Bd 160

Page 1

[ Páx. 2]

A UD Ourense presenta a súa plantilla para Preferente FÚTBOL

Páx.3

O Ourense CF xogará a vindeira tempada na Terceira División

BTT

Páx.4

O Club Ciclista Maceda continúa aboado ao podio

ATLETISMO

Páx.7

Rubén Diz logra a vitoria na carreira do Couto do “CxO”

KUNG FU

Páx.13

O Club Artai domina o kung fu moderno en Galicia e España

RUGBI

O Campus Ourense, sumpcampión de España de rugbi a 7

50º Rali de Ourense O Rali de Ourense cumple 50 anos. Miguel Fuster hai cinco anos pegaba saltos coma este polas estradas ourensás ao mando do seu Porsche.

Páx.14

[Páx. 8 a 10] /RAMSÉS.

Número: 160- Ano: IX -9 de xuño de 2017 - Depósito Legal: OU 185-2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta - www.periodicobarrios.com BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 30 de xuño. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190.


Barrios DEPORTIVO 9 de xuño de 2017

AXENDA / NOVAS

Nova situación crítica para o COB

4 Axenda deportiva Fútbol

- Día 10 de xuño. O Couto -19:30 h-. Final Copa Deputación. Bande - Ourense CF. - Día 11 de xuño. estadio Miguel Ángel -todo o día-. II Torneo de fútbol cadete “Ourense, a provincia termal”.

Redacción

de facerse un oco no 11 titular polo que veñen convencidos de loitar por elo. O do Ribeiro é un xogador atacante que se desenvolve ben na área ou preto dela. Pola súa banda, o de Celanova é de corte defensivo (lateral esquerdo); os afeccionados recórdano do gran partido que fixo en San Rosendo diante dos unionistas. Para os dous, esta fichaxe é un premio ao traballo realizado a pasada campaña.

Non hai verán que o Club Ourense Baloncesto non pase apuros. Desta vez, o club debe resolver as débedas que ten coa FEB antes de que remate o mes de xuño. O seu presidente, Camilo Álvarez, xa puxo do seu peto 14.000 euros para saldar a conta con Facenda e así liberar a subvención da Xunta (estimada en 40.000 euros e que recibirán no mes de xullo). Agora deben facer fronte ao segundo pago -do anona federación para liberar o aval e poder pensar de cara á vindeira tempada. Cabe lembrar que se plantexou en pleno o adianto de 100.000 euros de subvención para poder facer fronte a esta delicada situación. Os votos a favor do PP foron contrarrestados polos votos en contra da oposición en pleno. Esta semana o consello de administración e o Concello de Ourense -tamén estivo representada a Deputación- reuníronse para buscar solucións a un problema -o económico- que se repite cada ano. Á saída da mesma apuntaron varías vías para poder conseguir a cantidade precisa para afrontar o pago previsto antes do 30 de xuño.

Campus A UD Ourense organiza o seu segundo campus para nenos e nenas de 4 a 14 anos. Terá lugar do 26 ao 30 de xuño no estadio do Couto. A inscrición está aberta ata o día 23 nas oficinas do club (en horario de 18 a 21 horas). O prezo é de 80 euros (65 pagarán os que son socios ou pertencen á base). Os interesados poden solicitar máis información no 988 605 498

O COB debe rematar a tempada facendo fronte ao segundo pago do ano á FEB.

Atletismo

- Día 11 de xuño. Esgos - 11 h - XI Subida Rocas Eirado.

Fútbol sala

- Día 10 de xuño. Polideportivo de Oira - a partir das 17 h -. Semifinais Copa elite. Sala Ourense - Sporting Manzaneda e Tres Cuñados - Carballiño.

BTT

- Día 11 de xuño. Ramirás -9:30 h- III KDD BTT Val de Ramirás. - Día 18 de xuño. Boborás - 9:30 h - I BTT Boborás. - Día 24 de xuño. O Carballiño -16:30 horas- I XCO O Carballiño.

Motor

- Días 9 e 10 de xuño -Ourense e provincia-. 50º Rali de Ourense. - Día 11 de xuño. Circuíto de Santa Mariña -a partir das 11 horas- . Carreira de motocross e quadcross.

Artes Marcias

- Día 9 de xuño. Colexio Maristas de Ourense -18:30 horas- Torneo Champagnet de judo. - Día 10 de xuño. Amoeiro -10 h-. Campionato interclubs de taekwondo.

Balonmán

- Día 10 de xuño. Os Remedios -todo o día-. Campionato de Galicia de balonmán máster.

Voleibol

- Día 10 de xuño. Paco Paz -todo o día-. Copa Deputación de voleibol.

Natación

- Día 10 de xuño. Piscina Rosario Dueñas do pavillón dos Remedios -a partir das 10:30 h-. Copa Deputación de natación sincronizada. - Día 17 de xuño. Piscina Rosario Dueñas -todo o díaXLVI Trofeo internacional Pedro Escudero.

Patinaxe

- Día 10 de xuño. Bande -17 h-. Exhibición de patinaxe.

Tenis

- Ata o 11 de xuño. O Pereiro de Aguiar. Torneo de tenis Open Banco de alimentos

Andaina

- Día 11 de xuño. Barbadás -9:30 h-. Andaina do Tangaraño. - Día 11 de xuño. O Barco de Valdeorras -9:30 h- IV andaina solidaria Cruz Vermella. - Día 17 de xuño. Campo da feira de Ourense -10 h- I Andaina Solidaria Ateular.

Outros

- Día 11 de xuño. Leiro. VI Copa Deputación de Ourense de triatlón. -Día 11 de xuño. Bande -18:45 horas-. Exhibición de zumba. - Día 17 de xuño. Cenlle -17:30 h-. XLI Volta ciclista ao Ribeiro termal. - Día 18 de xuño. Bande -10 horas-. V Ruta cabalar.

Bruno e Hugo defenderán as cores da UDO a vindeira tempada./RAMSÉS.

A UD Ourense toma forma a todo ritmo 4 O club xa está perfilando a plantilla que competirá na Preferente. Redacción Días axitados nas oficina da UD Ourense. De cara a confeccionar unha plantilla, o máis competitiva posible, o club está a presentar as renovacións e as novas fichaxes. Desta vez tocou un de cada. O mediocentro Bruno procedente do Nogueira e o dianteiro Hugo. Bruno levaba os últimos cinco anos no Nogueira e procedía da canteira do CD Ourense. O xogador comentou na súa presentación o desexo de recalar no cadro capitalino. Pola súa banda, Hugo mostrábase con moitas máis gañas, se cabe, que o ano pasado de seguir no proxecto.

Bruno levaba 5 anos no Nogueira e procedía da canteira do CD Ourense

Os dous non esquivaron a responsabilidade, unha vez que se van coñecendo as fichaxes, de loitar polo ascenso. Máis presentacións Anteriormente foi Rubén Durán quen renovou o seu compromiso coa entidade unionista de cara ao próximo curso; un xogador de categoría superior que se volcou con este proxecto. Despois chegaban as primeiras incorporacións na figura do porteiro Pato e o atacante; toda unha declaración de intencións do equipo que dirixirá Fernando Currás en substitución de Antonio Dacosta- de que este ano non será de adaptación. Pato procede do Boiro e Alfredo -que tivo algunha que outra oferta- do Bardadás. As seguintes incorporacións foron de futuro: Joni e Codeso, do Ribeiro e Sporting Celanova, respectivamente. Os dous chegan con moitas gañas


FÚTBOL

Barrios DEPORTIVO 9 de xuño de 2017

O Ourense C.F. xogará en Terceira

EN BREVE 4 Copa

Deputación

4 Despois de superar ao Arenteiro na penúltima xornada. Redacción O Ourense Club de Fútbol será equipo de Terceira División na tempada 201718. O conxunto de Fran Justo, despois de encadear 12 vitorias consecutivas, logrou sobrepasar na clasificación ao Arenteiro trala disputa da penúltima xornada. Os albinegros dependían deles mesmos para lograr o ascenso. E tiveron que sufrir no derradeiro encontro, diante do Gondomar, co que comezaron perdendo. Pero na segunda parte deron a volta ao marcador con goles de Gallas e Xinzo para levarse tres puntos que valen o ascenso á seguinte categoría.

