Bd 130

Page 1

Felipe Iglesias, subcampión no Mundial de jiu jitsu XIMNASIA Páx. 3

BALONCESTO

CICLISMO Páx. 4

FÚTBOL Páx. 4-5

BALONCESTO Páx. 6

ATLETISMO

Páx.7-9

[ Páx. 2] MOTOR Páx.12

Páx. 6

Presentación das etapas ourensás de “La Vuelta 2016”.// O COB recibe ao Castelló este venres.// Histórica San Martiño./PAZ, RAMSÉS E REJO.

Número: 130- Ano: VII -4 de decembro de 2015 - Depósito Legal: OU 185-2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta - www.periodicobarrios.com BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 18 de decembro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190.


BARRIOS DEPORTIVO 4 de decembro de 2015

AXENDA / JIU JITSU

4 Axenda deportiva

adestrador) e xuíces, na soidade da derrota Felipe Iglesias derrubouse. Colgouse unha prata con certo sabor agridoce. De todos os xeitos, un éxito sen paliativos para o deportista en particular e o deporte ourensán en xeral. En palabras do propio Iglesias “é a medalla máis importante da miña vida e a que menos gocei”. Agora pensa no futuro e de seguro que nel estará a próxima cita mundialista de jiu jitsu.

Fútbol

- Día 6 de decembro. O Couto. Ourense C.F. - Arenteiro. Rexional Preferente. - Día 6 de decembro. Oira. Ourense C.F. - Deportivo da Coruña. División Honra Xuvenil. - Día 8 de decembro. Os Carrís. Barbadás - Rápido de Bouzas. 3ª División. - Día 8 de decembro. José Arjiz. Verín - Vilalbés. 3ª División. - Día 13 de novembro. O Couto -16:15 h-. UD Ourense - Barra de Miño. 2ª Autonómica. - Día 13 de decembro. Os Carrís. Barbadás - Choco. 3ª División. - Día 13 de decembro. Calabagueiros. CD Barco - Negreira. 3ª División. - Día 13 de novembro. Rozavales. Monterrei - Ourense CF. Rexional Preferente. - Día 13 de novembro. Espiñedo. Arenteiro - Marcón. Rexional Preferente. - Día 13 de novembro. Miguel Anxo. Pabellón Ourense - Oviedo. División Honra Xuvenil. - Día 13 de novembro. Velle. U.D. Ourense - Portonovo. Segunda Galega feminina.

Baloncesto

- Día 4 de decembro - Paco Paz - 21:00 h - Ourense provincia termal - Castelló. LEB Ouro. - Día 12 de decembro - Campus - 16:00 h - Campus Ourense - Arxil. 1ª Autonómica feminina. - Día 12 de decembro - Vedruna - 20:00 h - Carmelitas - Pabellón. 1ª Autonómica feminina. - Día 16 de decembro - Paco Paz - 21:00 h - Ourense provincia Termal - Huesca. LEB Ouro. - Día 20 de decembro - O Pompeo - 20:00 h - Pabellón Ourense - Porriño. 1ª Autonómica feminina. - Día 19 de decembro. Paco Paz -18:30 h- Calidos Gallegos COB - Marca de calidad Chorizo Zamorano. Liga EBA.

Fútbol sala

- Día 5 de decembro - Os Remedios -17:00 h- Cidade As Burgas - Rioja. Primeira División. - Día 5 de decembro - O Barco de Valdeorras. Pizarras Los Tres Cuñados - O Esteo. 2ª División B. - Día 8 de decembro - Os Remedios -17:00 h- Ourense Envialia - Burela. Primeira División. - Día 12 de decembro - Os Remedios -17:00 h- Cidade As Burgas - Elche. Primeira División. - Día 12 de decembro - Os Remedios -19:00 h- Sala Ourense - Bueu. Segunda División B.

Atletismo

- Día 13 de decembro. San Cibrao. XIV Carreira popular do Nadal - II Campionato Provincial de 10 km en ruta. - Día 19 de decembro, A Rúa. IV Carreira popular do Nadal - A Rúa. - Día 19 de decembro, A Rúa. IV Andaina popular do Nadal - A Rúa.

Felipe Iglesias posando coa medalla de prata acadada no Mundial de jiu jitsu celebrado en Tailandia. /RAMSÉS.

Felipe Iglesias logra o subcampionato do Mundo de jiu jitsu 4 O seu compañeiro Christian Álvarez foi quinto na súa categoría. Redacción O ourensán Felipe Iglesias vén de proclamarse subcampión do Mundo de jiu jitsu. Iglesias acudía a Bangkok (Tailandia) coa intención de facer o mellor papel da súa vida nunha cita destas características. E o torneo non lle puido saír mellor; ou si.

O ourensán chantouse na final de menos de 56 quilos contra o colombiano Jaison Mora. O combate estaba igualado a falta de cinco segundos. Cando restaban dous, o español lanzou un ataque que lle serviu para puntuar e adiantarse un punto no marcador. Co tempo case que esgotado deu un paso atrás, en sinal

de que o combate estaba finiquitado e a vitoria viría cara a Ourense. Foi entón cando chegou o revés. Co tempo rematado o árbitro principal decretou que Iglesias con ese paso atrás fuxía do combate e deulle a pelexa por perdida. Unha vez rematado o combate e despois de saudar a adversarios (rival e

Christian Álvarez Tamén acudía á capital tailandesa outro ourensán. Christian Álvarez competía na categoría de menos de 94 quilos. Álvarez lograba un meritorio quinto posto na súa posta de longo nun campionato deste tipo. O ourensán tivo moi preto o bronce pero a derrota ante o polaco Rafal Riss o relegou ao quinto posto. Un gran resultado para un deportista que sempre mantén un bo nivel. A expedición ourensá, con dous representantes, regresa de Tailandia cunha medalla de prata e un diploma. Unha gran actuación para dous deportistas que sempre renden a un gran nivel e enxalzan o deporte da nosa provincia.

A final parecía para Iglesias pero chegou o revés: o árbitro principal determinou que o ourensán fuxía do combate e deulle o mesmo por perdido

Tiro

- Días 5-6 de decembro. Club de tiro Eiroás. XXVII Copa Deputación de Ourense. - Día 13 de decembro. Club de tiro Eiroás . Pistola estándar.

Balonmán

- Día 13 de decembro. Pavillón universitario. Campus Ourense - Pabellón Balonmán. 1ª Autonómica feminina. - Día 13 de decembro. Anexo Os Remedios. Balonmán Pabellón - Viveiro. 1ª Autonómica masculina.

Varios

- Do 5 ao 8 de decembro. Expourense. 16º Salón da Xuventude Megaxove. Varias disciplinas deportivas ao longo de catro días.

Felipe Iglesias e Christian Álvarez foron recibidos polo presidente da Deputación, José Manuel Baltar, e polo asesor de deportes do ente provincial, Bernanrdino González.


XIMNASIA

BARRIOS DEPORTIVO 4 de decembro de 2015

Récord de dificultade para Daniel Pérez 4 O ximnasta ourensán foi quen de realizar un cuádruple mortal, inédito nunha competición deste nivel. Redacción

conxuntos 2016, que ten cambios importantes en relación coa programación nacional. Pero antes de todo isto, o 8 de decembro celébrase o Torneo Nadal 2015 que organiza o Club Ximnasia Escola Pavillón, no pavillón dos Remedios.

