21 Novembro 2013 - BD Nº 87

Page 1

Éxito dos ourensáns no Mundial de ximnasia [Páx. 15] RUGBY

Páx.6

FÚTBOL SALA

Páx.4-5

SAN MARTIÑO

Páx. 2-3

JUDO

Páx.13

De arriba abaixo e de esquerda a dereita: Campus Ourense Rugby; Cidade - Ponte; San Martiño e Liga Internacional de Judo. /P.LODEIRO e RAMSÉS.

Número: 87- Ano: V - 22 de novembro de 2013 - Depósito Legal: OU 185-2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta - www.barriosdeportivo.com BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 4 de decembro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190.


BARRIOS DEPORTIVO 22 de novembro de 2013

A San Martiño supérase

ATLETISMO

Patricia Mendes, primeira fémina en cubrir os dez quilómetros da proba./P.LODEIRO.

Corredores da proba absoluta pouco despois de dar a saída. /P.LODEIRO.

4 8.694 é a cifra real dos que participaron na carreira popular ourensá. R. Torres A carreira popular do San Martiño -decana de todas as probas populares galegas- contou coa participación de 8.694 atletas, que non quixeron perderse esta 37ª edición, disputada o 17 de novembro. Unha cifra récord que pón esta proba ourensá coma o referente das carreiras populares de Galicia. Dos 11.078 inscritos, 8.694 remataron a proba. 2.384 non participaron ou non deron rematado unha das tres carreiras desta edición. Unha cifra satisfactoria para unha cita deportiva que, polo momento, é de balde. 4.557 son os atletas que participaron na proba absoluta, superando en 789 aos que o fixeron en 2012

(3.768); este número fai que a proba absoluta sexa a que máis participantes tivo de todas as carreiras galegas disputadas ata a data. Na escolar, participaron un total de 2.778, unha cifra lixeiramente inferior á do ano pasado (2.993). Esta pequena diminución débese, en parte, a que algúns dos que participaron o ano pasado nesta proba fixerono este ano na nova categoría -a de cativos-. A carreira de cativos creouse debido á demanda de moitos pais que pedían unha carreira para os seus fillos máis pequenos e que fora inferior en distancia á dos escolares (4,7 quilómetros). Desde a organización fixéronse eco desta demanda e crearon a de cativos cunha distancia de 1,4 quilómetros. As expectativas

superáronse con creces, e 1.359 pequenos participaron nesta proba que encheu de cor as rúas ourensás. Un pequeno xerme para os atletas do futuro. Por todo isto, a 37ª carreira pedestre popular do San Martiño foi todo un éxito. Alejandro Fernández Igual que o ano pasado, o ourensán Alejandro Fernández fíxose coa vitoria na San Martiño. Pero nesta ocasión o triunfo non foi tan sinxelo e tivo que xogarse ao esprint o primeiro caixón do podio. O seu rival foi Lolo Penas, quen apretou a falta dun quilómetro; o ourensán da New Balance Team aguantou o primeiro tirón. Xa na costa da Ponte Romana, novamente o galego Penas (tamén do New Ba-

lance) atacou a Fernández mostrando a debilidade deste. Pero grazas ao empuxe de todos os que se apiñaron nas inmediacións de meta conseguíu sacar forzas para non quedar descolgado, e nos metros finais, a base de pundonor, logrou a vitoria, a segunda da súa traxectoria nesta proba. Alejandro Fernández si é profeta na súa terra. Penas e Fernández están a demostrar que son os fondistas galegos máis en forma actualmente. O tempo dos dous atletas foi de 29.31 e de 29.32 respectivamente. Alex foi 17 segundos máis rápido que o pasado ano. Detrás destes dous colosos chegou na terceira posición o portugués, Miguel Ribeiro (30.32). Os galegos Manuel Hurtado (30.49) e Carlos Villamor (30.57),

Adrián Lago foi o vencedor da carreira escolar./P.L.

Saída da carreira dos cativos./P.LODEIRO.


BARRIOS DEPORTIVO 22 de novembro de 2013

ATLETISMO

alcanzaron a cuarta e quinta posición. O segundo ourensán en cruzar a liña de meta foi o incombustible Rubén Diz (31.01); o terceiro ourensán, Iván Docampo (31.45), noveno na xeral.

Gutiérrez (New Balance) cun tempo de 36:19. Sonia Teijeiro (Ourenrunning) foi a segunda ourensá (sétima en cruzar a liña de meta) ao completar os 10.000 metros en 37.57.

Patricia Mendes En categoría absoluta feminina, Patricia Mendes (Comesaña S.C.) foi a máis rápida cun tempo de 35.12. A 30 segundos remataría a segunda clasificada, a atleta do Joma, Andreia Santos (35.42). Paula Mayobre (Bikila) lograría a terceira posición cun tempo de 35.49. A primeira ourensá, non de nacemento pero si que adestra aquí, foi Yolanda

Os vencedores Nas categorías inferiores os vencedores foron en alevíns, Elsa Pena e Martín Rivera; en cadetes, Lucía Suárez e Jesús Álvarez; en infantil, Nerea Fernández e Roberto Vieiro, e en xuvenil, Ángela González e Adrián Lago. Na nova categoría, de cativos, creada este ano, os máis rápidos foron Sonia Rivadulla e Brais Picón.

Fernández cruzou a meta ao esprint con Lolo Penas parando o crono en 29.31, 17 segundos menos que o ano pasado

Patricia Mendes foi a muller máis rápida, parando o crono en 35.12 Máis imaxes da carreira en mundourense.com

4 A “previa”

Desde fai cinco anos días antes da carreira córese a “previa” da San Martiño organizada polo club Esprintes Ourense. Este ano quixeron darlle un caracter solidario e pediron aos participantes un quilo de alimentos para Cáritas Diocesana, recadando un total de 177 quilos.

4 Purísima

Moitos sufriron para rematar a proba e mellorar as súas marcas./P.LODEIRO

Ángel Pumar e Alán Andrés Figaldo, do club Sprintes, entregaron os alimentos recadados na “previa”. a Patricia Prieto, de Cáritas. Abaixo, integrantes do club La Purísima.

O club ourensán La Purísima estivo altamente representado na carreira do San Martiño, cunha gran participación tanto de alumnos do centro como de proxenitores que se animaron a correr o clásico ourensán.

Curso de monitor nacional de atletismo en Ourense 4 Organizado pola Fed. Galega de Atletismo. Lalo Gómez

Os atletas no seu primeiro paso pola ponte Romana./P.L.