4-3, non foi suficiente e aos de Manel Vázquez quédalles diputar unha promoción, co terceiro do grupo norte, para ascender. Porén, deberán agardar a que o Rápido de Bouzas logre o ascenso a 2ª B para que poidan ocupar a súa vacante. No partido de ida da promoción dos mellores terceiros, os de Manel Vázquez lograron un valioso empate a un gol no campo do Estudiantil. O partido de volta terá lugar este domingo -18 hen Espiñedo. En caso de superar a eliminatoria tocaría agardar ao que faga o Rápido de Bouzas nas dúas eliminatorias que lle restan por ascender.

Arenteiro A outra cara da moeda viviuna o equipo do Carballiño. Logo de estar en postos de ascenso durante toda a Liga, chegou á xornada 38 sen depender de si mesmo para subir. A súa vitoria ante o Portonovo,

Unha racha de 12 vitorias consecutivas levou aos de Fran Justo ao ascenso a Terceira

Celebración de ascenso do Ourense C.F.

O Oporto celebrando a vitoria no Ourense Termal Cup.

Oporto, vencedor da Ourense Termal Cup O equipo portugués do Oporto foi o vencedor da edición deste ano do torneo alevín de fútbol 8 Ourense Termal Cup. O cadro luso impúxose na final ao Rápido de Bouzas por un amplio 7 a 0. No partido polo terceiro e cuarto posto entre Lugo e Valladolid, a tanda de penaltis confirmou aos puceláns como terceiros. Neste Ourense Termal Cup 2017 participaron un total de 16 equipos, sendo os locais o Escola Deportiva Ourense e o Ourense CF (estes ademais fixeron de anfitrións).

Presentación do II torneo “Ourense, a provincia termal”.

II Torneo “Ourense, a provincia termal” Este domingo, 11 de xuño, dispútase no campo Miguel Ángel do pavillón municipal dos Remedios a segunda edición do torneo “Ourense, a provincia termal”. Este torneo é para futbolistas de categoría cadete. O formato da competición será de semifinais e final. Participan catro equipos: Pabellón, Oviedo, Celta de Vigo e Selección de Ourense. Cada encontro durará 80 minutos (40 cada parte). A primeira semifinal enfronta ao Pabellón fronte o Oviedo (ás 10:15 horas) e a segunda mide a Celta ante unha selección de xogadores ourensáns (12 horas). A loita polo terceiro e cuarto posto (entre os perdedores dos dous encontros) será ás 17 horas. A final está prevista para as 18:45 horas. A entrada é de balde.

Este sábado a partir das 19:30 horas dispútase no estadio do Couto a final da Copa Deputación. Bande e Ourense CF son os dous flamantes finalistas nun ano no que os dous conxuntos lograron ascender nas súas respectivas competicións: o Bande xogará a vindeira campaña en Rexional Preferente e o Ourense CF o fará na Terceira división. O gañador porá o colofón ideal a unha gran campaña.

4 Copa

Deputación B O Sporting Carballiño logrou alzarse coa Copa Deputación B. O rival na final disputada no Couto foi o Raio Alaricano. Trala disputa dos 90 minutos na que non se marcou ningún gol, sería a lotería dos penaltis o que decidiría ao gañador. Nesta tanda foi máis efectivo o Sporting que logrou anotar catro penaltis (os catro lanzados) por un dos alaricanos. Desta forma logran o dobrete ao conquistar Liga e Copa.

4 Preferente

O éxito do Ourense CF (con ascenso) e a boa campaña do Arenteiro (está a xogar a promoción de ascenso), xunto a unha máis que destacada actuación do Nogueira (rematou 12º e continuará unha tempada máis na Preferente) vén empañado por dous descensos ourensáns. Polígono e Verín xogarán na Primeira Galicia o ano que vén.


Barrios DEPORTIVO 9 de xuño de 2017

BTT / BALONMÁN

BTT solidaria en Boborás a favor da AECC 4 Terá lugar o vindeiro 18 de xuño. R.T. A primeira BTT solidaria do Concello de Boborás será en favor da Asociación Española contra o Cancro, proba que se celebrará o vindeiro 18 de xuño no municipio ourensán. A presentación deste evento deportivo tivo lugar esta mañá no Pazo Provincial, acto no que participou o deputado provincial de Deportes, Juan Anta; a tenente de alcalde de Boborás, Patricia Torres; e a presidenta da AECC de Ourense, Dora Gómez. A proba deportiva conta cun percorrido de preto de 40 quilómetros que serán cronometrados. A saída será ás 9.30 horas diante do CEIP Nosa Señora de Xuvencos. Haberá unha clasificación feminina e masculina absoluta, con trofeos para os tres primeiros clasificados de cada unha delas. Tamén haberá dous trofeos de honra para o participante de máis idade que remate a proba, así como para o máis novo. Inscricións Os interesados en participar poderán inscribirse na páxina www.cham-

pionchipnorte.com, por un custe de 14 euros, sendo a metade da cota destinada para AECC de Ourense. Actividades As actividades comezarán o día antes da proba, o sábado 17 de xuño, a partir das 16.30 horas, coa recollida de dorsais e cun mercadillo solidario, onde todo o recadado na venta será para a Asociación Española contra o cancro. A xornada estará amenizada coa música a cargo dun Dj. Asemade, para os máis cativos haberá un circuíto ciclista infantil, dirixidos a nenos de entre 3 e os 12 anos, onde poderán participar coas súas bicicletas. Esta actividade está composta dun circuíto de edu-

cación vial con sinais de tráfico e semáforo, así como dun parte de adestramento formada por unha xincana de habilidade con xogos e saltos. As actividades infantís son de carácter gratuíto. Así mesmo, haberá unha carpa taller de reparación de bicicletas, para información e posibles avarías, que atenderán técnicos titulados polas Federacións de ciclismo.

As inscricións teñen un custo de 14 euros, a metade destinada á AECC

Continúan as vitorias para o Maceda 4 Na Coruña lograron catro no Open de Galicia. R. Torres C Club Ciclista Maceda continúa na senda das vitorias. Nesta ocasión foron catro os bikers do club macedán que acadaron a vitoria no Open de Galicia celebrado en (A Coruña); ademais de dous segundos postos. Esos primeiros postos foron logrados por Raúl González, en sub 23; Carlos Canal e Noela Saa, en cadetes; e Iván Feijóo, na categoría júnior. Saúl López e Xiana Conde remataron segundos en elite. A Saa e Canal acompañaron no podio Aida González e Hugo Vázquez coma terceiros cadetes.

Mojón, novo adestrador do Nova Xestión Redacción

Presentación da BTT a cargo da presidenta da AECC de Ourense, Dora Gómez; do deputado provincial de Deportes, Juan Anta; e a tenente de alcalde de Boborás, Patricia Torres.

