Bd 146

Page 1

[ Páx. 14]

Julio Fernández recibe a medalla Pierre de Coubertin ARTES MARCIAIS Páx.2 RUGBI Felipe Iglesias, o mellor jiujitsuka do ránking mundial

Páx.4

O Campus Rugby vence no seu primeiro partido en casa

FÚTBOL SALA Páx. 6

FÚTBOL

Páx.8

O Cidade As Burgas perde e o Ourense Envialia empata

A UD Ourense golea no Couto ao Xunqueira 7-1

ATLETISMO

Páx.10

Rubén Diz e Sonia Teijeiro dominan na Carreira da Ponte

Volve o espectáculo

[Páx. 3]

Plantilla do COB para esta tempada: Jukic, Fernández, Guerra, Flis, Wright (detrás), Rodríguez, Díaz, Mitrovic, Kapelan e Hittle (diante). /RAMSÉS.

Número: 146- Ano: VIII - 30 de setembro de 2016 - Depósito Legal: OU 185-2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta - www.periodicobarrios.com BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 14 de outubro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190.


Barrios DEPORTIVO 30 de setembro de 2016

AXENDA / POLIDEPORTIVO

4 Axenda deportiva Fútbol

- Día 1 de outubro. Miguel Anxo -16:15 h- Pabellón Sporting de Gijón. División Honra xuvenil. - Día 2 de outubro. San Rosendo -16:30 h- Sporting Celanova - UD Ourense. 1ª Galicia. - Día 2 de outubro. Os Carrís. Barbadás - Rápido de Bouzas. 3ª División. - Día 2 de outubro. Antonio González. Polígono - Verín. Rexional Preferente. - Día 2 de outubro. O Couto. Ourense C.F. - Arenteiro. Rexional Preferente. - Día 2 de outubro. Velle -12 h- UD Ourense - Arcade. 1ª Galicia feminina. - Día 9 de outubro. Calabagueiros. CD Barco - Castro. 3ª División. - Día 9 de outubro. José Arjiz. Verín - Porriño. Rexional Preferente. - Día 9 de outubro. A Tella. Nogueira - Valadares. Rexional Preferente. - Día 9 de outubro. Espiñedo. Arenteiro - Pontellas. Rexional Preferente. - Día 9 de outubro. Velle -12 h- UD Ourense - San Miguel. 1ª Galicia feminina. - Día 9 de outubro. O Couto -16:30 h- UD Ourense Viana. 1ª Galicia.

Baloncesto

- Día 30 de setembro. Paco Paz - 21 h - COB Ourense Provincia Termal - Oviedo. LEB Oro.

Fútbol sala

- Día 1 de outubro. Os Remedios -17 h- Ourense Envialia - Leganes Masdeporte. Primeira División. - Día 1 de outubro. O Carballiño. Carballiño - Sala Ourense. 3ª División.- Día 8 de outubro. Os Remedios - 17 h - Cidade As Burgas - Majadahonda F.S.F./Afar 4. Primeira División. - Día 9 de outubro. Os Remedios. Sala Ourense - Santiago Futsal “B”. 3ª División.

Atletismo

- Día 2 de outubro. Nogueira de Ramuín -08:00 h- I Trail Ribeira Sacra. - Día 2 de outubro. Saída na Ponte Vella de Ourense 11:00 h- Carreira solidaria Fundación Real Madrid. - Día 8 de outubro. O Carballiño -18:00 h- Trail ADC Os Mosqueteiros. - Día 9 de outubro. A Rúa -09:00 h- II Gran Premio de Montaña de A Rúa.

Andaina

- Día 2 de outubro. Lobeira -9:00 h -. Andaina serra Leboreiro Cabreira. - Día 2 de outubro. Baños de Molgas. VI andaina solidaria “Nico contra o cancro infantil”. - Día 9 de outubro. A Rúa. II Gran Premio de Montaña de A Rúa. - Día 9 de outubro. Toén. - 09:00 h -. IV Andaina de Moreiras.

BTT

- Día 2 de outubro. Cualedro - 09:00 h -. I BTT Concello de Cualedro. - Día 2 de outubro. A Merca. -09:00h-. VII Parroira Bike A Merca.

Tenis

- Ata o 2 de outubro. Club Santo Domingo. Copa Deputación de tenis.

Volei praia

- Días 1 e 2 de outubro. Ourense. Copa Deputación de volei praia.

Judo

- Día 1 de outubro. Ourense. Liga de judo “Cidade de Ourense”. 1ª xornada.

Natación

- Día 1 de outubro -10:45 h-. XX xogos autonómicos Special olympics de natación.

Iglesias, o mellor jiujitsuka do mundo 4 Subiu ao primeiro posto do ránking internacional. Redacción O jiujitsuka ourensán do Club Marbel, Felipe Igrexas, alcanzou esta semana o posto número 1 no ranking mundial da Federación Internacional de Jiu Jitsu, na categoría de loita de -56 quilos. Unha clasificación que a institución actualiza segundo os méritos logrados por cada competidor cada certo tempo. As medallas de prata logradas nos últimos campionatos Europeo e Mundial permiten a Igrexas superar ao colombiano Jaison Moura por 20 puntos e ao francés Dylan Touati por 70. O tamén ourensán e compañeiro de Igrexas, Christian Álvarez, permanece no oitavo posto na categoría de +94 quilos, inmerso na recuperación dunha lesión de xeonllo. Liga de judo Este sábado 1 de outubro comeza a 14ª edición da Liga de judo. Ese día celebrarase a primeira xornada da Primeira e

Segunda división masculina. O día 15 do mesmo mes terá lugar a segunda xornada masculina e comezará a competición na feminina. O Marbel participará, en mulleres, cun equipo que tentará rematar na mellor posición posible. Este ano non haberá un club representando a Ourense na categoría masculina. A terceira xornada celebrarase o 5 de novembro na que se definirán as posicións definitivas para as eliminatorias polo título e polo ascenso de categoría. A fase final disputarase o 12 de novembro.

O 1 de outubro comeza a Liga de judo masculina e o día 15 a feminina.

xadrez

David Gómez, vencedor do aberto de xadrez de Ribadavia 4 Celebrado dentro da Festa da Istoria 2016. Redacción A igrexa da Madalena de Ribadavia acolleu o 24 de setembro o primeiro aberto de xadrez “ Festa da Istoria”, no que se deron cita 60 xadrecistas (40 con ránking internacional) dos diferentes clubs de Galicia, ademais do Mestre arxentino Alfredo Cordero ou do xogador da federación

Felipe Iglesias.

madrileña Daniel Táboas (que partía no ránking inicial na primeira posición). Clasificacións Na categoría sénior o vencedor foi o actual campión galego universitario e xadrecista do Club Xadrez Ourense David Gómez Diéguez, con 6 dos 7 puntos posibles. A segunda posición foi para o madrileño Daniel Táboas, e o bronce

foi para o arxentino Cordero. Completaron o podio David Torres Domínguez (Club Sanxenxo) e Jorge Fernández Vázquez (Club Xadrez Ourense). En categoría xuvenil o gañador foi Adrián Gómez (Xadrez Ourense), seguido de Alejandro Cervigni (do mesmo club). Raúl Martínez Peña (Casa da Xuventude) foi terceiro. Gabriel Roma (Xadrez Ourense) obtivo o cuarto posto e Adrián Carpintero (Ramiro Sabel de Ponteareas) foi quinto.

