, a campioa foi a escaladora ourensá do Asesou Dafne Sousa, Estela Miles (Peña Trevinca Montañeiros de Galicia), segunda e Uxía Recondo (Celtas), terceira. En sub 18 masculino, Mateo Toro e Felipe Toro foron segundo e terceiro, respectivamente; con David Álvarez

Rugbi

- Día 10 de decembro. Campus Ourense. Campus Rugby - SilverStorm El Salvador Emerging. División Honra B.

Tenis de mesa

- Día 2 de decembro. Paco Paz -17:00 h- Galmédica Ourense - Naronense.

Outros

- Días 25 e 26 de novembro. Parada de Sil. Curso de iniciación á aventura. - Día 26 de novembro. Vilamarín -9:30 h- Curso de iniciación ao ciclismo BTT. - Día 26 de novembro. -10 h- BTT Trevinca - A Veiga. - Día 26 de novembro. Ourense. XIX rali das Lentejas. - Do 28 de novembro ao 1 de decembro. Sala Emilia Pardo Bazán -edificio Facultades do Campus de Ourense, ás 20 h. todos os días-. XIX Semana audiovisual Club Alpino Ourensán. - Días 5 e 6 de decembro. Expourense. 18º Salón da xuventude -Megaxove-.

Dous participantes na Copa Galicia.

(AMI) como primeiro. En sénior feminino, Lucía Sousa e Érica González, ambas do club ourensán ocuparon a primeira e segunda posición, con Mari Flor Fernández (O Veral) en terceiro lugar. Carlos Marqués logrou o primeiro caixón do podio sénior masculino, mentres que Miguel Feijoo rematou terceiro, no segundo posto, David Morán (do AMI). Copa Galicia Este formato de competición federada e a mesma Copa de Galicia é a primeira vez que se celebra en Galicia e nela atópanse catro categorías: feminina sénior e sub 18 e masculina sénior e sub 18, habendo campións a nivel individual por categoría e á vez un club gañador. O máis reseñable desta última proba foi a excelente organización do club Alude, a gran calidade na montaxe dos problemas de boulder ideados polos equipadores, Cesar Álvarez e José Antonio Villar, ademais do impecable traballo dos xuíces da Federación Galega

de Montaña. No aspecto competitivo cabe destacar o triplete de Asesou na categoría feminina sénior igualando a fazaña conseguida na proba ourensá, pero non coas mesmas protagonistas no pódium, onde Thais López conseguiu o terceiro posto. En sénior masculino o escalador David Morán do Club Ami de Coruña impúxose nesta última proba na categoría sénior. Sportur Esta non foi a única actividade do Club Ourensán pois tamén lle chegou o tempo para estar presentes en Sportur - Salón do Deporte e Turismo Activo celebrado en Expourense, onde compartiron a caseta cos compañeiros de Marcha Nórdica e loxicamente a Federación Galega de Montaña.

O Asesou venceu nas tres xornadas da Copa Galicia que se disputaron


NOVAS

Barrios DEPORTIVO 24 de novembro de 2017

O Club Alpino Ourensán trae a Semana Audiovisual 4 Este ano celebra a súa 19ª edición do 28 de novembro ao 1 de decembro. Redacción

Iván Feijoo no podio de Elorrio.

Nova vitoria de Iván Feijoo na Copa de España 4 Na proba de Elorrio. R.T. Iván Feijoo vencía a pasada fin de semana na categoría sub 23, na penúltima proba puntuable para a Copa de España. Celebrada na localidade vasca de Elorrio, no medio dun bo bulleiral, este triunfo válelle para afianzarse á fronte da clasificación xeral da Copa a falta dunha soa proba, a que se disputará en Valencia o 17 de decembro. Esta vitoria supón distanciar un pouco máis ao seu gran rival, o catalán Jofre Cullel. Iván entraba en meta como sexto absoluto noutra gran carreira. En júniors, Carlos Canal soamente podía alcanzar a sétima posición, mentres que en mulleres cadete, Noela Saa era quinta. En cadetes, Martín González

finalizaba décimosegundo. Unha vez máis, o conxunto do Academia Postal - Actyon MMR segue logrando podiums en cada unha das probas da Copa de España que disputa. Copa Galicia Tamén se disputaba esta fin de semana unha proba da Copa de Galicia en Santiago. Participou Roman Saa proclamándose vencedor na categoría sub 23 con Raúl González en terceira posición.

Román Saa vencía -en sub 23- na Copa Galicia de Santiago

Centrada na aventura e a exploración, a XIX Semana Audiovisual do Club Alpino Ourensán traerá a Ourense desde o 28 de novembro ao 1 de decembro experiencias e viaxes a sitios inhóspitos, emocionantes aventuras contadas polos seus propios protagonistas. Este ano, e ao longo de cinco días, ás 20:00 horas na Sala Emilia Pardo Bazán do edificio de Facultades do Campus de Ourense poderase gozar, da primeira expedición extraeuropea ourensá a África, pero tamén doutras aventuras, co denominador común da exploración, centradas elas en América do Sur. Grazas á Fundación Florencio Álvarez e María Teresa Esteban e á Universidade de Vigo poderase gozar en Ourense e achegarse dunha maneira amena ao mundo da montaña. Programa A primeira cita será o

martes 28 de novembro, onde varios participantes da primeira expedición ourensá a África, nesta ocasión ao Alto Atlas, contarán como xurdiu esta actividade, despois dun intenso período montañeiro nas altas cumes da península e os macizos europeos, como pretenden unha nova fronteira nos grandes cumios do continente africano. Un día mais tarde mércores 29-, os socios do club, Carmela Conde e Enrique Soto, compartirán a súa experiencia, unha viaxe realizada entre novembro e decembro por América do sur. Unha viaxe de navegación en kaiak polo Parque Nacional de Chiloé (Chile) e o trekking de “a W”, que constituíu o comezo da gran travesía en kaiak polo río Serrano, o río Tinda, o Fiordo Sé e o Estero “Última esperanza”. Continuando en Ámérica do sur, o xoves 30 de novembro, Raquel Nova, aventureira que durante cinco meses realizou unha viaxe desde centro

XIX Semana Audiovisual do Club Alpino Ouensán.

américa ata a rexión mais austral do planeta, A Patagonia. Polo camiño mergullou, ascendeu picos de mais de 5.000 metros, descendeu barrancos e realizou travesías andinas de varios días de duración, pero sobre todo, empapouse do espírito viaxeiro e das diferentes culturas de todos os paises que coñeceu: Costa Rica, Colombia, Ecuador, Perú, Bolivia, Chile e Arxentina. A clausura desta rdición Audiovisual correrá a cargo de Eñaut Izaguirre o venres, membro da expedición Incógnita patagonia, un proxecto que xunta exploración, cartografía glaciar e alpinismo. Tivo como obxectivo explorar e atravesar por primeira vez o campo de xeo Cloué, na illa Hoste (extremo austral de Sudamérica), ascendendo cumes inescaladas e cartografiando o retroceso glaciar nunha das zonas mais remotas e incógnitas da Patagonia.

