Bd 100

Page 1

Entrevista á atleta ourensá Iria Fernández [Páx.6] ESPECIAL Nº100 Páx.2-3

FÚTBOL

Páx.4

ATLETISMO

Páx.5

XIMNASIA

Páx.7

RALI

Páx.12

Número: 100- Ano: VI - 10 de xuño de 2014 - Depósito Legal: OU 185-2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta - www.periodicobarrios.com BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 23 de xuño. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190.


BARRIOS DEPORTIVO 10 de xuño de 2014

ESPECIAL 100 NÚMEROS

Gran apoio á ximnasia ourensá

100 números, “coa que está a caer” Provócame enorme admiración o esforzo inxente destes ourensáns que sacan adiante Barrios Deportivo. Na actual situación económica, na que a expresión máis manida é “coa que está a caer”, e en época de importantes cambios no mundo da comunicación, é realmente unha fazaña que un xornal local, de información exclusivamente deportiva, en soporte físico e gratuíto, logre estar nas nosas mans cada quince días. E xa van 100 números, e sinceramente celébroo, e felicito aos profesionais que o levan a cabo. Son persoas novas, excelentemente formados, emprendedores, que decidiron arriscar e apostar pola súa terra. Non son unha excepción, pero tampouco abundan. Barrios Deportivo é un xornal serio, que non está mergullado no sensacionalismo de moitos xornais deportivos de tirada nacional. Recolle fielmente a actualidade deportiva da cidade e os eventos transcendentais da provincia, con claridade, sen espaventos, e coa virtude de dedicar espazo a todos os deportes, con máis ou menos practicantes, con máis ou menos afeccionados, sen dúbida moitos destacarán isto último. Barrios Deportivo sacou á luz deportes que nin sequera sabiamos que se practicaban en Ourense, e en multitude de casos pódese dicir que somos unha cidade destacada. E que dicir do deporte feminino, ese de o que só sabiamos polos grandes medios de comunicación de catro en catro anos, coincidindo cos Xogos Olímpicos ou de mundial en mundial,

e porque sempre trouxeron medallas ao noso país. A Barrios Deportivo non se lle escapa a actualidade das nosas deportistas, son moitas e de alto nivel. Por todo isto, Barrios Deportivo consolidouse e gañouse un importante prestixio entre os ourensáns, creo que tamén o seu agarimo. Moitos agardan con ansia e acoden ao seu encontro aos puntos de distribución habituais, para estar ao día do noso deporte, para seguir aos seus equipos, para ver aos amigos ou para verse eles mesmos, porque se es deportista, Barrios Deportivo ten sitio para ti. E como apaixonado do atletismo que son, non podo facer outra cousa que agradecer a Barrios Deportivo o seu importante labor na promoción e difusión deste deporte, que non é fácil que acapare portadas, pero que atopou en Barrios un vital aliado para transmitir o esforzo, traballo e paixón de corredores populares, atletas, adestradores, xuíces e clubs. Este xornal contribuíu enormemente ao fervor do “running”, das carreiras populares, e tamén a pór en valor a dedicación e o sacrificio dos nosos atletas máis destacados e, como non, deu presenza e protagonismo aos nosos mozos e mozas do deporte escolar. Gozade do xornal que tendes nas mans, merece a pena, levan 100 números elaborados con calidade, dilixencia e ilusión, e nótase. Longa vida. Lalo Gómez, presidente Club Deportivo Aurum

O Club Burgas de ximnasia quere agradecer a Barrios Deportivo a atención prestado ás publicacións do noso club e de toda a ximnasia ourensá en xeral. Por iso, quermos felicitarvos por este número 100 e animarvos a que sigades traballando tanto polo deporte ourensán. Agardamos felicitarvos pronto polo número 1.000 e moitos máis. Club Burgas

Un xornalismo de ilusionante recompensa Dende o Club Ximnasia Pavillón queremos enviarlle a nosa felicitación a Barrios Deportivo por eses 100 números. Moitas grazas polo esforzo que adicades a que deportes, mal chamados minoritarios, como o noso, teñan un oco no mundo da comunicación. O traballo, a ilusión, o esforzo de centos de nenos e nenas da provincia van quedando marcados nas vosas páxinas para recoñecemento propio e

coñecemento alleo. Ese recoñecemento propio é tan importante como o dalo a coñecer a alleos, porque sempre é visto como ilusionante recompensa. Por iso, temos en gran consideración a vosa tarefa, e moitas das vosas páxinas están nos corchos e nos álbums de nenos e nenas reforzando a súa estima e creando memoria. Grazas! Club Ximnasia Pavillón Club Ximnasia Escola Pavillón

100 números de actualid de deporte de base, de éxito 100 números de ilus Escaparate dos deportes da nosa cidade En nome do Consello Municipal de Deportes quero enviar a miña máis sincera noraboa a todo o equipo que formades a familia do Barrios Deportivo ao chegar á centena de edicións do voso xornal. Conseguistes entrar no corazón dos ourensáns coa vosa gran profesionalidade, obxectividade e difusión do noso deporte local. Neste tempo conseguistes ser un referente á hora do seguimento das noticias deportivas, sobre todo en canto ao deporte base se refire, xa que se viron reflectidos nos vosos artigos a maioría dos de-

portes que se practican na nosa cidade, dándolle un protagonismo especial aos mozos deportistas e transmitindo o voso agarimo a estes novos valores. Tamén quero agradecervos as atencións que tivestes sempre co Consello Municipal de Deportes, axudándonos na nosa tarefa de promocionar o deporte na nosa cidade e facendo máis fácil o noso traballo. E anímovos a seguir buscando novos obxectivos que estou de seguro ides ser capaces de conseguir. Cándido Gómez, xerente en funcións do C. M. de Deportes

Grazas por un apoio e difusión desinteresados! Queremos enviar a nosa máis sinceira noraboa a todo o equipo de Barrios Deportivo por conseguir chegar á publicación do número 100 deste entrañable xornal, que soubo gañar o agarimo e a fidelidade dos ourensáns, converténdose nun referente a nivel provincial na difusión do deporte de base e minoritario. Nun deporte con poucos seguidores en Ourense como é o tenis de mesa, é motivador saber que hai medios dispostos a divulgar as andanzas, logros e tamén os fracasos deportivos de equipos que, como o noso, carecen de entida-

de suficiente para aparecer en grandes medios de comunicación, pero cuxa ilusión pola práctica e o fomento desta modalidade vese alimentada ao sentirnos sabedores de que hai xente como vós que desinteresadamente está pendente das nosas evolucións e de transmitilas con gran profesionalidade á sociedade. Desexámosvos unha longa traxectoria e animámosvos a que sigades por ese camiño. E brindándovos colaboración incondicional en prol do fomento do deporte minoritario ourensán e en particular do tenis de mesa. Galmédica Ourense Tenis de Mesa


BARRIOS DEPORTIVO 10 de xuño de 2014

ESPECIAL 100 NÚMEROS

Grazas por aloumiñar ao deporte ourensán! Quero felicitar, en nome de todo o club Cidade das Burgas, a o equipo de Barrios Deportivo por chegar á edición número 100. Ao mesmo tempo quero darlle os meus parabéns a cada un dos colaboradores deste xornal por tan bo traballo e sobre todo polo trato persoal que nos dades aos clubs e adestradores, sempre cunha educación de 100 (nunca mellor dito). Poucas cidades poden presumir de ter un xornal tan completo que cada

15 días dá tanta información do deporte, moitas grazas por alumiñar tanto ao deporte ourensán. Deséxovos que os 100 números que hoxe cumplides se multipliquen por un millón. Manolo Codeso, Cidade das Burgas FSF

dade local, os e fracasos, sións Eco de grandes e pequenos Desde o Club Salvour queremos felicitar aos xornal Barrios Deportivo e a todo o seu persoal polo seu labor e o seu apoio ao deporte ourensán. É de agradecer que, ademais de transmitir a información sobre os grandes clubs da nosa provincia, tamén vos fagades eco dos logros de pequenos equipos e deportes minoritarios como o noso. Como presidente deste club anímovos a seguir nes-

ta liña, que o voso número 100 se convirta nun 1000 xa que estades considerados por moitos como o principal referente da información deportiva de Ourense. Os éxitos dos nosos equipos e deportistas fanse máis grandes cando medios de comunicación como o voso os facedes chegar a todos os fogares. Felicidades e seguide así! Club Salvour