En infantil, o Xadrez Ourense copou o podio por completo con Martín Gómez, Marcos Vázquez e Xacobe Conde. Por clubs, o Xadrez Ourense foi o máis galardoado con 8 premios dos 13 en disputa. Continuidade Tanto a Coordinadora da Festa da Istoria como o Club Xadrez de Ourense teñen a intención de darlle continuidade a este torneo na vila de Ribadavia en próximos anos.

Nesta primeira edición participaron 60 xadrecistas.


NATACIÓN / BALONCESTO

Special Olympics organiza os Xogos Autonómicos de Natación 4 Participan 21 asociacións de toda Galicia. Redacción A piscina Rosario Dueñas dos Remedios acolle este sábado a celebración dos XX Xogos Autonómicos de Natación. Preto de 350 persoas, entre deportistas con discapacidade intelectual, monitores, voluntarios e membros da organización competirán baixo o lema de Special Olympics: “Quero gañar, mais se non o consigo, deixádeme ser valente no intento”. Na presentación da xornada, o concelleiro de Deportes quixo lembrar a figura de Carlos Outeiriño, precursor do fomento do deporte sen barreiras. Ourensáns Daranse cita en Ourense 21 asociacións de toda Galicia. Deles, 38 persoas pertencen á provincia de

Ourense, estando a cidade representada por unha vintena de deportistas das asociacións Aspanas e As Burgas. Eladio Fernández, presidente de Special Olympics, adiantou que poderemos ver “deportistas con discapacidade intelectual de todos os baremos, desde os que teñen problemas motores e precisan apoio dos monitores, ata os que teñen aptitudes deportivas”, pero todos eles co mesmo espírito competitivo. Os xogos darán comezo co desfile inaugural, ás 10:45 horas na cancha central, e as probas celebraranse desde as 12 horas na piscina Rosario Dueñas.

A cita terá lugar este sábado nos Remedios

Regresa a LEB ouro cun COB reinventado 4 Recibe no Pazo ao Oviedo na primeira xornada. Será este venres ás 21 horas. R. Torres Atrás quedou o enésimo verán frustante para o Club Ourense Baloncesto. Lonxe no tempo parece que queda a decepción de que o equipo non estará na ACB esta tempada. Non estará nin el nin ningún dos dous equipos que ascenderon na cancha: Melilla e Palencia. E mentres as cousas non cambien no baloncesto español seguirá sendo así. Por iso, o Club Ourense Baloncesto ten que reinventarse unha vez máis para volver a enganchar a unha afección cansa de continúas decepcións. Baixo a dirección técnica, un ano máis, de Gonzalo García de Vitoria, o equipo deberá volver a ilusionar. Xuventude e descaro serán os signos de identidade do COB Ourense Termal 2016-2017. Os xogadores Christian Díaz e Martín Rodríguez serán os encargados de levar a batuta do equipo; o primeiro será, por veteranía, o primeiro base, Rodríguez deberá aprender deste primeiro ano como

Á presentación do evento acudiron o edil de Deportes, Mario Guede, e a deputada provincial Montse Lama.

Barrios DEPORTIVO 30 de setembro de 2016

Agárdase que Mitrovic e Guerra sexan determinantes

Diego Kapelan, no partido da tempada pasada ante o Oviedo disputado no Paco Paz./ARQUIVO. profesional da man dos seus compañeiros. Tomás Fernández e Diego Kapelan son os únicos xogadores que continúan do ano pasado. Fernández progresou moito na súa aprendizaxe o ano pasado e agárdase que este ano mellore todavía máis. Kapelan xa demostrou que é un xogador que está chamado a grandes cousas no baloncesto; e ten diante de si un ano no que será o momento de demostralo. O canadiense será o capi-

tán do equipo. Kyle Hittle e Zarko Jukic son novos na competición. Ningún dos dous disputou ningunha liga española e o seu rendemento será unha incógnita. Hittle propiciou a fichaxe de Jukic; a estatura do americano, máis baixa do esperado, fixo que o club fichara a un xogador con centímetros e físico para poder ir ao rebote. Hittle, a pesar de que chegou falto de forma, xa deu pinceladas do que se pode esperar del, Ju-

Tomás Fernández e Diego Kapelan, os únicos que continúan no COB esta tempada kic apenas realizou unha semana de adestramentos pero chega en forma tras disputar o pre Europeo coa súa selección: Dinamarca. Devin Wright e Dmitri Flis son dous experimentados xogadores na competición. Wright militou en Andorra, Melilla e Breogán antes de recalar no COB. Flis -ademais de disputar a Liga rusa- Andorra, Joventut e Manresa (os dous últimos na ACB) foron os seus destinos. Nemanja Mitrovic e Fran Guerra quizáis sexan as dúas sensacións do equipo. Dos dous espérase que sexan, xunto a Kapelan e Díaz, os xogadores sobre os que se sustente o COB. Mitrovic é letal desde a liña de tres puntos, Guerra infalible baixo o aro. Todo listo para que arranque un novo COB. Oviedo E o primeiro rival será o Oviedo; este venres ás 21 horas no Paco Paz. Un equipo que disputará a súa cuarta tempada na LEB Ouro e que deixou moi boas sensacións nas anteriores tempadas. Para este partido os asturianos non poderán contar co seu xogador máis determinante. Edu Hernández-Sonseca lesionouse en pretempada e non poderá disputar este encontro. Un problema para Carles Marco que o tentará resolver con Felipe dos Anjos, quen coa súa xuventude ten que coller galóns en ausencia de Sonseca.


Barrios DEPORTIVO 30 de setembro de 2016

POLIDEPORTIVO

Termalismo e BTT, da man no Xurés

Unha xogada do encontro Campus-El Salvador./R.TORRES.

O Campus Rugby vence ante El Salvador B 4 No primeiro partido en casa da División de Honra B. Redacción O Campus Rugby venceu a El Salvador B por 5024 no primeiro partido en casa da División de Honra B. Os de David Monreal enfrontábanse ao equipo filial do actual campión de liga de División de Honra. Os ourensáns tiñan que demostrar que a derrota do debut foi un traspés debido aos nervios da estrea na segunda división nacional do rugbi. Tentando non cometer os mesmos erros que no primeiro partido saíron ao campo moi concentrados. A pesar de todo, tiveron algún erro, permitindo que os rivais lograsen cruzar a

liña de marca. Con todo, realizaron un mellor xogo que na primeira xornada, algo que deben intentar manter ao longo do ano para poder lograr o obxectivo da salvación. Malia as baixas, o Campus tiña marcado o partido en vermello para lograr a vitoria. O rival non puxo as cousas fáciles pero os locais non deron alternativa para que ao final os puntos quedaran en casa. O dominio foi claramente para os de Monreal. Jason e Moi lograron os primeiros puntos (7-0) e de novo Jason faría o 12 a 0. Un posterior ensaio de Joe con transformación de Moi puña en clara van-

taxe aos ourensáns (19-0). Villagrá lograría puntuar para os visitantes (19-5), pero dous ensaios de Jason e Joe, con transformación de Moi reflectían un 31-5 no electrónico. O Salvador non se rendería e Sarmentero e Silva recortaban diferenzas (31-12). Pero o Campus Ourense Rugby Coosur non se quería deixar sorprender e outra vez a dupla Joe - Moi facía o 38-12. Tras uns minutos de impasse, Justin ensaiaba e lograba cinco puntos máis para o conxunto local (4312). O Salvador B tentaría á desesperada meterse no partido e os seguintes dous ensaios (e transformación)

foron seus, 43-24. Con todo, e antes de que rematará o partido, Joe e Jason disiparon calquera tipo de dúbidas logrando sete puntos máis e deixando o marcador final en 50-24. Próxima xornada O Campus Rugby desprázase este fin de semana a terras burgalesas para enfrontarse a un dos favoritos da categoría: UBU Outeiro Clinic.