A Federación Galega de Atletismo está a desenvolver en Ourense un curso destinado á formación de técnicos e adestradores que traballan coa base do atletismo. A FGA comprometeuse coa formación dos técnicos galegos, e actualmente Galicia é unha das poucas comunidades autónomas que organiza ano tras ano cursos da Escola Nacional de Adestradores da RFEA. Formación O curso proporciona unha importante formación en distintas materias: anatomía, psicoloxía, teoría e práctica do adestramento, velocidade, saltos, lanzamentos, fondo e medio fondo, entre outros

bloques temáticos. Ademais, constitúe unha importante fonte de recursos para os monitores que día tras día dirixen adestramentos de atletas de categorías inferiores. A docencia comezou o pasado 4 de outubro e estenderase ao longo de oito

fins de semana. O curso conta cunha parte teórica que se desenvolve no Centro Cívico da Ponte e unha parte práctica que ten como sedes o módulo de atletismo do pavillón dos Remedios, as pistas do campus universitario e as pistas “Josefina Salgado” do complexo po-

lideportivo de Monterrei. O curso está impartido por profesores da Escola Galega de Adestradores con longa e recoñecida traxectoria no atletismo, e conta nesta edición con 25 alumnos, entre os que se atopan destacados atletas galegos como Beatriz Viteri, José Manuel Vila, Esperanza Caldas, entre outros, así como persoal de clubs como é o caso de representantes do Club Deportivo Aurum de Ourense, ADAS do Barco de Valdeorras ou Atletismo A Gándara de Monforte.

Alumnos do curso na clase práctica de velocidade, o sábado 16 de novembro na pista do Campus Universitario de Ourense, impartida polo profesor Isidoro Hornillos, doutor en Educación Física e actual presidente da Federación Galega de Atletismo./RAMSÉS.


BARRIOS DEPORTIVO 22 de novembro de 2013

FÚTBOL SALA

Un Cidade superior super

4 4-1 foi o resultado final. As de Codeso se adiantaron no marcad R. Torres

Imaxe do último partido disputado na casa contra o Ponte Ourense./RAMSÉS.

Derrota do Cidade ante o Roldán 4 Os paos impediron que as de Codeso sacaran algo positivo da súa visita a terras murcianas. R.T. O Cidade As Burgas non puido sacar nada positivo da súa viaxe a terras murcianas. Caeu derrotado por catro goles a tres contra o Roldán nun partido no que calquera dos dous contendentes puido levar a vitoria. O Cidade comezou golpeando primeiro, e aos tres minutos Vanessa adiantaba ás franxiverdes. Pero Juani, por partida dobre, poñía en franquicia ás locais. Nunha primeira parte vibrante, Maite e Pepa facían o terceiro e cuarto tanto do Roldán. Xusto antes do descanso, Sonia recurtaba distancias. Na segunda metade, Cristina introducía o balón na súa portaría e deixaba a mínima distancia coas galegas. O Cidade intentouno

de todas as maneiras, pero o Roldán soubo mantelo a raia e levar os tres puntos en disputa. Vindeira xornada Este sábado 23 de novembro ás 17 horas o Cidade recibe ao Poio. O Cidade ten un mal recordo do conxunto pontevedrés, xa que no último enfrontamento entre ambas escadras, as ourensás caeron derrotadas por un resultado avultado de cinco goles a un. Foi no mes de setembro, en plena pretempada, na celebración da segunda edición do Trofeo Cidade das Burgas. Nas filas do Poio está Cecilia Puga “Ceci”, ex de Ponte Ourense que acaba de ser convocada coa selección española para a disputa do Torneo Mundial fútbol sala.

Un Cidade As Burgas superior supera ao Ponte Ourense na xornada número oito da Primeira División do fútbol sala. O resultado final foi de 4-1 para as franxiverdes. Levaban seis encontros disputados nas tres últimas tempadas na elite do fútbol sala nacional (ademais dos catro enfrontamentos na Copa Xunta), e sempre con vitoria pontina. Nesta ocasión o Cidade soubo vencer nun encontro que se lle puxo de cara aos dous minutos. O técnico do Cidade, Manolo Codeso, xa o dixera nos días previos ao derbi: “quero ver ao Ponte por detrás no marcador, sempre se adiantaron e quero ver como xestionan ir a remolque”. Nesta ocasión deuse a circunstancia, e as de Codeso adiantáronse no marcador aos dous minutos de encontro. Ana saca en longo cara a Vanessa, e esta centra ao segundo pao para que Peque, tirándose ao chan, introduza o balón na por-

María Romero e Anita pugnan por un balón en medio campo./RAMSÉS taría visitante. Durante a primeira metade o Cidade empuxou máis e a renda podería ter sido maior se non fora pola gran actuación da cancerbeira pontina, Vanesa Barberá. A capitana albinegra, Marta, foi a máis destacada do seu equipo, pero nada podía facer ante as acometidas das do Cidade. Codeso facía cambios moi seguidos para que non perderan frescura e estiveran activadas as súas xogadoras en todo momento.

Bea Seijas -porque Jorge Vaz estivo todo o tempo sen dirixir- non facía tantos cambios e mantiña ás pontinas durante máis minutos na cancha. Segunda metade Nos compases iniciais do segundo período, Vanessa Sotelo lograba o dous a cero aos poucos segundos de sacar de medio campo. Isto espoleaba á bancada local que cría na vitoria. O Ponte Ourense, pola súa banda, facía un cambio

Peque e Vanessa celebran o primeiro tanto do Cidade As Burgas./RAMSÉS

no debuxo e buscaba no pivote a Souza, momento no que o dominio pasou ás pontinas. Así, no ecuador da segunda metade, Drica, tras unha mala acción de Vanessa Sotelo en propia área, lograba recurtar distancias. Drica roubaballe o balón a Vanessa e facía a parede con Souza rematando ás mallas da meta defendida por Ana. Pero o Cidade As Burgas non quería perder a oportunidade de vencer por vez primeira ao Ponte, e tres minutos máis tarde lograba o terceiro tanto. Iria saca unha falta cara Peque quen de potente disparo coa o balón na rede despois de tocar o pao. Á desesperada Sen nada que perder, as de Jorge Vaz (ou Bea Seijas) comezaron co xogo de cinco, pero lonxe de achegarse no marcador o que fixo foi pór máis terra de por medio. Vanessa roubaba un balón e desde o medio campo (e a


BARRIOS DEPORTIVO 22 de novembro de 2013

FÚTBOL SALA

ra ao Ponte

dor aos dous minutos de encontro. porta baleira) facía o definitivo 4-1. O Cidade disporía de varias accións máis coa mesmo guión (roubo de balón e lanzamento longo), pero o marcador xa non sufriría máis variacións. Xogadoras Iria disputaba o seu segundo partido de Liga logo dunha lesión e notouse a

falta de ritmo nalgunhas accións. Non foi a xogadora que marca diferenzas coma noutros partidos, pero tampouco fixo falta. A recupe-

ración vai por bo camiño. Quen si ten esquecida a súa lesión, no outro bando, é Laura Fernández, aínda así, non tivo a súa mellor tarde ao igual que Drica, Souza ou Rosángela, quen tiñan que tirar do carro pontino pero non puideron facer nada para lograr sacar algo positivo. Partido moi discreto de todas elas.