O Nova Xestión Pabellón Balonmán sénior masculino cambia de adestrador para o vindeiro curso. Trátase de Felix Mojon Rodríguez (A Cañiza, 1975). Adestrador

Oito podios para demostrar que o Academia Postal Actyon MMR está no máis alto do BTT galego. Mugardos Na proba anterior do Open de Galicia celebra-

da en Mugardos, tanto Iván Feijoo (júnior) coma Noela Saa (cadete) alzáronse coa vitoria nas súas categorías. Feijoo logrou un novo triunfo a pesar de sufrir unha caída no transcurso da carreira. Xunto a Saa, tamén estivo no podio cadete feminino a súa compañeira Aida Gonzalez como segunda clasificada. Raúl González remataba segundo entre os sub 23 e Hugo Vázquez era o terceiro mellor cadete. No II Trofeo Promoción disputado en Boiro, Abel Franco era o gañador júnior.

Iván Feijoo.

nacional que dirixiu ao Lalín; ás categorías inferiores da Asociacion Deportiva Cultural Ribeiro de Ribadavia; Teucro, categorías base; ao Viña Costeira; ao Handbol Club Eivissa; e as categorías inferiores da selección galega; e ao Octavio Vigo, como segundo adetrador do equipo en ASOBAL durante tres tempadas.

Félix Mojón.


DEPORTES ACUÁTICOS

Maite García Colomo bate dous récords de España 4 Na categoría máster de natación. Redacción A piscina Rosario Dueñas de Ourense foi a sede do Campionato de Galicia de natación máster celebrado os días 3 e 4 de xuño. A nadadora do CNPO, Maite García Colomo, logrou bater dous récord de España nas distancias de 200 e 400 estilos individual, ademais de varios récords galegos tanto individuais coma por equipos. O cadro ourensán conquistou un tota de 52 medallas, das cales 31 foron de ouro, 11 de prata e 10 de bronce. Tamén lograron 18 récords galegos (dous dos cales se converten en

nacionais). O club ourensán foi o terceiro mellor (no cómputo global da categorías masculina e feminina) sendo o mellor equipo

Os integrantes do CNPO máster lograron un total de 52 metais galego do campionato o C.N. Portamiñá, quen tamén se facía co título masculino. Nesta categoría masculina, segundo foi o Traviesas e terceiro o CNPO. En mulleres, primeiro, o Portamiñá, seguido de Pabellón e Traviesas, segundo e terceiro, respectivamente.

Membros do equipo máster do CNPO.

Barrios DEPORTIVO 9 de xuño de 2017

Medallas para Cristina Colomo 4 Nos campionatos de Europa e de España. Redacción Unha das irmás da saga García Colomo bástase para levar ao club salvour de salvamento acuático a ser o mellor equipo feminino no Campionato de España. E é que Cristina Colomo logrou catro medallas no europeo á par que lograba sete no nacional (con tres récords nacionais). Esta enorme proeza fai que ela soa poña ao club Salvour como mellor equipo de España máster feminino na categoría 50-59 anos, ademais de colocalo entre os 15 mellores de España na suma de todas as categorías máster (masculina e feminina); e o oitavo

mellor en categoría feminina. Durante catro días disputaronse en Alicante os campionatos de Europa e de España de Salvamento e Socorrismo deportivo nas categorías máster (maiores

Cristina García Colomo en Alicante.

de 30 anos). O encontro tivo unha participación de 70 clubs de once países, compostos por un número de 262 deportistas. Europeo A deportista ourensá representante do club Salvour, Cristina García Colomo participou nas probas de praia e piscina, obtendo catro medallas europeas de bronce en 100 metros obstáculos, sprint praia, nadar surf e un quilómetro correrpraia. Campeonato de España Ademais, disputabase o Campionato de España onde a deportista ourensá obtivo sete primeiros postos nacionais (100 obstáculos, 50 rescate, 100 rescate con aletas, sprint de praia, 1000 metros carreira praia, bandeiras e nardar-surf) e tres marcas de España nas probas de 100 metros Obstáculos, 100 metros rescate con aletas e 50 rescate de maniquí.


Barrios DEPORTIVO 9 de xuño de 2017

DEPORTES ACUÁTICOS

Concesión do mérito deportivo ao trofeo Pedro Escudero

figura á que durante tantos anos conmemórase mediante a celebración deste torneo de carácter internacional coa elite da natación galega, norte de España e parte de Portugal. O trofeo gañouse con moito traballo ser un referente en Galicia,

ademais de ser a de máis antigüidade, e uns dos máis lonxevos dentro do territorio español. Escudero Falar do apelido Escudero sempre estivo ligado á natación, desde Pedro, pio-

neiro neste deporte cando aínda non existían infraestruturas e había que facer uso do río Miño, ata a testemuña recollida pola súa familia, como no caso do seu fillo, Santi, ligado todos estes anos á fronte do CNPO.

4 Foi publicado no DOG. Redacción O pasado venres, 2 de xuño, fíxose público no Diario Oficial de Galicia a concesión ao mérito deportivo do Trofeo de natación Pedro Escudero, pola súa traxectoria ao longo dos anos Este ano terá lugar o vindeiro 17 de xuño (sábado)

e celebra a súa 46ª edición. Está distinción foi entregada nun acto público no Teatro Coliseo Noela de Noia. Entre os asistentes para recoller o premio, estiveron en representación do Club Natación Pabellón Ourense, os directivos da entidade xunto con Santiago Escudero, director técnico do CNPO e fillo de Pedro,

Cinco ouros no galego de base 4 Para o Sincro Ourense. Redacción O pasado sábado celebrouse na piscina do INEF de Oleiros o Campionato de Galicia de Base de natación sincronizada de verán. Ao mesmo, acudiu o Sincro Ourense participando nas tres categorías que competían neste campionato: Base 1, Base 2 e Base 3. Os resultados non puideron ser mellores para o club ourensán ao conseguir a medalla de ouro nas catro coreografías coas que participaron no campionato. En Base 1 participaron as nadadoras Martina Álvarez, Candela Flores, Andrea Rodríguez, Laura Iglesias, Martina Bericat, Andrea Cortón, Alicia Cid, Uxía Sánchez e Sabela Calvo. As súas adestradoras son Joanna Arias e Tania de Cabo. En base 2, o grupo ourensán formado por Paula Moure, Noa Touriño, Alejandra Baliñas, Noa Bobillo, Estela Domínguez, María Pousa, Carmen Reboredo, Sabela Rodríguez, Dulce Romero e Elia Rodríguez, e adestrado por Beatriz Montes,

conseguiron dobre triunfo ao alzarse coa medalla de ouro en equipo libre coa coreografía Rap, e ouro tamén en rutinas combinadas coa coregrafía Aladín. E en categoría de Base 3 o ouro na rutina combinada recaeu tamén no Sincro Ourense coa coreografía México. Este grupo adestrado por Joanna Arias está formado polas nadadoras Sara Sánchez, Sara Rodríguez, Marta Rigüela, Tania Barreda, Paloma Piñeiro, Paula González e Irene Orozco.

Pedro Escudero -no centro- cunha expedición de nadadores ourensáns.

Ademais destes logros por equipos, individualmente logrouse subir ao podio, por partida dobre, en figuras de Base 2, sendo Noa Bobillo, ouro, e Alejandra Baliñas, prata. Base 4 A piscina Rías do sur de Pontevedra acolleu o 27 de maio o galego de verán de Base 4. O Sincro Ourense acudía con dous agrupacións. O grupo formado polas nadadoras Adela Mosquera, Laura Santalla, Laura Domínguez, Iria Vázquez, Yael de Lorenzo, Rosana Rodríguez, Adela Iglesias, Marta Soto, Antía Páez e Ainoha Outeiriño bailaron o combo titulado “Michael Jackson” ocupando a quinta posición. O outro grupo, que na-

O grupo Base 2 do Sincro Ourense.