100 números de xornalismo deportivo de proximidade Cen números adicados a difundir a información deportiva local, a promocionar a actividade física entre os cidadáns, a potenciar o deporte “amateur” ou o practicado por colectivos con necesidades especiais, a realizar, en definitiva, un xornalismo deportivo de proximidade merece a nosa felicitación. Desde todas as instancias do Club Natación Pabellón Ourense: nadadores, cadro técnico e directiva, dámosvos os nosos máis sinceros parabéns por saber reflectir toda a actividade deportiva local en xeral (máis aló da “futbolización” existente na nosa sociedade) e, particularmente, pola parte que nos toca defender. Por saber transmitir ao públi-

Apoio ao deporte minoritario En nome do judo e jiu jitsu provincial, o Ourense Judo Club agradecemos a Barrios Deportivo todo o seu apoio constante á difusión dos nosos deportes. Sabemos que non son maioritarios entre a poboación e agradecémosvos o espazo que nos dedicades. Desexámosvos unha longa vida e miles de números máis. Felicidades! Ourense Judo Club

co en xeral todas aquelas experiencias e logros que os nosos nadadores foron conseguindo durante estes cen números que viron a luz pública e que desexamos que sexan moitos máis por tempo indefinido. Facer extensible tamén esta felicitación a todas aquelas empresas, sociedades e administracións que coa súa publicidade contribúen a que esta realidade sexa posible, porque indirectamente están a promocionar a actividade física a través do deporte e están a contribuír a promocionar o deporte local e de base, e apostar en definitiva pola marca “Ourense”. Club Natación Pabellón Ourense

4EDITORIAL

A admiración é nosa Só hai que ler o que nestas dúas páxinas se escribe sobre o Barrios Deportivo (BD) para saber que estamos no bo camiño. Que algo fixemos ben. Pero quero matizar que o cariño é mutuo, e a admiración é nosa. Hai cinco anos que comezamos unha andadura no deporte ourensán que non sabíamos a onde nos ía levar. Agora, o escrito neste número -o número 100- por voces autorizadas de distintas disciplinas deportivas fainos ter un nó na gorxa, emocionados, ao saber que o noso traballo non é en balde, que chega a moitas e moitos deportistas anónimos que se esforzan cada día en cada adestramento. E ese é, precisamente, o motivo que fixo que o BD saíra á luz aló por novembro de 2009. Barrios Deportivo xurdiu para ensalzar a figura e a adicación de todos eles nos seus respectivos deportes. Sempre dixemos que cada deportista que se sacrifica merece a nosa admiración e respecto, e por suposto unhas liñas no noso xornal. Sempre quixemos tratar por igual a todos os deportistas e deportes, sen importarnos quen o practicaba nin que practicaba, cantos seareiros congregaba na grada ou en que categoría se competía. Hai disciplinas que teñen moitas páxinas nos

medios de comunicación e outras que non tanto. A ese deporte, ao que está lonxe dos focos, é ao que nós consideramos o deporte con maiúsculas, o que require o dobre de sacrificio para lograr a metade dos titulares. E con isto non nos esquecemos dos máis mediáticos, simplemente, todos estaremos dacordo en que neste senso non se xoga con igualdade, xa que non acapara o mesmo interese xeral un balón que unha xabalina. Pero para todos os que damos forma ao Barrios Deportivo, si. Porque para nós foi tan apaixoante o último partido na casa desta tempada do Pabellón Ourense de LF2 coma a final da Copa Federación entre o CD Ourense e o Guadalaja. Que nos emocionamos cando vimos saltar á cancha as novas ximnastas no Torneo de Primavera ou cada vez que os deportistas do CN Pabellón se sumerxen na auga. Claro que nos gustaría que Ourense sacara un deportista de renome mundial, pero nese caso só seriamos un medio máis que lle daría cobertura. Nós procuramos ir un pasiño máis aló, e por iso asegurámosvos que nos 100 números seguintes cada un dos ourensáns que practican algún deporte terán un oco no BD. Longa vida ao Barrios Deportivo, longa vida ao deporte ourensán. Ramsés Torres, director de Barrios Deportivo


BARRIOS DEPORTIVO 10 de xuño de 2014

Verín e CD Ourense B, finalistas da Copa Deputación 4 Disputarase o vindeiro 14 de xuño. R.T. O vindeiro sábado 14 de xuño Verín e CD Ourense B enfrontaranse na final da Copa Deputación de fútbol. O encontro terá lugar no estadio do Couto a partir das 18 horas. O filial do Ourense chegou á final logo de apear da mesma a outro filial: o Barbadás B. No encontro disputado nos Carrís, os rojillos tomaron vantaxe ao vencer por cero goles a un. No partido de volta disputado no Couto o resultado foi de 2-1 para o Ourense B o que o meteu na final do día 14. Na outra semifinal medíanse Arenteiro e Verín. No partido de ida disputado no Carballiño, o marcador non se moveu durante os 90 minutos, polo que todo

quedaba por decidir no José Arjiz de Verín. No partido de volta, os locais lograron impoñerse por 2-1 non sen emoción, e metéronse así na final da Copa Deputación, que terá coma protagonista aos mesmos conxuntos nove anos despois. Copa B Sete días antes de que se dispute a final A disputouse a B. Arnoia e Xunqueira eran os finalistas. O partido tivo moita emoción e chegouse ao final do tempo regulamentario con empate a dous tantos, polo que se tivo que decidir a final na tanda de penaltis. E foi nesta, onde despois dunha sesión longa de penas máximas, se decidiu que o Arnoia se alzara co título copeiro.

Partido de semifinal da Copa entre o CD Ourense B e o Barbadás B no estadio do Couto. /I. OSORIO

FÚTBOL

Esgótase o tempo 4 Despois de que se apartara momentáneamente a opción do ex presidente Seoane, un grupo encabezado por Anxo Valcárcel busca unha saída para a continuidade de CD Ourense. R. Torres Esgótase o tempo. Despois de que se apartara momentaneamente a opción do ex presidente Seoane, un grupo encabezado por Anxo Valcárcel (monitor da base de CD Ourense) busca unha saída para a continuidade de CD Ourense. Xa estamos en xuño e as denuncias dos xogadoras xa se fixeron efectivas; ascenden a máis de 150.000 euros, polo que de non subsanarse, o club tería que poñer un aval de 200.000 euros para competir en 2ªB; e en caso de descender, unha vez que regrese á categoría de bronce tería que liquidar as débedas e o aval ascendería aos 400.000 euros. Panorama moi negro para

Xogadores do CD Ourense./ARQUIVO. a entidade rojilla. O ex presidente Seoane estivo en contacto cun empresario para convencelo de que se fixera cargo do club; pero este pediu un receso ata o día 20 de xuño por non poder mirar as contas do club e non levarse nin-

Luisito quere deixar o club./ARQUIVO.

gún susto. Para esa data o actual Consello de Administración xa terá saído do club trala asamblea de accionistas prevista para o 18 ou 19 deste mes. Así que, a día de hoxe, o único grupo que se está a mover é o encabezado por Anxo Valcárcel. De reunión en reunión andan estes días nos que o tempo é ouro para o futuro dun club con 62 anos, e que pode que estea a escribir as últimas liñas da súa historia. Valcárcel xa falou cun grupo de xogadores para explicarlles as súas liñas mestras. Débedas e máis débedas Pero quen colla o club terá un problema de liquidez e terá que saldar unha serie de débedas de xeito inmediato para que o Ourense poida seguir respirando. O máis inmediato son as nóminas dos xogadores, que xa teñen interposta a denuncia por impagos. O 24 de xuño reúnese a comi-

sión mixta AFE-RFEF e ese día ten que estar liquidada a débeda ou ben retirada a denuncia dos xogadores, senón se presenta aval para competir en categoría nacional. O outro problema inmediato sería o de liberar os certificados coa Axencia Tributaria para desbloquear as subvencións, que poderían rondar os 300.000 euros. O problema é que a administración pública, cansa de que o club ourensán non cumpra nunca cos plans de viabilidade, piden 400.000 euros e un novo plan para darlle o certificado ao CD Ourense. Estes son dous dos problemas máis graves que ten o Ourense, pero hai máis. Débedas á Seguridade Social, á Xunta, e a acredores do concurso de 2007 que poden denunciar. En definitiva, un “maremagnum” de difícil solución que pode levar o equipo á desaparición. Luisito dimite E con estas, a semana pasada o adestrador José Luis Míguez “Luisito” desmarcouse e anunciou a súa marcha, a pesar que de lle resta unha tempada de contrato. Luisito explicou que a súa decisión é “irrevocable e pola situación crítica do club”. O presidente en funcións -Alejandro Estévez- non quixo apurar os feitos e dixo que hai que esperar e ceñirse ao contrato, no que hai unha claúsula que di que se algunhas das partes rompe o contrato debe pagar 15.000 euros. Un capítulo máis da tensa situación que están a vivir desde fai meses a directiva e o técnico.