Os ourensáns desprázanse esta fin de semana a Burgos

Xurés Termal Bike é un destino turístico que aúna dous dos principais recursos da Reserva Mundial da Biosfera Xurés-Gerês, un dos parques naturais transfonterizos máis grandes de Europa: o termalismo de Caldaria e as rutas de BTT e de ciclismo de estrada existentes nesta comarca natural que abrangue territorio de dous países: España e Portugal. O destino conta co Centro BTT Serra do Xurés, onde existen dous puntos de acollida, un en Maus de Salas (concello de Muiños), xestionado por AvivaCenter, e outro no Complexo TurísticoDeportivo O Corgo (Mugueimes-Muiños) e cun Punto de Información no Balneario de Lobios do grupo Caldaria; e rutas turísticas homologadas que, ademais de facilitar a práctica da devandita actividade, tamén funcionan como áreas naturais de interpretación de patrimonio cultural e natural. E todo iso acompañado dos servizos da estación termal, na que ofrecen diferentes tratamentos de saúde, relax e benestar, un magnífico complemento á práctica deportiva. Programas especiais Xurés Termal Bike Os interesados en gozar deste espectacular destino dispoñen dun programa adaptado a todo tipo de públicos, desde o profesional que o elixa para adestrar, até o turista que

desexe experimentar por primeira vez a sensación de dar un paseo polas espectaculares paisaxes do Xurés e o Gerês. Para os que xa dispoñen de bicicleta, o Balneario de Lobios conta nas súas instalacións de zonas de aparcadoiro, taller e tenda, así como dun punto de información onde se poden descargar as rutas de montaña do Centro BTT Serra do Xurés ou as de estrada, mountain bike e paseo que che ofrece Xurés Termal Bike. Aqueles que non dispoñan de bicicleta propia, poderán alugala xunto coa reserva do programa, e engadir ao paquete servizos complementarios como aluguer de gps cos tracks das rutas ou contratación dun guía para que lles acompañe a facer a ruta. Tamén poderán elixir o tipo de bicicleta que desexan alugar, xa que Xurés Termal Bike conta cun servizo de bicicletas eléctricas, especialmente pensado para aquelas persoas que queren gozar do Xurés dunha maneira máis relaxada. Os interesados nesta proposta deportiva e termal tamén poden elixir os días de estancia no Balneario que desexes, pois Caldaria oferta programas de 1,2 e 3 días, que se poden combinar no caso de decidir facer unha estancia máis longa. [Infórmate en caldaria.es]

Caldaria oferta estancias termais e práctica de BTT


PUBLICIDADE

Barrios DEPORTIVO 30 de setembro de 2016


Barrios DEPORTIVO 30 de setembro de 2016

FÚTBOL SALA

Empate do Envialia en terras vascas 4 Un a un marcaba o luminoso tralo encontro co Txantrea. Redacción

María Arias co balón diante de dúas xogadoras do Futsi./RAMSÉS.

O Cidade cae con orgullo ante o Futsi 4 Un gol a tres foi o resultado final. R. Torres O Cidade As Burgas caeu con honores diante do Futsi. 1 a 3 foi o resultado final. Presumíase que tocaba goleada cando aos 15 segundos de encontro un gol de María Pelegrini poñía en vantaxe ás madrileñas. Pero nada máis lonxe da realidade. O Cidade estivo moi correcto en defensa o que propiciou que o marcador non se volvera a mover ata os últimos minutos da primeira metade. No minuto 17 de encontro María Sanz facía o 0-2 e Ari, un minuto despois, o 0-3. Así remataría a primeira metade. Na segunda parte, grazas a que as de Codeso mantiñan o nivel defensivo e a unha certa relaxación nas xogadoras do Futsi, Antía (substituta de Ana Lastra baixo paos) non tivo que recoller máis balóns no fondo da malla. Quen si marcou foi o Cidade por mediación de María Arias a dous minutos do final do encontro. Unha ocasión máis para as locais antes do pitido final que quedou en nada, e os tres puntos foron para o Futsi. Codeso viuse na obriga de realizar moita rotación para manter o nivel competitivo. As baixas de Ana Lastra e Iria Saeta lastraron a un equipo que raiou a un gran nivel na maior parte dos 40 minutos, se

temos en conta que moita das xogadoras apenas disputaran minutos en Primeira división. Quinteto Ao Cidade tocoulle reinventarse nesta ocasión. Do quinteto que quedou subcampión hai dúas tempadas non había ningunha xogadora. Antía, Candela, María Arias, Nerea e Figo substituiron ás Ana, Iria, Vanessa, Nespereira e Peke. Candela, con tan só 18 anos, púxose o equipo ás costas e foi a veterana neste encontro. Neste co-

mezo de tempada deu un paso ao fronte e todo fai indicar que, en breve, será unha das xogadoras a ter en conta nesta Liga. Outras das que está dando un plus neste inicio de campionato é María Arias. A xogadora ten este ano o rol de substituir á insustituible Lucía Nespereira. A pesar do difícil da empresa, Arias está a realizar un gran arranque de tempada. Alcorcón Na cuarta xornada o Cidade visita a cancha do Alcorcón.

Tres partidos de Liga e o Ourense Envialia non coñece a derrota. Tamén é certo que dos tres encontros dous remataron en empate (Poio e Txantrea) e un foi vitoria (diante do Rioja). Nos tres partidos as de Chipi suman cinco puntos e colócanse na sexta posición. Escaseza de goles O máis preocupante é a escaseza goleadora; e é que nos tres partidos as ourensás suman soamente tres goles a favor. Ben é certo que tampouco encaixan moitos, dous tantos nos 120 minutos disputados de competición. A baixa de Rosángela (lesionada) non debería ser a causa, xa que a pesar de que marcou na pasada tempada non é unha goleadora; si que o era Ana Rivera (marchou ao Alcorcón), pero con Marta, Bea Seijas e, sobre todo, Sara Moreno o equipo aínda ten pólvora. Esta falta de gol non debería ser demasiado preocupante xa que normalmente o dominio é das albinegras durante a maior parte dos encontros. O gol chegará. Txantrea A pesar do dominio

Sonia Pacios controlando o balón ante a xogadora do Futsi, María Sanz./RAMÉS.

