2 Decembro 2013 - BD Nº 88

Page 1

Entrevista a Benjamín Rodríguez, adestrador do Pabellón Ourense CD OURENSE

Páx3

COB

Páx.5

Augas revoltas para os grandes

O CD Ourense empatou en casa contra o Zamora, mentres que o COB perdeu contra o Palencia. /RAMSÉS.

[Páx. 4]

18º Cross Guillelme Brown [páx. 6]

Fútbol sala: dispar resultado para Ponte e Cidade [páx. 8-9]

Número: 88- Ano: V - 5 de decembro de 2013 - Depósito Legal: OU 185-2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta - www.barriosdeportivo.com BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 20 de decembro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190.


BARRIOS DEPORTIVO 5 de decembro de 2013

VOLEIBOL

Presentación dos equipos do club Burgas Volei 4 No Paco Paz. Redacción

Partido da Liga Universitaria de Voleibol./ALBERTO QUEZ

VÁZ-

Liga Universitaria de Voleibol 4 Este ano está composta por cinco equipos. Redacción Este ano o Campus de Ourense da Universidade de Vigo creou a Liga Universitaria de Voleibol de 4x4. A Liga ten unha duración de catro meses para os cinco equipos que están inscritos. Os equipos xogarán todos contra todos para eliminar a un deles (o quinto clasificado). O resto disputarán as semifinais da Liga. Os vencedores accederán á final e os perdedores loitarán polo terceiro e cuarto posto. As semifinais e finais terán lugar durante o mes de marzo. Este ano participan os seguintes equipos: Leviousa, Cascanoces, Gran Turismo, Alex´s Team, Chetada 3000.

A clasificación comándaa o Leviousa con sete puntos (tres vitorias e unha derrota); en segunda posición está o Alex´s Team con catro puntos (dúas vitorias noutros tantos partidos); terceiro é o Gran Turismo con catro puntos (unha vitoria e dúas derrotas); pechan a clasificación o Chetada 3000 con tres puntos (unha vitoria e unha derrota) e o Cascanoces, cos mesmos puntos (tres derrotas). Coa vitoria súmase dous puntos e coa derrota un. Escola de voleibol A Universidade de Vigo ofreceu como cada ano a escola de voleibol, na que están apuntadas 28 persoas da comunidade universitaria.

O sábado 30 tivo lugar a presentación do club Burgas Volei no Paco Paz. O club conta cos seguintes equipos: en Liga Galega infantil masculino, Burgas Volei – Asesores Vila Castro; en Liga Galega cadete masculino Burgas Volei – Asesores Vila Castro; en Liga Galega xuvenil masculino o Burgas Volei – Asesores Vila Castro; en Segunda División A a nivel autonómico o Burgas Volei Asesores Vila Castro; en Liga Zonal infantil feminino o Concepción Arenal; en Liga Zonal cadete feminino o Burgas- IES Allariz; e en Liga Zonal xuvenil feminino o equipo Concepción Arenal. E en base, as catego-

Foto de todos os equipos do club Burgas Volei./ALBERTO VÁZQUEZ rías alevíns e benxamíns de da dun equipo, que xurdiu Concepción Arenal e Paco da iniciativa duns pais que O día da querían que os seus fillos Paz. practicaran voleibol. O ano presentación pasado eran cinco equipos, Segunda tempada celebráronse Esta é a segunda tempa- este ano son sete tendo máis varios partidos de 100 fichas. Este club está a formar a de distintas xogadores da man de, entre categorías outros, o xogador masculino Víctor Conde, vinculado coa selección española. Segunda División masculina A Primeira xornada Tamén disputouse o parÁ vez que se presentaron tido da Segunda División os equipos do club cele- masculina A entre o Volei brouse a primeira xornada – Asesores Vila Castro e o das competicións. Durante Club Vigo Voleibol B, peresta primeira xornada xo- dendo os ourensáns por 3-0, gáronse as categorías alevín pero con sets moi igualados con representación de Con- (18-25, 23-25 e 23-25 en cepción Arenal, Carmelitas, cada set). Divina Pastora, Mende, Outro partido disputado Guillelme Brown e a escola foi o de Liga Galega xudo Paco Paz. venil entre o Burgas Volei Máis tarde chegaba o – Asesores Vila Castro e o turno dos máis pequenos Club Vigo Voleibol con viparticipando Concepción toria dos vigueses, un dos Arenal, Carmelitas, Divina equipos favoritos a alzarse Pastora, Mende e Escola do co título a final de tempaEncontro de Liga Zonal cadete feminino./ALBERTO VÁZPaco Paz. da. QUEZ


BARRIOS DEPORTIVO 5 de decembro de 2013

ACTUALIDADE

A Universidade de Vigo premia a excelencia deportiva

Empate contra dez

4 O Edificio Politécnico acolleu a 22ª Gala do Deporte da Universidade de Vigo.

O CD Ourense sumou un punto contra o Zamora nun partido que xogou cun home máis durante máis dunha hora. Ao finalizar o encontro Luisito estalou contra os xogadores, cargando sobre todo contra unha acción de Borja Valle na que pecou de individualista. Durante os primeiros minutos, o Zamora foi un vendaval cara á portaría defendida nesta ocasión por Manu Táboas, quen substituía a un lesionado Pato Guillén. Ata que chegou a xogada que, a priori, debía cambiar o sino do encontro. Penalti e expulsión do central do Zamora, que transformaría Iker Alegre en gol. Cando todo estaba de cara para eles e indicaba que ía ser unha cómoda vitoria os ourensáns non souperon sacar proveito da superioridade, e apenas inquedaron o marco rival. A medida que pasaban os minutos da segunda metade, o Ourense seguía sen dominar claramente, mentres que o Zamora encontrábase cómodo sobre o céspede do Couto, o que presaxiaba un final agónico. Pero nestas, nun contragolpe de dous contra o porteiro, Borja Valle pecou de individualista e a súa acción -tentar regatear ao porteiro- foi desbaratada, para desesperación de Luisito. Gustavo Souto ía ao carón del e de recibir o balón do dianteiro berciano veríase só ante a portaría contraria. Esta acción

Redacción O salón de actos Marie Curie do Edificio Politécnico do campus de Ourense acolleu a 22ª edición da Gala do Deporte da Universidade de Vigo, que premia o traballo dos deportistas e equipos máis destacados do ano nesta institución. Por cuarto ano consecutivo recibiron o Premio á Excelencia Deportiva os taekwondistas Laura Lorenzo (bronce no Mundial Universitario) e Francisco

O Premio á Excelencia Deportiva foi para os taekwondistas Laura Lorenzo e Francisco Padín

Padín (medallista nacional). Así mesmo, o paralímpico en bocia Antonio Cid recibiu o Premio Vida, recoñecéndolle a súa traxectoria persoal e deportiva; e a asociación Aixiña o Premio ao Valor Solidario, pola súa utilización do deporte como medio de inclusión social. Deportistas con medalla Ademais, nesta gala -que contou coa presenza de numerosas autoridades, como o rector da Universidade de Vigo, Salustino Mato, ou o alcalde de Ourense, Agustín Fernández- recoñeceuse a contribución a favor do deporte universitario dos deportistas que lograron medalla en campionatos nacionais, como foi o caso dos taekwondistas Laura

Lorenzo, Marta Colón, Lara Ouviña, Borja Ríos, Francisco Padín e Raúl Bouzas; dos atletas José Alfonso Palomanes, Carmen Sánchez e Víctor Gallego; e dos nadadores Laura Pimentel, Marc Ciurana e Xenia Vilariño. Premios a equipos Por equipos, o Universidade de Vigo tamén premiou ao conxunto de carreiras populares da propia institución, ás féminas do Campus Ourense Rugbi e ao Xadrez Campus Ourense. E en sección individual recoñeceu o esforzo do xadrecista Lino Hermida, da xogadora de baloncesto Olalla Feijoo e da corredora de orientación Julia Fuertes.

Foto de familia dos premiados pola Universidade de Vigo./IÑAKI OSORIO.

4 Luisito estalou contra os xogadores ao finalizar o encontro contra o Zamora. R. Torres

O Ourense non pasou do empate contra o Zamora./R.T. fixo que os visitantes creran no empate, o cal chegou uns minutos despois. Luisito En rolda de prensa Luisito estalou e considerou que o equipo “deu puto asco”. “Debemos pedir perdón”, explicou. “Fixemos todo ao revés de como adestramos. Temos o que merecemos” , sentenciou tremendamente cabreado. O técnico de Teo continuou: “foi de vergoña, pónsenos todo de cara e cando podemos machacar -porque nos primeiros 20 minutos merecíamos ir perdendochegamos a tres cuartos de cancha e damos volta cara a atrás”. Para o adestrador a gota que colmou o vaso foi a xogada de Borja Valle.

“Isto nun equipo meu non se fai”, dixo categórico, “ou estamos todos xuntos no barco ou quen non estea báixase; e se non báixome eu”. Os problemas medran A pesar de ocupar a quinta posición, o club non atravesa o seu mellor momento. Con Pato e Óscar Martínez lesionados, aos xogadores súmaselles o contratempo de levar varios meses sen cobrar, o que pode reflectir no rendemento do grupo. Cultural Leonesa Esta fin de semana, o CD Ourense visita o campo da Cultural Leonesa. O conxunto leonés é 13º con 18 puntos.