A asamblea de accionistas está prevista para o 18 ou 19 de xuño


BARRIOS DEPORTIVO 10 de xuño de 2014

ATLETISMO

Silva e Ocampo logran a vitoria no Couto 4 Na segunda proba do circuíto de carreiras populares “Correndo por Ourense”. R. Torres Os atletas Jorge Ignacio Silva (Atletismo Ourense) e Ana María Ocampo (Ourenrunning) lograron a vitoria na carreira do Couto, segunda proba do circuíto de carreiras populares “Correndo por Ourense”. Polas rúas do barrio do Couto viviuse unha das carreiras máis disputadas. Silva e Javier Paredes estiveron tirando na maior parte do percorrido ata chegar xuntos aos últimos metros,

onde o atleta do Ourense Atletismo impúxose diante do da Sociedad Gimnástica Pontevedra. En canto á categoría feminina, Ana María Ocampo impúxose á segunda clasificada María Ferreiro en algo máis de 40 segundos. Clasificación xeral Na clasificación xeral, Javier Paredes continúa ao frente da mesma por diante de Jorge Silva. Na terceira posición marcha Óscar Ramos.

En categoría feminina, Ana María Ocampo é a líder, por diante de María Ferreiro e Ana María López, segunda e terceira respectivamente. Carreira do Corpus A vindeira cita do “Correndo por Ourense” será a carreira do Corpus. O domingo 29 de xuño, o centro da cidade acollera esta terceira proba do circuíto con comezo ás 12 da mañá (a proba absoluta dará comezo ás 12.30h).

Saída da carreira absoluta disputada no barrio do Couto. /I. OSORIO

Todo listo para a Chandrexa Trail 4Terá lugar o domingo 22 de xuño. Redacción Xa está todo listo para que o municipo ourensán de Chandrexa de Queixa acolla a Chandrexa Trail. Una proba, que un ano máis, será Campionato Galego de Carreiras de Montaña. A carreira celebrarase o domingo 22 de xuño a partir das 09 da mañá no pobo de Celeiros. A carreira está aberta a

todo o público, habendo unha clasificación conxunta e outra na que só entrarán os participantes que estean federados na Federación Galega de Montañismo, que será de onde sairán os campións galegos deste ano. O percorrido da carreira suma 32.8 km cun desnivel acumulado de 4.000 metros. Saída e meta atópanse en Celeiros e pasarase polos pobos de Forcadas,

Requeixo e Castelo. Andaina e minitrail Amais do trail realizarase unha andaina de carácter non competitivo e un mini trail. Nestes dous casos os participantes terán que cubrir 20 quilómetros de percorrido. Inscricións As inscricións pódense realizar ata o 15 de xuño nas webs championchipnorte.com e www.carrerachandrexa.blogspot.com, ou nas tendas Running Sport (r/ Nosa Señora da Saínza, 18 -Ourense-) e Asaja Galicia (rúa Marqués de Trives, 56 -Poboa de Trives-).

Ourensáns no Mundial de duatlón

sificada. Alberto Asensio rematou 19º no grupo de 35-39 anos na distancia sprint, mentres que Al-

fredo Ferreiro foi 40º na mesma categoría e Ángel Chaparro foi 47º no tramo de 30-34 anos.

Redacción

Pontevedra acolleu os pasados 31 de maio e 1 de xuño o Mundial de duatlón, no que participaron varios ourensáns. Iria Fernández rematou na cuarta posición na categoría W30-34 sprint, rozando o podio a tres segundos da terceira cla-

Ferreiro, Fernández e Asensio no Mundia de duatlón.


BARRIOS DEPORTIVO 10 de xuño de 2014

ATLETISMO

Entrevista A Iria Fernández, atleta:

“Estou pensando facer un medio ironman, o Desafío Illas Cíes” 4 Coa intención de manter a forma nadando e andando en bici, pois ata setembro ou outubro non comezará a preparar a súa especialidade: o cross. Paula Lodeiro A súa paixón é correr, de feito, non deixa en casa as zapatillas de deporte nin para ir de vacacións e sempre atopa un oco na súa apretada axenda para adestrar. Coñecemos un pouco máis a unha das nosas atletas máis destacadas, Iria Fernández Fontenla (Ourense, 1981). Fuches gañadora do XVII Media Maratón de Vigo, como recibiches o resultado? Iria Fernández: “A verdade é que non o esperaba, tivera un bo ano de cross, para o dez mil non tiven moi boa racha, pensei que me ía saír millor. Entón fun á media por ver que podía saír, porque sabía que estaba en boa forma, aínda que levaba un par de semanas mal, e nesa carreira estaban inscritas Yolanda Gutiérrez, que en principio é bastante superior, e Sonia Teijeiro que tamén está andando bastante ben. Eu contaba con que elas dúas estiveran por diante miña. Tampouco esperaba a marca que fixen, mellorei en medio minuto a miña marca (parou o crono en 1:23:28), sabía que estaba para iso pero tal e como foi a semana anterior pois dubidaba que puidera” Foi unha sorpresa porque atopeime mellor do esperado, corrín bastante ben, con cabeza, porque fun reservando bastante ata o km 10 e no km 10 vinme con forza e tirei un pouco para adiante, porque ir de menos a máis sempre motiva”. Que cambiou en ti con respecto a tempadas anteriores? I.F.: “Cambei de club, pero sigo co mesmo adestrador de sempre. O ano pasado en Ourense estiven coa xente de toda a vida pero como marchou case todo o equipo quedamos moi pouquiñas, case non

tiñamos equipo para cross, eramos as xustas. E para pista non había, e non íamos ir en ligas nin nada. Vinme un pouco desmotivada porque non tiña citas importantes, non tiñamos opcións, ningún Campionato de España de cross, ningunha liga… entón a verdade é que me acomodei. Este ano decidín que o meu era o cross e que tiña que buscar un equipo de cross que me motivara e co que puidera ir a un Campionato de España, que me facía ilusión. Pensando nun equipo de Galicia, o único que me ofrecía garantías de ir a un Campionato de España era o Comesaña, que a día de hoxe é o mellor club en cross”. Á parte do cross, tamén participas noutro tipo de probas. I.F.: “De bastantes distancias, en ruta e en cross, pero o que realmente me gusta e onde sempre destaquei máis foi en cross. Desde hai varios anos a miña especialidade era o cross e aproveitando a forma física que me daba, pois se tiña que ir a ligas co club, saía en ligas, se tiña Campionato de España universitario prepararía o que mellor me ía… pero o cross sempre foi a miña especialidade”. Cales son as próximas citas no teu calendario? I.F.: “Na tempada de verán, como o cross rematou e o do ano que vén é a partir de xaneiro, teño tempo de facer outras cousas. Como no Comesaña tampouco saímos en ligas porque non temos equipo para competir, pensei en facer carreiras de ruta, como dez mil e o medio maratón, e estou pensando facer un triatlón de media distancia, o que se chama un medio ironman, pensaba en ir ao Desafío Illas Cíes en setembro. De non ser ese buscaría outro medio ironman por aquí en Galicia na mesma época.

Iria Fernández./P.LODEIRO.

“Este ano decidín que o meu era o cross e que tiña que buscar un equipo que me motivara” Pode que corra algún cinco mil, algunha carreira en pista, de velocidade, pero o verán estou pensando en adestrar un triatlón. Máis que nada porque quero cambiar de cabeza, cambiar de chip, non só correr, manter a forma nadando, andando en bici, para despois chegar a setembro e outubro con moitas gañas de preparar o cross de novo”. En anteriores edicións participaches no Correndo por Ourense, este ano parece que non vai poder ser. I.F.: “A verdade é que o Correndo por Ourense son unhas carreiras que me gustaron, porque son cortiñas, permítenche adestrar sen problemas durante esa semana e logo correr a

“Correr é un deporte que engancha moito, moi cómodo de practicar” fin de semana, hai moi bo ambiente, porque somos xente de Ourense, sempre gocei un montón. Deume moita pena o ano que non a puiden correr porque estaba lesionada e este ano que me gustaría correr non podo, porque sempre me coincide con outras citas. A do Vinteún perdina por un triatlón e a do Couto polo Mundial de duatlón en grupos de idade en Pontevedra. Aínda que me doe, a miña prioridade agora mesmo é outra”. Pero segue fixa no calendario a San Martiño? I.F.: “Si, por suposto, esa é fixa, aí xa me colle entrenando para o cross co cal penso que para a San Martiño podería chegar en boa forma”.