As proxeccións terán lugar na Sala Emilia Pardo Bazán -20 h- do edificio de Facultades do Campus de Ourense

EN BREVE 4 Tenis de

mesa

O Galmédica Ourense tenis de mesa, equipo que milita na Segunda dvisión nacional vén de gañar na pista do Vilagarcía. O igualado do resultado (3-4) deixa ver o complicado desprazamento que tiveron os ourensás a terras arousás. Con esta vitoria o Galmédica Ourense é sexto con seis puntos. Esta fin de semana hai descanso e a competición reanúdase para a seguinte coa visita do Naronense ao Paco Paz (sábado, 2 de decembro ás 17 horas). Os de Narón son oitavos.

4 Fútbol

gaélico

Pleno de victorias para os equipos feminino e masculino do Auriense. Na última xornada de fútbol gaélico, no campo da Universidade xogáronse dous encontros da Liga Galega de Gaélico coa visita de Ártabros de Oleiros. Os homes venceron claramente: Auriense FG 10-12 (42) - Ártabros de Oleiros 1-6 (9), ao igual que as mulleres: Auriense FG 2-13 (19) - Ártabras de Oleiros 2-02 (8).

4 Rali clásico A Escudería de Clásicos de Ourense organiza para o domingo, 26 de novembro, a 19ª edición do Rali das Lentejas. Ademais, o 16 de decembro, organiza o V Rali Urbán Solidario, no que pretenden recaudar 1.000 quilos de alimentos.


Barrios DEPORTIVO 24 de novembro de 2017

FÚTBOL

Postos de ascenso para a UD Ourense

Vilachá comeza con vitoria na UD Barbadás

4 Este domingo recibe no Couto ao Moaña.

4 O equipo dos Carrís celebra o cambio de adestrador co triunfo ante Vilalonga.

R. Torres A Unión Deportiva Ourense marcha na segunda posición do grupo sur da Rexional Preferente galega. En 14 partidos suma 10 vitorias, dous empates e dúas derrotas para contar cun total de 32 puntos. Todo isto fai que o conxunto dirixido por Fernando Currás esté en postos de ascenso á Terceira división. A outra posición de acenso, a primeira, ocupaa o Estradense que lle saca catro puntos aos ourensáns (36). Os da Estrada caeron na segunda xornada ante os unionistas (4-0), a terceira diante do Bande (0-2) e a partir de aí suman todos os seus partidos por vitorias (11 consecutivas). O grupo perseguidor da UD Ourense o lidera o Sanxenxo, que con 28 puntos están a catro dos

ourensáns; cos mesmos puntos o Bande é cuarto, e a sete, con 25, está o Moaña. A falta de cinco xornadas para que remate a primeira volta as cousas marchan ben para os do Couto. Moaña Este domingo, a partir das 16:30 horas reciben no Couto ao Moaña. Unha vitoria local faría que os pupilos de Currás distancien a un rival directo a 10 puntos, deixandoo practicamente descartado para a loita polo ascenso. Desde a entidade ourensá queren manter a racha de vitorias en casa. Xa son sete os encontros que disputaron no Couto, no que vai de liga, contando todos por vitorias. Ourensáns O Bande, despois dun gran inicio de competición

foi perdendo puntos nas últimas semanas o que lle fixeron baixar ata a cuarta posición. Esta fin de semana visitan ao Beluso. O Ribeiro, que vén de vencer a pasado xornada, aínda que continúa de pechacancelas, visita ao Alertanavia, equipo que marca a salvación con dous puntos máis que os de Ribadavia. Pola súa banda, o Nogueira, que tamén sumou os últimos tres puntos, ten un difícil desprazamento ata Porriño para xogar diante do cadro Industrial. Os de Luíntra son penúltimos.

O domingo, ás 16:30 h no Couto, UD Ourense Moaña

R.T. A era Vilachá comeza con bo pé en Barbadás. O equipo dos Carrís celebra o cambio de adestrador co triunfo ante Vilalonga. Gol de Caique que lle da os tres puntos despois de 12 xornadas sen gañar (a última vez que acadaran os tres puntos fora na terceira xornada). No partido contra o Vilalonga, Vilachá xa exerceu de adestrador aínda que non puido estar no banco. Durante os primeiros minutos estivo dirixindo aos seus ao carón do mesmo, pero o árbitro mandoulle saír desa zona. Desde a nova ubicación (enriba dos vestiarios) o novo técnico non parou de dar indicacións aos xogadores. Como se dun equipo distinto se tratara, o Barbadás tivo o gol en varios ocasións durante o primeiro cuarto de hora. A pesar do dominio “azu-

lón” o marcador non se movería nos primeiros 45 minutos. Pero si o fixo na reanudación. Caique anotaba o tanto que supoñía sumar tres novos puntos no casilleiro. Con esta vitoria, o Barbadás continúa en postos de descenso pero, o que é máis importante, coa crenza de que poden revertir a situación. O conxunto ourensán está a catro puntos da salvación, que a marca, precisamente, o seu rival: Vilalonga. Esta semana xogan en Espiñedo diante do Arenteiro, a partir das cinco da tarde, no que será o derbi ourensán desta xornada na Terceira. Arenteiro O equipo do Carballiño, que caeu ante o Boiro (2-1) a pasada xornada está na zona media da táboa clasificatoria. Con 25 puntos é undécimo, a cinco puntos do playoff de ascenso.

Vilachá. Barco e Ourense CF O Barco é o conxunto ourensán mellor clasificado. Conta no seu casilleiro con 28 puntos o que lle fai ocupar a sexta posición (a dous puntos da promoción de ascenso). Os de Javi Rey, que veñen de vencer ao Alondras por dous a cero, visita ao Noia na procura de tres novos puntos que os manteñan nos postos altos. O Ourense Club de fútbol recibe ao Somozas o domingo, a partir das 12 horas, no Couto, coas cámaras da TVG2 presentes. O Ourense CF é 12º con 26 puntos, dous menos que o seu rival nesta xornada.

Arenteiro - Barbadás disputan o derbi en Espiñedo o domingo ás 17 h

Fran Martínez nun partido no Couto. /RAMSÉS.

Partido entre Barbadás e Vilalonga. /RAMSÉS.

O Ourense CF recibe ao Somozas ás 12 h no Couto


SAÚDE

Barrios DEPORTIVO 24 de novembro de 2017

200 pacientes estrearon xa o novo edificio de hospitalización do CHUO Con estes primeiros traslados culmínase a centralización do servizo de Medicina Interna nas plantas quinta e sexta do novo edificio e a creación da nova Área de Neurociencias. A provincia de Ourense conta cun total de 185 puntos de vacinación.