O ximnasta ourensán Daniel Pérez logrou o cuarto posto na categoría absoluta de dobre minitramp no Campionato do Mundo de trampolín que se disputa estes días en Odense (Dinamarca). O ximnasta do BurgasPontevedra conseguiu este resultado facendo historia ao ser o primeiro en realizar nun Mundial un triflis-cuádruple (un triple salto mortal cara

Esquío O mellor resultado para os conxuntos galegos foi a terceira posición do Esquío de Ferrol na Copa da Raíña.

Todo listo para o Torneo de Nadal de ximnasia

O conxunto Benxamín do Club Ximnasia Pavillón formado por Iria Cudeiro, Vera, Carmen, Uxía, Sara e Iria Lorenzo.

O Nacional contou con tres grupos de base do Pavillón 4 Tres conxuntos pavillonistas acudiron a Zaragoza para participar no Nacional de ximnasia rítmica de nivel base. Redacción Tres conxuntos pavillonistas desprazáronse a Zaragoza para participar no Nacional de conxuntos de nivel base de ximnasia rítmica. O conxunto alevín (Antía, Daniela, Noa, Sara, Candela e Laura) foi o que mellor clasificación obtivo. Rematou no posto 37 das 69 participantes. O conxunto benxamín, formado por Iria Cudeiro, Vera, Carmen, Uxía, Sara e Iria Lorenzo, realizou un excelente exercicio, tendo en conta que neste caso son catro as ximnastas que se incorporaron á competi-

ción nacional procedentes da competición autonómica e incluso provincial. Tiveron unha moi boa puntuación e quedaron clasificadas no posto 32. As cadetes (Marta, Ainoa, Lucía, Lidia e Yanira) tiveron moitos erros e importantes, o que as levou ao posto 70. Para estes tres equipos ourensáns de nivel base, rematou a tempada de conxuntos. Algunhas destas ximnastas comezarán en breve a preparación da tempada individual e outras continuarán a súa formación na técnica tanto corporal como de aparato para preparar a tempada de

adiante e un cuádruple salto mortal cara atrás), salto co que superou o récord do mundo en dificultade, con 13.100 puntos. Un pequeno erro privouno de subirse ao podio, copado por deportistas de EEUU, Rusia e Australia.

Valladolid A seguinte cita importante para a ximnasia ourensá está en Valladolid, do 10 aoó 13 de decembro no absoluto de conxuntos, no que as alevíns, infantís, júnior se séniors mediranse cos mellores grupos clasificados nos autonómicos.

Catro conxuntos pavillonistas estarán do 10 ao 13 de decembro en Valladolid no absoluto de conxuntos

En Zaragoza o equipo alevín xunto coa súa adestradora Natalia.

World Games Pérez logrou clasificarse para os World Games, que se celebrarán en Polonia en 2017 e nos que se darán cita os mellores deportistas desta disciplina.

O ximnasta Daniel Pérez. /ARQUIVO.

4 Terá lugar na cancha central dos Remedios o 8 de decembro. Redacción O martes 8 de decembro a cancha central dos Remedios acollerá a novena edición do Torneo de Nadal de ximnasia; o evento terá lugar de 10:45 a 14:15 horas. Máis de 550 ximnastas, de 12 clubs, de toda a xeografía galega participarán nun evento que xa é tradicional nestas datas. Sen caracter competitivo, serve para demostrar todo o que levan ensaiado os ximnastas a estas alturas de tempada. Tamén será unha boa ocasión para seguir coa preparación para o Nacional que se celebra en Valladolid a vindeira semana. Os exercicios que se executarán sobre o tapete serán de ximnasia xeral, rítmica, tumbling, trampolín e mintramp. Os equipos do Club Ximnasia Pavillón e Club Ximnasia Escola Pavillón actuarán baixo unha mesma temática: coreografías baseadas en musicais fa-

Presentación do Torneo de Nadal de ximnasia./RAMSÉS. mosos. Este torneo é un dos eventos qua máis xente reúne nun só día nas bancadas dos Remedios. O centro comercial Ponte Vella porá a disposición dos asistentes o seu párking de xeito gratuíto. Operación Quilo Como outros anos o torneo colabora con Amencer e a súa Operación Quilo. Para tal fin, colocaranse carros onde os asistentes poderán depositar alimentos envasados non perecedoiros.

Mundial en Odense A cidade dinamarquesa de Odense acolle estes días o Mundial de ximnasia por idades. Do Ximnasia Burgas participan Yael Campelo (dobre minitramp) e Alejandro Cid Masid (trampolín e doble minitramp) e do Ximnasia Pavillón Eduardo Novelle (trampolín e dobre minitramp), María Salas (sincronismo), Noa Puente-Dod (sincronismo e dobre minitramp), Nicolás Cid Guillermo García e Lucas Domuro (sincronismo) e Diego Feijóo González (trampolín).


BARRIOS DEPORTIVO 4 de decembro de 2015

CICLISMO / FÚTBOL

Barbadás, un líder que vai en serio 4 O conxunto dos Carrís tan sÓ conta cun partido perdido en 15 xornadas. Redacción

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro; o presidente da Deputación, Manuel Baltar; e o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, presentaron en Castrelo de Miño as etapas de “La Vuelta” 2016 que discorren pola provincia de Ourense./A.P.

Protagonismo de Ourense na “Vuelta a España” 2016 4 Catro etapas discorrerán pola provincia. R. Torres Na 72ª edición de “La Vuelta Ciclista a España”, Ourense terá un protagonismo especial. E é que catro etapas, das cinco primeiras da ronda, discorrerán pola provincia. “La Vuelta” comezará o sábado 20 de agosto cunha contrarreloxo por equipos que terá o seu punto de partida en Laias, e 28 quilómetros despois rematará en Castrelo de Miño. Ao día seguinte disputarase a primeira etapa en liña. O seu punto de partida será a capital ourensá e rematará en Pontevedra. Volta a Ourense Marín - Dumbría (mirador do Ézaro) será o percorrido da terceira etapa para rematar a cuarta de novo en Ourense. Con saí-

da en Betanzos, o remate da mesma está previsto na Ribeira Sacra ourensá, concretamente en Luíntra. Por último, a quinta xornada da rolda terá saída desde Maceda, e así se despedirá a serpe multicor da nosa provincia ata outra ocasión. Impacto económico En total serán catro etapas que farán que o “circo” da Volta se instale durante preto dunha semana en Ourense cidade e provincia. O motivo é ben claro. O feito de que “La Vuelta” comece en Ourense fará que os equipos e todo o que xira arredor da ronda chegue xa uns días antes do inicio á provincia. Ademais, o día anterior ao pistoletazo de saída, o 19 de agosto, terá lugar a presentación dos equipos

participantes. Aínda que a terceira etapa non pise Ourense, o feito de que na cuarta volva fará que moitos equipos e persoal do evento manteñan o seu cuartel xeral aquí. En canto ás cifras, estímase que serán 3.000 as camas que se ocupen durante eses días. Se falamos en cartos, uns 250.000 euros é a previsión de gasto diario. Polo que, se “La Vuelta” rondará Ourense durante unha semana aproximadamente, pode supor máis de millón e medio de euros de beneficios.