Como adestras no día a día? I.F.: “Os adestramentos non variaron moito de dous anos para aquí; o que me beneficiou este ano é que as lesións me respectaron, entón puiden seguir unha continuidade, perdín poucas sesións. Entreno todos os días; ao mellor un día á semana, qu normalmente é o sábado, teño un descanso activo, que cambio rodar por nadar ou andar en bici”. Cantos quilómetros podes facer nunha semana? I.F.: “Unha semana de carga podo pasar dos 100 quilómetros, unha semana normal entre 70 e 80, despois unha semana previa a unha competición, ou por lesión, baixo o ritmo, fago 50, 60 km. Os adestramentos varían: teño dous días de series curtas, de 400, 500 metros, e outros de series máis longas, que poden ser grupos de un quilómetro, seis de un quilómetro, ou variadas, un tres mil, despois un dous mil, un mil, ou varias series de tres mil… normalmente fágoas na pista. Despois teño un día de cambios, que son rodaxes con cambios de 10, 15, 20 minutos e o resto de días rodaxes, sobre 50 minutos, algún día menos e o máis longo que fixen foi unha hora dez”. Adestras soa? I.F.: “Cando estou en Ourense fins de semanas ou vacacións intento adestrar con xente, menos algún día que quedo co meu entrenador na pista, que adestro soa porque me está mirando; o resto intento quedar con algunha compañeira ou algún grupo para facer rodaxes, ir ao ximnasio, ou co meu mozo, cando podemos estar xuntos case sempre é o que me acompaña. Cando estou en Ponferrada, onde traballo vou case sempre soa, tanto series, como rodaxes como ximnasio, agora xa vou coñecendo máis xente e intento cadrar con algún corredor”. Correr é un deporte cada vez con máis practicantes, a que cres que se debe? I.F.: “Si, desde nivel popular, xente que acaba de empezar, ata nivel profesional. A verdade é que é un deporte que engancha moito, moi cómodo de practicar porque non precisas

un espazo concreto, podes correr en calquera sitio, non precisas de horarios, podes correr a calquera hora, e despois é un deporte que motiva moito porque ves que melloras, un día corres e ao día seguinte apetéceche correr máis ou máis rápido. É un deporte que motiva e que engancha”. E como empezaches ti a correr, en que etapa da túa vida? I.F.: “Recordo cando era moi pequena, cando tiña sete anos, que no colexio facíamos atletismo como actividade extraescolar e eu odiábao, non me gustaba nada correr, ademais pasábao fatal. E despois cando cheguei ao instituto, en primeiro de BUP, recordo que me encantaba. Lembro en educación física dicir que me gustaría meterme en atletismo, pero como facía outras actividades non podía, non me daba o tempo. Entón corría pola miña conta, quedaba con grupos para correr pero non estaba metida en ningún club. Foi en categoría júnior con 18 anos cando me decidín e fichei no Pabellón Ourense e ata hoxe”. Algunhas curiosidades sobre a práctica deste deporte. Tes algunha zapatilla preferida, comes algo especial ou tes algunha manía antes dunha carreira? I.F.: “De zapatillas para correr ultimamente sempre uso as mesmas Asics, que son como o meu comodín, son as que me van ben, sei que non me van facer dano. Despois as medias sempre Medilast. No medio maratón de Vigo foi a primeira vez que fun sen elas pero sempre levo as medias de comprensión. Comida non teño ningunha especial, normalmente previa a unha carreira sempre ceamos pasta ou arroz. Nunca tiven dieta, intento comer de todo variado” Tes algún referente en atletismo? I.F.: “Sempre me fixo en calquera atleta local, Yolanda Gutiérrez agora mesmo e doutros tempos Julia Vaquero, e como estou metida un pouco en triatlón tamén me fixo bastante en triatletas como Javier Gómez Noya, Ivan Raña, Saleta Castro. A verdade é que me interesa ver noticias de atletas e triatletas”.


BARRIOS DEPORTIVO 10 de xuño de 2014

XIMNASIA

A mellor ximnasia ourensá, na Copa Deputación

4 O 31 de maio as mellores ximnastas ourensás déronse cita no Paco Paz, durante a fase final desta competición. Redacción O sábado 31 de maio celebrouse no Pazo dos Deportes Paco Paz a fase final da Copa Deputación de ximnasia. Todos os clubs da pro-

A xornada tamén acolleu exhibicións de rítmica e acrobática

vincia estiveron representados nesta Copa Deputación nas modalidades de rítmica e trampolín (só nos aparatos de minitramp e tumbling); tamén houbo exhibicións de ximnasia acrobática e ximnasia xeral. En total, o Club Ximnasia Pavillón obtivo 33 podios, o que supón que preto de 50 ximnastas lograron medalla. O Club Ximnasia Escola Pa-

villón acadou cinco podios. En trampolín, o Club Burgas logrou un total de 35 metais (15 ouros, 12 pratas e oito bronces), o Pavillón obtivo 24 (sete ouros, sete pratas e 10 bronces) e o Escola Pavillón tres (unha prata e dous bronces). A rítmica estivo moi igualada, e tanto Marusia como Pavillón lograron nove medallas cada un. O Marusia

levou catro ouros, dúas pratas e tres bronces; mentres que o Pavillón seis ouros, dúas pratas e un bronce. Pola súa banda, o Burgas subiu a dous podios (logrando unha prata e un bronce). Así mesmo, Xinzo acadou un ouro e Celanova, un bronce. Destacadas foron, ademais, as actuacións de Diego López (Burgas), que venceu en todas as probas nas que competiu, ao igual que a infantil Iria do Nascimento (Burgas) que se colgou dous ouros. Exhibición A Copa Deputación tamén contou con exhibicións tanto en rítmica coma en acrobática. Participaron desta exhibición Yolanda García e Sara Blanco clasificadas para o mundial que se celebrará o próximo mes de xullo en Francia.

Todos os clubs da provincia estiveron representados nesta Copa Deputación nas modalidades de rítmica e trampolín./I.OSORIO

Fase local Previamente á fase final da Copa Deputación celebrouse a fase local. Foi o 24 de maio e tivo lugar en Celanova. Conxuntamente con esta fase de Copa, desen-

A Copa tamén contou con exhibicións tanto en ximnasia rítmica como acrobática./I.OSORIO

O 24 de maio celebrouse en Celanova a fase local desta competición provincial./RAMSÉS volveronse os campionatos provinciais de promoción (individual e de conxuntos) e escolar de conxuntos. Outros torneos O equipo benxamín do Club Ximnasia Pavillón proclamouse campión esco-

lar galego en Ribadeo. No Campionato Galego de ximnasia de trampolín o Club Ximnasia Pavillón acadou un total de 66 medallas, e o Ximnasia Burgas outros 30 metais, o que demostra o bo estado da ximnasia ourensá.


BARRIOS DEPORTIVO 10 de xu単o de 2014

ESPECIAL MUNDIAL BRASIL 2014


ESPECIAL MUNDIAL BRASIL 2014

BARRIOS DEPORTIVO 10 de xu単o de 2014


10

BARRIOS DEPORTIVO 10 de xuño de 2014

POLIDEPORTIVO

btt

Tres vitorias ourensás no Open de Galicia 4 Saúl López, Raúl González e Iván Feijoo dominaron os seus respectivos podios. Redacción Saúl López (sub23), Raúl González (júniors) e Iván Feijoo (cadetes), do equipo Actyon-Merida-Academia Postal de Maceda, foron os vencedores do Open de Galicia de BTT XC celebrado en Mugardos (A Coruña). Saúl López lograba a súa quinta vitoria individual no Open galego sendo primeiro na clasificación xeral; José R. Villanueva remataba cuarto. En júnior, Raúl González, vencía con autoridade, estreándose esta tempada no Open de Galicia. E Iván Feijoo lograba subirse ao máis alto do podio continuando imbatido neste torneo; na mesma categoría -cadeteRomán Saa era cuarto. Xulio Conde (máster 40) finalizaba terceiro. Trofeo Concello de Cambre Saúl López sumaba a última fin de semana de maio unha nova vitoria, esta vez no 14º Trofeo Concello de Cambre de BTT. Saúl venceu de novo con autoridade, diante do corredor do Lola Lola, Manuel Parada. Pola súa banda, o seu compañeiro de equipo, José Ramón Villanueva, entraba en meta en quinto lugar. Pero non foi esta a única ledicia para o equipo de