Este sábado terá lugar na piscina Rosario Dueñas de Ourense a Copa Deputación dou “Harry Potter”, estivo formado por Raquel Bravo, Noa Fernández, Sabela Fernández, Aldara Fernández, Sofía Cid, Ainoha Rodríguez, Sofía Sueiro, Alba Laude, Alicia Silva y Helena López acadou a sexta praza. Copa Deputación A Copa Deputación de Ourense terá lugar o sábado -en horario de mañá e de tarde- na piscina Rosario Dueñas de Ourense.

XLVI Trofeo Pedro Escudero Redacción O sábado 17 xuño celebrarase o 46º Trofeo Pedro Escudero, a competición de natación máis antiga de Galicia. O lugar, coma sempre, será a piscina Rosario Dueñas do pavillón municipal dos Remedios. As probas celebraranse en horario de maña e de tarde, comezando ás 10 horas cos 400 libres masculinos e rematando cos 100 metros libres masculinos. Serán un total de 20 probas e cada nadador poderá inscribirse a un máximo de tres. A participación será a nivel absoluto.


POLIDEPORTIVO

Barrios DEPORTIVO 9 de xuño de 2017

A solidariedade ten premio

EN BREVE

4 Celanova

4 A AECC adquire unha cama ortopédica polo recadado na I milla urbana de Ourense. Redacción Grazas ao recadado na primeira edición da milla urbana solidaria que se celebrou na rúa do Paseo o pasado 30 de abril, a Asociación Española Contra o Cancro puido adquirir unha cama articulada. Os 663 euros obtidos fixeron realidade a compra dunha cama articulada para o programa de coidados paliativos dos pacientes de

cancro en fase terminal, para unha mellor calidade de vida do paciente e para facilitar os coidados do coidador principal. No acto de entrega estiveron presentes Dora Gómez Segade, presidenta da AECC en Ourense; Lalo Gómez, presidente do Club Deportivo Aurum (organziador da milla) e Enrique García Boente Alonso, director de Boente Ourense.

Saída da carreira absoluta no Couto. /RAMSÉS.

Sin rivales no Couto para Rubén Diz 4 Venceu na segunda xornada do Correndo por Ourense. Redacción

Xunto á cama articulada: Enrique García Boente, Dora Gómez e Lalo Gómez. /RAMSÉS.

O Xadrez Ourense cadete gañan a Copa Redacción O Xadrez Ourense, cunha formación que incluíu ao mundialista Martín Gómez Carreño, xunto a Mateo Díaz Gómez, Marcos Vázquez Gómez e Xacobe Conde Riveiro

impúxose na disputa pola Copa Galega da categoría cadete (sub 16), no Sporting Casino da Coruña. Os ourensáns conquistaron o triunfo con autoridade ao lograr a vitoria nos cinco encontros disputados, superando entre outros a equipos do nivel do Fontecarmoa de Vilagarcía ou o Gallaecia de Santiago.

O atleta Rubén Diz (Sociedad Gimnástica de Pontevedra) foi o vencedor -con absoluta autoridade- da segunda carreira do circuíto de carreiras populares Correndo por Ourense. Diz (18:24 minutos) aventaxou en case un minuto ao segundo clasificado, José Manuel Corral (19:20 minutos). O atleta do Atletismo Arenteiro superou no sprint final a Pepe Márquez (Adas) que chegou dous segundos máis tarde. Na cuarta posición, un emerxente Ziad Nagihi parou o crono nos 19 minutos e 24 segundos. Completaría o top 5, o atleta do Ourense Atletismo, Julián Romero (19:42 minutos). Con estes resultados lideran a clasificación do circuíto Luís Iglesias (vencedor da proba do

Vinteún e sexto no Couto) e Rubén Diz (primeiro no Couto e non participou na do Vinteún), ámbolos dous cun punto. Mulleres En mulleres, Iria Fernández (Adas) deu un paso máis afianzando a primeira posición entre todas as féminas. Ao igual que no Vinteún, no Couto volveu ser a primeira en liña de meta. Fernández logrou completar a carreira en 23 minutos e 5 segundos. Con Sonia Teijeiro ausente, a segunda posición foi para Ana María Ocampo (Burgas Atletismo); o seu tempo, 23:19 minutos. O terceira posición foi para Vicky Losada (Burgas Atletismo), cun tempo de 23:26 minutos. Cuarta remataría Ana Belén Losada (Burgas Atletismo) con 23:42 minutos, e quinta Uxía Rodríguez (CD La Purísima) realizando a ca-

rreira en 24:53 minutos. Resto de categorías Esta proba destacou por gozar dunha moi boa participación, especialmente na carreira de pitufos. Os máis pequenos tiveron que saír en dúas quendas debido ao gran número de participantes. Entre todas as carreiras, no Couto competiron arredor de 700 atletas. Centro A seguinte parada do Correndo por Ourense terá lugar o 25 de xuño no centro da cidade (rúa do Paseo), ás 12 horas.

A seguinte parada do Correndo por Ourense será no centro o 25 de xuño (12 horas)

O mes de xuño queda reservado para as carreiras nocturnas. De todas elas, dúas resaltan sobre as demais. O sábado, día 24, chega o turno da de Celanova, na que se percorrerán algo máis de 7 km pola vila de San Rosendo. A outra carreira nocturna por excelencia destas datas, a de Xinzo, posponse ata o mes de setembro. Estaba prevista para o 17 deste mes.

4 Subida a Rocas - Eirado A XI Subida Rocas - Eirado terá lugar en Esgos o vindeiro 11 de xuño -domingo- a partir das 11 da mañá. En total serán 13 quilómetros con saída en Esgos (581 metros de altura) e a chegada no Eirado (1.163 m.) cun desnivel de 582 m. positivos. O custe da inscrición é de 10 euros. Todos os que queiran participar deberán anotarse na web carreirasgalegas.com.

4 Andaina Ateular O 17 de xuño celebrase a I andaina solidario Ateular. A saída terá lugar ás 10 horas e haberá que relizar un percorrido duns 8 km. Irase desde o campo da Feira ata Outariz, cruzar a pasarela, e polo paseo das Ninfas ata a ponte Romana, cruzala, e regreso ao campo da Feira. Distintas asociacións serán as beneficiarias de todo o recadado.


Barrios DEPORTIVO 9 de xuño de 2017

EN BREVE

4 Recoñecemento Entre o mércores e o xoves anterior ao rali os pilotos realizaron o recoñecemento dos cinco tramos por parte dos 102 inscritos no 50º Rallye de Ourense. Isto supuxo a primeira toma de contacto dos coches coa cuarta proba do Campionato de España de Rallyes de Asfalto. Durante as dúas xornadas, pilotos e copilotos puideron facer as pasadas que estimaron oportunas en cada tramo de cara a coñecelo mellor e decidir que estratexia usar en cada un deles. Os pilotos tiveron a obriga de utilizar un GPS para ter localizados aos coches en todo momento, así como controlar a velocidade á que se desprazaron, xa que debían respetar o control de velocidade de tráfico.

50º RALI DE OURENSE

O Rali de Ourense celebra as vodas de ouro 4 A 50ª edición do rali ourensán disputarase os días 9 e 10 de xuño. Redacción A Escudería Ourense presentou a 50ª edición do Rali de Ourense. Unhas vodas de ouro que queren celebrar por todo o alto. Na presentación desgranáronse todos os segredos desta edición, que ten coeficiente 1.2 tras ser declarado mellor rali de España en 2016. Durante o acto desveláronse os tramos desta edición que serán 10 cun total de 607,40 quilómetros (213,94 km cronometrados). Un dos momento máis emotivos do acto de presentación desta edición

foi a homenaxe que se fixo aos vencedores das edicións anteriores. Varios deles estiveron presentes no acto. Este venres, 9 de xuño, abrirán o rali os tramos da Peroxa e Toén (dúas pasadas en cada un deles) pola tarde; e o sábado, 10 de xuño, será o momento dos de Esgos, Canón do Sil e Melias.

será no xardín do Posío (anteriormente era no parque de San Lázaro). O shakedown pasará de Castro de Beiro a Ríoseco.