Deu comezo a campaña de vacinación contra a gripe Está dirixida a maiores de 65 anos e durará ata o 29 de decembro. A Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia vén de poñer en marcha este 23 de outubro en Ourense a campaña de vacinación antigripal, e que se prolongará durante dez semanas de xeito continuado ata o vindeiro 29 de decembro. O principal obxectivo desta iniciativa é minimizar o impacto da gripe na saúde mediante a súa prevención, tentando diminuír o número e gravidade das complicacións derivadas de padecela. Entre os obxectivos específicos destaca o de ofertar activamente a vacinación fronte a gripe para acadar unha cobertura do 65% na poboación de 65 ou máis anos e, ao igual que nos últimos anos, farase un especial fincapé na vacinación do persoal sanitario. A provincia de Ourense conta cun total de 185 puntos de vacinación. Así os ourensáns poderán recibir as correspondentes vacinas en 107 centros de saúde, en 6 puntos emprazados en centros hospitalarios, en 32 centros sanitarios privados, 31 residencias de terceira idade e 3 residencias de discapacitados, entre outros. Nesta campaña, Sanidade vén de investir 1.956.240 euros que posibilitou a adquisición dun total de 560.000 vacinas

antigripais. Concretamente, os responsables sanitarios consideran que para acadar os obxectivos de cobertura en Ourense, ao longo de toda a campaña, haberá que administrar unhas 70.000 doses. Dende a Consellería inciden en que a vacinación durará dez semanas e que hai tempo suficiente para facela progresivamente. Como nas pasadas campañas, en 2017 manteranse as indicacións de vacinacións dos últimos anos, ofertando a vacinación a todas as persoas con maior risco de padecemento da enfermidade e as súas complicacións: persoas de 65 ou máis anos e persoas menores de esa idade pertencentes aos grupos

de risco (persoas con patoloxías crónicas cardíacas, respiratorias, renais, endocrinas... persoas con cancro ou outras inmunodeficiencias, persoas con obesidade mórbida, persoas con disfunción cognitiva…); e tamén a persoas con posibilidade de transmisión a grupos de risco, entre os que se atopa o persoal sanitario, e traballadores esenciais para a comunidade. Á presentación da campaña acudiron a delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz; a xefa territorial de Sanidade, María Villar; e a subdirectora de Procesos de Enfermería da Xerencia de Xestión Integrada, Dolores Sánchez.

Ao redor de 200 pacientes hospitalizados nos Servizos de Medicina Interna, Neuroloxía e Neurocirurxía estrean, desde outubro, as novas instalacións do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense no Edificio de Hospitalización,que está previsto acade a súa plena ocupación a finais de novembro. Este traslado progresivo permite garantir as máximas medidas de seguridade e eficiencia, mantendo a plena normalidade asistencial no resto de unidades e servizos, así como a continuidade asistencial nas novas instalacións. Nos operativos dos traslados participaron ao redor dun cento de profesionais, das distintas categorías, que formaron diversos equipos de entrega, traslado e ingreso dos pacientes, así como de atención aos seus achegados. Para garantir ao máximo a seguridade dos pacientes, ademais do

persoal dos devanditos equipos, contouse cun equipo de Primeira Intervención, formado por un médico, enfermeira e auxiliar, con equipamento de emerxencias para atender calquera incidencia. Continuidade O Plano Operativo de Traslados deseñado pola Xerencia de Xestión Integrada do Sergas en Ourense ten por obxectivo fundamental que non incidan na continuidade asistencial do complexo, causando a menor alteración posible no conxunto dos pacientes e garantindo, en todo momento, tanto a seguridade dos que se trasladan como dos que permanecen hospitalizados ou ingresen nos días previstos de traslado. Con este mesmo obxectivo, nas pasadas semanas realizáronse visitas guiadas para o persoal, profesionais e asociacións de pacientes, implicados no sector saúde de Ourense. Ata o traslado ás novas instalacións de todas as unidades de hospitaliza-

ción previstas, as entradas ao Complexo, de pacientes, profesionais e visitantes, manterase polos accesos habituais. Hospital integrado e cohesionado As novas instalacións fan realidade a esperada ampliación do CHUO, que conta agora cun novo edificio de dez pisos mais cuberta, a maior parte, sete plantas, adicadas á habitacións e áreas de hospitalización, ben comunicadas co resto das áreas nas que se manterán os ingresos (Cristal, Materno e Cirúrxico) así como coas áreas cirúrxicas, de probas diagnósticas, urxencias e críticos. A ampliación está a permitir redistribuir os servizos internamente, centralizando a hospitalización nun único núcleo; reservar o Santa María Nai como centro de consultas externas e probas ambulatorias, e especializar o edificio Materno-Infantil, na atención infantil e do proceso de embarazo e parto.

4 Datos da campaña 2016 Ourense continúa a ser a provincia cos niveis máis altos de cobertura. En 2016 acadouse unha porcentaxe do 60,53 % nos maiores de 65 anos, máis de 4 puntos por riba da media galega e mellorando os resultados con respecto a 2015. No ano pasado foron distribuídas 80.134 doses só na nosa provincia. Destaca a vacinación dos profesionais, que se

incrementou nun 10% en relación ao ano anterior, chegando ata o 35,16% no caso do persoal sanitario dos centros de saúde. Na pasada campaña, na provincia ourensá notificáronse 4.904 casos de gripe, dos que 120 foron ingresados e se rexistraron 12 falecementos. Tamén foi a que menos ingresos e chamadas ao 061 contabilizou.

Nos operativos de traslado de pacientes participaron un cento de profesionais.


Barrios DEPORTIVO 24 de novembro de 2017

BALONCESTO

O Carmelitas, un máis en Primeira 4 O cadro ourensán aséntase na nova categoría. Redacción O Carmelitas debutaba este ano na Primeira división nacional de baloncesto. Despois de oito xornadas, o equipo dirixido por Suso Garrido está asentado na categoría e con opcións reais de acadar o obxectivo marcado para esta tempada, que non era outro que o da permanencia. Nestas oito primeiras xornadas de campionato suma catro vitorias por

outras tantas derrotas. Todos os partidos que remataron con triunfo foron como local no polideportivo Vedruna (tan só perdeu na casa ante o todopoderoso Tirso de Cantabria por 3074). O luar está cando xoga como visitante, tres encontros lonxe de Ourense e tres derrotas. Co triunfo desta pasada fin de semana ante Fodeba (ao que gañou 64-46) as ourensás ocupan a cuarta posición da clasificación.

Maristas Esta xornada tócalles xogar diante dun dos “cocos”: o líder Maristas. Para a seguinte semana volverán a ser visitantes ante o Pío XII Rosalía; este partido será unha boa ocasión para sumar a primeira vitoria lonxe de Ourense, xa que o seu rival é penúltimo. As colexialas volverán a disputar un encontro como locais o vindeiro 10 de decembro, O seu rival será o Torrelavega, equipo da parte baixa da táboa clasificatoria. Primeira autonómica O Universitario Campus Ourense vai con paso firme na Primeira división autonómica. A última vítima das universitarias foi o

O COB necesita reforzos 4 Así o reclamou o técnico á conclusión do partido contra o Lleida. Redacción Tralo encontro contra o Lleida, o técnico Gonzalo García de Vitoria o dicía claramante: “hoxe o víchedes, deixaban tirar a algúns xogadores que nin sequera os defendían”. Ademais, incidía na xuventude dun plantel no que a maioría está en período de formación e non teñen un rol determinante no aspecto ofensivo do xogo -o equipo leva tres derrota en finais igualados-. Sobre se necesitan reforzos, o adestrador tirou

de ironía, “mira a clasificación, se lle das a volta ao xornal tes a resposta”, facendo referencia as oito derrotas e unha vitoria que levan actualmente. Desde fai semanas estase peinando o mercado e mirando vídeos de xogadores que interesan, traballo que se intensificou desde a pasada fin de semana. Ademais, a baixa por lesión de Rokas Uzas e a ausencia de Roope Ahonen para o encontro fronte Cáceres fai que apremie todavía máis un ou dous reforzos.