Peque e Vanessa Sotelo, as dúas por partida dobre, acadaron os goles do Cidade As Burgas; Drica conseguiu o gol da honra do Ponte Ourense

Burela - Ponte, esta xornada 4 Óscar Vivián asumirá as rendas do equipo. R.T. O Ponte Ourense visita a cancha do Burela nesta xornada con Óscar Vivián como novo técnico pontino. As lucenses ocupan a segunda posición (22 puntos) a tres puntos do líder, Atlético de Madrid (25). Por parte do Burela, Patricia González “Peque” e Lidia Mesías están convocadas coa seleción española para disputar o IV Torneo Mundial fútbol sala. Un empate, unha derrota e sete vitorias son a bagaxe que teñen as mariñás nestas nove primeiras xornadas disputadas. Pola contra, o Ponte é noveno con tres vitorias, dous empates e catro derrotas. Óscar Vivián O Ponte vén de comunicar que o adestrador das dúas últimas tempadas, Óscar Vivián, volve

sentarse no banco pontino o que resta de curso, substituíndo deste xeito a Jorge Vaz. Desde facía varias semanas, Vaz non dirixía ao equipo, e era Bea Seijas, a que asumía as funcións de organizar ás xogadoras durante os encontros. Isto levaba a pensar que as horas de Vaz como técnico albinegro estaban chegando ao seu fin. E así foi. Xunto con Vivián che-

ga ao corpo técnico Rubén Carnoto Rodríguez. Héctor González continuará coas funcións de adestrador de porteiras.

Óscar Vivián.

4 Convocatoria do IV Torneo Mundial fútbol sala A selección española de fútbol sala disputará do 13 ao 20 de decembro en en Alcázar de San Juan e Ciudad Real o IV Torneo Mundial fútbol sala, que se ía disputar nunha primeira instancia en Venezuela. Á convocatoria da selección española foron chamadas dúas xogadoras representando á provincia de Ourense. As dúas xogadoras son a porteira do Ponte Ourense, Vanessa Barberá, e a xogadora ourensá do Viaxes Amarelle, Lucía Nespereira. Un premio para esta ourensá que vén de lograr o ano pasado Liga e Copa co Burela.

Primeira División FSF - 9ª xornada Posto Equipo

Peque e Vanessa Barberá, as máis destacadas do encontro./RAMSÉS

4 As destacadas Por parte das vencedoras, saíu do encontro con matrícula de honra, Peque. Seus foron dous dos catro goles das franxiverdes e mantivo a raia, desde a zaga, as acometidas das xogadoras pontinas. Un gran encontro que fixo máis fácil a vitoria do seu equipo. Referente para Manolo Codeso, esta xogadora creceu exponencialmente nas últimas tempadas, sendo unha das xogadoras que máis minutos xoga en cada partido. Vanessa Sotelo foi a outra triunfadora do encontro. Sotelo xunto con Peque foi a bigoleadora das locais. Por parte do Ponte Ourense, a porteira Vanessa Barberá tivo unha actuación encomiable. Grazas a ela, o equipo mantíñase no encontro sobre todo durante unha primeira metade na que fixo grandes intervencións. Marta Figueiredo estivo tamén moi entonada sendo a que máis perigo levaba á portaría contraria.

Puntos

1º At. Madrid 25 2º Burela 22 3º Alcorcón 22 4º U. de Alicante 16 5º Roldán 16 6º Amarelle 15 7º Gironella 14 8º La Rioja 14 9º Ponte Ourense 11 10º Cidade As Burgas 10 11º Poio 10 12º Móstoles 8 13º Soto del Real 8 14º Orvina 6 15º Ferrol 5 16º Vallirana 3

Lucía Nespereira.

4 Xornada 10 - 23 de novembro Cidade As Burgas - Poio La Rioja - At. de Madrid Soto del Real - Orvina Burela - Ponte Ourense U. de Alicante - Roldán Alcorcón - Viaxes Amarelle Ferrol - Gironella Vallirana - Móstoles


BARRIOS DEPORTIVO 22 de novembro de 2013

RUGBI

O Campus Ourense Rugbi vence o seu segundo partido consecutivo 4 Nesta ocasión foi ante o Mareante por 2510. R. Torres O Ourense vence por segunda xornada consecutiva. O sábado 16 de novembro disputábase a quinta xornada da Liga Territorial Galega de rugbi. O Campus Ourense enfrontábase ao Mareantes de Vigo. O 25-10 final deu mostras do sucedido no estadio universitario de Ourense. Os xogadores comezan a interiorizar o que Américo, seu adestrador, quere deles, que é pase a man e abrir o xogo. Nembargantes, os ourensáns teñen un problema co tiro a paos; e é que por cinco ocasións fallaron nesta faceta do xogo durante o partido. De lograrse devanditas transformacións os ourensáns lograrían cinco puntos a favor en lugar

dos catro obtidos. O adestrador confía no zaqueiro Jorge Puga, pero o certo é que moito ten que mellorar para sumar bonus que os permitan ascender na clasificación. Sen confianza, nin técnica, nin forza, os lanzamentos eran moi deficientes para que puideran lograr o obxectivo de coarse entre paos. Con esta segunga vitoria consecutiva (a anterior foi contra o Pontevedra Rugbi Club), o Campus Ourense marcha na cuarta posición con nove puntos. Vindeira xornada Para esta fin de semana o Campus Ourense desprázase ata Vigo para xogar contra o Bluesens Universidade de Vigo B. Os vigueses son segundos con 17 puntos.

Xogadores do Campus./R.T.

O equipo marcha na cuarta posición con nove puntos

Un momento do encontro entre os ourensáns e o Mareantes de Vigo./RAMSÉS.

Puntúa o Campus Ourense 4 Acada un punto defensivo contra o Vigo Rugbi. Redacción As xogadoras do Campus Ourense Rugbi asombraron a propios e estranos no seu debut ligueiro como locais. O Vigo Rugbi chegaba a Ourense coma colíderes na clasificación tras dúas contundentes vitorias, polo que non esperaban que o equipo ourensán, cunha morea de novatas, venderan tan cara a derrota. As xogadoras dirixidas por Peluso mostráronse seguras en defensa, con grandes placaxes e boa presión, o que facía que as visitantes non despregaran o xogo dinámico que as caracteriza. En definitiva, viuse un equipo ourensán moito máis conxuntado, o que lle augura unha boa tempada de seguir nesta liña de progresión. O encontro estivo igualado cunha lixeira vantaxe para as foráneas, que chegaban con asiduidade á liña de 22 metros. O bo facer da defensa local facía que o marcador non se movera, o que daba ás ás ourensás a medida que pasaban os minutos. Pero foi no minuto 72 cando un fallo defensivo, o Vigo lograba un ensaio que subía cinco puntos no marcador. Este resultado supón un punto positivo para as ourensás na clasificación xeral. Cara e cruz O positivo foi a imaxe que deixou o equipo, dando mostras de que cada xornada que pasa están

Xogadoras de ambos equipos disputan o balón./RAMSÉS. máis conxuntadas. Pola contra, o máis negativo foi a lesión de Carlota Vázquez, quen se tivo que retirar do terreo de xogo por unha rotura de peroné na súa perna dereita.

da Coruña, líder da clasificación. Será dentro de dúas fins de semana (31 de novembro). O Campus Ourense é sexto (penúltimo) con dous puntos na táboa clasificatoria.

Vindeiro partido A vindeira xornada, o Campus visitará ao CRAT

Cada xornada que pasa o equipo está máis conxuntado

Outro momento do partido contra o Vigo./RAMSÉS.