“La Vuelta” pode deixar, nunha semana, na provincia millón e medio de euros

O Barbadás é líder da Terceira División. Con 30 puntos, o único equipo que segue a estela dos ourensáns é o Rápido de Bouzas (cos mesmos puntos). Na terceira posición está o Cerceda con 29. Os dos Carrís levan unha media de dous puntos por partido, cifra complicada de manter durante toda a tempada. O adestrador, Peluso, mantén o seu discurso de salvar ao equipo. O técnico estima que a salvación está nos 45 puntos máis ou menos. Con catro partidos por disputar da primeira volta e toda a segunda, antóxase obxectivo curto para os “azulóns”. De continuar así, deberán ir pensando en cotas máis altas que os poden levar a loitar polos postos de promoción. Nos 15 partidos disputados, o Barbadás sumou oito vitorias, seis empates e unha soa derrota, credenciais máis que suficientes para soñar con algo grande este ano. Duelo O martes 8 de decembro o Barbadás recibe nos Carrís (16:15 horas) ao segundo clasificado, o Rápido de Bouzas. O vencedor situarase líder en solitario.

Verín O Verín colleu unha boa racha e suma dous partidos consecutivos logrando os tres puntos (fronte o Alondras e o Noia). Na próxima xornada recibe no José Arxiz ao Vilalbés. Os lucenses teñen os mesmo puntos que os de Monterrei (18), aínda que están dous postos por debaixo, de décimo terceiros. Barco O terceiro conxunto ourensán da Terceira, o

Barco, é décimo segundo clasificado con 18 puntos. Tras perder na casa fronte ao Choco por cero goles a un, nesta xornada xoga como visitante contra o Silva. Rexional Preferente En canto á Rexional Preferente grupo sur, o Arenteiro é sétimo con 25 puntos; o Ourense Club de Fútbol, décimo segundo con 20; e o Monterrei ocupa a última praza con oito puntos. Esta xornada depara o Grove - Monterrei e o derbi ourensán entre o Ourense C.F. e o Arenteiro. Este encontro terá lugar o domingo ás 16 horas no Couto.

Ourense C.F. e Arenteiro enfróntanse o 6 de decembro, ás 16 horas, no Couto

O Barbadás venceu ao Barco nos Carrís por 4-1./RAMSÉS


BARRIOS DEPORTIVO 4 de decembro de 2015

FÚTBOL

A UD Ourense achégase aos de arriba 4 Tras golear ao Covadonga no Couto (5-0) colócase a tres puntos do ascenso. R. Torres Achégase o inverno e con el claréase o horizonte da Unión Deportiva Ourense. Despois duns meses no que o equipo non arrancaba, parece que colleu velocidade e xa ten a

pedra de tiro o ascenso. No primeiro tercio da competición a UD chegou a estar a nove puntos dos dous primeiros postos (os que dan dereito ao ascenso á Primeira Autonómica). A intranquilidade instalárase no seno do club unionista

en vista de que os resultados non acompañaban a un equipo que o único, e innegociable, obxectivo que tiña era o do ascenso. O seu adestrador, Antonio Dacosta, advertía que habería que esperar a decembro para empezar a ver a realidade da competición. Cuns días gastados do mes marcado, a Unión é quinta con 25 puntos; pero o máis importante é que a segunda praza (ocupada polo Arnoia) está xa a só tres puntos. Se ben é certo que o líder, o Santa Teresita, parece que vai ao seu e con 32 puntos deixa a sete aos homes de Dacosta. En terceira posición está o Amoeiro e en cuarta, o Loñoá, con 27 e 26 puntos, respectivamente. Covadonga Ante o Covadonga viviuse unha nova goleada no Couto, con 5 goles a 0, e puideron ser máis se non fora pola boa actuación do cancerbeiro Josi e a súa zaga.

Cristian Dacosta durante o partido contra o Covadonga./RAMSÉS

Leiro Nesta próxima xornada (a número 14) a Unión Deportiva Ourense desprázanse ata Leiro para

enfrontarse ao equipo da localidade. O encontro terá lugar o domingo 6 de decembro a partir das 16 horas no San Bartolomé. O conxunto do Ribeiro ocupa a décimo terceira posición con 15 puntos. Feminino A UD Ourense de Segunda Galega feminina colleitou unha nova vitoria. Nesta ocasión, no campo do Velle ante o Cidade de Pontevedra por 9-0. Así, as de Rubén García (que descansan esta semana) son líderes con 31 puntos, catro máis que o segundo, Vilariño.

f7 cup

Transportes Víctor Sotelo, líder 4 Ao golear ao Móvil Auto. Redacción O Transportes Víctor Sotelo sitúase líder da F7 Cup ao golear ao Móvil Auto. 4-15 foi o resultado que o levou ata o primeiro posto da clasificación da Galicia F7 Cup na sede ourensá. Noutro encontro da xornada, o Seviocio venceu por 3-7 ao Cervexa San Xoán nun partido

máis igualado do que o electrónico reflectiu. Clasificación Ao líder sólido, Transportes Víctor Sotelo con 10 puntos, ségueno na clasificación tres equipos con sete puntos (Tapería La Rústica, Serviocio e Arisa); con catro está a Peñas UD Ourense; con tres, Cervexaría San Xoán; e cun punto o Móvil Auto.

O colectivo “Ayúdanos con sonrisas” donou á UDO camisetas do Celta, Deportivo e Atlético de Madrid en agradecemento pola súa colaboración./RAMSÉS

Un monumento para CD Ourense O Club Deportivo Ourense terá un monumento permanente no estadio do Couto. Estará á mesma altura do que hai en memoria de Lito, pero noutro lado da entrada a vestiarios. En total acadáronse 152 donacións que sumaron 1.433, 25 euros. O 20% desta cantidade irá destinada á asociación “Ayúdanos con sonrisas” e o resto (1.146,60 euros) será para o monumento. O monolito terá unha altura de 2,70 metros e tres placas cos nomes de todos os donantes e o escudo da UD Ourense, como promotora da idea. Enriba de todo reposará o escudo do desaparecido CD Ourense.


BARRIOS DEPORTIVO 4 de decembro de 2015

BALONCESTO

Chega o equipo revelación 4 O Ourense Provincia Termal recibe ao Castelló na xornada número 11 da LEB Ouro. R. Torres Este venres 4 de decembro a partir das 21 horas no Paco Paz será a testemuña do partido da undécima xornada entre o Ourense Provincia Termal (COB) e o Amics Castelló. O COB terá enfronte ao equipo revelación da tempada. O Castelló leva en once xornadas sete vitorias e tan só tres derrotas. Un equipo que confiou no groso dos xogadores que ascenderon o ano pasada desde a Liga LEB Prata, para este ano e que tan bos resultados lles está a dar. Os ourensáns terán que suar para poder frear o caudal anotador dos castellonenses: promedian máis de 84 puntos por encontro polos case 70 dos ourensáns. Frear o ataque O adestrador do COB, Gonzalo García de Vitoria, ten claro que a vitoria pasa por “frear o contrataque deles, cortarlle a carreira”. O técnico recorda que “eles anotan moito e ben. Teñen unhas porcentaxes de tiro moi boas”. Outro dos factores onde deberán estar entonados os homes de de Vitoria é no rebote. “Melloramos no defensivo a pasada semana e somos dos mellores da Liga no ofensivo”, para o técnico ser superiores no rebote “fará que non teñan posibilidade de correr”.