Bea Seijas loitando polo balón cunha xogadora do Rioja./RAMSÉS. absoluto das de Chipi o Ourense Envialia non foi capaz de sacar nada máis que un empate no campo do recén ascendido Txantrea, que estreaba o seu casilleiro de puntos. Os goles non chegaron ata os últimos cinco minutos. Mai Garde adiantou ás locais e a falta de dous minutos, Marta Rodríguez devolvía as táboas ao electrónico. Reparto de puntos que saben a pouco ás ourensás. Leganés Despois de dúas xorna-

das lonxe dos Remedios o Envialia regresa a casa na cuarta xornada. O encontro ante o Leganés Masdeporte, décimo segundo clasificado, disputarase o sábado 1 de outubro ás 17 horas, nos Remedios.

O Envialia recibe ao Leganés este sábado, 1 de outubro, ás 17h na central dos Remedios

A nova fichaxe do Ourense Envialia, Lucía Gómez, no partido contra o Rioja disputado nos Remedios./I. OSORIO.


POLIDEPORTIVO

50 anos do Descenso do Sil 4 Nesta edición venceron León e Fidalgo en K-2. Redacción Este ano cumpríronse 50 anos do Descenso do río Sil. Na proba raíña, a de K-2, os vencedores foron os deportistas Jesús Rodríguez León (Fluvial O Barco) e Guillermo Fidalgo (Pico Azul León). En total participaron 350 padexeiroas de 35 clubs, que foron seguidos por numeroso público que non quixo perderse a cita. 22 segundos despois chegaron os segundos clasificados Cruz e Rey do Club Náutico Firrete. O local Adrián Prada foi o primeiro en chegar ao Malecón do Barco despois de sete quilómetros na categoría K-1 xuvenil, a minuto e medio chega-

ba o segundo clasificado Alberto Rodríguez, do Fluvial Lugo. Os padexeiros locais Bernardo Sánchez, Fernando García e Kissi Torres remataron na segunda posición nas categorías K-1 sénior; K-1 veterano e K-1 veterano feminino, respectivamente. Ourensáns O piragüismo ourensán logrou máis éxitos na cita da comarca de Valdeorras. Así, Mónica Piñeiro, do Club Fluvial de Avión, foi primeira en K-1 veterano. O dúo Pedro Andrés García e Pedro Javier Piñeiro (Fluvial Avión) acadaron a segunda praza en K-2 veterano.

Debut na casa con goleada 4 O Sala Ourense vence na segunda xornada ao Ribeira por 9 a 6. Redacción Despois dunha primeira xornada, no grupo 8 da Terceira división, na que o Sala Ourense perdeu contra o Superti A Pontenova por 6-2, os pupilos de Quique lograron os tres primeiros puntos da

O seu próximo rival será o Carballiño

tempada. Foi na segunda xornada de liga diante da súa afección e ante o Ribeira. O resultado foi de nove goles a dous nun partido moi intenso. Partido intenso desde o pitido inicial con idas e voltas en ámbalas dúas portarías. O Sala Ourense foi máis efectivo ca o seu rival nos 10 primeiros minutos -as mellores ocasións foron

4 Terá lugar no Carballiño o 1 de outubro. Os ourensáns foron máis efectivos dende o inicio./R.T. Este vindeiro sábado 1 de outubro, con motivo do 40º aniversario do modelo W123 de Mercedes-Benz, e do 10º do pequeno Gran Club, no W123 Club España queren celebrar ao grande no Carballiño unha gran concentración deste modelo e superar o centenar de unidades vindas de toda España. Actividades Para iso contarán coa colaboración do Concello do Carballiño e co patrocinio de Garza Automoción, concesionario de Mercedes-Benz na provincia de Ourense. Na xuntanza haberá agasallos, sorteos, visitas

Cartel do evento. de interese cultural, así como degustación da excelente gastronomía da zona.

Contan con reunir máis de 100 coches de toda España

fútbol sala

Homenaxe ao modelo W123 de Mercedes

Redacción

Barrios DEPORTIVO 30 de setembro de 2016

Tizón foi autor de varios goles neste encontro./RAMSÉS. para os locais- logrando tres tantos obras de Guerra, Tizón e Araújo. Nos segundos 10 minutos deste primeiro período os ribeirenses lograron recurtar distancias, un gol dos locais (Guerra) e tres dos visitantes deixaron o resultado de 4-3 ao descanso. Foi un intercambio de golpes constante que o Sala Ourense iniciou cun parcial de 3 a 0, pero pouco a pouco viu como a súa vantaxe íase diluíndo até chegar ao descanso cun apretado 4 a 3. A segunda parte comezou cun tempraneiro tanto de Tizón, dando a réplica Jairo un minuto despois (5-4). Guerra poñía terra de por medio deseguido (6-4). O intercambio de goles continuaría e os visitantes

recurtarían distancias por dúas veces máis con Guerra (no 7-5) e Tizón (8-6) mantendo a raia ao adversario. Co Ribeira volcado, Rubén marcaría o definitivo 9-6. Tres puntos, os primeiros da tempada para que o Sala Ourense ocupe a sétima posición, os mesmos que o seu próximo rival: Oo Carballiño. Para a vindeira fin de semana, partido Carballiño contra Sala Ourense no Paco Chao. Os de Arenteiro venceron na primeira xornada ao Casás e perderon na segunda contra o Pazos de Borbén.

Foi a primeira vitoria da tempada para os ourensáns


Barrios DEPORTIVO 30 de setembro de 2016

FÚTBOL

A UD Ourense golea ao Xunqueira 4 Sete goles a cero con catro anotadores: Durá (3), Hugo (2), Cristian e Omar. Redacción A Unión Deportiva Ourense logrou a primeira vitoria na casa da tempada. Sete a cero nun partido no que os de Antonio Dacosta foron os dominadores durante os 90 minutos. Antes da media hora de partido un pase de Cristian Dacosta chegou ás botas de Rubén Durán quen de disparo seco mandou o esférico ao fondo das mallas (1-0). O dominio seguía sendo local e dous paos -un de Adrián e outro de Diego Soto- foron o preludio do segundo gol da tarde; a cinco minutos do descanso Cristian firmaba o segundo. Na reanudación, de novo Durán facía o 3-0. Omar cunha obra de arte lograba o 4-0 deixando sentado ao cancerbeiro visitante. Hugo lograría o quinto gol unionista cando apenas levaba 20 minutos no campo, e o sexto -segundo da súa conta- cinco minutos máis tarde. O trigoleador Durán pecharía a goleada cando o partido estaba chegando ao seu fin; Durán desfíxose na área de tres defensores para bater ao porteiro enganándoo. Clasificación Tres puntos que deixan á U.D. Ourense na terceira

Os de Dacosta foron os dominadores durante os 90 minutos

posición con 9 puntos. Primeiro segue sendo o Bande con 12 puntos (todos os seus partidos os conta por vitorias) e segundo é o Velle con 10 puntos. Xornada 5 A vindeira fin de semana os da capital visitan o campo de San Rosendo -16:30h- para medirse ao Sporting de Celanova, equipo que é cuarto con oito puntos. Os enfrontamentos do resto da xornada son o Velle - A Peroxa; Antela - Bande; Monterrei - A Manchica; Atlético Arnoia - Ribeiro; Francelos - Cortegada; Viana - Taboadela; Xunqueira de Ambía Allariz e Maside - Atlético Vilariño.