BARRIOS DEPORTIVO 22 de novembro de 2013

CDO / COB

Guijuelo vs Ourense, duelo na cumbre 4 Os salmantinos son líderes, mentres que os ourensáns marchan cuartos a un punto. R. Torres O Guijuelo - Ourense desta xornada (domingo 24 de novembro, ás 17 horas no municipal de Guijuelo) supón un duelo na parte alta da clasificación entre dous equipos, que aínda que non entraban nos prognósticos de máximos favoritos, teñen banco para loitar con calquera. O Guijuelo é actualmente o líder da clasificación con 24 puntos en 14 xornadas. Seis vitorias, seis empates e unha derrota levárono a esta posición privilexiada. O Ourense, pola súa banda, leva sete vitorias, dous empates e catro derrotas, ocupando a cuarta praza. No que se refire aos goles, a diferenza radica nos anotados. Os casteláns teñen 24 a favor, por 16 dos galegos. En canto aos encaixados, 12 a Wilfred (Guijuelo) e 11 a Pato sitúan a ambos entre os tres porteiros menos goleados do grupo primeiro da Segunda División B (Pato é o menos goleado).

local faino no municipal de Guijuelo, que é de herba artificial. Por ese motivo, Luisito adestrou esta semana en sintético, para que os seus xogadores se aclimatasen ao terreo antes do partido.

so están a unha vitoria da salvación.

Unha Liga igualada Que esta Liga é moi igualada dio o feito de que entre os catro primeiros clasificados hai un só punto de diferenza. Guijuelo e Oviedo, primeiro e segundo, con 24 puntos; Rácing de Ferrol e Ourense, terceiro e cuarto, con 23. Desde aí, un colchón de dous puntos (menos dunha vitoria) separan aos ourensáns e departamentales do quinto clasificado, Rácing de Santander (21 puntos). Sexto é o Burgos con 20 puntos. Pola zona baixa, salvo o Caudal, os outros dous equipos en zona de descen-

CDO - Avilés Na pasada xornada o CD Ourense recibía a visita do Real Avilés. Un dos partidos máis frouxos dos rojillos no que levamos de tempada fixo que deixara escapar dous puntos do estadio do Couto ao empatar sen goles cos asturianos. A pesar do empate (o resultado máis xusto polo que se viu no terreo de xogo), os de Luisito puideron lograr os tres puntos a tres minutos do final. Borja Valle tivo a mellor ocasión do encontro nun remate de cabeza que despexou o cancerbeiro.

24 puntos ten o Guijuelo por 23 do CD Ourense

Temible Desde que na primeira xornada caeran derrotados contra o Zamora (0-2), o Guijuelo non sabe o que é perder. Nos seguintes 12 partidos, seis vitorias e outros tantos empates encaramárono á primeira posición da táboa clasificatoria. Un lugar onde mirar ao resto cara abaixo. Campo sintético O Guijuelo cando xoga de

Iker Alegre rodeado de contrarios no partido contra o Avilés da pasada xornada no Couto./RAMSÉS.

Iván García, do Ourense Termal, asediado por varios xogadores do Breogán de Lugo durante o último partido disputado no Paco Pazo./RAMSÉS.

Máis esixencia

4 A directiva do Club Ourense Baloncesto (Ourense Termal) pide ao corpo técnico e xogadores que non se repita a mala imaxe dada en Melilla. R. Torres A directiva do Club Ournse Baloncesto - Ourense Termal mostrou o seu malestar co corpo técnico e xogadores tralo partido contra Melilla. O luns pola noite, Antonio Gavilanes reuniuse con todos eles para comunicarlles que non quería que se volvera a repetir a imaxe mostrada durante o encontro contra os norteafricanos. Os ourensáns perderon 65 a 50 nun partido para olvidar. Un pésimo 14% de tiros de tres lastraron aos galegos durante todo o encontro, no que sempre estiveron a remolque. Tanto xogadores como técnico entonaron o “mea culpa” e aseguraron que non volvería a pasar o ocurrido no pavillón Javier

Imbroda de Melilla. As perdas de balón e, sobre todo, o rebote foron outros dos aspectos no que o Ourense Termal ten que mellorar. Clasificación Na clasificación o COB é undécimo cun dúas vitorias e cinco derrotas. As dúas vitorias lográronas coma foráneos (Navarra e Rioxa), polo que os seus incondicionais queren ver ganar ao equipo no Paco Paz, algo que ata o momento non se deu. Nos partidos da casa, contra Andorra competíuse, pero o podería do equipo dos Pirineos terminou por decantar a balanza cara o lado visitante; contra o Huesca, un mal partido fixo que os oscenses se levaran o encontro. No último encontro no Paco Paz recibían ao

Breogán de Lugo, outro dos conxuntos que están chamados a loitar polo ascenso. No derbi galego O Ourense Termal perdeu 60-62 tras varios erros nos intres finais. Dous rebotes ofensivos dos visitantes permitiron anotar aos lucenses a última canastra; e nos últimos segundos Rivero non foi quen de empatar co derradeiro lanzamento. Palencia Este sábado, ás 19 horas no Paco Paz, o Ourense recibe ao Palencia, outro dos favoritos desta LEB Ouro. Nas filas palentinas encóntrase un vello coñecido dos cobistas: o escolta Nick Barbour, quen fóra un dos máximos anotadores do ano pasado na Adecco Ouro.

COB - Palencia. Sábado 23, ás 19 horas no Paco Paz


BARRIOS DEPORTIVO 22 de novembro de 2013

Peleteiro e Arxil, vencedores da Copa Galicia de básquet

4 As representantes do Carmelitas caen en semifinais. Redacción A Copa Galicia en categoría cadete e infantil resistíuselle aos conxuntos do Carmelitas, que quedaron en ambas ocasións ás portas da final. No caso do grupo cadete as ourensás foron derrotadas en semifinais polo Peleteiro. O encontro xa non comezou ben para as ourensás, que viron durante toda a primeira metade no acerto en rebote e na labor ofensiva das súas rivais un escollo insalvable, o que engadido ás súas repetidas perdas de balón, leváronas a estar sempre por detrás no luminoso. Tralo descanso, o Carmelitas despertou cun bo xogo

interior, dominio do rebote defensivo e unha aceptable defensa. Pero isto non foi suficiente para que as locais conseguiran facerse co partido, e unha desvantaxe de 4 puntos ao inicio do último período (40-44) xunto a un triple e unha falta antideportiva a favor do conxunto santiagués decantou a balanza cara ao lado do Peleteiro. Na outra semifinal, Celta e Cortegada mediron forzas, nun choque no que comezou tomando as rendas o conxunto vigués. Na segunda parte o Cortegada recuperou intensidade e cos fallos en tiros libres do Celta o partido igualouse máis. Pero as rápidas transicións do final por parte do equipo