BARRIOS DEPORTIVO 5 de decembro de 2013

BALONCESTO

ENTREVISTA A BENJAMIN RODRÍGUEZ – ADESTRADOR DO PABELLÓN OURENSE

“O noso obxectivo este ano é que a xente crea que o proxecto do Pabellón é fiable de cara ao futuro” 4 O novo adestrador do equipo ourensán fainos un adianto do que poderemos ver esta tempada. R.T. Benjamín Rodríguez estréase este curso como adestrador do equipo sénior do Pabellón Ourense de baloncesto feminino, e faino coas ideas claras. O importante non é o posto concreto da xeral no que o conxunto remate a tempada, o seu principal obxectivo é consolidar o proxecto de todo o club. Que valoración fas deste inicio de tempada? Benjamín Rodríguez: “Temos un banco novo, curto e pouco experimentado, e iso pasounos factura nalgúns partidos. Houbo dúas derrotas fóra da casa que as tivemos na man. Ora ben, nos partidos que gañamos fixémolo sen problema. Así que a valoración que fago ata o momento é bastante positiva. Creo que é un avance do que se verá durante este ano”. Con que plantexamento tomaches as rendas do Pabellón Ourense? B.J.: “O meu obxectivo é chegar o máis lonxe posible como club, que o mesmo sexa valorado e que as xogadoras se sintan integradas no noso proxecto. O feito

“Mallou, Aponte e Saarinen serán chave este ano para o Pabellón”

de estar máis arriba ou máis abaixo na táboa é secundario, este ano o que buscamos é que a xente crea que o proxecto do Pabellón é fiable de cara ao futuro, que as familias ourensás queiran que as súas fillas adestren acá e que as xogadoras que veñan de fóra estean interesadas en vir”. Que rivais son os máis perigosos na vosa categoría? B.J.: “Sen dúbida, hai tres conxuntos que son superiores: Cáceres, Ensino e Ferrol. Teñen maior presuposto e, por conseguinte, xogadoras máis expertas. Os demais, pode que deamos algunha sorpresa nos partidos contra eles, pero eses serán os tres primeiros. De seguido irán Badajoz e Aros. E debaixo estamos un grupo de equipos moi similares, con xogadoras novas e que un día gañamos e ao seguinte facendo exactamente o mesmo perdemos. Pero o que nós temos claro é que na casa hai que sumar sempre, para comezar a semana coas boas sensacións da vitoria e non tendo que analizar en que fallamos o sábado anterior. Hai que dar o 100%”. Que xogadoras do Pabellón Ourense cres que serán chave este ano? B.J.: “Creo que Mallou, Aponte e Saarinen. María Álvarez ten unha participación moi importante no

Benjamín Rodríguez nos Remedios antes do partido contra o Al-Qázeres./RAMSÉS equipo, pero xa sabemos todo o que nos pode dar. O que si que penso é que Claudia Aponte aínda non deu todo o que pode, ao final sempre suma puntos pero aínda non chegou ao seu máximo nivel, sei que chegará un día no que todos eses tiros que hoxe intenta e falla entrarán”. Como lle está a afectar a crise ao Pabellón Ourense? B.J.: “Tivemos que recurtar moito o presuposto, polo que coas xogadoras

“Na casa hai que gañar sempre. Hai que dar o 100%” que temos hai que traballar moito para lograr salvar a categoría e manternos estables. Pero non é suficiente a xente do club, precisamos xogadoras de fóra para que sexan un referente para as máis novas da casa e, ademais, precisamos a súa experiencia para poder competir en condicións”.

O Pabellón sucumbe ante un dos favoritos 4 Al-Qázeres venceuno por 45-83. Redacción O Pabellón Ourense caeu este sábado ante un dos grandes da categoría, o AlQázeres, que chegaba á cidade das Burgas cun claro obxectivo, non deixar que acontecera o mesmo que a tempada pasada, cando o que xa era un dos mellores equipos da Liga foi superado polo que remataría terceiro pola cola. 45-83 foi o resultado do partido desta vez, un choque que dende o principio dominou o conxunto visitante. Ser un dos favoritos ten un prezo e pagouno o Pabellón. As extremeñas estiveron máis acertadas tanto en anotación como en rebote e os dez primeiros minutos de partido xa remataron co Al-Qázeres por adiante (10-22); distancia que se mantivo ata o asubío final. Unha cómoda vantaxe que as cacereñas lograron coa contribución dos tiros de tres, principalmente a cargo de Verónica Sánchez. Ao descanso o luminoso sinalaba 17-41 e a batalla xa tiña un claro vencedor. A segunda metade non aveciñaba moitos cambios e, en xeral, así foi. As visitantes encaixaban no aro todo o que caía nas súas mans e as locais, moi erradas en defensa, pelexaban por manter o orgullo a frote ante os seus seareiros. E conseguírono, porque no terceiro período ambas escadras anotaron 21 tantos.

Non obstante, os deberes do Cáceres xa estaban feitos dende o comezo da clase. Ademais, un banco con xogadoras máis experimentadas (e caras) unido ás lesións de Mallou e Bolívar (pezas chave do Pabellón) facía que o encontro non contase con igualdade de condicións. Con este resultado, o Al-Qázeres é líder con cinco vitorias en seis encontros e o Pabellón ocupa a novena praza. Claudia Aponte O resultado do choque ante o Al-Qázeres non fixo xustiza aos esforzos da pavillonista Claudia Aponte. Derrochou enerxía, animou ás súas compañeiras, dirixiu o xogo, anotou e non se amilanou o máis mínimo por moita distancia que o seu rival gañase. Aponte xogou os 40 minutos de partido, foi a autora de 26 dos 43 puntos do seu equipo e logrou 21 de valoración. Queden co seu nome porque, sen dúbida, este curso o Pabellón conta cunha desas xogadoras nas que un vai pensando de volta a casa.

Claudia Aponte.


BARRIOS DEPORTIVO 5 de decembro de 2013

POLIDEPORTIVO

COB

O presidente pide calma 4 Convocou unha rolda de prensa para tranquilizar á masa social e pedir unión. R. Torres O presidente do Club Ourense Baloncesto Ourense Termal, Antonio Gavilanes, pide calma tras unhas semanas convulsas nas que os malos resultados fixeron saltar todo tipo de rumores. Gavilanes convocou aos medios de comunicación para tranquilizar á masa social e negar todo tipo de rumores que circularon durante estes días sobre posibles cambios. O mandatario cobista remontouse varias xornadas atrás, cando tivo unha reunión coa plantilla despois do descalabro no partido contra Melilla. “Foi unha charla amistosa entre directivos, corpo técnico e

Rafa Huertas, no partido que o COB perdeu contra o Palencia. /RAMSÉS.

plantilla, que creo que trascendeu demasiado”, opinaba Gavilanes. O presidente tamén estivo crítico cos que pedían cortar a xogadores explicando que a realidade “do club non é a máis desexada” no apartado económico, e que ese tipo de comentarios “non nos favorecen”. Tamén mostrou o seu malestar con certos medios de comunicación nos que se daban nomes de xogadores que poderían estar nas filas do club, polo que tivo que desmentir calquera saída de xogadores. “Fai cinco meses o club estaba para non sair”, reflexionou, “polo que non podemos facer que un proxecto de varios anos nolo carguemos nun só”, en alusión a posibles cambios na plantilla que os leven a facer un gasto extra. Petición de apoio Gavilanes pediu o apoio de todos e considerou que este “é un proxecto no que debemos ir unidos”. Espera que este venres contra Clínicas Rincón o equipo poida romper a mala racha que o levou a non coñecer a vitoria no Pazo no que vai de tempada, e agarda que por fin “saia a relucir o efecto

Competición de tiro paralímpico en Eiroás./CRISTIAN.

Galego de tiro paralímpico en Eiroás Antonio Gavilanes, presidente do COB. /RAMSÉS. Pazo”. Con respecto a xogadores e corpo técnico, o presidente mostrou o seu total apoio. “Gonzalo -o técnico- díxome que están adestrando dun xeito brutal”, apuntou. Lesionados En canto á lista de lesionados, a cifra crece. Pedro Rivero xogou os dous últimos encontros infiltrado debido a unha hernia discal, que de momento non é cirúrxica, pero que fai máis que probable a súa ausencia no encontro deste venres. Roberto Morentin leva desde o partido de Navarra con problemas estomacais que, aínda que non lle impiden xogar, si que lle fan mermar o seu rendemento no tramo final dos encontros. Por outra banda, Edu Martínez sufre hematoma e contusión muscular, pero de seguro que estará a disposi-

ción de Gonzalo García de Vitoria para o partido contra o Clínicas Rincón. Clínicas Rincón O Clínicas Rincón Axarquía, equipo que visita esta xornada (a número 10) o Paco Paz (venres 6 de decembro desde as 21 horas), ocupa a décima posición da táboa cunha vitoria máis que os ourensáns (tres fronte a seis derrotas). Teñen en Dejan Todorovic ao máximo anotador da competición con 139 puntos en oito partidos. Un partido, a priori e a pesar da dificultade, propicio para que o Ourense Termal sume a súa primeira vitoria en casa. O Axarquía, como equipo filial que é, chegará ao Pazo coa intención de darlle intensidade a todo o encontro.