Novidades Este ano suprímese o tramo espectáculo e rali pasa a disputarse en dous días. Ademais, o parque de asistencia estará ubicado na Cidade do Transporte e o reagrupamento

Pilotos Estarán na saída do Rali de Ourense os máximos favoritos a levarse o Campionato de España de ralis. Como son Ares, García, e por suposto, aos irmáns Vallejo.

Serán 10 tramos cronometrados cun total de 213,94 km

4 Shakedown No Shakedown ou Tramo de Test terán o seu primeiro contacto cos coches de competición na estrada de Rioseco a O Pinto, no Concello de Paderne de Allariz. Os pilotos prioritarios poderán facelo desde as 10:00 ás 10:30 horas do venres, 9 de xuño, aínda que poderán continuar de 10:30 a 12:00, cando se incorporarán ao mesmo o resto de pilotos.

4 Inscritos Finalmente son 102 os coches inscritos neste 50º Rali de Ourense cunha loita pola vitoria moi aberta entre varios deles.

Foto de familia da presentación do 50º Rali de Ourense con autoridades, organizadores e ex gañadores do Rali en edicións anteriores. /RAMSÉS.

Iván Ares co seu Hyundai I20.

Iván Ares loitará pola vitoria 4 O piloto galego entre os favoritos. R. T. Iván Ares, ao volante do seu Hyundai I20 R5, xunto ao seu copiloto, José A. Pintor, están concienciados para loitar polo triunfo en Ourense. O equipo Ares Racing agarda lograr un bo resultado na primeira das dúas citas galegas do Campionato de España de ralis de asfalto. Ares (vencedor en 2015 e subcampión o ano pasado) volve a partir entre os favoritos á vitoria en todas as quinielas. O equipo tentará sumar un bo resultado nas vodas de ouro do Rali de Ourense, porque ademais, a cita ourensá, ten coeficiente especial, polo que un bo resultado nesta cita sumará máis puntos de cara á clasificación xeral do campionato. Iván Ares, coa mente posta en lograr un bo resultado comentaba que “vai ser unha carreira complicada. O Rali de Ourense é unha das probas máis duras do certa-

me nacional e seguro que imos vivir novamente unha carreira ao segundo cos nosos rivais”. Ademais aseguraba que o seu compañeiro -Pintor- e máis el ían saír “a por todas para tentar sumar un bo resultado de cara ao campionato”. O piloto recordaba que nesta carreira “logrei a miña primeira vitoria no Campionato de España de ralis de asfalto e por iso téñolle un agarimo especial, ademais de ter uns tramos que me gustan bastante”. Pintor No apartado máis técnico, José A. Pintor analizaba o certame ourensán. “Repítese na súa maioría o esquema habitual de tramos desta carreira. Son tramos moi coñecidos pola maioría de pilotos, polo que haberá que afinar as notas para tentar baixar os tempos de anos anteriores. Trátase de tramos rápidos e que, se fai calor, son bastante abrasivos, polo que elixir ben o composto dos pneumáticos pode ser crucial”, ditaminaba o copiloto.


50º RALI DE OURENSE

Carlos Miranda, Álvaro Artigas, Cándido Carrera e “Cohete” Suárez, co 208. /M.R.

“Cohete” Suárez presentou o seu Peugeot 208 T16 R5 4 Nas instalacións de Mosa Orense. M. Rejo O piloto asturiano José Antonio Suárez Miranda, tamén coñecido por “Co-

hete Suárez”, e o seu copiloto, o pontevedrés Cándido Carrera, presentaron, previo ao rali, nas instalacións de Mosa Orense de

Seixalbo, o coche ou “cohete” que vai pilotar durante esta edición do Rali de Ourense co Peugeot España Racing Team.

Para a presentación do Peugeot 208 T16 R5 estiveron como anfitrións dos pilotos, o xerente do concesionario, Álvaro Artigas, e o xefe de vendas, Carlos Miranda. O piloto asturiano, baixo a tutela de Carlos Sainz participa no Campionato de Europa de ralis na categoría júnior U28 e no Campionato de España de ralis de terra, proba da que ven de gañar as últimas dúas carreiras das tres que xa van disputadas ata o momento. Trala proba ourensá, que como sabemos é de asfalto, marchará a terras chipriotas para continuar a súa participación no europeo. Suárez, comentanos acerca do rali ourensá: “Veño con moitas ganas. Despois de estar lideres no campionato de terra e campionato europeo, avarías e pequenos fallos mecánicos fan que non esteamos ven clasificados na xeneral, pero sempre que

Barrios DEPORTIVO 9 de xuño de 2017

non hai problemas estamos na cabeza da categoría. Estou moi contento por volver a correr un campionato de España; a última vez foi en Madrid en 2013 con vitoria. Ourense é un rali que me gusta moito. O Canón do Sil é un dos meus tramos favoritos, xa con ganas de baixar por alí atacando co Peugeot”. En canto aos tramos “o venres ten miga. De noite o tramo da Peroxa é complicado con todas esas zonas estreitas tes que ir máis tranquilo do que me gustaría. Un toque, un pinchazo é moi fácil aí. Non é un tramo moi rápido pero si que

ten moitas trampas”. Cándido Carrera, copiloto, tamén fai a súa valoración do rali: “é case como estar na casa, pois son de aquí ao lado. Gústame moito. Vimos a gozalo como xa fixemos anos atrás. Axúdanos a coller ritmo de cara as probas de asfalto que ven agora no campionato europeo. E esperamos que a xente o pase xenial”.

“O Canón do Sil é un dos meus tramos favoritos” di “Cohete”

Cándido Carrera e “Cohete” Suárez, firmando pósters aos seus seguidores. /M.REJO.


10

Barrios DEPORTIVO 9 de xuño de 2017

50º RALI DE OURENSE

4 Os tramos cronometrados do 50º Rali de Ourense O 50º Rali de Ourense dará comezo este venres, 9 de xuño, co tramo cronometrado da Peroxa (29,18 km). Dúas pasadas -ás 19:05 e 22:10 h- co peche do tramo ás 17:35 horas. O segundo tramo do venres será o de Toén Castrelo de 15 quilómetros (con peche ás 18:40 h) con pasadas ás 20:10 e 23:15 horas. Xa o sábado serán os

tres tramos restantes. O primeiro deles, o de Esgos -15,42 km- coa primeira pasada ás 10:25 (peche ás 8:55 h) e segunda ás 14:55 horas (peche de tramos ás 13:25 h). Despois chegará o turno do Canón do Sil (32 quilómetros) tendo a súa primeira pasada ás 11:20 e a segunda ás 15:50 horas (quedará pechado desde as 9:50 horas). Finalizará o rali co tra-

mo de Melias (14,44 km); a primeira pasada comezará ás 12:30 horas (pecharase ás 11 da mañá) e a segunda ás 5 da tarde (co peche do tramo ás 15:30 horas). Entrega de premios Sobre as 19 horas, no xardín do Posío, realizarase a entrega de premios aos mellores pilotos desta proba, que celebra o medio século de vida.

Á esquerda (de arriba a abaixo-),os tramos do venres, na Peroxa e Toén - Castrelo; e á dereita (de arriba a abaixo) os tramos do sábado de Esgos, Canón do Sil e Melias.