Cáceres Con estas dúas baixas para o partido contra os estremeños, o panorama non é moi alentador; dous dos piares do equipo non estarán baixo as ordes de Gonzalo García de Vitoria. A pesar das dificultades, van coa intención de sacar o partido adiante. A xuventude da plantilla (sen contar a Héctor Manzano, a media dos que xoguen ante Cáceres é de 21 anos) é un handicap que tenta converter en virtude o adestrador, “teñen que ter a liberdade de equivocarse”.

BBCA Cabo Prior, a quen lle venceron por 76 a 41. Con esta vitoria son xa cinco os triunfos noutros tantos partidos, o que as coloca como líderes (empatado a vitorias co Star Center Galicia). PBB Os Campus visita ao PBB nesta xornada -a número seis-, que suma unha soa vitoria desde que comezara a Liga. O seguinte partido no polideportivo da universidade será o vindeiro día 2 de decembro ante o Sarria.

O Carmelitas ocupa a cuarta posición en 1ª nacional O técnico falaba do rival desta semana como un equipo “compacto”, que manten “o bloque da pasada tempada”. Destacou a Guillermo Corrales como “o xogador máis valorado da plantilla e coas cousas claras”. “Xogan moito a tiro de tres e o fan con moita ledicia”, afirmaba Gonzalo. Tamén adevertía do xogo de poste baixo de Rolandas Jakstas, xa que está “xogando a moi bo nivel”. E non se esqueceu do ex xogador do COB Sergio Pérez, “un xogador que fixo carreira como tres en ACB como tirador e que agora a fai en Ouro como catro”. Gonzalo quere que o seu equipo “sexa agresivo” e corte “as liñas de pase”, finalizaba. Melilla Tras este encontro, o Rio Ourense Termal recibe o martes, 28 de novembro ás 21 horas, ao Melilla no Paco Paz. Dous partidos complicados para un equipo ao que lle apremian as vitorias para non afundirse no pozo da clasificación.

Roope Ahonen dirixindo o xogo do COB no partido ante Lleida. /RAMSÉS.

Roope Ahonen e Rokas Uzas son baixa para este partido

Partido do Carmelitas no Vedruna. /RAMSÉS.


POLIDEPORTIVO

Barrios DEPORTIVO 24 de novembro de 2017

Tres podios para o Salvour na Liga galega 4 Andrea Bello, Silvia Fernández e Jorge Sánchez lograron medalla na primeira xornada. Redacción

Equipo alevín do Club Natación pabellón Ourense.

O CNPO comeza ben a liga 4 Nas categorías alevín e benxamín. Redacción A piscina Rosario Dueñas do pavillón municipal de Ourense foi a sede da primeira xornada na liga alevín e benxamín de natación. Os deportistas do CNPO, nadaron a un gran nivel logrando multitude de mellores marcas persoais e varias mínimas galegas en categoría alevín. Entre o máis destacado, por parte dos benxamíns, foron varias probas dominadas tanto no lado masculino como feminino. Ademais sinalar o gran nivel mostrado por moitos dos recentemente chegados á categoría na presente tempada que

mostraron a súa completa adaptación. Por outra banda, os alevíns tamén cumpriron con creces, a pesar da dureza das probas e do pouco tempo de recuperación entre todas elas. Mínimas Entre o máis destacado, sinalar as primeiras mínimas autonómicas da tempada para Uxía Campos, en 200 braza e 400 libre; Breogán Janeiro, en 200 braza, mesma proba onde tamén acreditaba tempo Alba de la Fuente, mentres que no hectómetro a crol Brais Fernández e Andrés Araújo facían o propio.

Deu comezo, o pasado domingo, día 19 de novembro, a Liga galega de salvamento e socorrismo. Na piscina municipal de Caldas de Reis tivo lugar a primeira xornada da competición en augas pechadas para os clubs do grupo sur, e na de Arteixo o fixeron os do grupo norte. O club ourensán presentou á competición a 10 dos seus mellores deportistas. Na sesión matinal disputáronse as probas en categorías inferiores (alevín, infantil e cadete) onde participaron as deportistas cadetes Mencía Seara González e Aldara Nerea Vesprini Pérez nas probas de 200 metros obstáculos e 100 metros de rescate de maniquí con aletas. Na devandita sesión tamén participou o infantil Xenxo Fernández Fernández nos 100 metros con obstácluos, os tres con boas marcas

Xenxo Fernández nunha das probas que disputou. aínda que lonxe dos postos de pódium. Na sesión de tarde competiron as categorías xuvenil, junior, senior e máster, na que Andrea Belo Armada, Silvia Fernández López e Jorge Sánchez Taboada demostraron estar en plena forma e colocáronse entre os mellores nas probas que disputaron, especialmente

Silvia Fernández na proba de manequí.

nos 200 metros obstáculos -logrando podium-. Excelente actuación dos demais integrantes do equipo ourensán integrado por Nerea López Domínguez, Eva Espiñenta Fernández, Silvia Quintela Álvarez e Samuel Iglesias Méndez que nalgún caso chegaron a mellorar marcas persoais.

Campus Ourense Rugby Redacción O Campus Ourense Rugby continúa a súa marcha imparable nos econtros que fai de anfitrión; cousa ben distinta é cando xoga lonxe de Ourense. O equipo dirixido por David Monreal venceu na última xornada disputada (a número oito) ante o Kaleido Universidade de Vigo R.C. No derbi universitario os ourensáns gañaron con contundencia (54-30). Dos oito partidos disputados os ourensáns lograron as catro vitorias nos partidos disputados no Campus e catro derrotas cada vez que lles tocou viaxar. Depois de oito xornadas disputadas o Campus está na zona media da táboa -sétimo- con 21 puntos no seu casilleiro. Zarautz Tralo parón da pasada fin de semana a competición reanúdase na división de prata do rugbi nacional cos ourensáns viaxando a terras vascas para xogar diante do Babyauto Zarautz. Os vascos son terceiro cun partido máis cos ourensáns. Unha vitoria suporía romper a racha negativa lonxe da casa e vencer a un dos equipos punteiros da competición. Keltia Na Primeira Galicia o Keltia In Peccatum Ourense sitúase líder tras vencer no campus universitario ao CRAT (60-13) e perder Os Ingleses nesta xornada.


Barrios DEPORTIVO 24 de novembro de 2017

especial SAN MARTIÑO

A triple coroa de Aleja

4 Marta Casanova foi repescada como a mellor n R. Torres

De arriba a abaixo, os atletas esperando o pistoletazo de saída; primeiros metros da carreira absoluta; un atleta tivo que ser axudado pola organización ao rematar a proba; os de Bande o pasan en grande. /M. REJO.