4 O olímpico Juan Saavedra, primeiro en carabina aire tendido mixto SH1, con 600 puntos. P.L. O club de tiro Eiroás foi sede o 24 de novembro, da primeira fase do Campionato galego de aire comprimido. A competición disputouse en dúas categorías: carabina tendido mixto SH1 e pistola. Na primeira delas resultou vencedor o medallista olímpico pontevedrés Juan Saavedra, que alcanzou a máxima puntuación (600 puntos). En pistola a victoria foi para o local Víctor José Álvarez, do club de Aixiña, con 464 puntos. A seguinte fase celébrase en Arteixo. Campionato de España Novamente haberá presenza ourensá no Campionato de España de aire comprimido que se celebra do 5 ao 7 de decembro en

Madrid, no que están inscritos un total de 350 tiradores. Ourense terá presenza nas competicións de carabina (Jorge Encinas), pistola donas (Nuria Mera), pistola júnior (Paula Fernández), e pistola veteranos (Enrique Do Río). Final das ligas Chegado decembro,van rematando as ligas anuais que se disputan en Eiroás, as dúas últimas a Copa Ourense de armas neumáticas e o Torneo Auriense de pistola estándar. Quedan aínda por finalizar a liga de carabina lixeira, match e pistola libre (o domingo 8 de decembro), a de pistola velocidade (o día 15) e a de 9 mm (o 29 de decembro). Para completar este mes o club organiza unha tirada especial de Nadal o día 22.


BARRIOS DEPORTIVO 5 de decembro de 2013

POLIDEPORTIVO

Diz e Ferro, primeiros no Guillelme Brown 4 O Cross do colexio cumpriu 18 anos. Redacción O sábado 30 de novembro o Cross do Guillelme Brown cumpriu 18 edicións cunha gran participación. Máis de 300 atletas entre todas as categorías. Na categoría de máis participación, a absoluta, cun total de 71 participantes, o atleta Rubén Diz (Sociedad Gimnástica de Pontevedra) foi o vencedor. Por detrás del chegarían José Manuel Casada (Vía XVIII Maceda) e Castor Salgado (Limiactiva), segundo e terceiro respectivamente. En categoría feminina, Silvia Rodríguez Ferro (Ourenrunning) foi a máis rápida por diante de Silvia Teijeiro (Ourense Atletismo) e de Filomena Cid (Ourense Atletismo). Resto de categorías No resto de categorías este s foron os vencedores: en prebenxamín, Héctor Hermida; en benxamín, Aroa González (Ourense Atletismo) e Breogán Pérez (Guillelme Brown); en ale-

Fin de ano á carreira 4 San Cibrao, Verín, A Rúa e Allariz celebrarán carreiras antes do remate do ano. R.T. Durante este mes tres carreiras celebraranse na provincia para finalizar o ano á carreira. San Cibrao das Viñas, Verín e Allariz son as citas. San Cibrao O domingo 22 de decembro terá lugar a XII Carreira Pedestre do Nadal Concello San Cibrao das Viñas. A saída e meta será nas piscinas de Pon-

Rubén Diz (centro) nun momento da carreira./JONATHAN. vín, Naira Mella (Guillelme Brown) e Fabio Justo (Guillelme Brown); en infantil Itziar Manso (Ourense Atletismo) e Martín Míguez (Guillelme Brown); en cadete - xuvenil, Antía Rodríguez (Ourense Atletismo) e Abraham Rodríguez (Ourense Atletismo). Na carreira dos pais, nais

e profesores do Guillelme Brown os máis rápidos foron Óscar Cruz e María Bustillo.

Máis de 300 atletas participaron no XVIII Cross do Guillelme Brown entre todas as categorías

Atletas da categoría infantil masculino no Cross do Guillelme Brown./RAMSÉS.

te Noalla ás 12 horas, hora na que comezará a carreira adultos e nenos; ás 13 horas darase a saída da carreira de pitufos. Ao finalizar ofreceráselle aos participantes e asistentes un ágape e chocolatada e despois farase entrega dos trofeos e sorteo de agasallos. As inscricións poden ser presenciais en Deportes Running Sport (rúa Nosa Sra da Saínza, 18) ata o mércores día 18 de decembro ou pola web www.

Curso de iniciación ao esquí e snow 4 Do 27 ao 29 de decembro na estación de San Isidro. Redacción O Concello de Ourense convoca un curso de “bautismo de esquí e snow”, que se celebrará a última fin de semana do ano (27, 28 e 29 de decembro). Haberá 30 prazas, nun programa que inclúe desprazamento, aloxamento e clases de formación na estación invernal de San Isidro (León). Inscrición Os participantes deberán levar roupa de abrigo axeitada, cazadora, pantalón e luvas de neve, lentes de ventisca ou de sol e crema solar. Todos os interesados

-maiores de 18 anos- poden formalizar a súa inscrición na Concellería de Xuventude, na Praza de San Martiño nº 2, baixo, no teléfono 988 388 154, ou no mail: xuven-

championchipnorte.com ata o xoves día 19 de decembro. A inscrición ten un custo de 5 euros. Verín Tamén o 22 de decembro, en Verín, haberá unha rutaMarcha Atlética por circuíto urbán de 5 quilómetros. A inscrición será dun donativo dun quilo de comida de longa duración. Outras carreiras Na Rúa terá lugar a II Carreira e Andaina Popular do Nadal, o domingo 22 de decembro. En Allariz disputarase a derradeira proba o 31 de decembro.

O día 22 haberá carreira popular en San Cibrao, Verín e A Rúa tude@ourense.es. O custoda actividade é de 80 euros. Programación Con saída desde o parque de San Lázaro o venres 27 ás 16 horas, e trala recollida do material á chegada o propio venres, xa o sábado terán lugar as clases con monitores específicos, e práctica libre na pista. O domingo haberá unha segunda clase de formación, e emprenderase a volta tralo xantar.

Este curso dispón de 30 prazas.


BARRIOS DEPORTIVO 5 de decembro de 2013

POLIDEPORTIVO

Curso de forza 8 no Campus de Ourense 4 Impartido polo adestrador da Federación Portuguesa Henrique Coelho. Redacción O venres 29 e sábado 30 de novembro, Henrique Coelho Graca Darocha, director de formación de adestradores da Federación Portuguesa de Rugbi,

Cartel do evento.

O fútbol americano toma Xinzo 4 O domingo 15 de decembro terá lugar un torneo nas instalacións da Moreira. Redacción O domingo 15 de decembro terá lugar nas instalacións da Moreira, en Xinzo de Limia, o I Campus de iniciación de fútbol americano. Este evento está organizado polo clube Vigo Guardians, a Asociación Galega de Fútbol Americano (A.G.F.A) e a Concellería de Deportes e Educación do Concello de Xinzo de Limia. Traballarase tanto de mañá como de tarde e rematarase cun partido entre os participantes.

O Pabellón Balonmán complícase Redacción

O Pabellón Balonmán Ourense da 1ª División Estatal non levanta cabeza na súa primeira participación nesta Liga. Os homes de Alejandro Arias “Zarra” volveron caer derrotados. Nesta ocasión o rival que visitaba Os

O fútbol americano, aínda que conta cunha liga galega, está moi pouco desenvolvido na nosa provincia. Por iso, este evento é, sobre todo, de promoción e de dar a coñecer un pouco máis a práctica deste deporte. Inscricións As inscricións poderán realizarse ata o día 9 de decembro e teñen un custo de 10 euros (no que inclúe o seguro) por participante. [+ info: na web xinzofootball.weebly.com ou no teléfono 610 616 079]

Remedios era o Pontevedra e o resultado foi de 25-33 para os visitantes. Os ourensáns realizaron un mal partido diante dun equipo que está chamado (xunto ao ourensán) a loitar por non descender. Con esta derrota o Pabellón segue na última posición cun só punto no seu casilleiro. Esta fin de semana os pupilos de Zarra visitan o Seis de Nadal - Coia. Os vigueses son quintos.

realizou un adestramento e un curso de formación de dianteira no campo de rugbi do Campus de Ourense. Máis de 30 xogadores, incluídos algúns chegados desde terras de Castela e León, ademais de todos os

técnicos e segundos adestradores das categorías do club, puideron gozar das explicaciones do técnico portugués, que impartiu unha clase maxistral teórico-práctica nas instalacións do campo de rugbi da capital ourensá. Agasallo Ao remate das xornadas, o manager xeneral do Campus Ourense Rugbi, Américo Oliveira, fíxolle entrega dunha camiseta do club. O portugués asegurou que o ano que vén repetirá a visita.

Henrique Coelho.