XIMNASIA

Barrios DEPORTIVO 9 de xuño de 2017

11

Cinco medallas en Madrid 4 Para o Ximnasia Pavillón no Open da comunidade madrileña. Redacción O equipo de trampolín do Club Ximnasia Pavillón volve do Open da Comunidade de Madrid con dous ouros, unha prata e dous bronces. Maria Salas Cid, Daniel Fernández Méndez e as pequenas Alejandra Braña Barreiros e Marta Rodríguez Cancio subiron ao podio. Un ano máis o equipo de Trampolín do CXP acudiu a Madrid para participar no VIII Trofeo Comunidad de Madrid autonómico y Open 2017 onde participou xunto con equipos de Cataluña, Canarias, Castilla La Mancha, Castilla e León e Galicia, que en total sumaron ao redor de 100 ximnastas. Na categoría sub 15, Marta Rodríguez Cancio logrou o ouro en dobre minitramp e Alejandra Braña Barreiros foi ouro en trampolín (TR) e bronce en dobre minitramp (DMT). En categoría absoluta, María Sala Cid fíxose coa prata en TR, mentres que Daniel Fernández Méndez colgouse o bronce. Competicións Estes meses van ser moi axetreados para os saltadores do club xa que acudirán ao autonómico de Castilla e León; a fin de semana do 23 ao 25 estarán na Estrada no Campionato Galego; do 6 ao 8 de xullo acudirán a cita internacional da Scalabis Cup; e do 20 ao 30

Equipo prebenxamín do Club Ximnasia Pavillón no Carballiño.

As benxamíns do Pavillón, subcampioas galegas 4 No Campionato de Galicia escolar. R.T.

O trío do Burgas que finalizou segundo en Granada. de xullo desprazaránse a Sant Cugat (Barcelona). A cita co mundial, en Sofía (Bulgaria) do 16 ao 19 de novembro fai que o nacional de trampolín se desenvolva en outubro e que a tempada forte de competición comece agora en xuño. Granada O trío júnior do Ximnasia Burgas terminou segundo na xeral do Open Internacional de Granada de Ximnasia Acrobática. Ademais de clubs españois participaron algúns dos

mellores clubs de EEUU, Gran Bretaña, Hungría, Suíza e Portugal. Analía Blanco, Yolanda García e Sara Blanco lograron tamén o terceiro posto en exercicio dinámico.

Analía Blanco, Yolanda García e Sara Blanco foi o trío do Burgas que rematou segundo en Granada

Alejandra Braña no primeiro caixón do podio como campioa de minitramp.

O Carballiño acolleu o Campionato de Galicia escolar de ximnasia rítmica. Ata a vila do Arenteiro desprazáronse o sábado, 27 de maio, preto de 100 conxuntos de toda a xeografía autonómica. Os clubs pavillonistas sumaban un total de dez conxuntos nesta competición, que previamente foran clasificados no provincial entre os tres primeiros nas súas correspondentes categorías. As provincias que dominan esta competición son as de Coruña e Pontevedra. O club ourensán participaba con tres grupos. As benxamíns (con Sheila, Daniela, Noa, Xisela, Laura, Leire e Cristina) nunha das categorías de máis alta participación, obtiña a prata, detrás do club Escola Ximnasia Acordes, sendo terceiro o Club Viravolta. Os outros dous conxuntos do Ximnasia Pavillón, as cadetes foron undécimas, e as sénior, décimas. Nas filas do Club Ximnasia Escola Pavillón, que presentaba sete conxuntos, destacaba o infantil (Martina, Laura, Alba, Begoña e Clara Yuemi) que obtivo o quinto posto da táboa a tan só 65 centésimas do bronce. Como consecuencia destes re-

sultados, as ximnastas do conxunto prebenxamín do Club Ximnasia Pavillón non poderán competir o próximo ano neste nivel competitivo, debendo participar no seguinte nivel competitivo, promoción. Copa Deputación trampolín O Club Burgas participou na Copa Deputación con máis de 150 deportistas. En total, os ximnastas do club lograron 41 medallas entre minitramp, tumbling e rítmica das cales 17 foron primeiros postos, 12 segundos e 12 terceiros. Por parte do Club Ximnasia Escola Pavillón foron 48 os ximnastas participantes na modalidade de trampolín. En categoría alevín dominaron o podio. En minitramp o club acadou oito medallas (dous ouros, catro pratas e dous bronces) as mesmas que en tumbling (tres ouros, tres pratas e dous bronces). En rítmica, entre o Ximnasia e o Escola Pavillón logrouse un total de 12 medallas (catro ouros, cinco pratas e tres bronces). En conxunto cadete,

a ED Barbadás logrou a medalla de bronce. Clasusura curso A cancha central do pavillón dos Remedios foi o escenario da despedida do curso para as ximnastas do Club Ximnasia Pavillón e Club Ximnasia Escola Pavillón. Participaron deste xeito os catro conxuntos de nivel escolar do Club Ximnasia Pavillón e trece do Escola Pavillón, así como os ximnastas de trampolín de competición escolar de ambos clubes. Á súa vez, os grupos de ximnasia rítmica dos CEIP A Ponte, Seixalbo e Manuel Luis Acuña, mostraban moi ilusionados os exercicios que prepararon durante parte do ano. Tamén participaron os alumnos do CPI Antonio Faílde onde o Club Ximnasia Escola Pavillón ten unha escola deportiva.

O Ximnasia Pavillón pechou o curso cun acto na central dos Remedios

Un dos grupos participantes na clausura deste curso.


12

Barrios DEPORTIVO 9 de xuño de 2017

ARTES MARCIAIS

Galicia conquista o kung fu nacional 4 O Artai de Ourense foi o club máis representado. Redacción

Un grupo do Artai realizando un exercicio de formas sincronizadas.

Artai e Penta sobresaen en Oira 4 No Campionato de Galicia de kung fu moderno. Redacción O pavillón municipal de Oira deu cabida ao Campionato de Galicia de kung fu moderno, dis-

Entre o club ourensán e o vigués lograron a maioría dos podios

putado o pasado sábado 3 de xuño. O evento foi organizado polo Club Artai e a Federación Galega de Kung fu. No mesmo participaron preto dun cento de deportistas de toda Galicia. Cada equipo estaba formado por un grupo de 3 a 5 rapaces que realizaban dúas probas puntuables (formas sincronizadas e combates preparados).

Competidores na categoría de combate preparado.

La competición estaba dividida en categorías de idades: prebenxamín, benxamín, infantil, cadete e xuvenil. Ao final do torneo o Artai de Ourense e o Club Penta de Vigo proclamáronse como os mellores do campionato. Podios En categoría prebenxamín, o Artai “A Ponte” foi primeiro, seguido de Club Penta e Artai “A Ponte B”. En benxamíns, o Artai “Dr Fleming” foi o vencedor; tras el o Club Penta, segundo, e CEIP Seixalbo, terceiro. O Artai “Dr Fleming” foi o primeiro dos infantís; o Club Penta, segundo; e o Artai “A Ponte”, terceiro. Na categoría cadete, o Club Penta logrou a primeira posición, mentres que o Artai “Dr Fleming” acadou a segunda e o Club Penta B, a terceira. E na categoría xuvenil foi o Club Penta o primeiro; tras el, Artai “Dr Fleming” e Artai “A Ponte”.