O partido é este venres ás 21 horas

Navarra O último partido disputado no Pazo foi ante Burgos e os ourensáns venceron por 71 a 62. Despois viaxaron ata Navarra para perder (89-79) tras chegar á prórroga (empate a 71 tralo tempo regulamentario). Calendario solidario O Ourense Provincia Termal colaborou con Down Ourense na elaboración dun calendario solidario para recadar fondos. O custo do calendario é de 5 euros e os cartos irán destinados aos programas de autonomía que levan a cabo na asociación. En total son 2.000 calendarios os que se porán á venda, entre outros puntos, no partido deste venres, no CHUO o 10 de decembro, e en Ponte Vella o 11, o 18 e o 27 de decembro. LEB Ouro 9ª xornada Posto Equipo Vitorias 1º Palencia 2º Palma 3º Melilla 4º Barça B 5º Castelló 6º Oviedo 7º Breogán Lugo 8º Burgos 9º Navarra 10º Huesca 11º COB 12º Cocinas.com 13º Leyma Coruña 14º Lleida 15º Cáceres 16º Joventut

9 8 7 7 7 6 5 5 5 4 4 3 3 3 3 1

O Carmelitas gaña ao Campus pola mínima 4 Superouno por só un punto. Redacción

Rivero entrando a canastra no partido contra Burgos./R.T.

Xornada 11 - 4 de decembro COB - Castelló Huesca - Burgos Joventut - Palma Cocinas.com - Breogán Lugo Oviedo - Leyma Coruña Cáceres - Melilla Barça B - Palencia Navarra - Lleida

Xornada 12 - 11 de decembro Lleida - COB Palencia - Navarra Melilla - Barça B Leyma Coruña - Cáceres Breogán Lugo - Oviedo Palma - Cocinas.com Burgos - Joventut Castelló - Huesca

65-64 foi o axustadísimo resultado final do encontro que enfrontou o pasado 28 de novembro a Codigalco Carmelitas e Campus Ourense, na Liga autonómica de baloncesto feminino. Nesta ocasión as colexialas dominaron o partido, aínda que sen moita vantaxe, e finalmente lograron manter a posición de superioridade ata o último momento e sumar o punto da vitoria. Este partido é o segundo gañado polo Codigalco nas tres xornadas que van de Liga, empatando co Campus, ao que o bascket average lle otorga a segunda posición da xeral, fronte á cuarta do Carmelitas. Pabellón Ourense Peor sorte está a correr o equipo pavillonista, que non coñece até o momen-

to o sabor da vitoria. O seu último verdugo foi o Seis do Nadal, que ocupa a terceira praza empatado cos outros dous equipos ourensáns en partidos gañados. O Pabellón, pola súa banda, ocupa a última posición. Vindeira cita O próximo 12 de decembro haberá un novo derbi ourensán, que enfrontará a Carmelitas e Pabellón, os vellos coñecidos da Liga Feminina 2. A cita será ás 20 horas no Vedruna. Así mesmo, o Campus recibirá ás 16 horas ao Arxil Mafari Café, líder da competición con tres vitorias.

Carmelitas e Pabellón mediranse o 12 de decembro ás 20 horas no Vedruna


ATLETISMO

BARRIOS DEPORTIVO 4 de decembro de 2015

Diz e Ferreiro logran a vitoria no Guillelme Brown 4 A 20ª edición contou con preto de 300 participantes. R. T. Como vén sendo habitual nos últimos anos, á semana de celebrarse a San Martiño chega o primeiro cross da provincia. O Guillelme Brown suma 20 edicións e está a ser o referente do inicio da tempada de cross. Nesta ocasión contou con preto de 300 corredores entre todas as categorías (incluida a de pais e nais que conta con moitos participantes). En categoría absoluta o dominio foi do de sempre. Rubén Diz volveu controlar o trazado do colexio e alzouse coa vitoria con 23 segundos de vantaxe sobre o segundo -José M. Casado- e a 36 do terceiro, Saturnino González. En categoría feminina a máis rápida foi María Luz Ferreiro seguida de Lucía Piñeiro e Lorena Calvo, segunda e terceira, respectivamente. Belarmino A pasada fin de semana

Rubén Diz no Guillelme Brown./L.N.

tivo lugar un dos cross máis importantes de Galicia: o Memorial Belarmino Alonso. Contou cunha gran representación ourensá. Na categoría absoluta Hassan Lekhili foi o gañador por diante de Lolo Penas; en mulleres a máis rápida foi Paula Mayobre por diante de Joselyn Brea. O Ourense Atletismo regresou con tres vitorias individuais: Jesús Álvarez Teijeiro, en xuveniljúnior; Martín Rivera, en infantil e Antía Castro, tamén en infantil. San Cibrao O 13 de decembro correrase en San Cibrao das Viñas a XIV Carreira pedestre do Nadal, que a su vez e á segunda edición do Campionato Provincial de 10 km. A saída e a meta estarán situadas nas piscinas municipais de ponte Noalla. Ás 10:30 h sairán os escolares; ás 11:30 h comezará a absoluta e ás 13 será o turno dos pitufos.

O día 13 terá lugar a XIV Carreira pedestre do Nadal de San Cibrao - II Campionato Provincial de 10 km en ruta

A esquerda o podio masculino con Carlos Villamor, Hassan Lekhili e Carlos Rioboo. A dereita o feminino con Joselyn Brea, Solange Pereira e Paula Mayobre./RAMSÉS.

Hassan Lekhili e Solange Pereira vencen na 39ª Carreira do San Martiño 4 A festa do deporte ourensán congregou miles de corredores nas rúas de Ourense o domingo 15 de novembro. P. Lodeiro Hassan Lekhili en categoría masculina e Solange Pereira na feminina foron os gañadores da 39ª edición da Carreira pedestre popular do San Martiño. O marroquí afincado en Ourense cubriu os 10 km de percorrido nun tempo de 30:52 mentres que a atleta de Cangas fíxoo en 34:48. Ambos os dous xa foran os primeiros en cruzar o paso dos 5 km da mítica proba. Mentres Lekhili rompeu a carreira no quilómetro tres, Solange desprendeuse das súas rivais nos metros finais. Ás 11 horas da fría mañá do 15 de novembro deuse o pistoletazo de saída para os 5.366 inscritos na carreira absoluta, que estaban cha-

mados a cubrir a distancia de 10.000 metros. Previamente gardárase un minuto de silencio en recordo das vítimas dos atentados

de París. Lekhili dominou a proba desde o comezo, con Lolo Penas como gran rival, pero este acabou por

Participantes da proba absoluta chegando a meta./M.R.

retirarse por problemas físicos. Completaron o podio masculino Carlos Villamor e Víctor Riobó, e o feminino Joselyn Brea e Paula Mayobre. Carreira escolar e de cativos Jesús Álvarez e Sara Lima foron os vencendores da carreira escolar, de 4,7 quilómetros de percorrido. Realizaron un tempo de 14:49 e 17:03 minutos, respectivamente. A carreira dos escolares deu saída ás 12:30 horas e nela estaban inscritos 4.013 corredores. Finalmente, despois das 13:15 horas saíron a correr os menores de 8 anos, un total de 2.337 inscritos, que completaron un circuito de 1.400 metros. Alex Sierpes (5:17) e Adriana Figueroa (5:50) foron os primeiros clasificados. Sumando as tres probas, foron 9.484 atletas os que cruzaron a liña de meta nesta edición, todo un récord.