BARRIOS DEPORTIVO 5 de decembro de 2013

FÚTBOL SALA

Vivián debuta en casa con vitoria 4 O Ponte vence ao colista por 10-1. R. Torres Óscar Vivián regresaba ao banco do Ponte Ourense nun partido en casa. E facíao da mellor maneira posible, goleada contra o colista, o Vallirana, por 10-1. Unha boa maneira de devolver a ilusión á bancada pontina. Aos cinco minutos de encontro, Chiqui xa levaba dous goles -o primeiro despois de aproveitar un rexeite na frontal da área e o segundo ao segundo pau tras centro de Laura-, o que puña en franquicia ás ourensás. As catalanas lograban recortar distancia cun gol de Cani que aproveitaba unha perda de balón en media cancha. No tramo final da primeira metade sendos goles de Anita (ao segundo pao) e de Marta (de disparo

raso) deixaban un 4-1 antes de marcharse as xogadoras cara aos vestiarios. A segunda metade deixaría unha protagonista por enriba das demais: Raquel de Souza. Tres goles da brasileira en seis minutos deixaban encarrilado o encontro cun claro 7-1. O primeiro a pase de Laura, o segundo de disparo raso ao segundo pao e o terceiro a porta baleira e de cabeza, cando o Vallirana xogaba de cinco. A outra protagonista desta segunda metada sería Chiqui, quen lograba co oitavo tanto do equipo o terceiro na súa conta particular. A catro minutos do final, Rosángela facía o 9-1 tras robo de balón, e redondearía o seu espectacular encontro, Souza, co cuarto persoal e décimo das pontinas.

Tralo comezo do segundo tempo, tres goles de Raquel de Souza en seis minutos deixaban o encontro en mans do Ponte (7-1)

De Souza disputou contra Vallirana un dos seus mellores encontros da tempada./RAMSÉS

Para Óscar Vivián esta vitoria non o fai entrar en euforia e considera que “debemos ir partido a partido”. O adestrador opina que o parón ligueiro polo Torneo Internacional chega en bo momento de cara a “axustar algunhas cousas que estivemos traballando estas semanas”. Clasificación O Ponte Ourense ocupa a novena posición con 14 puntos, moi lonxe de onde se supoñía que debería estar un equipo coa calidade que atesouran as súas xogadoras. Por diante, Rioja e Amarelle están a tiro de pedra, con tan só un punto máis que as albinegras (15). A dous puntos está o sexto clasificado, Roldán. Lonxe queda o líder Atlético de Madrid. 17 puntos separan a madrileñas de ourensás (31 do Atlético por 14 do ponte). Tralas madrileñas ocupan a segunda posición o Burela (28 puntos) e terceiro o Alcorcón, cos mesmos puntos cas galegas. Máis atrás queda o Gironella con 20 puntos (cuarto), quinto é o Universidad de Alicante con 19 puntos e sexto, Roldán con 16. Viaxes Amarelle e Rioja son sétimo e oitavo, respectivamente. Pola cola, en postos de descenso, o Soto del Real (14º con 8 puntos), Valdetires Ferrol (15º con 8 puntos) e pecha a clasificación o Vallirana (16º) con tres puntos. Burela En Burela foi o primeiro encontro no que Vivián regresaba á dirección do equipo de Primeira División de fútbol sala. No seu debut a piques es-

tivo de sacar algo positivo contra un dos mellores equipos da categoría. A mala fortuna fixo que perderan un partido que tiñan empatado sobre o pitido final, pero un penalti no último suspiro do encontro transformouno Peque en gol cando o tempo xa estaba esgotado. Era o definitivo 5-4 e o Ponte quedaba coa mel nos beizos. Durante todo o encontro as pontinas estiveron metidas no partido. Souza adiantaba ás visitantes no minutos 2, pero as locais devolvían as táboas no 13 por mediación de Peque. Xusto antes do descanso Anita poñía o 1-2 co que se remataría a primeira metade. Aos tres minutos da reanudación, Maite lograba un novo empate, e Lara, no seis da segunda parte, adiantaba por primeira vez ás burelesas (3-2). Superado o ecuador do segundo

Primeira División FSF - 9ª xornada Posto Equipo Puntos 1º At. Madrid 31 2º Burela 28 3º Alcorcón 28 4º Gironella 20 5ºAlicante 19 6º Roldán 16 7º Amarelle 15 8º Rioja 15 9º Ponte Ourense 14 10º Poio 14 11º Móstoles 12 12º Cidade As Burgas 11 13º Orvina 9 14º Soto del Real 8 15º Ferrol 8 16º Vallirana 3

Laura Fernández conduce o balón cara á portería do Vallirana./RAMSÉS período, Souza en dous minutos (no 33 e 34) lograba darlle a volta ao electrónico e poñer o 3-4. Con todo en contra, o Burela decantouse polo xogo de cinco. O risco tivo a súa recompensa e Lara facía a

catro minutos para o final o empate a catro tantos. Tralo empate, o citado penalti co tempo rematado que transformaba Peque daba a vitoria ao Burela, que mantiña así a segunda posición da clasificación.

4 Xornada 12 - 21 de decembro At. de Madrid - Móstoles Cidade As Burgas - Orvina Rioja - Ponte Ourense Soto del Real - Viaxes Amarelle Burela - Poio Alicante - Ginorella Ferrol - Alcorcón Vallirana - Roldán

4 Xornada 13 - 11 de xaneiro Orvina - Alicante Gironella - Burela Ponte Ourense - At. de Madrid Soto del Real - Ferrol Alcorcón - Cidade As Burgas Poio - Vallirana Roldán - Rioja Amarelle - Móstoles


BARRIOS DEPORTIVO 5 de decembro de 2013

FÚTBOL SALA / MEGAXOVE

Megaxove ofrece 120 actividades para a ponte festiva 4 Celébrase en Expourense do 5 ao 8 de decembro. Redacción

Iria controla o balón no partido contra o Poio, que finalizou con empate./RAMSÉS

Cidade As Burgas, a piques de dar a sorpresa ante o Gironella 4 As de Codeso perderon pola mínima, 2-1. R. Torres O Cidade As Burgas a piques estivo de dar a sorpresa e sacar algo positivo do seu encontro en terras catalanas contra o Gironella. 2-1 foi o resultado final. Nun disputado choque, o Cidade facíase co control do tempo do partido na primeira metade. Os erros das catalanas provocaban que non se encontraran cómodas sobre a cancha. Pero a pesar do dominio non lograban adiantarse no marcador. Non obstante, o Gironella, antes do descanso marcaba o un a cero, obra de Miriam Arana de disparo lonxano que se coaba por baixo entre varias xogadoras sorprendendo a Ana. Cando parecía que as locais marcharían a vestiarios con

vantaxe chegaría o gol de María Romero, cun potente disparo, nos últimos segundos da primeira metade. Na segunda metade máis do mesmo; o Cidade estaba cómodo, mentres que o Gironella non encontraba o seu sitio. As franxiverdes puideron adiantarse no electrónico, pero sendos remates atopáronse coa madeira. A desesperación notábase no banco visitante, xa que quen perdoa tanto o acaba lamentando. E vaia se o lamentou. No minuto 32, Ingrid Vieites desviaba o balón a remate de Miriam, o que facía imposible a parada da cancerbeira Ana. O tanto tranquilizaba as catalanas, que tentaron desde ese momento contemporizar as posesións; pola contra o Cidade buscaba co

xogo de cinco un gol que lle dera algo positivo deste envite. Pero este non chegou. Clasificación O Cidade enfrontábase a un duro rival como é o Gironella. Cuarto clasificado con 20 puntos, é o único equipo que segue (aínda que de lonxe) a estela dos tres primeiros clasificados. O conxunto ourensán, con esta derrota, marcha 12º con 11 puntos. As de Codeso teñen o descenso a tres puntos; con oito e ocupando a 14ª posición está o Soto del Real. Orvina Despois do parón de dúas semanas polo Torneo internacional de fútbol sala feminino, o Cidade recibe en Ourense ao Orvina. O parti-

do contra as navarras será de máxima tensión, xa que entre unhas e outras tan só hai de diferenza dous puntos en favor das ourensás. Unha vitoria permitiría ás de Codeso incrementar o colchón con respecto aos postos de abaixo; pola contra, unha derrota achicaría a zona perigosa da clasificación. O encontro disputarase no pavillón dos Remedios, o sábado 21 de decembro a partir das 17 horas.