A 41ª edición da carreira popular do San Martiño deixounos ao atleta local Alejandro Fernández logrando o seu terceiro triunfo na cita e a Marta Casanova como campioa ao ser repescada despois de ser descualificada nun primeiro momento. Unha operación no tendón de Aquiles fai meses e unha lenta recuperación non foi impedimento para que o deportista que regresa este ano ás filas do Ourense Atletismo lograra unha vitoria de prestixio. E é que non estaba claro que ía a ser o vencedor cando no quilómetro oito

seguía a estela de Alejo Ares (Adas - Proinor). O pundonor de Fernández e a intelixencia nos metros finais fixo que se recompoñera e lograra unha vitoria moi especial. Aínda que o seu tempo está lonxe do que pode dar de si, o certo é que vai polo camiño de ser o mesmo de antes. Fernández parou o crono tralos 10 quilómetros nun tempo de 30 minutos e 41 segundos. Tres segundos despois chegaba Ares (30:44). A terceira posición foi para David Santos (Verxel Nutrición Deportiva) cunha marca de 30 minutos e 54 segundos. O top 10 completáro-

no Iván Roade, cuarto; Rubén Diz, quinto; Carlos Villamor, sexto; Manuel Hurtado, sétimo; Estebán Iglesia, oitavo; Ivo Maseda, noveno; e Jorge Puig, décimo. A polémica En canto a mulleres, Marta Casanova foi a máis rápida pero unha norma pouco clara deixouna sen poder subirse ao podio a recoller o premio, que ao longo da tarde lle foi concedido. O motivo foi que unha norma da Real Federación Española de Atletismo impedíalle correr na San Martiño -ten licenza federativa doutra comunidade


SAN MARTIÑO especial

Barrios DEPORTIVO 24 de novembro de 2017

andro na San Martiño

na categoría feminina. (Casanova é de Lugo con ficha asturiana)-, pero dita norma foi modificada este ano. Despois de varias consultas durante a tarde do propio día da proba resolveuse a favor da atleta, que recibiu o premio pero quedouse sen subir ao podio a recollelo. Se a San Martiño estivera no calendario nacional non habería estos problemas, pero soamente está calendada no autonómico. Mulleres Trala resolución do comité de competición o podio feminino estivo encabezado pola citada Marta Casanova; a atleta

do Universidade de Oviedo empregou un tempo de 34 minutos e 47 segundos. Na segunda posición remataría Ester Navarrete (do FC Barcelona) con 35:14. Pecharía o podio Sandra Mosquera (Adas Proinor) en 36:13 minutos. Esther Rodríguez foi cuarta; Clarisse Pinho, quinta; Sofía Freaza, sexta; Alice Finot, sétima; María Hurtado, oitava; Esther Pedrosa, novena; e Sonia Teijeiro, décima. Participación Este ano o bo tempo acompañou e poucos inscritos quedaron na casa sen participar. Na carrei-

ra absoluta remataron un total de 3.673 atletas. Na proba escolar o fixeron 2.765, mentres que na de cativos o número de participantes foi de 2.221; entre as tres carreiras o número total de chegados a meta foi de 8.659. Un éxito de participación que da mostras da boa saúde da San Martiño.

Entre as tres carrreiras 8.659 atletas chegaron a meta nesta 41ª edición da San Martiño

De arriba a abaixo, Fernández e Ares -primeiro e segundo- fundidos nun abrazo; a primeira muller -Casanova- en meta; dúas atletas saudando á cámara; e os escolares na súa carreira. /M. REJO.


10

Barrios DEPORTIVO 24 de novembro de 2017

Mundial de jiu jitsu Redacción O jiujitsuka ourensán do club Marbel, Felipe Iglesias, participará do 24 a 26 de novembro no Mundial da especialidade, que se disputará en Bogotá (Colombia). Iglesias será o único español na modalidade de loita da reducida expedición (seis integrantes da selección española). Será o quinto mundial consecutivo do ourensán, actual subcampión europeo, quen participará unha vez máis na categoría de loita de -56 quilos, co dobre reto de cumprir o peso na báscula e manter o máximo nivel para optar ás medallas, contra un puxante e novo grupo de rivais. Felipe, ao peche desta edición aínda non tiña comezado a súa competición. O seu máximo logro foi un subcampionato, sendo o primeiro galego en lograr tal posto. A competición desenvolverase no palacio dos Deportes de Bogotá, a capital do país. O recinto dispón dunha capacidade para 5.000 espectadores e atópase no Parque Metropolitano Simón Bolivar.

Felipe Iglesias.

NOVAS

O sénior do Dompa Xestión perde ante o Xiria 4 A pesar de vencer no primeiro set. Redacción O equipo feminino do Dompa Xestión da Primeira división autonómica xogaou ante o Ad Xiria Asesoria Cervantes. A pesar de levarse o primeiro set non foron quen de manter a renda e finalmente perderon por 1 a 3. Outros resultados En canto a outros resultados dos equipo do club foron os seguintes. O cadete feminino enfrontabase ao equipo de Lugo nun encontro, a priori, moi difícil para as ourensás xa que se enfrontaban ao invito líder da Liga. Tras un primer set a prol do equipo amurallado, os dous seguintes foron para o da Cidade das Burgas. As lucenses souperon recompoñerse e darlle a volta ao marcador para levarse o partido por tres sets a dous. O equipo xuvenil de

Equipo xuvenil San Martiño.

2ª división tamén xogaba contra o Lugo. O conxunto ourensán logrou unha fácil vitoria por 3 a 0. O xuvenil Dompa Xestión de Segunda autonómica recibía ao Pontevedra a quen non lle deu opción de vitoria vencéndolles por 30 e continuando imbatido na competición doméstica. O cadete Dompa Xestión de 2ª división autonómica lograba a vitoria por 3 a 0 ante o AD Xiria Almacéns Agro. Equipo masculino Nesta xornada estreábase o equipo masculino de Dompa Xestión que se enfrontaba ao equipo sénior feminino San Martiño ao que venceu por tres sets a cero. Hemisferios RB CVO O equipo de Primeira división feminino (grupo A), o Hemisferios Ribeira Sacra CVO venceu nun gran encontro ao Ule. O resultado foi de dous

sets a tres con parciais (23-25/25-21/21-25/2521/13-15). Esta vitoria consolida ás ourensás na zona noble. Agora ocupan a cuarta praza con 13 puntos. Aínda que está lonxe dos líderes (Sestao e Rivas Ciudad Deporte) garda unha boa renda con respecto aos de abaixo (sácalle sete puntos ao oitavo). Precisamente o oitavo clasificado -Mintonette Pozuelo- será o próximo rival. O voleibol Ourense recibeo no Pompeo este domingo, día 26 de novembro, a partir das 12 horas.

Este domingo, no Pompeo ás 12 h, o Hemisferios recibe ao Mintonette Pozuelo

Un dos combates da Liga de judo de clubs.

Arteixo e Famu de Frutos, campións da Liga de judo 4 Na Segunda masculina venceu o Bitácora. R.T. A Liga galega de judo XV Trofeo Cidade de Ourense pechou a edición deste ano o pasado 18 de novembro. E o fixo coas vitorias do Judo Club Arteixo, o Bitácora e o Famu de Frutos logo de vencer na xornada de playoffs polos títulos. En xogo estaban os títulos de primeira e segunda masculina e categoría feminina. O torneo que congregou a un bo número de deportistas nas instalacións deportivas do complexo de Oira, aínda que ningunha presenza local.