Lekhili logrou a vitoria con solvencia, mentres que Pereira distanciouse das dúas máis inmediatas rivais nos metros finais


BARRIOS DEPORTIVO 4 de decembro de 2015

39ª CARREIRA DO SAN MARTIÑO

Hassan Lekhili xa ía de primeiro desde a saída na ponte do Milenio, seguido de preto por Lolo Penas (que finalmente se retirou).

Disfraces e humor non faltan na carreira popular do San Martiño.

Hassan Lekhili cruzaba primeiro o Km.5.

Solange Pereira ao seu paso polo Km.5.

Os corredores subindo a pont e de Marcelo M dos case a met acías, cando le ade dos quilóm vaban percorri etros da carrei ra.

Lekhili proclamouse vencedor da 39ª San Martiño parando o crono en 30:52.

Su Moitos deportistas pasaron por fisioterapia ao rematar a carreira.

Solange Pereira abrazada a outra atleta tras proclamarse gañdora da proba.

Público ap

letas ao seu laudindo aos at

paso por Lamas

Carvajal.

nesta


BARRIOS DEPORTIVO 4 de decembro de 2015

39ª CARREIRA DO SAN MARTIÑO

Saída da carreira escolar, de 4,7 quilómetros de distancia.

vos.

s na carreira de cati Ao sprint, así saíron os participante

Corredores escolares no seu primeiro

paso pola ponte Romana. Jesús Álvarez, vencedor da carreira escolar.

oitos pequenos

Cansos e conten

an a meta m tos, así cruzab

Unha moza atleta que tivo que ser atendida polos sanitarios ao cruzar a meta.

deportistas.

umando as tres probas (absoluta, escolar e cativos) foron 9.484 atletas os que cruzaron a liña de meta a edición da Carreira do San Martiño, todo un récord

Rubén Diz, Javier Paredes e Pepe Márquez, os tres primeiros ourensáns na 39ª San Martiño.

Sonia Teijeiro, Iria Fernández e Ana María Ocampo, as tres primeiras ourensás en cruzar a meta nesta edición da carreira.


10

BARRIOS DEPORTIVO 4 de decembro de 2015

FÚTBOL SALA

Regresa a competición para o Cidade e o Envialia 4 Rioja e Majadahonda, respectivamente, serán os rivais. R. Torres Case un mes despois, e un Mundial polo medio (con medalla de bronce para España) regresa a competición á Primeira División do fútbol sala. Nesta xornada, a número nove, depara os encontros Cidade As Burgas - Rioja

e Majadahonda - Ourense Envialia. O Cidade tentará seguir escalando posicións na clasificación, mentres que o Envialia buscará manterse diante do vagón perseguidor dos dous equipos de arriba (Futsi e Burela). As franxiverdes non deberían ter problemas

para sumar os tres puntos diantes das rioxanas, xa que ocupan o última posición cun so punto. Pola súa banda, as albinegras tampouco deberían sufrir atracancos para dobregar ao Majadahonda (antepenúltimo con catro puntos) a pesar de xogar en Madrid. As ourensás que xogan esta semana na casa son as pupilas de Manolo Codeso, que disputarán o seu encontro ás 17 horas do sábado 5 de decembro na cancha central do pavillón dos Remedios. Xornada 12 Sen tempo de descanso o martes 8 (na ponte da

Inmaculada) disputarase unha nova xornada de Liga. Nesta ocasión o Ourense Envialia recibe en casa ao Burela. Un apaixoante derbi galego no que as ourensás pode que teñan opcións de quitarlle a segunda praza ás mariñás. Pola súa banda, o Cidade As Burgas terá un complicado desprazamento para enfrontarse ao Universidad De Alicante.

Este sábado xoga o Cidade nos Remedios e o martes 8, o Envialia e lograron un aplastante 0-10, con Sotelo en plan estelar anotando catro tantos (Saeta lograría un). Así, pasaba á semifinal.

Bronce en Guatemala 4 Vanessa Sotelo, bota de ouro do Mundial. R.T. A selección española feminina de fútbol sala regresa do Mundial celebrado en Guatemala coa medalla de bronce. Ademais, a xogadora do Cidade As Burgas Vanessa Sotelo logrou a bota de ouro como máxima

realizadora do torneo con 10 goles. As cousas non comezaron ben para o combinado nacional. No primeiro partido da fase de grupos fronte a Rusia, as españolas perderon por 1-3; o único tanto foi de Sotelo. No segundo, e sen poder

permitirse un novo traspés, lograron a vitoria ante Japón por 2-5. Os dous primeiros goles do encontro foron das ourensás Vane e Iria. No terceiro encontro tocaba a anfitrioa: Guatemala. As pupilas de Alicia Morell non tiveron piedade

Fase final Brasil era o seguinte rival, pero as cariocas seguen un chanzo por enriba das demais e lograron a vitoria por 0-4. Outra vez apeadas da disputa da final tocaba xogarse o terceiro posto contra Portugal, que caera inesperadamente na outra semifinal ante Rusia. No partido polo bronce España goleou a Portugal por 9-1. De novo Sotelo asinou catro dianas, sendo a máxima goleadora do campionato. Brasil venceu na final a Rusia e suma o sexto Mundial.

O Sala Ourense vén de gañar ao Albense./RAMSÉS

A seguir sumando 4 Sala Ourense e Pizarras Los Tres Cuñados venceron na última xornada. Redacción O Sala Ourense Prolsport e o Pizarras Los Tres Cuñados buscarán, como na xornada anterior, o pleno de vitorias ourensás. O Sala Ourense que vén de gañar ao Albense, non sen atrancos, por 4-3, visita nesta ocasión a cancha do Mosteiro Bembrive, que ocupa a quinta praza con 18 puntos, polos 13 do Sala Ourense. Os valdeorreses dos

Pizarras Los Tres Cuñados reciben en Calabagueiros ao Esteo, equipo que con 12 puntos é undécimo (os ourensáns son décimos, con 15 puntos). Unha xornada importante para refrendar a vitoria dos dous equipos na pasada xornada e ir subindo posicións para asentarse na zona tranquila da clasificación.

Mosteiro Bembrive e Calabagueiros, seguintes rivais


POLIDEPORTIVO

Iván Feijóo e Carlos Canal vencen en Alcobendas 4 O júnior é lider destacado da Copa de España de ciclocróss.

Iván Feijoo, Román Saa, Carlos Canle e Antía Martínez venceron na Copa Galicia, en júnior e cadetes

11

tiro olímpico

Darío Piroscia faise co Campionato Galego de pistola aire comprimido 4 O coruñés obtivo novo récord na final.