Despois do parón de dúas semanas polo Torneo internacional de fútbol sala, o Cidade recibe en casa ao Orvina

Expourense remata o calendario feiral do 2013 coa celebración de Megaxove, que do 5 ao 8 de decembro -en horario de 11 a 14 e de 16 a 20 horas- ofrecerá máis de 100 actividades de lecer e deportivas que converterán a cidade das Burgas no punto de encontro da mocidade galega durante a ponte festiva. Nesta edición daranse cita 41 expositores entre federacións e clubes deportivos, asociacións culturais e xuvenís de toda Galicia, que ofertarán un completo programa de campionatos, exhibicións, torneos e obradoiros cuxo obxectivo non é só a diversión, senón o fomento de valores como o compañeirismo, a solidariedade, o traballo en equipo, a tolerancia, a igualdade ou o respecto ao medio ambiente. Novidades Entre as novidades do programa de actividades de Megaxove 2013 destacan obradoiros de cócteles sen alcol, simuladores de condución, actuacións de maxia, obradoiros de quiromasaxe, proxección de vídeos sobre naturopatía ou vida animal, un circuíto didicar ou obradoiros de pinturas. Tamén por primeira vez achegaranse ata Expourense actividades coma o obradoiro de

nós (a cargo da Armada de Ferrol), ou a pista de aplicación que desenvolverán dende a Brilat. Deporte para todos O deporte volverá ser un dos grandes protagonistas de Megaxove, que continuará promocionando as disciplinas minoritarias como poden ser o judo, o karate, a halterofilia, o kickboxing, a esgrima, o jugger (que combina elementos do rugbi) ou o taekwondo. Así mesmo, os integrantes do COB e CDO visitarán Megaxove para asinar autógrafos. Ademais, Megaxove ofrece moitas opcións de entretemento e diversión para toda a familia. Inchables, circuítos de escaléxtric, ludochán e bebechán, xogos populares, ciber aula e zona de videoxogos son algunhas delas. Do mesmo xeito, a Escola Provincial de Danza Castro Floxo impartirá unha exhibición de baile, e a Agrupación Folclórica Queixumes dos Pinos ofrecerá un curso de baile tradicional. Amais, durante os días de feira estará en marcha a “Operación Quilo Megaxove”, destinada a recadar alimentos para as familias máis necesitadas. [+ info en www. expourense.org]

Megaxove combina deporte, obradoiros e novas tecnoloxías


10

BARRIOS DEPORTIVO 5 de decembro de 2013

XIMNASIA

O Torneo de Nadal de Ximnasia máis solidario Presentación do VII Torneo de Nadal de Ximnasia. /RAMSÉS

4 Celebrarase o 6 de decembro nos Remedios e terá coma beneficiario a “Operación Quilo” de Amencer. Redacción O venres 6 de decembro (desde as 10.30 ata as 14 horas) na cancha central do pavillón dos Remedios

celebrarase a sétima edición do Torneo de Nadal de Ximnasia, que este ano é máis solidario que nunca. Desde a organización pretenden acumular unha gran

As benxamíns do Pavillón, as mellores galegas no nacional

cantidade de alimentos non perecedoiros (achegados tanto polos participantes coma polo público asistente), que se lles fará entrega á asociación xuvenil Amencer para que os reparta aos máis necesitados. Este é o segundo ano que o Club Ximnasia Pavillón colabora coa “Operación Quilo”. 532 ximnastas No evento participarán cación nacional xeral. Máis torneos Do 12 ao 15 de decembro terá lugar en Granada o Campionato Nacional Federado no que participarán tres conxuntos ourensáns.

un total de 532 ximnastas de toda a xeografia galega, amais dunha expedición asturiana, xa que este ano o club convidado é o Club Gimnástico Versalles (Avilés). As exhibicións serán de dobre minitramp, minitramp, trampolín, tumbling, rítmica, acrobática e ximnasia en xeral. Este torneo non é competitivo, polo que se pretende que sexa unha xornada de convivencia sen a presión da competición. Nacional Unha semana máis tarde deste torneo de Nadal celebrarase o Campionato Nacional de conxuntos de ximnasia rítmica en Granada, o que fará que os diferentes equipos galegos que acudan á cita poñan a punto en Ourense os exercicios que levarán a cabo no Nacional. Por parte do Club Ximnasia Pavillón acudirán tres equipos: infantil, júnior e sénior. O Torneo Nadal organizado polo Club Ximnasia Escola Pavillón disputarase o vindeiro 6 de decembro, para o que están inscritos máis de medio cento de participantes.

García e Blanco, coa selección española de ximnasia 4 Acudirán a unha concentración oficial en Granada. Redacción

Yolanda García e Sara Blanco, do Club Ximnasias As Burgas, acudirán á concentración oficial da selección española de ximnasia acrobática en Granada do 5 ao 8 de decembro. A concentración está programada con vistas á preparación do Campionato do Mundo da modalidade no mes de xullo en Francia. Tanto Yolanda García e Sara Blanco, coma as integrantes do trío júnior do club Baruca de Andalucía e a parella júnior masculina do Dinamic de Valencia están clasificadas para o evento mundial. Amais de todos eles, estarán presentes nesta concentra-

ción varios grupos coa intención de clasificarse para o Campionato do Mundo, e completar á selección que represente a España. García e Blanco son actualmente campioas nacionais na xeral, así coma en dinámico e subcampioas en equilibrio. Tamén foron terceiras na Copa Galicia Internacional sendo o primeiro grupo autonómico na mesma competición. Foron décimo segundas do MIAC (Copa do Mundo) e remataron no posto 17º no Campionato do Mundo.

A concentración nacional está programada de cara ao Mundial de ximnasia acrobática de xullo

4 Lograron a 12ª posición. Redacción No pasado mes de novembro celebrouse en Guadalaxara o Campionato Nacional de Base de Conxuntos de ximnasia. Á cita acudiron tres conxuntos ourensáns. O conxunto benxamín do Club Escola Pavillón (Candela Díaz, Candela Pérez, Claudia, Sara, Julia e Aldara) logrou situarse

no posto décimo segundo, logrando novamente ser o mellor conxunto galego da súa categoría que xa acadaran sendo campioas galegas no autonómico. As infantís e alevíns foron subcampioas galegas e cuartas clasificadas respectivamente. Tiveron menos sorte, cometeron graves erros nos seus exercicios, o que as situou nos postos 52 e 60 respectivamente da clasifi-

As ximnastas benxamíns do Pavillón xunto coa súa adestradora, Alba.

Yolanda García e Sara Blanco executando un exercicio.


BARRIOS DEPORTIVO 5 de decembro de 2013

POLIDEPORTIVO

Felipe Iglesias, ouro en Madrid

I Torneo feminino de pádel no P21

4 Na Copa Open de jiu jitsu de Madrid.

Redacción

Redacción

e o Mundial de París.

O sábado 30 de novembro celebrouse a Copa Open de jiu jitsu da comunidade de Madrid onde participaron os integrantes do Marbel Judo Club, Felipe Iglesias e Ana Fernández. Felipe Iglesias lograba na súa categoría habitual (-62kg) a medalla de ouro, por diante dos madrileños Miguel Álvarez e Alberto Navarro. Para Iglesias esta cita é un bo test de cara aos campionatos rexionais e nacionais que comezan no mes de febreiro. En devanditos campionatos o ourensán buscará a clasificación para os dous eventos que ten marcados en vermello: a Copa de Europa de Suiza

Ana Fernández A outra competidora do Marbel, Ana Fernández Morais, participou no campionato alternativo para loitadores que posúen un cinturón inferior ao de cor verde (o grupo 1). Finalmente Fernández foi segunda, por detrás de Andrea Gutiérrez e Lidia Fernández. Christian Álvarez Outro ourensán que participou neste evento foi Christian Álvarez. Non obstante, fíxoo con licencia madrileña, xa que é alí onde vive. Álvarez foi o vencedor na categoría de máis de 94kg.

4 Do 12 ao 15 de decembro. Do 12 ao 15 de decembro nas instalacións do P21 Padel Club levarase a cabo un torneo feminino de pádel patrocinado por Isa Bertos Deluxe. Disputaranse dúas categorías, unha primeira que estará aberta a calquera parella que queira inscribirse, e unha segunda categoría para xogadoras non federadas. Inscricións As parellas ao inscribirse deberán comunicar a dispoñibilidade horaria

para disputar os seus encontros. Para as non socias do P21 o prezo da inscrición é de 15 euros na primeira categoría e 25 paras as que disputen a segunda. Para as socias o prezo será de 10 euros na primeira categoría e de 15 para as que se anoten na segunda. Premios A cada xogadora daráselle un obsequio por participar. Así mesmo, recibirán premios as campioas e subcampioas de ambas categorías, cortesía de Isa Bertos Deluxe.

Salvour continúa oitavo na Liga 4 Galega de augas pechadas. Redacción

No centro, Felipe Iglesias.

Derrota do Galmédica Ourense 4 E con ela perde o liderato. Redacción O Galmédica Ourense Tenis de Mesa caeu derrotado na súa visita a Gondomar. Aciaga xornada número oito da Terceira División Nacional na que o Galmédica perdeu contra o A.D. Ferretería Vincios por 5-2. Con esta derrota o conxunto ourensán perde tamén o liderato da competición. Enfronte un Ferretería Vincios cun gran futuro e cun destacado presente. Os puntos para o Galmédica acadáronos Emilio Diéguez (1) e Rodrigo Álvarez (1); tamén xogaron

Antonio Gómez e Diego Gómez (estes non puntuaron). Vindeira xornada O próximo encontro de Liga será o sábado 14 de decembro ás 10:30 horas, no Pazo Paco Paz ante outro equipo do AD Vincios, o Maderas Tapia. O Galmédica é segundo na clasificación con 12 puntos, a dous do líder Helios Car Lunas; mentres que o Maderas Tapias de Gondomar marcha na oitava posición con oito puntos, catro puntos por enriba do descenso.