Inicio dunha das probas do Trofeo Pedro Escudero./RAMSÉS

natación

Vilas e Pereiro, vencedores no Pedro Escudero 4 Na décima edición deste memorial. Redacción

Saúl López durante a súa proba no Trofeo de Cambre. Maceda xa que na categoría cadete, Iván Feijoo, sumaba tamén unha vitoria máis, e xa van sete en sete probas do Open. Acompañábao no podio o seu compañeiro de equipo, Román Saa, que entraba en meta no terceiro lugar. En categoría júnior, Raúl González tamén logrou un terceiro posto. Dumbría Saúl López tamén se fixo recentemente coa vitoria absoluta no II BTT de Dumbría. O mozo mantivo

unha dura pugna durante toda a proba co corredor do Salvaterra Mauro González, levando finalmente a cita o ourensán. Así mesmo, na categoría cadete venceu con autoridade Iván Feijoo. En júniors, Raúl González foi segundo e en máster 40, Xulio rematou terceiro. Pola súa banda, a Escola JA Hermida, do CC Maceda, tamén logrou podios en Dumbría, da man de Aída González, que venceu en alevíns e de Noela Saa, que foi terceira.

En Cambre, o Actyon-Merida-Academia Postal tamén dominou o podio da categoría cadete: Iván Feijoo logrou a vitoria e Román Saa acadou a meta en terceiro lugar.

A pasada fin de semana celebrouse na piscina Rosario Dueñas o 43º Trofeo Pedro Escudero de natación, décimo memorial. Os espectadores que encheron as gradas puideron ver como María Vilas e Óscar Pereiro se alzaban co triunfo desta edición. En segundo lugar quedaron os nadadores do Club Natación Pabellón Ourense, Laura Pimentel e Marc Ciurana. CNPO Os nadadores do Club Natación Pabellón Ourense lograron un total de de 22 medallas. Oito delas foron de ouro (Sandra Presas en 50, 100 e 200 costas, Laura Pimentel en 400 libres, Alberto Taboada en 100 braza e Mar Ciurana en 400 libres, 200 e 400 estilos); sete pratas (Laura Pimentel en 200 libres e 400 estilos, Ana Karina Obaya en 50 e 100 braza e 200 estilos, Alberto Taboada en 50 braza e Ana María Santiso en 200 braza) e sete bronces (Esther Álvarez en 100 libres, Andrea Bello en 200 estilos, Uxía Gómez en 100 costas, Alberto Taboada en 200 estilos, Adrián

O Club Natación Pabellón logrou 22 medallas: oito delas foron de ouro, sete de prata e sete de bronce

Blanco en 50 libres e Ecequiel Quiroga en 100 e 200

libres). Por puntuación, en categoría feminina, primeira foi María Vilas Vidal, seguida de Laura Pimentel Pérez e Clara Otero Pérez. Sandra Presas Pérez foi cuarta. En categoría masculina, primeiro foi Óscar Pereiro Carril; segundo, Marc Ciurana e terceiro, Sergio Campos Varela. En cuarta posición rematou Alberto Taboada Vila.


BARRIOS DEPORTIVO 10 de xuño de 2014

POLIDEPORTIVO

Yuchenko gaña a Regata Internacional de Gondomar 4 A cita congregou a 500 remeiros de España e Portugal. Redacción Este 8 de xuño o C.N. Castrelo de Miño conseguiu un novo éxito da man de Anna Yuchenko, que se impuxo no skiff absoluto na XXXIV Regata Internacional de Gondomar. Alí déronse cita máis de 500 remeiros de categoría cadete, xuvenil e sénior de clubs portugueses e españois, que apuran a súa preparación para os campionatos nacionais. No skiff absoluto feminino participaban 12 deportistas, polo que se disputaron eliminatorias pola mañá para elixir ás seis mellores que disputarían a final pola tarde. Anna clasificouse comodamente para a final, na que tampouco tivo rival. Yuchenko realizou unha gran regata, na cabeza desde o principio, cunha boga constante que a levou a

Medallas para os máster do Pabellón Ourense 4 No Campionato galego celebrado en Ponteareas. Redacción O domingo 1 de xuño celebráronse nas piscinas do polideportivo Álvaro Pino de Ponteareas os campionatos galegos de natación máster de verán. Por parte do equipo máster do Club Natación Pabellón Ourense participaron un total de 11 nadadores dos 13 inscritos. Todos eles colgáronse algunha medalla. Mª Cristina García Colomo, Ana Mª Pereira, Amalia Pumar, Esther Fernández, Pedro Rivera e Manuel García Colomo acadaron dous ouros cada un deles. Os outros cinco nadadores ourensáns (Cristina Álvarez, Conchita Gómez, Manuel Sousa, Carlos Boo e Felipe Gayoso) lograron

obter algunha medalla individual entre pratas e bronces. Nas probas de relevos conseguiron dúas pratas e dous bronces. O Pabellón Ourense rematou na oitava posición na clasificación masculina e conxunta, mentres que as

4 Da Liga galega de salvamento deportivo. Redacción

bater o récord da pista cun tempo de 7:23.9, avantaxando en case medio minuto á segunda clasificada. Litocar Os días 24 e 25 de maio o C.N. Castrelo de Miño participou na IX Regata Internacional Litocar, na que Yuchenko venceu claramente malia o incómodo vento lateral, avantaxando en case 9 segundos á segunda clasificada. As probas disputáronse sobre unha distancia de 500 metros, e Anna conseguiu marcar un tempo de 1:58.15 a pesar das difíciles condicións. Pola súa banda, o catro scull infantil -no que remaron Julio César Fernández, Camilo Martínez, Joel Fernández e Lucas Hermidarematou en 6º lugar. En dobre skull, Camilo Martínez e Joel Fernández

Cuarta posición para o Salvour

Anna Yuchenko. foron novenos; e Julio Cesar Fernández e Lucas Hermida, vixésimos. E, por último, a actuación do club completárona o alevín Hugo Gil, que rematou trixésimo, e Pedro Martínez, que logrou o posto 34º en skiff cadete. Próxima cita O 14 de xuño disputarase o Campionato Galego en Castrelo de Miño e unha semana máis tarde o Campionato de España en Banyoles.

féminas foron sétimas. Vindeiras citas Mª Cristina García Colomo, o 15 de xuño, estará en Banyoles participando nos campionatos de España de augas abertas, e do 27 ao 29 en Jerez, os irmáns García Colomo (Mª Cristina e Manuel), representarán ao CNPO no Campionato de España de verán en piscina longa. Tanto Cristina coma Manuel participarán en cinco probas individuais (as máximas permitidas), esperando sacar medalla en todas elas.

Nadadores máster ourensáns que acudiron a Ponteareas.

O club ourensán Salvour remata cuarto na cuarta xornada da Liga galega de salvamento deportivo en augas abertas. A xornada disputouse na praia de Ladeira en Baiona (Pontevedra). Na categoría sénior disputáronse as probas de sprint de praia, nadar-surf, oceanman/oceanwoman e o relevo de taplin; en canto ás categorías inferiores a competición compuxose das probas de bandeiras alevín, carreira con nipper e carreira con táboa para as categorías infantís e cadetes. Participantes En canto á participación ourensán, o alevín Xián Breogán Rodríguez me-

diuse cos mellores de Galicia nas bandeiras logrando acceder á final. O xuvenil David Rey e a júnior Ángela Dopereiro remataron na cuarta posición na proba de sprint; Rey tamén finalizou sexto en nadar-surf. Na categoría sénior, María Estrada clasificou en cuarta posición en sprint de praia e sétima en nadar-surf. Os mo-

11

zos sénior foron finalistas en sprint e en nadar-surf, sendo os mellores ourensáns Julio Iglesias, na auga, e Mauro Rodríguez na area. Campionatos galegos As próximas competicións serán os tres campionatos galegos de verán. O 21 de xuño para as categorías alevín, infantil e cadete na praia de Bastiagueiro (A Coruña). O día 5 de xullo tocaralle aos xuvenís e júniors na praia de Orzán (A Coruña). E a temporada pecharase en Portonovo (Pontevedra) os días 19 e 20 de xullo co Campionato galego absoluto.