En San Martín de Valdeiglesias (Madrid) celebrouse o Campionato de España de Kuoshu/Kung fu (Artes Marciales Chinas) 2017 a finais do mes de maio. No torneo estivo representado o mellor das artes marciais de toda España. Máis de 250 competidores de País Vasco, Cataluña, Canarias, Valencia, Andalucía, Asturias, Madrid, Castilla la Mancha e Galicia. A federación galega de kung fu presentou unha selección de 40 competidores: 1 do club Wushu/ Kungfu Club Ourense, 16 do club Penta de Vigo e 23 do club Artai. Os seleccionadores, Aarón Blanco e José A. Parada, destacaron que a galega foi a mellor selección de todas as participantes. En formas mantiveron a hexemonía galega, sobre todo os deportistas do Artai, nas distintas categorías. Así, en cadete, Andrea Álvarez amplía o seu impresionante palmarés con tres ouros nas tres categorías posibles: man baleira, armas longas e armas curtas. O júnior, Jacobo Rodríguez, lograba tamén os 3 ouros posibles para Galicia, no seu último ano na categoría. Sara Álvarez, sénior, facíase cun ouro e dúas pratas en man ba-

Sergio Parga competindo en arma curta. leira norte, armas curtas e armas longas, respectivamente. Nas modalidades de combate, Aarón Martínez, en categoría cadete, conquistaba o ouro en qingda (combate de contacto controlado) e prata en shuaijiao (combate de agarre e derribo). Alejandro Taboada, júnior, foi campión en qingda e shuaijiao. Ngagne Faye, en categoría absoluta 70kg acadaba dous ouros na modalidad de sanda (combate ao KO) e shuaijiao. En sanda feminino (menos de 60 kg) o ouro era para Ana Soto. E Sara Álvarez colgabase o ouro na modalidade de sanda feminino (menos de 52 kg); ademais, Álvarez foi recoñecida como o mellor competidora do torneo. A súa versatilidade compi-

Os competidores do Artai lograron 19 ouros, 15 pratas e 11 bronces tiendo, en formas e combate, xunto aos seus bos resultados (dous ouros e dúas pratas) atribuíronlle devandita distinción. Medallas A selección galega regresou con 31 ouros, 23 pratas e 14 bronces. Por parte do club Artai, os seus competidores lograron 19 ouros, 15 pratas e 11 bronces. Este torneo era puntuable para a selección de deportistas que representarán a Galicia no IV Campionato Ibérico de Kung fu que se celebrará en Tui o próximo 25 de xuño.


POLIDEPORTIVO

O Envialia quere a Copa de España 4 O Burela será o rival das ourensás nos cuartos da cita copeira. R. Torres O Ourense Envialia quere alzarse coa Copa de España deste ano. Moitas promesas nas súas xogadoras fan que non se rindan sen intentalo. O obxectivo non será sinxelo, pero de seguro deixaranse a pel no reto. A partir deste venres, e ata o domingo, Poio engalánase para recibir aos oito mellores equipos de fútbol sala feminino. As pupilas de Chipi foron quintas -repetindo a posición do ano pasadona Liga de Primeira División; posición que fai que o rival de cuartos de final sexa o cuarto clasificado, o Burela. Duelo autonómico nesta primeira rolda copeira en busca dun posto en semifinais. Difícil decantar a balanza por un favorito, xa que todos os partidos disputados entre elas estiveron moi igualados neste curso. O encontro entre albinegras e laranxas disputarase este venres, 9 de xuño, ás 18 horas. O vencedor desta eliminatoria verase as caras co gañador do duelo mediterráneo entre o Universidad de Alicante e o Roldán; as alacantinas parten como candidatas a entrar en semifinais. Cuartos O resto de encontros de cuartos deparan un Atlético de Madrid - Majadahonda e AlcorcónPoio. No primeiro, o Atlé-

tico de Madrid é o claro favorito; mentres que no segundo, o xogar diante da súa afección fai que o Poio iguale o nivel de favoritismo das madrileñas. Os vencedores destes dous partidos disputarán entre si a seguinte fase. As semifinais terán lugar o sábado ás 18 e 20 horas (o Envialia, de chegar a ela, xogaría na segunda) e a final será o domingo ás 12 horas. Cidade O Cidade As Burgas finalmente rematou a Liga na novena posición e non puido entrar por pouco na Copa. Arrebatoulle a oitava praza o Majadahonda por dous puntos (38 fronte a 40). A pesar desa pequena decepción o certo é que realizaron unha campaña de moito mérito despois de que non contaran nas súas filas nin con Lucía Nespereira nin con Vanessa Sotelo. Ás franxiverdes quédalles a satisfacción de que Iria Saeta foi a máxima realizadora da competición por segundo ano consecutivo.

En caso de pasar á semifinal o Envialia tería como rival ao vencedor do Alicante - Roldán

Xogadoras do Envialia celebrado un gol.

A Universidade prepara o seu II Campus de Xadrez 4 Do 20 ao 30 de xuño. Redacción Neste mes de xuño, entre o 20 e o 30, a Área de Benestar Saúde e Deporte da Universidade de Vigo, en

colaboración co equipo de “Xadrez Universitario Campus Ourense”, organiza un campus de xadrez para rapaces de entre 5 e 14 anos. Para elo contarán coa participación

Barrios DEPORTIVO 9 de xuño de 2017

13

de Arían Gónzalez, GM Internacional, e a colaboración dos integrantes do equipo do club. O prezo da inscrición é de 60 euros. Para coñecer máis dos pormenores no torneo pódese enviar un correo electrónico a: depor-ou@uvigo.es.

14 horas, que é o horario deste campus, que ten a peculiaridade de que se celebra xusto antes do IV Torneo Internacional de Xadrez Campus Ourense, e aqueles participantes que estean federados, terán a inscrición no torneo gratuíta.

Rugbi Ademáís desta actividade principal os rapaces contarán con clases de iniciación ao rugbi e actividades de lecer. Todo elo, entre as 9 e as

Os inscritos, ademais de xadrez terán clases de rugbi e tempo de lecer


14

Barrios DEPORTIVO 9 de xuño de 2017

O CD Open imponse en Bremen Redacción O Club Deportivo Open, de hoquei herba, impúxose (tanto en categoría masculina coma na feminina) no prestixioso torneo internacional de hoquei veterán disputado na localidade alemana de Bremen. Os dous equipos tiveron que pelexar para plantarse en sendas finais. Os participantes chegaron de lugares tan dispares como Canadá, Inglaterra, Bélgica, Alemania e España. Foron arredor de 20 as escuadras que acudiron á edición deste ano.

Os veteráns ourensáns triunfaron en Alemania.

POLIDEPORTIVO

Novo podio europeo para Felipe Iglesias 4 Foi subcampión continental de jiu jitsu. Redacción O jiujitsuka ourensán do Club Marbel, Felipe Iglesias, logrou un novo éxito continental. No XVI Campionato de Europa de jiu jitsu 2017, que tivo lugar no ‘Borik Sports Hall’ da cidadede Banja Luka, en Bosnia-Herzegovina, Felipe Iglesias fíxose coa medalla de prata na categoría de menos de 56 quilos, repetindo o seu maior logro nesta cita. O ourensán tivo un duro camiño ata lograr ese metal. Na fase de grupo gañou o seu primeiro combate ao alemán Christian Schneider (16-11), perdendo o segundo contra o francés Joan Legrand (8-9), aínda que pasou o corte cara a semifinal. Na mesma gañou ao italiano Andrea Ventimiglia por un axustado resultado (16-14), que demostraba

O Campus, subcampión de España 4 En rugbi a sete. Redacción O Campus Ourense Rugby chegaba a Valencia para disputar o Campio-

nato de España de rugbi a sete. E facíao despois de lograr, fai poucas datas, o campionato galego na mesma disciplina.

a igualdade entre todos os participantes. Na final quedou a un paso do ouro (1514), que recaeu no grego Ara Tzanikian. Este resultado permítelle puntuar de cara ao seu novo reto: os World Combat Games (o equivalente aos xogos olímpicos das artes marciais), que se dis-

putarán en Perú. Con esta, van seis convocatorias europeas consecutivas para o deportista que estivera anteriormente en Hanau (2012), Alemania (2013), Rumanía (2014), Holanda (2015) y Bélgica (2016); ademais, conta con catro participacións en mundiais da especialidade. Christian Álvarez O ourensán (con ficha federativa madrileña) Christian Álvarez tamén participou neste torneo. As dúas derrotas na primeira fase fixeron que non puidera repetir os bos resultados doutras edicións.