O 30 de novembro na piscina municipal de Carballo (A Coruña) déronse cita máis de 350 deportistas de toda Galicia na segunda xornada da Liga Galega de salvamento acuático en augas pechadas. O salvour participou cos equipos alevín, infantil e cadete. Os destacados foron Pablo Serrano Pérez (alevín) na proba de 50 metros rescate de maniquí con aletas cun tempo de 45”20; Uxía Conde Fuentefría (infantil), cun tempo de 42”94 na proba

de 50 metros socorrista, e Lucía Serrano Pérez en 100 metros supersocorrista con 1’45”75 e 50 metros rescate de maniquí con 1’08”27, lograron manter o club Salvour na oitava posición da táboa. Todos eles lograron mellores marcas provinciais nas súas respectivas categorías ademais de conservar a oitava posición por equipos na Liga. Vindeira cita A vindeira cita para o Salvour terá lugar o 22 de decembro en Cerceda; nela os ourensáns buscarán ascender ata a sétima posición.

Lucía Serrano na saída de 100 metros supersocorrista.

Cartel do torneo.

11


12

BARRIOS DEPORTIVO 5 de decembro de 2013

Alejandro de León, vencedor da Copa Deputación de xadrez Redacción A pasada fin de semana disputouse no Club Xadrez Celanova a Copa Deputación de Ourense de xadrez rápido, na que se deron cita os mellores xadrecistas de toda a nosa provincia. Trátase dunha modalidade das máis emocionantes e vistosas deste deporte, xa que cada xogador conta con só 5 minutos para gañar a partida. Nervios e velocidade combínanse nunha práctica deportiva que sempre adoita caracterizarse por, precisamente, todo o contrario. Nesta cita na vila de San Rosendo Alejandro de León, do Club Xadrez Ourense, foi o vencedor con 7,5 puntos; os mesmos que acadou o segundo clasificado, Armando de Sousa (do Liceo). En terceiro lugar rematou o torneo Lino Hermida (do Club Xadrez Universitario de Ourense) ao sumar 6,5 puntos. Coa cuarta posición fíxose Manuel García, do Ateneo Ourense, que acadou 6 puntos. E coa quinta, Sindo Rodríguez, do club anfitrión, o Xadrez Celanova, ao lograr 5,5 puntos. De seguido, con 5 puntos remataron o torneo catro xogadores, que se repartiron da sexta á novena posición. Foi o caso de Joaquín Bello (do Liceo), Miguel Puga (da Casa Xuventude), Xosé Luis Casal (do Xadrez Celanova) e Miguel Viteri (do Liceo).

POLIDEPORTIVO

kick-boxing

O ourensán Javier Iglesias vence no Torneo K-1 Galicia 4 Na categoría de -95 quilos. Nono Jiménez non puido competir na final de -71 ao sufrir unha lesión. Redacción O sábado 23 de novembro celebrouse no anexo dos Remedios unha velada de kickboxing, coa novidade da celebración do K-1 Galicia. O ourensán Javier Iglesias foi o vencedor desta modalidade na categoría de menos de 95 quilos. Pero ademais disputáronse máis combates. O primeiro da noite enfrontou o púxil local Iván Rodríguez e o portugués Mario Gonçalves, vencendo este último aos puntos. O segundo dos combates levaría ao cuadrilátero a dúas mulleres. Nun rincón a ourensá Suly, quen lle fixo fronte á campioa mundial, a portuguesa Sonia Pereira; o combate declarouse nulo (empate). O deportista das Pontes (A Coruña) Diego Martí-

A velada de kick boxing deixou momentos memorables na retina do público. /RAMSÉS nez perdeu aos puntos con Bruno Borges (Portugal). E o ourensán Joel Araújo foi o ganador do seu combate contra o cordobés Rafael Sánchez. K-1 Pero o máis atractivo desta velada foron os en-

O ourensán Javier Iglesias celebrou a súa disputada vitoria.

frontamentos de K-1 que se disputarían nas categorías de -71 e -95 quilogramos. En -71, representando a Ourense, combatía Manuel “Nono” Jiménez. O seu primeiro combate foi contra o alicantino Diego Jair, vencendo o ourensán aos

puntos, e logrando deste xeito acceder á final. Na outra semifinal, Victor Coimbra venceu a Rafael

Medina ao facerlle KO no segundo asalto. Lesión de Jiménez A final que se tenía que dirimir entre Nono Jiménez e Rafael Medina non se celebrou porque o ourensán sufriu unha fisura nunha costela no seu combate de semifinais; polo tanto Medina fíxose co título de campión de K1 Galicia en -71. Na categoría de -95kg, Javier Iglesias dobregou na semifinal a Fran Puma; mentres, na outra semifinal, Nuno Pereira desfíxose de Álex Tena por KO no segundo asalto. No combate estelar da noite, Iglesias demostraría unha gran técnica deleitando a todo o público presente nun combate foi duro contra o seu rival, o portugués Nuno Pereira. Finalmente, e por decisión unánime dos xuíces, Javier Iglesias facíase co primeiro torneo de K-1 Galicia na categoría de 95kg.

O ourensán Iván Rodríguez pegando unha patada./R.T.


ARTES MARCIAIS

O Artai aproba con sobresaínte 4 Os membros do club ourensán participaron no II Open Nacional de kung fu e no Torneo de sanda, realizando unha gran actuación en ambos eventos.

13

Javier Iglesias fai nulo no europeo de fullcontact 4 É posible que se cobre a revancha en Ourense dentro de seis meses. Redacción

Redacción

O 30 de novembro disputouse na localidade francesa de Cany-Barville o Campionato de Europa profesional de fullcontact, no que participou o ourensán Javier Iglesias (campión de España e campión ibérico); que se enfrontou ao actual campión da categoría de -88kg, versión I.K.L. (International Kickboxing League), o francés Mathieu Matmat Lamerie, quen puxo en xogo o seu título voluntariamente á distancia de 8 rounds de 2 minutos. Matmat dominou nos tres primeiros rounds e Iglesias nos catro seguintes. Xa no último, o francés volveu coa súa técnica de perna para manter ao ourensán alonxado. Polo que finalmente a vitoria quedou en mans da decisión dos xuíces, que se decantaron, por tan só dous puntos, por Lamerie, que, desta maneira, retiña o título.

O Club Artai dividiuse a pasada fin de semana para disputar dous torneos, un de nivel autonómico e outro de nivel nacional. En Vila-real (Valencia) disputouse o II Open Nacional de kung fu onde o Artai desprazou a 10 competidores, tanto en combate (sanda) como en formas (taolu). Lograron un total de sete medallas; tres ouros, dúas pratas e dous bronces. Os ouros foron de Serio Parga, combate menos de 70kg; Adán Nieto, combate menos de 75kg e Andrés Piñeiro Fernández, tradicional estilos de sur masculino. As pratas de Saúl Rodríguez, combate menos de 80kg e Emanuel Álvarez, combate menos de 70kg. E os bronces acadáronos Andreina Álvarez, tradicional estilos de sur femenino e Abraham Rodríguez, combate menos de 75kg. Torneo de Sanda En Soutomaior (Pontevedra) celebrouse o Torneo de Inverno de sanda (combate chino) contando a expedición ourensá con oito deportistas. En total foron sete metais os acadados polos ourensás; tres ouros, tres pratas e un bronce. Os ouros lográronos Ngagne Faye, combate menos de 70kg; Brahim Tamesna, combate menos de 75kg e José Luis González, combate menos de 85kg. As pratas, Bruno Sánchez, combate menos de 65kg; Jesús Viadero, combate menos de 85kg e Jorge Fernández, combate menos de 75kg. O bronce foi a parar a Marcos Sierra, combate menos de 85kg.

BARRIOS DEPORTIVO 5 de decembro de 2013

Desquite Despois do combate pediuse o desquite e aceptouse. A cita podería ter lugar en Ourense nuns seis meses.

Integrantes do equipo Artai que competiron en Vila-real.

Cipri Gomes preparando a Iglesias para o combate.


14

BARRIOS DEPORTIVO 5 de decembro de 2013

POLIDEPORTIVO

Feijoo e Conde vencen en Santiago 4 No Trofeo Ciclocross. Redacción

Aragonés e Bañobre celebrando o triunfo.