María Estrada e Ángela Dopereiro remataron cuartas na proba de sprint.


12

BARRIOS DEPORTIVO 10 de xuño de 2014

POLIDEPORTIVO

O Ponte Ourense remata a Liga de sétimo 4 Na última xornada caeu ante o Viaxes Amarelle por dous goles a cero. R. Torres Un Suzuki na edición do 2013 no tramo de Toén./ARQUIVO

O espectáculo do motor regresa a Ourense co rali

4 Coa 47ª edición do Rali de Ourense. R.T. O espectáculo do motor regresa a Ourense coa 47ª edición do Rali de Ourense. Xa está todo a punto para que os motores ruxan na nosa provincia. O venres 13 e sábado 14 de xuño volve un dos espectáculos con máis arraigo na vella Auria. Este ano o rali sufre pequenos cambios no que se refire aos tramos. Devanditos cambios son pequenas variantes nos pasos polos Peares e Toén, amais do tramo espectáculo no polígono de San Cibrao, que terá lugar no comezo e no peche da proba, buscando deste xeito un maior interese. Os demais tramos son os das últimas edicións: Os Peares, A Peroxa e a primeira pasada de Toén, pola mañá. A segunda pasada de Toén e as dúas de San Pedro de Rocas e Luintra, pola tarde. En total máis de 160 quilómetros cronometrados

que, engadindo o calor que se espera para esas xornadas, convertiran novamente o Rali de Ourense nun dos máis esixentes do Campionato nacional. Inscritos Inscribíronse 48 pilotos no certame nacional e dous no segundo rali. Os primeiros clasificados no Campionato nacional estarán presentes na cita ourensá. Entre eles, os dous primeiros clasificados (Esteban Vallín e Sergio Vallejo), separados na clasficación xeral do nacional por un punto e medio (71,5 para Vallín e 70 para Vallejo). A esperanza local estará no piloto Jorge González “Rantur”, quen pilotará un Porsche 911 GT3. “Rantur” chega este ano como unha das firmes promesas para alzarse coa vitoria final no rali da súa casa. Garza co Rali O concesionario Merce-

O 47º Rali de Ourense disputarase oas días 13 e 14 des en Ourense -Garzaapoiará coma sempre o fai a este rali. Nesta ocasión cederá un modelo novo do Clase A 45 AMG de 360 cv de potencia, para realizar unha exhibición. Raly clásico Para ir facendo boca disputouse a pasada fin de semana o Rali de clásicos e históricos. Unha cita ineludible para os románticos das catro rodas. Máis de 80 vehículos participaron este ano na vixésima edición deste evento. En históricos, Juan Dacal e Pablo Dacal fixéronse coa vitoria subidos nun Porsche 911 do ano 1968; mentres, Luis Aragonés e Guillermo López venceron en Pre 70 co seu Renault Alpine de 1969.

O Ponte Ourense remata sétimo despois de perder na última xornada diante do Viaxes Amarelle por dous goles a cero. Nótabase cal era o equipo que se xogaba algo neste encontro, e cal o que non se xogaba nada. Ponte e Amarelle chegaba á derradeira xornada con distintos obxectivos. Por unha banda as ourensás querían rematar a tempada sen outro premio que unha vitoria; pola outras as herculinas querían vencer para salvar a categoría sen mirar o resultado do Soto del Real fronta a Universidad de Alicante. Ao final 2-0 para un Amarelle que o ano que vén estará de novo entre os mellores do fútbol sala. Na primeira metade, un gol de Musta (á saída dun córner) daba vantaxe ás locais. As pontinas buscaban sen fortuna un gol que devolvera as táboas ao electrónico, pero Leti baixo paos mantiña a raia ás rivais. Na segunda metade o Ponte seguiríao intentando incrementando a intensidade no xogo, pero o Amarelle lograba mantelo a raia. No minuto 28 de encontro, a ourensá Lucía Nespereira lograba o segundo gol para o seu equipo ao finalizar unha contra. Nos últimos minutos, Óscar Vivián apostou polo xogo de cinco, pero o marcador non

Bea Seijas asediada por dúas rivais do Móstoles./R.T. se movería do 2-0 para as coruñesas. O Ponte Ourense remata a tempada 2013-2014 na sétima posición con 46 puntos, lonxe dos catro primeiros postos que xogaron a Copa de España.

Souza A brasileira Raquel de Souza foi, con 26 tantos, a máxima goleadora pontina desta tempada. Souza colcouse na quinta posición de goleadoras da Primeira División de fútbol sala.

4 Dobrete para o Futsi O Atlético de Madrid Futsi Navalcarnero acada o dobrete logo de facerse coa Liga e a Copa. Na Liga sumou un total de 81 puntos, 11 máis que o segundo clasificado, o Burela Pescados Rubén. A este éxito ligueiro hai que sumarlle o triunfo na Copa de España, que este ano contou con catro equipos participantes: Burela, Alcorcón, Universidad de Alicante e Atlético de Madrid. Nas semifinais o Alcorcón foi o primeiro finalista ao dobregar á Universidad de Alicante na

tanda de penaltis, logo de rematar con empate a un gol o encontro. Na outra seminifal, o Futsi venceu ás anfitrioas do Burela por 3-5 despois dunha prórroga. Os 40 minutos remataron con empate a tres goles, e xa no tempo extra as madrileñas lograron dobregar ás galegas con dous goles de Rocío (ex do Burela) e Anita Luján. Na final o Futsi impúxose ao Alcorcón por 0-2. Con esta vitoria conseguen o dobrete na tempada e o cuarto entorchado nesta competición.


BARRIOS DEPORTIVO 10 de xuño de 2014

POLIDEPORTIVO

13

Old School, unha nova forma de entender o ximnasio 4 Power lifting e strongman son as técnicas nas que basean os adestramentos. Redacción

Despedida por todo o alto 4 O Cidade As Burgas despide a tempada salvando a categoría e homenaxeando á capitana Nati Pacios. R. Torres Broche de ouro a esta tempada 2014-2015 para o Cidade As Burgas. O conxunto ourensán salva a categoría e homenaxea a súa eternea capitá, Nati Pacios, que colga as botas. O partido contra Ferrol era puro trámite. Dous equipos que non se xogaban nada, pero se trataba dun encontro que tiña unhas connotacións especiais;

e iso notouse antes do inicio. O club tiña preparada unha festa. Antes do duelo, un mosaico nas bancadas e un video cos mellores momentos da trayectoria de Nati fixeron que as bágoas correran polas meixelas de máis dun. Despois chegaría o partido, 5-2 para as franxiverdes con gol da capitá. Pero o momento foi cando se parou o crono a un minuto do final, e Nati cedeu o braza-

Todas as compañeiras despedíndose de Nati. /RAMSÉS

lete de capitá a súa irmá, Sonia (quen o saberá defender tan ben como ela). Asubío dos colexiados decretando o final do último partido oficial de Nati como xogadora tras 24 anos adicados en corpo e alma a este deporte tan castigado polos estamentos, pero que ela ben soubo defender. Traca final Fin do partido pero non das emocións. No centro do campo, a ex xogadora vía como se achegaba a súa filla, Noa, cun ramo de flores. Despois todas as xogadoras e corpo técnico fixeron unha piña para arroupar á que fóra nas últmas tempadas a súa capitá. A eterna capitá. Un marco coa súa camiseta e o brazalete foron outros dos agasallos que recibiu na súa despedida e como remate da festa. Cerca da cancha Pero Nati non abandona o barco. Agora estará dentro do corpo técnico acompañando a Manolo Codeso, formando un tándem que pode dar moitas ledicias aos seareiros franxiverdes.