Redacción Os ciclistas do Club Ciclista Maceda Iván Feijoo -categoría júnior- e Carlos Canal -cadete- venceron nas súas respectivas categorías na proba da Copa de España de ciclocróss disputada en Alcobendas. Ademais, o conxunto macedán logrou colocar aos tres júniors entre os 11 primeiros; os seus compañeiros Abel Franco e Román Saa remataban sétimo e undécimo, respectivamente. Carlos Canal logrou vencer nun apretado final a dous rivais. Esta vitoria faino subir na clasificación copeira ata a cuarta praza. Pola contra, Iván Feijoo non tivo rival e acadou unha cómoda vitoria que o pon preto de acadar o título nacional. A próxima cita será a penúltima do calendario da Copa de España e disputarase o 6 de decembro en Igorre (País Vasco). Gracias a esta nova vitoria de Feijoo, o ourensán afianzase na primeira posición da Copa cando restan por disputarse dúas probas. Tras seis carreiras, Feijoo non se baixou

BARRIOS DEPORTIVO 4 de decembro de 2015

P.L.

Iván Feijoo durante a proba de Alcobendas. do podio en ningunha delas. Venceu nas probas de Elorrio, Muskiz e Alcobendas, foi segundo en terras catalanas -Les Franqueses- e foi terceiro en Ametzaga e Llodio. Copa Galicia O conxunto macedán realizou unha destacada actuación na proba da Copa de Galicia de ciclocróss celebrada en Dumbria, onde conseguiu vencer na categoría júnior cun dobrete, a cargo de Iván Feijoo, actual líder da Copa de España, e de Román Saa. Ambos corredores dominaron a carreira e entraron en meta

en primeiro e segundo lugar, respectivamente. Ademais, o seu compañeiro Abel Franco foi quinto. Así mesmo, o Academia Postal- Actyon Mérida logrou a vitoria en cadetes, con Carlos Canle en categoría masculina e Antía Martínez, na feminina. Esta última conseguía así o seu primeiro posto na categoría. En Sub23, Raúl González rozou o podio rematando en cuarta posición. E na carreira de promocion, Noela Saa e Aida González foron primeira e segunda.

28 tiradores participaron no Campionato autonómico final de armas neumáticas na modalidade de pistola sénior. A proba, disputada no Club de Tiro Eiroás o 15 de novembro, deixou como vencedor ao coruñés Darío Piroscia, quen, nun emocionante duelo, impúxose nos últimos disparos ao tamén coruñés David Isaac Iglesias, que quedou segundo. Os seus 199,7 puntos déronlle a Piroscia o novo récord galego en final olímpica. A diferencia das modalidades de damas e carabina, nesta competición non houbo representación ourensá. No transcurso da entrega de premios deste Campionato galego, entregóuselle a Julián Encinas, árbitro, entrenador e socio histórico do club Eiroás, a medalla de bronce ao mérito deportivo que lle concedera a Federación Española de Tiro Olímpico. Coa distinción recoñécese a súa extensa traxectoria ao servizo desta disciplina deportiva. Fin das ligas anuais O Club de Tiro Eiroás culmina no mes de decembro as súas ligas sociais anuais: Copa Depu-

Darío Piroscia (terceiro pola esquerda), na final do Capionato galego de pistola aire comprimido./P.L.

O presidente da Federación Galega de Tiro entrégalle a medalla de bronce a Julían Encinas./P.L. tación de aire comprimido (días 5 e 6), pistola estándar (domingo 13), e avancarga (día 27). Ademais, o día 20 disputarase o Torneo de Nadal de pistola libre e carabina tendido.

Os seus 199,7 puntos déronlle a Piroscia o novo récord galego en final olímpica


12

BARRIOS DEPORTIVO 4 de decembro de 2015

MOTOR

Iván Ares coroase no IV Rali Ribeira Sacra 4 Alex Pais proclámase campión galego tras quedar cuarto na proba. Redacción O piloto Iván Ares (Porsche 997 GT3) venceu na cuarta edición do Rali Ribeira Sacra, disputado os días 27 e 28 de novembro e organizado pola Escudería Luíntra. Pola súa banda, Alex Pais (Mitsubishi Lancer Evo X) logrou o título autonómico ao quedar cuarto nesta proba. Ares dominou o Rali Ribeira Sacra desde o primeiro tramo -o nocturno de Castro de Beiro- ata o final. Un bo colofón a un ano inolvidable na que logrou o subcampionato no Nacional. Pais chegaba á última cita do Campionato galego na loita polo título con Alberto Meira, pero problemas no coche deste fixeron que o título recaera no vigués. Un pinchazo afastou a Meira definitivamente pola loita polo título; anteriormente o diferencial xa lle dera problemas. A cuarta posición neste rali dos irmáns Pais -Alex e Santi- fixo que lograran o Campionato galego por primeira vez. Se o campionato estaba decidido, algo parecido pasaba coa proba. Ares foi o mellor piloto deixando sen opcións a outros coma Pedro Burgo (Porsche 997 GT3) e o actual subcampión do mundo de producción, Joan Carchat (Mitsubishi Lancer Evo X), que foron segundo e terceiro, respectivamente. Miguel Paredes, o mellor ourensán O mellor ourensán foi

O Rali Ribeira Sacra incluiu esta edición unha pasada pola zona urbana de Maceda./I.OSORIO. Miguel Paredes, quen se tivo que conformar coa sétima praza. Oitavo foi Jorge González ‘Rantur’, que estreaba Opel Adam R2. Promoción Na Copa promoción o mellor foi Felix Macías (Subaru Impreza STI) impoñéndose na Copa Top Ten Pirelli e sendo quinto na xeneral. Daniel Castro (Peugeot 206 XS) venceu na Volante FGA.

Xunto a Iván Ares fixeron podio no Ribeira Sacra Pedro Burgo (segundo) e Joan Carchat (terceiro)

O equipo dos irmáns Pais - Alex e Santi- festexando o seu primeiro Campionato galego tras quedar en cuarta posición na proba celebrada en terras ourensás.

O Ralimix de Barbadás, para Jurado Redacción

O piloto asturiano Abel Jurado logrou a vitoria na segunda edición do Ralimix de Barbadás, disputada os días 21 e 22 de novembro. Tratábase da última proba puntuable para o Campionato autonómico, que tamén caeu en mans de Jurado. O piloto de Ya-Car cross dominou toda a proba. Ao finalizar a primeira xornada aventaxaba en 16 segundos a Amador Vidal (Volkswagen Polo Proto) e en 21 a Jesús López (kartcross). Na segunda xornada máis do mesmo, alzándose coa vitoria. Unha segunda mellor xornada para Manuel Senra (Ford Fiesta R5) fixo que remontara ata a segunda praza final, a 45 segundo do vencedor. O terceiro caixón do podio foi para Celestino Iglesias (Ford Fiesta R2), quen acadou o subcampionato en agrupación B -primeiro, a pesar de retirarse en Barbadás foi Perfecto Calviño-. Jesús Vázquez foi o primeiro ourensán na liña de meta rematando na cuarta posición; Jesús López quedou sétimo, David Figueiredo, 12º; Jorge González ‘Rantur’, 18º e Toño Gómez, 20º. Silva O ourensán Iago Silva era un dos favoritos, pero sufrir unha saída de estrada rompendo unha rótula o que lle impediu rematar a pasada. Malia a todo fíxose co subcampionato galego da agrupación A.