BALONCESTO

de Vigo acabaron por outorgarlle a vitoria. Carmelitas, terceiro Na loita polo terceiro e cuarto posto, no partido que enfrentou a Carmelitas e Cortegada, o conxunto ourensán foi o vencedor, logrando a medalla de bronce da competición. O choque estivo marcado polas imprecisións de ambas escadras, pero ata o descanso o Carmelitas mantívose por diante no marcador. Xa no terceiro período o Cortegada soupo revertir a situación e colocouse por diante (35-36). Pero as ourensás reaccionaron ante a presión e, sen despregar un gran xogo, lograron facerse co partido grazas a un último parcial de 16-8 que llesotorgou a vitoria definitiva (51-44). Pola súa banda, o partido da gran final, que mediu ao Peleteiro e ao Celta, estivo sempre dominado polas santiaguesas. Dende o inicio, a súa defensa impúxose claramente, e no ataque o equipo tivo unha protago-

nista: Blanca Millán, que marcou a diferencia dando un autentico recital de xogo (como demostra o seu 45 de valoración logrado tralo encontro). O Celta viuse impotente e terminou arroxando a toalla. 65-40 foi o resultado final que lle deparou a Copa Galicia en categoría cadete ao Peleteiro de Santiago. Categoría infantil En categoría infantil desta Copa Galicia o Carmelitas quedou ás portas

da final, ao perder por só 2 puntos (42-44) ante o Estudiantes de Lugo, logo dun encontro moi igualado, principalmente nos últimos minutos nos que as locais forzaron a prórroga ata en dúas ocasións. Na loita polo 3º e 4º posto mediuse co Celta con vitoria das viguesas. Mentres o Estudiantes de Lugo viuse as caras na final ante o Arxil. Finalmente a vitoria foi para o conxunto pontevedrés ao vencer por 59-36.

Partido de semifinais de categoría infantil entre o Celta e o Arxil./RAMSÉS

O ABO recibe ao Queso Zamorano Redacción

O Ourense Capital Termal (ABO) recibe na quinta xornada da Liga EBA ao Grupo INEC Queso Zamorano. Os casteláns levan unha vitoria máis que os galegos sendo oitavos e novenos respectivamente. O encontro terá lugar o sábado 23, a partir das 20 horas, na central dos Remedios. A única dúbida para o adestrador do ABO, Juan Norat, é a do xogador Luis Otero, que sufriu unha lesión a comezos de semana e tentarán que chegue ao partido sen problemas.

Mamadou Diop nun partido nos Remedios./RAMSÉS


BARRIOS DEPORTIVO 22 de novembro de 2013

BALONCESTO

Tajay Ashmeade dobrega ao Pabellón Ourense 4 A xogadora do Arxil sobresaíu no encontro disputado no Paco Paz. Redacción Proclamándose MVP da xornada, cun 43 de valoración (a metade da lograda polo seu equipo), 28 puntos e 22 rebotes o encontro entre Pabellón Ourense e Arxil tivo, sen dúbida, un nome propio, o de Tajay Arik Ashmeade. Esta moza non milita en filas ourensás, pero, a pesar diso, non podemos negarnos á evidencia. O choque de Liga Feminina 2 disputado no Paco Paz o pasado 16 de novembro foi, claramente, seu. Un Pabellón errado en tiro sucumbiu con ao pouco de comezar o encontro ante un Arxil que pasou por Ourense como se dun furacán se tratase. Nin os continuos cambios realizados polo técnico local, Benjamín Rodríguez,

Tajay Ashmeade (de costas), do Arxil, tentando bloquear o avance dunha xogadora pavillonista./RAMSÉS nin as sempre intensas gañas das xogadoras pavillonistas serviron para poñer freo ao poderío pontevedrés. Logo de cinco primeiros minutos dominados polas ourensás, o partido pasou

(de xeito xa definitivo) a mans das visitantes, que cun parcial de 0-11 puxeron terra de por medio xusto antes de rematar o primeiro período (10-17). No segundo cuarto foi a

xogadora do Pabellón Claudia Beatriz Aponte a que tentou darlle a volta á situación, pero logo de nove lanzamentos a canastra fallados só logrou encaixar un triple. As gañas non eran suficientes para facer fronte á súa principal rival, Ashmeade, sempre acertada (28-37 era o resultado ao descanso). Co comezo da segunda metade chegou o último impulso das locais. Da man do triángulo formado por Aponte, Mallou e Saarinen, o conxunto ourensán logrou situarse só tres puntos por debaixo do Arxil, pero as pontevedresas non permitiron que as aspiracións das nosas foran máis aló e ao minuto 30 de partido volvían facerse co luminoso (46-54). De novo no último período o Pabellón voltou mostrar a súa iniciativa e insistencia, e seguiu na procura de facerse co partido. De feito, volveu achegarse a catro puntos das pontevedresas. Pero o acerto en rebote das visitantes, fronte aos erros das locais, permi-

tíronlle ao Arxil deixar ao rival na cuneta, logrando un resultado final de 59-75. Unha vitoria que foi a primeira do curso para o conxunto da cidade do Lérez (que arrastraba tres derrotas consecutivas). Nembargantes, continúa (de décimo) por debaixo do Pabellón (noveno) na xeral. Vindeiras citas Este sábado 23 de no-

vembro o Pabellón Ourense visitará a cancha do pechacancelas, o Universidade de Valladolid, que aínda non coñece a vitoria neste ano. De seguido, o 30 deste mes será o momento de que reciba nos Remedios a un dos conxuntos que esta tempada spelexarán polos postos máis altos da clasificación, o Al-Qázeres Extremadura, que neste momento ocupa a terceira posición.

Cal e area para o Pabellón. Este sábado visita ao Valladolid, e o 30 de novembro recibe ao Al-Qázeres Extremadura

Claudia Beatriz Aponte (con 22 puntos anotados) foi chave para o conxunto local./RAMSÉS


10

BARRIOS DEPORTIVO 22 de novembro de 2013

POLIDEPORTIVO

Galmédica, lider

Un bronce mundial de patinaxe chega ata Ourense

4 O Ourense vence no Pazo ao Helios de Bembrive.

4 Nuria Rives remata terceira no Mundial de patinaxe artístico celebrado en Taipéi. Redacción Nuria Rives Busto acaba de chegar a Ourense desde Taipéi cunha medallas de bronce. O 14 de novembro competiu no Campionato do Mundo de Patinaxe Artístico co equipo catalán do PA Blanes Fundació. Nuria compite na modalidade de grupo show. Anteriormente á cita mundialista, Nuria e os seus compañeiros lograron o título de campións de Europa en Italia o pasado mes

de maio. O título de campións europeos e a terceira posición no caixón do podio mundial fai que sexan un dos mellores grupos do mundo. E del forma parte a patinadora que adestra en Ourense, Nuria Rives. Antes de que finalice o ano, Rives voltará a terras catalanas para disputar a Copa Federacións que terá lugar en Girona no mes de decembro. Xa en xaneiro comezará a nova tempada coa satisfacción dos éxitos logrados en 2013.

Redacción O Galmédica Ourense sitúase líder ao vencer ao líder. O Galmédica Ourense Tenis de Mesa dá a sorpresa no Paco Paz ao derrotar de forma contundente ao líder da categoría e aspirante claro a ascender esta tempada, o Helios Car Lúas de Bembrive. Desta forma os ourensáns sitúanse na primeira posición do Grupo Sur da Terceira División Nacional, tras seis xornadas disputadas.