Na rúa Vicente Risco (barrio da Ponte), no número 34, pódese descubrir unha forma novedosa de acudir ao ximnasio. Roberto Rodríguez González explícanos en que consiste esta forma de entender o ximnasio en Old School. “En Old School pretendemos desenvolver a forza con dous sistemas de adestramento, o power lifting e o strongman”. Para iso, neste ximnasio non se utilizan as típicas maquinas, se non que se fan outros exerci-

cios coma press de banca, peso morto ou sentadillas. Como Roberto Rodríguez explica “coas dúas modalidades combinamos adestramentos; involucramos o corpo para acadar unha maior forza, porque a forza é a base do día a día e da práctica doutros deportes”. Para o xerente de Old School “e importante facer os exercicios coa técnica correcta”, por iso está moi pendente de todos os alumnos do ximnasio. Power lifting e strogman baseanse en buscar a forza sen as máquinas de ximnasio. Con estas modalidades

VIII Copa Maristas de xadrez 4 300 xadrecistas déronse cita neste torneo. Redacción O sábado 7 de xuño celebrouse no colexio Maristas a oitava edición da Copa Maristas de xadrez escolar. Participaron 300 mozos xadrecistas de España e Portugal. Os ourensáns lograron unha boa actuación ao acadar 14 dos 25 postos de honra. O Xadrez Ourense foi o club máis galardoado con nove xadrecistas premiados, con tres ouros entre eles. O Casa da Xuventude colocou a tres entre os cinco primeiros das súa

categorías; e o Club Xadrez Benchoshey, a dous. En categoría sub-16, o vencedor foi Adrián Gó-

non se exercita un músculo en concreto, se non que se buscar un maior rendemento en varios bloques musculares. Como di Rodríguez González “traballamos moito, pernas, cadeiras e costas, que son músculos que apenas se traballan e son fundamentais á hora de progresar e non sufrir lesións”. Horario O ximnasio Old School abre de luns a venres de 9 a 14 horas e de 16 a 23 horas, e os sábados e festivos de 10 a 14 horas. Os domingos pechan. mez Diéguez (Club Xadrez Ourense); en sub-14, o triunfo foi para Miguel Puga Sánchez (Casa da Xuventude); en sub-12, o gañador resultou Martín Gómez Carreño (Xadrez Ourense); César Pérez Dapoxa (Xadrez Ourense) venceu en sub-10 e Martín Martínez Montes (Escola Xadrez Pontevedra) gañou entre os sub-8.

Podio sub16 da Copa Maristas de xadrez.


14

BARRIOS DEPORTIVO 10 de xuño de 2014

NOVAS

Final da Copa Deputación de judo 4 Disputouse a última xornada competitiva do torneo. Redacción

Sergio Parga logrou medallas de ouro en pau, sabre e man baleira.

Exitoso Galego de kungfu moderno 4 O Club Artai foi líder absoluto, logrando 11 medallas. Redacción O 31 de maio disputouse o Campionato Galego de kungfu moderno 2014, organizado polo Club Escolas Deportivas Artai e a Federación Galega de Kungfu. O campionato reuniu aos mellores competidores galegos nas modalidades de forma e combate. Dentro da modalidade forma os participantes medíronse en man

baleira, pau, sabre, espada e lanza; e na de combate en qingda (combate ao punto) e sanda (combate a KO). Ademais, a competición estaba dividida en categorías por idade: infantil, cadete, júnior e sénior. Os mellores clubs do torneo foron o Club Artai de Ourense e o Club Penta de Vigo. O Club Artai foi o líder absoluto das modalidades

Kick boxing e boxeo na honra de Manuel Nóvoa 4 Sete combates que tiveron lugar nos Remedios. Redacción Sete combates que tiveron lugar no pavillón dos Remedios homenaxearon a traxectoria de Manuel Nóvoa a pasada fin de semana. Manuel Míguez foi o

promotor desta iniciativa que tivo nos púxiles do ximnasio Olimpo’s aos protagonistas da noite. No primeiro dos combates subiron ao cuadrilátero Wilson Alberto Tavares, da escola de boxeo Vbox, que fixo combate nulo co pon-

de combate, con seis ouros e cinco pratas. Deportistas destacados En categoría infantil, Andrea Álvarez logrou tres ouros en man baleira, sabre e pau. En cadete, Andreina Álvarez, dous ouros e unha prata en man baleira, lanza e sable. E no grupo dos júnior e sénior, Sergio Parga destacou con tres ouros en pau, sabre e man baleira. Seguinte cita O próximo día 22 de xuño disputarase o Campionato Galego de kungfu moderno por equipos no Pavillón dos Remedios de Ourense.

lez; en benxamín open +42kg Daniel González; en benxamín feminino -21kg Emma Rodríguez; en benxamín feminino -24kg Celia Rodríguez; en benxamín feminino -27kg Lucía Rodríguez; en benxamín feminino -30kg Antía Ollero; en benxamín feminino -34kg Fátima Vázquez; en benxamín feminino -38kg Sara Mojón; e en benxamín feminino +42kg Lidia Fernández. En alevín open -30kg o vencedor foi Iván Vasallo; en alevín open -34kg Pablo Marcos; en alevín open -38kg Jorge Cascón; en alevín open -50kg Alba García; en alevín open -55kg Marina Boo; en alevín open +55kg Oscar Seguín; en alevín feminino -34kg Laura Cao; en alevín feminino -50kg Alba García; e en alevín feminino -55kg Marina Boo.

O sábado 24 de maio disputouse no Pazo dos Deportes Paco Paz a cuarta xornada da Copa Deputación de judo, unha competición que reúne a máis de 60 participantes de toda a provincia. Esta foi a última das xornadas competitivas a falta de que se celebre unha máis de carácter non competitivo: o Randori, que é para a categoría infantil e participan judokas de toda Galicia.

gañadora foi Ana Vázquez; en infantil open -46kg Pablo Dopazo; en infantil open 60kg Iria Ollero; en infantil open +60kg Alvaro Prieto; e en infantil femenino -38kg Ana Vázquez. En benxamín open -21kg venceu Ícaro Caballero; en benxamín open -24kg Daniel Gayoso; en benxamín open -27kg Miguel Gayoso; en benxamín open -30kg Antía Ollero; en benxamín open -34kg Fátima Vázquez; en benxamín open -38kg Manuel Vázquez; en benxamín open -42kg Adrián Gonzá-

Os vencedores Na Copa Deputación 2014 venceron en absoluto Alejandro Montero; en absoluto ne-waza -75kg Herminio Rodríguez; e en absoluto ne-waza +75kg Leví Caballero. En open especial NeWaza gañou Tamara Silva; e en cadete open +60 Pablo Valcárcel. En infantil open -38kg a

Foto de familia dos participantes.

tevedrés Germán Díaz. Manu Míguez (Ourense) impúxose a Christian Fernández (Pontevedra). Manuel “Nono” Jiménez (Olimpo´s Ourense) venceu a Rubén Santos. O ourensán José Luis Silva perdeu contra o púxil de Pontevedra Antón Sánchez. O local Óscar Mira gañou a David Gómez. E no último combate da noite, Javier Iglesias foi quen de alzarse coa vitoria ante o coruñés Jonathan Piñeiro. Moita emoción Todos os combates fixeron vibrar aos afeccionados que se achegaron ata o anexo do pavillón dos Remedios para gozar dos catro combates de kick boxing e tres de boxeo. A emoción foi o denominador común en cada un deles, con moita intensidade por parte de cada un dos púxiles que estiveron entre as 16 cordas.

A décima edición do Torneo Champagnet de Judo congregou a un total de 60 deportistas pertencentes ao Judo Club Maristas e o Gimnasio Marbel.

Os “Tigres” de Maristas vecen aos “Leones” do Marbel no X Torneo Champagnet de judo Os “Tigres” de Maristas repiten vitoria fronte aos “Leones” do Marbel no Torneo Champagnet de judo. O evento, que este ano chegou á súa décima edición, disputouse no colexio Maristas o pasado 4 de xuño, e nel o equipo local venceu por partida dobre, gañando por 24 a 20 na categoría de formación e por 5 a 3 na sénior. Os “Leones” do Marbel non gañan este torneo desde o ano 2012. O Torneo Champagnet é o duelo entre estes dous equipos, os “Tigres” de Judo Club Maristas e os “Leones” de Gimnasio Marbel, que este ano reuniu a preto de 60 judokas de ambos sexos e diferentes categorías –desde infantil ata sénior-. O duelo consistiu en combates entre rivais do mesmo peso.


BARRIOS DEPORTIVO 10 de xuño de 2014

ACTUALIDADE

15

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 185-2009. Redacción: r/ Bedoya, 7, 1º, of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 04 53 52 / 685 969 546. Correo-e: deportes@periodicobarrios.com. Distribúe: Visual. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción e fotografía: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Silvia Nieto, Miguel Rejo. Colaboracións: Alfonso Vilachá, José A. Santos, José Mª Arribas Nº100- Ano: VI - 10 de xuño de 2014 - Difusión: 5.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 04 53 52 / 685 969 546.