BARRIOS DEPORTIVO 4 de decembro de 2015

POLIDEPORTIVO

Invicto na Liga 4 O Campus Ourense Coosur suma todos os encontros por vitorias. Redacción O Campus Ourense Coosur -1ª Galega- comezou o campionato da mellor maneira posible: sumando catro vitorias noutros tantos encontros. O último disputado no campo universitario saldouse cun contundente 930 ante o Muralla de Lugo. Os ourensáns realizaron un encontro moi serio no que dominaron de principio a fin. Ata en 15 ocasións o balón pousouse na zona de marca e en nove o apertura Andy logrou transformar. Ordenados atrás, activos co balón e contundentes diante foron as premisas que cumpriron rigorosamente para vencer o partido con tal contundencia.

No apartado extra deportivo, houbo unha recollida solidaria de alimentos dentro da Operación Quilo de Amencer. A Liga voltará en dúas fins de semana, xogando o Campus Coosur na casa do Pontevedra. Keltia O Keltia Ourense, de Segunda Galega, logrou a vitoria esta fin de semana diante do Universidade de Vigo. Xa suma catro vitorias noutras tantas xornadas, polo que é un candidato ao ascenso. A competición para o Keltia regresa tamén en dúas fins de semanas, enfrontándose ao Fendetestas. Os dous equipos están invictos na Liga.

Partido entre o Campus e o Muralla./I.OSORIO.

Sincronizada

Podio ourensán na Liga de figuras 4 Tres nadadoras do Sincro Ourense coparon as medallas en categoría infantil. Comezou a Liga galega de figuras de sincronizada con tres podios en categoría infantil para o Sincro Ourense. O pasado sábado celebrouse no Real Club Náutico de Vigo a primeira xornada da Liga galega onde participaron 30 deportistas do Sincro Ourense. En infantil, os tres primeiros postos foron ourensáns. Lola Carracedo foi primeira, Eyén Díaz, segunda e Elena Moyano, terceira. Oito nadadoras colocáronse entres as 20 primeiras dun total de 68 (Ana Moyano, 7ª; Claudia Bande, 13ª; Gisele Cazas, 14ª; Laura Bernardo, 17ª e Lucía Villar, 20ª). En alevín foron seis as que estiveron nas 20 primeiras prazas. Sabela Guevara foi sétima; María González, oitava; Noa Pulido, décimo terceira; Antía Touriño, décimo sexta; Eva Rodríguez, décimo oitava e Erea Lamas, vixésima. Entre as xuvenís ourensás, cuarta foi Lara

Empate do Balonmán Pabellón en Pontedeume 4 O conxunto feminino non puido puntuar en Lalín. Redacción

Redacción

Participantes no sincro. Doval e décimo sexta, Ana Gómez. Un gran traballo do Sincro Ourense neste inicio de tempada tanto das nadadoras como das súas adestradoras (Luna de Martín, Antía Arias e Natalia Fernández). Nacional A pasada fin de semana disputouse en Madrid o Campionato Nacional de figuras. O club ourensán participou con catro nadadoras de categoría infantil. Eyén Díaz (posto 51), Laura Bernardo (80), Lola Carracedo (84) e Ana Moyano (94) lograron a décima posición por equipos.

13

O Balonmán Pabellón de Primeira Autonómica masculina non puido pasar do empate na cancha do Pontedeume. Nos primeiros minutos o equipo ourensán estivo errático no xogo o que fixo que o técnico pedira un tempo morto. Diego Lorenzo buscaba cortar a sangría goleadora dos locais, que estaban seis por enriba no electrónico. Isto propiciou recurtar distancia e chegar ao descanso dous abaixo (13-11). Na segunda metade o empuxe dos ourensáns serviu para que puideran arañar un punto nunha difícil praza. Con este resultado o Balonmán Pabellón é quinto con oito puntos. O Viña Costeira -que suma os mesmos puntos que os capitalinos pero está un posto por enribalogrou a vitoria na casa diante do Tui (31-29). Esta semana non hai Liga; regresa o 12 de decembro cos encontros Pabellón - Viveiro e Seis

do Nadal / Coia - Viña Costeira. O líder, Rasoeiro, enfróntase ao Tui. Feminino Na Primeira Autonómica feminina houbo derrota dos dous equipos ourensáns na xornada número 13. O Campus Ourense perdía estrepitosamente na casa contra o primeiro clasificado, Porriño, por 1041. Mentres, o Pabellón non era quen de puntuar na súa visita a Lalín (27-23). As pavillonista renderon a nivel na primeira metade, pero co paso dos minutos foronse desinchando ata chegar sen folgos aos minutos nos que se decide o partido. A falta de recambios no banco fai que xornada tras xornadas as ourensás atópense na mesma situación e non poidan disputar os últimos minutos con garantías. O Pabellón é décimo con catro puntos e o Campus undécimo con dous. Tralo parón desta semana na seguinte xornada xogarase o derbi ourensán co Campus como equipo anfitrión.


14

BARRIOS DEPORTIVO 4 de decembro de 2015

POLIDEPORTIVO

tenis de mesa

O Galmédica, ao ritmo do líder 4 É segundo a dous puntos do primeiro. Redacción O Galmédica Ourense continúa segundo na 3ª División de tenis de mesa. O conxunto ourensán, en oito partidos xogados, conseguiu 34 puntos e mantense a dous do líder, o Monte Porreiro Pub Patrimonio. Os dous equipos son os claros favoritos ao título, xa que o terceiro clasificado, Grupo Barros-Cambados T.M., está a sete puntos dos ourensáns. Na pasada xornada o Galmédica recibiu no Paco

O seguinte rival do Galmédica: o Vincios Lucas Tojal

Paz ao C.T.M. Vigo - Bocaterias Papo’s ao que lle meteron un contundente 5-1. Vindeira xornada Esta fin de semana hai parón na Liga, pero esta regresa na fin de semana do 12 de decembro. Ao Galmédica tócalle viaxar ata Vigo para enfrontarse ao Vincios Lucas Tojal. O conxunto pontevedrés ocupa a sexta posición da competición, con 22 puntos. O rival dos ourensáns na loita polo título, Monteporreiro, visita a cancha do quinto clasificado, o Helios Restaurante Cielito Lindo.