Aragonés Competición, campión de España da Challenge Renault

O domingo 24 de novembro celebrouse a 12ª edición do Trofeo Ciclicross de Santiago, proba incluída no calendario estatal. Ata alí desprazouse unha expedición do club macedán Actyon-MeridaAcademia Postal. En cadetes, Iván Feijoo conseguía a súa segunda vitoria da tempada, nunha carreira que dominou de principio a fin. Mentres,

o seu compañeiro Román Saa remataba na terceira posición, logrando tamén subirse ao podio. En júniors lograban dous podios máis. Raúl González era terceiro en categoría masculina e Xiana Conde acadou a vitoria en féminas (segunda vitoria da xornada). O último podio do día era logrado polo M50, José Manuel González. En total, o equipo macedán regresaba con cinco

4 Proclamouse líder por equipos e subcampión absoluto. Redacción O equipo Aragonés Competición vén de proclamarse campión de equipos e subcampión absoluto na Challenge Renault Twingo R2 2013 que rematou co Rali CAM RACE de Madrid. Magnífico resultado para Luis Aragonés e Cuko Bañobre a bordo do seu Renault Twingo R2. Aragonés e Bañobre lo-

graban rematar a tempada na terceira posición en Madrid, resultado que lles permitía acadar a segunda posición final da Challenge subindo, ademais, o equipo ao primeiro posto por equipos. Unha posición é a que ascendeu con respecto á tempada pasada, demostrando a súa progresión no trofeo da monomarca de Renault. En Madrid correron agar-

dando o fallo do líder, fallo que non chegou, polo que se tiveron que conformar co subcampionato, con 59 puntos. O campión foi Alberto Otero, con 73 puntos. En terceira posición remataría outro ourensán, Jorge González “Rantur”, con 48 puntos. Por equipos, o Aragonés Competición rematou con 69 puntos, seis máis que o Diabolique Returns (63).

Dous olímpicos adestran en Castrelo de Miño 4 Os remeiros estonios, Andrei Jamsa e Tonu Endrekson, prepáranse no encoro ourensán. Redacción Dous dos mellores remeiros de Estonia,Tonu Endrekson e Andrei Jamsa, atópanse en Castrelo de Miño realizando a súa primeira concentración de adestramento da tempada. Tonu Endrekson e Andrei Jamsa xa empezaron as sesións de adestramento no encoro de Castrelo de Miño, que realizan en horario de mañá e tarde. As condicións metereolóxicas están sendo boas para o remo (sol e sen vento); ademais, o bo trato prestado polo club náutico son circunstancias que os levarán, como xa dixeron,

a repetir concentración nos meses de xaneiro e marzo coa mesma duración (20 días cada unha delas). Xogos Olímpicos Andrei Jamsa e Tonu En-

drekson, que viñeron coa súa adestradora Tatyana Yaanson, remaron no catro skull de Estonia que quedou cuarto nos Xogos de Londres. Tonu Endrekson foi ademais subcampión

Iván Feijoo logrou a primeira posición en categoría cadete, e o seu compañeiro Román Saa a terceira. olímpico en dobre skull nos Xogos de Pekin 2008. Anna Yuchenko O Club Náutico Castrelo de Miño conseguiu traer a estes dous formidables remeiros grazas a Anna Yuchenko, que os coñecía desde o seu paso pola selección rusa e envioulle a oferta de Castrelo de Miño como lugar para as súas concentracións invernais, xa que a metereoloxía invernal en Estonia impide remar na auga.

Endrekson e Jamsa voltarán a adestrar a Castrelo de Miño en xaneiro e marzo.

Xiana Conde. podios, dous deles no primeiro caixón. Dumbria O sábado 30 de novembro en Dumbría Iván Feijoo vencía en cadetes e Román Saa era terceiro. Xiana Conde era segunda en mulleres. En júnior, Raúl González finalizaba quinto. Saúl Álvarez, despois de case dous anos sen competir en ciclocross, remataba oitavo en elite, sendo o terceiro entre os sub 23. Navia Ata Navia (Asturias) desprazáronse o domingo 1 de decembro os macedáns para participar nunha nova proba puntuable da Copa Federación. Iván Feijoo e Román Saa eran 11º e 18º respectivamente en cadetes. Tamén en cadetes, pero feminino, Xiana Conde remataba na oitava posición. En júnior, Raúl Gonzalez ocupaba o 12º posto.

Fútbol sala para a ponte da Constitución 4 Organizado pola asociación xuvenil Amencer. Redacción A asociación xuvenil Amencer, en colaboración coa asociación deportiva Bosco, organiza para a ponte da Constitución-Inmaculada un campionato lóstrego (dun só día) de futbol-sala, no campo cuberto do colexio Salesiano. O evento terá lugar o próximo venres 6 de decembro, día da Constitución. O torneo comezará ás 11 horas e rematará contra as 17 horas. Sorteo e inscrición O sorteo será o xoves 5

ás 18 horas na Sala Aberta de Amencer e a data tope para inscribirse será ese mesmo xoves 5 ás 14 horas. Coma o ano pasado, os equipos terán a opción de achegar unha axuda para a Operación Quilo, ben pagando a cota de inscrición de 12 euros ou levando 20 quilos de comida.

O torneo iniciarase o 6 de decembro ás 11 horas no campo cuberto do colexio de Salesianos


BARRIOS DEPORTIVO 5 de decembro de 2013

ACTUALIDADE

15

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 185-2009. Redacción: r/ Valle Inclán 25 2º Of. 15 - 32004 Ourense. Tel: 988 239 634. Correo-e: deportes@ourenseporbarrios.com. Distribúe: Orixe. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción e fotografía: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Silvia Nieto, Miguel Rejo. Colaboracións: Alfonso Vilachá, José A. Santos Nº88- Ano: V - 5 de decembro de 2013 - Difusión: 5.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 239 634.

4O RINCÓN DO MESTRE

Deporte e realidade (XXVI) Capítulo 24. O liderado e o traballo en equipo Habilidades do líder. É necesario que o líder desenvolva e utilice algunhas habilidades persoais para formar equipos efectivos de traballo: - Saber escoitar. Tomar conciencia dos sentimentos que acompañan esas ideas para non ferir susceptibilidades persoais. - Saber preguntar. Coñecer con profundidade os puntos de vista de todos os compoñentes do grupo ou equipo. - Ser flexible e aberto á crítica. Desenvolver a capacidade de cambiar e negociar as innovacións para asumir novas normas e hábitos na realización das tarefas. Recibir as críticas como suxestións cara ao proceso de mellora permanente da organización e non como desvalorización persoal. - Mostrar unha actitude positiva ante os retos, en lugar dunha posición de resistencia ao cambio. - Expresar as ideas e necesidades propias, respectando as dos outros membros do equipo. - Interesarse por coñecer as capacidades, coñecementos e habilidades de todos os compoñentes, para o mellor cumprimento das súas funcións e procurar o benestar dos mesmos. - Conectar profundamente cos seus colaboradores de forme respectuosa, amable, dunha boa dose de humanidade. Diríxese coa mente, lidérase co corazón. - Estar sempre disposto para aceptar críticas construtivas, suxestións e consellos. - Manter sempre unha actitude positiva, optimista e proxectada cara ao futuro.

- Honestidade. Sabe que é o espello en que se miran os demais. - Sentirse orgulloso do traballo da súa xente e do equipo. Opinións contrastadas desde a experiencia - Vicente del Bosque: “Non é cuestión de imporse, senón de convencer a todos. Hai que actuar con naturalidade. Non considero que teña que haber unhas virtudes especiais nun adestrador, o importante é que sexa xusto e sincero. Hai miradas e detalles que son os que van facendo que ao adestrador póidano considerar como alguén próximo ou, polo contrario, como alguén que está subido nunha tarima e que parece saber de todo. Non é necesario utilizar grandes dogmas para que os xogadores perciban que o adestrador está con eles, que está moi próximo. A dirección do equipo trátase dun traballo de conxunto. Afortunadamente conto con xente ao meu lado que está moi capacitada, polo que non me desgasto en moitas cousas. Hai que implicar tamén aos xogadores nalgunhas tomas de decisión. Cando o adestrador se pasa todo o día impondo cousas (non beber máis dunha copa de viño, tomar só un anaco de pan, vestirse así, etc.) pérdese nas continuas tomas de decisións. Iso prexudica a relación. Por tanto, hai que delegar e, mesmo, implicar ao xogador en moitas desas tomas de decisións, etc.” - Johan Cruyff: “Barcelona é unha praza difícil. Para triunfar neste club non basta con ser bo futbolista. Hai que ter máis cousas. Esencialmente unha

Vicente del Bosque: “Hai miradas e detalles que van facendo que ao adestrador póidano considerar como alguén próximo ou como alguén que está subido nunha tarima e que parece saber de todo”

Alfonso Vilachá. que podiamos chamar carisma, capacidade de liderado. Por exemplo, foi máis carismático Alexanco que Schuster. O capitán ten que ser un tío que pense no ben do vestiario, que defenda o que teña que defender segundo dite o sentido común e o interese colectivo; e que tamén ataque o que haxa que atacar polo mesmo motivo. E se dá o caso de que o adestrador se equivoca, poida dicircho dun modo correcto e argumentado. Pero, se se toma unha decisión, o capitán debe ser o primeiro en preocuparse porque se cumpra o pactado e todos os xogadores acaten as decisións”. - Pep Guardiola: “O grupo, o club, debe estar por encima de todo aínda que a ti, coxunturalmente, esa circunstancia prexudíqueche. Esa idea é, exactamente, o que sempre tratou de transmitirnos (Andoni Zubizarreta) cando era capitán do Barcelona”. - Eusebio Sancristán: “O liderado do adestrador depende de que convenza ao grupo, ben polos seus coñecementos futbolísticos, ben pola súa personalidade, carácter e a súa capacidade para transmitir ao xogador. Para ser mellor adestrador debe gañarse o respecto do grupo. Tiven adestradores como Cruyff que che convencía cos seus coñecementos de fútbol. A autoridade dacha o convencer. O adestrador debe apoiarse moito no seu grupo de traballo”. Alfonso Vilachá, concelleiro de Deportes de Ourense e entrenador