4O RINCÓN DO MESTRE

Deporte e realidade CAPÍTULO 36. O deporte e a saúde O deporte e a saúde son compañeiros inseparables na vida das persoas. Existe entre ambos unha mutua reciprocidade. O deporte mellora a saúde física e mental, pero tamén é verdade que sen saúde, salvo excepcións, non se pode practicar deporte. Na sociedade actual vivimos mergullados hora tras hora, día tras día, nunha situación estresante que aos poucos vai danando a nosa saúde. Ante tal circunstancia, habemos de practicar algunha actividade física. É o mellor antídoto para combater o sedentarismo, principal causante do cansazo, atrofia xeral do organismo (menos forza, resistencia, pouca axilidade, falta de reflexos, e indefenso ante as enfermidades), a obesidade, mal presaxio para o funcionamento do organismo. Por medio do exercicio físico, o sistema nervioso libera unha substancia chamada “endorfina” ao torrente sanguíneo, producindo un agradable benestar durante e despois da actividade física. Non perdamos a oportunidade de gozar desta droga natural e gratuíta. Os niveis de endorfinas aumentan facendo deporte. A actividade física activa a súa produción e xera unha sensación agradable de optimismo. Que non nos caiba a menor dúbida, que a través do deporte podemos gozar dun colocón máis natural, san e satisfactorio. Se é importante o exercicio físico, máis beneficiosos serán os seus efectos na nosa saúde. Os beneficios do deporte abranguen aspectos tales como, mellorar a calidade de vida das persoas, reducir os síntomas da depresión, aumentar a capacidade de traballo, integrar ás persoas, desconectar dos problemas da vida, da tensión

nerviosa á que ás veces nos vemos sometidos, aliviar a tensión, a ansiedade, proporcionar pracer e satisfacción, favorecer o desenvolvemento persoal (autonomía, autoestima, confianza, seguridade, decisión), mellorar o sistema cardiovascular, o aparello respiratorio, o sistema nervioso, o aparello locomotor e fomentar normas e hábitos de vida que contribúen ao benestar. Tamén o deporte require seguir unhas normas hixiénicas tales como facer unha dieta equilibrada, beber auga mentres practicas deporte, levar roupa cómoda e transpirable, utilizar calzado deportivo adecuado, utilizar chancletas para evitar posibles infeccións, ducharse sempre despois do exercicio físico, pór roupa limpa e seca despois do exercicio físico para evitar posibles arrefriados, non consumir sustancias tóxicas, alcol, tabaco, drogas, descansar e durmir as horas necesarias, non utilizar produtos milagrosos para mellorar o teu rendemento, coñecer os efectos reais destas substancias (consulta con expertos as informacións sobre os “produtos milagrosos”), dietas, deterse ante a aparición de molestias ou dores, recuperarse das lesións, non volver á práctica deportiva antes de curar unha lesión. A práctica do deporte axudarache a manterte e mellorar a túa saúde e a sentirte mellor contigo mesmo. O mellor premio da actividade deportiva é a satisfacción. As ofertas deportivas para o deporte poden ser de diferente índole, elixindo o practicante aquela que mellor se adapte ás súas aptitudes e condicións físicas. Alfonso Vilachá, concelleiro de Deportes de Ourense e entrenador

4TRIBUNA ABERTA Cando fomos deuses (XIV) C.D. Ourense 2 – 0 Condal / Condal 2 – 1 C.D. Ourense O mellor partido dos locais dáse no arranque das quendas de ascenso e supón un paso decisivo cara ao ascenso. Semellaba un resultado curto tras de ver os méritos de ambos sobre o céspede. Sería o porteiro catalán Mora, internacional olímpico, o mellor xogador do encontro, o que amosa a intensidade local. Aos vinte minutos o colexiado anula un gol de fermosa factura a Pataco e a quince minutos para o final non quere ver un penalti sobre Seara. Agardábase moito do filial do Barcelona, que finalmente pasou sen amosar nada de fútbol sobre o céspede. Os goles foron obtidos na primeira metade por medio de Pataco. O primeiro no minuto cinco tras do lanzamento de falta de Tito que o xogador deixa fora do alcance do meta catalán. O segundo a piques do descanso tras transformar un penalti feito sobre Carballeda. Adiántase no partido de volta o Condal por medio de Alfonseda aos sete minutos e Pataco empata no corenta para darlle tranquilidade aos rojillos antes do descanso. Xa mediada a segunda Jiménez establece o resultado definitivo. C.D. Ourense 0 – 0 Ilicitano / Ilicitano 2 – 1 C.D. Ourense No arranque da segunda eliminatoria, contrastando co choque anterior, dáse o peor partido do Ourense que deixa un empate que parece condenar aos rojillos un ano máis coa Terceira División. Inda que comezaron ben o encontro, premendo e con chegadas de perigo, foron baixando o ritmo ante un rival, filial do Elxe que daquela militaba en Primeira, que non amosou capacidade nin-

gunha para facer fútbol. A segunda parte foi unha estéril mostra de impotencia por parte de ambas escuadras. O partido de volta espertara grande expectación e amosou dúas partes ben diferenciadas. Na primeira os locais tiveron maior capacidade ofensiva, froito do cal conseguen os seus dous tantos. Aos vinte e cinco Talón de falta directa e a cinco minutos do descanso Climent finalizando unha boa xogada combinativa. Na segunda parte mellora o Ourense pero non logra concretar en goles as súas xogadas. A falla de quince minutos un penalti permite a Pataco reducir as distancias. Xa nos derradeiros minutos a presión dos rojillos ten como resposta unha eficaz defensa que aborta todos os intentos de achar o empate. A non consecución do ascenso supuxo un duro golpe para os seareiros que saíron a Verín a recibir ao equipo para os increpar por non ter acadado a nova categoría. Todo este malestar desatouse no partido do Trofeo de Corpus (denominado XVII Trofeo Ayuntamiento de Orense) uns días despois contra o Braga onde os seareiros adicáronse a protestar contra a directiva e a increpar ao presidente sen atender ao partido, o cal rematou con vitoria do Ourense sobre os portugueses por dous a cero, goles de Fretes en propia porta e Cortés. [Última entrega sobre a historia do CD Ourense na tempada 67/68] José A. Santos

“Os seaireiros saíron a recibir ao equipo para os increpar por non ter acadado a nova categoría”

III Andaina Solidaria Xunqueira de Espadañedo 4 Celebrarase o 15 de xuño a favor da Asociación Duchenne Parent Project España. Redacción Este domingo 15 de xuño Xunqueira de Espadañedo volverá sacar o seu lado máis solidario coa celebración da terceira edición dunha andaina encamiñada a recaudar fondos para a Asociación Duchenne Parent Project España; un colectivo composto por pais españois (algúns ourensáns) de nenos cunha enfermidade rara: a distrofia muscular de Duchenne. Esta andaina solidaria -organizada pola Asociación Deportiva e Cultural Espadañedo- dará comezo ás 9 da mañá e contará con dúas distancias a escoller: unha curta de 9,4 quilómetros e outra longa de 23. Inscricións O custo da participación é de sete euros, dos cales cinco serán doados á Asociación Duchenne Parent Project España co fin de

“Embárcate”, ocio para a mocidade Redacción A Concellería de Xuventude organiza unha nova edición do programa “Embárcate” nos meses de xullo, agosto e setembro, co obxectivo de proporcionar unha alternativa para o tempo de lecer da mocidade ourensá que permanece na cidade durante o verán; así como fomentar o deporte, o coñecemento da natureza e a convivencia. Entre as actividades que propón esta iniciativa (dirixida a rapaces maiores

Cartel da andaina. avanzar na investigación sobre esta patoloxía. Os interesados en participar deben inscribirse antes do día 14 no Bar O Muiño ou no Bar Mosteiro; ou no número de conta 2080 0416 69 3000052991 de NovaGalicia Banco antes do 12 de xuño, indicando no concepto o nome dos inscritos e levando o recibo á hora de recoller o dorsal o propio día da andaina. Ao finalizar a proba haberá sorteo de agasallos entre os andaríns. de 6 anos) atópase un curso de iniciación ao piragüismo; bautismo náutico; sesións de ioga, relaxación e meditación; barranquismo e rafting; excursións de fin de semana polo Xurés; un xogo de rol no casco vello; o I Open Rali Slot Cidade de Ourense; e un campamento de fútbol e baloncesto. Os interesados poden obter máis información ou realizar a inscrición (que será tida en conta por orde de chegada nas actividades con prazas limitadas) na Oficina Municipal de Información Xuvenil (Praza San Martiño) ou no correo electrónico xuventude@ ourense.es.


BARRIOS DEPORTIVO 10 de xu単o de 2014


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.