1ª Galicia - Grupo 4º - 4ª xornada Posto Equipo Puntos 1º SD Bande 12 2º CD Velle 10 3º UD Ourense 9 4º SP Celanova 8 5º Ribeiro FC 7 6º At Villarino 7 7º CD Allariz 7 8º At Arnoia 7 9º Maside FC 6 10º Xunqueira CF 6 11º A Peroxa CF 5 12º Cortegada CF 5 13º Antela CF 4 14º Francelos CF 4 15º CD Viana 4 16º SDC A Manchica 0 17º UP Taboadela 0 18º Monterrei CF 0

Ao redor de 500 afeccionados acudiron ao Couto para contemplar o encontro/RAMSÉS.

Omar regateando a tres rivais do Xunqueira./RAMSÉS.


FÚTBOL

en Calabagueiros, na pasada xornada, os de Javi Rey visitan o domingo ao Alondras (cuarto clasificado).

Comezo con boa nota 4 O Barbadás e o Barco comezaron a competición en Terceira deixando unha boa imaxe. R.T. Seis xornadas disputadas na Terceira División e os dous conxuntos ourensáns están a deixar boas sensacións. O Barbadás é o mellor colocado, en quinta posición. Os de Miki López

suman 11 puntos (os mesmo que o cuarto, Alondras). Nas seis primeiras citas acadaron tres vitorias, dous empates e unha soa derrota. De seguido, o partido da sétima xornada adiántase ao sábado 1 de outubro; o encontro disputarase nos

Carrís a partir das 19 horas e nel o Barbadás medirase co segundo clasificado, Rápido de Bouzas. O Barco, pola súa banda, é décimo segundo con sete puntos grazas a dúas vitorias e un empate (leva tres derrotas). Despois de perder fronte ao Céltiga,

Rexional Preferente Na Rexional Preferente o Arenteiro está a demostrar que este pode ser o seu ano. Os de Manel Vázquez son terceiros con 12 puntos, os mesmo que o primeiro e o segundo (Gondomar e Atios). Esta fin de semana visita, no derbi ourensán, ao Ourense C.F. Será o domingo ás 18 horas no Couto. O Ourense Club de Fútbol marcha oitavo con oito puntos. O Nogueira con sete puntos é noveno e visita ao Porriño esta xornada. O outro derbi ourensán desta fin de semana é o que enfrontará no Antonio

Tras seis xornadas o Barbadás é 5º e O Barco, 12º

Barrios DEPORTIVO 30 de setembro de 2016

González ao Polígono e o Verín -domingo ás 17:30 h-. Os industriais son décimo sextos con catro puntos e os do val do Támega, décimo oitavos con tres.

Ourense C.F. - Arenteiro. Domingo. 18 h. Estadio do Couto

Barbadás e Barco medíronse nos Carrís.


10

Barrios DEPORTIVO 30 de setembro de 2016

ATLETISMO

Diz e Teijeiro dominan no barrio da Ponte 4 Gañaron na quinta proba do circuíto “Correndo por Ourense”. Redacción

Preto de 80 corredores participaron na proba absoluta./RAMSÉS.

Rodríguez e Loeda gañan entre viñedos 4 Impuxéronse na terceira edición da carreira popular de Ribadavia. Redacción Ribadavia acolleu a terceira edición da súa carreira popular. Nesta ocasión foron algo máis de cen as persoas que participaron neste evento. As carreiras de categorías inferiores discorreron polo casco vello da vila; a proba absoluta ademais de percorrer a zona antiga achegouse ata viñedos, a área recreativa da Veronza (lugar onde se disputa o cross de Ribadavia), paseos do Avia e do Miño e Francelos. A carreira absoluta lograron rematala 77 dos 78 deportistas inscritos. Abrindo paso, desde os primeiros metros, David Rodríguez García (Athletic Smoöy Team) logrou a vitoria con comodidade. Rodríguez marcou un tempo de 30:42 minutos sobre os, aproximadamente, 9

quilómetros de percorrido. Segundo na liña de meta foi o corredor do Atletismo Arenteiro Albino Fernandez Garcia (32:29) e terceiro rematou Gonzalo Fernández Alberte (Atletismo Arenteiro) con 32 minutos e 49 segundos.

En mulleres a primeira foi María José Loeda García (43:09) precedendo a Ana Belén Pérez Pereira con cinco segundo de diferenza (43:14). Terceira rematou Joana Leticia Suárez Cuadrado (47:38).

Proba infantil da carreira de Ribadavia./RAMSÉS.

A quinta proba do circuíto de carreiras populares “Correndo por Ourense” xa é historia. O pasado sábado celebrouse en horario nocturno esta carreira, que congregou a preto de 400 atletas. Na categoría absoluta foi de novo Rubén Diz (Sociedad Gimnástica de Pontevedra) o primeiro que pisou a liña de meta; o seu tempo: 17 minutos e 10 segundos. Segundo rematou Luis Iglesias, do Atletismo Arenteiro (17:29). E en terceiro lugar, o compañeiro deste último, José M. Corral (17:34). En mulleres, Sonia

Teijeiro (Atletas Veteranos Ourense) foi a máis rápido ao parar o crono en 21 minutos e 7 segundos. A 17 segundos (21:24), a atleta do Ourenrunning Ana María Ocampo entraba na segunda posición. A súa compañeira, María Ferreiro (22:04) facíase coa terceira praza. Clasificación xeral No que respecta á clasficación xeral, sen cambios na mesma. Rubén Diz ocupa o máis alto do podio masculino secundado por Luis Iglesias e José M. Corral, segundo e terceiro. En canto ao feminino, éste está dominado por Sonia Teijeiro, seguida de Ana María Ocampo e Ma-

Participantes na carreira do barrio da Ponte./I. OSORIO.

ría Ferreiro. A Carballeira Como cada ano a carreira da Carballeira porá o punto e final a este circuíto que xa vai pola súa sexta edición. As costas do barrio da Carballeira serán as protagonistas da última cita, antesala da carreira do San Martiño. O día previsto para a da Carballeira é o domingo 23 de outubro a partir das 12 horas.

A carreira da Carballeira porá o punto e final á sexta edición do “Correndo por Ourense”


POLIDEPORTIVO

300 inscritos para o Ribeira Sacra 4 O trail terá lugar en Luíntra o 2 de outubro. Redacción O 2 de outubro Luíntra acolle o I Trail Ribeira Sacra, organizado polo Club de Montaña Cuevas Grupo Nogueira Trail, o Concello de Nogueira de Ramuín e a Deputación. O período de inscrición rematou con 300 persoas anotadas nesta primeira edición. Percorrido Nesta proba haberá dúas

distancias: un trail curto de 25 quilómetros e outro de 50 quilómetros. O percorrido, con saída na praza de Luíntra, discorrerá polos pobos de Baldomar, Frontes, Fontefría, Liñares, Nogueira, Casas Novas, Pena do Chao, Monte Verde, Fiscal, Sobrado, Mirador de Moura, Paradela, Mosteiro de Santo Estevo, Pombar, Acevedo, Cortecadela, Mundín e regreso a Luíntra.