Podios En Primeira masculina o título foise ata A Coruña, concretamente ao Judo Club Arteixo, que se impuxo ao Famu de Froitos A. O terceiro chanzo do podio foi para o Jiu Jitsu Club Coruña. En Segunda división masculina, a Bitácora venceu ao Famu de Froitos B -segundo-, mentres que o terceiro chanzo do podio foi para Galicia Sur. Por último, en categoría feminina, a vitoria foise a parar a mans do Famu de Froitos, que se impuxo no cruzamento final ao UDC. Completou o podio da competición o Judo Baixo Miño B.


BALONMÁN

Barrios DEPORTIVO 24 de novembro de 2017

ao descanso cun 16-7 xa case definitivo. Mellorou un pouco na segunda parte o Nova Xestión Pavillón, pero non o suficiente para recurtar diferenzas no marcador. Serviu o partido para dar oportunidades aos menos habituais e traballar algúns sistemas. Ao final un xusto 27-14 que demostra a superioridade dos olivicos. A semana próxima, recibirán nos Remedios, ao Moaña, equipo que ocupa a cuarta posición, empatado a puntos co conxunto ourensán. Equipo sénior feminino do Nova Xestión Pabellón.

Derrota do Nova Xestión Pabellón ante o Carballal 4 O sénior feminino perde a primeira posición. R.T. O Nova Xestión Pabellón caeu na casa diante do Carballal o que lle fai perder a súa condición de líder. O sábado pasado vivíase no anexo dos Remedios o partido da xornada. O primeiro e o segundo clasificado de Segunda autonómica, medianse nun partido de poder a poder, intenso, bonito e divertido, onde as ourensás caeron pola minima (25-26) ante o Carballal. Empezaron espesas as pavillonistas con malas circulacións e erraticas no lanzamento, o que fixo que o primeiro período fosen a remolque, iso se con diferenzas tan curtas que se chegou ao descanso con igualdade no marcador a

14. O segundo tempo gañou en intensidade, pero as ourensás continuaban fallando arriba as situacións claras diante da porteira viguesa, que se erixiu en punto crave para o resultado final. Un último ataque para as mozas de Zarra que xestionaron mal o tempo e deixaron escapar un empate que fose merecido no marcador (25-26). As ourensás reciben esta fin de semana nos Remedios ao Seis do Nadal Coia. Sénior masculino Os ourensáns enfrontáronse a pasada xornada ao segundo clasificado da categoría. Partido que se presaxiaba difícil, como así foi, e como reflicte o

marcador final cuns paupérrimos 14 goles, que fan imposible competir nun partido ante un dos cocos da categoría. Dous primeiros minutos ilusionantes, con boas circulacións de balón, facían pensar que podía haber un partido moito máis igualado.

Pero a medida que avanzaba o encontro íanse diluíndo os das Burgas, ante un rival moi activo defensivamente, cunha proposta de xogo moito máis activa e veloz. Só as rotacións espertaron un pouco aos pavillonistas, pero a diferenza só fixo incrementar ata chegar

Equipo sénior masculino do Nova Xestión Pabellón.

A base O xuvenil feminino fixo o que tiña que facer e venceu de forma clara ao Chapela antes dos dous compromisos vitais contra Teucro e Cañiza, que as pavillonistas afrontan como locais en busca do ascenso a Division de Honra. O partido tivo un só dominador coa participacion de todas as xogadoras e anotando todas elas. Esta xornada reciben ao Teucro. O infantil feminino do Nova Xestión Pabellon nada puido facer na súa visita a Moaña. As numerosas baixas foron unha laxa para pelexar por un partido que sen dúbida tivese outra cara de contar

11

as pavillonistas con todo o persoal. Ao final 28-18. Primeira vitoria do infantil masculino, que gañaron o seu partido cunha defensa 3:3 moi presionante, e madurando o partido en ataque. O equipo local apoiábase no seu xogador máis importante, ao cal o lateral Álvaro, foi capaz de parar a pesar da corpulencia do rival. O bo acerto en ataque dos xogadores do Nova Xestión Pavillón, fixo que a renda nunca baixase de tres goles. Ao final as rotacións non afectaron ó marcador ante un desesperado Chapela. Vitoria fácil ante Porriño do cadete masculino. Bo traballo de todos os xogadores do Pavillon. Destacar o papel de Daniel Doniz, que coa axuda dunha defensa, que cada vez vai a máis, foron capaces de deixar a porteria en tan só 12 goles, antes de ir visitar ao Chapela no duelo máis importante da competición. Presentabase o equipo xuvenil do Nova Xestión Pavillón coa necesidade de conseguir os dous puntos para non descolgarse da zona que evita o descenso e conseguiuno desde o primeiro minuto. Rendas que nunca baixaron dos 2 goles, unha madurez defensiva e a paciencia no ataque fixeron que se levasen un partido que era vital para manter a categoría.

O equipo sénior feminino recibe esta fin de semana ao Seis do Nadal - Coia e o masculino ao Moaña


12

Barrios DEPORTIVO 24 de novembro de 2017

FÚTBOL SALA

Partido do Sala Ourense nos Remedios. /ARQUIVO. Figo sorteando rivais do Universidade de Alicante. /RAMSÉS.

Ourense Envialia e Cidade das Burgas, a pé cambiado 4 Os dous conxuntos ourensáns están nunha mala dinámica. R. Torres Ourense Envialia e Cidade das Burgas están nunha mala dinámica de resultados na Primeira división de fútbol sala. O Envialia comezara moi forte a tempada, mentres que o Cidade non sabe o que é gañar neste curso. As de Chipi levan nas últimas cinco xornadas catro derrotas e unha soa vitoria, o que fixo que saíran da zona noble da clasificación. As ourensás son sétimas con 14 puntos, a 13 do líder Futsi. O peor é que non se recoñece ao equipo que tan bo xogo fixo durante as primeiras xornadas de campionato, e que facía soñar con algo grande. Demasiado pronto se descolgaron da loita polos primeiros postos e cunha solución complicada se temos en conta que o equipo que está por diante (o Alcorcón) lle saca seis puntos. Contra Futsi, último rival polo momento, se podía perder, pero a sensación de que non se competiu en case ningún momento é o máis preocupante de todo. Falta de cohesión e que cada xogadora queira facer a guerra pola súa conta, agudizan a crise do equipo. Cidade das Burgas Caso distinto é o do Cidade das Burgas. Un equi-

po moi novo que ten que medrar a pasos axigantados se non quere perder a categoría a final de tempada. A inexperiencia e a mala sorte estánse cebando nas pupilas de Manolo Codeso nos finais dalgún encontro. Contra o Universidad de Alicante perderon por un gol nos últimos segundos; o mesmo que contra Guadalcacín, Burela e Leganés, cos que perderon pola mínima. As franxiverdes son penúltimas cun só punto (o logrado diante do Soto del Real na segunda xornada), pero o que é máis preocupante é que están a sete puntos da salvación, que a marca o

Guadalcacín. Vindeira xornada Nesta xornada, a número 13, o Ourense Envialia recibe ao Leganés. O partido muda do seu horario habitual e de día. Xogarase o domingo día 26, a partir das 12 horas nos Remedios. O Cidade das Burgas xogará como visitante na pista do UCAM Murcia.