Adestra en Ourense Esta compostelana leva afincada en Ourense desde setembro, cando xunto á súa irmá, Lara Rives Busto, creou o Club Deportivo Ourela, primeiro club de patinaxe artístico de Ourense. Realizan os adestramentos no polideportivo municipal da Carballeira.

Entrena o 1º equipo de patinaxe artística de Ourense

Nuria coa súa medalla.

O Salvour, sétimo en Caldas de Reis 4 Cumprindo así as expectativas na primeira xornada de augas pechadas. Iván Feijoo foi o vencedor da categoría cadete.

Dobre vitoria ourensá no Rosal 4 Xiana foi 2ª en júniors. Redacción Este 16 de novembro comezou no Rosal a tempada galega de ciclocross, que deparou un bo inicio aos mozos integrantes do Actyon-Mérida-Academia Postal, acadando un total de catro podios. Entre eles, destacou o dobrete logrado na categoría de cadete, onde Iván Feijoo se facía

Xiana Conde nunha proba.

coa súa primeira vitoria nesta categoría e na modalidade de ciclocross. Iván foi seguido no podio polo seu compañeiro de equipo Román Saa, que rematou 2º. Pola súa banda, en categoría júnior feminina, Xiana Conde acadou a medalla de prata. E no grupo masculino Raúl González foi cuarto lugar nun apretado sprint. O cuarto podio chegou en M40 da man de Xulio, que se fixo tamén coa segunda posición. Descenso urbano Así mesmo, igual de existosa foi a participación de Iago García no Descenso Urbano que vén de disputarse na Rioxa, dentro do Coloma Bike Festival. García proclamouse vencedor da categoría Sub23.

Redacción O club Salvour, en categoría absoluta, rematou na 7ª posición na primeira xornada de augas pechadas. O sábado 9 de novembro disputouse na piscina municipal de Caldas de Reis a primeira xornada da Liga Galega de Salvamento. A principal expoñente do club foi a nadadora Cecilia Martínez Leal, quen rematou en segunda posición en 200 metros obstáculos, a un segundo da vitoria. Na banda masculina, Jesús Quintas (na mesma proba) foi 13º. Tanto Martínez como Quintas acadaron a mínima para o Campionato galego absoluto. Outro integrante do club que obtivo puntos foi

Julio Iglesias Fernández, logrando o posto 13º nos 100 metros combinada. Infantís En categoría infantil obtiveron a oitava posición, sendo o club con menos representación, grazas á actuación de Uxía Conde Fuentefría en 100 metros obstáculos e Samuel Quintas, gañando ambos as súas respectivas series. En categoría cadete destacou a actuación de Lucía Serrano na proba de 50 rescate de maniquí con aletas. Próxima cita A próxima xornada disputarase en Carballo o día 30 de novembro onde xa entrarán en competición tamén os deportistas alevíns.

Samuel Quintas e Uxia Conde competiron en categoría infantil, e Lucía Serrano en cadete.

Concentración A pesar de que o resultado foi de 6-1 a favor dos locais,

o encontro foi moi rifado e esixente, o que fixo que o Galmédica tivese que xogar ao máximo nivel. Todos os xogadores fixeron unha gran actuación e estiveron moi concentrados nas fases clave dos encontros. Os puntos ourensáns foron logrados por Diego Gómez (1), Emilio Diéguez (2,5), Rodrigo Álvarez (2,5). Xornada 7 A xornada 7 deparará un enfrontamento entre o Galmédica e o Joyería Enrique Cambados. O encontro disputarase no Paco Paz o sábado 23 de novembro ás 10.30 horas.


BARRIOS DEPORTIVO 22 de novembro de 2013

POLIDEPORTIVO

11

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 185-2009. Redacción: r/ Valle Inclán 25 2º Of. 15 - 32004 Ourense. Tel: 988 239 634. Correo-e: deportes@ourenseporbarrios.com. Distribúe: Orixe. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción e fotografía: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Silvia Nieto, Miguel Rejo. Colaboracións: Alfonso Vilachá, José A. Santos Nº87- Ano: V - 22 de novembro de 2013 - Difusión: 5.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 239 634.

Trofeo K1 Galicia de kickboxing 4 Este sábado 23 de novembro a partir das 22 horas nos Remedios. Redacción A Federación galega de kickboixng, K1 Galicia e a Escola de kickboxing Ci-

pri Gomes organizan este sábado 23 de novembro unha velada de kickboxing no pavillón dos Remedios, o Trofeo K1 Galicia, que ofrecerá aos afecciondos un total de dez combates. A velada comeza ás dez da noite, cun enfrontamento amateur entre Iván Rodríguez, do Team Cipri Gomes, e o portugués Mario Gonçalves. Irá seguido dun combate de mulleres, igualmente amateur, entre Suly Nava, tamén do Team Cipri Gomes, e Katherine Quintana, de Alicante. A continuación chegarán as dúas primeiras semifinais de K1 Galicia da noite, entre combatentes de menos de 71 quilos, entre o local Manuel Jiménez (Team Cipri Gomes) e o alicantino Diego Jair. A segunda semifinal disputarana o portugués Victor Coimbra fronte ao cordobés Rafael Medina. Tras un quinto combate denominado “Natio-

nal special fight”, entre o ourensán Joel Araujo e o cordobés Rafael Sánchez, disputaranse outras dúas semifinais de K1 Galicia, en -95 quilos. A primeira entre o local Javi Iglesias e o cántabro Fran Puma; a segunda entre o luso Nuno Pereira e o alicantino Alex Tena. De novo, un combate especial, “Internacional special fight”, animará aos seguidores deste deporte que se acheguen ata os Remedios na noite do próximo sábado. Enfrontaranse o coruñés Diego Martínez e o portugués Bruno Borges. Dúas finais Para o final da velada quedarán as dúas finais de K1 Galicia, primeiro a de 71 quilos e despois a de -95 quilos. Na organización deste evento colaboran a Fundación Cipri Gomes, a Deputación Provincial de Ourense e o Consello Municipal de Deportes.

Orientación á beira do Miño

Cross no Guillelme Brown

A asociación deportiva Limiactiva organiza unha proba de orientación pedestre na cidade de Ourense apta para todos os públicos. A cita será o domingo 1 de decembro a partir das 10:30 horas. A zona de concentración será no parque Miño e a proba discurrirá polo paseo fluvial. O tipo de proba é de orientación en parque con distancia esprint e o nivel é de iniciación. Esta será a novena proba do circuíto de orientación organizado polo club limián.

O colexio Guillelme Brown organiza o sábado 30 de novembro o XVIII Cross Guillelme Brown. A proba dará comezo ás 10:30 horas e disputarase nas categorías prebenxamín, benxamín, alevín, infantil, cadete, xuvenil, absoluta e pais-nais-profesores do centro. A proba desenvolverase dentro das instalacións do colexio, nun circuíto de 840 metros. A carreira absoluta terá a súa saída ás 13 horas e consistirá en cinco voltas ao circuíto.