Iglesias (á esquerda) no podio do europeo de jiu jitsu.

Os de David Monreal arrancaron o torneo logrando a vitoria diante do Liceo Francés, por 127. No segundo encontro nada puideron facer ante o equipo de División de Honra A, o Hernani (727). No terceiro partido os ourensáns recompoñéronse e lograron vencer ao Sant Cugat, por 19-17. Na final tocoulles de

novo o Hernani. Nesta ocasión, nova derrota, máis contundente: 0 a 22. A pesar de perder, o Campus pecha un gran ano no que mantivo a categoría na División de Honra B (na súa primeira participación), ademais de facerse co titulo autonómico e este subcampionato nacional na modalidade de rugbi a sete.

Eva Calvo coa selección cadete onde está Ainoha.

Ainoha García, ao mundial cadete 4 Así o confirmou a Federación de taekwondo. Redacción A Federación española de taekwondo vén de ratificar á ourensá Ainoha García como membro da expedición de deportistas que participarán no mundial cadete de taekwondo que se disputará en Egipto no mes de agosto. A nova chegoulle cando estaba concentrada nas instalacións do CAR de Madrid coa selección nacional. Ainoha ve recompensado con esta convocatoria o seu título de campioa nacional. Como anécdota, a me-

dallista olímpica Eva Calvo posou co equipo cadete no CAR. Autonómico escolar No campionato autonómico escolar, os deportistas de Centro Deportivo Couto realizaron un gran traballo. O grupo de exhibición quedou a unha sóa décima do bronce, e a dúas da prata. En combate, Julián Feijóo en -33 kg fíxose co ouro; Fátima Martínez, en -51 kg, foi prata; o mesmo que Julio Iglesias, en -41 kg; Brais Sánchez quedou apeado nos cuartos polo que sería o vencedor.

Os integrantes do campus en Valencia.


Barrios DEPORTIVO 9 de xuño de 2017

NOVAS

15

Barrios DEPORTIVO. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 185-2009. Redacción: r/ Bedoya, 7, 1º, of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 04 53 52 / 685 969 546. Correo-e: deportes@periodicobarrios.com. Distribúe: Lebre Mensaxeira. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción e fotografía: Ramsés Torres, Miguel Rejo. Colaboracións: C. Domarco. Nº160- Ano: IX - 9 de xuño de 2017 - Difusión: 5.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 04 53 52 / 685 969 546.

O fútbol gaélico pasa a depender da Federación Galega de Fútbol 4 As rapazas do Auriense fixéronse coa Copa Shield. Redacción Partido infantil entre Guillelme Brown e Concepción Arenal.

voleibol

Os filiais do San Martiño dan a cara na Copa Deputación 4 Estarán nas finais da competición. Redacción Os equipos infantís feminino do Club Voleibol San Martiño, o Guillelme Brown e o Concepción Arenal, enfrontáronse entre sí para entrar na final da Copa Deputación. A pesar de que o encontro estivo moi igualado, o Guillelme Brown non cedeu ningún set e logrou a vitoria por 3 a 0. Este resultado fai que o Guillelme Brown loite pola título da Copa Deputación e o Concepción Arenal confórmese pola loita polo terceiro e cuarto posto. En categoría cadete tamén se enfrontaban dos filiais do club; o Dompa Xestión contra o equipo de Dompa Ies Allariz por un

Este sábado, 10 de xuño, o Paco Paz acolle as finais da Copa Deputación

posto na final. O Dompa Xestión non deu opción venceu con contundencia por 3 a 0- e xogarase a primeira praza, mentres que o IES Allariz pelexará pola terceira posición. Finais Despois da pasada fin de semana na que se disputaron as semifinais, as finais da Copa Deputación disputaranse durante todo o día do sábado, 10 de xuño, no Pazo dos Deportes Paco Paz. CV San Martiño O Club Voleibol San Martiño nas categorías infantil, cadete, xuvenil e sénior feminino ten equipos loitando na final, do mesmo xeito que nas categorías alevin masculino e cadete masculino. Tamén nas categorías infantil, cadete e xuvenil ten equipos pelexando polo terceiro e cuarto posto. Un total de 12 conxuntos disputando as finais de Copa Deputación.

O pasado venres completouse a integración da Asociación Galega de Fútbol Gaélico dentro do seo da Federación Galega de Fútbol. Nas oficinas de San Lázaro, en Compostela, os representantes institucionais de ambos entes, Rafael Louzán Abal pola FGF e Iván Villalón Costa pola AGFG, procederon á sinatura do acordo sobre o que se baseará o futuro do fútbol gaélico galego. Este acordo chega tras un proceso de negociación ao longo desta tempada, onde o entendemento e predisposición de ambas entidades sempre foi máximo. Desde o fútbol gaélico galego agardan que este

acordo permita un crecemento sólido e sostido deste deporte. A Asociación Galega de Fútbol Gaélico conta con 13 clubs inscritos e máis de 400 xogadores, e foi a primeira en organizar unha liga regular fóra do país orixe do deporte, Irlanda. Conta tamén cunha selección galega recoñecida pola Asociación Atlética Gaélica (GAA), máximo organismo internacional, e que acadou o podio nos últimos dous mundiais. Na cidade de Ourense, está representado polo Auriense FG (masculino e feminino), na primeira división do Fútbol Gaélico Galego. Copa Shield O equipo feminino do Auriense conquistaba este

sábado pasado, en terras coruñesas, a primeira edición da Copa Shield; un torneo que precedía ao Campionato Ibérico e que tivo na categoría feminina un equipo galego como campión: As Fillas de Breogán da Coruña. No cadro masculino, a victoria do Ibérico foi para o Madrid Harps. O Auriense, que disputaba a Copa Shield, non puido traer o torneo e caeu co Herdeiros de Dhais de Lalín.

O equipo masculino caeu derrotado na Copa Shield ante o Herdeiros de Dhais de Lalín

Momento da sinatura do acordo no que o fútbol gaélico pasa a depender da Federación galega de fútbol.

O Barrocás queda sen ascenso Redacción O Club Hockey Barrocás rematou a fase final para o ascenso a División de Honra B na terceira posición, polo que se queda sen cumplir o seu obxectivo de subir de categoría. Os rapaces de Roberto Oliveira chegaban á fase final con desvantaxe sobre o Sardinero de Santander, equipo que vencera aos ourensáns na fase previa. Cántabros e madrileños (do SPV) chegaban con dous puntos. Os laranxas lograron vencer aos dous rivais -SPV e Universidad de Sevillacon contundencia (1-5 e 10-1, respectivamente). Vitorias insuficientes para un equipo que loitou ata o final. O empate do Sardinero diante do SPV madrileño (1-1) foi suficiente para que ascenderan e quedaran ás portas os barrocos. Terceiro Trala decepción de non lograr a meta aos de Oliveira tocáballes xogar pola disputa do terceiro e cuarto posto. No choque, venceron ao Atlètic Terrasa por 7-3. Ademais, lograron dous premios. Xurxo Cid foi o máximo realizador do torneo con 11 goles e Manuel Prol foi nomeado como mellor xogador. Deste xeito, o Club Hockey Barrocás pon fin a unha boa tempada na que arrasou na competición doméstica, pero que queda ás portas de lograr un ascenso que leva anos buscando. O ano que vén, novo intento de lograr ocupar o lugar que merece o Barrocás no hoquei nacional.


Barrios DEPORTIVO 9 de xuño de 2017


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.