4TRIBUNA ABERTA

EN BREVE

Cando fomos deuses (III)

4 Torneo solidario de fútbol sala

4 Xornada. C.D. Ourense 5 – 0 Brigantium C.F. Novamente se produce unha goleada no campo do Couto e outra vez logran os locais cinco goles. Nesta ocasión sería Carballeda quen abriría o marcador e a piques de chegar ao descanso Pataco faría o segundo. Inda así o conxunto deixaba dúbidas sobre a súa capacidade resolutiva, sendo a defensa o máis destacado do equipo. Xa na continuación, tras do comezo, Carballeda erra un penalti. Logo Carballeda por dúas veces e Seara completarían o resultado. O presidente do club, don Florencio Álvarez González, pensando no futuro da entidade, tentara durante estes meses negociar a compra do estadio, propiedade da Sindical por cesión do titular dos terreos, a familia do secretario xeral Miguel Ángel Villanueva, que doaran os mesmos para o seu uso sempre que fose con fins deportivos. Finalmente non puido mercar o estadio inda que segue a ser utilizado polo club. O estadio inaugúrase no ano 1949 para substituír ao vello campo da Loña cun encontro entre o C.D. Ourense e o Racing do Ferrol que remata 5 a 0 para os locais. O estadio pasa a denominarse José Antonio inda que popularmente se coñece entre os seareiros

Pasalo o mellor posible practicando deporte por unha boa causa. Este é o obxectivo do primeiro torneo de fútbol sala solidario a beneficio da ong “Colores de Camerún” que terá lugar entre o 27 e o 29 de decembro no pavillón universitario. A idea dos seus promotores é reunir 32 equipos (que poderán ser mixtos) para xogar mediante eliminatorias directas durante os tres días (a tarde do 27 e o sábado e domingo de 10 a 21 horas). Cada xogador colaborará coa oenegué realizando unha achega económica como inscricións (a cantidade que poida). Polo momento xa teñen dez equipos inscritos, e os interesados poden aínda facelo no teléfono, na web www.coloresdecamerun. org, en Turini Sport ou no 628 49 46 77. O recadado destinarase aos proxectos que a ong desenvolve no país africano.

“O presidente do club tentara durante estes meses negociar a compra do estadio” “Pataco logra marcar por terceira xornada consecutiva e comeza ser o home máis destacado”

como Estadio do Couto por estar establecido en dito barrio. No ano 1986 este nome popular remata por ser recoñecido como oficial e substitúe ao vello nome. No transcurso do tempo este aforo variou, xa que en tempos un dos fondos, agora inutilizado por ter alí os vestiarios e as oficinas do club, estaba aberto ao público. Ademais as bancadas de pé foron todas remodeladas para se adaptar as novas normas, sendo todas prazas de cadeira co que o aforo antigo, que cifran as crónicas en máis de quince mil persoas neses anos, viuse sensiblemente reducida, sendo hoxe de 6.000 espectadores. 5ª Xornada. Gran Peña 0 – 1 C.D. Ourense Pataco logra nesta nova vitoria marcar por terceira xornada consecutiva e comeza ser o home máis destacado do club. O Gran Peña iniciara a mediados da década dos vinte a súa andaina no barrio de Lavadores, que se incorporaría a Vigo no corenta e un, e o seu maior logro tiña sido obter o título de campión da Copa Galicia unha década antes do presente campionato, precisamente en Ourense no partido de desempate fronte ao Lugo. O club tentará en varias ocasións fusionarse ao Turista e ao Celta e viviu unha relación tormentosa cos olívicos. A confrontación con filiais será unha constante nesta tempada, de tal xeito que na promoción o Ourense atoparía nos seus cruces cos do Elxe, o Ilicitano, e o do Barça, o Condal. [Terceira sobre a historia do CD Ourense na tempada 67/68]

José A. Santos

4 Memorial de baloncesto Entre os días 29 de decembro e 6 de xaneiro organízase en Ourense o II Torneo de Baloncesto “Xogando en feminino” - I Memorial Alejandra González Rodríguez. A cita terá lugar no pavillón O Pompeo do instituto Otero Pedrayo. Durante catro días (o 29, o 4, o 5 e o 6 de xaneiro) disputaranse os encontros entre 21 equipos femininos das categorías benxamín, alevín, infantil, cadetes e júnior. Dos equipos participantes, nove pertencen á base do Pabellón Ourense e outros 12 chegarán de de varios puntos de Galicia. En total, está prevista a presenza neste torneo de 315 participantes, entre xogadoras e entrenadoras. Repartiranse 11 trofeos e 90 medallas.


BARRIOS DEPORTIVO 5 de decembro de 2013

PUBLICIDADE

ACADEMIA PROXECTO, convocadas plazas y abierto plazo de instancias para oposiciones al Ministerio de Justicia Manuel Pardo es preparador de oposiciones de Justicia en Academia Proxecto. ¿Cómo se encuentra en la actualidad la posibilidad de obtener un puesto de trabajo en el ámbito judicial? “Ha salido publicada en el BOE del 24 de octubre la convocatoria del proceso selectivo para ingreso en el Cuerpo de Gestión Procesal y Administrativa y se abre un plazo de 20 días para formalizar la solicitud de admisión en el proceso.”. ¿Es una buena oportunidad para obtener un puesto de trabajo? “Teniendo en cuenta las restricciones presupuestarias, la oferta no es muy generosa y obliga a los candidatos a dar lo mejor de sí, a luchar y pelear por ser el número uno. Cataluña convoca 90 plazas, Madrid 54, Andalucía 29, C. Valenciana 26, Canarias 19 y para el ámbito no transferido 18 plazas, sumadas promo-

ción interna y turno libre”. ¿Que nos puedes comentar del trabajo que estáis realizando en Academia Proxecto? “Llevamos trabajando con un grupo reducido de personas desde octubre del año pasado, preparando el programa de la oposición. Les informamos de la posibilidad de la convocatoria para este año y decidieron apostar por su preparación con tiempo suficiente; confiemos en que su apuesta tenga el éxito que se merecen. No obstante este grupo está abierto a nuevas incorporaciones como las que se están produciendo sobre todo tras conocerse la convocatoria; se trata de personas que ya han preparado las oposiciones a la administración de justicia anteriormente o bien de quienes tienen una formación jurídica que les permite seguir el ritmo de las clases. Vamos a repasar toda la materia y cualquiera en estas condiciones puede

incorporarse a un grupo que le garantiza un nivel de exigencia alto y lo prepara para competir en igualdad de condiciones para conseguir una plaza en esta convocatoria. No negamos que el reto es difícil pero depende del esfuerzo de cada uno, por nuestra parte podemos cumplir con lo que se nos exige para su consecución”. Y de cara al año 2014, ¿qué nos puedes comentar en cuanto a la oferta de empleo público en Justicia? “Es muy pronto para aventurar un pronóstico cierto, pero nos encontramos en una situación similar a la del año pasado, a saber: a) se mantiene en los Presupuestos Generales del Estado la tasa de reposición para la Administración de Justicia, b) en la negociación de la oferta de empleo para este año 2013 el Ministerio de Justicia proponía unas 700 plazas más para tramitación y auxilio, que fueron des-

cartadas por Administraciones Públicas. Dependerá pues, de una decisión política que conoceremos sobre el mes de marzo del año que viene, pero que, de confirmarse, ahora es el momento de comenzar a trabajar en la preparación de la oposición”. ¿Estáis pensando en comenzar un nuevo grupo de preparación? “Sin perjuicio de seguir trabajando intensamente con nuestros alumnos que se están jugando el aprobado en gestión procesal, comenzaremos brevemente un grupo de trabajo de cara al año próximo para la preparación de las oposiciones para ingreso en la Administración de Justicia. Ofrecemos trabajo, honradez y profesionalidad. Contamos con la ventaja de que nunca hemos dejado de preparar estas oposiciones y nos avalan los resultados de las últimas convocatorias. Tenemos el

Manuel Pardo, preparador de oposiciones de Justicia de Academia Proxecto.

Cataluña convoca 90 plazas, Madrid 54, Andalucía 2, C. Valenciana 26, Canarias 1 y para el ámbito no transferido 18 plazas, sumadas promoción interna y turno libre material actualizado, los profesores al día de las materias que imparten y la organización de todo lo que rodea a una buena preparación lista para empezar en cualquier momento. Esta es nuestra oferta. Lo que demandamos del alumno es la una apuesta inequívoca por alcanzar el objetivo sabiendo de la

dificultad que el mismo entraña en estos momentos. Él es el principal protagonista pero nosotros vamos a facilitarle la consecución de un objetivo común a ambas partes: lograr un puesto de trabajo fijo en la administración de justicia. Es nuestro reto y estamos preparados para ello”.



Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.