O Sala Ourense continúa líder 4 Venceu ao Carballiño no derbi ourensán. R.T. O Sala Ourense continúa ao fronte da clasificación na Terceira división logo de vencer ao Carballiño (4-1) no derbi ourensán da décima xornada. Os de Kike García lograron unha cómoda vitoria ante un Carballi-

ño que o pasará moi mal este ano para lograr a permanencia -actualmente son os últimos-. Os ourensáns, con 25 puntos, son primeiros con tres puntos de diferenza con respecto ao segundo clasificado, o Coruxo, que ten 22 puntos. Pola súa banda, os de Arenteiro su-

man un só punto nas dez xornadas disputadas. Xornada 11 O Casás é o rival do Sala Ourense nesta xornada. O encontro terá lugar o sábado, 25 de novembro, nos Remedios a partir das cinco da tarde. O Carballiño recibe ao Santa Isabel no Paco Chao, as 18 h.

O sala Ourense recibe este sábado -ás 17 h nos Remediosao Casás

O Envialia recibe ao Leganés o domingo ás 12 h nos Remedios

Un dos equipos participantes no Torneo de fútbol sala de San Martiño organizado por Amencer.

Torneo de fútbol sala San Martiño

Marta Figueiredo no partido ante o Poio. /RAMSÉS.

A Asociación Xuvenil Amencer organizou o torneo de fútbol sala “San Martiño 17”. Participaron sete equipos que se dividiron en dous grupos, pasando dous equipos de cada grupo ás semifinais. Umbrella e Noces pasaron á final despois de vencer a Rosaliños e Mallos, respectivamente. A final gañouna o Noces, que venceu por 5 a 2. O seguinte torneo será o mércores 6 de decembro, día da Constitución. Será en clave solidaria, pois a inscrición será doar 20 Kg de alimentos (ou o seu equivalente en diñeiro) para a Operación Quilo que organiza Amencer xunto con Cáritas.


POLIDEPORTIVO

I BTT Trevinca

13

halterofilia

O Club Pabellón, campión galego feminino

Redacción A primeira ruta de ciclismo de montaña da Veiga, “BTT Trevinca”, dará a coñecer aos participantes a comarca e as súas paisaxes durante os 32 quilómetros de percorrido dos que consta esta proba que se celebrará o día 26 de novembro. A ruta, de tipo circular, ten a saída e a chegada en A Veiga, pero tamén pasará polas localidades de Casdenodres, Castromarigo, Candeda, Prada e Santa Cristina. A saída da proba será ás 10.00 horas, e a entrega de dorsais efectuarase unha hora antes. Os participantes contarán cun bono de 4 euros para consumir nos restaurantes e bares da zona.

Barrios DEPORTIVO 24 de novembro de 2017

4 Logrouno no salón Sportur.

Álex Fernández e Rubén Diz posando coa camiseta do Ourense Atletismo.

Alex Fernández e Rubén Diz fichan polo Ourense Atletismo Os atletas ourensáns Alex Fernández (gañador da edición deste ano da San Martiño) e Rubén Diz (vencedor do circuíto “Correndo por Ourense”) veñen de fichar polo Ourense Atletismo. Fernández chega despois de defender os intereses do Adas Proinor, mentres que Diz provén da Sociedade Gimnástica de Pontevedra. Dúas fichaxes para o club máis representativo da nosa provincia, que de seguro darán moitas ledicias ao longo da tempada 2017-18.

EN BREVE 4 Limiactiva A Asociación Deportiva Limiactiva, de Xinzo de Limia, celebra este sábado, 25 de novembro, o acto de presentación da tempada 2017-18. Á mesma están convidados tanto atletas como simpatizantes. O acto terá lugar a partir das 19 horas no Casino Antelano, sito na rúa Dous de Maio, 9.

Redacción

vantar un total de 175 kg.

O salón Sportur, celebrado en Expourense do 17 ao 19 de novembro, acolleu o Campionato de Galicia por equipos de halterofilia. En categoría feminina, o Club Pabellón logrou facerse co título autonómico. E iso que enfronte tiña ao actual campión da Copa da Raíña. O equipo formado por Andrea Montes, Alejandra Argenti, Eva Carrera e Eva Fernández impúxose ao Club Halterofilia Coruña. Destacar a Eva Fernández (-90 quilos) quen logrou batir o récord provincial ata en catro ocasións logranto le-

Masculina Francisco Díaz, Iván Darío, Miguel Gómez, Miguel Fernández, Adrián Rodríguez, Borja Fernández, Denis Ferreira, Saúl Vázquez, Pablo Ferreiro e Manuel González, representando ao club ourensán lograron o subcampionato, tan só superados polo Club Halterofilia Coruña. Destacada foi a actuación de Iván Daría, que logrou levantar 105 kg en arrancada e 141 en dous tempos. O Trofeo Infantil foi a parar a Iria Guevara e Eyén Díaz, na categoría feminina e masculina, respectivamente.

4 Cross O colexio Guillelme Brown celebra o vindeiro 2 de decembro, a 22ª edición do seu cross. Unha proba que conta con numerosas carreiras segundo a categoría e que ten na de pais e nais a súa proba máis divertida. As inscricións están abertas ata o martes 29.

Os catro atletas do Esprinter no maratón de Valencia. /ESPRINTES.

Catro Esprintes en Valencia O domingo 19 de novembro catro corredores do club de atletismo Esprintes Ourense, entre outros clubs ourensáns asistentes, tomaron a saída no Maraton de Valencia. Os catro deron completado os 42.195 metros da proba. Os seus tempos foron de 3 horas e 30 minutos no caso de Luís Fornos; 3:33, no de Manuel Rafael Pérez; 3; 39, para Óscar Garrido; e de 3: 40, para Felipe Iglesias.

Unha participante do Campionato de Galicia de clubs de halterofilia facendo un levantamento. /RAMSÉS.


14

Barrios DEPORTIVO 24 de novembro de 2017

NOVAS

Kayak, Fernando Pimenta, do Club Ponte de Lima (Portugal).

convocou nesta cita a boa parte dos seus parceiros, 21 en total. Esta cita converteuse nun punto de encontro para o sector onde tiveron cabida dende concellos ou outras entidades que quixeron promocionar os seus recursos vencellados a este sector (rutas de sendeirismo ou acuáticas, instalacións deportivas, carreiras, andainas, etc.), ata empresas de equipamentos para o deporte e a aventura ou especializadas na venda de paquetes turísticos que inclúen actividades deste tipo. Sportur Galicia foi tamén un centro de negocios, onde destacou a organización do 1º Workshop de Turismo Activo de Galicia no que participaron maioristas de viaxes especializados neste sector procedentes de distintos puntos de España e que contaron cun completo programa que os levou a manter máis de 80 reunións B2B cos representantes de destinos de

Para todos Organizado por Expourense e coa colaboración da Axencia de Turismo de Galicia e da Secretaría Xeral para o Deporte, Sportur Galicia naceu como un evento destinado a todos os públicos (deportistas, afeccionados ou principiantes de todas as idades, ademáis das familias) para que poidan coñecer os servizos, produtos e opcións vencelladas co turismo activo e o deporte que ofrecen os expositores. Tamén se converteu no mellor escaparate para as federacións deportivas de toda a comunidade, xa que dos 121 expositores participantes, 32 foron clubes e asociacións de distintos deportes que aproveitaron a súa presenza no salón para promocionarse organizando distintas exhibicións, adestramentos ou campionatos, coma o Campionato Galego por Clubes de Halterofilia ou o I Torneo Wushu Sportur Galicia. Os expositores desta primeira edición procederon de toda a Comunidade Galega e tamén de Portugal, destacando a importante presenza da Entidade de Turismo Porto e Norte que

Unha exhibición de taekwondo, a entrega dos premios do “Correndo por Ourense” e a visita de clubs, como a Unión Deportiva Ourense, foron o reclamo deste primeiro salón Sportur. /RAMSÉS.