4 Trátase dun percorrido deportivo pola historia do municipio. Redacción O Concello de Cualedro acollerá o vindeiro domingo, 2 de outubro, a primeira “Marcha BTT”, que discorrerá polas pistas e camiños rurais da localidade, cun percorrido total de 36 quilómetros, de dificultade media-alta. A presentación desta

A inscrición superou a cifra de 100 inscritos nesta primeira edición

iniciativa tivo lugar no Pazo Provincial, acto no que participou o vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández; o asesor de Deportes da Deputación de Ourense, Bernardino González; o alcalde do Concello de Cualedro, Luciano Rivero; o responsable da área de Deportes dos concellos de Cualedro e Monterrei, Marcos Meno; o tesoureiro do Club BTT Verín, Pablo Larrayoz; e o responsable de protección civil de Verín, Manuel Higinio Alfonso. Rosendo Fernández

Presentación na Deputación Provincial do BTT de Cualedro.

4 Tenis Esta fin de semana no Club Santo Domingo (O Pereiro de Aguiar) coñeceranse aos campións da Copa Deputación de tenis deste ano na categoría masculina. As categorías participantes son: alevín, infantil, júnior, absoluta e maiores de 35 anos.

Ruta O acondicionamento do circuíto permitirá que Luíntra conte cunha ruta máis para a práctica do deporte ao aire libre, puidendo ser empregada por corredores e sendeiristas.

Marcha BTT por Cualedro destacou a colaboración da Deputación nesta iniciativa “que dinamiza o comercio e o turismo local, e que ademais, dá a coñecer o medio ambiente e a súa protección”. O alcalde de Cualedro dixo que este tipo de actividades permiten “dar a coñecer aos visitantes as potencialidades do noso municipio”. Luciano Rivero explicou que esta proba pasará “por moitos puntos de interese da nosa localidade como o Castro da Saceda (declarado BIC), o xacemento de Santa Marta, e tamén

11

EN BREVE

Desde a organización pretenden consolidar este trail da Ribeira Sacra para futuras edicións. A ruta longa sairá desde a praza de Luíntra ás 8 horas e terá un tempo de corte, as 13 horas, no quilómetro 26,3. O percorrido curto terá a súa saída desde o mesmo sitio pero ás 10 horas.

Haberá unha distancia de 25 e outra de 50km

Barrios DEPORTIVO 30 de setembro de 2016

4 Volei praia

Cartel do I Trail Ribeira Sacra.

entrará no Concello de Monterrei”. A saída terá lugar ás 9.30 horas, e trátase dunha “proba deportiva que non ten carácter competitivo”, explicou Marcos Meno, quen destacou a gran acollida que tivo a marcha pois “contamos con máis de 100 inscritos”. A pesar de estar rematado o prazo de inscrición, de xeito online, o mesmo día da proba poderase inscribir algún participante de última hora. Incendios Luciano Rivero lembrou os devastadores incendios acaecidos recentemente no municipio e asegurou que “non quixemos suspender a marcha porque é unha maneira de repulsa aos incendios que castigan a nosa provincia”. Efectivos O responsable de protección civil de Verín detallou que para esta proba “contaremos cun total de máis de 30 efectivos repartidos en distintos puntos do percorrido, cun posto sanitario na saída e na chegada, e como novidade, teremos unha unidade ciclista que participará cos corredores ao longo de todo o percorrido”.

O campo de volei praia de Oira acolle durante o 1 e 2 de outubro a Copa Deputación desta disciplina. As categorías participantes serán a sénior, sub 21, sub 19, cadete e infantil. Con este torneo darase por finalizada a tempada de volei praia en Ourense.


12

Barrios DEPORTIVO 30 de setembro de 2016

CICLISMO

Maceda terá unha pista cuberta para adestrar BTT 4 Xunta e Concello de Maceda habilitarán unha pista pump track. Redacción O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, asinou un convenio co alcalde de Maceda, Rubén Quintas, para a creación dunha pista pump track (pista cuberta para o adestramento de BTT). As obras que se acometerán consisten principalmente en movemento de terras, rede de drenaxe e saneamento da antiga nave hípica Os Secos, ascendendo a 61.000 euros. Esta actuación chega pola demanda macedá

debido ao instaurado que está o ciclismo -sobre todo de mountain bike- na localidade. Trátase dunha actuación innovadora en Galicia que dota ao concello dun recinto adecuado para a mellora e perfeccionamento dalgunhas disciplinas ciclistas. Inicio de obras O rexedor local explicou que se acometerán as obras “de inmediato” para que poidan realizar os adestramentos os rapaces resgardándose “da choiva do inverno”. Rubén Quintás afirma-

ba que este proxecto é “merecido” para unha localidade que conta cun club como o Ciclista Maceda “polo que levan feito ao longo de todos estos anos”, sobre todo na figura de “Xulio Conde”, que agota o seu tempo “no deporte base”. Pola súa banda, Lete Lasa aseguraba que este convenio “achega as infraestruturas á demanda existente”. O secretario xeral recorbada a todas as figuras, presente e futuro, que saíron desta zona ourensán como son Pablo Rodríguez ou Iván Feijoo, entre outros.

A obra, que é pioneira en Galicia, ascenderá a 61.000 euros e acometerase de “inmediato”

O secretario xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, José R. Lete Lasa, asinou o convenio xunto ao alcalde de Maceda, Rubén Quintás./RAMSÉS.

A VII Parroira Bike cita a 400 participantes 4 Conta cun percorrido de 67 quilómetros, de dureza técnica elevada. Redacción O Concello da Merca acollerá o vindeiro domingo, 2 de outubro, a sétima edición de “Parroira Bike”, unha proba deportiva que conta con 400 inscritos que realizarán un percorrido de 67 quilómetros. A presentación desta celebración tivo lugar no Pazo Provincial, contando co vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández; o deputado provincial de Deportes, Juan Anta; o concelleiro de Deportes da Merca, José Manuel Taín; e o presidente e membros da directiva do Club Ciclista Endoureiros, Antonio Gago, Javi Soto e Juan Luis González. A Deputación colabora con esta proba deportiva que “auna deporte, ocio e saúde, e na que o ano pasado participaron 550 persoas, polo que resulta ser a máis numerosa de todas as carreiras deste tipo que se celebran na

nosa provincia”, sinalou Rosendo Fernández. Percorrido Antonio Gago, quen explicou os aspectos técnicos da proba, asegurou que este ano “será unha das mellores edicións que vamos a facer tanto polo percorrido como polas paisaxes polas que vai a transcorrer o evento, que levamos a cabo con moito traballo intentando promocionar o municipio e o seu entorno natural”. En canto á ruta, o presidente do Club Ciclista Endoureiros explicou “que cada ano tratamos de variala no seu percorrido para que a xente teña algo novo sempre que visualizar e de recuperar antigos camiños”. “Como novidade este ano limitamos o número de inscricións a 400, porque consideramos que as zonas polas que pasamos son zonas técnicas, complicadas e estreitas. O recorrido son 67 quilómetros cunha dureza técnica

elevada, durante os cales haberá dous avituallamentos”, detallou. A saída será ás 8.30 horas da mañá e realizarase por caixóns de 100 corredores cada cinco minutos, “para dar marxe de tempo para que nos primeiros quilómetros poidan abrir os grupos”, explicou Gago. Pola súa parte, José Manuel Taín destacou que este ano “participará xente de Castela León, A Coruña, Madrid, Salamanca, Asturias, Almería, entre outros lugares”. Ademais, Anta asegurou que “este tipo de iniciativas non só están vinculados co deporte, senón tamén co turismo, pois a través delas podemos dar a coñecer os nosos territorios”.