Redacción

[+ info en www. limiactiva.com]

Redacción

[Inscricións no colexio, no 988 259 589 ou en administración@guillelmebrown.es ata o 28 de novembro]


12

BARRIOS DEPORTIVO 22 de novembro de 2013

TIRO

A nova final depara sorpresas no Campionato galego de aire comprimido 4 Piroscia, Mera, Encinas e García, vencedores en pistola sénior, pistola damas, carabina sénior e carabina damas, respectivamente. Paula Lodeiro A aplicación da nova competición de finais deparou sorpresas no Campionato galego de aire comprimido celebrado o domingo 10 de novembro no Club de Tiro Eiroás coa participación de arredor de 80 deportistas. O máximo favorito en pistola aire (vencedor do ano pasado), o lucense Miguel Colmenares, quedou apeado na primeira eliminatoria da final, á que se clasificou en primeiro lugar de entre os 37 tiradores de pistola que competiron na xornada. Finalmente, o vencedor foi o coruñés Darío Piroscia (con 196,8 puntos na final e 562 na competición). Mentres, en mulleres, a vencedora do ano anterior, a ourensá Nuria Mera, revalidou o título, obtendo 181,2 puntos na final logo de facer 364 puntos na competición. A nova final tan só aplicou nas categorías de pistola sénior e damas, ao estar inscritos nelas un mínimo de oito deportistas. No resto de modalidades, os resultados definitivos foron os das tandas de competición. O ourensán Jorge Encinas volveu revalidar o título galego de carabina aire sénior (con 573 puntos), título que non se lle escapa desde que compite. En carabina aire damas foi Cristina García a vencedora (con 353 puntos), o lugués José Luís Fernández fixo o propio en pistola aire veteranos A (con 563 pun-

tos) e o ourensán Enrique Dorrío en pistola aire veteranos B (con 557 puntos). A nova tiradora local Paula Fernández fixo 361 puntos en pistola júnior e a coruñesa María Isabel Vázquez 344 en pistola veterana B. Intensa e animada xornada nas instalacións do club ourensán na que, de reseñar unha nota negativa, serían os erros cometidos no desenvolvemento da final. A organización optou por aplicar o novo regulamento de finais cando a galería de Eiroás non dispón de brancos electrónicos. Isto obrigou a realizar cambios sobre a marcha e provocou certos fallos, vinculados, ademais, á inexperiencia na celebración deste tipo de finais. O campionato finalizou coa entrega de trofeos aos vencedores por parte de membros da directiva e do vicepresidente da Federación Galega de Tiro. Próximas competicións A actividade deportiva continúa no club Eiroás o domingo 24 coa liga de fogo central e pistola damas. O 30 de novembro en horario de tarde e o 1 de decembro en horario de mañá terá lugar a última xornada da Copa Deputación de armas neumáticas, e ese mesmo domingo 1 a liga de avancarga.

Arredor de 80 deportistas participaron na competición

Final de pistola donas; en primeiro termo, a vencedora, Nuria Mera. /P.LODEIRO.

Final de pistola sénior, en primeiro termo, Miguel Colmenares e Darío Piroscia . /P.L.

Jorge Encinas, vencedor en carbina. /P.L.

Torneo magosto de IPSC en Eiroás Redacción

24 tiradores competiron o pasado sábado 16 de novembro no Torneo magosto de IPSC celebrado en Eiroás. Os participantes tiveron que completar seis stages diferentes, valorándose na puntuación tanto o tempo empregado como a puntaría demostrada. Na modalidade estándar resultou vencedor Juan Carlos Ferreño (con 440,28 puntos), mentres que en producción foi Fredy Landaeta (con 479,80 puntos) o primeiro.

Paula Fernández Justo./P.L.

Premiados no Campionato galego de aire comprimido nas categorías de veteranos./ P.LODEIRO.


BARRIOS DEPORTIVO 22 de novembro de 2013

ARTES MARCIAIS

judo

EN BREVE

O Famu Vigo domina a XI Liga Internacional de Judo

4 Taekwondo

4 Vence en categoría masculina e feminina. R. Torres O 16 de novembro disputouse no pavillón municipal de Oira a fase final (semifinais e finais) da XI Liga Internacional de Judo, “Trofeo Cidade de Ourense”, en categoría masculina e feminina. O club vigués Famu de Frutos dominou ambas categorías logrando os dous títulos. Á cita chegaron os catro mellores clubs que durante tres xornadas disputaron a fase regular con máis de 20 conxuntos en liza, entre os que estaba o Club Marbel de Ourense. Os ourensáns remataron a fase regular nunha meritoria undécima posición. Vivíronse grandes combates sobre o tatami ourensán nesta undécima edición do trofeo. Masculina En categoría masculina, o Famu Vigo derrotou na semifinal ao Arteixo, mentres

13

que a Universidade da Coruña fixo o propio co Bitácora de Ferrol. Nunha espectacular final, os vigueses lograron a vitoria, ante os seus compañeiros que os animaban desde a bancada. Deste xeito, os da cidade olívica subían un posto con respecto á súa clasificación na fase regular en detrimento dos coruñeses que baixaban á segunda praza. O bronce quedou en mans do club Bitácora de Ferrol, que logrou ascender un posto con respecto á fase regular; cuarto foi o Arteixo, que descendía un posto. Feminina Previamente á masculinia disputouse a final feminina, entre o Famu Vigo e o Judo Club Oleiros. O Famu derrotou en semifinais ao Universidade da Coruña e ao Oleiros ao Arteixo. Na loita polo tercei-

ro e cuarto posto o Arteixo derrotou ao universidade da Coruña. Na gran final, unha maior experiencia das integrantes do Famu fixo dobregar a un equipo, o de Oleiros, que disputou a Liga deste ano cun equipo moi novo. Con esta vitoria, os vigueses do Famu de Frutos lograron o dobrete na 11ª edición da Liga Internacional de Judo, que cada ano se disputa na cidade das Burgas. Cita punteira A Liga de Judo, patrocinada polo Consello Municipal de Deportes, é punteira no panorama ibérico xa que reúne aos mellores equipos de Galicia, Asturias e Portugal.

Combate de sanda disputado no Paco Paz pola tarde.

Kung fu no Pazo 4 Na II Copa Deputación. Redacción O sábado 16 de novembro disputouse no Pazo dos Deportes Paco Paz a segunda edición da Copa Deputación de kung fu, que estivo organizada polo club “Escuelas Deportivas Artai”. 180 alumnos participaron neste torneo competindo sobre dous tapices habilitados para a ocasión: un de formas e outros de combates de exhibición. Ao remate do torneo realizáronse varias demos-

O judoka de kimono azul, do equipo vigués Famu de Frutos, vence por ippon ao seu contrincante./RAMSÉS

tracións. Unha de taichi por 40 alumnos de máis de 60 anos; outra protagonizada pola selección polaca; e kung fu moderno a cargo do equipo de competición do ximnasio Artai de Ourense. A xornada matinal rematou coa entrega das medallas e camisetas conmemorativas a todos os participantes. O alumno e adestrador Julio Díaz tivo unha mención especial coa entrega dunha placa polos seus máis de 30 anos dedicados a este deporte. Shuaijiao, sanda e qingda Pola tarde participaron 90 nenos menores de 14 años na modalidade de shuaijiao e 30 adultos nas modalidades de sanda e qingda. O shuaijiao infantil estructurouse en catro tapices de competición, segundo os pesos dos nenos e nenas. Realizáronse un total de 14 combates, 4 de eles de sanda neo profesional.