Vista xeral de Expourense durante a celebración de Sportur.

O deporte foi o protagonista no salón Sportur de Expourense 4 A primeira edición do Salón do Deporte e Turismo Activo foi un éxito de participación. Redacción O I Salón do Deporte e Turismo Activo viviu tres días intensos en Expourense. Debido ao número de participantes e de visitantes esta primeira edición foi todo un éxito. Foron máis de 10.000 os visitantes atraidos por varios motivos: ben polas competicións que se celebraban ou por ver o que ofertaban os stands presentes. Outros dos motivos de reclamo foi o atletismo; por unha banda entregáronse os premios do circuíto de carreiras

populares “Correndo por Ourense”, e pola outra a recollida de dorsais que tiña lugar no Salón. Durante os tres días celebráronse distintos campionatos e exhibicións deportivas. Tamén se realizaron varias conferencias e presentacións de productos como as diferentes opcións que existen á hora de elexir a zapatilla de running dependendo da pisada. Visitas O salón recibiu ao longo de toda a fin de semana a visita de importantes re-

presentantes dos deportes como a do presidente do Comité Olímpico Español, Alejandro Blanco; o director de comunicación da Real Federación Española de Fútbol, Marcos Rocha; as xogadoras do Enviala F.S. que son Campioas de España de Fútbol Sala; o gañador da Volta a España 2008, Ezequiel Mosquera; os xogadores do Ourense C.F. e os da Unión Deportiva Ourense; os xogadores do Río Ourense Termal - Club Ourense Baloncesto e do Monbus Obradoiro CAB, así como tamén do subcampión olímpico en

A halterofilia estivo presente no Salón do deporte activo Sportur. /RAMSÉS.

turismo activo. Algúns dos deportes que estiveron representados nesta cita foron o ciclismo (infantil e rutas en bici de estrada e BTT fóra do recinto); wushu; halterofilia; tiro con arco; bádminton; marcha nórdica; petanca; voleibol; ximnasia rítmica; esgrima antiga; xadrez; fitness; pilates e zumba; pentatlón moderno; láser run; roller derby; bodyjump; hockey, etc. Tamén houbo obradoiros vencellados coa nutrición ou outros de realización de nós mariñeiros ou as presentacións do Campus con Vida da Universidade de Vigo-Campus de Ourense, ademais das degustacións de produtos autóctonos no stand de Porto e Norte.

Máis de 10.000 persoas achegáronse ata Expourense para coñecer Sportur


XIMNASIA

Barrios DEPORTIVO 24 de novembro de 2017

15

Barrios DEPORTIVO. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 185-2009. Redacción: r/ Bedoya, 7, 1º, of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 04 53 52 / 685 969 546. Correo-e: deportes@periodicobarrios.com. Distribúe: Lebre Mensaxeira. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción e fotografía: Ramsés Torres, Miguel Rejo. Colaboracións: C. Domarco. Nº169- Ano: IX - 24 de novembro de 2017 - Difusión: 5.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 04 53 52 / 685 969 546.

Daniel Pérez repite cuarto mundial 4 No campionato celebrado en Bulgaria. Redacción O ximnasta ourensán do Club Burgas Pontevedra, Daniel Pérez foi cuarto -en dobre minitramp- no mundial celebrado en Bulgaria; repetiu deste xeito a mesma posición que acadara hai dous anos en Dinamarca. Pérez foi superado na final -accedeu a ela coa segunda mellor puntuaciónpolos rusos Zalomin e Odintsov (primeiro e terceiro, respectivamente) e polo estado-

unidense Nacey. Cabe destacar que o ourensán foi segundo, este ano, no Internacional de Valladolid, ademais de proclamarse campión de España e sexto nos World Games. Pavillón Por parte do Club Ximnasia Pavillón lograron meterse en dúas finais. O sincronismo das benxamíns que remataron oitavas e María Fujú, que en dobre minitramp foi sétima despois de entrar na final na cuarta posición.

As benxamíns no podio -segundas pola esquerda- do Euskalgym.

Prata para as benxamíns do Escola Pavillón no Torneo Euskalgym 4 Ademais as júnior foron cuartas e as alevíns, quintas. Redacción

María e Marta en Bulgaria.

O Club Ximnasia Pavillón e Escola Pavillón participou no XII Torneo Euskalgym, un dos máis prestixiosos torneos no panorama nacional. Os clubs pavillonistas bateron records de resultados ourensáns neste evento. Acudían con sete conxuntos. O primeiro en competir foi o conxunto cadete do Ximnasia Pavillón, campión galego de promoción en xuño deste ano, que competía con conxuntos de nivel base. Xiana, Carla Estévez, Carla Moral, Leire,

Uxía e María Laura, nunca competiran fóra de Galicia. A presión de verse por primeira vez nunha competición destas características fixo que realizaran un pase digno pero sen o brillo do exercicio que lles otorgou o ouro no galego de xuño. As alevíns do Club Ximnasia Pavillón (Uxía, Iria, Carmen, Sara, Vera, Daniela e Sabela) sorprenderon co mellor exercicio, ata o de agora, de toda a tempada. Prácticamente sen erros, conseguiron unha quinta praza moi meritoria nesta categoría. O conxunto infantil do Escola Pavillón (Candela, Noa, Daniela,

Carla, Antia e Noa) obtivo unha moi boa nota, pero tivo un erro que pagou caro e as apartou do que puido supoñer un mellor resultado, situándoas na metade da táboa clasificatoria. Entre os conxuntos de nivel absoluto, as benxamíns (Noa Candela, María, Mariña, Claudia, Paula e Laura), co seu dinamismo, alzáronse como subcampioas do Euskalgym 2017, detrás do Club valenciano Les Marines, sendo terceiro o madrileño Club Algete. Outros equipos O equipo infantil (Candela Diaz, Candela Pérez,

Uxía, Claudia, Sara e Julia) alonxouse dos postos de relevancia a consecuencia dunha saída de aparato dunha ximnasta, erro que conseguiron minimizar continuando o seu exercicio con moito acerto. O conxunto júnior (María, Sabela, Rebeca, Sara, Paula e Lucía), que acudirá á Copa de conxuntos absoluto, acadou un exelente cuarto posto a escasos 0,150 puntos do bronce, superando a equipos de alto nivel. As sénior (Candela, Lorena, Uxía, Paula, María, Antía e Ana), composto na súa totalidade por ximnastas que están realizando xa a súa labor como adestradoras do club, realizaron a súa rotación con bastante corrección, aínda que con erros a superar nos poucos días que quedan ata a súa participación no nacional. Desde a directiva do club están moi satisfeitos cos resultados obtidos neste torneo e agardan melloralos nun futuro.


Barrios DEPORTIVO 24 de novembro de 2017


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.