A proba terá lugar este domingo 2 de outubro, a partir das 8:30 horas


ACTUALIDADE

O Campus de Ourense móvese co deporte 4 As clásicas rutas culturais e as competicións e ligas xa están preparadas par afrontar un novo curso. Redacción O Servizo de Deportes do Campus de Ourense organiza como cada curso un programa de Rutas Culturais. A pesar de levar preto de 20 anos percorrendo a pé os lugares con máis encanto natural e cultural de Galicia, aínda consideran que queda moito que descubrir. Toda Galicia Este ano os participantes visitarán as catro provincias da nosa comunidade, comezando pola xa habitual Ruta Ourense Termal, a que acompañan outras rutas que transcorren por paisaxes xa coñecidas como as Ruta Ribeira Sacra; Ruta Val Glaciar das Forcadas, en Chandrexa de Queixa; Ruta do Teixadal de Ca-

saio, en Peña Trevinca; ou a Ruta fin de semana Parque Natural da Baixa Limia, na Serra Xurés.

deporte, natureza, cultura e turismo ten como obxectivo fomentar hábitos saudables.

Novidade Este ano, como novidades, incorpóranse unha visita pola contorna da Cidade de Pontevedra (Ruta Salcedo no Tempo) cunha visita ao Castro das Croas e Muiños e pretroglifos do Outeiro; así como un percorrido polo extraordinario enclave lugués da Devesa da Rogueira (Ruta polo Courel) tendo como remate a última etapa do Camiño de Santiago entre Hospital e Fisterra.

Competicións Ao longo do ano tamén

Actividade aberta Esta actividade, que está aberta a toda sociedade en xeral, que conxuga

Amigable para o Auriense F.G. 4 Este domingo no Campus partido de fútbol gaélico. Redacción A tan só dúas semanas do comezo da Liga, os equipos ourensáns de fútbol gaélico do Auriense F.G. reciben este domingo nun amistoso ao Estrela Vermella F.G. O actual campión galego masculino da Liga visitará o campo de fútbol do campus universitario. Os encontros xogaranse ás 14 horas (o feminino) e ás 15 (o masculino). Nesta ocasión o choque disputarase, por primeira vez en Ourense, con portarías importadas da oficial GAA (Asociación Atlética Gaélica).

Liga A mediados de outubro regresan as ligas gaélicas co Auriense como protagonistas. En categoría masculina tentarán ascender de Segunda a Primeira, mentres que na feminina buscarán realizar un gran campionato as ourensás.

Cartel dos amigables.

Barrios DEPORTIVO 30 de setembro de 2016

13

se desenvolven as competicións e ligas tanto internas, como intercampus e interuniversitarias. Esta semana péchase o prazo de inscrición en todas as ligas (fútbol 7, fútbol sala, voleibol, balonmán, baloncesto e rugbi). As competicións comenzarán a segunda semana de outubro.

As ligas intercampus e interuniversitarias comezan na segunda semana de outubro

Participantes dunha ruta cultural dunha edición anterior.


14

Barrios DEPORTIVO 30 de setembro de 2016

POLIDEPORTIVO

Julio Fernández recibe a medalla Pierre de Coubertin

Tres ourensáns na travesía a nado de Coruña

4 O creador da carreira popular do San Martiño recibiu a distinción no Día do olimpismo galego celebrado en Ourense.

4 Na proba tiveron que realizar un percorrido de 10 km.

Redacción Os xardíns ao carón da ponte do Milenio foron o escenario da celebración en Ourense do Día do olimpismo galego. Alí homenaxearon ao ourensán Julio Fernández coa medalla Pierre de Coubertin. Fernández é o fundador do club Athlos, introductor do bádminton na nosa provincia; ademais foi o creador da carreira popular do San Martiño aló polo 1977. Este ano cúmprese o 40º aniversario da cita atlética máis importante de Galicia. Este ourensán é un claro amante do deporte como forma de vida e inculcador de valores; tamén apostou nos seus anos de docente en formar aos

mozos no ámbito deportivo. Durante a entrega da medalla vuise a un homenaxeado moi emocionado dicindo que non era merecedor de “tal distinción”. Pero o legado de Julio Fernández fai que sexa máis que acreedor desta consideración. Monolito No acto tamén se descubriu un monolito cos aros olímpicos que recordaban a data do 16 de setembro de 2016, día no que se fixo esta homenaxe. Outro dos eventos foi a prantación dun olivo xunto ao monolito (o olivo é representativo dos vencedores nos Xogos Olímpicos).

Julio Fernández, á dereita, recibindo a insignia. /RAMSÉS.

Redacción Tres ourensáns participaron e terminaron a travesía a nado de longa distancia da Coruña (10km). Jesús Carlos Quintas, Rafael Tabarés e Felipe Iglesias foron os nadadores. O 25 de setembro celebrábase a novena edición da travesía a nado de longa distancia da Coruña,

unha das probas estrela de augas abertas en Galicia, na que os nadadores tiñan que cubrir a distancia de 10.000 metros ao redor da costa da cidade herculina. Ourensáns O mellor ourensán foi Jesús Carlos Quintas Barros, nadador de augas abertas pertencente ao club Escualos cun tempo de 2 horas e

Discreta actuación de Mira e Míguez jr.

4 No Campionato do Mundo de boxeo francés. Redacción Os ourensáns Manu Míguez jr. e Óscar Mira, do Club Olimpo´s, participaron no mundial de boxeo francés (savate) celebrado en Varazdin Croacia-. Manu Míguez jr. participou na categoría de -65 quilos e quedou eliminado na fase de grupos ao perder no primeiro combate, contra o representante portugués, e vencer no segundo, ante o británico. Mira, pola súa banda, participou en menos de 75 quilos e caeu contra o campión finlandés no primeiro combate,

e sacou un empate no segundo co holandés. Os dous deportistas puideron participar neste torneo internacional tras

Os ourensáns Felipe, Jesús e Rafa xunto con Óscar -segundo pola dereita- unha vez rematada a travesía. 30 minutos, no posto 11º da clasificación. Quintas nadara a semana anterior a segunda proba da Tripla Coroa desde as illas Cíes até Baiona, cubrindo unha distancia de 16 km aproximadamente. Rafael Tabarés Domínguez, do club Portamiñá, que durante este ano nadara diferentes travesías como o 5 km da Heroica, chegou a

proclamarse campións de España na Coruña. A pesar de que levan pouco tempo preparándose nesta modalidade a experiencia foi moi positiva para os dous, que continuarán adestrando para poder alcanzar cotas máis altas; o seguinte obxectivo será buscala clasificación para o Campionato de Europa, na modalidade de ‘k.o. combat’.