O 16 de novembro disputouse en Arteixo, A Coruña, o Campionato Galego Júnior de Taekwondo. Catro deportistas ourensáns participaron no evento logrando todos eles acceder ao podio. Andrés Freijeiro estivo a piques de colgarse o ouro, pero un máis que polémico final fixo que perdera o combate por 7 a 6. O mesmo lle pasou a Andrés Álvarez, que caeu derrotado na final por 3-1. Deste xeito, Álvarez foi prata en -55 (pluma); Freijeiro, prata en -59 (lixeiro); Sergio Álvarez, bronce en -55 (pluma) e Iván Blanco logrou o bronce en -59 (lixeiro).

4 Waterpolo O Club Waterpolo Pabellón Ourense caeu derrotado na primeira xornada da 2ª Galega de waterpolo. O rival era o Santiago B e perdeu na piscina Rosario Dueñas do pavillón municipal dos Remedios por un contundente 7-14. Resultado que lle arrastra ata a última posición na táboa clasificatoria. Esta semana (sábado 23 de novembro) regresa a competición coa segunda xornada de Liga. O partido será novamente en casa diante do Umia, que é penúltimo.

Partido da primeira xornada contra Santiago./RAMSÉS


14

BARRIOS DEPORTIVO 22 de novembro de 2013

POLIDEPORTIVO

Torneo de fútbol sala San Martiño Redacción A asociación xuvenil Amencer en colaboración coa asociación deportiva Bosco organizou o luns 11 de novembro, festividade do San Martiño, un campionato de fútbol sala no campo cuberto do colexio salesiano. Inscribíronse seis equipos formándose dous grupos de tres equipos cada un. No grupa A quedaron encadrados o Fary, Sexto e Couto, e no grupo B o Mercenarios, Diviertete e At. Limones. De cada grupo pasaron dous equipos, facendo dúas

semifinais e posteriormente a final, que foi disputada entre Sexto e Limones. O vencedor foi o Limones co resultado de 3-5. O seguinte torneo organizado por Amencer será o venres 6 de decembro, día da Constitución.

16 medallas para o CNPO no Trofeo Cidade da Coruña Redacción

Un dos partidos do torneo.

Medallas Das 16 preseas dúas foron de ouro, nove de prata e cinco de bronce. Os ouros foron logrados por Marc Ciurana, en 200 estilos e por Borja González, en 400 estilos. As pratas foron de Andrea Bello, en 200 bolboreta; Alberto Taboada, en 100 braza e 200 braza; Marc Ciurana en 400 libres e 200 braza; Adrián Blanco, en 50 e 100 costas; Paula Blanco, en 50 costas e Laura Pimentel, en 400 estilos. E os bronces lográronos Martín Sabuz, en 100 braza; Laura Pimentel, en 200 estilos; Claudia Álvarez, en 50 costas; Ana Mª Santiso, en 400 estilos e Esther Álvarez, en 50 libres. Estes resultados supoñen unha boa posta a punto para o club ourensán de cara ao Campionato Galego Absoluto, que se disputará a finais de decembro en Ferrol.

Memorial de Xadrez José Henrique Rodríguez Peña Redacción

O Ateneo de Ourense organiza, co patrocinio da Concellería de Deportes, o Torneo de xadrez Memorial José Henrique Rodríguez Peña. Trátase dun torneo de xadrez rápido a seis roldas, con partidas dun máximo de 20 minutos. A competición desenvolverase nos salóns do Ateneo (na avenida da Habana) este sábado 23 ás 16.30 horas. Haberá premios para o primeiro clasificado nas categorías absoluta, veterano, socio do Ateneo, e xuvenil.

Homenaxe ao Academia Postal FS Redacción

O anexo dos Remedios acolleu este mes unha homenaxe moi especial: os 20 anos que pasaron desde que o Academia Postal ascendera a División de Honra do fútbol sala ourensá. Por aquela tempada de 1992-1993 un grupo de xogadores na súa maioría

O sábado 16 de novembro celebrouse na piscina INEF de Bastiagueiro o Trofeo Cidade da Coruña de natación, no que o Club Natación Pabellón acadou un total de 16 medallas. Á cita acudiron representantes de varios clubs de Galicia e Portugal.

ourensáns lograron un éxito sen precedentes. Despois de dúas décadas recibiron unha merecida homenaxe. Xogaron un amigable contra un equipo confeccionado por xogadores do Carballiño e outros que militan en equipos punteiros da provincia. O saque de honra foi realizado polo que fora presidente daquel club, Francisco Novoa. O resultado 1-7 para o Carballiño foi o de menos.

Integrantes dos dous equipos que participaron na homenaxe ao Academia Postal. /RAMSÉS.


BARRIOS DEPORTIVO 22 de novembro de 2013

XIMNASIA

Cinco ourensáns no Mundial de ximnasia en trampolín 4 Pérez, Trigo, Campelo, Novelle e Cid participaron no Mundial de Ximnasia en Bulgaría. R. Torres Durante este mes de novembro celebrouse en Sofía

(Bulgaria) o Campionato do Mundo de ximnasia en Trampolín. Cinco ximnastas foron os que representaron a

Alex Cid e Anxo Corcoba remataron quintos na final de sincro en cama elástica.

nosa provincia cunha gran actuación de todos eles. A única muller ourensá que acudiu á cita mundialista foi Yael Campelo (Club Burgas), quen logrou entrar na final de dobre minitramp (para 15-16 anos) como cuarta clasificada. Na final, baixou ata a oitava posición (segunda europea clasificada) codeándose entre as mellores ximnastas estadounidenses, canadenses, rusas e neocelandesas. En dobre minitramp (DMT) absoluto participaron Daniel Pérez (Burgas) e Carlos Trigo (Pavillón). Daniel Pérez rematou na 14ª posición, mentres que Carlos Trigo foi 29º. Gran resultado de Trigo, que foi o ximnasta español máis novo que participou nesta competición, e que incluso

15

Alex Cid e Anxo Corcoba remataron quintos en sincro. Campelo, 8ª en dobre minitramp podería ter participado no Mundial por idades. Eduardo Novelle (Pavillón) rematou a súa participación en DMT na 14ª posición, e en trampolín, na 28ª (de 78 participantes, sendo o mellor español); Novelle participou na categoría de 15-16 anos. O mellor resultado O máis novo dos ourensáns, Alex Cid, participou en DMT en categoría 13-14 anos, obtendo unha meritora 13ª praza. Se destacable foi a súa actuación en DMT, mellor aínda estivo en sincronismo na cama elástica. Fixo parella co pontevedrés Anxo Corcoba logrando unha fantástica quinta posición na final. Cid participa por primeira vez nesta categoría este ano.

Eduardo Novelle realizando un exercicio en Bulgaria.


BARRIOS DEPORTIVO 22 de novembro de 2013


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.