Catro medallas para o Míguez Team no Galego de kickbóxing 4 Celebrado na casa dos Deportes de Lugo. Redacción O pasado 29 de novembro celebrouse na Casa dos Deportes de Lugo o Campionato Galego de kickbóxing (modalidade de fullcontact). O club ourensán Míguez Team regresou con

salvour

Ecequiel Quiroga inicia a Liga de salvamento con vitoria 4 Nos 200 metros obstáculos. Redacción Disputouse en Pontevedra a primeira xornada da Liga de salvamento acuático da tempada e fíxoo coa vitoria do ourensán Ecequiel Quiroga nos 200 metros obstáculos. Este ano a competición galega divídese en dous grupos: norte e sur. O Club Salvour de Ourense está encadrado no grupo sur. Á vitoria de Quiroga nos 200 obstáculos hai que sumarlle, por parte do club ourensán, a consecución (na mesma proba que

Andrea Bello clasificóuse para o Campionato de España de inverno

Ecequiel) da mínima para o Campionato de España de inverno por parte de Andrea Bello. A nadadora

rematou segunda na súa proba en categoría júnior. Silvia Quintela foio 23ª nos 200 obstáculos e 14ª

catro medallas. Iván Rodríguez (en menos de 60 quilos) logrou o bronce, a pesar de perder en semifinais cunha decisión moi xusta. Manuel Míguez júnior (- 63,5 kg) en clase A acadou o ouro tralo abandono do seu rival no primeiro asalto da final.

en 100 metros de rescate con manequín. Andrea González quedou 12ª en obstáculos e novena en aletas. E Marco Salvadores ocupou o posto 19 nos 100 rescate con aletas absoluto. Por equipos Nesta primeira xornada o Salvour ocupou a sexta posición en cadetes, oitava en alevín e sénior, décima en infantil e júnior e undécima en xuvenil.

Un dos deportistas do Salvour durante a súa proba en Pontevedra.

Na categoría de menos de 75 quilos, Óscar Mira (clase A) realizou unha

gran competición para vencer, na final, aos puntos ao seu rival; durante o combate o público púxose en pé en varias ocasión pola gran pelexa do púxil ourensán. E Javier Iglesias na categoría de (-81 kg clase A) fíxose cunha prata con sabor a ouro. Iglesias estivo a piques de alzarse coa vitoria e lograr o ouro; porén tívose que conformar co subcampionato.

Iván Rodríguez, Manuel Míguez, Óscar Mira e Javier Iglesias foron os medallistas, que sumaron dous ouros, unha prata e un bronce


POLIDEPORTIVO

BARRIOS DEPORTIVO 4 de decembro de 2015

15

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 185-2009. Redacción: r/ Bedoya, 7, 1º, of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 04 53 52 / 685 969 546. Correo-e: deportes@periodicobarrios.com. Distribúe: Lebre Mensaxeira. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción e fotografía: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Silvia Nieto, Miguel Rejo. Colaboracións: José Mª Arribas Nº130- Ano: VII - 4 de decembro de 2015 - Difusión: 5.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 04 53 52 / 685 969 546.

4PRACTICANDO SAÚDE

A importancia do descanso Moitas veces téndese a pensar que cantos máis días se adestre a progresión será maior, chegando mesmo en ocasións a adestrar todos os días da semana, con molestias ou lesionado, buscando resultados máis rápidos. Non debemos esquecer que o descanso é tan importante como o adestramento, xa que é cando descansamos cando os músculos se recuperan, medran e adáptanse ao adestramento. Sen descanso non hai mellora, por moi bo que sexa o adestramento. Adestrar sen descanso pode conducirnos xusto ao obxectivo contrario ao que buscamos: cansazo constante, desmotivación, estancamento na progresión e perigo de lesións. Está claro que non existe un número exacto de días de adestramento válido para todos os deportistas, senón que variará en función do obxectivo, as nosas características físicas, tempo dispoñible para adestrar, tipo de adestramento... Non podemos nin debemos compararnos con deportistas profesionais, nin sequera cos nosos compa-

Unha musculatura ben descansada é máis efectiva

Megaxove ofrece máis de 150 actividades

ñeiros de adestramento, cada persoa é diferente e necesita un período de descanso diferente. Un patrón de adestramento normal, axeitado para a maior parte dos deportistas, é adestrar entre 3 e 5 días á semana, deixando polo menos un día de descanso absoluto e outro día de descanso activo ou de recuperación no que a actividade se realizará de maneira lixeira sen que supoña un gran esforzo. Tampouco debemos temer por tomarnos un período de descanso de 7-10 días cada 3 ou 4 meses, non imos perder o traballo feito e ademais o corpo agradecerá un tempo de repouso total para volver ao adestramento con garantías, unha musculatura ben descansada é moito máis efectiva. Agora ben, os descansos tampouco poden ser demasiado prolongados, pola contra perderíanse os efectos do adestramento. Se acompañamos os períodos de descanso cunha boa alimentación e uns exercicios de estiramentos, estaremos totalmente preparados para afrontar o adestramento con garantías.

4 Do 5 ao 8 de decembro celebrarase en Expourense o 16º Salón da Xuventude.

José Mª Arribas Moreno, licenciado CCAFD, adestrador persoal en

A concelleira de Sanidade, Sofía Gómez Franqueira; a delegada da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira; a directora adxunta de Expourense, Enma González; e o edil de deportes, Mario Guede; durante a presentación de Megaxove 2015.

Redacción O 16º Salón da Xuventude celébrase en Expourense do 5 ao 8 de decembro. Máis de 150 actividades de lecer e deportivas que converterán o recinto no punto de encontro da mocidade galega durante a ponte festiva. As actividade será do máis variado e irán desde xogos populares e tradicionais ata unha zona de videoxogos pasando polo minibasket, a patinaxe, o fútbol sala o xadrez ou o bádmin-

ton, entre outros. Moitas disciplinas deportivas terán o seu oco nesta edición do Megaxove. Haberá torneos de halterofilia, karate, ne-waza, bádminton, xadrez, fútbol sala, judo, kick-boxing, e mesmo a Copa Megaxove de wushu. Novidades As novidades máis salientables deste ano é a presenza do Masterchef Junior, Mendicuti. Estará o sábado 5 de 17 a 19 horas para asinar autógrafos.

Ademais, o Repsol Racing Tour traerá a Megaxove a moto coa que Márquez gañou o Mundial de 2013. O futbol burbulla, os obradoiross de chapas, a gincana de bicicletas ou o obradoiro de ciencia divertida son outras das novidades desta edición. Horario O Salón Megaxove é de entrada libre e permanecerá aberto en Expourense do venres ao luns, de 11 a 14 horas e de 16 a 20 horas.

EN BREVE

4 Natación Disputouse o LIX Campionato de España absoluto de natación en Xixón. Por parte do Club Natación Pabellón Ourense tan só acudiu Marc Ciurana. O nadador participou en catro probas: 200 braza, 200 estilos, 400 estilos e 800 libres. O máis destacado da súa actuación foi o décimo sexto posto en 400 estilos, cun tempo de 4:27:83 e a décimo novena posición en 200 braza cun tempo de 2:19:00.

4 Fútbol A selección galega de fútbol afeccionado disputa esta fin de semana en Almendralejo (Estremadura) a Copa das Rexións UEFA. Na convocatoria galega estarán presentes cinco xogadores integrantes de equipos ourensáns de Terceira. Por parte do líder de Terceira, o Barbadás, estarán Hugo García e Alfredo; polo CD Barco, Pablo Corzo, e polo Verín Sergito e o porteiro Diego García. Tamén acudirá a cita outro ourensán, Fran Justo; o adestrador do Ourense Club de Fútbol de División de Honra xuvenil fará de segundo adestrador do combinado galego.


16

BARRIOS DEPORTIVO 4 de decembro de 2015


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.