Manu Míguez Jr (esquerda), nun combate no torneo de boxeo francés.

meta en 3 horas. E Felipe Iglesias Mira, participante entre outras dos 7,5 km de Bueu, o Descenso de 5 km de Navia ou os 5 km da Heroica, entre outras, entrou na liña de meta cun tempo de 3 horas e 23 minutos. Os tres xa pensan na edición do ano próximo, que podería ser Campionato de España de augas abertas.

Escalada no Canón do Sil Redacción A cuarta edición do maratón de escalada do Canón do Sil reuniu a 26 participantes. Durante 12 horas os participantes tiveron que escalar baixo a atenta mirada do público presente. A escalada, que era por parellas, gañouna Ernesto Fernández e Miguel Aviñoá, que abriron 70 vías e acadaron 463 puntos. Chicho López e Lucas Rodríguez remataría segundos con 57 vías e 82 puntos. O podio o completaron Estefanía González e Serafín Alonso, con 38 vías e 266 puntos. Servando Parente e Pablo Fariña foron cuartos, mentres que Luis García e Alberte López ocuparon a quinta praza.


POLIDEPORTIVO

Barrios DEPORTIVO 30 de setembro de 2016

15

Barrios DEPORTIVO. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 185-2009. Redacción: r/ Bedoya, 7, 1º, of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 04 53 52 / 685 969 546. Correo-e: deportes@periodicobarrios.com. Distribúe: Lebre Mensaxeira. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción e fotografía: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Silvia Nieto, Miguel Rejo. Colaboracións: José Mª Arribas Nº146- Ano: VIII - 30 de setembro de 2016 - Difusión: 5.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 04 53 52 / 685 969 546.

4PRACTICANDO SAÚDE

Exercicio contra pastillas Normalmente, estamos afeitos a que o noso médico, nos recete os habituais medicamentos como remedio principal para combater as nosas dores ou enfermidades, pero poucas veces se nos receita actividade física. A prescrición de exercicio físico, adaptado ás características do paciente e as súas doenzas, por parte dos profesionais sanitarios, supón unha táctica preventiva eficaz principalmente na poboación nova e a diminución na toma de medicamentos na poboación adulta. Por que non se receita máis exercicio físico por parte dos profesionais sanitarios? En primeiro lugar, polos intereses das industrias farmacéuticas, que teñen nas enfermidades a súa fonte de ingresos, interésalles que enfermemos para consumir fármacos. E en segundo lugar, pola escasa formación dos profesionais sanitarios no ámbito da actividade física. Sería conveniente que ampliasen os seus coñecementos no campo do exercicio físico orientado á saúde, ou ben, deriven a un profesional da actividade física. Como sabemos, o exercicio achega grandes beneficios, xa non só físicos se non tamén psicolóxicos. Axuda a desconectar dos problemas e diminuír en parte a tensión da sociedade na que vivimos, causa pola que unha gran porcentaxe da poboación acode ao médico en bus-

ca de antidepresivos ou fármacos similares. En xente de avanzada idade, axuda a socializarse, mellorar a axilidade mental ou as destrezas físicas. Unha das máis importantes consecuencias dos beneficios sobre a saúde que suporía na poboación a práctica habitual de actividade física, é a xeración de beneficios económicos derivados do aforro en gastos sanitarios, xa que por cada euro que o Estado inviste na promoción do exercicio físico, afórranse un quince euros en gastos sanitarios. E por cada euro que unha persoa invista na práctica deportiva, aforrará seis euros en gastos médicos durante a súa vida. Podemos concluír que a práctica de actividade física, utilizada de forma preventiva, ou como “medicamento” ante enfermidades ou doenzas, repórtanos unhas vantaxes que o medicamento habitual non nos confire. Nunca esquezamos a nosa dose de exercicio físico diario. José Mª Arribas Moreno, licenciado CCAFD, adestrador persoal en ximnasio Trabazos

O exercicio achega grandes beneficios, non só físicos, se non tamén psicolóxicos

290.000 euros para a remodelación do anexo do Pavillón dos Remedios 4 O proxecto inclúe a substitución do chan e das bancadas. Redacción O Concello de Ourense licitou a contratación das obras de Reforma do Anexo do Pavillón municipal de Deportes dos Remedios. Unha intervención que vai supoñer un investimento de 290.407 euros. Obras O proxecto prevé a substitución do chan e das bancadas deste anexo, e

será posible grazas a un convenio de colaboración coa Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, que achegará 200.000 euros. O Concello dedicará outros 100.000 euros. Prazo As empresas interesadas dispoñen ata o 13 de outubro para presentar as súas ofertas. Os criterios de adxudicación do contrato serán a oferta económica, que contará ata 75 puntos

e a redución do prazo de execución (estimado en 2 meses), 25 puntos. Desde 1989, ano da súa creación, o Anexo mantense coas actuais dimensións e as mesmas características coas que conta na actualidade.

As empresas poden presentar as súas ofertas ata mediados de outubro

Open e Manzanares foron os vencedores desta undécima edición.

Torneo Veteranos de Hoquei A undécima edición do Torneo Veteranos de Hoquei (Octopus Hockey Festival OHF 2016) coroou ao Open e Ao Manzanares como os vencedores deste ano. Durante dous días, oito equipos chegados de varios puntos da xeografía española e europea participaron dándolle ao stick no campo de Mariñamansa. Ourensáns e madrileñas foron os vencedores dun torneo que, ademais do hoquei, promociona o termalismo e gastronomía ourensá.

Os árbitros, protagonistas en Salesianos Redacción O colexio Salesianos de Ourense acollerá durante este curso unha actividade extraescolar, arredor da figura do árbitro de fútbol. O que se pretende con esta iniciativa é demostrar aos máis pequenos, que o árbitro é un deportista máis que ten que estar preparado para acometer a súa función e que, como os propios futbolistas, tamén comete erros, ao ter que decidir sobre unha xogada en décimas de segundo. Durante a actividade os propios rapaces exercerán de árbitros nas ligas nas que participan. Tamén recibirán a visita de colexiados e dalgún recoñecido futbolista. A idea é pioneira non só a nivel de Galicia senón tamén a nivel estatal. Erradicar a intolerancia Un dos motivos deste proxecto é erradicar a violencia -tanto verbal como física- dos terreos de xogo. Por sorte, o número de agresións aos árbitros durante ou despois dun partido de fútbol disminuiu; porén o que se pretende é que desapareza totalmente. De aí esta iniciativa pretende que, desde pequenos, se respecte á figura arbitral como uns personaxes máis -e indispensables- no desenvolvemento dun partido de fútbol.


Barrios DEPORTIVO 30 de setembro de 2016


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.